Ratinovaspress nº 3

Page 1

. . . . .

.

. . . . .

. . .

.

i t a R s noveass

. .

pr

Nยบ3


ÍNDICE 03 Noticia: Benvidos/as ao cole

20 Crebacabezas dos planetas

04 Noticia: Novidades no patio

21 Noticia: O Magosto

05 50 Aniversario do noso cole

22 Hoxe... e sempre

07 O máxico planeta dos instrumentos

24 O diálogo 25 Noticia: A visita da alcaldesa

insólitos 08 Obradoiro de velas

26 Non á violencia de xénero

10 Noticia: Como medraron as nosas

27 O colexio cumpre 50 anos!

árbores

29 Unha aula antiga na biblioteca

11 As nosas mascotas

30 Chistes de hai 50 anos

14 Recortes de 2º

31 Crossword

15 Making new friends

32 Non te aburras

16 Experiencia de incubación

33 Educación Infantil

19 O dente roto

C O L O F Ó N Este xornal rematou de editarse durante o inverno do curso escolar 2018/2019 grazas ao traballo do claustro e ao alumnado do CEIP COIRÓN-DENA. Para saber máis sobre o noso colexio e o que facemos, visita: https://bibliotecacoiron.blogspot.com.es http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcoirondena/ Podes participar con nós, contactando co noso Equipo de Dinamización da Lingua Galega ou escribindo ao seguinte correo electrónico: ratinovaspress@gmail.com


Editorial Sorry, non sei falar inglés… Estas vacacións de Nadal moitas e moitos de nós marchamos ao estranxeiro a coñecer algunha das fermosas capitais europeas. Traballamos, xuntamos cartos e collemos o billete de avión e o aloxamento. Estamos cheas e cheos de ilusión porque, despois duns meses de traballo, poderemos cambiar a rutina. Temos todo listo e marchamos!! Cando aterramos no aeroporto, observamos que os carteis están noutro idioma e decatámonos nese preciso intre de que non entendemos nada ou case nada. “Ui, ui, ui ... pois a ver como vou facer”. O que, nun principio podería parecer unha viaxe de pracer, empeza a converterse nunha viaxe un tanto incerta. E pensas que deberías ter aproveitado máis esas clases de inglés do colexio (cando a mestra Mari Carmen nos ensinaba os nomes dos alimentos, cando a mestra Aida nos ensinaba a pedir na compra, a dar as grazas...). Intentas recordar calquera pequena cousa que che permita mercar un pouco de pan e unhas mazás. Ao final, todos eses esforzos por recordar son en balde e acabas sinalando o que queres e falando como Tarzán “Please, one, thank you” sentíndote ridícula ou ridículo e prometéndote que, co novo ano, estudarás inglés. E máis aínda cando tes a mala sorte de enfermar e tes que ir a urxencias e explicar que tes febre ou que che doe a barriga... Algunhas e algúns teñen a sorte de atopar doutores ou doutoras que falan algo de castelán. Pero xa digo, é unha sorte. Isto lévanos a unha reflexión: debemos coñecer outras linguas se queremos sentir a liberdade de viaxar e entender a esas persoas que habitan noutros países e, por suposto, que nos entendan a nós. E é na infancia cando temos que aproveitar para aprender outros idiomas. Porque é na infancia cando o cerebro tolea por sabelo todo. Démoslle eses coñecementos! Falemos castelán, galego, inglés! Todos! E nós que, como galegos e galegas contamos co manexo de dúas linguas, xa temos moito camiño andado. Aprender outras será como coser e cantar. Así seremos libres e, como non, poderemos viaxar moito máis tranquilas e tranquilos.

Ratinovas press


CORRESPONSAIS: Inés e Aldara 5ºA

Os/as nenos/as recén chegados a infantil viñeron con moitas gañas. Nós pensabamos que ían chegar moi rebuldeiros/as, pero non, son moi tranquilos/as. En total, vinte e tres, catorce nenos e nove nenas. De comportamento moi bo e esperamos que sexan moi estudosos/as. No patio descargan moita enerxía xogando coa area, nas casiñas e nos tobogáns. Dinos a súa profe que na aula compórtanse moi ben e seguen as instrucións ao pé da letra.Tamén se esforzan ao máximo para facelo todo ben.

Mirade que felices están!!!


NOVIDADES NO PATIO Correspondentes: Noa e Matilde. 5º B O primeiro día de clase os nenos e nenas do colexio sorprendéronse ao ver a nova estrutura que había no patio. Despois de dous anos co proxecto “ Eu quero un patio novo “ empezamos a aprezar cambios .Primeiro a zona de escalada ,situada no patio cuberto, e, agora, a nova estrutura situada na zona de brilé, que contén un tobogáns, pontes colgantes…Unha chulada!

Esperamos e desexamos novidades para poder gozar dese patio que todos e todas queremos!!!


50 ANIVERSARIO DO NOSO COLE VISITA DA ALCALDESA Algunhas das preguntiñas non obtiveron unha resposta clara 㻼㼍㼞㼍㻌㼏㼍㼚㼐㼛㻌㼍㻌㼔㼑㼞㼎㼍㻌㼚㼛㻌㼏㼍㼙㼜㼛㻌㼐㼑㻌㼒㼡㼠㼎㼛㼘㻌㼐㼛㻌㼚㼛㼟㼛㻌㼜㼍㼠㼕㼛㻫


㻹㼛㼕㼠㼍㼟㻌㼓㼞㼍㼦㼍㼟㻌㼐㼑㻌㼠㼛㼐㼛㻌㼛㻌㼍㼘㼡㼙㼚㼍㼐㼛㻌㼐㼛㻌㻞㽅㻌㼏㼕㼏㼘㼛㻌㼜㼛㼘㼍㻌㼟㾅㼍㻌㼢㼕㼟㼕㼠㼍㻍





Rercordades as sementes que plantamos dentro dun cartón de leite? Pois medraron moi á présa! Porque de ser unha semente pasou a ser unha planta moi bonita. Quen credes que estivo coidando as plantas en vacacións? A profe Pili Oubiña, coordinadora de Voz Natura, estivo regando todas as plantas, por iso están tan fermosas. Démoslle un aplauso á profe PILI. E AQUÍ REMATOU A NOSA NOTICIA!

CORRESPONSAIS: Candela e Ainara 5ºA





Recortes de 2ยบ


MAKING NEW FRIENDS

4A and 4B children holding their German friends´ Christmas cards

DENA AND NAUNHOF EXCHANGE CHRISTMAS CARDS

a free online community for schools in Europe

Last October, we contacted a school in

We made colourful cards and we

Naunhof (Germany) through Etwinning.

wrote a Christmas message in them.

An English teacher was looking for

We couldn´t wait to see theirs!

students willing to make a Christmas card exchange and we decided to join

We had to wait a long time until we

her. She had 27 pupils and we were 35, so

received the cards from Naunhof.

some of us had to write two cards. The

At last we got them the day before

more friends, the better!

Christmas brake, fifteen minutes before the bell rang. Just in time!

To introduce ourselves, we created a page giving personal information such

Their cards were awesome,

as name, age, family, favourite food,

beautiful and clean. Thank you,

colours, a picture... We sent them to

guys! We really want to keep in

Naunhof and they also sent us their

touch with them and... Guess what!

profile pages. They chose their Spanish

We are planning to have an Skype

partner to address their cards to.

video call with them soon. Isn´t that

Everything was ready to start our job.

cool?


EXPERIENCIA DE INCUBACIÓN O venres nove de novembro visitounos Fran, pai do noso compañeiro Christian, para explicarnos o proceso de incubación de ovos de galiña.

Logo foinos formando para que nós incubásemos ovos de galiña. E para rematar tivemosunha rolda de preguntas para satisfacer as nosas curiosidades. Para a experiencia Fran troúxonos a incubadora, ovoscopio e una gaiola para os pitiños despois de nacer. Todo feito de material de reciclaxe. Fran é un manitas! Ademaisexplicounos as características e o funcionamento dos mesmos. Despoisfalounos sobre os tipos de ovos e os tempos de incubación e cales eran os que valían e cales non. Sabíades que os ovos para incubación teñen que ser “engallados”? Tamén nos ensinou unas imaxes de ovos revisados polo ovoscopio desde o inicio de incubación ata o último día que dura 21 días.

COMO SE INCUBAN OS OVOS DE GALIÑA? Si queres incubar ovos de galiñastes que facer da seguintemaneira: I.Poñemos os ovos na parte inferior da incubadora a 37´5ºC, 50% de humidadee o ventilador ata os 21 días que dura a incubación. II.Ao pasar os tres primeiros días colocamos os ovos na mecedora cun intervalo de 1 volteo cada 2 horas e coa parte máis ancha cara arriba. O volteo e necesario para impedir que a xema flote e empurre ao embrión contra o cascarón e se pegue. Ademais o volteo permite que os ovos reciban temperaturas por todas partes.


III.Entre o sétimo e noveno día observamos a fertilidade dos ovos no ovoscopio. Si o ovo é fértil veremos un punto oscuro e pequenos vasos sanguíneos (veniñas). Ao terminar temos que lavar ben as mans! Os ovos que non están fertilizados debemos retiralos para que non contaminen os outros ovos.

IV.Aos 18 días remata o volteo dos ovos .Baixamos os ovos á parte inferior da incubadora.

Si observamos que algún ovo non rompe podemos axudalo facendo un buratiño de 2 cm no cascarón a nivel da cámara de aire. Pero non debe ser unha práctica habitual. Os pitos deben nacer sós.

XA NACENOS EMOCIÓN!!!

PITIÑOS,

QUE

Incrementamos a entrada de aire poñendo o volteo a 1 hora e cambiamos a temperatura a 37ºC.

V.Eclosión. Aos 21 días aparecerán os primeiros ovos picados polos pitiños. É recomendable que aosaír do ovo se deixeunhas horas para que se seque. Logo debemos sacalo e poñelo na gaiola cunha bombilla acendida para que lle proporcione un pouco de calor.

VI.Coidados. Una vez que os pitiños xa están fora dos ovos, hai que proporcionarlle comida (pienso especial para os primeiros días) e auga. Tamén é necesario que teñanunha temperatura axeitada de 26 a 28 grados, aproximadamente.


Cóntovos un segredo?Aospoucos días de nacer os pitiños, a clase empezou a cheirar… MOI MAL!!! Claro, hai que limparlle a gaiola. Pero o profe dixo: - Veñaxapodedeslevalos para a vosa casa. A cousa non foi fácil. Cada un quería levar un pito. Pero non había para todos, aínda que o experimento foi un éxito, de 30 ovos tivemos 17 pitiños. Os rapaces queren colle los nas mans. Pero algúns… TÉÑENLLE MEDO!!!

Que nenos máis cariñosos. Que xeitiño teñen estes outros para collelos!

Parece ser que xa medraron moito e que xa empezan a PETEIRAR!!! Veña, animádevos a incubar ovos de galiña! Alumnos/as de 6º A e 6º B.



A xogar, a xogar… co crebacabezas dos planetas, satélites e corpos celestes a disfrutar! Se o sistema solar queredes formar, as pezas, ben postas, tedes que colocar. E se precisades axuda… Ós nenos e nenas de 3ºA, preguntade xa!


O MAGOSTO DO C.E.I.P. COIRÓN DENA. O magosto do C.E.I.P. Coirón-Dena celebrouse o 16 de novembro. Este ano foi diferente aos anos anteriores xa que viñeron a tocar uns/unhas gaiteiros/-as da “Asociación Penaguda”, que ademais de animarnos no magosto regaláronnos unhas chapas moi chulas, para conmemorar o 50 aniversario do cole. Foi un día moi divertido e as castañas estaban boísimas.

CORRESPONSAIS: Miguel e Daniel 5ºA



> 5 . + + 9 + 368 +


Este curso, na aula de 4ºB inaugurouse un novo recuncho: "O DIÁLOGO"

É un recuncho destinado a resolución pacífica e autónoma de pequenos "conflictos". Aprendemos cousas como: - Respectar o turno de palabra. - Saber oír. - Buscar solucións pacíficas aos malentendidos. - Respectar diferentes puntos de vista.


A VISITA DA ALCALDESA O 9 de novembro veu ao noso colexio a alcaldesa de Meaño. Era un dos actos programados para conmemorar o 50 aniversario do colexio, xa que ela tamén foi alumna del. Asistimos á charla os cursos : 1º,3º,4º e 5º . Os de 3º e 4º fixéronlle preguntas sobre as súas vivenzas, cando estivo neste colexio. Algunhas delas foron: ¿Cal foi a túa asignatura favorita? -Mates e Ciencias Naturais. Respondeu a alcaldesa sen dubidar. ¿De pequena querías ser alcaldesa? -Non tiña pensado ser alcaldesa, quería ser veterinaria ou médica. Despois da entrevista, uns nenos de primeiro subiron ao escenario e entregáronlle un agasallo de parte do cole, para recordar este día.

CORRESPONSAIS: Aron e Paula 5ºA


#nonaviolenciadexénero As alumnas e alumnos de 4ºB decimos NON a violencia de xénero. "Nin unha mais"


O colexio cumpre 50 anos!!! Correspondentes: Lucía e Marta (5º B) Este ano 2018 é moi importante para o noso colexio porque cumpre 50 anos. Xa vai un pouco vello pero pouco a pouco vaise modernizando, empezando polo patio. Agora xa ten unha radio á que lle están buscando un nome. Dende o seu inicio xa tivo varios cambios como a biblioteca que, por certo, xa está aberta dende o día 2 de outubro. O próximo venres, 26 de outubro, vaise facer unha xuntanza dos alumnos da 1ª promoción de graduado escolar. Rafa,o mestre de música, está facendo un documental sobre os ex-alumnos da escola. Vaise celebrar unha festa o venres 24 de novembro co alumnado, as súas familias e os titores, e o sábado, 25, farán outra festa pero só para os titores e os ex-alumnos. E, non é para menos tanta celebración, porque 50 anos non se cumpren todos os días!!!

Parabéns cole!!!


Raticonto recorda‌

Mirade que repeiteados e repeiteadas!!!

Na entrada do cole un enorme cartel anuncia a celebraciĂłn.


Correspondentes: Candela e Sara (5ºB)

Desde finais de outubro o noso colexio ten unha aula antiga do ano 1968 en exposición. O motivo é que o noso centro está de cumpreanos xa que se inaugurou no mes de novembro dese ano. Nada máis e nada menos que 50 anazos! Está situada na biblioteca, na zona dos libros de terceiro e cuarto. Contén catro pupitres, pizarra, unha regra,a mesa dun mestre ou mestra, un tinteiro, un mapamundi, unha libreta, libros e unha pluma. A aula recórdanos como eran as escolas dos/das nosos/as bisavós/as. Os/as que van pasando por aquí quedan un pouco alucinados/as. Sorte poder facer unha viaxe no tempo tan chula!


CHISTES DE HAI 50 ANOS má. ro: a t u m o ea pá e l l a i p d i d a de nto t e o a u t l q n a U nh can u n o u ñ e o t - Teñ . pois eu cia. i l 1º ) a . ( . G s o i s g d Die ue - Ps q n a s u a J erv co n s

- Cal é o colmo dos colmos? - Que un mudo lle diga a un xordo que un cego os está espiando. Christian (1º)

JA! JA! JA!

JA!!! ! A J

J

!! ! ! A

an. m r ! pe u A S illo e c J n m o man o calz á h le c xeches o c no º) pu 2 , z ( á e . v m eo P t -Ma ! Outra talón! a M n o l a l i p -F do a b i r p or

Nun barco viaxan un galego e un inglés. O inglés cae á auga e berra: - Help!! Entón o galego dille: - "Hel" non me queda, pero se queres champú... Martín (2º)



¡NON TE ABURRAS!. Dende o Departamento de Orientación do CEIP Coirón aconsellámoste algunhas actividades, todas divertidas, que podes facer coa tua familia, dependendo da túa idade, e que non vos van traer máis que beneficios para todos. ¿Te atreves a propoñelas?:

Ir á praia Pintura de dedos Facer polos con zumes Piñata Cociñar xuntos Ver fogos artificiais Facer pizza Xogar co frisbee Xogar ao tenis Durmir ao aire libre Facer xeado Viaxar a un lugar descoñecido Pintar pedras Facer batidos de froitas Pintar con xices no chan Plantar flores Observar os paxaros Pasear pola montaña Colares con botóns Xogar ao escondedoiro Ir á piscina Ilustrar un conto Carreira de sacos Pintar un cadro xuntos Pintar coas mans Montar cabalo / pony Disfrazarse Plantar unha árbore Recoller cunchas Tarde de manualidades Body paint Xogar entre os aspersores Sombras chinescas

Guerra de auga Pompas de xabón Busca do tesouro Origami Carreira de obstáculos Mini golf Dar de comer ós parrulos Facer plastilina caseira Gravar un vídeo Pasear por un bosque Ir a un cinema de verán Lavar o coche xuntos Xogar ao ping pong Escalar unha árbore Merendar con amigos Festa de pixamas Ir ao mercado Xogar ás bólas Xogar aos piratas Visitar un museo Derreter pinturas Vestirse como superheroes Inventar un xogo Crear un boneco de tea Festa sorpresa Saltar nas camas elásticas Tea Party Mirar as estrelas Globoflexia Festa da froita Facer caramelos Preparar o pan na casa Bailar baixo o chuvia

Facer limoada Xogar aos bolos Nadar Facer un Pícnic Xogar ás bólas Castelos de area Pintar con acuarelas Facer flocos de millo Visitar unha granxa Escribir un conto xuntos Voar un papaventos Ir ao mercado Visitar un parque novo Bombas de auga con esponxas Pelexa de almofadas Globos de auga Facer galletas Xogar á rayuela Escribir unha carta Inventar unha canción Facer marmelada Facer un crebacabezas Ir a un concerto ao aire libre Facer unha colaxe Facer ioga xuntos Facer monicreques con calcetíns Ir en bicicleta Tinguir camisetas Xogar ao Twister Piscina de pelotas Ver unha chuvia de estrelas Facer pasta de sal Facer grupos de lentellas e garbanzos


Educación infantil (3,4 e 5 anos) Os nenos e nenas de 4 e 5 anos, tíñamos pendente unha saída dende o curso pasado ao castelo de Soutomaior, no que nos esperaba o seu dragón máxico e compartimos esa xornada cos nenos e nenas de primeiro do noso cole, e cos compañeiros de E. Infantil do cole de Redondela.


Cada grupo preparou unha pequena actuaciĂłn para o festival de Nadal, e fixĂŠmolo tan ben, que actuamos dĂşas veces, unha para os nenos e nenas do cole e outra para as familias.


E como fomos moi boíños todo o ano, acercámonos a saudar ás Súas Maxestades do Oriente, para lembrarlles que teñen que facer unha paradiña nas nosas casas o día 5 de xaneiro.



. . . . . .

. .

. .


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.