Ratinovas Press nº1

Page 1


Editorial

Xabi ergueuse no medio da noite porque un pesadelo fixérao tremer de medo. Botou a correr cara á habitación dos seus avós que, ao sentilo chegar, lle apartaron as sabas e o colocaron no medio deles. Non tardaron nin tres minutos en se quedar durmidos. Ao día seguinte na escola, a mestra tiña preparada unha actividade para falar dos medos e Xabi puido desafogarse e contar o que lle acontecera facía unhas horas... Isto que tedes entre as mans é un anaco de cada un de vós; logo, trátase dun gran tesouro e, como tal, debedes respectalo, gozalo e tratalo con cariño. Neste xornal están recollidos momentos, traballos, anécdotas, acontecementos, aprendizaxes… Esas cousas que vos acontecen e que fan de vós ser quen sodes e quen seredes no futuro. Cando nacedes non elixides en que fogar queredes vivir, nin que experiencias vos van acontecer. Simplemente nacedes dun ventre, chegades a un fogar e listo! A camiñar pola vida. Se compartides as vosas experiencias (como fixo Xabi) de seguro que poderedes axudarvos os uns aos outros a comprender mellor o que vos pasa e ser máis felices.

Tania, Gabriela, Roi, Mariña, Sabela, Hugo e o resto de nenas e nenos do noso cole, quixeron aportar o seu gran de area facéndovos chegar as “súas cousas” en forma de artigos deste entrañable xornal. Desde o equipo de redacción, convidámosvos a que vaiades gardando nos vosos petos cada minuto vivido que desexedes compartir, xa que estamos a elaborar o seguinte número. Grazas a tod@s por facer da vosa existencia un libro de receitas que nos axuden a tod@s a cociñar.

Ratinovas press


ÍNDICE 03 Noticia: Comezo Biblioteca

22 Noticia: Viveiro

04 Facemos unha colonia

23 Carballo

05 Día Mundial dos Animais

24 Noticia Magosto

08 Animais famosos: Laika

25 Poema do outono

10 Noticia: Programa de Radio

26 Por que choran...?

11 Festival de cine de Ourense

28 Mensaxe secreta

12 Escritoras galegas

29 E, ti de quen vés sendo?

14 Noticia do Samaín

30 Fábrica de moedas

15 Conto de medo

32 Oxalá...

16 Cal foi o teu peor pesadelo?

34 Oístes estes chistes?

18 Quen é quen?

36 Crossword

20 Conto de medo

37 Recomendacións lectoras

21 Saúdos dende La France

38 Poema: O tempo

C O L O F Ó N Este xornal rematou de editarse durante o inverno do curso escolar 2017/2018 grazas ao traballo do claustro e o alumnado do CEIP COIRÓN-DENA. Para saber máis sobre o noso colexio e o que facemos, visita: https://bibliotecacoiron.blogspot.com.es http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcoirondena/ Podes participar con nós, contactando co noso Equipo de Dinamización da Lingua Galega ou escribindo ao seguinte correo electrónico: ratinovaspress@gmail.com O Ratinovas press está subvencionado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.


Corresponsais:José Manuel e David (6º B) O luns, dous de outubro, foi a apertura oficial da nosa Biblioteca Raticonto.Os nenos e nenas estaban moi ilusionados e ilusionadas.Por primeira vez os e as rapaces e rapazas de segundo puideron utilizar o seu flamante carné. O primeiro día había moitos alumnos e alumnas para coller libros e lelos. Os e as colaboradores e colaboradoras da biblioteca tiveron moito traballo: prestaron e ordenaron libros, atenderon aos e ás compañeiros e compañeiras ...As profesoras Sila e Sinda axudáronlle a preparar todo. Raticonto andivo dando unha volta polo patio para recordar que a súa casa xa abrira as portas.


Por 2ยบB


4 de outubro

Día Mundial dos Animais Os animais non son ningún xoguete, para ter unha mascota tes que ser responsable. Por exemplo, tes que pasealos, alimentalos, entretelos... Ter unha mascota non é ningunha broma. Os animais son seres vivos igual que nós, por iso, debemos tratalos como se merecen, porque teñen sentimentos, cualidades e moitas máis cousas que os fan especiais. E ti, estás preparado para ter unha mascota? Texto de Sara, Isaac e David (6º B)

Carla coa súa mascota

# H é ct or & D ia

na

Zoe e Lolo

#adoptanoncompres Os cans son seres vivos e sufren coma ti. Non os abandones, ponte no seu lugar. Gustaríache que te abandonasen? Se non os recolles na rúa morrerán de fame, de frío… Adopta, non compres. Se os adoptas na canceira libraralos de morrer e farás que teñan unha vida mellor. Non penses que un can de raza te vai facer máis feliz ca un mestizo. Todos os cans son iguais. Pareceríache ben que te rexeitaran por non ser tan guapo como os demais? Non penses no exterior, pensa no interior! Texto de Uxía Varela, Paula, José Manuel e Brais ( 6º B)




Laika Por Uxía Varela, 6ºB Laika (en ruso Лайка) foi unha cadela rusa que participou no Programa Sputnik soviético, converténdose nun dos primeiros animais en saír ao espazo e o primeiro en orbitar a Terra. Laika foi atopada nas rúas de Moscova sen dono e foi seleccionada para ser a ocupante do Sputnik 2, lanzado ao espazo o 3 de novembro de 1957. Antes da súa misión non se tiñan datos do impacto dos voos espaciais nos seres vivos e a tecnoloxía para saír de órbita non se desenvolvera aínda, polo que os científicos non esperaban que Laika sobrevivira á misión. Porén, consideraban esta misión coma un paso previo necesario ás misións tripuladas por seres humanos. O experimento tiña o obxectivo de probar que unha pasaxeira viva podía sobrevivir ao lanzamento e soportar a ingravidez, abrindo as portas aos voos tripulados por persoas e fornecendo os primeiros datos de como os organismos vivos reaccionan en ambientes externos á Terra. Laika faleceu ás poucas horas do lanzamento a causa das elevadas temperaturas provocadas por un fallo na separación dun dos módulos. Os informes oficiais, inicialmente, indicaron que se lle practicara a eutanasia por medio de envelenamento na súa comida antes de que quedase sen osíxeno, e posteriormente deuse a versión de que falecera ao quedar sen osíxeno o sexto día. A verdadeira data e causa da súa morte non se fixeron públicas ata o 2002. . O 11 de abril de 2008 inaugurouse un monumento na honra de Laika, construido preto do complexo militar en Moscova onde se preparara o seu voo espacial que representa a cadela de pé sobre un foguete espacial.

Fixéronlle homenaxes como libros, poemas, cancións, selos…


Uxía V.


CORRESPONSAIS: Claudia e Natalia( 6ºA)

O luns, 9 de outubro, asistinos a unha reunión da profe Eva Blanco co equipo de redacción de 5º, que van facer un programa de radio. Neste proxecto vai participar todo o cole,a idea xurdiu do profe Rafa en setembro e aos nenos/-as entusiasmoulles. Os/as redactores/-as son Olaya, Candela Piñeiro, Yeray, Rocío, Nerea e Antonio nenos/-as de 5º. Eva dixo que ían facer un programa de radio en colaboración con colexios de Lugo e da Coruña . O primeiro programa tratará sobre o medo. Tamén haberá seccións de deportes, chistes e audiocontos.Farán entrevistas a nenos/-as, preguntaranlles ao que teñen medo, a súa que deberiamos facer cos nenos/-as de tres anos, levalos ou non ao túnel do medo e moitas cousas máis. O equipo de redacción quere reunirse os luns ,martes e venres.

BOA SORTE NA VOSA ANDAINA!


1


S ORA T I R ESC EGAS GAL

Sabela Fernández Trelles No Día das Escritoras, na clase de 5 anos de Infantil, lemos e traballamos a obra desta escritora galega. Mestra especialista en Audición e Linguaxe e Primaria escribiu libros para mestres e para cativos. Nós lemos Augusta e os seus medos. A historia dunha nena medorenta que consegue vencer os seus propios medos enfróntándose a eles. Nós tamén tratamos de vencer os nosos medos comezando por falar deles e debuxándoos. Aquí tendes unha mostra do que nos dá máis medo:



SAMAÍN NO COLE CORRESPONSAIS: MANUEL E GABRIEL 6ºA Todos os anos celebramos no cole o Samaín. Todo está decorado con bruxas, morcegos, esqueletes… Pero o que máis nos gusta é o Túnel do Medo. No túnel os profes e algún papá ou mamá disfrázanse de personaxes que dan medo, este ano disfrazáronse de Home Lobo, Drácula, un dragón, un pirata,… Todo está a escuras con moi pouca iluminación e temos que pasar dun lado a outro do túnel e en cada estancia está unha personaxe interpretando o seu papel e metendo moitísimo medo. Pasámolo xenial!!!!




º

O meu peor pesadelo foi cando me caín do ceo nunha noite escura.. FERNANDO, 3ºB

º

Soñei que un vagabundo nos dixera que era o noso tío e nos quería coller, a nosa reacción foi saír fuxindo! ALBERTO, 5ºA

º Estaba no galiñeiro e as galiñas estaban soltas. Unha das galiñas veu cara min e eu púxenme moi nervioso! Damián, 2ºB

º

Soñei que me metían nunha cova cunha araña con pinzas e unha babosa que quería sacarme información de algo!! ADRIÁN, 3ºA

º

Grazas a todos os que participástedes; grazas a Lola de 2º B pola caligrafía dos letreiros.


As compañeiras e compañeiros de 3ºA invítannos a pescudar e achar o nome destas bestas monstruosas.


S ORA T I R ESC EGAS GAL

Sabela Fernández Trelles No Día das Escritoras, na clase de 5 anos de Infantil, lemos e traballamos a obra desta escritora galega. Mestra especialista en Audición e Linguaxe e Primaria escribiu libros para mestres e para cativos. Nós lemos Augusta e os seus medos. A historia dunha nena medorenta que consegue vencer os seus propios medos enfróntándose a eles. Nós tamén tratamos de vencer os nosos medos comezando por falar deles e debuxándoos. Aquí tendes unha mostra do que nos dá máis medo:



s o d ú a S

La France

dende

Foi en novembro cando as compañeiras e compañeiros de 4ºA recibimos unha postal dende a Cidade da Luz, París! A nosa compañeira Tania Carro acordouse de nós estando alí de vacacións e non quixo deixar de compartir a súa experiencia!

A cidade de París é a capital de Francia e unha das cidades máis visitadas e importantes do mundo. Nela, ademáis de atopar Disneyland, encontramos monumentos tan admirados como a Torre Eiffel, o Arco de Triunfo... e o museo de Louvre, onde descansa a Gioconda de Leonardo da Vinci.

oh là là!


CORRESPONSAIS: CHAIMAA E CARLOS 6ºA

No cole este ano estamos a facer un viveiro, para ter árbores e plantas para replantar no noso patio novo. O primeiro que plantamos foron sementes de landra e sobreira.Collemos un brik de leite partímolo pola metade e fixémoslle uns buratos, logo coa profe Pili Oubiña e a nosa titora, nun recreo, enchémolo de terra, metemos a landra e o volvemos cubrir de terra. Así fixeron todos os cursos e fomos poñendo os briks ao lado das casiñas do cole todos xuntos, para ir vendo como crecen e, de cando en vez, réganse ou se lles bota terra de novo. Outro día plantamos pólas de plantas aromáticas que trouxemos das nosas casas.

Cando medren transplantarémolas nun lugar axeitado. Que bonito vai quedar o noso patio!!!!!


!

Carballo ! ! ! ! ! ! ! ! ! ! !!!!!!!!!!!!!!!!!!"#$%#&!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!'%(()!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!'#%*+%! !

Nome planta: Carballo (Quercus robur)

Tipo planta: Árbore.

Descrición: O carballo é unha árbore anxiosperma da familia das fagáceas, de folla caduca e que pode chegar aos 40 metros de altura. O carballo esténdese tanto por zonas de clima atlántico en calquera tipo de terreo, tanto en chairas como en ladeiras rochosas, dende o nivel do mar ata os 1.000 metros de altitude. Cando a formación é monoespecífica, só de carballos, o bosque é denominado carballeira. Se se mesturan outras especies de clima atlántico chamámolo fraga. Foi a especie máis abundante e dominante na Europa atlántica e segue a ser predominante no interior de Galicia.

Usos: A madeira de carballo é moi apreciada por ser moi resistente, fácil de traballar e aguantar moi ben a humidade. Utilízase para fabricar embarcacións desde a época dos gregos, prolongándose hasta principios do século XX. A súa sobreexplotación prodúxose especialmente para a fabricación de barcos durante a colonización do novo mundo, o que levou a unha disminución drástica do arbolado. Hoxe en día aínda se utilizan táboas de roble nas embarcacións de madeira. Na enoloxía, as barricas que conteñen viño, whisky, coñac ou xerez deben ser de madeira de carballo, pois a súa madeira é a mellor para a súa maduración. O seu froito é a landra que se emplea sobre todo para alimentar o gando (especialmente porcos).

Por Antía Leiro e David Nicolás 5ºA


Corresponsais : Sofía Otero e Uxía Domínguez (6º B) O magosto este ano non foi coma todos os anos. Este ano o magosto decidiron facelo no parque dos Pasales. Os do C.E.I.P Corón Dena fomos andando dende o colexio ata o parque dos Pasales. Os/as de quinto e sexto fomos da man cos nenos de infantil, para axudarlles aos Mestres e Mestras. Foi una experiencia nova pero moi divertida, aos/ás pequenos /as tamén lles gustou saír do centro, aínda que a uns máis cá outros. Cando chegamos ao parque, deixamos aos/ás de infantil e fómonos para o campo de fútbol. Uns/unhas xogamos a polis e cacos, e outros a nada. Cando chegaron os de Meaño no autobús, trouxeron uns xogos tradicionais para xogar os de primaria, menos os de sexto. Eles xogaron ao pano e á zapatilla por detrás. Despois de xogar, cada un/unha colleu personalizado e comeu castañas asadas.

o seu cucurucho

Ao acabar as castañas veu un chico a cantar cancións, e despois marchamos todos, e os nenos de quinto e sexto fomos da man cos nenos de infantil de volta para o colexio. Foi unha mañá distinta e moi divertida!!!


Pola clase de 5 anos.


Propuxemos ás nenas e nenos do noso cole que nos contasen por que crían que choraban eles e por que choraban elas. Cres que haberá diferenzas? Estes son os resultados...

POR QUE CHORAN ELES? Un día calquera no patio... POR QUE CHORAS?

Fernando, 3ºB

Brais, 1º

Antía L, 5ºB Zaira T, 5ºB

Laura, 2ºA Nerea R, 5ºB

Xabi, 3ºA

Noa O, 6ºA Fátima, 5ºB

Yeray, 5ºA

Martín, 2ºA

Roi, 3ºA

Nerea, 3ºA



As nenas e nenos de 1º teñen unha mensaxe moi especial para nós... Para compoñer a súa mensaxe valéronse do alfabeto dactilolóxico da Lingua de Signos Española empregada en todo o país pola comunidade xorda. Fíxate no alfabeto e axúdanos a descifrar a mensaxe!

na clase de 1º este alfabeto axúdanos a recordar as letras para ler e escribir!

S _ _ ,

_ _

_

_ _

_

_

_ _

_

_

_

as persoas xordas o utilizan para signar nomes propios, direccións... ou palabras que non teñen un signo coñecido.

_ _

_ _

_


E logo, ti de quen vés sendo? Na clase de 5ºA investigamos sobre a orixe dos nosos apelidos. Velaquí algúns exemplos:

Otero é un dos apelidos galegos máis comúns (ocupa a posición décimo oitava por orde de frecuencia en Galicia). Non é exclusivo da onomástica galega (unha pequena parte dos Otero galegos poderían ser de orixe leonesa ou zamorana, por exemplo), pero presenta entre nós a máis alta densidade da península, e mesmo se pode afirmar que a maior parte dos Otero do mundo teñen orixe galega. Escudo de armas

Deriva da forma máis antiga galego-portuguesa Outeiro (pequena elevación do terreo, que sobresae dunha zona chá). Outeiro á súa vez deriva da palabra en latín Alteriu (altar).

Méndez deriva do nome propio Mendo. Fillo ou descendente de Mendo. Ten a súa orixe en Galicia e Asturias. En Galicia, este apelido ocupa a nada desdeñosa vixésimo sexta posición por orde de frecuencia. Despois de A Coruña, Pontevedra, Ourense, Vigo ou Santiago de Compostela... Meaño é un dos concellos onde atopamos máis persoas co apelido Méndez. Escudo de armas

Referencias bibliográficas INEbase (2011), Aplicativo Apelidos. http://www.ine.es https://apelidosgalicia.org



As nosas moedas


Oxalรก...





  

 

  



      



           



    

   

     

   

 


Recomendacións lectoras

E ti, que les?

Título: Serpientes venenosas Trata de serpes velenosas, ensina moitas clases de cóbregas. Recoméndoo porque para min foi moi entretido e aprendín moito sobre as serpes e as súas características e sobre a súa forma de vida.

Izan 2ºB

Título: El gran regreso al reino de la fantasía Autora: Elisabetta Dami Unha néboa moi espesa cubría Ratonia, a cidade dos Ratóns, e mil violíns de prata soaban pola noite... Alguén abrira un oco entre o mundo da realidade e o Reino de Fantasía.... Gerónimo ao rescate! É un libro de aventuras e mola moito.

David Nicolás 5ºB Título: El club de las poetisas Autora: Elisabetta Dami Este libro trata do clube de Tea Stilton, a irmá de Gerónimo Stilton. As cinco rapazas do clube toparon un diario dunha alumna de Ratford que estudou hai anos alí. Recomendaría este libro porque hai misterio e é entretido. Zaira T. 5ºB Título: Los futbolísimos, el misterio del robo imposible Autor: Roberto Santiago Uns rapaces teñen un novo entrenador que lles está mandando que fagan cambios... Un día, nun partido, ponlles música rock e xogan moi moi ben. Ademais, teñen que resolver o misterio do roubo nunha exposición do antigo Exipto. Recomendaríao porque é gracioso e da esperanza por ganar. Alejandro S. 5ºB Título: Mi abuela es total Autora: Susana Rico Trata dunha avoa que se divirte coa súa neta e fan toda clase de cousas xuntas. Recomendaríao porque é moi divertido. Ata viaxan á Lúa! Andrea P. 2ºB Para participar nesta sección, envía as túas recomendacións á ratinovaspress@gmail.com




Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.