Xornal 3º tr

Page 1

XORNAL ESCOLAR http://centros.edu.xunta.es/ceipdecoirondena/

3º TRIMESTRE CURSO 2016/17

“CO GALEGO FAISE ARTE” LETRAS GALEGAS

TORIBIO

AN ALFAYA

INFANTIL: saída a mariscar. 1º CICLO: adiviñas e poemas.

2º CICLO: saída á Fundación Manolo Paz; versos en portugués; contos e poemas. 3º CICLO: noticias.


LETRAS GALEGAS


Estatua de Carlos Casares en Pontevedra

Carlos Casares Mouriño, nado en Ourense o 24 de agosto de 1941 e finado en Vigo o 9 de marzo de 2002, foi un escritor en lingua galega, crítico literario e político. Estudou en Santiago de Compostela, cidade na que entrou en contacto con representantes do galeguismo, como Ramón Piñeiro. Foi director da editorial Galaxia e da revista Grial. Cultivou sobre todo a narrativa. Nos anos sesenta publicou o libro de relatos Vento ferido e Cambio en tres. En 1975 aparece Xoguetes pra un tempo prohibido. Viñeron logo o libro de relatos Os escuros soños de Clío e as novelas Ilustrísima, Os mortos daquel verán, Deus sentado nun sillón azul e O sol do verán. É de destacar, tamén, o traballo como columnista, principalmente en La Voz de Galicia entre 1992 e 1998, recollido en sete volumes publicados por Galaxia de 2005 a 2008, titulados Á marxe. O ano 2017 dedicóuselle o Día


PEDRO BRANDARIZ CON “TORIBIO”



LECTURAS DE AN ALFAYA


INFANTIL



1ยบ CICLO



2ยบ CICLO













3ºCICLO

Corresponsais: José e Jorge. 5º A O día 20 de abril os nenos e nenas de 5º e 6º fomos a Pontevedra ao auditorio da ABANCA .Coñecimos a uns músicos chamados Jorge e Diego , tocaron instrumentos “caros” como o violín … e orixinais feitos con materiais diversos como a bricdolina …Máis tarde fomos ao parque de Campolongo, alí tomamos a merenda e descansamos un pouco. De seguido, emprendemos o camiño polo Río Dos Gafos , e seguimos camiñando ata a Estación de autobuses onde nos recolleron para traernos de volta ao colexio. Foi unha mañá ben entretida!


FETÉN…


Corresponsais : Paula e María 5ºB

Este curso os mestres comentáronlle aos alumnos e alumnas se estábamos contentos e contentas co noso patio e contestamos nunha enquisa o que nos gustaría cambiar. Organizouse unha reunión na que todo o colexio se reuníu cunhas arquitectas ( Taller Abierto )para presentarlles as nosas propostas; despois tamén houbo outra con cada curso e unhas actividades no patio de orientación espacial. A continuación déronlle aos nenos e nenas uns planos nos que nas súas clases rencheron , debuxando e coloreando as cousas que querían no patio. En cada clase elixiron un neno ou nena que sería o seu ou súa representante nunha reunión coas arquitectas levando todas as propostas da súa aula. Debatíronse as ideas. Agora coas propostas dos nenos e nenas farán uns planos , que presentarán a final de curso. Se se aproban, haberá que contar cun presuposto para poder poder poner o cambio en marcha. Teremos, por fin , o noso patio soñado? Esperamos que si!


PROPOSTA DE 5º B ACORDOS -

Cambiar o chan do patio. Zonas verdes e descanso con mesas e bancos. Melloría nos campos de fútbol e baloncesto. Incluír un lugar para os máis pequenos con arrandeeiras, casiñas e xogos pensados para eles e elas. - Labirinto con arbustos. OUTROS -

Tirolina Fonte Pista de patiñaxe Tea de araña Mesas de ping-pong Minigolf Pista de voiléibol Futbolíns Barras de monos Pista de atletismo Caseta metereolóxia Ruletas Rocódromo


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.