Ratinovas Press 2021

Page 1

Nº3


Editorial Cando as persoas do noso contorno senten e expresan unha emoción o noso cerebro ponse en marcha e imítaa. Por iso dicimos que as emocións se contaxian. Do mesmo xeito, Ratinovas press quere contaxiarvos de positividade, optimismo, superación e confianza en vos mesmos/as. Non nos queremos despedir sen agradecervos a todos e todas a vosa colaboración, sen a cal a edición deste xornal non sería posible.

Grazas!


ÍNDICE 03 Incubación en infantil 07 Informatizadas/os 08 Martin Luther King 10 Benvidos/as a 1ºA 11 As olimpíadas no estanque 13 Día da Paz 14 Prensa na escola 15 Desexamos 18 Obradoiro de natureza 19 Entroido 22 Celebración do magosto 23 Aromatizadas/os

24 25 29 30 32 33 35 36 37 38 42 4

Taller de poesía Visita dos bombeiros A píllara das dunas Dereitos humanos Usamos o Edixgal Incubando Carta a unha amiga Somos asertivos/as Saquiños aromáticos Aulas de 5 aniños Como nos sentimos Dentro e fóra da aula

COLOFÓN Este xornal rematou de editarse en febreiro do 2021 grazas ao traballo do claustro e do alumnado do CEIP Coirón Dena. Para saber máis: https://bibliotecacoirón.blogspot.com.es http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcoirondena/


INCUBACIÓN EN INFANTIL 3 ANOS E 4 ANOS B O MARTES 19 DE XANEIRO OS NENOS E AS NENAS DE 4 ANOS B COLOCAMOS CADA UN O NOSO OVIÑO NA INCUBADORA.

UNHA VEZ DENTRO TAPAMOS A INCUBADORA, BOTÁMOSLLE AUGA E PUXÉMOLA A 37,7º .

DESPOIS DURANTE 18 DÍAS TOCOU BOTARLLE AUGA E VOLTEALOS:

3


UNHA DAS COUSAS QUE NOS ENCANTABA ERA VER A TRAVÉS DO OVOSCOPIO O NOSO OVO POR DENTRO…OS ÚLTIMOS DÍAS ALGÚNS PITIÑOS MOVÍANSE…¡¡ALUCINANTE!!

O DÍA 18 CAMBIAMOS OS OVOS PARA UNHA BASE RECTA DENTRO DA INCUBADORA E ¡¡¡A ESPERAR!!! A VER CANTOS POLIÑOS SAIRÁN.

AO CHEGAR OU AO MARCHAR PARA CASA CANTÁBAMOSLLE A CANCIÓN “ O GALO CANTA, A GALIÑA CHORA”.

4


NA AULA DE 3 ANOS TAMÉN INCUBAMOS OVOS

VÍMOLOS NACER...

PREPARAMOS A SÚA CASIÑA...

TRASLADÁMOLOS!

5


E LEVÁMOLOS PARA CASA!

6


Este curso empezou dun xeito distinto aos demais para todas e todos. Máscaras, xel hixienizante, distancia de seguridade, sen compartir, sen agrupamentos, con patios en zonas diferenciadas… e, para nós, con ORDENADORES! Porque por se aínda non o sabedes, as nenas e os nenos de 5º, neste curso estamos informatizadas e informatizados. Temos un portátil cada unha e cada un para poder traballar con el. O ordenador é coma un grande libro dixital onde están os contidos das asignaturas que damos: Mates, Lingua, Lengua, Naturais, Sociais, Plástica, Música… tamén Educación Física. Pero non pensedes que nada máis traballamos con eles, utilizamos igual as libretas e facemos fichas, que non todo pode ser ordenador (di a profe). Podemos estudar, consultar información en Internet, ver vídeos, e, de cando en vez, cando rematamos a tarefa ou non podemos saír ao patio, xogar un pouco. Trouxemos cascos para non molestar ás e aos demais cando precisamos escoitar unha lectura ou algo que teña son. Estamos encantadas e encantados. Ás veces falla un pouco a conexión pero agora xa menos. A mestra di que temos que practicar mecanografía, porque escribimos cun dedo ou dous, así que aí andamos.

7


ENTREVISTA A MARTIN LUTHER KING NO DÍA DA PAZ Hoxe estamos aquí con Martin Luther King, un home que loitou contra o segregacionismo racial entre os anos 1950-1963 cos seus actos pacifistas e a súa gran capacidade para reaccionar sen violencia ante estes casos. Grazas ao seu esforzo condecorárono co Premio Nobel da Paz no ano 1964. Vamos a falar do seu paso na loita contra a segregación racial.

Como foi a túa infancia? Con quen vivías? A miña infancia por sorte non foi dura. Era o mediano dos meus irmáns e vivía cos meus pais, irmáns, avós, tíos e tías.

Onde e que estudiaches? Aos 15 anos ingresei no instituto Morehouse College e fun ordenado ministro baptista aos dezasete. No 1951 gradueime na universidade Crozer Theological Seminary e estudiei Teoloxía na Universidade de Boston.

Cando empezaches a tomar conciencia da segregación racial? Pois, xa de pequeno estaba moi concienciado da situación coas razas de cor e os dereitos que se lles impedían.

A raíz de que se che ocorreu realizar a protesta contra a segregación racial? No ano 1955 cando unha muller negra foi arrestada tras negarse a ceder o lugar no autobús a un home branco. A raíz deste altercado decidín realizar unha protesta non violenta contra a discriminación racista que sufría a miña cidade (Montgomery). Eu propuxen á poboación negra non empregar o transporte público mentres se manifestaban pola igualdade dos negros. Así foi ao cabo dun ano conseguimos que se declarara ilegal a separación de razas de cor nos autobuses.

Por que e cando estivesches na cárcere? No ano 1960 e debido aos meus actos co boicot dos autobuses condenáronme e fun á prisión de Birmingham en Alabama durante 2 anos. Pero sempre dixen que non me molesta estar prisioneiro ao conseguir parar a discriminación nos autobuses.

8


Por que e cando estivesches no cárcere? No ano 1960 e debido aos meus actos co boicot dos autobuses condenáronme e fun á prisión de Birmingham en Alabama durante 2 anos. Pero sempre dixen que non me molestaba estar prisioneiro ao conseguir parar a discriminación nos autobuses.

Cando sucedeu o gran discurso de “I have a dream”? No ano 1963 cando a nosa protesta estaba no auxe da súa causa decidímonos a realizar unha censura polo dereito ao voto dos negros en Washington, onde realicei o famoso discurso chamado `` I HAVE A DREAM´´.

Gustaríalle contarnos algunha das súas mellores experiencias? Si, por suposto, unha delas é que no ano que realicei o discurso de ¨I have a dream¨ houbo máis de 250.000 persoas escoitándome falar. Sentinme moi orgulloso de chegar a tantas persoas coas nosas loitas pacifistas. Moitas grazas señor King por concederme esta entrevista, foi todo un pracer contar con vostede.

9


Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Ceip Coirón-Dena

BENVIDOS/AS A1ºA Pasámolo xenial nas distintas celebracións! 25N, plantacións de árbores, Samaín, Nadal, Día da Paz...

Por fin ... vacacións!


" AS O L IMPIADAS NO E S T ANQUE" OS/AS L E C T O R E S/AS DE 1 º A D I S F R A Z Á R ONSE DAS SÚAS P E R S O A X E S F A V O R I T A S D O C O N T O . A V E R S E OS/AS R E COÑECEDES A T ODOS/AS! ENCÁNTANOS LER!

O entroido mola!


“LAS OLIMPIADAS EN EL ESTANQUE”

8 As/os grandes lectoras e lectores de 1ºB gozaron das aventuras dos animais máis deportistas do estanque. A ver se adiviñades que animais son...

12


O 30 de xaneiro celebramos no colexio un día moi especial... Con Raticonto como mestre de cerimonias, lembramos a importancia dos valores que sustentan a paz entre as persoas. Cantamos, bailamos e ata fixemos unha bandeirola para reflectir a importancia da amizade entre todos e todas.

Mirade que fermosas as bandeirolas na entrada principal do colexio!!

FELIZ DÍA DA PAZ

13


5ºB

As alumnas e alumnos de 5º participamos nun programa que se chama “Prensa na escola”. Cada mércores recibimos un exemplar dun xornal para coñecer un pouco o mundo da prensa escrita. Xa sabemos o que é un titular, coñecemos as sección do periódico, de que trata cada unha… Dependendo da semana facemos tarefas distintas. Unhas lemos e comentamos, outras recortamos titulares de algo que se celebra ou que nos chama a atención, transformamos titulares…de todo un pouco. Se non fora polo coronavirus nós fariamos de xornalistas. Andariamos por aí coas nosas identificacións e a nosa cámara nas sesións dos patios e nas celebracións, facendo fotos para elaborar despois as nosas propias noticias. Pero este ano non podemos, esperamos que o que vén si poidamos.

14


En 2 º A de s e xa mo s

15


16


17


OBRADOIRO DE NATUREZA Os/as alumnos/as de 6º A estiveron traballando os niveis de organización dun ser vivo, e como as células son moi pequeniñas, eles/elas fixéronas máis grandes. A que están moi ben?


Neste Entroido participamos activamente nas comandas de Rati: en pixama, con pulseiras, cun vestido pavero e coa roupa do revés. Temos moi claro que queremos festa e lambetadas de Entroido pero tamén hai que coidarse. A nosa estrofa da canción de Entroido di: TODOS NENOS NESTE ENTROIDO FILLOAS HAN DE COMER, PARA ESTAR MOI FORTES TODOS E ESTE VIRUS VENCER.

Aquí o momento no que gravamos co profe Rafa.

19


Disfrazámonos do que quixemos e fixemos unha foto con Rati.

Tamén outra foto coa nosa Munela. Non sabedes quen é Munela? Munela é unha monstruiña que temos na aula, que sempre nos da quefacer e nos sorprende, ben ciscando pezas ou ben con propostas para que lle prestemos atención ou lle axudemos.

20


Ollade algunhas ocasións como a atopamos na aula:

21


Este ano a celebración do magosto foi moi diferente a outros anos. Saímos a facer unha pequena excursión para plantar un castiñeiro. Cando chegamos ao noso sitio asignado, xa tiñamos o burato feito, simplemente metemos a árbore e cubrímola coa axuda dun pequeno rastrillo. Cando pasen uns cantos anos, darán castañas e poderemos celebrar con elas un magosto todos e todas xuntos e xuntas. Agora toca esperar. Despois de tanto traballar, fomos merendar ao parque dos Pasales, eso sí, con tódalas medidas de seguridade para que o becho da Covid non nos viñera a molestar. Foi xenial!!!

Tamén hai que dicir que fomos dar unha boa camiñata ata o lugar que nos tocou, pero as vistas pagaron a pena!!!!

ALUMNADO DE 5ºA

22


Aquí estamos nun dos obradoiros de Horta Agrelo. Fixemos saquiños aromáticos para os armarios, arcóns ou caixóns. Luz explicounos que antigamente nas casas non había ambientadores eléctricos nin doutro tipo para dar bo olor e incluso conservar. Tamén nos contou que se empregaban plantas de distintos tipos como o ourego, herba luisa, hortensia, rosa, fiúncho e moitas máis para cumprir esa función e que nós iamos facer o mesmo. Así que mesturando distintos tipos desas herbas logramos elaborar unha mistura de marabilloso arrecendo para levar para os nosos fogares. Foi un obradoiro moi agradable.

23


Sara Fandiño

As flores

Carnaval fallido

As flores cantan todas a coro saltan e bailan facendo xogos.

Sen careta e sen disfrace na casiña quedamos. Este virus que nos marca o ritmo que levamos.

Esta festiña ben festexada é das floriñas máis apreciadas.

Con filloas e orellas nos conformaremos esperando para o ano se nos disfrazaremos.

Yaiza

6º A

Pedro Rey

24


25


Gr vo azas so po tra lo ba llo !

26


27


28


CHORLITEJO PATINEGRO (A PÍLLARA DAS DUNAS) A niña nai traballa para a Sociedade Española de Ornitoloxía investigando á Píllara das dunas na comarca do Barbanza. Na súa charla contounos como é o seu traballo, vai investigando por diferentes praias, tomando datos da presenza desta ave, número de individuos, números de ovos, número de crías que nacen, os poliños que logran sobrevivir… Despois falounos de como é a vida da Píllara das dunas, dos seus costumes, da súa alimentación, das súas crías…Foi moi interesante!!!!!

Que graza nos fixo o seu nome en castelán, Chorlitejo Patinegro, aínda que se lle coñece con outros nomes: Chorlito Alejandrino, Frailecillo blanco, Playero corredor…. pero a nós gústanos máis o seu nome en galego, Píllara das dunas é moito máis bonito sen dúbida!!!!

Lúa 5ºA

29


30


31


EN 5º USAMOS O EDIXGAL . Este ano utilizamos unha nova ferramenta de traballo, un programa chamado Edixgal, cada un de nós dispón dun ordenador onde temos os libros das diferentes áreas de quinto. Ao comezo do curso estabamos todos e todas moi emocionados e emocionadas por ver e tocar os ordenadores, agora xa forma parte da nosa rutina diaria de traballo. O programa conta con actividades e xogos moi divertidos, que á súa vez contribúen á nosa aprendizaxe. Encántanos esta nova maneira de traballar!!! Aínda que hai que recoñecer que algunha que outra vez temos problemas coa conexión a internet.

Pero non hai que esquecer que, a pesares de ter o ordenador, temos as nosas libretas onde tamén traballamos, que aínda que non son tan modernas e divertidas, son outra ferramenta moi útil e necesaria para o noso traballo. Combinar o moderno co tradicional estanos a funcionar bastante ben!!!!

ALUMNADO DE 5ºA

32


"INCUBANDO" A u l a de 6 º B

COLOCAMOS OVOS DE GALIÑA NA INCUBADORA

DESPOIS DE 18 D Í AS A 37. 5 º . . . OS OVOS PASAN A BANDEXA DE ECLOSI Ó N...

XUSTO AOS 21 DÍAS... NACE O/A 1º P O LI Ñ O / A

PASAMOS OS/AS POLIÑOS/AS Á CASIÑA QUE TEN CALOR (LÁMPADA),COMIDA E BEBIDA

POR ÚLTIMO, DESPOIS DUNHA SEMANA DE NACIDOS/AS... LEVAMOS OS/AS POLIÑOS/AS PARA O NOVO FOGAR


A principios de novembro embarcamos na aventura de incubar ovos de galiña. Nun primeiro momento investigamos sobre a reprodución das galiñas e despois enfocamos o traballo na incubación "asistida". Empezamos limpando todas as pezas da incubadora. Unha vez lista, acendémola e puxemos o termostato a 37.5º (esta é a temperatura que hai que manter ao longo dos días de incubación). Ademais da calor tivemos que manter a humidade dentro, polo que foi necesario rechear o fondo da incubadora con auga. Colocamos os ovos dentro da incubadora e esperamos 18 días, sempre coidando a temperatura e a auga. Pasados 18 días os ovos estaban listos para eclosionar e colocámolos no fondo da incubadora. Xusto cando os ovos cumprían os 21 días dentro da incubadora, naceu o/a primeiro/a poliño/a. Cando xa podía camiñar, pasámolo/la a outro lugar cerrado e acondicionado para acollelo/la durante uns días. Os/as poliños/as nados foron 4 e, a pesar do pequeno disgusto, estabamos moi emocionados e emocionadas de asistir ao nacemento dos animais, así como de observar os seus primeiros días de vida.

Despois duns días medrando, estaban "listos/as" para ir ao novo fogar... Un fogar máis grande e idóneo para os/as nosos/as amigos/as.

# au l a 6 º Bent empo s c ovid


De seguro que todas e todos tendes amigas e amigos. Velaquí a emotiva carta que María lle escribíu a Lola para contarlle o que lle fai sentir a súa amizade. Padrenda, 14 de xaneiro de 2021

Ola Lola! Escríboche esta carta porque me pareces unha persoa xenial e unha compañeira moi boa. Cando estou contigo penso que nada máis existimos nolas dúas, que me sinto máis feliz que todos os outros días, como se a Covid-19 non existira. O tempo párase cando estamos xuntas. Como se nos coñeceramos desde bebés. Con isto quero dicir que de todas as amigas que tiven ao longo dos anos ti es, sen dubidalo nin un minuto, a mellor. Unha aperta. Esperamos que disfrutarades desta nosa aportación á revista escolar deste curso. Nós estamos desexando ler as vosas. As compañeiras e compañeiros de 5º B

35


36


SAQUIÑOS AROMÁTICOS Fixemos un obradoiro de saquiños aromáticos. Impartíu o obradoiro Luz. Sobre unha umesa deixounos follas e pétalos de distintas plantas. Primeiro mandounos partilos en cachiños moi pequenos, deunos o seu traballo!!!! Despois deunos unhas bolsiñas rosas nas que tivemos que meter todos eses cachiños e axitalos moi ben para que se mesturasen, e ao final, xa tiñamos o noso saquiño aromático para meter nun armario ou nun caixón e darlle un agradable olor á roupa. Como arrecendían!!!!

ALUMNADO 5ºA

37


AULA DE 5 ANIÑOS B Este Nadal tivemos a gran sorte de recibir a visita de Papá Noel no noso marabilloso cole. Puidemos estar con el e deixarlle a nosa carta na caixa de correos. Foi moi emocionante!

Debaixo das nosas novas amigas as mascariñas escondemos un enorme sorriso!


E que opinades dos nosos traballos? Nós pasámolo xenial facéndoos coa nosa súper mestra Maribel!

Temos que recoñecer que o cole mola mazo!


AULA DE 5 ANIÑOS A Este curso estivo cargadiño de emocións e nesta clase non paramos nin un segundo. Fixemos moitísimas actividades molonas e pasámolo pipa coas nosas mestras!

Nesta foto tan chula acabamos de plantar o noso primeiro castiñeiro.

E aquí amosamos os nosos traballos de Samaín, e por suposto, os nosos disfraces terroríficos!


Na nosa clase non nos importa o mal tempo, o frío e a chuvia do inverno, sempre temos un motivo para estar súper felices!

A festeiros/as non nos gaña ninguén!

E nesta foto xunto as nosas mestras Eva e Laura queda demostrado!

41


Como nos sentimos nestes momentos? Síntome ben, non teño nada de que preocuparme.

Estou marabillosamente aínda que o covid nos quitou moitas cousas, pero non nos quitou o millor, o amor

Estou triste e enfadadísimo porque morreron moitas persoas e enfadado porque agora non podo facer cousas que podía facer.

Síntome triste, non podo ir á casa dos meus primos e porque non podo ir de aventuas. E espero que pase o covi.

Síntome mal porque hai un virus que está polo mundo e non nos deixa facer nada e hai moitas tendas pechadas.


Síntome mal porque o paso fatal porque non podo visitar aos avós.

Moi mal porque non se pode dar apertas e pola máscara e non se pode ir ás actividades polo covid 19

Síntome ben.

Eu síntome moi mal porque non podemos saír á rúa e porque non podemos ir de vacacións e tamén porque non puiden celebrar o meu aniversario polo covid.

Os alumnos e alumnas de 2º B expresan como se sinten neste intre e penduran esos sentimentos nunha árbore chea de ilusión para que isto pronto cambie Estou triste poque non podo xuntarme coa miña familia.


Síntome mal polo coronavirus non podemos saír da casa nin tocar ás persoas.

Estou enfadado porque non podo facer o que quero e tamén non podo ir a ningún sitio polo covid 19.

Ola chámome Leyla , síntome ben porque estou coa miña familia e síntome ben

Enfadado porque non para de matar xente.

Síntome horrible pola razón de que algunhas familias perderon familiares ou amigos, que descansen en paz e amor, espero que lle sirva de consolo.


DEN TRO E FÓRA DA AULA M A QU E T A S D E C É L U L A S E L A P B OOK S C I E N C I A S

NOVOS PATIOS

SAÍDAS

45



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.