Ratinovas2 ok

Page 1

Nยบ2


Editorial

“Cando Fiz recibiu a nova de que ía ter unha irmá, algo dentro del estoupou e durante os nove meses que a súa mamá a coidaba na barrigola, el soñaba un montón de cousas. Por exemplo, tiña claro que se chamaría Sabela e que coidaría dela ata que fora quen de valerse por si mesma. El ensinaríalle os seus súper poderes secretos para loitar contra aquelas persoas que quixeran mancala ou contra as que non a tiveran en conta; xamais permitiría que non a deixaran xogar ao fútbol. A súa Sabela sería unha súper heroína! Ás veces, dáballe por pensar se falaría galego como o resto da familia ou se preferiría escoller a lingua na que escoitaba os debuxos na tele. “Ela que fale como queira, total ben nos habemos entender... e se non me entende explicareillo. Direille que toleo por bicala (e bicareina), que a miña ave favorita é o cuco (e debuxareillo), que escacho coa risa cando lle fago cóxegas (e fareillas)... Será moi divertido” , isto se dicía Fiz cada noite á hora do baño. Pasado un tempo, cando Sabela cumpriu oito anos, Fiz regaloulle un diario: o DIARIO SECRETO DUNHA SÚPER HEROíNA. Tanto lle gustou que, en canto marcharon todas as persoas convidadas ao cumpre, xa o estreou escribindo o seguinte: “Eu, Sabela Balado Xallas, algún día serei redactor xefe dun xornal” Fiz non entendeu que quería dicir con iso, porque el sabía que Sabela, a súa irmá, nunca sería redactor xefe dun xornal. Tampouco médico, nin xuíz, nin avogado. Sabela habería de ser redactora xefe ou médica ou xuíza ou avogada ou o que ela se propuxese. No baño desa noite, Fiz comprometeuse a explicarlle moi ben á súa irmá o significado de ser unha súper heroína.” Esta historia ao igual que este xornal, é un escaparate no que podemos apreciar as cousas que facemos, como melloralas, aprender e, en definitiva, inventar cada día o mundo no que queremos vivir. Un mundo no que respirar aire puro nun planeta limpo, un mundo respectuoso con todos e todas... O noso!

Ratinovas press


ÍNDICE 03 Unha simple carta

25 Carta a José Antonio

04 A miña granxa

26 Unha incubadora na aula

05 Día da Paz

28 Noticia: As ocas

08 Imaxina

29 En que pensa...?

09 Noticia: O Entroido

30 Visita de Peni e Tobi

10 Proxecto: Os Pingüíns

31 Menuda colleita!

12 Noticia: Deporte escolar

32 Noticia: Roberto Varela

13 Día da muller

33 Arranxo floral

16 Noticia: María Canosa

35 Somos empresarios

17 Aforramos auga

37 Razóns para ler

18 Noticia: visita entomólogo

38 Oístes estes chistes?

19 Lendas

40 Como facer unha maqueta

21 Sobre Mondrian e Kandinsky

41 Carta a Gabri

23 Recollida de lixo

42 Letras Galegas

24 Pintura sobre pedras

43 Marchamos

C O L O F Ó N Este xornal rematou de editarse durante a primavera do curso escolar 2017/2018 grazas ao traballo do claustro e o alumnado do CEIP COIRÓN-DENA. Para saber máis sobre o noso colexio e o que facemos, visita: https://bibliotecacoiron.blogspot.com.es http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcoirondena/ Podes participar con nós, contactando co noso Equipo de Dinamización da Lingua Galega ou escribindo ao seguinte correo electrónico: ratinovaspress@gmail.com


Dena, 24 de xaneiro do 2018 Queridos papá e mamá: Como estades? Espero que ben e sen esas dores que, ás veces, por desgraza, acompañan á vosa idade. Escríbovos porque o outro día fun testemuña dun momento moi bonito no colexio. Como sabedes, este ano vou a apoiar a algunha aula para botar unha man a eses alumnos ou alumnas que máis o necesitan. Pois ben, o xoves pasado estiven na clase de 6ºA mentres a titora explicaba que era unha carta, que partes tiña, que se adoitaba escribir nela, que ían en sobre, con 55 céntimos en selos… algo que en verdade soaba moi lonxano. Pediulles que lle escribiran algo a un compañeiro ou compañeira elixido/a ao chou e lla enviaran. Se virades con que ilusión as escribiron, con que ilusión puxeron as súas direccións nos sobres… E que, como ben me ensinastes, a maior parte dos momentos máxicos son iso “pequenos momentos”. Quería compartilo con vós que sei que vos alegrades tanto coma min deses marabillosos intres. Envíovos unha foto para que vexades que caras lindas de nenas e nenos súper satisfeitos!!!!

Espero vervos pronto. Recibide moitos bicos da vosa filla-profe Eva Blanco.


O lugar máis significativo para min é a miña granxa. É moi grande e ten un portalón de ferro xigante. Ten moitos animais. As vacas son moi altas e os porcos (que son tres) son moi gordos. Os galos de engorde son máis pesados pero menos ruidosos que os pavos. Os quicos son tan áxiles como as quicas pero estas poñen ovos premiados. Rexina, a oca choca, pon ovos cada día. Tamén ten poñedoras galiñas e voadores parrulos. É un lugar no que me sinto alegre porque vexo as galiñas libres, doulle de comer ás vacas …

Portalón xigante de ferro.

Esta é a oca choca incubando os ovos.

Estes son os polos de engorde.

Galiñas que poñen ovos.

Estes son os tres porcos.

Estas son as becerras.

Estes son os pavos.

Becerra de engorde.

José Outón (6ºA)


30 de xaneiro

Día da Paz e da Non Violencia

Co gallo do Día da Paz, as nenas e nenos do cole buscamos solucións para algúns conflitos que se presentan no día a día do noso patio.

PROBLEMAS

ÓNS I C U L SO

4 anos


PROBLEMAS

SOLUCIÓNS


PROBLEMAS

SOLUCIÓNS


I M A X I N A

Imaxina toda a xente vivindo a vida en paz

Podes dicir que son un soñador pero non son o único

Agardo que un día te unas a nós e o mundo sexa un só. Este ano, con motivo da paz, na clase de inglés imaxinamos un mundo mellor a través das palabras de Imagine, a canción escrita e interpretada por John Lennon hai xa case 50 anos! Na clase de 5 anos deron cor a estas ilustracións de Jean Jullien que agora decoran os corredores.


Corresponsais: María e Paula Achégase o entroido e no CEIP Coirón Dena xa o estamos preparando. Este ano xirará entorno ao 50 aniversario do cole e do patio que que queremos. As clases xa están preparando os seus magníficos disfraces para o gran día. Nas clases de 6º estamos preparando unha gran sorpresa que impresonará a pais e fillos no festival do entroido. O luns 15 de xaneiro, os nenos e nenas de 6º empezaron a ensaiar a sorpresa que non vos podedes perder. Non faltes a festa do Entroido!!! O día 9 de febreiro pola mañá, no CEIP Coirón -Dena.

Alumnado de 4º nos días de comandas


Na clase de 5 anos estudamos OS PINGÜÍNS



Deporte escolar O pasado martes, 27 de febreiro, os e as nenos e nenas de 6ºB fomos ao colexio CEIP de Portonovo a participar no deporte escolar. Aparte diso fixemos moitos novos amigos e amigas. Foi xenial! Todos e todas xogamos a todo. Divertímonos moito. Algúns vimos a coñecidos outros coñecimos a máis persoas. En resumo, unha mañá divertida, distinta e fantástica.

Sara e Uxía 6º B


8 de marzo Día Internacional da Muller Pedímoslles ás nosas alumnas e alumnos que nos falasen das mulles que admiran. Velaquí unha mostra:

Admiro á miña nai Irene. Sempre me coida e está comigo en cada momento. Dela gústame que sempre me ergue amodiño. Lola, 2ºB. Admiro á porteira do Barça. É a capitana do seu equipo e é unha gran porteira. Lara G. 3ºA. Carolina Marín xoga moi ben ao bádminton e é unha das mellores xogadoras do mundo. Gústame que grazas ao seu esforzo gañe tantos partidos e tantos premios. Para min é unha muller incrible. Alejandro Soutullo. 5ºB Admiro á miña compañeira Lara González porque é boa xogando ao fútbol! Xabi, 3ºA

Eu admiro á miña nai porque é a mellor e o que me gusta dela é que sempre me axuda con todo. SARA, 3ºB Admiro á miña tía, traballa de cociñeira e faime unha comida moi rica! Adnane, 2ºA Gústame Shakira. Admíroa porque canta e baila xenial. Daniela, 3ºB. Marabíllame Alaska. Gústame porque canta unhas cancións moi chulas. De maior gustaríame ser coma ela. Olalla, 3ºA. Á miña tía Carmen. Admíroa porque é forte e inda que estea sen traballo. É moi simpática e divertida e ademais lle da igual que lle digan cousas malas, ela segue coa súa vida. Raquel, 3ºB.


A min gústame Rosalía de Castro. Escribiu cousas que a min gústanme moito e foi moi valorosa. Yaiza, 3ºA. A Malala. Loitou contra o maltrato das mulleres porque nalgúns lugares do mundo ás mulleres as tratan coma un obxecto. Gústame de Malala que é unha loitadora e non se rende. Ariana, 5ºA.

Admiro á miña avoa. O que máis me gusta dela e que é moi traballadora e intenta que todos esteamos felices. Ademais fai unhas comidas boísimas! Zaira T. L. 5ºB Eu admiro á miña curmá Patricia. Admíroa polo seu carácter, pola súa amabilidade e porque é moi traballadora. Dela gústame que é moi cariñosa, graciosa e tamén porque é moi lista. Naiara Laseiras, 5ºB Eu admiro á miña curmá Noa porque fai cousas polas persoas e salva vidas. É médico en Barcelona. Lía, 3ºB. A persoa que eu admiro é miña avoa. Admíroa porque sempre foi unha muller guerreira. O que máis admiro dela é o seu esforzo. A pesar de todo, sempre quero trabalhar e nos dá todo o melhor. Emilly, 5ºB

Admiro a miña nai porque érguese cedo para facernos o almorzó e despois marcha ao traballo. Encántame cando me leva de paseo, a comida que nos prepara, cando vai facer a compra... Fátima F, 5ºB

Admiro á youtuber Naishys porque é divertida, boa e foi uns videos moi graciosos. Marcos, 2ºA. A muller que admiro é miña nai. Cando estou triste faime rir, cóidame moito e quéreme. Gústame cando me fai cóxegas e cando xoga comigo inda que traballe ten tempo para xogar comigo. Olalla, 5ºA. Eu admiro á miña tía porque é peiteadora. O que me gusta dela é que fai uns peiteados chulísimos, a min encántanme! Sara Hermida, 4ºB. Admiro á miña nai porque é moi boa comigo, sempre me axuda cos deberes. Paula G, 3ºB

A miña nai sempre fai todo todiño na casa e tamén fai unha comida moi rica. É moi bonita. Unai, 1º.


A coronel Dona Patricia Ortega García. Foi a primeira muller militar. Admíroa porque ninguén a apoiou cando quixo dediçarse a ese oficio. Conseguiu cumprir os seus soños inda que ninguén a apoiara. Uxía Varela, 6ºB. Sonia Bermúdez, xogadora do Atlético de Madrid. Admíroa porque xoga moi ben ao fútbol, foi durante anos máxima goleadora da Liga. Brais Rey, 6ºB. Admiro a Marie Curie. Foi a primeira muller en gañar un premio Nobel hai máis de 100 anos. Gústame que demostrase que as mulleres podemos ser científicas. Rocío, 5ºB. Eu admiro a Sila, que é a miña profe. Admíroa porque é moi guai. Dela gústame que sempre explica as cousas con moito cariño e lle da un toque de diversión ás cousas. É a mellor profe do mundo! David Romay, 6ºB Gústame Katy Perry porque canta xenial e gústanme moito as súas coreografías. Valeria O. 2ºA.

Quero moito á miña nai porque me axuda a ler, gustaríame que non traballara! Sara, 1º. A miña avoa Carmen. Admíroa porque fainos de comer, traballa no campo e sempre está atendéndonos á miña irmá Marta, a Noelia máis a min. Gústame a súa forma de ser, alegre e positiva. Sara, 6ºB. Admiro á miña tía. Por que? Porque fai as tortillas máis ricas!! E encántame que xogue comigo. Mar, 2ºB. Admiro á miña nai porque ensíname cousas que non che ensinan na escola. Roberto, 6ºA. Admiro á Carol Shaw porque foi a primeira deseñadora de videoxogos. Dela gústame que creou grandes xogos inda que tivera moitos problemas por ser a única muller naquel momento. Héctor, 6ºB. Admiro a Sinda e a Sila. Son moi tranquilas e amables. Ensínannos moi ben. Jorge, 6ºA. Admiro á miña nai porque me fai as merendas máis ricas e cóidame moito! Breixo, 2ºB Admiro á miña profesora porque me gusta moito a súa voz e traballo con ela. María, 2ºB

Admiro á escritora María Canosa porque escribiu libros moi divertidos. Hugo T, 3ºA.


María Canosa veu ao noso colexio! Corresponsais: Gabriel 6ºB María Canosa, gañadora do premio Merlín de Literatura Infantil do ano 2017, veu ao noso colexio o día 21 de marzo a visitarnos e a responder algunhas preguntas do alumnado do 2º e 3º ciclo. María Canosa deunos unha introdución bastante xeitosa contándonos algo sobre os seus actuais traballos, a súa experiencia como escritora, etc… Despois os alumnos e alumnas de cada curso de primaria prepararon uns sobres con preguntas para que María respondese. Había preguntas moi interesantes como por exemplo, cantos premios Merlín gañou. A continuación, contounos unha historia bastante longa acerca dos premios, do cal vos vou facer un pequeno resumo: María Canosa preséntase case tódolos ano aos premios Merlín; leva presentándose varios anos,pero ata o de agora non gañara ningún. Este pasado 2017 xa non tiña gañas de participar, porque sabía que non tiña sorte... Pero os seus familiares animárona, sobre todo súa nai, que lle dixo: “Participa, total non perdes nada”. E María Canosa animouse a participar; dalí a uns cantos meses chamárona dicíndolle que gañara o concurso. Despois de todo, ela é unha gran escritora. Escribe moito libros interesantes, como por exemplo ”Muriel”, un libro que leron os alumnos de 5º e 6º de primaria deste centro; os nenos e nenas de 6º fixeron uns resumos que resultaron ser moi entretidos. E isto foi todo, amigos, ata a próxima.

O salón ateigado esperando a María

María posa con Raticonto disfrazado de Blim.


Por 2ยบB


A VISITA DO ENTOMÓLOGO O luns trinta de abril visitounos un entomólogo. Un entomólogo é a persoa que estuda os insectos.Estívonos explicando os bechos que pode haber nas nosas hortas, os bechos que son beneficiosos e os que son nocivos. Na charla estivemos aprendendo unha chea de cousas, por exemplo que as larvas de xoaniñas confúndense coas larvas do escaravello das patacas,que as xoaniñas comen o pulgón, os ourizos cachos comen caracois,etc. Logo, despois da entretida explicación, puxémonos a intentar atopar bechos, como ácaros e vermes no medio do compost. Cuns coadores coábamos o compost nunha caixiña e logo cunhas lupas buscábamolos bechos. Si encontrabas un,tiñas que collelo cun pincel con moito coidadiño de non mancalo e metelo nun boteciño transparente,para así poder velo polo microscopio.Vistos así eran enormes! Foi unha experiencia para non olvidar!

Redactores/as: NOA E CHAIMAA 6º A


Lenda dos padriños de Ponte Arnelas En Ponte Arnelas, a escasos kilómetros de Vilanova de Arousa, atopamos a “Ponte dos Padriños” á cal se lle atribúe unha lenda relacionada coa fertilidade. Segundo conta a lenda, unha muller en estado de xestación que tiña posible risco de aborto ou dificultades para ter fillos, debía achegarse á ponte acompañada dunha comitiva. Esta comitiva axudaba a que ningunha outra muller ou animal cruzase a ponte. Debían esperar en silencio a que cruzase un home. Ao pasar o home, a muller pedíalle que bautizase con auga do río Umia o seu ventre. A continuación, a muller e a comitiva debían ofrecerlle ao home unha cea alí mesmo, e ao rematar de cear, todos eles debían arroxar desde a ponte, por enriba das súas cabezas, a vaixela utilizada para a cea. Se ao nacer o bebé todo estaba ben, ese home debía ser o padriño do neno ou nena que nacía e levar o nome de Alberto ou Alberta, en honra ao Santo que se atopa no cruceiro situado na ponte.

Nerea Otero Dopazo, 5ºB


A Lenda Do Meco A Lenda do Meco é o máis importante e tradicional relato do Municipio

do Grove. Escrita

por Francisco

Franco

Calvete na

década dos anos 20 do século pasado. Representouse por primeira vez en 1931. Conta a historia dun Señor Feudal que usaba e abusaba do dereito de pernada na Vila, ata un feliz día en que os grovenses, fartos xa de padecer estes abusos, o colgaron dunha figueira no Monte Siradella. Cando a xustiza preguntou quen matara ao Meco, o pobo unido contestou que foran todos. Deste xeito todos quedaron impunes. Aínda

hoxe

a

figueira

froitos

a

pesar

de

ter

os

seus raíces entre dous enormes bloques de granito. Algúns contan que os froitos desa figueira sempre son vermellos recordando o sangue do Meco. Aos grovenses aínda hoxe en día chámaselles "Mecos" en recordo daquela fazaña que os liberou.

Antia Leiro 5º B


Botade unha ollada aos artistas que estiveron traballando as alumnas e os alumnos de 3ยบ:

Mural colectivo no corredor do 2ยบ ciclo


Mural colectivo no corredor do 2ยบ ciclo

WASSILY KANDINSKY


LLO! RABA ETA BO T PLAN E O R TE SA D MAN COU É O LIMP ODOS! T


Obradoiro de pintura de pedras Corresponsais: Uxía Varela e Paula( 6º B) Os nenos e nenas de sexto tivemos un taller de pintura de pedras. Luz, de Horta Agrelo, que nos impartía o taller, explicounos que esa tradición viña da relixión hindú que a usaba para pedirlles desexos aos deuses. Debuxamos nas pedras con tan só catro cores. As pinturas eran acrílicas e de cores relaxantes.Tamén nos dixo que para que o desexo se cumprira tiñamos que pedirlle durante uns minutos vinte e dous días seguidos. Xa que se aproximaba o día da nai algúns e algunhas,aproveitaron para decoralas con frases bonitas,con debuxos amorosos,con estampados de corazóns...para regalarllas as súas nais. Pasamos un rato moi agradable relaxándonos cos/cas nosos/-as compañeiros/-as e gozando da arte e as tradicións!


Ao noso compañeiro e amigo José Antonio de 4º de Primaria Ola José Antonio! Esperamos que te vaia moi ben no teu novo colexio. Nós aquí botarémoste de menos, lembraremos con cariño os momentos que vivimos xuntos todos estes anos; os risos que botamos no patio, as túas lerias, o bailadeiro e cantareiro que es, e sobre todo, lembraremos a túa nobreza e o bo amigo que es!! Recorda visitarnos, aquí sempre estarán as túas amigas e amigos. Alumnas e alumnos de 4º

orla portátil, agasallo do profe Jesús


UNHA INCUBADORA NA AULAÂ



AS OCAS O venres catro de abril iamos para clase de inglés cando nos fixamos que no estanque da tartaruga había unhas ocas pequeniñas. Quedamos todos sorprendidos, e vimos á profe Eva e a nosa profe que estaban alí e lle pedimos se podiamos velas, e dixeron que si. A profe Eva contounos que naceran esa semana no cole, na aula de catro anos, na clase da profe Pili Oubiña, que trouxera unha incubadora e naceran varias ocas. Eran tres ocas que non paraban de nadar, pequenas e amaleras, eran unha preciosidade! José preguntoulle se as podía levar, que el tiña moitos animais na súa casa, pero a profe Eva dixo que xa tiñan dono e que as iban vir buscar. Que mágoa que non poideran quedar no cole! Foi todo unha sorpresa e o pasamos xenial.

CORRESPONSAIS: SOFÍA E NATALIA 6ºA


En que pensa...? Kiara. Son Kiara unha gata que vive en Dena, os meus compañeiros son una familia de catro persoas moi interesantes. Pásome o día xogando. Hai tantas cousas divertidas na casa: a bóla, o cordel que colga da miña casa, o punto vermello ese que aparece e que persigo, pero nunca alcanzo… Os meus donos son moi bos e polas tardes rúmbome con eles a descansar, tamén me dan de comer sobre todo penso, aínda que ás veces danme un delicioso paté para gatos. Son un pouco raros comendo niso que chaman mesa, xa que é mais fácil ir directamente o comedeiro en vez de ter que subir todo aí. Pero aínda así son os mellores donos que hai. Héctor Torres, 6ºB

Aí vén a miña dona. Que é o que me trae? Oh! Se é peixe! Mmmmm! Sevillana. Que rico! Vou ir xunto de Zaira para que me dea unas caricias. Gngngngn… Que gusto! Non te vaias, quero máis! Thor, fóra! Voume duchar lalaralara… canto sin parar. Oh! Un lagarto! A ver se xoga comigo? Oh, por que non se move? Oh! Que se escapa! Atrapeite becho malo! Ups, mateino. Con todo este lío olvidei ducharme. Uff, que calor vai! Vou para a sombra, e de paso vou beber. Acabei de ducharme, vou comer un pouco penso. Uaaaahhh! Que sono! Vou durmir un pouco. Ata logo! Zaira Otero, 6ºB

Zeus. Ola, chámome Zeus e vivo nunha bonita casa de campo nas aforas de Dena. Os meus donos son alegres pero, ás veces, enfádanse comigo pois con frecuencia non me podo resistir a tirar de todo o que colga como os amallós, os bolsos, a roupa con flecos… Sempre que os meus donos saen da casa eu intento esperalos diante da porta co meu xoguete novo na boca para que xoguen comigo. Últimamente os meus donos estanme levando os sábados a unhas clases de adestramento, e a verdade é que, non sei por que, pois, aparte de destrozar a roupa, zapatos e abrigos eu pórtome xenial. Nesas clases mándanme sentarme, xirar e obedecer a todo o que me din, pero o mellor de todo é que cando fago algo ben consigo a miña recompensa (un cacho de salchicha). Din que crecín moito e que son forte, guapo e moi tolo. Gustaríame pertencer a esta familia sempre. Paula Da Silva, 6ºB



Menuda colleita! Érase unha vez un home e unha muller que eran agricultores en Dena. Eva e Xosé María tiñan dous fillos: Ainoa e Mario. Eran moi trapalleiros, sobre todo Mario, que sempre mentía aos seus pais. Un día, por exemplo, os pais mandáronlle cortar as uvas e el púxose a xogar na terra facendo buratos para que a xente tropezara e, aínda por riba, botoulle a culpa á súa irmá cando o pai caeu. Un ano, en setembro, Eva e Xosé María, estaban moi satisfeitos coas súas viñas porque as uvas eran moitas e tiñan moi boa pinta. Así que, puxéronse mans á obra para organizar a colleita. Pensaron que como eran tantas, necesitarían da axuda da familia e tamén dos veciños e veciñas. Quedaron para vendimar o sábado daban chuvia a partir do domingo. O venres, ao saír da escola, Ainoa e Mario, tiñan unha fame “negra”, así que cando chegaron á súa finca comezaron a picar unhas poucas uvas, e outras poucas, e outras poucas… ata que lles doeu a barriga. Sentaron á sombra dunha cepa e quedaron durmidos. Cando os pais foron na súa busca e viron as viñas baleiras sentíronse tristes, moi tristes, polo traballo e cartos perdidos. Nese intre, un corvo espertou a Ainoa e Mario e escoitaron chorar aos seus pais. Achegáronse a eles e dixéronlles: - Por que chorades? Estamos aquí. - Non é só por vós, é tamén polas uvas. Sabedes o que pasou con elas? - Comeunas todas Ainoa –dixo Mario. - Non é certo. Fomos os dous –contestou Ainoa. - Dá igual, agora non imos discutir. Ide ao voso cuarto e mañá falaremos con calma. Mentres os rapaces ían á casa, os pais pensaron que facer e como recuperar o perdido. Decidiron que os seus fillos irían a vendimar con todos os veciños a cambio dunhas poucas uvas, no canto de andar a xogar. Así saberían o traballo que dá conseguir os cartos. Por 3ºA


A VISITA DE DON ROBERTO VARELA CORRESPONSAIS: Sara e Lara 6ºB O día 30 de abril honrounos coa súa visita o diplomático Don Roberto Varela que foi alumno deste colexio hai cáseque 50 anos. En primeiro lugar, a nosa directora, Cuca, presentóunolo e , a continuación foi el o que se dirixiu a nós para relatarnos o que sentía ao estar de volta na que foi a súa escola. Os nenos e nenas de 6º prepararon unhas preguntas sobre a súa nenez e o seu traballo. Explicounos en que consistía o seu oficio,que non é repartir diplomas como pensabamos.Tamén nos falou da súa historia. Contounos e repondeu as nosas cuestións e así soubemos de moitos dos seus recordos e da súa vida. Don Roberto Varela marchou cun sorriso na boca e nós quedamos con outro. Gozamos moito coa súa presenza e repetiriamola moitas veces máis. Esperamos que volva!!!


COMO FACER UN ARRANXO FLORAL Por Sofía Otero, 6ºB

Materiais • • • • • • • • •

Arranxo floral 'As tr es amigas' 1º premio de 6º curso

Tapóns Cartón Botella de auga de litro Area Cunchas Un anaco de lazo Musgo seco Arame Pistola de silicona

1º Collemos o cartón e recortámolo con forma de círculo. Ao estar en círculo cortámolos pola metade e ten que dar para toda a botella arredor. 2º Pegamos os círculos que recortamos á metade con silicona á botella. 3º Enchemos a botella de area. 4º Dobramos sobre dous metros de arame . AsÍ coas tres flores. 5º Facemos uns cÍrculo cos tapóns. No medio de cada flor pegámoslle unha cuncha e por detrás un tapón xusto onde pegamos o arame para que non se vexa a silicona. 6º Colocamos as flores na area. 7º Enchemos as botellas de musgo e poñemos unha cuncha no medio das flores para decorar. E xa está o arranxo floral rematado!


Outros arranxos florais

Eloy

Alberto

Lucía

Hugo

Juan Diego

Paula

Martín

Sergio

Antía


SOMOS EMPRESARIOS/-AS Os nenos e nenas de sexto, somos empresarios/-as, en grupos fixemos un plan para facer a nosa propia empresa. Despois de moito pensar decidimos montar cinco empresas. -De madeira: MADEIRAS EXPRESS. -De comida rápida: BURGUER-ÑAN. -De lambetadas: CHUCHERÍAS SIRS. -De animais: CLOTHE PETS. -De informática: GAME Y ARCADE Esta vez foi algo ficticio, pero quen sabe… se o día de mañá montaremos as nosas propias empresas!


CORRESPONSAIS: ANTONIO E ENRIQUE 6ยบA


PACKING LIST

Hai moitas razóns para ler... A rapazada de 2ºB cóntanos, posando nos seus recantos favoritos de lectura, algunhas das súas razóns para ler. Encántame ler historias que me divirten. Leo no meu puf porque estou moi cómoda. Paloma Eu leo porque paréceme entretido, cada libro é unha historia distinta! Leo no meu cuarto porque é onde estou sempre, cómoda e tranquila e ninguén me molesta.

Mar Eu penso que ler é moi bo porque aprendes moitas cousas. Encántame ler no sofá coa miña gatiña Kiara.

Leo porque son moi curioso. Gústame ler no balcón porque hai boas vistas e porque hai un puf moi cómodo! Carlos

DARÍO

Para min é como si estivera dentro dos libros, pásoo moi ben lendo. Gústame ler na cama porque estou relaxada, en silencio, concentrada e tamén moi descansada.

Lola

Ler dáme ideas e paréceme súper divertido!

Keira No sofá da miña casa estou cómoda e tranquila, alí métome dentro das historias...

María

Eu creo que cada libro é unha viaxe incrible e por iso leo. As escaleiras están fresquiñas cando vai calor e podo poñerme en calquera postura.

Andrea M.




COMO FACER UNHA MAQUETA dun bosque atlántico Por Fernando, Candela C. e Ariana, 5ºA

Materiais

Neste caso, vamos a explicar como fixemos a nosa maqueta. Trátase dun dos nosos bosques, o bosque atlántico. 1. Collemos a plancha de porexpán e recubrímola con musgo, neste caso é artificial para que non se estrague. Pegámolo con silicona quente. 2. Collemos o poliuretano e facemos unhas moreiñas que ao secar aumentan o tamaño e utilizarémolo de montañas. 3. Vamos colocando as ramiñas das árbores e as follas que recolectamos. 4. Tendo as montañas xa secas, pintámolas coas cores acrílicas. Cando secan, pegándolas na plancha. 5. Para facer o río empregamos silicona e pintura azul, misturándoas. Imos botándoa pola maqueta para facer o río. 6. Collemos os animais e vamos colocándoos. Se non tedes figuriñas pequenas, podedes empregar fotografías impresas, pegadas en cartón, para que se sosteñan ben.

E así é como fixemos esta maqueta. Esperamos que vos gustase!


Gabri, o noso informático Carta a Gabriel, compañeiro de 6º

Ola Gabri! Esta carta é de parte dos e das túas compañeiros e compañeiras e tamén da profe. Verás, durante estes dous cursos, 5º e 6º, axudáchesnos tanto que cremos que mereces unha homenaxe e ocorréusenos que fosen estas palabras para agradecercho. Gabri, bo compañeiro, atento, educado, gracioso, tes tantas boas calidades que non as imos enumerar todas. Só queremos que saibas que, aínda que para ti non fose nada especial, o feito de ter a un especialista, porque es iso, un especialista en informática, atendendo as nosas moitas peticións de axuda ao longo deste tempo é impagable. -Gabri… pódesme axudar!!! -escoitábase na clase. E aí viñas, sen máis, cáseque considerando que era unha obriga polo moito que controlas de ordenadores e programas e esas cousas que ti tan ben coñeces e que a moitas e moitos de nós se nos escapan. Con paciencia, moita paciencia, con atención, tentando sempre solucionar os nosos atrancos aínda a expensas de deixar a túa tarefa por facer. O noso premio é que unha persoa coma ti forme parte das nosas vidas. Non dubidamos de que tes un futuro prometedor e esperamos estar aí para compartilo contigo. Grazas por todo Gabri!! As e os alumnas e alumnos de 6º B e a súa titora


17 de maio

Día das Letras Galegas

Escrib

o en galeg o e amo porqu Galiza e Gali , za porqu

me de po u moi rque p to, enso e n gale go.

Sabías que hoxe en día a lingua e a literatura galegas estúdanse en universidades de países como Alemaña, Brasil, Finlandia, Rusia, Estados Unidos, Francia...?

1ºde Primaria


Marchamos Chegou 6º e, con este curso, a nosa despedida deste centro. Moitas e moitos de nós levamos aquí nove anos, que se di pronto; outras e outros non tanto, pero a cuestión é que este foi o noso último ano no CEIP Coirón-Dena. Neste momento no que xa chega da despedida non podemos esquecer dar as grazas a aquelas e aqueles que durante todo este tempo foron as e os nosas e nosos Mestras e Mestres , unhas e uns cantos ao longo da nosa escolaridade. Ás e aos nosas nais, país, titores e titoras por estar sempre aí, por coidarnos e levarnos da man axudándonos a medrar como persoas; ás e aos compañeiras e compañeiros que compartiron connosco vivencias, xogos e momentos inesquecibles, ou outros, se cadra que preferimos esquecer. Cando chegamos eramos uns e unhas peques de tres aniños, un pouco asustadas e asustados… o cole, ese edificio onde tiñamos que quedar con persoas que non coñeciamos e lonxe das nosas casas… Pero non nos levou moito afacernos a este lugar que teriamos que frecuentar moito. Cantos recordos! E, de repente, 6º xa! Vainos custar un pouco ou un moito deixar isto, deixarvos atrás, pero iniciamos unha nova etapa, moi ilusionadas e ilusionados, tamén un pouco expectantes polo que nos agarda pero esperanzadas e esperanzados en que todo o que vai chegar vai ser bo. Compañeiras e compañeiros, Mestras e Mestres, nais e pais, titoras e titores, Ata logo!!!


Tal como eramos...

Tal como somos


Tal como eramos...

Tal como somos


De esquerda á dereita na fileira de enriba: Uxía D., Víctor, Lara, Martín, Zaira, Gabriel, Héctor, Uxía V., David, Ethan, Natalia, Jéssica, José Manuel, Sergio e Antonio. No medio: Claudia, Sabela, Sofía O., Sara, Noa, Enrique, Brais, Iago, Chaimaa, Jorge, José, Roberto e José Ramón. Embaixo: Paula, Sofía R., Ángel, Manuel, Pablo, Isaac, Carlos e María.

Días inesquecíbeis en Manzaneda. Maio 2018

V é m o n o s !!



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.