Ao castelo

Page 1

ROTEIRO LITERARIO POR

SANTA CRUZ

COA ESCRITORA SILVIA SALGADO

Morriña, lingua e exilio

PARTIRASE DA BIBLIOTECA MUNICIPAL ROSALÍA DE CASTRO DE SANTA CRUZ

Camiñarase pola localidade de Santa Cruz e o seu paseo marítimo, con paradas e lecturas en voz alta e comentadas, ata chegar ao castelo.

Aforo limitado a 20 persoas. Imprescindible reservar praza:

Na biblioteca Rialeda ou chamando por teléfono ao 981 639 511

Na biblioteca de Santa Cruz ou chamando por teléfono ao 981 626 338

Actividade dirixida a persoas mozas e adultas ás que lles guste camiñar, con inquietudes pola literatura. Un paseo literario en dúas etapas: A primeira será unha reflexión literaria sobre as orixes da morriña e como o exilio e a lingua inflúen na vida e na obra dalgúns autores e autoras. Achegarémonos á nosa historia, á nosa identidade, e ao camiño que transitamos: desde Rosalía de Castro ata Emilia Pardo Bazán, deténdonos en Luis Seoane. Falaremos dos poetas Homero e Virxilio e da filósofa Hannah Arendt.

A segunda parte será ao chegar á illa, no Castelo de Santa Cruz, comentaremos a importancia da Illa como identidade propia, do castelo como entidade e a súa influencia na literatura.

Leranse fragmentos e poemas de:

Rosalía de Casto (¡Algúns din!: Miña terra en Follas Novas)

Luis Seoane (Desterrados en Obra poética)

Rafael Alberti (A la pintura dedicado a Luis Seoane)

Falarase de:

La Eneida, de Virxilio

La Odisea, de Homero

A última entrevista e outras conversacións, de Hannah

Arendt

Follas novas, de Rosalía de Castro

Obra poética, de Luis Seoane

Correspondencia entre Benito Pérez Galdós e Emilia

Pardo Bazán

El castillo, de Franz Kafka

Siempre hemos vivido en el castillo, de Shirley Jackson

Silvia Salgado é veciña do municipio de Oleiros, licenciada en Ciencias políticas pola UAB. Ten un posgrado en Xornalismo acreditado pola Universidade Columbia de Nova York. Compaxinou o seu traballo en comunicación e recursos humanos coa súa paixón pola escritura. Obras dela publicadas son: Si te vuelves invierno, Mientras hilan las mariposas, La aldea e El intermedio que somos e o conto infantil Cuéntame un cuento, yo te lo pinto

Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir, ata completar o aforo, para que gocen coa palabra e coa paisaxe desta fermosa localidade. Acompañádenos! Agardámosvos!

http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/ Biblioteca Rosalía de Castro. Santa Cruz: 981 62 63 38
AOCASTELO
Un paseo cara á illa e ao castelo xoves, 20 de abril, ás 11,30 horas

AOCASTELO

ROTEIRO LITERARIO POR SANTA CRUZ

COA ESCRITORA SILVIA SALGADO

Morriña, lingua e exilio. Un paseo cara á illa e ao castelo. xoves, 20 de abril, ás 11,30 horas

PARTIRASE DA BIBLIOTECA MUNICIPAL ROSALÍA

DE CASTRO DE SANTA CRUZ

Camiñarase pola localidade de Santa Cruz e o seu paseo marítimo, con paradas e lecturas en voz alta e comentadas, ata chegar ao castelo.

Aforo limitado a 20 persoas. Imprescindible reservar praza:

Na biblioteca Rialeda ou chamando por teléfono ao 981 639 511

Na biblioteca de Santa Cruz ou chamando por teléfono ao 981 626 338

Actividade dirixida a persoas mozas e adultas ás que lles guste camiñar, con inquietudes pola literatura.

http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/ Biblioteca Rosalía de Castro. Santa Cruz: 981 62 63 38

Un paseo literario en dúas etapas: A primeira será unha reflexión literaria sobre as orixes da morriña e como o exilio e a lingua inflúen na vida e na obra dalgúns autores e autoras. Achegarémonos á nosa historia, á nosa identidade, e ao camiño que transitamos: desde Rosalía de Castro

ata Emilia Pardo Bazán, deténdonos en Luis Seoane. Falaremos dos poetas Homero e Virxilio e da filósofa Hannah Arendt.

A segunda parte será ao chegar á illa, no Castelo de Santa Cruz, comentaremos a importancia da Illa como identidade propia, do castelo como entidade e a súa influencia na literatura.

Leranse fragmentos e poemas de:

Rosalía de Casto (¡Algúns din!: Miña terra en Follas Novas)

Luis Seoane (Desterrados en Obra poética)

Rafael Alberti (A la pintura dedicado a Luis Seoane)

Falarase de:

La Eneida, de Virxilio

La Odisea, de Homero

A última entrevista e outras conversacións, de Hannah Arendt

Follas novas, de Rosalía de Castro

Obra poética, de Luis Seoane

Correspondencia entre Benito Pérez Galdós e Emilia Pardo Bazán

El castillo, de Franz Kafka

Siempre hemos vivido en el castillo, de Shirley Jackson

Silvia Salgado é veciña do municipio de Oleiros, licenciada en Ciencias políticas pola UAB. Ten un posgrado en Xornalismo acreditado pola Universidade

Columbia de Nova York. Compaxinou o seu traballo en comunicación e recursos humanos coa súa paixón pola escritura. Obras dela publicadas son: Si

te vuelves invierno, Mientras hilan las mariposas, La aldea e El intermedio que somos e o conto infantil Cuéntame un cuento, yo te lo pinto.

Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir, ata completar o aforo, para que gocen coa palabra e coa paisaxe desta fermosa localidade.

Acompañádenos! Agardámosvos!

Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.