Cinexornal 12

Page 1

Número 12

B

NADAL 2022

I.E.S. “San Paio” — Tui

O

L

E

T

Í

N

D

O

E

Q

U

I

P

O

D

A

B

I

B

L

I

O

T

E

C

A

ARXENTINA, 1985 (Santiago Mitre, Arxentina, 2022, 140´, Prime Vídeo) Baseada na historia real do fiscal Julio Strassera, Luís Moreno Ocampo e o seu novo equipo xurídico que se atreveron a acusar, contra vento e marea, a contrarreloxo e baixo constante ameaza, aos altos mandos da sanguenta ditadura militar arxentina (1976-1983) do xeneral Rafael Videla xunto con nove comandantes ao seu cargo, no chamado Xuízo ás Xuntas de mediados dos anos 80. UN ASUNTO PRIVADO (Ramón Campos, Teresa FernándezValdés, Gema R. Neira, David Pinillos, María Ripoll, Daniel Aranyo; España, 2022, 8 capítulos de 52´, Prime Vídeo) Na Galicia dos anos corenta unha atrevida moza de clase alta con alma de detective, Mariña Quiroga, proponse dar caza ao asasino en serie que axexa desde hai meses a cidade e faino coa axuda do seu fiel mordomo, Héctor. Xuntos loitarán contra todos os obstáculos para logralo e superarán os prexuízos de xénero da época, a resistencia do novo comisario ou os intentos da nai de Mariña por casala. Serie con localizacións en Vigo e Tui. AVATAR: O SENTIDO DA AUGA (James Cameron, USA, 2022, 190´) Secuela de Avatar que comeza contando a historia da familia Sully (Jake, Neytiri e os seus fillos), os problemas que os perseguen, o que teñen que facer para manterse a salvo, as batallas que libran para seguir con vida e as traxedias que sofren. A CIDADE PERDIDA (Aaron e Adam Nee, USA, 2022, 120´, Prime Vídeo) Durante a xira para promocionar o seu novo libro xunto a Alan, Loretta é raptada por un excéntrico multimillonario, coa intención de que a autora o guíe ata o tesouro da antiga cidade perdida sobre o que trata o seu último relato. Desexoso de demostrar que pode ser un heroe na vida real, e non simplemente nas páxinas das súas obras de ficción, Alan lánzase ao rescate da novelista. O CORPO ABERTO (Ángeles Huerta, España, 2022, 91´) A historia dun mestre que, a principios do século XX, ten o seu primeiro destino en Lobosandaus, unha pequena localidade da "raia seca", na fronteira entre Galicia e Portugal. Nun lugar dominado pola superstición, a estraña morte dun veciño do pobo libera a un espírito en busca dun corpo que lle permita seguir coa súa existencia, o que levará a Miguel a cuestionar os límites entre o mundo dos vivos e os mortos.


P á x i n a

2

N ú m e r o

1 2 –

N A DAL

2 0 2 2

ENOLA HOLMES 2 (Harry Bradbeer, Gran Bretaña, 2022, 129´, Netflix) Baseada nas novelas de Nancy Springer, a saga céntrase en Enola Holmes, unha adolescente que busca o seu lugar no mundo mentres loita coa alongada sombra do seu famoso irmán, Sherlock Holmes. E é que ela tamén quere ser detective. UN HOME DE ACCIÓN (Javier Ruiz Caldera, España, 2022, 111´, Netflix) Película de acción inspirada libremente na vida de Lucio Urtubia, o anarquista máis famoso de España que levou a cabo un plan de falsificación para enganar ao banco máis grande do mundo. Parcialmente gravada en Vigo, zonas como o Casco Vello converteranse, na ficción, no París dos anos 50 e 60. Urtubia, exiliado tras un problema no servizo militar, en Paris achégase aos movementos anarquistas e comeza unha frutífera etapa como atracador na que é perseguido pola policía e bancos internacionais. Nesta etapa tamén dá o paso cara ás falsificacións de dólares e logo de cheques, así ata provocar millonarias perdas aos bancos estadounidenses. Estes son o seu principal obxectivo desde a óptica antiimperialista e anticapitalista que ten. AS LIÑAS TORCIDAS DE DEUS (Oriol Paulo, España, 2022, 154´, Netflix) Inspirada en Los renglones torcidos de Dios, novela de Torcuato Luca de Tena (Austral, 2010, 448 pp.) conta a historia de Alice Gould, unha detective que ingresa nun hospital psiquiátrico. Alice ingresa voluntariamente finxindo un estado paranoico co propósito de seguir as pistas nun caso de asasinato que ocorreu no centro uns meses atrás. Nunha contorna de enfermidades mentais, identificar que é verdade e que non o é, resulta bastante complicado. MIÉRCOLES (Alfred Gough, Miles Millar, Tim Burton, James Marshall, Gandja Monteiro; USA, 8 capítulos de 45´, Netflix) Jenna Ortega dálle vida a Miércoles, protagonista desta serie centrada na etapa da adolescente na Academia Nevermore e que narra como a moza, obsesionada pola morte, tenta dominar a súa emerxente habilidade psíquica, frustrar unha monstruosa onda de asasinatos que aterrorizou á cidade e resolver o misterio sobrenatural que envolveu aos seus pais fai 25 anos, todo iso mentres navega polas súas novas e moi enredadas relacións co estraño e diverso alumnado.

O MONSTRO MARIÑO (Chris Williams, USA, 2022, 115´, Netflix) Unha nena intrépida e un famoso cazador de monstros mariños unen forzas para atopar a unha poderosa besta. Filme que trata sobre a importancia de desafiar a sabedoría convencional e resolver as cousas coas conviccións propias e a confianza nun mesmo. MÚNIC EN VÉSPERAS DUNHA GUERRA (Christian Schwochow, Gran Bretaña, 2021, 123´, Netflix) Baseada na novela Múnich de Robert Harris (Grijalbo, 2018, 392 pp.) Outono de 1938, Europa está a piques de vivir a Segunda Guerra Mundial que marcará a historia do século XX. O primeiro ministro británico Chamberlain busca desesperadamente unha solución pacífica aos conflitos que está a xerar Adolf Hitler, cando este se dispón a invadir Checoslovaquia.


N ú m e r o

1 2

N A DA L

2 0 2 2

P á x i n a

3

AS NADADORAS (Sally O Hosaini, Gran Bretaña, 2022, 134´, Netflix) Historia da viaxe milagrosa realizada polas irmás nadadoras Yusra e Sarah Mardini, que fuxiron como refuxiadas da Siria devastada pola guerra para vivir unha nova vida en Europa e a oportunidade de competir nos Xogos Olímpicos de Río de 2016. AS NENAS DE CRISTAL (Jota Linares, España, 2022, 138´, Netflix) Irene, unha bailarina do Ballet Clásico Nacional, convértese na protagonista de ‘Giselle’ despois do tráxico suicidio dunha compañeira. Agora, sendo o branco de todos os celos e crueldades das súas compañeiras, Irene atopa unha amiga na nova bailarina, Aurora, unha solitaria adolescente dominada pola súa nai. Illadas e presionadas polo sacrificio que supón triunfar na danza, a relación de Irene e Aurora vólvese cada vez máis próxima e obsesiva. OLA, ADEUS E TODO O QUE PASOU (Michael Lewen, USA, 2022, 82´, Netflix) Baseada na novela de Jennifer E. Smith Hello, Goodbye, and Everything in Between (Headline, 2016, 256 pp.) Tras pactar que romperían antes da universidade, Clare e Aidan viven unha cita épica na súa última noite como parella. Mentres rememoran a súa relación, desde que se coñeceron ata o primeiro bico e a primeira pelexa, achéganse a un punto de inflexión en busca de respostas; deberían seguir xuntos ou despedirse para sempre? O PAÍS DOS SOÑOS (Francis Lawrence, USA, 2022, 117´, Netflix) Adaptación da obra de Winsor McCay The Complete Little Nemo (Taschen Benedikt, 2022, 704 pp.) Unha nena descobre un mapa secreto do mundo dos soños de Slumberland e, coa axuda dun foraxido excéntrico, atravesa soños e foxe de pesadelos, coa esperanza de atopar a perla que lle concederá o seu maior desexo: poder volver ver ao seu defunto pai. THE PERIPHERAL (Scott B. Smith, Alrick Riley, Vincenzo Natali; USA, 2022; 8 episodios de 60´, Prime Vídeo) Thriller de ciencia ficción baseado no libro homónimo de William Gilbson (Roca Editorial, 2017, 528 pp). Ambientada nun futuro próximo, a historia segue a Flynne Fisher, unha moza que vive nun pequeno pobo ao sur dos Estados Unidos. Flynne pasa os seus días traballando nunha imprenta, para poder axudar economicamente á súa familia. Pero o seu soldo non é suficiente para custear os medicamentos da súa nai. Isto lévaa a entrar no mundo dos videoxogos de realidade virtual, para aproveitar a súa experiencia e gañar máis cartos. 42 SEGUNDOS (Álex Murrull, Dani de la Orden, España, 2022, 106´, Prime Vídeo) A poucos meses das olimpíadas de Barcelona 92, a selección española de waterpolo ten todos os números para pasar sen pena nin gloria. Non están preparados e necesitan un golpe de efecto que chega rápido en forma de novo adestrador con fama de duro e técnicas de traballo cuestionables. Ademais, a selección conta con dous líderes enfrontados pola súa maneira de entender este deporte: Manel Estiarte e Pedro García Aguado. Mais grazas a un esforzo sobrehumano e ao traballo en equipo, demostrarán que se pode chegar máis aló de onde nunca imaxinaron.


P á x i n a

4

N ú m e r o

1 2 –

N A DA L

2 0 2 2

SER OU NON SER (Coral Cruz, Marta Pahissa; España, 2022, 25´, PlayZ en RTVE) Comedia dramática xuvenil ambientada nunha clase de bacharelato de artes escénicas. Conta a historia de Joel, un adolescente trans de 16 anos que soña en converterse nun gran intérprete, ao mesmo tempo que se enfronta aos retos emocionais do seu recentemente iniciada transición. O TELÉFONO DO SEÑOR HARRIGAN (John Le Hancock, USA, 2022, 105´, Netflix) Esta adaptación fílmica inspirada nun conto do libro de Stephen King La sangre manda (Plaza & Janés, 2020, 464 pp.) é unha mestura de intriga, terror e fantasía cuxo tema central é o acoso escolar. Conta a historia dun adolescente e a súa relación cun ancián para o que facía traballos ocasionais. Cando o home morre, o protagonista coloca o seu móbil dentro do cadaleito e, cando lle escribe unha mensaxe de texto, recibe resposta. LA VIDA PADRE (Joaquín Mazón, España, 2022, 92´) Mikel, un mozo e ambicioso chef, recibe a visita inesperada do seu pai, desaparecido fai trinta anos. Nun momento crítico para o futuro do seu restaurante, Mikel deberá facerse cargo do aloucado e imprevisible Juan, un verdadeiro furacán de vitalidade que poñerá a proba todas as súas ideas sobre a cociña e a vida. WILLOW (Jonathan Kasdan, Stephen Woolfenden, Jamie Childs, Philippa Lowthorpe, Debs Gardner-Paterson; USA, 3 capítulos de +/- 50´, Disney+) Vinte anos despois de vencer á raíña Bavmorda, o feiticeiro Willow Ufgood lidera a un grupo de inadaptados nunha perigosa misión de rescate no descoñecido. A TRAVÉS DA MIÑA XANELA (Marçal Forés, España, 2022, 113´, Netflix) Adaptación da novela homónima de Ariana Godoy (próximamente en Edicións B de Bolsillo, 416 pp.). Raquel é unha adolescente con aspiracións literarias, orfa de pai, suspira polo protagonista das súas fantasías: Ares, un dos seus veciños fillo da poderosa familia Hidalgo. Un día descobre que o mozo dos seus soños está a roubarlle a wifi, e, ao confrontalo, comeza unha relación en grao sumo inesperada.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.