Biblioxornal 67

Page 1

Número 67

Verán 2022

I.E.S. “San Paio” — Tui

B

O

L

E

T

Í

N

D

O

E

Q

U

I

P

O

D

A

B

I

B

L

I

O

T

E

C

A

Falamos de vacacións, falamos de lecturas estivais Remata outro curso máis. Sexan benvidas as vacacións!, un bo tempo para deleitarnos coa lectura sen abafos; unha época para ler porque si, porque nos gusta, porque nos peta e queremos e danos a gana, porque nos sae de dentro (como diría Celso Emilio) Se xa tes seleccionadas as túas lecturas, adiante! Se andas a busca delas, dende a biblioteca ofertámosche esta pequena guía, escolle nela, tes distintas posibilidades. Mais no só falamos de lecturas, falamos tamén de descanso, por tanto: para tod@s (lector@s e non lector@s) que gocedes dun merecido ocio para volver en setembro pletóric@s de saúde e forza! Boas lecturas e bo verán! AVENDAÑO, Alberto, Maasai, Galaxia, Vigo, 2022, 138 pp. Unha novela chea de aventuras baseada na vida de Laibon Mbatian, un dos míticos líderes espirituais do pobo Maasai. Un libro no que a beleza da sabana do leste africano contrasta cos sentimentos e a sabedoría duns personaxes que envían mensaxes eternas e necesarias. Parte do aquí narrado escoitouno o autor en Mombasa a mediados dos anos oitenta do século pasado. BARRAL PRECEDO, Miguel, Que la ciencia te acompañe. Diálogos de películas con errores científicos, Universidade de A Coruña, A Coruña, 2022, 216 pp. Se nos fiamos do cine, o noso planeta e en particular a especie humana atópanse permanentemente ao bordo da apocalipse, baixo a ameaza dunha infinidade de catástrofes en grao sumo variadas: asteroides, pandemias, terremotos, pragas… Sorte que aínda hai guionistas que se empeñan en que estas sexan unha ameaza pantasma. Coñece corenta e oito gazapos de contido científico descubertos en algunhas películas tanto clásicas como recentes. BARRAL SÁNCHEZ, José G., Cruzados polo camiño, Galaxia, Vigo, 2022, 386 pp. Cando remata 2010 comeza a estenderse en medios eclesiásticos o presentimento de que, na súa visita a Compostela, a seguridade do papa Bieito XVI podería perigar. Así iníciase unha frenética pescuda de sospeitas e indicios onde personaxes singulares conflúen para dar coa suposta maquinación. A novela traslada ao lector, sen renunciar á mordacidade, a lugares senlleiros da ruta xacobea, dando pé a un relato que entretece a arte, o ocultismo e a figura do apóstolo nunha desenfreada carreira contra as conxuras e o tempo.

BLAS, Javier e FARCHY, Jack, El mundo está en venta: La cara oculta del negocio de las materias primas, Península, 2022, 528 pp. Os autores sacan á luz un dos aspectos menos coñecidos da globalización: as actividades das empresas que compran, acumulan e venden os recursos do planeta e que moven un terzo da economía global: proporciónannos o café que bebemos, os metais cos que se fabrican os nosos teléfonos e a gasolina dos coches que conducimos e, con todo, poucas veces sabemos quen son, así como de onde proceden esas materias primas.


P á x i n a

2

N ú m e r o

6 7 –

V E R ÁN

2 0 2 2

Esta é a historia dun pequeno grupo de empresarios que se converteron nos principais actores da economía internacional. Baixo a mirada dos reguladores e as autoridades de Occidente, axudaron a Saddam Hussein a vender o seu petróleo, financiaron ás forzas rebeldes libias durante a Primavera Árabe, e permitiron que Vladímir Putin sortease estritas sancións económicas. Descoñecidos, apolíticos e con contactos en todas as esferas sáltanse embargos, leis e conflitos con tal de manter á poboación de Occidente alimentada e os andeis dos comercios cheos. Comeza a lectura: https://www.amazon.es/El-mundo-est%C3%A1venta-PENINSULA/dp/8411000753? asin=B09WBWZM8M&revisionId=67a75d41&format=1&depth=1 . BENDA-BECKMANN, Bas von, Despois do diario de Anne Frank, Faktoría K de Libros, Pontevedra, 2022, 448 pp. Moitos lemos O diario de Anne Frank mais moi poucos coñecen o que lles aconteceu despois á protagonista e aos demais habitantes da casa de atrás. Grazas a testemuñas orais de superviventes amigos, documentos oficiais e outros diarios, Bas von BendaBeckmann reconstrúe neste libro o que lles sucedeu a esas oito persoas logo do seu arresto o 4 de agosto de 1944. Un xeito de manter viva a memoria máis humana da traxedia. Empeza a lectura: https://issuu.com/kalandraka.com/docs/despoisdo-diario-g CAJARAVILLE, Héctor, Xestas Olímpicas. Escolma de relatos heroicos no mundo do deporte, (ilustracións de Antonio Seijas), Xerais, Vigo, 2022, 112 pp. Desde as primeiras olimpíadas modernas (celebradas en 1896), atopamos historias de a cabalo entre a realidade e a lenda, fazañas prodixiosas que elevan a quen as protagonizaron á categoría de héroes e heroínas. O que teñen en común os relatos destas Xestas olímpicas é o esforzo, ás veces sobrehumano, por superar unha marca, unha altura, unha distancia... pero sobre todo por superarse a un mesmo. E por servir de inspiración á xente nova que encontra no deporte o seu divertimento ou o seu modo de vida. CALLÓN, Carlos, O libro negro da lingua galega, Xerais, Vigo, 2022, 768 pp. Un detallado conxunto de anécdotas e documentación para coñecermos a represión histórica que ao longo dos séculos sufriu o noso idioma: os castigos nas escolas por falar na prohibida lingua nai (documentados desde o ano 1543 ata 1980), as multas franquistas por falar ao público en galego ou as inspeccións por esaxerado acento galego son algúns dos temas abordados nesta obra. O autor considera que "A pesar de tantos séculos de destrución, de subterfuxios, de negación, a pesar diso, aínda continuamos aquí". Cómpre coñecer o pasado para reverter o futuro – afirma Callón- cuxo libro "fala tamén de como o amor pola lingua trasladouse de xeración en xeración".


N ú m e r o

6 7 –

V E R ÁN

2 0 2 2

P á x i n a

3

CANAL, Alberto, Carolina, Xerais, Vigo, 2022, 344 pp. O relato da vinganza de quen non soporta a impunidade dos crimes e decide administrar xustiza pola man, protagonizando peripecias que poñerán en perigo ás persoas que participan no cometido. Unha destas persoas é o xornalista Tomás Abilleira, que inicia unha investigación sobre Carolina Ernau tras coñecer a Rosalía Mera, unha enxeñeira que traballou para os nazis. Carolina loita por sobrevivir nunha cruel guerra fratricida onde os gañadores, ademais de tratar de aniquilar fisicamente os vencidos, pretenden impedir que pensen e imaxinen. Unha muller que se converte en maquis e espalla a paixón polos libros, sobre todo por aqueles que a marcaron como ser humano, lidos na clandestinidade. Unha muller sobre a que penden ameazas de cadea, de tortura e de morte. DELBO, Charlotte, Ningún de nós ha volver, Rinoceronte Editora, 2022, 138 pp. Un dos poucos testemuños femininos sobre os campos nazis. A comezos de 1943, duascentas corenta mulleres, moitas delas comprometidas coa Resistencia, foron transportadas nun vagón de gando dende Francia ao campo de concentración de Auschwitz. Unha das poucas que regresou foi Charlotte Delbo quen, despois da súa liberación en abril de 1945, reconstruíu o seu recordo a partir de instantáneas daqueles días. O seu relato plasma, dunha forma poética, a voz daquelas mulleres desposuídas de identidade que souberon sosterse as unhas ás outras. Unha mostra: https://issuu.com/rinoceronte_edit/docs/ maq_delbo_ningundenos_mostra DUMONTHEUIL, Nicolas, O bosque dos raposos aforcados, Rinoceronte Editora, 2022, 144 pp. Novela gráfica baseada na obra de Arto Paasilinna (O bosque dos raposos aforcados, Rinoceronte Editora, 2018, 260 pp. Comeza a ler: https://issuu.com/rinoceronte_edit/docs/ maq_o_bosque_dos_raposos_mostra) Oiva Juntunen conseguiu fuxir co botín dun roubo mentres o seu cómplice cumpre condena. Cando este sae de prisión, Oiva foxe ás recónditas paisaxes da Laponia finlandesa para non ter que compartir a súa riqueza. Alí coñece o comandante Remes, exmilitar alcólico, e unha nonaxenaria fuxitiva, cos que vive unha serie de estrafalarias aventuras. Unha ollada: https://issuu.com/rinoceronte_edit/docs/obosque_mostra FARIÑA, Anxo, Os Megatoxos e o reto de internet, Xerais, Vigo, 2022, 192 pp. Toda a xente está pegada aos ordenadores, ás tabletas, aos móviles. Mais aos Megatoxos semella que non lles afecta ese reto que inunda as redes. Con todo, a quen non lle gustaría poder facer realidade os seus soños? Ter un aspecto diferente cada día, poder voar, facer novos amigos por todo o mundo, vivir onde se queira, experimentar emocionantes aventuras e gañar sempre... Non todo é o que parece e, ás veces, o perigo que poida axexar en Internet vólvese moi real... Le un pouco: https://www.tagusbooks.com/leer? isbn=9788411101257&li=1&idsource=3001


P á x i n a

4

N ú m e r o

6 7 –

V E R ÁN

2 0 2 2

GARCÍA LORCA, Federico, Santiago, (ilustracións de Javier Zabala), Libros del Zorro Rojo, Barcelona, 2020, 28 pp. «Balada inxenua» subtitúlase este poema xuvenil de Lorca, escrito cara 1918 e dialogado en gran parte, no que se reflicten as cándidas crenzas populares da xente humilde que soñaba e consolábase mirando ao ceo a través do acompañamento que o apóstolo Santiago fai a unha anciá campesiña. A influencia da refinada estética modernista e os elementos tradicionais xúntanse con naturalidade. A alegría silvestre dos nenos vai enfiando a balada a modo de retrouso. KANG, Han, A vexetariana, Rinoceronte Editora, 2022, 178 pp. A historia de Yeonghye (unha muller sen apenas voz que decide facerse vexetariana despois de empezar a ter soños violentos) contada por tres dos seus familiares. No primeiro relato, “A vexetariana”, un home mediocre (o marido) descobre que a súa parella está cambiando. No segundo, “A mancha mongólica”, a perspectiva é a do cuñado de Yeonghye, un artista audiovisual que non consegue sacar unha imaxe da cabeza e está disposto a todo para facela realidade. O último relato, “As lapas das árbores”, é a versión da irmá maior de Yeonghye. Para comezar: https://issuu.com/rinoceronte_edit/docs/maq_vexetariana-mostra MATLWA, Kopano, Dor menstrual, Rinoceronte Editora, 2022, 152 pp. Masechaba traballa de médica nun hospital con escasos recursos. Busca aliviar a dor allea mais ten que vencer os seus propios demos: as fortes dores menstruais, o dó polo suicidio do seu irmán e as presións dunha nai profundamente relixiosa, que trata de afastala da loitadora Nyasha, a súa única amiga. Proba un anaco da súa lectura: https://issuu.com/rinoceronte_edit/docs/ maq_dormenstrual-mostra MEJUTO, Eva, A ladroa da biblioteca de Meirás, Xerais, Vigo, 2022, 152 pp. O prohibido era excitante e aterrador ao mesmo tempo. O perigo de ser vista, o medo de que desen con ela, formaba parte dun xogo ao que Mariña estaba enganchada. Coábase na mellor biblioteca do mundo, co universo enteiro para ela arrombado nos andeis. Ata que non puidese saír da aldea, ese era, sen dúbida, o único paraíso posible. Ás veces a felicidade era tal que esquecía onde estaba e o perigo que corría. Facía mal en coller «prestados» os libros? Á familia roubáranlle a casa para facer a residencia de verán do Xeneralísimo, así que estaba no seu dereito. E ese verán pasarían tantas cousas que todo cambiaría de vez na vida de Mariña, no Pazo de Meirás e, talvez, no país enteiro... Para abrir o apetito lector: https://www.tagusbooks.com/leer?isbn=9788411101288&li=1&idsource=3001 NEIRA CRUZ, Xosé A., Por mor de cinco pizzas aos catro queixos, Galaxia (Árbore), Vigo, 2022, 156 pp. Cando Piero estaba comendo a última das cinco pizzas que apostara manducar de golpe, a súa barriga fixo pufff e os ollos se lle pecharon. Desde entón, correu a voz de alarma en toda a Comunidade. Onde estaba Piero? Só a súa curmá Bárbara e o tío Ted sabían que a desaparición de Piero non fora totalmente casual. OBIOLS, Miquel, Edadrebil. 7 contos e 1 espello (ilustracións de Miguel Calatayud), kalandraka, Pontevedra, 2022, 118 pp. Un can, que non sabe ladrar, namorado da lúa, un home do saco sen nenos que asustar, unha familia que viaxa por unha autoestrada do tempo... son algúns destes sete relatos, divertidos, transgresores e surrealistas, que nos convidan a formar parte da obra. Para descifrar o último conto, cómpre un espello que acompaña o libro! Todo un canto á liberdade creativa, considerado unha das mellores obras da literatura infanto-xuvenil do século XX. Para ir lendo: https://issuu.com/kalandraka.com/docs/edadrebil-g


P á x i n a

5

N ú m e r o

6 7 –

V E R ÁN

2 0 2 2

QUESADA, Mª Antonia, O segredo de Caaveiro, Baía Edicións, 2022, 200 pp. Que ocultan as fragas do Eume? Que aconteceu alí hai douscentos anos? Paloma, Paula e Álex, o seu curmán, van pasar as vacacións xunto da súa amiga Uxía. Teñen pensado facer excursións e ir á praia, mais o verán será moi distinto a como os catro imaxinaran. A familia de Uxía fai fronte a unha grave dificultade pola que os seus veciños se puxeron a mal con eles. Mentres pensan como poderían axudar a Uxía, os nenos atopan nunha antiga biblioteca un libro cunha estraña mensaxe de auxilio que os levará ata as fragas do Eume. Na súa pescuda os rapaces farán unha viaxe extraordinaria polo tempo e coñecerán a terríbel historia das persoas que viviron na casa de Montenegro, onde eles veranean cos seus avós. Estes achados poden dar un xiro radical á investigación policial sobre un crime. Os perseguidos no pasado seica poden dar saída ós problemas da familia de Uxía.

REY NÚÑEZ, Mª Carmen, Mulleres, Toxosoutos, 2018, 290 pp. Unha historia centrada nas vidas de varias mulleres e en como se fan coas rendas da súa existencia arrepoñéndose a todo ao que o mundo as condenou. Mulleres que levantan a cabeza, que saen adiante polos seus propios medios, mulleres que se enfrontan aos seus medos e que conquistan un futuro mellor sacando as unllas, erguendo a voz. VÁZQUEZ, Pablo, Son da cidade. O libro da música Viguesa no noso século, (ilustracións de Denis Caballás), Galaxia, Vigo, 2022, 128 pp. Dunha maneira atractiva, amena e accesible a todo tipo de públicos, este ensaio ilustrado pretende divulgar o panorama actual e descubrir a que soa Vigo, unha cidade cunha importante tradición musical. Xa antes da coñecida Movida dos oitenta, a cidade olívica acolleu talentosos artesáns do son; tamén na actualidade conta cun potente elenco de artistas musicais de referencia nos seus respectivos estilos. Un repaso a case medio cento de músicos locais, dende o rock ao trap, pasando polo folk, reggae e iazz. VIGO, Ana, Erica, Galaxia, Vigo, 2022, 144 pp. Erica debido a unha estraña enfermidade non pode soñar mais sabe que ten un talento natural para xogar cos soños na Realidade. Grazas aos seus amigos, Dalia, Hadri e Agata (uns nenos que a levan á “mansión”: un lugar fantástico no que atopará un mundo paralelo, Morfeonía, habitado por espíritos), coñece a necesidade de equilibrio entre os reis de Morfeonía, Soño e Pesadelo, baixo as ordes da Grande Imperante. VV. AA., Mulleres imprescindibles. Educadoras na vangarda do século XX, kalandraka, 2022, 224 pp. Monografía que pon de relevo o legado de nove mestras (Rosa Sensat, María Barbeito, María de Maeztu, María Luísa Navarro, María Sánchez Arbós, Justa Freire, Elbira Zipritia, Marta Mata e Carme Miquel) con historias de vida singulares, mais que compartiron unha orientación social reformadora, unha grande inquedanza e preocupación pola formación do profesorado, así como un fondo compromiso coa educación e cos valores humanistas. Para ir lendo: https://issuu.com/kalandraka.com/docs/mulleres-imprescindibles-g/18 ZAPICO, Alfonso, La guerra del profesor Bertenev, Dolmen, Palma de Mallorca, 2020, 78 pp. Esta historia (ambientada en Moscova en 1856, en plena Guerra de Crimea, cando o exercito ruso está a loitar contra o británico) presenta as aventuras e desventuras de León Bertenev, un profesor de escola, enviado á fronte como castigo pola súa participación nunha publicación clandestina contra o tsar. En plena batalla decide abandonar e fuxir, pero é apresado e trasladado a un campo de prisioneiros, punto de partida da trama principal coa que o autor consegue facer sentir ao lector as inquietudes do protagonista (a súa loita interna como presunto traidor, as contradicións, os seus medos, a relación de amizade que aumenta día a día con quen en principio é o seu inimigo...) Un interesante fresco que plasma o comportamento humano en situacións límite.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.