Nadal: tempo de lecturas

Page 1

Número 68

Decembro 2022

I.E.S. “San Paio” — Tui

B

O

L

E

T

Í

N

D

O

E

Q

U

I

P

O

D

A

B

I

B

L

I

O

T

E

C

A

Escribir o Nadal

Remata o ano, chegan as vacacións de Nadal, tempo para escribir bos propósitos e boas verbas, tempo de lecer e de ler, tempo de amigos invisíbeis e agasallos recíprocos. Por iso, un ano máis, ofrecémosvos esta pequena dose de lecturas para todo tipo de gustos e idades, para o teu gozo privado ou para compartir. En calquera caso e, por riba de todo, con lecturas ou sen elas, non deixemos de escribir nos nosos cadernos e nos nosos corazóns os mellores devezos para estes días e para todo o vindeiro Aninovo. Bo Nadal e que o 2023 traía paz e felicidade a esgalla! ANIDO REGUEIRO, Rubén, Os derradeiros días de Ulises e Penélope, Medulia, 2022, 130 pp. Ulises apoiou o seu corpo contra a vella maceira lindeira coa horta e volveu suspirar, agora máis disimulado. Miraba o infinito por riba das fabas e das plantas dos tomates, relucentes como boias nun mar ao sol. -Na terra hai unha certeza: por ela non anda Poseidón. Non hai nave que gobernar nin tampouco tripulación. Simplemente vive aquí un vello piloto e a súa derradeira esperanza no mundo, Penélope. “Unha breve refolada de aire cruzou a través das árbores e moveu a herba axitándoa lixeiramente. Era un aire algo salobre, dun mar só intuído, vagaroso, con algo de pintura difuminada sobre un lenzo imaxinario. Moveu os cabelos brancos dun Ulises velleiro e coa mirada vidrosa, como un océano sen apenas brillo. Penélope reparou nas súas propias mans, outrora dunha fineza de cristal e agora tornadas en algo semellante a un coiro vello, sen rastro do que foran cando, áxiles, se dedicaban a tecer e destecer, sempre incansábeis” (Rubén Anido) BLANCO, Isabel, Galegas nas artes, (ilustracións de María Lapido), Belagua, 2022, 52 pp. “No mundo da arte, as mulleres viviron durante séculos silenciadas e ignoradas. Ata finais do século XIX as mulleres artistas só foron aceptadas como artesás, un status social afastado do recoñecemento público, do prestixio e da Academia, á que non accederon ata case principios do século XX. Tratábase de fillas ou irmás de pintores e escultores, que aprendían con eles nos talleres familiares. Só se pertencían ás clases máis adiñeiradas, as mulleres con inquietudes artísticas tiñan como mestres a artistas varóns consagrados e chegaron a ter éxito como damas da Corte con recoñecemento internacional. De calquera xeito, a dependencia dos homes por parte das mulleres artistas era absoluta... neste libro... percorremos as rutas biográficas de 21 mulleres galegas do mundo das artes plásticas e visuais (fotógrafas, pintoras e escultoras) nacidas entre o final do século XIX e a metade do século XX, cuxos recoñecementos —cando os houbo— chegaron en moitas ocasións tarde, e sempre detrás dos recibidos polos artistas varóns” (Isabel Blanco)

CAJARAVILLE, Héctor, Francisco Fernández del Riego. O legado silanderio, Xerais, 2022, 88 pp. As vésperas do ano cuxo día das Letras lle adicaremos é un bo momento para introducirnos na vida e obra de don Paco, un dos principais dinamizadores do galeguismo cultural, un home comprometido coa recuperación do status do galego como lingua de cultura, unha ponte entre o galeguismo do exilio exterior e interior e as novas xeracións de galeguistas e un dos promotores do día das Letras como data de homenaxe a nosa cultura.


P á x i n a

2

N ú m e r o

6 8 –

d ec em b r o

2 0 2 2

CANDIA, Bibiana, Azucre, (ilustracións de Xosé Cobas), Kalandraka, 2022, 198 pp. Relato novelado da auténtica historia de mil setecentos rapaces que viaxaron a Cuba para traballar e terminaron vendidos como escravos por obra de Urbano Feijóo de Sotomayor, un galego afincado na illa que, aproveitando a situación de necesidade dos seus compatriotas, substituíu a man de obra levada desde África por galegos. Estas páxinas, afastadas de informes oficiais, dan voz aos silenciados deste terrible suceso que no seu momento constituíu un enorme escándalo. A mediados do século XIX as malas colleitas e unha epidemia de cólera fan estragos entre a poboación galega. Orestes, o Tísico, o Rañeta e Trasdelrío, o Comido, Tomás o de Coruña e moitos outros rapaces que buscan un futuro mellor para eles e as súas familias deixan os seus fogares e marchan a Cuba para traballar nas plantacións de cana de azucre. Mais esa viaxe tenlles reservado un calvario que endexamais serían capaces de imaxinar. CASTROVIEJO, Concha, O xardín das sete portas (ilustracións de María Lapido), Belagua, 2022, 144 pp. Catorce contos e unha obra teatral conforman esta obra, notable contribución á literatura xuvenil do seu tempo dunha autora que, malia ser unha das máis destacadas narradoras da posguerra española, permanece silenciada e, na súa terra, Galicia, ignorada. O talento de Concha Castroviejo revélase neste libro con pasaxes de atraínte prosa poética. COSTAS, Ledicia, A lebre mecánica, Xerais, 2022, 186 pp. Obra que fala sobre o tránsito á idade adulta, sobre aprender a deixar persoas atrás, sobre as rupturas sentimentais e a amizade, e sobre a ludopatía na adolescencia. A relación entre Nana e Corvo está en horas baixas. Conseguiran construír un mundo no que o compartían todo: películas, música, manga, videoxogos... Non querían separarse nunca. Pero iso era antes. Agora Corvo desaparece e non conta onde vai. Cando Nana lle pregunta que lle pasa, enfádase. Na súa cuadrilla ninguén entende que lle sucede. Desde que empezou a apostar en serio, parece outro. O que antes era pura diversión converteuse nun pesadelo. Case sen darse conta, Corvo acaba metido nunha rede de problemas da que parece imposible saír. DEFOE, Daniel, Diario do ano da peste, Galaxia, 2022, 304 pp. A peste asolou Londres e a súa contorna entre 1664 e 1666; Daniel Defoe, que sobreviviu a ela con cinco anos, convértese en testemuña dos comportamentos humanos máis heroicos pero tamén dos máis mezquinos: servos que coidan abnegadamente dos seus amos, pais que abandonan aos seus fillos infectados, casas tapiadas cos enfermos dentro, ricos fuxindo ás súas casas de campo e estendendo a epidemia máis alá das murallas da cidade. Heroes, negacionistas, viláns, rexoubeiros e acaparadores pululan nesta narración que hoxe, tras a pandemia da covid19, está máis de actualidade que nunca, e que volve demostrar que a condición humana pouco mudou co paso do tempo. DOMÍNGUEZ, Santiago, Cando choraron as Cíes, Galaxia, 2022, 186 pp. Cando acaban de cumprirse vinte anos do desastre do Prestige, Santi Domínguez nesta especie de diario persoal preséntanos aquelas datas nas que o noso mar negrexou e unha marea branca de voluntarios traballou arreo para desagravialo e berrou “Nunca máis”. Un libro que contén os testemuños de homes e mulleres que, coas súas mans e o seu alento, foron capaces de defender o noso medio mariño. DORREN, Gastón, Lingo. Guía de Europa para turistas lingüísticos, Rinoceronte, 2022, 282 pp. Unha inédita visión de Europa a través das peculiaridades das súas linguas e dialectos. Gaston Dorren mestura a lingüística e a historia cultural e acompáñanos nun fascinante circuíto polo continente, desde o protoindoeuropeo (o antepasado común das linguas europeas) ata o triunfo do inglés, pasando polas complexidades dos plurais do galés e a pronuncia checa. Polo camiño aprenderemos por que o esperanto non prospera, que lles sorprende máis aos estranxeiros que tentan aprender español ou por que o finés é o idioma europeo máis fácil de aprender.


N ú m e r o

6 8 –

d ec em b r o

2 0 2 2

P á x i n a

3

ERNAUX, Annie, La vergüenza, Tusquets, 2022 (2ª ed.), 126 pp. Cando a última nobel de literatura tiña doce anos foi testemuña da tentativa do seu pai de matar á súa nai. Anos despois, esa escena preséntaselle á autora tan diáfanamente cruel como o día en que a viviu. Como en tantas outras familias, os seus pais, que se odian entre si, adoran en cambio á nena, polo que, mentres pasan os días e o esquecemento invade o fogar, o recordo daquel domingo parece converterse nun mal soño. Con todo esa escena cambiou para sempre á escritora: aquela nena e a súa familia «deixaran de ser xente decente», e todo pasara a ser vergoñoso. Annie Ernaux percorre desde os códigos de conduta e as normas sociais que imperaban na súa contorna, ata as noticias do momento, as expresións máis usadas ou o temor que infundían as grandes cidades, para calibrar con exactitude ata que punto o ocorrido fíxoa sentirse indigna. LEIRA, Rocío, Cicuta para dous, Xerais, 2022, 104 pp. “Búscase persoa curiosa para resolver crime que aínda non se cometeu.” A aparición desta mensaxe na sección de anuncios por palabras dun xornal esperta a atención de Erundino Terrón, un filósofo solitario e rosmón. Xunto coa súa secretaria Irma, verase inmerso nunha investigación que o levará a desentrañar as mensaxes cifradas que chegan cada mañá nas páxinas do diario. Unha investigación chea de humor e intriga que che descubrirá a cara máis sorprendente da filosofía e na que, buscando respostas, tan só atoparás preguntas. LÓPEZ, Nazaret, Pecados veniais, Xerais, 2022, 216 pp. Vinganza, traizón, envexa, ira, mentira, luxuria, avaricia. Casualidades e causalidades. Faltas máis ou menos graves, erros fatais. Coma elos dunha mesma cadea, as mulleres que transitan por esta novela teñen en común a circunstancia de que nun intre da súa vida algo as leva a tomar decisións, a adoptar condutas, a converterse en protagonistas de sucesos que xamais imaxinaron representar. Esta escolma de historias enfiadas, non exentas de humor acedo, pon o foco na traseira desas situacións, esperadas ou inesperadas, que de socate cambian a vida de quen as padece. Os abusos a menores, o acoso no traballo, a precariedade laboral, o dereito a ter unha vivenda, a decidir ser ou non ser nai e a elixir profesión por riba do xénero son asuntos que pairan tamén sobre esta historia. Unha historia que retrata a sociedade hostil en que vivimos e que fai aínda máis vulnerables as mulleres. LÓPEZ SILVA, Inma, Quen non ten un avó fascista?, Galaxia, 2022, 254 pp. Libro que oscila entre a memoria familiar, a ficción e o relato histórico a partir da vida do propio avó paterno da autora, alcalde franquista dun pequeno concello rural. A través del, cóntasenos unha historia que se centra nos perdedores e foxe do aspecto heroico que tan a miúdo constrúe a nosa lectura da guerra e a ditadura, retirando o foco daqueloutra maioría que, simplemente, sobrevivía como podía. Unha narraciòn orixinal da historia política da Galicia da segunda metade do século XX, dando unha explicación aos silencios, temores e vergoñas que, así, se converten en motivo literario de categoría. MACEDA, Beatriz, As Sentinelas do Silencio, (ilustracións de Laura Veleiro), Xerais, 2022, 192 pp. Un canto á natureza e ao mundo rural. Iria ten que deixar a vida urbana para mudarse cos seus pais ao campo, a un lugar chamado Malvela. Alí a súa vida semella perder todo o sentido. Mais, pouco a pouco, irá coñecendo unha comunidade de persoas especiais que, dotadas de cadanseu don, van ensinarlle outra maneira de estar no mundo, moito máis consciente. Todas elas teñen en común unha curiosa característica: calzan un zapato de distinta cor en cada pé. Iria descubrirá que ese distintivo é o que identifica os membros dunha sociedade creada en Malvela: “As Sentinelas do Silencio”.

MACEIRAS, Andrea, Que me pare o corazón se te esquezo, Xerais, 2022, 224 pp. Blue Shiva é a deusa das redes sociais. Na súa popular canle aparecen os retos virais máis arriscados. Mais tamén é unha deusa fráxil. A noite en que decide camiñar polo bordo dun edificio de dez andares, só desexa que a chuvia deteña a súa ousadía. Porén, Nordestal é unha cidade ventosa, e Blue Shiva precipítase ao seu propio abismo. Axiña as redes sociais difunden a nova da súa morte. Do outro lado da pantalla, Ada, que non concibe a Blue Shiva morta, pídelle axuda á súa irmá xemelga, Lúa, e convértea en cómplice involuntaria. Pola súa banda, Gabriel regresa a Nordestal guiado polos latexos do seu corazón.


P á x i n a

4

N ú m e r o

6 8 –

d ec em b r o

2 0 2 2

MIGUEL, Ana de, Historia ilustrada de la teoría feminista, (ilustracións de Marta de la Rocha), Melusina, 2018, 124 pp. Exposición, clara e apoiada en ilustracións, das ideas principais das teorías feministas ao longo de máis de dous séculos de historia. A «apaixonada viaxe» das mulleres cara á autonomía é tamén a apaixonada viaxe cara a un mundo máis xusto e igualitario para todos. As teóricas e teóricos feministas souberon articular e unir a súa causa a outras moitas: contra a escravitude e o racismo, contra o capitalismo, contra a homofobia, contra a destrución do planeta. O espírito que anima o libro é a certeza da profunda relación entre teoría e práctica que existe no feminismo… para a autoconciencia, para comprender como se reproduce a desigualdade en sociedades como a nosa, formalmente igualitarias e comprometidas co valor da igualdade, para desarticular as continuas e diversas lexitimacións da desigualdade. MIRANDA, Anisia, Mitos e lendas da vella Grecia, Galaxia, 2022, 158 pp. Obra, editada primeiro en castelán (Cuba, 1966) e traducida a nosa lingua por Neira Vilas (1983), na que Anisia Miranda presenta dun xeito ameno, didáctico e fluído, unha fermosa selección dos principais deuses e heroes do Olimpo, de antigas crenzas e de lendas que conforman a base da cultura e da mitoloxía da Hélade, alicerce da occidental, coa pretensión de achegala á xente nova nos seus aspectos máis fundamentais. Un texto divulgativo e ben documentado, moi acaído para un público infantil. MONTEIRO LOBATO, José Bento Renato, A Chave do Tamaño, Hércules, 2022, 208 pp. A travesa boneca Emilia, movida polo desexo de pór fin á Segunda Guerra Mundial, desconecta a Chave do Tamaño na "Casa das Chaves", e realiza así "a cousa máis colosal xamais acontecida no mundo": reduce a todos os seres humanos (e só a eles!) a un tamaño minúsculo, próximo ao dos insectos. O seu xesto desencadea incribles consecuencias e obriga aos diminutos seres humanos a reorganizar todos os seus hábitos, prácticas e a súa visión de mundo. PLUTARCO, Escritos sobre as mulleres, Rinoceronte, 2022, 112 pp. Este libro recolle tres tratados: Preceptos matrimoniais, Excelencia das mulleres e Máximas de mulleres espartanas. O único papel que se lles recoñecía ás mulleres no mundo antigo era o que desenvolvían dentro da casa, como esposas, nais e administradoras e organizadoras das cuestións domésticas. Co argumento da súa incapacidade para calquera actividade desenvolvida máis alá dos muros do fogar, foron excluídas da vida pública, non tiveron acceso á educación e viviron no anonimato. Non deixa de sorprender que, no medio deste panorama no que a lei lexitimaba a inferioridade da muller, Plutarco lle dea un papel tan importante nalgunhas das súas obras, considere conveniente o seu acceso á educación, aconselle a súa participación en ámbitos non tradicionais e recoñeza nela calidades que para o común da xente eran exclusivas dos varóns. REGA JUL, Irene, A malferida, Galaxia, 2022, 212 pp. Mariña, unha rapaza de catorce anos, é vítima de acoso escolar. Desexa pasar desapercibida, ser invisible aos ollos dos seus acosadores, pero a escalada de violencia increméntase día a día, mentres segue atrapada nunha situación da que ninguén parece decatarse. Hai quen mira para outro lado e hai quen non quere ver, ata que unha tarde desaparece. Azucena, a nai, denuncia a súa ausencia e a policía investiga coa esperanza de atopar a Mariña con vida. O medo domina agora a vila, tamén a aqueles que se saben culpables. É tempo de descubrir segredos, de poñer voz aos silencios interesados. RIVEIRO COELLO, Antón, Días de intemperie, Galaxia, 2022, 120 pp. Ambiente de guerra ou represión en diferentes partes do mundo. O autor pon aos seus personaxes en situacións límite e déixaos a intemperie. Os coidados, a fidelidade, a homosexualidade, a covardía, a vinganza, a suplantación de identidade, o amor polos libros, o contrabando ou a orfandade son algúns dos temas que compoñen este libro estremecedor.

TURIEL, Antonio, Sin energía. Pequeña guía para el Gran Descenso, Alfabeto, 2022, 120 pp. Pandemia, crise de subministracións, falta de chips, inflación, guerra, seca, cambio climático, crise enerxética... As noticias son cada día máis preocupantes; parece que entramos nunha espiral de decadencia e miseria. Canto máis poderemos aguantar? É certo que o colapso é inevitable? A Petrocalipse xa chegou. O descenso enerxético é unha realidade apremiante e que anticipa un futuro moi escuro. Se queremos prevalecer, se queremos evitar o colapso, necesitamos facer moitos cambios, desde o sistema produtivo ata o modelo de sociedade. E ter unha guía para entender que está a pasar agora mesmo, por que e como evitar o peor.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.