Biblioxornal 24

Page 1

Número 24

Verán 2011

I.E.S. “San Paio” — Tui

B

O

L

E

T

Í

N

D

O

E

Q

U

I

P

O

D

A

B

I

B

L

I

O

T

E

C

A

Tras nove meses traballando cos libros por obrigación Tres trimestres de lecturas forzadas nas aulas e nos fogares, nas materias troncais e nas optativas, nas disciplinas de letras e de ciencias, sempre coa espada de Damocles de ser cualificado, de render contas nos exames ... mais agora adeus libros aburridos, adeus lecturas impostas e causantes de indignación; é tempo de descansar porque

chegan as vacacións un par de meses para gozar da natureza, para xogar, para durmir, para viaxar, para facer novas amizades e novas lecturas tamén porque as vacacións son

un tempo para os libros por devoción para esas lecturas pendentes e desexadas, solitarias ou compartidas. É posible que xa as teñas escollidas, se non é así queremos compartir contigo estas suxestións. Oxalá algunhas concorden cos teus gustos, hainas pensadas para os devoradores de libros e para os pouco lectores, para os amigos dos clásicos e para os entusiastas das novidades, para os seguidores dos temas actuais e para os que prefiren habitar os mundos da fantasía... Para lectores e non lectores, para tod@s Bo verán! ABADÍA, Leopoldo, La hora de los sensatos, Espasa Calpe, Madrid, 2010, 208 pp. Neste novo e esperado libro, Leopoldo Abadía dános as claves para que, unha vez entendida a crise, poidamos saír airosos dela. De forma sinxela e amena, como nos ten afeitos Abadía, aconséllanos como afrontar estes tempos difíciles, para soportalos o mellor posible. Desvélanos solucións económicas que podemos aplicar ao día a día.

ALONSO PÉREZ, Xulio, De vivos e de mortos, Ir Indo, Vigo, 2008, 184 pp. Historias breves e concisas, moitas baseadas na observación de feitos reais; trasnadas que, unhas veces, resultan desatinadas e alegres e, noutras ocasións, están cheas de tristura e saudade. Maxia e fantasía misturadas coa realidade cotiá e con esa imprecisión e dobre sentido dos galegos.

AYLLÓN, José Ramón, Palabras en la arena, Palabra, Madrid, 2007, 252 pp. Vigo. Borja Aguirre é un adolescente de 17 anos, ten bos amigos e unha «máis que amiga» . Gústalle o deporte e a lectura, quere ser xornalista e comeza a escribir un diario no que relata as súas vivencias a Ana Frank. A súa relación con rapazas, como Marta ou Pomba, ás que coñece nas súas vacacións en Baiona, ou as súas reflexións sobre o sexo e o amor son contadas por un rapaz apaixonado. Ten moitas dúbidas mais, ao comezar o novo curso, chega ao Instituto unha rapaza que conseguirá poñer un pouco de orde na cabeza e no corazón de Borja.

BEROY, J. Mª, GUIRAL CONTI, Antoni, POLLS, J. Mª, Detectives audaces. El misterio de la casa tramposa, Faktoría K de Libros, Vigo, 2006, 60 pp. Se gustas do cómic esta pode ser unha das túas lecturas. Yuki crea ao robot Bio. Con el e outros acompañantes a moza Yuki vive unha apaixoante aventura; que segredo esconde a Casa Encantada?, saltando do tempo real ao ficticio descobren que nada é o que parece e que a vinganza pode estar en mans de quen menos se pensa.


P á x i n a

2

N ú m e r o

2 4 –

V E R Á N

2 0 1 1

CALVO, J. L., GEGÚNDEZ, C., O negro leite da aurora. Viaxe á xeografía lírica de Lois Pereiro, Toxosoutos, 2011 Obra que presenta unha cronobiografía, un percorrido polo labor literario, unha completa bibliografía e unha escolma de poemas de autores como Lino Braxe, Marica Campo, Manolo Rivas ou Xulio L. Valcárcel dedicados ao autor homenaxeado este ano no Día das Letras.

CASTAÑO,Yolanda (coord.), Cociñando ao pé da letra, Galaxia, Vigo, 2011, 184 pp. Literatura e cociña, escribir e cociñar son verbos relacionados. Saborea as palabras escritas e ben cociñadas para este libro por Anxos Sumai, Helena Villar Janeiro, Celso F. Sanmartín, Carmen Blanco, Rosa Aneiros, Lupe Gómez, Fina Casalderrey, Xavier Rodríguez Baixeras, Marga do Val, Xabier P. Docampo, Xosé María Álvarez Cáccamo, Chus Pato, Xavier Castro, Xabier Cordal, Lucía Aldao, Marica Campo, Agustín Fernández Paz, Cándido Pazó, María Reimóndez, Antón Lopo e Manuel Lourenzo.

CUNQUEIRO, Álvaro, As crónicas do Sochantre, Galaxia, Vigo, 2008, 176 pp. Tempos da revolución francesa. O Sochantre Pontivy viaxa polos camiños da Bretaña acompañado dunha estantiga contadora de historias, historias de misterio e crime. Todo un clásico que cómpre reler no centenario do seu autor.

DOMÍNGUEZ ALBERTE, X. C. (coord.), En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova, Toxosoutos, 195 pp. A pluma de moitas autoras e autores galegos en contra da tentativa de privatización da parte do mosteiro de Celanova que ocupa o instituto, un ben que é patrimonio de todos e que está destinado ao seu mellor uso, a formación pública. A voz clara da cultura contra os escuros intereses da especulación.

ECO, Umberto, El cementerio de Praga, Lumen, Barcelona, 2010 Intriga, datos históricos, personaxes cautivantes perfectamente delineados, un paseo pola historia europea. O capitán Simonini redacta as súas vivencias. Historias de todos coñecidas: o caso Dreyfuss, Garibaldi, o antisemitismo... Un relato que mestura base histórica e ficción.

FARR, Michael, Tintín y Cía., Zendrera Zariquiey, Barcelona, 2008, 131 pp. Estudo pormenorizado sobre os doce personaxes máis importantes que participan nas aventuras de Tintín, a súa evolución, as súas características, as fontes nas que bebeu e se inspirou Hergé. Un libro con moitas ilustracións, moi aconsellable para os tintinmaníacos.

FERNÁNDEZ FLÓREZ, W., O bosque animado, Xerais, Vigo, 2009, 297 pp. Historias dos habitantes da fraga de Cecebre (Cambre): Fendetestas, Xeraldo, Hermelinda, Pilara, Marica etc., dos aparecidos ou fantasmas que pasean polo bosque: a alma en pena de Fiz Cotobelo e por suposto de Hu-Hu e as súas moscas, do clan dos gatos ceibes, ou das árbores que cren que un poste de telégrafos é unha compañeira delas. Novela fantástica na que latexa a vida da xente, da multitude de animais e plantas que constitúen o mundo inesquecible da fraga...


N ú m e r o

2 4 –

V E R Á N

2 0 1 1

P á x i n a

3

FERNÁNDEZ PAZ, Agustín, Non hai noite tan longa, Xerais, Vigo, 2011, 268 pp. Gabriel Lamas regresa a súa vila natal coa morte da súa nai. Pasou moito tempo máis non poderá fuxir do seu pasado, as vellas feridas seguen abertas. Lectura que ofrece unha minuciosa indagación moral e unha ácida ollada crítica sobre a nosa sociedade en dous momentos históricos cercanos: os últimos anos da ditadura e os primeiros do século XXI e que propón unha mensaxe de confianza no futuro e na recuperación da dignidade das persoas. Unha novela para non quedar indiferente.

FORTEY, Jacqueline, Grandes científicos, S.M., Madrid, 2008, 72 pp. Quen dixo: «Un mundo novo abriuse para min, o mundo da ciencia» ou «Se puiden ver máis lonxe, foi subindo a ombros de xigantes»?. Para ter resposta a estas preguntas e poder coñecer mellor a vida e os máis importantes descubrimentos e investigacións de científicos dende a antigüidade ata os nosos días le este pequeno e ameno libro.

GARCÍA LÓPEZ, X. M., Pegadas nun labirinto baleiro, Baía Edicións, A Coruña, 2011, 390 pp. Unha obra que conxuga realismo fantástico e novela negra. O inspector policial Ribeiro, amigo do xogo, do alcohol e do mundo da noite, non está ben visto entre os seus compañeiros. Un día recibe o encargo dunha investigación estraña: nos montes da vila de Lenzo aparecen corpos que se afastan do aspecto dos cadáveres deixados polos asasinos convencionais, corpos metamorfoseados, como se fosen o soporte onde o asasino deixa a súa pegada artística.

GLATTAUER, Daniel, Contra el viento del norte, Alfaguara, Madrid, 2010 A novela do verán. Emi e Leo, dous habitantes da mesma cidade, caen fulminados de amor un polo outro a raíz do seu intercambio de correos electrónicos. Diálogos cargados de ironía, sarcasmo, ás veces acedos, outras moi doces..., personaxes que nos atrapan. Unha refinada variación electrónica da novela epistolar clásica.

GUILLÉN, Nicolás, El Gran Zoo, Libros del Zorro Rojo, Barcelona, 2009, 60 pp. A realidade depende dos ollos de quen a observa, é a mensaxe que busca transmitirnos o poeta cubano neste pequeno libro con boas ilustracións. Moitas das cousas que vemos son en verdade animais, como a lúa, a guitarra ou o mar Caribe.

HAWTHORNE, Nathahiel, La letra escarlata, Debolsillo, Barcelona, 2009, 255 pp. Un clásico da literatura norteamericana decimonónica que conta o calvario de Hester Prynne, acusada e condenada a levar o símbolo das adúlteras pola puritana sociedade de Nova Inglaterra. Novela psicolóxica que conxuga moralidade, metáfora e simbolismo.

KIEVE, Paul, Hocus Pocus. Una novela sobre magníficos magos y sus asombrosas hazañas, Alfaguara, Madrid, 2009, 314 pp. A comezos do século XX magos como Houdini, Ching Ling Soo, Le Roy ou David Devant popularizaron a maxia. Coñece algúns dos seus trucos e, se queres afondar no tema, déixate guiar pola bibliografía que suxire esta novela e goza coa reprodución dalgúns dos carteis que publicitaban os espectáculos máis exitosos.

NEIRA VILAS, X., A muller de ferro, Galaxia, 2010 (ebook). Contos simbólicos. No primeiro relato “a muller de ferro” alude aos cartos que están recluídos nun templo: o banco. Relatos breves, alegorías do pobo galego nas que se emprega, ás veces, o mundo rural.


P á x i n a

4

N ú m e r o

2 4 –

V E R Á N

2 0 1 1

PEPIN, Raynald, Más allá de las apariencias, Océano, Barcelona, 2009, 173 pp. Obxectos domésticos e xestos cotiáns agochan numerosos fenómenos físicos, químicos ou biolóxicos. Da man dun estilo ameno e didáctico, este libro (que oferta tamén experimentos e curiosiadades históricas) mostra unha nova dimensión da cociña, a alimentación, a hixiene, o corpo humano, a escola ou a televisión, relacionando o día a día con nocións científicas básicas.

PORTELA YÁÑEZ, Charo, Valentín Paz-Andrade. Escritor, xornalista e poeta. Avogado, político e empresario, Ir Indo, Vigo, 1999, 68 pp. Un primeiro, breve e completo percorrido pola vida e correspondencia do escritor proposto para o Día das Letras 2012, ilustrado cos gravados e retratos feitos por amigos como Castelao, Seoane ou Maside.

PRIETO, Esther, Avó Ismail, Sotelo Blanco Edicións, 2011, 83 pp. Retrato dos palestinos que choran a terra perdida e os mortos deixados atrás. Canto á beleza dunha terra e dos seus habitantes. Un símbolo: o deserto do Neguev, residencia dos beduínos, pastores nómades acostumados a perder, tras o exilio forzoso, a través desa longa peregrinación pola terra requeimada ata chegar aos campos de refuxiados construídos pola ONU nos arredores de Ammán, onde viven, canda o resto dos palestinos refuxiados, o protagonista da novela, o vello Ismail, que representa o pasado, e Nader, o seu neto, esperanza dos palestinos actuais.

RHUE, Morton, La Ola. El experimento en la clase de Historia que fue demasiado lejos,Takatuka, Barcelona, 2010, 158 pp. Novela baseada en feitos reais, sucedidos nun instituto de California en 1967. Nunha clase farase un experimento sociolóxico e psicolóxico. Despois de ver unha película sobre o xenocidio que os nazis fixeron cos xudeus, o profesor proponse dar aos seus alumnos unha lección práctica. Por este motivo, comeza a inculcar neles nocións tan fortes de disciplina e pertenza a unha comunidade, que os mesmos rapaces e rapazas se converten nunha célula de ideoloxía fascista, coñecida como «La Ola».

ROTHFUSS, P., El nombre del viento, Debolsillo, Barcelona, 2011, 880 pp. Na historia do protagonista encontraremos o valor da amizade, maxia por todas partes, música integrada na historia mesma e poesía, a vida mesma vista en forma poética. Kvothe, o protagonista, ten un carisma irresistible, as súas capacidades e virtudes están por riba da media, mais non é o típico heroe omnipotente, verémolo fracasar, chorar, ser ferido e vencido. É un heroe humano, cos seus defectos e virtudes, cos seus logros e fracasos.

SIERRA I FABRA, Jordi, El caso del loro que hablaba demasiado, Siruela, Madrid, 2011, 332 pp. Berta, filla de Cristóbal Mir, decidiu seguir coa axencia de detectives do seu pai porque necesitan cartos, pero ela non ten licenza, e ademais o traballo escasea. Pronto terá un caso que non é tan simple como pode parecer nun primeiro momento: á viuva octoxenaria Claudia Parets roubáronlle o seu loro. A medida que se afonda na investigación aparece unha truculenta historia familiar... Berta arrastrase sen decatarse ás poutas da maior mafia europea dedicada ao tráfico de animais en perigo de extinción.

TOBERY, Lea, Resurrección, Xerais, Vigo, 2011, 267 pp. Emma, case morta, coñece a Ethan. Volta á vida, Ethan esvaécese; que era?: un soño, un anxo, un médium?. Axudada polas amigas, Emma comezará unha busca que a levará a segredos e sorpresas inimaxinables...


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.