Barrios 178

Page 1

Ascensores para a Cruz Alta A provincia prepárase para o Entroido 2023. // Ourense acolleu o Campionato de España de Karate. // A Cruz Alta contará con dous ascensores para evitar a forte pendente. Número: 178 - Ano: XVI - 26 de xaneiro de 2023 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 OURENSE Páx.3 VERÍN Páx.10 XINZO Páx.6 CELANOVA Páx.7 A oficina de turismo atendeu a unhas 34.000 persoas durante o ano 2022 As xornadas de Novela Negra celebraranse este 27 e 28 no Auditorio O Centro Comercial Ponte Vella lanza unha promoción para a pista de xeo Xinzo perfila uns orzamentos de 2023 de algo máis de 8 millóns de euros O programa ÚNICO - Banda Ancha dará cobertura a 4.000 fogares na comarca Entroido 2023 ALLARIZ Páx.10 [Páx. 2] [Páx. 3] [Páx. 4-5-8-9] Entrevista a Miguel Ángel Prieto Sotelo “Chitín”, autor de “Dende a Ponte a Monterrei” [Páx. 11] Campionato de España de Karate

O libro conta

Despois de máis de 10 anos escribindo na xanela deste xornal chamada “Dende a Ponte a Monterrei”, Miguel Ángel Prieto Sotelo “Chitín” atreveuse, animado por moitos dos seus ávidos lectores, a recompilar unha selección de 80 artigos que reflicten á perfección o seu amor e a súa paixón polo val de Monterrei e as súas xentes.

Quen che ía dicir aló por 2010-2011 que, máis de 10 anos despois, ías publicar un libro.

Miguel A. Prieto Sotelo (M.S.): "Pois a verdade é que non me imaxinaba tal cousa, non só por a complexidade que ten realizar esta tarefa, senón tamén por non verme daquela capacitado para comprimir nun libro tantos artigos escritos nesta década".

Que te animou a escribilo?

M.S.: "A única razón que me levou a facer esta rencompilación de artigos en forma de libro foi a insistente petición dos meus amigos e lectores destes artigos, que ao toparme pola rúa me animaban a que fixera este traballo, que a postre foi posible facer e que estou moi contento co resultado".

Que se atopará a xente que lea “Dende a Ponte a Monterrei”?

M.S.: "Os que teñan a ben leer este libro toparán, en primeiro lugar, un sentimento por unha terra, por

unha vila, un sentimento sincero e sen tapuxos que ás veces as persoas non somos quen de expresar por vergoña ou por non estar convencidos de que sexa así. Nalgún dos capítulos que forman este libro, xa deixo ben claro que a defensa a ultranza da miña terra, da miña vila é fundamental para min, aínda que ao mesmo tempo, pido desculpas por ser tan radical nesta tarefa que seguramente a moitos lle parecerá desmesurada, pero como dic;a o meu pai: “cada un ten as súas manías”

Toparán capítulos onde dou opinión de temas actuais que forman parte da indiosincrasia do val de Monterrei e de Verín, como as festas, as tradicións, o Entroido, etc. Tamén toparán capítulos adicados a situacións da vida, coma a violencia de xénero, o alzhéimer ou o acoso escolar; situacións que por

“Todas as historias que o lector topará aquí son sinxelas historias vividas por min cando era un cativo, e outras son relatos e historietas contadas polas persoas maiores coas que tiven e teño a fortuna de xuntarme”

desgracia están a padecer moitas persoas e que dalgunha maneira, estou moi sensibilizado e comprometido na erradicación desta lacra.

Non poderían faltar capítulos adicados ás persoas que compartiron a miña infancia e parte da adolescencia, lembranzas familiares e situacións que posiblemente cada persoa que lea este libro sentirase protagonista, xa que eles tamén viviron o que estou a contar. Quixen que nesta recompilación non faltara o pregón do Entroido que tiven o placer de recitar na plaza Maior de Verín, ateigada de xente, no derradeiro entroido antes da pandemía. Coido que este agasallo tan fermoso que o Concello puxo nas miñas mans non debería quedar no caixón do esquecemento. En difinitiva, todas as historias que o lector topa-

rá aquí son sinxelas historias vividas por min cando era un cativo, e outras son relatos e historietas contadas polas persoas maiores coas que tiven e teño a fortuna de xuntarme".

En total son 80 artigos, custouche selecciónalos? Levaches un criterio para a selección?

M.S.: "A selección dos artigos non foi tarefa doada, xa que todos eles son importantes para min. Había máis dun cento de artigos dos que intentei meter os máis atractivos, pero sempre che queda algo de resquemor na alma por deixar algún fóra, pero coido que esta selección de 80 artigos completan un traballo que polo que escoito na rúa estalle gustando á xente".

O que deixas claro é o amor pola túa terra (Monterrei) e pola súa xente.

M.S.: "Si, está claro que o máis importante para min son as persoas. As historias son feitos que sucederon e suceden en determinados momentos, pero os protagonistas destas historias son as xentes, os homes e mulleres daquel tempo que

para min foi marabilloso. Fago lembranza de moitos personaxes do Verín daquel entón, persoas que me quedaron gravadas no maxín dende neno. Moitos quedaron sen nombrar e, sen dúbida, tamén merecerían o seu protagonismo, pero a boa fe sei que non mo terán en conta, porque os levo a todos nas lembranzas".

Durante a presentación dixeches que sería o último libro que escribes.

M.S.: "Na presentación do libro, non me lembro se o dixen ou non, pero si o deixei reflexado no limiar, que estaredes seguramente ante o meu primeiro e derradeiro libro. Xa sei que soa forte decir isto, pero a verdade é que non me considero escritor nin poeta. Escribo para baleirarme, como di o meu amigo Antonino Nieto Rodríguez, que este señor si que é poeta de verdade. O meu é un entretemento entre outras actividades que fago para divertirme".

No libro hai ledicia e tristeza, a vida mesma.

M.S.: "Sen dúbida, no libro hai capítulos cheos de ledicia e noutros a tristeza aparece irremediablemente, mais non teño outro xeito de transmitir os sentimentos tal coma os sinto. Emocionarse con algo que levas na alma, para min é ledicia, e deixo a tristeza ancorada nun recuncho. Aínda que hai certos momentos, coma cando escribo sobre as persoas que xa non están con nós, entón as mans tremen e os ollos énchense de bágoas, pero ao final de todo sénteste liberado, porque quedas desafogado e a ledicia supera á tristeza, pero sei que non é doado de entender".

E non podería faltar o Entroido, un dos piares

M.S.: "O Entroido non podía faltar neste libro. Hai varios capítulos adicados á nosa festa, a máis grande das festas do val de Monterrei. Nestes artigos dou a miña particular visión do que é o Entroido para min. Deixo caer tamén as cousas que non me gustan e que eu trocaría radicalmente, pero sempre dentro do respecto a todo o mundo, porque facer entroido parece doado dende a barreira, pero os que saén á praza, saben moi ben do que estou falando.

Non quero dicir máis nada do Éntroido aquí, deixo que os lectores lean e, como non, despois opinen. Tamén hai un soneto adicado ao cigarrón de Verín e unha oda ao Entroido, que xunto con outro soneto adicado ao noso Hospital e as coplas que dedico a Enrique Gómez Pato no día do seu centenario, é un guiño poético dentro dun mar de prosa".

Onde se pode mercar o libro?

M.S.: "O libro pode mercarse na libreria AZ, no Rincón do Libro e na libraría Monterrei. En próximas datas estára tamen dispoñible en outros lugares pendentes de distribución. Aproveito para dar as gracias a Editorial "Leveda", do meu amigo Edelmiro Mateo García, que sen a súa colaboración, non sería posible esta obra".

2 Barrios 26 de xaneiro 2023 TEMA DA SEMANA
Frei Chitín (Miguel Prieto Sotelo) dando o pregón do Entroido de Verín de 2020
“Fago lembranza de moitos personaxes do Verín daquel entón, persoas que me quedaron gravadas no maxín dende neno”
“Cando escribo sobre as persoas que xa non están con nós, entón as mans tremen e os ollos énchense de bágoas”
ENTREVISTA A MIGUEL ÁNGEL SOTELO PRIETO “CHITÍN”, AUTOR DO LIBRO “DENDE A PONTE A MONTERREI”
"Os que teñan a ben ler este libro toparán, en primeiro lugar, un sentimento por unha terra, por unha vila, un sentimento sincero e sen tapuxos"
4
historias cun nexo común: o val de Monterrei.
fundamentais da túa vida e dos veciños de Verín.

Ponte Vella lanza unha promoción para a pista de xeo

4 Tamen se converte nun centro Pet Friendly.

Redacción

Patinar sobre xeo en Ponte Vella será máis fácil grazas á promoción que o Centro Comercial Ponte Vella lanza até o 29 de xaneiro aproveitando a campaña de Rebaixas. Así, por cada 20 euros de compra -nun ou en varios tickets-, o Centro Comercial descontará un 50% no prezo da entrada de 7 euros da pista de xeo que pasará a custar 3,5. Os tiquets de compra deberán ser trocados no despacho de billetes da propia pista de xeo.

Horario

Ademais, a Pista de Xeo permanecerá aberta todos os días até o 29 de xaneiro (domingo), con horario de 17 a 21 horas de luns a venres e de 11 a 21 horas os sábados e domingos.

Bases da promoción

As bases desta promoción están accesibles na web de Ponte Vella (www. pontevella.com) que se desenvolverá até o 29 de xaneiro.

Pet Friendly

Ademais, Ponte Vella aposta pola cultura Pet Friendly e permite o acceso a clientes con animais de compañía a todas as zonas comúns. Cada establecemento, sendo a maioría Pet Friendly, te-

O Concello inicia as obras de dous elevadores na Cruz Alta

ñen a súa propia política en relación á admisión de animais de compañía. De calqueira manera, e en atención á normativa sanitaria, está prohibido o acceso a locais destinados á elaboración, venda, almacenamento, transporte ou manipulación de alimentos.

Ponte Vella dispón dun protocolo que regula a presenza de animais de compañía así como á clasificación das tendas do centro comercial segundo a política Pet Friendly; pódese acceder a toda esa información a través dun código QR na web, redes sociais e punto de información.

Rapaces na pista de xeo de Ponte Vella.

4 O “Ourense

Redacción

O Concello de Ourense inicia as obras de accesibilidade vertical no barrio da Cruz Alta. En concreto, será un ascensor que irá desde a rúa Xoán de Nóvoa até Nuno de Ousende. O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, achegouse ata o lugar para presentar o proxecto que ten un orzamento dun millón de euros e un prazo de execución de seis meses. As obras serán executadas pola empresa ourensá Proyecón.

O obxectivo, explicou o rexedor, é "mellorar a comunicación entre o barrio da Cruz Alta o e o centro da cidade". Será a través de dous elevadores que salvarán "a forte pendente que existe entre Xoán de Nóvoa e a igrexa da Milagrosa, cunha intervención que", asegurou, "mellorará a calidade de vida da veciñanza do barrio e revalorizará a contorna".

O alcalde destacou que este é o motivo para que sexa "un día sinalado para a cidade e para o barrio”, no que residen 4.000 habitantes. Ademais, anunciou que tamén verá mellorada a súa comunicacións por autobús.

Dous ascensores

Pérez Jácome aclarou que, logo de analizar varias alternativas, o proxecto aposta por sal-

vertical” continuará tamén co

inminente inicio de cinco obras máis.

O alcalde subliñou que con estas actuacións, máis a da rúa Concordia, que prevé rematar en marzo ou abril, o Concello completará un circuíto de accesibilidade, co que “desde o nivel do río até San Francisco se poderá ir por sistemas de elevación vertical”, no que constituirá “un dos eixos máis grandes de toda España” de mobilidade vertical. Outro dos anuncio por parte de Jácome foi que o Concello traballa en novos proxectos destas características: desde a zona dos Viños a San Francisco, na rúa Coenga (proxecto xa redactado que se volverá licitar), na Rampla de Sás, na rúa Vasco Díaz Tanco (A Cuña), Amor Rubial (na zona de Bonhome), na conexión da avenida Otero Pedrayo e a avenida de Bos Aires, na Praza 500 (Barrocás) e na N-120 á altura da praza 200.

var a pendente existente a través de dous ascensores verticais, xa que constitúen a opción “máis viable, factible e integradora”. Ademais, asegurou que esta actuación fai que a zona se revalorice "porque a accesibilidade será moito máis fácil”.

Ourense vertical

Durante a rolda de prensa, o alcalde desvelou que comezarán, de forma inminente, cinco novos proxectos de mobilidade no marco do plan “Ourense vertical”.

Así, a semana próxima comezarán as obras na rúa Nicomedes Pastor Díaz, no barrio da Carballeira. Este mes comezará tamén a execución dos proxectos na rúa do Progreso coa rúa Concello, e en Avilés de Taramancos, desde o Parque Barbaña á rúa Ervedelo. A finais de febreiro, comezarán as obras na rúa Pérez Serantes, que dará servizo ás Mercedes e ao barrio de San Francisco e, en marzo, no barrio da Ponte, na rúa Rosalía de Castro, entre a pasarela e Vicente Risco.

3 Barrios 26 de xaneiro 2023 TEMA DA SEMANA
Por cada 20 euros de compra descontarase un 50% no prezo da entrada á pista de xeo
Técnicos da construtora que fabricará o elemento vertical, no lugar onde se instalará un dos ascensores./R.T.
“Mellorará a calidade de vida da veciñanza do barrio e revalorizará a contorna”, asegurou Jácome
A semana próxima comezarán as obras na rúa Nicomedes
Pastor Díaz

Máis premios no desfile do Entroido de Ourense

4 O Concello aproba as bases do concurso.

Redacción

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou as bases do concurso que distinguirá as mellores comparsas e carrozas que participen no desfile central do Domingo do Entroido -19 de febreiro-. O Concello incrementa este ano todos os premios e as axudas coa finalidade de fomentar a participación nesta emblemática cita do Entroido ourensán. O certame está dotado este ano con 22.000 euros.

“Dispárase o ‘pistoletazo’ de saída do Entroido 2023”, asegurou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen agarda para este ano “unha excelente participación” no desfile da cidade, e anima a veciñanza a sumarse á convocatoria e ir preparando os seus disfraces.

A participación está aberta a todas as asociacións de veciñas e veciños, culturais ou xuvenís, grupos, colexios etc. que o desexen. As inscricións das carrozas e comparsas poderase realizar a través do Rexistro Xeral

do Concello, usando os modelos de inscrición que se poderán obter na páxina web do Concello e na Concellería de Artes e Festexos. No caso de asociacións ou entidades a inscrición, será a través de sede electrónica do Concello. O prazo de inscrición rematará o mércores 15 de febreiro ás 14 h.

Música

Aínda que non está presentado o programa oficial do entroido ourensán, o alcalde da cidade, Gonalo Pérez Jácome, xa foi anunciando nas súas redes sociais algún dos eventos que se celebrarán. A música será un piar fundamental, e unha charanga estará amenizando todas as tardes e noites do entroido. Unha das citas máis importantes será a actuación de King África para o domingo 19 de febreiro (tralo desfile); tamén, o sábado de entroido (18 de febreiro) actuará a Olympus. Ademais, o rexedor anunciou que se regalarán miles de orellas de carnaval a quen vaia disfrazado.

Xinzo recupera o Entroido «de toda a vida»

4 A capital limiá prepárase para festexar o entroido máis longo.

Redacción

Neste 2023 o Entroido de Xinzo de Limia volverá a ser “o de toda a vida”. Despois de anos de restricións pola pandemia, os festexos, declarados de interese turístico internacional, recuperan a programación máis tradicional. A presentación tivo lugar nunha rolda de prensa na que interviron a alcaldesa, Elvira Lama; o concelleiro de Cultura, Ramiro Rodríguez, e os representantes da Comisión, Adriana Jiménez e Camilo Vila. A rexedora asegurou que se trata do “acontecemento festivo máis agardado en Xinzo, polo que levamos meses

traballando sen descanso para que o concello viva uns días entrañables nos que ninguén será forasteiro”.

O concelleiro de Cultura, Ramiro Rodríguez, detallou un programa que comezará o próximo sábado día 28 de xaneiro co petardazo e que recupera os desfiles con toda a súa espectacularidade. O edil asegurou que nos próximos días distribuirase o cartel e o programa ao completo e insistiu en que “o Entroido é por e para os veciños”. Destacouse tamén o Domingo Fareleiro (29 de xaneiro), cando o Concello volverá facer o reparto de fariña; o 4 de febreiro co Colgamento

do Meco; o 5 de febreiro será o Oleiro para os nenos en horario de mañá e para adultos pola tarde e o 12 de febreiro o Corredoiro.

Novidades

O desfile infantil será o día 17 de febreiro e contarase coa participación de todos os centros educativos do concello e doutros convidados de toda a comarca. Ademais, o martes de Entroido (21 de febreiro) trasladarase o tradicional desfile ao horario de mañá, co fin de que poidan participar o maior número de veciños, veciñas e visitantes e repartiranse 4.000 euros en premios individuais e de comparsas.

Para rematar, o día 22

celébrase o Enterro da Sardiña e o domingo 26, a Piñata.

Durante case un mes, o Entroido sentirase en cada recuncho da vila. Precisamente ao sentimento apelouse na rolda de prensa para fomentar a implicación da cidadanía. Adriana Jiménez, presidenta da Comisión, dixo que este sentimento cobra forza este ano “porque recuperamos os festexos tradicionais”.

Cartel

O cartel da deseñadora Marta Rodríguez reflexa a esencia do programa, no que a música cobra un gran protagonismo e os desfiles volven con toda a súa espectacularidade.

Plan de seguridade

Nos próximos días darase a coñecer o plan de seguridade no que volverá haber videovixilancia e puntos violeta e estanse mantendo encontros con Policía Local e Garda Civil para definir todo o dispositivo. Tamén se solicitou o Posto de Mando Avanzado. A rexedora fixo un chamamento ao comportamento cívico para evitar os incidentes.

4 Barrios 26 de xaneiro 2023 OURENSE / XINZO DE LIMIA
Presentación da edición 2023 do Entroido de Xinzo.
O Entroido comezará o próximo sábado día 28 de xaneiro co petardazo e o domingo 29 chega o Fareleiro
5 Barrios 26 de xaneiro 2023 PUBLICIDADE

EN BREVE

4 Rúa Dous de Maio

O Concello xa dispón dun proxecto para renovar a rúa Dous de Maio e acabar cos problemas de accesibilidade. Prevé beirarrúas dun ancho de 1,5 metros, ramplas e escaleiras accesibles, así como varandas de protección. O orzamento de licitación das obras ascende ao 250.000 euros.

4 Seminario

A Xunta clausurou os seminarios de mellora das técnicas de producción da pataca. As xornadas foron organizadas pola Consellería do Medio Rural e dividíronse en catro días de seminario -dous en Coristanco a principios de semana e outros dous en Xinzo-.

4 Certame Celtibérico

A primeira fase do 14º Certamen Celtibérico de Bandas de Gaitas celebrarase en Xinzo de Limia o vindeiro domingo, 26 de marzo. Como engadido a este evento, o día 25 haberá algunha actividade como a primeira edición do Concurso de Gaitas e Percusión da Limia.

4 Lingua de signos

O curso de lingua de signos da UNED terá continuidade, e a iniciativa desenvolverase no salón de plenos da Casa Consistorial do 7 ao 30 de marzo. As sesións serán impartidas por unha intérprete desta lingua e terán unha duración de dúas horas e media divididas en 12 sesións.

4 Stop Eólicos

Xinzo convértese no primeiro concello da Limia que acorda unha declaración de moratoria eólica. O Concello de Xinzo comprométese ademais a axudar cos informes para contrarrestar os plans das corporacións nunha eventual disputa xudicial. Así o determinou no pasado pleno no que se contou cos votos favorables do goberno municipal e a abstención de populares e a non adscrita.

Xinzo perfila o orzamento

de 2023

4 Apróbase o Plan de Igualdade Participativo.

Redacción

Substituiranse as árbores retiradas

tralo Entroido

4 Retiráronse exemplares no parque Pombal, Toural e praza Xoán XXIII.

Redacción

O Concello de Xinzo de Limia levou a cabo a retirada de árbores enfermas espazos públicos e que supoñían un risco para a cidadanía. Concretamente, retiráronse do parque Pombal, Toural e praza Xoán XXIII, seguindo as pautas dos expertos que elaboraron un estudio previo. A substitución das mesas realizarase despois do Entroido

Actuacións

No Parque Pombal foi preciso retirar tres salgueiros choróns e unha robinia pseudoacacia. No primeiro caso, recoméndase a substitución dos exemplares pola abeleira corylus colurna por adaptarse mellor ás condicións dun parque urbano de reducida dimensión. No caso da robinia, recoméndase non plantar ningunha especie leñosa no seu lugar ata transcorrido un período mínimo de 5 anos para evitar o posible contaxio por armilarea.

No Toural, as actuacións más urxentes foron a retirada das árbores secas, por representar risco de caída e danos nos que están sans. No bosque dos cedros recoméndase a introdución de árbores e arbustos que aporten maior variedade cromá-

tica ao espazo, así como a creación de espazos máis íntimos no seu interior. Suxírese a introdución de pradairos de codia serpentina, acivros, azaleas e outros arbustos da familia das rosáceas. Na pradería dos chopos recoméndase a plantación de árbores de flor e acacias. No paseo fluvial proponse vexetación característica dos bosques de ribeira como salgueiros, ameneiros ou bidueiros.

En canto aos pradairos da praza Xoán XXIII, aínda que os exemplares non supoñían risco a curto prazo, recomendouse a substitución dos mesmos por outras árbores, de menor porte e que resistan as actuacións de poda. Apeáronse catro pradairos, un deles morto e os tres restantes estaban en moi mal estado polas podremias e os fungos, debido as podas abusivas.

Cómpre destacar que nos últimos tres anos,

plantáronse nos espazos públicos de Xinzo de Limia preto de 200 árbores, no marco das actividades dos campamentos de verán, o Día da Árbore, o 25-N e o Obradoiro de Emprego.

Adxudicación

Para levar a cabo esta segunda fase do plan de saneamento das zonas verdes adxudicáronse os traballos a unha empresa especializada por un importe de 2.758 euros. Ditos traballos inclúen a retirada e o tratamento dos residuos.

O último pleno de 2022 do Concello de Xinzo de Limia sacou adiante a aprobación inicial do orzamento deste ano (co voto a favor do cuatripartito, o voto en contra do PP e a abstención da non adscrita, Montse Lama).

A cifra será de 8.111.777 euros atendendo ao plan de axuste do Ministerio de Facenda, que esixe a redución do 2% e ao que está sometido o concello debido a xestións anteriores. No orzamento contémplase un gasto de persoal de 4.339.467 euros (53,88%) e un gasto corrente de 2.738.039 euros (34%).

A alcaldesa, Elvira Lama, que definiu as contas como “realistas”, destacou os 162.000 euros reservados para subvencións a diferentes asociacións, clubs e entidades que traballan en prol dos veciños e veciñas e lembrou os 45 millóns de euros conseguidos para o concello neste mandato, destacando proxectos como a mellora dos accesos á vila, o Plan de Regadío ou a recuperación do Mosteiro de Trandeiras. A rexedora desvelou que desde o concello fan "filigranas para medir cada custo e cada gasto sen malgastar nin un euro”.

Plan de Igualdade

Unanimidade houbo no Plan de Igualdade Participativo. Un documento feito para “executar accións dirixidas á ansiada igualdade real”. Trátase dunha folla de ruta que

planificará con medidas, indicadores e sistemas de avaliación a política de igualdade municipal durante os vindeiros anos.

Foi apoiado por todos os grupos solicitar á Xunta de Galicia medidas que melloren a atención sanitaria en Xinzo e que van desde o incremento de máis especialistas ata a ampliación do centro de saúde.

Tamén se aprobou nomear, a título póstumo, a Ramón de la Fuente Galván como fillo predilecto, pola súa traxectoria e dedicación ao Concello, tanto na súa faceta profesional, como médico, como na súa actividade política, así como promotor e colaborador en diferentes accións e actividades.

Aprobouse ademais, a ratificación da terceira addenda modificativa do convenio entre a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o Concello de Xinzo de Limia para as actuacións das infraestruturas hidráulicas asociadas ao Mosteiro de Bon Xesús de Trandeiras (o 90% apórtao a CHMS e o 10% restantes o Concello).

Aprobouse por unanimidade o preaviso da segunda prórroga do contrato de subministro de electricidade en alta e baixa tensión a través da Central de Contratación da FEMP co fin de seguir obtendo un aforro na electricidade.

6
26
XINZO E
Barrios
de xaneiro 2023
COMARCA
Traballos de retirada de árbores na praza Xoan XIII. No Toural retiráronse árbores secas con risco de caída.
Nos últimos tres anos, plantáronse nos espazos públicos de Xinzo de Limia preto de 200 árbores
Nomearase fillo predilecto, a título póstumo, a Ramón de la Fuente Galván
Pleno de decembro do Concello de Xinzo de Limia.

Un programa promove hábitos sustentables

Redacción

A Deputación de Ourense pon en marcha a primeira fase do proxecto “Comercio Rural de Ourense” (CROu) para promover entre os comerciantes e consumidores da comarca de Celanova (tamén de Terra de Trives e Viana) a selección de residuos en orixe mediante o uso de colectores instalados nos propios negocios, impulsando así novos hábitos sustentables.

O deputado de Cooperación, Pablo Pérez, e a deputada de Reto Demográfico, Luz Doporto, visitaron Celanova para entregar os primeiros contedores do programa ao presidente da asociación de comerciantes, Francisco Villar.

Nesta primeira fase, o proxecto CROu entregará dous colectores a todos os comerciantes de 18 municipios de Celanova, Terra de Trives e Viana que se adhiran ao plan. Estes contedores permitirán almacenar temporalmente e de maneira selectiva embalaxes de plástico, papel ou cartón, para despois trasladalos ao contedor de proximidade do servi-

Máis acceso a internet para a comarca

Redacción

zo público de recollida de residuos. As actuacións completaranse con campañas formativas, de promoción e de sensibilización ambiental.

Censo e segunda fase O ámbito territorial do programa abarca os 18 municipios das tres comarcas citadas, nas que segundo o Instituto Galego de Estatística están rexistradas 435 actividades empresariais no sector. Estos datos son do ano 2019, polo que a Deputación de Ourense realizará un estudo previo para dispoñer dun censo actualizado da actividade comercial e as súas características.

Este novo censo tamén facilitará a posta en marcha da segunda fase do proxecto CROu, que estará centrada no uso das novas tecnoloxías no sector.

O programa ÚNICOBanda Ancha permitirá o acceso a internet a máis de 4.000 fogares da comarca de Celanova (45.635 domicilios de todo Ourense), e beneficiará a 1.505 entidades de poboación de toda la comarca. Así

o anunciou o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, na presentación da segunda convocatoria do programa, e que tivo lugar no Salón de Actos da Casa do Concello de Celanova.

Ao encontro asistiu o Xefe de inspección de Telecomunicacións da provin-

cia, Enrique San Martín, quen informou a todos os alcaldes da comarca (Padrenda, Verea, Gomesende, Celanova, A Merca, Cartelle, Quintela de Leirado, A Bola, Pontedeva e Ramirás) do estado de cumprimento do plan, así como dos procedementos que deben realizar desde os concello para poder axilizar os permisos de conectividade.

Zonas brancas Neste caso, os fogares e empresas atópanse en ‘zonas brancas’, aquelas que non dispoñen de cobertura de redes de velocidade de alomenos 30 Mbps, nin plans para a súa dotación nos vindeiros anos.

Alejandro Mínguez presenta o seu último libro en portugués

4 “No país dos cogumelos” é o título.

Redacción

A micobibliografía portuguesa acaba de sumar un novo título sobre fungos “No país dos cogumelos”, cuxo autor é o micólogo celanovés Alejandro Mínguez. Está editado polo selo Ancora de Lisboa e está tendo moi boa acollida nos primeiros días de distribución, segundo informa a editorial. O novo traballo é unha adaptación do libro do autor de 2014 “En el país de las setas”, publicado entón por “Auga Editora” de Santiago de Compostela, pero ampliado e actualizado con referencias á situación micolóxica en Portugal.

Alejandro Mínguez contou neste caso coa axuda de dous micólogos luso-galegos, Marisa Cas-

tro e Xavier Martíns, para a tradución e adaptación ao portugués e para engadir as características de Portugal no mundo dos fungos.

Presentación

O libro foi presentado este mes en Mogadouro, a vila micolóxica do norte de Portugal. O acto estivo presidido polo responsable da Cámara Municipal, An-

Entroido en Celanova

Redacción

Celanova xa se prepara para o seu entroido. Este ano o Concello faise cargo de financiar uns festexos que terán lugar entre o 18 e o 25 de febreiro.

Dentro da programación, como non sería doutro xeito, está o clásico desfile de Piñata que tanta repercusión e tanto éxito ten. O mesmo terá lugar o día 25 de febreiro e xa están colgadas as bases, para inscribirse, no facebook do Concello de Celanova.

As inscricións presentaranse na oficina de turismo en horario de luns a venres de 9 a 14 horas; no teléfono do concello 988 43 14 81; ou no enderezo electrónico pinhata@celanova.gal. O prazo de inscrición remata o mércores, 22 de febreiro, ás 14 horas.

Novidades

A novidade máis salientables deste entroido de 2023 está nunha festa “ochenteira” que terá lugar o sábado 18 de febreiro. O lugar de celebración de devandita festa estará entre a praza Maior e a Alameda. Ademais, ese mesmo sábado 18 celebrarase unha cea-baile de comadres.

tonio Pimentel e a concelleira de Cultura, Marcia Barros na biblioteca da localidade. Participaron representantes do colectivo micolóxico “A Pantorra” de Mogadouro e afeccionados ao mundo dos fungos. A tradutora e doutora en micoloxía, Marisa Castro, definiu o traballo como “manual da cultura micolóxica”.

Outra novidade que anunciaron desde o concello foi a de crear para o domingo de Piñata unha zona gastronómica (un espazo con carpas, mesas e cadeiras) para que despois do desfile a xente quede na vila a cear; esta iniciativa estase a falar cos locais hostaleiros.

Repartiranse un total de 3.300 euros en premios entre as distintas categorías que irán dos 50 euros ao primeiro premio individual aos 1.000 euros das comparsas. Haberá premios por participación individual, parellas/tríos, grupos de 15 ou menos persoas, e dúas categorías de comparsas (máis de 15 persoas) dependendo se son do Concello de Celanova ou non.

7 Barrios 26 de xaneiro 2023 CELANOVA E COMARCA
A segunda fase do proxecto CROu estará centrada no uso das novas tecnoloxías
Pablo Pérez, deputado de Cooperación; Luz Doporto, deputada de Reto Demográfico; e Francisco Villar, presi
-
dente da asociación de comerciantes, na presentación do programa CROu en Celanova.
4 Comeza en Celanova o plan “Comercio Rural de Ourense”.
Mínguez co seu libro “No país dos cogumenos”.
4 O programa ÚNICO - Banda Ancha dará cobertura a 4.000 fogares.
O subdelegado do Goberno, Emilio González, en Celanova falando do programa UNICO - Banda Ancha.

4 Museo de Verín

Logo de cinco anos de funcionamento, o Museo do Claustro Mercedario vén de acadar a cifra de 33.000 visitantes. Durante este periodo as súas instalacións levan desenvolto máis de 250 actividades, entre exposicións, mostras, cursos de divulgación ambiental e actividades relacionadas coa cultura do viño na DO Monterrei.

O museo aborda agora unha ambiciosa ampliación e renovación das súas coleccións, con novos elementos expositivos vinculados co patrimonio, o viño e os atractivos da comarca de Monterrei. Mentres adecúa os seus novos espazos expositivos (as novas instalacións no edificio modernista do arquitecto Vázquez Gulías, os antiguos almacéns Recaredo Romero, sito na rúa Luis Espada), as instalacións do Claustro permanecerán pechadas ao público..

4 Complexo Caldeliñas

O Concello e Fundación San Rosendo dan luz verde ao novo Complexo Balneario - Asistencial de Caldeliñas coa cesión do terreo. Construirase unha residencia para o coidado e atención de persoas maiores, e actividades complementarias vinculadas á atención e coidado das mesmas. Este novo centro, que terá capacidade para 100 persoas maiores dependentes e dará emprego a 50 profesionais, estará situado nunha parcela de 12.000 m2

4 Pleno infantil

Máis de 120 alumnos de 6º de primaria e de 1º de ESO pertencentes aos centros Amaro Refojo, María Inmaculada, Mercedarios e Princesa de España, participaron no Pleno Infantil, convocado no Concello para coñecer as inquedanzas e os desexos de implicación na vida pública dos veciños máis novos da vila.

A igualdade foi o eixo temático sobre o que versou a sesión plenaria.

Verín conta os días para celebrar o

seu Entroido

4 Presentouse o cartel oficial.

Redacción

Verín iniciou a conta atrás para celebrar o Entroido 2023. Serán oito días (o 9 e 12 e do 16 ao 21 de febreiro) para celebrar a festa máis grande da comarca. Para elo, o Concello vén de presentar o cartel oficial deste ano no que se homenaxea ás mulleres entroideiras. O cartel foi presentado pola concelleira de Educación, Cultura e Festexos, Emilia Somoza Basalo, e por Iago Blanco de la Parra, deseñador e arquitecto de interiores verinés, autor do mesmo.

Segundo explicou Iago Blanco, o concepto principal desta obra "é a exaltación e homenaxe da muller no Entroido de Verín a través da figura da raíña Elena e algunhas das mulleres máis representativas da vila".

No cartel pódese apreciar como a raíña chega a praza mentres é acompañada polos cigarróns e recibida polas mulleres de Verín así como os ho-

mes que se intúen ao fondo coa fariña. "Só se es de Verín ou asiduo desta festa podes recoñecer estas personaxes típicas do entroido, no que por momentos o cartel parece semellarse ao famoso libro de “Onde está Wally?", explicou Blanco de la Parra. En cuanto a técnica utilizada para a execución deste cartel cabe destacar que está feito con técnica dixital, conseguindo a base de manchas de cor unha imaxe figurativa.

Pola súa banda, Emilia Somoza destacou do mesmo "a gran capacidade que tivo o artista de sintetizar nunha só imaxe a forza e dos elementos identitarios máis representativos da nosa festa máis senlleira".

Inscrición

Por outra banda, está aberto o prazo de inscrición para as carrozas e comparsas que desexen participar no desfile do Entroido deste ano. A data límite para formalizar a participación será o venres 10 febreiro, ás 19 horas.

Os interesados en inscribirse terán tres vías para facelo: poderán achegarse ata a Oficina de información turística de Verín para facela efectiva. Tamén se poderá realizar a inscrición a través de correo electrónico, turismo@verin.gal, enviando os seguintes datos: nome e apelido; número de teléfono; nome da carroza ou comparsa; número

Verín concede dúas subvencións para cultura e deporte

4 Cederase unha parcela en Caldeliñas para o futuro complexo balneario e asistencial.

Redacción

de participantes; si levan vehículo ou plataforma móbil (medidas); si levan música. A outra maneira de inscrición será a través do teléfono 988 411 614. O horario da Oficina de Turismo é de luns a venres, mañás de 9.30 a 14.30, polas tardes de 16.30 a 19 horas.

A orde de colocación do desfile irá en criterio da organización; as que non se apunten dentro do prazo e se presenten no desfile directamente, serán colocadas ao final do mesmo.

Desfiles

Os desfiles iniciaranse na avenida de Castela. A saída do desfile do domingo día 19 de febreiro será ás 12 horas; a do martes, 21 de febreiro, ás 16.30 horas

A comparsa ou carroza que participen non desfile deben estar, como mínimo, 30 minutos antes dá saída, para que a organización poda colocalos na súa posición e comezar con puntualidade, na avenida de Castela, á altura da rúa San Félix. Aquelas carrozas que abandonen o percorrido antes de chegar á praza da Alameda unicamente poderán facelo a través da ponte da N-525, chegando ata a Rotonda da Casa do Escudo, se queren dar a volta, agardarán a que o desfile remate.

No último pleno de 2022, o Concello de Verín aprobou (cos votos a favor do goberno, e en contra, dos da oposición) conceder dúas subvención nominativas “coa finalidade de promover e fomentar o deporte entre a mocidade verinesa”, concedeuse, por unha banda, unha achega de 50.000 euros as Escolas Deportivas de Verín. Por outra, a Asociación Cultural Vía XIV recibirá 40.000 euros “para a realización do 8º do Festival Internacional de Curtametraxes de Verín, evento que ten como finalidade difundir a cultura cinematográfica e por en valor o patrimonio cultural, etnográfico e musical, tanto material como inmaterial, do val de Monterrei”.

Ademais, acordouse -cos votos a favor de PSOE e BNG e os votos en contra do PP dar inicio ao expediente para a determinación dunha nova forma de xestión do Servizo de Abastecemento de Auga Potable e Saneamento do Concello de Verín; así como crear unha comisión mixta encargada de elaborar a proposta de Memoria Xustificati-

va da forma máis sostible e eficiente de xestión dos Servizos de Abastecemento de Auga Potable, Saneamento e Depuración de Augas Residuais. Devandita comisión estará composta por persoal político (alcalde, primeiro e segundo tenentes de alcalde e concelleiro de Servizos Públicos) e por persoal técnico (asesoría técnica, económica e xurídica).

Asuntos

Outros asuntos acometidos durante o pleno e que foron aprobados son: a adhesión ao Convenio que regula a Agrupación de Concellos para desenvolver actuacións de mellora do saneamento no curso alto do Río Támega (aprobado por unanimidade); a modificación da Ordenanza reguladora do Centro de Día Municipal; os plans especiais de Infraestruturas e Dotacións do Espazo Dotacional Público en Fontenova, e de Reforma Interior do ámbito APR-45 do Instrumento de Ordenación Provisional na zona de “Os Coutos” para actividades terciarias; e a cesión gratuíta á Fundación San Rosendo dunha parte da parcela 272, polígono 34, paraxe “Pedreiras” en Caldeliñas, necesarios para a construción comprometida por devandita entidade do seu futuro complexo balneario e asistencial. Tamén se aprobaron as tarifas municipais do servizo de taxi quedando aprobadas inicialmente por unanimidade.

8 Barrios 26 de xaneiro 2023 VERÍN E
COMARCA
EN BREVE
A concelleira Emilia Somoza Basalo e creador do cartel deste ano, Iago Blanco.
A saída do desfile do domingo día 19 de febreiro será ás 12 horas; e o do martes, 21 de febreiro, ás 16:30 horas
Momento do último pleno de 2022 en Verín.
O pleno concedeu as subvencións ás ED Verín e a AC Vía XIV
9 Barrios 26 de xaneiro 2023 PUBLICIDADE

Arrincan as 5ª Xornadas de Novela Negra en Verín

4 Coordinadas e dirixidas por Vázquez Taín.

R.T.

A quinta edición das xornadas de novela negra celebraranse no auditorio de Verín os días 27 e 28 de xaneiro. Organizadas pola Biblioteca de Verín, en colaboración co Concello, estarán coordinadas e dirixidas polo xuíz Vázquez Taín e polo escritor Pedro Feijoó. Ademais, estarán adicadas á Lolita Castro, voluntaria da Biblioteca falecida recentemente.

Na presentación do programa o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, fixo un chamamento aos amantes deste xénero negro e policiaco a achegarse a vila do Támega e gozar desta programación de “primeiro nivel”.

Esta quinta Edición leva por título “Back in Black”, que vén indicar que, un ano máis, Verín volta ao negro e nesta ocasión cunha vinculación especial ao mundo da música. “Varios dos autores que participan nas xornadas ao mesmo tempo teñen ou tiveron unha grande relación coa música de xeito profesional ou nas súas obras literarias», explicou o alcalde.

Como en outros anos, as conferencia serán presentadas por voluntarias da Biblioteca de Verín; Ana García, Sofía Lorenzo e Sara Blanco serán as encargadas deste cometido; ademais de presentar aos autores Noelia Gallego, Lorena Carnero e Inés García

Presenza

Para esta edición está confirmada a asistencia de profesionais como Sara Vila, autora da obra premiada “Oito días sen Eva Cortes”; Pedro Feijoo, autor entre outras obras “Lume Azul”; Mikel Santiago, autor da trioloxía Illumbe “El mentiroso”, “En plena

As xornadas celebraranse os días 27 e 28 de xaneiro

noche” e “Entre los muertos”; e por último o escritor de Vilardevós Xoán Tallón autor de “Rewind” e “Obra maestra”.

Tampouco faltarán relatores do mundo profesional da talla de Jose Luis Ferreiro Nóvoa, sarxento Primeiro da Garda Civil, especialista en Policía Xudicial; María Berta Rodríguez Martínez, Subdiretora do Instituto Médico Legal Galicia; o forense e colaborador habitual da Biblio-

teca, Fernando Serrulla; Enrique León Calviño, ex comisario de Vilagarcía; Miguel Losada, que dirixirá mesas de debate.

Como broche final de esta festa literaria organizarase un concerto de rock no pub Revólver onde xuntaranse os escritores/músicos Pedro Feijoo e Mikel Santiago, que estarán acompañados na batería por Roberto González, colaborador da Biblioteca de Verín.

Allariz valora 2022 como un gran ano turístico

4 Unhas 34.000 persoas foron atendidas na Oficina de Información Turística.

Redacción

de Verín.

4V Xornadas Novela Negra: “BACK IN BLACK”

Venres 27 de xaneiro

- 12h. “A orixe dunha novela. Así naceu Eva Cortes”, conferencia de Sara Vila dirixida aos centros de ensino. Entrada libre ata completar aforo.

- 19h. Inauguración V Xornadas de Novela Negra.

- 19:05 h. “Un sorbo envelenado”, conferencia, Jose Luís Ferreiro Novoa. Sarxento Primeiro da Garda Civil, especialista en Policía Xudicial.

- 19:45h. “Escribiuse un crime? botemos unha ollada”, conferencia de María Berta Rodríguez Martínez (médica Forense). Acompaña na mesa Fernando Serrulla (médico forense).

- 20:20h. “Ficción versus realidade: Falemos de crimes”. Mesa de debate. Interveñen: Vázquez Taín, xuíz; Pedro Feijoo, escritor; Enrique León, ex comisario. Dirixe Miguel Losada, etnógrafo e especialista en ciencias sociais.

Sábado 28 de xaneiro

- 18h. “Antía Ubeira: contar unha desaparición dende a perspectiva da mensaxeira”, conferencia da escritora Sara Vila. Presenta á escritora: Noelia Gallego, voluntaria da Biblioteca de Verín.

- 18:35h. “Gatos e Bombas: O que hai que ter para escribir novelas de intriga”. conferencia do escritor Mikel Santiago. Presenta ao escritor: Lorena Carnero, voluntaria da Biblioteca de Verín.

- 19:05h. “Misterios sen resolver, grazas” conferencia do escritor Xoán Tallón. Presenta ao escritor: Inés García, voluntaria da Biblioteca de Verín.

- 19:40h. Mesa Redonda dirixe Miguel Losada, etnógrafo e especialista en ciencias sociais e participan todos os relatores.

- 21h. Sinatura de Libros.

A Oficina de Turismo de Allariz pechou o ano 2022 con moi bos datos de visitantes. Desde o Concello declaran que a vila tivo tivo unha moi boa campaña de Nadal, con altos niveis de visitantes e índices de ocupación -entre o 80-100%nos hoteis e na hostalería.

Preto de 34.000 persoas foron atendidas na Oficina de Información Turística ao longo do ano 2022, sendo un 90,69% de orixe estatal e o restante 9,31 % internacional.

A procedencia das persoas atendidas na instalación turística municipal é principalmente galega, destacando a provincia de Pontevedra, seguida pola Comunidade de Madrid, Castela e León, Andalucía e País Vasco. “Seguindo as estatísticas de que só un 15-20% dos visitantes entran nas oficinas de

Convenio Correos

Redacción

O Concello de Allariz e Correos presentaron o acordo polo cal se facilita á cidadanía o pago de tributos locais a través das oficinas postais e dos carteiros e carteiras rurais cos que conta a Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos.

Grazas a este convenio, a veciñanza poderá pagar as obrigacións tributarias

turismo, o resultado de visitas durante o 2022 loxicamente sería moito maior”, declaran desde o ente local.

Interese

Devanditos visitantes interesáronse, principalmente, sobre museos e recursos da zona, destacando este ano o interese por Santa Mariña de Augas Santas e pola gastronomía e produtos locais. A ese interese súmase o do turismo comercial e de consumo, así como os eventos municipais o que permiten completar o calendario de eventos e alcanzar estas cifras de visitantes ademais de manter o interese pola vila.

Os eventos consolidados en Allariz como pode ser a Semana Santa ao Vivo, a Festa do Boi, as Xornadas de Carne de Boi, ou a tempada de verán, hai que lle sumar eventos como o Allariz de Medo ou o Nadal no que o municipio ala-

e outras de Dereito Público xestionadas polo consistorio nas 21 oficinas de Correos da provincia de Ourense ou en calquera das 2.370 oficinas de Correos de todo o Estado.

Pago fácil

O pago de tributos é un dos novos servizos cos que Correos pretende facilitar o día a día dos cidadáns independentemente de onde vivan, aproveitando a cobertura territorial da rede de oficinas e carteiros e moedeiros rurais.

ricano convertese en lugar de visita obrigatoria.

Desestacionalizar

Dende o Concello valóranse positivamente estes datos, e faise fincapé na necesidade de desestacionalizar todo o que se poda e intentar buscar e fixar eventos en datas do ano máis baixas para xerar actividade económica en Allariz que, un ano maís, volve atoparse na lista entre as 100 localidades máis belas para visitar no 2023 pola prestixiosa publicación National Geographic no seu apartado de viaxes.

Estrada OU01502

Redacción

O proxecto de remodelación na estrada OU-01502 para o camiño escolar do CEIP Padre Feijóo de Allariz foi seleccionado na convocatoria de axudas da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Esta vía conta cun tráfico medio que supera os 4.000 vehículos diarios.

10 Barrios 26 de xaneiro 2023
VERÍN / ALLARIZ
A praza Maior durante o “Allariz de Medo” de 2022.
Este ano destacou o interese por Santa Mariña de Augas Santas e pola gastronomía e produtos locais
Presentación das Xornadas de Novela Negra da Biblioteca

Fútbol

Redacción

O Arenteiro disputou os 25 minutos adiados do partido contra o Guijuelo. Os do Carballiño regresaron cun empate que fai que os de Javi Rey sexan máis líderes na 2ª Federación. Con este empate os ourensáns son primeiros con cinco puntos de vantaxe sobre o segundo, precisamente o Guijuelo.

O Ourense CF está nunha

clara liña ascendente, e a vitoria da pasada fin de semana fai que ocupe a sexta posición e mire aos postos de playoff.

Este sábado, o Ourense CF recibe no Couto ao Marino de Luanco (17.30 h.) e o Arenteiro visita ao Bergantiños o domingo.

3ª Federación

A UD Ourense sumou o oitavo empate consecutivo (leva nove partidos sen vencer) e ve como os de arriba cada vez se alonxan máis.

A pesar da racha negativa, os unionistas son sétimos a un punto da promoción de ascenso. En canto ao Barco, este logrou unha importante vitoria esta fin de semana que o alonxa un pouco máis da zona perigosa.

Karate de moitos quilates

4 A arte marcial celebrou o nacional en Ourense.

Redacción

Partido do Arenteiro no Espiñedo. /I.OSORIO.

COB

Redacción

Este ano tócalle sufrir a un Club Ourense Baloncesto que ocupa a 13ª posición con cinco vitorias e 12 derrotas.

O equipo, que co ano novo cambiou de adestrador (substituiu a Guillermo Arenas por Félix Alonso) buscara no que resta de tempada asentarse na zona media da táboa clasificato-

Esta fin de semana dispútase a 18ª xornada na que a UD Ourense visitará ao Gran Peña, mentres que o Barco viaxará a Arzúa.

ria para non pasar problemas nas últimas e definitorias xornadas. Para elo, ademais de adestrador novo conta con dous novos xogadores. Por unha banda está Jhornan Zamora, xogador que xa militara no COB en anteriores tempadas; e pola outra Kur Nyok, xogador que precisa dunha adaptación ao equipo. Ademais o club cedeu a Tomás Chapero ao Damex Udea de Algeciras.

O Campionato de España de Karate tivo momentos de moita tensión durantes as tres xornadas que se disputou no Paco dos Deportes Paco Paz. As katas e para-katas -individuaus e por equipos-

abriron un campionato no que o subcampión olímpico, Damián Quintero, volveuse proclamar campión de España sénior; Paola García foi a campioa na categoría feminina. Ademais, na xornada inaugural tamén se celebraron as finais de katas por equi-

pos, vencendo Madrid en homes e Andalucía en mulleres.

Na segunda xornada poñíanse en xogo os títulos de kumite individual nas distintas categorías. A emoción palpouse en toda a xornada con mención especial nas finais, nas que na maioría delas estivo moi igualada a contenda.

E para rematar, a última xornada acollía a competición de kumite por equipos. Na final masculina Madrid venceu a Andalucía, mentres que foron as andaluzas as que gañaron na final feminina a Cantabria.

Gran campionato

En definitiva, un gran campionato no que se deu cita en Ourense o mellor do karate nacional e internacional, xa que na cidade das Burgas aterrizaron nomes como o de Damián Quintero (campión de Europa, entre outros moitos títulos) ou María Torres (campioa do mundo).

Fútbol sala Redacción

O Ourense Envialia arrincou a segunda volta cun empate na pista do Roldán. Con este traspés as ourensáns moi lonxe das primeiras prazas clasificatorias.

A próxima xornada -sábado, 4 de febreiroas albinegras reciben ao Melilla, equipo que ocupa a cuarta praza. Partido vital para as pupilas de Mondo para non perder comba do obxectivo de xogar a copa.

Sala Ourense

O Sala Ourense deuse unha alegría e goleou ao Segosala por 8 a 2. Partido trascendental para os intereses dos ourensáns que aínda que coa vitoria non saen dos postos de descenso, si que lle da un punto de optimismo para encarar o que resta de tempada.

O seguinte encontro terá lugar esta fin de semana nas Pontes contra O Esteo.

Cidade das Burgas

O Cidade venceu ao Bembribe (5-2) e segue confiando en loitar ata o final polo ascenso. A vitoria ante un rival directo fai que as de Manolo Codeso marchen sextas con 22 puntos.

A competición regresa para as franxiverdes o sábado, 4 de febreiro, cando visiten ao Santidad Banot.

11 Barrios 26 de xaneiro 2023 DEPORTES
Damián Quintero, celebrando un novo título nacional. Tensión nun dos combates de kunite por equipos. /RAMSÉS.

"Adicarme á música sería un soño feito realidade"

4 A cantante Paula Ferrer está preparada para deixar a todos os televidentes do programa da TVG “Luar” un bo sabor de boca.

R.T. - A.J.

Este venres, 27 de xaneiro, chega o momento da verdade para Paula Ferrer. A artista participa en Recanteiros -Luar- representando a Ourense Norte.

Que lle supón a Paula Ferrer participar en Recanteiros representando a Ourense Norte?

Paula Ferrer: "A verdade que me supón unha gran experiencia e un honor representar a miña terra, Ourense, nun concurso adicado ao canto que é a miña paixón".

Con que expectativas vas ao concurso?

P.F.: "Pois con intención de aprender o máximo posible dos profesionais que forman o programa, dos compañeiros e de todas as

experiencias que nos brindan".

Como foi a preparación?

P.F.: "Pois a verdade que non me preparei de ningún xeito concreto, simplemente preparando a miña voz desde xa fai anos coas miña coach vocal, Lorena".

Gustaríache dedicarte á música?

P.F.: "Adicarme á música sería un soño feito realidade".

O ser filla de un escultor importante, Tony Ferrer, pola sensibilidade cara o arte, puido influír no teu amor a música?

P.F.: "Nunca mo “plantexei” pero pode ser, desde pequeniña vivín nun mundo rodeado de arte grazas ao meu pai, e aínda que

“Cara ao mundo da verbena é unha moi boa oportunidade e nunca se sabe se, de casualidade, alguén importante no mundo da música pode escoitarnos e darnos unha oportunidade”

na escultura ou no debuxo non era moi boa, souben atopar a miña forma artística na música".

Cres que este programa pode ser un escaparate?

P.F.: "Creo que si, xa que por exemplo cara ao mundo da verbena é unha moi boa oportunidade e nunca se sabe se de casualidade alguén importante no

mundo da música, poida escoitarnos e darnos unha oportunidade nunha profesión que me resulta moi complicada pero fermosa".

Que nos podes contar da experiencia no Luar?

P.F.: "Polo momento está sendo incrible, cada venres é unha festa cos compañeiros, xa somos coma unha pequena fa-

milia, aprendo moito de todos os integrantes do programa e vivo unha experiencia nova cada día que vou".

Desde cando tes gusto pola música?

P.F.: "Pola musica dende moi, moi cativa, aínda que de pequeniña tiña un pánico escénico horrible, e so era capaz de cantar na casa estando eu sola (risas)".

Estás na actualidade en algún grupo ou fas actuacións coma solista?

P.F.: "Si, este ano comezo a formar parte de Grupo Versus, que é de Valladolid, e a verdade que estou súper contenta e emocionada desexando comezar a temporada con eles".

Que plans tes para o futuro?

P.F.: "Pois de cara ao futuro teño intención de seguir preparándome vocalmente, seguir no mundo da verbena; que me encanta, apuntarme a todo tipo de concursos de canto para aprender máis, e so-

bre todo, xamais deixar o meu soño de poder chegar algún día a adicarme ao mundo da música".

Cando é a próxima actuación e que temos que facer para apoiarte todos os ourensáns e seguidores?

P.F.: "A próxima actuación é o día 27 de xaneiro. Para apoiarme pódense facer 5 chamadas gratuítas dende cada liña ao número 988 60 06 81; así como enviar un WhatsApp ao número 661 39 84 40, escribindo “VOTO PAULA”; comentando na publicación de facebook onde saen as fotos dos 2 recanteiros que cantan, poñendo tamén “VOTO PAULA” e tamén por Twitter, escribindo “VOTO PAULA” na publicación correspondente ás votacións".

12 Barrios 26 de xaneiro 2023 ENTREVISTA
Paula Ferrer durante unha actuación. ENTREVISTA A PAULA FERRER, REPRESENTANTE DE OURENSE NORTE EN RECANTEIROS
“Cada venres é unha festa cos compañeiros, xa somos coma unha pequena familia”
13 Barrios 26 de xaneiro 2023 PUBLICIDADE

14 Barrios 26 de xaneiro 2023

Teatro

- Sábado 28 de xaneiro - 20 h - Patriotas - Teatro Principal.

- Sábado 4 de febreiro - 20 h - La Panadera - Teatro Principal.

Musical

- Venres 3 de febreiro - 20 h - A Viaxe - Dende Arxentina ata GaliciaTeatro Principal.

- Sábado 11 de febreiro - 18 h - “Beethoven para Elisa” el musical - Teatro Principal.

Cinema

- Luns 30 de xaneiro - 20.30 h - Os fillos da Yihad - Cineclube Padre Feijoo.

- Mércores 1 de febreiro - 18 e 21 h - “Decision to leave” - Teatro Principal.

- Luns 8 de febreiro20.30 h - O Cabalo de Turín - Cineclube Padre Feijoo.

- Mércores 8 de febreiro - 18 e 21 h - “Close” - Teatro Principal.

Deportes

- Mércores 1 de febreiro - 20.45h - COBEstudiantes (LEB Ouro) - Paco Paz.

- Sábado 4 de febreiro - 17 h - Ourense Envialia - Melilla - Os Remedios.

Exposicións

- Ata o 26 de febreiro - Entroido, mobiliario vestido - CC Marcos Valcárcel.

- Ata o 12 de marzoMedindo o xesto, trazando o tempo - CC Marcos Valcárcel.

- Ata o 12 de marzoO bosque anguriado - CC Marcos Valcárcel.

Outros

- Días 27 e 28 de xaneiro - V Xornadas de Novela Negra - Auditorio de Verín.

- Xoves 26 de xaneiro - 20.30 h - Conferencia de Fernando Jáuregui: La foto del Palace - CC Marcos Valcárcel.

- Luns 30 de xaneiro20.30 h - Conferencia de Carlos Rodríguez: “El rey de los jíbaros” - CC Marcos Valcárcel.

- Xoves 2 de febreiro - Conferencia de José Cabrera: La sociedad de hoy, qué podemos esperar - 20.30 h - CC Marcos Valcárcel.

www.periodicobarrios.com

OCIO E CULTURA

4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS

Aninovo e a enchente no Asneiro

Apágase o lume na lareira de vagarciño, a calor das achas de carballo quenta a pedra e as brasas escoitan chover nas tellas gastadas de tantas augas e xeadas. Van esmorecendo as derradeiras, as das cañotas de uz que trouxemos do monte do Coto das Casas. A cinza xúntase nun recordo do que foi e o lume fuxe lene polos buratos da cociña que gardan só as negruras do vivido.

Escóitase o Asneiro medrar con cada pinga e cheira ao fume dos tellados; ten cerna do monte, arume de carqueixas e de carrascos, cheira a esterco e a terra das estivadas e das leiras, do liñar e dos xuncos das brañas. Trae conversas dos sapoconchos e das ras, escorregan en escumas as suores dos homes e a forza das eixadas e das fouces.

O pregar das nais que perderon os fillos ouvea entre o vento e a forza da enchente, un son doce e terrible mesturado coas risas e os xogos dos que sobreviviron á fame e ás miserias. Na cociña a tristura mornéase coa broa e os chourizos. Os da aldea turramos da vida coma o río e cando non podemos coa tristura estoupamos nunha enchente de risos ou de choros segundo toque, limpamos os ollos e seguimos cara o mar onde nos agardan os que pasaron antes.

Estas ledo papá, é ano novo!

“Hoxe non poden botar as vacas coa que está caendo, Chiquito, cando escampe un pouco ímoslle buscar uns brazados de herba e carrexámoslles palla do palleiro. Iso si, hai que levalas a beber á Fonte da Picha se nos deixa o tempo e para de caer a caldeiros”.

Mentres o pai fala vai remexendo na borralla na procura dun tizón aceso, cando o atopa sópralle a modiño, parece un anxiño da garda dos que conta a avoa que coidan aos meniños, ten tanto xeito

nos beizos... e tanto agarimo nos ollos!

Na frouma seca prende deseguida un novo lume. “Nada é sempre o mesmo, todo muda, ti antes eras pequeniño cando te trouxen de Venezuela e agora xa case que es un mozo, xa vas a escola e xa sabes ler moi ben, aprendes moito e estou moi orgulloso de ti. Pero non quero que te rías dos nenos que non van tan adiantados, saber é moi importante, máis importante inda é entender aos que van ao noso carón e axudalos se se pode”, dime mirándome aos ollos; achega unhas estelas, e o lume segue a medrar, bota uns garabullos secos na fogueira que nace das vellas cinzas, a cociña alégrase coas lapas que brillan coma estrelas. Cólleme no colo e coas súas mans acariña as miñas, síntome o neno máis feliz do mundo. O pai sabe facer de cada cousa unha marabilla, de cada aceno un agarimo, de cada sorriso un mundo, de cada bico a felicidade, de cada colo a tranquilidade e de cada cousiña por pequena que sexa un acontecemento.

Pon o cazo ao lume para facer o chocolate, unha pastilla de Chaparro cortada en onzas co fío da machada enriba da mesa de madeira, con xeito para non deixar marca. Despois as onzas de ouro negro rematan no cazo da leite mentres as vai remexendo de a pouco. E de a pouco tamén, toda a casa arrecende a festa e doces, da lacena sacamos o biscoito para mollar nas cuncas de barro, que baixamos da espeteira. Eran da casa da avoa, trouxémolas cando morreu, ao pai son as que máis lle gustan porque quería moito á avoa.

Mentres, o Asneiro segue resoando fero, agora a enchente xa chegou á Braña, e a Fonte de baixo esta cuberta de auga e troitas, Ribas do Asneiro durme nas ourelas neste novo ano, todos sabemos que se hai enchente haberá troitas, inda que estraga os

Nós, a xente do redor

Redacción

muíños e hai que traballar a reo para poñelos a andar de novo, e os prados quedan cheos de refugallos que vai deixando, enchóupase todo e hai que facer novos regos para devolver as augas que a terra xa non quere. En troques deixaranos troncos e polas para o lume cando sequen, converteranse en cinza e volverán ao prado para alimentar a herba do ano que ven. “Todo ten a súa función e todo serve para algo, todo nace e todo morre, todo renace outra vez para compartir a vida cos outros, compartir, Chiquito, é o xeito de desfrutar o que se ten, quen nos dera que estiveran teus irmáns para compartir o chocolate con nós, non si?.

>>Hoxe está de santo o Manoliño e pasado mañá o Suso, pero andan polo mundo adiante. Os dous tiveron que voar coma as rulas; pero volverán e algún día celebrarémolo xuntos todos, xa o verás”.

“E tomarémola chocolatada todos, verdade papá?”.

“Si, así gustaríalle vernos á túa mamá”.

Mentres botaba o chocolate pasoume a man pola testa e dixo: “trae a bola da artesa e déixate de Andrómenas, non vaia arrefriar, que o chocolate hai que bebelo quentiño”. Coa outra man secou a bágoa que lle esvaraba pola meixela, e dixo rindo: “non sei que faría eu sen ti!”

Ledo, botei a correr a buscar a bola ao celeiro; máis fachendoso e máis cheo que o mesmo Asneiro. Sentinme o meniño máis rico do mundo.

Este xoves, 26 de xaneiro, ás 20 horas, presentarase no Salón Noble do Liceo de Ourense o número 9 da Revista Cultural “Nós, a Xente do Redor”. Nesta ocasión o encargado de ilustrar a portada foi a pintor colombiano Carlos Santos, co título “Apertas de Luz”. “Fai referencia á amizade e o abrazo que é o sentimento do Movemento Cultural, Nós a Xente do Redor”, en verbas do seu autor.

A revista conta tamén con ilustracións de pintores coma Paco Ascón,

Ángel Martínez Coello, entre outros.

Colaboran 50 autores inlcuíndo novos nomes: a novelista Olivia Rozas Canoura ou os intelectuais Félix Álvarez e Antonia Blanes; destacan tamén os artigos etnográficos de Rafael Quíntia ou Carlos Ares e as aportación dos estudantes do Colexio Cisneros Ángel Martinez Rosario co poema “A miña Avoa” e Daniel Delgado cunha ilustración, da man de Marila Abad a súa mestra.

O acto estará presentado pola artista Marina Sánchez e contará coas atuacións de Antonio Barros, dos acordeonistas Juan Ruibal e Maximino Míguez e do grupo Folk, Lume na Lareira da Estrada.

Redacción

“A viaxe” é un proxecto discográfico do pianista arxentino-galego Juan carlos Cambas que se poderá ver no Teatro Principal de Ourense o vindeiro venres, 3 de febreiro, ás 20 horas. Nel, o artista conta, a través da música, a biografía da súa familia, pero tamén a historia de milleiros de

emigrantes, que como os seus pais, atravesaron o océano na busca dun futuro mellor para eles e para as súas familias que quedaban en España.

Este concerto será a presentación do CD “A Viaxe - Dende Arxentina ata Galicia”. Durante o concerto tocará algún dos temas incluídos neste traballo e compartirá outros xunto a artistas invitados como Rosa Leiro, Juanjo Cura ou mesmo a Coral de Ruada.

4HUMOR

“A viaxe”, no Principal
“E tomarémola chocolatada todos, verdade papá?”.“Si, así gustaríalle vernos á túa mamá”
Juan Carlos Cambas levará ao Principal o seu último proxecto “A viaxe”. Miguel

BARRIOS.

Letras

Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal:

OCIO E CULTURA / CLASIFICADOS

1º - 32005

15 Barrios 26 de xaneiro 2023

Tel: 685 969 546.

Nº178 - Ano: XVI - 26 de xaneiro de 2023 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico

Exceso de peso e inflamación

Cando temos de 10 a 20 kg de máis, aconséllase eliminar todos os alimentos procesados e suxírese unha redución dos hidratos de carbono, xa que normalmente o organismo pode non estar metabolizándoos ben. Patacas, arroz, pasta, pan e sobre todo doces. Debes favorecer as verduras, a carne, o peixe, os ovos e a froita. Preferiblemente, eliminar os lácteos.

A investigación científica na área da obesidade ten como principal foco de estudo a función biolóxica do tecido adiposo, nun intento de relacionar as respostas terapéuticas coas características celulares deste tecido. É aquí onde se producen sustancias que influirán na forma en que gastamos ou acumulamos enerxía, favorecendo o aumento ou

a perda de peso. O xaxún prolongado e a actividade física intensa provocan unha diminución dos niveis de graxa. Así, e segundo as publicacións científicas neste ámbito, é importante reducir estes niveis mediante o adestramento físico, desde a marcha até a bicicleta; pero nesta situación, é recomendable deixarse guiar por un profesional do ximnasio. Vin grandes melloras nestes casos no ximnasio ao que vou, en CROSSBOX, situado en Madalena en Chaves.

O adestramento ten que estar ben orientado na dirección desexada, por exemplo, cando hai unha patoloxía asociada.

Logo vén a parte da dieta, ou máis ben a alimentación selectiva: -consumir carne libre de antibióticos e hormonas (principalmente presentes na carne importada), -evitar aditivos, colorantes e conservantes artificiais, -comer alimentos naturais e frescos e evitar os procesados, adoptar unha dieta rica en froitas como mazás, ciruelas, aguacates e froitos vermellos, verduras como brócoli,

coliflor, espinacas, tomates e pementos. Evitar azucres refinados, -aumentar o consumo de ácidos grasos omega 3 do peixe, sardiñas, caballa, salmón, sáibao. Evitar graxas trans, aceites vexetais, margarinas e graxas saturadas. Eliminar o gluten, pastas e alimentos ricos en fariñas refinadas. Evitar lácteos, utilizar aceite de oliva e limón en ensaladas, beber auga alcalina, cociñar con manteiga de porco, aceite de coco e aceite de oliva e mastique ben a comida.

Varios efectos combínanse cando o corpo realiza actividade física. En primeiro lugar, o exercicio é un potente antiinflamatorio. Tamén mellora a sensibilidade á insulina, axuda a controlar o equilibrio do azucre no sangue e reduce a glicación de proteínas. Tamén se demostrou que o exercicio induce o crecemento de novas neuronas no cerebro, aumenta a reserva cognitiva e prevén o seu declive.

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

[Deixe o seu anuncio no 685 96 95 46 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

INMOBILIARIA

Véndese piso en Beluso, Bueu (Pontevedra). 100 m2, 3 habitacións, salón, cociña, baño, despensa e 3 trasteiros amplios. Soleado todo o día, situado preto de servizos básicos e a menos de 2 km das mellores praias da zona. Prezo: 85.000 euros. Tfno.: 679 588 349 (envío fotos, escoito ofertas). Alugo local económico no centro. Ideal para oficina, almacén ou trasteiro. 17m2. Dispón de baños comunitarios. 120 euros/mes máis 7 euros de comunidad. C.E.: C. Teléfono 627 203 131 Véndese casa céntrica en Xinzo de Limia. Baixo máis unha planta (144m2,) tres prazas de garaxe e patio, cinco habitacións, dous baños, cociña amoblada e terraza. 133.000 euros. Tel. 699 648 514 / 988 21 40 70

Alugo baixo na zona do Couto totalmente acondicionado. Con luz, auga, 70 m2. Prezo 300 euros. Tel: 653 208 506

Alúganse apartamentos en Montalvo (de Semana Santa a outubro) con unha ou dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916

Alugo sala para actividades culturais, con posibilidade de cociña, baño e outros sertvizos. Tel.: 988 247 113.

Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19.

Busco casa en alquiler na periferia de Ourense. Opción a compra ou dunha permuta dun piso situado na Valenzá. Tlf.: 600 826 029.

Vendo casa na estrada de Santiago, con finca. Para restaurar. Tel.:672 089

349.

Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19.

Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62.

TRABALLO

Ofrécese señora para traballar por horas en Xinzo coidando maiores. Tel. 641 440 921.

Ofrécese señora para traballar por horas en Xinzo limpando. Tel. 641 440 921.

Ofrécese señora para traballar con xente maior ou nenos. De toda confianza, con informes. Disponibilidade de coche e fins de semana Tel.: 606 422 543.

Ofrécese señora para limpeza por horas Tel.: 674 500 513.

Señora, auxiliar de enfermería responsable e con experiencia, ofrécese para coidar persoas maiores, enfermos, nenos e tarefas do fogar. Tel.: 620 052 173

Ofrécese señora responsable -española- para coidade de nenos ou persoas maiores. Con informes. Tel.: 606 422 543

Ofrécese auxiliar de enfermaría, con titulación, para o coidado de maiores. Como interna ou por horas. En Ourense ou arredores. Telf.: 663 043 561

Danse clases de francés a domicilio. Todos os niveis. Titulación en España e Francia. Tlf.: 625 745 611

Imparto clases particulares de Matemáticas a domicilio en Ourense capital. Todos os niveis. Tamen materias curriculares de ESO e Bacharelato. As clases son individuais e personalizadas. Ampla experiencia. Excelentes resultados.

Económico. Interesados enviar WhatsApp ao 610 38 25 89.

Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405.

Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358.

VENDAS

Vendo colección de revistas “Muy interesante”, do nº1 ao 163, e “Natura”, do 1 ao 132 (as dúas encadernadas). Tlf: 636286434.

Vendo accesorios para cans: arnes de tiro, correas, collares e fournitures. Tlf: 636286434.

Vendo unha xanela de dúas follas en aluminio sapelly de 1,40 x 0,94 m con cristais. Tlf: 636286434.

Vendo dúas cadeiras infantís de coche (Jane) de 15-36 kg con isofix, unha negra e outra vermella. Tlf: 636286434.

Vendo rizador de pelo con accesorios para alisar e rizar. Tel.: 666 303 635

Vendo cama hospitalaria articulada en bo estado, con colchón anti-escaras. Tlf.: 606 133 522

Vendo prensa de viño mediana/grande, ideal para decoración en xardíns. Tlf.: 606 133 522

Véndese mampara nova. Tel: 672 089 349.

Véndense traxes de cabaleiro moi antigos en bo estado, ideal para Entroido. Prezo 10€. Tel: 610 979 897.

Compro moble de cociña completo. Tel: 988 247 824.

Vendo escritorio. Como novo, bo prezo. Tel: 672 089 349.

Vendo estufa de frío e calor. Tel: 672 089 349.

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA Edita: a la OU 142-2014. Redacción: r/ Arcediagos,11, Ourense. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara, Manuel Blanco non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 685 800 190. João Damião
Cando temos de 10 a 20 kg de máis, aconséllase eliminar todos os alimentos procesados
Barrios 26 de xaneiro 2023
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.