Barrios 177

Page 1

As distintas vilas ourensás organizan un amplo programa de actividades para este Nadal, que inclúen música, maxia, teatro e as visitas de Papá Noel e os Reis Magos. Número: 177 - Ano: XIV - 22 de decembro de 2022 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 CIDADE Páx.6 VERÍN Páx.14 CELANOVA Páx.10 XINZO Páx.12 [Páx. 2-4] O COB logra ante o Burgos a súa cuarta vitoria coa actuación estelar de Zamora “Back in Black”, as V Xornadas de Novela Negra de Verín, serán o 27 e 28 de xaneiro A cidade conta con dous novos parques infantís: na Milagrosa e As Lagoas O micoturismo de Celanova, presente na 40ª Semana Micolóxica Galega A Xunta instalou en Boado dúas videocámaras para contabilizar peregrinos DEPORTES Páx.19 Especial das programacións de Nadal dos concellos de Verín, Xinzo, Celanova, Allariz, Amoeiro, Barbadás e Ourense A provincia festexa o Nadal

Propostas para toda a famila no Nadal ourensán

4 Concellos como Xinzo, Verín e Amoeiro organizan numerosas actividades.

Redacción

A escasos días para meterse de cheo no Nadal os concellos da provincia quixeron facer todo o posible para que este ano sexan unhas datas inesquecibles.

O Concello de Verín presenta unha programación con propostas de lecer, cultura e dinamización do comercio local. Este ano conxúganse a novidade

Verín organiza o Ludonadal (para nenos de 3 a 10 anos) para facilitar a conciliación das familias ata o 5 de xaneiro

do Tren de Nadal de Verín (un vehículo eléctrico infantil cun perecorrido circular en vías, que estará na praza García Barbón de Verín), ata o 8 de xaneiro, co tradicional Belén da Viruca (no Salón parroquial ata o 9 de xaneiro).

Outras citas destacadas son o Ludonadal (para rapaces de 3 a 10 anos) que terá lugar no pavillón de Deportes ata o 5 de xaneiro, e os xogos inchables que terán lugar nas prazas da Mercé, García Barbón e Concello os días 24 de decembro e 3 de xaneiro e que está organizado por Aever; o mesmo que a campaña "Os 6.000 de Verín" para dinamizar as compras no comercio local e na que se sortearán 6.000 euros o 28 de de-

cembro.

Ademais, haberá concertos do CMUS (auditorio o día 22 ás 20 horas); e o tributo a Pucho Boedo (6 de xaneiro no auditorio ás 20 horas). Non faltará a presentación do libro "Dende a Ponte a Monterrei", de Miguel Ángel Prieto Sotelo (Casa da Cultura, o 22 ás 19:30 horas), nin tampouco teatro para toda a familia coa obra "O secuestro da bibliotecaria" (auditorio o día 29 ás 18 horas con entrada de balde). Xa o 30 de decembro terá lugar a Gala de Nadal de AEVER, con humor, maxia e música (no pavillón dos deportes ás 18:30 horas) e o 5 de xaneiro a gran cabalgata dos Reis Magos, que percorrerán as rúas de Verín dende as 18

horas. Pecha esta completa programación, a representación teatral "Sempre nos quedará Venecia", o día 7 de xaneiro ás 20 horas no auditorio.

Xinzo

Xinzo de Limia tamén ten preparado un amplo e diverso programa de Nadal. O venres 23 de decembro, o Apalpador percorrerá a vila dende as 17:30 horas e o sábado 24 será a quenda de Pai Noel dende as 17 horas. A praza Maior será un dos puntos principais destas datas, o luns 26 acollerá unha actuación circense ás 18 h e o concerto de Marta Bravo e Sergio Tannus ás 20 horas; o día 27 ás 18 horas, a actuación do músico Pako Pakolas para deleitar; e o 28, á mesma hora, a do Mago Martín. O xoves 29 ás 19:30 horas será a gala do deporte no pavillón municipal e a actuación do grupo Broken Peach ás 21 horas na praza Maior. O venres 30 actuará o Payaso Popin ás 18 horas na praza Maior e haberá concerto de Nadal dúas horas despois na Igrexa Nova.

O ano péchase en Xinzo o 31 cun contacontos ás 18 horas na praza Maior. O mesmo emplazamento que o luns 2 de xaneiro acollerá ás 18 horas unha actuación circense e ás 20 horas o concerto de Jazz de Xacobe Martínez Trío; o martes 3 ás 18 horas, a do malabarista Isla Letriska; e o mércores 4, de 10 da mañá á medianoite, a actuación de música urbana do colectivo Xplicit Prods. E xa o 5 de xaneiro a partir das 18:30 horas terá lugar a gran cabalgata dos Reis Magos.

Amoeiro

En Amoeiro xa tiveron a visita de Papá Noel o pasado domingo, 18 de decembro. Todos os nenos do municipio achegáronse ao Campo do Souto para entregar as súas cartas cos seus desexos de cara á Noiteboa.

Ademais, desde o Concello organizaron unha serie de actividades para estas datas para involucrar a veciños e visitantes. Unha delas é o Primeiro Concurso Fotográfico Concello de Amoeiro. Ata o 8 de

xaneiro, todo aquel que queira participar -maior de idade- deberá presentar fotografías -máximo catro por participante- inspiradas nas contornas do Concello de Amoeiro.

Ademais, os máis pequenos poderán acudir ao “PequeAmoeiro”, do 25 ao 30 de decembro; un gran parque de inchables instalado no pavillón polideportivo da vila.

O 31 de decembro, diante da antiga Casa do Concello, festexaranse as badaladas e as uvas de benvida ao Aninovo 2023 na que haberá festa e sorpresas. De seguido celebrarase a festa de fin de ano, amenizada cunha orquestra na Casa da Cultura.

E para rematar estas datas festivas, o 8 de xaneiro dispútase a 2ª BTT infantil; unha actividade de balde na que os máis peques adentraranse no mundo das bicicletas de montaña.

Os Broken Peach actuarán en Xinzo o día 29 ás 21 horas

2 Barrios 22 de decembro 2022
especial NADAL
Entre as proposta de Verín atópase a Gala de Nadal de AEVER, o 30 de decembro./R.T. A praza Maior de Xinzo acollerá moitas das actividades de Nadal./RAMSÉS.

NADAL especial

que interpretará "O lago dos Cisnes" ás 19 horas. Rematarán os eventos de Nadal no Auditorio con maxia o venres 6 (19 horas) con "El último majo" e o sábado 7 (17 horas) co espectáculo "A gran aventira dos Reis Magos".

recoller todas as cartas dos rapaces ourensáns.

Cabalgata

Luces, cámara… Nadal

4 Unha chea de propostas para todos os públicos ofrece o Concello de Ourense para estas datas.

R.Torres

O Concello de Ourense xa está de cheo no Nadal; e iso nótase nas rúas e nas actividades que se están a levar a cabo na cidade das Burgas.

Desde que o pasado 2 de decembro se dera o pistoletazo de saída do Nadal co acendido das luces, as actividades non pararon de sucederse. Cabe recordar que foi unha veciña da Ponte quen acendeu as luces no

día do seu 106 cumpreanos.

Citas destacadas este ano están a ser o Mercado de Nadal, no Parque de San Lázaro; un carrusel clásico na Ponte Vella; o Poboado de Nadal nos Xardíns do Bispo Cesáreo, xunto á segunda árbore de Nadal máis grande de España (38 metros de altura) e o Parque de Aventuras e o tren eléctrico de Papá Noel no Posío. Ademais, na praza Maior, volveu caer neve

como ocorrera o ano pasado, e ademais o belén municipal de Arturo Baltar estará aberto coma sempre para deleite de veciños e visitantes.

Incluso Papá Noel adiantou a súa visita a Ourense e xa se fixo ver pola rapazada polas rúas da cidade.

Programación

Pero Papá Noel seguirá na cidade e o venres, 23 de decembro, estará no xardín do Posío de 11.30 a 13.30

horas e de 17 a 21 horas; e repetirá o sábado 24 de 11 a 14 e de 16 a 19 horas.

Outro dos atractivos é o Bus musical no que Broken Peach actuará o xoves 22 (de 13 a 14 horas e de 20 a 21h) e o luns 26 (de 19 a 21 horas); Tamara dúo, o sábado 24 de 12 a 14 horas; Dr. Slump, o mércores 28 e martes, 3 de xaneiro (19 a 29h); os Gin Tonic, o xoves 29 (de 19 a 21h); e o Trío Somoza, o mércores, 4 de xaneiro (de 19 a 21h).

O Auditorio acollerá o venres 23 o espectáculo Papá Noel (con tres pases ás 17, 18 e 19 horas). O martes 27 o humor correrá a cargo de David Amor, Róber Bodegas e Javier Veiga con "Esfínter" (20.30 horas). O xoves 29 (19 horas) chega da man de Pablo Méndez "Orixe". E o venres 30 máis humor con "Sen datos non hai paraíso" ás 20.30 horas. En xaneiro, dará a benvida ao aninovo o Ballet de Kiev

A praza Maior tamén contará con moita actividade xa que o venres 23 chega o musical "Un conto de Nadal" a partir das 21 horas. O domingo 25, espectáculo musical infantil con "Legado do Tibu" ás 18 horas. O venres 30 será o turno do concerto de Diego Nóvoa ás 20 horas e pecharase o ano coa festa de fin de ano e Aninovo coa orquestra América.

E no parque de San Lázaro, ademais do mercadiño tamén contará con numerosas actividades. Así, o mércores 28 haberá un "Patinaxe show" ás 18 horas; o xoves 29 maxia a cargo do gran Martín ás seis da tarde; e o venres 30 (tamén 18 horas) contacontos con Marcelo Dobode. Xa en xaneiro, o luns 2, estará o carteiro real a partir das 18 horas para

E non podería faltar a visita das súas maxestades os Reis Magos de Oriente. Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán nos seus dromedarios reais procedentes de Oriente. Durante o percorrido que fagan polas rúas da cidade estarán acompañados acompañados. O percorrido, que dará comezo ás 18 horas, irá por Eulogio Gómez Franqueira, As Caldas, Ponte Romana, Progreso, Doutor Marañón e praza Maior.

A Cabalgata de Reis dará comezo ás 18 horas do 5 de xaneiro e pasará por Eulogio Gómez Franqueira, As Caldas, Ponte Romana, Progreso, Dr. Marañón e praza Maior

Barrios 22 de decembro 2022 3
Esperanza Cortiñas -xunto a Gonzalo Jácome- foi a encargada de acender as luces de Nadal en Ourense. /RAMSÉS Papá Noel escoitou a todos os rapaces que se achegaron a el na praza Maior. /RAMSÉS. O Paseo cheo de colorido coas luces de Nadal. /RAMSÉS

A provincia celebra o Nadal con infinade de actividades

4 Barbadás, Celanova e Allariz presentaron a súa programación.

Redacción

O programa de Nadal de Barbadás trae como novidade este ano unha pista de xeo sintético de 180 m2; instalada ata o 8 de xaneiro na zona da Solaina. Para a conciliación haberá unha ludoteca que se desenvolverá no espazo infantil da Solaina do 23 de decembro ao 5 de xaneiro. Esta dispoñible para 50 cativos de entre 3 e 12 anos (o horario é de 9 a 14 h).

Papá Noel, este visitará o concello o día 22 cunha visita aos colexios e o 23, venres, fará unha recepción na avenida de Celanova ás 18 horas.

Gran parte das actividades destas datas están sendo no auditorio Manuel María. O día 22, Sarabela interpretará Asamblea Xeral (19 horas); o venres 23 (20h) concerto de Aninovo da Banda de Música Infantil EMMB; o luns 26 (19h) actuación do Grupo 7 Burbujas co espectáculo "Burbullas"; martes 27 (19h) chega o Grupo Piscore con "Concerto Singular"; o mércores 28 (19h), actuación teatral de Baobab con "Ás para Alex"; e xoves día 29 dobre cita: ás 18 h. concerto de Grupo de clarinetes xunto con Sencontrastes e o coro da

EMMB, e ás 19 horas concerto da Brass-Badás cunto con Fol & Roll e Ambaca da EMMB.

Seguindo cos concertos, a Banda de Música Xuvenil da EMMB realizará un concerto de Aninovo o martes, 3 e xaneiro, na igrexa de San Bernabé (A Valenzá) ás 20.30 horas.

O Apalpador recorrerá la avenida de Celanova o día 30 desde as 18 horas e regalará un libro a todos os nenos que acudan a verle.

Os Reis Magos tampouco faltarán á cita en Barbadás; así, o martes , 3 de xaneiro, visitarán os pobos do concello e o mércores día 4 (a partir das 16 horas) pasarán a tarde en Diverlandia que estará ubicado no polideportivo municipal (é preciso retirar invitación).

Ademais da visita das Súas Maxestades haberá inchables, pintacaras, obradoiros e pequenos agasallos para todos

En Loiro, os veciños implicáronse na decoración navideña do pobo. Ademais das típicas luces, colocaron un gran pobo con figuras de profesions tradicionais galegas do rural (panadeiros, ferreiros, lavandeiras ou pastores de escaiola pintados polos veciños) que dan vida ás grandes casas que a unha

escala de 1/12 construíron os veciños. Un gran río con auga corrente, un lavadoiro e ata un cruceiro completan este decorado. No local social da Asociacion Cultural "Loiro na Memoria" colocaron un gran Belén e outra representacion do nacemento feito por unha veciña con cascaras de ovos.

Celanova

O Auditorio Municipal Ilduara será un dos epicentros da vila neste Nadal. Teatro haberá o venres 23 (ás 19.30 horas) con "A historia de Martín"; o venres 30 (19.30 horas), con "Os novos músicos de Bremen"; e o o sábado, 7 de xaneiro con "Laia, aprendiz de maga". Ademais do teatro, o auditorio acollerá do 23 ao 30 de decembro (de 10.30 a 12.30 h.) o Tecnoxogos para cativos de 4 a 8 anos; o venres 6 de xaneiro (18 h) cine de Nadal; e o domingo 8 (19h) o Festival Lembranza Solpor.

O pavillón das Triguerizas albergará do 23 ao 30 de decembro (de 17 a 20 horas) inchables para os máis cativos.

Outras actividades serán: o venres 30 (de 15 a 19 horas) o obradoiro de galletas na praza de Abastos e un concerto de Cantigas da Terra xunto ao órgano,

na igrexa ás 20 horas; o sábado 31 Mercado Gourmet na praza de Abastos de 10 a 15 horas e o baile de Aninovo no Salón Refrectorio do Claustro Barroco.

En xaneiro, o martes 3, a Casa do Poetas acolle (ás 18 horas) a presentación Creacións do Obradoiro literario.

E como non podería ser doutro xeito, o xoves 5, a partir das 18 horas, a agardada Cabalgata dos Reis Magos polas rúas da vila.

Allariz

O prato forte do Nadal en Allariz é o seu decorado; e é que varias localizacións da vila emulan un cadro do máis navideño con elfos, neve e ata mesmo unha estación de esquí.

En canto ás actividades cabe destacar dúas citas para os máis pequenos co teatro: o venres 23 de decembro e o 8 de xaneiro, estarán na Casa da Cultura de Allariz as obras A Tartaruga e Asemblea Xeral, ás 18 horas. Pola súa banda,

o venres 23 o Campo da Barreira acollerá o concerto de Son da Rúa e dos Djs Markox e Paulo Seoane, todo elo a partir das 23 h.

O pavillón do IES de Allariz acollerá de novo o Nadal Parc entre o 26 de decembro e o 3 de xaneiro. Os nenos e nenas de ata 12 anos poderán divertirse nos inchables, nas zonas de xogo e nos obradoiros que se desenvolverán neste espazo.

Tampouco faltará o deporte coa Derradeira Solidaria que se celebrará na mañá do 31 de decembro (11 horas adultos e a infantil ás 11.15h), con saída dende a Praza Maior.

O 5 de xaneiro ás 18:30h dará comezo a Cabalgata dos Reis Magos dende a Alameda ata o pavillón do IES de Allariz.

Pecharase o Nadal con humor o sábado, 7 de xaneiro, da man de David Amor co seu espectáculo Love está en el aire ás 22 horas na Casa da Cultura.

Ademais, un ano máis

chega a campaña "O peto dos desexos" para incentivar as compras locais. A iniciativa sorteará 2 premios de 250 euros e 5 de 100 entre os clientes do comercio e hostalería da localidade que deberán xuntar tíquets de compra ata alcanzar un valor de 30 euros. A participación prolongarase ata 6 de xaneiro. Os comprobantes de compra serán depositalos xunto coa tarxeta dos desexos nun dos Petos que estarán situados no Alto do Portelo e na entrada da Alameda. O 9 de xaneiro sortearanse 1000 euros en premios nun acto público que terá lugar ás 11 horas diante do Peto dos Desexos (no Alto do Portelo).

Os Reis Magos estarán o día 4 no Diverlandia de Barbadás (no pavillón); e o día 5 percorrerán as rúas de Celanova e Allariz

4 Barrios 22 de decembro 2022
especial NADAL
Decoración de Nadal en Celanova e Allariz.
Barrios 22 de decembro 2022 5 PUBLICIDADE

EN BREVE

4 Convenio

O Goberno municipal e os sindicatos con representación no Concello de Ourense pecharon un acordo na Mesa Xeral de Negociación relativo ás bases reguladoras dos procesos selectivos de concurso para a estabilización de persoal temporal tanto interino como laboral temporal (105 prazas no Concello de Ourense e 4 no Consello Municipal de Deportes).

4 O Pereiro

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, reuniuse co alcalde de Pereiro de Aguiar, Luis Menor, para anunciarlle que o Concello de Ourense licitará en breve as obras de mellora das comunicacións entre a cidade, na contorna do Auditorio, e o municipio veciño, a través de Montealegre.

Unha obra que prestará servizo á veciñanza dos dous municipios.

Tamén lle avanzou que o prego do concurso que convocará o Concello para adxudicar a xestión do servizo de autobuses urbanos deixará aberta a posibilidade de que a Xunta de Galicia autorice prestar un servizo metropolitano.

4 Delegación da Xunta

Preto de medio cento de proxecto optan á construción da nova Delegación Territorial do Goberno Galego en Ourense. A nova infraestrutura contará cun investimento de 24 millóns de euros e albergarán 10 departamentos autonómicos nun espazo con capacidade para acoller máis de 900 empregados públicos.

4 Obras periurbanas

O Concello inicia un plan de obras de acondicionamento de firme en vías urbanas e perímetro rural dotado con 600.000 euros. Inclúe un total de 12 actuacións de acondicionamento e mellora de rúas, que se executarán até comezos de 2023.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome no parque infantil de Alfonso X, O Sabio.

Parques infantís

A cidade conta con dous novos parques infantís; un na rúa Alfonso X O Sabio, no que se rehabilitou a illa de xogos e instaláronse novos elementos, e o outro nas traseiras da avenida de Otero Pedrayo, onde se prepararon 136 m2 de terreo para instalar un parque de aventuras e tres elementos de xogo.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, visitou ambos emprazamentos, que suman un investimento de 64.884,85 euros e permitirán que as crianzas dos barrios da Cruz Alta e das Lagoas, respectivamente.

O Concello regalará 100 euros a cada ourensán

Redacción

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, a presidenta da Federación de Comercio de Ourense, Beatriz Gómez e o presidente da Confederación de empresarios de Hostalaría, Comercio e Turismo de Ourense, Ovidio Fernández, asinaron o convenio de colaboración entre o Concello e as dúas entidades para poñer en marcha un programa de bonos de 100 euros para dinamizar e incentivar o consumo nos comercios polo miúdo e establecementos de hostalaría de Ourense.

O Concello destinará unha achega económica de 10 millóns de euros a este programa de bonos, que recibirá a totalidade da veciñanza da cidade, para consumir no comercio e a hostalaría local.

Será “a campaña máis importante de España en canto a bonos de apoio ao comercio e á hostalaría local”, avanzou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen destacou a implicación da Federación de Comercio e da Confederación de empresarios de Hostalaría nesta iniciativa. As dúas entidades súmanse con achegas “simbólicas” desde o punto de vista económico, de 1.000 euros, “pero que son un

apoio importante porque a campaña vai dirixida principalmente á hostalaría e ao comercio de Ourense e queriamos contar con estas dúas asociacións.

En 2023

Os bonos de 100 euros, avanzou o rexedor, estarán operativos nos primeiros meses de 2023. Explicou a este respecto, que o Concello decidiu finalmente que a mellor época do ano para desenvolver esta campaña é “na clara costa de despois do Nadal”, polo que os bonos estarán operativos, a priori, do 1 de febrero ao 31 de marzo.

O presidente da Confederación de Empresarios de Hostalaría, Comercio e Turismo de Ourense, Ovidio Fernández agradeceu a “sensibilidade” do Concello; mentres que a presidenta da Federación de Comercio de Ourense, Beatriz Gómez tamén valorou positivamente a iniciativa: “actividades como esta e sobre todo despois do Nadal, que son datas data na que o consumo baixa moito, a verdade é que o vemos importante e interesante”, explicaba.

Novo Subdelegado de Defensa

O coronel Peñas Peckler é o novo subdelegado de Defensa na provincia de Ourense. Peñas substitúe a quen ostentou o cargo durante seis anos: o coronel Gustavo Doncel.

O novo subdelegado é un militar de 58 anos natural de Madrid. O coronel chega do seu último destino encargado pola OTAN no cuartel xeral e Apoio e Capacitación de Ulm (Alemania). Anteriormente estivo destinado en lugares tan dispares como Gran Canaria ou a Antártida.

6 Barrios 22 de decembro 2022
CIDADE
O Concello agarda ter operativos os bonos entre febreiro e marzo
Infografías do eixe de mobilidade sostible previsto na zona de Mariñamansa. Peñas Peckler xurando o cargo de Subdelegado de Defensa en Ourense.
4 O Concello destina 10 millóns de euros para incentivar o consumo no comercio e na hostalaría da cidade.
Firma do convenio entre concello, comercio e hostalaría.
Barrios 22 de decembro 2022 7 PUBLICIDADE

EN BREVE

4 Axudas AAVV

O Concello concede subvencións por un total de 27.000 euros para dar apoio a 40 actividades organizadas polas asociacións veciñais. Actividades tales como as relacionadas co Entroido, Maios, San Xoán, Magosto, Samaín, Nadal, semanas culturais, andainas, excursións ou concursos, entre outras.

4Subvención

Ourense obtén unha subvención por importe de 2 millóns de euros para o desenvolvemento dun paquete de iniciativas que teñen como finalidade apoiar o comercio local da cidade.

4Centro menores

A Carballeira

A Xunta investirá 957.000 euros na renovación do centro de protección de nenos e adolescentes da Carballeira. Os traballos teñen un prazo de execución de seis meses e mellorarán o control térmico interior e a eficiencia enerxética do edificio

4Locomotora

A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente para contratar a reparación e restauración da locomotora da Ponte, emprazada na rúa Xesús Pousa, á que destinará un investimento de 142.000 euros.

Brioenflor faise co concurso de decoración de escaparates de Nadal

Redacción

A florería Brioenflor (na avenida da Habana, número 42) é a gañadora do Concurso de decoración de escaparates do Nadal 2022, organizado polo Concello de Ourense, CIFP Portovello, Viaqua e Ecourense. Na entrega de premios do certame, que tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Ourense, repartiu un total de 8.000 euros en premios (para os 3 mellores máis 4 accésits).

Premiados

Ademais do primeiro premio Brioenflor, o segundo premio foi para a farmacia Martínez Paz, na rúa Francisco de Moure, 22, no barrio do Couto;e o terceiro para o Centro de Día A Ponte, na rúa Basilio Álvarez, 7. O primeiro premio contaba cunha dotación económica de 3.000 euros; 2.000 para o segundo; e 1.000 euros para o terceiro.

Os 4 accésits foron para a Óptica Samuel Eiján, no número 11 da rúa do mesmo nome; o salón de

estética Mon Petit Salon, en Ramón Cabanillas, 1; a florería Bonsai, na avenida de Santiago, 14; e a tenda de decoración Mandarina Home, en Ramón Cabanillas, 1.

Os comercios manterán expostas estas decoracións até o día 8 de xaneiro, para que poidan ser contempladas por todas as persoas que o desexen.

As decoracións estarán expostas até o día 8 de xaneiro

Un ascensor para a Praza

200

4 Para evitar as ramplas da pasarela.

Redacción

O Concello de Ourense encargará o proxecto para a construción dun ascensor que facilite a mobilidade peonil e evite as pronunciadas ramplas da pasarela que cruza a Nacional 120, á altura da urbanización da Praza 200.

Así o anunciou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, que explica que o obxectivo desta iniciativa é mellorar a accesibilidade das persoas que reside nesta urbanización que na actualidade teñen que utilizar un paso elevado para cruzar a estrada nacional e acceder ao barrio da Ponte.

Non será a única mellora da permeabilidade deste barrio, xa que o Concello ten previsto tamén executar unha reforma da

pasarela peonil xa existente, cuxo proxecto está case rematado e prevese licitar en breve.

Avance

Estas dúas actuacións “suporán un grande avance para os mil veciños que residen nesta zona, xa que lles aproxima en tempo e traxecto ao outro lado da estrada, onde está a cidade, e onde poden acceder a servizos tan importantes como a estación intermodal, o centro de saúde, etc.”, explicaba o alcalde, quen engade que ademais esta intervención terá unha especial relevancia, dado que esta contorna se atopa xunto á antiga estación de autobuses, xa clausurada, onde a Fundación Amancio Ortega ten previsto construír unha residencia para persoas maiores.

8 Barrios 22 de decembro 2022
O alcalde de Ourense xunto a premiados e organizadores do evento.
CIDADE
Pasarela que une o barrio da Ponte coa praza 200.
4 Participaron un total de 125 escaparates.

"Escribo sobre cousas que me fascinan"

R.Torres

Mario González Sánchez é un escritor ourensán que a pandemia fixo que lle derá un pulo ás dúas últimas novelas que ten escrito. Se fai un ano presentaba "El laberinto del recuerdo", agora toca a quenda de "Al otro lado de la tempestad".

Nestes días as librarías teñen dúas obras túas recentes.

Mario González: "Así é. Fai un ano publicabamos "El laberinto del recuerdo" e agora "Al otro lado de la tempestad".

Falanos de "El laberinto del recuerdo".

M.G.: "É unha experiencia miña do que vivín e do que me contaron os meus antepasados sobre a Guerra Civil. Despois de ler historias e haber entrevistado a xente moi maior conto unha historia diferente que co paso dos anos descubrimos que todos perdéramos.

Hai personaxes reais; o protagonista móvese entre a ficción e a realidade, entre personaxes reais e ficticios".

Que descubrirá o lector nesta novela?

M.G.: "Descubrirá que as cousas, a veces non son como nolas contaron. Porque na novela hai historias contadas por protagonistas. Por exemplo, un deles que sufriu a represalia do réximen chegou a dicirme que a cousa non foi tan

“Despois de ler historias e ter entrevistado a xente moi maior conto unha historia -en El laberinto del recuerdodiferente, que co paso dos anos descubrimos que todos perderamos”

“A historia -Al otro lado de la tempestadestá ambientada despois do Prestige. Un mozo que chega a Galicia a pasar o verán para solidarizarse despois do desastre; antes de vir déixao a súa moza, pero ven igualmente e aquí vivirá unha serie de experiencias extraordinarias”, explica o escritor

grave como se contaba; e o protagonista da novela preguntababase como era posible que dixera iso. O que pretendo é que a xente teña unha visión real do que aconteceu; cada pobo, cada cidade teñen as súas historias particulares sobre a Guerra Civil. A cidade da novela é imaxinada aínda que moi localizada no que é a cidade de Ourense.

Gustaríame que a xente coñecera, con esta novela, parte da nosa historia que non é tan lonxana e algo que non debería volver a repetirse".

Que sacou de ti este libro?

M.G.: "As investigacións que fixen, cousas que sentín e que as transmitín ao personaxe. O protagonista xoga un pouco co que recibín e el expón no libro. Digamos que son un perso-

naxe intermedio".

E que supuxo para ti?

M.G.: "A historia da Guerra Civil sempre me impactou. Eu de pequeno recordo cando o meu pai escoitaba Radio Pirenáica e Radio Moscú. Pechaba as portas de casa para escoitar esas emisoras de onda curta. Eu vía como se reunían catro ou cinco persoas e escoitaban as noticias que chegaban. Para min é recordar parte do vivido e demostrar á xente que a veces a historia non é como nola contan".

Foi complicada sacala adiante?

M.G.: "Si. Facer que os personaxes sexan creíbles foi complicado. Antes de publicar a novela fun publicando nun portal literario pequenos relatos deste libro, e coa chegada da

pandemia encerreime en casa ata que rematei publicando o libro".

E nestes días sacas novela nova "Al otro lado de la tempestad".

M.G.: "Eu escribo sobre cosas que me fascinan. Vira unha reportaxe sobre a Costa da Morte e sempre quixen visitala. Ademais, lera un artículo dunha escritora inglesa que definía como o "arco máxico" a zona que vai desde Finisterre e Malpica debido aos accidentes dos grandes barcos da armada inglesa que alí tiveron. Al otro lado de la tempestad nace dunha viaxe que fixen percorrendo toda esa zona. De aí construín un concerto que dera no Principal antes da pandemia -polo que este libro ten a súa propia banda sonora-. Como o outro, este libro tamén o rematei na pandemia.

Ademais, o libro vén acompañado cunha colección de fotografías que fixen na Costa da Morte -as fotografías pódense ver na segunda planta do Centro Comercial Ponte Vella-".

E que conta?

M.G.: "Falo sobre unha terra fantástica, marabillo-

sa, que aínda segue virxen a pesar da especulación e do ser humano. A historia está ambientada despois do Prestige -o barco que verteu toneladas de crú por esa zona en 2002-. É un mozo que chega a Galicia a pasar o verán para solidarizarse despois do desastre; antes de vir o deixa a súa moza, pero ven igualmente e aquí vivirá unha serie de experiencias extraordinarias: coñece a xente, empápase na sociedade de Muxía que é onde vai recalar, percorre toda a Costa da Morte. Galicia é misteriosa e máxica, pero nesa zona é onde se concentra o maior esoterismo da nosa comunidade (cidade sepultadas; Ars Solis onde os romanos celebraban os seus ritos, hai un guerreiro romano que cando chegou a Finisterre e viu a posta do sol pensou que había cometido sacrilexio por haber presenciado aquela escena tan sobrecolledora. Pois todo isto e un final inesperado que espero que lle guste aos lectores".

Como na anterior, que supuxo para ti escribila?

M.G.: "Foi revivir todo o que sentín cando viaxei, percorrendo cada sitio, contemplando cada cu-

rruncho. A xente coñece esta zona pola Ruta dos Faros, pero hai que sentarse, empaparse, quedarse horas. En canto á historia; a xente que o lea vai vivir historias, unha viaxe que xamais houbera imaxinado".

Pódese dicir que ten algo de misticismo?

M.G.: "Ten misticismo, aventura, historia de amor, de crecemento e experiencia persoal, de amizade, de respecto ás persoas. O deixo aí: unha viaxe xamais soñada".

Mario xa pensa na seguinte?

M.G.: "O seguinte libro que xa o teño medio rematado. Está ambientado en Santiago de Compostela e fala sobre o legado dos templarios. Todos os misterios que oculta a cidade de Santiago. Compostela está chea de misterios e sinais que deixaron os templarios, que protexían aos peregrinos que chegaban á cidade. Ademais, tiñan moito apego aos artesáns que construían edificios, templos. E nesas edificacións deixaron moitas sinais ocultas. Pois o libro trata sobre iso, a búsqueda dun dos mellores segredos gardados polo home a través das sinais que os templarios deixaron polas rúas de Santiago".

Tanto "El laberinto del recuerdo" como "Al otro lado de la tempestad" pódense adquirir en calquera libraría.

Barrios 22 de decembro 2022 9
Mario González, no Centro Comercial Ponte Vella, presentando unha exposición fotográfica relacionada coa novela “Al otro lado de la tempestad”. /RAMSÉS.
ENTREVISTA
4 Falamos con este escritor ourensán sobre as dúas últimas novelas da súa autoría: “El laberinto del recuerdo” e “Al otro lado de la tempestad”.
“O próximo libro está ambientado en Santiago de Compostela e fala sobre o legado dos templarios. Todos os misterios que oculta a cidade de Santiago”

4 Vioxén Celanova

A Mancomunidade de Terras de Celanova acolleu unha nova reunión da mesa interinstitucional sobre violencia de xénero.A reunión estivo, sobre todo, marcada pola preocupación da comunidade escolar debido á falta de información para axudar ás vítimas de violencia de xénero. Ademais, sacouse á luz que na comarca rexistráronse unha ducia de denuncios de violencia de xénero; cifra igual á da última reunión celebrada.

4Leopoldo Rodríguez

Leopoldo Rodríguez repetirá como candidato do BNG á alcaldía de Celanova, acompañado, no primeiro tramo da lista, de Xulia Paz, Ernesta Seoane, Erik Dobaño e María Rodríguez ‘Cabaco’, na procura de cambiar o rumbo da vila.

Micoturismo de Celanova

Redacción

A iniciativa micoturística de Celanova vén de participar nunha mesa redonda na 40ª Semana Micolóxica Galega que se celebrou nas Pontes de García Rodríguez. O micoturismo é unha realidade en distintos puntos de España, Segovia, Soria ou Navarra serían só uns exemplos, pero a súa implantación en Galicia segue a ser moi dificultosa. A Federación Micolóxica Galega, organizadora do evento, contactou cos promotores micolóxicos de Celanova para participar na mesa redonda sobre a cuestión e contar a experiencia local da vila ourensana.

Traxectoria

O micoturismo de Celanova consistiu durante

anos nunha oferta global que incluía formación teórica, saídas técnicas, visita a explotación de cultivo, identificación de especies ou degustacións culinarias con cogomelos e visita a sala micolóxica Plan c ou museo de cogomelos. Propiciouse a chegada á vila de San Rosendo de grupos de toda Galicia, resto de España e incluso Portugal ao longo de todo o ano e funcionou aberto ao público en xeral varios anos. Na actualidade só é posible participar en iniciativas destas características por

parte de grupos pechados e de xeito puntual.

Neste 2022 Celanova celebrou varias actividades de divulgación micolóxica para conmemorar o 40 aniversario do inicio das actividades micolóxicas e divulgadores da familia Mínguez percorreron distintos puntos da xeografía galega para impartir charlas ou obradoiros sobre unha cuestión que está moi de moda, aínda que é preciso sempre ter unha formación mínima e moita precaución.

Nova guía gastronómica Redacción

O xeodestino “Terras de Celanova-Serra do Xurés” estrea guía gastronómica dixital (dentro de restaurantesourense. com). Esta guía, ofrece a posibilidade de descargar a súa propia aplicación, na que os potenciais consumidores poden atopar unha completa información detallada dos establecementos de restauración do xeodestino “Terras de Celanova – Serra do Xurés”, distribuídos por concellos. Desde a aplicación, o usuario pode

coñecer a ubicación exacta do establecemento, chamar ao local directamente, coñecer o menú en tempo real do local, así como ter información precisa do establecemento (horarios, servizos, imaxes do local e dos pratos), e adicionalmente incluirase un vídeo de presentación de cada un. Ademais, na web tamén hai un blog que recolle a actualidade vencellada á enogastronomía da zona. Os municipios que integran este xeodestino son os seguintes: Bande, A Bola, Celanova, Entrimo, Gomesende, Lobeira, Lobios, Muiños, Padrenda, Quintela de Leirado, Verea, Cartelle, A Merca e Ramirás.

10 Barrios 22 de decembro 2022 CELANOVA E COMARCA
Alejandro Mínguez, impartindo unha charla na Semana Micolóxica Galega. EN BREVE Presentación da guía gastronómica.

Un museo virtual recrea a arribada da Pinta en Baiona

4 Turismo de Galicia crea un espazo museístico na casa da navegación de Baiona para persoas con mobilidade reducida.

Redacción

Martín Alonso Pinzón comandaba a nave A Pinta cando arribou en Baiona despois do Descubrimento de América. Foi sobre o 1 de marzo de 1493 e uns días antes de que o Almirante Cristóbal Colón regresara do novo mundo arribando en Lisboa. Polo tanto, Baiona foi a primeira localidade do vello Continente que tivo noticias dos mariñeiros que cambiarían a percepción do mundo.

Por iso, un museo virtual recrea a arribada da Pinta en Baiona. Deste xeito, recréase virtualmente a nave A Pinta, comandada por Martín Alonso Pinzón, ademais, dando acceso a este acontecemento a persoas que pola súa mobilidade reducida non poden visitar o museo -reprodución da Pinta situada no porto de Baiona-. Iste é un dos recursos turísticos que desenvolve o proxecto Explotarerra en

Galicia a través de Axencia Turismo de Galicia, proxecto que busca poñer en valor a navegación peninsular e a exposición do estribo marítimo desde o descubrimento do ‘Novo Mundo’ ata o século XIX.

A Casa da Navegación de Baiona e Turismo de Galicia puxeron en marcha unha experiencia inmersiva nova que permite aos usuarios visitar a histórica embarcación e coñecer máis detalles sobre a navegación e a vida a bordo no ano 1492. Este museo virtual permite dar un salto no tempo de máis de cinco séculos e coñecer as reviravoltas da navegación e a vida a bordo en 1492.

Exploraterra

En xuño de 2021, coa celebración do primeiro Comité de Pilotaxe, arrincou Exploraterra, un proxecto que nace co obxectivo de preservar, valorizar e promover o patrimonio cultural vinculado á era das grandes expedicións

marítimas xeográficas españolas e portuguesas, financiado con fondos FEDER a través do Programa INTERREG V A España Portugal (POCTEP) 20142020, cuxa execución se estendeuse ata este decembro de 2022.

O proxecto está liderado pola Fundación Nave Vitoria, e conta coa participación dos seguintes socios: Axencia Turismo de Ga-

A Casa da Navegación de Baiona e Turismo de Galicia puxeron en marcha unha experiencia inmersiva nova que permite aos usuarios visitar a histórica embarcación e coñecer máis detalles sobre a navegación e a vida a bordo no ano 1492

licia; a Axencia Andaluza de Institucións Culturais da Junta de Andalucía; a Associação Portuguesa de Treino de Vela (APORVELA) e a Entidade Rexional de Turismo do Algarve.

Proxecto europeo Galicia participa neste proyecto europeo de Exploraterra sufragando accións relevantes por valor de 300.000 euros, como a posta en valor da nave A Pinta, ancorada na dársena do porto de Baiona. Con este investimento de Turismo actualízase o museo e acométense obras de restauración na réplica da Carabela.

Tras mes e medio nos estaleiros Montenegro de Vigo, a réplica da Pinta regresou ao pantalán Cristóbal García Sarmiento completamente renovada. Ademais dos traballos realizados no seu casco, tamén se procedeu á substitución de cabos así como diferentes elementos que compoñen o aparello, tales como vigotas, patecas ou motones. Novos paneis informativos, audioguías e a colocación de novas figuras.

Exposición

Outra acción de valor que xerou este programa, ademais da xa citada reapertura de a Casa da Navegación de Baiona, onde se sitúa o peculiar museo virtual deseñado pola empresa Xoia, foi a exposición itinerante e documental Galicia terra de exploradores realizado por Manuel Rial, técnico de la empresa Trivium ECT. Exposición e documental narran a historia pouco coñecida da relación de Galicia co mundo dos descubrimentos.

Desde as primeiras noticias do Novo Mundo, coa chegada da carabela A Pinta a Baiona, ata a creación dunha Casa de Contratación das especias na Coruña, a peza audiovisual céntrase nos aspectos

clave que ofrecían unha oportunidade para Galicia nestes contextos sociais e relacións comerciais máis aló do océano.

A exposición Galicia Terra de Exploradores estivo instalada no Arsenal de Ferrol e na rúa Carabela Pinta de Baiona e agora o Museo Naval Militar de Ferrol acollerá de forma permanente esta magnífica mostra.

Por outra banda, a través do proxecto Exploraterra, a Xunta de Galicia, participou no Roteiro dos barcos históricos, organizando a recepción de a Nave Santa María e a carabela portuguesa Veracruz, que puideron visitarse gratuítamente no porto deportivo de Baiona, coincidindo coa Festa da Arribada, e na Coruña no mes de maio.

En xuño de 2021, coa celebración do primeiro Comité de Pilotaxe, arrincou Exploraterra, un proxecto que nace co obxectivo de preservar, valorizar e promover o patrimonio cultural vinculado á era das grandes expedicións marítimas xeográficas españolas e portuguesas

Barrios 22 de decembro 2022 11 TURISMO
A Autónoma con denominacións de indicacións xeográficas protexidas
Reprodución da Pinta situada no porto de Baiona. Exploraterra organiza visitas teatralizadas a barcos históricos.

Facturas reparadas

Redacción

A Corporación de Xinzo de Limia celebrou un pleno extraordinario urxente para aprobar expedientes económicos antes da finalización do presente exercicio. Co voto a favor de todos os grupos deuse luz verde á incorporación de 210.537 euros de aportacións do Estado ao orzamento municipal. Desta cantidade, 45.154 euros destinaranse a abonar as facturas afectadas polo reparo da Intervención que se aprobou no pleno de setembro, todas as dos pequenos provedores da entidade local.

O resto da aportación destinarase a outros pagos, a diferentes actividades culturais e a reforzar a programación de Nadal. A alcaldesa, Elvira Lama, destacou a importancia deste trámite. “Son facturas de pequenos provedores locais cos que este grupo de goberno intenta cumprir o antes posible” destacaba.

Co pago de 45.154 euros en facturas farase fronte á práctica totalidade das reparadas pola Intervención municipal, máis do 90% daquelas, quedando pendentes ás do gas, pois o goberno decidiu iniciar un proceso de negociación coa empresa comercializadora despois do notable incremento dos prezos da enerxía.

Presa de Gudín Coa abstención da concelleira non adscrita, Montse Lama, e o voto en contra do Partido Popular, tamén saíu adiante a ratificación da segunda addenda modificativa do convenio entre a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e o Concello de Xinzo de Limia sobre o financiamento e execución do proxecto de demolición da presa de Gudín no río Faramontaos. Esta demolición, de obrigado cumprimento debido a unha directiva europea, está a sufrir retrasos na súa tramitación por parte do Ministerio, polo que agora se amplía nun ano o prazo para levala a cabo.

Unhas videocámaras contabilizarán a afluencia de peregrinos

Redacción

A iniciativa de turismo intelixente da Deputación de Ourense “Hai un Ourense para ti. Descúbreo” instalou cinco videocámaras en diferentes puntos do concello de Xinzo de Limia.

En concreto, trátase de dous dispositivos para contabilizar a afluencia de persoas en determinados puntos do Camiño e tres cámaras para recompilar información sobre o tráfico rodado. As dúas primeiras instaláronse na localidade de Boado, no tramo da ruta de peregrinación entre Xinzo e Verín e permitirá obter datos sobre o número de peregrinos que pasan por estes puntos para o tratamento destas cifras e a elaboración de estudos.

Tráfico

Para o control dos vehículos, as tres cámaras instaláronse na estrada N-525, ao suroeste de Xinzo de Limia; á altura do número 79 da avenida de Ourense e na OU1101. O sistema é capaz de identificar as matrículas dos vehículos e ofrecerá información sobre o tempo de permanencia en determinados puntos. Ademais, os datos recompilados serán tratados para a realización de estudos destinados á mellora da mobilidade.

Para evitar roubos ou actos vandálicos as

As cámaras para control de peregrinos instaláronse na localidade de Boado, entre Xinzo e Verín

cámaras de Boado foron instaladas a unha altura superior a seis metros e o cadro e comunicación a 2,5 metros. No caso do dispositivo para o control de vehículos emprazado na N-525 ao suroeste de Xinzo de Limia, ao carón da gasolineira, instalouse nunha luminaria de 8 metros que permitirá recoller información ao non dispoñer de elementos que dificulten a visión nin existir semáforos que poidan condicionar o tráfico. Manterase a distancia que permita recoñecer as matrículas. En canto á videocámara da avenida de Ourense, instalouse nunha luminaria de 11 metros e a 4 metros da beiravía que permitirá o control do tráfico en dirección ata a

saída do núcleo de poboación. E na OU-1101, ao este de Xinzo de Limia, instalouse nunha luminaria de 11 metros e a 1,5 metros da beiravía para realizar o control de vehículos en dirección ao núcleo de poboación.

As tres cámaras para control de tráfico instaláronse na estrada N-525, ao suroeste de Xinzo de Limia; á altura do número 79 da avenida de Ourense e na OU-1101

Mosteiro das Trandeiras Redacción

Concello de Xinzo de Limia e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil van levar a cabo obras no Mosteiro de Trandeiras para dar visibilidade e poñer en valor esta xoia patrimonial que presenta un serio estado de abandono.

O presidente da CHMS, José Antonio Quiroga; a alcaldesa, Elvira Lama, e o concelleiro de Urbanismo, Ramón Gómez, mostraron -na visita ao enclave- a súa satisfacción por poder anunciar esta actuación. A Confederación aportará o 90% do orzamento e a administración local o 10 %.

A primeira fase, na que se investirán 711.922 euros, saíu a licitación e os traballos comezarán a principios do próximo ano. As obras consisti-

rán na recuperación das infraestruturas hidráulicas (preto de 500 metros lineais de canalizacións con varias fontes e mananciais) do conxunto monástico, así como do muro existente e pavimentos do entorno que se atopan en mal estado de conservación. Limparase a área de intervención retirando os elementos construtivos caídos para a súa recolocación e limparanse os elementos pétreos do edificio, consolidando as construcións para frear o seu deterioro. Tamén nesta primeira fase reporanse as pezas de sillería que se localicen entre os escombros e instalarse unha cuberta temporal na torre. Na segunda fase contémplase o acondicionamento da sancristía, para cubrila e dotala de instalación eléctrica, posibilitando que se poidan realizar charlas e diferentes actos nun futuro que poña en valor a historia do Mosteiro de Trandeiras.

As cámaras instaláronse a unha altura importante para evitar roubos e actos vandálicos.

Gala do deporte Redacción

Xinzo de Limia volve a premiar a deportistas, entidades ou clubs destacados, recoñecendo publicamente o seu esforzo, dedicación e entrega.

Por iso, o xoves, 29 de decembro, celébrase a segunda Gala do Deporte. Terá lugar no pavillón municipal a partir das 19.30 horas.

Os candidatos aos premios son deportistas que participaran nalgún campionato oficial de ámbito provincial, autonómico, nacional ou internacional, obtendo algún resultado meritorio a xuízo da comisión organizadora da gala. Tamén aqueles nados no concello, veciños e veciñas empa-

droados con residencia no concello de Xinzo de Limia ou con licencia federativa en vigor con algún club inscrito no rexistro de actividades deportivas.

Tamén optan á distinción os equipos locais que participasen nalgún campionato oficial de ámbito provincial, autonómico, nacional ou internacional, obtendo algún resultado meritorio e aqueles inscritos no rexistro de entidades deportivas do concello. Poderán ser galardoados, ademais, deportistas que sendo locais, formen parte de equipos non vinculados ao concello e que resultaran campións a nivel nacional ou superior.

O evento será presentado por Patricia Santana e Pablo Ríos e contará coa actuación do Mago Deimi.

12 Barrios 22 de decembro 2022 XINZO E COMARCA
4 Tamén se instalan cámaras para recompilar información sobre os vehículos.
Quiroga, Lama e Gómez, no mosteiro das Trandeiras.

O comercio local de Barbadás premia aos seus clientes

4 Coa Ruleta de Nadal.

Redacción

A Ruleta de Nadal, organizada pola asociación Comercio Aberto da Valenzá, repartirá premios directos, ademais de sortear un cruceiro para dúas

Ao acumular 10 tiquets de compra -ata o 5 de xaneiro-, os clientes participarán no sorteo dun cruceiro para dúas persoas

persoas. Este evento, que conta coa colaboración do Concello de Barbadás, pretende dinamizar o comercio local de Barbadás.

Sorteo

No sorteo participarán as persoas que fagan compras, superiores a 20 euros, en calquera dos 15 establecementos que participan na campaña. Todos eles terán dereito a facer xirar a ruleta da sorte e gañar un premio directo.

Entre os comercios participantes hai negocios de calzado, roupa, doces, libros, entre outros.

O rexedor local animou á cidadanía a participar ao

tempo que asegurou que o comercio local en Barbadás "é a mellor alternativa para o que son as grandes superficies, é un comercio de proximidade, é un comercio de calidade, é un comercio que asesora e aconsella os compradores e as compradoras, e polo tanto é unha aposta segura pola calidade e polo bo

produto".

Cruceiro Ademais, ao acumular 10 tiquets de compra -ata o 5 de xaneiro inclusive-, os clientes participarán no sorteo dun cruceiro para dúas persoas. Os establecementos colaboradores proporcionarán sobres para que garden os tic-

kets, nos que deberase escribir os datos do participante (nome, apelidos e teléfono).

A urna estará colocada a altura do número 84 da avenida de Celanova diante da inmobiliaria Roma’s. Devandito sorteo realizarase o sábado, 7 de xaneiro, ás 13 horas.

4 Casa da Mocidade

A Casa da Mocidade de Barbadás abre de martes a venres, de 16 a 20 horas. Ofrece servizos como billar, futbolín, obradoiros, a oficina da xuventude, entre outros.

4 Sobrado do Bispo

O Concello de Barbadás acometeu obras de ampliación, mellora e mantemento do Camió de Hervideiro, en Sobrado do Bispo. O reforzo do firme efectuouse nunha superficie de 1.687 m.

4 Pleno

O pleno aprobou a adhesión á Rede Española de Cidades Saudables. Para elo, decidiu apostar pola reforma de espazos ao aire libre para convertelos en parques.

Barrios 22 de decembro 2022 13 EN BREVE
BARBADáS E COMARCA
Presentación da Ruleta de Nadal que premiará as compras no comercio local de Barbadás durante este Nada.

EN BREVE

4 Lodunadal

Aberto o prazo de inscrición para a Ludoteca de Nadal “Ludonadal” do Concello de Verín, dirixida a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 10 anos. O servizo do “Ludonadal” realizarase no pavillón de Deportes dende o día 23 de decembro ata o 5 de xaneiro; de luns a venres, de mañá e de tarde en horario de 9 a 14 e de 16 a 20 horas; e os sábados de 10 a 14 horas. O prezo para todos os días e horas, é de 50 euros. Se só se acude de mañás ou tardes, o prezo do servizo sería de 30 euros; e se se prefire abonar por día utilizado sería de 10 euros (día completo) ou de 5 euros (medio día).

4 Feira de Nadal

Os expositores da feira de Nadal de Verín dan un notable á organización do evento que tivo lugar entre o 9 e 12 de decembro na praza García Barbón. Baseándonos no cuestionario realizado polo concello aos participantes, o resultado é que os mesmos dan un aprobado as vendas; sendo salientable tamén a valoración xeral da organización e a limpeza do recinto ou a ubicación da feira.

4 DO Monterrei

As accións promocionais realizadas por DO Monterrei este ano remataron co Túnel do Viño de Santiago. Alí, déronse a coñecer as características do chan e clima, variedades de uva, tipoloxías de viño, entre outras.

Presentación do libro "Dende a Ponte a Monterrei"

4 É unha recompilación de textos escritos por Miguel ángel Prieto Sotelo no Barrios.

Redacción

Plácido Romero.

O libro

As xornadas de novela negra, en xaneiro

4 “Back in Black” é o título desta edición.

Este decembro sae á luz o libro "Dende a Ponte a Monterrei" de Miguel Ángel Prieto Sotelo. O libro é unha recompilación dos artigos escritos durante toda unha décadas nas páxinas deste xornal.

Dende a Ponte a Monterrei son historias contadas por este verinés amante da súa terra. Artigos saidos desde o corazón dunha persoa ben querida por toda a comarca. O prólogo está escrito por Edelmiro Luis Mateo García. R.T.

A quinta edición das xornadas de novela negra celebraranse no auditorio de Verín os días 27 e 28 de xaneiro. Organizadas pola Biblioteca de Verín, en colaboración co Concello, estarán coordinadas e dirixidas polo xuíz Vázquez Taín e polo escritor Pedro Feijoó. Ademais, estarán adicadas á Lolita Castro, voluntaria da Biblioteca falecida recentemente.

Na presentación do programa o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, fixo un chamamento aos amantes deste xénero negro e policiaco a achegarse a vila do Támega e gozar desta programación de “primeiro nivel”.

Esta quinta Edición leva por título “Back in Black”, que vén indicar que, un ano máis, Verín volta ao negro e nesta ocasión cunha vinculación especial ao mundo da música. “Varios dos

autores que participan nas xornadas ao mesmo tempo teñen ou tiveron unha grande relación coa música de xeito profesional ou nas súas obras literarias», explicou o alcalde.

Como en outros anos, as conferencia serán presentadas por voluntarias da Biblioteca de Verín; Ana García, Sofía Lorenzo e Sara Blanco serán as encargadas deste cometido; ademais de presentar aos autores Noelia Gallego, Lorena Carnero e Inés García

Presenza

Para esta edición está confirmada a asistencia de profesionais como Sara Vila, autora da obra premiada “Oito días sen Eva Cortes”; Pedro Feijoo, autor entre outras obras “Lume Azul”; Mikel Santiago, autor da trioloxía Illumbe “El mentiroso”, “En plena noche” e “Entre los muertos”; e por último o escritor de Vilardevós Xoán Tallón autor de “Rewind” e “Obra maestra”.

Tampouco faltarán relatores do mundo profesional da talla de Jose Luis Ferreiro Nóvoa, sarxento Primeiro da Garda Civil, especialista en Policía Xudicial; María Berta Rodríguez Martínez, Subdiretora do Instituto Médico Legal Galicia; o forense e colaborador habitual da Biblioteca, Fernando Serrulla; Enrique León Calviño, ex comisario de Vilagarcía; Miguel Losada, que dirixirá asa mesas de debate.

Como broche final de esta festa literaria organizarase un concerto de rock no pub Revólver onde xuntaranse os escritores/músicos Pedro Feijoo e Mikel Santiago, que estarán acompañados na batería por Roberto González, colaborador da Biblioteca de Verín.

A presentación terá lugar o vindeiro xoves, 22 de decembro no Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín. No acto de presentación, Sotelo estará acompañado polo alcalde de Verín, Gerardo Seoane. Tamén falarán durante o transcurso da presentación Mirito Mateo, Juan Guerra, Alfonso Tahona e

A presentación terá lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín o xoves, 22 de decembro, as 19.30 horas

Cartel de presentación do libro.

14 Barrios 22 de decembro 2022 VERÍN E COMARCA
As xornadas celebraranse os días 27 e 28 de xaneiro
Presentación das Xornadas de Novela Negra da Biblioteca de Verín.

VERÍN E COMARCA

Tres millóns para facturas e investimentos

R.T.

O Concello de Verín convocou un pleno extraordinario de urxencia para abordar dous asuntos que, como o tenente de Alcalde -Diego Lourenzo- dixo, tiñan que estar resoltos antes de que remate o ano.

Mocións

Por unha banda, aprobouse (cos votos a favor de PSOE e BNG e en contra os do PP) un recoñecemento extraxudicial de créditos que abordarán facturas do ano 2021 e que eleva a cifra a algo máis de dous millóns de euros. Deste xeito, se levanta o reparo

de intervención para todas estas facturas, procedendo o pago das mesmas.

O portavoz da oposición, Juan Manuel Jiménez Morán, afeou esta decisión ao considerar que é o resultado de plasmar nos orzamentos partidas insuficientes.

Tamén se aprobou (cos votos de PSOE e BNG) unha operación de crédito a longo prazo que estará destinada a financiar o plan de investimentos municipais do ano 2022. O importe da mesma é de 1,2 millóns de euros.

Dous novos confrares na DO Monterrei

4 Emilio González e María Isabel Mijares son os novos membros.

Redacción

Emilio González (subdelegado do Goberno en Ourense) e María Isabel Mijares (a primeira muller enóloga de España e a primeira en presidir un consello regulador vitivinícola) son os novos membros da Confraría dos Viños de Monterrei. Esta distinción chégalles ao ser recoñecidos como persoas que contribuíron na promoción e defensa da calidade dos viños da Denominación de Orixe Monterrei.

No caso de González Afonso, a súa elección aséntase en ser un dos impulsores da Feira do Viño de Monterrei, xa

que a primeira edición da mesma tivo lugar no ano 2005, cando era alcalde do municipio de Verín. Mentres que Mijares e García-Pelayo, unha das personalidades do sector do viño de maior prestixio a nivel internacional, formou parte de numerosas

das iniciativas promocionais e formativas impulsadas na última década desde a DO Monterrei.

A Confraría dos Viños de Monterrei foi creada no ano 2013, e conta na actualidade con 46 membros (algúns deles nomeados a título póstumo).

Barrios 22 de decembro 2022 15
4 O pleno de Verín aproba un recoñecemento extraxudicial de crédito e unha operación de crédito a longo prazo.
Pleno extraordinario de Verín. Mijares e González, coas súas disitincións./RAMSÉS.

EN BREVE

4 Fogar dos Maiores

A cafetería restaurante Fogar dos Maiores foi un dos beneficiarios do Bono Enerxía Peme da Xunta que lle prmitiu mellorar o seu equipamento coa instalación de armarios refrixeradores e un bateador profesional.

4 Regato das fontes

O Concello de Allariz ven de acometer a limpeza en todo o leito do regalo de Fontes, nas inmediacións da rúa Alfredo Nan. Procedeuse á limpeza da maleza das beiras e do leito do regato, así como a eliminación de broza que impedía a circulación normal da auga.

4 Termalismo do Imserso

Aberta unha nova convocatoria para o Termalismo do Imserso que se realizará en dúas quendas. Os interesados poden presentar as súas solicitudes no Fogar dos Maiores (A Barreira, 3) ou no teléfono 988 55 40 59 ata o 9 de xaneiro (para a quenda de febreiro a agosto) e ata o 15 de maio (para a quenda de setembro a decembro).

4 Cuño postal

Un cuño postal amosa o máis emblemático de Allariz. O deseño do cuño esta composto polo guerreiro dá Cibdá de Armea achado no castro romano; debuxo do Castelo de Allariz feito por Vicente Risco; boi como símbolo da emblemática Festa do Boi; e o anagrama do Festival Internacional de Xardíns de Allariz. Como novidade Correos tamén realizou unha tarxeta postal personalizada de Allariz na que se mostra unha paisaxe coa Ponte de Vilanova ao fondo.

4 Obradoiro

Está aberto o prazo de inscrición para o curso de costura e patronaxe que terá lugar na Aulaf os xoves de 10.30 a 13 horas. Contactar no 988 891 201 ou en administracion@hotmail.com

Reapertura da biblioteca

4 Tras unhas reformas.

Redacción

O mes pasado concluían os traballos de reforma que se realizaron na Biblioteca Municipal de Allariz localizada na Casa da Cultura. Tras uns días de limpeza e colocación, as instalacións municipais xa están abertas ao público -en horario habitual-, retomando así o servizo de préstamo bibliotecario.

As melloras acometidas no espazo constaron de varias partes. A primeira parte foi a ampliación dos estantes da biblioteca, para así poder albergar máis libros e polo tanto ir ampliando a dotación municipal.

Por outro lado ampliouse a zona infantil, incorporando ao espazo que xa había o lugar que ocupaba antes a zona de informática. Esta zona desaparece e pasa a ofertarse o servizo de consultas en internet con portátiles.

Haberá unha dotación municipal destes dispositivos na Biblioteca, para todas aquelas persoas que precisen facer consultas na rede.

Outras melloras

A maiores, cambiáronse as mesas de estudio así como a zona de atención ao público substituíndo as anteriores por unhas novas.

Tanto na propia Biblioteca como na entrada da Casa da Cultura, o chan foi substituído por un novo. Así mesmo mellorouse a accesibilidade na entrada

ao espazo bibliotecario cunha rampla na porta de acceso, e outra interior localizada na zona de entrada do edificio.

Outra das novidades é que a zona de lectura de prensa e revistas pasa á entrada da Casa da Cultura, habilitando para tal fin un espazo de sofás e mobiliario.

Mellorouse a accesibilidade con dúas ramplas

Dez xardíns para darse unha volta polo mundo

4 Xa se coñecen as propostas do próximo FIXA.

Redacción

"Espazos sen fume" chega a Allariz

4 É unha

Redacción

iniciativa da

A iniciativa “Espazos sen fume” chega ao concello de Allariz da man da Asociación Española contra o Cancro para promover a creación de ambientes libres da exposición ao fume nocivo do tabaco tradicional e elec-

AECC.

trónico, en espazos abertos de uso público e colectivo, con independencia da súa titularidade pública ou privada.

Votación

O plan de actuación consiste en votar unha das tres opcións de espazos libres de fume propostas polo

concello (Festival Internacional de Xardíns de Allariz, a Casa da Mocidade (espazo exterior), e os arredores dos centros escolares). Todo o que queira participar pode facelo a través das das canles: páxina web, facebook, instagram ou no twitter do Concello de Allariz.

Unha vez chegado á fecha límite para finalizar a votación, levárase a cabo un acto no espazo máis votado pola poboación e así poder sinalizalo como o “espazo sen fume” de Allariz.

As votacións decidirán que lugar será sinalizado como “espazo sen fume” en Allariz As votacións realizaranse nas redes sociais e na web do concello

O xurado do Festival Internacional de Xardíns de Allariz vén de seleccionar os dez xardíns que formarán parte da 13ª edición do Festival que terá como tema A volta ao mundo en once xardíns. O xurado está presidido polo prestixioso paisaxista portugués, Francisco Caldeira Cabral, e composto por Elsa María Matos Severino (paisaxista); Guillermo Cuadrado (paisaxista); Alvaro Mingo (representante da AEP); Eduardo Barba (paisaxista e investigador botánico); e Raquel Casas (doutorada en enxeñería agrícola e mestra do master de paisaxismo en Madrid ). Por parte do concello de Allariz, forman parte: Celestino Feijóo, director de urbanismo; Bernardo Varela, concelleiro de medio ambiente; María López, concelleira de promoción económica; e Francisco García, director do Festival de Xardíns. Todos eles elixiron os dez novos xardíns que ocuparán o recinto xunto co xardín gañador da pasada edición “Camiño do recordo” e o xardín deseñado polos centros docentes de Allariz.

Propostas

Foron elixidos de en-

tre 22 propostas chegadas dende diferentes lugares da xeografía mundial como Austria, Alemania, Polonia, México, Colombia e tamén do Estado como Madrid, Sevilla, Lleida, Granada, Santa Cruz de Tenerife e Galicia.

A futura edición do Festival de Xardíns de Allariz, que estará aberta dende maio a outubro de 2023.

Os xardíns son espazos que propician o benestar, o relax, o desfrute dos sentidos, que nos poden trasladar a espazos de diferentes culturas e lugares do mundo a través das plantas.

Camiño do recordo Os visitantes da edición deste ano do FIXA elixiron a “Camiño do recordo” como gañador, polo que permanecerá un ano máis no recinto do Festival. O segundo lugar foi para “Legado”, e o terceiro posto, “Gardenarium”.

A volta ao mundo en once xardíns é o lema do 13º Festival de Xardíns de Allariz que estará aberto de maio a outubro de 2023

16 Barrios 22 de decembro
2022
Os membros do xurado da próxima edición do Festival de Xardíns de Allariz. Presentación da inicitiva para elexir un espazo libre de fumes en Allariz. Cid visitando a biblioteca trala reforma.

EN BREVE

A Confederación insite nun

sostible da auga

Redacción

A Confederación Hidrgráfica Miño Sil (CHMS) insiste no uso sustentable da auga e insta á administración local a executar as melloras necesarias que eviten as restricións por seca. A CHMS celebrou a 11ª reunión da Oficina/ Mesa Técnica da Seca da CH Miño-Sil, constituída o pasado mes de febreiro. Nela arroxáronse os datos de que a precipitación acumulada media desde o 1 de outubro pasado até o 30 de novembro de 2022 foi de 390,5 litros por metro cadrado, un 38% por enrima da media, considerándose un inicio de ano hidrológico húmido. Con todo, os encoros da demarcación están ao 53,59% un 4,39% inferior á media histórica e 7,44% máis que o ano pasado; os caudais circulantes, un 30% por baixo dos habituais. En canto aos últimos doce meses, as precipitacións continúan por baixo da media, concretamente un 18%, sendo máis marcada a diferenza na conca do Sil, un 28 %, e menos no Baixo Miño cun 8%.

Como indicaba o presidente da CHMS, José Antonio Quiroga, "a situación é de normalidade en todo o territorio, fóra dos Sistemas do Miño Alto e A Limia, aínda que en ambos os casos o escenario está próximo á normalidade, que se espera alcanzar por

completo a finais do mes de decembro".

Recomendacións

As predicións a medio prazo parecen indicar un trimestre -de decembro a febreiro, con precipitacións dentro das habituais, o que levaría á normalidade, de forma progresiva, a todo o territorio da Demarcación do Miño-Sil.

Aínda así, desde a Confederación insístese na obrigación de levar a cabo un uso sustentable da auga e insta as autoridades competentes en abastecemento de augas (Administración Local) a realizar as melloras necesarias para evitar perdas e fugas nas redes, evitando así que se repitan os problemas de restricións, acaecidos o pasado verán nalgúns núcleos de poboación.

"A adopción de medidas e o concienciar á poboación ao uso racional e responsable da auga é fundamental para evitar restricións puntuais ante a escaseza do recurso", concluíu o presidente da CHMS.

“Nadal en familia” traerá circo, teatro e danza ao Teatro Principal

4

Celebrarase entre o 23 e 29 de decembro.

Redacción

O Teatro Principal volve contar, nestas datas, cunha programación pensada para os máis cativos. O “Nadal en familia” achegará aos máis pequenos propostas de circo, teatro e danza entre o 23 e o 29 de decembro.

Durantes a presentación, o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, sinalou a importancia de “contar con programación familiar nestas datas para achegar a cultura aos máis pequenos”, destacando a aposta da Deputación por promover a “cultura en familia”.

Pola súa banda, a directora do Teatro Principal, Olga Mojón, destacou que os “nenos e as familias sempre teñen un papel chave no Teatro Principal, unha posición reforzada nestas datas a través dunha programación de Nadal que é un espazo de encontro entre

a cultura e as familias”.

Programación

A programación arranca no Teatro Principal o venres, 23 de decembro, co espectáculo circense “Gatlük, un sueño de Navidad”, ás 18 e as 19.30 horas. E repetirá o día 26, luns, ás 12 e ás 18 horas.

Despois, dúas citas de teatro infantil. O martes, 27 de decembro, “Voa voa”, ás 18 horas, unha obra pensada para nenos a partir de 6 anos. E o mécores, 28 de decembro, “A nena que vivía nunha caixa de mistos”, en dúas sesión (ás 12 e ás 18 horas) para público fa-

O delegado da Xunta fai balance de "O teu Xacobeo"

4 Gabriel Alén destacou o éxito deste programa.

Redacción

Gabriel Alén detallou que na provincia de Ourense "executaron 74 proxectos" que abrangueron a totalidade dos concellos da provincia; un programa que "implicou á sociedade civil, á que se animaba a crear e levar adiante proxectos" que foran do seu interese. Ao abeiro desta iniciativa puidéronse desenvolver iniciativas musicais e probas deportivas, de promoción e posta en

miliar a partir de 4 anos.

Ademais, o Teatro Principal acollerá o xoves, 29 de decembro, ás 18 horas o espectáculo de danza familiar “Nina Ninette”, unha cita pensada para o público familiar a partir dos 3 anos.

A programación arranca o venres, 23 de decembro, co espectáculo circense “Gatlük, un sueño de Navidad”, ás 18 e as 19.30 horas

Xacobeo inclusivo -continuou Alén- para todas e todos, entidades públicas e privadas e que abrangueu os ámbitos do turismo, cultura, deporte, pensamento, nas catro provincias de todo o territorio galego, non só aqueles concellos polos que pasa o Camiño”.

Pola súa banda, a comisaria do Xacobeo 2021–22, Cecilia Pereira, recalcou que o programa cumpriu,

4 Xente Nova

A Xunta de Galicia manterá en 2023 o transporte gratis aos menores de 21 anos coa Tarxeta Xente Nova, que rexistrou un incremento de usuarios en máis do 22% nos primeiros 10 meses do ano. En Ourense hai emitidas un total de 7.533 dispositivos.

4Proxecto infancia

Cruz Vermella atendeu a 345 nenos e nenas a través do proxecto de “Promoción do éxito escolar de nenos e nenas en situación de dificultade social” cofinanciado pola Deputación de Ourense. Trátase dun proxecto que ten como obxectivo protexer e acompañar a nenos e nenas que polas circunstancias socio-económicas das súas familias atópanse en situación de desigualdade no proceso educativo, afectando tanto á súa integración social, como ao seu desenvolvemento emocional e rendemento académico.

4hospitais

Os tres hospitais públicos da provincia contan este decembro con 143 profesionais máis con praza en propiedade.

co obxectivo desestacionalizador e descentralizador co que se abordou a adaptación da programación deste Xacobeo, espallando as actividades en máis de 200 concellos das catro provincias que implicaron a asociacións, entidades públicas e privadas e que permitiron abordar o fenómeno do Xacobeo e o Camiño desde unha perspectiva multidisciplinar.

Barrios 22 de decembro 2022 17 PROVINCIA
Desde o 1 de outubro pasado até o 30 de novembro houbo 390,5 litros por metro cadrado de precipitacións. Balance de O Teu Xacobeo na Delegación da Xunta en Ourense.
uso
4 A pesar das precipitacións os embalses están por debaixo do promedio histórico.
Desde a ChMS agardan acadar a normalidade en todo o territorio a finais de decembro
Presentación de “Nadal en Familia” no Principal.
valor do patrimonio, a gastronomía ou a cultura. “Un

O Rebulir volveu soar con forza

4 O Festival encheu o polideportivo do Picouto.

Redacción

Está claro que unha das citas marcada en vermello para os veciños de Ramirás é a gala de clausura do Festival Internacional Rebulir. E deron conta delo, o pasado 17 de decembro, cando o polideportivo do Picouto encheuse (con máis de 500 persoas no público) para gozar da 17ª edición do FIR. Autoridades, veciños, visitantes e grupos participantes fixeron pequeno un pavillón que ano tras ano e o epicentro do folclore intercultural.

Durante a gala -que estivo presentada e conducida polo actor e productor verinense Rubén Riós e a xornalista e comunicadora limiá Patricia F. Santana- entregáronse premios que se entremezclaron con actuacións con grupos de catro países diferentes. Ademáis do colectivo anfitrión Rebulir, participaron o grupo Coros y Danzas de Huéscar, de Andalucía; Inanga Rapa Nui, de Chile; Zes Pereiras, de Portugal; e Ritmos y costumbres, de Perú.

Premiados

Durante a gala foron entregados os Premios Rebulir da Cultura Galega 2022. O Premio Homenaxe foi para Xosé Luis Méndez Ferrín, recollendoo no seu nome Xoán Carlos Domínguez Alberte. Méndez Ferrín deixou un vídeo de agradecemento. O Premio Música Galega foi para o grupo Fuxan os Ventos, quen deleitou aos asistentes cantando unha peza musical.

Celso Fernández Sanmartín “Celsiño” recolleu o Premio Artes Escénicas; o contaconto de Lalín agradeceu o premio co mellor que sabe facer, contando un conto aos presentes.

Os premiados foron Xosé Luis Méndez Ferrín (homenaxe); Fuxan os Ventos (Música Galega); e Celso Fernández Sanmartín (Artes Escénicas)

Actuacións no Castelo de Monterrei

Redacción

Está previsto que a comezos de 2023 licítense as obras para recuperar inmobles do recinto. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que vistitou castelo-fortaleza xunto ao presidente da Deputación, Manuel Baltar; o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; e o alcalde de Monterrei, José

Luis Suárez Martínez, destacou a recuperación do castelo-fortaleza de Monterrei como modelo da alianza do turismo co patrimonio histórico.

Como paso previo ás actuacións na fortaleza, a Xunta realizou un estudo para avaliar o grao de deterioro das edificacións, as vías de acceso e o seu valor arquitectónico para levar a cabo unha rehabilitación rigorosa. O titular do Goberno galego anunciou que a intención é levar a cabo un traballo dividido en dúas fases; a primeira, coa recupe-

ración dos edificios do Cuartel de Infantería, o antigo Concello e o Colexio de San Xoán; e a segunda, con actuacións adicionais na praza do Mercado e na praza de Armas para poñer en valor os seus usos turísticos.

Next Generation

En total, está previsto actuar no complexo ata o ano 2025 coa intervención en 20.000 metros cadrados de espazos públicos, coa mellora da eficiencia enerxética e a mobilidade e co aproveitamento e impulso dos recursos turísticos.

Segundo explicou Rueda, o obxectivo pasa por “respectar a esencia e a utilidade pública” do monumento ao mesmo tempo que “se lle dá cabida a novos investimentos” no marco do Plan Xacobeo Next Generation.

Deste xeito, a fortaleza de Monterrei “pódese converter nun dos grandes polos de atracción turística de toda Galicia”, en palabras do presidente. “Temos unha enorme oportunidade e imos facer as cousas ben sabendo que temos un tesouro”, concluíu.

18 Barrios 22 de decembro 2022 PROVINCIA
Inanga Rapa Nui, de Chile. /RAMSÉS. O grupo Ritmos y costumbres, de Perú. /RAMSÉS.

Xadrez Redacción

A Sociedade Cultural

Albor acollerá do día 26 ao 29 de decembro o Aberto Internacional de Nadal Sub 2.400 Ourense 2022

O torneo, co lema “Ourense no Nadal a volta dun xaque mate”, desenvolverase na modalidade de xadrez estándar a 7 roldas na sala multiúsos da sociedade cultural, emprazada na rúa Greco, número 7, no barrio do Couto. Poderán participar todos os xogadores e xogadoras con licenza en vigor da Federación Española de Xadrez ou de calquera outra Federación recoñecida pola federación internacional e con ránking ELO inferior a 2.400 puntos. O torneo será disputado mediante o sistema

suízo a sete roldas con 60 minutos máis 30 segundos por xogador.

Toda a información está dispoñible na páxina web do Club Xadrez As Burgas, xadrezasburgas. net. As inscricións, co resgardo de pagamento, pódense realizar a través do correo electrónico do club: xadrezasburgas@ gmail.com.

Torneo

O luns 26 disputaranse as dúas primeiras roldas (15.30 e 19 horas, respectivamente); o martes 27, a terceira e cuarta cos mesmos horarios, ao igual que a quinta e sexta que celebraranse o mércores 28. Para rematar, o xoves 29 dispútase a última rolda (16 horas) e despois terá lugar a entrega de premios.

Rexurde o COB grazas a un Zamora

imperial

4 Vitoria para pechar o ano con bo sabor.

R.T.

Fútbol Redacción

Data histórica para O Carballiño este xoves, 22 de decembro. O Arenteiro recibirá ao Atlético de Madrid na segunda roda da Copa do Rei. Na vila viven as horas previas a este encontro con moita efusividade, e non é para menos.

O Arenteiro chega como líder da 2ª Federación tralo empate contra o Zamora (1-1). O outro equipo ourensán da categoría, o Ourense CF, tamén colleitou un empate no último encontro diante do Palencia (0-0) o que lle permite estar fóra de postos de

descenso. A competición detense ata o 8 de xaneiro cando o Ourense CF reciba ao Valladolid B e o Arenteiro visite ao segundo clasificado, o Guijuelo.

3ª Federación

Na Terceira RFEF a UD Ourense logrou o quinto empate consecutivo (ante o Estradense, 1-1) deixando escapar aos da parte de arriba. O Barco, pola súa banda, foi quen de vencer ao Paiosaco (2-1) e remontar ata a décima posición. A próxima xornada, xa en xaneiro, enfrontará á UD Ourense no campo do Arzúa e ao Barco visitando ao Fabril.

O COB estaba necesitado dunha vitoria e dun líder, e os dous chegaron no último encontro do ano. O escenario non era o máis apropiado, enfronte estaba un Burgos que aspira a todo nesta LEB Ouro; ademais, facía escasas horas que o club ourensán cesará ao seu adestrador, Guillermo Arenas -a súa segunda, Iria Uxía Romarís sería a que dirixiría ao equipo neste encontro. Incluso o día non era o apropiado: un día de semana de decembro o que conleva que se resinta a asistencia ao Pazo.

Porén, o Club Ourense Baloncesto tiña un as na manga, e ise non era outro que o regreso de Jhornan Zamora. O fillo prodigo non quixo agardar e, desde os primeiros momentos que entrou na cancha xa fixo porse en pé ao respetable.

Con Romarís na banda dirixindo ao equipo, viuse a un COB alegre, rápido e con sintonía coa súa afección. Esa sintonía era mérito dun Zamora que pareciera que nunca se había marchado.

Os visitantes venceron no primeiro parcial do encontro (21-25), pero a partir de aí o vendaval co-

bista apoderouse do Paco Paz. Guiados polo escolta, o COB foi máis equipo que noutras ocasións. As boas porcentaxes de tiro fixo que os ourensáns chegaran ao cuarto definitivo cunha vantaxe de cinco puntos (67-62), poñendo contra as cordas a unha das mellores plantillas da categoría. Porén a ledicia non chegou co final dos 40 minutos. A base de talento, os visitantes lograron chegar ao final do encontro con empate (81-81).

Prórroga

Normalmente cando un equipo leva vantaxe todo o encontro e o outro equipo logra empatar, o primeiro desmorónase e perde concentración. Pero nestes días viuse un caso contrario con Argentina na final do Mundial de fútbol, na que viron como os franceses lograban empatar o encontro antes do pitido final e, novamente, ao final da prórroga; pero a pesares diso foron quen de vencer nos penaltis e alzarse coa Copa. Non sei se os xogadores do COB recordaron esa final, pero o certo é que lonxe de desmoralizarse nos cinco minutos extra foron quen de reporse , de novo, Jhornan Zamora liderou unha plantilla que foi quen de vencer ante a ledicia dos asistentes nas bancadas do

Pazo. Ao final 95-91 e o Club Ourense Baloncesto que logra a cuarta vitoria da tempada, importantísima para coller moral de cara ao que resta de curso.

Próximos encontros

O COB pechará o ano en Alicante. O martes 27 desprázase ata terras alicantinas para visitar a un conxunto que, con sete vitoria, navega pola zona media da táboa.

O primeiro encontro de 2023 será o domingo, 8 de xaneiro, no Paco Paz ao Juaristi ISB.

Zamora Jhornan Zamora chegou con aire fresco a un COB necesitado dun líder. Quen mellor que o venezolano para asumir ese rol que xa asumira en dúas etapas distintas co club.

Agora chega, en principio, ata marzo que ten contrato cun equipo de Venezuela. Se segue así, haberá que tentar por todos os medios que se quede ata final de tempada. O COB o necesita.

O COB pecha o ano xogando na pista do Alicante o martes, 27 de decembro

Fútbol sala Redacción

Remata un ano intenso para os equipos de fútbol sala ourensán, que terán este Nadal para repor forzar e prepararse da mellor maneira posible para afrontar o tramo final da tempada.

Na 1ª división, o Ourense Envialia despediu o ano con vitoria diante do Sala Zaragoza (6-3). As xogadoras adestradas por Mondo se colocan sextas a seis puntos da cuarta posición (cun partido menos) que da acceso á Copa da Raíña.

A competición regresará o 7 de xaneiro cun desprazamento a Leganés.

Cidade

O Cidade solventou o último encontro deste ano con vitoria na pista do Deportivo Promesas (0-2). As dúas vitorias consecutivas fan que as de Manolo Codeso suban ata a sétima posición. Pola súa banda, o Envialia B empatou a dous tantos contra o O Castro e mantense por detrás do Cidade a un punto de diferenza.

A primeira xornada do ano que vén (última da primeira volta) chega o 7 de xaneiro; nela o Cidade recibe ao Mioño, mentres que o filial do Envialia visita ao Muslera (equipos que conta cos mesmos puntos cas ourensás).

Sala Ourense

Entre as baixas e a mala dinámica deste ano, o Sala Ourense caeu goleado diante do líder, Lugo, por cero goles a 10. Os de Kike González nada puideron facer ante un líder que demostrou en Ourense esa condición. Neste pequeno parón toca resetear e buscar a fórmula para cambiar a dinámica negativa na que está sumida o equipo.

O Sala Ourense arrinca o ano contra o Universidade de Salamanca.

Barrios 22 de decembro 2022 19
DEPORTES
Regreso triunfal de Jhornan Zamora ao Pazo. /C. DOMARCO. Membros da sociedade Albor co alcalde de Ourense na presentación do Torneo de Xadres.

Atletismo Redacción

O Concello de San Cibrao acolleu a 19ª Carreira Pedestre do Nadal, que ademais foi valedeira para o Campionato Provincial de 10 km en ruta.

En canto á proba popular, Alejandro Fernández foi o vencedor por diante de Rubén Diz (segundo) e Javier Paredes (terceiro). En categoría feminina alzouse co título provincial Vicky Losada por diante de Iria Fernández e Cora Saburido (segunda e terceira, respectivamente). No que se refire ao provincial Rubén Diz foi o vencedor por diante de Javier Paredes e Akka Essaadaoui; mentres que entre as mulleres repetiron podio Losada, Fernández e Saburido.

Por equipos, o vencedor foi La Purísima, en mulleres, e Ourense Atletismo, en homes.

San Silvestre Novamente, o 31 de decembro chega a San Silvestre Ourensá para pechar o ano correndo.

As inscricións están abertas en carreirasgalegas.com e o custe da inscrición -para a categoría absoluta- é de sete euros. Para as outras categorías Sub10 e sub12, e pitufos) é de balde. Os dorsais e chips serán entregados o venres, 30 de decembro en Intersport Bouso, Rúa Curros Enríquez, 5. A carreira sairá desde a rúa do Paseo.

Costiña

E o 1 de xaneiro será o turno da Costiña de Canedo, unha proba para saudar o ano correndo e que dará comezo ás 13 horas.

O kungfu brillou no Pazo

4 Celebrouse a Copa Deputación.

Redacción

O Pazo dos Deportes Paco Paz acolleu a 11ª edición da Copa Deputación de Ourense de Kungfu con preto de 100 deportistas.

Na primeira parte da copa dirixiuse á tecnificación deportiva na modalidade de Shuaijiao (loita chinesa de agarres e derribos), no que se contou co Maestro D. Manuel Pereira Gallarín (adestrador pola federación mundial de Shuaijiao e seleccionador do Pais Vasco); a segunda parte estivo orientada á exhibición/competición de Kungfu nas modalidades de Sanda SC (Combate sen contacto) e Shuaijiao.

Durante o evento, os nenos e nenas (dende os 3 anos) fixeron deleitar a familiares e coñecidos coas súas mañas no arte do Kungfu. Ademais, fixéronse dúas exhibicións de taichi (unha a cargo do grupo de maiores de Taichi e Qigong do clube Artai, contando con alumnos de 60 a 90 anos, que fixeron unha coreografía de exercicios de saúde baixo os principios da medicina tradicional chinesa, e outra dunha representación de deportistas cadetes e xuveniles da federación galega de Kungfu).

Competición

Despois das exhibicións continuouse coa primeira rolda de competición de Sanda SC participaron os deportistas de

categorías infantil e cadete nos seus respectivos grados (cintos), gañando as medallas de ouro nas súas respectivas categorías: Clara Almuiña, Martín Rodicio, Marco Salvo e Javier Armesto.

Na segunda rolda participaron os deportistas mais cativos, dende 3 anos en categorías de prebenxamín B ata as seguintes categorías anteriores a infantil (prebenxamín A e benxamín). Destacando a grande posta en escena de todos os participantes, que fixeron deleitar a todo o público que copou o anexo do Pazo. Os gañadores destas categorías foron: Arón Aboy, Mario Rodríguez, Adrián Blanco, Manuel Gayoso, Xurxo Delgado e Mateo Casas.

En Shuaijiao (competición de combate de agarres e derribos) participaron as categorías cadete, xuvenil e absoluto. Os vencedores foron: Javier Armesto Gal-

vez (cadete masculino 56 kg); Pablo Rodríguez Arias (cadete mixto 60 kg); Antón Velón López (cadete - xuvenil mixto 48 kg); Marco Salvo Castro (cadete - xuvenil mixto 65 kg); Dereck González Chamborro (xuvenil masculino 75 kg); e Miguel Rodríguez Alonso (absoluto masculino 80 kg).

Como colofón á Copa realizáronse dous combates de Shuaijiao entre selección galega e selección española.

Como colofón á Copa realizáronse dous combates de shuaijiao entre a selección galega e a selección española

Eva Feijoo coróase na Spanish Cup

Redacción

Ourense, máis concretamente a piscina Rosario Dueñas do pavillón dos Remedios, acolleu a 1ª Spanish Cup - Campionato de España individual xuvenil, júnior e absoluto de salvamento e socorrismo que reuniu a 228 socorristas repartidos en 112 equipos xuvenís, júniors e absolutos de España, Mauritania, India e Guinea-Bissau.

O club ourensán Salvour colaborou xunto con Real Federación Española de Salvamento e Socorrismo na organización do devandito evento. Nesta competición celebráronse as probas de 200 metros natación con obstáculos, 100 me-

tros combinada de salvamento, 100 metros remolque maniquí con aletas, 100 metros socorrista, 50 metros remolque de maniquí e 200 metros supersocorrista.

Os ourensáns

O Salvour participou con dous dos seus mellores deportistas Roi Naranjo Estévez e Eva Feijoo Gómez. A socorrista absoluta ourensá, Eva Feijoo Gómez, fíxose coa medalla de ouro na proba de 200 metros natación con obstáculos cun tempo de 02:16:77 e alcanzou unha cuarta posición en 100 metros combinada de salvamento cun tempo de 01:18:24; mentres que Roi Naranjo Estévez non puido clasificarse para as finais.

20 Barrios 22 de decembro 2022 DEPORTES
Exhibición de taichi realizado polo sénior.
4 Roi Naranjo Estévez foi a outra participación ourensá no campionato.
Eva Feijoo -no centro-, no podio dos 200 m de natación con obstáculos.
Barrios 22 de decembro 2022 21 PUBLICIDADE

Teatro

- Martes 27 de decembro - 18 h - Voa Voa, Xoaniña Voa - Teatro Principal Ourense.

- Mércores, 28 e decembro (12 e 18 horas)

- “A nena que vivía nuha caixa de mistos” - Teatro Principal de Ourense.

Música

- Sábado, 21 de xaneiro (20.30 h) - Concerto de Sés - Auditorio de Ourense

Deportes

- Do 23 de decembro de 2022 ao 5 de xaneiro de 2023 - Campamento de Nadal MVT GaliciaPolideportivo da Valenzá (Barbadás).

- Sábado, 24 de decembro (8.30h) - Nada e móllate polos demais - Pavillón dos Remedios.

- Sábado 31 de decembro (a partir das 16 horas) - VII Carreira San Silvestre Ouensá - Ourense.

- Domingo 1 de xaneiro - 13 h - Subida á Costiña de Canedo.

Exposicións

- Ata o 8 de xaneiro“Dimensión social dunha erótica da arte” - CC Marcos Valcárcel.

- Ata o 30 de novembro - “Arte non!” - Biblioteca Nós (Ourense).

Outros

- Días 23 (18 e 19:30 h) e 26 (12 e 18h) - Galtük. Un sueño de Navidad - Teatro Pincipal de Ourense.

- Xoves, 29 de decembro (19 h) - ORIXE - Espectáculo da compañía de Pablo Méndez - Auditorio de Ourense.

- Xoves, 29 e decembro (18 horas) - Danza: Nina Ninette - Teatro Principal de Ourense.

- Venres, 30 de decembro -20.30h- Sin datos no hay paraíso - Auditorio de Ourense.

- Venres, 6 de xaneiro (19 horas) - Maxia: El último gran Majo - Auditorio de Ourense.

- Sábado, 7 de xaneiro (17 horas) - Infantil: La gran aventura de los Reyes Magos - Auditorio de Ourense.

- Sábado, 14 de xaneiro (20.30 h) - Humor: Luis Zahera presenta “Chungo” - Auditorio.

www.periodicobarrios.com

O programa EsquiOU conta con 735 prazas para a rapazada ourensá

Redacción

A rapazada de toda a provincia de Ourense (nados entre o 1 de xaneiro do 2011 e o 31 de decembro do 2014) poderá aprender a esquiar grazas ao programa EsquiOU 2023 da Deputación provincial de Ourense. Serán sete quendas nas que se ofrecen un total de 735 prazas (105 prazas por quenda), e o prezo será de 29 euros.

Quendas

A duración da estancia é de tres días e dúas noites, sempre de luns a mércores e inclúe o aloxamento, pensión alimenticia, curso de esquí e as demais actividades complementarias (como tiro con arco, sendeirismo ou natación). O programa desenvolverase por quendas nas que se fai un reparto dos nenos por proximidade xeográfica para lograr grupos

máis homoxéneos.

A primeira quenda será do 23 ao 25 de xaneiro para as comarcas da Terra de Celanova e Baixa Limia; a segunda quenda, do 30 de xaneiro ao 1 de febreiro, será para as comarcas do Ribeiro e O Carballiño; do 6 ao 8 de febreiro será a quenda para os nenos de Verín-Viana; do 13 ao 15 de febreiro para Valdeorras; do 20 ao 22 de febreiro para Ourense; do 27 ao 1 de marzo para Allariz-Maceda-A Limia; e finalmente do 6 ao 8 de marzo para Terra de Caldelas-Terra de Trives.

Inscrición

A inscrición no programa xa se pode realizar a través do correo electrónico esquiou@depourense.es, axuntando o formulario de inscrición do ano 2023 cuberto e unha fotocopia do DNI do participante. O prazo para presentar as solicitudes remata o día 12 de xanei-

ro de 2023 ás 14 horas.

A selección dos participantes farase por orde de inscrición. Se algún participante quedase sen praza na quenda que lle corresponde, pasaría a unha lista de agarda para ser inscrito no caso de quedar prazas baleiras noutras quendas.

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

A ciencia da nutrición

Moita xente está decepcionada coa OMS (Organización Mundial da Saúde) por non dar respostas claras sobre nutrición. Por que hai tan poucas respostas? A investigación céntrase en factores dietéticos individuais ou grupos de alimentos específicos.

Así, ningún nutriente só por si fará a diferenza significativa na saúde, pois é preciso unha cantidade maior de nutrientes.

Non se comen alimentos individuais, faise dietas mesturadas e variadas con alimentos distintos. A isto se suma diferentes estilos de vida que tamén inflúen na saúde e son difíciles de separar da alimentación.

É importante reducir das graxas saturadas substituíndoas por insaturadas e non por hidratos de carbono, especialmente o azucre. As graxas saturadas por si só non poden ser un risco para a saúde, o que importa é o equilibrio entre graxas saturadas e insaturadas.

Unha dieta saudable debería ser pobre en sal e azucre adicionado e rica en fibras, froita, legumes, leguminosas e peixe gordo, ou sexa, unha dieta Mediterránea. En Tras os Montes aínda se come o “caldo” no pote, con feixón, cebola, patacas, coles e para dar mellor sabor é cocido cunha fatia de touciño. Este caldo é moi saudable e nutritivo.

Tamén é importante na ciencia da nutrición, comer alimentos natu-

4hUMOR

rais non procesados. Os alimentos fabricados carecen das fibras e nutrientes naturais e adicionais con ingredientes para estimular o apetito e por consecuencia comer máis; as carnes procesadas parecen estar relacionadas con doenzas cardíacas e co cancro.

Os alimentos naturais biolóxicos teñen unha enerxía vital para a saúde do corpo humano. Os micro-ondas alteran drasticamente esta enerxía e fan que os alimentos perigosos para ser consumidos. As tentacións, o estrés e outros obstáculos interpóñense no camiño das intencións de comer ben. O seu corpo merece que coma de forma respectuosa. E podes facelo gozando de deliciosos xantares, porén, o primeiro paso é aprender como funcionan os alimentos o corpo, para entender como o reparan.

Baixo en calorías? É como conducir un coche sen combustible. Demasiadas calorías? Ben, xa sabe que iso provoca o sobrepeso ao almacenar demasiada graxa. Un amigo nutricionista dicía: “come, ama o que comes e vive como comes”, e esta teoría pertence máis aos pobres que aos ricos, porque estes non aman o seu corpo como adoran os cartos.

Vale a pena tratar ao teu corpo cunha boa alimentación, para ter máis saúde e con maior calidade: para morrer, si, pero con máis calidade..

22 Barrios 22 de decembro 2022
OCIO E CULTURA
Poderá participar os nados entre o 1 de xaneiro do 2011 e o 31 de decembro do 2014
4 haberá sete quendas repartidas por proximidade xeográfica.
A inscrición, aberta ata o 12 de xaneiro, pódese realizar no mail esquiou@ depourense.es
A presentación de EsquiOU contou coa presenza do vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández -dereita-, e o director da Estación de Montaña de Manzaneda, Víctor Manuel Picos.

BARRIOS.

B-32.323.925.

editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 685 800 190.

4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS

O Nadal, todos somos “alguén eternamente”

O Asneiro, ledo, dende Lamas á tosta de Mouriscade baixa bicando nos bidos e nos ameneiros, coma unha moza namorada, con paixón e dozura, con agarimo e tento, ten un andar feminino, seguro e feiticeiro, cheíño de arrecendos a sabugueiro e loureiro.

Vístese de escumas antes da curva das Perdices e remexe con forza nas augas do regatiño do Baño. O Asneiro é coma un mozo baril de ollos brillantes, de mans rexas, pequeno de perna, mais de peito forte e ombreiros xenerosos para o carrexo, ventureiro e arriscado, ousado coma o Candán, desafiando o ceo, cando couta a choiva.

O Asneiro, é un año noviño que comeza a andar, rebulideiro e saltador nos prados, é lene entre a la da súa nai. Cando as folerpiñas vanse deitando no coliño das augas, asemellan ovellas pacendo e as maceiras de Xaime, pastorci-

Teatro Principal Redacción

O Teatro Principal contará cunha trintena de eventos no primeiro semestre de 2023. Así se desvelou no acto de presentación e que contou coa prensenza de César Fernández, vicepresidente segundo da Deputación; Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic); e Olga Mojón, directora do Principal.

A programación dará comezo o 3 de xaneiro co Concerto de Aninovo a cargo da “European Sinfónica Orquesta”; o 7 de xaneiro, o Ballet Nacional de Moldavia interpretará “Giselle”; o día 13 producirase un concerto de Luar na Lubre coa que dan inicio á súa xira; o 14 interpretarase a obra “Finlandia”; “Los

ños agardando o nacemento do meniño Deus.

Ao remate da Granxa das Perdices, logo de descansar un chisco, canta e ri na fervenciña. Se te deitas coa orella pegada o chan, escoitalo falar coa Vella, conversas de cando entre os dous, criaron as augas primeiras coas bágoas da ledicia da Vella e as outras coas da tristura, tantas foron, que asolagaron o mundo pola ruindade dos homes. Tes que deixar callar as felepas ata que o manto branco te cubra coma un anxiño e o son da ruxidoira marmule unha oración.

Mentres, en Ribas do Asneiro, os tellados branquexan paseniño, son os cabelos dos avós, dos que viven e dos que nunca morrerán, inda que morreran, e o fume furga nas tellas derretendo na neve; nunha loita perdida, porque a brancura imponse para festexar o Nadal. En Ribas do Asneiro non falta ninguén,

Santos Inocentes” o 20 de xaneiro; “Los Pazos de Ulloa” o día 22 e, o día 28 será a quenda de “Patriotas”.

En febreiro chega “A viaxe/ Dende Arxentina ata Galicia” o día 3, teatro con “La panadera” o 4, “Beethoven#ParaElisa” o 11 de febreiro e “Adictos” o día 26.

A ópera chega en marzo co “El barbero de Sevilla” o 4, o musical “Christiane” o 10, “Todas las canciones de amor” o 12, “Órbita” o día 18, “Un desastre de función” da compañía valdeorresa Gargallada Teatro o día 24, “Unha inimiga do pobo” o 25, e “Elektra.25” o día 30.

En abril terá lugar do 11 ao 14 o festival nómada da cultura africana “Harmatán”, que combinará o teatro, a danza, o cine, a música e o debate. A Mostra

"ninguén" non existe, todos somos "alguén" eternamente. Alí, xúntanse os mozos de tódolos tempos, nas lareiras e nos mazadoiros, arredor dos fumeiros e das tarteiras de capón con pataquiñas redondiñas, asadiñas coa calor das brasas dos carolos de millo e cántanse os reis ata que amence.

O amencer do Nadal entre Codeseda e os Muiños é un miragre, na ponte de Lamas o Asneiro escintila con ouro e prata, entre a brancura das arbores e fumega soños de xovenca nova, arrecende as papoulas e margaridas, as mazás e fentos, as amoras e as landras e as castañas dos soutos, en ningures alborexa deste xeito, o ceo píntase nas augas de mil maneiras distintas, adorando aquel recuncho onde comezou o mundo.

Alomenos o meu mundo.

Avelino Jácome

Internacional de Teatro Universitario de Ourense (MITEU) realizará distintas actuacións desde o día 21 ata o 6 de maio.

Segundo con maio, “Lope y sus Doroteas” o día 12, “Un hotel de primeira sobre o río” do Centro Dramático Galego o 16 de maio, “Por fin solo” de Tricicle o día 19, e o concerto “Rasgando el silencio” o día 25.

Rematarase o semestre con Es mi palabra contra la mía” de Luís Piedrahita, el 9, “El alma de Valle-Inclán” día 15 e o concerto “Trío Guarneri Praga” o 23 de xuño.

A venda de entradas e abonos para este semestre comeza hoxe e rematará o 30 de decembro. Toda a información sobre os diversos espectáculos está dispoñible na web do Teatro Principal.

ARTIGOS / CLASIFICADOS

969 546.

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

[Deixe o seu anuncio no 685 96 95 46 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

INMOBILIARIA

Véndese piso en Beluso, Bueu (Pontevedra). 100 m2, 3 habitacións, salón, cociña, baño, despensa e 3 trasteiros amplios. Soleado todo o día, situado preto de servizos básicos e a menos de 2 km das mellores praias da zona. Prezo: 85.000 euros. Tfno.: 679 588 349 (envío fotos, escoito ofertas). Alugo local económico no centro. Ideal para oficina, almacén ou trasteiro. 17m2. Dispón de baños comunitarios. 120 euros/mes máis 7 euros de comunidad. C.E.: C. Teléfono 627 203 131 Véndese casa céntrica en Xinzo de Limia. Baixo máis unha planta (144m2,) tres prazas de garaxe e patio, cinco habitacións, dous baños, cociña amoblada e terraza. 133.000 euros. Tel. 699 648 514 / 988 21 40 70

Alugo baixo na zona do Couto totalmente acondicionado. Con luz, auga, 70 m2. Prezo 300 euros. Tel: 653 208 506

Alúganse apartamentos en Montalvo (de Semana Santa a outubro) con unha ou dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916

Alugo sala para actividades culturais, con posibilidade de cociña, baño e outros sertvizos. Tel.: 988 247 113.

Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19.

Busco casa en alquiler na periferia de Ourense. Opción a compra ou dunha permuta dun piso situado na Valenzá. Tlf.: 600 826 029.

Vendo casa na estrada de Santiago, con finca. Para restaurar. Tel.:672 089

349.

Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19.

Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62.

TRABALLO

Ofrécese señora para traballar con xente maior ou nenos. De toda confianza, con informes. Disponibilidade de coche e fins de semana Tel.: 606 422 543.

Ofrécese señora para limpeza por horas Tel.: 674 500 513.

Señora, auxiliar de enfermería responsable e con experiencia, ofrécese para coidar persoas maiores, enfermos, nenos e tarefas do fogar. Tel.: 620 052 173

Ofrécese señora responsable -española- para coidade de nenos ou persoas maiores. Con informes. Tel.: 606 422 543

Ofrécese auxiliar de enfermaría, con titulación, para o coidado de maiores. Como interna ou por horas. En Ourense ou arredores. Telf.: 663 043 561

Danse clases de francés a domicilio. Todos os niveis. Titulación en España e Francia. Tlf.: 625 745 611

Imparto clases particulares de Matemáticas a domicilio en Ourense capital. Todos os niveis. Tamen materias curriculares de ESO e Bacharelato. As clases son individuais e personalizadas. Ampla experiencia. Excelentes resultados. Económico. Interesados enviar WhatsApp ao 610 38 25 89.

Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405.

Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358.

Fanse desbroces en tractor e a man. Tlf.: 63 521 448

Ófrecese señora seria e responsable para tarefas do fogar e coidado de nenos e maiores. Con informes. Preferencia zona Ponte. Tlf: 685 374 191.

VENDAS

Vendo colección de revistas “Muy interesante”, do nº1 ao 163, e “Natura”, do 1 ao 132 (as dúas encadernadas). Tlf: 636286434.

Vendo accesorios para cans: arnes de tiro, correas, collares e fournitures. Tlf: 636286434.

Vendo unha xanela de dúas follas en aluminio sapelly de 1,40 x 0,94 m con cristais. Tlf: 636286434.

Vendo dúas cadeiras infantís de coche (Jane) de 15-36 kg con isofix, unha negra e outra vermella. Tlf: 636286434.

Vendo rizador de pelo con accesorios para alisar e rizar. Tel.: 666 303 635

Vendo cama hospitalaria articulada en bo estado, con colchón anti-escaras. Tlf.: 606 133 522

Vendo prensa de viño mediana/grande, ideal para decoración en xardíns. Tlf.: 606 133 522

Véndese mampara nova. Tel: 672 089 349.

Véndense traxes de cabaleiro moi antigos en bo estado, ideal para Entroido. Prezo 10€. Tel: 610 979 897.

Compro moble de cociña completo. Tel: 988 247 824.

Vendo escritorio. Como novo, bo prezo. Tel: 672 089 349.

Vendo estufa de frío e calor. Tel: 672 089 349.

23
Barrios 22 de decembro 2022
Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Arcediagos,11, 1º - 32005 Ourense. Tel: 685 Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara, Manuel Blanco Nº177 - Ano: XIV - 22 de decembro de 2022 - Difusión: 10.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa
24 Barrios 22 de decembro 2022
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.