Barrios

Page 1

A Batucada volta a Verín o 29 e 30 de xullo con auga, música e festa [Páx. 2]

OURENSE

Páx.4 VERÍN

Manuel Cabezas será o candidato do PP nas vindeiras eleccións municipais de 2023

Páx.8

Aever pon en marcha a campaña “Móllate polo comercio”, con actividades acuáticas

VERÍN

Páx.10 XINZO DE LIMIA Páx.11 DEPORTES

O hospital público de Verín contará con dous servizos de atención urxente

Ourense, en chamas

O Concello contrata a cinco persoas en risco de exclusión para limpeza e xardinaría

Páx.12

O luso Aguias de Santa Marta venceu no maratón de fútbol sala feminino de Cartelle

[Páx. 3]

A provincia de Ourense suma 20.000 hectáreas ardidas na última semana das 30.000 de toda Galicia.O incendio de Carballeda de Valdeorras foi o máis grande ata o momento.

Número: 169 - Ano: XV - 21 de xullo de 2022 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


2

Barrios 21 de xullo 2022

TEMA DA SEMANA

A Ponte celebra as súas festas e Verín recupera a Batucada 4 Tamén foi presentada a Festa do Pulpo do Carballiño. R. Torres Seguen as festas na provincia ourensá. Esta mesma fin de semana o barrio da Ponte festexa o Santiago, comezando o sábado, 23 de xullo, coa actuación de Camachuelos (00:30h); ás 13h sesión Vermú con Begoña Mazaira na ponte Vella; e ás 23 horas na avenida de Santiago terá lugar o espectáculo “Camiñantes e cantantes” -musical protagonizado por La Oca Band, que estará acompañada, como artistas convidados, por Pepo Suevos, Manuel Manquiña, Lucía Pérez e Laura Añón-. O domingo 24 comezará a troula ás 10 con animación na rúa a cargo da Charanga Brexit; a Orquestra Função Publika actuará ás 21 horas e á medianoite na avenida de Santiago. E o día forte, o luns 25 de xullo, haberá un maratón de fútbol sala de 10 a 22 horas na rúa Eulogio Gómez Franqueira, a carón do Centro Cívico da Ponte. Ás 12 h na contorna das Caldas celebrarase a procesión con banda e comitiva da corporación municipal, a continuación haberá unha misa solemne; o parque Ribeira de Canedo acolle a partir das 13 horas un concerto da Banda de Santa

Verín recupera a súa tradicional Batucada os días 29 e 30 de xullo con música e moita festa

A concelleira de Festexos, Emilia Somozas, co cartel da Batucada 2022. Ágeda; no mesmo parque (xunto á ponte Vella) ás 22:30 horas actuará María do Ceo. Rematarán as festas da Ponte este ano sobre a medianoite coa tirada dos fogos artificiais entre as pontes Vella e do Milenio. Batucada de Verín Verín recupera a súa tradicional Batucada os días 29 e 30 de xullo. Segundo confirmou Emilia Somoza, concelleira de Educación, Cultura e Festexos serán dúas xornadas repletas de música, auga e diversión para toda as idades. Deste xeito, a festa comezará o venres 29 de xuño ás 11 horas co “Desfile da Ludoteca Especial Batucada” que este ano, con temática McDonald´s, fará un percorrido circular desde o CEIP Amaro Refojo por

O Carballiño presentou a sua Festa do Pulpo.

Laureano Peláez, praza do Concello, praza da Mercé, Rúa da Cruz e praza García Barbón. Rematarán con música e baile “Festa Infantil Da Ludoteca” no citado centro escolar. Pola tarde, de 16:30 a 19:30 horas, os máis pequenos gozarán cunha gran festa de inchables de terra e auga coa festa infantil na praia fluvial de Verín coa animación musical a cargo de Saudeter. O acceso ás actividades será de carácter gratuíto. Xa na noite dese venres (23:30 – 3:00 horas) a praza García Barbón contará coa animación musical de Enjoy Eventos e coa actuación de Skalopendras (01:00 horas) grupo de “rock bravú” formado por catro músicos procedentes de András, Vilanova de

Arousa (Pontevedra). O sábado 30 de xullo, como non podería ser doutra maneira, a auga e a espuma serán os principais protagonistas da batucada. Entre as 17 a 19 horas, celebrarase na praza García Barbón a gran “Festa da escuma e da auga”. Este ano, o evento contará coa animación musical a cargo da Gramola e do artista internacional Groove Amigos. Ás 19 horas, comezará o “Desfile Pasa-Rúas da Batucada” que sairá da praza Maior e continuará pola rúa da Cruz, praza da Mercé, avenida Luís Espada, avenida de Portugal, rúa Montemaior Laureano Peláez, Irmáns Moreno rematando no pavillón dos Deportes de Verín. Este ano, o desfile contará coa presenza das batucadas Somdolilá (Santiago de Compostela) e Os Queimatasas (Poio). A partir das 23:30 horas, a praza García Barbón contará coa animación da Gramola. Posteriormente, o broche musical correrá a cargo do grupo Maldito Murphy (01:00h) unha banda de pop rock orixinaria de Vigo. A festa prolongarase ata as 3:30 horas da madrugada do domingo da man, novamente da Gramola. Este ano mantense o acordo cos hostaleiros e poderán instalar barras na rúa para que poidan servir bebidas en vasos de plástico. Ademais, a partir da próxima semana, estarán á venda nos bares da praza García Barbón as camisetas (15 euros), mochilas (5 euros) e fundas impermeables (3 euros) oficiais da batucada 2022. A concelleira explicou que debido ás condicións climatolóxicas adversas "manteremos un mínimo

O domingo, 25 de xullo, María do Ceo actuará nas Festas da Ponte

de litros" para que os asistentes poidan gozar desta popular celebración; "sempre" –aclarou- "priorizando o noso compromiso co medio ambiente". Festa do Pulpo Outro dos grandes eventos na provincia durante a época estival é, sen lugar a dúbidas, a Festa do Pulpo do Carballiño. Este ano, que se celebra o seu 60º aniversario, faráo por priemira vez como festa de interese internacional, logo de pasar un arduo proceso e elaborar un expediente moi completo para lograr esta distinción. O Boletín Oficial do Estado publicou a concesión dese título o pasado 20 de xullo. Agora só queda gozar desta festa que, como cada ano, se celebra o segundo domingo do mes de agosto (este ano cae a día 14). Agardase a presenza de decenas de milleiros de participantes nunha celebración que xa tiña caracter internacional ao acudir visitantes de fóra das nosas fronteiras. Balcóns de Xinzo Noutra orde de cousas, o Concello de Xinzo de Limia organiza a terceira edición do Concurso de Embelecemento de Balcóns e xanelas "Xinzoenflor". Este ano haberá unha novidade, os participantes poderán enviar as fotografías dos seus deseños a través de WhatsApp ou por correo electrónico. Deste xeito favorecerase a implicación veciñal e facilitarase a labor do xurado, que estará integrado por un representante de cada grupo municipal e por tres ou máis veciños que queiran participar na deliberación. De non haber voluntarios, solicitarase a presenza dun xardineiro ou xardineira con titulación. O concelleiro de Cultura,

Ramiro Rodríguez, confía en que a participación aumente nesta edición, “porque logo de tres anos hai máis xente que coñece o concurso e porque ao facerse online será máis sinxelo para os veciños e veciñas”. “Xinzoenflor” pretende afianzar a colaboración entre a cidadanía e o Concello para coidar e mimar os espazos públicos. Os interesados poderán inscribirse ata o 15 de agosto, cubrindo o impreso de solicitude que se poderá descargar na web www.xinzodelimia. gal e enviándoo por correo electrónico ao enderezo concursos@xinzo.gal ou presencialmente nas dependencias da Casa Consistorial. Cada participante deberá enviar, antes do 20 de agosto, unha ou varias fotografías nas que se poida apreciar claramente a ornamentación do seu balcón ou xanela por WhatsApp (604 078 053) ou ao enderezo concursos@ xinzo.gal. Ao igual que en pasadas edicións, haberá dúas categorías: Xinzo Vila e Xinzo Pobos, e dous premios para cada unha delas. Os galardoados recibirán vales de 100 euros para mercar nos comercios do municipio.

A Festa do Pulpo celébrase o segundo domingo de agosto Os veciños de Xinzo que queiran participar en “Xinzoenflor” deberán cubrir un impreso en xinzodelimia.gal antes do 15 de agosto

Unha das casas participantes nunha edición anterior do concurso “Xinzoenflor”.


TEMA DA SEMANA

Os lumes arrasan preto de 20.000 hectáreas na provincia 4 A Xunta dará axudas de ata 122.000 euros aos afectados. R.T. Arde Galicia! Arde Ourense! Fai unha semana unha tormenta eléctrica -con máis de 5.000 raiosdeixou 55 incendios en toda Galicia provocando máis de 30.000 hectáreas ardidas, soamente na provincia ourensá son preto de 20.000. As altas temperaturas e o vento fixeron o resto. Ademais, 1.400 persoas da Pobra de Brollón, Folgoso do Courel e Valdeorras (uns 500) foron desaloxadas das súas casas. Unhas 30 casas foron engullidas polas lapas. No que atinxe á provincia ourensá, o de Carballeda de Valdeorras é o máis grande dos producidos en toda Galicia. No último dato facilitado pola Xunta de Galicia, a zona queimada elévabase ata as 10.500 hectáreas. Este lume, que deu comezo en Riodolas deu unha tregua, pero esta durou

O de Carballeda de Valdeorras é o máis grande dos producidos en toda Galicia (10.500 Ha)

O incendio da zona de Valdeorras. pouco xa que o dispositivo que está vixiando a zona alertou a primeira hora da tarde de onte que as lapas volvían a ser perigosas ao achegarse a vivendas en Quereño (Rubiá). A Xunta mantén a situación 2 pola proximidade ao núcleo de Candeda. Este fogo afecta ao Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra. Están despregados na zona 10 técnicos, 78 axentes, 145 brigadistas, 67 motobombas, 5 pas, 12 avións, 13 helicópteros e membros da Unidade Militar de Emerxencia (UME). En Vilariño de Conso, cunha superficie de 5.200 hectáreas ardidas, están en calma tensa; se ben non se viu afectada a estación de montaña de Manzaneda,

é certo que no parque do Invernadoiro a situación é moi complexa debido á orografía do terreo. Aquí están despregados 4 técnicos, 36 axentes, 83 brigadistas, 37 motobombas 5 pas, 8 avións e 12 helicópteros. En Oímbra hai tres lumes que entraron desde Portugal e que tamén afectan a Verín. O máis grande (1.800 Ha) iniciado en Rabal é o único activo, estando os de Videferre (600 hectáres) e San Cibrao (400) estabilizados. Na zona están despregados un total de 26 técnicos, 68 axentes, 108 brigadistas, 7 pas, 73 motobombas e 6 helicópteros. Axudas O presidente da Xunta,

Alfonso Rueda, anunciou que o Goberno galego habilitará axudas para os damnificados polo episodio excepcional de incendios forestais rexistrado estes días. “Aprobamos o decreto que permite iniciar todo o proceso administrativo para convocar axudas directas aos afectados polos lumes”, explicou Rueda, quen asegurou que o obxectivo da Xunta é que a maioría das convocatorias de axudas sexan aprobadas no Consello da vindeira semana. Rueda explicou que a Axencia Galega de Emerxencias avaliou a situación das zonas onde houbo incendios nos últimos días e decretou que se trata de “zonas afectadas por lumes de natureza ca-

tastrófica”. A partir dese informe, a Xunta pon en marcha os mecanimos administrativos necesarios para lanzar o antes posible estas liñas de axudas. As axudas outorgaranse de forma directa por mor do interese público, social e humanitario derivado das excepcionais circunstancias que concorren neste caso, e concederanse nos termos e nas condicións que se establezan nas súas correspondentes bases reguladoras. Pola natureza destas achegas, os anticipos ou pagamentos á conta que prevexan as convocatorias ou resolucións de concesión directa que se diten, e que poderían acadar ata o 100%, quedarán exentos da obriga de constituír garantías. Danos As axudas contemplan os danos persoais sufridos, no seu caso, así como os causados en vivendas e enxoval domésticos e tamén en instalacións complementarias, dentro das que se inclúen pozos, hórreos, alpendres, invernadoiros para autoconsumo, instalacións eléctricas e de iluminación, de telecomunicacións, etc. Así mesmo, tamén se entenderá como

Barrios 21 de xullo 2022

3

Dos tres incendios de Oímbra, o iniciado en Rabal é o único activo, os outros dous están estabilizados construción ou instalación complementaria o cerramento preexistente do predio no que estea a vivenda. En concreto, en caso de vivenda habitual, concederase o 100% do custo da reposición ou reparación, tanto do edificio principal como das instalacións complementarias, cun máximo de 122.400 euros. Se era unha vivenda non permanente nin habitual, concederase cun máximo de 61.200 euros.

De vermello intenso tinguiuse o sol polo lume.

O obxectivo da Xunta é que a maioría das convocatorias de axudas sexan aprobadas no Consello da vindeira semana


4

Barrios 21 de xullo 2022

CIDADE

Obras na Chavasqueira

Cabezas, o elexido dos populares

4 A rúa Ribeira de Canedo abre ao tráfico.

4 O PP terá de candidato ás municipais o que fora rexedor desde 1995 ata 2007.

Redacción Esta semana deron comezo as obras (cun orzamentados de 47.474,10 euros) para a reapertura das instalacións termais da Chavasqueira e a súa adaptación á nova lei. Así, actuarase nos sistemas existentes de captación, bombeo e canalizacións, na estrutura dos vasos para mellorar as condicións de seguridade e accesibilidade, na mellora de fontanería, ducha, arquetas, sistemas de medicións, entre outras actuacións. Ribeira de Canedo A renovada rúa Ribeira de Canedo abre ao tráfico logo dun investimento dun cuarto de millón de euros por parte do Concello. O alcalde, Gonzalo Jácome, destacou, ademais deste,

outros proxectos como os de mobilidade vertical na rúa de Nicomedes Pastor Díaz, no barrio da Carballeira, ou o na Cruz Alta, ambos xa licitados. Tamén avanzou que están adxudicadas as obras nas rúas de San Lázaro, Xoaquín Lorenzo Fernández, Bedoya ata Valle Inclán e Cardenal Quevedo, ata a avenida da Habana, que comezarán nun mes e medio.

Jácome en Ribeira de Canedo.

Redacción Manuel Cabezas será o candidato á alcaldía do Concello de Ourense polo Partido Popular, despois de que hai uns meses saíra o seu nome de boca do presidente da Deputación, Manuel Baltar. A pesar de que foi hai uns días cando se postulou definitivamente, o certo é que co visto e prace do presidente provincial estaba claro que sería él o candidato; ademais, foi o único popular que presentou avais para ser o novo presidente do PP na cidade. Reunións Depois de anunciar a súa intención de presentarse, o que outrora fora

Cabezas nunha das reunións coa militancia.

alcalde da cidade, reuniuse coa militancia para presentar o seu proxecto. Deste xeito, Manuel Cabezas fixo unha rolda de reunións que rematarán no congreso local extraordinario previsto para este sábado, 23 de xullo, no Centro Cultural da Deputación. Tamén se reuniu con militantes de San Francisco e Mariñamansa, véndo-

se tamén nunha segunda xuntanza cos dos distritos Centro, O Couto-rural, O Couto-centro, A Rabaza-Ceboliño e Casco Histórico. O último dos encontros foi cos da zona da Ponte. Cabezas xustificaba este paso dado despois de "escoitar aos militantes, aos presidentes de distritos e aos veciños que me pediron que dea este paso". Tamén dixo ter a vontade de rearmar ao PP da cidade asegurando que xuntos "construiremos un partido forte, de maiorías, para liderar un novo proxecto de cidade ilusionante". Bipartito Desde fai tempo son moitas as voces que din

que o pacto no Concello de Ourense entre Democracia Ourensana e o Partido Popular non vai durar ata o final do mandato. Esas voces son cada vez maiores desde que se sabe que Cabezas será o candidato. Ata o propio alcalde de Ourense considera un feito a rutura do bipartito, asegurando que esta será efectiva nos vindeiros días (posiblemente despois do congreso local), na procura "dun golpe de efecto", avanzaba Jácome. O actual rexedor non perdeu a ocasión para criticar a decisión de poñer ao fronte do PP a Cabezas dicindo que era "triste" recurrir a el "porque parece que non lles valen ningún dos que están".

O congreso local do PP será este sábado 23 de xullo

Cabezas nunha das reunións coa militancia.

Jácome di que os populares romperán o bipartito


ECONOMÍA

Barrios 21 de xullo 2022

5

Este ano convócanse unha trintena de programas de axudas no eido residencial 4 O importe global supera os 150 millóns. Redacción Ao longo deste ano, a Xunta de Galicia convoca unha trintena de programas de axudas cos que pon á disposición de particulares, comunidades de veciños, concellos e promotores máis de 150 millóns de euros para levar a cabo diferentes actuacións no eido residencial. Liñas dirixidas ao alugueiro, á adquisición de vivenda e a rehabilitar o patrimonio residencial xa construído son algúns dos incentivos que xestiona o Goberno autonómico a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS). Algúns destes programas están consolidados na Comunidade e seguirase apostando por eles, mentres que outros estan financiados con fondos europeos, polo que son completamente novos. Das axudas previstas este ano, hai que facer especial fincapé nas axudas dirixidas á rehabilitación de edificios e vivendas unifamiliares, dos que xa se levan convocados desde que arrincou o ano media ducia de programas, todos eles co prazo de solicitu-

Axudas a nivel de edificio buscan axudar a propietarios individuais e comunidades de veciños nas reformas que logren a eficiencia dos seus inmobles. de aberto, e entre os que cómpre destacar aqueles dirixidos especificamente a actuacións de mellora da eficiencia enerxética. Axudas a nivel de edificio O novo programa a nivel de edificio, que se pode solicitar desde o pasado 17 de maio e ata o 30 de novembro, está aberto a

Algunhas das liñas de axuda van dirixidas ao alugueiro, á adquisición de vivenda e a rehabilitar o patrimonio residencial xa construído.

subvencionar cun máximo de 38.750 euros —en caso de que as obras impliquen a retirada de elementos de amianto— actuacións de mellora da eficiencia enerxética en edificios e vivendas unifamiliares. O orzamento de 22,9 millóns de euros é o maior da historia e busca axudar a propietarios individuais e comunidades de veciños nas reformas que logren a eficiencia dos seus inmobles, como poden ser o cambio de fachadas e de cubertas ou a substitución de equipos de calefacción e de auga quente sempre que se logre un aforro enerxético mínimo do 30%. A axuda pode chegar a cubrir nalgúns supostos ata o 100% do custo da intervención.

Outras axudas Outra das liñas novidosas é o programa para elaboración do libro do edificio existente e para redacción de proxectos, documentación que xa é obrigatoria no caso de inmobles de nova construción e que se quere fomentar deste xeito para o resto. A convocatoria de 2022, estenderase ata o 30 de novembro, conta cun orzamento de 1,25 millóns de euros e vai dirixida a edificios ou vivendas rematadas antes do ano 2000 que se vaian rehabilitar. A contía máxima desta axuda será de 3.500 euros cando se destine a elaborar o libro do edificio e poderá chegar ata os 30.000 euros se o que se quere financiar

Hai incentivos económicos para a renovación de fachadas e envolventes, renovación de ventás, redacción de proxectos técnicos para planificar as obras e tamén para a adquisición da vivenda habitual en edificios localizados dentro dun centro histórico

é o proxecto técnico correspondente e necesario para executar as obras de mellora. As axudas de rehabilitación enerxética de edificios en municipios do reto demográfico (PREE5000), cun orzamento de 3,8 millóns de euros, pódense solicitar ata o 30 de setembro. Teñen como fin acometer obras de rehabilitación enerxética en Inmobles unifamiliares ou de tipo colectivo construídos antes de 2007 nun municipio de menos de 5.000 habitantes ou nun concello non urbano de menos de 20.000, sempre que ningún dos seus núcleos de poboación teña máis de 5.000 veciños. Cun orzamento de 13,5 millóns de euros, este programa convocouse o 3 de marzo e poderase solicitar ata o 14 de outubro. Cun orzamento de 13,5 millóns de euros, está aberto o programa a nivel de vivenda (cambio de ventás) para poder optar a axudas de ata 3.000 euros destinadas a financiar pequenas actuacións de rehabilitación enerxética en vivendas, principalmente o cambio

de ventás. O investimento debe de ser de polo menos 1.000 euros e o aforro de enerxía de, como mínimo, un 7%. Ademais, neste caso os incentivos están abertos non só aos propietarios do inmoble senón tamén a inquilinos e usufructuarios sempre que sexa o seu domicilio habitual. Por un importe global de 1,32 millóns de euros están abertas as axudas (ata o 30 de setembro) para intervir nas tres áreas de rehabilitación integral supramunicipal que xestiona directamente a Xunta: a ARI dos Camiños de Santiago, a ARI do Parque Nacional das Illas Atlánticas e a ARI da Ribeira Sacra. Os propietarios poden acceder a subvencións de ata 25.000 euros por vivenda para rehabilitar ou optimizar a súa eficiencia enerxética, uns incentivos cos que se contribúe tamén á vez a mellorar a imaxe que reciben os peregrinos ao seu paso por estas zonas. Por terceiro ano consecutivo, o IGVS convocou -ata o vindeiro 30 de setembro- este programa, dotado cun orzamento inicial de 500.000 euros e dirixido a cidadáns particulares que adquiran unha vivenda xa construída —que pode ser nova, usada ou que necesite reformas— nalgún dos case medio cento de centros históricos que hai declarados en Galicia. Os beneficiarios optan a unha axuda de ata 15.000 euros.

Seis destes programas van dirixidos a apoiar actuacións de rehabilitación en inmobles de tipo residencial e que teñen como fin lograr un aforro enerxético


6

Barrios 21 de xullo 2022

CIDADE

Campamento Urbano de Amencer

Termatalia Redacción Ourense converterase en epicentro mundial do termalismo durante a última semana de setembro, reunindo tres eventos internacionais que convocarán aos profesionais do turismo de saúde dunha trintena de países. No marco da primeira reunión do comité asesor de Termatalia (Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar) falouse destes tres eventos que concentrarán a atención do sector desde o 27 de setembro até o 2 de outubro e que son os seguintes: Congreso Internacional de Turismo Termal, do 27 a 29 de setembro; Termatalia que celebra a súa 20ª edición en Expourense os días 29 e 30 de setembro totalmente presencial tres anos despois; e o 21º Congreso Nacional da Sociedade Española e Hidroloxía Médica que se celebra no Balneario de Laias Caldaria os días 1 e 2 de outubro ,pero que celebra unha xornada previa en Termatalia o venres 30 de setembro pola tarde, na que participarán os principais representantes mundiais do medicamento termal.

4 Desenvolverase do 1 ao 11 de agosto. Redacción O alcalde, Pérez Jácome, coas letras instaladas ao carón da ponte Romana.

Letras Ourense A cidade conta cunhas letras co nome de Ourense no entorno da Ponte Vella. O alcalde, Pérez Jácome, destaca o “atractivo que representa esta instalación cun deseño que se utilizará para diversas accións promocionais”. As letra teñen o obxectivo de ser un novo punto de atracción turística, coa Ponte Romana de fondo. En palabras do alcalde, “na estrutura instalada, destacan as tres letras OUR realizando un xogo co concepto noso, que é a tradución inglesa de OUR. Esta proposta persegue un fortalecemento da propia identidade”.

Este ano o Campamento Urbano de Amencer cumpre 35 anos. O lema escollido desta edición é “Paixón do verán”, xa que regresa coa paixón dos veráns prepandemia. Serán nove días completos de actividades (de 10:30 ata as 13:30 e dende as 16:30 ata as 19:30 horas) para os menores de 16 anos e para os maiores de 15 anos pola noite (de 22:30 ata ás 00:00 horas). A base do campamento urbano será, como xa é tradicional, no colexio salesiano da cidade. Preincrición A preinscripción pode facerse en Amencer, no

Jácome visitou o remate das obras da Vía Vella.

colexio Salesianos, de 9 a 15 horas, de luns a venres. Para maior información, no teléfono/FAX 988 21 81 23, na páxina web amencer.org, e no correo electrónico amencer@ amencer.org. É preciso para poder participar facer a inscrición previa, que é gratuíta, non hai número limitado de prazas, e pódense inscribir durante o campamento urbano, incluso ata o último día do mesmo, o xoves 11 de agosto.

A preinscrición pode facerse nos locais de Amencer no colexio Salesianos

Travesía Vía Vella Remataron as obras da travesía da Vía Vella, no barrio do Pino. Esta obra comprende un tramo de case un quilómetro desde as rúas Vía Vella – desde a intersección coa rúa Casardomato – ata a conexión coa beirarrúa na rúa Balneario. Entre as actuacións están a mellora do firme da calzada para que a circulación sexa máis cómoda e segura. Tamén se proxectou a construción dunhas plataformas de embarque para as catro paradas de autobús urbano. Ademais, da renovacións dos servizos municipais de abastecemento que estaban dentro da área de actuación das obras.

Presentación do 35º Campamento Urbano de Amencer.


ECONOMÍA

Barrios 21 de xullo 2022

7

Galicia reforza a súa aposta para impulsar os prezos dos produtos do mar 4 As lonxas galegas comercializan máis de 300 especies diferentes da máxima calidade. Redacción Todos saben que a despensa de Galicia en canto aos produtos do mar é de máxima calidade, ademais de contar cun recoñecido prestixio mundial con moita demanda en distintos puntos do planeta. Con todo, os prezos que alcanzan algúns deses peixes e mariscos en primeira venda teñen marxe de mellora e tanto as organizacións sectoriais como as distintas administracións traballan desde hai anos en numerosas accións de promoción para que estes produtos alcancen as cotizacións que se merecen pola súa calidade. Pero o labor destes últimos anos parece dar os seus froitos e o prezo medio das vendas nas lonxas galegas marcaron en 2021 máximos históricos ao superar os tres euros o quilo. Isto é un gran avance para unha comunidade que conta con máis de 60 lonxas nas que se comercializan máis de 300 especies diferentes, desde peixes ata mariscos pasando por crustáceos, algas ou equinodermos. Estes produtos, incluíndo os de acuicultura como o mexillón, chegan aos mercados de España e parte do

As máis de 60 lonxas galegas existentes en Galicia poxan unha gran variedade de peixes, mariscos, crustáceos, algas ou equinodermos que poñen a disposición do consumidor un gran abano de posibilidades para levar ao seu fogar cada día e poder cumprir coas recomendacións sanitarias de consumir, como mínimo, tres ou catro racións desta proteína á semana. E os galegos, como non podería ser doutro xeito, predican co exemplo tendo na dieta atlántica un dos seus grandes piares, o que fai que Galicia ocupe o segundo lugar de España en esperanza de vida.

Organizacións de produtores pesqueiros e a Xunta -a través da Consellería do Mar- están reforzando as súas accións para contribuír a mellorar os ingresos do sector. mundo para servirse nos platos máis innovadores e sabrosos nos restaurantes máis prestixiosos. Grazas á súa promoción melloraron os prezos, pero os actores da cadea mar-industria de Galicia non se conforman con estes resultados e seguen traballando con esforzo nesta estratexia de valoración.

O sector do mar conta cun gran peso en Galicia, pois o 91% das actividades económicas da comunidade están relacionadas coa pesca e coa cadea mar-industria

O 91% das actividades económicas da comunidade están relacionadas coa pesca e a cadea mar-industria.

Este traballo é preciso para que os pescadores vexan compensado o seu labor e poidan facer fronte ás distintas dificultades como o encarecemento constante dos prezos da enerxía e de materias primas como consecuencia da guerra de Ucraína. É por iso que as organizacións de produtores pesqueiros e a Xunta -a través da Consellería do Mar- están reforzando as súas accións para contribuír a mellorar os ingresos do sector. Fai un ano, o Executivo galego puxo en marcha a campaña "Galicia sabe amar" para poñer en valor estes produtos e agradecer o esforzo realizado polos pescadores para que cheguen ao consumidor estes alimentos de calida-

As campañas inciden en que consumir estes alimentos melloran a saúde e aforran en gasto sanitario

de. Antes desta iniciativa realizáronse outras como "Compra produto fresco do mar. Estamos no mesmo barco" ou as dirixidas a escolares e á xeración millennial. Con estas accións preténdese que os profesionais do mar conten con ingresos dignos e que a actividade continúe no futuro facéndoa atractiva para as novas xeracións e converténdoa nunha boa opción profesional. Saúde As campañas inciden en que consumir estes alimentos melloran a saúde e aforran en gasto sanitario ao tempo que fomentan a sustentabilidade e a economía, sobre todo local. Pero ao consumir estes alimentos, ademais de fomentar hábitos de vida saudable tamén se engrandece o traballo de mulleres e homes que cada día saen ao mar para que este nutritivo recurso non falte en

ningunha mesa. Este apoio vai máis aló dos pescadores, xa que este sector conta cun gran peso en Galicia debido a que o 91% das actividades económicas da comunidade están relacionadas coa pesca e coa cadea mar-industria (que dá traballo de xeito directo a unhas 40.000 persoas). As exportacións galegas de produtos do mar superaron o pasado ano os 2.400 millóns de euros, situándose a comunidade como a décima exportadora mundial deste tipo de alimentos, por diante de países como Xapón ou Islandia.

Asignatura pendente Un dos retos está en que a poboación moza perda o medo a comprar e cociñar pescado. "Vai de Peixe”, iniciativa impulsada pola Xunta, quere achegar estes produtos aos millennials e á coñecida como xeración Z, a poboación de entre 18 e 35 anos. Esta campaña, pioneira a nivel nacional, busca revertir a pirámide de consumo para que sexa a mocidade a que se sitúe no cumio da mesma. Canles como as redes sociais son perfectas para achegarse á xente nova facéndolle ver a versatilidade destes produtos con receitas sinxelas e rápidas elaboradas por recoñecidos influencers. Un simple clic permite descubrir a infinidade de posibilidades que ofrecen os produtos do mar.

Un dos retos consiste en que a mocidade perda o medo a mercar e cociñar peixe, para o que a Xunta puxo en marcha a campaña “Vai de Peixe”, dirixida aos millennials e á xeración Z, de entre 18 e 35 anos


8

Barrios 21 de xullo 2022

Ludoteca de Verín Redacción A Ludoteca de Verán e o Campamento Urbano do Concello de Verín recupera a festividade de San Fermín tras dous anos de parón por mor da pandemia. Máis de 170 menores integrantes destes servizos de conciliación, coeducación e diversión, (ludoteca – campamento urbano) participaron nunha divertida xornada de xogos que tivo como temática principal a tradicional festividade do San Fermín. A mesma desenvolveuse no CEIP Princesa de España. Unha xincana con diferentes probas: correr detrás do touro para intentar colocarlle o rabo ou saltar a comba cantando a canción de San Fermín foron algunhas das probas preparadas para que os cativos pasaran unha mañá divertida celebrando esta festividade. Para seguir coa tradición, os nenos e nenas forn vestidos de branco coa pañoleta vermella. Como non podería ser doutro xeito, tamén houbo pregón e chupinazo. Naturewaterpark Ademais, un total de 46 nenos e nenas do Campamento Urbano e da Ludoteca do Concello de Verín, viaxaron a Vila Real -acompañados de catro monitores- para pasar una divertida xornada no parque acuático Naturwaterpark, o primeiro totalmente ecolóxico de Portugal.

VERÍN

Presentado o cartel da Feira do Viño de Monterrei 4 É obra de Alfredo León. Redacción O Concello de Verín e a Denominación de Orixe de Monterrei presentaron o cartel anunciador da 15ª Feira do Viño de Monterrei, que terá lugar entre o 12 e 14 de agosto. A proposta seleccionada, de Alfredo León Mañú, foi elixida entre un total de 34 traballos presentados ao concurso. O autor desta obra, presentada baixo o lema ‘2 copas, 1 botella y las uvas’, é deseñador gráfico e de páxinas web, e tamén traballa no departamento de comunicación do concello de Aoiz-Agoitz (Navarra). Participante en numerosos concursos de cartelería, venceu moitos deles como os de San Froilán de Lugo 2022, San Mateo de Logroño 2021, Fiestas del Pilar de Zaragoza 2020, Festival Cine Alicante 2020 e 2021 ou Euskal Jaiak de San Sebastián 2019, entre outros. Convenios A DO Monterrei vén de estreitar lazos coa admi-

Presentación do “Móllate polo comercio local”.

Aever propón "mollarse" polo comercio de Verín 4 A iniciatica contará con tobogáns de auga para todas as idades. Redacción

Cartel anunciador da Feira do Viño de Monterrei. nistración local e provincial. Así, Lara Da Silva e o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, asinaron un convenio de colaboración entre as dúas entidades destinado á organización da próxima edición da Feira do Viño. Pola súa banda, a Depu-

Da Silva e Seoane na firma do convenio.

tación provincial tamén arrima o ombreiro e reforzan a colaboración. Ambos presidentes mantiveron un encontro no que se abordaron as liñas de cooperación abertas entre ambas entidades. A achega económica irá destinada a gastos de funcionamento do Consello Regulador e para actividades de promoción da Denominación de Orixe.

A Feira do Viño de Monterrei celébrase este ano do 12 ao 14 de agosto

A Asociación de Empresarios de Verín (Aever) da un paso máis na súa promoción do comercio local. Co obxectivo de incentivar as compras no concello poñen en marcha a campaña "Móllate polo comercio". Unha iniciativa que traerá tobogáns de auga para todas as idades ademais das festas Polvos Holi e unha de escuma. As actividades terán lugar o vindeiro 5 de agosto (venres). Desde xa, os establecementos asociados darán tiquets para poder facer uso dos tobogáns que porán a disposición dos seus clientes ese día. Así, todo aquel que queira participar deberá entregar 10 tiquets -de compras nos locais asociados a Aever- máis 2 euros, que deberán canxear nunha carpa situada na praza Maior (aberta unha hora antes do inicio das acti-

vidades); daráselle unha pulseira coa que se terá acceso tantos aos tobogáns como ás festa polvos holi e escuma. Zonas Haberá tres tobogáns: un para xóvenes e maiores (praza Maior); outro para xóvenes (praza do Concello); e outro para os máis pequenos (praza da Merced). As festas polvos holi e da escuma celebrarase na praza Maior. Será unha zona acotada co horario de 17:30 a 21:30 horas. De 17:30 a 18:30 horas e de 19:30 a 20:30 será a quenda para a rapazada de 3 a 10 anos; de 18:30 a 19:30 horas para os xóvenes; e de 20:30 a 21:30 horas, para xóvenes e adultos. Tamén haberá música e un speaker para animar a xornada.

As actividades terán lugar o venres 5 de agosto


PUBLICIDADE

Barrios 21 de xullo 2022

9


10

Barrios 21 de xullo 2022

EN BREVE 4 Campamento no Invernadoiro O Concello de Verín recupera, tras cinco anos, o campamento no Parque Natural de O Invernadeiro. As idades dos participantes son as comprendidas entre os 10 e os 14 anos (nados entre os anos 2008 e 2012). As solicitudes de inscrición cubriranse na Oficina Municipal de Información Xuvenil por rigoroso orde de inscrición e pago ata cubrir ás 50 prazas, (25 nenos e 25 nenas). A cota é de 165 euros, para os menores empadroados no Concello de Verín e 195 euros para os non empadroados.

4 Túnel do Viño

Este venres, 22 de xullo, os viños da Denominación de Orixe Monterrei viaxan ata Cabo Ortegal, en concreto, á localidade de Cariño para ser protagonistas do Tunel do Viño.

4 Exposición A casa da Cultura de Verín acolle unha exposición retrospectiva destes 40 anos de moda da man das mellores top models como Christy Turlington, Olatz, Helena Christensen, entre outras, e fotógrafos como Eloy Lozano, Javier Vallhonrat, Jacques Olivar ou Paco Navarro. Estará aberta ata o 30 de agosto.

4 FIC O documental “Mauthausen, regreso ao campo da morte”, do xornalista e historiador galego Manolo Torrente, exhibirase no FIC Vía XIV de Verín .

VERÍN

Ampliación do hospital público de Verín 4 A novo edificio acollerá os dous servizos de atención urxente. Redacción O hospital público de Verín sufrirá unha ampliación coa construcción do futuro edificio de urxencias. A Xunta de Galicia fai un investimento de 3,9 millóns de euros que permitirán realizar ademáis outras actuacións de mellora enerxética, cun prazo de execución de 11 meses. Por mor destas obras, desde a dirección do Distrito Sanitario solicitase a colaboración dos profesionais para reservar as áreas de aparcamento máis próximas a entrada para os pacientes. Novo edificio De planta baixa e cunha superficie de 1.488 m2, o novo edificio mellorará a funcionalidade destes dous servizos de atención ás urxencias da bisbarra de Monterrei: O Punto de Atención Continuada (PAC) atendido polo persoal de Atención Primaria e o Servizo de Urxencias, facilitando a súa coordinación, mediante unha distribución que permitirá xerar distintos circuítos para a atención dos pacientes. Ademais o seu deseño inclúe, por vez primeira nun área de urxencias, o doble circuito para a atención aos pacientes con sospeita de infección respiratoria.

Distribución Na entrada situarase a Admisión e o Triaxe, para facilitar a atención do paciente no PAC ou Urxencias. O PAC, terá dúas consultas médicas e unha de enfermería, comunicadas e próximas ao acceso, e unha consulta de atención a sospeitas de infección respiratoria, con sala de espera con aseo exclusivos. Pola súa parte o Servizo de Urxencias contará con dúas consultas polivalentes, unha sala de curas e seis boxes. Deles, un de maiores dimensións para a atención a pacientes críticos e outro, con aseo e espazo previo, para facilitar o illamento de pacientes con sospeita de infección. O novo edificio hospitalario contará tamén cunha sala de observación 24 horas, sala de traballo médico, sala de reunións, farmacia, sala de pre-alta, despacho de información a familiares, dormitorios de persoal e outros espazos

de apoio. Asemade, a área de persoal estará separada da zona de atención a pacientes, cun acceso rápido aos puntos de atención. Xunto ás obras de ampliación, tamén se procederá á renovación da cuberta de todo o hospital e á instalación de paneis fotovoltaicos, que permitirán ampliar as fontes da coxeneración enerxética e limitar a dependencia das habituais.

O prazo de execución é de 11 meses O Servizo de Urxencias contará con dúas consultas polivalentes, unha sala de curas e seis boxes

Valado da zona das obras do hospital.

Escolares nunha edición anterior do FIC.

Regresan os nenos ao FIC Vía XIV 4 Tras dous anos de parón por mor da pandemia. Redacción O Festival de Curtas de Verín volve programar actividades para os cativos e cativas tras dous anos de parón por mor da pandemia. O FIC programará unha actividade específica para eles que se desenvolverá, por bloques de idade e baixo a batuta da narradora oral Raquel Queizás, nas xornadas dos días 1 e 2 de setembro no Auditorio. Sopa Cómica é o título que a organización do certame deseñou para que os rapaces e rapazas de Verín e comarca se acheguen. Con esta iniciativa, os máis pequenos poderán visionar os mellores traballos de determinadas figuras da comedia e descubrirán persoeiros como Mabel Normand, Collen Moore, Charles Chaplin, Buster Keaton, Laurel e Hardy (o Gordo e o Fraco) ou os Irmáns Marx, entre outros. Como broche final, visionarán unha selección de curtas, que como di o director do certame, Carlos Montero, "Son curtas

que fomentan o respecto polo outro, a liberdade, a paz, a tolerancia e a igualdade”. Dous bloques Para esta acción proposta polo FIC Vía XIV, prevese dividir á rapazada asistente en dous bloques de idade. Un composto por cativos e cativas de entre 2 e 7 anos (con 40 minutos aproximadamente de sesión) e outro composto por un público infantil de maior idade, de entre 8 e 12 anos (con 50 minutos aproximadamente por sesión). Dentro de cada un dos bloques de idade, os nenos e nenas poderán participar nunha votación popular infantil na que elixirán a mellor curtametraxe das visionadas, que se premiará con 100 euros. A actividade está respaldada pola Asociación de Empresarios de Verín (AEVER). Tamén haberá prazas abertas para o público en xeral, que pode preinscribirse nela a través dun formulario específico habilitado ao respecto na web do certame: www.ficviaxiv.com.


XINZO DE LIMIA

O Concello contrata a cinco persoas en risco social Foto de familia do obradoiro Vía da Prata.

O obradoiro Vía da Prata entrega os seus diplomas 4 Traballaron no Camiño en Xinzo e Sandiás. Redacción O obradoiro de Emprego Vía da Prata rematou coa entrega dos diplomas. Entregáronse no salón de plenos da Casa Consistorial do Concello de Xinzo. Os diplomas corresponden ás trece mulleres e tres homes que traballaron nos últimos 9 meses realizando labores de albanelería e xardinería para mellorar a accesibilidade do Camiño nos concellos de Xinzo de Limia e Sandías. Durante a entrega estivo presente a alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, acompañada polos concelleiros Ramón Gómez e Manuel Pérez, a concelleira de Sandiás, Pilar Cabrera, e o xefe territorial de Emprego e Igualdade, Iago Borrajo. A rexedora asegurou que o Obradoiro de Emprego Vía da Prata é “histórico”, pois permitiu realizar unha discriminación positiva en favor das mulleres. “Deste xeito é posible demostrar que homes e mulleres estamos igualmente capacitados para calquera tipo de traballo”.

Obras Durante os nove meses de obradoiro rehabilitáronse zonas como, entre outras, o parque do Pombal (arranxo de pavimentación das lousas e acondicionar as beirarrúas e tamén labores de xardinería). Ademais, converteron a antiga escombreira, emprazada ao carón da estrada de Baltar e o parque da Seara, á beira do río Limia, nunha zona de esparcemento para veciños e peregrinos. As obras consistiron na construción dunha bancada no desnivel que pretende funcionar como punto de parada e tamén de reunión ao aire libre. Ademais, creouse un novo xardín con preto de 200 novas plantas e árbores, e un pequeno estanque.

Unha das zonas rehabilitadas foi a carón da estrada de Baltar e o parque da Seara

4 Para traballos de limpeza e xardinaría. Redacción O Concello contrata a cinco persoas en situación de vulnerabilidade cos que reforzará os traballos de limpeza e xardinería. Así, favorece a inclusión social a unhas mulleres que son perceptoras da Renta de Inclusión Social de Galicia (Risga). Con esta iniciativa lógrase a inserción laboral de persoas en situación de vulnerabilidade, ademais de mellorar o entorno urbano. As traballadoras, contratadas a través da modalidade vinculada a programas de activación para o emprego da Xunta de Galicia, cola-

Transferencia dun treito da OU-1102

borarán na rexeneración de espazos verdes e zonas libres de uso público mediante a realización de labores sinxelas de limpeza e xardinería, así como de instalación, reposición e reparación de elementos de mobiliario urbano. Está previsto que desempeñen as súas funcións por un pe-

ríodo de tempo de nove meses. Calidade de vida Dende o executivo local destácase que a través deste procedemento de contratación proporanse melloras na calidade de vida dos cidadáns mediante o acondicionamento de espazos do entorno urbano, promovendo a inserción laboral de persoas en situación de vulnerabilidade. A intención é ofrecer oportunidades de formación, ao mesmo tempo que se contribúe a mellorar a imaxe que presentan algúns espazos de Xinzo de Limia.

A duración do contrato será de nove meses. ción da Xunta da cesión da titularidade a prol do Concello e emitiu informe favorable. Co cambio de titularidade, o concello

terá a competencia para actuar nesta vía e asume a responsabilidade da súa conservación e mantemento.

Redacción A Xunta de Galicia vén de autorizar a transferencia a prol do Concello de Xinzo de Limia dun treito (de 310 metros de lonxitude) da vía provincial OU-1102, desde o cruce coa rúa San Sebastián ata a intersección con Marcelo Macías, e que comunica Xinzo de Limia e Vilar de Barrio. A Deputación de Ourense solicitou autoriza-

En azul, o treito da vía provincial que pasará a titularidade do Concello de Xinzo.

Barrios 21 de xullo 2022

11

Programa Hypatia Redacción O Programa Hypatia é unha iniciativa de atención, asesoramento, formación e intervención con mulleres de diversos perfís e de todas as idades. Os concellos de Xinzo de Limia, Vilar de Barrio e Sandiás deseñaron este programa. As actividades e accións do programa compleméntanse con asesoramento especializado especialmente laboral, coa elaboración de itinerarios de inserción laboral e con visitas e empresas e a boas experiencias de emprendemento e autoemprego. Nas actividades formativas e obradoiros realizaranse intervencións sobre aspectos cognitivos emancipadores, centrados na autoestima, nos coidados do corpo e mente, na nutrición ou no exercicio físico, que contribúan a que as participantes definan o seu proxecto persoal. As mulleres serán as protagonistas absolutas dos Obradoiros, que tamén serán impartidos por outras mulleres, profesionais nas áreas do dereito, a psicoloxía, a educación física e deportiva, na saúde e na cultura e a arte, todas con perspectiva de xénero. Información Esta iniciativa deu comezo en xuño e prolongarase durante os meses de xullo, agosto e setembro. Para máis información chamar ao teléfono do Concello de Xinzo de Limia: 988 550 528.


12

Barrios 21 de xullo 2022

DEPORTES

O COB xa coñece o calendario O Aguias de Santa Marta celebra o triunfo./RAMSÉS.

Acento portugués no maratón de fútbol sala de Cartelle 4 Vence o Aguias de Santa Marta. Redacción O maratón de Cartelle non defraudou a ninguén e deixou momentos de moita emoción. 21 equipos en liza que xogaron durante 48 horas para coñecer que equipo se facía con esta segunda edición. Escuadras que chegaron de varios puntos de Galicia, Castela e León e, sobre todo, Portugal, con case a metade dos participantes. Despois dunha fase de grupos, uns oitavos de final e uns cuartos, os finalistas sairían de dous intensos choques, No partido entre as Aguias e o Cidade das Burgas o finalista decidiuse por un solitario gol (1-0) que fixo que as portuguesas lograran o pase á final. Na segunda semifinal houbo que chegar á tanda de penaltis para desfacer o 1-1 co que se chegou ao final do partido. Nos penaltis as lusas do Snevers foron máis efectivas que as castelán leonesas do Segosal e certificaron a súa presenza na final. Antes desta disputouse a loita polo terceiro cuarto posto na que o Cidade das Burgas lograba a vitoria por un gol a tres. Tamén se disputou unha final de

consolación con vitoria do equipo de Xinzo de Limia que gañou ao Lustosa (3-1). A final A loita polo título non defradou e puidose ver fútbol sala de moitos quilates na final entre Aguias de Santa Marta e Snevers. Dous conxuntos lusos que ían deixar todo na pista do polideportivo Piño Vilachá de Outomuro. Despois de 39 minutos de poder a poder foi a falta de 13 segundos cando as Aguias desfixeron o empate e puxeron no marcador o 2-1 definitivo. As xogadoras rivais apenas tiveron tempo de poder devolver as táboas ao electrónico e o triunfo voou a Santa Marta. Premios Ademais dos premios aos primeiros clasificados, tamén se entregaron premios individuais. Así, o de mellor xogadora recaeu en Miri, xogadora do Segosala. Os outros dous trofeos recaeron en xogadoras do Cidade das Burgas: Ana Lastra foi a porteira menos goleada e Sol Pedrera foi a máxima realizadora.

A final entre as Aguias de Santa Marta e Snevers./RAMSÉS.

4 Inicia a liga na casa ante o Gipuzkoa. Redacción A Federación Española de baloncesto fixo o sorteo do calendario da LEB Ouro para a tempada 2022-23. Nela estará presente o Hereda Ourense despois de ascender de Prata a pasada campaña. Os ourensáns, inmersos en plena remodelación da súa plantilla e

cunha nova directiva, xa xoñecen o calendario e cando se enfrontarán aos seus rivais neste curso. Así, o Club Ourense Baloncesto inicia a liga na casa o 8 de outubro diante de Gipuzkoa, para xogar na segunda xornada cun dos "cocos" da competición: Movistar Estudiantes. Rematará a liga no Pazo o 19 de maio contra Lleida.

Rivais Este ano a LEB Ouro parece das máis competitivas dos últimos tempos. Un COB ambicioso (que buscará facer o equipo máis competitivo posible) terá como rivais a conxuntos cun gran orzamento que tamén procuran o ascenso de categoría. Entre a terna de favoritos están o Estudiantes (que

esté é o segundo ano consecutivo en Ouro) ou os recén descendidos de ACB, Andorra e Burgos. Pero a cousa non quedará aí. Equipos como Cáceres, Alicante, Palencia, Valladolid ou Coruña, entre outros, tamén están a confeccionar moi boas plantillas para loitar polo ascenso á ACB. Cada vez falta menos para o espectáculo.

O COB está tentando facer un equipo competitivo para ter opcións de ascenso./ARQUIVO.


PUBLICIDADE

Barrios 21 de xullo 2022

13


14

Barrios 21 de xullo 2022

4AXENDA Teatro - Do 15 ao 24 de xullo - 38ª edición da Mostra Internacional de Teatro Ribadavia - Ribadavia. Música - Do 21 ao 23 de xullo - SilFest Valdeorras Praia fluvial do Malecón no Barco de Valdeorras. - Sábado 22 de xullo - 20.30h - Orquestra de Sopros da Academia de Artes de Chaves (Portugal). Auditorio de Verín. - Luns 8 de agosto 20.30 horas - Concerto de Carlos Núñez - Claustro do Mosteiro de San Salvador Celanova. - Venres 26 de agosto - 22.30h - concerto de Placebo - Expourense (Ourense). Exposicións - Do 9 ao 24 de xullo - “50 sombras de Grey” - Sala dos Arcos (planta baixa da Casa do Concello de Celanova). - Ata o 31 de xullo - A orixe das Deputacións provinciais no século XIX: 200 anos fomentando a prosperidade. Cinema- Martes 12 de xullo - A terceira esposa 22h - Patio Museo Etnolóxico de Ribadavia. Deportes - Do 18 ao 23 de xullo - Pádel: Torneo de pádel Santiago Apóstolo - instalacións P21 (O Vinteún). - Sábado 23 de xullo 10h - II Carreira popular San Fiz - Vilar de Barrio. - Domingo 24 de xullo - 3ª xornada de carreiras de cabalos - Hipódromo de Antela - Sandiás. - Sábado 30 de xullo - 19h - 8º Duatlón Cross Vila de Celanova - Celanova. - Sábado 30 de xullo 19h - 14ª carreira popular de San Salvador - Baños de Molgas. Outros - Do 12 ao 14 de agosto - 15ª Feira do Viño de Monterrei - Verín. - Durante todo o verán - Contacontos nas bibliotecas municipais - Ourense. - Sábado 30 de xullo - Manzaneda Comedy Manzaneda. www.periodicobarrios.com

OCIO E CULTURA

4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS

Cando os galegos escoiten os mil ríos As escumas traen folerpas dos soños, ausencias que se volven presenzas entre os brizos e as troitas! E eu devezo pola frescura do seu alento. Quixera ser fento para facerlle as cóxegas nos pés aos ameneiros, entre a presa do Muiño e o Pio, debaixo do prado dos do Calviño, ser unha andoriña das que mollan o cu no lavadoiro da Fonte da Picha, ou unha lavandeira no nabal da Eira. Ribas do Asneiro é unha fenda chea de agarimos que se crava en min, unha navallada que me fere e me alenta, é o pasado! O pasado é o que non pode pasar nunca, aniña nos miolos, nos nervos e na memoria adormece, esperta cando quere, coma os sapos nas porrais e as pintegas nas brañas. Somos pasado, somos recordos e penas, risos e amores, bicos e flores, somos o que vivimos, e sen pasado, non somos nada! E o Asneiro carrexa a auga sen descanso, xeneroso no esforzo, non se queixa, non lle doi o lombo, baixa do monte paseniño ou rebulideiro, esfamiado ou fachendoso, cargado de pasado, esvarando polas penas para entregarse sen reclamos, sen ter conta das loitas ou dos sofrimentos, e as vacas lámbeno no bebedoiro de entre os ríos coma lamben nos becerriños porque as vacas son agradecidas e tenras. As mulleres lavan e aturan a friaxe nas mans, e tampouco se queixan, nin saben inda que quixeran, son feitas de molime e de carqueixas, de esterco e de palla, de roca e de liño, de olas e de leite mazado. As mulleres teñen os colos coma as noites estreladas do verán, grandes e lenes, farturentos para os famentos e famentos para elas, trafegan de noite e de día e comen do que sobra para

que non lle falte aos outros, inda así, sempre lles queda unha codia para darlle o can. En Ribas do Asneiro, agora as xentes vanse indo nas correntes coma as follas dos bidueiros no outono, os novos xenos espalláronse polo mundo e moitos nin se acordan das nais, andan trunfando no mundo dos ricos, non se acordan das xeadas, nin do fume, nin dos colos... estanse quedando sen presente porque esqueceron o pasado, mais as escumas seguen escorregando sen tregoa chamando por eles. E hoxe celebramos o día de Galicia según uns, ou o da Patria Galega según outros, e as aldeas esmorecen, e os ríos envelénanse, e os que nunca tiveron unha vaca, nin pasado, ensinan e dirixen, queren "ensinarlle a seu pai a facer fillos", e prantan nas chousas eucalitos e cortan carballos polo pé, mentres falan de axudar ao rural... agora chámanlle así, para que o crime non semelle tan brutal. E estan os horreos baleiros, nin millo, nin fabas, nin nada, o derradeiro rato mudouse fai tempo, os ratos galegos saben moito da emigración, aprenderon a matar a fame de casa allea en casa allea, sen ter ren, sen casa de seu! Mais o Asneiro sabe de idas e de voltas, de anguías e de bancos de peixes, para axudar aos troiteiros e aos rapaces, sabe de bágoas polos que se foron e de ledicias cando volven pola festa do San Xoan, e chouta polos prados cando os fillos xúntanse na casa dos pais, xa vellos, e cantan as cantigas que aprenderon dos avós. Segue Galicia ergueita, porque a terra non esquece; sabe onde mamou de meniña; sabe do pasado, do sangue, das loitas e das fames; sabe inda máis, dos homes rexos que turrando levantaron este paraíso; sabe dos camiños, das estrelas no firmamento de leite e de luz; coñece as marcas dos regos abertos onde bailaban as lavandei-

ras e casaban os grilos. Hai esperanza inda, porque o cuco segue a cantar na cerdeira do Perucho, a merla fixo o niño nos sabugueiros da Costa da Fonte e aínda cheira a fume na "Casa do Tabao dos Muíños" e os meniños tocan a gaita e beben das tradicións cargados de pasado; sen torcerlle a cara ao fume rexurden nunha alborada nova e infinda para ti, Galicia, nosa nai! Non fagades moito caso, se cadra eu non entendo nada, son un ninguén, un poetiña cativo, nin siquera iso, un rapazolo que escoita aos paxaros e as ras; un "anacrónico sentimental" díxome un dos que saben moito, dos estudados. Ten razón, estamos pasados de moda, os que pensamos en coidar as leiras, os montes, as fontes, os ríos... os que gustamos dos arrecendos do fume! O Asneiro segue correndo por Ponte Albite, por Lamas camiño de Mouriscade, buscando o Deza, cativiño, sinxelo, sen parar, sen facer balbordo. Poida que un día os galegos escoitemos os mil ríos e defendamos a nosa terra, sen tregoa, sen queixa, sen pelexas entre nós, poida que a Terra xenerosa agarde, poida que volvamos a ser quen de enfrontar o noso destino, e berrar forte: Galicia, ti es todo en nós, e nós non somos nada sen ti! E deitaremonos papá na Praia de Branco, a carón da Pena da Lenda de Aldara, agardaremos coma ela unha enchente, e montados no noso cabalo, no Moro agarimoso, viaxaremos polas escumas cantando, e contarasme aquelo de que "Galicia non morrerá nunca mentres un galego queira" e remataremos as Andrómenas botándolle "a Rianxeira"! Avelino Jácome

Presentación da revista Nós a Xente do Redor.

Nós a Xente do Redor, na Veiga 4 O número sete da publicación cultural. A. Jácome Presentouse na sala de conferencias O Toural no concello da Veiga, o número sete da revista cultural Nós a Xente do Redor. Preto dun cento de persoas chegadas de distintos puntos de Galicia e Portugal non se quixeron perder esta presentación. No acto interviñeron os autores que participaron neste número, recibindo os exemplares da revista e unha reprodución da lámina da portada, obra nesta ocasión do pintor Paco Ascón, afincado dende fai moitos anos en Xares, concello da Veiga. A presentación contou coa presenza do alcalde da Veiga e anfitrión Juan Anta, colaborando estreitamente nesta iniciativa que achega un acto desta índole ao mundo rural nun marco incomparable. O director da revista,

4HUMOR

Avelino Jácome, agradeceu o apoio mostrado polo grupo da Xente do Redor, e mais ao concello da Veiga, facendo fincapé no necesario de conseguir que distintos colectivos cooperen para impulsar o desenvolvemento do medio rural e a conservación e transmisión dos valores tradicionais que compoñen un legado fundamental. Charla Despois houbo unha charla coloquio que baixo o título “Implicacións culturais e ensino, tradición e desenvolvemento no medio rural”, analizou as oportunidades que ofrece o contacto coa natureza, iniciativas de novo negocio, fixación de poboación, do que A Veiga se ven constituíndo como referente. Para rematar, realizaron unha visita guiada ao observatorio Centro Astronómico Trevinca.


OCIO E CULTURA / CLASIFICADOS

Barrios 21 de xullo 2022

15

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Arcediagos,11, 1º - 32005 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara, Fernando Casanova, Borys Martínez Nº169 - Ano: XV - 21 de xullo de 2022 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 685 969 546.

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

Exercicio e control do peso

[Deixe o seu anuncio no 685 96 95 46 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

Non cabe dúbida que a inflamación no organismo está relacionada cunha dieta deficitaria en froitas e verduras, con pouca actividade física e a inxesta de alimentos altamente procesados e calóricos. A acumulación de graxa diminúe o volumen expiratorio e a contractilidade do diafragma. Cando se presenta a inflamación, o organismo é máis susceptible ás enfermidades e en especial á máis perigosa, o cancro, porque aumenta a posibilidade de que se inflamen, dexeneren e oxiden algúns tecidos. Todos os comportamentos que levan á produción de radicais libres como fumar, inxerir alimentos inflamatorios, tomar demasiado sol, comer demasiado azucre, aceleran o envellecemento e, á súa vez, está implícita a produción de radicais libres. Non é fácil, pero é posible revertir o proceso inflamatorio adoptando bos hábitos de vida e alimen-

tación, sen omitir o exercicio físico. Aquí, a mellor solución é tamén ir ao ximnasio, porque a práctica regular do exercicio é moito máis motivador se contamos cun profesional que nos acompañe e aclare, como é o meu caso, cando asisto ao Cross Box Chaves, tamén frecuentado polos nosos veciños de Galicia. Idade? Non conta, porque así podemos vivir con saúde e calidade de vida, co sistema linfático funcionando ben. O exercicio de forza é un potente antiinflamatorio. Cada 45 minutos de entreno debemos beber auga, de acordo coas consideracións personalizadas. Elexir proteínas que conteñan substancias biolóxicas tamén son as máis adecuadas para falar de boa saúde. A dieta mediterránea é caracterizada por incluír froita, legumes, verduras, leguminosas, froitos secos, aceite e peixe. É nestes alimentos que contan cun conxunto

de compostos bioactivos que activan o noso sistema inmunitario e así contribúen para a diminución da inflamación e da instalación dos radicais libres. Sabía que durante moito tempo os alimentos picantes describíanse como nocivos para a saúde? Porén, varios estudos concluiron que os compostos presentes nos chiles activan o sistema inmunolóxico, protexendo contra o cancro e incluso enfermidades cardiovasculais. Polo tanto, a comida picante, tamén para desinflamar. O colesterol LDL e os triglicéridos son biomarcadores de inflamación. Consuma alimentos que a combatan; aceite de oliva, mazás, tomates, froitos secos, xenxibre e un pouco de chocolate negro, sen esquecer as proteínas do peixe.

Auditorio de Ourense

“O último que apague a luz”; Goyo Jiménez subirá ao escenario do auditorio o 18 de setembro co seu “Aiguantiliviinamerica 3”; os días 10, 12 e 13 de outubro será o turno dos Les Luthiers; o 12 de novembro, do Sevilla; e o

4 decembro, de Joaquín Reyes.

Redacción Despois do verán o Auditorio ofrece unha ampla programación. Para o público infantil chega os días 3 e 4 de setembro “Alicia no país das marabillas”, o 6 de novembro o musical de “Coco” e o 13 de novembro, “Disney”. En canto á musica, en setembro, o día 15 actuación de Mayumaná; o 17, Barón Rojo; e o 24, Raimundo Amador. En outubro actuará o día 21 Manu Tenorio, e o 16 de novembro, Los Secretos. Humor O humor chegará da man de Emma Ozores, 10 de setembro coa comedia

João Damião

2023 Comeza o ano o Ballet de Kiev o día de Aninovo, e o 28 de xaneiro aterrizará en Ourense o humorista Dani Martínez.

O humorista Dani Martinez actuarán en Ourense en xaneiro de 2023.

INMOBILIARIA Véndese piso en Beluso, Bueu (Pontevedra). 100 m2, 3 habitacións, salón, cociña, baño, despensa e 3 trasteiros amplios. Soleado todo o día, situado preto de servizos básicos e a menos de 2 km das mellores praias da zona. Prezo: 85.000 euros. Tfno.: 679 588 349 (envío fotos, escoito ofertas). Alugo local económico no centro. Ideal para oficina, almacén ou trasteiro. 17m2. Dispón de baños comunitarios. 120 euros/mes máis 7 euros de comunidad. C.E.: C. Teléfono 627 203 131 Véndese casa céntrica en Xinzo de Limia. Baixo máis unha planta (144m2,) tres prazas de garaxe e patio, cinco habitacións, dous baños, cociña amoblada e terraza. 133.000 euros. Tel. 699 648 514 / 988 21 40 70 Alugo baixo na zona do Couto totalmente acondicionado. Con luz, auga, 70 m2. Prezo 300 euros. Tel: 653 208 506 Alúganse apartamentos en Montalvo (de Semana Santa a outubro) con unha ou dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916 Alugo sala para actividades culturais, con posibilidade de cociña, baño e outros sertvizos. Tel.: 988 247 113. Busco casa en alquiler na periferia de Ourense. Opción a compra ou dunha permuta dun piso situado na Valenzá. Tlf.: 600 826 029. Vendo casa na estrada de Santiago, con finca. Para restaurar. Tel.:672 089 349. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunita-

ria Tel.: 650 64 15 19. Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62.

TRABALLO Particular en Ourense capital imparte Clases a domicilio individuais personalizadas de Matemáticas. Todas as Etapas. Tamén materias curriculares de ESO e Bacharelato. Amplia experiencia, económico. Forma de contacto: Enviar mensaje por WhatsApp: 610 38 25 89. Coidador sociosanitario con titulación ofrécese para acompañamentos, asistencia persoal, axuda a domicilio e coidado persoal. Tel.: 644482870 Ofrécese señora para traballar con xente maior ou nenos. De toda confianza, con informes. Disponibilidade de coche e fins de semana Tel.: 606 422 543. Ofrécese señora para limpeza por horas Tel.: 674 500 513. Señora, auxiliar de enfermería responsable e con experiencia, ofrécese para coidar persoas maiores, enfermos, nenos e tarefas do fogar. Tel.: 620 052 173 Ofrécese señora responsable -española- para coidade de nenos ou persoas maiores. Con informes. Tel.: 606 422 543 Ofrécese auxiliar de enfermaría, con titulación, para o coidado de maiores. Como interna ou por horas. En Ourense ou arredores. Telf.: 663 043 561 Danse clases de francés a domicilio. Todos os niveis. Titulación en España e Francia. Tlf.: 625 745 611 Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas.

Ampla experiencia. Tel: 637 282 405. Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358. Ófrecese señora seria e responsable para tarefas do fogar e coidado de nenos e maiores. Con informes. Preferencia zona Ponte. Tlf: 685 374 191.

VENDAS Véndense corte de carballos entre 1,20 e 1,5 m de circunferencia. Tel: 659 494 272. Vendo candelabros con reloxo a xogo, antigos para entrada. Tel: 610 97 98 97. Vendo colección de revistas “Muy interesante”, do nº1 ao 163, e “Natura”, do 1 ao 132 (as dúas encadernadas). Tlf: 636286434. Vendo accesorios para cans: arnes de tiro, correas, collares e fournitures. Tlf: 636286434. Vendo unha xanela de dúas follas en aluminio sapelly de 1,40 x 0,94 m con cristais. Tlf: 636286434. Vendo dúas cadeiras infantís de coche (Jane) de 15-36 kg con isofix, unha negra e outra vermella. Tlf: 636286434. Vendo rizador de pelo con accesorios para alisar e rizar. Tel.: 666 303 635 Vendo cama hospitalaria articulada en bo estado, con colchón anti-escaras. Tlf.: 606 133 522 Vendo prensa de viño mediana/grande, ideal para decoración en xardíns. Tlf.: 606 133 522 Véndese mampara nova. Tel: 672 089 349. Vendo escritorio. Como novo, bo prezo. Tel: 672 089 349. Vendo estufa de frío e calor. Tel: 672 089 349.


Barrios 21 de xullo 2022


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.