Barrios 168

Page 1

Regresa o “Taichi na rúa” ata o 22 de xullo no Posío e nos Remedios [Páx. 12]

OURENSE

Páx.4 BARBADÁS

A Xunta quere impulsar o casco histórico coa compra de vivendas

Páx.7 CELANOVA

O alcalde plantexa ao subdelegado do Goberno a creación dun posto da garda civil

Páx.8 ALLARIZ

O xeodestino Celanova-Xurés, candidato a Destino Turístico Intelixente

Páx.9 DEPORTES

Beirarrúas na estrada de Santa Mariña para reforzar a seguridade viaria dos peóns

Páx.12

Do 8 ao 10 de xullo Cartelle acolle o 2º Maratón de fútbol sala feminino

Festas na provincia [Páx. 2-3]

Os concellos da provincia de Ourense xa teñen preparadas numerosas festas e actividades de verán para todas as idades.

Número: 168 - Ano: XV - 7 de xullo de 2022 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


2

Barrios 7 de xullo 2022

TEMA DA SEMANA

Regresan as festas e as actividades de verán sen restricións 4 Toda a provincia vólcase en facer un verán atractivo para veciños e visitantes. R.T. A provincia de Ourense está regresando, no que a festas e actividades de verán se refire, a tempos prepandémicos. A pesar de que os casos de covid19 volven ser preocupantes, as restricións en canto ás aglomeracións xa non son as mesmas que nos últimos dous anos. Por iso, os concellos está a por toda a carne no asador para recuperar o tempo perdido e que as súas actividades de estío volvan ser como hai dous anos, para que, tanto veciños coma visitantes gocen como hai máis de 700 días non facía. A primeiras das grandes festas que se celebraron na provincia foron as da capital ourensá. En cinco días, o Concello organizou preto de 200 actividades que congregaron a milleiros de persoas, con mención especial para os concertos de Morad, Taburete, Rulo y la contrabanda, e os espectáculos ofrecidos polas orquestras. Unha das primeiras fes-

festas etnográficas, o Festival RiR (do 5 ao 10 de setembro), a 1ª edición do Trail de Allariz (domingo 25 de setembro) así como as Xornadas de Carne de Boi de Allariz (do 30 de setembro ao 12 de outubro) completan o calendario de actividades de verán.

A música non faltará nas rúas das vilas da provincia a cargo de charangas e orquestras. tas destacada que se celebrou este verán foi a do pan de Cea. A pesar de que o tempo non acompañou, ben é certo que ata o campo da Saleta desprazáronse veciños e visitantes a degustar un dos mellores produtos ourensáns. Tampouco se quixeron perder esta celebración os representantes públicos que acudiron en masa; alí

Allariz celebra as festas de San Bieito do 8 ao 11 de xullo e o concerto de Tanxugueiras o 3 de setembro

deixáronse ver un conselleiro, o presidente do Parlamento, o delegado provincial, a directora de Turismo, senadores, parlamentarios, ademais de alcaldes doutras localidades. Allariz Unha das festas máis próximas que se celebrarán serán as de San Bieito en Allariz. Comezarán o venres día 8 e prolongaranse ata o luns 11 de xullo, con máis de 15 actividades nunha programación de festexos na honra de San Bieito, patrón de Allariz.

O 17 de xullo, os xardíns do Portovello de Allariz serán escenario da primeria edición de Ola & Flora, mercado da floricultura e cerámica.

Música de rúa, orquestras, desfile de xigantes e cabezudos, agrupacións de música tradicional e baile, concertos da banda de Cúllar e actividades para a cativada, ademais dos actos relixiosos na honra de San Bieito, encherán un ano máis as rúas de alaricanas. O venres 8, a partir das 17 horas, inchables, pasarrúas e concerto de Broken Peach, na Barreira, será o ofertado. O sábado 10, de mañá, desfile de xigantes e cabezudos e pasarrúas, e pola tarde, concerto da Banda Unión Musical de Allariz, baile e verbena coa orquestra Fuego. O domingo 10, ás 11 horas dará comezo a procesión do Patrón da Vila (con misa solemne posteriormente) e haberá dúas actuacións da Banda de Música de Cúllar, Granada (13.30 e 20 horas); xa pola noite haberá baile e un espectáculo de Pirotécnia (00.00h no campo de Vilanova). E rematarán as actividades o luns 11 cun concerto da Coral Arnoia. Pero as actividades de lecer non rematan aí, senón que conta cun extenso calendario de actividades no que non faltará a música, o teatro e a danza entre

outras actividades superando a corentena de actividades entre xullo, agosto e setembro. A música correrá a carge de bandas como La Quinkillada (domingo 24 de xullo ás 23.30h, xardíns museo do Coiro), De Vacas (domingo 21 de agosto ás 19.30h, campo de Vilanova) ou as Tanxugueiras (sábado 3 de setembro, 21 horas, a Barreira), entre outras moitas. A comedia estará presente da man de Sarabela Teatro (venres 22 de xullo, 22 horas, FIXA) e de Teatro Silvardeiras (xoves 18 de agosto, 22.30h, Casa da Cultura). A tradicional Festa da empanada terá lugar os días 20 e 21 de agosto; mentres que este ano chega como novidade a primeira edición de Ola & Flora, Mercado de floricultura e cerámica, que terá lugar nos xardíns do Portovello o domingo, 17 de xullo (de 10 a 20 horas). Exposicións, mercados,

Celanova A vila de San Rosendo non se esquece da Ramallosa, que terá lugar a primeira fin de semana do mes de agosto. Pero antes, durante este mes de xullo son numerosos os eventos que se celebran nos que non faltará a música nin o teatro. Os sábados deste mes, o praza Maior acolle a animación infantil "Rosa dos ventos" de 18.30 a 21 horas. En canto ás exposicións "50 sombras de Grey" de Ana Peaguda poderase visitar na Sala dos Arcos (Casa Consistorial) do 9 ao 24 de xullo; "Love Velo" biografía de Xosé Velo estará no mesmo recinto do 28 de xullo ao 19 de agosto. O sábado 9, ás 22.30 h chega o concerto de Tonichi e Pacheco. O luns 11 a biblioteca municipal acolle o obradoiro "Quen fai un cesto, fai un cento" (de 11 a 13 horas) e no Claustro Barroco (20h) actuará o grupo folclórico Lar Gallego Chile e Grupo danzas Caracas. O mércores 13, o programa da TVG "Quen canta aquí" emitirase desde a praza Maior ás 10 horas. O venres 15, ás 20 h, presentarase na Casa dos Poetas o libro "El Alecrín" de Beatriz C. Estévez. Entre o 18 e 24 o Albergue Municipal será a sede o campamento

O sábado 23 de xullo, ás 22:30 h, o claustro do mosteiro de Celanova acollerá a visita teatralizada “Na noite dos tempos” e o día 30 terá lugar o 8º duatlón Cros Vila de Celanova


TEMA DA SEMANA

Barrios 7 de xullo 2022

3

Un xuíz permite o cambio de sexo, no Rexistro Civil, a un neno de oito anos 4 De "grande vitoria" considera a nai esta decisión xudicial. Redacción

O programa de actividades culturais organizado polo Concello de Barbadás para este verán inclué propostas artísticas, lúdicas e deportivas. audiovisual e xornalístico "Celanovas" para rapaces de 12 a 17 anos. A aula CeMIT ofrece o obradoiro "Enredamos coa informática" para cativos de 4 a 8 entre o 18 e o 29 de xullo (de 10.30 a 13 horas). O sábado 23, a partir das 22.30 h a visita teatralizada "Na noite dos tempos" será no Claustro Barroco. O luns 25, un pasarrúas amenizará as rúas de Celanova a partir das 11 da mañá. Teatro do Solpor actuará no Auditorio Municipal coa obra "Comisaría especial para mulleres” ás 20 horas do xoves 28. E as actividades do mes de xullo rematan con deporte; o sábado 30 a partir das 19 horas a vila albergará o 8º duatlón Cros Vila de Celanova. Todo esto sen esquecerse do Campamento de Creatividade que se celebra na Casa dos Poetas de luns a venres ata o día 29. Ademais, as piscinas están abertas todos os días de 11 a 21 horas. Barbadás O programa Verán Cultural Barbadás, ofrece amplo abano de actividades culturais, lúdicas, artísticas e deportivas. Un dos epicentros festivo será o parque dos Patos (A Valenzá). Alí, todos os xoves -ata o 15 de agosto inclusive- ás 21 horas haberá actuacións de teatro (coas obras Desconcerto, Ghop e Rilla rilla), maxia (co mago Dani García), circo (co espectáculo «Vertical Boom»), música (En Mala Hora) e cine

(coa película Valentina). A Casa da Mocidade é outros dos emprazamentos das actividades. Ao longo do mes de xullo terá lugar unha actividade que mestura deporte e ocio relacionada co “Skate Street” (Modalidades de Skate, Scooter e Patíns). Terá a súa primeira quenda os días 1, 6 e 8, e a segunda os días 20, 22, 27 e 29 de xullo. Haberá 20 participantes por quenda en horario de 11 a 13 horas. Os días 14 e 21 de xullo (dúas quendas en horario de 12: a 14h) está previsto un obradoiro de DJ, cun máximo de 15 participantes por día. En canto ás charlas serán dúas as que teñan lugar. O mércores día 13 “Queréndome e coidándome”: Prevención dos trastornos de alimentación, e o mércores 20 “Tips para detectar relacións tóxicas”: Prevención da violencia de xénero e outras problemáticas nas relacións sociais. Estas charlas están dirixidas a todos os públicos. 988 000 234. xuventude@barbadas.es. O Campus de Verán ‘Os Patos’, para a conciliación está dividido en 10 quendas dunha semana de duración, do 27 de xuño ao 2 de setembro, nas piscinas municipais, ofertando un total de 200 prazas para nenos de 6 a 12 anos (cun prezo de 20 euros). O campus inclúe xogos acuáticos, actividades recreativas, manualidades, deporte e natureza. Existen dous tipos de pro-

O parque dos Patos da Valenzá acollerá teatro todos os xoves, ás 21 horas, ata o 15 de agosto, inclusive gramación: azul (manualidades, natureza, xogos de mesa, cociña e festa) e verde (arte, primeiros auxilios e salvamento, xogos populares, cociña e festa), e que se repite nas diferentes quendas. Máis información en xuventude@barbadas.es ou no teléfono 988 000 234. Os Campamentos “Barbadás Concilia Verán 2022” tamén irán por quendas e están destinados a nenos nados entre o 2010 e 2018. Celébranse por quincenas ata o 30 de agosto. Festas da Ponte E no barrio da Ponte celebrarán as súas festas por todo o alto. No programa está contemplado a actuación dunha das orquestras “top” da península ibérica: a portuguesa Funçao Públika, para a noite do domingo 24 de xullo. O luns 25, pola mañá, será a procesión na honra de Santiago Apóstolo, á que asistirá a Corporación Municipal e, pola noite, ás 22:30 horas, a actuación da cantante María do Ceo, que ofrecerá un repertorio formado por cancións de fado e música popular galega.

O xuíz substituto do Rexistro Civil de Ourense, Darío Carpio Estévez Pérez, concede o cambio de sexo a un neno de oito anos. A resolución, que chega cando o Consello de Ministros aproba o proxecto de lei trans que permite o cambio de sexo no rexistro sen informe médico nin psicolóxico a partir dos 12 anos con determinadas condición e de forma autónoma desde os 16, responde a unha petición na que os pais do rapaz pedían o cambio no rexistro civil aló polo 2021. Deste xeito, está lexitimado a cambiar o nome nunha partida de nacemento na que figuraba como muller. Valoración O maxistrado, quen dixo desposuirse desde o minuto un de "calquera pensamento subxectivo", resolveu que se modificara o acta de nacemento do neno indicando que o sexo ten que figurar como "varón" e non como estaba ata o de agora de "muller". Estévez Pérez toma esta decisión logo de entrevistarse co menor e constatar "a suficiente madurez" e unha situación "estable de transexualidade". O xuíz ex-

pón a situación do rapaz, destacando que sempre se sentiu coma un varón, motivo polo cal concedeulle o cambio de sexo no Rexistro Civil. Ademais, puido comprobar que o seu entorno familiar estaba moi unido e pola labor deste cambio. “Grande vitoria” En declaracións concedidas á Agencia EFE, a nai do rapaz, María José Rodríguez aseguraba que este auto supón "unha grande vitoria", ademais de supoñer "un avance enorme para a infancia e para os colectivos que loitamos para que se vexa aos menores recoñecidos".

Rodríguez confesa que Antonio (nome fictio que pon no auto para preservar a intimidade do rapaz) "sempre pensou e sentiuse coma un neno" sendo consciente da situación. "Sempre falou en masculino en primeira persoa e en casa sempre lle deixamos expresarse libremente na súa forma de vestir e de xogar", revela a nai.

O xuíz toma esta decisión logo de entrevistarse co menor e constatar “a suficiente madurez”

María José Rodríguez, nai do menor a quen a xustiza permítelle cambiar o sexo no Rexistro Civil. /A. MÍNGUEZ.


4

Barrios 7 de xullo 2022

CIDADE

A Xunta quere impulsar o casco histórico

se dispuxeron 5 fogares para 5 familias, tras o investimento de máis de 850.000 euros.

Contacontos de verán

4 Busca a propietarios de inmobles deshabitados para destinalos a promoción pública.

Os propietarios de inmobles deshabitados dispoñen ata o 15 de xullo para trasladar á Xunta as súas propostas, e teñen á súa disposición o teléfono 981 957 965

A Escola de Música Os “Contacontos de verán” dirixidos ao público infantil chegan a Ourense. Terán lugar durante todo o verán nas tres bibliotecas municipais: A Carballeira, A Ponte e San Francisco. Esta actividade realízase en colaboración co programa “Ler conta moito”, da Xunta de Galicia. A inscrición realízase nas bibliotecas onde se desenvolverán os contacontos e a asistencia é de balde. O programa completo inclúe 13 sesións repartidas entre as tres bibliotecas. Na de San Franciscos o día 11 de xullo, “O lobo feliz”, Miguel Guido ás 11 horas; o 4 de agosto, “Contamaxias”, Mago Paco ás 11h; e o 24 de agosto, “Maletas viaxeiras”, Sabela Gago ás 11 horas. Na da Carballeira, o día 8 de xullo, “Historias de viaxes e bibliotecas”, Sara Guerrero

Redacción O programa Rexurbe da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, está destinado á compra de inmobles no casco histórico da cidade para que sexan rehabilitados e destinados despois a vivendas de promoción pública. A Xunta reserva 400.000 euros para este fin para a cidade de Ourense. Por esta razón, o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, animou aos propietarios de inmobles deshabitados a aproveitar este programa e explicou que dispoñen ata o 15 de xullo para trasladar á Xunta as súas propostas, e teñen á súa disposición o teléfono 981 957 965.

Requisitos A finalidade é adquirir inmobles que, estando inscritos no Rexistro da propiedade, cumpran cos seguintes requisitos: permitan que as futuras vivendas reúnan as condicións óptimas de confort e habitabilidade; non se atopen afectados por servidumes ou cargas, que poidan facer inviable a actuación; e que os custos de rehabilitación non resulten desproporcionados. Cómpre lembrar que a convocatoria de 2022 non é a primeira na que se inclúe Ourense, pois xa se adquiriron catro inmobles: os localizados na rúa Profesor Manuel Sueiro, 3; o inmoble localizado na esquina con rúa Liberdade, 28; e o da rúa Pelaio, 9 -para os que o IGVS ten

en redacción o proxecto de rehabilitación, coa previsión de contar cos mesmos este verán- permitirán habilitar 8 vivendas; aos que se sumarán as que resulten da recuperación do edificio Cervantes, 29. Anteriormente, na rúa Vilar se recuperaran os inmobles emprazados nos números 1, 3 e 5, onde

A Xunta reserva 400.000 euros para o compra de inmobles no casco histórico de Ourense.

Redacción

ás 12h; o 12 de xullo, “A bruxa Maruxa non quere ser bruxa”, Batucado e Emusin ás 12h; o 26 de xullo, “Onde está Amelia Earhart?”, Andrea Barreira ás 12h; e o 29 de xullo, “Dada o duende”, Patricia Martínez ás 12 horas. E na bibliote da Ponte, o 13 de xullo, “Contos arredores do lume”, Alba Grande ás 11h; o 27 de xullo, “Tanto conta, conta tanto”, Ana Facchini ás 11h; o 10 de agosto, “Animais artistas e outras cousiñas”, Iván Davila ás 11h; e o 31 de agosto, “Contos animados”, Carballiños ás 11 horas. Cabe lembrar que todas as citas son de balde.

O contacontos “O lobo feliz” representarase na biblioteca de San Francisco o 11 de xullo.


ECONOMÍA

Barrios 7 de xullo 2022

5

Este ano convócanse unha trintena de programas de axudas no eido residencial 4 O importe global supera os 150 millóns. Redacción Ao longo deste ano, a Xunta de Galicia convoca unha trintena de programas de axudas cos que pon á disposición de particulares, comunidades de veciños, concellos e promotores máis de 150 millóns de euros para levar a cabo diferentes actuacións no eido residencial. Liñas dirixidas ao alugueiro, á adquisición de vivenda e a rehabilitar o patrimonio residencial xa construído son algúns dos incentivos que xestiona o Goberno autonómico a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS). Algúns destes programas están consolidados na Comunidade e seguirase apostando por eles, mentres que outros estan financiados con fondos europeos, polo que son completamente novos. Das axudas previstas este ano, hai que facer especial fincapé nas axudas dirixidas á rehabilitación de edificios e vivendas unifamiliares, dos que xa se levan convocados desde que arrincou o ano media ducia de programas, todos eles co prazo de solicitu-

Axudas a nivel de edificio buscan axudar a propietarios individuais e comunidades de veciños nas reformas que logren a eficiencia dos seus inmobles. de aberto, e entre os que cómpre destacar aqueles dirixidos especificamente a actuacións de mellora da eficiencia enerxética. Axudas a nivel de edificio O novo programa a nivel de edificio, que se pode solicitar desde o pasado 17 de maio e ata o 30 de novembro, está aberto a

Algunhas das liñas de axuda van dirixidas ao alugueiro, á adquisición de vivenda e a rehabilitar o patrimonio residencial xa construído.

subvencionar cun máximo de 38.750 euros —en caso de que as obras impliquen a retirada de elementos de amianto— actuacións de mellora da eficiencia enerxética en edificios e vivendas unifamiliares. O orzamento de 22,9 millóns de euros é o maior da historia e busca axudar a propietarios individuais e comunidades de veciños nas reformas que logren a eficiencia dos seus inmobles, como poden ser o cambio de fachadas e de cubertas ou a substitución de equipos de calefacción e de auga quente sempre que se logre un aforro enerxético mínimo do 30%. A axuda pode chegar a cubrir nalgúns supostos ata o 100% do custo da intervención.

Outras axudas Outra das liñas novidosas é o programa para elaboración do libro do edificio existente e para redacción de proxectos, documentación que xa é obrigatoria no caso de inmobles de nova construción e que se quere fomentar deste xeito para o resto. A convocatoria de 2022, estenderase ata o 30 de novembro, conta cun orzamento de 1,25 millóns de euros e vai dirixida a edificios ou vivendas rematadas antes do ano 2000 que se vaian rehabilitar. A contía máxima desta axuda será de 3.500 euros cando se destine a elaborar o libro do edificio e poderá chegar ata os 30.000 euros se o que se quere financiar

Hai incentivos económicos para a renovación de fachadas e envolventes, renovación de ventás, redacción de proxectos técnicos para planificar as obras e tamén para a adquisición da vivenda habitual en edificios localizados dentro dun centro histórico

é o proxecto técnico correspondente e necesario para executar as obras de mellora. As axudas de rehabilitación enerxética de edificios en municipios do reto demográfico (PREE5000), cun orzamento de 3,8 millóns de euros, pódense solicitar ata o 30 de setembro. Teñen como fin acometer obras de rehabilitación enerxética en Inmobles unifamiliares ou de tipo colectivo construídos antes de 2007 nun municipio de menos de 5.000 habitantes ou nun concello non urbano de menos de 20.000, sempre que ningún dos seus núcleos de poboación teña máis de 5.000 veciños. Cun orzamento de 13,5 millóns de euros, este programa convocouse o 3 de marzo e poderase solicitar ata o 14 de outubro. Cun orzamento de 13,5 millóns de euros, está aberto o programa a nivel de vivenda (cambio de ventás) para poder optar a axudas de ata 3.000 euros destinadas a financiar pequenas actuacións de rehabilitación enerxética en vivendas, principalmente o cambio

de ventás. O investimento debe de ser de polo menos 1.000 euros e o aforro de enerxía de, como mínimo, un 7%. Ademais, neste caso os incentivos están abertos non só aos propietarios do inmoble senón tamén a inquilinos e usufructuarios sempre que sexa o seu domicilio habitual. Por un importe global de 1,32 millóns de euros están abertas as axudas (ata o 30 de setembro) para intervir nas tres áreas de rehabilitación integral supramunicipal que xestiona directamente a Xunta: a ARI dos Camiños de Santiago, a ARI do Parque Nacional das Illas Atlánticas e a ARI da Ribeira Sacra. Os propietarios poden acceder a subvencións de ata 25.000 euros por vivenda para rehabilitar ou optimizar a súa eficiencia enerxética, uns incentivos cos que se contribúe tamén á vez a mellorar a imaxe que reciben os peregrinos ao seu paso por estas zonas. Por terceiro ano consecutivo, o IGVS convocou -ata o vindeiro 30 de setembro- este programa, dotado cun orzamento inicial de 500.000 euros e dirixido a cidadáns particulares que adquiran unha vivenda xa construída —que pode ser nova, usada ou que necesite reformas— nalgún dos case medio cento de centros históricos que hai declarados en Galicia. Os beneficiarios optan a unha axuda de ata 15.000 euros.

Seis destes programas van dirixidos a apoiar actuacións de rehabilitación en inmobles de tipo residencial e que teñen como fin lograr un aforro enerxético


6

Barrios 7 de xullo 2022

CIDADE

A Xunta solicita a licenza de obra para o novo CIS

Obradoiros maker Redacción O Concello de Ourense desenvolve as actividades do Proxecto Emprende Makers: De Makers a Emprendedores. Consta de 10 obradoiros que se desenvolverán en horario lectivo, cunha duración aproximada de 2 horas e media e desenvolveranse nos meses de setembro e outubro do curso 2022/2023. Terán lugar nas aulas dos centros emprazados no Concello de Ourense que o soliciten. Están dirixidos a alumnado de Secundaria, de entre 12 e 14 anos. A asignación dos obradoiros será por orde de solicitude, ata completar as 10 edicións ofertadas, e só se concederá un obradoiro para cada centro solicitante. As solicitudes deberán realizarse polos responsables dos centros educativos, a través do enlace: https:// captioma.com/emprendemakersourense.

4 O orzamento previsto para a licitación da obra superará os 10 millóns de euros. Redacción Visitantes con representantes da Subdelegación do Goberno na visita guiada. /RAMSÉS.

Semana da Administración Aberta A Subdelegación do Goberno en Ourense uniuse á Semana da Administración Aberta, na que os visitantes percorreron todas as seccións da Subdelegación. Na visita estiveron acompañados polo subdelegado do Goberno, Emilio González, e polo secretario xeral, Manuel Arias. O xefe de cada sección achegou aos participantes unha explicación do seu cometido e de como funciona cada unha delas. Ademais, tamén tivo lugar unha exposición do Patrimonio, que contou con visitas guiadas nas que se explicaron as principais pezas da institución que abarcan desde o século XVII ata a actualidade.

Praza de Abastos da Ponte Redacción A xunta de goberno local do Concello de Ourense aprobou o expediente para contratar a xestión integral da Praza de Abastos número 2 da cidade, no barrio da Ponte. No acordo, dispón a apertura do procedemento de adxudicación, polos tramites do procedemento aberto, cun canon que deberá ser, como mínimo, de 28.903,00 euros.

Marisol Nóvoa (presidenta da CEO e Alfonso Rueda (presidente da Xunta) na Asamblea da CEO. /RAMSÉS.

A Xunta de Galicia vén de presentar no Concello de Ourense a solicitude de licenza de obra que lle permitirá poder iniciar a construción do novo centro integral de saúde na cidade. O novo CIS de Ourense esta recollido dentro da Fase 0 do Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria. A redacción do seu proxecto arquitectónico licitouse no mes de xullo do ano pasado por un importe de preto de 350.000 euros, e cun orzamento previsto para a licitación da obra que superará os 10 millóns de euros. Unha vez recibido e aprobado o proxecto básico, o Goberno galego inicia os trámites de obtención da licenza ao tempo que o estudo adxudicatario elabora o proxecto de execución desta nova obra e o proxecto de demolición do actual centro de saúde

Nóvoa Santos. Este centro, significará un antes e un despois para a atención sanitaria da cidade, xa que permitirá substituír un edificio obsoleto, como é o actual centro de saúde Novoa Santos, por unha infraestrutura completamente renovada, moderna, mais accesible e orientada ao paciente. Un novo centro de saúde que permitirá aumentar a carteira de servizos con programas novos e específicos e tamén incrementar a dotación de recursos tanto estruturais como diagnósticos; e tamén humanos. En total, o novo centro integral de saúde albergará unha superficie útil de 5.662,5 metros cadrados.

O novo Centro Integral de Saúde albergará unha superficie útil de 5.662 metros cadrados

Asamblea da CEO A asamblea ordinaria da Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) fixo balance de todas as actividades realizadas ao longo do último ano. Ademais, aproveitando a presenza do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reclamaron medidas para atenuar a crise como pode ser unha burocracia máis áxil, máis investimento e mesmo unha redución de impostos. Pola súa banda, Rueda, tomou nota e destacou o papel protagonista que desempeña a provincia na economía da comunidade destacando o sector agroalimentario, o da pizarra o termal e turístico.

Infografía do novo CIS que se construirá en Ourense.


BARBADÁS

Aprendendo a conservar produtos da horta 4 Celébranse obradoiros ao longo do mes. Redacción Durante este mes de xullo, en Barbadás organízanse distintos obradoiros de conservación de produtos das hortas. Estes, están dirixidos as persoas integrantes das diferentes Asociacións de veciños do Concello. En total serán cinco obradoiros que se celebrarán en catro locais sociais do concello. Deste xeito, o luns, 11 de xullo, serán no local de Fonval na Valenzá en dúas sesións de 9 a 13h ou de 16 a 20 horas podendo asistir ou á mañá ou á tarde, e están dirixidos as Asociacións de Fonval e de veciños do Fonsillón, As Lamas e Finca Fierro. O martes, 12 de xullo, será no local social de Loiro, en horario de 10 a 13h, para as Asociacións

Cartel dos obradoiros.

de veciños de Loiro e Bentraces. O mércores, 13 de xullo, será no local social de Barbadás, en horario de 10 a 13h, para as Asociacións de veciños de Barbadás, O Pontón e Sobrado. E o xoves, 14 de xullo, celebrarse no local social de Piñor, en horario de 16 a 20 horas, para as Asociacións de veciños de Parada, Piñor e Mun Di Deu. A entrada é libre e non se precisa de inscrición previa.

En total serán cinco obradoiros que se celebrarán en catro locais sociais do concello

O BNG pide máis prazas do servizo “bos días cole” 4 Para facilitar a conciliación das familias. Redacción O Grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego no Concello de Barbadás ven de solicitarlle ao Goberno local o aumento das prazas previstas para o presente curso 22-23 no servizo “bos días cole”. Un servizo cuio obxectivo é facilitar a conciliación das familias coa apertura dos centros para que aquelas nais e pais que non teñan outra posibilidade poidan deixar as súas crianzas nos colexios antes de entrar a traballar. Desde o BNG de Barbadás lembran, tal e como afirma o portavoz no concello Sarín Núñez, que “estamos diante dun servizo moi demandado pola veciñanza e que no ano 2019, previo á pandemia, contou con arredor de 278 prazas entre os centros Filomena Dato e O Ruxidoiro”. Segundo Núñez, “no

CEIP Filomena Dato a quenda de mañá contaba con 93 usuarias e a de tarde con 40 chegando a ter unha listaxe de agarda de 16 solicitudes namentres que no CEIP O Ruxidoiro, pola mañá contabase con 98 usuarias e pola tarde con 47”. Cifra insuficiente Para os nacionalistas, o número de prazas que se ofertan para o presente curso, 60 por centro educativo, é claramente insuficiente. “Dado que xa non existen as limitacións relativas á COVID-19, entendemos que para o curso 2022-23 haberá as mesmas necesidades ou

incluso máis que antes da pandemia polo que auguramos que as solicitudes que se presenten van ser moi similares en número a 2019”, declaraba o portavoz nacionalista. Por todo o exposto con anterioridade é polo que desde o Grupo Municipal do BNG no Concello de Bárbadás solicitan que se oferten nos dous centros educativos, CEIP Filomena Dato e CEIP O Ruxidoiro, o número de prazas suficientes para cubrir a demanda do servizo “Bos Días Cole” tanto na quenda de mañá como na de tarde, ao ser un servizo moi demandado e fundamental para a veciñanza.

Sarín Núñez: “estamos diante dun servizo moi demandado pola veciñanza e que no ano 2019, previo á pandemia, contou con arredor de 278 prazas entre os centros Filomena Dato e O Ruxidoiro”

Fachada do CEIP Filomena Dato.

Barrios 7 de xullo 2022

7

EN BREVE 4 Orzamento Barbadás aproba no seu pleno un orzamento que supera os 7 millóns de euros e sen subir impostos nin taxas. O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, explicou que o aumento -nuns 132.000 euros- con respecto ao ano anterior se debe ás “aportacións que corresponden dos ingresos do Estado”. Valcárcel recordou que o Concello mantén os impostos no mínimo permitido por lei. O PSOE, como grupo de goberno, contou co apoio de Democracia Ourensa e Compromiso por Barbadás; porén PP e BNG votaron en contra. Tamén, o goberno comprometeuse a reducir o gasto corrente.

4 Reunión co subdelegado O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, e a tenente alcalde, Victoria Morenza, mantiveron unha reunión co subdelegado do Goberno, Emilio González Afonso, co que abordaron asuntos de interese para o concello. O rexedor plantexou ao subdelegado do Goberno a creación dun posto da garda civil no municipio, unha dotación que melloraría a seguridade na zona. Tamén lle plantexou unha intervención integral de humanización da avenida de Celanova. Outros asuntos que trataron foron a habilitación de un roteiro na fervenza do Pisco; a reforma da antiga escola de Sobrado; a instalación de fibra óptica nos núcleos de Barxa e Pista de San Bieito, en San Lourenzo de Piñor; entre outros asuntos.


8

Barrios 7 de xullo 2022

Baldomero Moreiras Redacción O artista Baldomero Moreiras vén de doar un retrato de Manuel Curros Enríquez a Celanova (a través da Fundación Curros Enríquez). A obra quedará depositada na Casa dos Poetas e instalada de forma permanente na sala da lareira da casa familiar do poeta celanovés. A obra O pintor fixo unha reinterpretación do busto en ieso realizado por Francisco Asorey (en 1932) para participar no concurso para a elección do monumento a Curros na cidade da Coruña. Moreiras fixoo coa técnica do collage.

Acto de entrega da obra na Casa dos Poetas.

CELANOVA

O xeodestino CelanovaXurés, candidato a Destino Turístico Intelixente 4 Aspira a captar fondos europeos de recuperación Next Generation. Redacción A Deputación de Ourense lidera a través do Inorde a candidatura do Xeodestino Celanova- Xurés (tamén o de Trevinca-Valdeorras) á convocatoria de transformación en Destinos Turísticos Intelixentes, que aspira a captar fondos europeos de recuperación Next Generation. Deste xeito, asinouse un convenio interinstitucional co respaldo dos 14 concellos (A Bola, A Merca, Bande, Cartelle, Celanova, Entrimo, Gomesende, Lobeira, Lobios, Muíños, Padrenda, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea) para a creación de agrupacións de entidades locais para impulsar a transformación dixital deste destino. De captar os fondos, desenrolaríanse entre o ano 2022 e 2023, cunha inversión de aproximadamente 100.000 euros.

Reunión entre Manuel Baltar e Emma González. Obxectivo O seu obxectivo é levar a cabo unha serie de actuacións que o aproximen aos piares nos que se sustenta un Destino Turístico Intelixente (DTI): innovación, tecnoloxía, sustentabilidade, accesibilidade e gobernanza. Todo isto dentro dunha estratexia que busca unha maior competitividade, así como a inclusión do destino nun proceso de mellora continua para converterse en DTI. A competitividade deste destino caracterizarase polo uso intensivo das tecnoloxías nas áreas de maior

interese, co fin de mellorar a xestión, ofrecendo novos servizos, tanto aos turistas como aos residentes, apostando por unha visión do aproveitamento dos recursos dunha forma eficiente e sostible.

De captar os fondos, desenrolaríanse entre o ano 2022 e 2023, cunha inversión de aproximadamente 100.000 euros

Álex Mínguez, experto micolóxico 4 Recibe o certificado de profesionalidade. Redacción O divulgador micolóxico ourensán Alejandro Mínguez González, autor dunha ducia de libros de cogomelos e protagonista de máis de duascentas conferencias sobre fungos nos últimos 30 anos, conseguiu na Rioxa o certificado de profesionalidade sobre xestión da produción e recolección de cogomelos e trufas. Tivo que perrecorrer 1.400 quilómetros (de ida e volta) para examinarse e pasar moitos anos chamando a dis-

tintas portas para obtelo. Trátase dunha titulación con cinco unidades de competencia, equivalente a un ciclo superior de Formación Profesional, da que tivo que examinarse presencialmente no instituto Gonzalo de Berceo de Alfaro, despois dun procedemento de avaliación e acreditación de competencias profesionais que iniciou o ano pasado, tras conseguir inscribirse oficialmente no proceso. Mínguez, procurou devandita titulación en Galicia, porén foille imposible obtela.

Álejandro Mínguez na Rioxa.


ALLARIZ

Beirarrúas para a estrada de Santa Mariña Firma do convenio entre o Concello e a Fundación.

Unión entre Allariz e Rosalía de Castro 4 Firman un convenio concello e a Fundación. Redacción O Concello de Allariz, por medio da súa alcaldesa, Cristina Cid, e a Fundación Rosalía de Castro, representada polo seu presidente Anxo Angueira, firmaron un convenio de colaboración. Esta colaboración entre a Fundación e o Concello permitirá que tanto nos centros escolares, como nas propias actividades municipais de Allariz, que se programan ao longo do ano, como poden ser actividades do Club de Lectura, da Casa da Mocidade ou actividades para veciños e veciñas de Allariz a figura da escritora galega estará presente. “Rosalía para Galicia é moito máis e polo tanto é necesario que dende a administración pública se faga a divulgación do seu

legado. Por outra banda, Anxo Angueira resaltou a importancia que para a Fundación de Rosalía de Castro supón a sinatura deste convenio polo seu compromiso coa cultura e o idioma galego. O convenio En virtude deste convenio anual, como ben explicaron tanto os escolares do municipio coma as asociacións culturais e persoas empadroadas no Concello de Allariz poderán desfrutar da visitas guiadas de balde á Casa de Rosalia en Padrón. Igualmente establecese a colaboración para os actos de celebración do Día de Rosalía e o intercambio de material divulgativo así coma de actividades que poidan xurdir ao longo do ano.

4 As obras completaranse co soterrado do cableado, axardinamento de espazos e maila instalación de mobiliario urbano. Redacción A estrada de Santa Mariña conta con beirarrúas para reforzar a seguridade viaria dos peóns que transitan por esta zona próxima ao casco urbano de Allariz. O deputado de Cooperación, Pablo Pérez, acompañado pola alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, supervisaron o resultado dun proxecto que terá continuidade en 2023 con novas beirarrúas na outra marxe da estrada. A alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, subliñou que as obras xa realizadas “permiten definir claramente a calzada, as zonas destinadas a aparcamen-

Visitas guiadas Redacción A partir do día 17 de xullo, volven as visitas guiadas polo casco histórico de Allariz durante os domingos de verán (ata finais de agosto). As visitas desenvolveranse en grupos de ata 25 persoas e partirán da Oficina de Tu-

to e para os peóns”. Un proxecto de urbanización “para unha das entradas máis importantes que ten Allariz”, destacaba. Obras Cun orzamento de 80.000 euros, as obras realizáronse nun tramo de máis de 200 metros da estrada de Santa Mariña

(OU-0151 de titularidade provincial), incluíndo ademais das novas beirarrúas a instalación de conducións para soterrar o cableado aéreo que discorre pola zona. Unha actuación á que se engadirá o axardinamento dos espazos habilitados e a instalación de mobiliario urbano.

Visita ás obras da estrada de Santa Mariña. rismo de Allariz ás 11:30h tendo una duración aproximada dunha hora e media. As reservas realizaranse na Oficina de Información de xeito presencial, no 988 442 008 ou no correo informacion@allariz.gal. Os prexos oscilarán entre os 3 e os 6 euros. A Oficina de Información da rúa o Piñeiro nos meses de xullo e agosto

non pechará ningún día para poder dar atención

Barrios 7 de xullo 2022

9

EN BREVE 4 Xornadas de Etnobotánica A sede de Allariz da Fundación Vicente Risco organiza unhas xornadas de etnobotánica e imaxe máxica os días 19 e 20 de agosto. Serán tres obradoiros (Melothesia; Efecto Apotropaico; e Orballo Purificador) e as inscricións poden realizarse no mail secretaria@fundacionvicenterisco.com.

4 Pleno No pleno extraordinario celebrado esta semana aprobouse a venda de novas parcelas no polígono de Chorente. Serán dous lotes parcelarios, de 2.000 m2 e de 13.000 m2. Ademais, o concello realizará alegacións á mobilidade interurbana presentada polo Goberno central, na que deixa a Allariz sen parada de autobuses, a pesar de cumprir os requisitos necesarios para dispor de parada. a todas as persoas que se achegan a coñecer Allariz.

Presentación das visitas guiadas.


10

Barrios 7 de xullo 2022

PROVINCIA

O Pereiro agarda ampliar o seu polígono

Revista Nós, a Xente do Redor A. Jácome No concello da Veiga, o domingo, 10 de xullo, presentarase o número 7 da revista Nós, a Xente do Redor. Desta vez a portada é obra do grandisimo pintor Paco Ascón, veciño de Xares. En palabras do propio pintor: “onde a beleza sempre te sorprende”. Nesta ocasión medio cento de colaboradores, autores e amigos do colectivo Nós a Xente do Redor, compartirán xornada coas xentes deste fermoso concello e con outros persoeiros chegados de distintos puntos de Galicia. Os actos celebraranse na Sala de Conferencias do Toural e ao remate da presentación da revista farase un percorrido polo fermoso pobo, para disfrute dos visitantes. Haberá un xantar de fraternidade e ao remate unha charla coloquio baixo o titulo “Implicacións culturaís e ensino, tradición e desenvolvemento no medio rural” coa participación do alcalde da Veiga Juan Anta; Benito Eladio Rodriguez, escritor, poeta e adegueiro; Carlos Xabier Ares, investigador social; César Luis Santamarina, economista e escritor; Piedad Valencia, mestre xubilada con grande experiencia no medio rural; Paco Ascón, pintor, escritor e vivindo en Xares (A Veiga); Adela Figueroa, licenciada en Ciencias Bioloxicas pola Universidade de Santiago; catedrática de Bioloxia-Xeoloxía, escritora e poeta; Avelino Jácome, empresario ourensán do sector da Publicidade e a Comunicación, editor e escritor.

4 Actualmente non hai parcelas dispoñibles. Redacción

Reunión para avanzar no proxecto do futuro hotel balneario de Ourense.

A Deputación de Ourense busca sede provisional 4 O Pazo de Xustiza e a delegación de Sanidade, os posibles destinos. Redacción A actual sede da Deputación Provincial de Ourense converterase nun hotel balneario antes de 2027. Por iso, e para que os traballos den comezo o antes posible, o presidente da Deputación, Manuel Baltar convocou unha mesa de traballo. Durante a reunión, o presidente avanzou como posibles sedes provisionais dos servizos provinciais o antigo Pazo de Xustiza, na praza de Concepción Arenal, e a delegación de Sanidade da Xunta de Galicia, na avenida de Zamora, descartando o traslado da administración provincial á vella cárcel. O traslado ás futuras instalacións provisionais calcúlase que podería realizarse ao longo do segundo semestre do 2023. Ademais, neste encontro de traballo -no que estiveron presentes ademais do presidente, o delegado territorial da Xunta de Galicia, Gabriel Alén; a concelleira de Urbanismo do Concello de Ourense, Sonia Ogando; o responsable do proxecto do balneario, Mario Crecente; os técnicos da administración provincial Mónica

Legaspi, Juan Marquina, Eva Reza e Javier de Anta- deuse o visto bo ao inicio da redacción do proxecto e confirmouse a calidade mineromedicinal das augas. “Novos pasos pero sempre sen perder de vista o obxectivo máis importante, que é contar antes de 2027 cun balneario de referencia en Europa”, declarou o presidente ao remate da reunión. Análises Ademais de acordar o inicio do procedemento para contratar a redacción do proxecto básico do hotel balneario, por un importe de 251.000 euros, na xuntanza presentouse un novo informe sobre as medicións e análises mensuais que se realizan na captación situada nun dos patios interiores da Deputación. O informe sinala que no pasado mes de xuño recolleuse a quinta mostra das augas, confirmando que o manantial posúe unhas características “moi homoxéneas correspondentes a augas termais”, segundo Baltar, cunha temperatura que alcanza ata 41,8 graos, con ausencia total de contaminación, de orixe profunda e cun tempo de permanencia no subsolo de entre 25.000 e 30.000 anos.

Balneario O proxecto impulsado non é outro que o de converter a actual sede da administración provincial, un inmoble construído a finais do século XIX e declarado Ben de Interese Cultural en 1975, nun establecemento hoteleiro de 5 estrelas cunha ampla oferta termal. Auria, en homenaxe á cidade na que Eduardo Blanco-Amor ambientou as súas obras, é o nome proposto para o futuro hotel balneario, no que se habilitarán entre 52 e 71 habitacións con seis tipos de aloxamentos.

A Xunta de Galicia e o Concello do Pereiro de Aguiar avaliaron os próximos pasos a seguir para avanzar na posible ampliación do polígono do municipio. Este foi o asunto principal da reunión que mantiveron hai uns días a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, o alcalde, Luis Menor, e o presidente da Asociación de Empresarios do Parque Empresarial do Pereiro, Eduardo Cid. O proxecto de ampliación, que abrangue un ámbito de ao redor de 194.000 m2, está incluído na modificación do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia (PSOAEG), que actualmente está a tramitar o Goberno autonómico. Sen parcelas Neste sentido, faise necesario incrementar a superficie actual do polígono debido a que, nestes momentos, xa non queda ningunha parcela dispoñible coa que atender á

demanda de solo empresarial neste municipio. Así, Ángeles Vázquez confirmou que a posible ampliación do parque do Pereiro de Aguiar está prevista na segunda revisión do PSOAEG, pendente de aprobación definitiva. Cómpre lembrar que o polígono do Pereiro de Aguiar foi promovido no seu día pola Xunta, cun investimento de 12,74 millóns de euros. En novembro do ano 2009 remataron as obras de urbanización da última fase do parque empresarial, que conta cunha superficie total de máis de 600.000 m2 e no que todo o solo destinado a parcelas está actualmente ocupado.

A posible ampliación do parque do Pereiro de Aguiar está prevista na segunda revisión do Plan de ordenación de áreas empresariais

Está previsto que o hotel balneario estea listo antes de 2027 O traslado ás futuras instalacións provisionais calcúlase que podería realizarse ao longo do segundo semestre do 2023

Reunión mantida entre a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez (C); o alcalde do Pereiro, Luis Menos (E); e o presidente da Asociación de Empresarios do parque empresarial do Pereiro, Eduardo Cid (D).


PROVINCIA

Deputación e 20 concellos firman un convenio para evitar a exclusión dixital 4 Para facilitar a solicitude de axudas sociais a persoas sen habilidades tecnolóxicas. O xurado do Vicente Risco. /A.MÍNGUEZ.

David Rodríguez Rodríguez gaña o Vicente Risco 4 De Ciencias Sociais. A. Mínguez David Rodríguez Rodríguez, ensaísta, poeta e deseñador gráfico de Vigo, foi o gañador do premio Vicente Risco de Ciencias Sociais. O xurado da 26ª edición en Allariz concedeu o galardón á obra titulada “Liberdades antigas, tempos modernos: o republicanismo de Castelao” por ser un ensaio que desenvolve o divorcio entre o nacionalismo e o republicanismo en Castelao, non como algo pasado senón presente, segundo explicou a secretaria do galardón, Isabel Mociño. “É un traballo de teoría filosófico-política moi interesante e de moi agradable lectura”. O premio consiste na publicación da obra e 6.000 euros en metálico e entregarase nunha localidade aínda por decidir no outono.

Parada de bus no Carballiño Redacción A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licitou por 144.505 euros as obras para a execución dunha parada de autobús intermodal na estación de ferrocarril do Carballiño. Cos traballos licitados, impúlsase a instalación dunha parada exclusiva para as liñas interurbanas de autobús de uso regular

O xurado destacou a alta calidade de todas obras presentadas a esta edición procedentes de toda Galicia e Portugal. Colaboran coa Fundación Vicente Risco na convocatoria as tres universidades galegas, a de Trasos-Montes e Alto Douro, o Concello de Melide, Concello de Castro Caldelas Concello de Allariz e a Deputación de Ourense. O xurado decidiu conceder tamén a Xulio Sa Rego, veciño da localidad portuguesa de Bragança, o accésit, con dereito á publicación: “O criado do pastor. Liçoes de serras invisíveis do Norte de Portugal em tempos de fogos do Antropoceno” pola súa actualidade, utilidade, calidade da escrita; por abordar un asunto transcendente dende a perspectiva ecoantropolóxica. na parcela situada na explanada frontal da estación de ferrocarril, localizada na avenida O Vinte e Cinco de Xullo. O contrato licitado comprende os traballos necesarios para a posta en marcha da parada de autobús: a urbanización da zona, a reposición dos servizos afectados e o subministro e instalación do refuxio. As empresas interesadas nestes traballos teñen ata o vindeiro 1 de agosto para presentar as súas ofertas.

Redacción Alcaldesas e alcaldes de 20 concellos da provincia asinaron xunto a presidente da Deputación Provincia, Manuel Baltar, o primeiro convenio de “Administración con acompañamento dixital”, polo que a cidadanía sen habilidades ou acceso ás novas tecnoloxías poderá solicitar desde os servizos sociais do seu propio concello as axudas e servizos que ofrece a área de Benestar da Deputación. “Cero papel, cero quilómetros, cero desprazamento e cero exclusión dixital”, dixo Manuel Baltar resumido así a filosofía deste plan. A sinatura do convenio tivo lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, onde o presidente da Deputación estivo acompañado pola deputada de Reto Demográfico, Igualdade e Políticas Sociais, Luz Doporto, e mailo responsable da área de Benestar, José Juan Cerdeira. Os concellos asinantes foron Os Blancos, A Bola, Calvos de Randín, O Carballiño, Entrimo, Lobeira,

Lobios, Padrenda, Pereiro de Aguiar, Petín, Pobra de Trives, Sarreaus, Riós, Trasmiras e Xinzo de Limia, así como outros cinco de modo indirecto -Beariz, Boborás, O Irixo, Piñor e San Amaro- a través da Mancomunidade do Carballiño. Outros 30 concellos da provincia, segundo a área de Benestar, xa manifestaron o seu interese por incorporarse a este programa. Grazas a este convenio, Baltar destacou que moitos veciños dos concellos asinantes "poderán presentar as solicitudes de axudas sociais sen ter que desprazarse ata a capital, sen papeis, sen necesidade de que saiban ou poidan utilizar a administración electrónica, é dicir, sen discriminar a ninguén dixitalmente”. Funcionamento O programa comezou a funcionar o 1 de xullo, e

un total de 34 técnicos municipais dos concellos asinantes foron dados de alta no sistema de acompañamento dixital. Así quedarán acreditados para cumprimentar dixitalmente as solicitudes, imprimilas e axudar ao cidadán para que as presente fisicamente no rexistro electrónico do seu municipio. Esta iniciativa complétase cun proxecto piloto que será apertura na sede de Benestar dunha oficina con administración híbrida para cidadáns sen certificado dixital. En breve tamén se porá en marcha unha segunda opción, de tal modo que unha vez cumprimentada a solicitude e previa identificación do cidadán, o funcionario poderá presentar o documento co seu certificado dixital en nome do solicitante.

Esta iniciativa complétase cun proxecto piloto que consistirá na apertura na sede de Benestar dunha oficina con administración híbrida para cidadáns sen certificado dixital

Barrios 7 de xullo 2022

11

EN BREVE 4 Presentación O xornalista Luis Congil, presentará o seu libro “A marabillosa historia do viño en Galicia”, este venres, 8 de xullo, ás 20 horas, no Museo do Viño de Galicia de Ribadavia.

4 Coles A Confederación Hidrográfica Miño Sil (CHMS) licita o proxecto de saneamento e bombeo do núcleo de Sequeiros, ubicado no municipio de Coles. O valor estimado do contrato ascende a algo máis de 949.000 euros. O prazo de presentación de ofertas remata o próximo 21 de xullo. A actuación consiste na execución dunha rede de colectores que recollan as augas residuais que chegan á fosa existente xunto ao regato Lusín, para, unidas ás procedentes do núcleo de Sequeiros, ser conducidas ata a rede de saneamento de Ourense.

4 Apoio ao turismo A Deputación perfila un proxecto de creación dunha plataforma baseada en Intelixencia Artificial (IA) para apoiar ó turismo na provincia de Ourense. O principal obxectivo deste proxecto, que se levaría a cabo entre setembro deste ano e 2023, é a creación da mencionada plataforma para apoiar aos turistas da provincia e facilitar os trámites que realizan os usuarios cando queiran pasar as súas vacacións en Ourense. O programa inclúe activar un auxiliar de conversa, unha oficina de turismo virtual, un centro turístico integral baseado na Intelixencia Artificial e unha plataforma de intelixencia contextual.

4 Mosteiro de Santo Estevo

Baltar e os alcaldes firmantes do convenio.

A Xunta de Galicia pon en marcha unha actuación arqueolóxica no Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, no concello ourensán de Nogueira de Ramuín, co fin de investigar as orixes deste inmoble que conta coa categoría de Ben de Interese e Cultural de Monumento Nacional.


12

Barrios 7 de xullo 2022

Ioga Termal Redacción O Concello de Ourense ofrece ioga termal na Burga de Canedo – Outariz durante todos os martes do verán. Esta actividade gratuíta, posta en marcha pola Concellería de Turismo e Termalismo, terá dúas sesións diarias: de 11 a 12 horas e de 20 a 21 horas. O rexistro e información poderase facer no seguinte teléfono: 693642837. Método Wellness As sesións utilizarán o “Método Wellness”, desenvolvido especificamente para espazos termais. A actividade consiste en mobilizar o corpo e estirar os músculos para eliminar tensións, mellorar a flexibilidade e conseguir que todo o corpo se atope mellor de xeito instantáneo, grazas tamén aos beneficiosos efectos das augas termais en articulacións, osos, músculos e pel. O Método tamén inclúe exercicios de respiración que amplían a capacidade pulmonar mellorando a osixenación.

DEPORTES

Cartelle prepárase para o seu maratón feminino 4 Disputarase do 8 ao 10 de xuño.

4 O xardín do Posío e Os Remedios acollerán as sesións. Redacción

Redacción Un total de 24 equipos de Galicia, Cataluña, Andalucía, Castela e León e Portugal xogarán do 8 ao 10 de xullo o o II Maratón de Fútbol Sala Feminino de Cartelle. Os encontros disputaranse no pavillón de deportes Piño Vilachá, de Outomuro. Dende a organización explicaron que este torneo é o máis importante do mundo deste deporte en dotación económica. Competición A competición organizarase en 8 grupos de tres equipos cada un, dos que os dous primeiros pasarán ás seguintes fases, estando previsto que se dispute a final o domingo 10 de xullo sobre as seis da tarde. Tamén xogarase unha fase de consolación. O equipo campión obterá un premio de 6.000 euros, 1.000 o segundo clasificado e 500 o terceiro. Na presentación do

Xullo, mes do Taichi

O pavillón Pino Vilachá organizou un campionato internacional o ano pasado./ARQUIVO. evento estiveron presentes o presidente da Deputación, Manuel Baltar; o alcalde de Cartelle, Jaime Sousa; e o responsable de Taffa Sport, José Ángel Baliñas, entidade organizadora do evento xunto co Concello e o apoio da institución provincial, ademais das xogadoras do Cartelle FS Silvia Bardan-

ca, Ariadna Feijóo e Alba Losada. Camping A organización espera reunir a máis de 300 xogadoras, que disporán de toda a loxística necesaria grazas ás instalacións de acampada do Mundil, onde poderán acampar de forma gratuíta.

O “Taichi na rúa”, que deu comezo esta mesma semana, suma 38 edicións coa deste ano. Unha das citas ineludibles para centos de ourensáns no mes de xullo que queren madrugar para harmonizar a súa mente e o seu corpo coa práctica do taichi. Un deporte tan beneficiose que activa o funcionamento dos órganos e o sistema inmunitario, ademais de mellorar a coordinación, harmonización e relaxación física e mental. Como cada ano, volverá a ter o seu protagonismo no mes de xullo no xardín do Posío todos os días -de luns a venres- ás

oito da mañá. A novidade deste ano é que haberá unha quenda de tarde, na terceira semana do mes de xullo, a partires das 20h nos Remedios. Apoio do Concello O concelleiro de Deportes do Concello de Ourense, Mario Guede, na presentación desta actividade deixou claro o apoio do Concello. “Levamos apoiando desde sempre esta iniciativa, que forma parte da cultura oriental milenaria que harmoniza corpo e mente e está aberta a todas as persoas de calquera idade, completamente de balde”, sinalou o concelleiro e presidente do Consello Municipal de Deportes.

Presentación do “Taichi na rúa”.


SOCIEDADE

Barrios 7 de xullo 2022

13

Comeza a nova tempada dos trens turísticos de Galicia 2022

4 Con dous novos percorridos, “Ruta dos Queixos de Galicia” e a “Ruta das Mariñas”, chegan ata un total de 13 itinerarios. Redacción En 2013, Xunta, Renfe e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (INORDE) puxeron en marcha os Trens Turísticos de Galicia. Agora, en 2022 presentaron una nova edición -a novena- que conta con dous itinerarios máis (a “Ruta dos queixos de Galicia” e a “Ruta das Mariñas”) chegando ata as 13 rutas. Isto foi posible grazas aos datos obtidos na pasada edición, que se pechou cunha ocupación do 97,5% das prazas. Por iso, este ano increméntanse o número de saídas, pasando das 22 saídas en 2021 a 37 este ano; o que supón un incremento do 59%; así como o número de prazas, que crece un 76%, deixándoas en 2.696 asentos, sendo 1.532 as do ano pasado. Prezos sen variación Os prezos para estes trens mantéñense desde 2019 (45 euros adulto e 20 euros neno por ruta). Ademais, os usuarios destes trens, que levan funcionando desde 2013 (tan só se interromperon en 2020 pola crise sanitaria) poden beneficiarse do “Galicia Rail Pass”, un abono para percorrer a comunidade durante tres días consecutivos. A información e compra dos billetes para os Trens Turísticos de Galicia pode consultarse nas páxinas web turismo.gal , así como

Un dos trens turísticos, entre Vigo e Pontevedra. a compra en axencias de viaxe concertadas con Renfe en, www.renfe.es ou no teléfono 912 555 912. Rutas por Galicia Os 13 itinerarios que discorren polas catro provincias da comunidade son: 1.Ruta dos queixos de Galicia: percórrense tres das catro denominacións de orixe dos queixos de Galicia. En primeiro lugar, en Sobrado dos Monxes, visitarase a Casa do Queixo, con degustación dos queixos de tetilla e Arzúa-Ulloa. A seguinte parada será a quesería Don Crisanto, en Vilalba, co seu queixo San Simón dá Costa. Tras o xantar (libre) en Lugo coñecerase o proxecto de ecoagroturismo de Arqueixal, en Albá (Palas de Rei), co queixo Arzúa-Ulloa como produto estrela. 2. Ruta das Mariñas: o tren levaranos desde A Coruña ata Ferrol polas

Mariñas e Terras do Mandeo, reserva da Biosfera. A primeira parada será Betanzos, unha das capitais do antigo Reino de Galicia, visitando o seu centro histórico. A continuación, en Paderne visitaranse as instalacións de Orballo, que conta coa única plantación de té da Europa continental. O tren pasará por Pontedeume, co seu torreón e ponte medieval, símbolos da vila. A xornada finalizará en Ferrol, cun paseo en barco pola súa ría, defendida polos castelos da Palma e San Felipe, e un paseo polo barrio da Madalena, do período da Ilustración. 3. Ruta dos faros: viáxase ao momento máis setentrional da Península Ibérica, visitando lugares como Cabo Ortegal, o miradoiro de Vixía Herbeira, o santuario de Santo André de Teixido e o cabo de Estaca de Bares. Tamén se visitará o centro histórico

A ruta do viño da Ribeira Sacra (río Sil ou río Miño) é dunha beleza indescriptible.

da vila de Viveiro e de regreso os famosos cantís de Loiba. 4.Ruta dos pazos e os xardíns históricos: Con este roteiro chégase aos xardíns do pazo de Rubiáns, cuxo parque botánico foi recoñecido como “Xardín de Excelencia Internacional de Camelias”, galardón que igualmente ostenta o xardín do castelo de Soutomaior, que tamén se visitará. Por último, viáxase aos xardíns do Pazo Quinteiro dá Cruz, que, como os anteriores tamén se atopan no Roteiro da Camelia de Galicia. 5. Ruta do Viño da Ribeira Sacra (río Sil): unha xornada entre viñedos onde a bordo do tren motorizado Aba Sacra, o viaxeiro desprazarase ata a adega Regina Viarum. En Monforte de Lemos visítase o Centro de Interpretación do Viño para posteriormente subirse a un catamarán e percorrer o río Sil. A xornada finalizará cunha visita ao mosteiro de San Pedro de Rocas. 6. Ruta do Viño da Ribeira Sacra (río Miño): comeza cunha visita ao convento das Bernardas, onde se pode adquirir a repostería artesanal para logo achegarse ao Ecomuseo de Arxeriz , Pola tarde, visítase o “Cabo do mundo” (Fin do mundo) a bordo dun catamarán polo río Miño. A xornada finaliza na adega Vía Romana.

7. Ruta dos viños da Ribeira Sacra e de Valdeorras: este tren convídache a aproximarche ás paraxes das Denominacións de Orixe Ribeira Sacra e Valdeorras. No río Sil, percorrido en catamarán ata a contorna do mosteiro de Santo Estevo. Continúase viaxe ata o santuario das Ermidas. Péchase a xornada cunha degustación de viño na adega A Coroa. Tamén se visita a estación de ferrocarril dos Peares. 8. Ruta do viño Rías Baixas: Visítase a adega do Pazo Baión e a vila de Cambados, a “capital do albariño” co seu conxunto monumental de Fefiñáns. Xa pola tarde, paseo en barco pola ría de Vigo e posterior desembarco na illa de San Simón. 9. Ruta dos viños do Ribeiro-Rías Baixas: Ao longo do traxecto pódese degustar un viño na adega Señorío de Rubiós. Pola tarde visítase o Museo do Viño de Galicia. Despois chégase ata o castro de San Cibrao de Las. A xornada finaliza na estación ferroviaria de Santa Cruz de Arrabaldo. 10. Ruta do viño de Monterrei: Visítase a adega Gargalo e Verín, onde se pode visitar o seu barrio antigo. Pola tarde, paseo pola vila de Allariz e o seu Festival Internacional de Xardíns, un espazo recuperado para uso público na marxe dereita do río Arnoia. Remata a viaxe coa visita á estación de ferrocarril de Baños de Molgas. 11. Ruta da lamprea: Desde Pontevedra o viaxeiro chega ata Salvaterra de Miño, onde se visita o Museo dá Ciencia do Viño. Máis tarde, paseo por Tui. Pola tarde, chéganse ás pesqueiras de Arbo, singulares construcións centenarias que serven para capturar a lamprea no río Miño. Visítase o centro de interpretación do viño e da lamprea “Arabo”. Finalmente,

chégase ata o Cooperativa Condado-Paradanta nas Neves, onde se degusta requeixo, mel e viños da D.O. Rías Baixas. 12. Ruta dos mosteiros: esta ruta supón achegarse a coñecer o Versalles galego, o barroco pazo de Oca. Posteriormente, visita ao mosteiro benedictino de Carboeiro e no Carballiño, o Templo da Veracruz, símbolo da localidade, ou achegarse ata o Gran Balneario e dar un paseo seguindo o curso do río Arenteiro. Despois de comer chégase a Oseira, o primeiro mosteiro cisterciense de Galicia. 13. Ruta polos Camiños de Santiago: Este tren sae da Coruña, un dos puntos de partida da ruta marítima coñecida como o Camiño Inglés. Posteriormente chégase a Sobrado dos Monxes para visitar o mosteiro cisterciense de Santa María, situado no percorrido do Camiño do Norte; pódese facer un tramo a pé deste itinerario xacobeo pasando á beira da capela de Santo Alberte. Pola tarde, coñecerase a variante do Camiño Francés e o mosteiro benedictino de San Xulián de Samos. A última visita deste roteiro será a cidade de Lugo. Finalmente, o tren trasladarache de novo á cidade herculina para finalizar a viaxe.

A anterior edición pechouse cun 97,5% das prazas ocupadas Este ano pásase das 22 saídas en 2021 a 37 (59% máis); así como o número de prazas, que crece un 76%, deixándoas en 2.696


14

Barrios 7 de xullo 2022

4AXENDA Teatro - Xoves 14 de xullo 21 horas - “Desconcerto” - Parque dos Patos da Valenzá (Barbadás). - Do 15 ao 24 de xullo - 38ª edición da Mostra Internacional de Teatro Ribadavia - Ribadavia. Música - Mércores 13 de xullo - 10h - Programa da TVG “Quen canta aquí” - Praza Maior de Celanova. - Venres 15 de xullo - 21 horas - Festival de Folclore - Praza do Matadoir de Allariz. Exposicións - Do 9 ao 24 de xullo - “50 sombras de Grey” - Sala dos Arcos (planta baixa da Casa do Concello de Celanova). - Ata o 31 de xullo - A orixe das Deputacións provinciais no século XIX: 200 anos fomentando a prosperidade. Cinema - Luns 11 de xullo - O cheiro da papaia verde 22h - Patio Museo Etnolóxico de Ribadavia. - Martes 12 de xullo A terceira esposa - 22h Patio Museo Etnolóxico de Ribadavia. Deportes - Do 8 ao 10 de xullo 2º Maratón de fútbol sala feminino Concello de Cartelle - Cartelle. - Do 8 ao 10 de xullo 17ª concentración mototurística Os Esquíos - A Pobra de Trives. - Ata o 22 de xullo 38ª Taichí na rúa - 8.00h - Xardín do Posío e zona exterior do Pavillón dos Remedios. - Sábado 30 de xullo - 19h - 8º Duatlón Cross Vila de Celanova - Celanova. Outros - Do 8 ao 11 de xullo - Festas de San Bieito Allariz. - Domingo 17 de xullo - 22.30h - Claustro risas: Oswaldo Digón - Claustro Barroco de Celanova. - Durante todo o verán - Contacontos nas bibliotecas municipais - Ourense. - Sábado 30 de xullo - Manzaneda Comedy Manzaneda. www.periodicobarrios.com

OCIO E CULTURA

4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS

Cando os galegos escoiten os mil ríos As escumas traen folerpas dos soños, ausencias que se volven presenzas entre os brizos e as troitas! E eu devezo pola frescura do seu alento. Quixera ser fento para facerlle as cóxegas nos pés aos ameneiros, entre a presa do Muiño e o Pio, debaixo do prado dos do Calviño, ser unha andoriña das que mollan o cu no lavadoiro da Fonte da Picha, ou unha lavandeira no nabal da Eira. Ribas do Asneiro é unha fenda chea de agarimos que se crava en min, unha navallada que me fere e me alenta, é o pasado! O pasado é o que non pode pasar nunca, aniña nos miolos, nos nervos e na memoria adormece, esperta cando quere, coma os sapos nas porrais e as pintegas nas brañas. Somos pasado, somos recordos e penas, risos e amores, bicos e flores, somos o que vivimos, e sen pasado, non somos nada! E o Asneiro carrexa a auga sen descanso, xeneroso no esforzo, non se queixa, non lle doi o lombo, baixa do monte paseniño ou rebulideiro, esfamiado ou fachendoso, cargado de pasado, esvarando polas penas para entregarse sen reclamos, sen ter conta das loitas ou dos sofrimentos, e as vacas lámbeno no bebedoiro de entre os ríos coma lamben nos becerriños porque as vacas son agradecidas e tenras. As mulleres lavan e aturan a friaxe nas mans, e tampouco se queixan, nin saben inda que quixeran, son feitas de molime e de carqueixas, de esterco e de palla, de roca e de liño, de olas e de leite mazado. As mulleres teñen os colos coma as noites estreladas do verán, grandes e lenes, farturentos para os famentos e famentos para elas, trafegan de noite e de día e comen do que sobra para

que non lle falte aos outros, inda así, sempre lles queda unha codia para darlle o can. En Ribas do Asneiro, agora as xentes vanse indo nas correntes coma as follas dos bidueiros no outono, os novos xenos espalláronse polo mundo e moitos nin se acordan das nais, andan trunfando no mundo dos ricos, non se acordan das xeadas, nin do fume, nin dos colos... estanse quedando sen presente porque esqueceron o pasado, mais as escumas seguen escorregando sen tregoa chamando por eles. E hoxe celebramos o día de Galicia según uns, ou o da Patria Galega según outros, e as aldeas esmorecen, e os ríos envelénanse, e os que nunca tiveron unha vaca, nin pasado, ensinan e dirixen, queren "ensinarlle a seu pai a facer fillos", e prantan nas chousas eucalitos e cortan carballos polo pé, mentres falan de axudar ao rural... agora chámanlle así, para que o crime non semelle tan brutal. E estan os horreos baleiros, nin millo, nin fabas, nin nada, o derradeiro rato mudouse fai tempo, os ratos galegos saben moito da emigración, aprenderon a matar a fame de casa allea en casa allea, sen ter ren, sen casa de seu! Mais o Asneiro sabe de idas e de voltas, de anguías e de bancos de peixes, para axudar aos troiteiros e aos rapaces, sabe de bágoas polos que se foron e de ledicias cando volven pola festa do San Xoan, e chouta polos prados cando os fillos xúntanse na casa dos pais, xa vellos, e cantan as cantigas que aprenderon dos avós. Segue Galicia ergueita, porque a terra non esquece; sabe onde mamou de meniña; sabe do pasado, do sangue, das loitas e das fames; sabe inda máis, dos homes rexos que turrando levantaron este paraíso; sabe dos camiños, das estrelas no firmamento de leite e de luz; coñece as marcas dos regos abertos onde bailaban as lavandei-

ras e casaban os grilos. Hai esperanza inda, porque o cuco segue a cantar na cerdeira do Perucho, a merla fixo o niño nos sabugueiros da Costa da Fonte e aínda cheira a fume na "Casa do Tabao dos Muíños" e os meniños tocan a gaita e beben das tradicións cargados de pasado; sen torcerlle a cara ao fume rexurden nunha alborada nova e infinda para ti, Galicia, nosa nai! Non fagades moito caso, se cadra eu non entendo nada, son un ninguén, un poetiña cativo, nin siquera iso, un rapazolo que escoita aos paxaros e as ras; un "anacrónico sentimental" díxome un dos que saben moito, dos estudados. Ten razón, estamos pasados de moda, os que pensamos en coidar as leiras, os montes, as fontes, os ríos... os que gustamos dos arrecendos do fume! O Asneiro segue correndo por Ponte Albite, por Lamas camiño de Mouriscade, buscando o Deza, cativiño, sinxelo, sen parar, sen facer balbordo. Poida que un día os galegos escoitemos os mil ríos e defendamos a nosa terra, sen tregoa, sen queixa, sen pelexas entre nós, poida que a Terra xenerosa agarde, poida que volvamos a ser quen de enfrontar o noso destino, e berrar forte: Galicia, ti es todo en nós, e nós non somos nada sen ti! E deitaremonos papá na Praia de Branco, a carón da Pena da Lenda de Aldara, agardaremos coma ela unha enchente, e montados no noso cabalo, no Moro agarimoso, viaxaremos polas escumas cantando, e contarasme aquelo de que "Galicia non morrerá nunca mentres un galego queira" e remataremos as Andrómenas botándolle "a Rianxeira"! Avelino Jácome

O Campamento Explora acollerá a 40 rapaces 4 Desenvolverase en dúas quendas en agosto. Redacción O Campamento Explora Ourense - Campamento da Ourensanía, desenvolverase no Complexo do Corgo, en Muíños, dentro do Parque natural da Baixa Limia - Serra do Xurés en dúas quendas que terán lugar no mes de agosto. Corenta rapaces poderán desfrutar desta inicitiva na que se terán que apuntar ata o 13 de xullo. A matrícula individual é de 85 euros. Para solicitar a participación, as inscricións poderán realizarse a través da folla de solicitude que se habilitará ao efecto na web da Deputación (www. depourense.gal) ou no Centro Cultural Marcos Valcárcel no número 988 317 895. Dúas quendas O campamento ofre-

cerá dúas quendas: do 1 ó 6 de agosto para nenos de entre 9 e 11 anos -con 20 prazas- e do 7 ó 12 de agosto para nenos de 12 a 14 anos - con outras 20 prazas-. Coma novidade, nesta edición incorpóranse actividades en inglés, que permitirán avanzar no coñecemento deste idioma dun xeito lúdico. Ademais, manteranse actividades coma o kaiak, o sendeirismo, vivaque, xogos, e un longo etcétera.

A inscrición pode realizarse a través da web da Deputación (www. depourense.gal) ou no teléfono 988 317 895 do Centro Cultural Marcos Valcárcel

Presentación do campamento Explora.

Auditorio de Ourense Redacción Despois do verán o Auditorio ofrece unha ampla programación. Para o público infantil chega os días 3 e 4 de setembro “Alicia no país das marabillas”, o 6 de novembro o musical de “Coco” e o 13 de novembro, “Disney”. En canto á musica, en setembro, o día 15 actuación de Mayuma-

ná; o 17, Barón Rojo; e o 24, Raimundo Amador. En outubro actuará o día 21 Manu Tenorio, e o 16 de novembro, Los Secretos. O humor chega da man de Goyo Jiménez o 18 de setembro; os días 10, 12 e 13 de outubro, dos Les Luthiers; o 12 de novembro, do Sevilla; e o 4 decembro, de Joaquín Reyes. Comeza o ano o Ballet de Kiev o día de Aninovo, e o 28 de xaneiro aterrizará en Ourense o humorista Dani Martínez.


OCIO E CULTURA / CLASIFICADOS

Barrios 7 de xullo 2022

15

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Arcediagos,11, 1º - 32005 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara, Fernando Casanova, Borys Martínez Nº168 - Ano: XV - 7 de xullo de 2022 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 685 969 546.

4TRIBUNA ABERTA

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

Publicación da terceira edición do libro “A casa do Patrón: O gran ecomuseo do mundo rural galego” Xa está a disposición de visitantes e público en xeral a terceira edición mellorada, ampliada e actualizada do libro “A Casa do Patrón, o gran Ecomuseo do mundo rural galego”. Trátase dun volume de gran formato con encadernación rústica cosida, que versa sobre a historia, o contido, a contorna e as actividades desenvoltas por este Museo dende o comezo da súa andaina, fai case 27 anos ata o momento presente. Podemos dividir a obra en varias partes ou seccións: 1) Historia e composición da Casa do Patrón: que é o museo, por que se fixo, como naceu, como medrou, por que o consideramos un ecomuseo en toda regra... 2) Un percorrido polas exposicións da Casa do Patrón: enumeración e descricións das 14 salas de exposición actuais do Museo, espalladas nos tres edificios, a capela e a recreación da casa castrexa, que sumándolle as catro salas de exposicións temporais exteriores e as existencias en almacén, acadan un volume de 6.000 apeiros e 1.200 miniaturas etnográficas e 24.000 restos arqueolóxicos mobles do castro e as mámoas de Doade, que converten a Casa do Patrón na maior colección etnográfica de Galicia, tanto en tamaño, como en variedade expositiva. 3) A contorna do ecomuseo A Casa do Patrón: principais accesos, a aldea de Codeseda, o castro, as mámoas e os petróglifos de Doade, a contorna natural biosaudable de “Entre Ríos”, a formidable paisaxe natural e as rutas de sendeirismo (PR-G210Ruta do Castro de Doade e a Ruta da Prehistoria de

Doade). 4) Obradoiros, actividades, entre as que figuran a fía do liño, al aldea no Nadal, as xornadas de saúde e vida natural e a nosa Malla Tradicional, que acaba de ser declarada “Festa de Interese Turístico de Galicia”, detalle das publicacións realizadas polo Museo (16 libros, 5 vídeos e 1 documental de longa duración). 5) Ollando cara o futuro: ampliación e dinamización do Museo, tendencias do Museo nos vindeiros anos, a importancia da paisaxe que nos asolaga, na busca da excelencia, pechar o Círculo Máxico... Consideramos que se trata dun libro histórico, etnográfico e arqueolóxico, pero sobre todo, de carácter didáctico, no que podemos atopar, dende as 7 campañas arqueolóxicas promovidas polo Museo no castro de Doade, ata a axenda labrega da Comarca de Deza, pasando polas actividades da Casa do Patrón (a malla, o liño, saúde e vida natural, o Nadal), o estudo e descrición de numerosos oficios artesáns xa desaparecidos, múltiples obradoiros, demostracións e recreacións, música tradicional galega, a aldea de Codeseda, o castro de Doade e a súa contorna, así como unha visita guiada ás grandes e variadas

Portada do libro.

exposicións da nosa Entidade, todo un referente cultural e turístico da Galicia interior. Agradecemos a colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística; da Deputación de Pontevedra; e do Concello de Lalín. Tamén agradecemos o traballo e esforzo realizado, tanto polo autor, Manuel Blanco Villar, como pola editorial A Formiga Rabicha de Miguel A. Martínez Coello, o deseño e maquetación a cargo de Avelino Jácome Dobarro, de Orixe Publicidade e Comunicación, S.L. e finalmente, a impresión de Arlit Artes Gráficas, S.L. Entre todos conseguimos facer unha edición dunha enorme riqueza etnográfica, valor cultural e rigor histórico nos seus contidos, unidos á gran calidade na exposición, maquetación e presentación dos mesmos. Ao ser unha edición limitada, o libro só estará exposto nas dependencias do propio Museo Casa do Patrón, Entidade á que deberán dirixirse as persoas interesadas na súa adquisición. Manuel Blanco Villar

[Deixe o seu anuncio no 685 96 95 46 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

INMOBILIARIA Véndese piso en Beluso, Bueu (Pontevedra). 100 m2, 3 habitacións, salón, cociña, baño, despensa e 3 trasteiros amplios. Soleado todo o día, situado preto de servizos básicos e a menos de 2 km das mellores praias da zona. Prezo: 85.000 euros. Tfno.: 679 588 349 (envío fotos, escoito ofertas). Alugo local económico no centro. Ideal para oficina, almacén ou trasteiro. 17m2. Dispón de baños comunitarios. 120 euros/mes máis 7 euros de comunidad. C.E.: C. Teléfono 627 203 131 Véndese casa céntrica en Xinzo de Limia. Baixo máis unha planta (144m2,) tres prazas de garaxe e patio, cinco habitacións, dous baños, cociña amoblada e terraza. 133.000 euros. Tel. 699 648 514 / 988 21 40 70 Alugo baixo na zona do Couto totalmente acondicionado. Con luz, auga, 70 m2. Prezo 300 euros. Tel: 653 208 506 Alúganse apartamentos en Montalvo (de Semana Santa a outubro) con unha ou dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916 Alugo sala para actividades culturais, con posibilidade de cociña, baño e outros sertvizos. Tel.: 988 247 113. Busco casa en alquiler na periferia de Ourense. Opción a compra ou dunha permuta dun piso situado na Valenzá. Tlf.: 600 826 029. Vendo casa na estrada de Santiago, con finca. Para restaurar. Tel.:672 089 349. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunita-

ria Tel.: 650 64 15 19. Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62.

TRABALLO Particular en Ourense capital imparte Clases a domicilio individuais personalizadas de Matemáticas. Todas as Etapas. Tamén materias curriculares de ESO e Bacharelato. Amplia experiencia, económico. Forma de contacto: Enviar mensaje por WhatsApp: 610 38 25 89. Coidador sociosanitario con titulación ofrécese para acompañamentos, asistencia persoal, axuda a domicilio e coidado persoal. Tel.: 644482870 Ofrécese señora para traballar con xente maior ou nenos. De toda confianza, con informes. Disponibilidade de coche e fins de semana Tel.: 606 422 543. Ofrécese señora para limpeza por horas Tel.: 674 500 513. Señora, auxiliar de enfermería responsable e con experiencia, ofrécese para coidar persoas maiores, enfermos, nenos e tarefas do fogar. Tel.: 620 052 173 Ofrécese señora responsable -española- para coidade de nenos ou persoas maiores. Con informes. Tel.: 606 422 543 Ofrécese auxiliar de enfermaría, con titulación, para o coidado de maiores. Como interna ou por horas. En Ourense ou arredores. Telf.: 663 043 561 Danse clases de francés a domicilio. Todos os niveis. Titulación en España e Francia. Tlf.: 625 745 611 Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas.

Ampla experiencia. Tel: 637 282 405. Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358. Ófrecese señora seria e responsable para tarefas do fogar e coidado de nenos e maiores. Con informes. Preferencia zona Ponte. Tlf: 685 374 191.

VENDAS Véndense corte de carballos entre 1,20 e 1,5 m de circunferencia. Tel: 659 494 272. Vendo candelabros con reloxo a xogo, antigos para entrada. Tel: 610 97 98 97. Vendo colección de revistas “Muy interesante”, do nº1 ao 163, e “Natura”, do 1 ao 132 (as dúas encadernadas). Tlf: 636286434. Vendo accesorios para cans: arnes de tiro, correas, collares e fournitures. Tlf: 636286434. Vendo unha xanela de dúas follas en aluminio sapelly de 1,40 x 0,94 m con cristais. Tlf: 636286434. Vendo dúas cadeiras infantís de coche (Jane) de 15-36 kg con isofix, unha negra e outra vermella. Tlf: 636286434. Vendo rizador de pelo con accesorios para alisar e rizar. Tel.: 666 303 635 Vendo cama hospitalaria articulada en bo estado, con colchón anti-escaras. Tlf.: 606 133 522 Vendo prensa de viño mediana/grande, ideal para decoración en xardíns. Tlf.: 606 133 522 Véndese mampara nova. Tel: 672 089 349. Vendo escritorio. Como novo, bo prezo. Tel: 672 089 349. Vendo estufa de frío e calor. Tel: 672 089 349.


Barrios 7 de xullo 2022


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.