Barrios

Page 1

Marco, o primeiro neno nado en Ourense dunha refuxiada ucraína [Páx. 2]

TEMA

Páx.3 BARBADÁS

O Espazo Lusquiños reabre as súas portas para acoller actividades

Páx.4 ALLARIZ

O Campus “Os Patos”, para a conciliación familiar contará con 10 quendas

Páx.10 CELANOVA

A Festa do Boi regresa por todo o alto con preto dunhas 50 actividades

Páx.11 DEPORTES

Á venda as entradas do concerto que Miguel Ríos dará no Claustro do Mosteiro

Reordenación

Páx.13

A capital será protanista do 55º Rallye de Ourense cun tramo urbano

[Páx. 6]

12º Festival Internacional de Xardíns de Allariz

[Páx. 10]

Regresou a Romaría Raigame a Vilanova

[Páx. 2]

[Páx. 11]

Reordenación antes do fin de verán das liñas do transporte urbano. Ourense celebra o Día do Orgullo. Allariz abre as portas ao FIXA. Vilanova volveu festexar Raigame.

Número: 166 - Ano: XV - 5 de xuño de 2022 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


2

Barrios 5 de xuño 2022

TEMA DA SEMANA

Marco nace en Ourense mentres continúa a axuda humanitaria aos refuxiados Autobús ao seu paso por San Francisco. /M.REJO.

Nova reordenación das liñas do transporte urbano 4 Estará en probas a finais de verán. Redacción O Concello de Ourense adianta a finais do verán os cambios no transporte urbano da cidade. Meses antes da chegada dos novos buses e da implantación dun circular, o Concello reordenará, reestruturará e sincronizará a liña de bus. Estes cambios chegarán logo de consultar a expertos, que advirten que o número de liñas actual (30) é excesivo para unha cidade de 100.000 habitantes, polo que proporán que se reduza ata as 17; ademais, crearase unha liña troncal cada 10 minutos cun eixo Estación–Centro–Residencia. A reordenación fusionará as liñas optimizando servizos e frecuencias para prestarlle un mellor servizos aos seus usuarios. Optimizar o servizo O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome explica que o aproveitamento de troncos comúns nas liñas, eliminando redundancias, permitirá optimizar o servizo

de frecuencias no centro e periferia. “Por exemplo”, explica, “agora mesmo existen 10 autobuses Centro – Residencia cada 80 minutos, e coa nova configuración irán 10 cada hora (6 polo Posío e 4 por San Francisco), pero ademais irán cunha regularidade repartida, e non caótica como ata agora xa que se mesturaban de calquera modo todos os autobuses da periferia”. Ao sincronizar os buses, reordenando horarios globais, engade o rexedor, “conséguese regularidade, evitando que pasen tres buses xuntos cara a Residencia ou a Estación para despois pasar a 20 minutos sen ningún, como pode suceder agora nalgunha ocasión”.

Crearase unha liña troncal cada 10 minutos cun eixe Estación– Centro– Residencia

4 O pequeno, fillo dunha muller ucraína, naceu no CHUO. Redacción "A creación é un acto de pura vontade". "A vida abrirase camiño". Son dúas das frases máis impactantes da nova película sobre dinosaurios "Jurassic World. Dominion" que se estrea nestas datas. Na vida real tamén serven para describir moitas das historias que ten que contar cada recuncho do noso planeta. E unha desas historias está na nosa parte do mundo. Yryna Hryhorovska é unha muller ucraína de 36 anos que estando embarazada chegou hai dous meses a Ourense. Facíao logo de porse as cousas francamente mal en Lutsk (rexión ucraína que fai fronteira con Polonia), a cidade onde residía no seu país de orixe -Ucraína- e que unha guerra está a facer que moita xente teña que marchar deixando atrás as súas vidas. Alí, vivía co seu marido -este quedou- e dous fillos,

Marco xunto á sua nai e persoal do CHUO. pero cando estalou a guerra tivo que fuxir ata recalar en Galicia. Acá agardábaa a súa nai, que leva 12 anos traballando na cidade. Como a vida ábrese camiño sexa onde sexa, aínda que sexa a máis de 3.500 quilómetros de onde tiña que abrirse, Yryna deu a luz ao seu terceiro descendente, Marco, un bebé que naceu o pasdo venres, 3 de xuño, no Centro Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). O pequeno Marco e o seu terceiro fillo

Abella, Doporto e Ojea supervisando o convoi.

e os outros dous tamén están en Ourense escolarizados no IES 12 de Outubro. Yryna desexa que esta felicidade sexa completa cando se poida reunir co seu marido. Deste xeito, Marco é o primeiro fillo de refuxiada que nace na provincia. Pero non será o único, xa que Antonina Bogachuk é outra muller embarazada que chegou a Ourense logo de estoupar a guerra. Convoi Dous tráilers sairon este luns cara a cidade polaca de Ladek-Zdrój con axuda humanitaria aos refuxiados ucraínos. O Concello de Ourense, Deputación provincial e resto de concellos implicáronse nesta iniciativa tras o chamamento do alcalde desta cidade polaca a través da Asociación Europea de Cidades Termais – EHTTA -, da que Ouren-

se tamén é socia. A pasada semana, o tenente de alcalde do Concello de Ourense, Armando Ojea, a concelleira de Política Social, Eugenia Díaz Abella, e a deputada provincial Luz Doporto, asistiron ao parque de maquinaria da Deputación a supervisar os preparativos para a saída dos tráilers. A axuda que transportan estes vehículos procede de achegas de concellos de toda a provincia e sairon cara Ladek-Zdroj hai unhas horas. Como explicaba Eugenia Díaz, esta localidade "pertence á Asociación de Ciudades Históricas Termales de Europa" e "recibe cada día a refuxiados ucraínos". O Concello de Ourense fíxose cargo dos gastos de transporte dun dos camións, mentres que a Deputación asumiu os do outro. Os tráilers levan material infantil, roupa, e produtos de primeira necesidade recadados nestes meses grazas aos ourensáns de toda a provincia. A chegada dos vehículos está prevista para o xoves 9 de xuño.

A chegada dos dous tráilers a Ladek-Zdroj está prevista para este xoves 9 de xuño


TEMA DA SEMANA

Barrios 5 de xuño 2022

3

O Lusquiños énchese de actividades

4 Gaming, e-sports, baile, ioga, defensa persoal e un torneo de scalextric, son as primeiras. Redacción A Concellería de Xuventude ten prevista unha programación de actividades co obxectivo de dinamizar o Espazo Lusquiños, agora que volve abrir as súas portas para a xuventude. Entre as actividades inicialmente propostas, que se irán ampliando ao longo do ano, ofrécense todo tipo de temática. Comezouse co Lusquiños Gaming, unha xornada de portas abertas con simuladores, Gafas 3D e Consolas, que tivo lugar a semana pasada. As seguintes actividades que acollerá o Lusquiños serán os venres de E-Sport con videoxogos, talleres Tik-Tok, creación de vídeo con móbil, etc.; sábados de Baile adicado á cultura do corpo, con variados talleres de baile, Breakdance, Hip Hop, Danza Contemporánea, Moderno, etc. Ademais, destas clases de distintos estilos de baile alternaranse con outras de distintas disciplinas, tales como mobilidade e ioga, defensa persoal ou gravación de vídeos de baile. Tamén se celebrará entre o 18 e o 23 de xullo, un torneo de Scalextric Festas da Ponte. Colocaranse dous Scalextrics de grandes di-

O Espazo Lusquiños volve abrir para a mocidade de entre 12 e 35 anos. mensións, e que rematará nunha competición cos mellores tempos de dúas categorías, con premios para os gañadores. Todas as actividades serán gratuítas e adicadas a mozos e mozas de entre 12 e 35 anos. Formación No Espazo Lusquiños ofrécese tamén a posibilidade de dispór do Espazo, Sala de Formación, Salón

Abriuse o prazo para presentar proxectos que se incluirán na programación de actividades dirixidas á mocidade do Concello de Ourense, de xullo a decembro de 2022. As bases estarán publicadas na web do Concello e o prazo de presentación será ata o luns 27 de xuño

de actos e Biblioteca, previa solicitude, para todos aqueles grupos formais ou non, asociacións xuvenís, organizacións, entidades, etc. Así, desde este luns día 6 de xuño, abriuse o prazo para presentar proxectos que se incluirán na programación de actividades dirixidas á mocidade do Concello de Ourense, de xullo a decembro de 2022. Poderán participar e presentar proxectos de actividades, todas as persoas físicas ou xurídicas, legalmente recoñecidas, con plena capacidade de obrar, capacitación técnica e habilitación profesional, e que non estean incursas nalgunha causa de exclusión ou prohibición para contratar coas administracións públicas.

As actividades propostas iranse ampliando ao longo do ano./I.OSORIO.

Entre os proxectos que se poderán presentar, entre outros, haberá actividades de lecer; clube de leitura, cineforum, radio podcast con contidos de interés para a mocidade; plataforma de promoción da mocidade creativa e emprendedora a traves da web, youtube, redes sociais; teatro e expresión corporal; actividades para realizar en calquera día, de luns a domingo; ou calquera outra actividade novidosa, vinculada e dirixida á mocidade como poden ser actividades de verán, campamentos, festivais, concertos, torneos, ou mesmo concursos. As bases estarán publicadas na web do Concello e o prazo de presentación será ata o luns 27 de xuño.

Abrirase, pois, un período de solicitude durante o mes de agosto, para a utilización dos catro locais de ensaio Celebrarase entre o 18 e o 23 de xullo, o torneo de scalextric Festas da Ponte

4 Locais de ensaio Os catro locais de ensaio (parte fundamental deste espazo para a mocidade) que posúe o Espazo Lusquiños abrirán para todos aqueles que queiran darlle renda solta ás súas dotes musicais. A concelleira de Xuventude do Concello de Ourense, Flora Moure, sinalou que a posta en funcionamento de novo destas dependencias “responde a unha demanda dos grupos e solistas, que levan vividos dous anos especialmente difíciles por mor da emerxencia sanitaria nos que tiveron moitas dificultades, non só para actuar, senón tamén para xuntarse”. Abrirase, pois, un período de solicitude durante o mes de agosto, no que cada agrupación terá que indicar en que data desexa facer uso dos locais. Deste xeito, cada solicitante poderá reservar e utilizalo como mínimo, tres horas á semana. Ata ese mes ensaiarán os grupos que estaban antes da pandemia e outros que queiran vir probar previa solici-

tude. Con esta proposta ofréceselle á mocidade unha oportunidade para achegarse ao mundo da música e de entrar en contacto con outras persoas da súa idade coas mesmas inquedanzas. "Tamén estimulamos", continuaba Moure, "que poidan intercambiar coñecementos e experiencias nunha etapa fundamental para a súa formación como persoas e, ao mesmo tempo, adquirir hábitos saudables de ocio, estimular o seu interese pola Cultura e descubrir que a música tamén pode ser un sector profesional ao que poder adicarse no futuro". Co fin de que este espazo estivera nas mellores condicións posibles, o Concello actualizou, nos últimos meses, os equipamentos das salas, que dispoñen de batería, mesa de mezclas e altofalantes, entre outros. O uso destes espazos é completamente gratuíto. Ademais, os locais de ensaio están totalmente equipados, o que permite que só haxa que levar os instrumentos móbiles.


4

Barrios 5 de xuño 2022

Escola de música Redacción A Escola de Música Municipal de Barbadás abre o prazo -ata o 15 de xuñopara solicitar praza para o curos 2022-2023 Os interesados poderán ter máis información e inscribirse na web esmubarbadas.com; no mail esmu. municipal.barbadas@edu. xunta.gal ou no teléfono 668 802 141. As especialidades ofertadas son as de acordeón, bombardino, canto, clarinete, frauta, gaita, guitarra, percusión clásica,

Contadas no parque Redacción Despois do aprazamento por enfermidade

BARBADÁS

percusión tradicional e moderna, piano, saxofón, trombón, trompa, trompeta, tuba, violín e viola. Tamén haberá os cursos de música e movemento para rapaces desde os 4 aos 7 anos. Durante o curso realizaranse, ademais, obradoiros de música tradicional (de gaita, tambor e pandeireta).

do artista, finalmente celébrase o 8 de xuño, mércores, o evento “Peque Disco Moc Moc” no parque da Casa da Cultura ás 18.30 horas. Actividade para rapaces de 3 aos 12 anos.

Campus "Os Patos", para a conciliación 4 Contará con 10 quendas. Redacción A Concellería de Mocidade e Deportes de Barbadás organiza o Campus "Os Patos" do Programa Respiro Familiar 2022, para a conciliación durante o verán. O campus vai dirixida aos nenos e nenas -de 6 a 12 anos- do Concello de Barbadás. Os contidos son educativos e deportivos, promovendo o xogo e a actividade física. Prazas O campus terá un total de 10 quendas (entre o 27 de xuño e o 1 de setembro), cada quenda será

dunha semana de duración. O número de prazas por quenda é de 20, ofertando un total de 200 prazas. Poderánse solicitar ata catro quendas por orden de prioridade (antes de conceder a segunda, terceira e cuarta quenda, darase prioridade a quen non participase en ningunha destas). Os solicitantes deberán ter en conta que existen dous tipos de programación: azul e verde, e que se repite nas diferentes quendas. O prezo é de 20 euros, e o prazo de inscrición remata o 10 de xuño. Requisitos Terán prioridade os par-

ticipantes empadroados no concello. É preciso saber nadar ou ter a capacidade de flotación. Máis información na Casa da Mocidade (rúa Os Diestros, 2); no teléfono 988 000 234 (horario de atención de 8.30 a 14.30 h.); ou no mail xuventude@barbadas.es.

Hai un total de 20 prazas en cada unha das 10 quendas ofertadas

Cartel do campus “Os Patos” de Barbadás.

Coidando o planeta Redacción O Concello de Barbadás organiza unha serie de xornadas relacionados co medio ambiente, que terán lugar en diversas parroquias, para nenos de 6 a 12 anos. Despois das celebradas nos locais sociais de Sobrado do Bispo e de Barbadás, os días 1 e 3 de xuño, respectivamente, agora tocva o turno en tres lugares máis. Así, este martes, 7 de xuño, o obradoiro darase no local social das Lamas; o xoves 9, na Biblioteca Municipal da Valenzá; e o venres 10 de xuño, no local social de San Lorenzo de Piñor. Todos os obradoiros terán lugar a partir das 18 horas. Inscricións no correo electrónico: biblioteca@barbadas.es.


Barrios 5 de xuño 2022

ECONOMÍA

5

Preparados para a transformación dixital e a modernización do comercio galego 4 Galicia incrementa, nun 20%, ata os 6 millóns de euros, as axudas para tal fin. Redacción A Xunta de Galicia ten como obxectivo a transformación dixital e a modernización do sector comercial de proximidade e artesán galego. Por iso, vén de incrementar nun 20%, ata alcanzar os seis millóns de euros, as axudas para tal fin. Este incremento do 20% -con respecto ao ano pasadobeneficiará a pequenas e medianas empresas comerciais, de menos de 20 traballadores, e obradoiros artesáns. Así, a Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación prevé con este programa mobilizar un investimento público-privado por valor de nove millóns de euros. Conexión co cliente A través desta iniciativa, búscase apoiar ao sector comercial e artesán para que aproveite

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 23 de xuño. todas as oportunidades tecnolóxicas e do contexto actual para conectar co cliente, ofrecendo unha experiencia de compra única e personalizada, adaptada ao novo consu-

A liña de dixitalización conta con axudas para a implantación de páxinas web e a adquisición de equipamentos informáticos; ferramentas de márketing dixital; loxística para o comercio electrónico; sistemas dixitais de stock integrado no punto de venda e de control de acceso, entre outros aspectos

midor. Apóianse, deste xeito, actuacións como a implantación e o mantemento de páxinas web, márketing dixital, loxística ou xestión de redes sociais, ademais da adquisición de equipamentos. Liñas de actuación O programa, que conta cunha intensidade de axuda do 80% do investimento subvencionable, inclúe dúas liñas de actuación. A primeira delas céntrase na dixitalización, e inclúe diferentes tipos de apoio en función do posicionamento previo dos benefi-

Con estas axudas preténdese apoiar ao sector comercial e artesán.

ciarios neste eido, do número de empregados e se teñen ou non tenda física. Entre as actuacións subvencionables inclúense a implantación de páxinas web e a adquisición de equipamentos informáticos; ferramentas de márketing dixital; loxística para o comercio electrónico; sistemas dixitais de stock integrado no punto de venda e de control de acceso; así como xestores de redes sociais e o mantemento da páxina web, entre outros aspectos. O importe máximo das axudas que se poden obter neste apartado é de 17.600 euros. Por outra banda, a través da liña de modernización, pódense obter apoios de ata 5.600 euros para a adquisición de equipamentos propios da actividade comercial e artesanal. Presentación de solicitudes O prazo de presentación de solicitudes, para pemes comerciais de menos de 20 traballadores e a obradoiros artesáns está aberto, trala publicación da orde no Diario Oficial

de Galicia (DOG) o 23 de maio, ata o 23 de xuño. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https:// sede.xunta.gal. Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluí-

do o sistema de usuario e clave Chave365 (https:// sede.xunta.gal/chave365). Organización de feiras Ao mesmo tempo tamén poderán solicitarse outras axudas para un segundo programa, centrado no fomento da comercialización da Artesanía de Galicia. Dotado con 265.000 euros, esta convocatoria inclúe apoios de ata 8.000 euros para os obradoiros artesanais que participen en feiras nacionais ou internacionais. Pola súa banda, os concellos e as asociacións profesionais e empresariais artesanais que organicen feiras no ámbito de Galicia poderán obter axudas de ata 15.000 e 18.000 euros, respectivamente.

Tamén poderán solicitarse as axudas para un segundo programa, centrado no fomento da comercialización da Artesanía de Galicia. Dotado con 265.000 euros, esta convocatoria inclúe apoios de ata 8.000 euros para os obradoiros artesanais que participen en feiras nacionais ou internacionais


6

Barrios 5 de xuño 2022

CIDADE

Actividades de verán en centros educativos

EN BREVE 4 OUFF Escola A Concellaría de Educación do Concello de Ourense en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca o 13º Certame de Cinema Internacional Escolar OUFF Escola. O certame contempla dúas categorías: infantil e primaria; e outros niveis de ensino non universitario (agás as escolas oficiais de Imaxe e Son). As inscricións serán enviando o cuestionario que aparece na sección de OUFF Escola das páxinas web www.educacionourense. com e www.ouff.org antes do 8 de xullo.

4 Edificio Goretti O Concello de Ourense deberá pagar máis de 300.000 euros en custas polo procedemento xudicial derivado da fallida compra do edificio Goretti, no centro histórico da cidade. O concello adquirira en 2010 o edificio por un importe de 402.000 euros tras acadar un acordo con varios dos seus propietarios, que representaban o 97,5% do edificio. Porén, o Concello non obteu a totalidade do inmoble xa que non se conseguiu chegar a un acordo con outro dos propietarios.

4 OEP extraordinaria A Xunta de goberno extraordinaria aprobou a Oferta de Emprego Pública extraordinaria para a estabilización de emprego temporal do Concello de Ourense correspondente ao exercicio 2022. Desta maneira, o Concello dá cumprimento ao mandato estatal de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

4 Exposición A Sociedade Filatélica Miño inaugura unha nova exposición no local que a Deputación ten no edificio de Correos da cidade. Nesta ocasión a mostra está adicada ao turismo, puidendo percorrer a xeografía peninsular, incluída a nosa provincia.

4 Ademais de na Aula da Natureza. Redacción

Presentación no CIMM das actividades durante o mes de xuño para conmemorar o Día Internacional do Orgullo LGTBI+

Ourense celebra o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ 4 Cunha completa programación de actividades durante todo o mes de xuño. Redacción O Concello de Ourense, a través da Concellería de Igualdade, conmemora o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ cunha completa programación de actividades durante todo o mes de xuño. A concelleira de Igualdade, Eugenia Díaz Abella, presentou Centro de Información Municipal ás Mulleres (CIMM) as actividades “coas que queremos implicar a toda a sociedade ourensá na importancia da igualdade e o respecto cara a diversidade”. Cinema, teatro, obradoiros e unha novidosa e innovadora actividade formativa para persoal municipal que traballa cara ao público, coa fin de reforzar a atención á diversidade, centran o programa de actividades que culminarán o 28 de xuño coa iluminación da ponte Romana e lectura de manifesto. Programa O día 13, luns, o cinema comezará ás 20:30 coa proxección de “Supernova”, de Harry Macqueen (Reino Unido, 2020), no Cineclube Pa-

dre Feijóo (rúa Concello, 11). Os días 16 e 17 de xuño (xoves e venres), en horario de 10 a 14 horas, o CIMM acollerá a formación para persoal do Concello de Ourense, que impartirá a sexóloga Almudena Herranz Roldán, coa fin de reforzar a atención cidadá á diversidade. O cinema voltará o 20 de xuño, luns, da man de “Welcome to Chechnya”, (Francia, 2020), que gañou varios premios en festivais como Sundance, Hot Docs e a Berlinale. Será ás 20:30 horas no Cineclube Padre Feijóo. O día 22 de xuño, mércores, o CIMM de Ourense acolle, de 16:30 a 19:30 horas, un obradoiro aberto á cidadanía titulado “Pensar a diversidade”, baseado en explicacións da diversidade e as actitudes cara ela, co fin de fortalecer a convivencia. Os interesados en participar poden inscri-

birse no CIMM (rúa do Ensino, 24), no teléfono 988393191 ou no correo electrónico concelleriamuller@ourense.es. O teatro chegará o 28 de xuño, martes, a partires das 21 horas, no Teatro Principal, coa posta en escea de “Microspectivas dun Marica Millennial”, unha reivindicación do respecto polo amor e pola vida, un cuestionamento das certezas impostas que predestinan a construción da identidade. Trátase dunha coprodución do Centro Dramático Galego que conta con dous Premios María Casares (Mellor Actor Protagonista e Mellor Texto Orixinal). A programación prevista pola Concellería de Igualdade culmina este mesmo 28 de xuño, coa iluminación da ponte Romana coas cores da bandeira do colectivo LGTBIQ+.

Cinema, teatro, obradoiros e unha novidosa e innovadora actividade formativa para persoal municipal que traballa cara ao público, coa fin de reforzar a atención á diversidade, centran o programa de actividades

A Concellería de Educación do Concello de Ourense organiza actividades de verán para escolares en 10 centros educativos e na Aula de Natureza do río Miño. Están dirixidas a nenas e nenos que nacesen entre 2010 e 2018, e as familias interesadas poderán realizar a preinscricións até o mércores, 8 en liña, a través da páxina web www. educacionourense.es. As actividades lúdico-educativas están orientadas cara a consecución de hábitos de vida saudables, o fomento de actitudes solidarias e de convivencia e o respecto polo medio ambiente. Tamén haberá reforzo educativo nas áreas de matemáticas e linguas. O horario será de luns a venres de 8 a 14:30 horas durante os meses de xullo e agosto, nos CEIP O Couto-Rampa de Sás, O Couto-Greco, Manuel Luis Acuña, Vistahermosa, Irmáns Villar, Amadeo Rodríguez Barroso, As Mercedes, Covadonga – Eiroás, Mestre Vide e Prácticas - Anexa, amais

da aula municipal de Natureza, en Oira. Quendas A asistencia será por quincenas, coa posibilidade de seleccionar un máximo de catro quendas, por orde de preferencia. As taxas son 10 euros, e 5 por cada irmán ou irmá. Ao realizar a preinscrición, a persoa solicitante recibirá un correo electrónico cun código, que deberá conservar para comprobar as listas de admisións. O 13 de xuño publicarase a listaxe provisional na web e no taboleiro da Concellería de Educación, na rúa da Canle, 6. Do 14 ao 20 de xuño abrirase o prazo de matrícula, que deberá realizarse de xeito presencial na Concellería de Educación. A listaxe definitiva publicarase o 23 de xuño. Para quen non obteñan praza elaborarase unha listaxe de agarda.

A preinscrición, que remata este mércores, faise a través da web www.educacionourense.es

Pódense seleccionar un máximo de catro quendas.

Covid en Ourense Redacción Segundo os últimos datos sobre a Covid19 falicitados polo Servizo Galego de Saúde (Sergas), a área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras contabiliza un total de 1.137 pacientes con infección

activa, dos cales 51 están hospitalizados en planta e 2 ingresados en coidados intensivos. Todos os hospitalizados están no CHUO, agás 3 hospitalizacións en planta no hospital público de Valdeorras e un na Clínica Santa Teresa. Desde o inicio da pandemia, a provincia sumou 75.720 persoas contaxiadas, non puidendo superar a enfermindade 601.


CIDADE

Cursos terceira idade Redacción O Concello de Ouense aproba a convocatoria para seleccionar a programación de actividades para a terceira idade dos centros cívicos A xunta de goberno local aprobou na súa sesión ordinaria, celebrada a pasada semana, no salón de plenos, as bases da convocatoria para a selección

Xefa interna do CHUO Redacción María Bustillo Casado asume a xefatura do Servizo de Medicina Interna do Hospital Universitario de Ourense, ao que está vencellada desde o seu período de formación especializada, incorporándose como adxunta, na súa Sección de Enfermidades Infecciosas, desde o ano 2000. Licenciada en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Navarra, fixo os cursos de doutoramento na Universidade Santiago de Compostela, durante o seu período de residencia MIR, entre 1995 e 1999, especializándose posteriormente no eido das enfermidades infecciosas. Posúe o Master en Control de Infeccións, pola Universidade de Barcelona, e o titulo de experto universitario en VIH, pola Universidade de Alcalá

dos proxectos para o programa de actividades para persoas da terceira idade que desenvolverá nos centros cívicos municipais. Gasto e bases Apróbase tamén o gasto para os mesmos, que nesta ocasión o importe será de 65.000 euros. As bases publicaranse no taboleiro de edictos e na páxina web oficial do Concello (www.ourense. gal).

de Henares; ademais de diferentes cursos no control de infeccións e manexo de antimicrobianos. Bustillo Casado asume esta nova responsabilidade, dando relevo a Amalia Cadavid, que cesou, a petición propia o pasado 31 de maio, e á que a dirección da Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras desexa agradecer publicamente o seu esforzo, nestes meses de intensísimo traballo. Académica de Número Ademais, a Enfermera Dra. Dña. Miriam Vázquez Campo foi investida como Académica de Número da Academia de Enfermería. Vázquez é Licenciada en Psicología pola UNED e Doutora pola Universidad de Santiago de Compostela. Profesora responsable da Asignatura de Fisiología Humana na Escola Universitaria de Enfermería de Ourense (Universidade de Vigo).

María Bustillo, nova xefa de medicina interna do CHUO.

O Concello remodelará 19 parques infantís 4 Contará cun orzamento de algo máis de 800.000 euros. Redacción O Concello de Ourense, a través da Concellería de Medio Ambiente, levará a cabo a remodelación de 19 parques infantís nos diferentes barrios da cidade, cun orzamento total de 820.296 euros, segundo o informe de valoración da mesa de contratación de data 31 de maio. A adxudicación permitirá a instalación de máis de 100 novos xogos infantís "para a delicia dos máis pequenos da familia", afirma o concelleiro Jorge Pumar, quen destaca a instalación de novos xogos inclusivos e a mellora da accesibilidade de todos os recintos. Outra mellora a destacar atópase na seguridade dos recintos remodelados. As actuacións distribuiranse ao longo da cidade, e as localizacións foron elixidas en función do criterio de atender de forma equilibrada a demanda de todos os barrios da cidade. Con esta nova actuación, Ourense contará con 33 parques infantís completamente remodelados, no que se leva de mandato, e o investimento realizado será de preto de 1,5 millóns de euros na mellora dos ditos parques. Tamén hai que sumar a intervención das cinco novas multicanchas deportivas localizadas nos barrios da Ponte, Mariñamansa, Barrocáns, A Milagrosa e o Couto. Liñas de traballo Desde Medio Ambiente informan que a licitación elaborouse seguindo varias liñas principais de traballo como son a mellora da seguridade dos parques para os nenos; a innovación en novos xogos para un maior desfrute dos nenos e ne-

nas no ocio ao aire libre; a incorporación de xogos accesibles para a creación de novas zonas de integración para dar resposta ás necesidades dos nenos con diversidade funcional; e a mellora da sostenibilidade no entorno dos parques infantís para un maior desfrute do conxunto das familias dos parques. Obras O concelleiro de Medio Ambiente recalca que as obras serán inminentes, tan pronto rematen os trámites administrativos. “A aposta destas actuacións é que cada familia de Ourense viva preto de un parque infantil renovado a menos de 15 minutos da súa casa e así os nenos de Ourense poidan desfrutar, sempre que queiran, de ocio o aire libre”, destaca Jorge Pumar. Nesta ocasión os parques que terán esa remodelación son os das rúas Bella Otero, Silvio Fernández, San Froilán, Laza, Francisco Añón Paz, Gregorio Fernández, Río Mao, Asunción e Cruceiro Quebrado; e os ubicados nos parques do Peco, Zapatillas, Camelias, Santo Cristo, Fátima, San Ro-

sendo, Valle Inclán, Os Rosales, Plaza Marina e Xoán de Nóvoa. Alameda da Ponte Ademais, nestas datas, iniciáronse os traballos de limpeza integral e mellora no parque da Alameda da Ponte, dentro do plan integral de intervencións nos parques da cidade. Os traballos, definidos no plan integral, abarcan actuacións nos parques Miño e Alameda da Ponte, onde xa se está a traballar; aos que se sumarán nas próximas semanas actuacións nos parques Barbaña, Alameda do Cruceiro, Xardín do Posio, Parque de San Lázaro, e parque da A6, en Barrocás.

“A aposta destas actuacións é que cada familia de Ourense viva preto dun parque infantil renovado a menos de 15 minutos da súa casa”, destaca Pumar

Barrios 5 de xuño 2022

7

EN BREVE 4 Luces de Nadal O Concello aproba o expediente para contratar as luces de Nadal, cun orzamento a 599.000 euros para contar “con máis elementos, máis espectaculares e chegar a máis espazos”. Con esta medida e coa chega do AVE, desde o Goberno local prentende converter á cidade “nun potente destino turístico durante esas datas”. As luces acenderanse o día 2 de decembro.

4 Modificación de crédito O goberno municipal presentará a Pleno, en sesión extraordinaria e urxente, este martes a modificación de crédito para mobilizar 45 millóns de euros. O proxecto elaborado polo goberno municipal ten como finalidade mobilizar recursos procedentes do remanente de tesourería, para executar principalmente investimentos na cidade e reforzar partidas de diferentes áreas municipais.

4 Recurso O Concello de Ourense recorrerá a sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Ourense que estima o recurso interposto por 4 concelleiros do grupo municipal do PSdeG-PSOE contra a aprobación definitiva da modificación orzamentaria 2P/2021, por un importe de 62,6 millóns de euros aprobada no pasado mes de xullo.

4 Sentenza Chavasqueira

O concelleiro Pumar nun dos parques da cidade.

O xulgado dálle a razón ao Concello e confirma a titularidade pública das Termas da Chavasqueira. Na sentenza a xuíza desestima o recurso interposto por tres particulares -hai 20 anosque reclamaban para si a propiedade de parte dos terreos onde se atopa o espazo termal ourensán. “É una gran noticia porque hoxe as termas son máis nosas”, dicía o alcalde, Gonzalo Jácome.


8

Barrios 5 de xuño 2022

CIDADE

Doce obradoiros de emprendemento e innovación

Conciliación familiar Redacción O Concello de Ourense ten aberto o prazo para solicitar actividades de verán para conciliación familiar nos Centros Cívicos. Estas actividades, organizadas pola Concellería de Servizos Sociais, están dirixidas a nenos e nenas nados entre o 1 de xaneiro de 2010 e o 31 de decembro de 2018. Para inscribirse, hai que cubrir a solicitude que está activa na web https://www. ssociaiscursos.com/. O prazo rematará o día 8 de xuño de 2021 ás 24 horas. Se algunha persoa precisa axuda coa inscrición pode dirixirse telefonicamente ao 988 393 107 ou acudir persoalmente nos Centros Cívicos. As actividades realizaranse nos centros cívicos de Colón, A Cuña, A Ponte, As Termas e Seixalbo durante os meses de xullo, agosto e setembro. Serán de luns a venres e os horarios van de 9: a 14 horas e de 16 a 20 horas. Dividiranse en quincenas (do 1 ao 14 de xullo; do 15 ao 29 de xullo; do 1 ao 16 de agosto; do 17 ao 31 de agosto; e do 1 ao 7 de setembro). Os nenos deberán estar empadroados no Concello de Ourense . A admisión nas quincenas será por orde de entrada e orde de preferencia.

4 Dirixidos a todas as idades. O delegado da Xunta (esquerda), Gabriel Alén, e o director do CRD de Ourense (segundo pola dereita), Francisco Javier García, no centro residencial.

O CRD de Ourense contará cun ascensor 4 Entrará en servizo en catro meses. Redacción A Xunta instalará un ascensor no Centro Residencial Docente de Ourense (avenida da Universidade, 18) O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, desprazouse ao CRD de Ourense, para anunciar a licitación das obras de instalación dun ascensor nas que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade investirá en concreto 116.461,47 euros e que conta cun prazo de execución de catro meses. O delegado territorial incidiu na necesidade desta actuación para dar cumprimento á normativa de accesibilidade. Alén explicou que a actuación consistirá na instalación

dun ascensor no edificio do Ribeiro para que o IES Universidade Laboral conte con acceso desde o exterior e se comuniquen todas as plantas, completándose así o plan de accesibilidade dos 12.000 m2 d recinto, tanto de xeito vertical coma horizontal. Tamén explicou que este contrato tramitarase pola súa contía, polo procedemento aberto simplificado, para procurar a realización das obras para que estean executadas canto antes. Actuacións A través do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica o Goberno galego prevé realizar medio millar de actuacións ata 2023, o que supón melloras en catro de cada dez centros escolares nos vindeiros tres anos.

Trátase dunha iniciativa pioneira que busca reforzar un novo modelo de colexios e institutos na etapa poscovid, onde a arquitectura teña unha orientación educativa vinculada ás novas metodoloxías de aprendizaxe. Un dos seus eixes estruturais pasa por configurar nos centros espazos máis amplos e saudables, accesibles e inclusivos e dotados de mobiliario móbil e adaptado ás medidas de cada ciclo, abatible, amoreable e de fácil almacenamento.

A Xunta inviste máis de 100.000 euros na construción do elevador

Redacción Concello de Ourense organiza 12 obradoiros de emprendemento e innovación dirixidos a persoas de todas as idades. Serán desde o 20 de xuño, ata o 7 de xullo a través de Formación b-learning. O prazo de inscrición está aberto no enlace: https://academiamakers. pildorasdigitales.es/ O Proxecto Emprende Makers: De Makers a Emprendedores, foi aprobado no marco do Programa Operativo Interreg V-A España Portugal (POCTEP), área de cooperación 1- Galicia-Norte de Portugal, e está cofinanciado nun 75% por o Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER). O Concello de Ourense é o beneficiario principal deste proxecto que ten como obxectivo a creación e desenvolvemento dunha rede de emprendemento baseada nos centros de fabricación dixital da eurorrexión Galicia – Norte de Portugal.

No marco da actividade 3 do proxecto, “Academia Maker: Formación en emprendemento a través de tecnoloxías maker”, o Concello de Ourense organiza 12 obradoiros de Emprendemento e Innovación, 11 on-line e 1 presencial, que inclúen formación en competencias emprendedoras e xestión empresarial. Esta formación está dirixida a calquera persoa de Galicia e do Norte de Portugal, que teña unha idea de emprendemento en calquera das súas fases.

A inscrición está anerta en https://academiamakers.pildorasdigitales.es/


PUBLICIDADE

Diversión na festa de fin de curso 4 O CRD Ourense celebrou unha festa temática. Redacción O Centro Residencial Docente de Ourense (residencia non universitaria de Ourense para alumnado de bacharelato, Ciclos Formativos de Formación Profesional e ensinanzas artísticas) celebrou o pasado xoves, 26 de maio, a súa festa de fin de curso 2021-22. Foi unha festa temática de carácter tropical, os asistentes tiveron que vestirse para a ocasión, como non podería ser doutro xeito, con estilo hawaiano, nun claro guiño á estación na que estamos a piques de entrar: o verán. Por iso, durante a festa víronse as típicas vestimentas como bermudas, chanclas, roupa ibicenca, chapeus de palla, pareos, etc.

Desde o CRD esforzáronse en decorar o lugar da festa -a sala de TV Ribeiro e nos exteriores do centro- e así, lograr un ambiente festivo, divertido e distendido. Durante a festa houbo unha sesión de DJ, fotos de recordo para todos os que quixeron participar no Photocall, actuacións en directo e ao final do evento, unha sorpresa preparada polo equipo técnico. En definitiva, foron cinco horas de música e diversión, con ágape para os asistentes incluído, nas que se palpaba o ansiado final de curso para todos. Agora toca un merecido descanso para regresar o vindeiro curso coas pilas recargadas ao Centro Residencial Docente de Ourense (CRD Ourense).

Asistentes á festa de fin de curso do CRD Ourense con temática tropical.

Barrios 5 de xuño 2022

9


10

Barrios 5 de xuño 2022

Escola Sexolóxica de Verán Redacción A III Escola Sexolóxica de Verán de Allariz terá lugar dende o 26 ao 28 de agosto, sendo o tema desta edición “O coidado dos sexos: diálogos entre a saúde e a sexoloxía”. Durante estes tres días organizaranse diferentes eventos, charlas e actividades que pretenden mellorar o coidado dos sexos. Ademais das charlas teóricas con contidos sexolóxicos haberá obradoiros, relatorios e mesas redondas sobre temas como a endometriose, os sexos e o cancro de mama ou a sexoloxía en relación a outras intervencións profesionais como pode ser a psicoloxía, a xinecoloxía ou a dunha matrona. A inscrición é limitada e o prezo será de 40 euros se a matrícula se fai antes do 30 de xuño. A partir do 1 de xullo e ata o 31 o prezo da matrícula será de 50 euros. A adxudicación de praza realizarase por orde de inscrición. O alistamento a esta actividade pode facerse a través do teléfono 988 55 40 59, ou ben, a través do correo electrónico fogardosmaiores@allariz.gal.

Allariz limpo Redacción O Concello de Allariz presenta a nova campaña de limpeza, baseada na ordenanza de limpeza viaria, e como continuación da anterior que tiña por lema “Un Allariz máis limpo é cousa de todas”. Esta nova campaña pretende potenciar que manter limpo Allariz non é tan complicado se todas colaboramos, de aí o lema “Dalle un gústame a un Allariz limpo”. Esta campaña quere incidir en 4 actitudes que se repiten nos últimos tempos e que preocupan aos responsables municipais coma son, os excrementos de mascotas, as cabichas, recollida de máscaras e pintadas.

ALLARIZ

O FIXA como terapia 4 Abriu as súas portas a 12ª edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz. Redacción O Festival Internacional de Xardíns de Allariz abriu as portas da súa duodécima edición baixo o tema central de “Xardíns Terapéuticos, deseños que curan”. Así, o tema central desta edición é a terapia en espacios abertos e o beneficio que iso aporta á saúde. Centos de veciños e veciñas acompañaron aos paisaxistas protagonistas desta edición e aos organizadores na inauguración. No acto de inauguración participaron gran parte dos paisaxistas que foron elexidos para esta edición. Así mesmo durante o acto procedeuse a entregarlle o premio ao xardín gañador de 2021, O camiño cara a emigración de Rosalía. Xardíns Dez formas diferentes de ver as diferentes terapias ou efectos que a natureza pode aportarnos na saúde. Un ano mías a colaboración entre o CEIP Padre Feijóo e o IES de Allariz plasmouse na parcela educativa nas que os rapaces e rapazas quixeron representar o divertido que é xogar ao aire libre cun xardín que leva por nome “O xogo cura. Máis parque e menos pantallas. Quen se achegue ao Festival poderá contemplar xardíns realizados por paisaxistas galegos como Legado ou A ár-

Todo listo para a Festa do Boi 4 Arranca o 11 de xuño. Redacción

Un dos xardíns da edición deste ano. bore da vida, así como xardíns de Madrid, Austria, Montenegro, Italia, Colombia ou USA. Ata o 30 de outubro estará aberto o recinto que alberga os dez xardíns que concursan polo voto do público. Amósanse, ademais, o xardín gañador na pasada edición e o xardín deseñado polos alumnos e alumnas dos centros educativos de Allariz. Consolidación O Festival Internacional de Xardíns de Allariz (FIXA) converteuse nunha cita consolidada no programa paisaxístico e referente pola súa particularidade: é o único das súas características que se celebra en todo o Estado. Cada ano, Allariz convoca este concurso ao que se presentan decenas de propostas chegadas de todo o mundo. Entre eles escóllense 10 que se exhiben e compiten polos votos que outorgan os máis de 40.000 visitantes que pasan cada ano polo festival. Segundo explicaba Ma-

ría López, concelleira de Promoción Económica, Comercio e Turismo, "a edición deste ano fainos reflexionar sobre un tema de plena actualidade, a importancia que xogan os espazos verdes e xardíns na saúde física e mental das persoas", ademais "de gozar das creacións de paisaxistas de todo o mundo". Así mesmo Cristina Cid, Alcaldesa de Allariz, recordaba que aqueles pobos que inverten en calidade de vida, en benestar social, en espazos que contribúen a atoparse cun mesmo e relacionarse co entorno natural e humano, "son pobos que apostan fortemente polo futuro e que coidan de si mesmos".

Ata o 30 de outubro estará aberto o recinto que alberga os dez xardíns que concursan polo voto do público

A Festa do Boi regresa dous anos despois. Durante nove días, os que van do 11 ao 19 de xuño, Allariz volverá a acoller a Festa do Boi, nun evento que contará con preto de 50 actividades. Unha programación, na que se afanou a Asociación Cultural Xan de Arzúa xunto co Concello de Allariz, e que contará con música, teatro, actividades infantís, encontros populares e, por suposto, as saídas do boi que, centrarán, un ano máis, a programación festiva. A Asociación Cultural Xan de Arzúa, xunto co Concello de Allariz, apostan por potenciar o carácter cultural e histórico da festa con actividades como o trato do boi, a procesión medieval na que participan máis de vinte gremios ou o encontro no Castelo. Arredor de 500 persoas ataviadas cos seus respectivos traxes representan, de xeito divertido, a orixe da Festa do Boi un ano máis. Unha actividade que non podería falta é a Cea Popular do xoves no Campo da Barreira. Nela participan os veciños de Allariz e as persoas que colaboran coa súa achega, e que fan posible que ano tras ano se celebre en Allariz esta festa tan demandada. Boi Este ano realizaranse

12 saídas do boi durante os nove días da edición de 2022. O comezo das saídas será anunciado con seis bombas de palenque e unha soa avisará da súa fin. Dende a Asociación Cultural Xan de Arzúa recordan a importancia de seguir os consellos escritos no programa, así como nas entradas das rúas ao casco histórico, por onde se desenvolven as saídas. A música, como é habitual, terá unha importante presenza na Festa contando con grupos de gaiteiros, charangas e orquestra, e os tradicionais Zés Perreiras, entre outros. Para os cativos Os máis pequenos da casa terán de novo o seu espazo cunha programación de actividades pensada para que eles e elas, na que serán os protagonistas. O martes e mércores (14 e 15 de xuño) a gran maioría de actividades programadas como o Pistaboi, as Saídas Infantís do Boi, os Boicreques ou o concerto de Ce Fantasma farán as delicias das novas xeracións. Ademais a Asociación en colaboración ca concellería de Cultura do Concello de Allariz realizará obradoiros no CEIP Padre Feijóo de Allariz os días previos ao comezo da Festa.

Haberá 12 saídas do boi e serán anunciadas con seis bombas de palenque

Un roteiro teatralizado para os alumnos do CEIP Padre Feijoo deron comezo ás actividades da Festa do Boi.


CELANOVA

4 Miguel Ríos Xa están á venda as entradas do concerto que ofrecerá Miguel Ríos en Celanova -Claustro do Mosteiro de San Salvador- o día 18 de agosto (21 horas). O prezo das entradas, á venda en ataquilla.com, será de 23 euros máis gastos de xestión da empresa distribuidora, e o aforo do mesmo terá un máximo de 700 persoas sentadas.

4 Investigadores documentan a riqueza da zona. O Grupo Micolóxico Galego “Luis Freire”, GMG, integrado por divulgadores e investigadores en materia de cogomelos de toda Galicia, visitou de Celanova para estudar diversos hábitats e coñecer o proxecto micolóxico celanovés. Un lugar de referencia neste capítulo por acoller actividades micolóxicas formais dende o ano 1983 e contar con diversas iniciativas privadas relacionadas cos cogomelos, como unha explotación de cultivo, hoxe pechada, e a sala micolóxica e museo de cogomelos “Plan c”, entre outras. Os 27 participantes iniciaron ruta en Carfaxiño e percorreron parte do Camiño natural do interior de San Rosendo. Realizaron varios quilómetros “por distintos hábitats moi ricos en cogomelos no outono pero menos nestas datas de calor, aínda que se recolleron e documentaron algunhas especies de grande interese como Boletus, Lactarius, Russulas e unha pouco frecuente Amanita beillei, escasamente citada", explica o celanovés e membro do GMG, Alejandro Mínguez. “Cogomelos hainos todo o ano, aínda que en maior cantidade e de maior calidade gastronómica no outono e na primavera se hai humidade". Na actualidade a escaseza de cogomelos tamén se debe as poucas chuvias dos últimos meses. Este tipo de saídas realízanse ao longo de todo o ano por parte deste grupo de científicos e divulgadores para estudar e compartir cuestións relacionadas

coa micoloxía e poñer en valor a riqueza natural de Galicia. Defenden o respecto e conservación do medio natural e a necesidade imprescindible de formación e precaución no intre de achegarse á micoloxía. Entre os participantes estaba Marisa Castro, presidenta de honra do GMG, quen foi nomeada este ano bióloga do ano polo Colexio Oficial de Biólogos de Galicia. Tamén participaron no encontro de Celanova, micológos procedentes do norte de Portugal. Plan C O remate da ruta foi na Área recreativa de Pontegrande, na beira do río Arnoia, onde tivo lugar o tradicional xantar de campo. Pola tarde, visitaron a Sala Micolóxica de Celanova, “Plan C”, con degustación de sobremesa micolóxica como roscón de Boletus edulis ou licores de Lepista nuda. O promotor deste espazo, único de carácter privado que recibe visitas ao longo de todo o ano, Alejandro Mínguez, ensinou os distintos ambientes da sala museo. Con motivo da visita, confeccionouse un logotipo exclusivo con referencia alternativa a cores ao Cratherellus tubaeformis, obra de Ricardo e Alicia Mínguez, para facer un pin recordatorio que se unirá aos xa existentes na parte museística do proxecto celanovés. Finalmente fixeron unha visita a Celanova e o seu mosteiro e asistiron a un concerto de órgano no Coro Alto do cenobio.

Participantes na xornada micolóxica.

11

EN BREVE

Xornada micolóxica en Celanova

Redacción

Barrios 5 de xuño 2022

A música estivo presente na romaría Raigame 2022. /A. MÍNGUEZ.

Vilanova dos Infantes recupera Raigame 4 O público non faltou á cita coa romaría. Redacción Notabanse as ganas de recuperar a romaría etongráfica Raigame que cada ano, sen contar os dous últimos, celébrase en Vilanova dos Infantes o Día das Letras Galegas (17 de maio). Despois deses dous anos, marcados pola pandemia, o público non faltou á cita -que era a 19ª edición- e encheu as rúas da vila ao longo do día, participando nos múltiples eventos organizados e visitando os numerosos stands de artesanía e gastronomía alí presentes. Tampouco faltou, como non podería ser doutro xeito, a música e o teatro que ameni-

zaron a festa ao longo do día. A meirande parte dos que ata alí se desprazaron optaron por vestir traxes de época (como así pediron desde a organización) para darlle máis vistosidade á celebración. Como novidade este ano, incorporouse o lavadoiro, acondicionado polo Concello recentemente, servindo como escenario dalgunha das representacións do día. Outra das novidades foi que a biblioteca municipal de Celanova realizou unha liberación de libros en galego en diferentes lugares do burgo medieval. Homenaxe Concedeuse,

ademais,

Un órgano sen descanso 4 Récord de actividades nunha soa semana. Redacción A demanda turística do órgano de Celanova foi especialmente activa, xa que durante una soa semana logrou soar ata en nove ocasións noutros tantos concertos destinados a escolares, visitantes e turistas. Primeiro foron catro concertos

didácticos de órgano, despois, tres actividades breves para centros escolares que solicitaron escoitar o órgano, e finalmente, tiveron lugar os micro concertos de órgano organizados para a Asociación de amigos do Museo de Ribadavia e o Grupo Micolóxico Galego Luis Freire. Unha semana máis tarde, reali-

o premio Adolfo Enríquez que foi entregado, a título póstumo, a José Gómez Vázquez, médico da vila e activista cultural. Este premio homenaxeou á medicina rural (profesión que foi honrada nesta edición). Como complemento a este premio houbo unha mostra de paneis do museo do médico rural de Maceda. Concursos, exhibicións e xogos populares tampouco faltaron na romaría Raigame 2022.

Este ano homenaxeouse á figura do médico rural záronse catro as actividades de órgano a cargo das organistas Marisol Mendive e María José Mosquera. Actualmente estase a celebrar unha nova edición do Ciclo de concertos didácticos de órgano. A Celanova chega este sábado, 11 de xuño, ás 1q2 horas, cun concderto a cargo de Roberto Fresco (organista da Catedral da Almudena de Madrid). Divulgación A Fundación Curros Enríquez e o Concello de Celanova levan xa varios anos apostando pola divulgación do seu patrimonio artístico, literario

4 Visita Un ano máis, a Fundación Santa María La Real -con sede en Aguilar de Campoo- visita Celanova. Visitaron a Capela de San Miguel ademais de acudir a unha actividade didáctica de órgano da man de María José Mosquera.

4 Campus audiovisual O 18º curso de medios audiovisuais de Celanova (Cursos de verán de extensión universitaria) celebra a edición deste ano do 28 de xuño ao 1 de xullo co título “Cinema no bisturí. Decosntruíndo o audiovisula galego actual”. As prazas son limitadas e as inscricións faranse en campusactivo.uvigo.gal.

4 Nocturna Marvin Blanco (homes) e Edymar Brea (mulleres) foron os vencedores absolutos na 17ª carreira nocturna de Celanova. e histórico e promovendo diversas visitas e actividades literarias e musicais, tanto na propia vila coma nos arredores, Vilanova dos Infantes e Castromao, sobre todo.

Concerto para un grupo escolar.


12

Barrios 5 de xuño 2022

PROVINCIA

EN BREVE

Bono consolida

4 Camiña a Galicia

Redacción

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou no acto de presentación da campaña “Camiña a Galicia 2022”, que se celebrou no Teatro Principal de Ourense. Rueda invitou a camiñar a Galicia neste segundo Ano Xacobeo para consolidar a recuperación turística co impulso do AVE e dos visitantes internacionais.

4 Feira do Viño de Cenlle O conselleiro do Medio Rural, José González, visitou, xunto ao delegado da Xunta, Gabriel Alén, a localidade de Cenlle para acudir á 16ª Festa do viño tinto, amparado pola denominación de orixe Ribeiro. Alí, puxo en valor o papel do sector vitivinícola tanto en Galicia como en España e o compromiso da Xunta para reforzar e facer crecer este eido produtivo.

4 Premio Antón Risco O xurado do premio Antón Risco acordou declarar deserta a edición do premio deste ano, como prevén as bases do certame, por considerar que ningunha das obras presentadas reúne as calidades necesarias e propias da literatura fantástica para se atribuír o recoñecemento do galardón.

4 Premios DO Ribeiro O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, distinguirá na próxima edición dos seus premios anuais a dúas mulleres vinculadas ao sector, a sumiller Pilar Cavero, galardoada co Premio Muller e Viño, e a investigadora Emilia Díaz Losada, recoñecida co premio Ribeiro en Nós. Ambas recollerán os seus respectivos galardóns xunto ao resto de premiados o próximo 16 de xuño, no transcurso dunha gala que se celebrará no Centro Ágora da Coruña.

O alcalde Cea, José L. Valladares, a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, xunta ao novo vehículo co que conta o concello para a defensa do medio ambiente. /M.REJO.

Unha pick-up para protexer o medio ambiente en Cea 4 O vehículo adquirido é grazas a unha achega da Xunta. Redacción A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou o Concello de San Cristovo de Cea acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, para comprobar as actuacións que se levan a cabo na defensa do medio ambiente. Unha defensa que ten un novo colaborador, grazas á axuda do Goberno galego para a adquisición dun vehículo para tal fin. A través dunha axuda de 26.250 euros do Fondo de Compensación Ambiental (FCA), o Concello de San Cristovo de Cea adquiriu un vehículo tipo pick-up para a protección do medio ambiente e de espazos naturais, incluídas aquelas actuacións que teñen por obxecto a prevención, extinción e xestión de situacións de sinistro ou risco. O Concello xustificou a súa adquisición na necesidade de coidar e protexer o patrimonio natural dun municipio que conta cun espazo incluído na Rede Natura como é Pena Veidosa.

Ademais, dispón dunha gran riqueza arqueolóxica e paisaxística, así como lugares de interese turístico como o Mosteiro de Cea. Atractivos todos eles que se ven incrementados por formar parte o concello do Camiño de Santiago, particularmente da Vía da Prata. A administración local carecía ata o de agora de recursos suficientes para facer fronte as actuacións necesarias para a conservación e protección de ditos espazos. Recuperación sostible A directora xeral de Administración Local subliñou que o FCA ten como obxectivo contribuír ao desenvolvemento e a recuperación sostible dos municipios galegos, aos que destina este ano 11,3 millóns de euros. Entre as accións subvencionables do fondo inclúese a mellora da eficiencia enerxética das instalacións e edificios municipais e a utilización de enerxías renovables. Con estas axudas, a Xunta tamén apoiará un ano máis aos concellos na conservación da biodiversidade e a protección do medio ambiente e do espazo natural,

con campañas divulgativas e plans ambientais ou a adquisición de equipamento de alta eficiencia enerxética, ademais de colaborar na dotación de medios para a protección do medio ambiente, como é o caso de San Cristovo de Cea. O Concello de San Cristovo de Cea beneficiouse nos últimos anos de achegas por valor de máis de 463.000 euros procedentes das diferentes liñas de axudas habilitadas polo Goberno galego a través da Dirección Xeral de Administración Local, o que permitiu ao municipio ourensán levar a cabo actuacións a favor do medio ambiente, melloras no saneamento, obras nas infraestruturas municipais ou inversións a favor da eficiencia enerxética, entre outras.

O Concello xustificou a súa adquisición na necesidade de coidar e protexer o patrimonio natural

A Xunta destina preto de 220.000 euros a 24 entidades de economía social da provincia de Ourense. O delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, achegouse, acompañado do alcalde, Gerardo Seoane, á cooperativa Verín Biocoop, unha das empresas beneficiarias O delegado territorial anunciou a publicación, proximamente, da nova convocatoria dos bonos Consolida e ES-Transforma para seguir impulsando en Galicia a creación e a consolidación de entidades de economía social. O pasado ano o programa de axudas incluíu tres liñas de apoios para incidir na transformación dixital das empresas para favorecer o incremento da súa competitividade.

As tres liñas de financiamento que incluía a iniciativa foron para a transformación dixital da entidade, para a profesionalización e desenvolvemento estratéxico e para a mellora da competitividade empresarial a través de investimentos comúns. Novidades Para o convocatoria deste ano, no caso do Bono Consolida, cun orzamento de 1,5 millóns de euros, apoiarase con axudas máximas de ata 20.000 euros a consolidación de entidades de economía social mediante axudas que inciden na transformación dixital e este ano, como novidade, tamén na mellora da eficiencia enerxética para impulsar a actividade económica das empresas contribuíndo ao incremento da súa competitividade e, en definitiva, mantendo empregos de calidade.

Seoane e Alén na cooperativa Verín Biocoop.

Novas marquesiñas 4 A Xunta instálaas en sete concellos da provincia. Redacción A Xunta de Galicia continúa coa entrega de marquesiñas iniciada o pasado mes de abril. Nestas datas, entregaranse trece unidades en distintos concellos da provincia. Así en Bande, Manzaneda e Verea farase entrega dunha marquesiña respectivamente; no Pereiro de Aguiar, Punxín e Sandiás entregaranse dúas marquesiñas; e ao concello do Carballiño destinaranse catro marquesiñas máis. Trátase de refuxios que son entregados polo ente autonómico, a través da Consellería de Infraes-

truturas e Mobilidade, para a súa instalación por parte dos Concellos, cun deseño integrado nas contornas rurais. Esta actuación enmárcase no obxectivo da Xunta de dotar de instalacións axeitadas as paradas das liñas do transporte interurbano, ofrecendo aos usuarios protección fronte ás inclemencias meteorolóxicas e mellorando a comodidade durante a espera. O Goberno galego seguirá a impulsar a renovación de novas marquesiñas, a través do contrato para a fabricación e subministro de 200 dos novos refuxios, cun investimento autonómico de máis dun millón de euros.


DEPORTES

Salvour Redacción Cantabria acolleu o Campionato de España máster de salvamento e socorrismos en augas abertas e pechadas. Por parte do club Salvour participou Cristina García Colomo. Na piscina, García Colomo foi quen de batir catro récords de España conquerindo outros tantos campionatos de España (nas probas de 100 metros natación obstáculos, 100 metros remolque manequín con aletas, 50 metros remol-

que manequín e nos 100 metros socorrista). En augas abertas, a ourensá logrou outros tres ouros (nadar surf, bandeiras e sprint) sendo quen de lograr sete medallas de ouro. Cristina está preparada para afrontar con moita ilusión o vindeiro campionato do Mundo a celebrar en Italia no mes de setembro. Noutro orde de cousas, a piscina Pedro Escudero do pavillón dos Remedios acolle unha xornada de portas abertas na que participaron máis de 70 deportistas.

A capital, protagonista no Rally de Ourense Redacción

EN BREVE 4 UD Barbadás A Unión Deportiva Barbadás logra acceder a Copa do Rei da vindeira tempada logo de vencer á Sarriana por un gol a tres. Logo do verán, o conxunto dos Carrís poderá gozar dunha competición moi atractiva para os equipos máis modestos. Os azulóns aínda non remataron o curso, xa que deberán xogar o partido de cuartos de final da Copa Deputación este mércores, 8 de xuño, a partir das 21 horas no campo da Moreira. O rival será un Antela moi motiva que xogará como local.

4 Cidade das Burgas O Cidade das Burgas logrou pasar a primeira rolda de ascenso á Primeira división, logo de vencer no Paco Paz ao UD La Cruz Villanovense (3-1). As pupilas de Manolo Codeso deben aínda pasar dúas roldas máis para ser equipo de División de Honra.

4 Barrocás O Caldaria Barrocás regresa á División de Honra B tras vencer a Xaloc por 3-1 no campo de Mariñamansa.

13

Presentación do 55º Rally de Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

4 Celébrase os días 17 e 18 de xuño.

Crisitna García Colomo.

Barrios 5 de xuño 2022

No horizonte deste mes de xuño vislúmbrase o 55º Rally de Ourense-Recalvi. Este ano chega con algunha novidade como a da realización dun tramo completamente urbano pola cidade de Ourense, ou a de que o parque pechado regresa ao parque de San Lázaro. Serán dous días (17 e 18 de xuño) nos que os afeccionador ao deporte das catro rodas volverán ver ruxir os motores dos mellores pilotos nacionais e galegos. O rali este ano, ademais do tramo da capital (venres 17) pasará por Boborás, Celanova, O

Correndo por Ourense Redacción O circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense” celebra a súa terceira proba polas rúas do centro da cidade. Este sábado, 11 de xuño, celébrase unha xornada na que hai arredor de 1.000 participantes inscritos en-

icona como o Alpinche e que volverá a rodar nunha das mellores probas do circuíto nacional”. No acto tamén interveu a directora de Relacións Institucionais da Real Federación Española de Automobilismo, María Lanzón, que cualificou o Rally de Ourense como “único, especial e consolidado no calendario nacional, e que ademais de contar cos mellores equipos e pilotos marcará o ecuador do Supercampionato de España, que logo desta proba continuará en setembro”.

Irixo, A Merca, Maside e Toén Amoeiro e Barbadás (neste último realizaranse os tests oficiais o día 14 e un tramo a dobre pasada o sábado 18). O presidente da Escudería Ourense, Jano Fraga recordou que o rali ourensán ten un percorrido de "500 quilómetros, 150 de tramos cronometrados e 11 especiais", ademais de contar “cun dispositivo humano de máis de 800 persoas que velarán pola seguridade e a celebración do ralli”. O presidente da Deputación, Manuel Baltar, destacou que se trata “dunha magnífica iniciativa por recuperar a esencia e alma do rali”. Unha competi-

ción que definiu como “un proxecto de todos e un emblema que supera os límites da provincia, de Galicia e mesmo de España”. Gonzalo Pérez Jácome anunciou pola súa banda que o Concello de Ourense entregará un trofeo especial para os pilotos ourensáns no que será, afirmou, “o mellor rali da historia, un espectáculo que reunirá a milleiros de persoas e cunha enorme repercusión”. José Ramón Lete Lasa, secretario xeral para o deporte, puxo énfase entre tanto nas orixes do rali e no fundador da escudería e da proba, Estanislao Reverter, “un auténtico alquimista que converteu o metal nunha

A capital acolle un tramo completamente urbano -o venres 17- e terá no parque de San Lázaro o parque pechado

tre todas as categorías. As carreiras, que se celebrarán en horario nocturno, darán comezo ás 22 horas coa carreira dos Pitufos; cinco minutos máis tarde (22.05h) será o turno dos sub 10 e 12; para as 22.15 horas está previsto que comecen os sub 14 e 16; pechará a xornada a proba absoluta (sub 18, 20, 23, sénior e máster) en torno ás 22.30 horas.

As probas disputaranse polas rúas Paseo, Concello, Xoán XXIII,

Progreso, avenida de Pontevedra, Lamas Carvajal e, novamente, Paseo.

Carreira celebrada no barrio do Couto.


14

Barrios 5 de xuño 2022

4AXENDA Teatro - Xoves 9 de xuño 20h - Othello - Teatro Principal de Ourense. - Días 10, 11 e 12 de xuño - 20 e 21 h - estrea nacional de “Hecho furiosos” - Teatro Principal de Ourense. - Sábado 18 de xuño 21 horas - Nueva Yprk e un poeta Música - Mércores 8 de xuño 21 h - Robert Jon and the Wreck - El Pueblo Café Cultural. - Sábado 11 de xuño 12h - concerto de órgano - Mosteiro San Rosendo (Celanova). - Sábado 11 de xuño - 20.30 h - Mitic, o espectáculo - Auditorio de Ourense. Exposicións - Ata o 19 de xuño Luz de corte. Cinco anos de ilustracións de Miguel Robledo - Fundación Vicente Risco (Allariz). - Ata o 12 de xuño - Ao redor do universo Beatle - CC Marcos Valcárcel. - Ata o 31 de xullo - A orixe das Deputacións provinciais no século XIX: 200 anos fomentando a prosperidade. Cinema - Martes 7 de xuño - Semente de berrar 20.30h - Café Cultural Auriense. Deportes - Do 10 ao 12 de xuño - II Xurés Bike Tour Muíños. - Sábado 11 de xuño 22 horas - “Correndo por Ourense” - Zona Centro. - Sábado 11 de xuño - andaina Ruta Mulleres - Pista do marroquí en Laza - Sábado 11 de xuño - Campionato 3x3 Baloncesto - pavillón dos Remedios. - Sábado 11 de xuño Torneo alevín de fútbol - Os Remedios. - 17 e 18 de xuño - 55º Rali de Ourense. Outros - Do 11 ao 19 de xuño - Festa do Boi - Allariz. - Días 21, 22 e 23 de xuño - 20 h - 32ª Xornadas de danza “Terra Máxica”. www.periodicobarrios.com

OCIO E CULTURA

200 quilos de peixe degustaranse en Bande 4 Do 10 ao 12 de xuño celébrase a Festa do Peixe. Redacción Este xuño regresa unha das citas festivo-gastronómicas máis lonxevas da nosa provincia. Do 10 ao 12 deste mes, Bande acolle a 51ª Festa do Peixe, declarada de Interese Turístico de Galicia, que contará con innumerables actividades ao longo destes tres días. As celebracións, desta festa que ten a súa orixe nun campionato de pesca, comezarán o venres 10 de xuño ás 20 horas coa inauguración oficial, que inclúe actuacións musicais e unha degustación gastronómica na praza da Constitución. A xornada pecharase á medianoite cun espectáculo de música. O sábado, día 11, o programa comeza pola mañá con pasarrúas e exhibicións de patinaxe, seguindo pola tarde cun espectáculo infantil e a entrega de premios e trofeos de diversos concursos e campionatos. A música, xunto coas degustacións, protagonizan o resto da xornada. O domingo concentra dúas das actividades estrela da festa. En primeiro lugar o campionato de pesca, que conta coa co-

laboración da federación galega. O presidente do Club O Peixe, Rafael Serrano, presente tamén no acto, explicou que a competición celebrarase entre as 08 e as 13 horas no coto de Ponte Liñares, no río Limia, coa participación de preto de 40 pescadores e con premios para todas as categorías: masculina, feminina e infantil. Xa pola tarde, a partir das 19 horas e na praza da Constitución está prevista a degustación de máis de 200 quilos de peixe, ademais doutros produtos locais como empanadas e pan artesán. Presentación Na presentación celebrada no Centro Cultural Marcos Valcárcel, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, cualificou á Festa do Peixe como “un clásico no calendario das festas gastronómicas de Ourense”, destacando que “volve con todas as forzas porque trala pandemia imos ter un verán inusual, con milleiros de persoas ao redor de celebracións como estas”. O presidente agradeceu á alcaldesa que “manteña estas tradicións, que ademais de promocionar o produto estrela

tamén poñen en valor un municipio “que é como a provincia de Ourense a escala, xa que ten todo o potencial do noso territorio representado polo patrimonio cultural, natural e o termalismo”. Pola súa banda, a alcaldesa de Bande, Sandra Quintas agradeceu o apoio da Deputación para esta festa que, lembrou, naceu da fama que entre os pescadores tiñan “os nosos magníficos e prezados ríos”. Con “moita ilusión, ganas e forza por retomar esta cita”, a rexedora invitou aos ourensáns “a gozar de tres días de festa nun concello no que poden coñecer a igrexa visigótica de Santa Comba de Bande, o campamento romano de Aquis Querquennis e as termas deste enclave”.

O domingo 12 terá lugar o campionato de pesca -de 8 a 13 h- e a degustación de peixe pola tarde -a partir das 19 horas-

Prazo aberto para os premios Pura e Dora Vázquez 4 Os textos que opten ao certame de narración poderán rexistrase ata o 20 de xullo. Redacción A Deputación de Ourense vén de abrir o prazo de presentación de orixinais ao 19º Premio Pura e Dora Vázquez, nas súas modalidades de narración e ilustración, así como tamén para o concurso de selección de obras que serán editadas ou coeditadas pola Deputación. Polo que respecta ao certame das irmáns Pura e Dora Vázquez, o prazo de presentación de traballos na modalidade de narración permanecerá aberto ata o próximo 20 de xullo. Poderán optar a este galardón traballos orixinais de temática libre, sempre adaptada ao público infantil e xuvenil, redactados en lingua galega e inéditos. Para a categoría de ilustración o prazo abrirase o 30 de xullo e rematará o 30 de setembro. Os orixinais presentados servirán para ilustrar o texto pre-

miado no certame de narración. Ambos os premios están dotados cunha contía económica de 1.500 euros. As bases poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia do 1 de xuño. Concurso de selección de obras No mesmo BOP poden consultarse tamén as bases reguladoras do concurso de selección de obras para a súa edición ou coedición por parte da Deputación no presente ano. Neste caso o prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o próximo 15 de xuño. As bases establecen dúas liñas de edición; obras referidas ao estado dos bens culturais específicos da provincia (patrimonio artístico, arquitectónico, etnolóxico e arqueolóxico) e, por outra banda, estudos históricos, científicos, xurídicos, obras artísticas, literarias e compilacións de traballos publicados en medios de comunicación.

Xurado dunha edición anterior.

4HUMOR

Sandra Quintas e Manuel Baltar na presentación da 51ª Festa do Peixe de Bande.


OCIO E CULTURA / CLASIFICADOS

Barrios 5 de xuño 2022

15

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Arcediagos,11, 1º - 32005 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara, Fernando Casanova, Borys Martínez Nº166 - Ano: XV - 5 de xuño de 2022 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 685 969 546.

A mostra sobre Gurriarán chega á biblioteca Nós 4 Poderá visitarse ata o mes de agosto. Redacción O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, xunto con responsables institucionais do Concello de Ourense inauguraron na Biblioteca da Xunta en Ourense á exposición itinerante "Florencio Delgado Gurriarán. Bebedeira de ensoños", unha das máis de 150 actividades da programación institucional da Xunta nas Letras Galegas 2022. Trátase, indicou o representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, “dunha nova oportunidade para seguir divulgando a figura de Florencio Delgado Gurriarán, máis alá do día 17 de maio, por distintos lugares de Galicia e para todos os públicos, co efecto multiplicador que iso supón”. Así, a exposición chega a Ourense tras o seu paso por Valdeorras e poderá verse na Biblioteca Nós ata agosto. Esta exposición, producida pola Editorial Galaxia, é un proxecto da Xunta de Galicia no ano das Letras Galegas

Cursos de formación Redacción A Deputación de Ourense levará a cabo por toda a provincia formación en emprendemento a través das tecnoloxías “maker”. Son accións formativas específicas no campo do emprendemento, onde se ofrecerá aos alumnos diversas ferramentas de traballo para a xestión empresa-

2022, coa colaboración do Concello do Barco de Valdeorras. Con carácter informativo e didáctico, divídese en 15 paneis explicativos que percorren a vida e a obra de Florencio Delgado Gurriarán, e unha selección de obxectos persoais do autor, cedidos pola familia para esta exposición. Cartas con Castelao “Repásase a traxectoria vital e biográfica do autor dun xeito rigoroso, pero tamén entretido para comprender quen foi, que nos deixou e que implica a figura do escritor a través de pezas persoai”, engadiu Anxo Lorenzo. En concreto, están expostos en mesas-vitrina distintas cartas

con persoeiros do seu tempo, como Otero Pedrayo ou Castelao e borradores de poemas que logo remataron nos seus libros. Tamén publicacións orixinais, que permitirán un achegamento máis completo para comprender a súa figura e obra literaria.

A exposición divídese en 15 paneis explicativos que percorren a vida e a obra de Florencio Delgado Gurriarán

Florencio Delgado Gurriarán.

rial (dirección estratéxica, xestión de persoas ou marketing), facendo especial fincapé tamén nas diferentes posibilidades e ferramentas de acceso á financiamento, a internacionalización e o acceso a mercados exteriores. Os cinco talleres que se levarán a cabo nos concellos interesados levan os títulos de “Novas metodoloxías para emprender” (catro horas); “Que necesito entender para construír un emprende-

mento economicamente viable?” (dous horas); “Como presentar o meu emprendemento para conseguir financiamento?” (catro horas); e “Descubrir ao meu cliente: cales son as necesidades do meu cliente?” (catro horas). Os concellos interesados en recibir estes talleres poderán pedir máis información na páxina web www.norformacion.es, ou no teléfono 986 336 850.

4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe o seu anuncio no 685 96 95 46 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

INMOBILIARIA Véndese piso en Beluso, Bueu (Pontevedra). 100 m2, 3 habitacións, salón, cociña, baño, despensa e 3 trasteiros amplios. Soleado todo o día, situado preto de servizos básicos e a menos de 2 km das mellores praias da zona. Prezo: 85.000 euros. Tfno.: 679 588 349 (envío fotos, escoito ofertas). Alugo local económico no centro. Ideal para oficina, almacén ou trasteiro. 17m2. Dispón de baños comunitarios. 120 euros/mes máis 7 euros de comunidad. C.E.: C. Teléfono 627 203 131 Véndese casa céntrica en Xinzo de Limia. Baixo máis unha planta (144m2,) tres prazas de garaxe e patio, cinco habitacións, dous baños, cociña amoblada e terraza. 133.000 euros. Tel. 699 648 514 / 988 21 40 70 Alugo baixo na zona do Couto totalmente acondicionado. Con luz, auga, 70 m2. Prezo 300 euros. Tel: 653 208 506 Alúganse apartamentos en Montalvo (de Semana Santa a outubro) con unha ou dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916 Alugo sala para actividades culturais, con posibilidade de cociña, baño e outros sertvizos. Tel.: 988 247 113. Busco casa en alquiler na periferia de Ourense. Opción a compra ou dunha permuta dun piso situado na Valenzá. Tlf.: 600 826 029. Vendo casa na estrada de Santiago, con finca. Para restaurar. Tel.:672 089 349. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunita-

ria Tel.: 650 64 15 19. Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62.

TRABALLO Particular en Ourense capital imparte Clases a domicilio individuais personalizadas de Matemáticas. Todas as Etapas. Tamén materias curriculares de ESO e Bacharelato. Amplia experiencia, económico. Forma de contacto: Enviar mensaje por WhatsApp: 610 38 25 89. Coidador sociosanitario con titulación ofrécese para acompañamentos, asistencia persoal, axuda a domicilio e coidado persoal. Tel.: 644482870 Ofrécese señora para traballar con xente maior ou nenos. De toda confianza, con informes. Disponibilidade de coche e fins de semana Tel.: 606 422 543. Ofrécese señora para limpeza por horas Tel.: 674 500 513. Señora, auxiliar de enfermería responsable e con experiencia, ofrécese para coidar persoas maiores, enfermos, nenos e tarefas do fogar. Tel.: 620 052 173 Ofrécese señora responsable -española- para coidade de nenos ou persoas maiores. Con informes. Tel.: 606 422 543 Ofrécese auxiliar de enfermaría, con titulación, para o coidado de maiores. Como interna ou por horas. En Ourense ou arredores. Telf.: 663 043 561 Danse clases de francés a domicilio. Todos os niveis. Titulación en España e Francia. Tlf.: 625 745 611 Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas.

Ampla experiencia. Tel: 637 282 405. Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358. Ófrecese señora seria e responsable para tarefas do fogar e coidado de nenos e maiores. Con informes. Preferencia zona Ponte. Tlf: 685 374 191.

VENDAS Véndense corte de carballos entre 1,20 e 1,5 m de circunferencia. Tel: 659 494 272. Vendo candelabros con reloxo a xogo, antigos para entrada. Tel: 610 97 98 97. Vendo colección de revistas “Muy interesante”, do nº1 ao 163, e “Natura”, do 1 ao 132 (as dúas encadernadas). Tlf: 636286434. Vendo accesorios para cans: arnes de tiro, correas, collares e fournitures. Tlf: 636286434. Vendo unha xanela de dúas follas en aluminio sapelly de 1,40 x 0,94 m con cristais. Tlf: 636286434. Vendo dúas cadeiras infantís de coche (Jane) de 15-36 kg con isofix, unha negra e outra vermella. Tlf: 636286434. Vendo rizador de pelo con accesorios para alisar e rizar. Tel.: 666 303 635 Vendo cama hospitalaria articulada en bo estado, con colchón anti-escaras. Tlf.: 606 133 522 Vendo prensa de viño mediana/grande, ideal para decoración en xardíns. Tlf.: 606 133 522 Véndese mampara nova. Tel: 672 089 349. Vendo escritorio. Como novo, bo prezo. Tel: 672 089 349. Vendo estufa de frío e calor. Tel: 672 089 349.


Barrios 5 de xuño 2022


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.