Barrios

Page 1

Vilanova dos Infantes retoma a romaría Raigame [Páx. 2]

TEMA

Páx.3 BARBADÁS

O Goberno presenta aos alcaldes da provincia o Plan Estatal de Vivenda

Páx10 PROVINCIA

Reforma na zona de xogo da Escola Infantil que agora conta con máis seguridade

Páx.11 DEPORTES

Alegacións conxuntas de CEO e Xunta contra o anteproxecto de Lei de mobilidade sostible

Páx.13 CULTURA

O Burela FSF proclamouse campión da Copa Raína en Ourense

Fin á folga

Páx.14

Miguel Ríos, Víctor Manuel ou Placebo actuarán na nosa provincia este verán

Festa do Boi

[Páx. 8]

A un paso de LEB Ouro

[Páx. 3]

[Páx. 12]

Comité de empresa e traballadores chegaron a un acordo para poñer fin á folga do bus urbano. / Regresa a Festa doBoi a Allariz. / O COB xógase o ascenso contra Navarra.

Número: 164 - Ano: XV - 13 de maio de 2022 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


2

Barrios 13 de maio 2022

TEMA DA SEMANA

A Deputación acolleu a presentación da Romaría Raigame que converterá a Vilanova dos Infantes no epicentro das celebracións do Día das Letras Galegas. /M.REJO.

As Letras de Gurriarán

4 Este ano o Día das Letras Galegas adícase ao escritor de Vilamartín de Valdeorras. Redacción Todo o país comeza a conmemorar o Día das Letras Galegas e o fai exaltando á figura homenaxeada deste ano. Nesta ocasión, tócalle ao escritor Florencio Delgado Gurriarán (Córgomo, Villamartín de Valdeorras, Orense; 1903 Fair Oaks, Estados Unidos; 1987). Delgado Gurriarán foi un destacado membro do activismo cultural galego, comprometido politicamente, no exilio, e participou na fundación e redacción dalgunhas das súas más emblemáticas publicacións culturais, como Vieiros ou Saudade. Entre as súas obras están Bebedeira, 1934 (poemario); Galicia infinda, 1963; ou O soño do guieiro, 1983. No seu concello natal, concretamente no Centro Cultural de Santa Lucía de Vilamartín de Valdeorras, está exposta unha mostra (ata o 29 de maio) sobre a figura do escritor. Trátase da exposición itinerante "Compromiso na distancia". Logo, o legado de Delgado Gurriarán percorrerá dez localidades galegas ata decembro deste ano. Na nosa provincia estará presente no Barco e Celanova Compromiso na distancia é unha colección que consta de diferentes zonas

explicativas nas que se fai un completo percorrido pola vida e obra do escritor, desde a súa infancia ata a súa madurez, incluíndo as súas experiencias en terras mexicanas e o regreso a Galicia coas primeiras publicacións. O texto central e a documentación correron a cargo de Héctor Cajaraville, que inclúe pezas baseadas no libro publicado por Xerais, Florencio Delgado Gurriarán. Polos Vieiros da saudade. As fotografías pertencen ao arquivo familiar do autor valdeorrés. Son imaxes orixinais en branco e negro, que foron modificadas con técnicas de coloración dixital. Ourense Na capital conmemórase o Día co espectáculo “Florencio coas letras”, que terá lugar o vindeiro martes (día 17) na praza Maior ás 20 horas. Música, circo, danza, poesía e as artes escénicas daranse cita nun espectáculo gratuíto dirixido ao público familiar cun claro compoñente didáctico. Tamén estarán presentes no espectáculo outros elementos moi significativos da nosa terra como é a auga e o lume, eles serán os encargados de transmitir a necesidade de pór en valor a nosa natureza. O espectáculo contará co apoio da música e un grupo profe-

sional de danza, que traballará cunha tea artística xigante. A poesía será un dos elementos centrais do acto. Ademais, a Biblioteca Pública da Xunta en Ourense Nós súmase este mes de maio á celebración das Letras Galegas con actividades para público infantil e adulto arredor do autor homenaxeado este ano, o poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán, e mostras bibliográficas. O Día da Banda Deseñada e o Día dos Museos son outras das conmemoracións do mes incluídas na axenda do espazo bibliotecario, que conta tamén coas habituais sesións de contos e obradoiros para público infantil, entre outras propostas. Así, co gallo do Día das Letras Galegas, a rapazada de seis a 12 anos achegarase á figura de Florencio Delgado Gurriarán o luns 16, con María Lires e o obradoiro de ilustración Versos, cores e colaxes. Pola súa banda, o público adulto farao na xornada do 18 coa presentación do libro Florencio Delgado Gurriarán. Nosa Galicia é máis que toda a Terra, da man dos seus autores, Xosé Ramón Campos e Tania Pérez Pérez. Completan as actividades arredor desta data dúas mostras. Unha delas estará na sala infantil, cunha selección de títulos en galego

de todas as materias e para todas as idades, para visualizar a presenza do idioma en todos os ámbitos. A outra propón unha Cita a cegas coas letras galegass, con obras escritas en galego para levar en préstamo envoltas de xeito que non se identifiquen. A Asociación Xuvenil Amencer tamén se une a este día e organizará actividades en torno á figura do Valdeorrés coma unha exposición. Outras localidades A programación das Letras Galegas de Xinzo mesturará teatro, música e unha feira do libro con descontos para incentivar a lectura. Así, o 17 de maio, a Feira do Libro da praza Maior ofrecerá descontos do 10% para os exemplares en lingua galega. Ese mesmo día, ás 19 horas, entregaranse os premios do Concurso literario de narrativa curta Carlos Casares, que repartirán case 2.000 euros entre os galardoados para mercar nas librarías da vila. Seguidamente, proxectaranse vídeos sobre Florencio Delgado, o

O espectáculo “Florencio coas letras”será o 17 ás 20h na praza Maior de Ourense

homenaxeado coas Letras Galegas, realizados polos alumnos e alumnas dos CEIP de Xinzo. Outra das actividades (a partir das 20 horas) será presentación do libro A revolta da lagoa, de Rafael Laso Lorenzo, ilustrado por Ximena Maier, e que inclúe a proxección do documental Antela, historia dunha desecación. O día anterior ao día grande -o 16 de maio- celebrarase na igrexa Vella, a partir das 20.30 horas, o concerto Limia Máxica, da Agrupación Musical da Limia. E para rematar, o día 21 (sábado ás 20 horas no auditorio da Casa da Cultura) representarase a obra teatral Tras o vieiros de Florencio, da man da Compañía Fantoches Baj, no que se mesturarán poemas do autor cunha entrevista que lle realizaron en México aló polo 1979.

Na biblioteca municipal Concello de Barbadás celebran esta festividade con "Contadas no parque" que arrincan este mesmo venres, 13 de maio, coa narración de "Os contos da pota" a cargo de Ana Fachino; o mércores 18, Alba Grande coa narración de "Contos arredor do lume"; o venres 20, Caxoto con "O garoto de Ipanema"; e o luns 23, Moc Moc con "Peque disco Moc Moc". Todos os contacontos serán a partir das 18.30 horas. Estas actividades son para nenos de 4 a 12 anos.

Vilamartín acolle unha mostra itinerante sobre Gurriarán, que tamén visitará Celanova

4 Romaría Raigame A romaría etnográfica Raigame regresa a Vilanova dos Infantes no Día das Letras Galegas cunha homenaxe á figura do médico rural Contará con todas as súas habituais actividades lúdicas e culturais dedicando a súa XIX edición á figura do médico rural, coa entrega a título póstumo do premio “Adolfo Enriquez” a José Gómez Vázquez, que fora médico de Vilanova e presidente da banda de música da localidade. Xavier Álvarez, membro do Centro de Cultura Popular (CCP) Xaquín Lorenzo e secretario da revista “Raigame” recordou que desde o ano 2002 que comezou esta “maneira diferente de celebrar a galeguidade e as tradicións”, pasaron moitas persoas por Vilanova e outras moitas participaron na súa organización". Este ano haberá o premio honorífico “Adolfo Enríquez”, en memoria do párroco de Vilanova, que na edición de 2022 será entregado aos descendentes de José Gómez Vázquez, antigo médico da vila e no que se personifica o traballo que ao longo da historia vén realizando no rural

os profesionais sanitarios. O galardón, que inclúe unha escultura da torre de homenaxe da vila realizada polo artista Leandro Sánchez. Así, dende as 11 ata as 19 horas, Vilanova acollerá, ademais dos tradicionais postos artesanais, actividades de gastronomía, música, baile e teatro de rúa que permitirán viaxar a comezos do século XX, mostrando ademais os oficios da época e mesmo recreando a sociedade do momento a través da vestimenta. Oficios como teares, fotógrafos, xoieiros, vidreiros, talleres de música tradicional, carpinteiros e zapateiros entre moitos outros, ambientarán as rúas da vila na que se darán tamén cita grupos de música, baile e teatro procedentes de diferentes lugares como Vedra, Monforte e León, ademais de agrupacións ourensás Deste modo as rúas de Vilanova volverán encherse de artesáns de oficios tradicionais e cultura popular, situando a esta vila celanovesa como punto de encontro da etnografía galega dous anos despois da última edición.


TEMA DA SEMANA

Barrios 13 de maio 2022

3

O Goberno presenta o Plan Estatal de Vivenda 4 Tamén avanzou sobre o Bono Xoven de Aluguer. Redacción O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, presentou na Subdelegación do Goberno en Ourense as accións do Goberno en materia de vivenda. O fixo diante dunha trintena de responsables de concellos ourensáns aos que explicou a "inversión histórica” para que "a vivenda sexa un dereito", máis aínda "para os mozos" e tamén "nos municipios do rural"; ademais de supoñer unha "enorme oportunidade para os municipios de Ourense". Miñones, que estivo acompañado do subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, presentou as accións do Executivo central en materia de vivenda. O delegado valorou que o Goberno está a impulsar a rehabilitación de 25.000 vivendas en Galicia cunha inversión "histórica" de 425 millóns de euros (entre os 164,4 millóns dos plans estatais de vivenda, os 230 do Plan de Recuperación e os 31 de vivenda social). Asegurou, tamén, a importancia dos gobernos

locais para que o plan "chegue ata a cidadanía e se execute ata o último euro para a transformación de Galicia". Ademais, fixo balance do plan no período 20182021 co que se rehabilitaron 5.000 vivendas na comunidade cun investimento de 82 millóns. O novo plan (2022-2025) conta con outros 82 millóns de euros, que xunto aos fondos extraordinarios do Plan de Recuperación, con 230 millones, será posible a rehabilitación de 20.000 vivendas máis en Galicia, ademais da construción de 1.200 vivendas de aluguer social. Bono Xoven de Aluguer A esto súmanse 31 millóns dos programas estatais de vivenda social, como son o Bono Xoven de Aluguer e o Plan Estatal de Acceso á Vivenda (para este ano e o vindeiro). José Miñones afirmou que o Bono Xoven de Aluguer permitirá a 3.800 mozos en Galicia gozar dunha axuda ao aluguer de 3.000 euros anuais. Para elo, o Ministerio de

Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) transfire á Xunta 11,4 millóns para este ano, e a mesma cantidade para o que vén. Edificios municipais Aproveitando a visita, o delegado tamén animou aos concellos a beneficiarse do Programa Impulso á rehabilitación de edificios públicos (PIREP) do Plan de Recuperación do Goberno, dotando con 1.080 millóns de euros (600 para entidades locais de todo o país). Os concellos poden optar ata o mes de xuño a estos fondos para mellorar centros sanitarios, colexios, museos, edificios administrativos e inmobles públicos.

O Bono Xoven de Aluguer permitirá a 3.800 mozos en Galicia gozar dunha axuda ao aluguer de 3.000 euros anuais

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, xunto ao subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, presentando as accións en materia de vivenda do Goberno central aos representantes dos concellos ourensáns. /RAMSÉS.

O alcalde reuniuse co comité de empresa.

Fin á folga do autobús urbano en Ourense 4 Comité e empresa chegan a un acordo coa intermediación do alcalde de Ourense. R.T.

Nove días despois de que dera comezo a folga do autobús urbano de Ourense, comité e empresa chegan a un acordo coa intermediación do alcalde de Ourense. Foron nove días non exentos de polémica nos que os servizos mínimos fixados polo concello (o 52,8%) non se cumpriron nun primeiro momento. Ademais, o lamentable incidente que tiveron como protagonistas ao alcalde da cidade, Gonzalo Pérez Jácome, coa sindicalista Lola Panero (CCOO), a quen este empurrou -aludindo que lle achegou demasiado preto dos ouvidos o megáfono polo que viu perigar a súa audicióndurante unha das concentracións na praza Maior. A falta de firmar o acordo definitivo (empresa e comité reuniranse dúas veces máis -os días 19 e 26 de maio- para abordar os flecos da negociación), xa achegaron posturas mediante un preacordo que conleva un incremento salarial para os traballadores de arredor do 9,8% e as novas condicións das xornadas laborais. Daniel Fernández, presidente do comité de empresa, asegura que acadar un acordo “tiveron que ceder ambas partes”, pero que “podería ser mellor,

pero tamén peor”. Pola súa banda, José María Díaz, de Urbanos de Ourense, asegurou que as dúas partes “fixeron esforzos” e que con esta resolución o poder adquisitivo dos traballadoras “adáptase á situación actual”. Deste xeito, o transporte urbano na cidade de Ourense volveu á normalidade desde o pasado xoves. Alcalde Os traballadores do transporte urbano de Ourense reuníronse na noite do mércores para ratificar o preacordo acadado esa mesma tarde coa empresa; o mesmo ratificouse por unanimidade. Anteriormente, ese mesmo día pola mañá, o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, mediou no conflito para que ambas partes chegaran a un acordo o antes posible. O rexedor mantivo senllas reunións no salón de plenos do Concello, co comité de empresa, e na Alcaldía, coa empresa consesionaria Urbanos de Ourense, para mediar entre as partes e acadar un acordo que permitira á volta a normalidade do servizo en canto a liñas e frecuencias. O alcalde decidiu intervir de forma directa e mediar nas negociacións logo de que a xuntanza que as dúas partes mantiveron previamente non remata-

se en entendemento. Así, como fixera na folga do servizo de recollida de residuos urbanos, interveu directamente nas negociacións. Esa intercesión axudou ao entendemento final, como así o corroborou o presidente do comité, Daniel Fernández. Fernández recorda que este acordo “mellora substancialmente as condicións de traballo”, tras 30 meses de negociación do Convenio Colectivo. Jácome valora moi positivamente este entendemento entre as partes que “servirá para acadar mellores condicións para os traballadores e tamén para garantir o mellor servizo aos cidadáns, así como para a viabilidade económica. Saen todos gañando”, aseverou o alcalde.

O acordo contempla un incremento salarial para os traballadores de arredor do 9,8% O alcalde mediou no conflito mantendo senllas reunións co comité e a empresa


4

Barrios 13 de maio 2022

OURENSE

O CHUO contará cun novo molle de carga 4 Xa deron comezo as obras. Redacción Deron comezo as obras dun novo molle de carga e descarga no hospital de Ourense. Con esta obra, prolongarase unha das galerías subterráneas de servizo, que percorren transversalmente o hospital, ata darlle saída ao exterior polo aparcadoiro de persoal ao ar libre, situado diante do edificio cirúrxico. Unha vez rematado este novo e imprescindible punto loxístico de subministros, poderase clausurar o existente, situado no edificio Cristal, e pechar así o vial interno entre este edificio e o novo de hospitalización, durante o tempo que duren os traballos de comunicación entre ambos, ademáis de facilitar o peche do recinto das obras do novo edificio de hospitalización que se construirá axunto ao Materno Infantil. As obras da galería subterranea limitarán, nun tercio, a capacidade deste aparcadoiro exterior gratuíto para o persoal, con 77 prazas, aínda que parte delas se recuperarán posteriormente, ao igual que, en próximas datas, as do aparcadoiro de persoal de garda axunto. Valado Por mor desta obra procedeuse ao peche do valado que rodea ao Edi-

ficio Materno Infantil, no tramo que ocupa o vial máis interior, desde a rúa Cruceiro Quebrado á entrada principal ao edificio Cristal. Esto obrigará a redistribuir as prazas de estacionamento reservadas para persoas con discapacidade, habilitando dúas para os pacientes que acoden a atención temperá, ata agora situadas nese vial, así como a trasladar, proximamente, o aparcadoiro de motos a un novo emprazamento no Santa María Nai. Para facilitar a circulación durante os traballos prégase -desde o Centro- se limite ao máximo a circulación de turismos polos viais interiores, para priorizar o acceso de persoas con mobilidade reducida e facilitar a parada ou detención de vehículos para achegar ou recoller a usuarios de idade avanzada ou con máis dificultades.

Para facilitar a circulación durante os traballos prégase que se limite ao máximo a circulación de turismos polos viais interiores

Vial de acceso ao Complexo Hospitalario de Ourense./R.T.

O PSOE critica á Xunta polo CAPD 4 As obras do edificio están paradas. Redacción Despois de que o mes pasado se pararan as obras do Centro de Atención ás Persoas con Dependencia de Ourense (CAPD), o grupo socialista do Parlamento denunciou "falla de dilixencia e compromiso" da Xunta coa construción deste edificio. Marina Ortega (portavoz de Política Social dos socialistas

en Santiago) presentou unha pregunta oral diante da paralización desta infraestrutura, comprometida dende setembro de 2016 e que tiña que estar rematada no mes de marzo pasado. Desde o BNG, por mediación da súa representante no Parlamento -Noa Presas- xa denunciarán que a Xunta ocultara a paralise das obras de devan-

dito centro, e que coñecían con anterioridade o retraso que se ía producir. Sobrecuste O 20 de febreiro saiu á luz que a Xunta negociaba o sobrecuste coas empresas construtoras, facendo que se demorará a execución das obras. A crise de materiais e o sobreprezo dos mesmos fixo que desde hai meses se paralizara a construción do CAPD para maiores de 21 anos; Ourense é a única provincia galega que non conta cun servizo así. Marina Ortega lembrou que un informe técnico da Xunta alertaba de que unha suspensión prolongada podería devir no de-

terioro da obra executada. Incremento Desde Politica Social calculan que o importe da obra que falta executar subiría a 6,2 millóns, o que supón un 30% de sobrecuste debido á caristía de materiais e a suba de prezos dos mesmos.

A socialista Marina Ortega, en sede parlamentaria.


ECONOMÍA

Barrios 13 de maio 2022

5

Axudas para a innovación de pemes e microempresas

4 Galicia avanza no seu compromiso de achegar a cultura innovadora ao tecido empresarial coas novas convocatorias dos programas InnovaPeme e DeseñaPeme Redacción A Xunta de Galicia ten activadas dúas liñas de axudas para que as pemes e microempresas galegas se beneficien das vantaxes da innovación. Desta maneira, avánzase no compromiso de achegar a cultura innovadora ao tecido empresarial coas novas convocatorias de InnovaPeme e DeseñaPeme. Con esta medida, o ente autonómico, prevé apoiar ao redor de 90 pemes e microempresas no obxectivo de introducir as vantaxes da innovación en procesos, organización, produtos e servizos. Investiranse

4,3 millóns de euros que permitirán mobilizar 8,6 millóns. Deste xeito, é posible manter os apoios coa mellora da competitividade do tecido empresarial galego a través da innovación, poñendo o foco nas empresas de menor tamaño, con máis dificultades para emprender este camiño. As dúas liñas de axudas deben presentarse por sede electrónica (https://sede. xunta.gal). InnovaPeme No mes de abril convocouse a quinta edición de InnovaPeme, unha liña

O obxectivo de DeseñaPeme é apoiar 50 proxectos centrados no deseño de produto, de servizos e experiencias, así como de marca e identidade corporativa para favorecer a posición das empresas galegas

InnovaPeme conta cun orzamento de 2,8 millóns.

DeseñaPeme apoia proxectos centrados no deseño de produtos, servizos e experiencias. de axudas destinada a incrementar as capacidades e actividades en plans de innovación das pemes e microempresas galegas con pouca ou nula experiencia neste eido. Cun orzamento de 2,8 millóns de euros permitirá ás beneficiarias poñer en marcha proxectos innovadores en procesos e organización, identificar tecnoloxías clave do seu negocio, mellorar a comercialización de produtos e servizos, captar financiamento ou protexer industrialmente os seus resultados. O prazo de presentación de solicitudes rematará o vindeiro 18 de maio. A convocatoria de InnovaPeme será de concorrencia competitiva, 50% dos custos de implementación do plan de innovación da empresa, e prevé outorgar axudas de entre 40.000 a 100.000 euros a preto de 40 empresas e, deste xeito, contribuír a incrementar o número de compañías innovadoras, potenciar a colaboración das pemes galegas co resto de axentes do ecosistema e aumentar o gasto de I+D e de actividades vencelladas á innovación. DeseñaPeme Tamén vén de publicarse

no mes de abril unha nova edición (neste caso é a segunda) de DeseñaPeme. A intención deste programa é o de seguir avanzando na mellora da capacidade de innovación e sustentabilidade das empresas a través do impulso da xestión do deseño como valor estratéxico. Nesta ocasión, o obxectivo é apoiar 50 proxectos centrados no deseño de produto, de servizos e experiencias, así como de marca e identidade corporativa para favorecer a posición das empresas. As axudas, de concorrencia competitiva, contarán cun orzamento de 1,5 millóns de euros, valorarán a xeración de deseños sustentables e outorgarán apoios de entre 5.000 e 100.000 euros. Contarán cun incentivo do 50% dos custos de implementación incluídos no “Proxecto de Deseño para a Innovación e Sustentabilidade” que introducirá unha serie de actividades pensadas para constituír un conxunto completo e homoxéneo de fases que permita implementar ou incrementar as capacidades de deseño da empresa solicitante. Para presentar as solicitudes para esta axuda o prazo remata o vindeiro 23 de

maio. Nestas axudas diferéncianse tres ámbitos do deseño segundo o tipo de proxecto a poñer en marcha nas empresas beneficiarias: deseño de produto (concepción e desenvolvemento de produtos novos ou, no caso de redeseño dos xa existentes, que se aprecie unha mellora substancial); deseño de servizos e experiencias (concepción e desenvolvemento de servizos e experiencias novos ou, no caso de redeseño dos xa existentes, que se aprecie unha mellora substancial desde o punto de vista estético, funcional, técnico/produtivo e económico); e deseño de marca e identidade corporativa (formulación de proxectos de identidade corporativa e marca, con especial atención á representación de valores sustentables e innovadores). As dúas primeiras modalidades teñen unha duración mínima do proxecto de 12 meses e na terceira modalidade a duración mínima é de seis meses. Apoios Ambas as dúas liñas da Vicepresidencia económica, a través da Axencia Galega de Innovación, forman parte do conxunto

de apoios específicos para o impulso innovador nas pemes, como os préstamos IFI Innova -cuxo prazo está aberto cun orzamento de 2,5 millóns de euros-; o programa ReAcciona; a aceleradora Galicia Avanza -que promoverá desde a Tecnópole, en San Cibrao das Viñas (Ourense), a comercialización e internacionalización de produtos e servizos innovadores- ou os bonos de innovación que tamén se activarán este ano. Grazas á posta en marcha en 2017 de InnovaPeme, xa se apoiaron 160 empresas cun orzamento de 13,3 millóns de euros e unha mobilización final de 26,6, co mantemento de 767 postos de traballo en eidos como as TIC, a enxeñaría ou o sector agroalimentario. DeseñaPeme, pola súa banda, investiu o pasado ano 1,5 millóns de euros para apoiar 25 proxectos que mobilizaron 2,95 millóns e fixeron posible a creación e mantemento de 86 contratos. PSVet Esta empresa de Boqueixón foi beneficiaria do programa InnovaPeme. Iván Cid, un dos seus responsables asegurou que esta axuda fixo posible a dixitalización da empresa ao 100%, ademais de ter a posibilidade de diversificala; algo que sen esta axuda sería impensable.

O InnovaPeme permite poñer en marcha iniciativas innovadoras en procesos e organización, e identificar tecnoloxías clave do seu negocio


6

Barrios 13 de maio 2022

CIDADE

Actividades no Botánico

EN BREVE 4 Abanca A Carballeira O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome reuniuse co director territorial de Abanca en Ourense, Rubén Saavedra, ao que lle arrancou o compromiso da entidade bancaria de que non pechará a oficina da rúa de Marcelo Macías, que dá servizo ao barrio da Carballeira.

4 Serán de balde, previa inscrición. Redacción

4 Policía Local A xunta de goberno aproba a xornada de traballo do persoal da Policía Local integrado no servizo de patrullas. Así, desempeñarán a súa xornada en quendas de 12 horas, durante 3 xornadas consecutivas, descansando logo 5 días consecutivos. Para estes efectos, o persoal organízase en 8 equipos, integrados cada un deles por 10 policías. A secuencia das quendas será de dúas quendas en horario diúrno (de 7:30 a 19:30 horas un primeiro equipo, e de 8 a 20 horas un segundo equipo) e unha quenda en horario nocturno (de 20 a 8 horas).

4 Expourense Expourense presenta a memoria do 2021. Organizou un total de sete feiras e acolleu 12 de eventos que reuniron a 352 expositores e 49.000 visitas. A actividade deportiva incluíu unha quincena de campionatos de atletismo que contaron con máis de 4.000 visitas e máis de 1.200 sesións de adestramento na pista. A principal novidade do 2021 foi a reconversión do recinto en centro de vacinación masiva contra a Covid19 no que se administraron máis de 340.000 doses das distintas vacinas.

4 Car Outlet O IV Salón Car Outlet celebrado en Expourense pechou con 95 coches vendidos e 2.000 visitas. Organizado por Expourense e A.C.AU.T.O. contou coa participación de 14 concesionarios que representaban a 20 marcas.

A conselleira Ángeles Vázquez, cetro, no casco histórico de Ourense. /I.OSORIO.

A Xunta adquire catro vivendas máis no casco histórico de Ourense 4 Anima aos propietarios a acollerse ao Programa Rexurbe. Redacción A conselleira en funcións de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visitou —acompañada por veciños e anteriores propietarios— os inmobles adquiridos polo Goberno galego ao abeiro do programa Rexurbe. Durante a visita animou a todas as persoas interesadas (propietarios de inmobles no Centro Histórico) a que presenten as súas propostas, dispoñendo ata o 15 de xullo para facelo. Para elo, deberán entregar ao Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) as súas propostas que, de concluír coa súa adquisición, serán rehabilitados para habilitar vivenda publica en alugueiro. Devandito programa de rehabilitación (Rexurbe) está dotado con 400.000 euros para adquirir inmobles na cidade. Vázquez aclarou que o obxectivo deste programa é adquirir inmobles que, estando inscritos no Rexistro da propiedade, cumpran cos seguintes requisitos: permitirán que as futuras vivendas reúnan as condicións

óptimas de confort e habitabilidade; non se atopen afectados por servidumes ou cargas, que poidan facer inviable a actuación; e que os custos de rehabilitación non resulten desproporcionados. A titula de Vivenda indicou que, naqueles casos en que as ofertas conclúan coa adquisición do inmoble ofertado, a Xunta procederá á recuperación do mesmo para habilitar vivendas en réxime de alugueiro a disposición dos veciños de Ourense que se atopen inscritos no Rexistro de demandantes de vivenda pública de Galicia. Inmobles A conselleira destacou que a convocatoria de 2022 non é a primeira na que se inclúe Ourense, pois xa se adquiriron 4 inmobles. Concretou que os localizados na rúa Profesor Manuel Sueiro, 3, o inmoble localizado na esquina con rúa Liberdade, 28, e o da rúa Pelaio, 9

-para os que o IGVS ten en redacción o proxecto de rehabilitación, coa previsión de contar cos mesmos este veránpermitirán habilitar 8 vivendas; aos que se sumarán as que resulten da recuperación do edificio Cervantes, 29. Así mesmo, Vázquez Mejuto salientou que as actuacións directas de rehabilitación no Casco Histórico de Ourense comezaron na rúa Vilar, onde se recuperaron os inmobles emprazados nos números 1, 3 e 5, onde se dispuxeron cinco fogares para cinco familias, tras o investimento de máis de 850.000 euros. En resumo, a Xunta reserva un orzamento de 2,4 millóns de euros cos que prevé habilitar 14 vivendas públicas tras a recuperación dos 7 inmobles dos que é propietaria; aos que se sumarán os que se poidan adquirir no marco da oferta Rexurbe de 2022.

Unha vez adquirido o inmoble, a Xunta procederá á recuperación do mesmo para habilitar vivendas en réxime de alugueiro

O Botánico de Montealegre oferta, para este segundo trimestre do ano, un programa de nove actividades divulgativas, con temáticas tan variadas como un obradoiro de cerámica, a elaboración de terrarios ou o cultivo de insectos. Ao igual que no primeiro trimestre do ano, a oferta formativa basease nas ideas, “de aprender xogando” e de que cun “maior coñecemento do medio natural seremos máis responsables” nos nosos hábitos de vida. De balde As actividades serán de balde, previa inscrición, e abarcan os meses de maio e xuño. As idades ás que está dirixido este programa son as comprendidas entre os 6 e os 12 anos, agás o obradoiro de xogos variados e o de plantar na horta,

que é para toda a familia. Todas as accións están previstas para os sábados e domingos a partir das 16 horas da tarde. A información e inscrición para estas actividades poderase realizar a través do correo sm.p.montealegre@gmail. com ou no teléfono 988 388 135. Actividades O sábado 21 chega o obradoiro de historias de Montealegre; o domingo 22, xogos variados; o sábado 28, elaboración de terrarios; o domingo 29, xincana de especies. No mes de xuño, o sábado 4, plantar na horta; o domingo 5, experimentos naturais; e o sábado 18, cultivo de insectos.

Os obradoiros están dirixidos a rapaces de entre 6 e 12 anos

Cartel das actividades do 21 de maio.

intelixencia artificial Redacción O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, aposta por Ourense como sede da Axencia Española de Supervisión

de Intelixencia Artificial. O rexedor realiza esta proposta ao fío do Real decreto 209/2022, do 22 de marzo, do goberno do Estado que fai posible a descentralización das sedes de organismos público de nova creación, entre os que salienta a nova axencia de intelixencia artificial.


CIDADE

Obradoiros para mulleres Redacción A Concellería de Igualdade organiza o día 25 de maio (mércores entre as 16.30 e as 19.30 horas) o obradoiro: pensar as sexualidades! A temática deste obradoiro versará sobre a vivencia das mulleres que van sendo, e o diálogo entre os referentes internos e os “deber ser”, que veñen desde diferentes lugares. Estas ac-

tividades son impartidas pola educadora social do Centro de Información Municipal ás Mulleres, e as inscricións poderanse realizar nas propias dependencias (rúa do Ensino, 24 32002), no 988393191 ou no enderezo: concelleriamuller@ourense.es. Este é o penúltimo dunha serie de obradoiros que se levan realizando durante todo o ano e que rematarán co do de xuño e que leva por título “Pensar a diversidade”

Gala SOS Ucraína Redacción O venres 29 de abril celebrouse a Gala SOS Ucraína a favor das vitimas desta guerra, os beneficios distribuiraos Cruz Vermella de Ourense. A Gala foi organizada polas empresas a Cova da Meiga, dedicada as antigüidades, e Orixe Publi-

cidade e Comunicación, que contaron coa axuda do colectivo cultural Nós, a Xente do Redor. Con un gran exito de Publico, preto de 400 persoas déronse cita no Auditorio de Ourense para asistir a un espectáculo grandioso, presentado por Marina Sánchez e a televisiva Lucía Rodríguez (Sabadeando; da TVG). Desfilaron polo escenario 14 agrupacións e artistas solistas.

Preto de 400 persoas acudiron ao Auditorio.

7

Axuda libros Redacción

O alcalde, Gonzalo Jácome, cos novos técnicos.

O Concello reforza o servizo aos cidadáns Cartel do obradoiro.

Barrios 13 de maio 2022

4 Incorpora 13 técnicos de administración xeral para axilizar o funcionamento. Redacción

trativos.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu no salón de plenos aos 13 técnicos de administración xeral que incorpora o Concello de Ourense para axilizar o seu funcionamento e reforzar a eficacia e a eficiencia no servizo aos cidadáns e que comezan a desenvolver as súas funcións en diferentes áreas da estrutura municipal. O seu traballo estará especialmente destinado a desbloquear licencias, permisos, autorizacións, etc. en diferentes departamentos municipais que acumulaban serios retrasos. Chegan a través dun programa temporal, de ata tres anos de duración, para a actualización da xestión de procedementos adminis-

Jácome O alcalde enmarca a chegada dos novos técnicos “na busca de ter un concello máis áxil e ser máis eficaz e eficiente no servizo aos cidadáns”. Son, di, “técnicos especialistas, maioritariamente xurídicos, que van a axudar a sacar adiante moitísimos expedientes”. Explica Pérez Jácome que “durante moitos anos no Concello de Ourense contratouse maioritariamente a traballadores auxiliares administrativos, e isto facía que se movesen papeis pero non se resolvesen os asuntos, porque fan falla técnicos especialistas. O mundo cambiou e cada vez fan falla menos conserxes que movan papeis e fan falla máis técnicos que resolvan os temas peliagudos e específicos. Isto é o

que fixemos no Concello cun programa temporal para axilizar aínda máis o Concello”.

Jácome: “Son técnicos especialistas, maioritariamente xurídicos, que van a axudar a sacar adiante moitísimos expedientes” O seu traballo estará especialmente destinado a desbloquear licencias, permisos, autorizacións, etc.

A xunta de goberno local do Concello de Ourense unha nova convocatoria, a terceira, da campaña de agasallo de libros aos nenos e ás nenas da cidade. O Concello destinará unha achega de 210.000 euros a esta iniciativa, coa que un ano máis quere fomentar a lectura entre a rapazada e apoiar o comercio local. A campaña está dirixida a nenos e mozos nacidos no ano 2004 en adiante e empadroados no Concello. Do 22 de xuño de 2022 ata o 7 de setembro de 2022 poderán retirar o libro que escollan nas librarías da cidade. Continuidade O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome explica que, con este acordo, o Concello dá continuidade a unha campaña “única en España”, que naceu coa pandemia co obxectivo de fomentar a lectura entre a rapazada, e que está a acadar un “éxito impresionante”. “Repetimos o que tivo éxito, só cambian as datas”, explica o rexedor. Solicitude Para recibir o libro deberán solicitalo a través da web https://libros.ourense.gal. e recibirán un código alfanumérico que deberá presentar, xunto co NIF, no establecemento. As librarías que desexen participar nesta iniciativa deberán presentar unha solicitude de participación perante o Concello con data límite do 17 de xuño de 2022.


8

Barrios 13 de maio 2022

ALLARIZ

EN BREVE

Unha Casa Consistorial máis accesible

4 Andaina

A Andaina de Allariz celebrará o domingo, 29 de maio, a súa 23ª edición. A marcha constará dunha ruta longa de 25 km e outra curta de 10 km pensada para os máis mozos ou familias con nenos e nenas. A saída da etapa longa serás ás 9h da Alameda de Allariz, e a curta será ás 11h sendo a dificultade baixa percorrendo as marxes do río Arnoia nunha ruta circular de Allariz ao Ecoespazo O Rexo. O prazo de inscrición estará aberto ata o 27 de maio. Cun prezo de 12 euros público adulto e de 8 para nenos e nenas de ata 8 anos, ademais de servizos de avituallamento, comida, masaxistas e duchas para o final da etapa. Toda a información en www.allariz.gal/andaina.

4 Educación sexual Comeza o ciclo de educación sexual para os cursos de 6º de Primaria do Colexio Padre Feijoo, e 2º da ESO do IES de Allariz. Ten como finalidade traballar a partir de intervencións curtas contidos da disciplina sexolóxica relacionados coa puberdade e a adolescencia.

4 Aula de espera A Aula de espera abre o prazo de matrícula para o vindeiro curso. Toda a información está en www. allariz.gal/administracion/aula-de-espera/. As solicitudes presentaranse, preferiblemente, no mail fogardosmaiores@allariz.gal. Os beneficiarios son os nenos e nenas escolarizados de entre 3 a 11 anos.

Eficiencia enerxética Redacción Continúa, o Concello de Allariz, co seu plan de eficiencia enerxética. Nesta ocasión, empregáronse 49.000 euros -de fondos propios- para acometer novos cambios de luminaria nos núcleos do Mato, A portela de Airavella, Vilariño, Meire e

4 Tamén mellora na eficiencia enerxética. Procesión medieval da Festa do Boi.

Redacción

A Festa do Boi regresa dous anos despois

A Casa do Concello de Allariz vén de rematar unhas obras que a dotan dunha mellor accesibilidade e maior eficiencia enerxética. As obras acometidas na Casa Consistorial comezaban no mes de setembro cunha reforma tanto en interior como no exterior. A alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, referíase a estas obras como necesarias para obter “un edificio máis accesible e enerxéticamente máis eficiente”. Polo que respecta á accesibilidade, realizouse a instalación dun elevador que cumpre os criterios de rexeneración de enerxía e a colocación dunha rampla con porta automática na entrada do edificio para facilitar a atención ao publico en xeral. No que ten que ver co aforro enerxético o cambio da carpintería exterior substituíndo a existente por unha nova supuxo unha mellora encamiñada a este aforro. Tamén se cambiaron as luminarias interiores a led para o mesmo fin.

4 Do 11 ao 19 de xuño. Redacción Durante nove días, os que van do 11 ao 19 de xuño, Allariz volverá a ser un dos puntos máis destacados de Galicia coa celebración da Festa do Boi. Serán nove días nos que se poderá gozar de preto de 50 actividades. Unha programación, na que se afanou a Asociación Cultural Xan de Arzúa xunto co Concello de Allariz, que despois de dous anos sen celebración fíxose para goce de todos os veciños e visitantes. Durante 9 días desenvolveranse actividades como música, teatro, actividades infantís, encontros populares e, por suposto, as saídas do boi que, centrarán, un ano máis, a programación festiva. A Asociación Cultural Xan de Arzúa, xunto co Concello de Allariz, apostan por potenciar o carácter cultural e histórico da festa con actividades como o trato do boi, a procesión medieval na que participan Gundiás ademais do pavillón Municipal. Durante a Semana Santa acometeron o cambio no polideportivo (aproveitando as vacacións tanto escolares como das competicións deportivas). A finais deste mes teñen que estar cambiadas no resto de actuacións. Esta propia semana, e aproveitando a Semana Santa e o descanso escolar e das ligas ,estase pro-

máis de vinte gremios ou o encontro no Castelo. Arredor de 500 persoas ataviadas cos seus respectivos traxes representan, de xeito divertido, a orixe da Festa do Boi un ano máis. Unha actividade que non podería falta é a Cea Popular do xoves no Campo da Barreira. Nela participan os veciños de Allariz e as persoas que colaboran coa súa achega, e que fan posible que ano tras ano se celebre en Allariz esta festa tan demandada. Este ano realizaranse 12 saídas do boi durante os nove días da edición de 2022. O comezo das saídas será anunciado con seis bombas de palenque e unha soa avisará da súa fin. Dende a Asociación Cultural Xan de Arzúa recordan a importancia de seguir os consellos escritos no programa, así como nas entradas das rúas ao casco histórico, por onde se desenvolven as saídas. A música, como é habitual, terá unha importante presenza na Festa contando con grupos de gaitei-

ros, charangas e orquestra, e os tradicionais Zés Perreiras, entre outros.

cedendo ao cambio das luminarias de dito pavillón e no prazo de 40 días

terán que estar executadas as obras no resto de núcleos.

Para os cativos Os máis pequenos da casa terán de novo o seu espazo cunha programación de actividades pensada para que eles e elas, na que serán os protagonistas. O martes e mércores (14 e 15 de xuño) a gran maioría de actividades programadas como o Pistaboi, as Saídas Infantís do Boi, os Boicreques ou o concerto de Ce Fantasma farán as delicias das novas xeracións. Ademais a Asociación en colaboración ca concellería de Cultura do Concello de Allariz realizará obradoiros no CEIP Padre Feijóo de Allariz os días previos ao comezo da Festa.

Realizaranse 12 saídas do boi, que se anunciarán con seis bombas de palenque

Cambio de luminarias no pavillón Municipal.

Outras actuacións Tamén se reformaron os aseos no edificio coa adaptación dun deles para discapacitados así

como a remodelación dos outros dous. Así mesmo tamén se aproveitou a reforma para reestruturar as dependencias administrativas para mellorar os servizos de atención ao publico. Cid aproveitaba para agradecer aos grupos que forman parte da corporación municipal polo apoio e a colaboración para que as obras acometidas foran posibles. O financiamento das obras acometidas na Casa do Concello de Allariz ascendeu a 155.000 euros procedendo de tres administracións. Un primeiro convenio entre a Xunta de Galicia e o Concello de Allariz, cunha contribución do organismo autonómico de 60.000 euros e un segundo convenio firmado coa Deputación de Ourense de 50.000 euros; a achega municipal para este proxecto ascendeu a 45.000.

Instalouse un elevador que cumpre os criterios de rexeneración de enerxía e a colocación dunha rampla con porta automática

A alcaldesa, Cristina Cid, e o técnico do concello, Celestino Feijoo, diante do elevador.


CELANOVA

Reunión micolóxica en Celanova 4 Farán un percorrido polo Camiño de San Rosendo. Redacción Inauguración da exposición na Casa dos Poetas.

Unha mostra solidaria, na Casa dos Poetas 4 Reúne facsímiles de Castelao de Afundación. Redacción A Casa dos Poetas acolle a mostra «Castelao grafista (facsímile)» ata o 4 de xuño. A mostra reúne 19 facsímiles da Colección de Arte Afundación e 89 debuxos do álbum Cousas da vida de Castelao, dos que 49 pertencen á Colección de Arte Abanca; tamén obras procedentes doutras institucións, galerías e particulares. Así mesmo, poderase gozar de tres retratos fotográficos, catro caricaturas e 17 debuxos e portadas de revistas. Ademáis, se podrá ler o texto orixinal do álbum Nós e contemplar dous manuscritos de Castelao, 18 portadas das primeiras edicións dos seus libros, tres páxinas interiores, 14 portadas de libros ilustradas por Castelao e tres debuxos. Poderase visitar de martes a venres de 10 a 14 e

Stop eólicos Redacción A Valedora do Pobo, María Dolores Fernández, insta á Xunta a traducir os documentos presentados en inglés pola promotora do P.E. Monte da Neve, que afecta a Celanova e Verea, para garantir a participación pública como “elemento fundamental na avaliación ambiental”. A Valedora resolve así unha queixa tramitada pola

de 16 a 19 horas, e sábados de 11 a 14 e de 16 a 19 horas. Cultura por alimentos Esta exposición enmárcase na iniciativa «Cultura por alimentos» que Afundación leva a cabo en colaboración con FESBAL (Federación Española de Banco de Alimentos) e que pretende achegar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais. A entidade invita aos visitantes a colaborar con esta iniciativa a través da doazón de alimentos non perecedoiros ao visitar a mostra.

Invítase aos visitantes a que doen alimentos non perecedoiros ao visitar a mostra Mesa pola Normalización Lingüística a petición da plataforma Stop eólico Xurés Celanova, na que se alertaba a respecto do uso dunha lingua non oficial en Galicia no anexo número 14 ao Estudo de Impacto Ambiental nas solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, o proxecto de interese autonómico e o estudo de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Monte da Neve.

Celanova será o epicentro da micoloxía galega esta fin de semana. A vila de San Rosendo será o lugar de encontro para os amantes dos cogomelos. Os investigadores e divulgadores do Grupo Micolóxico Galego Luis Freire visitarán, o domingo, Vilanova dos Infantes. Logo percorrerán parte do Camiño natural de San Rosendo -sumándose

este colectivo á promoción do mesmo- iniciandoo en Carfaxiño. Serán tres quilómetros de percorrido no que comprobarán os disntintos habitats de carballos existentes, ademais doutras especies moi ricos en cogumelos con especies ideais para a gastronomía e outros tóxicos que se deben identificar perfectamente. Neste días realizaron a limpeza do tramo no que se atoparon moita basura en forma de plástico, latas e

"Apoiamos a Ucraína" recauda 1.300 euros 4 A campaña foi promovida polo pintor celanovés Baldomero Moreiras. Redacción "Apoiamos a Ucraína" foi a iniciativa promovida polo artista celanovés Baldomero Moreiras, en colaboración co Concello de Celanova, para recadar fondos cos que Cruz Vermella de Ourense axudará aos refuxiados ucraínos que chegaron á provincia. Ao final, recadáronse 1.300 euros, polo que o impulsor desta iniciativa

mostrabase moi agradecido con todas as persoas que colaboraron na campaña adquirindo un dos carteis que reproducen a obra artística por el elaborada e inspirada na obra de Castelao “A derradeira lección do mestre”. O presidente de Cruz Vermella Ourense, Felipe Ferreiro, informou de que o diñeiro recibido será utilizado para a paliar algunhas das moitas necesidades ás que a entidade se ten

Barrios 13 de maio 2022

mesmo un televisor. A área recretativa de Pontegrande, na ribeira do río Arnoia é o lugar elexido para o xantar. Xa pola tarde, acudirán á Sala Micolóxica de Celanova (Plan C) onde terán

9

unha degustación micolóxica, ademais de visitar os diferentes espazos (tapería micolóxica, sala de exposicións, biblioteca, etc.). Posteriormente visitarán o Mosteiro de Celanova.

Recollida de lixo nun tramo do Camiño de San Rosendo. tido que enfrontar dende a chegada dos primeiros refuxiados ucraínos a Ourense, que aínda que non están todos eles baixo a súa coordinación. Finalmente, Antonio Puga -que actuou como notario do acto de entrega do recadado-, quixo destacar a xenerosidade de Baldomero Moreiras e a confianza que depositou no Concello para levar a cabo unha iniciativa que transcende do ámbito social e implica á cultura.

Os cartos recadáronse coa adquisición dun cartel inspirado na obra de Castelao “A derradeira lección do mestre”

EN BREVE 4 Carreira popular O Concello de Celanova retoma a carreira nocturna. Será o sábado, 4 de xuño, e contará con dúas carreiras: a de menores (20 horas) e a de adultos (22.30h). Inscricións en championchipnorte.com.

4 Monólogo O domingo, 5 de xuño, ás 21 horas, o Auditorio Ilduara acolle a representación do cómico Javier Veiga que chega coa súa función “Como en cas en ningún sitio”. Entradas á venda en woutick.es.

4 Aula CeMIT A Aula CeMIT de Celanova organiza este mes un curso -modalidade online- de Sketchup (versión maker), software de modelado en 3D. Será os días 16, 18, 19, 23, 24, 25 e 26 (de 10 a 12 horas). As inscricións serán por unha destas tres vías: na propia Aula (parque das Triguerizas), no teléfono 988 43 16 04 ou no mail cemit. celanova@xunta.gal.

4 Presentacións

Acto de entrega a Cruz Vermella do recadado na campaña.

A Casa dos Poetas acolleu as presentacións dos libros “Asulagadas”, “De Ludeiros a Nova York” e a tradución ó galego de “Poeta en Nova York” de Suso Díaz.


10

Barrios 13 de maio 2022

BARBADÁS

Aberto o premio de narración breve

Obradoiro Redacción As instalacións municipais -na Solaina- do Concello de Barbadás albergarán o obradoiro de emprendemento que leva por título “Como presentar o meu emprendemento para conseguir financiación?”. O obradoiro, de catro horas de duración -de 9.30 a 13.30 horas- terá lugar o 25 de maio (mércores). Inscricións As inscrición deben realizarse en norformacion.es, norformacion@ norformacion.com ou nos teléfonos 986 336 850 ou 870 892 227. Máis información en emprendemakers.com.

Pleno Redacción O último Pleno do Concello de Barbadás non sacou adiante unha moción do Partido Popular pola cal pedía reducir os reparos da intervención. O PP pedía a súa licitación debido a que aseguraba se debían a pagos de contratos rematados. Porén o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, afirmaba que o Concello non ten contratos prolongados ou indefinidos e que licitaron os de varios suministros. Ademais, asegurou que as obxeccións da interventora se deberon á falta de crédito ao aprobar axudas á hostalaría.

4 O Certame Literario de Piñor chega á súa 25ª edición. Redacción

Rapaces da Escola Infantil xogando na zona reformada.

Reforma na zona de xogo da Escola Infantil 4 A zona dispón, agora, dunha maior seguridade. Redacción A Escola Infantil Municipal de Barbadás mellorar as instalacións de recreo, e o fixo integramente con fondos propios do concello. En total, traballos de ampliación, acondicionamento e dotación de pavimento contínuo de caucho tiveron un custo de 22.652,55 euros As melloras executadas no patio exterior consistiron na ampliación de soleira de formigón e da zona preexistente de xogo. Así, quedou lista a área de recreo depois da aplicación de pavimento contínuo de caucho, en substitución das losetas que

Avances no Plan de Igualdade 4 O concello continúa traballando na súa elaboración. Redacción O Concello de Barbadás continúa avanzando na elaboración do Plan de Igualdade. A concelleira, Elisabet González Nistal, e a técnica de Igualdade do Centro de Información

á Muller de Barbadás asistiron en Santiago a unha acción formativa, que levaba por título “Plans de igualdade nos concellos, da teoría á práctica”. González Nistal explicou que foi unha formación "cun circuíto de pau-

había. O obxectivo dos traballos era acondicionar o terreo para dar planeidade ao mesmo, de xeito que resultase funcional para o destino último, xogar os nenos e nenas de 0 a 3 anos. A zona de xogos, ademais de ser máis ampla, dispón agora de unha maior seguridade porque tamén se mellorou o encontro entre a zona de xogo coa beirarúa e co propio edificio a través da execución de un cambio de peralte. Máis seguridade A concelleira de Educación de Barbadás, Marga Pérez, comentaba que “os cativos e cativas da Escola Infantil estrearon tas para a elaboración dun plan”, quen anticipou que dende o CIM de Barbadás “xa se deron pasos para elaborar o Plan de Igualdade Municipal”. Algún dos obxectivos son: eliminar desequilibrios e desigualdades nas empresas, favorecer a conciliación, prever o acoso por razón de sexo e eliminar a fenda salarial. Mesa de coordinación Ademais, na mesma xornada, celebrouse no concello a mesa de coordinación interinstitucional fronte á

novo parque, como consecuencia da reforma da zona de xogos exterior con máis seguridade e máis atractiva. Incluso saiu a tartaruga Catalina a xogar”. Marga Pérez destaca a importancia da reforma da zona infantil da Escola “porque os nenos e nenas teñen unha maior seguridade e un espazo máis amplo no que xogar”.

As obras, que foron financiadas integramente polo concello, tiveron un custo de 22.652 euros violencia de xénero. Esta mesa de traballo, que foi presidida por Victoria Morenza, tenente alcalde de Barbadás, a concelleira de Educación, Marga Pérez e a xefa da Unidade de Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno, María Alida Iglesias, ten por obxectivo a coordinación ás vítimas de violencia de xénero dende o ámbito municipal entre todas as institución implicadas. Á mesa interinstitucional, da que tamén forma parte o Concello de Taboadela, acudiron traba-

Esta aberto o prazo de presentación das obras a concurso do 25ª Certame Literario de Piñor de narracións breves, convocado polo Concello de Barbadás e a Asociación Música e Cultura de Galicia. Devandito certame establece tres categorías con dous premios cada unha delas. Para maiores de idade (categoría A) os premios serán de 500 e 300 euros, respectivamente; para participantes de 13 a 17 anos, premios de 200 e 100 euros; e para o alumnado de Educación Primaria, os premios serán de 100 e 75 euros (en bonos para a compra de material escolar). O prazo de presentación pecharase o venres 27 de maio ás 14 horas; deberán enviarse ao correo electrónico casacultura@barbadas.es ou ajustocalvio@yahoo.es. Os relatos serán de temática libre, orixinais, inéditos, en galego e non poderán estar xa premiados noutros certames. A súa extensión non excederá de 10 folios, por unha soa cara e con entreliñas de duplo espazo. Ademais deberán presentarse mecanografados e encabezados por un lema ou pseudónimo. lladoras sociais de ambos concellos, as orientadoras dos centros educativos de referencia, colexios de Barbadás e instituto Ferro Couselo. Os datos do CIM de Bar-

Acto Ningún premiado poderá obter dous premios, recibirá o máis importante. E para recibir os galardóns as persoas premiadas deberán comparecer obrigatoriamente no acto de entrega de premios, perdendo ese dereito no caso contrario. A entrega dos premios terá lugar o domingo 5 de xuño, pola tarde, no Liceo da cidade de Ourense. As narracións premiadas editaranse na revista Fervenza da Cultura, así como nas páxinas web e redes sociais do Concello de Barbadás e a Asociación Música e Cultura de Galicia, reservándose as entidades organizadoras o dereito de publicalos en libros e outros medios de difusión.

O prazo de presentación remata o venres 27 de maio

Entrega de premios dunha edición anterior. badás evidencian que no último ano atendéronse a 92 mulleres, na súa maioría por consultas relacionadas coa violencia de xénero, cunha franxa de idade oscila entre os 25 e 54 anos.

Mesa de coordinación contra a violencia de xénero.


PROVINCIA

Barrios 13 de maio 2022

O camiño de Rueda

Axudas a entidades locais

4 Alfonso Rueda é o sexto presidente da Xunta. Redacción Alfonso Rueda será o próximo presidente da Xunta. Despois das dúas sesións de investidura que tiveron lugar esta semana, o que ata o de agora fora o Vicepresidente primeiro, converterase no sexto presidente da Xunta de Galicia, trala renuncia de Alberto Núñez Feijóo (quen se converteu en presidente do PP en España e líder da oposición). Segundo o previsto, este sábado, 14 de maio, será investido presidente. Rueda xa avanzou o que será o seu mandato de "continuidade" (cabe recordar que leva 13 anos como segundo de abordo de Feijóo). Ademais, no discurso como candidato deixou algunha das medidas que tomará, para os dous anos que restan de lexislatura, en canto presida o ente autonómico. A primeira delas será a rebaixa do primeiro tramo do IRPF do 9,4% actual ao 9%. "Os galegos cunha base liquidable igual ou inferior a 12.400 euros deberán pagar un 4,3 % menos, e os de base igual ou inferior a 20.200 euros aforrarán con esta medida un 2,4 %", avanzou. A partir de 2023, na renta, asegurou que familias con dous fillos menores de 25 anos contarán cos mesmos beneficios fiscais que as familias numerosas, o que supón "unha deducción de 250 euros no tramo autonómico de cota íntegra do IRPF, in-

Redacción

crementándose en 250 euros extra polo terceiro fillo e por cada un dos seguintes", afirmou. Máis medidas Tamén asegurou que se incorporarán, de balde, tres novas vacinas infantís (meninxite B, a do virus do papiloma e a antigripal tetravalente). Ademais, asegurou que este ano rematará a reforma da atención primaria e mellorarase salarialmente aos seus traballadores. Aprobará, este ano, unha nova Lei de inclusión social Rueda impulsara o turismo co Bono Xacobeo Xove, que beneficiará as estancias nos albergues aos mozos de 18 a 30 anos en primavera, outono e inverno. Outra novidade será a creación dun área específica de termalismo con sede en Ourense. Outra área específica que creará será a de Formación Profesional. Para coñecer a composición do Consello da Xunta haberá que agardar a este luns lunes, despois da súa investidura do sábado.

Rueda rebaixará o primeiro tramo do IRPF do 9,4% actual ao 9% Creará un área específica de termalismo con sede en Ourense

Rueda é o novo presidente da Xunta de Galicia.

11

O presidente da Comisión de Infraestruturas da CEO, Alejandro Cruz; a presidenta da CEO, Marisol Nóvoa; a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez e o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén. /RAMSÉS.

Alegacións de CEO e Xunta contra o anteproxecto de Lei de mobilidade sostible 4 Pedirán que se poidan destinar fondos "Next Generation" ao rural. Redacción A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade en funcións, Ethel Vázquez, xunto coa presidenta da CEO, Marisol Novoa, explicaron as alegacións conxuntas que se presentaron ao anteproxecto de Lei de Mobilidade Sustentable, establecendo así unha "fronte común" para reclamar ao Goberno unha lei que teña en conta as comunicacións do rural e evite "agrandar as desigualdades territoriais". A principal alegación é que se poidan destinar fondos Next Xeración a infraestruturas do rural xa que este anteproxecto esixe criterios de planificación de rendibilidade positiva e de cofinanciación de servizos estatais que elimina os investimentos fóra das cidades, do mesmo xeito que o criterio imposto polo goberno de España para os fondos Next Generation de non destinar a contornas rurais proxectos de mellora da mobilidade e a conectividad. Marisol Novoa criticou que a Lei non teña en conta a mobilidade rural, e lembrou que a

provincia de Ourense é un territorio no que a maioría dos seus 92 concellos (en concreto o 75%) conta con menos de 2.000 habitantes, e deses, 26 teñen poboación de 1.000 habitantes ou menos. Pola súa banda, Ethel Vázquez, censurou que a lei non recolle a mobilidade rural e, ademais, alertou de que a norma pretende ser unha "escusa legal" para non executar obras como as autovías pendentes na provincia, como Lugo-Ourense ou Ponferrada-Ourense. Criticou, tamén, que a lei avogue por suprimir os servizos de tren no rural, pretendendo substituír o ferrocarril de media distancia por transporte por estrada. Reivindicacións Dadas as circunstancias da lei estatal, a Xunta e a CEO piden que se consideren as características diferenciais de Galicia como a dispersión territorial e o envellecemento da poboación. Tamén se solicita a revisión dos principios para declarar Deberes de Servizo Público nos servizos, xa que a lei prima os criterios económicos fronte á

rendibilidade social. A conselleira reclamou participación e consenso á hora de abordar un posible sistema de pago por uso nas autovías, opóndose a calquera sistema de pago que se base na distancia percorrida, considerándoo lesivo para Galicia. Next Generation Por outra banda, desde a Xunta advirten que os criterios do Goberno central na repartición dos fondos Next Generation de mobilidade, que teñen que ser investidos en núcleos de máis de 50.000 habitantes, implican deixar á marxe ao 97,8% dos municipios galegos. En Ourense, só a capital contaría cunha cifra superior.

A Xunta e a CEO piden que se consideren as características diferenciais de Galicia como a dispersión territorial e o envellecemento da poboación

A Xunta de Galicia concede ao Concello de Lobeira unha axuda de máis de 16.000 euros para mellorar o exterior do edificio de Protección Civil. O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, desprazouse ata o concello para anunciarlle ao seu alcalde, Antonio Iglesias, que este municipio é un dos beneficiarios da última convocatoria da orde de axudas dirixida ás entidades locais para emendar e corrixir impactos paisaxísticos na contorna. En concreto, recibirá unha achega de 16.193 euros para a mellora do edificio de Protección Civil, no que se prevén arranxos na fachada e na cuberta. Valor patrimonial Con esta nova orde de subvencións, tal e como subliñou Gabriel Alén, A Xunta “busca o esforzo e a implicación de todos para incrementar o valor patrimonial dos inmobles e da paisaxe de Galicia”. Nese sentido, felicitou aos 15 concellos da provincia de Ourense que resultaron beneficiarios no marco desta última convocatoria por promover e levar a cabo un tipo de intervencións que contribúen a mellorar o aspecto de edificios e instalacións da súa titularidade. Concellos beneficiarios O resto de concello beneficiarios na provincia de Ourense son: Castrelo do Val, 14.424,79 euros; A Mezquita, 11.557; A Veiga, 37.781; Arnoia, 7.475; Bande, 5.182; Boborás, 10.492; Cartelle, 39.994; Lobios, 20.000; Muíños. 18.946; Parada de Sil, 6.013; San Xoan de Río, 30.144; Verea, 14.000; Vilariño de Conso, 40.000; e O Pereiro de Aguiar, 25.763 euros.


12

Barrios 13 de maio 2022

Castro Trail de Barbadás Redacción A sexta edición do Castro Trail de Barbadás está prevista para o domingo, 15 de maio, O percorrido da proba inclúe lugares do concello como As Lamas, Parada, Piñor ou Santa Uxía. Este ano, o Castro Trail consta de duas rutas: a longa, de 24 quilómetros, que comezará as 9 da mañá, e a curta, que terá un percorrido de 12 quilómetros e comenzará as 9:30 horas. A proba curta contará cun desnivel positivo de 660 metros, mentres que na longa, o desnivel será de 1380. O inicio e o remate será no parque da Liberdade cun fin de festa con pinchos, avituallamento, música e inchables para os máis cativos. A carreira poderase seguir en vivo na app Saudeter. As inscricións estarán abertas ata o xoves día 12 de maio a medianoite en Sportmania. En canto ao reparto dos dorsais, será o sábado de 10 a 12 horas e de 15 a 18 no pavillón municipal. En ambas categorías haberá tres premios, tanto femininos como masculinos. Deporte Desde o Concello fan unha aposta importante polo deporte. De aquí a final de ano celebraranse varios evento de moita repercusión. Así, terá lugar a proba de obstáculos Cavernícola, tamén se realizarán varios test e un tramo do Rali de Ourense. En setembro celebrarase unha proba de resisencia do circuíto galego de motocross e no outono unha das probas máis antigas do concello: o Rallye mix de Barbadás. E unha proba de ciclocross, que se desenrolará no entorno da piscina e do polideportivo, que forma parte do circuito galego.

DEPORTES

O Arenteiro xogará un ano máis na 2ªRFEF 4 Ourense CF e UD Ourense, a un paso do ascenso. R.T. Quedan poucas fins de semana para que se decida todo no fútbol ourensán, pero algunha cousa xa se sabe segura. Como que o equipo ourensán que xoga na categoría máis alta, o Arenteiro, certificou un ano máis a súa participación na 2ª RFEF. Os do Carballiño co seu empate diante do Navalcarnero selan a permanencia a falta dunha xornada. A pesar de que comezaron a tempada moi titubeantes, o certo é que unha notable segunda volta fixo que os de Fran Justo lograran o obxectivo marcado a principios de tempada: a salvación. Rematarán a liga este domingo, 15 de maio (12 horas), no campo do Avilés. 3ªRFEF Na Terceira Federación, o duelo ourensán entre Ourense CF e Barco saldouse con vitoria dos primeiros por un gol a cero o que lle valeu ao conxunto dirixido por Rubén Domínguez a disputar a última rolda de ascenso á 2ªRFEF.

O partido definitivo disputarase dentro de dúas fins de semana e será na Cidade do Fútbol das Rozas. Os ourensáns disputarán o partido contra un dos equipos clasificados para esta rolda final de entre os outros grupos. O Barco, pola súa banda, quedouse ás portas de loitar polo ascenso e o ano que vén voltará a xogar na Terceira Federación. O Arnoia descendeu e a próxima tempada agárdalle a Liga Autonómica. Autonómica Na Preferente Autonómica, a Unión Deportiva Ourense está a un paso de lograr o ascenso de categoría. Os de Jorge de Dios disputan este domingo (12 horas) un partido no campo do Pontevedra B que lle pode dar o pasaporte á 3ªRFEF. Desde o club queren axudar aos afeccionados a que acudan en masa a animar ao equipo; para elo, os interesados terán viaxe en bus e entrada ao partido por 10 euros (saída desde o estadio do Couto ás 8.45h). Coa vitoria lograrían un obxectivo que mesmo se pode conseguir cunha derrota, sempre e cando o Barbadás perda

Partido da UD Ourense e o Portonovo. /F.CASANOVA.

tamén o seu encontro. Os dos Carrís tamén están na loita polo ascenso. Son terceiros a dous puntos do segundo -posición de ascenso- con nove puntos por disputar. Esta fin de seman visita a un Vilalonga que, matematicamente, ten opcións de ascenso aínda que estas son escasas. Pola súa banda, o Verín xa non ten opción algunha de ascenso e o ano que vén permanecerá en Autonómica. Esta xornada visita ao Umia. En canto aos equipos que loitan por non descender, Nogueira e Velle están en postos de descenso pero con opcións de salvación, mentres que o Polígono xa é equipo de Primeira Galicia.

A UD Ourense pon a disposición dos interesados viaxe en bus e entrada ao partido contra o Pontevedra B por 10 euros

Arenas, nun tempo morto. /C.DOMARCO.

Navarra, último escollo 4 A eliminatoria, a dobre partido, decidirase no Pazo. R.T. Un último escollo é o que lle resta a Club Ourense Baloncesto para regresar á LEB Ouro despois de descender hai un ano. E ese escollo non será sinxelo de superar, aló menos iso é o que se vaticina despois de toda a tempada regular e das eliminatorias polo ascenso. Despois de desfacerse na primeira eliminatoria de Mollet (esa sei que foi bastante sinxela para o COB) tocoulle medirse a un Clavijo que vendeu cara a súa pel. Os de Logroño puxeron as cousas difícil aos homes de Guillermo Arenas, que non puideron refrendar o pase á seguinte rolda ata os instantes finais do segundo partido. Agora chega a hora da verdade, e o COB enfrontase a un Navarra que tamén quere ser de Ouro a vindeira tempada. A primeira das dúas finais dispútase este domingo, 15 de maio, a partir das 18 horas. Todo apunta a que este encontro deixará todo aberto ao partido final, o que se disputará no Pazo dos Deportes Paz seis días despois. O sábado, 21 de maio, desde as 19 horas, Club Ourense Baloncesto e Navarra Basket loitarán por saber

que equipo disputa a LEB Ouro a vindeira tempada. Por equipo, os ourensáns son os favoritos, pero unha fase regular por debaixo das expectativas fai que cheguen ao momento da verdade sen estar tan claro ese favoritismo. Sexa como fora quen si dará o do de peito será unha afección que xa demostrou o seu apoio nas duas eliminatorias anteriores, polo que nesta non será menos. Entradas O club xa puxo á venda as entradas para o encontro do Pazo, o definitivo, no que se decidirá a sorte dun COB, e unha afección que ansía o retorno á LEB Ouro. Mantense a colaboración coa UD OUrense polo que, os socios do equipo de fútbol poderán retirar unha invitación solicitándoa no mail info@clubourensebaloncesto.com ou pasándose polas oficinas que ten o club no Paco Paz. En canto ao prezo das entradas, estas serán de 10 euros para adultos; 5 euros a entrada xoven (de 5 a 15 anos); e de balde para os menores de cinco anos.

O partido no Pazo será o sábado, 21 de maio, a partir das 19 h


DEPORTES

Barrios 13 de maio 2022

13

EN BREVE 4 Salvour

4 O Envialia non puido coas gañadoras en cuartos de final.

O Salvour participou na segunda xornada da Liga galega de salvamento en augas abertas. Ata a praia de Gandarío (A Coruña) desprazáronse 15 deportistas do equipo ourensán. Santiago Gutiérrez Mariño foi cuarto en categoría absoluta de nadar surf, sendo quinto entre os júnior, Roi Naranjo (tamén foi sexto en sprint) e quinto Alejandro Santiso. Rosalía Iglesias Gil, en carreira con táboa rematou décima, mentres que Andrei López Novoa pasou á final na proba de bandeiras.

Redacción

4 Hóquei herba

Un dos participantes coa súa medalla.

O kungfu moderno citouse en Ourense 4 No campionato galego. Redacción As Escolas Deportivas Artai organizaron o Campionato de Galicia de kungfu moderno que tivo como sede as instalacións do Ximnasio Artai (no barrio do Vinteún). Ata ali, desprazáronse uns 80 deportistas de toda a xeografía galega, con participantes que ían dos catro aos 82 anos de Manuel Baltar. As modalidades que entraron en competición foron a de combate sen contacto e taichi-qigong. Tamén as de taichi engadiron coreografías de movementos das distintas es-

colas e estilos; ademais, en qigong realizáronse series de exercicios. O director do departamento federativo de kungfu moderno, Aarón Blanco, apuntou foi un éxito rotundo de "participación e calidade técnica". Os vencedores absolutos na categoría sanda Jaime Álvarez e Yolanda González. En taichi open mixto a vencedora foi Sonsoles Fabián; e Marta Gálvez foi a gañadora nas categorías qigong open mixto e en taichi armas open mixto.

Podio do sanda sc absoluto feminino.

O Burela proclamouse campión da Copa da Raíña 2022 en Ourense.

O Burela reina na Copa

O Paco Paz de Ourense engalanouse para acoller a Copa da Raíña de fútbol sala. A cidade das Burgas chegaron os oito mellores conxuntos nacionais para disputar o primeiro título da tempada. Nos cuartos de final, o Ourense Envialia tiña a difícil papeñeta de superar a un dos favoritos para alzarse coa copa: o Burela. As mariñas non deron opción ás anfitrionas e venceron no choque por un contundente 1 a 5. A semifinais, ademais das lucenses chegaba o outro favorito: Futsi, despois de vencer ao Sala Zaragoza; o Alcorcón tras desfacerse de

Melilla e Roldán ao superar a Marín. O Burela foi quen de superar a un combativo Alcorcón que a piques estivo de dar a sorpresa, como case tamén a da o Roldán que viuse apeado da final ao caer nos penaltis contra Futsi. A final máis agardada estaba servida. Durante o encontro hubo intercambio de goles, golpeando primeiro as galegas e despois poñéndose por diante as madrileñas en dúas ocasións. Ata que se chegou ao empate a tres definitivo (trala disputa das dúas prórrogas incluídas). Na tanda de penaltis, Jozi para o primeiro a Ari e despois ninguna xogadora falla o seu lanzamento, polo que o Burela logra alza ao ceo ouren-

sán unha nova Copa da Raíña. Liga A Primeira división regresa esta fin de semana co derbi galego entre Envialia e Poio. Na Segunda división, o Cidade das Burgas recibe ao Rodiles, mentres que o filia do Envialia visita ao Txantrea. Sala Ourense O Sala Ourense rematou a liga vencendo na última xornada ao Albense (6-4). Tras unha complicada tempada, os ourensáns rematan a liga de Segunda B na sexta posición con 46 puntos. O club rendeu homenaxe a David Bermejo, que se despide tras cinco tempadas.

Esta fin de semana -días 14 e 15 de maiodisputase no campo de Mariñamansa a Final a 4 da Copa Galicia 2022 de hoquei herba na categoría sénior tanto masculina coma feminina.

4 Piragüismo Do 13 ao 15 de maio celébrase a Gold River Race, e pasará pola provincia ourensá; esta proba é unha das probas de ultramaratón máis longas do mundo. Pasará polas localidade de Ourense, Toén, Cenlle e Castrelo de Miño. Noutro orde de cousas, os días 14 e 15, O Barco de Valdeorras acolle o Campionato de España de piragüismo descenso en augas bravas.


14

Barrios 13 de maio 2022

4AXENDA Teatro - Do 2 ao 16 de maio 27ª Miteu. - Venres 13 de maio 20h - Teatro: Romeo e julieta - Teatro Principal de Ourense. Música - Mércores 27 - 21 h Habitación Vudú - Teatro Principal de Ourense. Exposicións - Ata o 17 de maio - O Alpinche. Un vehículo mítico e único - CC Marcos Valcárcel. - Ata o 17 de maio - O Alpinche. Un caudal de emocións - CC Marcos Valcárcel. - Ata o 19 de xuño Luz de corte. Cinco anos de ilustracións de Miguel Robledo - Fundación Vicente Risco (Allariz). - Ata o 12 de xuño - Ao redor do universo Beatle - CC Marcos Valcárcel. Cinema - Luns 16 de maio Crash - 20.30h - Cineclub Padre Feijoo (rúa Concello, 11-. - Mércores 18 de maio - Slalom - 18 e 21 h - Cineclub Padre Feijoo (rúa Concello, 11-. - Luns 23 de maio Unha nena - 20.30h - Cineclub Padre Feijoo (rúa Concello, 11-. - Mércores 18 de maio - System crasher - 18 e 21 h - Cineclub Padre Feijoo (rúa Concello, 11-. - Luns 30 de maio - Josep - 20.30h - Cineclub Padre Feijoo (rúa Concello, 11-. Deportes - 14 e 15 de maio - Final a 4 da Copa Galicia de hoquei herba - campo de Mariñamansa. Outros - 11 e 12 de maio Curso: Nada é verdade nin é mentira? A verificación das noticias na era das fake news - CC Marcos Valcárcel. - Sábado 14 de maio - 21h - Monólogo JJ Vaquero - Auditorio de Ourense. - Sábado 21 de maio 21 h - Noites de retranca con Luis Zahera, Manquiña e Marta Dorivo Auditorio de Ourense. www.periodicobarrios.com

OCIO E CULTURA

Artistas de nivel, no verán ourensán

4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS

As galiñas e os gatos de Florencio Percorrer as pegadas do teu Córgomo querido, saudar aos gatos e ás galiñas que saíron ás congostras cando nos viron pasar, si, Florencio si, falei nun valado con dous gatos e cando xa me ía da conversa, sentín que o pintado quería ter un aparte comigo, revireime e acheguei a miña faciana a súa, como te coñece o condenado! Faloume daquelas esmorgas, das xuntanzas nas adegas, das cantigas e lembranzas. Faloume ben fachendoso do apañadiño que viñas, cos teus traxes combinados de vendedor atrevido, faloume de como defendías a nosa lingua querida, faloume da túa nai, que sempre foi a terra, ata me contou de cando casabas aos viños, os godellos cos mencías, e dos suspiros que sufrías cando tiñas que ollar de lonxe os vales e as fontes, cando a morriña furgaba no teu peito, cando ao acordo che viñan os aconteceres e as borras dos bocois, as bágoas de Valdeorras! Aqueles arrecendos a uva nos socalcos das ribeiras, as augas que escachaban coas mozas nas ourelas, daquela "Bebedeira", de mozo feiticeiro que namorabas con versos as túas aldeas queridas, nas romaxes e nas festas, nos acontece-

res diarios. Camiñando cara a túa casa vin o escudo na cima, coma un facho, coma estrela alumeando no ceo, e na casa da veciña dúas galiñas latricando, criticando a colorada a plumaxe da máis branca, "parece que hai certas pitas que queren falar castelán e sáelles sen querer o castrapo mesturado, pobriñas das galiñas que non queren defender o seu, que pensan que outros cacarexos teñen grande finura, confunden o balbordo coa cultura”. As galiñas, ben o sabes, sempre falan cos poetas, unhas de cores azuis e outras con raínas brancas, e dicíalle unha a outra que eu ben as escoitei; que ti que eras de boa casa, que non mudaches do galego como facían os outros para darse importancia, por moito mundo que andases, fixeches a mesma escolla, o amor á túa terra e á lingua que mamaras. Despois fómonos achegando onde descansas agora, no cemiterio dos teus, onde sempre quixeches estar e atopei un paxariño que me quixo contar como choraches coma un meniño, naquela igrexa de Vigo, oíndo a misa en galego. Baixamos á sepultura e achegamos unha coroa de loureiro verde, sabemos que che gustaban os arrecendos das árbores,

os estralotes e os fentos, sabíamos que ti estabas ollando aos anaquiños, agardando que nós defenderamos a lingua, recitamos os teus poemas, uns de risas e outros de choros. Cando erguín a vista vinte a cabalo dunha aguia, percorrendo Valdeorras, libre coma unha onda entre as augas do Sil e o océano que te colma, un palleiro nunha malla cun ramiño de figueira. Entón cando mirei para a beira, agochado entre dous anxos no fondo do cemiterio, alí estabas papá, ben ollei a túa pucha na testa e o sorriso nos beizos, escoiteiche dicir que; os homes como Florencio, viven sempre entre os seus, por moi torcidas que veñan, non se deixan abalar, por iso dígoche "Chiquito", ti non te torzas nunca, nin deixes de zoar, os tabáns do Asneiro non poden calar. E chiscándome un ollo engadiches rindo co teu bigotiño torcido; déixate de Andrómenas que terás que ir volvendo para Ourense que mañá toca traballar.

4 Miguel Ríos, Víctor Manuel ou Placebo actuarán na nosa provincia. Redacción "Os concertos do Xacobeo" regresan a Galicia este ano por todo o alto. E a Ourense tócalle un trozo de pastel moi atractivo. Para festexar o ano Santo xa hai as primeiras confirmacións de concertos na nosa provincia. Ata Verín chegarán o 3 xullo o compositor arxentino Gustavo Santaolalla e o galego Xoel López. O día 7 de xullo, un dos referentes da música nacional, Víctor Manuel, actuará na capital ourensá (no Xacobeo 93 tamén actuará na cidade das Burgas). O Claustro Barroco de Celanova, acollerá o 18 de agosto (coincidindo coas festas patronais de San Roque) o concerto de Miguel Ríos, único que dará na nosa comunidade; hai que remontarse a agosto de 1983 para recordar o último concerto do vello roquei-

Adicado a Miguel Martínez Coello, que me acompañou nesta historia. Avelino Jácome

Miguel Ríos.

4HUMOR

Ofrenda floral na sepultura de Florencio Delgado Gurriarán a cargo de Enrique Álvarez Barreiro, alcalde de Vilamartín de Valdeorras; Aurelio Blanco Trincado, presidente do Centro de Estudos Valdeorreses; Miguel Ángel Martínez, pintor e escritor; e Avelino Jácome, escritor.

ro nestas terras (no estadio do Couto). Máis citas O Pereiro de Aguiar acollerá un concerto con dous dos clásicos grupos nacionais dos 80 do século pasado; o 25 de agosto subiranse ao escenario La Guardia e Danza Invisible. Un día despois, 26 de agosto, Placebo tocarán en Ourense. Para o 31 de agosto está prevista a actuación de Roi Casal no Carballiño. Para rematar, as Tanxugueiras (que están este mes no OurenRock) porán o broche final dos concertos do Xacobeo o día 3 de setembro.

Miguel Ríos actuará o 18 de agosto en Celanova; La Guardia e Danza Invisible, o 25 no Pereiro de Aguiar


OCIO E CULTURA / CLASIFICADOS

Barrios 13 de maio 2022

15

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Arcediagos,11, 1º - 32005 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara, Fernando Casanova, Borys Martínez Nº164 - Ano: XV - 13 de maio de 2022 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 685 969 546.

Día dos Museos Redacción O día 18 de maio celébrase o Día internacional dos Museos, este ano co lema «O poder dos Museos» e o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense ten programadas unha serie de actividades para festexalo. Deste xeito, o 18 de maio, mércores, realizaranse visitas guiadas ao Laboratorio de restauración (edificio Santa María de Europa), ás 10, 12, 17 e 19 horas (duración estimada duns 60 minutos) en grupos reducidos de 10 persoas como máximo. Tamén haberá visitas guiadas aos almacéns do museo (edificio Santa María de Europa) ás 10.30,

Exposición Club Alpino Ourensán Redacción O Club Alpino Ourensán organiza a exposición “Concurso fotográfico 2021”. A mostra poderase visitar ata o 29 de maio, domingo, na sala dos Arcos de Celanova. O horario será de mañá, de martes a sábado. O Club Alpino Ourensán a través desta exposición asume o compromiso de promover e compartir os deportes de montaña e na natureza, buscando o respecto e conservación do medio natural, dos seres vivos no seu hábitat natural e dos valores os que envolven, converténdose nun punto de encontro de xente apaixonada pola montaña e a fotografía.

O amante do papel Redacción A exposición “O amante do papel” mostra máis

12.30, 17.30 e 19.30 horas en grupos reducidos (10 persoas máximo) e cunha duración estimada dunha hora. Outra das visitas guiadas será á sala “Escolma de escultura” (ao carón do Claustro de San Francisco). O horario será ás 11.30 e 19.30 horas e os grupos será de máximo 20 persoas; a duración estará en torno a unha hora. É necesario anotarse a estas visitas no teléfo-

no 988 788 439 ou no correo electrónico: mapour@xunta.es. Obradoiro Os días 18 e 20 de maio celébrase un obradoiro didáctico para nenos co título “O poder da pedra”, ademais dunha visita á sala de “Fondos Pétreos”, no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa en San Cibrao de Lás. O horario será de 10 a 13 horas.

O 18 de maio celébraso o Día dos Museos. Achégase neste caso unha pequena escolma dos traballos realizados na pasada edición do Concurso de Fotografía “Club Alpino Ourensán”.

O primeiro premio do 21º Concurso de Fotografía foi para “Pic du Midi” Mont Blanc, Chamonix, de Yelco Vázquez Rodríguez.

Fotografía que logrou o primeiro premio. de corenta debuxos, gravados, litografías ou serigrafías realizadas por artistas como Pablo Picasso, Rembrandt, Durero, Marc Chagall, Rubens ou Toulouse-Lautrec e abarcan períodos dende o século

XV ata o século XXI. Esta mostrá pódese visitar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, xunto a que leva por título “Ao redor do universo Beatle” de gran repercusión desde a súa apertura.

4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe o seu anuncio no 685 96 95 46 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

INMOBILIARIA Véndese piso en Beluso, Bueu (Pontevedra). 100 m2, 3 habitacións, salón, cociña, baño, despensa e 3 trasteiros amplios. Soleado todo o día, situado preto de servizos básicos e a menos de 2 km das mellores praias da zona. Prezo: 85.000 euros. Tfno.: 679 588 349 (envío fotos, escoito ofertas). Alugo local económico no centro. Ideal para oficina, almacén ou trasteiro. 17m2. Dispón de baños comunitarios. 120 euros/mes máis 7 euros de comunidad. C.E.: C. Teléfono 627 203 131 Véndese casa céntrica en Xinzo de Limia. Baixo máis unha planta (144m2,) tres prazas de garaxe e patio, cinco habitacións, dous baños, cociña amoblada e terraza. 133.000 euros. Tel. 699 648 514 / 988 21 40 70 Alugo baixo na zona do Couto totalmente acondicionado. Con luz, auga, 70 m2. Prezo 300 euros. Tel: 653 208 506 Alúganse apartamentos en Montalvo (de Semana Santa a outubro) con unha ou dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916 Alugo sala para actividades culturais, con posibilidade de cociña, baño e outros sertvizos. Tel.: 988 247 113. Busco casa en alquiler na periferia de Ourense. Opción a compra ou dunha permuta dun piso situado na Valenzá. Tlf.: 600 826 029. Vendo casa na estrada de Santiago, con finca. Para restaurar. Tel.:672 089 349. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunita-

ria Tel.: 650 64 15 19. Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62.

TRABALLO Particular en Ourense capital imparte Clases a domicilio individuais personalizadas de Matemáticas. Todas as Etapas. Tamén materias curriculares de ESO e Bacharelato. Amplia experiencia, económico. Forma de contacto: Enviar mensaje por WhatsApp: 610 38 25 89. Coidador sociosanitario con titulación ofrécese para acompañamentos, asistencia persoal, axuda a domicilio e coidado persoal. Tel.: 644482870 Ofrécese señora para traballar con xente maior ou nenos. De toda confianza, con informes. Disponibilidade de coche e fins de semana Tel.: 606 422 543. Ofrécese señora para limpeza por horas Tel.: 674 500 513. Señora, auxiliar de enfermería responsable e con experiencia, ofrécese para coidar persoas maiores, enfermos, nenos e tarefas do fogar. Tel.: 620 052 173 Ofrécese señora responsable -española- para coidade de nenos ou persoas maiores. Con informes. Tel.: 606 422 543 Ofrécese auxiliar de enfermaría, con titulación, para o coidado de maiores. Como interna ou por horas. En Ourense ou arredores. Telf.: 663 043 561 Danse clases de francés a domicilio. Todos os niveis. Titulación en España e Francia. Tlf.: 625 745 611 Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel:

637 282 405. Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358. Ófrecese señora seria e responsable para tarefas do fogar e coidado de nenos e maiores. Con informes. Preferencia zona Ponte. Tlf: 685 374 191.

VENDAS Véndense corte de carballos entre 1,20 e 1,5 m de circunferencia. Tel: 659 494 272. Vendo candelabros con reloxo a xogo, antigos para entrada. Tel: 610 95 98 97. Vendo colección de revistas “Muy interesante”, do nº1 ao 163, e “Natura”, do 1 ao 132 (as dúas encadernadas). Tlf: 636286434. Vendo accesorios para cans: arnes de tiro, correas, collares e fournitures. Tlf: 636286434. Vendo unha xanela de dúas follas en aluminio sapelly de 1,40 x 0,94 m con cristais. Tlf: 636286434. Vendo dúas cadeiras infantís de coche (Jane) de 15-36 kg con isofix, unha negra e outra vermella. Tlf: 636286434. Vendo rizador de pelo con accesorios para alisar e rizar. Tel.: 666 303 635 Vendo cama hospitalaria articulada en bo estado, con colchón anti-escaras. Tlf.: 606 133 522 Vendo prensa de viño mediana/grande, ideal para decoración en xardíns. Tlf.: 606 133 522 Véndese mampara nova. Tel: 672 089 349. Vendo escritorio. Como novo, bo prezo. Tel: 672 089 349. Vendo estufa de frío e calor. Tel: 672 089 349.


Barrios 13 de maio 2022


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.