Barrios

Page 1

Entrevista ao escritor Jorge E. Bóveda, autor de “Anoitece en Vulgaria” [Páx. 3]

OURENSE

Páx.5 XINZO DE LIMIA Páx.6 VERÍN

A Xunta construirá unha pista cuberta no IES Xesús Ferro Couselo

Campaña para o bo uso dos contedores de reciclaxe en Xinzo de Limia

Páx.10 DEPORTES

Gerardo Seoane prepara un proxecto de autonomía enerxética con parques solares

Páx.11 CULTURA

O Clavijo será o penúltimo rival do COB na loita polo ascenso a LEB Ouro

Páx.14

A 27ª edición da Miteu terá lugar do 1 ao 16 de maio en varios puntos da cidade

Escaleiras mecánicas Os Maios regresan a Verín [Páx. 8]

Prudencia en interiores

[Páx. 2]

[Páx. 4]

Deron comezo as obras de construción de escaleiras mecánicas na rúa Concordia de Ourense. / Verín retoma a celebración dos Maios. / A Xunta recomenda manter a máscara.

Número: 163 - Ano: XV - 26 de abril de 2022 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


2

Barrios 26 de abril 2022

TEMA DA SEMANA

Primeiro paso para o Ourense do futuro 4 Inícianse as obras das escaleiras mecánicas da rúa Concordia. Redacción Primeiro paso do Concello de Ourense para as obras de humanización da rúa Concordia. Inícianse as obras para a construción das escaleiras mecánicas que supoñen un investimento de 4,6 millóns de euros. O prazo de execución é de oito meses, polo que está previsto que para finais de ano a nova infraestrutura esté lista para os veciños da cidade. Segundo o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, trátase da “obra civil máis grande que fai o Concello de Ourense na súa historia”, quen quixo destacar que no día de hoxe “Ourense despega porque levamos máis dunha década sen obras importantes na cidade”. A humanización de Concordia será, avanzou o rexedor, a primeira “das moitas obras que van comezar nos próximos meses”, así como a máis “emblemática, neurálxica e icónica”, sentenzaba o rexedor. Proxecto O proxecto prevé unha completa humanización da rúa, en todo o seu trazado, que terá plataforma única e incorporará sete ramplas mecánicas que

O alcalde de Ourense, Pérez Jácome, e o concelleiro, Antonio Fernández, visitaron o inicio das obras. /I.OSORIO. facilitarán o tránsito peonil nesta zona de marcada pendente. As ramplas estarán situadas na marxe esquerda da rúa no sentido de subida desde Progreso até a praza das Mercedes. Tamén se instalará novo mobiliario urbano e iluminación e renova-

ranse as redes de abastecemento, saneamento, electricidade e telecomunicacións. O alcalde puxo en valor a importancia desta intervención que, asegurou, “vai cambiar para sempre Ourense porque vai permitir que haxa máis mo-

O prazo de execución da obra é de oito meses A humanización de Concordia será, segundo o rexedor, a primeira “das moitas obras que van comezar nos próximos meses”

bilidade, fará que moita xente deixe o coche porque vai ser máis doado andar pola cidade”. Mobilidade vertical Jácome, tamén avanzou que as actuacións de mobilidade vertical que desenvolverá o Concello

continuarán proximamente con novos proxectos como o que comunicará a praza das Mercedes con San Francisco; A Carballeira, desde a avenida de Portugal á praza do Sagrado Corazón; A Ponte, desde a pasarela até Vicente Risco; A Cruz Alta; Alameda do Progreso; rúa Coenga, desde Os Viños ata San Francisco, e Avilés de Taramancos, desde o leito do río Barbaña até a ponte de Ervedelo. Esta última obra completará un novo eixo urbano que permitirá chegar desde o nivel do río até San Francisco utilizando elementos mecánicos. Fases O xefe de obra de Extraco, Martín Rejo, explicou

Operarios nas obras das ramplas de Concordia. /I. OSORIO.

que as obras realizaranse por fases, comezando polo tramo inferior da rúa, no cruce con Progreso, e irán avanzando paulatinamente cara a praza das Mercedes, de forma que haxa a mínima afección posible á cidadanía. A execución destes traballos non requirirá pechar esta rúa, de uso peonil, ao acceso dos vehículos autorizados. O tráfico, explicou, será sempre será fluído en sentido ascendente cun único carril, e garantindo sempre o seu uso tanto para residentes, como para o acceso ao aparcamento e aos garaxes e carga e descarga. O Concello prevé que as obras estean rematadas para Nadal.

As próximas actuacións de mobilidade vertical desenvolveranse na praza das Mercedes, A Carballeira, A Ponte, A Cruz Alta, a rúa Coenga e Avilés de Taramancos


TEMA DA SEMANA

Barrios 26 de abril 2022

3

ENTREVISTA AO ESCRITOR OURENSÁN JORGE EMILIO BÓVEDA

"É un libro para os lectores que convida a reflexionar, pero non obriga a facelo" 4 Chega as librerías do país “Anoitece en Vulgaria” a última obra do autor ourensán. R.Torres O escritor ourensán, Jorge E. Bóveda, preséntanos a súa última novela (Anoitece en Vulgaria), na que un dos personaxes doutras novelas súas, Alexandre Ossorio, é o protagonista. Que ocorre cando “Anoitece en Vulgaria”? Jorge E. Bóveda: "Como en calquera anoitecer. As luces apáganse e a humanidade descansa exhausta sen ser consciente de que quizais non saia o sol nunca máis. Se hai a sorte de que despois da noite comece un novo día, probablemente nada cambiará. No libro ese anoitecer ten outro significado bastante potente que preferiría que o lector descubrise pola súa conta". A sinopse fala dun futuro próximo; ese futuro é hoxe? J.E.B.: "Inda non, pero case. É un futuro que está a chegar; está petando na porta. Un futuro onde as humanidades están mortas pero non por imposición ou intervención directa, senón porque se permitiu que morreran de fame e de sede. Fíxoselle o baleiro ata que desapareceron elas por si soas. É a consecuencia lóxica ao aplicar aquel refrán de non hai maior desprezo que non facer aprecio”. Parece unha crítica á era que estamos a vivir do “inmediato”. J.E.B.: "Non vai moito por aí a cousa, inda que o “inmediato” si sexa un tema de algún dos meus

“É un futuro -o do libro- que está a chegar; está petando na porta”

escribir inda que, como dixo Ramón Caride noutra ocasión, se se descubrira que a escritura provocara cancro, deixaríao de facelo inmediatamente. Eu tamén".

libros. Este é o libro da resignación e do cansazo, pero ollo que tamén é un libro de xogo literario humorístico e retranqueiro divertido de ler. Non pensemos que estamos ante unha sañuda novela das novelas. É un libro para os lectores que convida a reflexionar pero non obriga a facelo. Como case todos dos meus libros, ofrece moito para que cada lector colla del o que queira. Ten varios niveis de lectura segundo o tipo de lectorado que se achegue a el". A arte, a cultura, filosofar, están en perigo de extinción? Hai esperanza? J.E.B.: "Claro que hai esperanza, pero haina para a cultura entendida como “artes e festexos” e tamén hai esperanza para a cultura do audiovisual. As persoas cada vez teñen menos tempo e paciencia para deterse a desentrañar os códigos das obras literarias con moitas páxinas e poucos debuxos. Agora é preferible esquecerse dos problemas da vida diaria engulindo series ou enchendo o disco duro de películas das plataformas dixitais que, unha vez vistas, serán borradas, se é que son vistas. No século XIX un libro entretiña a unha familia enteira que sentaba a escoitar a unha persoa que o lía en voz alta. Hoxe hai tanto de todo e por tantos medios que hai unha auténtica saturación, quedando o libro (literario) relegado a unhas poucas persoas. En Galicia aínda é moito máis abafante porque é un sistema literario moi pequeno. Posibles solucións? Pois escribir sempre o mesmo libro de trama trepidante que entreteña moito, escrito por unha persoa con coñecementos en guión ci-

O escritor Jorge Emilio Bóveda. nematográfico como eses guionistas que gañaron o Premio Planeta co pseudónimo Carmen Mola, ou ser un escritor moi orixinal, creativo, traballador e con moito talento, como por exemplo Juan Tallón e algúns outros desta provincia". Porén sempre hai un grupo de irredutibles que tentarán manter viva a chama da cultura. J.E.B.: "Pero igual tampouco se trata da “chama da cultura”. Cada grupo defende á súa maneira o que os seus membros consideran “cultura”. Non hai por que coincidir. Igual idealizamos demasiado a palabra “cultura” e non temos moi claro do que é realmente (eu inclúome nesa ignorancia). Para algúns cultura so é mencionar os títulos dos libros, para outros cultura ten que ver coa política, para outrs son xuntanzas arredor da figura dun escritor morto, para outrs é so a etnografía, para outrs a historia, a música, para outros a cultura é todo o que NON teña que ver con escritores que estean vivos ou para outros é pecharse nun

cuarto e ler todos os libros que sexa posible no tempo de vida... O máis difícil de todo isto é que estas persoas, coas súas ideas sobre a cultura tan dispares, se poñan de acordo nun proxecto común e total que defenda as artes. Non ten moi boa solución e quizais nos lugares pequenos, menos. Outra cousa é que se lle dean as costas completamente a calquera manifestación artística. Ese é outro cantar e é horroroso e desafinado porque trae á mente recordos da historia indesexables". Illa Galana cada vez é máis real? J.E.B.: "Todo o contrario. Prefiro que o lector descubra por que digo que é contrario ao real. Aínda que si podo afirmar que illa Galana pode ser un transunto da nosa sociedade en algún aspecto. Por certo, o nome illa Galana é unha homenaxe ás irmás Galanas do meu libro do 2017 O monstro de Ille". O Bóveda escritor síntese cada vez máis preto de Illa Galana? J.E.B.: "Non oh!, sín-

tome, precisamente, cada vez máis lonxe. Cada vez máis solitario pero á vez rodeado de libros e dos meus seres queridos máis próximos. Eu so quero estar tranquilo e tentar facer literatura cando non estou traballando no meu emprego". Esta creo que é a túa novela número trece, alguna diferenza e/ou semellanza coas outras? J.E.B.: "Todas as semellanzas posibles. Todas teñen nexos comúns e incluso comparten personaxes. O personaxe principal de Anoitece en Vulgaria, Alexandre Ossorio, tamén sae nalgúns outros libros e está unido con algúns outros de outras publicacións. Un día decateime de que levaba anos creando un mundo persoal de camiños entrecruzados, non sei se debería pescudar se é para ben ou para mal, inda que tampouco me tira o sono buscarlle unha utilidade a todo canto escribo. Dáme un pouco igual. Xosé Carlos Caneiro chamoume nunha ocasión letraferido, pero igual non son iso. Simplemente escribo porque necesito

Xa pensando na seguinte novela? Sobre que trataría? J.E.B.: "Como lle dixen a Xerardo Méndez nunha conversa para a revista INviable, se escribes unha páxina diaria durante un ano, ao cabo do ano tes 365 páxinas. Eu non son tan maniático como Gustave Flauvert que botaba meses para escribir unha páxina inda que si que coido o que escribo e en cada novo libro coido a páxina máis e máis. Teño varias novelas rematadas e reescribo as súas páxinas día a día como terapia vital". “Anoitece en Vulgaria” onde se pode mercar? J.E.B.: "Coma todas as anteriores, en todas as librarías de Galicia. Está distribuída polo Consorcio Editorial Galego. Tamén abunda polas redes".

“Illa Galana pode ser un transunto da nosa sociedade en algún aspecto”

Portada de Anoitece en Vulgaria.


4

Barrios 26 de abril 2022

OURENSE

SOS Ucraína, para axudar aos refuxiados

EN BREVE 4 Scape Room No albergue Eligio Rivas de Ourense desenvólvese ata o 1 de maio o Escape Room Xacobeo 21-22, que consiste en crear unha misión cuxo contido é temática é o Camiño de Santiago. Os interesados en participar terán que facelo en grupos dun máximo de seis persoas maiores de 6 anos e contarán en todo momento cun director de xogos e un monitor. Para inscribirse só terán que enviar un correo electrónico ao enderezo lucusescaperoom@ gmail.com.

4 Peche contable O Concello completa o peche do exercicio contable en abril por primeira vez en 10 anos. O alcalde valora positivamente este paso e subliña que “o Concello é máis áxil, está desoxidándose, e cada vez está funcionando mellor”. O peche do exercio permite determinar o remanente de tesourería e aprobar modificacións orzamentarias para obras e servizos.

4 Áreas de Goberno A restruturación das área de Goberno que pretendía o alcalde deberán esperar. Quedará provisionalmente sen efecto ata que se aborde unha reestruturación paralela de competencias e orzamentos, xa que a actual non é a axeitada para incorporar os cambios previstos, polo que os cambios posporanse até a aprobación duns novos orzamentos municipais.

4 Sendas A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou por 1.513.631 euros as obras para executar 3 sendas nas estradas OU-105, OU-536 e na avenida de Ponferrada, no concello de Ourense.

4 Axudas Ata o 22 de maio permanecerá aberto o prazo para as axudas a entidades sociais sen ánimo de lucro.

4 A gala benéfica terá lugar no Auditorio de Ourense o venres 29 de abril. Redacción

Son moitos os ourensáns que optan por manter a máscara./I.OSORIO.

Cautela co fin da máscara en interiores 4 A Xunta recomenda o uso da mesma en interiores debido ao alto número de ingresos. R.T. A noticia do fin das máscaras en interiores podería ser unha grande noticia senón fora por que aínda existe certas reticencias sobre esta medida. Reticencias, en Galicia, que se deben ao incremento de hospitalizacións por covid19 -non así de contaxios-. Por este motivo, a pesar do Real Decreto (publicado no BOE o 20 de abril o mesmo día que entra en vigor a medida) que da por conluida a obrigatoriedade do uso da máscara en interiores, desde a Xunta de Galicia recomendan o uso da mesma, sobre todo nos casos nos que non haxa a ventilación axeitada e non se respecte a distancia de seguridade (1,5 metros). E é que os datos da nosa comunidade preocupan con máis de 14.000 positivos, 678 hospitalizados e 28 pacientes en UCI. Se miramos cara a nosa provincia, Ourense conta con 1.919 pacientes con infección activa, 108 hospitalizados e cinco en coidados intensivos, situándose en nivel de alerta máximo. Na capital, os hospitalizados en planta son 83,

mentres que os que están no UCI son cinco (catro no CHUO e un na Clínica Santa Teresa). No hospital do Barco hai 15 hospitalizados e no de Verín, 10. Directrices A Xunta de Galicia elabora un documento coas directrices sobre o uso da máscaras na comunidade. Así, tal e como recolle o documento, é obrigatorio o uso da mascarilas en centros, servizos e establecementos sanitarios para o persoal traballador, visitantes e persoas ingresadas cando non permanezan na súa habitación. Tamén é obrigatoria en centros sociosanitarios para o persoal traballador, visitantes cando estean en zonas compartidas, e traballadores e usuarios de centros sociosanitarios non residenciais (centros de día, centros ocupacionais, etc.) e os seus acompañantes cando accedan ao centro. No transporte público, incluido o transporte escolar, tamén será de obriga a súa utilización Non sendo obrigatoria nos casos anteriores para as persoas menores de seis anos e aquelas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respi-

ratoria que poida verse agravada, ou que pola súa situación de discapacidade e dependencia non dispoña de autonomía para quitala. Así mesmo, recoméndase o uso da máscara nos casos sospeitosos e confirmados de covid e contactos estreitos de casos. Tamén se recomenda, na poboación xeral, ás persoas vulnerables (maiores de 60 anos, embarazadas e imunodeprimidas) a contorna onde haxe persoas ulnerables, incluído no ámbito laboral, que, ademais, aconsella usala nos casos citados anteriormente de non cumprir coa distancia de seguridade e unha inapropada ventilación.

A Xunta recomendan o uso da máscara en interiores cando non haxa a ventilación axeitada e non se respecte a distancia de seguridade (1,5 metros)

O vindeiro venres, 29 de abril (ás 20.30 horas), o Auditorio Municipal de Ourense vístese de solidariedade para acoller unha gala benéfica a favor dos refuxiados de Ucraína. Entradas O prezo da entrada para este evento é de 12 euros e se pode adquirir en Orixe Publicidade (r/ Francisco de Moure 20, Ourense) ou en ataquilla.com. Tamén haberá unha fila cero para quen queira colaborar dunha maneira desinteresada; para elo, a organización pon unha conta para este fin (Abanca, conta ES03 2080 5263 0430 4006 5289). Os beneficios do evento serán doados á misión crise Ucraína de Cruz Vermella. Na presentación do

O prezo da entrada é de 12 euros e pódese adquirir en Orixe Publicidade (r/ Franciso de Moure 20) ou en ataquilla.com. Tamén hai unha fila 0

evento, Avelino Jácome, organizador do evento, agradeceu a colaboración de todas as firmas implicadas e organizacións participantes. José Carlos Castro (tamén organizador) pola sua banda, fixo fincapé na solidaridade dos 14 artistas e agrupacións que participan de xeito solidario na gala. Marina Sánchez, unha das presentadoras da gala, realizou un chamamento a solidaridade para encher o Auditorio. “As vitimas mereceno, queremolo facer dende a alegría e coa linguaxe universal da música. Actuacións A presentación da gala correrá a cargo de Lucía Rodrígue e Marina Sánchez, que irán presentando aos distinto artistas que irán subindo ao escenario do autorio ourensán. Os artistas invitados serán: Emilio Rúa, Lume na lareira, Escuchando Elefantes, Antonio Barrios e iAlme, Acordeóns de Celanova, Ghostbusters Costa Oeste, Velusa e Miki Carvalho, Os Trasnos de Doade, María do Ceo, Dr. Coverall, Iván Pérez, Faylinn e Lorien. Tamén haberá un photocall cos Cazapantasmas para todo aquel que se queira retratar con tan icónicos personaxes do cinema dos anos oitenta.

Presentación da gala benéfica a favor de Ucraína.


CIDADE

Audioguía en Santomé Redacción A Concellería de Turismo pon en marcha audioguías para divulgar a riqueza arqueolóxica do Castro de Santomé. instalouse o panel informativo que informa deste novo servizo turístico, que dará unha visión xeral do conxunto arqueolóxico e os lugares do xacemento escavados máis importantes. As audioguías xa están

operativas na web da Concellería de Turismo: https://www.turismodeourense.gal/audioguias/audioguias-santome/. Estas audioguías, dispoñibles en galego, castelán, inglés, francés e portugués, explicarán conceptos como unha Introdución, Poboado castrexo, Panorámica da paisaxe, Vexetación da contorna de Santomé, Conxunto habitacional articulado a partir dunha rúa, Conxunto habitacional, Torreón, Lagar e espazo columnado.

A Xunta construirá una pista cuberta no Ferro Couselo 4 Investirá preto de 500.000 euros. Redacción

Panel informativo no Castro de Santomé.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, anunciou na súa visita ao IES Xesús Ferro Couselo, a licitación das obras de construción dunha pista cuberta na que a Consellería de Educación investirá 492.390 euros. Contará cun prazo de execución de tres meses. O delegado territorial explicou que este contrato tramitarase polo procedemento aberto con tramitación urxente para

Relatos de auga intelixente

Aluguer de vivenda

Redacción Entregáronse os premios da 7ª edición de “Relatos de auga intelixente”, que organiza Viaqua e na que colabora a Concellería de Educación. O Colexio Divina Pastora da cidade foi o centro que máis relatos presentou de toda Galicia, cun total de 144 relatos. Ademais, Uxía Gómez Vázquez, gañou o primeiro premio na

categoría de relatos creativos, coa obra “A terra da auga”, e Joaquín Rodríguez Rebolledo quedou en segundo lugar nesta mesma categoría.

Entrega dos premios no Salón de Plenos do Concello de Ourense.

Redacción A Xunta adxudica unha nova vivenda de promoción pública en réxime de aluguer na cidade de Ourense. O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, entregou do inmoble emprazado no número 3 da rúa Manuel Lago, nº 3. Ten unha superficie útil de 64,44 m2 e consta de recibidor, salón, 2

que estén listo durante o inicio do próximo curso 2022/2023. Alén incidiu na necesidade de ampliar a zona de

uso exterior do instituto, creando unha pista cuberta con acceso tamén cuberto para un maior aproveitamento dos espazos exteriores do centro en todo tipo de condicións meteorolóxicas. Gabriel Alén explicou que para permitir un acceso exterior cuberto á nova pista exterior, executarase unha pasarela sobre o chan existente que cubra mediante unha lousa de formigón armado o percorrido ata a pista.

Alén, segundo pola dereita, no IES Ferro Couselo. dormitorios, 1 baño, cociña, lavadoiro e un vestíbulo. Tamén dispón de rocho e garaxe. A vivenda foi adxudicada en réxime de alugamen-

to, polo que seu inquilino pagará unha renda mensual que non excede dos cen euros, en función dos ingresos da persoa adxudicataria.

Entrega de chaves á inquilina beneficiaria.

Barrios 26 de abril 2022

5

Makers camps Redacción O Concello desenvolve os “Makers camps”, campamentos de actividades “maker” para rapaces e rapazas de 8 a 11 años. Todas as actividades serán no edificio da Escola Informática do Campus de Ourense. Realizaranse tres campamentos (os días 16 e 17 de maio; 27, 28 e 29 de xuño; e 30 de xuño, 1 e 2 de xullo) nos que os participantes gozarán dun programa de actividades baseadas na experimentación e no descubrimento, relacionadas co mundo “Maker” e as novas tecnoloxías: construirán, programarán e controlarán robots pensados para o ámbito educativo, deseñarán e imprimirán as súas primeiras creacións en 3D, e mergullaranse en mundos de realidade virtual con breves experiencias inmersivas e aprenderán a programar os seus primeiros videoxogos con linguaxes básicos visuais. As actividades contan coa asistencia permanente de monitores especializados con anos de experiencias neste tipo de iniciativas ocio-educativas. O prazo de inscrición para o primeiro campamento abrirase o día 29 de abril a través da ligazón https://captioma. com/makercamps-ourense/.


6

Barrios 26 de abril 2022

EN BREVE 4 Parque empresarial A Xunta acaba de iniciar a análise para a adxudicación dunha parcela do parque empresarial de Xinzo de Limia que abarca unha superficie de case 2.600 m2. A parcela pola que existe interese suporá un investimento de 88.957 euros. O Instituto Galego da Vivenda e Solo está a analizar a oferta presentada.

4 Museo do Entroido O Concello de Xinzo busca a inclusión do Museo do Entroido no Sistema Galego nun novo intento de dinamizalo debido ao número de visitas, inferior ao desexado. Ademais búscanso medidas para dar un maior pulo, como pode ser os dunha maior estabilidade nos horarios e días de apertura.

XINZO DE LIMIA

Campaña para o bo uso de contedores de reciclaxe 4 Ademais da recollida de excrementos de animais. Redacción As malas prácticas dalgúns fixeron que desde o Concello iniciaran unha campaña informativa para o bo uso dos contedores e a recollida de excrementos de animais. A campaña -que se difunde na web do concello e nas súas redes sociais- mostra unha vintena de pautas que fan fincapé nos horarios para o depósito do lixo e recomendacións para unha correcta reciclaxe. Así, recórdase que no contedor azul só se deposita o papel e o cartón; que no verde só se recicla vidro e que no

amarelo deben depositarse os envases metálicos, de plástico e bricks. Horarios Tamén desde o concello insisten en que as bolsas de materia orgánica non poderá depositarse antes da 20 horas nin despois das 3 horas, todos os días do ano. Do mesmo xeito, o ente local recorda que existen recipientes específicos para pilas ou roupa, ademais da dirección ou o contacto do Punto Limpo. Activouse un novo número de teléfono para solicitar a retirada de voluminosos e nas redes sociais do Concello xa se informou sobre os horarios e os días nos que se poden depositar este tipo de resi-

duos nestas instalacións. Será os mércores e xoves de 17 horas a 19 horas e o sábado de 10 a 14 horas. No relativo á recollida de excrementos de animais, insístese en que se trata dunha responsabilidade do propietario e en que a multa por non cumprir con ela pode chegar ata os 500 euros.

As bolsas de materia orgánica non poderán depositarse antes da 20 horas nin despois das 3 horas, todos os días do ano

4 Campaña informativa O IES Lagoa de Antela foi o escenario dunha campaña informativa, organizada pola Xefatura Provincial de Tráfico a petición do Concello, sobre os perigos de conducir baixo os efectos do alcohol e das drogas. Os estudantes de Bacharelato -máis dun cento- tiveron ocasión de comprobar, cunhas gafas 3D que simulan os efectos destas sustancias, os riscos de conducir despois de consumilas.

4 Facilitará maquinaria mecánica. Redacción O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o da Asociación de Produtores de Pataca da Limia, Amador Díaz, reuníronse no Pazo Provincial para abordar o compromiso do ente provincial coa asociación limiá. Baltar, destacou a importancia da pataca e da comarca da Limia dentro da economía ourensá, e a aposta do seu goberno polo medio rural, asegurando que "sempre estaremos en primeira liña de apoio aos sectores produtivos”. O presidente provincial recordou que, segundo refrendan estudos "realizados polo Inorde e a UVigo" a pataca da Limia é "un produto estrela da nosa despensa". Por iso, desde a Deputación apostan por reforzar o compromiso con

esta asociación de produtores. Manuel Baltar recordou que en 2018 comprometeuse á compra de maquinaria para acodicionar as pistas de acceso ás explotacións de pataca. "Nesta ocasión, a partida económica facilitará este traballo mecánico, anunciou o presidente". Tamén incidiu en que fcilitarase "que a maquinaria poida empregarse co persoal axeitado e esté a disposición da asociación en todo o que sexa necesario no seu traballo” Díaz Pola súa banda, Amador Díaz valorou a implicación da Deputación coa Asociación de Produtores de Pataca da Limia. “Unha vez máis, este apoio é moi importante para poñer en marcha a maquinaria e acondicionar as pistas. Dende a asociación estamos moi agradecidos polo seu compromiso”.

Contedores situados na avenida de Madrid de Xinzo.

Manuel Baltar con Amador Díaz./A.PAZ.

4 Regenera Limia A Confederación Hidrográfica del Miño-Sil (CHMS) recibiu a visita do persoal MITECO, da Confederación do Ebro e dos Gobernos de Aragón e A Rioxa dentro dos proxectos Life de cooperación e intercambio de experiencias. O obxectivo era mostrar os resultados obtidos a través do Regenera Limia, que proporcionaba a agricultores e gandeiros as ferramentas adecuadas para ter unha actividade produtiva e sostible. Estes resultados foron valorados moi positivamente.

A Deputación apoia aos produtores de pataca da Limia

Novos pasos de peóns Redacción Penabad e Lama na sala de baño de vapor.

Baño de vapor A piscina climatizada de Xinzo de Limia conta cun novo servizo. A partir de agora, a instalación conta cun baño de vapor. Esta mellora súmase ás que se executaron nos últimos meses nas piscinas exteriores, ademais de nas pistas que completan o complexo deportivo. O Concello puxo marcha unha app que permite controlar o aforo e facilitar este trámite a veciños e visitantes. Deste xeito, poden realizarse tamén os pagos dos pases e incluso reservas para distintas xornadas, ademais do pase ás pistas de pádel e tenis. Esta aplicación gratuíta atópase nas tendas de IOS e de Android dos dispositivos móbiles buscando por Xinzo de Limia.

O Concello avanza no Plan de Seguridade Viaria con novos pasos de

peóns -e repintado dos xa esxistentes- e renovando as sinais horizontais. A actuación, que xa foi adxudicada, conta cun orzamento de 15.648 euros. Os novos pasos de peóns crearanse nas inmediacións do CEIP Rosalía de Castro.

Presentación do plan de Seguridade.


XINZO DE LIMIA

VI concurso de narración Carlos Casares 4 Repartirá 2.000 euros en premios entre os escolares. Redacción O Concurso infantil e xuvenil de narración curta Carlos Casares chega á súa sexta edición, e, co gallo da próxima celebración das Letras Galegas, a Concellería de Cultura vén de facer públicas as bases polas que se rexerá o certame. Outorgaranse dous galardóns en cada unha das sete categorías (en total repartiranse case 2.000 euros en premios), consistentes en vales para mercar libros e material escolar nas librarías de Xinzo de Limia. Poderán participar alumnos e alumnas dende Infantil ata Bacharelato cun relato escrito inédito e redactado en lingua galega. A temática será libre e establécense sete categorías: unha para os cursos de infantil; tres para os diferentes ciclos de primaria; dúas para os de secundaria e unha para os alumnos de bacharelato en adiante. Está previsto que o fallo do xurado, composto por membros da Fundación Carlos Casares, escritores limiaos, profesores de Lingua e Literatura e téc-

nicos de Cultura e Educación do Concello, se faga público o 17 de maio -coincidindo co Día das Letras Galegas-. Cómpre destacar que as obras non serán devoltas e quedarán depositadas no arquivo municipal dos Premios Literarios Carlos Casares. Participación Os relatos poderán ser enviados ao enderezo de correo electrónico cultura@xinzo.gal, incluíndo o título da obra e os datos do autor cun teléfono ou mail de contacto. Os traballos tamén poderán ser entregados en formato físico na Casa da Cultura ou nos centros escolares de Xinzo. Neste caso deberán presentarse nun sobre grande no que figure por fóra tan só o título da obra. No seu interior, ademais do texto orixinal, deberá aparecer outro sobre pequeno que conterá, así mesmo, o título da obra e os datos do autor. Serán nulos os traballos que leven á vista o nome. O prazo para participar remata o 6 de maio.

Alumnos do programa en Santa Mariña.

Un seminario pecha o programa de maiores 4 Na igrexa de Santa Mariña. Redacción Os participantes no Programa Universitario de Maiores que se desenvolveu en Xinzo de Limia ao longo do mes de abril puxeron o punto e final co seminario “Dando luz ao románico... Escoitando

o falar das imaxes petrificadas” que se celebrou na igrexa de Santa Mariña e San Xoán, esta última en Vilar de Santos. Tras unha introdución teórica na Casa da Cultura da man de Carolina Casal, doutora en arte medieval pola Universidade de Santiago de Compos-

tela, realizáronse visitas guiadas que puxeron en valor o patrimonio cultural destes dous concellos. Carolina Casal destacou a “exquisita iluminación” da que poden presumir as igrexas e asegurou que o que máis impresionou aos participantes foi a historiografía actual. Tamén explicou que con este seminario conseguiuse dar a coñecer á poboación a importancia do seu patrimonio, moitas veces descoñecido. A alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, asistiu ao seminario e destacou a importancia do Programa de Maiores para achegar os estudos universitarios aos maiores de 50 anos. “O coñecemento non ten límites ni idades para aprender”. Durante o programa ofrecéronse distintas actividades formativas e culturais. Afondouse no papel que desempeñan as familias na educación, no cine e na arte románica.

7

EN BREVE 4 O Legado A praza Maior de Xinzo converteuse nunha sala de cine ao acoller a proxección da curta “O legado”, na que a tradición da Pantalla e como se transmite de xeración e xeración é o fío condutor desta obra audiovisual. Ademais, o acto servui para que os limiáns despediran á charanga XL, depedíndose do público despois de anos amenizando festas por toda a xeografía galega.

4 Exposición A Casa da Cultura de Xinzo acolle a exposición “Mulleres símbolo do rural”, promovida pola Asociación Escola Rural de Saúde da Limia e na que colabora o Concello.

4 Pataca O Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro, dependente do Inorde, incrementou nun 20% aproximadamente a porcentaxe de peticións, por parte dos agricultores, os análisis para plantar patacas. No que vai de ano son xa 1.400 analíticas de chan pedidas.

4 Itinerario fotográfico

O obradoiro impartiuse en Parada de Ribeira.

Obradoiros da memoria

Cartel do concurso literario.

Barrios 26 de abril 2022

O Concello de Xinzo de Limia (en colaboración coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense) continúa cos obradoiros para paliar o deterioro cognitivo dos maiores. Os últimos en participar foron unha vintena de veciños de Parada de Ribeira. Os maiores de 64 anos son os destinatarios e a intención é estender a iniciativa ao resto dos pobos. Así, a través da concellería de Servizos Sociais ofrécense obradoiros de memoria que permiten frear o deterioro cognitivo e loitar contra o esquecemento que causan enfermidades que se agravan coa idade.

A Deputación de Ourense creou un itinerario fotográfico polos concellos que atravesa o río Limia, no cal se sinalaron por profesionais da fotografía uns puntos de referencia, colocándose neles uns soportes selfi para dar a posibilidade aos visitantes de tomar -ca súa cámara ou teléfono móbilinstantáneas dun nivel paisaxístico elevado.


8

Barrios 26 de abril 2022

VERÍN

EN BREVE

dos festexos, e até primeira hora da tarde, haberá na Alameda un posto de polbo. O pan é o viño serán gratuítos, ao estaren subvencionados, como é habitual desde os anos oitenta, polo Concello de Verín.

4 Conexión móbiles

As operadoras de telefonía móbil, Telefónica, Vodafone e Orange, anunciaron que durante as próximas semanas realizarán en Verín o proceso de implantación dos servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, sobre as bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, o que permitirá aos veciños gozar de conexións móbiles de alta velocidade cunha mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica. O proceso de implantación está a realizarse de forma paulatina por toda a xeografía nacional. Para comprobar as localidades onde xa están activos estes servizos pódese consultar a seguinte ligazón: https://www.llega700.es/ contacto_mapa.php. Para xestionar estes servizos, púxose ao dispor dos cidadáns un teléfono de atención gratuíto (900 833 999) e unha páxina web www.Llega700.es.

4 Feira do Lázaro O Concello de Verín realizou unha enquisa aos expositores participantes na Feira do Lázaro. Devandita enquisa arroxou uns datos positivos, nos que o 93% deles repetirían na feira en vindeiras edicións.

4 Entreculturas O Festival de Teatro Entreculturas regresa a Verín. O Auditorio acolle o 30 de abril (sábado ás 20.30h) a obra “Un Desastre de Función”, e “Yallah! Yallah!” o domingo, 8 de maio, ás 19 horas.

Somoza presentando os Maios de Verín./C.M.

Os Maios regresan ao grande 4 Verín retoma a programación presencial. Redacción O Concello de Verín retoma a programación presencial dos Maios cun completo abano de actividades, tras dous anos de parón obrigado provocado pola Covid-19. Tamén recupera a Feira Solidaria que contará coa participación de varias entidades sen ánimo de lucro, que ofrecerán todo tipo de produtos e servizos con fins solidarios. As actividades concetraranse na Alameda e praza Maior e terán lugar o 30 de abril e o 1 de maio. A concelleira da área de Educación Cultura e Festexos, Emilia Somoza, presentou estas actividades, nas que o sábado, 30 de abril, na praza García Barbón terá lugar un emotivo acto conmemorativo con motivo do centenario do nacemento de Enrique Gómez Pato. Para esta ocasión, o eba-

nista Gerardo Fernández esculpiu un busto, e o escritor Edelmiro Mateo escribiu o libro, editado polo Concello de Verín, "O poeta esquecido - in memoriam do Pato; serán presentados na praza Maior ás 20.30 horas. Para o domingo 1 de maio, desde as 11 horas, está prevista a exhibición dos maios tradicionais e artísticos confeccionados polos diferentes colectivos e asociacións participantes. Á mesma hora estarán á venda tamén as coplas do Certame Enrique Gómez Pato, editadas polo Concello de Verín. O exemplar venderase a 2 euro e o diñeiro recadado coa venda de 500 exemplares destinaranse ao financiamento do programa da UNICEF “Emerxencia na Ucraína”. Ás 13h. terá lugar na Alameda o tradicional concerto da Banda de Música do Conservatorio de Verín. Durante a programación

Feira Solidaria Por outra banda, o mesmo 1 de maio, a praza García Barbón, acolle ademais a quinta edición da Feira Solidaria. Entre os obxectivos da feira atópanse proporcionar información sobre as distintas asociacións que participan no evento e dos servizos que ofrecen e conseguir apoio económico para poder seguir levando a cabo os seus proxectos e actividades e a creación dun marco de cooperación común entre os seus organizadores e colaboradores. No marco desta celebración, ás 10 horas, haberá unha andaina solidaria en beneficio de Cruz Vermella Monterrei. O percorrido será de 10 quilómetros e comezará na Pousa (Centro Social do Clube Sendeirista Monterrei). As inscricións, que terán un prezo de 5 euros (importe que irá destinado integramente a AECC), poderán adquirirse en Ferretería Lucas (rúa Galicia, 6.) até o 29 de abril. O horario de apertura dos Stands da Feira Solidaria será de 10 a 20 horas.

Os Maios exhibiranse o 1 de maio de 11 a 20 horas

Boa acollida da DO Monterrei en Valencia 4 Tamén se promocionou no Casino de Madrid. Redacción A Denominación de Orixe Monterrei participou no "Espai Verema Valencia", cun éxito de asistencia de público ao espazo da mesma. Máis dun centenar de asistentes achegáronse até a área de Monterrei para descubrir as tipoloxías de viños, características edafoclimáticas, variedades de uva, historia e patrimonio vitivinícola; ademais de poder degustar os tintos e brancos de varias das adegas da denominación. É o primeiro evento de Verema no que participa a DO Monterrei neste ano, "e a participación no mesmo conforma un importante escaparate para mostrar os viños a un amplo espectro de público, desde o sector da restauración e hostalaría e distribución, até o consumidor final", destaca a presidenta do Consello Regulador, Lara Da Silva.

Madrid A primeira promoción da DO fóra de Galicia foi no Casino de Madrid. Alí, congregáronse socios da entidade, sumilliers, representantes do sector de restauración e medios de comunicación especializados. A través do viños, os asistentes realizaron unha viaxes visual, olfativa e gustativa polo territorio de Monterrei coñecendo, ademais, a tradición e historia vitivinícola da zona. Abanca DO e Abanca volven colaborar coa firma dun convenio. O mesmo recae nas necesidades máis perentorias para o colectivo, moi marcadas nestes primeiros meses do ano no crédito. Por iso, inclúense produtos con condicións melloradas na contratación, entre os que destaca unha conta de crédito deseñada para financiar os gastos de abono, fertilizantes, poda e outros aspectos da actividade do sector.

Sinatura do convenio con Abanca.


PUBLICIDADE

Barrios 26 de abril 2022

9


10

Barrios 26 de abril 2022

Conexión AVE Redacción Os autobuses entre Verín e A Gudiña adáptanse para facilitar cinco enlaces ao día cos servizos de tren a Madrid. Créase unha nova liña entre Verín e a estación de tren da Gudiña, que ofrecerá un servizo ao día. Ademais, engádese unha expedición máis na liña que conecta Viana do Bolo e Verín, con parada na citada terminal. Estes dous novos servizos amplían de dous a cinco os enlaces diarios coordinados coas saídas e chegadas dos trens Alvia con orixe ou destino na capital. A nova liña entre Verín e A Gudiña ofrecerá un servizo con saída ás 09.30 h e chegada á estación ás 10.20 h; así, a espera será menor de 15 minutos para acceder ao tren, que ten hora prevista de paso cara a Madrid ás 10.34 horas. A Xunta tamén garante o enlace co seguinte tren, que realiza unha parada na Gudiña ás 13.43 h, adiantando ata as 12,30 horas, o servizo entre Verín e Viana do Bolo. Cómpre lembrar que para os pasaxeiros que saen de Verín e collen o último tren do día cara a Madrid, 19.28 h, pola Gudiña, os autobuses xa ofrecen unha conexión cos horarios vixentes. Para o traxecto de volta haberá dous posibles enlaces: co tren que chega de Madrid á Gudiña ás 15.37 h; e co das 20.05 horas, cunha nova expedición na liña que une Viana do Bolo e Verín, que contará con hora de paso aproximada pola estación ás 20.27 horas.

VERÍN

Seoane preprara un proxecto de autonomía enerxética 4 Co que pretende captar fondos europeos. Redacción O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, lanzou unha novidosa idea coa que pretende captar fondos europeos. Adiantou que o Concello prepara un proxecto para dotar de autonomía enerxética aos 16 núcleos do rural de Verín, mediante enerxía solar. O rexedor fixo este anuncio nunha xornada de Agader que reuniu aos alcaldes da comarca de Monterrei para deseñar o Plan Integral de Recuperación da área suroriental de Ourense. Seoane reclamou a implicación da Xunta para solucionar os que considera os dous grandes problemas da comarca: a falta de auga e a suficiencia enerxética. Neste sentido, adiantou que Verín traballa nun proxecto para constituír comunidades

Únete ao reto Redacción A campaña de reciclaxe Únete ao reto chega a Verín promovendo novas accións de sensibilización entre a cidadanía. Na vila do Támega instalouse un contedor amarelo xiganta na praza do Concello. Este elementos está construído en madeira reciclada e conta cunhas dimensións de 2,5

enerxéticas (amparadas na lexislación actual) para que as 16 aldeas de Verín instalen parques solares nos seus terreos comúns, e consigan suficiencia enerxética para os seus membros. "Será un exemplo revolucionario de sostibilidade", no que se vivirá nunha aldea "coa electricidade practicamente gratis" afirmou Seoane. O alcalde sinalou que traballa actualmente na redacción dos proxectos técnicos e no deseño e viabilidade destas instalacións.

En canto á falta de auga, o rexedor de Verín expuxo un proxecto intermunicipal para solucionar a sobre explotación de captacións de acuíferos subterráneos e da conca do Támega, pasaría por realizar unha captación no embalse das Portas.

O proxecto contempla que as 16 aldeas de Verín instalen parques solares

Seoane dando explicacións na reunión Plan Suroriental. metros de ancho por 4,5 metros de altura, coa finalidade de chamar a atención e animar aos veciños a contribuír a que se logre aumentar nun 10% a recollida de envases de plástico con respecto ás cifras depositadas neste mesmo período o ano pasado (1 de marzo a 31 de maio), que foi de 1.700 toneladas. Ademais da contribución ao coidado do medio ambiente, cómpre lembrar que todos os concellos que superen o reto recibirán

como recompensa unha achega de 2.000 euros para doar á causa social da súa elección.

O contedor xigante instalado en Verín.

Colaboración entre Aever e Abanca 4 Cunha oferta de produtos e servizos a medida para os asociados. Redacción Abanca e a Asociación de Empresarios de Verín (Aever) veñen de renovar, un ano máis, o seu acordo de colaboración mediante un catálogo de produtos e servizos deseñados a medida para os asociados. O texto foi rubricado parte da directora de zona de Abanca en Ourense Este, María José López Rubal, e do presidente de Aever, Santos Álvarez Diéguez. O plan de financiamento inclúe produtos e servizos que permitirán reforzar a competitividade dos proxectos e levar a cabo investimentos. Os empresarios contarán con produtos como préstamos persoais, leasing mobiliario e inmobiliario, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e xuros moi competitivos. Os asociados tamén terán á súa disposición outros produtos e servizos como as pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, confirming e

avais. Así mesmo, o convenio reflicte as liñas de comercio exterior e de financiamento oficial das que poderán beneficiarse as empresas mediante os programas do ICO, Igape e as SGR galegas, que o banco tramita. Vantaxes Os asociados gozarán das vantaxes que lles ofrece o Programa Servizos Abanca, que permite o aforro nos servizos bancarios máis habituais. A maiores, o banco ofrece o seu servizo de banca electrónica e TPV físico e virtual, este último de grande relevancia nos últimos tempos debido ao apoxeo do comercio por internet.

Os asociados terán á súa disposición produtos como pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, entre outras

Firma do convenio entre Aever e Abanca.


DEPORTES

O Sala Ourense, case salvado

Clavijo, próximo rival do COB

4 O Envialia cae ante o líder e o Cidade golea no derbi.

4 Penúltimo escollo para o ascenso.

R.T.

R.Torres

Esta fin de semana o Sala Ourense, coa súa vitoria ante o Parrulo B (5-2), logrou, virtualmente, a permanencia na Segunda B. Os de Kike García sobrepuxéronse ao gol en contra dos ferroláns e empataron o encontro antes do descanso. Na segunda metade, os locais -que nesta ocasión xogaban no municipal de Oira- certifiraron unha vitoria que os deixa coa salvación a tiro de pedra. Os ourensáns sumna unha racha de cinco vitorias consecutivas que pretenden continuar a vindeira semana, cando visiten ao A Estrada, equipo que está inmerso na loita pola permanencia. Envialia O Envialia non puido rascar nada da visita do

lider, Futsi a Ourense. As de Morenín estiveron todo o encontro á merced dun líder que non deu opción ás ourensás. A vindeira xornada o Ourense Envialia visita o Melilla. As norteafricanas son oitavas empatadas a puntos coas albinegras. Derbi A Segunda división deixou a pasada fin de semana un derbi ourensán que tivo a cor do Cidade das Burgas. As franxiverdes foron unha apisonadora e venceron ao filial do Envialia por 11 goles a dous. As pupilas de Manolo Codeso siguen con paso firme na segunda posición, por detrás dun intratable Viaxes Amarelle que suma os seus encontros por vitorias. Esta fin de semana visita á Fervenza.

Superado o primeiro escollo na fase de ascenso á LEB Ouro, o COB xa pensa no Clavijo, equipo co que se topa nos cuartos de final. Antes tivo que superar a un Mollet que apenas opuxo resistencia na eliminatoria (nin na ida nin na volta) de oitavos de final. Os de Guillermo Arenas superaran en terras catalanas o primeiro encontro e chegaban ao Pazo con 28 puntos de diferenza. No Paco Paz máis do mesmo, un conxunto ourensán moi superior que non deu opcións a un Mollet que xa festexaba coma un éxito estar disputando esta rolda de ascenso. O resultado final deste segundo partido foi un 93-59 que revitalizou as opcións ourensás de ascenso. O gran partido por parte de case toda a plantilla fai indicar que o COB vai polo bo camiño, aínda que este será todavía longo se quere ser equipo de LEB Ouro a vindeira tempada. Clavijo Para comezar, deberá afastar da loita polo

Sala Ourense - Parrulo B. /C DOMARCO.

ascenso a un equipo que está nun bo estado de forma. O Clavijo de Logroño é o próximo rival dos ourensáns. Desfíxose, na anterior eliminatoria, dun Ibiza ao que non lle deu opción algunha en ningún dos dous encontros que disputaron. A ida xogarase en Logroño este domingo, 1 de maio, a partir das 19 horas; a volta está prevista para o sábado, 7 de maios, ás sete da tarde no Pazo. De pasar esta eliminato-

Barrios 26 de abril 2022

11

ria, o COB enfrontaríase na decisiva ao vencedor do Zornotza - Navarra.

Fútbol

Eliminatorias O Cantabria xa é equipo de LEB Ouro despois de vencer ao Albacete na final. En todas as eliminatorias, salvo Valencia que eliminou a Burgos, o resto de equipos que pasaron foron equipo do grupo que xogou o COB.

A fase regular xa rematou na 3ª RFEF e deixou ao Ourene CF ao borde do ascenso. A súa vitoria, contra o Vilalbés, non foi suficiente para ascender directamente logo de que o Polvorín vencerá o seu encontro diante do Viveiro. Os de Rubén Domínguez terá unha nova oportunidade, tendo como primeiro rival na fase de ascenso ao Fabril. O Barco é o outro equipo ourensán que disputará a fase de ascenso. O Somozas será o rival dos valdeorreses na primeira eliminatoria. En caso de vitoria ourensá nas dúas eliminatorias poderían xogarse entre Ourene CF e Barco a praza de ascenso.

O COB xoga contra o Clavijo este domingo, 1 de maio, ás 19 horas en Logroño. A volta é o día 7 no Pazo (19 h)

Redacción

2ª RFEF O Arenteiro deu un paso de xigante nesta xornada ao vencer ao Coruxo por 2 a 1. Con esta vitoria os do Carballiño están a dous puntos da promoción de ascenso á 1ª RFEF e xa deixan a seis o descenso directo. Os de Fran Justo teñen un difícil viaxe esta fin de semana na que visitan ao Unión Adarve; os madrileños marchan na segunda posición.

O COB non deu opción ao Mollet. /C DOMARCO.

Autonómica Na Preferente Autonómica, a UD Ourense comeza a sacar vantaxe ante os seus rivais. Tras esta xornada os unionistas sacan seis puntos ao segundo clasificado, Gran Peña, e sete ao terceiro, Portonovo; cabe recordar que suben os dous primeiros clasificados. O Barbadás non puido vencer ao Umia nos Carrís (0-1) e sitúase sétimo e o Verín co seu empate (1-1) ante Pontevedra B é noveno. A vindeira xornada agarda o Umia - UD Ourense; Portonovo - Barbadás; e Vilaonga - Verín.


12

Barrios 26 de abril 2022

PROVINCIA

Licitadas dúas sendas nas vendas e Santa Baia

Área Termal de Barbantes Redacción A área termal de Barbantes -Cenlle- abriu ao público. Ata o 31 de maio faráo ás fins de semana de 13 a 20 horas. A partir de xuño, abrirá tódolos días da semana. Este complexo esta composto por tres piscinas hipotermales de entre 21 e 26 grados centígrados, dependendo da época do ano e das condicións meteorolóxicas. Neste espazo hai un amplo aparcamento de ata 60 prazas e un área para auto caravanas. Deste espazo parten varias rutas, co Miño como protagonista. Tamén dispón dun servizo de cafetería con ampla terraza. Nos arredores do área termal de Barbantes atópase o primeiro circuíto permanente de orientación deportiva de Galicia. Conta con cinco percorridos habilitados a pé ou en bicicleta nunha extensión de máis de 10 quilómetros a beira do Miño. O máis fácil ten tres quilómetros. Todos son circulares. Da área termal tamén parten tres rutas de sendeirismo: paseo termal do Miño (7 km), calzada romana (15 km) e a da Cova dá Moura (11 km). As dúas últimas son circulares. Ao longo das tres descóbrese o patrimonio cultural do municipio, como a fonte romana de Lagarellos ou a igrexa de Santa Baia de Laias e o recente Mirador da Moura onde se pode contemplar as dúas marxes do río Miño. Esta área son unhas instalacións promovidas polo Concello no ano 2013 a partir dunha surxencia natural de augas sulfurosas que contaron coa financiación de Agader e da Deputación Provincial de Ourense.

Área termal de Bentraces

4 O prazo de presentación de ofertas remata o 16 de maio. O delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; o deputado provincial, Pablo Pérez; o alcalde de San Cibrao, Manuel Pedro Fernández; a conselleira, Ángelez Vázquez; e o xerente da Zona Norte de Ecoembes, Fernando Blázquez.

Novos colectores de reciclaxe para a provincia 4 A Xunta entregou 100 unidades á Deputación. Redacción A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, desprazouse ata San Cibrao das Viñas para facer entrega de 100 novos colectores de reciclaxe á Deputación de Ourense. Estes cen colectores permitirán á Deputación potenciar un servizo que atende as necesidades de dous terzos dos habitantes da provincia, 200.000 persoas, en máis de 70 concellos. A conselleira destacou que coas novas unidades entregadas son xa 1.142 os colectores de reciclaxe postos a disposi-

Galicia Calidade Redacción A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, está a visitar as empresas certificadas polo selo de garantía na provincia de Ourense, para explicar as liñas de actuación do organismo e para recoller as opinións, suxestións e achegas das compañías. En Xinzo de Limia reuniuse cos responsables de Patatas Conde, empresa que naceu a comezos

ción dos concellos da provincia por parte da Xunta e Ecoembes. Un material que permite realizar “un traballo encomiable á única Deputación que presta este servizo nunha provincia na que, ademais, a dispersión da poboación non fai doado este labor”. Con este acto, engadiu, "nos últimos cinco anos entregáronse 10.000 contedores en toda Galicia para fomentar a reciclaxe".

catro anos, 450 deles para envases lixeiros e 30 para papel-cartón. En conxunto, a Deputación de Ourense conta con preto de 5.200 unidades distribuídas por máis de 70 concellos. Deste total, 900 colectores pertencen á fracción azul, recollendo o papel e cartón que depositan 124.000 habitantes de 61 concellos. O resto dos contedores, case 4.300, facilitan a reciclaxe de envases lixeiros a unha poboación de 147.000 persoas, destacando neste caso a pureza dos residuos recollidos nestas unidades e que alcanza ata o 75%.

Colectores Estes novos colectores súmanse aos preto de 500 contedores que a Xunta e Ecoembes entregaron á Deputación hai

A Deputación de Ourense conta con preto de 5.200 colectores distribuídos por máis de 70 concellos

da década dos 70 en Ourense, e na dos 80 ampliou o seu campo social á venda de patacas, tasladán-

dose a capital da Limia e iniciando a comercialización nacional e internacional do produto.

A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez con responsables de Patacas Conde. /RAMSÉS.

Redacción A Xunta vén de licitar as obras de dúas sendas viarias nas Vendas e Santa Baia, nos concellos de Esgos e do Pereiro de Aguiar. A A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, avanzou que o investimento ascende a 1,1 millóns de euros. As empresas interesadas na execución dos traballos teñen de prazo ata o 16 de maio para presentar as súas ofertas. Tal e como dixo a conselleira, o obxectivo é iniciar as obras, que contan cun prazo de execución de 6 meses, a comezo de outono, para así telas rematadas en primavera do ano que vén. Estes novos itinerarios, pola marxe esquerda da vía autonómica OU-536, sumarán algo máis de 3 km de lonxitude Segundo destacou a titular de Infraestruturas e Mobilidade, esta nova intervención da Xunta prioriza o reforzo da seguridade viaria dos usuarios vulnerables da estrada, especialmente dos peóns, e o fomento da mobilidade sostible, máis respectuosa co medio. Sendas A primeira senda, nas Venda, iniciarase no lí-

mite entre os municipios de Esgos e O Pereiro, no cruce de Ordelles, transcorrendo logo integramente por este concello de Esgos ata rematar no cruce de acceso á Cabalgada. Será un itinerario de preto de 1 km. A outra senda, a de Santa Baia, discorrerá polo municipio veciño do Pereiro de Aguiar, nun treito de 2 km, desde a glorieta da OU536, no punto quilométrico 8+800 ata, aproximadamente, o quilómetro 11 da estrada. Neste caso, sinalou a conselleira, hai un punto onde será necesario reducir os carrís, aos 3 metros de ancho, para encaixar o itinerario sen afectar a un muro que ten protección do patrimonio cultural. As sendas terán ancho variable, cun mínimo de 2 metro, e pavimento de formigón coloreado, agás nun treito que será en cor natural para unha mellor integración. Tamén se instalarán 4 novas marquesiñas para garantir unha espera máis confortable aos veciños que se desprazan en transporte público.

As sendas estarán rematadas na primavera do ano que vén

A conselleira, Ethel Vázquez, achegouse ata o concello de Esgos para anunciar as dúas sendas. /F. CASANOVA.


SOCIEDADE

Barrios 26 de abril 2022

13

Un proxecto de Lei mellorará a xestión do ciclo integral da auga

4 A Xunta porá a disposición dos concellos un sistema voluntario que garanta un servizo de calidade. Redacción A Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga foi aprobada no Consello da Xunta. Devandita lei servirá para mellorar a prestación dos servizos públicos do ciclo integral da auga. Así, a Xunta porá a disposición dos concellos un sistema voluntario que garanta unha xestión profesional e de calidade. A norma busca mellorar a calidade das augas atendendo a outras responsabilidades sociais, ambientais e económicas. Tamén, dará resposta á demanda persistente de axuda por parte dos municipios no exercicio das dúas responsabilidades sobre a xestión da auga. Deste xeito, haberá un modelo ao que se poderán sumar os concellos que o soliciten para mellorar a xestión das infraestruturas de abastecemento e saneamento que ofrecen. O proxecto de Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga inicia agora o seu trámite parlamentario co obxectivo de que resulte definitivamente aprobado no presente período de sesións e que poida entrar en vigor o vindeiro verán. O obxectivo é lograr que as infraestrututas hidráulicas funcionen de modo eficiente as 24 horas do días e os 365 días do ano. Adhesión voluntaria Concellos con dificultades para acadar por si mesmos melloras na xestión ofréceselles, median-

As infraestrututas hidráulicas deben funcionar de modo eficiente as 24 horas do días e os 365 días do ano. te esta lei, un modelo de adhesión voluntaria no que se regula o apoio nas súas competencias. Desde o Goberno autonómico, ven primordial dar pasos cara adiante para axudar a concellos con dificultades para prestar, dun xeito correcto, este servizo municipal que tan importante é para o medio natural, a calidade da auga, a saúde das persoas ou mesmo para actividades económicas como a pesca, o marisqueo, a acuicultura ou o turismo. A Xunta de Galicia mobilizou máis de 1.100 millóns de euros desde 2009 na execución de obras e infraestruturas hidráulicas abarcando unha grande extensión nos servizos de abastecemento, saneamento e depuración. Con esta inversión logrouse mellorar os indicadores de calidade das augas e o cumprimento das norma-

Coa nova lei búscase mellorar a xestión de infraestruturas das abastecemento e saneamento, ao tempo que se dá un servizo de calidade aos usuarios

tivas comunitarias. Xestión profesionalizada Agora, con este novo marco regulatorio preténdese dar un paso máis no camiño da correcta xestión do ciclo integral da auga apostando pola integración de servizos e pola xestión profesionalizada e especializada das infraestruturas e servizos asociados, partindo do coñecemento minucioso dos sistemas e da ordenación completa das súas instalacións. Ademais, apostarase pola xestión agrupada das infraestruturas e a aplicación de economías de escala, que implica menores custos derivados da optimización de materiais, equipos e persoal, permitindo aforros do 10%. Regulación Actualmente en Galicia hai varios modelos de xestión da auga (xestión municipal dos propios sistemas; consorcios, mancomunidades e sociedades supramuniciais; e depuradoras que son xestionadas directamente por Augas de Galicia (28 a

día de hoxe). A lei tamén ofrece a posibilidade de estender ese apoio ademais das depuradoras, aos colectores. A norma implica, ademais, un modelo único e prezos homoxéneos e xustos no conxunto da Comunidade. Pacto Local Esta lei está en concordancia co Pacto Local da Auga asinado coa FEGAMP, no que se impulsa un instrumento público e integral de todo o ciclo da auga e na que participan activamente concellos e Deputacións. En todo aquel municipio que solicite o apoio da Xunta, esta realizará unha auditoría completa do sistema co fin de coñecer a fondo o seu funcionamento. No caso de que se estime necesario executar determinadas obras, a Xunta financiará un terzo do custo das actuacións necesarias (outro terzo corre a conta dos concellos). O resto do investimento será o concello o que busque a fórmula de acadalo (aportándoo eles mesmos ou mediante convenios con entidades como Deputacións ou Confederacións

Hidrográficas). Actuacións Augas de Galicia elaborará catro directrices técnicas para apoiar aos concellos na xestión da auga: para o control de vertidos; para o saneamento e depuración de pequenos núcleos de poboación, aglomeracións urbanas de menos de 2.000 habitantes; para mellorar a xestión das augas pluviais e reducir a entrada de augas brancas nas redes de saneamento; e para o fomento da eficiencia enerxética das instalacións de abas-

tecemento, saneamento e depuración. Búscase reducir as fugas das redes de abastecemento municipal, que en ocasións superan o 40%, e evitar infiltracións que causan gran parte dos 263 vertidos que aínda soportan as rías galegas. Tamén se pon á disposición dos entes locais un programa de formación para que avancen cara unha xestión máis profesionalizada do abastecemento e depuración. Para garantir a viabilidade económica e financeira na xestión da auga aplícase os principios de “quen usa, paga” e “quen contamina, paga”, reordenando os tributos existentes pero sen crear novas taxas que afecten aos usuarios. Así, seguirá sendo o concello o que decidirá o prezo do recibo da auga.

No caso de que se estime necesario executar determinadas obras, a Xunta financiará un terzo do custo das actuacións necesarias

4 Presentación da Lei O pasado mes de marzo, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, presentou esta Lei. Vázquez Mourelle, destacou que este novo marco normativo consta de tres piares: o coñecemento da realidade, a planificación e a profesionalización. Así, subliñou que a Xunta creará e manterá actualizado un inventario dos sistemas de abastecemento, saneamento e depura-

ción de Galicia, poñendo á disposición dos municipios un sistema de intercambio de información. A responsable autonómica de Infraestruturas remarcou que a norma está dirixida a regular o apoio aos concellos na xestión da auga, pois a prestación do abastecemento, o saneamento e a depuración é unha competencia municipal que leva aparelladas complexidades técnicas e económicas.


14

Barrios 26 de abril 2022

OCIO E CULTURA

4AXENDA Teatro - Sábado 30 de abril - 20 h- Pantomima Full “En su cabeza era espectacular” - Auditorio municipal de Ourense. - Sábado 30 de abril 20 h- Oceanía - Teatro Principal de Ourense. - Sábado 30 de abril 20.30h - Un desastre de función - Auditorio de Verín. - Do 2 ao 16 de maio 27ª Miteu. - Sábado 7 de maio 21 h - Sede Afundación Abanca - Monólogo: Laureano Márquez (O medo). - Domingo 8 de maio - 19 horas - A caixa de Pandora - Auditorio de Verín - Venres 13 de maio 20h - Teatro: Romeo e julieta - Teatro Principal de Ourense. Música - Mércores 27 - 21 h Habitación Vudú - Teatro Principal de Ourense. Exposicións - Ata o 1 de maio - Un mar de libros (Isabel Pintado) - Centro Cultural Marcos Valcárcel. - Ata o 6 de maio “Somos refuxio- Sala exposicións Amencer (Colexio Salesianos). - Ata o 8 de maio - Ser (Manuel Pesqueira) Centro Cultural Marcos Valcárcel. - Ata o 19 de xuño Luz de corte. Cinco anos de ilustracións de Miguel Robledo - Fundación Vicente Risco (Allariz). Outros - Mércores 27 de abril - Cine: O acontecemento - 18 e 21 h - CC Padre Feijoo. - Xoves 28 de abril 20.30h - Conferencia: “Da literatura ao cine: ‘escribir o imposible’. Cando a nova realidade apodérase da ficción”, de Simone Saibene - Liceo. - Venres 29 de abril 20.30 h- Gala benéfica SOS Ucraína - Auditorio municipal de Ourense. - Venres 29 de abril 20 h- Danza: Bat - Teatro Principal de Ourense. - Venres 6 de maio 20h - Lírica: Diva - Teatro Principal de Ourense. www.periodicobarrios.com

Presentación do festival.

Presentación da Miteu na entrada do Teatro Principal. /M.REJO.

Un ‘Réquiem’ de Mozart inédito abre o Pórtico do Paraíso

Maio, tempo de Miteu

4 O Festival contará con catro concertos e dous cursos.

4 Celébrase do 1 ao 16 de maio.

Redacción

Redacción Ourense volve ser a sede da 27ª edición da Miteu, a Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense. A presente edición contará coa presenza de Pepe Viyuela e Leo Bassi. Haberá compañías de México, Italia, Portugal e diversas comunidades como Cataluña, Navarra, Madrid, Castela-León, Murcia e unha ampla representación de Galicia ata completar 17 espectáculos, desde o día 1 ata o 16 de maio. A Miteu desenvolverase no Teatro Principal, no Liceo, no café Auriense, no Campus e en diversas rúas da cidade. Teatro de rúa, teatro de interior, circo contemporáneo, música ou danza teñen cabida na

Miteu que contará cun curso de commedia dell’arte, encontros, animacións promocionais e dous nomes propios: o de Xaime Mateo, a quen homenaxea a Mostra tralo seu pasamento, e o do premiado deste ano da Miteu, premio Esmorga (cervexa que colabora este ano coa Miteu): Mohamed Azibou «Moha», quen colaborou coa Miteu e a Aula de Teatro Universitaria de Ourense como intérprete, actor e potenciador dos lazos entre Ourense e Marrocos que levaron á Aula de Teatro da cidade a acudir a mostras en Casablanca ou Tánxer ata en cinco ocasións. Actuacións A mostra comezará o 1 de maio co espectáculo «A contrapé» a cargo da Aula Universitaria de Ourense

«Rosaura», que actuarán polas rúas desde a praza Maior ata o Xardín Padre Feijóo a partir das 19 horas. E clausurará a Miteu a Aula Universitaria de Ourense «Maricastaña» coa obra «O parke do crepúsculo» o luns, 16 de maio, a partir das 20 horas no Teatro Principal de Ourense. Entre elas, 19 actuacións ao longo de 16 días que porán o foco do teatro en Ourense.

A Miteu desenvolverase no Teatro Principal, no Liceo, no café Auriense, no Campus e en diversas rúas da cidade

O Festival Pórtico do Paraíso celebra a súa 15ª edición este ano -Do 29 de abril ao 8 de maio- cun programa que contará catro concertos e un curso. O festival arrancará o venres, 29 de abril (igrexa de Santiago das Caldas, 20,30 horas), co concerto de Americantiga Ensemble na igrexa de Santiago das Caldas. O director do festival, Juan Enrique Miguéns, avanzou que este concerto "contará cunha versión inédita en España do ‘Réquiem’ de Mozart, que se combinará coas intervencións poéticas de Conchi da Silva”. Este concerto irá adicado ás vítimas da pandemia e da guerra de Ucraína.

e barroca, no mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil (Parada de Sil) ás 19 horas. O venres 6 de maio, a surcoreana Kyuhee Park tocará no Liceo de Ourense (20,30 horas), cun programa de música española. E pechará o festival no mosteiro de Santa María de Montederramo, o pianista luso Raúl da Costa, cunha primeira parte de Schumann e unha segunda co concerto número 9 de para piano e orquestra de Mozart en compañía da Orquestra Clásica do Conservatorio de Ourense (domingo 8, ás 19 h). En paralelo, haberá cursos de interpretación no Conservatorio de Ourense con Kyuhee Park (5 de maio) e con Raúl da Costa (4, 5 e 6 de maio).

Programa O resto do programa continúa o domingo, 1 de maio, coa actuación de Andrew Lawrence-King, cun programa de música inglesa renacentista

O pianista Raúl da Costa pechará o festival o domingo 8 en Montederramo

4HUMOR

Reunión do xurado do premio Rodolfo Prada.

Premios Rodolfo Prada A quinta edición dos Premios Rodolfo Prada á Xestión Cultural concede o primeiro premio á poeta e xestora cultural Yolanda Castaño, fundadora e directora do ciclo internacional de recitais poéticos mensuais “Poetas Di (n) Versos”. O segundo premio é para o Festival de Cine de Cans, que se celebra na localidade pontevedresa durante o mes de maio. O terceiro premio concédese ao Museo do Médico Rural de Maceda, considerado pioneiro no panorama museístico. Ademais, o xurado decidiu conceder unha mención especial á Fundación Contemporánea, polo fomento e a difusión de proxectos culturais.


OCIO E CULTURA / CLASIFICADOS

Barrios 26 de abril 2022

15

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Arcediagos,11, 1º - 32005 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara, Fernando Casanova, Borys Martínez Nº163 - Ano: XV - 26 de abril de 2022 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 685 969 546.

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe o seu anuncio no 685 96 95 46 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

Perder peso sen gran esforzo O noso corpo ten que ser unha máquina de queimar calorías e o peso volverá á normalidade. Hai profesionais da saúde que, para demostrar a súa capacidade, dan dietas extremas, que benefician por unha banda, pero perxudican pola outra. “Roma e Pavía non se fixeron nun día” e por iso deben utilizar métodos máis graduais día a día: A primeira hora da mañá bebe un ou dous vasos de auga e así comeza a limpeza orgánica. Como a auga estará no estómago uns 15 minutos, engade só unhas gotas de limón, xa que se botas en exceso, pode danar o estómago, sobre todo se sofres gastrite ou úlceras. O exercicio físico é obrigatorio para queimar calorías e durante o día beber ao

menos oito vasos de auga. Cando se ten sobrepeso, normalmente se ten un sistema dixestivo lento e preguiceiro, e por elo é importante realizar unha limpeza de colon orgánica para eliminar toxinas; nas tendas de produtos naturais dan indicancións neste sentido. O azucre branco, as fariñas brancas, as gaseoas dietéticas son moi prexudiciais. Unha das razóns do sobrepeso é a hormona do crecemento presente na carne e os produtos lácteos non orgánicos. Coma ensaladas regadas con zume de limón e vinagre de sidra de mazá orgánico. Engada chile aos asados, aceleran o metabolismo e fan que o corpo queime máis calorías. Antes das comidas beber auga e comer froita,

É importante comezar a comida cunha sopa ou rematala cun postre. Facer un xaxún parcial será o máis difícil. Unha dieta de zumes durante uns días desintoxica o organismo e elimina as células de graxa. A dieta paleolítica a siguen moitas persoas. Promove unha dieta rica en graxas monoinsaturadas, Omega 3, fibra, proteínas e a exclusión de alimentos procesados, ricos en zucre, sal e aditivos químicos. Unha das grandes vantaxes é tamén a ausencia de hidratos de carbono, de alto índice glucémico, responsable de moitas enfermedades actuais, Os resultados serán evidentes.

ICC Week

as 20 horas (centro cultural está prevista a conferencia “O poder: un estratega lé a Maquiavelo”, do coronel Pedro Baños. No Teatro Principal homenaxearase ao escritor Jaime Noguerol coa presenza do cantante de Los Suaves, Josi; a actuación musical correrá a cargo de Habitación Vudú. O xoves 28, o IES Vilamarín acolle unha xornada de gastronomía a partir das 9 horas cos chefs Miguel

González, Fran Domínguez e Daniel Guzmán e o confiteiro, Martín Sousa, entre outros. Sobre xestión cultural versará a xornada no Marcos Valcárcel a partir das 20 horas, onde se fará entrega dos premios Rodolfo Prada. E o venres 29 remata a ICC Week cunha conferencia a cargo da escritora Ana Iris Simón (20.30h CC Marcos Valcárcel).

Redacción Ourense está en plena semana da ICC Week, que deu comezo o sábado 23 de abril, e rematara o vindeiro venres 29. Ata o de agora destaca o concerto que deu Hombres G no Paco Paz e a exposición (que xa se pode visitar no Marcos Valcárcel) “Ao redor do universo Beatle”. Por diante, catro días con moitas propostas no ámbito das industrias culturais e creativas. Este martes, abordarase o tema da inspiración creativa a través das TIC (ás 11h) e sobre tendecias nas tecnoloxías das información (a partir das 11h) no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Ás 19.30h inaugurase a exposición sobre o Alpinche e unha mesa redonda (20h) falará sobre o mesmo. O mércores 27, ás 11 horas trataranse os temas de deseño e patrimonio. Para

João Damião

Concerto de Hombres G no Paco Paz.

INMOBILIARIA Véndese piso en Beluso, Bueu (Pontevedra). 100 m2, 3 habitacións, salón, cociña, baño, despensa e 3 trasteiros amplios. Soleado todo o día, situado preto de servizos básicos e a menos de 2 km das mellores praias da zona. Prezo: 85.000 euros. Tfno.: 679 588 349 (envío fotos, escoito ofertas). Alugo local económico no centro. Ideal para oficina, almacén ou trasteiro. 17m2. Dispón de baños comunitarios. 120 euros/mes máis 7 euros de comunidad. C.E.: C. Teléfono 627 203 131 Véndese casa céntrica en Xinzo de Limia. Baixo máis unha planta (144m2,) tres prazas de garaxe e patio, cinco habitacións, dous baños, cociña amoblada e terraza. 133.000 euros. Tel. 699 648 514 / 988 21 40 70 Alugo baixo na zona do Couto totalmente acondicionado. Con luz, auga, 70 m2. Prezo 300 euros. Tel: 653 208 506 Alúganse apartamentos en Montalvo (de Semana Santa a outubro) con unha ou dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916 Alugo sala para actividades culturais, con posibilidade de cociña, baño e outros sertvizos. Tel.: 988 247 113. Busco casa en alquiler na periferia de Ourense. Opción a compra ou dunha permuta dun piso situado na Valenzá. Tlf.: 600 826 029. Vendo casa na estrada de Santiago, con finca. Para restaurar. Tel.:672 089 349. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunita-

ria Tel.: 650 64 15 19. Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62.

TRABALLO Particular en Ourense capital imparte Clases a domicilio individuais personalizadas de Matemáticas. Todas as Etapas. Tamén materias curriculares de ESO e Bacharelato. Amplia experiencia, económico. Forma de contacto: Enviar mensaje por WhatsApp: 610 38 25 89. Coidador sociosanitario con titulación ofrécese para acompañamentos, asistencia persoal, axuda a domicilio e coidado persoal. Tel.: 644482870 Ofrécese señora para traballar con xente maior ou nenos. De toda confianza, con informes. Disponibilidade de coche e fins de semana Tel.: 606 422 543. Ofrécese señora para limpeza por horas Tel.: 674 500 513. Señora, auxiliar de enfermería responsable e con experiencia, ofrécese para coidar persoas maiores, enfermos, nenos e tarefas do fogar. Tel.: 620 052 173 Ofrécese señora responsable -española- para coidade de nenos ou persoas maiores. Con informes. Tel.: 606 422 543 Ofrécese auxiliar de enfermaría, con titulación, para o coidado de maiores. Como interna ou por horas. En Ourense ou arredores. Telf.: 663 043 561 Danse clases de francés a domicilio. Todos os niveis. Titulación en España e Francia. Tlf.: 625 745 611 Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel:

637 282 405. Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358. Ófrecese señora seria e responsable para tarefas do fogar e coidado de nenos e maiores. Con informes. Preferencia zona Ponte. Tlf: 685 374 191.

VENDAS Véndense corte de carballos entre 1,20 e 1,5 m de circunferencia. Tel: 659 494 272. Vendo candelabros con reloxo a xogo, antigos para entrada. Tel: 610 95 98 97. Vendo colección de revistas “Muy interesante”, do nº1 ao 163, e “Natura”, do 1 ao 132 (as dúas encadernadas). Tlf: 636286434. Vendo accesorios para cans: arnes de tiro, correas, collares e fournitures. Tlf: 636286434. Vendo unha xanela de dúas follas en aluminio sapelly de 1,40 x 0,94 m con cristais. Tlf: 636286434. Vendo dúas cadeiras infantís de coche (Jane) de 15-36 kg con isofix, unha negra e outra vermella. Tlf: 636286434. Vendo rizador de pelo con accesorios para alisar e rizar. Tel.: 666 303 635 Vendo cama hospitalaria articulada en bo estado, con colchón anti-escaras. Tlf.: 606 133 522 Vendo prensa de viño mediana/grande, ideal para decoración en xardíns. Tlf.: 606 133 522 Véndese mampara nova. Tel: 672 089 349. Vendo escritorio. Como novo, bo prezo. Tel: 672 089 349. Vendo estufa de frío e calor. Tel: 672 089 349.


Barrios 26 de abril 2022


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.