Periódico Barrios

Page 1

58º Campionato de España de atletismo en pista cuberta [Páx. 12]

OURENSE

Páx.5 BARBADÁS

O Concello acada unha subvención de 4,7 millóns de euros para mobilidade

Páx.7 XINZO

Convenio entre San Cibrao, A Merca e Barbadás para sanear o Barbañica

Páx.8

Un plan recuperará lavadoiros e fontes con prioridade para os da Vía da Prata

VERÍN

Páx.10 OCIO

Aposta polo Pozo do Demo coa creación de seis rutas temáticas

Páx.14

Ourense será o escenario da película “13 exorcismos”, que se rodará en abril

[Páx. 4] A provincia xa respira a festa do Entroido despois de que o ano pasado non se puidera celebrar pola pandemia provocada pola Covid-19.

Número: 160 - Ano: XV - 24 de febreiro de 2022 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


2

Barrios 24 de febreiro 2022

Especial ENTROIDO

Barbadás terá dous desfiles 4 Pesentouse o cartel do Entroido. Redacción O Concello de Barbadás vén de anunciar que organizará os dous desfiles que cada ano enchían de cor a Valenzá durante o Entroido. Tanto o infantil como o central regresan como epicentro dos actos en Barbadás. As actividades darán comezo o 25 de febreiro (venres) coa colga do medo e o desfile dos colexios na Valenzá. As charangas percorrerán o sábado 26 o centro do municipio e o domingo irán polos pobos. Para o luns, 28 de febreiro, está preparada unha festa infantil de disfraces no parque da Solaina. O martes, 1 de marzo, celebrarase o desfile central que non perde a súa esencia percorrendo a avenida de Celanova. En Barbadás rematará o entroido

2022 o 2 de marzo co Mércores de Cinza, na que se queimará o Meco. Cartel Lucas Iglesias é o autor do cartel gañador da edición deste ano do Entroido. Nel, o protagonista é un superheroe que "chega coma un tornado que o cambia todo por uns días, para traer alegría e diversión ás rúas despois de tantos meses de confinamento. Unha vitoria de todos e todas sobre o virus que nos restou liberdade tantos meses", apuntan desde o concello.

O desfile infantil será o 28 de febreiro e o central, o 1 de marzo

Música para o Entroido de Allariz 4 O luns 28 haberá un espectáculo infantil. Redacción

desde as 12:30 ás 14:30h.

Allariz celebrará os días 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo o entroido con animación de rúa. O domingo, 27, haberá animación coa Charanga La Nota. O pasacalle percorrerá as rúas de Allariz das 12 ás 14h. O luns 28 as actividades comezarán as 18:30h. Un espectáculo infantil de rúa fará as delicias dos máis pequenos. “ A captura do dragón” a cargo de ArtMunium sairá do Campo da Barreira. As 19:30h e ata as 22:30h a Charanga Bicoia animará as rúas de Allariz. O martes, 1 de marzo, a Charanga los Furtivos será a encargada da súa música

Aire libre Este ano dende o consistorio quixeron trasladar todas as actividades que se facían durante o entroido a espazos ao aire libre, na que participe todo o que queira mantendo as medidas de seguridade sanitarias. Ademais, nestes, seis mecos presidirán os edificios municipais. Este mecos estarán vestidos acorde ao edificio no que está colocado. A Casa do Concello, a Oficina de Urbanismo, Museo da Moda, Fogar dos Maiores e o Museo do Xoguete acollerán a estas personaxes tan características do Entroido.

ENTROIDO EN VERÍN

Un Entroido con máis de 100 horas de música 4 Verín potencia as actividades para os máis cativos. Redacción O Concello de Verín decidiu, este ano, descartar a organización de eventos masivos que conleven aglomeracións de persoas (os desfiles están descartados). A pesar delo, será un ano no que, con máis de cen horas programadas de música na rúa, a festa e a diversión están aseguradas. Desde o pasado xoves, 17 de febreiro, (compadres) ata o 1 de marzo (martes de entroido), programaranse un total de 45 actuacións musicais itinerantes conformadas por charangas música tradicional e brass band. Todos os días (pola mañá a partir das 11.30h e pola tarde dando comezo ás 17.30 horas) a música percorrerá as rúas da vila. Por outra banda, e como novidade, este ano potenciaranse as actividades destinadas aos máis pequenos da casa axendando o luns, 28 de febreiro, máis dunha vintena de propostas variadas, que terán lugar nas prazas García Barbón e Merced. Actividades Despois do Xoves de Compadres e o Domingo Corredoiro chega o Xoves de Comadres coa actuación polas rúas de Verín de Los Támega e Terras Novas de Trives (pola mañá e á tarde). O venres 25, actuará a Big Band pola mañá e a partir das cinco os grupos: Europa, Festicultores Troupe e A Noria. O sábado 26, a música será de Jalácticos e MIL9 (pola mañá) e de Los Támega, Jalácticos, MIL9, CLK e Fuego (pola tarde). O domingo 27, amenizarán as rúas coa súa música Los Támega, Vai de baile, MIL9, Noroeste, Terras Novas de Trives e Bregadiers (de mañá), e

Os Cigarróns xa fixeron acto de presencia nas ruas de Verín. /I. OSORIO. os mesmos agás Los Támega (pola tarde). A mañá do luns 28 de febreiro estará amenizada coa música dos Los Támega e Jalácticos, repetindo os segundos xunto a A Noria, e Os Monifates de tarde. Ademais, este día está reservado para os máis cativos. De 16.30 a 18 horas na praza García Barbón haberá xogos populares, e xusto despois a festa trasládase ata a praza da Merced onde haberá manualidades infantís. O Entroido de Verín remata o martes 1 de marzo con máis música; de maña actuarán Los Támega, MIL9 e O cego na feira, e pola tarde repiten Los Támega e MIL9 acompañados por Noroeste e A Noria. Cartel O cartel ilustrador desta edición foi presentado polo alcalde de Verín, Gerardo Seoane, e por Fernando Barreira, artista local autor do mesmo. Segundo explicou Fernando Barreira, con esta obra -realizada con tinta directa e utilizando papel fotográfico, cartoli-

na e acuarela- búscase, a través das súas cores, recuperar o espírito festivo e alegre destas tradicionais festas tras un longo período de restricións derivadas da pandemia. O cartel conta con varias ilustracións onde aparecen reflectidas certas figuras que, no seu conxunto, representan a esencia do Entroido de Verín. No centro aparece, como non podía ser doutra maneira, o personaxe máis icónico do Entroido de Verín, o Cigarrón, reinterpretado baixo a mirada do autor. Tamén teñen especial relevancia o tradicional capuchón e, a modo de antagonista, a figura dunha moza disfrazada de geisha. Na parte superior sitúase un touro travestido, que nos lembra o carácter transgresor desta celebración; e un diaño, «que representa o espírito propio de burla e picaresca que se respira durante estes días de festa», destacou Barreira. “Capuchón de Verín 2022” Fede Arias, reporteiro e presentador do programa “Mejor Contigo”

de RTVE, é “Capuchón 2022”. O ente municipal outorgaralle dita mención honorífica en recoñecemento ao seu traballo visibilizando a riqueza cultural dos pobos e municipios do noso país. Durante a mañá do próximo día 25 de febreiro (venres de entroido), a través do programa “Mejor Contigo” de Radio Televisión Española poderase ver en directo a Fede Arias, quen, recibido por varios cigarróns, será nomeado “Capuchón de Verín 2022” polo alcalde, Gerardo Seoane, e pola concelleira de Educación Cultura e Festexos, Emilia Somoza, na Praza do Concello de Verín. O acto, que dará comezo ás 12:30 horas, estará aberto ao público pero con aforo controlado.

O luns 28 de febreiro haberá máis de 20 propostas variadas para os máis cativos nas prazas García Barbón e Merced


ENTROIDO Especial

Barrios 24 de febreiro 2022

3

ENTROIDO EN XINZO DE LIMIA

ENTROIDO EN PONTE VELLA

A alcaldesa de Xinzo pide a veciños e visitantes un entroido madrugador

Ponte Vella "Vive o Entroido"

4 Instalarase un dispositivo de seguridade este sábado 26.

Redacción

Redacción A pesar de que este aínda será un entroido de transición, o certo é que os limiáns xa deron boa conta del nalguna das datas máis señaladas no calendario máis entroideiro de Xinzo. As Pantallas xa fixeron as delicias dos transeúntes que se achegaron á vila no Sábado Corredoiro. Anteriormente celebrarase o Petardazo, Domingo Oleiro, colga do Meco e Domingo Oleiro. Ademais, está previsto que se festexe o Enterro da Sardiña e o Domingo Piñata. Dispositivo A Axencia Galega de Emerxencias instalará undispositivo de seguridade na tarde do sábado 26. Para velar pola seguridade da cidadanía, manterase a videovixilancia nunha noite na que se agarda a maior afluencia de visitantes de todo o Entroido. Tamén cómpre destacar que estará operativo un posto médico de auxilios, así como efectivos de Cruz Vermella e do CIM para dar resposta coordinada ante calquera incidente coa maior celeridade. A alcaldesa, Elvira Lama, volveu apelar á prudencia. «Dende O Concello, conxuntamente coa Comisión, recomendamos que o entroido madrugue, que se saia á rúa pola mañá, para aproveitar dende as primeiras horas e ata a noitiña. Isto

O Entroido e o paso da Volta Ciclista O Gran Camiño obrigan a restrinxir o tráfico

é o desexable», apuntou a rexedora. Cortes de tráfico O Entroido e o paso por Xinzo da Volta Ciclista O Gran Camiño obrigan a restrinxir o tráfico. Dende este sábado e ata o martes, e o Domingo de Piñata haberá cortes entre os puntos quilométricos 197,500 e 199,500 da estrada N-525 e habilitaranse os correspondentes desvíos alternativos. No referente ao tráfico, haberá que realizar restricións entre os puntos quilométricos 197,500 e 199,500 da estrada N-525 e habilitaranse os correspondentes desvíos alternativos. Os cortes realizaranse nos seguintes días e horarios: ás horas das restricións serán: sábado 26 (de 17 a 6 da mañá); domingo 27 (de 17 a 21 horas); luns 28 (de 17 a 23 horas); martes 1 e domingo 6 (de 17 a 21 h).

Cómpre destacar que este sábado restrínxirase o acceso á vila aos autobuses e só poderán chegar ata a parada as liñas regulares, para o resto establecerase un peche e habilitarase a explanada dos institutos como punto de carga/descarga de viaxeiros. Tamén O Gran Camiño obrigará a levar a cabo restricións de tráfico. O percorrido desta carreira afectará á estrada OU-1117 (N-525 a cruce con estrada de Vilar de Barrio OU1102); á pista que enlaza a estación de servizo Antela ao núcleo de Baronzás; á estrada de Baronzás por

Morgade OU-1102 e ás rúas Curros Enríquez, Avenida de Madrid no cruce con Dous de Maio e avenida de Ourense. O horario aproximado no que se agarda o paso do pelotón é de 13.45 a 15.00 horas. Neste tempo cortarase o tráfico nas vías mencionadas, polo que para evitar esperas rógase aos veciños que circulen por vías alternativas como Baronzás (Camiño da Millara a N-525); Morgade (Pista a Boado), Pena (Pista a Pidre); Soutelo (Pena a Pidre ou de Trandeiras a Solveira) e Trandeiras (Pista a Solveira).

O sábado 26 estará operativo un posto médico de auxilios, así como efectivos de Cruz Vermella e do CIM para dar resposta coordinada ante calquera incidente coa maior celeridade

4 A programación estará centrada nos máis cativos. Nestas datas de entroido, o que celebra o Centro Comercial Ponte Vella é xa todo un clásico. Unha programación centrada nos máis cativos dará comezo o venres 25 co obradoiro "Entroido: superheroes e superheroínas", que tamén terá lugar o sábado 26 (na planta baixa, detrás de 100 montaditos de 18 a 20:30 horas). O sábado, 26 de febreiro, celebrarase unha festa infantil. Durante esta festa -que terá lugar de 17:30 a 20:30 horas- na segunda planta do centro haberá bailes, mascotas, xogos malabares, fotomatón, obradoiros e globoflexia. Ademais, un obradoiro "Entroido: máscaras" ensinará a arte da maquillaxe e ca-

racterización (de 16 a 19 horas no segunda planta). O obradoiro continuará o luns, 28 de febreiro, co mesmo horario e no mesmo lugar. Ademais, o Pulpiño Viascón animará o espectáculo musical "dalle co pé" ás 17:30 horas na segunda planta. Sen deixar esta segunda planta, ás 19 horas dará comezo un show de maxia que leva por título "Sorrisos máxicos", a cargo do Mago Linaje. O mércores, 2 de marzo, rematan as actividades en Ponte Vella relacionadas co entroido con outro obradoiro, que nesta ocasión ten por obxectivo ensinar a facer diademas de unicornio. Tamén Ponte Vella acolle durante estas datas una exposición de Frei Canedo, o entroido senlleiro do barrio da Ponte.

En Ponte Vella tamén se celebra o entroido.

Piñata en Celanova Redacción

As Pantallas apareceron por Xinzo de Limia no Sábado de Corredoiro. /I. OSORIO.

Se por algo se coñece o entroido de Celanova é polo seu Sábado de Piñata. Despois da troula dos días grandes do entroido en Xinzo, Verín, Laza e Ourense, Celanova agarda uns días para celebrar o seu día más sinalado. O Sábado de Piñata de Celanova é todo un referente do entroido ourensán. Ata a vila de San

Rosendo desprázanse a maioría das comparsas que participaron noutros desfiles. Ete ano celébrase o 6 de marzo e dará comezo ás 18 horas polas rúas de Celanova coa actuación das charangas BCB, Os Roquiños, Os Caliqueños e Os zapateiros do son. Posteriormente, continuará a festa ata despois de medianoite na praza Maior. O sábado, domingo, luns e martes haberá inchables de balde no pavillóns das Triguerizas de 15:30 a 20 horas.


4

Barrios 24 de febreiro 2022

Especial ENTROIDO

ENTROIDO EN OURENSE

O Entroido volta á cidade de Ourense por todo o alto 4 Catro grandes carpas serán o centro das actividades. Redacción O Concello de Ourense reforza a aposta polo Entroido como grande festa da cidade. Para elo, duplica o seu orzamento cunha achega de case 50.000 euros aos entroidos dos barrios e de 100.000 ao central. O entroido contará cun amplo programa de actividades do 24 de febreiro ao 2 de marzo. Así, o goberno local evidencia o seu apoio á que será a “primeira gran festa da cidade logo da pandemia”, segundo destacou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen incidiu no potencial da celebración “máis importante da cidade e da provincia”. Catro puntos Catro grandes carpas servirán como centros neurálxicos da festa; situadas na praza Maior (de 700 m2) Bispo Cesáreo, diante de Correos; onde estarán as orquestras; a praza de Santa Eufemia (con charangas e DJ); e praza do Correxidor (onde actuarán DJ´s). Da animación encargaranse un total de 25 charangas, e a música estará

O alcalde Jácome presentou no Concello as actividades do Entroido. /M.REJO. tamén presente coa actuación de catro “orquestras top”, asegurou o rexedor. Para a cativada prográmanse tamén festas infantís e un desfile escolar, que se desenvolverá o venres 25. E como todos os anos, a grande cita será o Desfile do Entroido, que perco-

O venres 25, ás 20 h, un desfile polas rúas da cidade, mostrará nove entroidos tradicionais da provincia

rrerá as rúas da cidade o domingo, 27 de febreiro, a partir das 17 horas, con saída nas Lagoas e paso por Curros Enríquez, Xoán XXIII e Progreso (os premios daranse ás 20 horas en Progreso). O Entroido rematará o mércores 2 co Enterro da Sardiña (20 h). “Se todo sae ben podemos ter un dos mellores entroidos da historia”, asegurou Jácome. “É a nosa festa por excelencia, na que somos referentes en toda Galicia e norte de España”, reflexionaba. O alcalde confía que Ourense afiance a súa posición “e sobre

todo que a xente desfrute das que poderían ser as primeiras grandes festas logo da pandemia”, lembrando que aínda que a cidade tivo unha grande celebración do Nadal, esta veuse afectada por restricións sanitarias importantes. Os outros Entroidos Como cada ano, Ourense conta con outros tradicionais entroidos. O das Eiroás terá o 25 de febreiro (venres) un desfile do alumnado do CEIP Virxe de Covadonga; o día 26 toca o Folión; e o día grande será o martes de entroi-

do (1 de marzo) coa voda da Pita (12:30 horas), xantar popular, baile de disfraces, concurso e queima do meco. O Entroido de Paquita e Nicanor, ou o que é o mesmo, o de Seixalbo contará cun desfile polas rúas do pobo do alumnado do colexio CEIP Plurilingüe de Seixalbo (venres 25 ás 11:30 horas). O domingo 27 haberá un xantar popular e unha chocolatada previa á entrega de premios de disfraces. O martes 1, celebrarase as Vodas de Ouro e Diamantes de Paquita e Nicanor (no parque da Infesta ás 18 horas); posteriormente, haberá un desfile polas rúas e remate final coa queima dos mecos e coa súa entrega ás novas familias. O peche do Entroido de Seixalbo será o mércores de cinza co enterro da sardiña ás 21:30 horas no parque da Infesta. O Entroido de Frei Canedo da Ponte contará cunha carpa instalada ao carón da ponte Romana. O Xoves de Comadres botará a andar cunha cea e baile na sede da confraría para todas as comadres da Ponte e acompañantes. O sábado de Entroido haberá xogos populares e unha gran "paparota" (ás 13 horas). Para rematar, o luns de Entroido está prevista a xuntanza dos frades ao redor da Capela (18 hroras); e ás 19:30 horas darán comezo os solemnes actos. O momento máis agardado chegará coa procesión polas rúas da Ponte (20:15 horas) e, de seguido, terán lugar a cea,

O Concello de Ourense amplía en dúas horas os horarios dos locais de ocio nocturno durante o Entroido baile e folión para dar por concluído un entroido tan agardado. Locais de ocio Durante estas festas, o Concello de Ourense amplía en dúas horas os horarios dos locais de ocio nocturno. “Con esta medida, queremos apoiar a un sector que dá emprego na nosa cidade, así como promocionar a gran festa de Ourense", explicaba a concelleira de Urbanismo, Sonia Ogando. Entroidos tradicionais Este venres terá lugar un novidoso desfile de animación, que contará con nove entroidos tradicionais da cidade e provincia. Será ás 20 horas e percorrerá as rúas principais do centro da cidade. Trátase do Folión de Buxán, o Folión de Trives, os Felos de Esgos, os Felos de Maceda, a Follareiros Lobios, os Galos da Mezquita, Paquita e Nicanor de Seixalvo, Frei Canedo da Ponte e as Pitas de Eiroás. Marta Sánchez O colofón o porá o concerto de Marta Sánches, previsto no auditorio o sábado, 5 de marzo, ás 20h. Entradas en ataquilla.com.


OURENSE

Barrios 24 de febreiro 2022

Cinco millóns para mellorar a mobilidade 4 Destinaranse á compra de autobuses eléctricos ou á instalación de ramplas mecánicas. O alcalde de Ourense, cos novos axentes.

Reforzos na policía e bombeiros Redacción O Concello reforza o cadro de persoal tanto da Policía Local como de bombeiros coa incorporación de 15 novos axentes no caso do primeiros, e 12 novos efectivos no segundo. En canto aos novos policías, estes tomaron posesión logo de superar o proceso selectivo desenvolvido polo Concello. Con eles, a Policía Local de Ourense suma un total de 118 profesionais: 14

mandos e 104 axentes. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome destacou que a chegada dos novos axentes supón “a maior incorporación de policías locais das últimas décadas na cidade, aumentando nun 15% o cadro de persoal da Policía Local. Tiñamos un déficit e agora estaremos cun número bastante máis axustado ás necesidades da nosa cidade”. Coa culminación do proceso selectivo destes efectivos, o cadro de persoal dos bombeiros da cidade aumenta de 41 a 53 profesionais, o que supón un incremento do 30%..

Redacción O Concello de Ourense acada unha subvención estatal de case 5 millóns de euros para implementar medidas para mellorar a mobilidade na cidade. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome destacou a importancia desta achega económica para o Concello, que recibirá 4,7 millóns de euros para desenvolver estas medidas. “É unha subvención á tecnoloxía e unha subvención tamén ao medio ambiente” e subliñou a calidade do proxecto presentado polo Concello, que obtivo 82 puntos sobre 100. “Presentouse un

bo traballo, que fixo o noso coordinador xeral, Francisco Cacharro. Presentamos un gran proxecto e tivo premio”, concluíu o rexedor. Destino Esta axuda irá destinada para a adquisición de autobuses eléctricos (2 millóns de euros e 225.000 euros para dispositivos de recarga eléctrica), instalación de ramplas mecánicas e outras melloras de espazos peonís (1,9 millóns de euros), e actuacións para calmar o tráfico rodado (580.786 euros) son os eixos do proxecto que o Concello presentou en setembro de 2021 á convocatoria realizada polo

goberno de España con cargo aos fondos Next Generation. Pérez Jácome lembra que este proxecto “sacouse adiante cos votos en contra de PSOE e BNG”, dado que para poder desenvolver estas medidas era

5

preciso habilitar unha dotación orzamentaria, que o goberno municipal aprobou en pleno a través dunha cuestión de confianza na que votaron en contra ambos grupos.

Dous millóns irán para mercar autobuses, 1,9 para melloras de espazos peonís e 580.000 euros para calmar o tráfico rodado

A subvención contará con 2 millóns para a adquisición de autobuses eléctricos. /ARQUIVO.


6

Barrios 24 de febreiro 2022

OURENSE

Formación continuada nunha contorna natural privilexiada 4 É o que ofreceo CPI Plurilingüe José García García. Ana Cumplido, Susana e Marosa Cougil Se imaxinamos un lugar seguro, próximo ao centro da cidade, ben comunicado, con transporte escolar e público, nunha contorna de vexetación frondosa, a escasos pasos do fermoso río Loña e cunha oferta educativa integral e continuada dende os 3 aos 16 anos, só pode tratarse do Centro Público Integrado plurilingüe José García García de Mende. Trátase dun centro moi familiar, onde profesorado e alumnado se coñecen dende idades temperás ata que rematan a ESO. Isto permite que flúa a comunicación e o coñecemento mutuo, así que o seguimento das e dos pupilos abrangue o seu período vital de escolarización de xeito completo. A convivencia está baseada nos valores que se potencian dende o centro: respecto á diversidade, educación na igualdade de xénero, a importancia de cada alumna e alumno, potenciación das actividades deportivas e de goce da natureza, posta en valor da contorna, da ecoloxía, da reciclaxe… O transporte escolar conta con varias liñas, incluída a do bus adaptado, que permite traslados seguros, favorecendo tamén a adquisición de hábitos de autonomía persoal das nenas e nenos. Mención especial merece o servizo de comedor, que ofrece menús equilibrados, respectando todo tipo de intolerancias alimentarias e favorecendo o consumo de produtos frescos e de proximidade. Ademais dos contidos curriculares ordinarios, en Mende trabállase en grupos reducidos, con atención personalizada e específica, que proporciona o apoio do profesorado especialista. Os máis cativos contan cun plan de estimulación da linguaxe oral, ABP (Aprendizaxe Baseada en

Feijoo no CHUO.

Melloras de acceso para os hospitais 4 Crearanse itinerarios peonís máis cómodos e seguros.

Vista aérea do CPI Plurilingüe José García García. Proxectos) e un programa de matemáticas (ABN). Toda a comunidade educativa do centro está implicada na vida escolar. A ANPA organiza as variadas actividades extraescolares que completan a formación do alumnado. Espazos para a formación e o lecer Os cativos adoitan brincar nos tempos de lecer no parque-xardín integrado nas propias instalacións do cole, equipado de xeito artesanal e con materiais seguros e reutilizados. Pero ademais contan con patio de infantil (con estruturas de xogos e paneis multisensoriais) patio de primaria, de secundaria, pavillón cuberto e pista descuberta. O horto ecolóxico do muíño transfórmase cada día nun reduto máxico onde desenvolver o Proxecto Interdisciplinar de Centro, no que aprender dende música ata linguas ou matemáticas, pasando pola experimentación coa terra, vivindo os ciclos das plantas, observando aves, anfibios e insectos. Convértese nunha experiencia do máis enriquecedora e sorprendente para os pequenos aprendices. Espazos interiores dedicados a xogos de mesa e deportivos tamén son un punto forte deste cole. O alumnado dos cursos máis elevados foi o encargado da montaxe do equipamento da sala de xogos, onde, en calquera época do ano, poden practicar tenis de mesa, pickleball, frontón,

baloncesto… por eles, que chova!! Aprendizaxe e divertimento están garantidos Idiomas e proxectos Papel esencial é o que lle outorgan en Mende ao coñecemento das linguas, como compoñente educativo imprescindible na nosa sociedade globalizada e que se imparte dende os 3 anos ata o final do período de educación secundaria obrigatoria. Este centro Plurilingüe, que ten tamén seccións bilingües, conta cada curso con docentes auxiliares nativos de inglés xa que, ao impartírense materias neste idioma (como Plástica e Educación Física) é a propia Consellería de Educación quen lle destina directamente este recurso público. O colexio é pioneiro en proxectos educativos innovadores. Os pod-cast que o alumnado elabora na Radio Escolar recibiron varios premios con viaxes incluídas. Tamén é Centro Piloto do Plan Dixital Adix. Par-

te do alumnado traballa xa cos libros e material dixital do E-Dixgal. Levan xa varios cursos co Proxecta de educación viaria. Son case innumerables os Contratos Programa nos que se favorece a inclusión e o reforzo académico, ademais do RAOGAL, que traballa na orientación escolar. Quen estea a buscar un colexio fiable para toda a educación obrigatoria, que permita conciliar vida familiar e laboral con servizo de madrugadores, proximidade entre claustro e nais e pais, integrador en todos os sentido, o José García García é a mellor elección.

O transporte escolar conta con varias liñas, incluída a do bus adaptado, que permite traslados seguros

Cativos atarefados na plantación.

Redacción

vación da sinalización.

A Xunta adxudicou por máis de 380.000 euros as obras de mellora da seguridade viaria e da accesibilidade en catro hospitais da provincia de Ourense. Trátase, concretamente, do Hospital Universitario de Ourense e doutros tres hospitais da provincia: do edificio hospitalario de Piñor, en Barbadás; e dos hospitais públicos de Verín e de Valdeorras. As actuacións contan cun prazo de execución de 6 meses. O obxectivo destas intervencións é reforzar a seguridade viaria, favorecer a mobilidade peonil e mellorar os firmes dos catro centros hospitalarios. Executaranse novas beirarrúas e ampliaranse as actuais, dispoñendo pasos peonís elevados e ramplas que favorezan os desprazamentos de persoas en cadeira de rodas. Tamén na contorna do Complexo hospitalario de Ourense disporase pavimento podotáctil para facilitar a mobilidade das persoas con dificultades de visión. Ademais, habilitaranse áreas de aparcadoiro reservado para ambulancias, para vehículos autorizados e para motos. De xeito máis global, os traballos irán destinados á mellora da seguridade e accesibilidade a través de itinerarios peonís cómodos e seguros, ademais da rehabilitación do firme nos lugares con maior deterioro e da reno-

Ampliación Ao tempo, a Xunta segue avanzando nos trámites para iniciar as obras de ampliación do Complexo Hospitalario de Ourense, que foron adxudicas a finais do pasado mes de xaneiro por preto de 48,3 millóns de euros. O departamento de Infraestruturas e Mobilidade prevé asinar o contrato a finais deste mes para iniciar as obras a continuación. Estas obras, que estarán cofinanciadas con fondos europeos FEDER, prevén tres intervencións: a construción dun novo edificio de hospitalización no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, a reforma do actual Hospital Materno Infantil e a mellora de accesos. Saúde mental O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou nunha visita realizada ao CHOU a contratación de 100 novos profesionais desde 2020 para desenvolver o Plan de saúde mental de Galicia poscovid. Un programa que conta cun investimento de 83 millóns de euros entre 2020-2024 e que chegará ás 241 prazas neste período, co obxectivo de desenvolver novos iniciativas de prevención e de atención neste eido. Feijóo explicou que a contratación destes profesionais permitiu poñer en marcha unidades de prevención do suicidio como a de Ourense.


BARBADÁS

Aumento de fondos para os servizos sociais 4 O Concello solicitou axudas para a mellora enerxética. Redacción Unha moción proposta polo Partido Popular no pleno de Barbadás saiu adiante grazas ao voto positivo de todos os concelleiros agás o de Compromiso por Barbadás. A mesma permite ampliar a partida para serrvizos sociais nos orazamentos deste ano. O motivo desta moción foi unha publicación nas redes sociais alertando das escasas provisións de alimentos para bebés que ten o banco de alimentos. A concelleira de Servizos Sociais, Elisabet González, explicou que en 2021 realizáronse tres entregas de alimentos (en febreiro, xuño e outubro) nas que entre os beneficiarios tamén se atoparon bebés, ademais de entregar 277 tarxetas monedero. González explicou que hai 12 voluntarios traballando os martes no banco de alimentos. Os popula-

Sobrado do Bispo Redacción Sobrado do Bispo renovará alumeado público con tecnoloxía LED na segunda fase da mellora enerxétiva no Concello de Barbadás. Con esta actuación producirase unha redución do gasto de máis de 26.900 euros anuais. O investimento será de 101.035 euros e consistirá na renovación de máis de 300 luminarias. A iniciativa enmárcase na planificación de eficiencia enerxética na edificación e nas Infraestruturas e servizos públicos e conta co cofinanciamento de fondos FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional), que corresponde á cooperación segundo o Eixo prioritario e Categoría de rexión á que pertence, con un financiamento

res criticaron a lenta resposta do Goberno municipal ante os afectados pola crise do coronavirus. Eficiencia enerxética O Bloque Nacionalista Galego pediu acudir ás axudas para a rehabilitación de edificios públicos. A concelleira de de Urbanismo, Victoria Morenza, aclarou que desde o ente municipal xa teñen solicitado axudas para melloras de eficiencia enerxética para sete edificios municipais nos que se instalarán placas fotovoltaicas. Morenza tamén avanzou que estase a tramitar a rehabilitación da escola de Sobrado do Bispo,

ademais de contar con proxectos como a mellora de accesibilidade desde a avenida de Celanova á zona antiga da Valenzá (a presentar para os fondos europeos). Máis moción A concelleira de Cultura, trala solicitude dos nacionalistas sobre a concreción de actividades, esta contestou coa programación municipal para a “Semana de Rosalía”. Finalmente, aprobouse a moción dos populares sobre transparencia, bo goberno e estado de execución das mocións.

Barrios 24 de febreiro 2022

Unión para sanear o Barbañica 4 Firman un convenio os concello de San Cibrao, A Merca e Barbadás. Redacción Os concellos de San Cibrao, A Merca e Barbadás firman un convenio para elaborar un proxecto de mellora medioambiental do río Barbañica e a súa contorna. Este convenio chega despois de comprobar que ao longo do cauce do denominado rio Barbadás/Barbañica, no transcorrer no termos municipais destos tres concellos, existe unha rede de saneamento que é preciso adecuar ás novas demandas tanto poboa-

cionais como medioambientais (como poden ser paseos fluviais). Memoria técinca De cara ao estudo do posible cofinanciamento do

7

proxecto de recuperación, a través de futuras axudas a outros organismos, é precisa a redacción dunha memoria técnica das características e orzamento que os referidos concellos pretenden realizar de maneira conxunta. Os tres concellos manifestan a súa vontade de cooperación para levar a cabo a elaboración da memoria de recuperación do cauce do río Barbadás/ Barbañica, dentro dos termos municipais dos referidos concellos.

Firma do convenio.

Casa consistorial de Barbadás.

do 80% a través do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía, IDAE. O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, explica que se busca “a minoración do gasto enerxético mediante o emprego de tecnoloxías máis eficientes, a redución da potencia instalada, o axuste dos horarios de aceso e a implementación de sistemas de regulación de consumo en horario de madrugada”.

A tenente alcalde de Barbadás e concelleira de Servizos Públicos e Urbanismo, Victoria Morenza, indica que “outra das finalidades destes proxectos é a minoración dos gastos de mantemento mediante o aumento de vida útil das luminarias e a mellora das condicións de confort visual mediante o axuste dos parámetros de iluminación a cada tipo de vial”.

Sobrado do Bispo contará con nova iluminación.

O alcalde de Barbadás firma un convenio de colaboración con Escudería Ourense para que pase un tramo do Rali de Ourense polo concello.

Rali de Ourense

Escudería Ourense e Concello de Barbadás firman un convenio para que este acolla un tramo do Rali de Ourense (17 e 18 de xuño). Tralo éxito da realización dos tests oficiais, o ano pasado, no concello limítrofe coa capital, animáronse a ir máis aló nesta edición e acoller un tramo polo que se correrá na segunda xornada. O Rali de Ourense é o único en territorio galego que é puntuable para o Supercamionato de España de ralis.


8

Barrios 24 de febreiro 2022

XINZO E COMARCA

Recuperación de lavadoiros e fontes

Axuda a domicilio Redacción

4 A prioridade será para as emprazadas na Vía da Prata. Redacción Un plan recuperará lavadoiros e fontes no Concello de Xinzo de Limia, no que se dará prioridades ás emprazadas na Vía da Prata. Nunha primeira fase das obras, estase actuando en mananciais de Trandeiras, Piñeira Seca e Ganade, para continuar no resto do concello. Algún deles presentan falla de mantemento e incluso desprazamento dalgún elemento pétreo. Tamén, as bocas e os desaugues dalgunha delas están tupidas e precisan revisión de estanquidade. A intención do executivo local é seguir traballando neste plan de recuperación que puxo en marcha o Concello, a través da Concellería de Medio Rural

que dirixe Amador Díaz. Outra iniciativa que está a levar a cabe é a de lograr o funcionamento de todos os fornos. Visita Nunha visita realizada pola alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, e o concelleiro de Medio Rural puxeron en valor esta actuación polo estado de deterioro de algunhas fontes e pola importancia de preservar o patrimonio limián. Con estas actuacións, o executivo local pretende que non caia no esquecemento a riqueza patrimonial de Xinzo, tratando de protexer o gran valor etnográfico de fornos e fontes, xa que están a sufrir un deterioro acentuado pola falta de mantemento.

Alcaldesa e concelleiro en Piñeira Seca.

Xunta Local de Seguridade de Xinzo no mes de febreiro.

Xinzo de Limia mantén baixa a criminalidade 4 Os delitos telemáticos presentan unha tendencia á alza. Redacción O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, e a alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, copresidiron a reunión da Xunta Local de Seguridade de Xinzo. No tocante á seguridade cidadá, Emilio González sinalou que “o índice de criminalidade en Xinzo de Limia mantense en niveis baixos”. O subdelegado indicou que, con respecto aos datos da anterior xuntanza obsérvase un descenso dos delitos graves e menos graves contra o patrimonio, mentres que os delitos telemáticos presentan unha tendencia á alza. En canto aos datos rexistrados no Sistema de

Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero, actualmente no concello hai 10 casos activos. Deles, un presenta risco medio, cinco risco baixo e catro risco non apreciado; e todos contan con medidas xudiciais de prohibición de aproximación e comunicación. O seguimento dos casos activos, seis son asignados á Garda Civil e catro á Policía Local. Plan Director No relativo ao Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e nas súas contornas, o subdelegado do Goberno salientou que se incrementarán os mecanismos de comunicación e colaboración cos centros educativos do

concello co obxectivo de impulsar os recursos cos que informar e formar aos participantes sobre acoso escolar; uso das novas tecnoloxías; consumo de drogas e alcol; violencia de xénero; condutas incívicas, violentas e vandálicas; e racismo, xenofobia e intolerancia, entre outras temáticas. Así mesmo, manterase a vixilancia nas inmediacións dos centros escolares para combater e previr o tráfico, consumo e tenencia de drogas, así calquera conduta violenta. Por último, acordouse a elaboración dun plan de seguridade coordinado entre a Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil de cara ás próximas festas do Entroido.

O Concello de Xinzo de Limia eliminou a lista de agarda do servizo de axuda a domicilio, que ascendía a 30 persoas, mellorando as prestacións que ofrece a empresa adxudicataria. O contrato, coa empresas Sol Asistencia, vén de mellorarse e estenderase por un período de dous anos a contar dende o pasado 4 de xaneiro. Son relevantes as prestacións de servizos e axudas de material, peiteado, podoloxía ou fisioterapia, entre outras. Formación O contrato tamén inclúe a formación para familiares de usuarios e para coordinadores e persoal do SAF. Os primeiros serán instruídos en diferentes medidas para a mobilidade ou a hixiene, entre outras cuestións de interese e as clases impartiranse o terceiro sábado dos meses impares do ano 2022. No caso das coordinadoras do servizo, traballarase sobre a Lei de Dependencia, as características do colectivo destinatario ou o desenvolvemento de habilidades directivas. As clases terán lugar o segundo sábado dos meses impares do 2022.


PUBLICIDADE

Barrios 24 de febreiro 2022

9


10

Barrios 24 de febreiro 2022

PROVINCIA

EN BREVE 4 Interventora Esther Testa Portomeñe é a nova interventora do Concello de Xinzo. Forma parte da bolsa de interinidades da Xunta de Galicia. Testa substitúe no posta a Mónica Legazpi.

4 USC

Concello de Xinzo e Universidade de Santiago de Compostela asinan un convenio para facilitar a incorporación de alumnos de máis de 50 anos aos estudos universitarios. A iniciativa conta con distintas actividades formativas e culturais que teñen por finalidade a aprendizaxe e a interdisciplinariedade no ámbito da educación non formal. O Concello comprométese a participar coa Universidade facilitando, entre outras cousas, un espazo para o desenvolvemento das sesións formativas con conexión a Internet.

Visita ás obras do IES Cidade de Antioquía.

Un almacén para o IES Cidade de Antioquía A Xunta de Galicia inviste máis de 48.000 euros na construción dun almacén para a aula de ciclo agraria no IES “Cidade de Antioquía. O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou, acompañado da alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, as obras de construción e adaptación do almacén para gardar os apeiros de labranza, utensilios e maquinaria necesarios para impartir o ciclo. Pasrela do río Mao e Pozo do Demo.

Verín aposta polo Pozo do Demo 4 Creará un Museo Natural ao aire libre e seis rutas temáticas.

4 Libro

O último libro de Edelmiro Martínez Cerredelo, “Historia musical de Xinzo de Limia” foi presentado na Casa da Cultura. O mesmo fai unha homenaxe a todos aqueles que fixeron que o concello de Xinzo de Limia sexa o berce de grandes músicos. O acto contou coas actuacións musicais dun grupo do Conservatorio e da Banda de Gaitas.

4 Parque empresarial A Xunta de Galicia procederá á execución das obras de reforzo, adecuación ou reforma da instalacións da rede de distribución de enerxía eléctrica do parque empresarial de Xinzo de Limia. Deste xeito, garántese un subministro de calidade para todo o parque empresarial, grazas a un investimento público de 246.937,41 euros.

4 Axudas vivenda O Goberno central concede axudas para a mocidade na adquisición dunha vivenda en municipios de menos de 10.000 habitantes.

Redacción Policía Local de Xinzo co novo material.

Máis medios para a Policía Local

A Policía Local conta con nova tecnoloxía para ordenar o tráfico, liberar espazo para os peóns e mellorar a seguridade viaria. Trátase de nova tecnoloxía para a formulación de denuncias e acceso a bases de datos, lectores de matrículas, cámaras, sistemas de control de velocidade ou dispositivos para detectar os vehículos que se salten os semáforos en vermello. A través dunha app móbil axilizarase a xestión e tramitación das multas. Tamén se valora a instalación de cámaras de control e diferentes espazos.

Amador Díaz e Emma González na reunión cos produtores de pataca da Limia.

Inorde e Pataca da Limia crean un grupo operativo

A asemblea dos membros da Asociación de Produtores de Pataca da Limia, contou coa presenza da xerente do Inorde, Emma González. A xerente expuso os detalles dunha candidatura que será presentada entre ambas entidades á convocatoria da Asociación Europea da Innovación, que ofertou a Axencia Galega da Calidade Alimentaria. O obxectivo da xuntanza é crear “un grupo operativo entre ambas entidades, para ir da man, na demanda destes fondos europeos, que subvencionarán ao 100% proxectos innovadores que aposten pola sustentabilidade no sector agrario”, explicou González.

Verín proxecta desenvolver no Pozo do Demo o maior atractor turístico do sur de Galicia cos Fondos Next Generation (procurante tamén a financiación ante outras administracións). Para elo, o Concello creará un Museo Natural ao aire libre e seis rutas temáticas de centradas na xeoloxía, flora, na fauna e na historia do lugar. O plan prevé a recuperación de varios megalitos, así como a escavación completa do Bouzadoiro e do enclave no que os historiadores atoparon os restos do Castelo de Cabreira, así coma unha ruta especial dedicado á batalla contra as tropas de Napoleón en 1809. O Pozo do Demo é un “kettle” ou marmitón erosivo que se taponou polos derrubes tras dun cachón nun dos afluentes secundarios do Támega. Pero a beleza do entorno rochoso, con varios centos de metros de caída, e a presencia dos res-

tos dun castelo medieval, dun campo de megalitos, dunha vila romana e dunha xeoloxía, flora e fauna excepcionais fan da zona, segundo o documento base do Plan Director do Pozo do Demo “un megarrecurso turístico, unha zona dunha riqueza como atractor que ven delimitada pola súa riqueza natural e a súa visión desde a autovía A-52”. O Pozo do Demo atópase á beira da autovía A-52, a vía de entrada máis utilizada polos visitantes desde a Meseta, cunha media de 6.000 vehículos diarios, pero que en época turística chega aos 12.000-18.000, segundo os datos da DGT.

O Pozo do Demo é un “kettle” ou marmitón erosivo que se taponou polos derrubes tras dun cachón nun dos afluentes secundarios do Támega


VERÍN E COMARCA

O María Inmaculada descobre outras épocas 4 Dentro do proxecto “Viaxamos no tempo”. Redacción Os alumnos de terceiro de primaria do CPR Plurilingüe María Inmaculada están inmersos no Proxecto "Viaxamos no tempo", no que participa todo o profesorado que imparte materias neste curso e que forma parte do Traballo Fin de Grao dunha antiga alumna do centro: Ana Fornos Álvarez, da Escola de Maxisterio San Pablo Ceu de Vigo. "Viaxamos no tempo" é un proxecto interdisciplinar e plurilingüe no que a través das distintas etapas da historia estúdanse algúns dos contidos do currículo de primaria. A forma de vida, a gastronomía e a vestimenta, a arte e a cultura, así como os personaxes destacados de cada unha das etapas serven de guía para que se adquiran os contidos das distintas Linguas (Castelán, Galego e Inglés), Matemáticas, Ciencias, Educación Musical e Educación Plástica.

Así aprenderon a arte rupestre e puxérono en práctica decorando a súa propia cova. Cando chegaron a Roma traballaron a descomposición numérica a través dos números romanos. Na Idade Media coñeceron aos trobadores e así aprenderon as linguas, a expresión oral, a expresión escrita, a memorización e o recitado. Un particular Cristóbal Colón saíu do foguete para falarlles do novo mundo co descubrimento de América, do intercambio de produtos e da necesidade de respectar todas as culturas. Por último estudaron personaxes relevantes de Verín da Idade Contemporánea como son Roberto Verino (elaborando patróns e creando os seus propios bosquexos) e Xosé Carlos Caneiro (memorizando e recitando poesía trovadoresca e acudindo a unha charla sobre a súa traxectoria literaria).

Períodos Cada luns os alumnos de Terceiro acoden ao salón de actos. Alí atópanse un foguete do que sae un personaxe histórico distinto cada semana (dependendo da época que van traballar) para motivalos a investigar sobre este período histórico.

Aprenderon, entre outras, a arte rupestre e puxérono en práctica decorando a súa propia cova

Verín será o epicentro da novela histórica 4 As xornadas celebraranse o 25 e 26 de marzo. Redacción «Un ano máis -depois do parón do ano pasado pola Covid19-, a nosa biblioteca municipal converterá á vila do Támega no epicentro da novela histórica, atraendo a mirada dun total de seis autoras e autores de primeiro nivel dentro deste xénero literario». Así comezou o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, a súa intervención na presentación das quintas Xornadas de Novela Histórica que terán lugar o 25 e 26 de marzo. As xornadas arrincarán o venres 25 pola mañá cunha conferencia impartida polos catedráticos de historia e novelistas José Luís Corral e José Calvo Poyato. Baixo o título “As Fake News na historia”, a charla estará moderada pola escritora María Zabay, e terá como público en exclusiva aos alumnos e alumnas dos centros de ensino de Verín. Programa A partir do venres á tarde comezará a programación dirixida ao público en xeral, comezando a

Presentación das V Xornadas de novela Histórica. xornada co acto inaugural. A primeira das conferencias será a do profesor e novelista Alberte Blanco Casal, que centrará a súa intervención falando sobre a batalla de Rande; reflectida na súa novela “Códice esmeralda”. Seguidamente será a quenda da escritora María Zabay, quen a través da súa novela “El zapato de la lengua rota” trasladará aos asistentes a un momento histórico crucial para humanidade como foi o amencer do nazismo. O sábado 26 comezarán coa conferencia “As Fake News na historia”. Despois intervirá o escritor, xornalista e presidente da Real Academia, Víctor Fernández Freixanes, cunha conferencia titulada

Convenio CaixaBank - DO Monterrei 4 Para facilitar o acceso a crédito dos adegueiros e impulsar a súa competitividade. Redacción

Os alumnos de terceiro participan no proxecto.

Barrios 24 de febreiro 2022

A Denominación de Orixe Monterrei e CaixaBank asinaron un acordo co obxectivo de facilitar o acceso ao crédito aos membros deste colectivo e impulsar a competitividade do seu sector. O convenio foi subscrito pola presidenta do Consello

Regulador, Lara da Silva, e pola directora de área de CaixaBank na provincia de Ourense, Begoña Abraldes. CaixaBank porá a disposición dos adegueiros unha ampla carteira de produtos e servizos deseñados para atender as necesidades da súa actividade, como financiamento para a plantación de novos viñedos e créditos

“Memoria e espello de nós”, moderada polo etnógrafo, Miguel Losada. A última conferencia titulada “Castellano: Castilla y los comuneros” será impartida polo escritor Lorenzo Silva. Clausurarán as xornadas o antropólogo o Doutor Manuel Mandianes Castro e, seguidamente, do alcalde de Verín Gerardo Seoane Fidalgo. Así mesmo tódalas sesións das xornadas estarán acompañadas polas intervencións musicais do filólogo e profesor de música do IES Taboada Chivite, David Rodríguez Rivada. As entradas para o evento, que terán un custo de 2 euros. para facer fronte aos gastos das campañas agrícolas. A entidade incluíu na súa oferta soluciones específicas de seguros, renting de maquinaria e liñas de apoio para a internacionalización das adegas. Da Silva indicou que "desde a institución buscamos, con este convenio, atopar novos produtos financeiros vantaxosos e novos colaboradores que

Firma do convenio.

11

Certames Redacción O Concello de Verín organiza dous certames: o de relato curto Antonio Fernández Pérez e e de Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez. Relato curto No de relato curto está dirixido ao alumnado que estuda nos centros de ensino da comarca, o Concello de Verín. A fase de preselección realizarase segundo o criterio de cada centro participante, que poderá enviar á fase de selección un máximo de 3 relatos, creados por persoas distintas matriculadas no centro, en cada unha das tres categorías. Poesía No tocante ao de Poesía, está dirixido a alumnos de Primaria (5º ou 6º), 1º e 2º de ESO, e 3º e 4º de ESO en calquera dos centros da comarca de Verín. O poema será orixinal e inédito, de tema e estilo libre; estará escrito en galego; presentarase cun pseudónimo e poderá levar “título”; e non superará os 24 versos. Traballos Tanto para o certame de relatos como o de poesía, deben enviarse os traballos preseleccionados en cada centro a cultura@verin.gal, antes das 12 h do 6 de maio. permitan aos nosos axentes centrarse no que realmente importa: a venda do noso produto de calidade. E iso se consegue desde unha tranquilidade e confianza financeira". Premios 91 viños lograron medalla (13 Gran Ouro, 15 Ouro+, 45 Ouro e 18 Prata) na Guía de Viños, Destilados e Bodegas de Galicia.


12

Barrios 24 de febreiro 2022

DEPORTES

Expourense volve ser epicentro do atletismo nacional 4 Acolle, do 25 ao 27 de febreiro, o 58º Campionato de España indoor. R. Torres Unha vez máis a pista de atletismo de Expourense volverá ser o epicentro do atletismo nacional ao albergar -do 25 ao 27 de febreiro- o 58º Campionato de España Absoluto en Pista Cuberta. Regresa, deste xeito, a Ourense unha cita que xa tivera lugar en 2020. Con este evento, a pista de Expourense acolle os quintos campionatos nacionais desde a súa posta en escena (celebráronse anteriormente o sub20 de 2018; o máster de 2019, o absoluto de 2020 e o máster de 2022). Na presentación do evento estiveron, entre outras autoridades, o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; o delegado da Xunta, Gabriel Alén; o alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome; o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos; e o presidente da Real Federación Española de Atletismo, Raúl Chapado. É tal a expectación deste evento, que en cinco minutos se venderon o 50% das entradas á venda, e 10 días antes do inicio da competición xa estaban esgotadas. “Vénderonse 1.200 abonos, é dicir, entradas para todas as xornadas do campionato, cumprindo co aforo máximo permitido, e o 50% delas nos primeiros cinco minutos”, sinalou Chapado, presidente da

Non estará Mo Katir (que renunciou á tempada de pista cuberta para centrarse nas competicións ao aire libre) quen ostenta os récords naciais de récords nacionais de 1.500, 3.000 e 5.000 metros. Pero quen si estará será Adel Mechaal. O atleta, vén de lograr o récord de Europa dos 3.000 metros en pista cuberta. Sen dúbida, esta carreira, será un dos atractivos deste campionato que terá lugar o sábado ás 21.05 horas.

Presentación na mesma pista onde se celebrará o campionato de España. /M.REJO. RFEA. O vicepresidente da Deputación de Ourense destacou a importancia da cooperación institucional como factor clave para atraer “ao noso territorio probas deportivas de primeiro nivel, como a que hoxe presentamos, que converterá durante eses días a nosa provincia na capital do atletismo, acollendo este Campionato que se celebrará nunha das mellores pistas cubertas de toda Europa”. Ao fío disto, Rosendo Fernández lembrou que a pista cuberta de Expourense acolleu, desde finais do 2017 un cento de probas oficiais, co correspondente retorno económico que isto supón.

É tal a expectación deste evento, que en cinco minutos vendéronse o 50% das entradas, e 10 días antes do inicio da competición xa estaban esgotadas

Neste mesmo sentido, o presidente da Real Federación Española de Atletismo, Raúl Chapado, destacou o impacto visual que terá Ourense ao acoller este evento, así como o retorno económico que suporá para a provincia, salientando a gran expectación que xera esta proba deportiva. “Vénderonse 1.200 abonos, é dicir, entradas para todas as xornadas do campionato, cumprindo co aforo máximo permitido, e o 50% delas nos primeiros cinco minutos”, sinalou Raúl Chapado. O alcalde, Pérez Jácome, resaltou que este é o primeiro grande evento que se desenvolve na cidade de Ourense dispoñendo xa de tren de alta velocidade, que ademais coincidirá coa gran cita festiva que é o Entroido da cidade, polo que está convencido de que prazas hotaleiras cubriranse na súa totalidade nos próximos días. Pérez Jácome reivindi-

cou o atletismo como deporte rei, e base doutros moitos deportes ou actividades deportivas. Puxo en valor a importancia da pista cuberta de atletismo de Expourense como unha instalación que pon á cidade no mapa do deporte nacional. Atractivo Milleiros de persoas, entre deportistas, xuíces, adestradores, medios de comunicación e público en xeral estarán presentes nunha cita que se presenta con moitos atractivos. O primeiro deles, é a participación dos atletas galegos como Adrián Ben (800m), Belén Toimil (peso), Ana Peleteiro (tripla) ou mesmo Leticia Gil (lonxitude), que chegan con gañas de coroarse como campións de España. Pero non quedan aí os atractivos deste Campionato. Agardan, durante os tres días do nacional momentos espectaculares. Entre

eles, poderemos ver un 400 que se presume interesante logo de que Bernat Erta e Bruno Hortelano acadaran mínima para o mundial de Belgrado (Serbia), que se celebra do 18 ao 20 de marzo, pero que aínda non dixeron a última palabra os Óscar Husillos, Lucas Búa, Samu García, e compañía, que buscarán un oco para esa cita internacional na que so poderán acudir dous deles. Tampouco se pode un perder os 60 metros valados con Asier Martínez e un recuperado Orlando Ortega; e nos 60 m. femininos os focos estarán en Maribel Pérez, quen vén de batir o récord de España da distancia despois de máis de 30 anos. Nos 1.500 metros femininos, Esther Guerrero (vencedora do meeting de Nueva York) e Marta Pérez prometen unha carreira vibrante. Outra cita importante será nos 3.000 metros.

Programa O Campionato celébrase en tres días -catro xornadas- e dará comezo o venres 25, con algunha rolda e as probas de heptalón e pentatlón, nas que Ureña e Vicente, respectivamente son os favoritos. O sábado 26 haberá as finais de salto de altura -mulleres-, e lonxitude -homes e mulleres- na xornada matutina; e na xornada vespertina as finais que chegan son as de tripla salto -homes-, pértega -mulleres-, altura -homes-, peso -mulleres- e as finais, tanto de homes como de mulleres de 3.000 metros e 60 metros. Para o domingo 27 quedan o resto de finais: pértega -homes-, peso -mulleres-, tripla -mulleres-, e as finais de ambos sexos de 200, 1.500, 400, 800 metros, e 60 valados.

Adrián Ben, Belén Toimil, Ana Peleteiro e Leticia Gil serán algúns dos destacados participantes


DEPORTES

Nova vitoria do COB nun partido de luces e sombras

Traspés do Arenteiro

4 Mantense líder.

R. Torres

R.T. O Club Ourense Baloncesto está sumido nun vaivén de emocións e de xogo. Nos últimos encontros disputados, o conxunto ourensán combina nos 40 minutos momentos excelsos con outros desesperantes. O mesmo aconteceu na última xornada disputada no Paco Paz diante de Clavijo. Un comezo de encontro arrollador fixo que os de Armando Gómez subirán a renda ao redor dos 20 puntos de diferenza. Cando todo facía indicar que sería unha tarde apacible no Pazo, "baixada de fusibles" e o equipo visitantes que se aproxima perigosamente no electrónico. E tan perigosamente que estiveron a tres puntos de empatar o encontro (6461). Porén, e menos mal, uns minutos finais no que a defensa fixo un traballo inconmesurable lograron distanciarse de novo no marcador e rematar cun 76-61 que non reflexa o sufrimento vivido tanto na cancha como nas bancadas do feudo cobista. Con este é o sexto encontro, dos últimos sete, en que o COB ten que sufrir para lograr a vitoria. A pesar de que o equipo deixa en cada partido luces e sombras, esta racha fai que os ourensáns lideren a clasificación con 14 vitorias, unha máis que Burgos e Cantabria (este

último con dous encontros menos). As novas incorporación fan que o equipo teña máis equilibrio, pero aínda non se reflicte na pista. As rotacións -con 12 xogadores con o adestrador- non están sendo todo o satisfactorias que se agardaba. Zamora Esta fin de semana hai parón na competición. Esta regresa o 5 de marzo para a disputa da 20ª xornada. O COB terá que desprazarse ata unha provincia veciña para enfrontarse ao Zamora enamora. O partido está previsto para o sábado, 5 de marzo, ás 19 horas. Os castelán leoneses son sextos con 10 vitorias. No enfrontamento da primeira volta vencera o COB con solvencia. O seguinte partido na casa será o 9 de marzo diante de Burgos, equipo que o precede na clasificación.

COB-Clavijo./ DOMARCO.

Barrios 24 de febreiro 2022

4 A UD Ourense seguen sen perder en Autonómica. Mala tarde a do Arenteiro no Espiñedo na visita do Pontevedra. O conxunto carballiñés caeu goleado por 1-5 ante un conxunto, o do Lérez, que continúa na súa loita polo ascenso. A do Arenteiro e outra loita, a da permanencia, e viuse parada bruscamente con esta dolorosa derrota. Sobretodo despois de vencer por primeira vez, a semana pasada, lonxe de Espiñedo. Se ben é certo que os locais xogaron cun xogador menos desde o minuto 40 e sen dous menos, desde o 70. Esta derrota frea en seco a tendencia á alza dos ourensáns que volven ocupar postos de descenso a tres puntos da salvación. Os homes de Fran Justo deberán facer borrón e conta nova para pensar no seguinte duelo, o que os levará á capital galega para medirse a outro dos cocos da 2ª RFEF: o Compostela. 2ª RFEF O Ourense CF tivo que aprazar o seu encontro desta xornada por mor da Covid19. Os que si xogaron foron Arnoia e Barco, rematando a xornada con sendas derrotas. O conxunto dirixido por Iván González acusou o esforzo que lle supuxo disputar un partido aprazado entre semana e perdeu na casa do Rápido de Bouzas por tres

Xogada do Arenteiro - Pontevedra./ I.OSORIO. goles a cero. Tampouco lle foi propicia a xornada ao Barco; os valdeorreses perdían no campo do Polvorín pola mínima (1-0). Así, o Ourense CF é terceiro, pero con tres partidos menos que o primeiro e dous que o segundo. Mentres, o Barco, a pesar de que ocupa postos de loitar polo ascenso, pouco a pouco vai perdendo comba e ve perigar a súa posición privilexiada (quinto clasificado). Pola súa banda, o Arnoia segue na última posición da táboa. Autonómica No Grupo sur B hai un líder sólido. A UD Ourense volveu dar mostras do seu poderío ao remontar no campo do Cultural Areas (1-2) e levarse os tres puntos. Os unionistas buscan, nas xornadas que

quedan para rematar esta fase regular, ser líderes para chegar á segunda rolda co maior número de puntos posibles. O Barbadá deu boa conta do Caselas (3-0) nos Carrís e continúa en postos de promoción de ascenso. Ao igual que o Verín, quen non puido pasar do empate no derbi ourensán (1-1) ante o Nogueira. O Velle descansou e o Polígono sumou un punto na casa contra o Porriño (0-0). O derbi ourensán da próxima semana enfrontan na Tella ao Nogueira e Polígono. Na casa tamén xogará a UD Ourense diante do Guardés. E terán que disputar os seus encontros de visitantes o Barbadás (fronte o Porriño); e Velle contra Atios.

13

Fútbol Sala Redacción O Sala Ourense viu como unha renda de 2-0 convertíase nun resultado final de empate a tres. A primeira parte foi de claro dominio local, con equipo, o de Óscar Vivián que tiña as súas ocasións pero non se materializaban, agás unha, a que supuña o 1-0 ao descanso. Tralo paso por vestiarios, os ourensán facían o segundo, pero lonxe de darlles tranquilidade os visitantes remontaban con tres goles. Un penalti devolvía unhas táboas a un marcador que xa non se movería, a pesar da última ocasión local. Un punto que sabe a pouco, e Vivián que deixa de ser adestrador do primeiro equipo. Primeira Na Primeira división o Ourense Envialia vía como o seu partido fronte o Burela tiña que aprazarse por tres positivos por Covid19 na plantilla mariñá. Esta fin de semana non hai liga; a competición regresa para a seguinto co Envialia visitando a Marín. Cidade O Cidade sumou unha nova vitoria ao golear ao Universidade de Salamanca (5-0) nos Remedios. O Envialia “B”, pola súa banda, perdeu contra Bembrive (3-2). As de Codeso son segundas a cinco puntos do líder, Amarelle. O filial do Envialia é décimo. Esta fin de semana as franxiverdes reciben ao Bembrive (a un punto das ourensás) e o Envialia B visita á Fervenza.


14

Barrios 24 de febreiro 2022

Nós, A Xente do Redor A. Jácome No Liceo de Ourense, o templo da Cultura ourensán, presentouse o número 6 da revista, Nós a Xente do Redor, máis dun cento de persoas vencelladas a este grupo, asistiron ao acto. Neste número, a encargada de ilustrar a portada foi a pintora de Valdeorresa Lola Doporto, coa obra “Marioneta con clarinete y búho”. O acto estivo presentado pola polifacética artista e alma mater da xente do redor, Marina Sánchez, acompañada por Marila Abad, profesora no Colexio Cardenal Cisneros e secretaria da Asociación Filatélica Miño, e María Rosa González Méndez, do Círculo Poético Ourensán. José Antonio Viñas Destaca a sentida homenaxe “in memoriam” a José Antonio Viñas Mira, o que fora creador da Asociación Folclórica Queixumes dos Pinos, con textos de Marina Sánchez, Avelino Jácome e Javier Enériz, este último lembrou a súa figura lucindo unha sudadera da asociación na súa honra todo adobiado cun retrato do xenial pintor Miguel Angel Martínez Coello. Asistiron tamén representantes das institucións colaboradoras, Sandra Quintas Vázquez, xefa do servizo de coordinación cultural da Xunta de Galicia; Luz Doporto, representando a Deputación de Ourense; María Paz Gómez del Valle, da Asociación Diabética Auria; Aurelio Gómez, asesor de Cultura na Deputación de Ourense; Manuel Blanco Villar, do Museo Casa do Patrón. O evento foi animado pola música dos acordeóns de Juan Ruibal, de Lume na Palleira, Maxi (Maximino Miguez Salgado) e o cantante ourensán Iván Pérez Álvarez concursante de Recantos no programa Luar da Televisión de Galicia.

OCIO E CULTURA

Ourense será o escenario de "13 exorcismos" 4 A película rodarase no mes de abril. Redacción O novo proxecto de Mr fields & Friends, Bambú Producciones e AtresMedia Cine trae a Ourense a rodaxe de “13 exorcismos”. O equipo de produción da película traballa actualmente nas localizacións dos espazos da rodaxe, para os que valoran utilizar diferentes contornas no Casco Vello da cidade, o Seminario ou os cemiterios municipais, entre outros. A súa previsión é iniciar a rodaxe no mes de abril do presente ano 2022. A película está baseada no último caso documentado dun exorcismo realizado por un sacerdote da igrexa católica no noso país a través da historia dunha adolescente con estraños comportamentos. A súa familia, extremadamente católica, recorrerá a un dos especialistas autorizados polo Vaticano para intervir nos casos de posesión do diaño. Visitas O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu no Concello o produtor Ramón Campos, e o equipo que visi-

Concurso de clarinete Redacción O Conservatorio Profesional de Música de Ourense, en colaboración co Ampa e o departamento de vento madeira, organizan o 8º Concurso de Clarinete “Cidade de Ourense”, co fin de incentivar e estimular aos novos intérpretes de clarinete de idades comprendidas entre os 8 e os 18 anos (en tres categorías segundo a idade). Debido ás restricións sanitarias derivadas da Covid-19, este ano o con-

tou a cidade para poñer en marcha o proxecto (Irene Mejías, xefa de produción de Mr Fields & Friends) e Tamara Soto, directora de produción de 13 exorcismos). O alcalde trasladoulles o apoio e garantiu a colaboración institucional do Concello nesta iniciativa, que converterá a cidade en escenario de cine do máis alto nivel e contribuirá a visualizar e dar a coñecer a cidade entre un público masivo. Pérez Jácome congratulouse de que Ourense sexa a localización elixida para esta película e animou a produtora a seguir apostando pola cidade nos seus próximos proxec-

tos audiovisuais. O equipo da película tamén visitou a Deputación de Ourense para entrevistarse co seu presidente, Manuel Baltar, quen remarcou o compromiso do ente provincial co audiovisual.

A película está baseada no último caso documentado dun exorcismo realizado por un sacerdote da igrexa católica no noso país

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

Oda ó Entroido de Verín Quérote, fermoso e máxico entroido de Verín!!! creador dun ceo aberto na inmensidade, dono indiscutible do indomable cigarrón. Penso no “Pescadilla” e no “Grolo” artesanos da parodia imposible creo en todolos seus discípulos entroideiros. Feitos na obra, e con gracia, nas adegas esquecidas, que reviven de novo o espíritu de Monterrei. Creo no, infatigable entroido verinense que padeceu o poder da censura, que quixo crucificalo, matalo e sepultalo e que do máis fondo das entranas ó longo dos séculos resucitou, de entre os mortos e baixou o camiño real dende un castelo eterno quedando asentado ó carón da divinidade, suplicando o seu reino, que a xente cante e baile para desfrutar da xolda e da algarabía. Creo no libre pensamento do santo entroido creo na igrexa misteriosa, dos chocos afinados, na comunión dos entroideiros disfrazados no perdón sen limites dos pecados escondidos e na resurrección das entroideiras arrepentidas. Creo nos capuchóns impolutos e das fariñadas atrevidas creo en ti, licor do café e das herbas amarelas, comulgo co viño que fermenta en Monterrei e resucito nas ferventes estrolas con cachuchas e cabritos… creo nas rúas ateigadas de farrapos creo en ti, praciña da “Estrela”, recuncho das raíñas e comadres liberadas, inferno dos compadres portadores dun lume sacro prendido creo en vos, entroideir@s vellos nobres e valentes pregoeiros inmortais da festa mais querida. Miguel A. Prieto "Chitín"

O alcalde da cidade, Gonzalo Pérez Jácome, con responsables da película.

curso desenvolverase de modo online, xa que non se podería garantir a distancia de seguridade de todos os participantes nin a propia celebración do concurso na data designada. Cada concursante deberá preparar unha gravación de vídeo (formato AVI ou

Cartel do concurso.

MPEG), que deberá enviar a través da plataforma Wetransfer á seguinte dirección de correo electrónico: concurso.clarinete.ourense@gmail.com. O prazo de inscrición remata o venres, 18 de marzo, ás 14 horas.


OCIO E CULTURA / CLASIFICADOS

Barrios 24 de febreiro 2022

15

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Arcediagos,11, 1º - 32005 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara Nº160 - Ano: XV - 24 de febreiro de 2022 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 685 969 546.

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe o seu anuncio no 685 96 95 46 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

Ter unha boa saúde Aqueles que non teñen tempo para coidar a súa saúde, encontrarán tempo para coidar a súa enfermidade. A sociedade moderna parece ignorar todas as regras alimentarias ditadas pola sabia natureza, ao punto de que morremos pola comida! A todos nos gustaría ter unha vida longa, saudable e de calidade. Unha correcta alimentación, acompañada de exercicio físico, pode mudar a nosa vida por completo, evitando un infarto, un derrame cerebrar e o cancro. Cambiar o comportamento humano representa un desafío enorme e saír da zona de confort parece pouco saudable. Exista unha porcentaxe bastante alta de cancros relacionados con hábitos alimentarios. Hai un consumo excesivo de azucre, xa que está camuflado en practicamente todos os alimentos que forman parte da nosa dieta, como os cereais, galletas, zume, iogures, etc. Tamén o consumo excesivo de alimentos procesados e industrializados perxudica o bo funcionamento do organismo, así como prescindimos dos

Premio Clara Campoamor Redacción O 16º Premio Clara Campoamor, que otorga o Concello de Ourense, recaerá este ano no grupo de profesoras “EXXperimenta en feminino”, que tratan de divulgar a ciencia entre as mozas. O premio entregarase o día 9 de marzo, o seguinte ao Día Internacional das Mulleres (8 de marzo), conmemoración que nos lembra que a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes aínda é un obxectivo pendente.

alimentos que proveñen directamente da Nai Natureza. Sabías que o exercicio físico ofrece grandes beneficios para as enfermidades inflamatorias das articulacións, como a artrite reumatoise, entre outras? Prevaleza os alimentos como vexetais, froitas, proteínas saudables (aves, peixes), noces e un pouco de chocolate negro. Os alimentos ricos en omega-3 tamén deben consumirse regularmente. Consuma graxas beneficiosas, como as graxas insaturadas que se atopan nosaguacate e no pescado. Por exemplo, o pescado e as noces conteñen proteínas e grazas saudables, indicador dos seus múltiples beneficios medicinais. Use proteínas ideais como feixóns, vexetais, polo, láctos e ovos, pescados e mariscos, carne de porco magra e froitos secos. A alimentación é un factor que modula a resposta inflamatoria, desempeñando un papel nos procesos inflamatorios. Polo tanto, está claramente demostrado que o consumo axeitado de alimentos

4HUMOR

promove un ambiente antiinflamatorio. A dieta mediterránea, rica en verduras, vexetais, froita fresca e seca, cereais, pescado, aceite de oliva e viño, e baixa en graxas saturadas, protexe fronte ás enfermidades cardiovasculais, cancro e outras enfermidades crónicas. Os alimentos con graxas omega-3 tamén teñen efectos beneficiosos para combatir a inflación. Onde se pode atopar ácidos graxos na túa dieta? pescados como sardiñas, cabala, atún, aceite de liñaza en noces, sementes de chía, verduras de cor escura, espinacas e brócoli. A inflamación é unha resposta do sistema inmunitario; así, que cóideo ben. João Damião

Consuma graxas beneficiosas, como as graxas insaturadas que se atopan no aguacate e no pescado

INMOBILIARIA Véndese piso en Beluso, Bueu (Pontevedra). 100 m2, 3 habitacións, salón, cociña, baño, despensa e 3 trasteiros amplios. Soleado todo o día, situado preto de servizos básicos e a menos de 2 km das mellores praias da zona. Prezo: 85.000 euros. Tfno.: 679 588 349 (envío fotos, escoito ofertas). Alugo local económico no centro. Ideal para oficina, almacén ou trasteiro. 17m2. Dispón de baños comunitarios. 120 euros/mes máis 7 euros de comunidad. C.E.: C. Teléfono 627 203 131 Véndese casa céntrica en Xinzo de Limia. Baixo máis unha planta (144m2,) tres prazas de garaxe e patio, cinco habitacións, dous baños, cociña amoblada e terraza. 133.000 euros. Tel. 699 648 514 / 988 21 40 70 Alugo baixo na zona do Couto totalmente acondicionado. Con luz, auga, 70 m2. Prezo 300 euros. Tel: 653 208 506 Alúganse apartamentos en Montalvo (de Semana Santa a outubro) con unha ou dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916 Alugo sala para actividades culturais, con posibilidade de cociña, baño e outros sertvizos. Tel.: 988 247 113. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Busco casa en alquiler na periferia de Ourense. Opción a compra ou dunha permuta dun piso situado na Valenzá. Tlf.: 600 826 029. Vendo casa na estrada de Santiago, con finca. Para restaurar. Tel.:672 089

349. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62.

TRABALLO Ofrécese señora para traballar con xente maior ou nenos. De toda confianza, con informes. Disponibilidade de coche e fins de semana Tel.: 606 422 543. Ofrécese señora para limpeza por horas Tel.: 674 500 513. Señora, auxiliar de enfermería responsable e con experiencia, ofrécese para coidar persoas maiores, enfermos, nenos e tarefas do fogar. Tel.: 620 052 173 Ofrécese señora responsable -española- para coidade de nenos ou persoas maiores. Con informes. Tel.: 606 422 543 Ofrécese auxiliar de enfermaría, con titulación, para o coidado de maiores. Como interna ou por horas. En Ourense ou arredores. Telf.: 663 043 561 Danse clases de francés a domicilio. Todos os niveis. Titulación en España e Francia. Tlf.: 625 745 611 Imparto clases particulares (individuais e personalizadas) de Matemáticas a domicilio en Ourense capital. Todos os niveis. Tamen materias curriculares de ESO e Bacharelato. Ampla experiencia. Excelentes resultados. Económico. Interesados enviar WhatsApp ao 610 38 25 89. Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405. Ofrécese xerocultora para

axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358. Fanse desbroces en tractor e a man. Tlf.: 63 521 448 Ófrecese señora seria e responsable para tarefas do fogar e coidado de nenos e maiores. Con informes. Preferencia zona Ponte. Tlf: 685 374 191.

VENDAS Vendo candelabros con reloxo a xogo, antigos para entrada. Tel: 610 95 98 97. Vendo colección de revistas “Muy interesante”, do nº1 ao 163, e “Natura”, do 1 ao 132 (as dúas encadernadas). Tlf: 636286434. Vendo accesorios para cans: arnes de tiro, correas, collares e fournitures. Tlf: 636286434. Vendo unha xanela de dúas follas en aluminio sapelly de 1,40 x 0,94 m con cristais. Tlf: 636286434. Vendo dúas cadeiras infantís de coche (Jane) de 15-36 kg con isofix, unha negra e outra vermella. Tlf: 636286434. Vendo rizador de pelo con accesorios para alisar e rizar. Tel.: 666 303 635 Vendo cama hospitalaria articulada en bo estado, con colchón anti-escaras. Tlf.: 606 133 522 Vendo prensa de viño mediana/grande, ideal para decoración en xardíns. Tlf.: 606 133 522 Véndese mampara nova. Tel: 672 089 349. Véndense traxes de cabaleiro moi antigos en bo estado, ideal para Entroido. Prezo 10€. Tel: 610 979 897. Vendo escritorio. Como novo, bo prezo. Tel: 672 089 349. Vendo estufa de frío e calor. Tel: 672 089 349.


Barrios 24 de febreiro 2022


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.