Barrios 158

Page 1

Entrevista a Gabriel Alén, delegado da Xunta de Galicia na provincia de Ourense [Páx. 2-3]

OURENSE

Páx.4 VERÍN

O concello constrúe un completo parque multixogos no barrio da Cuña

Páx.7 XINZO

A Oficina do Consumidor atendeu medio millar de reclamacións en 2021

Páx.8

O Concello aproba un orzamento para este ano 2022 de 8 millóns de euros

ALLARIZ

Páx.10 CELANOVA

A Casa da Mocidade énchese de propostas para este inicio de ano

Saneamento do Támega

Páx.11

A Fundación Curros Enríquez xa atendeu a máis de 100.000 persoas

Villarino gaña as primarias

[Páx. 12]

Jácome 2022

[Páx. 4] Primeiro paso para o saneameto do río Támega // Villarino é reelexido secretario xeral do PSOE // Jácome presenta os proxectos para 2022.

Número: 158 - Ano: XV - 27 de xaneiro de 2022 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

[Páx. 6]


2

Barrios 27 de xaneiro 2022

TEMA DA SEMANA

Entrevista a Gabriel Alén, delegado da Xunta en Ourense

"A Xunta de Galicia ten un máximo compromiso coa provincia de Ourense"

4 Coñecemos un pouco máis de preto ao que fora concelleiro e alcalde de Cenlle, deputado autonómico e agora o máximo responsable do Goberno galego en Ourense. R. Torres O delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, cítanos cedo no seu despacho. O ex alcalde de Cenlle contaranos nesta entrevista as súas impresións desde que leva ocupando este cargo, ademais dos proxectos máis destacados do ente autonómico na provincia. Faga unha valoración a título persoal como delegado da Xunta en Ourense. Gabriel Alén: “É un periodo marcado pola pandemia, pero que está a ser dun ritmo frenético a nivel lexislativo. Vindo como veño de ser alcalde -de Cenlle-; coñecendo como pensan os alcaldes e tendo contacto agora coas diferentes consellerías da Xunta, pois a verdade é que é un labor moi gratificante”. Fala de actividade frenética, como é para vostede o día a día? G.A.: “O primeiro é estar á actualidade coa prensa a primeira hora da mañá. Despois fago unha revisión co equipo de traballo do que é a axenda e desenvolvoa. Tamén é moi importante a coordinación entre as distintas xefaturas territoriais solucionando problemas que moitas veces non chegan á prensa. Traballo nun proxecto no que creo, que é fundamental para ter a enerxía no día a día e estar coa máxima atención”. Que supuxo para vostede o cambio de alcalde de Cenlle a delegado da

Xunta? G.A.: “Como alcalde estás en contacto directo cos veciños e como delegado estás máis en contacto directo cos alcaldes, que son o fío condutor das vontades dos veciños. Polo tanto, son postos similares en canto a que hai que estar moi desperto, atento ao que acontece no territorio. Como delegado fas de nexo de unión entre os alcaldes e as consellerías”. Un delegado ten que estar atento a todo, como se coordina? G.A.: “A figura dun delegado e da Delegación é fundamental en canto ao integradora e transversal das diferentes políticas da Xunta. Primeiro, para intermediar entre os intereses dos concellos e as liñas de estratexia das consellerías; e, segundo, que as actuacións das consellerías se vexan implicadas desde o punto de vista das liñas estratéxicas e da liña da comunicación. Supón un esforzo importante de estar moi desperto, moi hábil; en definitiva, estar moi pendente do día a día e contar cun equipo humano como son tanto os xefes territoriais, a cara visible e brazo executor de cada Consellería, e tamén do equipo de gabinete que me acompaña, xa que formamos unha gran familia. Imprescindibles son as comisións territoriais de coordinación para que todas esas políticas sexan o máis integrais posibles. Debemos estar atentos

“Debemos estar atentos aos problemas e detectar proxectos dos diferentes ámbitos e que estes sexan ben encauzados a nivel de Xunta e poidan ser dotados de fondos”

en Ourense como é o centro de loita integral contra os incendios de Toén ou o aeródromo transfronteirizo que dará unha mellor conectividade na zona de Portugal co norte da Península para atallar canto antes os lumes”. En políticas de conciliación tamén se apoia ao rural. G.A.: “É fundamental que teñan servizos como os de conciliación e atención aos maiores. Aquí temos políticas pioneiras en toda España, que causan curiosidade noutras comunidades autonómas, como son as Casas Niño e as Casas do Maior, que maioritariamente implántanse na nosa provincia”.

Alén no edificio administrativo da Xunta. /RAMSÉS. aos problemas e detectar proxectos dos diferentes ámbitos e que estes sexan ben encauzados a nivel de Xunta de Galicia e poidan ser dotados de fondos. O que se me transmite desde a Xunta é que hai un máximo compromiso coa provincia de Ourense, polo que estamos alerta para detectar bos proxectos que estean ben estruturados e fundamentados para poder investir neles”. O goberno autonómico está a desenvolver unha serie de iniciativas pioneiras na provincia, pode comentar algunha delas? G.A.: “A provincia é eminentemente rural e por aí van parte das políticas. O que non ten sentido é

que ese potencial, esa terra que produce uns produtos demandados en todo o mundo e de calidade máxima, que maioritariamente estea abandonada e ocupe titulares por incendios. Iso revertiuse e, despois dun diálogo importante desde a vaga de incendios de 2017, cun consenso da comisión contra incendios do Parlamento de Galicia xorde a Lei de recuperación de terra agraria, que pretende recuperar, con diferentes mecanismos, esas terras e poñelas en valor: un, para xerar actividade económica e emprego duns produtos que son demandados en todo o mundo; e dous, evitando incendios cun banco de probas

Isto pon en evidencia aposta da Xunta polo rural. G.A.: “Estase facendo un cambio normativo ideado en base a un consenso absoluto, fóra das disputas políticas que normalmente hai. Ninguén pode discutir que temos que xerar mecanismos para poñer en valor a terra para que xere actividade económica. Exemplo diso son as aldeas modelo, que tanta atención chaman noutras comunidades autónomas que as veñen a visitar, e que irán dando resultado xunto aos polígonos agroforestais ou mesmo as áreas cortalumes”. A Xunta vai realizar grandes inversións na nosa provincia, en áreas como a sanitaria. G.A.: “É unha actua-

ción integral. Vaise realizar unha inversión total de 160 millóns de euros. Unha vez executada a primeira fase, xa contratada a segunda fase -de 52 millóns- e co plan funcional da terceira e cuarta fase (que son o edificio ambulatorio e o edificio administrativo) e logo xa un centro integral de saúde, o Nóvoa Santos, que será o primeiro na provincia. Tamén se construirán novos centros de saúde no Carballiño, A Rúa, Muíños e Boborás. Ademais, estanse analizando todas as infraestruturas sanitarias para melloralas. E estanse a realizar reformas importantes nos hospitais comarcais de Verín e O Barco. Porén, debemos destacar que o máis importante é o capital humano, polo que fanse esforzos importantes reivindicando, incluso, ao Goberno central a importancia de que permita cubrir o total das prazas vacantes a partir da oferta pública de emprego e de plans extraordinarios MIR de formación de médicos”. E na área educativa? G.A.: “Nos centros educativos estase a facer un plan integral de necesidades para que sexan centros cunha mellor eficiencia enerxética, e que permitan unha actividade docente compatible con outros usos fóra do horario lectivo, e que esas infraestruturas sexan utilizadas o maior número de horas posible. Ademais, temos como fiel aliado á Deputación de Ourense, que soupo ver a oportunidade da

“Aquí temos políticas pioneiras en toda España, que causan curiosidade noutras comunidades autonómas, como son as Casas Niño e as Casas do Maior”


TEMA DA SEMANA

creación do centro de FP, que será referente de toda Galicia en Formación Profesional e en innovación, para mellorar a competitividade das empresas que demandan unha formación moi específica”. E na área asistencial? G.A.: “No ámbito social dúas referencias importantes, xa que este ano rematarase o centro para discapacitados (en Ourense capital), e logo tamén, imperará o sentido común, e permitirase a construción da residencia Amancio Ortega, de 12 millóns de euros, nun terreo que hai que dicir que é da Xunta de Galicia ao 100% nos terreos da antiga estación de autobuses. Creo que finalmente habilitarase urbanísticamente e construirase, tal como queren os veciños dos dous barrios -As Termas e O Pino- para desenvolvelo urbanísticamente tanto na atención aos maiores coa residencia como cunha conexión á zona verde do Miño”. Fala de sentido común, porén non hai acordo. Como ve o tema? G.A.: “Imos facer o imposible para resolver a máis mínima dúbida que poida haber respecto a este tema”. A chegada do AVE pa-

Barrios 27 de xaneiro 2022

unha relación institucional extraordinaria con todos eles”.

O delegado no seu despacho. /RAMSÉS. rece que traerá o pulo do turismo na provincia. Cal é a aposta da Xunta? G.A.: “O primeiro que se me ven á cabeza é que discorre en paralelo á Vía da Prata; preséntase unha oportunidade histórica para esta vía do Camiño de Santiago, que vai ser o único que conte cunha comunicación ida e volta desde calquera lugar do mundo, ademais de impulsar o termalismo. Un termalismo que desde comezos do 2020 procúrase fomentar a calidade do mesmo a través dunha lei de usos lúdicos procurando uns establecementos termais de maior calidade a través de axudas (dun millón de euros impulsados nos orzamentos de 2022) para melloras destes espazos termais e ás que poden concorrer os concellos.

“Imperará o sentido común, e permitirase a construción da residencia Amancio Ortega nun terreo que hai que dicir que é da Xunta de Galicia ao 100%”

Tamén quero destacar a forte aposta pola fortaleza do Castelo de Monterrei; dos 22 millóns que recibe a Xunta dos fondos europeos, 14 destínanse a este emprazamento que agora está en fase de estudo para ver o mellor xeito de investir nesta infraestrutura turística”. O goberno autonómico anunciou que a Xunta contará cun novo edificio administrativo no barrio das Lagoas. G.A.: “Queremos que sexa unha infraestrutura que se constrúa dentro desta lexislatura, xa que é moi demandada e necesaria para Ourense, que precisa dunha gran delegación territorial como hai noutras provincias. Deste xeito, aglutinaranse e serán máis funcionais os servizos administrativos ao non estar dispersos pola cidade. O lugar elixido foi unha busca de máis de 20 anos, e hai que lembra ao compañeiro falecido, o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, que

fixo posible elexir a mellor opción, ademais de ser unha aposta moi importante por parte do presidente, Núñez Feijoo. Este ano o que nos vai ocupar será a fase de redación de proxectos e licitación; e no 2023 e 2024 será a de execución dunha obra cunha achega de 8,5 millóns”. Haberá máis melloras. G.A.: “Tamén faremos melloras en lugares como a Casa grande de Viloira, no Barco, ou en oficinas agrarias comarcais que pretendemos impulsar para o que faremos reformas estruturais e integrais, ademais de optimizar o seu funcionamento na atención e promover proxectos agrarios, gandeiros e forestais que contribuirían á dinamización de terras. Desde estas oficinas daremos o mellor asesoramento posible a través de axudas, subvencións ou asesoramento legal aos veciños de toda a provincia. Para isto, é importante a colaboración cos concellos e aí temos

A Xunta abre este mes o prazo de solicitudes para acceder ás axudas do plan Renove Automoción. En que consiste o plan? G.A.: “Cumpre unha dobre función. Por unha banda, a renovación do parque móbil contribuindo á mellora na eficiencia enerxética, con axudas de entre 3.000 e 4.700 euros en función das características da familia; e por outra banda, supón un claro apoio ao sector da automoción”. Atopámonos en plena sexta onda da pandemia, que mensaxe trasladaría á cidadanía? G.A.: “Hai que mentalizarse de que o virus pode estar en calquera lugar, polo que animo á vacinación a todo aquel que aínda non o fixo, á utilización da máscara en todos os ámbitos de interacción e a máxima precaución e maior distanzamento posible, pero ten que ir da man da recuperación dunha actividade social, laboral e económica necesaria e imprescindible tanto desde o punto de vista económico como anímico. Ademais da vacina e das máscaras son importantes os cribados e desde a Xunta faise unha campaña masiva por toda a provincia, ademais do que temos na estación de tren de Ourense para os pasaxeiros que recalen na mesma. Non podo esquecerme e agra-

3

decer o esforzo sobrehumano dos sanitarios”. Non fai nin dous anos dimitiu como alcalde, foi nomeado delegado da Xunta e agora comeza a soar para outros cometidos. Que pensa de que estea o seu nome nalgunha quiniela? G.A.: “Primeiro descoñezo que estea nas quinielas. Pero sinceiramente, para min o máis importante é a aspiración do día a día alí onde estea. En relación a calquera responsabilidade que me corresponda en calquera momento, non teño máis aspiración que procurar facer o mellor posible o meu traballo. A partir de aí, que se recoñeza o teu traballo, en primeiro lugar como concelleiro de Cenlle, en segundo como alcalde de Cenlle, en terceiro como deputado autonómico e agora como delegado en Ourense para min é unha satisfacción enorme”.

“Para min o máis importante é a aspiración do día a día alí onde estea” “Traballo nun proxecto no que creo, que é fundamental para ter a enerxía no día a día e estar coa máxima atención”


4

Barrios 27 de xaneiro 2022

TEMA DA SEMANA

Momentos antes da primeira reunión celebrada no parador de Monterrei. /RAMSÉS.

Primeiro paso para o saneamento do Támega

4 Reuníronse Xunta, Confederación e alcaldes da Mancomunidade para abordar o tema. Redacción O antigo Parador de Monterrei serviu para a toma de contacto para abordar a situación do ciclo da auga na zona e na bacía do río Támega. Foi un encontro entre Xunta de Galicia, Confederación Hidrográfica do Duero e alcaldes da Mancomunidade de Verín. Ademais de todos os alcaldes, a excepción do da Gudiña, estive-

ron presentes a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez; o delegada da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González e a a presidenta e técnicos da Confederación Hidrográfica do Douro. Como primeira medida está a de facer unha dignose en todos os municipios das necesidades tanto en abastecemento como en

saneamento e depuración, pra afrontar as melloras necesarias. Xunta O Goberno galego, a través de Augas de Galicia, elaborará un estudo de alternativas para axilizar ao máximo posible os traballos iniciais, xa que o obxectivo é que o Ministerio para a Transición Ecolóxica destine fondos Next Generation para solu-

cionar os problemas de saneamento dos municipios de Verín, Castrelo do Val e Monterrei. Esta xuntanza foi convocada polos alcaldes, co de Verín á cabeza, que están de acordo na necesidade de resolver os problemas que presenta o sistema de saneamento que verte ao río Támega, e solicitan o apoio doutras administracións para procurar as mellores solucións.

Eses problemas concéntranse na zona alta do río Támega, onde conflúen os colectores de Verín, de Castrelo do Val e de Monterrei, e na que se producen frecuentes infiltracións e alivios ao cauce e na depuradora de Verín. No encontro, as diferentes administracións acordaron que o Goberno galego, a través de Augas de Galicia, asumirá a elaboración dun estudo de alternativas para identificar as solucións máis acaídas para o saneamento dos concellos de Verín, Monterrei e Castrelo do Val, axilizando a tramitación para que as actuacións sexan financiadas con fondos Next Generation do Ministerio para a Transición Ecolóxica. Convenio Ademais, paralelamente, tramitarase un convenio entre a Xunta, a Confederación Hidrográfica do Douro e a Mancomunidade de Verín para asumir a redacción dos proxectos das actuacións necesarias, a súa tramitación ambiental e a execución das obras, co obxectivo de que sexan financiadas con fondos europeos. A Confederación Hidrográfica do Douro comprometeuse a trasladar a proposta de convenio entre as distintas administracións, en paralelo á contratación do estudo de alternativas que realizará Augas de Galicia. Ethel Vázquez salientou que, a pesar de que o río Támega pertence á Con-

federación Hidrográfica do Douro, será a Xunta a que asuma o traballo e o financiamento do estudo de alternativas para a planificación das obras, recoñecendo a eficiencia e axilidade da Administración autonómica na tramitación. Seoane O alcalde de Verín; Gerardo Seoane xplicou que o que se pretende “é tratar o ciclo do tema da auga dun xeito diferente ao actual. Queremos facelo entre os concellos da comarca que representamos a 27.000 persoas, xunto coa Confederación e Augas de Galicia”.

O Goberno galego, a través de Augas de Galicia, elaborará un estudo de alternativas para axilizar ao máximo posible os traballos iniciais

.Gerardo Seoane, alcalde de Verín /RAMSÉS.


ECONOMÍA

Galicia, etiqueta de calidade

4O selo Galicia Calidade terá unha sección específica sobre alimentación que se denominará Galicia Calidade Alimentaria Redacción Galicia non se entende sen a súa gastronomía e, de feito, esta constitúe un dos principais atractivos da súa ampla oferta turística. Así, os visitantes acoden a Galicia atraídos, entre outras cousas, polos seus manxares, sendo esta unha das grandes motivacións para a súa viaxe. Por iso, a nosa comunidade pode presumir de contar con ata 36 selos de denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida. Son experiencias de calidade ás que hai que engadirlle tamén outras producións de excelencia, como son as derivadas das razas autóctonas de Galicia, o selo Galega 100%, que ampara o leite galego de calidade certificada e o selo pescadeRías, que ampara os peixes e mariscos procedentes da frota artesanal na nosa comunidade autónoma. A dinamización dos coñecidos como produtos de calidade fixo que nos últimos anos as producións do mar e do campo galego se virán potenciadas de forma cualitativa e cuantitativa. Recursos alimentarios, en definitiva, que constitúen unha das mellores ferramentas das que dispón o medio rural desta comunidade para asegurar o seu futuro, emprender novas vías de desenvolvemento e, incluso, reinventarse. A través das denominacións de orixe protexidas (D.O.P) e das indicacións xeográficas protexidas (I.X.P.), os produtos galegos alcanzaron unha nova dimensión, máis competi-

A Comunidade Autónoma conta con ata 36 denominacións de orixe ou indicacións xeográficas protexidas

Produtos galegos con denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida. tiva no mercado, atractiva para o consumidor e con todas as garantías de que o produto que se ofrece pasou rigorosos controis de calidade, como mostra do seu especial coidado no proceso de produción e comercialización. I Mostra de Calidade Alimentaria Co fin de impulsar toda esta riqueza, a Xunta vén de celebrar, no Pazo de Quián, en Sergude (Boqueixón) a I Mostra de Calidade Alimentaria. Neste contexto avanzouse que o selo Galicia Calidade terá unha sección específica sobre produtos alimentarios que se denominará Galicia Calidade Alimentaria e que englobará produtos con excelencia recoñecida, afondando tamén na súa promoción. Anunciouse a creación deste selo na presentación da nova campaña institucional da Xunta Galicia Etiqueta Calidade, na que o ente autonómico investirá 700.000 euros para divulgar o bo facer da xente do mar e do agro. Trátase dunha iniciativa que amosa que Galicia é unha potencia alimentaria. Unha contribución pública para o sector, en apoio e agradecemento polo seu labor encomiable, ao ser quen

de facer que non faltase produto alimentario galego de calidade durante a emerxencia sanitaria. Esta campaña destaca a importancia do etiquetado nos produtos de calidade. Tamén salienta que estas producións son a “Excelencia de Galicia” e que son garantía, autenticidade e singularidade. Ao tempo, tamén transmite a decidida aposta polo produto local e de proximidade e, en definitiva, traslada que os produtos de calidade de Galicia son os mellores. No marco desta Mostra tamén se deu a coñecer o mercado dixital oficial no que produtores poderán vender estas producións, establecendo contacto eles mesmos co consumidor. Trátase, así, dun verdadeiro mercado online, no que se poderán comercializar os produtos de excelencia de Galicia cun só clic. Premios Exceleite Na entrega dos premios Exceleite púxose en valor a futura Lei da calidade alimentaria, que apostará pola produción excelente de proximidade, san e sustentable que sempre distinguiu a Galicia. Ademais, a Xunta actúa como o acelerador do motor que representa o lácteo para a nosa comunidade median-

te o impulso de medidas como a Estratexia sectorial e, dentro dela, a aplicación informática Conta Láctea ou a formación empresarial para os gandeiros. Experiencias de calidade Viños e augardentes. Galicia conta con cinco denominacións de orixe de viño (Ribeiro, Valdeorras, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Monterrei). Cabe tamén destacar os viños con indicación xeográfica (tamén coñecidos como Viños da Terra), dos que contamos con catro: Barbanza e Iria, Betanzos, Val do Miño-Ourense e Ribeiras do Morrazo. As indicacións xeográficas das augardentes e dos licores tradicionais de Galicia protexen tanto a augardente de herbas, como o licor de herbas e o licor café, bebidas todas elas que forman parte inseparable do imaxinario colectivo desta terra. En canto ás carnes de Galicia, sempre gozaron de prestixio e recoñecemento. Ternera Gallega é o selo de calidade máis importante no sector cárnico español. A protección destas producións viuse potenciada nos últimos tempos coa creación da Indicación Xeográfica

Barrios 27 de xaneiro 2022

Protexida Vaca gallega e Buey gallego. No ámbito avícola, cóntase cos selos de calidade do Capón de Vilalba; en vacún (Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa); en ovino (Ovella Galega); en cabrún (Cabra Galega); en aviar (Galiña de Mos); en equino (Cabalo de Pura Raza Galega); e en porcino (Porco Celta). Lácteos. O leite galego de calidade conta co certificado “Galega 100%”, un selo que garante a excelencia do produto. Cabe destacar a calidade dos queixos, con catro diferentes denominacións de orixe protexidas (Arzúa-Ulloa, Cebreiro, Tetilla e San Simón da Costa). Horta. Cinco tipos diferentes de pementos de gran calidade ofrece a horta galega (os de Herbón, O Couto, Oímbra, Arnoia e Mougán), que están amparados baixo un selo dunha denominación de orixe, no caso do primeiro, e de indicacións xeográficas protexidas nos restantes. As castañas, as patacas ou o mel producidas en Galicia tamén contan cun recoñecemento especial pola súa calidade. A apicultura constitúe un elemento importante da etnografía en Galicia, onde perviven construcións tradicionais vinculadas a esta produción artesanal. Os Grelos de Galicia son outro dos produtos da horta galega con calidade amparada por un indicativo específico. Pódense atopar no mercado en varios formatos (fresco, conxelado ou en conserva), o que supón un importante número de consumidores potenciais, tanto dentro como fóra da comunidade. As subzonas de Bergantiños (na Coruña), Terra Chá, A Mariña e Lemos (na provincia de Lugo) e A Limia (en Ourense) acollen a produción da Indicación Xeográfica Pro-

5

texida IXP da Pataca de Galicia. O cultivo da Faba de Lourenzá abarca o territorio costeiro da provincia de Lugo e con este distintivo déuselle nome propio a esta variedade. Ademais, o Pan Galego, o Pan de Cea, xunto coa Tarta de Santiago, son os tres produtos galegos do sector de panadería e pastelería que contan con distintivo de calidade. A Agricultura Ecolóxica –unha denominación que, a diferencia das demais, non ten carácter xeográfico– é outro indicativo de calidade que rexistrou un gran desenvolvemento nos últimos anos en Galicia. Trátase dun sistema de produción de alimentos baseado nun escrupuloso respecto ao medio ambiente, o benestar animal e o mantemento e mellora da fertilidade do solo. Produtos do mar No tocante ao mar, Mexillón de Galicia certifica o mexillón producido, transformado e elaborado en Galicia, o auténtico mexillón das Rías Galegas. Pola súa banda, a marca pescadeRías ¿de onde se non? é un selo de identidade para a promoción e defensa dos peixes e mariscos procedentes da frota artesanal, cunha fama de variedade e calidade que traspasa as nosas fronteiras. Artesanía Alimentaria Por outra banda, a Xunta puxo en marcha a marca Artesanía Alimentaria, para poñer en valor os produtos agrarios e pesqueiros que se elaboran de forma tradicional, así como para protexer aos seus produtores. Trátase dunha novidosa regulación que especifica o que é unha produción artesanal para evitar que se empregue de forma inadecuada este termo ou outros similares como “caseiro” ou “feito en casa”.

Coas denominacións de orixe protexidas (D.O.P) e coas indicacións xeográficas protexidas (I.X.P.), os produtos galegos acadaron unha nova dimensión, máis competitiva no mercado e atractiva para o consumidor


6

Barrios 27 de xaneiro 2022

EN BREVE 4 Parque Multixogo

O Concello de Ourense inaugura un novo parque multixogos, neste caso no barrio da Cuña. O investimento, de 31.152,24 de euros, permitiu a reconversión da cancha da Cuña nun novo complexo multixogos no barrio para o fomento do deporte ao aire libre.

4 Rolda Leste

A Xunta adxudicou a redacción do proxecto construtivo da Rolda Leste de Ourense, entre a estrada OU-105 en Bemposta e a N-525, que suporá pechar a circunvalación polo sur conectando coa A-52. O importe é de preto de 125.000 euros, comezará nas vindeiras semanas e terá un prazo de 16 meses.

4 Doutor Fleming O Concello de Ourense estudia adquirir os edificios situados na confluencia entre as rúas Dr. Fleming e Reza para crear unha zona verde que revitalice esta contorna urbana.

4 Árbores Iniciouse a campaña de plantación de 1.000 árbores na cidade, tanto no espazo urbano coma no rural. Serán plantados no conxunto de parques, rúas e zonas do rural da cidade de Ourense no período 2022 a 2023.

4 Drons A Concellería de Seguridade Cidadá do Concello de Ourense dotará os servizos de Policía Local, Bombeiros e Protección Civil de drons que lles sirvan de apoio nas súas actuacións.

4 Cursos Participación Cidadá oferta 119 cursos para desenvolver durante este ano nas asociacións veciñais, considerando as solicitudes formuladas por estas entidades.

4 Taxas O goberno municipal conxela as taxas, impostos e prezos públicos do Concello de Ourense para 2022.

OURENSE

As propostas de Jácome para este 2022 4 O alcalde fixo un repaso dos obxectivos para este ano. R. Torres O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, convocou unha rolda de prensa para falar sobre os obxectivos deste 2022. O alcalde cre que este "será un gran ano" asegurando que "Ourense está en marcha, por fin!". O rexedor enumerou os proxectos máis destacados que terán lugar ao longo dos 12 meses deste ano. Tres grandes proxectos Jácome pediu para este ano sacar adiante tres grandes proxectos: implantar o metro-bus; as escaleiras mecánicas; e o parque Canedo (de 18.000 m2 con piscina e un aparcadoiro de "low cost") que este rematará nuns dous anos. Máis obxectivos Entre os obxectivos a cumprir nos vindeiros meses, ademais dos xa citados, falou sobre as Termas, tema que asegurou haberá "unha solución nas vindeiras datas" xa que non quere demorar "máis este tema". Ademais, asegurou que xa é o momento de comezar a captar a posibles visitantes madrileños grazas á chegada do AVE fai algo máis dun mes. Outras obras importantes serán as de Juan

Jácome pediu para este ano sacar adiante tres grandes proxectos: implantar o metro-bus; as escaleiras mecánicas; e o parque Canedo

Jácome na rolda de prensa onde avanzou proxectos para este ano. /RAMSÉS. XXIII e Concordia (estas adxudicaranse en febreiro comezando as obras en marzo coa intención de rematalas en decembro). Outra licitación serán as rampla de Arturo Pérez Serantes e a Cruz Alta. Tamén desvelou un proxecto en marcha para a construción de varios aparcadoiros de baixo custe (no Couto e en San Francisco) ao redor de 400-500 prazas. Sobre as plantillas de Policía Local e de bombeiros anunciou que se incrementarán solucionando "o déficit arrastrado nos últimos 10 anos". Seguindo cos funcionarios públicos, este ano implantarase o control telemático de fichaxe para os funcionarios. Outras actuacións Pero as actuacións non remataban aí. O mandatario local avanzou que se construirá un parque acuático termal no antigo matadoiro. Dixo que os placeiros regresarán en breve á Praza de Abastos e que se solucionará o problema do

ensanche de Tarascón; incluso vai moi avanzado o tema dos contedores soterrados. O rexedor avanzou que este ano será o que se realicen todas as concesións logo de que se estén rematando todos os pliegos como son o do lixo e os autobuses e o servizo (este remata o prazo de ofertas o 1 de febreiro). Ademais cóntase con 10 millóns de euros que se porán en marcha para "o comercio local” dirixido a reactivar a economía. Festexos Para o alcalde, a próxima cita importante en canto a ocio se refire é o Entroido. Pérez Jácome desvelou que pretende que actúen neses días "catro grandes orquestras" e se coloquen catro grandes carpas, unha para as orquestras e as outras para distintas actividades. Manterase o gran desfile, ademais de que as

actividades infantís disporán dunha carpa para os máis cativos "será unha zona de encontro". Tamén haberá, por primeira vez, un desfile de nenos. O obxectivo é manter a praza Maior chea os catro días de Entroido. Seguirá fiel á cita o Enterro da Sardiña e o sábado seguinte a este día chegará o concerto de Marta Sánchez ao Auditorio municipal. Sobre as festas de Ourense, estas, quere reenfocalas concentrándos en poucos días (catro ou cinco) e "sendo moito máis relevantes que ata o de agora". Tamén, fixo un repaso de festividades exitosas a pesar da pandemia como foi a noite de Halloween Samain que "foi o mellor do noroeste español" e os magostos, que a pesar das restricións tivo unha gran

resposta sobre todo a actuación dunha orquestra que congregou a máis de 5.000 persoas. Jácome tamén destacou o Nadal, como o "mellor da historia" de Ourense cun alumeado que chegou "a máis barrios que nunca" co as nevadas da praza Maior, os pasarrúas, actuacións musicais ou o novidoso parque de Aventuras (con máis de 3.000 visitantes); ademais dos poboados de Nadal ou mesmo a Cabalgata, que o rexedor dixo ser "a mellor de Galicia". Sobre o Auditorio dixo que este emprazamento "recuperouse para os cidadáns" e arroxou datos nos que había máis espectadores agora (coas restricións) que antes da pandemia, e deixou un titular: "Jácome remata coa cultura das butacas baleiras".

As escaleira de Concordia adxudicaranse en febreiro comezando as obras en marzo coa intención de rematalas en decembro


VERÍN E COMARCA

Barrios 27 de xaneiro 2022

Medio millar de reclamacións

EN BREVE 4 Pleno

4 É o que atendeu a OMIC o ano pasado. Redacción A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) de Verín tramitou un total de 531 expedientes de reclamacións, atendeu 122 consultas (foron maioritariamente vía teléfono e correo electrónico, fundamentalmente relativas aos servizos de telefonía e vendas por internet) e participou en 93 mediacións durante o ano 2021. 179 reclamacións foron realizadas no ámbito das telecomunicacións que, un ano máis, foi o sector máis demandado. As principais controversias suscítanse polo incumprimento das condicións pactadas mediante contratación de voz, penalizacións por compromiso de permanencia ou a facturación de servizos non contratados e incumprimento de ofertas e problemas de conexión a Internet. A seguinte posición no ranking pertence aos suministros do fogar, fundamentalmente o sector eléctrico, sumando un total de 74 reclamacións. A gran maioría das demandas obedecen a falta de emisión de facturas durante meses, toma de

lecturas estimadas e cambio de comercializadora sen recibir información previamente. A banca, con 48 reclamacións, ocupa o terceiro posto no que a incidencias se refire. As principais causas son comisións, cargos indebidos, suplantación de identidade para comprar con tarxeta, procedementos para dar de baixa unha conta, devolución de recibos ou reclamacións para a devolución por gastos hipotecarios. No cuarto lugar, encóntranse as compañías de seguros con 37 casos; principalmente, por desacordos en sinistros e incidencias e subidas dos importes de seguros sen previa información. Outro sector con reclamacións foi o das compras por internet, debido principalmente a retrasos na entrega de pedidos, demora no reembolso das devolucións e recibir o artigo diferente ao que se comprou. De especial relevancia foi o considerable aumento de reclamacións en cursos de formación online e a distancia.

O mural é obra de Fernando Barreira./C.M.

Un mural para retratarse 4 Está ubicado na praza García Barbón. Redacción O Concello de Verín inaugura un mural realizado polo artista local Fernando Barreira. O mesmo -ubicado na praza García Barbón- esta formado por dous pares de coloridas ás deseñadas para que veciños e visitantes poidan inmortalizar, a modo de photocall, o seu ademán de bolboreta cunha fotografía. No acto oficial de presentación, o alcalde da localidade, Gerardo Seoane, explicou que esta actuación está englobada no marco estratéxico do plan de humanización da

Coral de Verín Redacción

A OMIC de Verín.

7

O Concello de Verín e a Asociación Verinesa de Amigos da Música renovaron o seu convenio de colaboración coa finalidade de garantir a continuidade deste tradi-

vila. "O que buscamos con esta tipoloxía de accións é devolverlle a vida a certas zonas degradadas e transformalas achegando cor e alegría aos diferentes espazos, utilizando diferentes formatos de arte urbana". Mural Devandito mural, que mide oito metros de largo por cinco de alto, esta formado por dous pares de coloridas ás. O deseño das mesmas están definidas por unha gama cromática fortemente colorista que non deixa a ninguén indiferente. “Verín dáche ás”; amparándose neste slogan, o autor destacou que "este

deseño responde a unha idea orixinal do Concello e representa varios dos valores dos que nos transmite esta institución municipal" como son a seguridade ou a súa capacidade de pulo estratéxico da vila e da súa cidadanía. Chaveiro Por último, Fernando Barreira lembrou que cede en exclusiva ao Concello todos os dereitos de explotación da obra. Ademais, o autor obsequioulle tamén ao ente municipal cun deseño orixinal dun chaveiro coa marca Verín que será presentado en breve publicamente.

cional colectivo musical de Verín.

ca, María Coroa Meixeira Romasanta.

Convenio No acto da firma do convenio, estiveron presentes o alcalde de Verín, Gerardo Seoane e a presidenta da Asociación Verinesa de Amigos da Músi-

Actuacións Segundo o citado convenio, o Concello de Verín realizará unha achega de 3.000 euros á asociación, a cal comprométese a realizar durante o ano

O pleno do 23 de decembro acordou o cambio de representantes da corporación nos consellos escolares, quedando aprobado, por 11 votos (6 PSdeG-PSOE e 5 BNG) a favor e 4 abstencións do Partido Popular. Tamén se aprobou no pleno, por 11 votos (6 PSdeG-PSOE e 5 BNG) a favor e 4 abstencións do Partido Popular, conceder unha subvención polo importe total de 50.000 euros as “Escolas Deportivas Concello de Verín”.

4 Oímbra e Cualedro A Xunta incia o procedemento de aprpbación para o desenvolvemento de dous polígonos agroforestais de iniciativa pública nos Concellos de Oímbra e Ríos. O polígono de Cualedro constará de 64 hectáreas para gandería en extensivo, mentres que o de Oímbra contará con case 22 para uso de produtos de horta.

4 Libro A Casa da Cultura de Verín acolle a presentación do libro “Cruseiros e Petos” da colección Taboada Chivite. A presentación será o xoves, 27 de xaneiro, ás 20 h. 2022 seis actuacións da Coral de Verín. Estas deberán efectuarse dentro do termo municipal de Verín nas datas e lugares que lle propoña o ente municipal e que sexan de interese para ambas as partes asinantes deste convenio.


8

Barrios 27 de xaneiro 2022

EN BREVE 4 Parque eólico O Concello de Xinzo presenta alegacións á liña de evacuación eléctrica do parque eólico San Martiño por ser contraproducente para o entorno. executivo local pide que se estude en profundidade a opción de non realizar o proxecto que afectaría aos municipios de Xinzo e Baltar.

4 Torre da Pena O Concello pide á Xunta que se prolonguen os traballos de escavación na Torre da Pena polo valor histórico dos elementos atopados. Foi o pasado mes de novembro cando a Xunta de Galicia iniciou as obras de conservación e acondicionamento da Torre da Pena. Os traballos, que conta cun orzamento de máis de 200.000 euros, teñen un prazo de execución de nove meses e este tempo é considerado escaso polo executivo local debido aos novos elementos atopados.

4 Baltar A Xunta vén de adxudicar as obras de construción de beirarrúas na estrada OU-304 en Texós, no concello de Baltar. Conta cun importe de máis de 48.000, comezará nas vindeiras semanas e terá un prazo de 4 meses.

VERÍN E XINZO

Prudencia nos entroidos do "Triángulo Máxico" 4 Apostan por evitar aglomeracións. Redacción O "Triángulo Máxico" formado por Verín, Laza e Xinzo, máis os entroidos de Viana e Vilariño acordaron seguir unhas pautas comúns para o Entroido 2022. Representantes dos cinco entroidos reuníronse na Casa Consistorial de Xinzo de Limia para tratar devandito tema. Entre todos apostaron por uns festexos seguros que, debido á situación actual da pandemia provocada pola Covid19, serán como dixo a alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, "un entroido de transición" agardando que sexa o último "en pandemia”. Durante a reunión acordaron evitar aglomercións, polo que non haberá nin orquestras nin actuacións; o que si haberá serán charangas que deixarán de tocar antes de media noite. Neste ano de transición a aposta é máis pola troula diur-

na que a nocturna, para evitar riscos innecesarios. Tamén se evitará o reparto de comida como pode ser a bica en Laza o a fariña en Xinzo. O alcalde de Laza, José Ramón Barreal, avanzou que a organización non realizará ningún acto -nin os folións, nin o Luns Borralleiro nin a baixada da Morena- e os mesmos serán os que fagan os veciños o visitantes. Desfiles Tampouco haberá os desfiles infantís de Xinzo e Verín, e na capital da Limia prescendirán do “Petardazo”. Verín tampouco organizará a baixada de Don Carnal o Xoves de Comadre. Pola súa banda, Vilariño de Conso e Viana do Bolo non terán o “Domingo gordo” nin a festa gastronómica. Protocolo A Xunta de Galicia vén de anunciar o protocolo para os entroidos. Así,

será obrigatorio o uso da máscara e prohíbese fumar en zona pública. Ademais, os certificado covid será obrigatorio en todos os eventos nos que se poña á venda comida e bebida -200 persoas en interiores e 500 en exteriores-. Os eventos ao aire libre poden ter un aforo do 100%. Os desfiles están permitidos, xunto a bailes itinerantes e espectáculos. O conselleiro de Sanidade, Julio Comesaña, adiantou que serán os concellos os que deberán facer un uso correcto dos espacios.

Suspéndense eventos como o “Petardazo”, en Xinzo; as baixadas de Don Carnal e baixada da Moren, en Verín e Laza, respectivamente

4 Os Blancos O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén visitou Nocedo, para supervisar o remate das obras de pavimentación das súas rúas nas que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda investiu 49.962 euros.

Os concello do “Triángulo Máxico” apostan por un entroido máis diurno. /ARQUIVO.

Pleno no que se aprobou o orzamento para 2022.

Orzamento de 8 millóns para Xinzo 4 Quedan exentas as taxas de lixo, terraza e apertura. Redacción O goberno local do Concello de Xinzo sacou adiante os orzamentos para o ano 2022, co voto en contra do Partido Popular. A alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, definiunos como "realistas" O presuposto conta cun apartado de ingresos dun total de 8.007.000 euros, mentres que o de gastos alcanza os 7.846.000 euros. As contas contemplan a redución do 2% que esixe o Ministerio de Facenda ao estar o concello sometido a un plan de axuste, debido a "deficiente xestión económica" realizada, segundo o goberno actual nos anteriores mandatos. Neste senso, a rexedora explicou que o orzamento está “baseado no control do gasto público, buscando sempre a eficiencia e eficacia na xestión dos recursos”. Inversións En canto as inversións, as actuacións pendentes de realización para o 2022-2023 ascenden a case 4 millóns de eu-

ros, destacándose algunhas como a rehabilitación do edificio multiusos das piscinas ou a reforma dos accesos ao municipio pola avenida de Madrid e de Ourense. Lama, enumerou proxectos levados a cabo como a reforma da praza do Conservatorio, á substitución e reparación de lousas do casco vello ou o plan de accesibilidade, entre outros. Tamén quixo a rexedora poñer o acento nas cifras asegurando que estas reflexan que “con todas as limitacións ás que estamos sometidos, este grupo de goberno leva investido máis nestes dous anos e medio que o anterior grupo en todo o mandato”. Tamén, o executivo aprobou a exención da taxa do lixo, na procura de axudar aos autónomos, ademais da taxa de terrazas, mesas e cadeiras en vía pública e a de licencias de apertura. Neste senso, o concelleiro de Facenda, Manuel Pérez Campos, afirmou que a intención é que este presuposto sexa máis social, “porque a situación obriga a que sexa así e seguiremos traballando para que a sociedade estea cuberta”.


XINZO E COMARCA

Melloras no Camiño de Santiago 4 Grazas a un obradoiro de emprego. Redación As alumnas do Obradoiro de Emprego Vía da Prata melloran a accesibilidade do Camiño de Santiago ao seu paso por Xinzo. A actuación estase a levar a cabo no parque do Pombal, onde as traballadoras do módulo de albanelería arranxan a pavimentación das lousas e acondicionan as beirarrúas. Pola súa banda, as alumnas do grupo de xardinería plantaron distintas especies ao redor da estatua, cambiando completamente a imaxe dun dos puntos más frecuentados da vila. Este obradoiro, que trata de revalorizar o Camiño ao seu paso por Xinzo, ofrece unha labor de formación de nove meses e que facilitará a inserción laboral de 16 persoas, maioritariamente mulle-

Pista de pádel Redacción O Concello de Xinzo publica a ordenanza para regular o uso das pistas de pádel. As reservas poden facerse a través dunha app gratuíta que pode atoparse facilmente nas tendas de IOS e de Android dos dispositivos móbiles buscando por Xinzo de Limia. O prezo de hora e media por pista é de 8 euros e non poderán acceder os menores de 14 anos, salvo que conten coa supervisión dun adulto. Tampouco se

res. “Contar cun obradoiro de emprego na vila fai posible actuacións moi necesarias nos espazos públicos ao tempo que se forma a persoas en situación de desemprego para a súa inclusión no mercado laboral”, sinalou a alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama. Área degradada Á beira do río Limia, ao lado do parque da Seara e a estrada de Baltar, hai unha zona moi degrada que con este obradoiro converterase en parque urbano. Nesta antiga escombreiras proxéctase a un novo servizo de esparcemento dos peregrinos e unha bancada no desnivel que pretende funcionar como punto de parada e tamén de reunión ao aire libre, ademais da creación dun novo xardín. poderán dar clases por parte de particulares, salvo as organizadas coa intervención do propio concello. En canto as reservas das pistas, as quendas realizaranse por un mínimo de unha hora e media. Os usuarios que fagan mal uso das instalacións ou provoquen danos de maneira intencionada poderán ser sancionados sen utilizar a pista, ademais de co abono dos danos causados. O número máximo para utilizar a pista é de catro persoas.

9

O Concello restaura cinco fornos municipais

Pleno decembro

4 O Goberno local pretende programar encontros interxeneracionais.

O pleno ordinario do mes de decembro de Xinzo aproba, por unanimidade, a cesión dun tramo da rúa Curros Enríquez para mellorar as beirarrúas. Trátase dunha superficie de 300 metros dende o cruce coa rúa San Sebastián ata o de Marcelo Macías e a reparación levarase a cabo na marxe esquerda en dirección a Baronzás. Tamén por unanimidade saíron adiante as mocións para solicitar á Real Academia Galega a dedicación das Letras Galegas de 2023 a Antón Tovar e a proposta para iniciar os tramites para nomear fillo predilecto a título póstumo a Eloy Conde. Coa abstención do Partido Popular saíron adiante a ratificación dos convenios coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil para o proxecto de demolición da presa de Gudín no río Faramontaos e o relativo ás actuacións de infraestruturas hidráulicas asociadas ao Mosteiro do Bon Xesús.

Redacción O Obradoiro de Emprego Vía da Prata ten unha duración de nove meses.

Barrios 27 de xaneiro 2022

O Concello restaura cinco fornos do municipio para poñelos en funcionamento e dar a coñecer o seu valor etnográfico. A concellería de Medio Rural, da que é titular Amador Díaz, executa un plan de recuperación da arquitectura tradicional que está actuando sobre estes. A intención e poñer en condicións de ser utilizados todos os fornos do municipio, dándolle así unha nova segunda vida despois de anos de abandono. Algúns deles só precisan pequenas intervencións, mentres que noutros é preciso actuar de xeito integral. Os fornos que están sendo recuperados son os de Pibre, Piñeira Seca, Fiestras, Guntimil e Faramontaos. O propio concelleiro visitou algúns destes fornos en compañía da alcaldesa, Elvira Lama.

Díaz recordaba a función que realizaban, ademais de servir de encontro entre a propia veciñanza, aquela segundo a cal os veciños, por quendas, cocían durante a fin de semana o pan para toda a semana. Para Elvira Lama este tipo de actuación é fundamental, “pois son lugares con un alto valor etnográfico, pero tamén sentimental para os veciños e veciñas dos pobos, que levan moito tempo reclamando a súa recuperación”. Que a riqueza patrimonial de Xinzo de Limia non caia no esquecemento é o obxectivo do Con-

cello con este tipo de plans. Antes de comezar as obras realizouse a inspección destes elementos patrimoniais e detectouse que moitos presentaban humidades de cuberta e incluso pequenos afundimentos. As actuacións contempladas son a limpeza de muros, a substitución de tellas en mal estado, recuperación de portas e fiestras e da pavimentación, entre outros arranxos, sempre co obxectivo de que podan ser usados de novo para o fin co que foron construídos.

Visita do concelleiro e a alcaldesa ao forno de Guntimil.

Redacción


10

Barrios 27 de xaneiro 2022

EN BREVE 4 FIXA 2022 O xurado do Festival Internacional de Xardíns de Allariz reuniuse para seleccionar os dez xardíns que formarán parte da 12ª edición do Festival dedicado aos “Xardíns Terapéuticos, deseños que curan” e que estarán acompañados do xardín vencedor da pasada edición “O camiño cara a emigración de Rosalía”. Foron elixidos de entre 36 propostas chegadas dende diferentes lugares da xeografía mundial como Ourense, Madrid, País Vasco, Colombia, Italia, Estados Unidos, Brazil Escocia ou Montenegro, entre outros.

4 Curso de poda

Este sábado, 29 de xaneiro, a Fundación Ramón González Ferreiro organiza, en Paciños 2, un curso de poda no que se aprenderá sobre os tipos de poda, os diferentes cortes e despuntes, a poda de árbores frutais e a poda en árbores ornamentais. O horario será de 10 a 14 hora e de 15.30 a 19. Máis información en administracion@fundacionrgf.org ou no telefónono 988 436 182.

4 Vivenda pública

A Xunta adxudica unha nova vivenda de promoción pública en réxime de aluguer en Allariz. A mesma, está emprazada na rúa Irmandade, nº 5 e forma parte dunha promoción de vivendas, construída pola Xunta en 2011. Ten unha superficie útil de 64,18 m2 e consta de salón-comedor-cociña, 2 dormitorios, 1 baño, lavadoiro e un vestíbulo. Tamén dispón de rocho e garaxe.

4 San Benito A capela de San Benito de Allariz pasará a ser Santuario Diocesano despois do decreto emitido polo Obispo de Ourense, Moseñor Leonardo Lemos, o pasado 15 de xaneiro. Devandito decreto entrará en vigor o 21 de marzo. San Benito é patrón da vila desde 1900.

ALLARIZ E COMARCA

Incisex imparte dous obradoiros en febreiro 4 Terán lugar no Fogar dos Maiores. Redacción Incisex imparte a primeira semana de febreiro dous obradoiros en Allariz. Os obradoiros serán impartidos por Almudena Herranz Roldán, docente do instituto de sexoloxía Incisex, e realizaranse nas instalacións do Fogar dos Maiores de Allariz. As prazas son limitadas e o prazo de inscrición para os obradoiros remata o venres 28 de xaneiro. Para máis información ou para formalizar a inscrición poderase enviar un correo a igualdade@allariz.gal ou chamar ao número de teléfono 988 554 059. A primeira delas terá lugar o xoves 3 de febreiro entre as 18:30h e as 20:30h. “ Pór en valor a vellez. Promovendo os

coidados e a autonomía” é un obradoiro pensado para ás auxiliares do SAF e aquelas persoas que se adiquen ao sector dos coidados, en participar con persoas maiores. Unha xornada onde conversar para reflexionar sobre o xeito de achegarse ás persoas maiores, sobre as consecuencias que isto ten nas relacións de coidados que xeramos e mantemos con elas. A segunda formación ofertada será o venres 4 de

Foto dunha formación do SAF co Incisex.

Actividades na Casa da Mocidade 4 Moitas proposta nos primeiros meses do ano. Redacción A Casa da Mocidade de Allariz arrinca con forza este 2022. E é que nos primeiros meses cunha programación moi variada e numerosa que levarán o título de “Inverno na Mocidade!. Do 27 ao 29 de xaneiro organízase un mercadiño de troco. Durante o mes de febreiro realizarase un concurso de Tik-tok. Máis actividades Ademáis o público en xeral poderán facer saídas de sendeirismo (12 de febreiro), obradoiros de maquillaxe de entroido (19 de febreiro), de arte urbano (5 de marzo), saída cicloturisa (12 de marzo), paint ball (19 de marzo), ruta astronómica

febreiro entre as 16 e as 18h. “A que tivo, retivo! Mulleres e vellez” é un obradoiro pensado para as mulleres do proxecto Doulas Sororas así como para as mulleres das AAVV dos núcleos rurais de Allariz. Tamén poderán asistir persoas que estean interesadas na materia. O tema no que xirará este obradoiro será a época da vellez e como se xestiona no século XXI isto, entre outras cuestións.

(días 25, 26 e 27 de marzo), entre outras. No mes de marzo (día 18) terá lugar unha formación ca asociación Andrea sobre terapias asistidas con animais. Abertas ao público Todas as actividades están abertas ao público en xeral, priorizando no caso de límite de prazas a mocidade de 13 a 33 anos. Para que a actividade se realice débese cubrir un mínimo de 10 inscricións para poder realizar a mesma. O concelleiro de Mocidade, Iago Santás, confía en que as actividades sexan do interese dos mozos e mozas e que se animen a participar nesta programación de inverno que tenta abarcar opcións para todos os gustos.

Información e inscrición Para máis información, inscrición e prezo nas actividades ofertadas facilitase o correo mocidade@allariz.gal, e o telefono 988 680 434 ou na mesma Casa da Mocidade.

A ruta astronómica terá lugar os días 25, 26 e 27 de marzo

Allariz continúa concienciada coa reciclaxe 4 Incrementou un 10% a recollida de aceite. Redacción O ano 2021 foi a confirmación de que os veciños de Allariz están concienciados coa reciclaxe. Proba delo foi o incremento que supuxo a recollida de aceite e de envases, cun aumento do 10% no primeiro e dun 5,4% no segundo. En canto ao aceite, recolléronse 3650 kg de residuos de fritir, a falta dos datos do mes de decembro, fronte os 3310kg que se recolleron no 2020. Os colectores habilitados para depositar estes residuos están distribuídos por Allariz en 13 puntos. Con esta recollida de residuos evitouse a contaminación de 4.015.000 litros de auga. Envases 164.260 quilos de envases despositáronse nos contedores amarelos ao longo de 2021. Porén, dende a concellería de Medio Ambiente municipal seguen a insistirse en que queda moito marxe de mellora e moitos envases (latas de conserva e bebidas, bricks de leite

e bebidas, tapas e tapóns de plástico, metal e chapas, bandexas de aluminio, papel film e de aluminio, aerosois, botes de desodorizante, tubos de pasta de dentes, bandexas de cortiza branca e caixas de verdura e froita, etc.) por reciclar. A recollida por habitante en Allariz situouse nos 26,5 kg por habitante no ano 2021, fronte aos 14,5 da media galega en 2020. Isto, fixo posible o Concello ingresase 45.892,34 euros de pago polo material reciclado, que xunto cos 4.290 euros aportados por Ecoembes para a mellora dos colectores, fixeron superar os 50.000 euros de ingresos neste apartado. Ademais, dende o mes de xullo a mellora na separación permitiu que se eliminaran as penalizacións por impropios. Como dato a destacar, a reciclaxe de seis latas ou briks contrarresta a emisión de 10 minutos dun tubo de escape, ou con 40 botellas de plástico pode elaborarse un forro polar. Os responsables municipais aspiran a seguir subindo as porcentaxes de reciclaxe en Allariz neste 2022.

Contedor amarelo en Allariz.

Nadal Redacción

Cartel do “Inverno na Mocidade”.

O Nadal de Allariz segue incrementando a cifra de visitantes cada ano. Segundo datos municipais, a afluencia de turistas que se achegaron ata Allariz e pasaron pola Oficina de

Turismo durante o Nadal, foi de 3.600 en 2020 fronte aos 4.700 en 2021, o que significa un incremento do 30,56%. A meirande parte destes visitantes proceden de Galicia, destacando os pontevedreses. En canto ao resto do Estado, Madrid e Castela -León son as comunidades á cabeza.


CELANOVA E COMARCA

Catro citas do Celanova Comedia no auditorio 4 Unha por mes de febreiro a maio. Redacción Xa se coñece o cartel da terceira edición do Celanova Comedia. Unha programación que traerá á vila de San Rosendo algunha das mellores sesións de comedia actuais. En total serán catro propostas que irán desde o mes de febreiro ata o de maio (unha por mes), e que terán lugar no Auditorio municipal Ilduara de Celanova. Programación A primeira cita terá lugar o venres, 18 de febreiro con "8 apelidos andaluces"; dará comezo ás 21 horas. Luis Zahera chegará co seu monólogo o domingo, 20 de marzo a partir das 20 horas. En abril, o día 22, ven-

Stop eólicos Redacción A deputada e responsable de enerxía do BNG, Noa Presas, participou nunha mesa redonda en Celanova onde asegurou que “a presión social é a ferramenta para frear os proxectos eólicos máis nocivos”. A xornada informativa, aberta á veciñanza, versaba sobre os plans da empresa alemá Bay Wa de construír unha central eólica na contorna da Casa da Neve, entre Celanova e Verea. A deputada fixo un resumo de como a través das leis aprobadas pola maioría do PP no Parlamento se foi abrindo o camiño ese “novo espolio” que pre-

res, ás 21 horas actuará José Luis Calero. E rematará esta edición do Celanova Comedia, Javier Veiga, quen actuará o domingo 29 de maio ás 20 horas. Entradas Xa están disponibles as entradas na web woutick.es.

Cartel do 3º Celanova Comedia. tende triplicar a potencia eólica instalada no país, “sen que haxa planificación ningunha desde a Xunta para termos unha participación pública na xestión e nos beneficios”. Tamén interviu o portavoz do BNG na Deputación de Ourense, Bernardo Varela, que cuantificou a ameaza en 275 proxectos de novos polígonos eólicos en tramitación. Ademais asegurou que “nin os aeroxeradores traen emprego nin contribúen a fixar poboación”. O BNG Celanova adhírense ás alegacións contra o P.E. Monte da Neve elaboradas pola plataforma veciñal Stop Eólicos Celanova.

Barrios 27 de xaneiro 2022

A Curros Enríquez atendeu a 100.000 persoas 4 No ano que se cumpriron 15 desde a apertura da Casa dos Poetas. Redacción As persoas atendidas pola Fundación Curros Enríquez superou a cifra de 100.000 o ano que se cumpriron 15 desde a apertura da Casa dos Poetas. En febreiro de 2021 cumpríanse 15 anos desde a apertura ao público da casa familiar de Manuel Curros Enríquez, situada na rúa Curros Enríquez 37, de Celanova, coñecida actualmente como Casa dos Poetas. É a Fundación Curros Enríquez, unha entidade cultural sen ánimo de lucro, a encargada de atender a visitantes, organizar actividades e promover en xeral a vida e obra dos autores nacidos na terra de Celanova. Co paso dos anos a fundación foi gañando funcións e volcándose cada vez máis na colaboración co Concello de Celanova en canto á atención de visitantes na vila. Ademais de manter abertos espazos como a Torre da Homenaxe e a Cova de San Vivián en Vilanova dos Infantes durante todo o ano, tamén é habitual que o persoal desta entidade colabore na atención de grupos concertados no Mosteiro de Celanova, organice subidas á Torre das Campás e organice

actividades de órgano na igrexa en colaboración coa parroquia. Balance O balance de actividade da Fundación Curros Enríquez durante o ano 2021 finalizou cun resultado acorde os tempos que tocou vivir coas restricións de movemento, aforo e outras derivadas da pandemia pola Covid19, é dicir, un resultado que mostra un avance en positivo pasando por momentos complicados e que sufriu a brusca e comprensiva redución no número de participantes do programa escolar “Ven coñecer a Celanova de Curros e Celso Emilio” . O número de persoas atendidas polo persoal desta fundación nos espazos principalmente da Casa dos Poetas, a torre de Vilanova dos Infantes e nas distintas actividades de carácter cultural e turístico que esta entidade ofrece a veciños e visitantes foi de 7.574 persoas. Os espazos con máis afluencia durante 2021 foron o Mosteiro de Celanova no que a fundación atendeu ata 2.493 visitantes nos 99 grupos atendidos e a Torre de Vilanova dos Infantes que recibiu 2.778 visitantes e onde se notou a menor afluencia entre a baixada de grupos escolares e a non celebra-

ción de Raigame. A Casa dos Poetas acolleu 2.339 persoas entre visitantes e participantes na actividades e algo máis de medio milleiro nas visitas á Torre das Campás. En canto ós datos de procedencia destaca unha maior proximidade na orixe dos visitantes a nivel individual, destacando como era habitual os visitantes procedentes da provincia de Pontevedra seguidos polos da Coruña. Grazas á volta dos grupos concertados no verán e durante o outono a cifra de visitantes de fóra de Galicia voltou ás porcentaxes precovid, sendo 2.180 os visitantes do resto da Península e moi poucos os estranxeiros (157 persoas). Ano 2022 O primeiro grupo atendido pola fundación neste ano 2022 chegou o pasado sábado, 22 de xaneiro. Tratabase dun grupo concertado procedente de Pontevedra organizado pola axencia Viajes Deza que visitou Vilanova dos Infantes e o Mosteiro de San Salvador de Celanova.

En 2021 atendeu a 7.574 persoas

11

EN BREVE 4 Cartelle Unhas axudas da Xunta de Galicia permiten reformar o local social de Cartelle cunha inversión de 24.990 euros. Esta subvención entra no marxo de axudas para a corrección de impactos paisaxísticos en equipamentos municipais. Tamén, no mesmo concello, un inmoble particular aproveitouse desta liñas de axudas para levar a cabo reformas por valor de 3.000 euros.

4 A Merca

O delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, supervisou, acompañado do alcalde, José Manuel Garrido, o remate das obras da cuberta do pavillón municipal da Merca, ás que a Vicepresidencia primeira fixo unha achega de 35.000 euros ao abeiro das axudas da Orde de Infraestruturas de uso público.

4 Mancomunidade

Despois de 26 anos, José Antonio Pérez Cortés deixa a presidencia da Mancomunidade Terras de Celanova esgrimindo motivos familiares. Sucedeo no cargo Jaime Sousa Seara, alcalde de Cartelle que ocupaba, na mancomunidade, o cargo de Vicepresidente primeiro.

4 Quintela de Leirado O pasado 11 de decembro, Quintela de Leirado inaugurou espazo museístico co Museo da Emigración a Guinea Ecuatorial. No primeiro mes recibira 375 visitas. As instalacións están ubicadas na pranta baixa do edificio multiusos de Leirado. O museo fai un percorrido que evoca o movemento migratorio que fixa que na primeira metade do século 19 o 80% dos veciños do concello emigrasen a Guinea Ecuatorial.

4 Rebulir

Xornada sobre os proxectos eólicos en Celanova.

Primeiro grupo que visitou en 2022 Vilanova dos Infantes e o Mosteiro de San Salvador de Celanova.

A asociación cultural Rebulir pretende retomar as “Noite de Fiadeiro” que terá lugar na primavera deste ano.


12

Barrios 27 de xaneiro 2022

Cartel Entroido Redacción Con motivo da celebración do Entroido 2022 a Concellería de Cultura do Concello de Barbadás convoca un concurso de carteis. O tema será de libre elección e interpretación do autor, debendo reflectir o sentimento do entroido de Barbadás en todas as súas facetas. A data límite para a presentación é o 26 de xaneiro de 2022. No caso de envíos por Correos ou por empresas de mensaxería, non se admitirán entregas a partir das 14 h. dese día. As obras entregaranse no Concello de Barbadás, rúa Cimadevila nº1 32890 Barbadás ou nas oficinas municipais, rúa do Viso nº2, 32002 A Valenzá – Barbadás. O premio consistirá na edición do cartel seleccionado e unha dotación económica de 500 euros.

Rotonda OU540 Redacción O Bloque Nacionalista Galego reclama, por seguridade, á Xunta de Galicia premura para a rotonda da OU-540. Os nacionalistas denuncian que o Goberno galego, continúa un ano despois, sen concretar as obras en devandita rotonda. O conelleiro Sarín Núñez considera que non é “de recibo que aínda non estea redactado o proxecto de rotonda” polo que teme que a situación de provisionalidade na zona, “vai continuar”.

Solidariedade Redacción A Asociación de Empresarios da Valenzá logrou, mediante unha campaña solidaria en Nadal (con sorteo de tres cestas navideñas), recadar 12.500 euros para o tratamento dun veciño, Ángel, quen sufrira un accidente en 2020 e que lle provocou unha lesión medular, e que precisa un tratamento nos Estados Unidos.

BARBADÁS E PROVINCIA

Barbadás busca atraer poboación 4 Vocais dos grupos municipais e técnicos crearán un grupo de traballo. Redacción

ciños.

Vocais dos grupos municipais e técnicos do Concello crean un grupo de traballo que analizará e buscará medidas para que o concello fixe poboación e a aumente. Este acordo adoptouse no pleno de xaneiro e despois de ver como perdíase poboación en Barbadás. A moción -que foi aprobada por unanimidade- foi proposta polo concelleiro de Compromiso por Barbadás, Ramón Padrón, quen propoñía celebrar un pleno extraordinario, pero que finalmente aceptou a enmenda do grupo de goberno para crear unha mesa de traballo. O Partido Popular, ao fío deste tema, reclamaba fomentar o asentamento poboacional con servizos no rural, ademais de incentivar o empadroamento de residentes no municipio. A portavoz popular, Consuelo Vispo, mostrabase preocupada pola perda de poboación despois de 20 anos de aumento, e achacábao á perda de atractivo con respecto a outros concellos limítrofes co de Ourense como San Cibrao ou O Pereiro. Pola contra o PSOE, expoñía que a perda de poboación debese aos falecidos pola pandemia, 44 persoas, que no total de 117 están as causas desa perda de ve-

Novas vivendas Victoria Morenza, concelleira de Urbanismo, explicou que hai 52 vivendas en construción (a piques de rematar) na Valenzá, ademais dunha urbanización nas Lamas de 35 casas. Tamén, aseveraba, que se van a construir dous novos edificios, un á entrada da Valenzá e outro no principio do Paseo dos Amieiros. Morenza engadiu que en varios pobos estase a construir vivenda nova e a rehabilitar outras. Mostrou que o INE contempla 65 transacións inmobiliarias no terceiro trimestre de 2021 (un 35% máis que o ano anterior). Tamén asegurou que xa se levan realizado dúas campañas de empadroamento

e que haberá unha terceira. Para rematar recordou que se deron axudas a 20 emprendedores e creáronse niños empresariais. Bolsa de traballo Noutro orde de cousas, o concello abriu o prazo para a actualización de méritos e a presentación de novas solicitudes para as bolsas de monitor sociocultural (xa rematado o prazo), de gardería (ata o 30 de xaneiros) e de conserxe (do 1 ao 10 de febreiro).

A actualización de méritos para conserxe estará aberto do 1 ao 10 de febreiro

Villariño e García tralas primarias.

Villarino repite como secretario 4 Venceu nas primarias do PSOE a Alfredo García. Redacción O PSdeG-PSOE de Ourense celebrou as eleccións primarias para elexir secretario xeral da formación. Cunha altísima participación (dos 1.560 militantes votaron 1.239 o que supón o 79%) foi o actual secretario, Rafael Rodríguez Villarino, o que venceu con claridade a Alfredo García. Villariño conseguiu 709, o que supón o 57% dos votos; o seu opoñente, Alfredo García conseguía 516 (43%). Dos 22 centros de votación o reelexido secretario venceu en 14 cimentando a súa vitoria en puntos como a capital, a comarca de Ourense, Verín, Riós, Xinzo, Celanova, Barbadás, O

Coworking Redacción

Abriuse o prazo para a actualización nas bolsas de monitor sociocultura, de gardería e de conserxe.

A Xunta de Galicia activará neste primeiro trimestre do ano novos espazos coworkings na provincia. Concretamento son tres situados nas comarcas do Carballiño, Valdeorras (con sede na Rúa) e no Parque Tecnolóxico de Galicia, Tecnópole. Os novos espazos configuran, así, un lugar de traballo colaborativo posto a disposición dos concellos, e favorecen o impulso de zonas rurais ao achegarse un programa de alto valor engadido a estas contornas. Estes espazos empre-

Carballiño, ou mesmo onde fora alcalde, Amoeiro. Pola contra, García dominou con contundencia na zona de Valdeorras ou mesmo Ribadavia. O reelexido cualificou de "histórica" a participación. Non se esqueceu do seu rival a quen agradeceu unha campaña "decorosa". O secretario, respaldado polo apoio nestas eleccións foi taxante ao asegurar que "o modelo está apoiado". Pola súa banda, o derrotado, Alfredo García felicitou ao seu rival e aceptou a derrota, "non temos nada que dicir", aseveraba ao coñecer os resultados. O alcalde do Barco pedía que o partido "continúe polo bo camiño", e que estas eleccións "sexan para ben de todos". garanse varias veces por semana, para as sesións de formación e para as titorías co mentor, tendo así flexibilidade suficiente para adaptarse ás posibilidades que poida ofrecer o Concello. Cada edición do coworking terá unha duración aproximada de entre 5 e 6 meses. A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través do Igape, renova o convenio coa Escola de Organización Industrial (EOI) para promover unha nova edición deste programa que permite acelerar a xeración de empresas e crear emprego, especialmente entre os máis mozos, no rural galego.


DEPORTES

Vitorias de Sala Ourense e Envialia 4 O Cidades aprazou o se encontro. Redacción Sala Ourense e Ourense Envialia lograron a vitoria na última xornada das súas respectivas ligas. Pola contra, o Cidade das Burgas viu aprazado o seu encontro por casos positivos de Covid19. Ourense Envialia As ourensás lograron unha cómoda vitoria (15) no domicilio do Sala Zaragoza. O Envialia suma tres puntos que o coloca en sexta posicións con 21 puntos, a tres do terceiro clasificado e cun partido menos. Pero se importante foi a vitoria, máis importante foi o regreso ás canchas de Sara Moreno, quen regresaba despois dunha longa lesión. Esta fin de semana, as de Morenín xogan na casa diante do Clinica Blasco Joventut D´Elx, o pechacancelas da clasificación. Pola súa banda, O conxunto ourensán de Segunda división B logrou unha importante vitoria na casa diante do Universidad de Valladolid ao que venceu por seis goles a dous. Vitoria cimentada

na segunda parte con remontada incluida (no minuto 31 perdía por 1-2). Uns dez últimos minutos de ida e volta que remataron cos tres puntos no peto dos ourensáns. A vindeira fin de semana visitarán ao Ribeira. Cidade das Burgas O Cidade viu como o seu partido contra o Viaxes Amarelle tivo que ser aprazado por casos de Covid19 no cadro herculino. As ourensás tiñan que recibir a un líder que suma todos os seus encontros por vitorias. Á espera da nova data deste encontro, as pupilas de Manolo Codeso regresarán a competición esta fin de semana visitando ao Mioño.

Sala Ourense. /DOMARCO.

A UD Ourense non da tregua 4 Mantense firme como líder de Preferente. Redacción Nunha xornada, a pasada, na que os conxuntos

ourensáns tanto de Segunda como de Terceira RFEF non disputaron os seus encontros por mor da

Barrios 27 de xaneiro 2022

O COB suma dúas vitorias consecutivas 4 O que o colocan na segunda posición. Redacción O Club Ourense Baloncesto regresou á senda das vitorias grazas ao triunfo nas dúas últimas xornadas na LEB Prata (contra Enrique Soler e Morón). Uns encontros que non foron nada sinxelos e que se decidiron nos últimos segundos. Tanto contra Enrique Soler como contra Morón a vitoria foi por dous puntos de diferenza. Esta racha fai que COB suba ata a segunda posición e se atope a unha vitoria do líder: zornotza, pero ademais, cun partido menos que os vascos. Os ourensáns tiveron unha crise de resultados ao perder catro de cinco partidos. Aínda que os resultados tan apretados das dúas últimas xornadas tampouco dan a confianza suficiente ao afeccionado para pasar páxina desa crise, o certo é que os homes dirixidos por Armando Gómez volven estar na loita polo ascenso. Partido aprazado E máis que o poden estar se gañan a vindeira fin de semana o partido aprazado da xornada número 13. O partido que

Covid19, toda a atención estivo nos seis equipos de Preferente Autonómica da provincia. O máis destacado foi a vitoria, nas postrimerías do encontro, da Unión Deportiva Ourense fronte ao Verín (0-1) no José Arjiz. Un gol de hugo que serve para afianzar, todavía máis, un liderato que ninguén cuestiona no grupo Sur B.

se tiña que disputar o 8 de xaneiro, viuse aprazado por positivos en Covid19 na plantilla do Carbajosa, rival dos ourensáns. Finalmente o partido disputarase este sábado, 29 de xaneiro, a partir das 19 horas no pazo dos Deportes Paco Paz. A vitoria faría ao COB empatar co Zornotza ao fronte de clasificación. Polo que se antoxa vital un triunfo que daría ás que quitaría as dúbidas implantadas nas últimas semanas en canto ao obxectivo real do club que non é outro que o ascenso. Un encontro que

se disputa contra o pechacancelas da clasificación, polo que a vitoria é innegociable para afrontar con garantías o resto de tempada.

O COB disputa o partido aprazado da xornada número 8 este sábado, 29 de xaneiro, a partir das 19h contra Carbajosa no Paco Paz

13

EN BREVE 4 Cros Antioquía Despois do parón de 2021, regresa ao hipódromo de Antela o Cros de Antioquía. A data prevista para esta terceira edición é o 6 de febreiro e dará comezo ás 11 horas. Serán case 7 quilómetros de percorrido campo a través e os interesados en participar poderán inscribirse ata o próximo día 2 de febreiro en sportmaniacs.com.

4 Hóquei sala A selección española de hóquei sala certificou o seu ascenso á máxima categoría continental despois de gañar o Campionato de Europa II que se disputou no Pazo dos Deportes Paco Paz.

4 Trail do Pereiro Este domingo, 30 de xaneiro, celébrase a primeira edición do Trail do Pereiro e Andaina “Ruta Sicenata Pacata”. O trail, con 17 quilómetros de percorrido, dará a súa saída ás 10 horas, mentres que a andaina, de 7 km, dará comezo ás 10.30 horas. A saída e chegada terá lugar no Campo de fútbol de O Medo – Vilariño.

4 Enduro

Nogués entrada a canastra contra Morón. /C.DOMARCO.

No outro derbi, o Barbadás foi superior a un Velle ao que venceu por tres goles a un. Nos outros dous conxuntos ourensáns, cara e cruz. O Polígono foi quen de vencer con solvencia ao Atios na casa (3-1), mentres que o Nogueira caeu pola mínima contra o Pontellas (0-1). Tras esta xornada, a UD Ourense é líder con

42 puntos, seguida da UD Barbadás con 30 (este con dous partidos menos). O Verín conforma o trío de ourensáns no alto da táboa con 27 puntos. Pola parte de abaixo, na fase pola permanencia, está o Nogueira, noveno; Velle, undécimo; e Polígon, décimo terceiro e último. Nova xornada Esta fin de semana o

O Concello da Peroxa organiza, xunto ao Moto Clube A Peroxa, os días 19 (minienduro infantil e clásicos) e 20 de febreiro (1ª Copa ligadamoto) un campionato de Enduro.

derbi achégase ao Couto co UD Ourense - Polígono. O Velle recibe ao Mondariz; e visitan o Nogueira, Verín e Barbadás a Caselas, Pontellas e Atios, respectivamente. Barbadás e Velle contan con dous partidos aprazados; Polígono e UD Ourense teñen pendentes un cada un deles; mentres que o Nogueira non ten ningún partido aprazado.


14

Barrios 27 de xaneiro 2022

Auditorio de Ourense Redacción O Auditorio de Ourense está de volta, e para as próximas datas ofrece unha gran variedade de espectáculos para todos os gustos. Para un publico familiar chega este 30 de xaneiro, o musical de “O libro da selva” ás 17 horas; o domingo 6 de febreiro (12 e 18 horas) Queen for kid en concerto; e o domingo 13 de febreiro (12.30h) actuación de “Pica pica” celebrando o seu 10º aniversario. O toque de humor poñeraro Joaquín Reyes con “Festejen la broma” (5 de febreiro ás 20.30h); Miguel Lago con “Todo ao negro”

OCIO E CULTURA

(3 de abril); Pantomima Full “Na súa cabeza era espectacular” (30 de abril) e o monólogo de JJ Vaquero (14 de maio). O teatro estará representado no Auditorio o venres 22 de abril (20h) e sábado 23 (21h) coa obra Fariña. Marta Sánchez A cantante Marta Sánchez actuará no Auditorio o sábado, día 5 de marzo (20 horas), nun concerto íntimo, dentro da xira “A solas con Marta”, que servirá como colofón das festas do Entroido de Ourense 2022. As entradas deste concerto como as dos outros espectáculos podense adquirir na web ataquilla. com.

Marta Sánchez actuará no Auditorio o 5 de marzo.

Maios Redacción O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, anuncio que en prol de “revitalizar” os maios incorporará novidades este ano. O Concello fomenta un ano máis a realización dos maios por parte de particulares e colectivos da cidade, convocando o tradicional concurso, que premia cada ano as mellores creacións. Os traballos

que realicen serán expostos na rúa, para que o público ourensán poida desfrutar das creacións artísticas. A principal novidade chegará despois. O xurado elixirá o maio gañador e este será queimado na praza Maior nun evento popular e festivo que pretende xerar un novo atractivo e fomentar a participación na festa”. “Será como as Fallas pero ao revés”, engade Jácome.

4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS

Ourense con Sentimento. Para José Antonio Viñas compañeiro e amigo de tantas loitas Era un domingo coma outro, máis florido se queredes, pois o ceo limpo arrincaba a primavera, un tempo que convidaba a sentar aos cativos nun verde prado a merendar, esa estampa que nos leva a infancia que xa nos deixou se cadra, aínda que algúns sabemos que somos maiormente uns meniños merendado á sombra dun carballo, deixando esmorecer o serán. Mentres uns merendan, outros sácannos de súpeto as lagañas dos ollos, cun aturuxo ancestral que nace do fondo das súas entrañas, preludio do lóstrego que percorre o infindo dos sentidos. Soben e baixan os sons dos soutos e das fragas, estralos das castañas asadas con chourizos e pan de broa. Meigallos de frevenzas rabudas que mancan na pedra dos tempos, recollidas no pai Miño, o solpor das augas que morren para resucitaren no inmeso mar noso, son cantigas de onte, de hoxe, de sempre... universais, sentidas, propias e alleas a un tempo.

Falan do viño, falan da auga, das romerías, do entroido, do pobo que quere estirando as súas ás voar nos vales da Ribeira Sacra, onde se xuntan as almas namoradas do Miño danzarín co Sil fachendoso cheo de historias e de serras percorrendo a saba agarimosa da terra que o pare e amamanta. Rapaces e rapazas, mozos e mozas que danzaban e danzaban. Virando na punta do pé, facendo tremer o teatro máis querido da cidade, acompasando a vitalidade e a enerxia co dulzor da poesía, que nesta terra agroma de seu. Os zocos que petaban en cada volta, en cada compás percorrían latexando os corpos dos que alí estabamos coma o sangue nas veas dos namorados, volcán das augas das Burgas, das Termas milenarias, contanxiando a paixón daquelo que se ama tan fondamente, que supura pola pel a tradición do mamado coa frescura do viño novo recén colleitado. Como a choiva que acariña, como vento que ergue as saias das mociñas casadeiras, como as raia-

Ese sorriso alumea todo o teatro, rebota en cada ángulo, estoupa na cúpula e espállase envolvendo de ledicia a todos os que dun xeito ou doutro camiñamos ao seu carón

4HUMOR

Á dereita, José Antonio Viñas.

das do sol que maduran o viño nas costas da Sacra Ribeira, remexendo e misturando os sons, menciñeiros da alma que curan as penas a golpe de música. Os músicos son os mellores vendimadores, arrieiros da vida, cun chifro ou cun sacho, cunha pandeireta ou unha gaita, con bombos ou con guitarras, fan que cada pinga que sae orballando mansa ou treboando forte, de cada nota tocada, semente en cada peito un sospiro, en cada gorxa un alento, facendo do Principal o berce do sentimento. E no fondo do escenario “O Viñas”, o seu director, un home sorrindo cunha pandeireta na man, un cativiño que leva toda a vida polos escenarios de todo o mundo, pero que conserva intacta a súa alma de neno inocente, humilde, sinxelo. Un aceno para animar a aquel que esvarou nunha reviravolta, un chiscar o ollo de complicidade a este outro que nos ensaios non lle saía de todo ben ise paso, que logo quedou mellor ca nunca. Esas pequenas cousas que so os grandes ven. O traxe de gaiteiro que viste fachendoso, xeneroso, nobre, testigo e compañeiro das súas loitas, dos sacrificios, de nadar coma as troitas contra corrente pois a favor so van os peixes mortos; remontando as dificultades, pe-

nedos e rochas que queren pechar os vieiros do seu maxín. Ese sorriso alumea todo o teatro, rebota en cada ángulo, estoupa na cúpula e espállase envolvendo de ledicia a todos os que dun xeito ou doutro camiñamos ao seu carón, admirando o seu labor porque o seu traballo é para todos e de todos. Leva escrito na fronte os nomes de tantos, que o longo da sua vida, foron deixando o seu grauciño de area para conformar este fermoso areal. Un traballo dun colectivo, onde cada un da o mellor de si, xentes do cinema, do teatro, da música, do son, xente que acarrexa cousas e que cociña para que se poídan repoñer forzas, que fai aquelo que pode parecer o máis sinxelo para que aqueles outros que despois enchen o escenario, sexan esas estrelas que brillan cos azos de todos. O sentimento duhna asociación que sabe vencellar o novo, o sorprendente co mellor da tradición. O que vimos e sentimos aqueles que estivemos esa tarde no Principal foi unha merenda para os sentidos, unha merenda galega a fartar de viandas marabillosas, que nos fixeron tremer de paixón e enmudecer de emoción. Cando a ledicia é tan grande que provoca que as bágoas limpen os ollos só queda un xeito de agradecelo e é berrando ben forte. Dende estas liñas quero soltar un aturuxo tan grande que se escoite no mundo enteiro e que diga a todos: Queixumes van viaxando, van nos pinos e van nos ríos, van no vento e no mar por afora e para adentro levando “Ourense no Sentimento!” Meu querido amigo, ti levas Ourense e o mundo enteiro no sentimento. Sempre en débeda contigo, sempre obrigado. Avelino Jácome


OCIO E CULTURA / CLASIFICADOS

Barrios 27 de xaneiro 2022

15

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Arcediagos,11, 1º - 32005 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara Nº158 - Ano: XV - 27 de xaneiro de 2022 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 685 969 546.

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe o seu anuncio no 685 96 95 46 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

“Ten Verín dous amores O tempo pasa lixeiro, tanto que parecen estar vivas as muxicas que liscaron ceibes das fogatas liberadoras que hai xa dous anos prendemos na honra do San Antón. Voltaremos a coller o carreiro que nos leve ata o pé da capela, no cumio do monte en Ábedes. O santiño agarda para formar parte da catarse colectiva dun pobo que non esquece, e que xamais deixará morrer unha tradición de séculos. Os mais madrugadores ollarán os primeiros raios do sol ao carón do lume purificador, feito nun territorio ancestral, marcado co fume das xestas verdes, para que cando a vila esperte, teña o sinal do comezo da troula, e así poder berrar os catro ventos, alí están! os de sempre, os valentes, os que manteñen vivo o enxebre, os que esperan sempre con ledicia, os que comparten, os que dan apertas cálidas, os que cantan sen parar e tamén choran. A xente de aquí é sublime cando toca coidar a tradición, esquecendo os derrotistas, os que non senten, os baleiros de emocións e sentimentos, os que se avergoñan da

defensa do que é noso e teñen medo a gozar. Verín, que é vila fermosa e coqueta. Axiña atenderá aos dous galáns que a cortexan, o San Antón e mailo entroido, que por xaneiro convértense en amantes desafiantes que por unha dama pelexan. Ninguén se percatou que estas puxas son de amores, e a vila atrevida, baila cos dous. O 17 de xaneiro San Antón verdadeiro, familia e amizade ao carón do lume. Festa da igualdade, onde non hai barreiras que separen. Os chourizos frescos, asados nas brasas ao xeito dos antergos. O viño novo rulará polas gorxas cantoras. A vila esperta cedo e desexa Romaría. O castelo de Monterre inmutábel ollará de novo a loita mais fermosa. O entroido está celoso e o seu áurea pulula polos recunchos esquivando as sombras que o lume levanta no solpor. O día vai marchando paseniño, e cando o sol agocha tras os montes, comeza a disputa dos namorados. Cunha mestura de simbiose ancestral, arremete o entroido, e outra vez xurde o milagre.

O calofrío percorre as entrañas cando ao lonxe escoitamos os sons afinados dos chocos. Os intrépidos cigarróns aparecen no cumio. O entroido entra en xogo arrebatándolle o santiño á namorada que estivo aos seus pés. Verín presumida, arrogante e descarada, a pouquiño deixase levar polo embruxo entroideiro, que aínda sen disfrazar, seduce con forza a vila, que xa entregada, so a soltará na derradeira danza de piñata, cando o meigallo escache. O San Antón vai desaparecendo como as fogatas na noite. O entroido, pletórico e confiado estreará un idilio sen descanso. Pero a vila, que é sabia e romana, ten estirpe de doncela bragada en mil batallas, e coa alma limpa, non fará distinción, e gozará unha vez mais dun amor compartido como sempre fixo ao longo dos séculos, obtendo sen dúbida o cómplice beneplácito da providencia. Miguel A. Prieto “Chitín”

INMOBILIARIA Véndese piso en Beluso, Bueu (Pontevedra). 100 m2, 3 habitacións, salón, cociña, baño, despensa e 3 trasteiros amplios. Soleado todo o día, situado preto de servizos básicos e a menos de 2 km das mellores praias da zona. Prezo: 85.000 euros. Tfno.: 679 588 349 (envío fotos, escoito ofertas). Alugo local económico no centro. Ideal para oficina, almacén ou trasteiro. 17m2. Dispón de baños comunitarios. 120 euros/mes máis 7 euros de comunidad. C.E.: C. Teléfono 627 203 131 Véndese casa céntrica en Xinzo de Limia. Baixo máis unha planta (144m2,) tres prazas de garaxe e patio, cinco habitacións, dous baños, cociña amoblada e terraza. 133.000 euros. Tel. 699 648 514 / 988 21 40 70 Alugo baixo na zona do Couto totalmente acondicionado. Con luz, auga, 70 m2. Prezo 300 euros. Tel: 653 208 506 Alúganse apartamentos en Montalvo (de Semana Santa a outubro) con unha ou dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916 Alugo sala para actividades culturais, con posibilidade de cociña, baño e outros sertvizos. Tel.: 988 247 113. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Busco casa en alquiler na periferia de Ourense. Opción a compra ou dunha permuta dun piso situado na Valenzá. Tlf.: 600 826 029. Vendo casa na estrada de Santiago, con finca. Para restaurar. Tel.:672 089

349. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62.

TRABALLO Ofrécese señora para traballar con xente maior ou nenos. De toda confianza, con informes. Disponibilidade de coche e fins de semana Tel.: 606 422 543. Ofrécese señora para limpeza por horas Tel.: 674 500 513. Señora, auxiliar de enfermería responsable e con experiencia, ofrécese para coidar persoas maiores, enfermos, nenos e tarefas do fogar. Tel.: 620 052 173 Ofrécese señora responsable -española- para coidade de nenos ou persoas maiores. Con informes. Tel.: 606 422 543 Ofrécese auxiliar de enfermaría, con titulación, para o coidado de maiores. Como interna ou por horas. En Ourense ou arredores. Telf.: 663 043 561 Danse clases de francés a domicilio. Todos os niveis. Titulación en España e Francia. Tlf.: 625 745 611 Imparto clases particulares (individuais e personalizadas) de Matemáticas a domicilio en Ourense capital. Todos os niveis. Tamen materias curriculares de ESO e Bacharelato. Ampla experiencia. Excelentes resultados. Económico. Interesados enviar WhatsApp ao 610 38 25 89. Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405. Ofrécese xerocultora para

axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358. Fanse desbroces en tractor e a man. Tlf.: 63 521 448 Ófrecese señora seria e responsable para tarefas do fogar e coidado de nenos e maiores. Con informes. Preferencia zona Ponte. Tlf: 685 374 191.

VENDAS Vendo candelabros con reloxo a xogo, antigos para entrada. Tel: 610 97 98 97. Vendo colección de revistas “Muy interesante”, do nº1 ao 163, e “Natura”, do 1 ao 132 (as dúas encadernadas). Tlf: 636286434. Vendo accesorios para cans: arnes de tiro, correas, collares e fournitures. Tlf: 636286434. Vendo unha xanela de dúas follas en aluminio sapelly de 1,40 x 0,94 m con cristais. Tlf: 636286434. Vendo dúas cadeiras infantís de coche (Jane) de 15-36 kg con isofix, unha negra e outra vermella. Tlf: 636286434. Vendo rizador de pelo con accesorios para alisar e rizar. Tel.: 666 303 635 Vendo cama hospitalaria articulada en bo estado, con colchón anti-escaras. Tlf.: 606 133 522 Vendo prensa de viño mediana/grande, ideal para decoración en xardíns. Tlf.: 606 133 522 Véndese mampara nova. Tel: 672 089 349. Véndense traxes de cabaleiro moi antigos en bo estado, ideal para Entroido. Prezo 10€. Tel: 610 979 897. Vendo escritorio. Como novo, bo prezo. Tel: 672 089 349. Vendo estufa de frío e calor. Tel: 672 089 349.


Barrios 27 de xaneiro 2022


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.