Barrios 156

Page 1

Entrevista a Alida Iglesias, xefa da Unidade contra a Violencia sobre a Muller [Páx. 3]

OURENSE

Páx.4 OURENSE

O Centro Comercial Ponte Vella instala a pista de xeo ata o 9 de xaneiro

Páx.6 BARBADÁS

O Concello de Ourense organiza o Concurso de Escaparates de Nadal que reparte 7.500€

Páx.8 VERÍN

A Concellería de Servizos Sociais recolle xoguetes para o Banco Solidario

Páx.10 DEPORTES

O Concello aproba unha operación de crédito de 2,6 millóns de euros

Páx.12

Expourense acolle o Campionato de España de atletismo máster de pista cuberta

Chega o AVE

[Páx. 2] O tren AVE estará operativo no tramo Ourense - Madrid a partir do 21 de decembro. Os billetes xa se poden adquirir na web de Renfe.

Número: 156 - Ano: XIV - 25 de novembro de 2021 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


2

Barrios 25 de novembro 2021

TEMA DA SEMANA

E o AVE chegou a Ourense

4 Xa están á venda os billetes dun percorrido que comezará a funcionar a partir do 21 de decembro deste mesmo ano. R. Torres Poucas veces Ourense é noticia nacional, e poucas, ademais, o é dun xeito positivo. Pero o 22 de novembro de 2021 será recordado chave para a nosa provincia. Sobre as 11 da maña aparecía o morro do primeiro AVE que chegaba a Galicia. Iso si, ese primeiro AVE era inaugural, polo que estaba reservado a autoridades, convidados e medios de comunicación. Porque o verdadeiro AVE, o que traerá e levará a pasaxeiros haberá que agardalo ata o 21 de decembro. Parado o tren, houbo que agardar uns minutos para ver aparecer ás autoridades, coa Ministra de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, Raquel Sánchez Jiménez, á cabeza, flanqueada entre outros, polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo; o presidente da Junta de Castilla e León, Alfonso Ferández Mañueco; o presidente da Deputación de Ourense, Manuel

Xa se poden mercar os billetes, por 15 euros, de viaxes que abarcan do 21 de decembro de 2021 ata o 12 de setembro de 2022

será todavía menor cando entren en funcionamento os tren Avril previstos para 2022. A redución do tempo da viaxe virá cun aumento de frecuencia e de prazas. Así, contarase con 10 trens directos diarios por sentido entre Madrid e Ourense.

Pasaxeiros do primeiro AVE inaugural do percorrido Madrid - Ourense. /RAMSÉS. Baltar; e o alcalde da cidade, Gonzalo Pérez Jácome. Declaracións Na rolda de intervencións, o presidente de Castela e León, Alfonso Mañueco, loou esta infraestrutura que vertebra as comunidades por onde pasa. Tamén reclamou á ministra que a chegada dos fondos “Next Generation” sirvan para investir no Corredor Atlántico. A Ministra de Transporte, Raquel Sánchez, ademais de confirmar á venda de billetes para viaxes a partir do 21 de decembro e do aumento significativo de servizos a Galicia, avanzou que, nunha segunda fase, se contempla “o inicio da circulación dos Avril

Autoridades á chegada a Ourense do AVE. /RAMSÉS.

(da serie 106 de Talgo) que alcanzan os 330 km/h e de ancho variable”, polo que recurtarán, “aínda máis os tempos coas outras capitais galegas”. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, celebrou o que considera “un fito histórico” coa chegada da alta velocidade. “Temos algunhas etapas do camiño aínda pendentes, pero estamos a punto de culminar unha meta histórica: a chegada do AVE a

Ourense, a porta de entrada da alta velocidade a Galicia”, dixo, reiterando a necesidade de que o mapa se vaia completando, chegando ao resto das cidades galegas co fin de cumprir o calendario de tempos comprometidos. Feijoo salientou que a redución da viaxe Madrid - Ourense suporá tamén unha disminución da viaxe da capital co resto de cidades galegas; porén, aproveitou a ocasión para

Feijoo: “Temos algunhas etapas do camiño aínda pendentes, pero estamos a punto de culminar unha meta histórica: a chegada do AVE a Ourense”

reclamar que Galicia debe dispoñer dos trens Avril antes do verán de 2022. Ao igual que o seu homónimo en Castela e León, o presidente da Xunta reivindicou inversións para o Corredor Atlántico. E o alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, cualificou de “día histórico” a chegada da alta velocidade, mais asegurou que chega por que “ten que pasar por Ourense para chegar a Galicia. Seguimos sendo a cenicienta” ao tempo que reclamaba a licitación da nova estación, a construción da variante exterior ou a mellora das conexións con Vigo e Lugo. 20 anos Dúas décadas desposis, sete ministros, catro presidentes do goberno e 9.000 millóns de inversión, o AVE a Galicia xa é unha realidade. Unha viaxe moi lenta en comparación coas 2 horas e 15 minutos -sen tan sequera verse na obriga de superar a barreira dos 300 km/h- que desde agora estarán conectados Ourense e Madrid. Pero non só afecta á cidade das Burgas, o resto de urbes galegas tamén verán reducidas o tempo de viaxe coa capital española, que

Billetes Xa están á venda as primeiras prazas do AVE que contan cuns prezos moi especiais. Cada billete, dun total de 250.000, está á venda por 15 euros; esta oferta está dispoñible ata o 7 de decembro pero a bo seguro non chegará a ese día e se esgotarán antes. Os billetes que se poden mercar comprenden desde o 21 de decembro ata o 12 de setembro de 2022. Esta oferta permite viaxar desde Madrir a calquera cidade galega por estes 15 euros, ou en sentido contrario.

Raquel Sánchez: “O inicio da circulación dos Avril recurtará, aínda máis, os tempos coas outras capitais galegas” Jácome cualificou de “día histórico” a chegada da alta velocidade

A Ministra de Transporte collendo o AVE de volta a Madrid./RAMSÉS.


TEMA DA SEMANA

Barrios 25 de novembro 2021

3

ENTREVISTA A ALIDA IGLESIAS, XEFA DA UNIDADE CONTRA A VIOLENCIA SOBRE A MULLER

"Cando a violencia é física é fácil de detectar, pero cando é doutro tipo (psicolóxica, emocional, económica) é máis complicado" 4 Coñecemos máis de preto as funcións que ten esta unidade da Subdelegación do Goberno. R. Torres Alida Iglesias Gil é a xefa da Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno en Ourense. A dedicación de persoas como ela é imprescindible para, pouco a pouco, paliar esta lacra tan incrustada na nosa sociedade como é a violencia de xénero. Cales son as funcións da unidade que dirixe? Alida Iglesias: "Son moitas, pero entre as máis destacadas están o seguimento e coordinación dos recursos e sevizos para a atención das situacións de violencia de xénero; a colaboración coas administracións autonómicas e locais; e seguimento personalizado de cada situación de violencia sobre a muller e os seus fillos, así como dos agresores. Ademais,

participamos en campañas de prevención, sensibilización e información". Cal é a forma máis eficaz para a loita contra a violencia de xénero? A.I.: "Primeiro e fundamental, a educación. As condutas, a cultura, con leis non as podes cambiar. As leis son necesarias, pero nunca son suficientes. Tamén hai que facer campañas de educación, porque hai veces que algunha muller está sendo vítima de violencia de xénero e elas mesmas non son conscientes, normalizan a situación. Cando a violencia é física é fácil de detectar, pero cando é doutro tipo -psicolóxica, emocional, económica- é máis complicado. Da depencia emocional é máis difícil de saír". Qué é Viogen? A.I.: “É unha aplicación

“O sistema Viogen realiza unha valoración de risco na que a aplicación pode dar cinco niveis: extremo, alto, medio, baixo ou non apreciado”

Alida Iglesias no seu despacho da Subdelegación do Goberno en Ourense. /RAMSÉS. para prevención. Danos datos realizados polas forzas e corpos de seguridade do Estado. Cando unha vítima denuncia, ofréceselle avogado de oficio, psicóloga, traballadora social. O sistema realiza unha valoración de risco na que a aplicación pode dar cinco niveis: extremo, alto, medio, baixo ou non apreciado. Vaise realizando un se-

guimento individualizado e cando baixa a un risco non apreciado, ao cabo dun tempo desactívanse. Pero non hai un tempo determinado, cada vítima é un mundo”. Cantas vítimas ten actualmente a provincia de Ourense? A.I.: "Actualmente hai 379, somos a provincia ga-

lega que menos casos ten. Porén sabemos que son moitas máis as que están acreditadas como vítimas, pero que non fixeron denuncia. As que denunciaron teñen a protección das forzas e corpos de seguridade; de aí a importancia de denunciar, xa que, incluso, pode servir como efecto disuasorio contra os agresores. >> As denuncias pódense facer na Policía Nacional, na Garda Civil ou no xulgado; as denuncias nas Policías Locais derívanse á Nacional -no caso da cidade de Ourense- ou á Garda Civil -no de concellos rurais-". Que din os datos? A.I.: "Os datos na provincia con respecto a outros anos estanse mantendo. Durante o confinamento apenas houbo casos, pero pasado este volvemos a ter un número parecido á época prepandémica. >>Este sistema está activo desde 2007, desde entón temos contabilizados 4.162 casos".

A pesar de ser un tema delicado, supoño que hai moita satisfacción no que se fai. A.I.: "A satisfacción está en axudar ás persoas -tanto mulleres como os seus fillos- que o están a pasar francamente mal. Ademais, os Centros de Información á Muller (CIM) son esenciais, temos xornadas de formación con profesionais, cos servizos sociais, coas forzas e corpos de seguridade. Este ano tivemos nove xornadas de formación que abarcaron os 91 concello do rural máis a xornada que tivemos na Subdelegación. Vese a implicación, cada vez maior dos responsables deste tema nos concellos; a xente cada vez infórmase e fórmase máis".

“As que denuncian teñen a protección das forzas e corpos de seguridade; de aí a importancia de denunciar”


4

Barrios 25 de novembro 2021

SOCIEDADE

Volve a campaña do lapis solidario

Covid-19 Redacción Aumentan perigosamente os casos de covid-19 e con eles aumentan as restricións. E un dos sectores que máis sofre cando a cousa se dispara é a hostalaría. A Xunta acordou, xunto a representantes do sector, esixir o certificado covid en restaurantes a calquera hora e en bares e cafeterías a partir das 21 horas. Ademais, os clientes por mesa reduciranse a 8 en interiores e 15 en exteriores. O obxectivo destas medidas, segundo apuntaba o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, é asegurar que se desenvolva coa “maior normalidade posible” o Nadal. Datos Na provincia os contaxios soben sen control. Ao peche desta edición contabilizábanse 836 positivos, estando 457 na capital; ademais, hai 21 están hospitalizados -dous deles na UCI-. Esta semana volveron a habilitarse os “vacunódromos” para a terceira dose dos cidadáns con idades comprendidas entre os 70 e 79 anos. Pero esas vacinas de reforzo non se quedarán nesa franxa; Sanidade e Comunidades Autónomas acordaron administrala aos maiores de 60 anos e ao persoal sanitario e sociosanitario.

4 Cada lapis ten un prezo dun euro. Redacción

O xerente do Ponte Vella cos primeiros usuarios da pista de xeo deste ano. /RAMSÉS.

Ponte Vella instala a pista de xeo para este Nadal 4 Estará aberta ata o 9 de xaneiro. Redacción As luces de Nadal do Centro Comercial Ponte Vella son unha tradición en Ourense, como o é, desde fai 10 anos, a súa pista de xeo. Por ela pasan milleiros de visitantes, de todas as idades, que cada anos se calzan as botas de xeo para gozar dunha actividade que é pura diversión. Este ano, como o anterior, estará situada na terraza superior do Centro Comercial (con acceso a través do ascensor ou das escaleiras mecánicas). Son máis de 300 m² de auténtico xeo que conta con efectos de luz led, música, fume e outras novidades e melloras. Prezos A entrada xeral custa

6 euros, aínda que existen descontos especiais para grupos e outras promocións específicas que se poden consultar nos mostradores de información da pista de xeo ou nas oficinas da xerencia de Ponte Vella. Para os máis peques estarán dispoñibles andadores en forma de foca para usar durante a media hora que dura a entrada, a un prezo de 2 euros. Para os centros escolares será gratuíta a entrada para os seus alumnos de luns a venres (de 10 a 14 horas e de 15 a 17h), desde o luns 29 de novembro ata o martes 21 de decembro, sempre e cando os colexios se poñan en contacto co centro comercial e reserven un horario. Este ano é posible adquirir a entrada de forma online na web patinarso-

brehielo.com/pontevella. Horario O horario ata o 22 de decembro será de luns a venres, de 17 a 21 horas, e os sábados, domingos e festivos de 11 a 22 horas. Do 23 de decembro ao 9 de xaneiros, de luns a domingo, de 11 a 22 horas. Os días 24, 25 3 31 de decembro e o 1 de xaneiro haberá horario especial que será preciso consultar consultar.

A entrada xeral custa 6 euros, aínda que existen descontos especiais para grupos e outras promocións específicas

Un ano máis, e xa van 16, o lapis solidario carrexa ilusión e xoguetes aos nenos máis necesitados. As tendas Juguettos de Ourense e Orixe Publicidade e Comunicación, poñen en marcha esta campaña, na que colaboran máis de 60 establecementos da cidade. Nos seus negocios poderanse mercar os lápices, por só un euro, con distintos deseños (hai máis de 15 modelos diferentes) para, o recadado, revertilo en xoguetes. En palabras de Avelino Jácome representante de Orixe, “este ano hai máis necesidades que nunca, pero os ourensáns son moi solidarios e estou seguro, que a pesares das dificultades de esta pan-

demia, van colaborar moito, coma o veñen facendo dende sempre". Mostrouse así de esperanzado no arrinque oficial e engadiu: “quero agradecer aos medios de Comunicación a sua labor, dando a coñecer esta iniciativa, e como non a cada un dos negocios do comercio local que a pesares de estar en malas condicións nestes intres, fixeron un esforzó para seguir mantendo a súa solidaridade con quen máis o precisa". A campaña durará ata o 6 de xaneiro do 2022. Segundo Manuel Lorenzo Reguera, xerente de Juguettos Ourense, “o obxetivo é chegar aos máis nenos posibles, cando menos a tantos coma nos anos anteriores, cotamos coa axuda de moita xente e ímolo conseguir”.

Xa está en marcha a campaña Lapis solidario deste ano.


SOCIEDADE

Barrios 25 de novembro 2021

5

Toda escola infantil na que se inscriba o neno de 0 a 3 anos aplicará directamente o desconto do 100% no custo da matrícula.

Galicia terá gratuidade, de 0 a 3 anos, en todas as escolas infantis

4 A medida pioneira, que entrará en vigor o curso que vén, beneficiará a máis de 20.000 familias. Redacción Un dos eixos prioritarios de actuación da Xunta de Galicia é a antención á infancia e a conciliación. Por iso, a nosa comunidade leva anos sendo pioneira nesta materia poñendo en marcha medidas que están a ser moi ben recibidas. En abril de 2020 púxose en marcha unha iniciativas que beneficia en cada curso a unhas 10.000 familias; isto é a gratuidade para segundos fillos e seguintes. O Goberno galego, en reiteradas ocasións propuxo ao Executivo central que se implicase no cofinanciamento da gratuidade das escolas infantís tamén para os primeiros fillos, e non só para os segundos e sucesivos. Porén, non obtivo resposta. Desde a Xunta e sendo conscientes das dificultades que están a atravesar moitas familias por mor da crise económica derivada da sanitaria, e o reto demográfico ao que se enfronta

todo o país, decidiron dar un novo paso adiante e asumir en solitario a gratuidade de todas as escolas infantís de Galicia a partir do curso 2022/2023. Medida A medida, pioneira, permite a todas as familias galegas, teñan o número de fillos e a renda que te-

ñan, aforrar a matrícula e os gastos de atención educativa en as escolas infantís de Galicia, sexan da titularidade que sexan: públicas autonómicas, municipais, de iniciativa social ou privadas, entre outras. Esta decisión, anunciada polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, suporá un inves-

En abril de 2020 púxose en marcha a gratuidade para segundos fillos e seguintes que beneficia en cada curso a unhas 10.000 familias

As matrículas neste curso creceron un 9%.

timento de 30 millóns de euros anuais e beneficiará a máis de 20.000 familias galegas. Deste xeito, unha vez máis, Galicia sitúase á vangarda de España tomando unha decisión que non existe en ningún outro sitio do territorio nacional. Sen solicitalo Ademais, trátase dunha medida da que se poden beneficiar todas as familias galegas sen tan sequera ser preciso solicitala. Deste xeito, toda escola infantil na que se inscriba o neno de 0 a 3 anos aplicará directamente o desconto do 100% no custo da matrícula a todos os beneficiarios. A Xunta de Galicia será quen aboe o custo do servizo educativo ao centro beneficiario, en caso de non ser de titularidade pública autonómica. Gratuidade A gratuidade aplícase aos custos do servizo de educación infantil, pero non aos servizos comple-

mentarios, como os de comedor ou transporte, ou calquera outros que ofreza o centro. Para os efectos desta orde entenderase por atención educativa a actividade realizada dentro da aula en horario ordinario. Poderán adherirse á gratuidade todas as escolas de Galicia, independentemente da súa titularidade, co único requisito de que o Concello debe estar ao día nos pagos ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Crecemento A Xunta destaca que a matriculación nas escolas infantís públicas autonómicas medra un 9% este curso. A rede de centros, públicos e privados, que ten Galicia permite que sexa a cuarta comunidade de España con máis matriculacións nas escolas infantís. O 42,9% dos nenos de 0 a 3 anos —sete puntos por riba da media nacional e dez puntos máis da ratio mínima que aconsella a

Unión Europea— están inscritos nalgunha escola. Galicia dispón de máis de 500 centros públicos e privados repartidos polas catro provincias, que superan no seu conxunto as 25.000 prazas. Ademais, en 40 escolas infantís públicas realizáronse este verán obras de mellora, cun investimento total de 2,6 millóns de euros, para acondicionar e renovar as instalacións.

A gratuídade nas escolas infantís suporá un investimento de 30 millóns de euros anuais por parte da Xunta Galicia dispón de máis de 500 centros públicos e privados que superan as 25.000 prazas


6

Barrios 25 de novembro 2021

OURENSE

EN BREVE

A AVV do Peliquín retoma os cursos

4 Barbaña O Concello de Ourense realiza traballos de limpeza do cauce do río Barbaña. O obxectivo é unha limpeza completa da ribeira do río ao seu paso pola cidade. Os traballos alcanzan o importe de 17.955,4 euros, e céntranse na retirada das árbores caídas nas beiras do río para mellorar a súa limpeza e estado de conservación.

4 Auditorio O Concello de Ourense contempla programar espectáculos dirixidos ao público infantil e familiar de forma estable todos os domingos, sempre que as restricións motivadas pola pandemia da covid-19 o permitan. Desde o concello barallan cal sería a hora máis axeitadas para estes eventos: se de mañá ou de tarde.

4 Obras no rural A Concellería de Infraestruturas mobilizou 25 proxectos no rural da cidade logo de aprobara modificación orzamentaria proposta polo alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácomee que conta cun investimento aproximado de 700.000 euros. As obras executaranse entre finais deste ano e principios do 2022, tendo previsto seguir realizando obras de mellora durante os anos 2022 e 2023.

4 Botánico O Concello oferta actividades de sensibilización no espazo do Botánico de Montealegre. Celébranse os sábados e domingos, e en horario de 16 a 18 h, e centrarase en temáticas de botánica, micoloxía, reciclaxe, entre outros.

4 Organiza un de Ioga Pilates e outro de bailes latinos. Redacción

Os escaparates da cidade xa se engalan con motivos de navideños. /RAMSÉS.

Un escaparate con premio 4 O Concello de Ourense presenta o Concurso de Escaparates de Nadal. Redacción O Concello de Ourense organiza o Concurso de Escaparates de Nadal. Trátase dunha iniciativa dirixida a darlle visibilidade e apoio ao comercio local, ao tempo que dinamizar e darlle ambiente á cidade nas datas festivas. Con este dobre obxectivo de “decorar a cidade polo Nadal e darlle tirón e prestixio ao comercio local”, en palabras do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, abrirase un prazo de inscrición do 1 ao 13 de decembro, para que se poida anotar o maior número de establecementos. Deberán facelo a través do enderezo de correo: concursoescaparates@ourense.gal. Este ano contarase co apoio da empresa concesionaria da limpeza en Ourense, Ecourense, que repartirá 8.000 euros en premios, e co do CIFP Portovello, que conta cun módulo de comercio -e materias específicas

de escaparatismo- na súa oferta académica e colabora na redacción das bases e na formación do xurado. Premios Os premios divídense en dúas categorías: a profesional, valorada por un xurado profesional, que repartirá tres premios principais -un primeiro de 2.500 euros, un segundo de 1.500 euros, e un terceiro de 1.000 euros-. Como novidade, nesta edición haberá 5 premios de 500 euros para comercios que participen fóra do código postal 32.003 -o do centrocoa intención de ampliar o concurso por todos os barrios, segundo apuntou o asesor municipal, Aníbal Pereira. A maiores, haberá unha votación popular, que outorgará un premio de 500 euros ao escaparate máis votado nos perfís de facebook do Concello de Ourense e do CIFP Portovello -a suma de ambos-. Os premios non serán acumulativos en ningún caso.

Exposición Os escaparates deberán estar expostos do 13 ao 8 de xaneiro, de modo que se poidan visitar durante todo o período festivo. Para Abel Ocampo, director do CIFP Portovello, este concurso é unha oportunidade para que o alumnado se prepare para a modernización do comercio, especialmente no eido dixital. As bases do Concurso poden consultarse en www. ourense.gal ou en www. cifpportovello.gal.

Haberá 5 premios de 500 euros para comercios que participen fóra do código postal 32.003 (o do centro), para animar á participación noutros barrios

Pouco a pouco vaise volvendo á normalidade e iso se nota en sitios como a Asociación de Veciños do Peliquín. Devandita asociación recupera este ano os cursos de ioga pilates e de bailes latinos para os veciños do barrio. O primeiro deles realizase os martes en dúas quendas (16 e 17.15h) e os venres nunha quenda (17 horas). Pola contra, o de bailes latinos celébrase os venres a partir das 18.15h.

As clases son reducidas polo que non participan máis de 12 persoas por quenda. Local O local da asociación vai recuperando a actividade que tiña antes de que chegara a pandemia do coronavirus. Así, os martes e venres soamente está aberto para acoller as clases que se imparten; os luns, mércores e xoves está aberto (de 16 a 19.30h) para todo aquel que queira pasar un rato agradable en compaña de veciños dos barrios.

Clase de ioga pilates na AVV Peliquín.

Parques Redacción A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense estalle dando un lavado de cara aos parques do municipio. No seu conxunto, o proxecto mobiliza un investimento de máis de 8 millóns de euros, coa previsión de actuación en máis de 70 parques da cidade. Nestas datas, actúase no parque infantil das

Mercedes (47.000 euros de investimento), e permitirá a renovación completa da zona de xogos infantís; reposición e reparación dos xogos infantís do parque Barbaña (23.600 euros), que permitirán a instalación de novas unidades de xogos para os máis cativos, incorporando novos equipos do modelo Seahorse e do modelo Sand Truck; ou a remodelación integral do parque infantil de Xesús Pousa, no barrio da Ponte.


ECONOMÍA

Barrios 25 de novembro 2021

7

Galicia conta con novas axudas para promover as enerxías renovables

4 Hai abertas xa convocatorias que permitirán impulsar instalacións para autoconsumo. Redacción A Xunta de Galicia fai unha aposta clara -destinará 37 millóns de eurospara promover as enerxías renovables, o autoconsumo e o almacenamento enerxético entre particulares, empresas, autónomos, entidades sen ánimo de lucro e administracións públicas; isto faise co obxectivo de mobilizar 98 millóns de euros, favorecer aforros económicos de 10 millóns de euros ao ano e reducir as emisións anuais de CO2 en 33.100 toneladas (o equivalente a plantar ao redor de 1.655.000 árbores). Axudas Galicia xa ten abertas as axudas que permitirán impulsar instalacións para autoconsumo, así como o almacenamento no eido empresarial. En concreto, poden ser beneficiarios destas axudas as empresas, incluíndo as de servizos enerxéticos; os xestores de polígonos industriais; as persoas xurídicas ou agrupacións de empresas que realicen actividades económicas; as entidades sen ánimo

A Xunta segue comprometida co impulso dunha Galicia máis verde, fomentando o uso de enerxías renovables. de lucro que realicen actividades económicas; e comunidades enerxéticas locais. As axudas están destinadas tanto ao sector servizos como para outros sectores produtivos para realizar proxectos de autoconsumo con enerxías renovables con ou sen

Galicia xa ten abertas as axudas que permitirán impulsar instalacións para autoconsumo, así como o almacenamento no eido empresarial.

almacenamento (preto de 17,2 millóns de euros); e apoiarase o almacenamento en instalacións de autoconsumo existentes tanto no sector servizos como noutros sistemas produtivos con 2,6 millóns de euros. Con estas axudas, de concorrencia non competitiva e financiadas a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, prevese mobilizar 60 millóns, conseguir aforros anuais de 65.000 MWh/ano, así como a redución de emisións de 23.000 toneladas de CO2 ao ano, equivalente á acción de 1.150.000 árbores, e aforros económicos anuais de 7 millóns na factura eléctrica.

Fomento de programa de autoconsumo Por outra banda, destinaranse 11,5 millóns de euros para fomentar o autoconsumo eléctrico a partir de enerxías renovables cunha convocatoria que terá por destinatarios os particulares, autónomos, entidades sen ánimo de lucro e administracións públicas. Tamén de concorrencia non competitiva, a intensidade de axuda varía en función da instalación pero calcúlase que poida permitir aforros nas facturas enerxéticas de 2,6 millóns de euros ao ano e mobilizar 28 millóns en investimento. Por último, activarase

Destinaranse 11,5 millóns de euros para fomentar o autoconsumo eléctrico a partir de enerxías renovables cunha convocatoria que terá por destinatarios os particulares, autónomos, entidades sen ánimo de lucro e administracións públicas

unha convocatoria de renovables térmicas dirixida ao sector residencial para apoiar proxectos de aerotermia, xeotermia, biomasa ou solar térmica. Cunha dotación de preto de 5,7 millóns de euros, a intensidade da axuda tamén é moi variable pero os apoios poden chegar aos 13.500 euros no caso de instalacións xeotérmicas de circuíto pechado. Con estas axudas agárdase mobilizar ao redor de 10 millóns de euros e aforros económicos de 500.000 euros ao ano. Estas dúas últimas liñas abriranse ao longo do mes de decembro e as peticións de axuda presentaranse directamente polo solicitante, agás no caso de persoas físicas que non realicen actividades económicas ou unha comunidade de propietarios, que o farán a través de entidades colaboradoras. Galicia verde A Xunta segue, pois, comprometida co impulso dunha Galicia máis ver-

de, fomentando o uso de enerxías renovables entre todo tipo de usuarios -fogares, empresas e administracións- co obxectivo de avanzar na transición ecolóxica. Estes apoios contribuirán á redución dos custos enerxéticos dos beneficiarios, nun momento de continua escalada de prezos na factura da luz que teñen que pagar as familias e o tecido empresarial; ademais da creación de emprego, a reactivación económica e a mellora ambiental que repercute na calidade de vida da sociedade galega.

Activaranse apoios para renovables térmicas dirixidos ao sector residencial para realizar proxectos de aerotermia, xeotermia, biomasa ou solar térmica


8

Barrios 25 de novembro 2021

Pleno Redacción O pleno de Barbadás do mes de novembro acordou a limpeza e mantemento dos ríos e regatos que pasan polo concello. Outra moción -do grupo Compromiso por Barbadás- que contou co apoio da corporación municipal foi a de reclamar á Deputación unha mellora na iluminación no treito comprendido entre Finxa Fierro e o cruce de Prada. Desde o grupo de goberno explicaron que teñen reclamado ao ente provincial para que actúe nese tramo. Tamén aprobou o pleno a suba dun 4% do IPC (Índice de Prezos de Consumo) á taxa da auga e de vertidos. PSOE, BNG e DO votaron a favor ao coincidir en que este cambio se realiza para adaptar o imposto á normativa vixente; Partido Popular e Compromiso por Barbadás votaron en contra.

Obradoiro Redacción O Centro Empresarial Transfronteirizo acolle un obradoiro sobre o manexo, a poda e o enxerto de árbores froiteiras organizado pola Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal). Devandito obraroiro remata este venres, 26 de novembro, e busca ensinar os principios básicos de cultivo e da poda destas árbores para conseguir unha froita e colleita de calidade.

BARBADÁS E COMARCA

A Concellería de Servizos Sociais recolle xoguetes para o Banco Solidario 4 A campaña está en marcha ata o venres 3 de decembro. Redacción “Este Nadal xoguetes para todos e todas” é a finalidade da campaña solidaria promovida pola Concellería de Servizos Sociais do Concello de Barbadás na que se recollerán xoguetes, xogos, libros, etc. con destino ao Banco Solidario para levar a ilusión e sorriso a nenos e nenas neste Nadal. A campaña está en marcha ata o 3 de decembro, e as doazóns, poderanse entregar no polideportivo da Valenzá, na rúa Calzada Romana, de luns a venres de 10 a 13 horas e de 16 a 20 horas. “O teu xesto, é un sorriso!” “O teu xesto, é un sorriso!” é o espírito desta campaña solidaria de recollida de xogos e xoguetes. A concelleira de Servizos Sociais, Elisabet González Nistal, explica que “como cada ano nestas datas tan entrañables, desde o Concello de Barbadás cremos na importancia de manter a ilusión e os sorrisos dos máis pequenos e, con esta premisa naceu o ano pasado a campaña de “o teu xesto conta” da que tantos dos nosos pequenos do concello se beneficiaron”.

Con esta iniciativa “buscamos que o xoguete sexa un elemento transmisor de valores como a xenerosidade, o amor, a gratitude ou a empatía e que os nenos e nenas sexan conscientes da importancia que teñen e que estes valores formen parte do seu desenvolvemento como persoas". González Nistal asegura que o obxectivo desta campaña é que os pequenos das familias máis vulnerables do concello de Barbadas non queden sen o seu xoguete nunha noite tan chea de maxia, fantasía e ilusión para eles. A cadea solidaria da campaña de doazón de xoguetes ten como finalidade “doar un xoguete”, sempre en bo estado,

(quedan excluídos todo tipo de xoguetes bélicos) para contribuír a que os nenos e nenas poidan gozalos neste Nadal. Todos os xoguetes doados serán clasificados por idades e envolveranse polos voluntarios do Banco Solidario do Concello de Barbadas.

As doazóns poderanse entregar no polideportivo da Valenzá, na rúa Calzada Romana, de luns a venres de 10 a 13 horas e de 16 a 20 horas

Os xoguetes xa se poden deixan no polideportivo municipal da Valenzá. /M.REJO.

O concello organiza unha masterclass de emprego 4 Terá lugar o 2 de decembro. Redacción O Concello de Barbadás organiza a masterclass “Plan de Acción para a Búsqueda de Emprego” que está dirixida a toda a cidadanía que teña interese en definir unha estratexia para a súa búsqueda de emprego. A masterclass será o xoves, 2 de decembro, nunha sesión de dúas horas de duración e en dúas quendas, unha de mañá (de 11 a 13h) e outra de tarde (de 18 a 20 horas). O lugar de celebración desta masterclass será nas Instalacións Municipais do Parque da Solaina, o aforo permitido

Barbadás pola igualdade

para cada unha das quendas será de 15 persoas como máximo. Inscrición A sesión será gratuíta e poderán inscribirse cubrindo a ficha de solicitude, na que se marcará a quenda a que se quere asistir, e enviando o formulario cuberto ao CET de Barbadás a través do correo electrónico a cet@ barbadas.es.

Haberá dúas quendas (de 11 a 13 e de 18 a 20 horas) de 15 persoas

Redacción

ra dun manifeso fronte á violencia de xénero ás 12 horas na Casa do Concello).

Este mes de novembro, todos os concellos vólcanse en celebrar o 25N Día internacional da eliminación da violencia contra a muller. En Barbadás non se quedan atrás e organizan, ao longo do mes, unha serie de actividades en torno a este evento. Así, xa se levaron a cabo obradoiros e mesas redondas para chegar a este 25 de novembro cando ten lugar o acto institucional coa lectu-

Máis obradoiros O sábado, 27 de novembro, o polideportivo municipal acolle un obradoiro de autodefensa e relaxación para mulleres (será de 10 a 13 horas). E o martes 30 deste mesmo mes rematanse as actividades con outro obradoiro que levará por título “Eu mesma, co meu mecanismo!”; dirixido a mulleres e que se desenvolverá no Centro de Información á Muller de Barbadás de 10 a 13 horas.


ECONOMÍA

Unha peixaría cunha variada oferta de produtos do mar galegos.

Galicia enxalza a calidade dos manxares do seu mar 4 Faino coa campaña de promoción ‘Galicia sabe amar’. Redacción A despensa de produtos do mar de Galicia é moi variada, como mostra o feito de que as lonxas galegas comercialicen preto de 300 especies diferentes que van desde peixes ata mariscos, crustáceos, algas ou equinodermos. Isto permite aos compradores elixir entre múltiples opcións con todas as garantías de calidade e de frescura froito do labor realizado polos milleiros de profesionais do mar que traballan en Gali-

cia. Son distintas opcións de consumo moi desexadas e demandadas tanto polos galegos como polos visitantes da comunidade ata o punto de que son moitos os que senten verdadeira predilección e amor por eles. Con este pano de fondo, a Xunta de Galicia puxo en marcha este verán a campaña “Galicia sabe amar” co obxectivo de animar á cidadanía a consumir os produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos mariñeiros e mariscadores da comuni-

A Xunta puxo en marcha a campaña “Galicia sabe amar” co obxectivo de animar á cidadanía a consumir os produtos do mar e poñer en valor o labor do sector

dade. A campaña, que leva por título “Galicia sabe amar”, incide na importancia de comer peixes e mariscos así como na diversidade de produtos da máxima calidade que o complexo mar-industria de Galicia pon a disposición dos consumidores para que cada un elixa aquel -a parellaque máis lle interese e se adapte ás súas necesidades e aos seus gustos. “Galicia sabe amar” Xogando coa retranca galega e cos dobres sentidos, “Galicia sabe amar” traslada a importancia de consumir produtos do mar para ter unha alimentación saudable así como o feito de que mercar peixes e mariscos é unha decisión inte-

lixente e un hábito que forma parte da identidade dos galegos. Ao mesmo tempo, lembra o importante labor que realizan os milleiros de profesionais do mar de Galicia para levar ata as mesas de calquera consumidor os variados manxares que ofrecen e se transforman na costa galega. Esta acción da Administración autonómica a prol do consumo do produtos do mar de Galicia recorre ao amor para chamar a atención dos cidadáns e seguindo coa retranca galega foi o humorista David Amor o encargado de presentala tanto ante os medios de comunicación como ante os profesionais do sector. Ao evento asistiron representantes do sector pesqueiro e marisqueiro, da industria de transformación dos produtos do mar e das principais empresas de distribución alimentaria da comunidade. Agradecemento A iniciativa vai máis aló de promover o consumo de produtos do mar e serve tamén como agradecemento ao sector ma-

O humorista David Amor presentando a campaña “Galicia sabe amar”.

Barrios 25 de novembro 2021

rítimo-pesqueiro galego polo importante esforzo realizado durante a alerta sanitaria polo coronavirus, na que aumentou a demanda de produtos do mar por parte dos fogares ao tempo que caía na hostalería e na restauración -a canle Horeca- como consecuencia das distintas restricións aprobadas para frear a expansión da pandemia. Malia esa situación, boa parte dos profesionais do mar seguiron traballando arreo, incluso cando non lles era rendible, para ofrecer produtos da calidade ao resto da sociedade nunha mostra máis de solidariedade e amor cara ao conxunto da cidadanía. A estratexia desenvolvida polo Executivo galego fai un chamamento, mediante unha mensaxe fresca e atractiva, á compra e consumo de peixes e mariscos, pois esa elección terá beneficios tanto para o conxunto da economía como para a sociedade en xeral. Unha boa decisión neste eido que mellorará a saúde dos consumidores grazas a unha dieta saudable e equilibrada. Outras campañas A campaña da Consellería do Mar “Galicia sabe amar” é a herdeira de

9

“O mar que nos move” e de “O noso mar, marca” e pon o acento na calidade e grande variedade de produtos do mar cos que conta Galicia, moi desexados e que namoran a todo aquel que os proba. Neste sentido, a comunidade conta cunha oferta de produtos, formatos -frescos, conxelados, tranformados, etc- e posibilidades inmensas para elaborar pratos da máxima calidade tanto nos fogares como nos restaurantes máis selectos. A Xunta de Galicia inclúe dentro desta acción máis global outras iniciativas de promoción máis específicas impulsadas pola Consellería do Mar como “Fai clic ao teu bocata” ou “Ti si que es un bo peixe” -para promocionar o consumo de produtos do mar entre a poboación infantil- ou “Vai de peixe”, deseñada para difundir as bondades dos peixes e mariscos entre os millennials e centrada principalmente nas redes sociais. A elas engádense tamén outras como a marca de calidade “PescadeRías, de onde se non?” ou campañas puntuais para promocionar os produtos do mar de tempada como o bonito do norte.

Durante a alerta sanitaria polo coronavirus boa parte dos profesionais do mar seguiron traballando arreo, incluso cando non lles era rendible, para ofrecer produtos da calidade ao conxunto da cidadanía

Embarcacións de marisqueo nunha ría galega.


10

Barrios 25 de novembro 2021

VERÍN E COMARCA

EN BREVE

Xornadas de Novela Negra

4 Conferencia O Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello de Verín acolle, este xoves 25 de novembro a partir das 19.30 horas, a conferencia “Vida despois da morte: as 10 mejores evidencias” do xornalista e escritor galego Miguel Pedrero, autor de preto de vinte libros, a súa última obra é “La verdad prohibida. Cómo los amos del mundo manipulan nuestras mentes para que no descubramos la auténtica realidad”.

4 Múltiple Máis de mil persoas visitaron “Múltiple. A arte do gravado de Picasso a Barceló”, mostra que acolleu a Sala de Exposicións de Verín até o pasado venres día 5 de novembro durante os vinte días nos que a exposición organizada pola Afundación Obra Social Abanca coa colaboración do Concello de Verín estivo aberta ao público.

4 Limpeza de faixas A Xunta destina preto de 260.000 euros a xestionar a biomasa forestal en case 100 hectáreas de faixas secundarias que non estaban limpas en Cualedro e Monterrei. O Conselleiro do Medio Ambiente, José González, ecalcou que estes cartos serán repercutidos aos propietarios pertinentes porque -segundo dixo- todos debemos cumprir a lei co obxectivo de anticiparnos aos incendios forestais. As execucións subsidiarias comezaron -pola concorrencia dos lumesen Cualedro e Monterrei.

Redacción

O pleno de Verín regresou á Casa Consistorial.

Apróbase unha operación de crédito de 2,6 millóns 4 Despois de ano e medio, o pleno regresou ao Salón de Plenos. Redacción O pleno do Concello de Verín volve celebrar as súas sesións no Salón de Plenos da Casa Consistorial, despois dun ano e medio de "exilio" na Casa da Cultura. E o fixo cun pleno ordinario -o de novembro-, que, a pesar da súa curta duración (apenas 15 minutos), non trataba un tema menor. A única moción na orde do día era a aprobación dunha operación de crédito de 2,6 millóns euros. Esta operación realízase (anualmente) a curto prazo (por un ano) para antender as obrigas antes de que se recauden os im-

Sarabela Teatro Redacción O sábado 27 de novembro, ás 20 horas, o Auditorio Municipal de Verín acolle a representación teatral da obra “Morgana en Esmelle” de Sarabela Teatro. Esta produción é unha adaptación da no-

postos, devolvendo, deste xeito, o crédito do ano anterior. A moción contou cos votos a favor do grupo de goberno (PSOE e BNG) e os votos en contra do PP. O portavoz popular, Jiménez Morán, volveu insistir que Verín é o concello ourensán máis endebedado; desde o goberno aseguran que á débeda é practicamente a mesma que a que se tiña cando gobernaba o PP. Entidade Finalmente, e tras ver as ofertas presentadas polas entidades financeiras, así como a acta de valoración e a proposta de adxudicación da mesa de contratación -celebrado o 7 de vela de Begoña Caamaño, xornalista e escritora no ano 2014. Baixo a dirección de Ángeles Cuña, a obra conta cun reparto actoral no que se atopa: Fina Quella, Sabela Gago, Quico Cadaval, Elena Seijo, Nate Borrajo, Fernando Dacosta e Laura Míguez. As entradas xa están dis-

decembro de 2020- para a contratación da Operación de Crédito a Curto Prazo 2/2020 por un valor de 2.611.348,42 euros, a mesma foi adxudicada a CaixaBank. Ademais, na sesión plenaria deuse conta dos decretos ditados pola alcaldía e polas distintas concellarías delegadas, en materia de administración local, dende o 3 de setembro até o 5 de novembro deste mesmo ano. Nos rogos e preguntas, a oposición non fixo uso da mesma dando por concluida a primeira sesión ordinaria, despois de moito tempo, no Salón de Plenos. poñibles en www.ataquilla.com por 10 euros. Sinopse A chegada de Morgana altera a aparente serenidade coa que Merlín vive no bosque de Esmelle. A amante de Artur entra na casa Miranda en busca de respostas á súa infelicidade.

Tras un parón obrigado provocado pola covid-19, a Biblioteca Municipal de Verín retoma en xaneiro as que serán as IV Xornadas de Novela Negra. Baixo o título “Personaxes de novela”. Nesta nova edición combinarase o mundo de ficción novelesca coa realidade a través das experiencias de personaxes reais que, a súa vez, teñen un importante papel nas novelas deste xénero literario. Devanditas xornadas, que terán lugar o venres 21 e sábado 22 de xaneiro de 2022, serán coordi-

nadas, dirixidas e presentadas polo xuíz e escritor Xosé Antón Vázquez Taín e contarán coa participación de profesionais da talla de Enrique León Calviño, ex comisario de Vilagarcía; Victor Souto, comandante da Garda Civil - xefe da sección de Homicidios, Secuestros e Extorsións (UCO); María Berta Rodríguez, médico forense e subdirectora territorial da Coruña do Instituto Médico Legal de Galicia; e dos escritores Arantza Portabales e Alejandro Corral. Para rematar as xornadas haberá unha mesa redonda dirixida por Rafael Cid, director Centro Territorial de RTVE Galicia, onde participarán todos os relatores das xornadas.

Unha edición anterior das xornadas de novela negra.

CPR María Inmaculada Redacción No CPR María Inmaculada de Verín, este curso teñen como novidade en Infantil, impulsado dende o Departamento de Orientación, un programa de intervención directa nas aulas desta etapa, que se desenvolverá unha hora semanal en cada unha das clases. Con esta iniciativa preténdese, coa compañía da nosa mascota

“Lali”, axudar aos pequenos a evitar ou tratar de paliar calquera tipo de dificultade que poida aparecer no desenvolvemento da linguaxe oral e na adquisición do proceso de lectura e escritura.

O programa ten lugar en aulas de Infantil.


VERÍN E COMARCA

Barrios 25 de novembro 2021 EN BREVE

A DO Monterrei promocionouse en Ribadeo

4 Polígono de Oímbra

4 Déronse a coñecer os viños de 21 adegas. Redacción A localidade de Ribadeo foi testemuña da última actividade promocional da Denominación de Orixe Monterrei, na que estiveron presentes máis de medio centenar de profesionais da canle Horeca. Garantindo as medidas hixiénico-sanitarias esixidas, esta actividade acolleu unha ampla representación do sector de distribución, hostalaría, catadoras ou restauración. Os participantes nesta iniciativa recibiron información sobre as peculiaridades de chan e clima, a súa tradición vitivinícola, ademais de variedades

de uva ou tipoloxías de viño. Así mesmo puideron coñecer as características dos viños das 21 adegas que formaron parte desta acción promocional. A presidenta Para a presidenta da Denominación de Orixe, Lara Dá Silva, a Mariña Lucense "é parada obrigatoria para a DO Monterrei, e por iso, quixemos volver este ano a presentar o produto das nosas adegas, e achegarlle o mesmo aos nosos prescriptores, e así seguir demostrando a calidade dos nosos brancos e tintos", manifestaba.

Túnel do Viño de Ribadeo. /DO MONTERREI.

11

Infografía do novo columbario.

Amplía os columbarios o cemiterio de Verín 4 Ademais construirase un novo cemiterio. Redacción O crecente aumento de incineracións que experimentouse en Verín nos últimos anos levou ao concello a crear un total de 450 columbarios máis. Segundo explicou o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, desde hai anos a capacidade dos cemiterios municipais resulta insuficiente para atender ás necesidades do Concello. «O elevado grao de saturación dos mesmos así como alto índice de envellecemento poboacional fai necesario prever posibles alternativas coas que contar tanto no presente coma nun futuro cercano. E por isto que crearemos esta nova zona de columbarios e aprobaremos provisionalmente, de maneira inmediata, o Plan especial para a creación do novo cemiterio», aseguraba o rexedor. Nunha primeira actuación o Concello de Verín ten previsto construír un

total de 75 columbarios, número que se irá ampliando -en base á demanda cidadá- ata chegar aos 450. Cada columbario terá espazo para seis cinzas e estarán ubicados no nexo das zonas nova e vella do cemiterio municipal. Pola súa banda o tenente de alcalde, Diego Lourenzo Moura, salientou que, «na actualidade, unha porcentaxe elevado das familias escollen a incineración como método para despedir ao seu ser querido. Coa implementación desta nova zona de columbarios damos resposta á demanda actual deste tipo de servizo funerario por parte da cidadanía». Novo cemiterio Doutra banda, o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, anunciou tamén que o plan especial para a execución do novo cemiterio xa dispón de todos os informes sectoriais e será aprobado provisional de forma inmediata. O obxecto deste plan é ou de crear unha

área dotacional pública preto do centro urbano na que desenvolver o novo cemiterio municipal para satisfacer as necesidades da poboación. O plan especial executarase, desde a súa aprobación definitiva, nunha única fase dun ano de duración. Na mesma levarase a cabo expropiacións pertinentes dos terreos e executaranse o acondicionamento da parcela para a construción do novo cemiterio municipal. O novo camposanto, estará situado entre as localidades da Salgueira e Vilamaior e terá unha superficie total de 47.992 m2.

O novo camposanto estará situado entre as localidades da Salgueira e Vilamaior

A Xunta anima aos agricultores a sumarse ao polígono agroforestal proxectado no municipio ourensán de Oímbra, ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia. O polígono agrario promovido nesta localidade ourensá constaría de 22 hectáreas, repartidas en 72 parcelas de 73 propietarios.

4 Plan Integral O conselleiro do Medio Rural, José González, presentou no Castelo de Monterrei o inicio dun ambicioso plan integral de recuperación, dinamización e valorización da área suroriental de Ourense. Este plan elaborarase a través dun convenio -dotado con 140.000 euros- entre a Vicepresidencia Primeira, a Consellería do Medio Rural, a Deputación de Ourense e os dez concellos deste territorio (Cualedro, Monterrei, Oímbra, Verín, Laza, Castrelo do Val, Vilardevós, Riós, A Gudiña e A Mezquita). Desta maneira, prevese actuar nunha zona especialmente afectada polos incendios forestais, polo que é preciso establecer unha planificación orientada á anticipación dos incendios e á recuperación e posta en produción da terra agraria para a creación de emprego no sector primario. Existen máis de 70.000 hectáreas de montes veciñais en man común, dos cales máis de 58.000 ha son xestionadas pola Administración pública.


12

Barrios 25 de novembro 2021

Fútbol sala Redacción Semana na que no que fútbol sala se refire, o Cidade das Burgas e Envialia B tiveron parón na liga de Segunda división. Para esta fin de semana o filial recibe ao Castro, mentres que o Cidade visita ao CD Promesas. Pola súa banda, o Ourense Envialia poñía fin a unha racha que o levou a sumar tres vitorias consecutivas. Nesta ocasión empatou fronte o Leganés a catro goles. A próxima xornada, as de Morenín teñen o partido máis complicado da tempada ao visitar a cancha do líder, un Atlético Navalcarnero que marcha invito na clasificación. Sala Ourense O Sala Ourense logra un valioso punto na súa visita a Valladolid que o enfrontou ao Unión Arroyo. Os pupilos lograron o empate (3-3) grazas a un gol nos intres finais cando os ourensáns apostaron polo xogo de cinco. Con este resultado son quintos a sete puntos do líder Santiago Futsal. Para esta xornada volven a xogar fóra da casa. Desprazaranse ata terras asturianas para visitar ao recén ascendido Rácing de Mieres.

Club Alpinismo Ourense Redacción Durante esta semana o Club Alpino Ourensán organiza a súa semana audiovisual que este ano chega á súa 23ª edición. Este xoves 25 será a cargo de Susi Iglesias e para o venres 26 serán os irmáns Pou os que falarán. As charlas son no Centro Cultural Marcos Valcárcel ás 20.30 horas.

PROVINCIA

Suma e segue 4 O COB está intratable. R.T. O Club Ourense Baloncesto continúa o seu periplo pola LEB Prata como un auténtico martelo pilón. Inmaculado nas sete primeiras xornadas nas que non coñece a derrota. Tan só o segue na clasficación un Zornotza que conta cunha vitoria menos, o resto a dúas ou máis vitorias de diferenza. Ante o Zamora, os homes de Armando Gómez foron sacando vantaxe desde o principio para rematar un encontro sen moita historia no que venceu por 76-52 vencendo en todos os parciais por cinco ou máis puntos.

Burgos Esta fin de semana non hai liga debido ás fiestras FIFA polo que o COB regresará á competición para a seguinte fin de semana na que viaxará a Burgos para enfrontarse ao Tizo-

Presentación da Campionato de España de atletismo máster en pista cuberta./M.REJO.

4 Celébrase o Campionato de España de atletismo máster de pista cuberta. Redacción Partido entre COB e Zamora./C.DOMARCO.

4 A UD Ourense golea e lidera en Preferente. O repaso da última xornada de fútbol deixa a un Arenteiro que lle custa moitísimo sumar de tres en tres. Neste último partido, fronte o Llanera de nada seviu que os de Fran Justo comezaran adiantándose cun gol de Zanelli; xa que os locais foron quen de empatar nos últimos minutos e impedir que os de Espiñedo sumaran tres puntos. Con este empate seguen en postos de descenso á espera de tempos mellores, que ben poderían chegar este domingo a partir das 16 horas cando recibe na casa á Gimnástica Segoviana, equipo que conta cos mesmos puntos cos ourensáns. Nas 12

Os Remedios Desde o club comunicaron que o partido da xornada númer 15 que o mide ante o Morón disputarase no pavillón dos Remedios. O club fará todo o posible para que teñan cabida todos os socios do club que queiran asistir ao partido.

Un novo Nacional para Ourense

Outro punto para o Arenteiro

R. Torres

na, equipo que marcha sexto con catro vitorias.

xornadas disputadas soamente sumou dúas vitorias (seis empates e catro derrotas). 3ª RFEF O Ourense Club de Fútbol viu como se tivo que aprazar o seu encontro diante do Arzúa por un positivo por covid-19 nas filas dos da Coruña. O Barco regresou á senda dos triunfos a xornada anterior e ratificouno nesta ao gañar por 0-2 no campo do Ponteareas. O Arnoia, pola súa banda, segue sufrindo en cada encontro e caeu derrotado no campo do Choco (2-0). Esta xornada, o derbi trasládase ata Arnoia para disputarse entre o conxunto local e o Ourense CF. O Barco descansa. Na clasificación, o Barco

é terceiro (posto que da dereito a xogar a fase de ascenso), e o OurenseCF, sexto; o Arnoia é penúltimo, en descenso. Autonómica Na Preferente a Unión Deportiva Ourense está intratable neste inicio e goleou no campo do Guardés por 0-5. Na clasificación o segue un Barbadás que empatou a dous contra o Porriño, e tras el un Verín que descansaba. O derbi da xornada saldouse con vitoria a domicilio do Nogueira fronto o Polígono (0-2). O Velle empatou na casa contra o Atios (2-2). Con estes resultados, o Polígono é o pechacancelas, sendo o Velle undécimo e o Nogueira, noveno. Os tres equipos xogarían a fase pola permanencia. Para esta fin de semana triple derbi ourensán. No Couto, o UD Ourense contra Velle; no José Arjiz o Verín recibe ao Polígono; e na Tella o Nogueira contra o Barbadás.

A pista de atletismo indoor de Ourense instalada en Expourense acollerá do 26 ao 28 de novembro a 32º Campionato de España de atletismo máster en pista cuberta. Na presentación estivo o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, quen destacou o evento como o "broche de ouro" para un 2021 no que a Federación Galega de Atletismo cumpre cen anos e no que o atletismo galego acadou en Toquio a súa primeira medalla olímpica, o bronce en triplo salto de Ana Peleteiro. O secretario xeral destacou que o deporte galego, ademais da elite e da base, "tamén é a actividade competitiva daqueles deportistas que xa non están na súa plenitude física, pero que seguen sendo exemplo e modelo a seguir para os máis mozos por representar valores tan importantes como constancia, traballo ou superación". Lete Lasa recordou que en catro anos de vida a pista xa acolleu catro campionatos de España: o sub 20 en 2018, o Más-

ter de 2019, o Absoluto de 2020 e agora, de novo, o Máster de 2021, ademais dunha trintena de campionatos galegos de distintas categorías. Ademais recordou que a Xunta vén de autorizar a segunda adenda do convenio para o seu mantemento, conservación e funcionamento para 2022 por 100.000 euros. Horario O nacional dará comezo o venres a partir das 16.30 horas coa proba dos 60 metros valados de pentatlón feminino. Esta xornada rematará ás 20.25 horas con outra proba do pentatlón feminino: os 800 metros. O sábado 27 darase o pistoletazo de saída na xornada matutina cos 3.000 metros marcha en homes e rematará ás 13.55h cos 60 metros valados femininos. A xornada vespertina comezará ás 17 horas coas eliminatorias dos 60 metros para rematar pasadas as 21h coas finais dos 800 metros. E o campionato chegará ao seu fin o domingo 28, en horario de mañá. Ás 9 horas inuagurase a xornada coas finais de 1.500 metros e o broche de ouro poñerao a proba de 1.000 metros do pentatlón masculino.


DEPORTES

A San Martiño máis agardada 4 Álex Fernández logra a súa sexta vitoria na proba. R.Torres A San Martiño de 2021 era a máis agardada en moito tempo. Despois do parón obrigado do ano pasada, regresaba a decana das populares galegas por todo o alto. Aos Alejandro Fernández, Nuno Costa e Jocelyn Brea uníase este ano a plusmarquista mundial da distancia, a bareiní Kalkidan Gezahegne e facendo de lebre un dos mellores mediofondista

que deu España, Reyes Estéves. O morbo estaba en saber se Gezahegne era capaz de vencer ao resto de participantes da carreira (homes e mulleres). Finalmente foi a primeira muller pero entrando en cuarta posición na meta dos Remedios; iso si, logrou o récord feminino da proba con 30:23 minutos. O atleta local, Álex Fernández, foi o vencedor absoluto (29.33) e con esta son seis vitorias na carrei-

ra. No podio estivo acompañado por Nuno Costa (30:01) e Esteban Iglesias (30:21), segundo e terceiro, respectivamente. En categoría feminina, a Kalkidan Gezahegne acompañárona no podio Jocelyn Brea (segunda con 34:32) e Ester Navarrete (terceira con 34:45). Éxito Este ano a carreira foi un éxito total. En canto ao protocolo establecido por

Varias imaxes dos adestramentos previos, durante e despois da carreira. /M.REJO.

mor da covid-19, todo saiu según o establecido. Os participantes estiveron en todo momento polo labor de cumprir as normas; a saída por tandas non tivo ningún problema e evitou aglomeracións esaxeradas; ao remate da carreira esperaban os voluntarios que entregaron unha máscara a cada "finisher"; e ademais, este ano non houbo nin gardarroupa nin duchas disponibles para que non houbera zonas

Barrios 25 de novembro 2021

onde se reunira un número nada aconsellable de persoas. En definitiva, un éxito que se viu reflexado tanto na participación (2.000 inscritos) como nos público presente ao longo do percorrido, que este ano foi un número maior que noutras ocasións. Ourense tiña ganas de San Martiño e esta non defraudou. Incluso o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, animou os días previos deixando no aire a posibilidade de que unha muller fora a vencedora absoluta da proba; ao final non foi así, pero o morbo estivo asegurado durante varios días.

13

Agora so toca agardar a que chegue a edición de 2022, e oxalá sexa coa normalidade de sempre, esa na que poderán participar tanto a categoría escolar como a de pitufos.

Álex Fernández, Nuno Costa e Esteban Iglesias foi o podio masculino; Kalkidan Gezahegne, Jocelyn Brea e Ester Navarrete, o feminino


O alcalde de Ourense presentou Feira da Chinita no Salón de Plenos do Concello de Ourense.

14

Barrios 25 de novembro 2021

OCIO E CULTURA

4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

“O Paloma” Na memoria de Javier Santos González Coñezo o Lucho dende que teño uso de razón. Hai unha década, nesta fiestra literaria onde cada mes deixo os meus relatos, escribín sobre a casa Lucho, en Gondulfes, aldea que naceu na montaña dun dos concellos máis fermosos da comarca de Monterrei, Castrelo do val. Gustábame moito ir a Gondulfes o 14 de setembro, a festa da Santa Cruz. Aquel dia, a paparota que se preparaba era importante, tanto que os numerosos invitados que desfrutabamos ao redor das inmensas mesas, saiamos sempre satisfeitos e agradecidos. Remedios, a nai do Lucho e Rosa a súa dona, as raíñas do casona centenaria, preparaban dende moi cedo, manxares exquisitos. O avó David, co seu mítico chaleco e zapatillas de pano, pululaba entre a cociña e o comedor, ollando con sabedoría que todo estivera a pedir de boca. E nos, rapaces inquedos, enredabamos cos xogos infantís que o paraxe natural nos agasallaba, mentres os maiores desfrutaban do xantar. “O Paloma”, esperaba por min cos brazos abertos para amosarme a fermosa colección de coches deportivos que lucían, nun longo estante da súa habitación. Un sen fin de tarecos bélicos, espadas, e pistolas de plástico, rebosaban dun cesto colocado no recuncho. Máis a boa fe, el sabía, que o meu, non eran os xoguetes, que eu gozaba con xogar ceibe na inmensidade da finca do “Liñar” e como non, agatuñando polos silos de palla que amoreaban baixo os alpendres do patio para alimentar o gando que naqueles anos, enchían as cortes da casona. Javi, o neno louro da melena atrevida. Cantaban “Los Pecos” no radiocasete SANYO que coidabas coma ouro en pano. ”Háblame de ti” cantabamos unha e outra vez. O louro dos “Pecos” eras ti, dicían as rapazas namoradas da túa beleza. Eran os anos da

adolescencia que voaron sen dar tregua o tempo. Despois no colexio, xamais soltaches a miña man para guiarme nun sendeiro descoñecido, facendo esquecer co teu alento, os malos intres dun internado gris, ao principio dos oitenta. Tiñamos moito "feeling" compadre!, so coa mirada, entendiamos a mensaxe. Segredos de xuventude que compartimos e gardamos coma tumbas. Copiamos dos nosos vellos os pasos a seguir, porque os tivemos en conta sempre. Eran os faros que alumeaban a noso rumbo cando o camiño volvíase escuro. Ai! “Paloma” canto me costa escribir hoxe aquí estas letras que me levan as lembranzas doutros tempos. Tempos que compartimos, que gozamos e sufrimos, tempos marabillosos que permanecen no meu maxín a pesares do tempo fuxido. Sempre cho dicía, que de non nacer en Gondulfes o teu sitio, sería Chamberí, aquel barrio castizo madrileño, onde a chulería é un arte. Coma a que tiñas ti, chulería refinada, chulería innata e intransferible, pero nobre e sinxela, doada de entender, que portaches sen complexos no teu rostro inesquecible ata o derradeiro intre. A vida ten un guión descoñecido. Bendita terapia, a nosa terapia infinita na porta dun bar. Risas perpetuas que depuran as nosas propias traxedias. Camiños falsos que as veces collemos sen consciencia. Pecados consumados e ben arrepentidos, soamente calmados coa penitencia máis

pura que so da o arrepentimento. So os vellos teñen resposta as incongruencias da vida, os atrancos que de súpeto aparecen sen remedio. O teu pai, no derradeiro camiño, deu a resposta o meu porqué desesperado. O destino neno! o puto destino. Liscas moi cedo amigo, deixando un anaco baleiro na alma dos que te queríamos. Valente ata o final, porque so unha bágoa na túa meixela, foi dabondo para transmitir o derradeiro desexo, que sabes a boa fe que será cumprido. Mentres escribo, escoito “Triana”, aquel grupo que nos cautivou, e nos facía pensar na profundidade das súas letras. “Sé de un lugar”, que fermoso tema! Moitos motivos farán que me lembre de ti “Paloma” como aquela función de teatro que interpretaches no colexio dos Milagres, con aquel papel impresionante que che tocou facer e que deixaches abraiados a todos os presentes, porque o personaxe de “Paloma”, non era para calquera, estaba feito para ti, igual que o alcume que che quedou para sempre. Alá onde estes, xúntate con eles, cos amigos que te esperan. Teno seguro, que ao verte quererán brindar cun viño sinxelo. Cun viño feito con sacrificio e amor. Como fixeron toda a vida, como fixemos e seguiremos facendo, mentres a providencia no lo permita. Boa viaxe e ata sempre Javi! Miguel A. Prieto “Chitín”

O meniño calado Sentouse no chan paseniño, como se aquel paquete envolto en papel de cores non lle chamara moito, devagarciño foi sacando un a un os anacos de celo pegados nas esquinas, sen abrilo, chamoume a atención o xeito feble, tan delicado de facelo. Para alguén que o vira de xeito descoidado podia parecer que non lle gustara. Os outros cativos xa abrirán os seus agasallos e ledos, xogaban e rían entre eles, unha festa de berros, de saltos, de ledicia; destaparase a felicidade. Eles que pertencen o equipo dos menos afortunados en bens mateariais, saben apreciar cada xoguete que reciben, son receptores da solidaridade dos ourensáns que levan toda unha década mercando un lápis para que eses agasallos os fa-

gan felices. Pero aquel, máis tranquilo seguía destapando o seu pequeno tesouro, sen aparentar moito entusiasmo. Vin como dobraba o papel pranchando coa man, como se lle pasara o ferro tirando cada unha das engurras. Este ano, un dos máis duros da crise económica, as empresas, os comercios aportaron o seu esforzo. Os voluntarios e as xentes anónimas para facer que se puidera levar esas pequenas boas novas os que máis o merecen. Ollei cun pouco de tristura para aquel que no seu recuncho abría ágora si, aquela caixa con aparente desidia e vin como sacaba o tablero e colocaba as pezas do xadrez que lle pedira aos reís. Primeiro as negras, despois as brancas. Cando rematou ergueuse e mirou

o taboeiro no chan perante un bo anaco. Cheo de curiosidade achegueime, entón reparou en min, unha bágoa esvaroulle pola meixela, pero os seus ollos brilaban cunha forza que deslumbraba, mentres me dicía “gracias”. Vin debuxado naquela cariña agarimosa un sorriso, aquel sorriso era o verdadeiro premio aos esforzos de toda esa xente que colaborara unha vez máis nesta campaña. Sen darme sequera de conta, a min tamén os ollos se me encheron de bágoas cando ao abrázalo, deume aquel bico. Claro, ao lembrarme cando me traías aqueles botes de aceitunas e eu che decía: “ti es o mellor pai do mundo”, e ti respostabas: “déixate de andromenas, chiquito”. Avelino Jácome

Labirinto de espellos Redacción O Concello de Oruense presenta ‘Lousas’, de Xesús Manuel Marcos, obra gañadora do 21º Premio Risco de Creación Literaria. O xurado salienta a forma na que está narrada -“eficaz, quere isto dicir ao servizo da historia, e non de quen a escribe”- e a súa estrutura: “o tempo literario, a precisión da linguaxe, as maneiras de contar e suxerir para que todo flúa nunha lectura

EN BREVE

4 Axudas escolares A Xunta organiza na dO Concello aproba a lista definitiva de cualificación dos expedientes de axudas para libros e comedores escolares. Pódese consultar até o día 6 de decembro na Concellería de Asuntos Sociais (Bispo Carrascosa, 8, baixo) e na sede electrónica do Concello (sede.ourense. gob.es).

O ganador do premio e o alcalde de Ouense. capaz de seducirnos ata o final”. O autor, Xesús Manuel Marcos, confesou que o relato xorde dunha vivencia persoal e amosa moitos dilemas: “o de quedar no sitio para loitar ou abandonar e marchar; o espolio dos recursos naturais; a busca

4HUMOR

da esencia; a loita entre os ideais e a realidade política...” Nas súas propias palabras, Lousas “é unha busca da nosa propia esencia”. O premio deste concurso é de 6.000 euros en metálico e a publicación da obra, ademais de formar parte do xurado na seguinte edición.


OCIO E CULTURA / CLASIFICADOS

Barrios 25 de novembro 2021

15

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Arcediagos,11, 1º - 32005 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara Nº156 - Ano: XIV - 25 de novembro de 2021 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

Unha cabana en Larouco podería ter 2.000 anos de antigüidade 4 Descubriuse nuns traballos arqueolóxicos. Redacción Os traballos arqueolóxicos, impulsados pola Xunta de Galicia -a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade- en Larouco, sacan á luz unha cabana e un depóstio votivo. O delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, visitou, acompañado da alcaldesa, Patricia Lamelas, o xacemento do Castrillón, que vén de sacar á luz unha cabana rectangular de aproximadamente 30 metros cadrados e un depósito votivo agochado nunha ola cerámica. Así, os arqueólogos implicados nesta intervención centráronse na zona dunha cabana rupestre descuberta o pasado outono, onde localizaron baixo o pavimento dunha vivenda un dos poucos votivos que existen no interior dun castro en Galicia. Este novo achado que pode pertencer a Segunda Idade do Ferro estaba oculto nunha fosa escavada na propia rocha e tapada cunha lousa. Ademais, entre os elementos atopados tamén se localizou unha cabana escavada na propia rocha e de morfoloxía angular, que pode-

ría ser datada hai máis de 2.000 anos. Trátase do resultado duns traballos iniciados a comezos deste mes grazas a unha achega de 30.000 euros co fin de definir a antigüidade, dimensións e estrutura deste poboado fortificado da Idade do Ferro.

Bibei cun amplo control visual da contorna e o seu sistema defensivo ven definido polo norte por unha sucesión de catro fosos, seguidos dos seus respectivos contrafosos, escavados na propia rocha, tras dos que está, a unha cota máis alta, a zona ocupacional.

Asentamento O xacemento arqueolóxico do Castrillón é un asentamento fortificado da segunda Idade do Ferro que ten a consideración de ben catalogado do patrimonio cultural de Galicia. Ocupa unhas tres hectáreas de superficie sobre o río

O xacemento arqueolóxico do Castrillón é un asentamento fortificado da segunda Idade do Ferro

O delegado da Xunta en Galicia, Gabriel Alén, no xacemento de Castrillón.

4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe o seu anuncio no 685 96 95 46 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

INMOBILIARIA Véndese piso en Beluso, Bueu (Pontevedra). 100 m2, 3 habitacións, salón, cociña, baño, despensa e 3 trasteiros amplios. Soleado todo o día, situado preto de servizos básicos e a menos de 2 km das mellores praias da zona. Prezo: 85.000 euros. Tfno.: 679 588 349 (envío fotos, escoito ofertas). Alugo local económico no centro. Ideal para oficina, almacén ou trasteiro. 17m2. Dispón de baños comunitarios. 120 euros/mes máis 7 euros de comunidad. C.E.: C. Teléfono 627 203 131 Véndese casa céntrica en Xinzo de Limia. Baixo máis unha planta (144m2,) tres prazas de garaxe e patio, cinco habitacións, dous baños, cociña amoblada e terraza. 133.000 euros. Tel. 699 648 514 / 988 21 40 70 Alugo baixo na zona do Couto totalmente acondicionado. Con luz, auga, 70 m2. Prezo 300 euros. Tel: 653 208 506 Alúganse apartamentos en Montalvo (de Semana Santa a outubro) con unha ou dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916 Alugo sala para actividades culturais, con posibilidade de cociña, baño e outros sertvizos. Tel.: 988 247 113. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Busco casa en alquiler na periferia de Ourense. Opción a compra ou dunha permuta dun piso situado na Valenzá. Tlf.: 600 826 029. Vendo casa na estrada de Santiago, con finca. Para restaurar. Tel.:672 089

349. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62.

TRABALLO Ofrécese señora para traballar con xente maior ou nenos. De toda confianza, con informes. Disponibilidade de coche e fins de semana Tel.: 606 422 543. Ofrécese señora para limpeza por horas Tel.: 674 500 513. Señora, auxiliar de enfermería responsable e con experiencia, ofrécese para coidar persoas maiores, enfermos, nenos e tarefas do fogar. Tel.: 620 052 173 Ofrécese señora responsable -española- para coidade de nenos ou persoas maiores. Con informes. Tel.: 606 422 543 Ofrécese auxiliar de enfermaría, con titulación, para o coidado de maiores. Como interna ou por horas. En Ourense ou arredores. Telf.: 663 043 561 Danse clases de francés a domicilio. Todos os niveis. Titulación en España e Francia. Tlf.: 625 745 611 Imparto clases particulares de Matemáticas a domicilio en Ourense capital. Todos os niveis. Tamen materias curriculares de ESO e Bacharelato. As clases son individuais e personalizadas. Ampla experiencia. Excelentes resultados. Económico. Interesados enviar WhatsApp ao 610 38 25 89. Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405.

Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358. Fanse desbroces en tractor e a man. Tlf.: 63 521 448 Ófrecese señora seria e responsable para tarefas do fogar e coidado de nenos e maiores. Con informes. Preferencia zona Ponte. Tlf: 685 374 191.

VENDAS Vendo colección de revistas “Muy interesante”, do nº1 ao 163, e “Natura”, do 1 ao 132 (as dúas encadernadas). Tlf: 636286434. Vendo accesorios para cans: arnes de tiro, correas, collares e fournitures. Tlf: 636286434. Vendo unha xanela de dúas follas en aluminio sapelly de 1,40 x 0,94 m con cristais. Tlf: 636286434. Vendo dúas cadeiras infantís de coche (Jane) de 15-36 kg con isofix, unha negra e outra vermella. Tlf: 636286434. Vendo rizador de pelo con accesorios para alisar e rizar. Tel.: 666 303 635 Vendo cama hospitalaria articulada en bo estado, con colchón anti-escaras. Tlf.: 606 133 522 Vendo prensa de viño mediana/grande, ideal para decoración en xardíns. Tlf.: 606 133 522 Véndese mampara nova. Tel: 672 089 349. Véndense traxes de cabaleiro moi antigos en bo estado, ideal para Entroido. Prezo 10€. Tel: 610 979 897. Compro moble de cociña completo. Tel: 988 247 824. Vendo escritorio. Como novo, bo prezo. Tel: 672 089 349. Vendo estufa de frío e calor. Tel: 672 089 349.


Barrios 25 de novembro 2021


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.