Barrios 154

Page 1

O pleno de Ourense aproba unha modificación de crédito de 12,8 millóns [Páx. 2]

OURENSE

Páx.2 CELANOVA

Alejandro Blanco, presidente do COE, premio Ourensanía 2021

Páx.6 ALLARIZ

Os bares de Celanova celebrarán Santa Icía o vindeiro 21 de novembro

Páx.8 XINZO

A Feira de Outono celébrase no pavillón do instituto os días 13 e 14 de novembro

Páx.11 DEPORTES

A Xunta anuncia a licitación das obras do parque empresarial

Páx.13

O COB logra a quinta vitoria consecutiva no que vai de liga na LEB Prata

Dobre San Martiño

[Páx. 2 e 3] Centos de ourensáns saíron as rúas da cidade para celebrar o magosto. // 2.000 atletas participarán na 44ª edición da carreira popular do San Martiño.

Número: 155 - Ano: XIV - 12 de novembro de 2021 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


2

Barrios 12 de novembro 2021

TEMA DA SEMANA

Ourensáns facendo cola no punto de agasallo de castañas asadas ubicado na praza Maior. /RAMSÉS.

Un San Martiño para recordar 4 O Concello repartiu castañas asadas en varios puntos da cidade. Redacción Ourense puido celebrar o día do San Martiño cunha certa normalidade. Despois de non poder realizar ningunha actividade o ano pasado por mor do coronavirus, este ano o Concello de Ourense programou unha serie de eventos que fixo que a cidadanía festexara o día do patrón da cidade. Aos actos relixiosos, coa presenza da corporación municipal, acompañaron ao longo da mañá gaiteiros e cabezudos polas rúas da cidade. Instaláronse carpas infantís na Ponte, Posío, Bispo Cesáreo e Barbaña con actuacións para todos os públicos. Pola tarde, ante a imposibilidade de realizar o tradicional magosto popular, o concello repartiu castañas nas rúas do Paseo e Lamas Carvajal, e na praza Maior. E para rematar as actividades, a

orquestra París de Noia realizou un concerto ao carón do pavillón dos Remedios. Ourensanía Este mesmo 11 de novembro, a Deputación de Ourense fixo entrega do premio Ourensanía 2021 a Alejandro Blanco, presidente do Comité Olímpico Español, quen se mostrou moi emocionado pola distinción. No acto estiveron presentes, ademais do propio premiado, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo; o presidente do Parlamento, Miguel Santalices, entre outras autoridades.

O presidente do COE, Alejandro Blanco, recibiu o premio Ourensanía 2021

Alejandro Blanco recibiu o premio Ourensanía da man de Manuel Baltar e Núñez Feijoo. /RAMSÉS.

A corporación votou en bloque a modificación de crédito. /RAMSÉS.

O pleno aproba unha modificación de 12,8 millóns de euros 4 Destinaranse 10 para axudas á hostalaría e ao comercio. Redacción O Auditorio volveu acoller un pleno do Concello de Ourense. Nesta ocasión foi un pleno extraordinario para liberar 12,8 millóns de euros. Nin a concelleira do PSOE, Juana Ageitos, nin os tres tránsfugas de DO (Manuel Álvarez, María Dibuja e Maite Garrido) que esta mesma semana presentaron o novo partido CCD (Coalición de Centro Democrático) estiveron presentes neste pleno extraordinario (a primeira escusouse por motivos laborais, mentres que os tres non adscritos alegaron que o expediente xestionouse dun xeito opaco). O certo é que a pesar das ausencias o pleno votou unanimamente unha modificación de crédito de 12,8 millóns

de euros. Desa contía, 10 millóns irán destinados a axudas á hostalaría e o comercio local que se viron fortemente afectados pola pandemia provocada pola covid-19. O seguinte en abordar será de que maneira chegan eses cartos a esos sectores. Polo visto no pleno, o Goberno local ten a disposición de contar coa oposición para buscar o consenso. Réplica A pesar da unanimidade, desde BNG e PSOE afearon algo a forma de traelo a pleno. Os socia-

O pleno aprobou o convenio con Adif para as reformas dos pasos de tren de Ramón Puga e Tarascón

Unha viandante comprobando que non vén ningún vehículo no paso de tren da rúa Ramón Puga. /RAMSÉS.

listas criticaron que chegara en lote, mentres que os nacionalistas acordabanse do Cineclube Padre Feijóo, entidade que non estaba incluída na partida. Sen asesores Tampouco faltou a crítica da última decisión do alcalde de deixar á oposición sen asesores. Para o portavoz do PSOE, Rodríguez Villarino, a decisión foi "ruín"; pola súa banda, o representante de Ciudadanos, Pepe Araújo, lamentouse de sufrir "o dano colateral" das pelexas entre Jácome, PSOE e BNG. O rexedor defendíase dicindo que foron eles o que romperon o "pacto entre cabaleiros". Pleno ordinario Días antes celebrábase o pleno ordinario deste mes de novembro no que o punto máis quente do mesmo foi o relativo ás asignacións dos partidos representados na corporación. Tanto Cidadáns coma DO pretendían que as asignación para os partidos non se vira afectada por culpa dos tránsfugas (os dous partidos sufriron neste mandato a fuga dalgún concelleiro). O Partido Popular que cogoberna con Democracia Ourensana votou en contra explicando que non era o momento de traer a pleno este tema debido á que o alcalde está sendo investigado por preseunta malversación de fondos;

algo ao que tamén se agarraron tanto PSOE coma BNG. Cabe recordar que a Audiencia decretou o sebreseimento da causa sobre presuntas irregularidades na financianción de DO. Pola súa banda, o alcalde, Pérez Jácome, insistiu en que non fixo nada ilegal, ademais asegurou que sobre o que gasta DO a súa partida (maioritariamente en pagar espazo publicitario en Auria TV, propieda de propio rexedor) "é algo que fixemos, facemos e faremos", aseguraba. No que si estivo de acordo o pleno foi no convenio con Adif para as reformas dos pasos de tren de Ramón Puga e Tarascón, paso previo a unha licitación que consideran como unha obra "histórica". Noutro orde de cousas, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarou a inadmisión do recurso de casación autonómico promovido pola promotora do edificio construído na confluencia das rúas Cardenal Quevedo e Xoaquín Lourenzo.

A Audiencia decretou o sobreseimento da causa relativa a presuntas irregularidades na financianción de DO


TEMA DA SEMANA

Barrios 12 de novembro 2021

3

A San Martiño xa está de volta

4 O domingo 14 de novembro volverá percorrer as rúas da cidade. R. Torres Un ano despois do previsto celebrase a 44ª edición da carreira popular da San Martiño. Todo está listo para que o domingo, 14 de novembro, as rúas da cidade énchanse de atletas -elite e populares- que percorrerán os clásicos 10 quilómetros desta proba, decana das carreiras populares galegas. Ademais, para darlle visibilidade á Esclerose Lateral Amiotrófica. Pero como aínda estamos en tempos de pandemia -provocada pola covid-19-, a carreira escolar e a denominada carreira de pitufos non se celebrarán (agardando que o vindeiro ano volvan ao calendario da San Martiño). De todos os xeitos, este é un paso máis ata a tan ansiada normalidade, e 2.000 atletas darán cor a unha proba tan querida polos atletas da nosa comunidade e de fóra dela. A presentación contou coa asistencia do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome; o presidente do Consello Municipal de Deportes, Mario Guede; e representantes das entidades que colaboran no evento, cuxo patrocinador principal é Caixabank. Por quendas Para cumplir os protocolos covid, a saída será escalonada en varias quendas. Así, a proba elite dará o seu comezo ás 12 horas na que participan 200 atletas. De seguido, e cada dous minutos, sairán o resto de participantes en tandas de 300, ata completar os 2.000 participantes.

As clasificacións realizaranse polo neto tempo neto de cada atleta. Os abastecementos estarán situados no quilómetro 5 e á chegada no Pavillón Municipal dos Remedios. Percorrido habitual O percorrido será o mesmo que o dos últimos anos, 10.000 metros homologados pola Real Federación Española de Atletismo. A saída darase desde a ponte do Milenio e percorrerá a avenida de Xesús Pousa, praza da Estación, avenida das Caldas, ponte Vella, Progreso, Tras Alameda, Dr. Fleming, Ervedelo, avenida de Portugal, avenida de Marcelo Macías, avenida de Zamora, Bonhome, Galicia, Fernández-Oxea, Lugo, Padre Feijoo, Colón, Moratín, Obispo Carrascosa, praza Maior, Lamas Carvajal, Paseo, Curros Enríquez, avenida da Habana, Cardenal Quevedo, avenida Rodríguez Castelao, avenida Otero Pedrayo, Curros Enríquez, ponte Nova, avenida de Marín, Vicente Risco, Francisca Herrera, avenida De Santiago, avenida das Caldas, ponte Vella e Pardo de Cela. Dorsal-chip A recollida de dorsais -que levarán integrado o chip- realizarase no módulo de atletismo do pavillón

o venres 12 de novembro, de 16 a 20 horas, e o sábado 13, de 10 a 20 horas. Ademais deberase amosar o certificado covid ou ben unha proba PCR ou de antíxenos negativa certificada, por farmacia ou servizo médico, nun máximo de 72 horas antes do inicio da proba. Poderase recoller o dorsal doutra persoa presentando unha copia ou captura de pantalla do seu DNI, ademais de amosar certificado dunha proba PCR ou de antíxenos negativa. Participantes Entre os ilustres participantes atóparase na liña de meta o ourensán Alejandro Fernández, quen leva no seu peto cinco vitorias nesta carreira. Pero este ano ao seu lado estarán grandes atletas. Desde o Concello de Ourense quixeron darlle lustre a unha proba que, ademais do seu carácter popular, contará con atletas profesionais, como é o caso da barení Kalkidan Gezahegne. A de Bahréin é a actual plusmarquista mundial da distancia, lograda en Génova o pasado 3 de outubro ao parar o crono en 29:38 minutos. Ademais, logrou a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Tokio 2020. O alcalde de Ourense,

Na liña de saída estarán ilustres como os actuais campións Alejandro Fernández e Joselyn Brea, e a actual plusmarquista mundial da distancia, Kalkidan Gezahegne, ademais de Reyes Estévez que fará de lebre

Presentación da 44ª carreira popular do San Martiño. /A.FIDALGO.

Gonzalo Jácome, anunciou esta nova como a posibilidade de que unha muller logre ser a vencedora nesta edición da San Martiño. Algo que podería ser “a primeira vez que ocorre na historia do atletismo”, puidendo ser, incluso “unha xesta que podería ser “noticia mundial” aventuraba o rexe-

dor. Tamén estará presente Joselyn Brea, última gañadora da proba. Quen finalmente non estará será o atleta galego Adrián Ben. O alcalde anunciara, nun primeiro momento, a súa presenza, para posteriormente dicir que Ben declinara a oferta de estar presente na

carreira. Outro que non faltará á cita da San Martiño será o ex campión de Europa e bronce mundial Reyes Estévez, que chega a Ourense nun magnífico estado de forma, logo de gañar hai un mes a milla de Madrid. Este mesmo ano bateu o récord de España M40 no 3.000 indoor.


4

Barrios 12 de novembro 2021

Covi-19 Redacción Aínda que non é preocupante, polo momento, o certo é que medra o número de contaxios pola Covid-19 na área sanitaria de Ourense. Os últimos datos actualizados polo Servizo Galego de Saúde reflicten 229 pacientes con infeción activa, estando 15 deles hospitalizados (todos no hospital da capital ourensá), dos cales dous están en coidados intensivos. O número de vítimas mortais ascende a 446, contabilizándose a última o pasado 8 de novembro. Precocupación Desde o Sergas miran con certa preocupación a capital e Barbadás, como áreas cunha peor situación epidemiolóxica. En Ourense a cifra subiu aos 117 casos despois de contar con tan só 11 hai menos dun mes. En Barbadás xa se contabilizan 21 positivos. Allariz suma 16 e O Carballiño, 10; o resto ou teñen cero casos ou menos dunha decena. Ao remate da reunión do Consello da Xunta, o presidente, Alberto Núñez Feijoo, referiuse ás últimas festas das pontes, ás matanzas e a San Martiño como posibles causas deste aumento de contaxios.

OURENSE

Xantar como escaparate cara a nova normalidade 4 Ao redor de 18.000 persoas visitaron o Salón nos cinco días que durou. Redacción O Salón Internacional de Tursimo Gastronómico, que este ano celebrou a súa 22ª edición pechou as súas portas con ao redor de 18.000 visitas. O salón, que cumpriu a súa misión de servir de reencontro dos profesionais do turismo e a hostalaría, pecha esta edición de transición á normalidade, e a última sen o tren de Alta Velocidade, AVE. Polo Salón pasaron infinidade de autoridades que quixeron darse unha volta por todos os stands gastronómicos visibles durante os cinco días de feira. O acto de clausura desta edición contou coa participación do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, e do conselleiro do Medio Rural de Galicia, José González. O conselleiro aproveitou a súa presenza en Xantar para anunciar que en 2022 entrará no Parlamento, como proxecto de lei, a nova Lei de Calidade Alimentaria de Galicia que rexerá os produtos agroalimentarios de calidade diferenciada producidos e comerciali-

zados en Galicia e que ten o objetico de situar a esta comunidade como referente. “Todos os produtos que nos fan sentirnos orgullosos de que sexan galegos están protexidos e somo a comunidade líder en canto a denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas refírese, un total de 36”, indicou José González.

tamén se celebrará en novembro, concretamente do 9 ao 13 dese mes, facéndoo coincidir coa festividade do San Martiño, “algo que converterá a Ourense nun gran polo de atracción do turismo de proximidade que agora ampliará o seu radio coa chegada do AVE”, en palabras de Martínez.

Novembro Se será unha novidade a vindeira edición co AVE chegando a Ourense, non menos novidade será o cambio de datas. O xerente de Expourense, Rogelio Martínez, confirmou, durante o acto de clausura, que a edición de 2023

A edición do ano que vén celebrarase do 9 ao 13 de novembro coincidindo co San Martiño

O stand da Deputación da Coruña realizou degustacións gastronómicas en Xantar. /RAMSÉS.

"Sabores de Ourense" 4 O concurso celébrase ata o 21 de novembro. Redacción Xa está aquí a 13ª edición do concurso de Pinchos de Outono "Sabores de Ourense" despois dun ano de parón provocado pola pandemia da covid-19. Ata o 21 de novembro 37 establecementos hosteleiros da cidade (dos barrios da Ponte, San Francisco, O Posío, O Couto e As Lagoas, ademais do centro) participan. Todos os petiscos terán entre os seus ingredientes produtos de tempada como castañas ou cogomelos. Na edición deste ano, 19 establecementos ofrecerán, ademais, pichos aptos para celíacos. Sorteos Para poder participar na votación dos premios do público, os cartóns do Concurso deberán recoller o selo de 4 petiscos, con eles todo o público que deguste as tapas pode entrar así no sorteo de fantásticos agasallos como unha televisión, noites de hotel e acceso a circuíto termal en hoteis Caldaria, noite de hotel con acceso a circuíto termal no Parador de Santo Estevo, vale para

consulta de psiconeuroinmunología no Centro de fisioterapia e osteopatía Equilibrium, lotes de queixos Daniberto, lotes de viños. Premios Haberá tres premios que outorgará o xurado profesional, tres que concederá o público e un premio que da delegación ourensá da Asociación Galega de Celíacos.

Participan 37 establecementos e 19 deles ofrecerán pinchos para celíacos Para participar na votación do público, os cartóns deben recoller 4 selos


SOCIEDADE

Barrios 12 de novembro 2021

5

Toda escola infantil na que se inscriba o neno de 0 a 3 anos aplicará directamente o desconto do 100% no custo da matrícula.

Galicia terá gratuidade, de 0 a 3 anos, en todas as escolas infantis

4 A medida pioneira, que entrará en vigor o curso que vén, beneficiará a máis de 20.000 familias. Redacción Un dos eixos prioritarios de actuación da Xunta de Galicia é a antención á infancia e a conciliación. Por iso, a nosa comunidade leva anos sendo pioneira nesta materia poñendo en marcha medidas que están a ser moi ben recibidas. En abril de 2020 púxose en marcha unha iniciativas que beneficia en cada curso a unhas 10.000 familias; isto é a gratuidade para segundos fillos e seguintes. O Goberno galego, en reiteradas ocasións propuxo ao Executivo central que se implicase no cofinanciamento da gratuidade das escolas infantís tamén para os primeiros fillos, e non só para os segundos e sucesivos. Porén, non obtivo resposta. Desde a Xunta e sendo conscientes das dificultades que están a atravesar moitas familias por mor da crise económica derivada da sanitaria, e o reto demográfico ao que se enfronta

todo o país, decidiron dar un novo paso adiante e asumir en solitario a gratuidade de todas as escolas infantís de Galicia a partir do curso 2022/2023. Medida A medida, pioneira, permite a todas as familias galegas, teñan o número de fillos e a renda que te-

ñan, aforrar a matrícula e os gastos de atención educativa en as escolas infantís de Galicia, sexan da titularidade que sexan: públicas autonómicas, municipais, de iniciativa social ou privadas, entre outras. Esta decisión, anunciada polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, suporá un inves-

En abril de 2020 púxose en marcha a gratuidade para segundos fillos e seguintes que beneficia en cada curso a unhas 10.000 familias

As matrículas neste curso creceron un 9%.

timento de 30 millóns de euros anuais e beneficiará a máis de 20.000 familias galegas. Deste xeito, unha vez máis, Galicia sitúase á vangarda de España tomando unha decisión que non existe en ningún outro sitio do territorio nacional. Sen solicitalo Ademais, trátase dunha medida da que se poden beneficiar todas as familias galegas sen tan sequera ser preciso solicitala. Deste xeito, toda escola infantil na que se inscriba o neno de 0 a 3 anos aplicará directamente o desconto do 100% no custo da matrícula a todos os beneficiarios. A Xunta de Galicia será quen aboe o custo do servizo educativo ao centro beneficiario, en caso de non ser de titularidade pública autonómica. Gratuidade A gratuidade aplícase aos custos do servizo de educación infantil, pero non aos servizos comple-

mentarios, como os de comedor ou transporte, ou calquera outros que ofreza o centro. Para os efectos desta orde entenderase por atención educativa a actividade realizada dentro da aula en horario ordinario. Poderán adherirse á gratuidade todas as escolas de Galicia, independentemente da súa titularidade, co único requisito de que o Concello debe estar ao día nos pagos ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Crecemento A Xunta destaca que a matriculación nas escolas infantís públicas autonómicas medra un 9% este curso. A rede de centros, públicos e privados, que ten Galicia permite que sexa a cuarta comunidade de España con máis matriculacións nas escolas infantís. O 42,9% dos nenos de 0 a 3 anos —sete puntos por riba da media nacional e dez puntos máis da ratio mínima que aconsella a

Unión Europea— están inscritos nalgunha escola. Galicia dispón de máis de 500 centros públicos e privados repartidos polas catro provincias, que superan no seu conxunto as 25.000 prazas. Ademais, en 40 escolas infantís públicas realizáronse este verán obras de mellora, cun investimento total de 2,6 millóns de euros, para acondicionar e renovar as instalacións.

A gratuídade nas escolas infantís suporá un investimento de 30 millóns de euros anuais por parte da Xunta Galicia dispón de máis de 500 centros públicos e privados que superan as 25.000 prazas


6

Barrios 12 de novembro 2021

EN BREVE 4 Luminarias Veciñas da Calleabaixo e do Areal rexistran 117 firmas de protesta no Concello pola deficiente iluminación nesas rúas. O BNG fixo chegar ao alcalde a demanda e éste, no pleno, limitouse a explicar que hai que agardar a que rematen a instalación das novas luminarias.

4 Memoria histórica Localizada a filla dun dos asturianos fusilados en Celanova en 1939. Trátase da vástaga de Marcelino Fernández García, que tiña 21 anos cando foi fusilado no cemiterio de Celanova. A familia ten o desexo de que se proceda á exhumación.

4 Charla O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova organiza o coloquio Luís Soto, político, ao redor da figura do mestre e xornalista veciño de Vilanova dos Infantes que se converteu nun dos principais actores políticos do exilio mexicano, fundador do Padroado da Cultura Galega en México e da revista Vieiros, dirixente comunista e galeguista. A charla terá lugar o sábado, 13 de novembro, ás 11.30 h no Teleclub de Vilanova.

CELANOVA E COMARCA

Os bares de Celanova celebrarán Santa Icía 4 A Asociación da Amigos da Banda reparte 10 euros para gastar na hostalería local o vindeiro día 21 de novembro. A. Mínguez A Asociación de Amigos da Banda de Música de Celanova organizará o domingo 21 de novembro diversas actividades para conmemorar a festividade de Santa Icía, patroa dos músicos. Será dun xeito especial nun colectivo con 170 anos de historia. O programa contempla a tradicional misa ás 11 horas na igrexa conventual e un concerto ás 12 na praza Maior de Celanova. “Despois do parón obrigado do ano pasado por mor do maldito virus que tanta tristura e dor nos causou, volvemos celebrar como se merece o día da nosa patroa: Santa Icía. Como non podía ser doutro xeito, gustaríanos destacar o apoio e agarimo que nos amosastes estes dous últimos anos e sentemos a obriga de preparar algo especial para agradecelo” explica o presidente do colectivo Fernando Manuel Martínez Menchón.

ValoReSC formou en micoloxía 4 A persoas en risco de exclusión social. Redacción A ONG ourensana valoReSC, organizou por segundo outono consecutivo, un curso de formación micolóxica no que participaron persoas do colectivo en risco de exclusión social. Ao longo de sete xornadas recibiron a formación botánica básica para a identificación de especies e información sobre o cultivo e comercialización de cogomelos entre outras cuestións técnicas. Reali-

zaron saídas ao monte para a recollida, identificación e clasificación, visitaron empresas do sector e coñeceron experiencias para o aproveitamento da riqueza micolóxica de Ourense baixo a tutela do divulgador micolóxico Alejandro Mínguez. A iniciativa, que tivo moi boa acollida o ano pasado, decidiuse repetirse este 2021 ao tratarse dunha temática de vangarda con proxección de futuro no

Invitación Os 700 socios do colectivo, moitos no extranxeiro, reciben estes días a carta de invitación aos actos, xunto co carné de socio e 10 euros en cupóns dun euro para gastar nos establecementos hostaleiros de Celanova na xornada do día 21. Ante a imposibilidade de concentrar aos varios centos de socios que adoitaban a participar na celebración na comida tradicional, a Asociación decidiu que todos aqueles socios que quixeran poderían ir de viños na Santa Cecilia polos bares da vila. “É difícil facer a tradicional comida de confraternidade que se viña realizando durante

os últimos anos, xa que non é recomendable nin doado xuntar unhas 300 persoas nun mesmo local. É por isto polo que decidimos buscar un camiño intermedio: invitarvos a visitar os locais de hostalaría de Celanova que tamén sufriron as consecuencias negativas desta pandemia” relata Martínez Menchón. Durante toda a mañá os membros da directiva estarán entregando folletos onde figurarán os locais a visitar e haberá unha caseta informativa onde tamén se poderá aboar a cota de socio deste ano e mercar a lotería de Nadal.

Actuación da Banda de Música de Celanova. medio rural ourensá, ben como actividade principal ou ben como complemento a outro cultivo principal. Entre as empresas visitadas estivo Shiitake Trives, dedicada ao cultivo e comercialización desta especie micolóxica de orixe oriental no entorno máis próximo á capital trivesa; e tamén visitaron as

instalacións micolóxicas de Celanova do Plan C. Degustaron media ducia de especies micolóxicas recollidas na zona de Celanova trala visita guiada por Ricardo Mínguez. O obxectivo é que poidan ter a posibilidade de montar unha empresa do sector como saída profesional.

Alumnos do IES de Celanova, xunto a Manuel Baltar, no Castelo de Monterrei.

Visita ao Castelo de Monterrei 4 De escolares do IES Celso Emilio Ferreiro. Redacción Alumnos do IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova visitaron o Castelo de Monterrei dentro do programa “Coñece Ourense” que impulsa a Deputación de Ourense. O presidente da Deputación, Manuel Baltar, recibiu a preto de 60 alumnos que participaron neste evento de difusión do patrimonio natural, arquitectónico e artístico. O castelo de Monterrei foi un dos lugares que os alumnos do IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova visitaron durante a súa estadía na comarca, que comezou a primeira hora da mañá en Verín cunha visita á estatua do Cigarrón, para achegarse despois á Casa dos Acevedo, ao Concello, á Casa do Escudo e á igrexa de Santa María A Maior. A visita continuou en Cabreiroá e no balneario de

Publicacións de Monseñor Ricardo González Redacción

Alejandro Mínguez, cos alumnos da iniciativa.

A biblioteca da Fundación Curros Enríquez recibe as últimas publicacións de Monseñor Ricardo González, dous exemplares da nova obra poética do celanovés, afincado en Nueva Yersey: “Pétalos unidos” e a versión en inglés “United petals”. En 2018 a Casa dos

Caldeliñas, lugares onde os alumnos tiveron a oportunidade de coñecer outro dos importantes recursos desta zona da provincia, como é o termalismo. Manuel Baltar destacou que este programa é unha forma máis “de darlle visibilidade á provincia, desta volta a través da mirada dos máis novos”. "Coñece Ourense" O programa “Coñece Ourense”, que comezou en 2016, permitirá que preto de 800 estudantes coñezan ao longo deste ano outros lugares de interese da provincia onde pode observarse a pegada castrexa, como en San Cibrao de Lás; o campamento romano de Bande; A Ribeira Sacra e os mosteiros de San Pedro de Rocas, Santa Cristina e Montederramo, así como tamén os de Celanova e Oseira, ou o pazo museo de Ramón Otero Pedrayo en Trasalba. Poetas de Celanova acolleu a presentación dos seus anteriores libros de poesía “Onda espiritual”, “Partido... en dos” e “Desde mi barrio”, que están disposición dos usuarios da biblioteca situada no segundo andar da casa de Curros e ós que se unen estes exemplares.

Exemplares recibidos.


ECONOMÍA

Barrios 12 de novembro 2021

7

Galicia conta con novas axudas para promover as enerxías renovables

4 Hai abertas xa convocatorias que permitirán impulsar instalacións para autoconsumo. Redacción A Xunta de Galicia fai unha aposta clara -destinará 37 millóns de eurospara promover as enerxías renovables, o autoconsumo e o almacenamento enerxético entre particulares, empresas, autónomos, entidades sen ánimo de lucro e administracións públicas; isto faise co obxectivo de mobilizar 98 millóns de euros, favorecer aforros económicos de 10 millóns de euros ao ano e reducir as emisións anuais de CO2 en 33.100 toneladas (o equivalente a plantar ao redor de 1.655.000 árbores). Axudas Galicia xa ten abertas as axudas que permitirán impulsar instalacións para autoconsumo, así como o almacenamento no eido empresarial. En concreto, poden ser beneficiarios destas axudas as empresas, incluíndo as de servizos enerxéticos; os xestores de polígonos industriais; as persoas xurídicas ou agrupacións de empresas que realicen actividades económicas; as entidades sen ánimo

A Xunta segue comprometida co impulso dunha Galicia máis verde, fomentando o uso de enerxías renovables. de lucro que realicen actividades económicas; e comunidades enerxéticas locais. As axudas están destinadas tanto ao sector servizos como para outros sectores produtivos para realizar proxectos de autoconsumo con enerxías renovables con ou sen

Galicia xa ten abertas as axudas que permitirán impulsar instalacións para autoconsumo, así como o almacenamento no eido empresarial.

almacenamento (preto de 17,2 millóns de euros); e apoiarase o almacenamento en instalacións de autoconsumo existentes tanto no sector servizos como noutros sistemas produtivos con 2,6 millóns de euros. Con estas axudas, de concorrencia non competitiva e financiadas a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, prevese mobilizar 60 millóns, conseguir aforros anuais de 65.000 MWh/ano, así como a redución de emisións de 23.000 toneladas de CO2 ao ano, equivalente á acción de 1.150.000 árbores, e aforros económicos anuais de 7 millóns na factura eléctrica.

Fomento de programa de autoconsumo Por outra banda, destinaranse 11,5 millóns de euros para fomentar o autoconsumo eléctrico a partir de enerxías renovables cunha convocatoria que terá por destinatarios os particulares, autónomos, entidades sen ánimo de lucro e administracións públicas. Tamén de concorrencia non competitiva, a intensidade de axuda varía en función da instalación pero calcúlase que poida permitir aforros nas facturas enerxéticas de 2,6 millóns de euros ao ano e mobilizar 28 millóns en investimento. Por último, activarase

Destinaranse 11,5 millóns de euros para fomentar o autoconsumo eléctrico a partir de enerxías renovables cunha convocatoria que terá por destinatarios os particulares, autónomos, entidades sen ánimo de lucro e administracións públicas

unha convocatoria de renovables térmicas dirixida ao sector residencial para apoiar proxectos de aerotermia, xeotermia, biomasa ou solar térmica. Cunha dotación de preto de 5,7 millóns de euros, a intensidade da axuda tamén é moi variable pero os apoios poden chegar aos 13.500 euros no caso de instalacións xeotérmicas de circuíto pechado. Con estas axudas agárdase mobilizar ao redor de 10 millóns de euros e aforros económicos de 500.000 euros ao ano. Estas dúas últimas liñas abriranse ao longo do mes de decembro e as peticións de axuda presentaranse directamente polo solicitante, agás no caso de persoas físicas que non realicen actividades económicas ou unha comunidade de propietarios, que o farán a través de entidades colaboradoras. Galicia verde A Xunta segue, pois, comprometida co impulso dunha Galicia máis ver-

de, fomentando o uso de enerxías renovables entre todo tipo de usuarios -fogares, empresas e administracións- co obxectivo de avanzar na transición ecolóxica. Estes apoios contribuirán á redución dos custos enerxéticos dos beneficiarios, nun momento de continua escalada de prezos na factura da luz que teñen que pagar as familias e o tecido empresarial; ademais da creación de emprego, a reactivación económica e a mellora ambiental que repercute na calidade de vida da sociedade galega.

Activaranse apoios para renovables térmicas dirixidos ao sector residencial para realizar proxectos de aerotermia, xeotermia, biomasa ou solar térmica


8

Barrios 12 de novembro 2021

EN BREVE 4 Pleno

O pleno do Concello de Allariz aprobou a subida do IPC (3,3%) das taxas de abastecemento e saneamento da auga. Tamén se aprobaron as mocións para instar ao Goberno central para que tome medidades para a baixada da luz; que o concello se mostre en contra de «agresións LGTBIfóbicas»; e para equirarar as persoa menores en acollimento familiar á condición de fillo.

4 Carne de boi A décima edición das Xornadas mostra, un ano máis, a consolidación dun proxecto gastronómico que achega cada ano a Allariz un importante volume de visitantes. A hostalería consumiu, máis de 2.500 quilos de carne de boi de Allariz, recuperando cifras de antes da pandemia.

4 San Isidro Os operarios da brigada de obras municipal, comezaron o mes pasado, a remodelación do Xardín de San Isidro. A zona contén varios elementos patrimoniais integrados no espazo como son a fonte de San Isidro, o cruceiro e un curioso lavadoiro de forma circular.

Recupérase o turismo Redacción Os meses de verán deste 2021 deixan en Allariz datos que confirman dabondo a recuperación no eido do turismo. A Oficina de Información Turística de Allariz, dende xuño ata a ponte de outubro, recibiu un total de 26.500 visitantes. En canto a procedencia dos visitantes, a meirande parte dos mesmos proceden do resto do estado, sobre todo de Madrid, Castela

ALLARIZ E COMARCA

Volve a Feira de Outono 4 Celebrarase no pavillón do instituto os días 13 e 14 de novembro. Redacción Unha das feiras máis destacadas regresa á axenda de Allariz: a Feira de Outono. O sábado 13 e domingo 14 de novembro, o pavillón do instituto (rúa Emilia Pardo Bazán) acolle a 25ª edición desta feira que tivo que ser suspendida en 2020 pola pandemia do coronavirus. Este evento pretende promocionar, potenciar e valorizar os produtos de outono, e como dicía a alcaldesa, Cristina Cid, esta edición a pesar de non permitir "facer unha gran celebración" si que "ofertará produtos de calidade". Mel, cogomelos, noces, castañas, queixo, embutidos e produtos de horta será o que se atope o visitante entre os máis de 30 produtores presentes. Programación A programación da Feira inclúe cociña ao vivo dan man de Gersón Iglesias e de Begoña Vázquez, charlas micolóxicas con Mycogalicia, así como presentación de León e Levante. En canto aos visitantes galegos, procedían das provincias da Coruña e Pontevedra. Patrimonio principalmente, natureza e a rede comercial e hostaleira, así coma o calendario de eventos que se leva a cabo en Allariz durante todo o ano son, entre outros, os atractivos por excelencia que fan de Allariz un destino turístico consolidado e referente en Galicia. O turismo demandou sobre todo actividades ao aire libre e rutas coma o roteiro Arqueolóxico de Santa Mariña e as escavacións da

Presentación da Feira de Outono 2021. a quenda de Alberto Fernández, do restaurante BoiGorri e de Javier Bernal, de Xeados O Avó que falarán da cociña de vangarda e da utilización dos xeados nesta. Asemade e durante a fin de semana os restaurantes e taparías da vila ofrecerán menús e tapas elaboradas con produtos de outono. As persoas que se acheguen a consumir os menús ou tapas de outono poderán entrar no sorteo dunha comida para dúas persoas nalgún dos establecementos participantes.

produtos novos e obradoiros infantís. Nesta edición, coincidindo coa publicación en galego de varios dos seus libros, María Oruña estará na Feira de Outono, da man da Editorial Aira, presentando e firmando libros o sábado 13 a partir das 13h. Así mesmo o domingo á mesma hora, terá lugar a presentación do libro Un día de festa en Allariz, coa presenza do ilustrador Jorge Campos e representantes da Editorial Aira. Para esta presentación estarán acompañados por Fina Rei que obsequiará cun petisco moi especial aos asistentes a charla. Tamén haberá presentación de produtos de Carabuñas o sábado pola tarde. O domingo pola tarde será

A feira contará con máis de 30 produtores

Cibdá Romana de Armea. Por outra, banda as visitas guiadas ao Casco Histórico de Allariz, que se realizaron todos os sábados dende o 15 de xullo ata final de verán, tiveron unha gran acollida. A rede de museos de Allariz (Museo da Moda

e o Museo Galego do Xoguete) bateu todos os récords ao recibir só no meses de xullo, agosto e setembro 8.500 visitas. Ademais, o Festival Internacional de Xardíns de Allariz, ata o mes de setembro levaba máis de 30.000 visitas.

Turistas en Allariz.

“Contigo florece” Redacción Dentro do convenio de colaboración que se vai establecer entre o Concello de Allariz e a Asociación Galega de Familias de Acollida, ACOUGO, terá lugar, o vindeiro xoves, 18 de novembro, ás 18 horas, a charla “Contigo florece, xerando cultura de acollemento”. Esta charla ten a intención de ar formación e difusión sobre o sistema de protección de menores e concretamente, das familias de acollida, polo que, desde o concello, animan a veciñanza a asistir para informarse sobre esta medida. A reunión busca achegarlle á sociedade a realidade das nenas, nenos e adolescentes en situación de desprotección e dar

San Mamede de Urrós Redacción Cun importe total de 27.000 euros, o Concello de Allariz (cun financiamento do 61%) e a Xunta de Galicia (que financia o 39%) reforman o local social de San Mamede de Urrós. Esta vivenda foi adquirida e rehabilitada polo Concello de Allariz, dentro do programa de dotación de locais

Reforma no local social.

a coñecer o acollemento familiar. O coloquio está aberto a toda a cidadanía en xeral e transcorrerá no segundo andar do Fogar dos Maiores de Allariz. Por mor da covid-19, é preciso anotarse previamente a través do teléfono de contacto da asociación 622 672 188, enviando un correo a info@acougo.gal ou cumprimentando o formulario de inscrición. Formulario de inscrición no seguinte enlace https:// cutt.ly/5R2PtuA.

públicos nas diferentes parroquias do concello. A obra de ampliación, axuda a mellorar as infraestruturas para o desfrute da veciñanza da zona. San Mamede de Urrós conta con dúas asociacións, unha veciñal e outra de mulleres que programan as súas actividades no local social municipal. O proxecto inclúe a ampliación do patio para convertelo nunha nova sala acristalada, e a mellora da cuberta.


ECONOMÍA

Unha peixaría cunha variada oferta de produtos do mar galegos.

Galicia enxalza a calidade dos manxares do seu mar 4 Faino coa campaña de promoción ‘Galicia sabe amar’. Redacción A despensa de produtos do mar de Galicia é moi variada, como mostra o feito de que as lonxas galegas comercialicen preto de 300 especies diferentes que van desde peixes ata mariscos, crustáceos, algas ou equinodermos. Isto permite aos compradores elixir entre múltiples opcións con todas as garantías de calidade e de frescura froito do labor realizado polos milleiros de profesionais do mar que traballan en Gali-

cia. Son distintas opcións de consumo moi desexadas e demandadas tanto polos galegos como polos visitantes da comunidade ata o punto de que son moitos os que senten verdadeira predilección e amor por eles. Con este pano de fondo, a Xunta de Galicia puxo en marcha este verán a campaña “Galicia sabe amar” co obxectivo de animar á cidadanía a consumir os produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos mariñeiros e mariscadores da comuni-

A Xunta puxo en marcha a campaña “Galicia sabe amar” co obxectivo de animar á cidadanía a consumir os produtos do mar e poñer en valor o labor do sector

dade. A campaña, que leva por título “Galicia sabe amar”, incide na importancia de comer peixes e mariscos así como na diversidade de produtos da máxima calidade que o complexo mar-industria de Galicia pon a disposición dos consumidores para que cada un elixa aquel -a parellaque máis lle interese e se adapte ás súas necesidades e aos seus gustos. “Galicia sabe amar” Xogando coa retranca galega e cos dobres sentidos, “Galicia sabe amar” traslada a importancia de consumir produtos do mar para ter unha alimentación saudable así como o feito de que mercar peixes e mariscos é unha decisión inte-

lixente e un hábito que forma parte da identidade dos galegos. Ao mesmo tempo, lembra o importante labor que realizan os milleiros de profesionais do mar de Galicia para levar ata as mesas de calquera consumidor os variados manxares que ofrecen e se transforman na costa galega. Esta acción da Administración autonómica a prol do consumo do produtos do mar de Galicia recorre ao amor para chamar a atención dos cidadáns e seguindo coa retranca galega foi o humorista David Amor o encargado de presentala tanto ante os medios de comunicación como ante os profesionais do sector. Ao evento asistiron representantes do sector pesqueiro e marisqueiro, da industria de transformación dos produtos do mar e das principais empresas de distribución alimentaria da comunidade. Agradecemento A iniciativa vai máis aló de promover o consumo de produtos do mar e serve tamén como agradecemento ao sector ma-

O humorista David Amor presentando a campaña “Galicia sabe amar”.

Barrios 12 de novembro 2021

rítimo-pesqueiro galego polo importante esforzo realizado durante a alerta sanitaria polo coronavirus, na que aumentou a demanda de produtos do mar por parte dos fogares ao tempo que caía na hostalería e na restauración -a canle Horeca- como consecuencia das distintas restricións aprobadas para frear a expansión da pandemia. Malia esa situación, boa parte dos profesionais do mar seguiron traballando arreo, incluso cando non lles era rendible, para ofrecer produtos da calidade ao resto da sociedade nunha mostra máis de solidariedade e amor cara ao conxunto da cidadanía. A estratexia desenvolvida polo Executivo galego fai un chamamento, mediante unha mensaxe fresca e atractiva, á compra e consumo de peixes e mariscos, pois esa elección terá beneficios tanto para o conxunto da economía como para a sociedade en xeral. Unha boa decisión neste eido que mellorará a saúde dos consumidores grazas a unha dieta saudable e equilibrada. Outras campañas A campaña da Consellería do Mar “Galicia sabe amar” é a herdeira de

9

“O mar que nos move” e de “O noso mar, marca” e pon o acento na calidade e grande variedade de produtos do mar cos que conta Galicia, moi desexados e que namoran a todo aquel que os proba. Neste sentido, a comunidade conta cunha oferta de produtos, formatos -frescos, conxelados, tranformados, etc- e posibilidades inmensas para elaborar pratos da máxima calidade tanto nos fogares como nos restaurantes máis selectos. A Xunta de Galicia inclúe dentro desta acción máis global outras iniciativas de promoción máis específicas impulsadas pola Consellería do Mar como “Fai clic ao teu bocata” ou “Ti si que es un bo peixe” -para promocionar o consumo de produtos do mar entre a poboación infantil- ou “Vai de peixe”, deseñada para difundir as bondades dos peixes e mariscos entre os millennials e centrada principalmente nas redes sociais. A elas engádense tamén outras como a marca de calidade “PescadeRías, de onde se non?” ou campañas puntuais para promocionar os produtos do mar de tempada como o bonito do norte.

Durante a alerta sanitaria polo coronavirus boa parte dos profesionais do mar seguiron traballando arreo, incluso cando non lles era rendible, para ofrecer produtos da calidade ao conxunto da cidadanía

Embarcacións de marisqueo nunha ría galega.


10

Barrios 12 de novembro 2021

XINZO E COMARCA

Descóbrese un xacemento único

Escola Rural de Saúde Redacción A Asociación Escola Rural de Saúde dá Limia conclúe en Paradela de Abeleda o seu 10º Percorrido da Saúde despois de visitar varios concellos pola comarca da Limia. O obxectivo principal foi a de “reactivar a saúde do medio rural” coa organización de talleres e andainas que achegaron á poboación eses hábitos adquiridos antes da pandemia e que se abandonaron durante o confinamento. Este ano xunto, co farmacéutico e nutricionista Pablo García Vivanco, participou a farmacéutica e especialista en ortopedia Elena Villarino, que estiveron polos pobos con talleres sobre a dieta atlántica, a alimentación en persoas maiores, a importancia das técnicas culinarias ou a alimentación de determinadas patoloxías como a diabetes, o colesterol ou a hipertensión. A saúde ten o seu compoñente físico, psicolóxico e social, por ese motivo, desde a asociación que coordina Lola Rico realizáronse xornadas e obradoiros que ademais destes coñecementos sobre nutrición e hábitos saudables achegase tamén o reencontro dos veciños; charlas-taller nesta ocasión complementabanse cunha andaina e unha merenda saudable. O Percorrido da Saúde é un programa que conta coa colaboración de concellos, de Asociacións de Veciños e de Coren, así como da participación de mulleres como axentes activos de saúde.

4 Nos traballos arqueolóxicos en Vilar de Barrio. Redacción

Gabriel Alén (centro) e Elvira Lama (dereita) no parque empresarial de Xinzo.

Ampliación do parque empresarial de Xinzo 4 A Xunta anuncia a licitación das obras. Redacción A Xunta de Galicia anuncia a licitación das obras de ampliación do parque empresarial de Xinzo de Limia. O delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, informou na visita que realizou ao polígono xunto á alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vai investir 3,8 millóns de euros en devanditas obras. O delegado territorial explicou que na provincia de Ourense a Xunta reserva tamén unha partida, nos orzamentos do 2022, de 1,8 millóns para a ampliación da Tecnópole en San Cibrao das Viñas, e en Paderne de Allariz está previsto continuar cos traballos técnicos que faciliten o desenvolvemento da actuación sobre unha superficie de arredor de 1,13 millóns de metros cadrados.

Obras de ampliación O parque empresarial existente en Xinzo de Limia está composto por terreos urbanizados e desenvolvidos en dous sectores (1 e 2) polos correspondentes plans parciais de ordenación. As parcelas lucrativas deste parque están todas adxudicadas polo que non existen parcelas dispoñibles. A ampliación do parque empresarial en servizo a través do proxecto sectorial vixente prevé a urbanización dos terreos contiguos a devanditos sectores 1 e 2, abarcando unha superficie de 695.860 m2. A primeira modificación do proxecto sectorial remite a unha nova programación da xestión e da execución da totalidade do ámbito en cinco polígonos independentes. A primeira fase da ampliación que se executa é a do polígono número 2, que conta cunha superficie bruta ordenada de 117.418

m2, que se distribuirán en 22 parcelas de uso lucrativo, concretamente 19 de uso industrial – comercial (66.445 m2) e 4 de uso terciario (20.076 m2). A obra de urbanización deste polígono número 2 do PS do PE de Xinzo Limia sae a concurso por un importe de 3.604.826,44 IVE excluído e conta cun prazo de execución de 9 meses dende a sinatura do contrato de adxudicación. Igualmente, saen a concurso os contratos de dirección facultativa e control de calidade das devanditas obras de urbanización por un importe de 88.000 euros máis IVE e 65.717,44 máis IVE, respectivamente.

Esta ampliación suporá unha inversión de 3,8 millóns de euros

No Monte do Castelo, técnicos da cooperativa Xeitura teñen realizado sondaxes arqueolóxicas, algunha delas con resultados positivos Encontráronse 15 hectáreas dun xacemento único en Galicia; restos dunha muralla e vivendas con máis de 2000 anos de antigüidade, así como outro tipo de construcións e recintos sen paralelos en toda Galicia. “Os nosos traballos centráronse en dúas partes claramente diferenciadas. A primeira delas correspondente á parte máis elevada do monte, onde localizamos parte dunha muralla ciclópea e cabanas circulares tipicamente castrexas. E por outra banda, aos pés mesmo deste castro, onde emerxe outro recinto monumental delimitado por un pequeno valado”, apunta o arqueólogo director da in-

tervención Martiño Xosé Vázquez. Confirmada a existencia dun poboado fortificado hai máis de 2000 anos os investigadores analizan agora a posibilidade de que o lugar estivera habitado tamén en época medieval. De confirmarse esta hipótese Vilar de Barrio contaría cun dos xacementos arqueolóxicos máis excepcionais de toda Galicia. Formidable non só pola súa monumentalidade e singular localización, dominando os vales da Limia e Maceda, senón que tamén pola súa antigüidade e longa historia. Cunha ocupación continuada dende a Idade do Ferro ata época medieval.

Os investigadores analizan agora a posibilidade de que o lugar estivera habitado tamén en época medieval

Traballos no xacemento de Vilar de Barrio.


XINZO E COMARCA

CDR O Viso Redacción

Alumnos do obradoiro recibidos por autoridades.

Un obadoiro adecenta a Vía da Prata en Xinzo e Sandiás 4 Participan 16 alumnos. Redacción Púxose en marcha o Obradoiro de Emprego na Vía da Prata que porá en valor tanto esta vía do Camiño de Santiago (ao seu paso por Xinzo de Limia e Sandiás) como a dignidade da muller. Dos 16 alumnos-traballadores que participarán na iniciativa, 14 son mulleres. Neste senso, a alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, quixo, na presentación do obradoiro, ter algunhas palabras para elas. "Este obradoiro demostrará que as mulleres e os homes estamos igualmente preparados para todas as profesións". Tamén quixo transmitirlles o mellor para conseguir "mellorar a vosa calidade de vida. A Lei de Igualdade permítenos facer unha discriminación positiva a favor das mulleres. Temos que apostar polas políticas que as defenden” aseveraba a rexedora. Os 16 alumnos traballadores formaranse durante un período de tempo de nove meses. Oito dos alumnos adicaranse á albanelería e outros oito á xardinería. A subvención da Xunta ascende a 277.556 euros. Ambos concellos deberán financiar o 100% das actuacións que se realicen no seu territorio, se ben a subvención da Xunta corresponderase co custo salarial dos 16 alumnos. O obradoiro espertou un gran interese e foron preto dun cento os aspirantes a

algunha das prazas que se ofertaron. Máis en concreto, un total de sesenta persoas optaron a unha das 16 vacantes nas especialidades de xardinería e albanelería, mentres que 7 optaron ao posto de director, 5 á de administrativo e 16 ás dúas prazas de monitor docente. Actuacións As actuacións que se levarán a cabo no concello de Xinzo contemplan a mellora da pavimentación e accesibilidade no Camiño (avenida de Ourense, parque Pombal e Rosalía de Castro) e a rehabilitación dunha área degradada á beira do río Limia, ao lado do parque da Seara e a estrada de Baltar, para convertela en parque urbano. Cómpre destacar que nesta antiga escombreira proxéctanse obras para a construción dun novo servizo de esparcemento dos peregrinos e unha bancada no desnivel que pretende funcionar como punto de parada e de reunión ao aire libre, ademais da creación dun novo xardín.

Oito dos alumnos formaranse, durante nove meses, en albanelería e outros oito en xardinería

O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso organizou a festa do magosto no xardín dos Sentidos. O persoal do CDR O Viso (que asaron as castañas e prepararon pinchos para a ocasión) estiveron acompañados neste magosto das nenas e nenos (algúns coas súas nais ou avoas) da casa niño e as persoas maiores que participan nas actividades diarias de prevención da dependencia e promoción da autonomía, xunto co persoal laboral que o fai posible ademais dal-

gúns achegados. Tampouco faltou á cita o director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, Jacobo Rey, e María José Fernán-

Barrios 12 de novembro 2021

dez Laso (Xefa Territorial desta Consellería en Ourense), que sentiron como uns máis nesta celebración. Sábado en familia Dentro do programa

11

“Nuestro Espacio” o CDR organizou o pasado 6 de novembro unha saída ao campo para recoller castañas. Nesta xornada non faltou Muma, a nova cadela recén chegada a Lodoselo.

O magosto do CDR O Viso.contou coa presenza de Jacobo Rey. /M.REJO.


12

Barrios 12 de novembro 2021

EN BREVE 4 Xornadas normativa forestal A Xunta organiza na dúas xornadas sobre aspectos prácticos da normativa forestal. Previstas para o venres 12 de novembro na Casa da Viúva da Gudiña e o mércores 17 na Casa da Cultura de Verín, ambas con catro horas formativas, en horario de tarde.

4 Seguridade viaria A Subdelegación do Goberno en Ourense acolleu a Comisión de Coordinación Provincial para a seguridade viaria en situacións extremas. Na mesma, o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, destacou que nesta campaña a provincia conta con 23 camións quitaneves (18 quitaneves convencionais e 5 camións espalladores de salmoira) para asegurar a vialidade da circulación nos 500 quilómetros da Rede de Estradas do Estado.

4 Alimentación dos animais A Xunta organiza en Allariz unha formación sobre o método Obsalim de alimentación dos animais. O centro social O Portelo acolle a xornada o luns 15 de novembro, cun total de seis horas, en horario de mañá e tarde. Os interesados poden aclarar calquera dúbida no teléfono 988 788 821.

4 Poda A Xunta organiza sendas formacións sobre poda no Barco de Valdeorras (información no 988 788 944) e Verín (información no 988 788 816). No Barco, comeza o 15 de novembro, está prevista na Casa Grande de Viloira, ao longo de oito xornadas cun total de 30 horas lectivas. En Verín, falarase de labores culturais no souto e da poda do castiñeiro. Programado para o martes 16 e o mércores 17 cun total de oito horas, terá lugar no Centro de desenvolvemento cooperativo de Pazos en horario de tarde.

PROVINCIA

A Xunta restaura a Torre do Reloxo de Arnoia 4 Investindo máis de 74.000 euros. Redacción Deuse inicio, por parte da Xunta de Galicia, ás obras de restauración da torre do reloxo no concello da Arnoia, no que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade inviste máis de 74.000 euros. O delegado da Xunta en Galicia, Gabriel Alén, supervisounas xunto ao alcalde da localidade, Rodrigo Aparicio. O delegado territorial explicou que as obras propostas contan cun prazo de execución de dous meses e permitirán recuperar o uso orixinal da construción e a posta en funcionamento da sonería das campás vinculadas ao reloxo. Gabriel Alén puxo en valor a aposta decida pola conservación do noso patrimonio histórico-cultural, por iso, “dende a Xunta queremos darlle o mellor futuro ao noso pasado máis singular”; e engadiu, “este tipo de actuacións constitúen un auténtico agasallo para todos os que estamos orgullosos da nosa riqueza etnográfica e da nosa historia e para todos os que cremos nas testemuñas do pasado como unha parte esencial do noso poder de transformación”. A torre do reloxo é un inmoble protexido polo seu valor cultural ao ter a consideración de ben pertencente ao Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia.

Axudas para as termas de Bande 4 Para o recoñecemento mineiro-medicinal e termal. Redacción

Gabriel Alén e Rodrigo Aparicio supervisaron as obras da Torre do Reloxo. Actuacións Entre as actuación, están as especificas encamiñadas á restauración e posta en marcha do reloxo como a restauración do badalo da campá e incorporación de motor de tiro para o seu funcionamento, a nova suxeición da campá, a substitución do soporte do badalo, a reparación dos diais do reloxo (de vidro e esmaltados), a restauración das agullas (evitando a súa substitución), a revisión e axuste do patrón electrónico do reloxo, colocación de nova caixa de potencia para a sonería exterior do reloxo e instalación de pararraios. A torre do reloxo A torre, duns 12 metros de altura, foi proxectada

nos anos 20 do século XX aínda que non foi construída ata mediados do século. Sufragouna a Sociedade de Arnoia de Montevideo. A torre que é visible dende todo o val de San Vicente ten un forte carácter simbólico e tamén tiña no seu momento unha importante función social. O reloxo marcaba as horas e así os veciños regulaban as quendas de regadío, especialmente pola noite.

As obras na torre teñen un prazo de execución de 2 meses

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, fixo unha visita ás termas de Bande, concello co que a Xunta ten firmado convenios en materia de termalismo para a obtención do recoñecemento da condición mineiro-medicinal e termal das augas quentes situadas na contorna do encoro das Conchas. En concreto, as dúas institucións firmaron un primeiro convenio por importe de 70.000 euros en 2019 para elaborar os proxectos técnicos e realizar as infraestruturas necesarias que permitisen o acceso para a toma de mostras. Este ano asinouse un segundo convenio de 18.102 euros para a toma de mostras, análise das augas e elaboración de informes para o recoñecemento das augas e o seu eventual aprovei-

tamento futuro, o que suporía unha oportunidade para a súa posta en valor, explotación, fomento do turismo termal sostible, e a dinamización económica do municipio. Actualmente, estanse a realizar as análises necesarias para concluír se as augas poden ser obxecto de explotación no futuro. Son necesarias 12 analíticas – unha por mes–, así como varios informes que, de ser favorables, permitirían outorgar a declaración de augas mineiro medicinais. Ademais, a directora xeral, avanzou que a Xunta destinará, nos orzamentos do ano que vén, un millón de euros a unha nova orde de axudas que terá como obxectivo potenciar e consolidar o aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia. Así a partida destinada a apoiar unha minaría sustentable incrementarase ao pasar dos 1,3 millóns de euros aos 3,4 en 2022.

A alcaldesa de Bande, Sandra Quintás; o deputado, José Antonio Armada; e a directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, nas termas de Bande./RAMSÉS.

Complexo de Monterrei Redacción Acaban de botar a andar as obras das piscinas infantil e familiar do complexo deportivo de Monterrei, cuxos primeiros traballos estarán listos en 2022. Esta primeira fase do parque acuático contará cun orzamento de 4,7

millóns de euros distribuídos en dúas anualidades, 2021 e 2022. Trala posta en funcionamento desta primeira fase, a segunda fase -encargada do río lento- estará rematada no verán de 2023 e a terceira e cuarta fase -zonas de adrenalina e multiaventura- finalizarán no verán de 2024. O proxecto completo conta cunha zona deportiva e unha zona acuática.


DEPORTES

Gañan os dous equipos capitalinos

Arnoia recibe ao Polvorín e o Barco ao Sofán; o Ourense CF visita ao líder, Somozas.

4 O Arenteiro perde na casa.

Autonómica No grupo Sur B de Autonómico, a UD Ourense encaramouse á primeira posición grazas á vitoria a domicilio contra o Mondariz por un gol a tres. O Barbadás tamén logrou unha importante vitoria fronte o Pontellas (1-0) que o leva ata a terceira posición. O Verín non puido na casa contra o Porriño (1-3) o mesmo que o Polígono diante do Caselas (0-2); tamén perdeu o Velle no campo do Guardés. O Nogueira descansaba esta xornada. Se UD Ourense é primeiro e Barbadás terceiro, o Verín os segue na cuarta posición. En postos de permanencia están o Nogueira (oitavo), Velle (noveno) e Polígono (13º). A vindeira xornada depara un derbi entre o Nogueira e o Verín. Ademais xóganse o UD Ourense - Cultural Areas; Caselas - Barbadá; e Porriño - Polígono. O Velle descansa.

R.T. O repaso da pasada xornada dos equipos máis representativos da nosa provincia -en canto a fútbol se refiredeixa tanto ao Ourense CF como á UD Ourense como os dous equipos ourensáns coa mellor dinámica actual. Pola contra, o Arenteiro non é quen de superar en Espiñedo ao Palencia. Nogués entrando a canastra contra o Gijón. /RAMSÉS.

Un xigante en Prata 4 O COB logra a quinta vitoria consecutiva. R.T. Cinco de cinco. Este é a bagaxe de Hereda Club Ourense Baloncesto no inicio da LEB Prata. A última vítima foi un correoso Gijón (79-61) que vendeu cara a súa pel e non baixou os brazos ata o último cuarto; uns 10 minutos nos que os homes de Armando Gómez demostraron a súa calidade e non deron opción ao rival grazas a un parcial de 25-11. Ao principio do encontro as triplas non entraban e notábase nun COB que o xogo interior aínda ten moito máis que aportar do que o fixo nestes cinco primeiro encontros. Os tiros de tres non entraban e Gantt estaba desaparecido fixo que se marcharan a vestiarios os visitantes con vantaxe (35-27). Por parte asturiana, soamente anotaron cinco dos seus xogadores -no COB, dez- e iso notouse nunha segunda metade na que si apareceu Gantt, e que con moito oficio os xoga-

dores locais foronse distanciando no marcador para celebrar unha nova vitoria. Son xa cinco triunfos que fan liderar a clasificación. Por detrás, cunha vitoria menos, seguen a estela o Cantabria, Zornotza e Ponferrada; un pouco máis atrás: Zamora e Melilla. Esta xornada (domingo 14) o COB visita Logroño para enfrontrarse a Clavijo, equipo que suma unha vitoria. Carmelitas O Codigalco Carmelitas sufriu unha derrota na cancha do Avilés (71-66) a pesar de ir vencendo ao descanso por 25-39. Un parcial das locais de 46-28 na segunda metade fixo que as de Suso Garrido regresaran de vacío no seu primeiro encontro fóra de terras galegas. As colexiadas regresan ao Vedruna este sábado, 13 de novembro, ás 18 horas para recibir ao Celta.

Barrios 12 de novembro 2021

Arenteiro O equipo do Carballiño perdeu despois de comezar gañando o encontro co gol de Adri Castro no minuto 51. Porén os palentinos déronlle a volta ao marcador en dous minutos. Os de Fran Justo buscaron nas postrimerías do encontro un gol que lle dera o empate pero, a pesar de algunha que outra ocasión clara (sobre todo unha de Joni) o marcador xa non se movería. Ao final perda de tres puntos que os tiñan como obrigados os carballiñeses pero que ao final quedaron sen eles. Con esta derrota son décimo terceiros con 11 puntos. Esta fin de semana vol-

ven a xogar na casa, nesta ocasión diante do Marino de Luanco, o sábado, 13 de novembro, a partir das catro da tarde. 3ª RFEF Na Terceira, o Ourense CF comeza a coller velocidade de cruceiro e sube posicións na táboa clasificatoria. Desde a primeira xornada, os pupilos de Rubén Domínguez non coñecen a derrota (contando cunha bagaxe de tres empates e cinco vitorias). A última vitoria, a pasada xornada no Couto ante o Alondras ao que venceu pola mínima (1-0). Agora son cuartos con 18 puntos. O que comezara moi ben e parece que está a pasar unha pequena crise é o Barco. Os valdeorreses perderon diante do Deportivo B (2-1) e levan cinco xornadas sen coñecer a vitoria. Esta negatividade de resultados fixo que baixaran ata a sexta praza. O Atlético Arnoia tampouco anda fino e regresou de Viveir con 2-0 en contra. Os de Iván González suman cinco puntos o que os leva a ocupar a penúltima posición. Esta fin de semana o O

Partido entre Ourense CF e Alondras. /RAMSÉS.

O Arenteiro recibe ao Marino de Luanco o sábado, 13 de novembro, a partir das 16 h

13

Fútbol sala Redacción O Ourense Envialia, de Primeira división, comeza a remontar posicións e xa está na metade da táboa. Concretamente na oitava posición grazas á vitoria da pasada xornada diante de Roldán. As de Morenín venceron por catro a dous con goles de Iria, Laura Uña e dous de Chiky. A primeira metade saldouse con empate a un tanto. Pasado o ecuador da segunda metade volveuse a mover o electrónico dous tantos ourensáns, pero as murcianas recurtaría distancias para meterse de novo en partido. Co xogo de cinco as visitantes non foron capaces de sacar proveito, quen si o fixo foi Chiky nos últimos segundos para sentenciar a porta baleira tras un erro do rival. A vindeira xornada visitan ao Universidad de Alicante. Cidade das Burgas Axustada vitoria do Cidade das Burgas na pista do Txantrea. Dous goles de Kiko deron os tres puntos a un cadro ourensán que agora marcha quinto na clasificación con 10 puntos, a cinco do líder, o Viaxes Amarelle; o Envialia B é sétimo con seis puntos. Esta fin de semana o Cidade recibe ao 5 Coruña FS, mentres que o Envialia B visita ao Mioño. Sala Ourense O Sala Ourense chega de baleiro da súa visita ao Segosala. Os de Óscar Vivián nada puideron facer ante un conxunto castelán que na primeira parte vencía pola mínima (2-1) pero que foi un vendaval na segunda (9-4). Revés do que se ten que recompoñer o conxunto ourensán para recibir este domingo, 14 de novembro, ao IES Vigo no Paco Paz.


14

Barrios 12 de novembro 2021

OCIO E CULTURA

4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS

As mulleres critican, os homes analizan!

O alcalde de Ourense presentou Feira da Chinita no Salón de Plenos do Concello de Ourense.

A comunidade de Venezuela celebra a Feira da Chinita 4 Haberá degustacións de comida típica e música. Redacción O campo da feira acollerá, este domingo 14 de novembro, a quinta edición da Feria de la Chinita, a grande festa de irmandade da comunidade venezolana de Galicia. O evento, que se desenvolverá en horario ininterrompido de 12 a 21 horas, é unha festa da convivencia e unha invitación a divulgar a cultura venezolana na cidade, en palabras de Lorenzo González, presidente da asociación Alma Llanera. Desde a organización do evento salientan a boa acollida que ten o Concello de Ourense con esta actividade, que naceu con espírito itinerante, e que vai pola terceira edición consecutiva na cidade. A accesibilidade do recinto e a súa idoneidade -especialmente en termos de seguridadepara xuntar gastronomía e folclore fai que as previsións da organización

4HUMOR

sexan as de superar as 2.000 persoas. A Feria de la Chinita é un dos acontecementos máis importantes no calendario festivo venezolano, e marca o inicio do Nadal. Resulta, en palabras do presidente de Alma Llanera, “moi especial para os venezolanos no exilio, porque nos fai sentir coma na casa”, pero tamén para o territorio que nos acolle, “xa que pode coñecer mellor os nosos costumes”. O programa desta quinta edición inclúe degustacións de comida típica venezolana, agrupacións musicais e folclóricas e Djs. Tamén haberá expositores con información sobre diferentes asociacións venezolanas en Galicia, e outras actividades festivas para todas as idades, coma xogos infantís, competicións de zumba ou elección da Raíña da Feria.

O sol érguese cedo en Ribas do Asneiro no verán, érguese máis cedo aínda a xente para aproveitar a fresca, ás dez e media xa poden moscar as vacas, entón lévanse para a corte a sombra, máis para os segadores a sombra agarda ata o descanso das once. As mulleres trouxeron uns chourizos e unhas fetas de xamón, os homes paran para cravuñar as gadañas en meterlle un taquiño ao estomago que dende as seis mantense cun anaco de pan de centeo e a alferga de augardente do almorzo. “O corpo avala se non se lle da sustento" dixo a avoa Hortensia, mandaron o tío Cándido por tres cuartillos de viño branco para a bota e unha botella de gasosa Ramos, a taberna de María do Cruceiro, para enchela e darlle uns bicos ao remate de cada rola. No regato debaixo dos ameneiros, metido nun cesto de codesos están as viandas e outra botella de Ribeiro tinto, que trouxeron da casa, xa queda pouco do pelexo que carrexou o arrieiro naquela besta negra, parecía un cabaleiro, case como o guerreiro do antifaz, da careta chamalle o pai, para meterse comigo, sempre mo merca na feira de Lalín sabe que me gusta moito, el di que leo moi ben. Os arrieiros traen o viño nuns pelellos de carneiro, e enchen os garrafons. Son tres de media ola, hai que arreglarse con este ata que volvan, din os da casa, o pai dalles a razón, despois cando se acaba manda a mercalo a taberna de

María do Cruceiro ou a de Alicia, "hai que mercarlle as dúas, cos curas e cos taberneiros convén levarse ben, uns negocian ca alegría desta vida e os outros ca do máis alá". El di que sin un neto de viño non come, prefire non xantar, e con esa retrónica sempre vai habendo viño na casa. Pero o que sabe todo o que acontece en Ribas do Asneiro e o Mazadoiro de Clara e a súa prolongación no Cuberto, e nas escaleiras da palleira. Alí, xuntanse cando a calor apreta, ou cando chove, ou se trona, sempre o tempo dará unha disculpa, para a xuntanza, homes, vellos, novos e ata os rapazolos. Alí, gobérnase a aldea dende o punto de vista masculino, as reunións do mazadoiro e do Cuberto de Clara, son a réplica ás reunións plenarias das mulleres no lavadoiro, elas "critican" cando lavan, os homes "analizan" cando fuman, son dous xeitos de vela vida, as veces dependendo de quen faga unha cousa recibe distintos nomes, os rapaces non entendemos iso ben de todo. Tamén é certo cas veces fálase o caso, acordase cando se van xuntar para rozar as silvas do Camiño, que xa logo e a festa do Carme ou cando se vai limpar a presa do Muíño, se hai que xuntarlle a herba a tal veciño que está operado e el non pode. Pero a máis das veces falan das "novidades" que se fulanita anda con tal fulano, que a outra casouse porque estaba preñada, que se a criada do cura quédase de vez en cando na casa reitoral porque dormen xuntos. Contos daquí e dalá, que se un da parroquia

“Saber non o sei, mais esta noite estiveches nun perigo moi grande, tan grande que tivo que vir túa nai a avisarte e non poñas esa cara de parvo e anda con moito coidadiño, que estos avisos non chos van a dar dúas veces”

veciña bebe moito viño, que se aquel outro é moi agarrado e non o bebe por non gastar... O mazadoiro é de pedra e non fala, mais a min unha noite faloume. Viña da discoteca Campos, estaba aínda estudando no Instituto, uns dez anos máis tarde da sega da que vos viña falando, xa era un mociño. Aquela noite dous compañeiros de troula, propuxeranme "probar un paraíso novo, algo único, marabilloso; a heroína, algo moi molón colega" quixeronme convencer, dicindo que era moi doado, que ía ser unha grande aventura. Negueime e entón chamáronme covarde e moitas cousas máis para tratar de convencerme. Aquela noite trouxome Mario o da Estación no taxi, e viñen todo o camiño cismando se se cadra tiñan razón, eu que sempre presumira de valente, poida que non o fora tanto, por negarme a probar polo menos, aquelo que me ofrecían. O taxi deixoume na Braña mais eu quixen ir dando un rodeo e beber na fonte da Picha, antes de coller para a casa. Subín polo camiño á beira do río, sen poder deixar de cavilar no acontecido. Boteille uns bos grolos de auga da fonte que viña co caño cheo, e salpiqueime a camisa, cando a fonte trae tanta auga non hai xeito de beber o direito do caño sen mollarse un pouco. Despois de sacudirme a roupa, arrinquei cara a casa, foi enton cando vin unha muller sentada no mazadoiro, pareceume moi estrano eran as catro da mañá. Fixen como que non a vía pero chamoume dúas veces polo meu nome. Sorprendido achegueime máis para ver quen era. Alí estaba unha muller duns corenta anos tapada cun velo negro, e dixome "Aveliniño, o meu neno querido, fixeches ben, hai que ser máis valente para dicir que nón as veces e quedar por covarde, que aceptar e ser como os outros. As drogas son malas e non debes

de probalas" e sen máis desapareceu da miña vista. Non daba creto o que acaba de pasar, e estaba pensando que sería unha xogada da miña imaxinación, foi enton cando o mazadoiro faloume e dixome, "lisca para a casa e fai caso os consellos que escoitaches", co medo no corpo botei a correr e non parei ata chegar a cociña. O pai estaba esperándome coa lareira acendida, o verme dixome "ves branco como se viras un espírito!". Entón conteille o que me acontecera, iso si o da droga caleino. Entón preguntoume, "e a muller que che falou tiña un reloxo moi brilante no pulso e vestía de blusa blanca e chaquetiña negra?". Si, creo que si, lle dixen e chamouche "meu neno querido". Si, "ti como o sabes?", pregunteille. "Saber non o sei, mais esta noite estiveches nun perigo moi grande, tan grande que tivo que vir túa nai a avisarte e non poñas esa cara de parvo e anda con moito coidadiño, que estos avisos non chos van a dar dúas veces". Dende aquelas, cada vez que paso preto do mazadoiro miro a ver se vexo aquela muller, ou se o mazadoiro quere decir algo, pasaron corenta anos e o mazadoiro segue calado, case que mellor, cantas cousas saberá? Ti xa o dicías papá: a mellor palabra aínda e a que está por dicir. Sete anos despois ti colliches camiño para xuntarte coa mamá no Alén, e eu ando por aquí contando estas lerias que nos aconteceron. Non te rías estounas escribindo para que as lean os teus netos e máis o meu; xa sabes que son avó. Hoxe digocho eu: "Anda, papá, déixate de Andrómenas e agarda un pouco, que máis cedo ca tarde xa che contarei outros contos polo miúdo. Ah, que xa me esquecía, dalle un bico a mamá da miña parte”. Avelino Jácome


OCIO E CULTURA / CLASIFICADOS

Barrios 12 de novembro 2021

15

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Arcediagos,11, 1º - 32005 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara Nº155 - Ano: XIV - 12 de novembro de 2021 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

[Deixe o seu anuncio no 685 96 95 46 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

Exploración de litio = destrución irreversible de paisaxes Amigos da nosa rexión de Barroso e Alto Tâmega, non podemos permitir un crime ambiental desta magnitude! Atención, os alcaldes destas rexións sempre prometeron estar ao lado da vontade das poboacións e esa vontade xa foi claramente expresada: non querer para nada esta exploración mineira de litio. Sería a degradación total desta rexión; acabaríase o turismo, acabaríanse os mercados do tabaco, e peor aínda, aparecería a morte prematura de toda a poboación coa aparición de terribles enfermidades, como o cancro diseminado en varios órganos do corpo, esclerose lateral amiotrófica, demencia, etc. A xente xa está convencida de que estamos a perder a guerra contra o cancro e que as cifras aumentan ano tras ano.

Dubido que haxa algún ser humano que estea de acordo con esta horrible medida. Beneficios? Todos encaixan no “goberno” inventado polo actor estadounidense Steve McQueen, na película “Papillon”. Sería a destrución de toda a economía destes dous concellos e os concellos veciños e a saúde de toda a poboación. Na Constitución está escrito: “o pobo é o que máis ordes dá”. Se o goberno segue adiante con esta medida, señor Presidente da República, actuará en contra da Constitución. A nosa vontade non é política, senón unha vontade democrática popular en defensa dos dereitos do home e a natureza que nos acolle e que foi dada por Deus ou por todos os deuses outorgados para

Auditorio Redacción

Exposición fotográfica.

Labirinto de espellos Redacción Até o 8 de xaneiro pódese visitar a mostra fotográfica “Laberinto de espellos” no Espazo de Arte de Roberto Verino, na planta baixa da tenda da rúa do Paseo. Esta exposición é inédita no noso país con numerosos galardóns ao longo destes dous anos desde a súa creación.

O Auditorio únese á festividade de San Martiño organizando varios eventos de nivel esta semana. Despois do Dancing Queen ABBA Show, un tributo ao grupo sueco ABBA; o venres, 12 de novembro, ás 20.30 horas, será a quenda dun novo tributo, nesta ocasión ao “rei do Pop”, Michael Jackson, o espectá-

ese fin. Non esquezan, crentes ou non crentes, que a ciencia probou a existencia do Diluvio e da Arca de Noé, que só un superhome tería a capacidade de facer esta xigantesca obra. O Diluvio foi un castigo! Provocamos outro? Independentemente da cor política, é necesario unir ao pobo de Barroso, non camiñar cara á autodestrución da nosa gran herdanza. Como cidadáns de Portugal, temos o deber de protexer a alma de Barroso e de todos os portugueses. Cando temos que relaxarnos, penetrámonos nesta impresionante natureza. É aquí onde escoitamos o corazón latexar con inmensa gratitude. João Damião

culo “Michael Legend”; a entrada custa 10 euros. O programa complétase o sábado 13 de novembro, ás 20:30 horas con entrada gratuíta, con ‘San Martiño con Humor’, espectáculo musical e humorístico que reúne os cómicos Lucía Veiga, Víctor Fábregas e Oswaldo Digón coa música de ‘Los fabulosos Weekend’ capitaneados por Manuel Manquiña. As entradas poden adquirirse en Ataquilla.com.

Cartel de “San Martiño con Humor”.

INMOBILIARIA Véndese piso en Beluso, Bueu (Pontevedra). 100 m2, 3 habitacións, salón, cociña, baño, despensa e 3 trasteiros amplios. Soleado todo o día, situado preto de servizos básicos e a menos de 2 km das mellores praias da zona. Prezo: 85.000 euros. Tfno.: 679 588 349 (envío fotos, escoito ofertas). Alugo local económico no centro. Ideal para oficina, almacén ou trasteiro. 17m2. Dispón de baños comunitarios. 120 euros/mes máis 7 euros de comunidad. C.E.: C. Teléfono 627 203 131 Véndese casa céntrica en Xinzo de Limia. Baixo máis unha planta (144m2,) tres prazas de garaxe e patio, cinco habitacións, dous baños, cociña amoblada e terraza. 133.000 euros. Tel. 699 648 514 / 988 21 40 70 Alugo baixo na zona do Couto totalmente acondicionado. Con luz, auga, 70 m2. Prezo 300 euros. Tel: 653 208 506 Alúganse apartamentos en Montalvo (de Semana Santa a outubro) con unha ou dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916 Alugo sala para actividades culturais, con posibilidade de cociña, baño e outros sertvizos. Tel.: 988 247 113. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Busco casa en alquiler na periferia de Ourense. Opción a compra ou dunha permuta dun piso situado na Valenzá. Tlf.: 600 826 029. Vendo casa na estrada de Santiago, con finca. Para restaurar. Tel.:672 089

349. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62.

TRABALLO Ofrécese señora para traballar con xente maior ou nenos. De toda confianza, con informes. Disponibilidade de coche e fins de semana Tel.: 606 422 543. Ofrécese señora para limpeza por horas Tel.: 674 500 513. Señora, auxiliar de enfermería responsable e con experiencia, ofrécese para coidar persoas maiores, enfermos, nenos e tarefas do fogar. Tel.: 620 052 173 Ofrécese señora responsable -española- para coidade de nenos ou persoas maiores. Con informes. Tel.: 606 422 543 Ofrécese auxiliar de enfermaría, con titulación, para o coidado de maiores. Como interna ou por horas. En Ourense ou arredores. Telf.: 663 043 561 Danse clases de francés a domicilio. Todos os niveis. Titulación en España e Francia. Tlf.: 625 745 611 Imparto clases particulares de Matemáticas a domicilio en Ourense capital. Todos os niveis. Tamen materias curriculares de ESO e Bacharelato. As clases son individuais e personalizadas. Ampla experiencia. Excelentes resultados. Económico. Interesados enviar WhatsApp ao 610 38 25 89. Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405.

Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358. Fanse desbroces en tractor e a man. Tlf.: 63 521 448 Ófrecese señora seria e responsable para tarefas do fogar e coidado de nenos e maiores. Con informes. Preferencia zona Ponte. Tlf: 685 374 191.

VENDAS Vendo colección de revistas “Muy interesante”, do nº1 ao 163, e “Natura”, do 1 ao 132 (as dúas encadernadas). Tlf: 636286434. Vendo accesorios para cans: arnes de tiro, correas, collares e fournitures. Tlf: 636286434. Vendo unha xanela de dúas follas en aluminio sapelly de 1,40 x 0,94 m con cristais. Tlf: 636286434. Vendo dúas cadeiras infantís de coche (Jane) de 15-36 kg con isofix, unha negra e outra vermella. Tlf: 636286434. Vendo rizador de pelo con accesorios para alisar e rizar. Tel.: 666 303 635 Vendo cama hospitalaria articulada en bo estado, con colchón anti-escaras. Tlf.: 606 133 522 Vendo prensa de viño mediana/grande, ideal para decoración en xardíns. Tlf.: 606 133 522 Véndese mampara nova. Tel: 672 089 349. Véndense traxes de cabaleiro moi antigos en bo estado, ideal para Entroido. Prezo 10€. Tel: 610 979 897. Compro moble de cociña completo. Tel: 988 247 824. Vendo escritorio. Como novo, bo prezo. Tel: 672 089 349. Vendo estufa de frío e calor. Tel: 672 089 349.


Barrios 12 de novembro 2021


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.