Barrios 154

Page 1

Expourense acolle do 3 ao 7 de novembro a 22ª edición de Xantar [Páx. 4]

TEMA

Páx.2

Verín aproba as contas de 2020 e o expediente de redución de gasto

SOCIEDADE

Páx.6 VERÍN

A Xunta administra simultáneamente as vacinas da covid e da gripe a maiores de 80

Páx.12 BARBADÁS Páx.17 DEPORTES

Operativa a nova ponte de Queizás que une o polígo de Pazos coa Nacional 532

O Concello e as brigadas contan con tres novos vehículos de baixa emisión

Páx.21

En 3ª RFEF, o Arnoia suma a súa primeira vitoria e o Ourense CF vence ao Barco

Terror en Ourense

Coa organización do Concello, 200 actores converteron o casco histórico de Ourense nunha auténtica pasaxe do terror na noite do 31 de outubro./RAMSÉS.

Número: 154 - Ano: XIV - 30 de outubro de 2021 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


2

Barrios 30 de outubro 2021

TEMA DA SEMANA

Verín aproba as contas de 2020 e o expediente de redución de gasto 4 Tamén se aprobou o recoñecemento extraxudicial de créditos. Redacción

zamento.

Foi nun pleno extraordinario celebrado o 14 de outubro cando o Concello de Verín aprobou o peche e liquidación da conta xeral orzamento 2020. Este foi aprobado por 12 votos a favor (os do PSOE e BNG) e catro en contra (do PP) Ademais, o pleno tamén aprobou con idéntico resultado co anterior o expediente de redución de gastos do orzamento vixente mediante baixas por anulación para financiar o remanente de tesouraría negativo que resulta da liquidación do Orzamento do exercicio do pasado ano, por importe de 527.331,23 euros. Para a corporación municipal estas baixas "non afectan o funcionamento normal dos servizo que presta a Corporación, xa que se trata de inversión e non de gasto corrente". A diferencia que resta por compensar do total do remanente de tesoureira negativo do ano 2.020, e que ascende a 301.149,17 Euros, será tida en conta na elaboración do orzamento do ano 2022, para aprobalo con este superávit inicial, dado que se estima que non é posible neste ano máis redución de gastos, sen que afecte o funcionamento normal dos servizos nin a inversións necesarias neste or-

Recoñecemento extraxudicial de crédito Por último, acordouse na sesión, tamén cos votos a favor de Partido Socialista e Bloque Nacionalista -e os votos en contra do Partido Popular- aprobar o recoñecemento extraxudicial de créditos por importe de 119.102,01 euros -das facturas detalladas no mesmo- do ano 2020, así como levantar o reparo de intervención para todas estas facturas. A oposición Desde o PP, oposición no Concello de Verín, indicaron durante o pleno extraordinario que se aproba a liquidación de 2020 cun resultado negativo de -678.978 euros e un Remanente de Tesourería axustado, tamén negativo de -527.331,23 euros. Ademais, o portavoz popular, Juan Manuel Jiménez Morán, aseguraba que que os ingresos de certas previsións "estimáronse excesivamente á alza, o que vai levar importantes desequilibrios na execución orzamentaria ao fi-

nal do exercicio, posto que estamos seguros que as previsións de ingresos non se van cumprir na súa integridade e as partidas orzamentarias para gastos están escandalosamente mermadas e que por tanto estabamos ante uns orzamentos irreais que van aumentar a débeda e que non crean riqueza nin xeran postos de traballo". Para rematar, Jiménez Morán insistiu que a débeda do concello é de 6.401.000 euros. Desde o grupo de Goberno, o tenente alcalde, Diego Lourenzo, dementiuno asegurando que á débeda é de 3.960.000 euros, cifra moi similar a cando, en 2014, gobernaban os populares. Para baixar a alarma entre os veciños, o alcalde, Gerardo Seoane, matizou que hai unha débeda a longo prazo "que se debe ir amortizando todos os anos", unha "corrente" e outra "que temos que soportar "cun remanente de tesourería" de ingresos "que non están efectuados pero si concedidos".

Desde a oposición din que a débeda do Concello ascende aos 6,4 millóns de euros, mentres que desde o Goberno aseguran que é de 3,9 millóns, cifras similares ás de 2014 cando gobernaba o PP

Pleno extraordinaro do mes de outubro.

Na presentación da campaña, Diego Lourenzo, tenente alcalde de Verín, xunto a José Ángel Rodicio e Santos Álvarez, xerente e presidente de Aever.

Regresa a campaña "Os 6.000 de Verín" 4 Repartiranse oito premios entre os clientes dos asociaciados de Aever. Redacción Por segundo ano consecutivo, a Asociación de Empresarios de Verín (Aever) organiza a campaña "Os 6.000 de Verín", na que se reparten oito premios entre os clientes dos asociaciados de Aever. A gran aceptación -tanto por asociados como por clientes- que tivo a iniciativa o pasado ano levou a repetir experiencia este ano. Desde Aever consideran primordial realizar esta campaña de fidelización, onde o que buscan é "premiar aos nosos clientes e intertar activar as vendas neste momento tan duro para o sector", apuntan desde a organización. Campaña A campaña, que deu comezo o pasado 18 de outubro, prolongarase por máis de dous meses, ata o 28 de decembro. Nela participan un total de 130 establecementos de Verín. Na rolda de prensa de presentación do evento estiveron presentes Santos Álvarez, presidente de Aever; José

Ángel Rodicio, xerente da asociación; e Diego Lourenzo, tenente alcalde do Concello de Verín. Premios Os clientes deberán cubrir as papeletas que lle entregue cada establecemento, (o ser unha asociación multisectorial, cada establecemento decidirá o importe mínimo de compra para entregar dita rifa), cos seus datos de contacto (nome e apelidos, DNI e teléfono) e introducilos en calquer buzón que estarán en todos os establecementos participantes. Isto, implica a aceptación das bases que estarán a disposición na web ccaverin.com. O día 30 de decembro, e ante notario, sortearanse os oito cheques entre todos os boletos participantes. En total serán oito cheques premiados: un de 2.000 euros; un de 1.000 euros; e seis máis de 500 euros. Realizado o sorteo e localizados os premiados, estes terán ata o día 5 de xaneiro do 2022 para facer as súas compras polo importe premiado (daráselle uns pasaportes de canxe). Estes canxes téñenos que utilizar entre os comer-

cios adheridos a esta campaña, cunhas normas de gastos máximos según os premios. Foi tal o éxtito da primeira edición que se repartiron máis de 50.000 boletos. Cabe dicir, que entre todos os establecementos participantes pagan o premio de 6.000 euros para os séus clientes. Desde Aever aseguran que Verín é un lugar seguro para mercar, xa que manteñen todas as medidas de seguridade implantadas pola covid-19.

A campaña prolongarase ata o 28 de decembro e participan un total de 130 establecementos O día 30 de decembro, e ante notario, sortearanse os oito cheques: un de 2.000 euros; un de 1.000 euros; e seis de 500 euros


TEMA DA SEMANA

Barrios 30 de outubro 2021

3

Ourense celebra unha “Noite do Medo" do máis divertido 4 Milleiros de persoas celebraron o Samaín polas rúas da cidade. R.Torres Xa o anunciara o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, antes da celebración da "Noite de Medo": "con choiva ou sen ela celebrarase o Halloween 2021"; e vaia se se celebrou. Como se dunha horda de zombis se tratara, veciños e visitantes da capital ourensá asaltaron o casco histórico da cidade para festexar por todo o alto o Halloween/Samaín deste ano. Despois da suspensión dos festexos o ano pasado había gañas de volver saír ás rúas coas mellores galas de "morte". A primeira edición desta noite, celebrada no 2019, fora todo un éxito e o alcalde quería repetir. Para elo, nesta ocasión, o Concello converteu o centro histórico da cidade nunha pasaxe do terror con máis de 200 actores e unha trintena de escenas, desfiles e espectáculos de rúa. Mortos andantes, vampiros, meigas, orcos ou noivas cadáver tomaron as rúas da cidade, que tamén percorreu a Santa Compaña no seu desfile itinerante. E como o tempo non foi nada apacible (quen agarda un tempo apacible nunha Noite de Medo?) o Concello instalou carpas na praza Maior e na do Correxidor. Devandita pogramación

Disfraces de todo tipo coparon a noite ourensá. /RAMSÉS. contou coa colaboración da Cámara Municipal de Montealegre, quen aportou unhas figuras xigantes terroríficas que decoraban algunhas das rúas. Para todas as idades O pistoletazo deuno o espectáculo infantil musical do grupo Gramola Gominola no Auditorio. O grupo Troula escenificou o espectáculo itinerante Lume, con saída da rúa do Paseo ata a praza Maior. O Bruxo Queimán co seu “Ourense de medo” percorreu a zona vella da cidade, xunto a mortos andantes, o bosque maldito, camiñantes brancos, dragóns, a mesa caníbal e vampiros, entre outros acompañantes. Despois, na praza Maior, realizouse a “Gran Queima”.

E ata a unha da madrugara houbo varios desfiles itinerantes como os da Santa Compaña (a cargo de Delatoute Producciones), de cadaleitos (coa asociación de veciños da Carballeira), ou mesmo “A noite do medo”, a cargo da asociación de Chaioso, que organiza a actividade do Pobo Pantasma na localidade macedá, e que representou escenas en

localizacións fixas: praza de Santa Eufemia, praza do Correxidor, praza do Ferro, praza da Magdalena e praza Maior. Un cento de persoas representaron as escenas Cemiterio zombi, Carnicería Matanza de Texas, Meigas do demo, O exorcista, Viúvas negras, Orcos da serra, Sala de estatuas, Paiasos asasinos, Monxas rituais a bebés e Cazapantasmas versión 2.0. Unha festa que comezou en 2019, tivo que suspenderse o ano pasado, e que neste 2021 fixo as delicias dos que gozaron da noite ourensán.

Gonzalo Pérez Jácome en rolda de prensa. /F. CASANOVA.

O centro histórico da cidade converteuse nunha pasaxe do terror con máis de 200 actores

Denuncia Sobre a nova denuncia que ten enriba da mesa, o rexedor afirmou sentir "cero preocupación" e "dez de tranquilidade". Incluso apostillou que "politicamente falando" non ten medo a morrer, "morrín 10 veces e sigo vivo". Incidindo na denuncia "anómima" cre que provén do PSOE, concretamente da ex edil do Concello Aurea Soto. A denuncia en si volve versar sobre as facturas de Democracia Ourensá que fai a Auria TV. Jácome foi contundente e dixo decir que "DO gasta os seus cartos no que considera, se é legal", mostrándose taxante na forma de proceder. “Os que conformamos DO entendemos que o máis convinte é gastalo no que consideramos o medio máis rendible, que é Auria TV. Fixémolo, facémolo e o seguirémolo facendo, porque é legal".

Varias escenas “terroríficas” que se sucederon polas rúas do casco vello ourensán. /RAMSÉS e I.OSORIO.

"Morrín 10 veces e sigo vivo" 4 Jácome fai un repaso da actualidade do Concello. Redacción Cada certo tempo, o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, fai un repaso da actualidade institucional, así como de temas que salpican á súa propia persoa.

Outros temas En canto á licitación dos autobuses (por máis de 14 millóns de euros), Jácome dixo que a flota que se mercará serán os convencionais en vez dos eléctricos, xa que estes

non garantizan 16 horas diarias de autonomía. Ademais, o alcalde volveu á carga contra os funcionarios e admitiu que abriu o primeiro expediente a un empregado público por neglixencia e obstrucción, “non vou tolerar que algún xefe de servizo obstrúa e sexa neglixente”, comentaba. Tamén recordou que desde agora, de forma oficial, deben cumplir un horario con atención ao público de 8.30 a 14.30 horas. Medidas cautelares Noutro orde de cousas, o xulgado vén de denegar as medidas cautelares solicitadas polo PSOE para frear a modificación orzamentaria do Concello de 62 millóns de euros. “Hoxe evitouse que o PSOE paralizase a cidade”, anunciaba o alcalde de Ourense. O auto conclúe que “non existen motivos para acordar a suspensión do acto, mais aínda cando, de adoptarse, o único que suporía é unha auténtica parálise da actividade municipal”. Desde xeito, o goberno municipal poderá seguir executando a modificación orzamentaria procedente de remanente de tesouraría.

O xulgado denega as medidas cautelares solicitadas polo PSOE para frear a modificación orzamentaria do Concello de 62 millóns de euros


4

Barrios 30 de outubro 2021

SOCIEDADE

Na presentación de Xantar estiveron presentes o xerente de Expourense, Rogelio Martínez; a concelleira de Turismo do Concello de Ourense, Flora Moure; o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; e o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández. /M.REJO.

Expourense recupera Xantar 4 A 22ª edición do Salón Gastronómico celébrase en Expourense do 3 ao 7 de novembro. R.T. Expourense recupera este ano Xantar que chega a súa 22ª edición. A única Feira Internacional de Turismo Gastronómico acreditada polo Goberno de España celebrarase do 3 ao 7 de novembro. Este ano, o do reencontro, o Salón centrarase na "Gastronomía dos Camiños". Durante os cinco días de Xantar, Expourense

converterase no epicentro do turismo enograstronómico peninsular reunindo 160 expositores e catro países representados (España, Portugal, Perú e Panamá). Contará ademais con oito restaurantes e dúas aulas gastronómicas, unha de catas comentadas e un área de degustación. Estas cifras, inferiores ás doutras edicións anteriores, están derivados do feito de que o salón tivo

que reinventarse para ofrecerlle aos visitantes unha experiencia segura. Isto trouxo consigo a planificación dunha feira con restaurantes máis amplos, aulas máis grandes e corredores máis anchos para garantir así a distancia de seguridade entre comensais ou asistentes ás actividades. Restaurantes Xantar 2021 contará con oito restaurantes

de España e Portugal. A gastronomía galega estará representada por sete restaurantes ofrecendo un total de 13 menús con prezos comprendidos entre os 12 e os 35 euros. A provincia de Ourense estará representada por cinco deses restaurantes. O Concello da Arnoia estará presente cun restaurante onde estará "omnipresente" o pemento en todos os seus pratos -incluido no postre cun

xeado de pemento. Outra das novidades será o restaurante do Concello do Irixo que presentará un menú composto por alimentos dos seus produtores locais enmarcados no proxecto “O Irixo, un rural con futuro”. Este ano, non faltará á cita o Inorde que este ano presenta á provincia como destino “enOUgastronómico”. Tamén estará presente a Concellería de Turismo do Concello de Ourense, que presentará un menú composto polos pinchos gañadores da última edición de "Sabores de Ourense”. Da capital ourensá tamén estará presente o Bodegón Antiga Leiteira da Ponte. Fóra da nosa provincia o restaurante de “porto da Guarda” ofrecerá mariscos e pescados frescos. Pola súa banda, a Federación de Razas Autóctonas de Galicia incluirá platos con sete das oito razas autóctonas recoñecidas. E completa a oferta o restaurante de Vila Real, Portugal.

directo, unha vintena de catas comentadas (viños, meles, conservas de peixe e marisco, queixos, augardentes e licores) e outra vintena de degustacións de produtos autóctonos que na maioría dos casos son protagonistas de festas gastronómicas. Encontro de Bloggers gastronómicos, Workshop de Turismo Gastronómico e ponencias serán outras das actividades destos cinco días frenéticos de Xantar.

Actividades En canto ás actividades, Xantar reunirá a recoñecidos chefs de catro países (España, Portugal, Costa Rica e Perú) que impartirán obradoiros de cociña en directo ofrecendo ao público máis de 100 experiencias entre showcookings, catas comentadas, presentacións e degustacións En total, impartiranse 60 talleres de cociña en

Este ano Xantar está centrado na “Gastronomía dos Camiños”

Portugal Na presenza internacional destaca un ano máis a presenza de Portugal que estivo presente en Xantar desde a súa primeira edición. A Entidade de Turismo Porto e Norte é o principal socio estratéxico de Xantar no país veciño e facilita cada ano a participación de numerosas cámaras municipais lusas que acoden ao salón con caseta e organizan varias actividades para promocionar o turismo de proximidade.

O Salón contará con 160 expositores de 4 países, 8 restaurantes e un programa con máis de 100 actividades


SOCIEDADE

Guías para cada unha das paisaxes de Galicia

4 A Xunta xa leva publicadas 11, e hai algunha máis en proceso de elaboración. Redacción Coa finalidade de mellorar a xestión e a conservación destes recursos patrimoniais de gran valor a Xunta de Galicia leva unha década a edición e difusión dunha serie de guías monográficas que axudan na necesidade de avanzar na protección de todas as formas de paisaxe existentes en Galicia -naturais, rurais, urbanas e periurbanas-. Desde o ano 2012 e atendendo ás diferentes demandas sociais e ás necesidades que van xurdindo, o Goberno galego leva traballando de forma continuada na elaboración deste tipo de guías. Ata o momento xa se publicaron un total de 11e ten varias en proceso de elaboración e outras propostas que se están a valorar. As guías de boas prácticas e recomendacións divulgan os valores paisaxísticos da Comunidade, e que certo tipo de actuacións —edificacións de calquera natureza, peches, equipamentos de uso público, etc.— poidan lograr unha boa integración coa contorna onde se sitúan. Na práctica, estas guías teñen demostrado xa ser unha ferramenta efectiva para contribuír á conservación e ao mantemento das paisaxes onde se aplican, e ademais invitan a seguir con esta iniciativa nos vindeiros anos para homoxeneizar criterios e boas prácticas na planificación e deseño de futuras inter-

Núcleo rural galego. vencións sobre o territorio. Guías publicadas Na web do IET están publicadas para a súa descarga 11 guías da colección Paisaxe Galega. A primeira guía da colección (2012) foi a de Estudos de Impacto e Integración Paisaxística e elaborouse seguindo as previsións do Plan de ordenación do litoral de Galicia (POL); ofrece axuda técnica e xurídica para a elaboración dos estudos de impacto e integración paisaxística de proxectos. En 2013 saíron tres: a de criterios de sustentabilidade e integración paisaxística dos establecementos de acuicultura litoral que está asociada á estratexia para o desenvolvemento da acuicultura litoral elaborada pola Consellería do Mar, que permite definir os mellores emprazamen-

As guías de boas prácticas e recomendacións divulgan os valores paisaxísticos da Comunidade, e que certo tipo de actuacións —edificacións de calquera natureza, peches, equipamentos de uso público, etc.— poidan lograr unha boa integración coa contorna onde se sitúa

tos para as instalacións de acuicultura, ademais establece pautas no deseño das plantas de acuicultura para a súa integración e respecto dos valores paisaxísticos litoral. A de boas prácticas para a intervención nos núcleos rurais consegue mellorar o tratamento urbanístico dos núcleos rurais de Galicia. O seu emprego é habitual tanto na elaboración de plans xerais de ordenación municipal (PXOM) como en modificacións puntuais ou expedientes de delimitación de núcleos rurais. A de boas prácticas de intervención en sistemas praia-duna permite conseguir unha mellor protección e xestión destes espa-

zos con métodos e técnicas de conservación ou restauración moi eficaces. En 2017 chegaron dúas guías máis. A de caracterización e integración paisaxística de valados que identifica os máis representativos de cada comarca paisaxística e inclúe conceptos e criterios para a integración paisaxística mantendo a súa filosofía e riqueza cultural do agro, ademais de ser unha referencia moi útil para os plans urbanísticos e daqueles proxectos nos que se prevea a construción de novos valados. E a outra guía do ano foi a de cor e materiais de Galicia cuxa finalidade é proporcionar uns criterios e directrices

Barrios 30 de outubro 2021

técnicas e obxectivas para a regulación do emprego da cor e os materiais de revestimentos arquitectónicos nas paisaxes urbanas e rurais das doce grandes áreas paisaxísticas de Galicia; por iso é de utilidade para a xestión cotiá das oficinas técnicas dos concellos, na definición de normativas dos instrumentos urbanísticos, ou o establecemento de criterios nas convocatorias de axudas relacionadas con obras en edificacións (como as que xestiona o IGVS, ou a convocatoria por parte do IET por primeira vez este ano de dúas ordes de axudas para a corrección de impactos paisaxístico, una dirixida a particulares e outra a concellos). Saíu no 2019 a de estudos da paisaxe urbana, que esixe aos plans urbanísticos analizar as paisaxes urbanas sobre as que operan; a de boas prácticas en intervencións en espazos públicos para dar visibilidade á calidade dos mesmos No ano 2020, publicáronse tres novas guías: de boas prácticas en intervencións en espazos públicos e que da visibilidade á calidade dos mesmos, proporcionando criterios para que todas as intervencións resulten como espazos integrados, eficientes, inclusivos e responsables, tendo en conta as contornas urbanas, rurais e naturais, e respectando a diversidade paisaxística de Galicia. A de boas prácticas para a integración paisaxística das actividades extractivas ofrece criterios e recomendacións para a súa aplicación nos sucesivos procesos que implican as actividades extractivas de recursos minerais, desde

Miradoiros como este da Pedra da Ra están contemplados nas guías da paisaxe Galega.

5

a fase de exploración ou investigación, o proxecto e a explotación, ata a restauración final. E a da paisaxe no tempo ocúpase de analizar unha serie de problemas comúns aos cascos históricos menores, e ofrece criterios e exemplos de intervencións orientadas a resolver ou minimizar eses problemas; entre os núcleos analizados están os de Allariz, Celanova, Monterrei, Vilanova dos Infantes, Betanzos, Corcubión, Baiona, Cambados, Sarria e Viveiro, entre outros. E este ano chega a guía de boas prácticas para a identificación e acondicionamento de miradoiros que ten por obxecto establecer uns criterios comúns e unhas propostas de boas prácticas para a selección de miradoiros e para as actuacións de acceso e acondicionamento para o seu desfrute por parte das persoas. As seguintes No Plan Estratéxico da Paisaxe Galega 2021-2024 inclúese tamén a elaboración de novas guías que virán completar a colección Paisaxe Galega e fomentarán a recuperación de espazos degradados. Nesta fase compre destacar catro delas que tratan sobre deseño e instalación de cartelaría comercial (na que se establecen criterios e directrices a aplicar na introdución de letreiros e rótulos anunciadores sobre os edificios e no territorio); a integración na paisaxe das instalacións de abastecemento (para os acabados das obras de fábrica, estacións de bombeos, cadros eléctricos, edificacións, depósitos e todos aqueles elementos que configuran os sistemas de abastecemento); recomendacións básicas para evitar o impacto na paisaxe das instalacións portuarias da Xunta (122 portos de titularidade autonómica); e a integración paisaxística de parques empresariais.

No Plan Estratéxico da Paisaxe Galega 2021-2024 inclúese tamén a elaboración de novas guías


6

Barrios 30 de outubro 2021

SOCIEDADE

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, a xefa territorial da Consellería de Sanidade, Laura López, e a coordinadora asistencial da campaña en Ourense, Josefa Rodríguez, presentaron a campaña de vacinación antigripal 2021.

A Xunta pon en marcha a vacinación antigripal 4 Adminístrase, simultaneamente, coa da covid-19 entre os maiores de 80 anos. R.T. Esta en marcha a campana de vacinación antigripal na provincia de Ourense. Este ano, entre a poboación maior de 80 anos, suministrarase á par que a terceira dose da covid-19. Pola súa banda, as persoas con idades comprendidas entre os 70 e 79 anos, se así o desexan, terán a posibilidade de solicitar -polas vías habituais-, a súa cita para seren vacinados contra a gripe. No caso da vacina contra o coronavirus, unha vez transcorran os seis meses desde que recibiran a segunda das doses da covid-19, Sanidade convocaraas para recibir a terceira dose. O delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén convidou a vacinarse contra a gripe a todas as persoas que conforman á poboación diana, e nas que, ademais dos dous grupos

de idade citados anteriormente, tamén se atopan as persoas de 60 ou máis anos, os residentes en institucións pechadas de calquera idade; e tamén para aquelas de entre 6 meses e 59 anos de idade que conten con factores de risco de padecer complicacións derivadas da gripe. A vacinación contra a gripe, tamén está indicada para as embarazadas -estendéndose incluso até nos 6 meses seguintes ao parto-, e para os prematuros. A vacina ofertarase, así mesmo, a aquelas persoas que poden transmitir a gripe a outras con alto risco de complicacións, así como a aquelas que desenvolven servizos esenciais para a comunidade, ou grupos con exposición laboral e convivintes con persoas de risco. A Xunta de Galicia ten como obxectivo para esta campaña acadar o 75% de vacinación entre as per-

A Xunta de Galicia ten como obxectivo para esta campaña acadar o 75% de vacinación entre as persoas maiores de 65 anos e tamén entre os traballadores do Servizo Galego de Saúde

soas maiores de 65 anos e tamén entre os traballadores do Servizo Galego de Saúde. Ademais, situou no 60% a porcentaxe mínima a acadar, entre as mulleres embarazadas. Campaña A campaña comezou o 18 de outubro coa administración de doses entre o persoal traballador de centros sanitarios e desde o día 25 vacínase ás persoas de 65 ou máis anos, así como ás persoas institucionalizadas de maneira prolongada (residencias de maiores e discapacitados e traballadores destas institucións). A partir do 15 de novembro, vacinaranse ás persoas de 60 a 64 anos, persoas menores de 60 con patoloxías de risco; embarazadas e puerperio; prematuros de 6 meses a 2 anos; persoal de servizos esenciais; persoal de exposición laboral; e, ademais, o persoal das oficinas de farmacia. Dende o 29 de novembro as persoas a vacinar serán o resto da poboación diana e conviventes de persoas de risco. O final da campaña será

o vindeiro 31 de decembro. O departamento sanitario da Xunta habilitará máis de 900 puntos de vacinación para combater os efectos da gripe. O Goberno galego adquiriu para a actual campaña da gripe un total 885.800 doses, cun investimento de 5.259.157 euros. A Consellería de Sanidade lembra que as persoas que pertenzan á poboación diana da gripe, e teñan menos de 80 anos, poderán solicitar a súa cita de vacinación a través da web e as aplicación do Sergas; no seu centro de saúde, ou mediante unha chamada telefónica. Durante toda a campaña manterase o portal web gripe.sergas.gal. Covid-19 En canto ao covid-19, a provincia sufriu un repunte nos casos activos na última semana. Hai sete días a cifra de positivos estaba por debaixo dos 50 casos superando agora os máis de 100 (111 en total). En canto ao número de hospitalizados, estes suman sete (todos eles en planta no CHUO). O número de falecidos elévase aos 445 despois dos dous últimos no mes de outubro. Cifras preocupantes, pero non alarmantes, se temos en conta que de todos os contaxiados en outubro, máis da metade o fixeron na última semana.

O final da campaña da gripe está prevista para o vindeiro 31 de decembro. Durante toda a campaña manterase o portal web: gripe. sergas.gal Os positivos de covid-19 sofren un repunte e a cifra na provincia colócase en 111 casos activos

Moita xente xoven acudiu a Antiq Auria en busca de obxectos antiguos para decorar as súas casas.

Antiq Auria pecha con 2.500 visitas 4 Acauto entregou os 6.000 euros que sortearon no Salón do Automóbil. Redacción A quinta edición da Feira Internacional de Antigüidades, Antiq Auria, recibiu a 2.500 visitantes, cifra que demostra que cada vez queda máis atrás a pandemia provocada pola covid-19. Foron tres días nos que 35 expositores de España, Portugal e Suiza ofreceron milleiros de antigüidades e obxectos de coleccionismo e "vintage". Desde a organización están satisfeitos coa reacción dos visitantes xa que desde 2019 non se celebrara esta feira e os datos de visitantes igualan as mellores cifras de anos anteriores. Durante a última xornada de de Antiq Auria celebrouse a gran subasta na que visitantes (e os propios expositores) puideron poxar por unha

trintena de obxectos que tiñan un prezo de saída de 5 euros. Unha lámpada de bronce foi o obxecto que alcanzou un maior valor, 150 euros. Discovering Dinosaurs Paralelamente á feira, Expourense acolleu unha exposición interactiva de dinosaurios “Discovering Dinosaurs”. A mesma alcanzou as 3.000 visitas. Salón do Automóbil Natividad Cid Borrajo, de Allariz, recibiu no concesionario de Audi – Apersa Ocasión, o cheque desconto de 6.000 euros que gañou ao mercar un vehículo e participar así no sorteo promovido pola Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense (Acauto) e Expourense durante o 12º Salón do Automóbil. Cid Borrajo mercou durante o Salón un Audi A1.

Martín Manso (xefe de ventas de Apersa Ocasión); Natividad Cid (gañadora do sorteo); Rogelio Martínez (director xerente de Expourense) e Juan Carlos Rodríguez (xerente de Apersa e membro da xunta directiva de ACAUTO), na entrega do premio.


ECONOMÍA

Barrios 30 de outubro 2021

7

Galicia quere contar con 8.000 empresas exportadoras en 2025 4 Dentro da nova extratexia de internacionalización. Redacción Unha nova Estratexia de Internacionalización é coa que conta Galicia para o período 2021-2025. A aposta pola dixitalización e a diversificación dos mercados exportadores serán as principais claves da folla de ruta coa que o Goberno galego busca facilitar a saída ao exterior do tecido empresarial da Comunidade. Sobre estes eixes, a Administración autonómica aspira a que se acaden as 8.000 empresas exportadoras en 2025 e os 25.000 millóns anuais en exportacións, incrementando especialmente a presenza galega en países de fóra da Unión Europea. Neste sentido, a estratexia busca que as compañías galegas multipliquen por tres as exportacións a América do Norte, e dupliquen as súas vendas a América do Sur e Asia, ademais de incrementar en máis dun 25% as exportacións ao Reino Unido. Para acadar ditas metas, a estratexia contempla, como primeiro paso, un plan de acción inicial para o período 2021-2023 que suma máis de 70 millóns euros para impulsar a recuperación económica do tecido empresarial galego tras a pandemia da co-

A Xunta de Galicia tamén activará o programa Fórmate Internacional, nova iniciativa de cualificación práctica e continua orientada á internacionalización. Neste marco, cómpre destacar tamén o programa ReAcciona covid-19, que incluirá dúas novas liñas de análise de mercados internacionais e elaboración de plans estratéxicos adaptados ao novo escenario. A innovación está presente no plan de internacionalización. vid-19. Un programa que se sustenta sobre catro piares: o fomento da innovación, a atracción de talento galego internacional, o acompañamento ao tecido empresarial e a difusión de casos de éxito. Innovación O primeiro deles, o relativo á innovación, complementará e potenciará o traballo feito ata o de agora a través das Antenas do Igape. Estas oficinas, que acompañan ás pemes galegas nos seus procesos de internacionalización, están abertas hoxe en día en Shanghái, Miami, Casablanca, Cidade de México, Lima e Londres -esta última denominada Oficina Brexit-. Sobre esta base, o obxectivo é ter abertas en 2022 novas Antenas en Dubái e

O sector vitivinícola é un dos que se pode aproveitar da estratexia de internacionalización.

Tokio, explorando as posibilidades de Brasil e Corea do Sur a partir de 2023. A través da rede de Antenas, a previsión da Xunta é dar servizo a máis de 200 empresas en 2021 e chegar ás 1.000 no período 20212023. Un crecemento que se pretende que se produza, tamén, da man da internacionalización dixital, fomentando que as compañías incorporen as canles dixitais para chegar a novos mercados. A meta é acadar as 1.000 empresas internacionalizadas dixitalmente no 2025, que se sumarían a outras 700 ás que se aspira a dar cobertura nas próximas edicións do Galicia Exporta Dixital, contando para todo cun orzamento de 24 millóns de euros ata o 2023. Así mesmo, activarase o programa Emprende Global, que pretende facilitar a participación en feiras e encontros internacionais en materia de innovación e emprendemento. Neste sentido, prevense visitas a ecosistemas tecnolóxicos

punteiros a nivel mundial, como o de Miami-Florida, Zhongguancun (Pekín), Silicon Wadi (Tel Aviv), Silicon Valley (California) ou o East London City (Londres). Ademais, fomentarase o acceso ás licitacións internacionais cun servizo que permitirá ás empresas contar cunha plataforma que achegue información de contratación pública internacional e unha análise sobre a potencialidade do mercado da contratación pública en diferentes países. Talento O segundo eixe do plan de acción para o período 2021-2023 susténtase na captación de talento internacional, achegando ao tecido empresarial galego profesionais expertos na materia. Neste marco, destinaranse 9 millóns de euros para continuar coas liñas destinadas aos bolseiros e aos xestores de internacionalización, na procura de conseguir 100 novos bolseiros e chegar a 140 empresas.

A estratexia busca que as compañías galegas multipliquen por tres as exportacións a América do Norte, e dupliquen as súas vendas a América do Sur e Asia, ademais de incrementar en máis dun 25% as operacións comerciais co Reino Unido

Acompañamento O acompañamento nos mercados de destino é o terceiro piar do plan de internacionalización para este período inicial. Un campo no que a previsión de investimentos supera os 10 millóns de euros ata o 2023, e que permitirá continuar o traballo iniciado coas liñas Galicia Exporta ou cos programas desenvolvidos en colaboración coas Cámaras de Comercio, ao tempo que se impulsan plans sectoriais nas industrias vitivinícola e contract que facilitarán tanto a internacionalización das súas empresas como a cooperación entre os diferentes axentes. No caso do viño, o plan intégrase na Estratexia de dinamización económica, territorial

e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia, que acaba de ser presentado e que persegue consolidar os viños galegos nos diferentes mercados e potenciar tanto a imaxe de marca e identidade como o turismo vinculado aos territorios onde se producen. Casos de éxito Un labor que se complementa co do cuarto eixe, centrado na difusión de casos de éxito, para o que se porá en marcha o programa Igape Contigo, que informará sobre a propia Estratexia de Internacionalización, dando a coñecer ditos casos de éxito e escoitando ás empresas para afondar en novas necesidades.

O fomento da innovación, da atracción de talento galego, internacional, o acompañamento ao tecido empresarial e a difusión de casos de éxito son os piares desta nova folla de ruta

4 O mellor ciclo exportador Deste xeito, e a través desta Estratexia, a Xunta de Galicia aspira a manter e reforzar a súa colaboración co tecido produtivo galego, mellorando a súa competitividade a través da internacionalización e da dixitalización. Un esforzo compartido que xa se vén levando a cabo e que ten permitido –segundo as últimas cifras de exportacións publicadas, relativas aos primeiros sete meses do ano–, acadar un crecemento do

23,3% con respecto ao mesmo período do ano pasado (xaneiro-xullo) e mesmo mellorar os datos anteriores á pandemia, sumando máis dun 5% máis que nos primeiros sete meses de 2019. De manterse este ritmo no que resta de 2021, as exportacións galegas pecharían por quinto exercicio consecutivo por riba dos 20.000 millóns de euros, consolidando así o mellor ciclo exportador da historia de Galicia.


8

Barrios 30 de outubro 2021

CIDADE

Trasalba contará cun miradoiro

Sendas peonís e ciclistas Redacción A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia publica o decreto polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos terreos necesarios para a construción dos itinerarios peonís e ciclistas das estradas autonómicas OU-101, en Montealegre, e na OU-150, en Valdorregueiro. Esta actuación busca mellorar a mobilidade e a seguridade viaria nas zonas destas estradas autonómicas que carecen na actualidade dun espazo propio para o tránsito de peóns. O departamento que dirixe Ethel Vázquez investirá preto de 1,27 millóns euros nestas obras, un importe que inclúe o aboamento dos 45 predios necesarios para a súa execución. A intervención é susceptible de contar co cofinanciamento de fondos europeos React-UE. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade procederá ao levantamento de actas previas e á licitación das obras a finais deste ano ou a principios de 2022. Os traballos contan cun prazo de execución de seis meses. Intervención A intervención deseñada polo departamento de Infraestruturas da Xunta consiste na execución de dous itinerarios peonís e ciclistas no treito de Montealegre, entre os puntos quilométricos 1+020 e 2+130 da estrada OU-101, e no treito de Valdorregueiro, entre os puntos quilométricos 0 e 1+030 da OU-150. O primeiro itinerario peonil e ciclista, de case 1,3 quilómetros de lonxitude, executarase na OU101. O outro itinerario, de case un quilómetro de lonxitude, executarase pola marxe dereita da estrada OU-150, desde o cruce coa estrada N-525 ata o comezo do treito no que se sitúa a ponte sobre o rego de Valdorregueiro.

4 Para poñer en valor as paisaxes que inspiraron a Ramón Otero Pedrayo. Redacción

Estrada N-120 Quintela Eirasvedras. /I.OSORIO.

O Goberno central licita a variante Norte 4 O orzamento da actuación ascende a 28,7 millóns de euros. Redacción O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica o anuncio do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana da licitación do proxecto de construción da variante de Ourense, do tramo Eirasvedras-Quintela. Para esta actuación destínase un orzamento total de 28.783.372,20 euros e o contrato ten unha duración de 30 meses. As ofertas poderán presentarse ata o próximo 15 de novembro. O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, destacou o compromiso do Executivo central con esta "obra histórica" para a cidade e que supón un impulso importante para seguir avanzando na construción da A-56 Ourense-Lugo. “Os feitos demostran que este Goberno cumpre o que promete e traballa para que esta infraestrutura sexa unha realidade. E para a adxudicación e inicio das obras consígnase unha partida de dous millóns de euros nos Orzamentos Xerais do Estado para 2022”, destacaba o subdelegado. Características O trazado deste primei-

ro tramo de 1,7 quilómetros de lonxitude ten a súa orixe no entorno do actual enlace de Eirasvedras da Autovía das Rías Baixas (A-52), onde actualmente existen dúas calzadas separadas de dous carrís por sentido na N-120. As dúas calzadas da variante proxéctanse conectando coas existentes, dando continuidade aos tráficos da N-120 en ambos os sentidos. O tramo finaliza no enlace de Quintela, onde conecta de novo coa N-120 á altura do núcleo de Tarascón. Neste punto, proxectouse unha conexión provisional que permitirá completar este primeiro tramo e poñelo en servizo, con independencia do segundo tramo da variante norte de Ourense entre Quintela e A Casilla. Ao longo do trazado deséñanse dous novos enlaces: o enlace de Eirasvedras e o enlace de Quintela. O tramo inclúe como obras singulares, un viaduto sobre a N-120 e a liña ferroviaria Monforte de Lemos-Vigo (Viaduto de Quintela), unha nova pon-

te sobre o Río do Porto e dous pasos inferiores, un baixo o tronco e outro baixo os ramais do enlace de Quintela, que permitirá o cruce deste ramal sobre o ferrocarril Monforte de Lemos-Vigo. Jácome Para o alcalde da cidade, Gonzalo Pérez Jácome, esta licitación deste tramo da variante norte chega máis de 20 anos tarde. “Este tramo da variante - norte leva planificándose desde 1996”, explica Pérez Jácome, “e en 2015 apróbase o documento técnico que serve de base de licitación que hoxe sae publicada no Boletín Oficial do Estado”. É dicir: “Tiveron 20 anos para preparalo, e 5 máis para corrixir a licitación. Todo isto cando estamos a falar de 2 quilómetros de tramo. Aínda está por ver que vai ocorrer e, sobre todo, cando, co resto da variante que lle dea servizo aos cidadáns de Ourense”, subliña o rexedor.

As ofertas para este tramo -Eirasvedras-Quintela- de 1,7 quilómetros poderanse presentar ata o próximo 15 de novembro

O Concello de Ourense construirá un miradoiro en Boca Ribeira, no lugar de Trasalba -na OU-0522, que une Santa Cruz con Amoeiro-. Trátase dunha atalaia natural con vistas ao sur de Ourense (Untes, santa Cruz, o río Miño...) e aos concellos lindeiros (Amoeiro, Toén, do outro lado do río Miño, o castro de San Cibrán de Las e o monte de San Trocado, o Coto Novelle, xa na fronteira con Portugal), que foron inspiración e lugar de lecer para don Ramón Otero Pedrayo, xeógrafo, historiador e político, unha das máximas figuras da literatura galega do século XX. Boca Ribeira O proxecto do mira-

doiro, de iniciativa municipal asumindo unha proposta da Fundación Otero Pedrayo, combina a aposta polo turismo e o lecer coa aposta pola cultura, xa que estará emprazado a escasos metros do pazo de Trasalba, na fronteira entre os concellos de Ourense e de Amoeiro. Para Eduardo López Pereira, presidente da Fundación, trátase de engadirlle “un valor cultural e histórico á paisaxe que desde aí se observa”. Pero esta atracción terá tamén un valor literario, xa que foi o propio don Ramón quen acuñou o termo de Boca Ribeira. Esta nova zona de lecer contará con bancos e mesas para os visitantes, e constituirá “unha aposta cultural e de lecer para a cidade de Ourense”, en palabras do tenente de alcalde, Armando Ojea.

Proxecto do moradoiro Boca Ribeira.

Parque Reza Redacción O parque de Reza contará cunha zona deportiva de adestramento de calistenia street workout, cumprindo así coa solicitude veciñal. Os traballos, que xa comezaron, contan cun orzamento de 44.499,31 euros, suporán a remodelación integral desta zona de lecer do parque de Reza. Ademáis, incluiranse equipos

para persoas con diversidade funcional e acceso aos mesmos. Esta actuación é a segunda que se pon en marcha dentro do Plan de Mellora de Parques Infantís que ten planificado o Concello de Ourense a través da Concellería de Medio Ambiente e que supón un investimento global de 8 millóns de euros para a mellora integral de 70 parques e zonas infantís de toda a cidade e o perímetro rural.


CIDADE

O Concello instala novos contedores de pilas 4 Para fomentar a recollida selectiva na cidade. Redacción A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ourense iniciou, en colaboración coa empresa concesionaria da limpeza, Ecourense, a instalación de 12 novos puntos de recollida de pilas. Estarán emprazadas nas principais rúas da cidade, onde a densidade de paso peonil é máis alta, e substituirán os puntos de recollida dos mupis retirados polo Concello. Jorge Pumar, concelleiro de Medio Ambiente, salienta que “con esta actuación aténdese a demanda dos veciños e refórzase a rede de máis de 70 puntos de recollida pública de pilas usadas coa que conta a cidade”. Ademais, lembra que a Concellería ten ao servizo de todos os veciños os puntos limpos fixos de Eiroás e de Santa Mariña, así coma o punto limpo móbil, “o primeiro de Galicia posto en servizo”, e que oferta o servizo de recollida de pilas, entre outros residuos, en todos os barrios da cidade. Novos contedores Os novos contedores, modelo Toxy, teñen unha capacidade de recollida de 30 litros. Este contedor está fabricado en polietileno de alta densidade, un material que ofrece unha

grande resistencia aos golpes, ás posibles roturas e ás agresións atmosféricas. O modelo instálase sobre poste ou báculo, con dúas aberturas: unha para pilas convencionais e a outra para pilas de botón. Ubicación Estas novas instalacións para a recollida de pilas estarán ubicadas nas rúas Doutor Fléming, Ervedelo, Francisco de Moure (praza do Couto), Coruña (con avenida de Zamora), Concordia (con rúa do Paseo), Parque de San Lázaro, Cardeal Quevedo (con Avenida da Habana), As Lagoas 7, Vicente Risco 6, ademais da avenida de Bos Aires (praza das Mercedes) e de Santiago (con Río Arnoia) e a estrada da Granxa 74. Estes puntos de recollida selectiva súmanse á oferta xa establecida na cidade, tanto en centros físicos -edificios oficiais municipais, colexios...- ou puntos limpos da cidade, ademais do servizo de recollida de pilas que oferta o punto limpo móbil.

Obras de acondicionamento na rúa da Saínza 4 Tamén se acometen obras en Pradobó e Palmés. Redacción O Concello de Ourense iniciou -a mediados de outubro- a execución das obras do proxecto de acondicionamento da rúa Nosa Señora da Saínza. En concreto, no tramo comprendido entre a avenida de Zamora e a rúa Ramón Puga Noguerol. Os traballos, cun prazo de execución dun mes (polo que está previsto que se rematen a mediados de novembro), suporán un investimento de 159.200,91 euros por parte do Concello. Os mesmo, son executados pola empresa Misturas Obras e Proxectos S.A. Os traballos teñen como finalidade mellorar as condicións de uso da rúa tanto para o tráfico rodado como para o peonil. Para isto, procedese á rehabilitación e mellora do firme da rúa, eliminando as patoloxías existentes (socavóns puntuais, deformacións, diminución do confort de tránsito pola vía por ruído, entre outras). Tamén

se reparán e acondicionarán pozos, arquetas e rexistros situados na vía e se pintarán as marcas viarias. Beirarrúas O proxecto tamén inclúe a adecuación de beirarrúas, actuando en bordos, rebaixes, pavimentos e mobiliario urbano. Salienta neste sentido a sección de beirarrúas prevista, onde se prescribe para o

Barrios 30 de outubro 2021

itinerario peonil accesible una anchura mínima de 180 centímetros, ampliando os sobreanchos nas rúas Ermitas, Cristal e Portalón do Casar, coa fin de realizar o cruce peonil de modo seguro. Tamén se prevé no proxecto a posibilidade de incorporar unha intersección semafórica no enlace norte entre a rúa Nosa Señora da Saínza co Camiño Portalón do Casar. Outras obras O concello tamén está acometendo obras de rehabilitación e mellora de firme en dúas rúas do rural da cidade: na rúa das Póutigas, en Val do Regueiro, e nos espazos públicos de Pradobó, en Palmés.

9

EN BREVE 4 Conferencia Criptomonedas O Colexio de Economistas de Ourense e UNED Ourense ofrecen a conferencia “Criptomonedas para todos”, que impartirá na cidade o profesor Alberto Muñoz Cabanes, da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UNED. O lugar da conferencia é o salón de actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel, o día 3 de novembro, ás 17 horas. Para asistir á conferencia é necesario inscribirse no seguinte correo electrónico: colourense@economistas.org ou chamando ao número de teléfono 988 21 48 44. A inscrición custa 10 euros.

4 Pleno

Estado actual das obras na rúa de Nosa Señora da Saínza. /RAMSÉS.

O Concello, xunto con Ecourense, instalou 12 novos puntos de recollida por toda a cidade

O pleno de novembro debaterá a aprobación dun convenio con ADIF para ampliar os pasos de Ramón Puga e Tarascón Ademais, tamén debaterá, dous convenios de colaboración relacionados coa execución da variante norte: un convenio entre a Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), o Concello de Ourense e o Concello de Coles; e outro de colaboración entre o Concello de Ourense e o de Coles.

4 Rúa Madre Soledad O Concello de Ourense mellorará a seguridade viaria na rúa Madre Soledad de la Cruz, no barrio do Vinteún, executando un proxecto de ensanche de beirarrúas na contorna do colexio Divino Mestre.

4 Arrus Constitución do Consello Municipal de Maiores.

Consello Municipal de Maiores

O punto de recollida de pilas instalado no parque de San Lázaro.

A Concellería de Asuntos Sociais constituíu o Consello Municipal de Maiores. O acto foi celebrado no Centro Cívico Colón, e contou coa presenza de grupos políticos representados no Concello de Ourense e de asociacións e de entidades do eido. Para a concelleira Eugenia Díaz Abella, trátase “dun compromiso deste mandato”, pero “non queremos que se quede nun mero formalismo que cubra as reunións establecidas no regulamento”, di. A idea da responsable da área é que este Consello sexa un órgano “participativo” e aberto ás entidades e organismos representantes de toda a cidadanía. O obxectivo, resume, é que “todas acheguen suxestións e ideas para mellorar a calidade de vida dos nosos maiores”.

O Concello impulsa (con 80.000 euros) a rehabilitación de vivendas en catro ARRUS da cidade. Tres axudas para vivendas no Casco Histórico; tres para oPolvorín – Camelias - Carballeira; unha para o Núcleo Etnográfico de Seixalbo; e unha para Serra San Mamede - Cruceiro Quebrado – Inmaculada.


10

Barrios 30 de outubro 2021

CIDADE

A UNED oferta catro cursos neste cuadrimestre 4 As clases son os luns e os xoves. Redacción Os ecovixiantes limpando o parque de Camiño Caneiro.

Ecovixiantes Redacción Os ecovixiantes do Colexio Franciscanas continuaron coa súa frenética actividade en prol do medio ambiente durante o mes de outubro. Unha das actividades realizadas foi a entrega de tapóns solidarios (125 quilogramos) en Albarellos -Monterrei-; cabe recordar que o Divina Pastora MM Franciscanas é punto de recollida de tapóns para causas solidarias. Tamén, dentro do Proxecto Ríos realizaron o muestreo de outono preto

da desembocadura do río Loña. Alí, constataron o bo estrado da auga en canto a Ph, nitratos, dureza, etc. Ademais, realizaron o Plan Proxecta Recíclate con Sogama depositando bolsas de envases lixeiros no contedor correspondiente. Finalmente, no parque Camiño Caneiro realizaron unha xornada de limpeza Samaín e hábitos de vida saúdable. Ataviados con disfraces terroríficos deronlle un “susto” á suciedade que, afortunadamente, cada vez é menor. Recolleron cabichas, máscaras, botellas e envases de plástico.

Arranca, con moita ilusión -tanto para profesores como para alumnos-, un novo curso da UNED sénior (para maiores de 55 anos) de Ourense. E faino coa volta ás aulas para seguir presencialmente as materias elexidas e que imparten profesores especializados, cada luns e xoves no Centro Cultural Marcos Valcárcel. 1º cuadrimestes O curso divídese en dous cuadrimestres. No primeiro deles (que se prolongará ata o 14 de febreiro de 2022) as materias que se dan son: Cine italiano, arte, literatura inglesa medieval e medio ambiente. Os luns daran-

se dúas sesións (a primeira de 16.30 a 18.30 horas e a segunda, de 18.30 a 20.30 horas) e os xoves unha sesión (ás 18.30h). Os luns, na primeira hora, Simone Gerolamo Saibene explicará A dolce vita do cinema italiano. Despois, o profesor Anxo Domínguez López impartirá Arte española do Renacemento. Os xoves, á primeira hora haberá Literatura inglesa medieval, coa docente Ruth Murias Román, e despois Fabio Tabarés Santalices estará á fronte da materia Gaia, un planeta que agoniza. 2º cuadrimestre O segundo cuadrimestre comezará o 21 de febreiro e estenderase até o 13 de xuño de 2022 e constará doutro catro ma-

terias. Os luns, Begoña Cádiz Rilo impartirá Galicia en imaxes. Percorrido polas súas riquezas paisaxísticas. Seguiralle Anxo Domínguez López con Patrimonio histórico-artístico e documental. Os xoves Miguel Guerra Ro-

dríguez explicará Filosofía Contemporánea mentres que Roberto Estévez Rodríguez fará o propio con Psicoloxía e Arte; a expresión das emocións a través da pintura. Información Todos os interesados que queiran participar nalgunha das iniciaticas da UNED poden facelo no mail info@ourense. uned.es; no teléfono988 37 14 44 ou na web unedourense.es.

Os cursos daranse no Centro Cultural Marcos Valcárcel..


ECONOMÍA

Barrios 30 de outubro 2021

11

Este programa aspira a reforzar a posición de partida do tecido empresarial galego de cara á mellora da súa competitividade e para abordar novos mercados.

O programa ReAcciona covid-19 mellora a competitividade das pemes 4 Para darlles pulo e impulsar a recuperación económica de Galicia tras a pandemia. Redacción Coa finalidade de cooperar co tecido empresarial galego no actual escenario económico, contribuíndo ao seu impulso e recuperación tras a pandemia, a Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, impulsa unha novidosa liña de actuación: o programa ReAcciona co-

vid-19. Un programa ao que o Goberno autonómico vén de abrir o seu prazo de solicitudes e que permanecerá aberto ata o 15 de novembro (agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito). Neste sentido, a convocatoria aspira a reforzar a posición de partida das pemes galegas de cara á mellora da súa competitividade e para abordar novos mercados. Un obxectivo enmarcado na propia

filosofía do programa ReAcciona, que o Goberno galego desenvolve desde 2012, reforzando deste xeito a súa aposta pola economía circular. Finalidade Esta nova liña diríxese á consecución de resultados, á aprendizaxe e á autonomía das empresas, que serán acompañadas durante todo este proceso. De feito, cada servizo consta sempre de tres par-

ReAcciona ten facilitado ata a data o desenvolvemento de máis de 2.000 proxectos.

tes: formación e sensibilización, análise e execución do plan de traballo. Así, o ReAcciona covid-19 suma cinco novos servizos que atenden á situación económica xurdida da pandemia. As pemes galegas poderán acceder a prestacións especializadas no relativo á adecuación dos estados financeiros tras o impacto da covid-19 e os novos modelos de negocio; á transmisión ou adquisición de unidades produtivas; á análise de mercados internacionais concretos en relación á nova situación motivada

Os beneficiarios teñen que desenvolver a súa actividade en Galicia, contando, como mínimo, cun centro de traballo na Comunidade e que a súa facturación se reducise nun 10% en 2020

pola emerxencia sanitaria e as necesidades específicas do solicitante de cara á apertura ou permanencia en dito mercado; á elaboración, adaptación e implementación de plans estratéxicos de internacionalización da empresa ou do sector ao novo escenario internacional; e á implantación de procesos acordes á economía circular. Información Para recibir información e tramitar as axudas pódese acudir ás oficinas territoriais do Igape; chamar ao Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47; ou a través de www.igape.es ou en informa@igape.es. O Igape ten publicado na súa páxina reacciona.igape.es a relación actualizada en todo momento das entidades colaboradoras e os servizos que presta cada unha delas, detallando as condicións dos mesmos. Beneficiarios Poderán solicitar estes servizos as pequenas e medianas empresas, in-

cluíndo as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens e calquera outro tipo de unidade económica. Como mínimo, deben contar con tres traballadores. Así mesmo, os beneficiarios deben desenvolver a súa actividade en Galicia, tendo, como mínimo, un centro de traballo na Comunidade e a súa facturación en 2020 debe ser un 10% inferior á do ano precedente. Todos os servizos teñen un custo de 600 euros para o solicitante, sendo o seu valor de mercado de 10.000 euros. Deste xeito, o Goberno galego complementa o programa ReAcciona, unha iniciativa que ten facilitado ata a data o desenvolvemento de máis de 2.000 proxectos que permitiron mellorar a competitividade de 1.333 empresas galegas, mobilizando 10,5 millóns de euros.

O prazo de solicitudes está aberto ata o 15 de novembro


12

Barrios 30 de outubro 2021

VERÍN E COMARCA

“Kotodama” continúa formando en artes escénicas

Cursos gratuítos Redacción O Concello de Verín impartirá dous cursos gratuítos para desempregados: Socorrismo en Instalacións Acuáticas e Atención Socio-Sanitarias a Persoas Dependentes en Institucións Locais. Requisitos Os requisitos de acceso para ambos os cursos, que comezan e 2 de novembro, serán a posesión do título da ESO ou de competencias clave NIVEL 2, así como o certificado de estar rexistrado no INEM como desempregado. As persoas que superen devanditos cursos conseguirán o Certificado de Profesionalidade, NIVEL II. Cursos O curso de Socorrismo en Instalacións Acuáticas (de 370 horas de duración) impartirase do 2 de novembro ao 11 de marzo de 2022 en horario de mañá na Aula 1 da Casa da Xuventude (de 9 a 14 horas). Pola súa banda, o curso de Atención Socio-Sanitarias a Persoas Dependentes terá lugar, tamén na Aula 1 da Casa da Xuventude, do 2 de novembro ao 29 de marzo de 2022 en horario de tarde (de 16 a 21 horas). Información e inscricións As persoas interesadas en inscribirse pode facelo na segunda planta do Concello de Verín, chamando ao teléfono 988 41 00 00 ou mandando correo electrónico a adl@verin.gal.

4 Santi Cañaveral dirixe un curso de teatro en Verín. Redacción

Imaxe da ponte de Queizás. /C.M.

Operativa a nova ponte de Queizás 4 Une o polígono de Pazos coa estrada N-532. Redacción O Concello de Verín vén de rematar o asfaltado da nova ponte de Queizás. O pasado xoves, o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, e o tenente de alcalde, Diego Lourenzo, achegáronse ata a ponte para dar o pistoletazo de saída da nova infraestrutura. Polo que comezou a súa súa posta en funcionamento, e xa está aberto ao tráfico rodado. Tráfico pesado Esta actuación, que ten como principal obxectivo retirar o tráfico pesado do centro, especialmente aos camións con destino ao polígono de Pazos (uns 600 vehícu-

los diarios, aproximadamente), ademais, serverá para reducir as emisións contaminantes na vila. Inversión Esta obra supuxo un investimento total dun millón de euro, dos cales 800.000 son achegados polo Instituto para a Diversificación e o Aforro Enerxético (IDAE) e 200.000 euros corresponden a fondos propios municipais. Segunda fase O Concello de Verín encóntrase actualmente traballando na segunda fase do proxecto que, cun investimento total de 600.000 euros, consiste na realización das obras necesarias para culminar

a unión deste viaduto co polígono de Pazos, dotando ao mesmo dun novo acceso -unha rotonda- e conectándoo coa estrada N-532. «Ca finalización desta segunda fase, completarase o novo viario perimetral que servirá de circunvalación complementaria á que se desdobra das autovías A-52 e A-75, conseguindo que os camións non teñan que abordar o casco urbano reducindo significativamente as emisións contaminantes», explicou Gerardo Seoane, alcalde de Verín.

A segunda fase do proxecto consiste na realización das obras necesarias para culminar a unión deste viaduto co polígono de Pazos

Santi Cañaveral é un actor que hai tres anos diplomarase en Interpretación e Dirección de Escena. Ao non atopar o seu sitio no complexo mundo da interpretación decidiu tomar o seu propio camiño e probar sorte coa docencia. Así nace, en colaboración da área de Cultura do Concello de Verín, o primeiro curso de interpretación teatral en Verín que xa leva tres anos activo, con cada vez máis alumnado e máis repercusión. A pandemia non conseguiu frear estas xornadas formativas, que se adaptaron a nova normalidade ensinando as escenas dos seus alumnos e alumnas a través das redes sociais, así como realizando actuacións presenciais no propio Auditorio Municipal de Verín. Santi Cañaveral deuse de conta da positividade

e da gran oportunidade que isto significa tanto para el, como para seu alumnado e o seu pobo, polo que decidiu crear o seu grupo de teatro propio baixo o nome “Kotodama”, coa intención de transformalo, nun futuro inmediato, na que será a primeira escola de teatro profesional do rural galego. Kotodama é un proverbio xaponés que significa: espírito da linguaxe ou palabra da alma. Tanto a improvisación, coma a dirección ou a linguaxe corporal son teimas fundamentais nas clases de Santi Cañaveral, que resultan na deconstrución persoal de cada un dos seus alumnos e alumnas. Interesados O grupo de teatro “Kotodama” continuará cas súas clases no Pavillón Municipal de Verín e con máis espectáculos e exercicios neste ano “post-pandemia”. Os interesados en inscribirse no curso de teatro poden facelo chamando ao teléfono 600 234 318.

Alumnos do curso de teatro xunto a Cañaveral.


VERÍN E COMARCA

Barrios 30 de outubro 2021

A reapertura do Museo de Verín contabilizou ao redor de 1.800 visitantes 4 Un dos reclamos foi a exposición “O viño nos Camiños de Santiago”. Redacción

Visitantes da exposición.

Últimos días da exposición de gravado 4 De artistas españois do século pasado. Redacción A Sala de Exposicións do Concello de Verín acolle ata o venres, 5 de novembro, a exposición “Múltiple- A arte do gravado de Picasso a Barceló”. Ata o momento, son máis de medio millar os visitantes que tivo a mostra. Trátarse de 36 obras dos artistas máis destacados do século XX español as compoñen esta exposición que está aberta para o público en xeral das 17 ás 21 h de luns a venres. Catro obras de Picasso, dúas de Dalí; creacións de Miró, Tapies ou dos galegos Luís Seoane e Maruja Mallo, entre outras sinaturas de relevo ofrecen unha selecta escolma do gravado español do século pasado. A exposición, organizada por Afundación Obra Social Abanca coa colaboración do Concello de Verín, esta a ser unha oportunidade para que a

comarca poida coñecer todas as variantes e linguaxes da arte do gravado. Desde as técnicas tradicionais da calcografía, a xilografía, a litografía e a serigrafía, á mestura das mesmas, á fusión con collages ou á creación de procedementos innovadores por algún dos autores seleccionados. En definitiva, unha oportunidade en Verín a non perder para as persoas que queiran coñecer e gozar da “gran vía” da que se serviron os artistas desde a época renacentista para popularizar a arte entre a baixa nobreza, a burguesía emerxente e o clero máis abastado.

A exposición pódese visitar ata o 5 de novembro de 17 a 21 horas

Tralo final do verán, o Museo de Verín fai balance da súa actividade dende a reapertura das súas portas o pasado mes de xuño. Tras estes meses, o total de visitantes andivo polos 1.800. Se vén é certo que chegaron turistas de Portugal, Alemaña, Holanda, Francia ou incluso Florida, o certo é que, un ano máis, cobrou especial importancia a cifra de visitantes nacionais, amosando a tendencia do cambio de modelo cara un turismo de proximidade. Outra porcentaxe importante dos visitantes corresponde aos veciños e veciñas da comarca, que continúan a ver o centro coma un referente cultural e unha institución capaz de complementar a axen-

da de ocio local. Durante estes meses, ademais das exposicións permanentes habituais, o museo reforzou a súa oferta con dúas exposicións temporais, “Emerxencia climática: feitos e datos” cedida polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) e “O viño nos Camiños de Santiago”, cedida polo Museo do Viño de Galicia. “O viño nos Camiños de Santiago” No pasado mes de xullo, o museo acollía esta exposición que pretende difundir a relación de longa data entre o viño e as rutas xacobeas. Así, sen perder de vista o marco xeral, preséntase unha liña temporal con referencias directas a Galicia. Terra coñecedora do viño dende momentos previos á incorporación a

Visita guiada no Museo de Verín.

Roma e na que, cada vez parece máis probable, se tería comezado a producir no horizonte da segunda metade do século I d.C. A tradición vitivinícola da veciñanza da comarca de Verín e a cada vez máis notoria fama dos viños da Denominación de Orixe Monterrei crearon o contexto perfecto para que esta exposición se convertera no gran atractivo turístico e cultural entre os visitantes do museo. Durante as visitas guiadas que tiveron esta exposición como eixo central destapáronse moitas intrigas e consultas entre os visitantes, especialmente os estranxeiros. A información dos seus paneis interpretativos converteuse nun punto de partida para coñecer máis alá a realidade vitivinícola que marcou a sociedade desta comarca e, como non, o fomento da cata dos caldos da propia Denominación e a visita ás súas bodegas.

Ao museo chegaron turistas de Portugal, Alemaña, Holanda, Francia ou incluso Florida

13

Polígono agroforestal Redacción O conselleiro do Medio Rural, José González, reuniuse con veciños de Monterrei para animalos a aproveitar os instrumentos que contempla a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia para poñer en valor os predios en desuso ou infrautilizados. Propúsolles a creación dun polígono agroforestal neste municipio, orientado preferentemente cara a produción de viñedo. O obxectivo é complementar as rendas dos titulares destes terreos aos que se quere implicar no proxecto. Trátase, tal e como explicou o conselleiro aos veciños, de recuperar terra para xerar actividade económica e crear postos de traballo, ademais de avanzar na prioritaria anticipación aos incendios, mediante ese aproveitamento agrogandeiro ou forestal dos predios. Neste caso avalíase a posibilidade de poñer en valor un total de 22,44 hectáreas, repartidas en 535 parcelas de 331 propietarios que, entre outras finalidades e tendo en conta a súa situación estratéxica, poderían contribuír ao aumento da superficie e da produción vitivinícola dentro da denominación de orixe Monterrei. O conselleiro explicou que a iniciativa pode ser da Administración ou de particulares, requirindo o acordo de propietarios (ou representantes dos dereitos de uso) de cando menos o 70% da superficie do perímetro do proxecto.


14

Barrios 30 de outubro 2021

DO Monterrei en Ferrol Redacción A última actividade promocional da DO Monterrei, celebrada na cidade de Ferrol, congregou a máis de 70 asistentes de sector da restauración, hostalaría e distribución. Nesta iniciativa realizada no Centro Torrente Ballestes déronse a coñecer o produto de 21 adegas da denominación. Esta iniciativa atópase dentro do ciclo de accións promocionais realizadas pola denominación para este ano, e que xa permitiu que os viños de Monterrei viaxen a San Sebastián, Oviedo, Santiago de Compostela, Santander ou Madrid, entre outras cidades. “Ferrol é un dos nosos destinos fixos no calendario, e este ano debiamos volver a esta cidade, non só para agradecer o traballo de todos os que seguiron apostando por Monterrei nas súas mesas, senón tamén para mostrar que a aposta pola calidade é a máxima que seguen os nosos viticultores e adegueiros”, destaca a presidenta da DO Monterrei, Lara Da Silva.

VERÍN E COMARCA

Xunta e Deputación impulsan a Festa da Vendima de Monterrei 4 A nova cita promocional prevese para o mes de outubro do ano 2022. Redacción A Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Ourense, en colaboración co concello de Monterrei e a Denominación de Orixe e a Ruta do Viño deste concello ourensán, acordan impulsar de novo a Festa da Vendima. Así o acordaron na xuntanza mantida en Ourense entre o conselleiro do Medio Rural, José González, e o presidente da Deputación, Manuel Baltar, e a presidenta da Denominación de Orixe Monterrei, Lara da Silva. A nova cita prevese para o mes de outubro do ano 2022. O obxectivo é recuperar esta festa de gran interese para a zona, xa que ademais de promocionar o viño desta comarca -que conta con selo de calidade propio- tamén se poñen en valor outros

Bo gusto nas 10as portas abertas da DO Monterrei 4 Remataron cun túnel do viño no Museo Mercedario. Redacción Durante a fin de semana da ponte de Tódolos Santos a Denominación de Orixe Monterrei organizou unhas xornadas de Portas Abertas que chegaban á súa décima edición. As actividades comezaron con ‘A vida dos meus avós’, na que a rapazada descobriu como vivían os avós, as súas tradicións e quefaceres diarios. Tamén se celebrou o obradoiro ‘Armonía de Viños de Monterrei e Conservas’ onde os asistentes mari-

raron o viño da zona con conservas. Durante a segunda xornada realizouse o servizo

recursos turísticos como a gastronomía, a artesanía, a cultura e o produto local. Desta forma, a nova cita daralle un novo impulso turístico a esta comarca en xeral e ao concello de Monterrei en particular, que se potenciará coa propia Ruta do Viño de Monterrei, un claro reclamo na zona. Estratexia Neste senso, cabe des-

tacar a posta en marcha da Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia que persegue consolidar os viños galegos nos mercados nacional e internacional e transformar, de aquí a 2026, a capacidade de xeración de valor dos territorios nos que se produce.

A campaña deste ano 2021, na DO Monterrei, foi do 6 de setembro ao 15 de outubro.

Histórica colleita na DO Monterrei 4 Recolléronse máis de 6,2 millones de quilogramos de uva. Reunión mantida polo conselleiro do Medio Rural, a presidenta da DO Monterrei, o presidente da Deputación e o alcalde de Monterrei. Bus do Viño (con autobuses procedentes da Coruña, Santiago, Lugo, Vigo e Ourense) no que se deu a coñecer as seis adegas participantes nesta xornada (Daniel Fernández, Fragas do Lecer, Gargalo, Ladairo, Pazo de Valdeconde e Triay), ademais de recursos patrimoniais, culturais e naturais do territorio (lagares rupestres, Castillo de Monterrei, casco histórico de Verín ou A Cidadella, entre outros).

E na última xornada, os participantes destas xornadas realizaron unha ruta de sendeirismo polos Lagares Rupestres de Oímbra, ademais de visitar a Adega-Lagar As Barrocas. Para rematar, celebrouse un túnel do viño no Museo Claustro Mercedario de Verín; os asistentes puideron degustar os brancos e tintos das 15 adegas que conformaron a ruta do Viño.

As xornadas de portas abertas desta DO contan sempre con moitos participantes.

Redacción A vendima 2021 na Denominación de Orixe de Monterrei rematou marcando unha nova colleita histórica, En total, foron 6.231.057,5 quilogramos de uva recollida o que alcanza unha cifra nunca vista anteriormente. Resultados A campaña de vendima 2021 concluíu cuns "excelentes resultados a nivel cuantitativo, debido ao aumento paulatino que foi vivindo a nosa base territorial", indicaba a presidenta do Consello Regulador, Lara Da Silva, "xa que se volveu a lograr un máximo histórico, superando en máis de medio millón de quilogramos a campaña 2020, até agora a máis exitosa". Variedades Con respecto á cifra de variedades vendimiadas, colleitáronse 4,2 millóns de quilos de uva branca, mentres que de uva tin-

ta foron pouco máis de 2 millóns. A presidenta tamén quixo destacar que "atopámonos ante unha vendima atípica climatoloxicamente falando, pero na que viticultores e adegueiros traballaron duro para que o froito entrase cun estado óptimo nas adegas, o que agardamos tradúzase na calidade duns viños que sigan recibindo distincións e, o que é máis importante, o recoñecemento dos consumidores". Campaña A campaña de vendima iniciouse o 6 de setembro, coa adega Pazo das Tapias e finalizou o 15 de outubro, sendo as adegas Quinta do Buble e Trasdovento as últimas en pechar o período de recolección de uva.

Colleitáronse 4,2 millóns de quilos de uva branca e pouco máis de 2 millóns de uva tinta


SOCIEDADE

Barrios 30 de outubro 2021

15

A Xunta impulsa unha nova lei para regular, ampliar e estender o apoio aos concellos nas súas competencias de abastecemento, saneamento e depuración

4 Promove un novo modelo de xestión para garantir a calidade nos servizos, a eficiencia na explotación das infraestruturas e a viabilidade económica dos sistemas Redacción Crear un marco normativo para regular, ampliar e estender o apoio aos concellos nas súas competencias de abastecemento, saneamento e depuración das auga é o obxectivo da Xunta de Galicia. Para eso, promove un novo modelo de xestión para garantir a calidade nos servizos, a eficiencia na explotación das infraestruturas e a viabilidade económica dos sistemas. A Xunta de Galicia impulsa a Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga coa que se garantizarán servizos eficaces e profesionais aos veciños, a eficiencia na explotación das infraestruturas municipais e a viabilidade económica dos sistemas. A Xunta considera necesario avanzar neste novo modelo que axude ás entidades locais ante as dificultades contrastadas, tanto técnicas como financeiras, que teñen moitos municipios para exercer con eficacia as competencias en materia de augas, que inciden na calidade e na saúde das propias persoas, no medio natural e en distintas actividades económicas como a pesca, o marisqueo, a acuicultura ou o turismo. Esta iniciatica enmárcase na aposta da Xunta por acadar os obxectivo de desenvolvemento sostible da Axenda 2030 mediante actuacións

A Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga busca garantir a prestación de servizos eficaces e profesionais aos veciños transformadoras de loita contra o cambio climático e a favor do crecemento verde e insclusivo. Investimento Nos últimos anos a Comunidade galega experimentou un salto cualitativo na extensión territorial dos servizos de abastecemento, saneamento e depuración, ao cal contribuíu, en gran medida, a mobilización por parte da Xunta de máis de 1.100 millóns de euros (a pesar de que o saneamento e abastecemento son competencias locais) desde 2009 na execución de obras e infraestruturas hidráulicas en apoio aos municipios no exercicio das súas competencias. Estas intervencións e investimentos incidiron na mellora dos indicadores da calidade das augas e no nivel de cumprimento das normativas comunitarias

Augas de Galicia poderá asumir a xestión do abastecemento, saneamento e depuración dos concellos que voluntariamente o soliciten

na materia. Estas actuacións acometidas polo ente autonómico melloraron en case 10 puntos a porcentaxe da auga en bo estado, graza á construción de 160 depuradoras, ademais de desenvolver 14 plans de saneamento local, cos que se renovaron case 2.400 quilómetros de redes municipais. Xestión Con todo, a execución das infraestruturas hidráulicas debe ir acompañada dunha boa xestión e do mantemento que permita prestar os servizos con calidade e eficacia, algo que supera a capacidade técnica e económica de moitos municipios galegos, en gran medida, debido ás propias singularidades do territorio como a complexa orografía ou a dispersión da poboación. Por iso, a Xunta considera conveniente establecer un marco normativo que aposta pola coordinación e a implicación de todas as administracións con competencias na materia: a Xunta, as deputacións e os concellos. De aí que o texto legal estableza instru-

mentos de cooperación que garantan a corresponsabilidade e o cofinanciamento na programación de investimentos necesarios para a mellora do ciclo integral da auga. Segundo o previsto no anteproxecto de lei, Augas de Galicia poderá asumir a xestión dos servizos do ciclo da auga dos concellos que voluntariamente o soliciten e debe contar coa implicación da deputación provincial correspondente no financiamento das obras que sexan precisas. O novo modelo incentiva a xestión profesionalizada e especia-

lizada dos servizos da auga partindo do coñecemento minucioso dos sistemas e da ordenación completa das súas instalación. Ademais priorizaranse as actuacións nas redes co fin de limitar as infiltracións de augas brancas e as verteduras contaminantes, aumentando así a eficiencia dos sistemas e evitando os grandes investimentos nas depuradoras. Modelo único O novo modelo implica, ademais, igualdade de trato e de condicións en todo

A Xunta mobilizou máis de 1.100 millóns de euros desde 2009 na execución de obras e infraestruturas hidráulicas

o territorio cun modelo único e igualitario. Cómpre lembrar que, a día de hoxe, en Galicia conviven distintos modelos de xestión da auga, desde a xestión municipal dos propios sistemas, consorcios, mancomunidades e sociedades supramuniciais; e depuradoras que son xestionadas directamente por Augas de Galicia como axuda aos concellos nas súas competencias municipais. Na actualidade son 28 as depuradoras que xestiona directamente Augas de Galicia, que supoñen unha achega anual da Xunta de 17,7 millóns de euros. O anteproxecto de lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga tamén prevé prezos únicos e xustos no conxunto da Comunidade. Co fin de garantir a viabilidade económica e financeira na xestión da auga e permitir a recuperación dos custos dos servizos, garantindo a súa viabilidade e a aplicación dos principios de “quen usa, paga” e “quen contamina, paga”, reordénanse os tributos existentes cunha denominación acorde ao recurso que se está gravando pero sen crear novas taxas que repercutan nos usuarios. O anteproxecto de lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga iniciou a súa tramitación para ser aprobado logo polo Consello da Xunta de Galicia e a súa posterior remisión ao Parlamento de Galicia para a súa aprobaci´pn definitiva.

O anteproxecto de lei prevé prezos únicos e xustos no conxunto da Comunidade


16

Barrios 30 de outubro 2021

VERÍN E COMARCA

Xornadas de emprendemento no García Barbón

Vilardevós Redacción A Xunta adxudica por case 70.000 euros a mellora da contorna das vivendas do antigo grupo de vivendas de mestres de Vilardevós. Cun prazo de execución de catro meses, os traballos consistirán na urbanización da zona que rodea o mencionado grupo escolar, conformado por un total de cinco vivendas, das cales tres xa foron rehabilitadas e están dispoñibles para vivir. Esta actuación, cofinanciada nun 70% pola Xunta e nun 30% polo Concello de Vilardevós, quere urbanizar este ámbito, que se atopa actualmente en estado de abandono, con maleza abundante e dificultades para o acceso, con escadas e muros. Así, limparase a contorna (con revexetación incluída), repararase a pavimentación, colocarase un sistema de rego automatizado, varandas e cableado eléctrico e de telefonía. Outra parte importante da obra adxudicada consistirá na mellora da rede de abastecemento e saneamento de augas, coa instalación de novas conducións para asegurar un servizo de calidade aos futuros veciños. Cómpre lembrar que estes traballos executaranse ao abeiro do convenio de colaboración asinado o pasado mes de xullo entre a Consellería e o Concello de Vilardevós no marco do chamado Plan Hurbe. Piscinas Ademais, este mesmo outono iniciaranse as obras de mellora da piscina da localidade. O contrato de obra foi adxudicado recentemente por un importe de 94.830 euros e un prazo de execución de 4 meses.

Ángeles Vázquez e Manuel Cardoso na firma do convenio.

4 O 11 de novembro será a última sesión. Redacción

Panorámica do recinto onde se celebrou a Festa da Cervexa.

4.500 persoas asistiron á Festa da Cervexa de Verín 4 Con actividades lúdicas e gastronómicas. Redacción A primeira edición da Festa da Cervexa de Verín foi un éxito incuestionable. As cifras falan por si soas e deixan ben claro que esta primeira edición, organizada polo Concello de Verín, vén para quedar. Tras dous intensos días de celebración, a organización pechou a gran carpa instalada na Preguiza cun balance “moi positivo”. Así o confirmou o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, quen afirmou que se abriron un total de 125 barrís de cervexa para servir aos máis de 4.500 asistentes que visitaron o recinto os días 8 e 9 de outubro. «Calculamos que du-

rante estes dous días pasaron pola carpa unhas 4.500 persoas. Facemos esta estimación en base á ocupación da carpa así como polas entradas vendidas para os concertos. É necesario destacar o cheo absoluto que experimentou o recinto nas horas de máxima afluencia, sendo necesario limitar temporalmente o acceso para garantir o cumprimento do aforo permitido», aclarou Gerardo Seoane. Valoración Moi positiva foi tamén a valoración final realizada polas empresas responsables de instalar os postos gastronómicos na festa. «Segundo a enquisa realizada», explicou Gerardo Seoane, «todos os parti-

Éxito das Xornadas de Novela Histórica 4 375 participantes acudiron á cita deste ano. Redacción A última cita das Xornadas de Novela Histórica tivo un gran éxito. Un total de 375 persoas (150 nas actividades enfocadas aos centros educativos e 225 no resto de conferencias) participaron nas actividades programadas des-

ta cuarta edición. Desde a organización do evento cualifican este resultado como un “exito total de participación”, ademais de ser un claro indicativo de que este evento está xa totalmente consolidado na axenda cultural da vila do Támega. A concelleira de Cultura, Emilia Somoza, salien-

cipantes confirman un rotundo éxito de vendas. Como datos representativos podemos confirmar que, nos dous días de celebración, vendéronse máis de 1.000 salchichas, 400 kg de polbo e 50 kg de carne o caldeiro». Ademais das degustacións gastronómicas e cervexeiras, a festa incluíu na súa programación dous concertos como os de Ortiga e MITIC - O Espectáculo, colgando o cartel de cheo en ámbalas dúas ocasións.

Durante os dous días abríronse un total de 125 barrís de cervexa tou os excelentes resultados de asistencia obtidos en todas as actividades programadas non marco as xornadas e recalcou que «a gran acollida do público obtida nestas xornadas de novela histórica -a pesar da actual situación sanitaria- demostran que esta iniciativa xa é, sen dúbida algunha, un dos referentes da axenda cultural verinesa». Pola súa banda, desde a dirección da Biblioteca Municipal, entidade responsable organización, fan un balance "máis que positivo" en canto á participación. Xornadas

Durante tres sesións, o IES García Barbón de Verín organiza as I Xornadas de emprendemento e orientación. As primeiras sesións tiveron lugar os días 19 e 27 de outubro, quedando a última para o día 11 de novembro -xoves-. Comezará esta última -que terá lugar no Auditorio Municipal de Verín- xornada ás 10 horas coa conferencia: “A importancia dos emprendedores no desenvolvemento local” na que interveñen María José García e Lorena

Collazos “Ridicodias”; Esther Pato “Pato Joyeros” (www.patojoyeros. com); e María José Ceballos “Granxa Entretinada e Delicias do Támega”. A partir das 12h será o turno para que Santi Cañaveral “Teatro Ana Noguerol” e Iago Padrón “Higia” (www.centroshigia.com) conten as súas experiencias no emprendemento. Finalmente, rematarán as actividades en torno ás 13.15 horas coa presentación do Viveiro de Empresas do IES García Barbón a cargo de Maite González Requejo, dinamizadora da relación con empresas.

O 11 de novembro a xornada terá lugar no Auditorio de Verín. Baixo o título “Mulleres na Historia”, o principal obxectivo deste encontro organizado pola Biblioteca Municipal de Verín foi realizar un achegamento aos aspectos moito menos coñecidos dos autoras deste xénero e as temáticas históricas que os inspiran.

Este ano contaron coa presenza de cinco autoras de primeira fila dentro deste xénero (Luz Gabás, María Solar, Rosario Raro, Eva Mejuto e María Vila) que compartiron cos asistentes a súa paixón, inquedanzas, segredos e coñecementos.

Un momento das Xornadas de Novela Histórica.


BARBADÁS

Barrios 30 de outubro 2021

Durante o curso aprenderon a manexar extintores.

Barbadás forma aos traballadores de Carrefour 4 En emerxencias. Redacción O Concello de Barbadás, a través do servizo de emerxencias de Protección Civil, colabora co Centro Comercial Carrefour na formación interna dos seus traballadores. A actividade formativa celebrouse nas instalacións de Carrefour os días 14 e 15 de outubro e tivo coma obxectivo que os traballadores adquiriran a pericia necesaria para actuar en condicións de seguridade ante un incendio nas instalacións, antes da chegada dos medios externos. Daniel Rey, responsable do Servizo de Emerxencias de Barbadás, explica que “a formación tivo parte teórica na aula do propio centro e unha parte práctica" realizada no patio de carga e descarga do centro

Subministro eléctrico Redacción O Concello de Barbadás adxudicou o subministro de enerxía eléctrica en instalacións municipais e alumeado público cun prezo pechado durante 2 anos. Na licitación dispoñíanse dous lotes, o primeiro comprendendo os subministros con potencia contratada inferior a 10kW, concorreron 7 empresas comercializadoras resultando a oferta máis vantaxosa a presentada por Gas Natural, por 139.000 euros.

comercial. A aprendizaxe no manexo de extintores manuais e das mangueiras das bocas de incendio equipadas (B.I.E.) foron as prioridades da acción formativa. Os alumnos (participaron un total de 30 alumnos repartidos en dúas quendas) son integrantes do corpo directivo e responsables de diferentes seccións, que teñen a responsabilidade de actuar ante unha emerxencia no centro según o seu propio plan de autoprotección. O Servizo Municipal de Emerxencias de Barbadás aportou o persoal docente e os simuladores de prácticas, mentras que o centro comercial aportou o material gráfico e o material de extinción, como son os extintores manuais. Por outra banda, no segundo lote, que comprendía os subministros con potencia contratada superior a 10kW concorreron tamén 7 licitadores, resultando adxudicataria Endesa cunha oferta de 115.000 euros. O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, afirma que “o de Barbadás é un dos primeiros concellos que licita este servizo. Esta licitación resolveuse meses antes de que se producira o incremento do custo do subministro eléctrico. Supoñerá un aforro de aproximadamente 40.000 euros (o 10% do gasto)”.

Recepción dos tres vehículos por parte do Concello de Barbadás.

Tres vehículos de baixa emisión para Barbadás 4 Un será de uso para o concello e os outros dous para as brigadas. Redacción O Concello de Barbadás fíxose con tres vehículos de gas licuado. Os mesmos dispoñen de etiqueta Cero, con baixa emisión de CO2 á atmósfera. O financiamento desta operación contou coa aportación da Xunta

(30.000 euros) e do propio concello (19.500 euros) e a compra efectuouse tras unha licitación pública. Esta iniciativa está enmarcada na subvención do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta, pola que se aposta pola mobilidade sostible. Un dos vehículos destí-

nase ao uso por parte do Concello e os outros 2 para as brigadas de Obras e Xardinería Reaccións O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, explicou que “estamos na entrega de tres vehículos con distintivo medio

Remanente para mellorar infraestruturas 4 O Concello inviste máis dun millón de euros en varias actuacións. Redacción O Concello de Barbadás inviste 1,2 millóns de euros en pavimentacións, parques, beirarrúas -de todo o concello- e no edificio de Protección Civil. Estos proxectos serán financiados con cargo ao remanente de tesoureiría, grazas á aprobación no pleno do concello. En canto a aprobación do suplemento de crédito, o grupo de goberno do PSdeG e os concelleiros de Compromiso por Barbadás, Ramón Padrón, e de Democracia Orensana, Fina Varelas votaron a favor. Abstívose o grupo do PP e o BNG votou en contra. No tocante á votación do crédito extraordinario para a reforma do edificio de Protección Civil, votaron a favor o grupo de

goberno do PSdeG, o PP, Compromiso por Barbadás e Democracia Orensana, Fina Varelas. Esta modificación de crédito é posible grazas a que o Goberno de España suspendeu para o exercicio 2021 a aplicación das regras fiscais dada a persistencia da pandemia motivada polo covid-19 O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, explicou que nestas partidas se tenta "chegar ó maior número de veciños e veciñas do noso concello tentando atender a diversos ámbitos e servizos tendo moi presente as peticións feitas pola propia cidadanía”. A tenente alcalde de Barbadás, Victoria Morenza, resaltou a importancia de realizar intervencións en viais en case todo o termo

municipal debido ao estado de deterioro que presentan algúns deles. Destacou tamén que se priorizaron proxectos destinados á poboación moza e a nenos e nenas do concello, posto que “se vai realizar unha reforma en profundidade do parque situado na rúa da Presa, detrás da comisaría da policía local e vaise ha-

17

ambiental 0 ou Eco que son unha mostra mais da aposta do Concello de Barbadás polo medio ambiente”. A tenente alcalde, Victoria Morenza, destacou que “os vehículos propulsados con enerxías alternativas aos combustibles fósiles tradicionais xa forman parte da mobilidade sustentable no transporte a nivel global”. Rafael Sierra, concelleiro de Medio Ambiente, fixo fincapé na mellora da calidade do aire dos pobos e núcleos de poboación coa utilización de este tipo de vehículos. Falou da diminución “da contaminación acústica e do beneficio de que se consuman enerxías de fontes renovables”.

Para estes tres vehículos, con etiqueta O, a Xunta aportou 30.000 euros e o Concello 19.500 bilitar unha pista multideporte que se ubicará ao final do Paseo dos Amieiros. Outros puntos O pleno acordou tamén ampliar en máis de 9.000 euros a contía para axudar a novos empresarios e autónomos que decidan ter a súa actividade no concello. Máis bronco foi o punto sobre o funcionamento da Escola de Música. O Goberno local imposibilitou que se debatieran, por separado, as alegacións presentadas. O BNG denunciou que non se puideran debater e votar as distintas alegacións que se presentaran en prazo.

Parte do remanente irá a actuacións en parque iufantís.


18

Barrios 30 de outubro 2021

PROVINCIA

EN BREVE 4 Deputación A Deputación de Ourense vén de aprobar un orzamento de 85,7 millones para 2022, o que supón un 7% máis que o deste ano. Do montante total, 34,9 millóns irán a obras e servizo; 9,11 en educación, cultura e deporte; e 9,86 millones de euros para cooperación entre concellos.

4 Curso escumosos

A Xunta formará en Ribadavia sobre a elaboración de viños escumosos da DO Ribeiro. A xornada, que contará cun total de 20 horas lectivas, celebrarase na sede do consello regulador do 3 ao 10 de novembro en horario de 16 a 20 horas.

Emilio González nunha xornada técnica sobre violencia de xénero. Obras do futuro Parque da Igualdade no encoro de Cachamuíña.

O Parque da Igualdade A Deputación ten en marcha, no encoro de Cachamuíña, a construción do Parque da Igualdade que se converterá en lugar de homenaxe permanente ás vítimas da violencia de xénero. O Parque da Igualdade, contará cunha superficie próxima aos 2.800 m2, constará dun amplo paseo en forma de lazo, onde os visitantes atoparán entre especies vexetais especialmente seleccionadas diversos obstáculos que representan o camiño emocional que percorren as vítimas e o deterioro do seu entorno. No centro do óvalo que formará o lazo, a loita das mulleres pola igualdade estará representada por unha escultura dun artista ourensán, na que figurarán os nomes de todas as vítimas da violencia de xénero desde o 2003, ano no que se comezou a dispoñer de datos.

A Deputación de Ourense nomea ao escritor alaricano Alfredo Conde Cid Fillo Predilecto da provincia de Ourense.

4 Queixumes do Pinos

Presentación da sétima edición de Cata a Arte.

Cata a Arte A sétima edición do ciclo Cata a Arte volverá a ter o Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense como a súa sede As catas comezarán o xoves, 4 de novembro, e o seu aforo estará limitado a 50 persoas por xornada, e as prazas serán cubertas por orde de retirada dos convites de xeito presencial no Centro Cultural dende o luns anterior a cada evento. O pistoletazo de saída poñerao Arco da Vella a Adega de Eladio O mércores 10 de novembro será o momento da cata de Nairoa. O xoves, 18 de novembro, continuarase coa cata de Vinos con Personalidad. E para rematar esta sétima edición, Bodega Alanís poñerá o broche final o xoves 2 de decembro. A música estará presente en cada unha das xornadas.

4 A Arnoia

A Consellería Medio Ambiente, Territorio e Vivenda licitou por un importe de 286.972,07 euros, e cun prazo de execución de cinco meses, as obras de urbanización dun parque público no lugar de Outeiro Cruz, no concello de Arnoia.

4 Centros de maiores

Avanzan as obras dos novos centros de maiores de Riós e A Gudiña. Estas dúas intervencións son froito dos convenios de colaboración asinados no seu día entre a Consellería de Política Social e ámbolos dous concellos.

4 Hai 372 mulleres rexistradas no Sistema de Seguimento Integral. Redacción

4 Fillo Predilecto

A agrupación folclórica Queixumes dos Pinos presentou no embarcadoiro de Santo Estevo o seu novo videoclip. Trátase dun proxecto audiovisual onde se mistura patrimonio material e inmaterial coa música, a paisaxe e o patrimonio máis singular da Ribeira Sacra.A música e ritmo das pandereteiras conxugouse en armonía con paraxes como o mosteiro de Santo Estevo ou o de Santa Cristina.

Un 33,6% de vítimas de violencia de xénero en Ourense son estranxeiras

Gabriel Alén (á dereita), cos alcaldes de Leiro e do Carballiño.

Xeodestino O ribeiro O delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, informou aos alcalde do Carballiño e de Leiro, do convenio asinado co xeodestino O Ribeiro que contempla un investimento de 34.000 euros para a subvención de actividades relacionadas coa promoción, dinamización e fomento do turismo a través do marketing e comunicación dos seus produtos e a presenza do xeodestino en feiras e exposicións. Pola súa banda, a asociación tamén levará a cabo unha achega de 6.800 euros.

Durante a apertura da xornada técnica sobre autorizacións de residencia para mulleres estranxeiras vítimas de violencia de xénero, organizada pola Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno no marco da programación con motivo do 25N, o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, subliñou que as mulleres estranxeiras representan o 33,6% das vítimas de violencia de xénero rexistradas na provincia, converténdoas nunha parte da poboación especialmente sensible e afectada pola violencia machista. O subdelegado do Goberno sinalou que “a precariedade económica e laboral, xunto, en ocasións, co machismo tan enraizado en moitas culturas, aínda máis que na nosa, convértenas en mulleres moi vulnerables ante esta lacra social”. En datos, Emilio González detallou que están rexistradas no Sistema de Seguimento Integral dos casos de Violencia de Xénero 372 mulleres da provincia, das que 125 son de nacionalidade estranxeira En canto á protección específica que dá o Estado español ás mulleres de orixe estranxeiro, son 17 as autorizacións

de residencia e traballo concedidas na provincia de Ourense a vítimas estranxeiras e aos seus fillos no que vai de ano. “Estes datos obrígannos á sociedade, ás administracións e aos seus servizos a non baixar a garda e a seguir traballando contra a lacra da violencia de xénero”, sinalou o subdelegado. Ademais, destacou o papel que representan as áreas de Servizos Sociais e Igualdade dos concellos, os Centros de Información á Muller e as entidades sociais na loita contra a violencia machista, así como a aposta da Subdelegación do Goberno en Ourense pola formación destes profesionais e pola coordinación e cooperación institucional na materia. 25N Con motivo do Día contra a Violencia de Xénero, o 4 de novembro o Liceo ourensán acollerá unha xornada sobre a violencia sobre a muller aberta á cidadanía e o 24 de novembro na Subdelegación do Goberno terá lugar o acto A violencia de xénero nos textos de Emilia Pardo Bazán, no que escolares de distintos centros educativos procederán á lectura de textos da autora. Ademais, o día 25N a fachada da Subdelegación iluminarase coa cor violeta, símbolo desta reivindicación e lucirá unha pancarta reivindicativa da data.


PROVINCIA

Barrios 30 de outubro 2021

A DO Ribeiro promociona a Vía da Prata

4º Plan rescate Redacción

4 Con 1.200 botellas que levan na etiqueta o mapa do Camiño. Redacción Un viño da DO Ribeiro promociona o Camiño de Santiago ao seu paso por Ourense. Este viño enmárcase dentro dun proxecto de promoción do Camiño Mozárabe - Vía da Prata do Xacobeo 21-22. Esta primeira edición conta con 1.200 botellas que levan na etiqueta o mapa do Camiño. A intención, segundo Óscar Sánchez, directivo da asociación de Amigos del Camino Mozárabe – Vía Plata "é sumar máis adiante outros exemplares das demais denominacións de orixa ourensás". Paralelamente, a Asociación deseñou tamén manteis individuais para distribuír nos establecementos hostaleiros do Camiño, e que reproducen tamén o Camiño Mozárabe en Galicia, destacando o itinerario desde a entrada na provincia de Ourense pola Gudiña até a súa chegada a Santiago. En total,

realizaron unha partida de 100.000 manteis para darlle maior visibilidade e publicidade ao Camiño. Máis iniciativas Pola súa banda, José Luís Rodríguez, presidente da asociación, adiantou tamén que outras iniciativas no marco desta promoción están tamén na recta final como a completa guía do Camiño desde Sevilla e un folleto que se presentará en Xantar e que busca promocionar a saída desde Ourense salientando a lema ?De Pórtico a Pórtico? que fai alusión ao percorrido entre o Pórtico do Paraíso en Ourense e o da Gloria en Santiago. Igualmente, destacou o punto de información continuado que está dispoñible na CEO, onde se presta tamén asistencia ao peregrino e facilítase a Credencial para que poidan comezar con ela o Camiño.

Presentación no Liceo de Ourense do viño.

Centro de Saúde da Arnoia Redacción A Xunta de Galicia ven de adxudicar as obras de reforma e renovación do Centro de Saúde da Arnoia, que teñen por obxectivo mellorar o seu illamento, coa reanovación da cuberta, ademais da súa funcionalidade e accesibilidade, co traslado das consultas á planta

baixa. Conta cun prazo de execución de tres meses e actuarase nunha superficie de 201,25 m2, que será dedicada exclusivamente a consultas e áreas de acceso para o público, como salas de espera e aseos, que igualmente se redimensionarán, de acordo coas actuais necesidades de accesibilidade. O Centro de Saúde ofertan unha carteira de servizos básica de atención primaria aos seus 618 usuarios.

19

Gabriel Alén visitou o albergue de Sandiás onde se acometen obras como as adaptacións á accesibilidade aos baños.

A Xunta actuará en 28 albergues de peregrinos ata final de ano 4 Cun importe de 2,4 millóns de euros. Redacción O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou, acompañado do alcalde, Felipe Traveso, as obras de accesibilidade que están a piques de rematar no albergue de peregrinos de Sandiás, dentro do Plan de obras e melloras na Rede pública de albergues para peregrinos que se están a executar este ano, no marco do Plan director do Camiño de Santiago que remata este ano e que conta, entre as súas liñas estratéxicas, coa da conservación e mantemento de todas as infraestruturas asociadas ao Camiño, tamén as de acollida. Actuacións Con este obxectivo levaranse a cabo ata finais de ano actuacións en 28 albergues públicos por

Acollemento Redacción Cruz Vermella xestiona en Ourense o programa Familias Acolledoras en colaboración coa Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, un programa que busca un fogar a nenos e nenas que de forma temporal

importe de 2,4 millóns de euros que permitirán mellorar as condicións de confort dos usuarios, a accesibilidade e eficiencia enerxética nos edificios, a mellora ambiental e a conservación do patrimonio galego. A Vía da Prata será o segundo itinerario con maior número de actuacións, con obras en cinco albergues (Ourense, Sandiás, Vilar de Barrio, Xinzo e Xunqueira de Ambía) que suporán un investimento en melloras de 90.000 euros. Neste senso, no albergue de Sandiás estase a mellorar os pavimentos dos ba-

ños, a aplicación de esmalte dos compoñentes na carpintería de madeira interior, a colocación de zócalos de aluminio e topes na carpintería de madeira interior e adaptación de baño accesible e a instalación de alarma. Gabriel Alén considera que o traballo da Xunta para contar cun Camiño Seguro con tódolos trazados acondicionados e melloras nos albergues permitiu a súa reactivación neste Xacobeo 2122 coa chegada de máis de 150.000 peregrinos no que vai de ano.

A Vía da Prata será o segundo itinerario con maior número de actuacións, con obras en cinco albergues (Ourense, Sandiás, Vilar de Barrio, Xinzo e Xunqueira de Ambía), que suporán un investimento en melloras de 90.000 euros non poden vivir coa súa familia de orixe. No que levamos de ano foron acollidos na nosa provincia 47 menores. Neste momento 56 familias nutren a rede, pero é moi importante que novas familias dean o paso e se sumen ao proxecto co fin de que haxa diversidade de familias para atender as distintas necesidades. En Ourense, Cruz Verme-

lla realizou a pasada semana a formación básica obrigatoria para as novas incorporacións. O equipo de Cruz Vermella “estamos en todo momento para apoiar ás familias, dende a primeira vez que veñen para saber algo do proxecto ata que finaliza un acollemento, durante a transición entre distintos acollementos,

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a convocatoria do 4º plan de rescate para persoas traballadoras autónomas e empresas afectadas na súa actividade pola crise sanitaria, con axudas que poden solicitarse ata o próximo 29 de novembro. O plan conta cunha dotación de 134,4 millóns de euros que quedaron sen executar do 3º plan de rescate. Neste plan, tan só se recibiron 5.912 solicitudes, que representan aproximadamente o 42% dos fondos previstos (debido en gran medida ás rixidas condicións que as regulaban). Ante a insistencia de comunidades, autónomos empresarios, o Goberno central realizou ata tres rectificacións do decreto inicial. Así, amplíase o período para imputar as débedas ás que se poden destinar as axudas, que deben ter sido contraídas entre o 1 de marzo de 2020 e o 30 de setembro de 2021; e establece que os cartos tamén se poidan destinar a compensar custos fixos non cubertos nos que se incorreu nese período. Serán beneficiarias as persoas traballadoras autónomas que tributen por módulos, que recibirán unha axuda máxima de 3.000 euros; así como o resto de persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas que teñan unha caída do volume de facturación de mais dun 30% no ano 2020 respecto do 2019. Neste último caso as axudas oscilarán entre un mínimo de 4.000 euros e un máximo de 200.000 euros.

nos momentos difíciles... e como non, tamén nas alegrías!”, explica Sonia López, psicóloga do programa. Precisamente no marco de confianza e vínculo que se establecen, 15 nenos/as gozaron a pasada semana dunha excursión ao Centro de Ocio Acougo, en Sobreira (Vilamarín).


20

Barrios 30 de outubro 2021

DEPORTES

Carreira popular do San Martiño

Doma clásica

Redacción

O hipódromo de Antela -Sandiás- acolleu o pasado domingo, 3 de outubro, as finais da quinta edición da Copa Deputación de Ourense e a sexta Liga Sureste de Doma clásica. A xornada contou cunha altísima participación, contando con máis de 100 saídas a pista. No evento participaron clubes hípicos ourensáns de Allariz, CDEO, Coles, Cartelle,

A espera fíxose longa, longísima, pero por fin, este ano regresa a carreira decana das populares de Galicia, a San Martiño. E faino, iso si, con algunha restrición, como por exemplo, que nesta ocación non haberá as carreiras dos menores. Ademais, a proba absoluta, única, que se celebra este ano, está limitada a 2.000 participantes. Desde o pasado 22 de outubro abríronse as inscrición e estas comezaron a medrar como a escuma (na primeira media hora xa estaban anotados ao redor de 500 participantes). A pesares dese furor do principio, o certo é que aínda quedan prazas dispoñibles; así, ao peche desta edición, restaban algo máis de 100 prazas para chegar aos 2.000 inscritos. Inscricións Todo aquel rezagado que teña interese en apuntarse a esta 44ª edición da proba popular máis antiga de Galicia deberá facelo na web asanmartino.com (tamén dispón de App para móbil). Adrián Ben Desde o Concello de Ourense anunciaron a participación do atleta galego do FC Barcelona, Adrián Ben. O de Viveiro (Lugo) disputou os Xogos Olímpicos de Toquio rematando na quinta posición na final dos 800 metros (anteriormente, en 2019, foi sexto no Mundial disputado en Doha).

Atletas disputando a San Martiño./ARQUIVO.

Redacción

Vilamarín e incluso de Lalín. Entre asa actuacións máis destacadas deste torneo cabe citar a Carla Carrera e Blanca Babarro, do Club Hípico Vilamarín, que se proclamaron campioas da Copa Deputación. Crecente afección O presidente da Asociación Ecuestre de Ourense, José Manuel Díaz, opina que a doma clásica ourensán “avanza na súa consolidación cunha crecente afección.

O Carmelitas foi moi superior ao Arxil no Vedruna. /RAMSÉS.

O COB, ao fronte 4 O Codigalco suma unha nova vitoria. R.Torres Fin de semana satisfactorio para o baloncesto ourensán. Tanto Club Ourense Baloncesto coma Codigalco Carmelitas firmaron sendas vitorias para continuar cunha racha moi positiva de ámabalas dúas escuadras. COB O Hereda COB sumou a cuarta vitoria consecutiva da tempada para poñerse ao fronte da clasificación como líder en solitario. Os de Armando Gómez non deixaron opción a un rival que desde o primeiro cuarto perdeu toda opción de vitoria. No final dos primeiros 10 minutos, os visitantes xa vencía por oito puntos de diferenza, incrementándose esta renda ata os 17 ao paso polos vestiarios. Os locais o tentaron, pero os ourensáns non lles deixaron

nin tan sequera poder soñar con aproximarse no electrónico; o terceiro cuarto remataba cunha diferenza de 22 puntos. Ao final un contundente 6787 para que o COB sume a cuarta vitoria noutros tantos encontros. Con esta vitoria o Club Ourense Baloncesto é primeiro con catro vitorias e cero encontros perdidos. As derrotas de Zornotza, Ponferrada e Cantabria fixo que o COB lidere en solitario o Grupo Oeste da LEB Prata. Precisamente o verdugo, nesta xornada de Cantabria -o Gijón- será o próximo rival do COB. O encontro terá lugar no Paco Paz o sábado, 6 de novembro, a partir das 19 horas. Os asturianos son sétimos con dúas vitorias e dúas derrotas. Carmelitas O Codigalco Carmelitas tamén sorrí tralo partido desta fin de semana. As

de Suso Garrido foron moi superiores ante o seu rival, un Arxil que viu como as locais case as dobran en puntuación (82-42). O favoritismo non atnazou ás colexiadas e lograron unha vitoria que as sitúa de terceira e con opción a todo nesta liga. As tres vitorias consecutivas dan aire a un conxunto ourensán e fai que sume catro triunfos e dúas derrotas. Esta fin de semana viaxa a terras asturianas para enfrontarse ao Avilés Sur, equipo que é undécimo con dúas vitorias e catro derrotas. Pode ser unha boa oportunidade para que as ourensás continúen coa racha positiva que levan nas últimas xornadas.

O COB recibe este sábado, 6 de novembro, ao Gijón, a partir das 19h no Pazo O Codigalco Carmelitas visita ao Avilés Sur

De arriba a abaxio: Carla Carrera e Blanca Babarro, campioas da Copa Deputación; Carla montando a Escudo III; e preparando aos cabalos antes de concursar.


DEPORTES

Barrios 30 de outubro 2021

O Arnoia suma a primeira vitoria na 3ª RFEF 4 O Arenteiro logra un punto contra o Bergantiños. R.T.

Partido entre Sala Ourense e Santiago Futsal./I.OSORIO.

O Sala Ourense cae ante o líder 4 O Ourense Envialia suma a primeira vitoria. Redacción O Sala Ourense non tivo opcións no seu choque disputado no Pazo dos Deportes Paco Paz diante do líder da clasificación, o Santiago Futsal. E iso que chegaban ao encontro con tan só un punto de diferenza entre santiagueses e ourensáns. De nada serviu o gol local no primeiro minuto obra de Fer, nin un pao pouco despos do Allariz. Os oito minutos os visitantes empataron a contienda para, antes do descanso marcar o segundo. Na segunda metade, catros máis para deixar o definitivo 1-6, que impide aos de Óscar Vivián escalar posicións quedando terceiros despois de sete xornadas. Para esta xornada visitan ao Segosala. Envialia O Ourense Envialia logra a primeira vitoria da tempada a costa do Torcal. As pupilas de Morenín venceron a domicilio por cero goles a catro (goles de Iria, Chiki e dobrete de Robinha). Cos tres puntos desta xornada e o

que tiñan anteriormente as albinegras sitúanse na undécima posición con catro puntos. A vindeira fin de semana regresa o equipo como local para recibir ao Roldán. Cidade O Cidade das Burgas logra un empate na casa no seu encontro diante do Valdetires Ferrol. O conxunto ourensán comezou marcando con gol de Clara e ampliar a vantaxe co tanto de Fara. Porén as ferrolás recompuxéronse e antes do descanso recurtaban distancias (2-1). Na segunda metade, outro gol das visitantes deixaban o empate a dous goles e o reparto de puntos no pavillón dos Remedios. O filial do Envialia, pola súa banda, vencía (4-5) na pista do Rodiles. Con estes resultados, Cidade e Envialia B son sexto e sétimo con sete e seis puntos, respectivamente. Na próxima xornada o Envialia B recibe ao Viaxes Amarelle e o Cidade das Burgas, ao Txantrea.

Motivos para sorrir ten Iván González, adestrador do Atlético Arnoia, esta fin de semana. E é que o seu equipo sumou a primeira vitoria na liga de 3ª RFEF a costa dun Noia ao que venceu por tres goles a dous. Pero esta primeira vitoria, histórica, para os do Ribeiro nesta categoría non ía ser sinxela. Con 3-2 e moitos minutos para o final o cadro local tivo que esforzarse para que o marcador non se movera. Esta vitoria, de seguro, daralles folgos a un equipo que merecía estos tres puntos. Os outros dous conxuntos ourensáns da categoría enfrontáronse en Calabagueiros con vitoria do Ourense CF diante dos locais, o Barco, por un gol a dous. O primeiro ourensán na clasificación é o Barco con 17 puntos na cuarta posición; o Ourense CF é sexto con 15; e o Arnoia marcha penúltimo con cinco puntos. A vindeira xornada o Ourense CF recibe no Couto ao Alondras, mentres que o Barco visita ao Depor B e o Arnoia ao Viveiro. Arenteiro O Arenteiro sumou un novo punto na 2ª RFEF no campo do Bergantiños. Os de Fran Justo

Ximnasia Redacción O pavillón dos Remedios acolleu o Campionato de Galicia de conxuntos de base e o clasificatoria para a Copa de España. Era a primeira vez que se disputaba un campionato con público nas bancadas desde marzo de 2020 e iso notouse tanto na calor do público

adiantáronse no marcador cun gol de Zanelli ao borde do descanso. Porén o ourensán Martín Lamelas faría as táboas definitivas nas postrimerías do encontro. Reparto de puntos entre dous recén ascendidos e un equipo, o do Carballiño que ocupa a décimo cuarta posición con 11 puntos. A vindeira fin de semana recibe no Espiñedo ao Palencia Cristo Atlético; será o sábado, 6 de novembro, a partir das 16.30 horas. Preferente A Preferente viviu un novo derbi ourensán, concretamente o que enfrontou no Couto a UD Ourense e UD Barbadás. A pesar de adiantarse os visitantes por mediación

de Nespereira, os locais déronlle a volta ao marcador na segunda metade. Os goles foron obra de Xinzo (1-1); Champi (de penalti 2-1); e Hugo García (3-1). En canto aos outros equipos ourensáns destaca a vitoria do Verín (0-2) fronte o Caselas. Pola contra perderon o Velle (1-2) ante Cultural Areas; o Polígono (3-0) diante do Pontellas; Nogueira (4-3) contras Porriño. A próxima xornada o Verín recibe na casa ao Porriño, o Barbadás ao Pontellas e o Polígono ao Caselas; mentres que UD Ourense e Velle visitan a Mondariz e Guardés, respectivamente. O Nogueira descansa esta xornada.

Primeira vitoria do Arnoia da tempada./I.OSORIO. como nor nervos das participantes. No galego, o conxunto alevín do Escola Pavillón (Daniela, Sofía, Mónica, Laura, Nicole, Noa e Lara) logrou unha meritoria segunda praza. O conxunto infantil do Club Ximnasia Pavillón (Martina, Maya, Xisela, Sheila, Grettel, Leire e Daniela) colocáronse no máis alto do pódium, proclamándose campionas galegas.

Clasificatorio No que se refire ao clasificatorio para a fase final da Copa de España (á que accedía dous conxuntos de

21

EN BREVE 4 Trampolín Grandes noticias para o Club Ximnasia Pavillón no Campionato de España de trampolín que se celebrou no Pazo dos Deportes Paco Paz. O equipo nivel base proclamouse campión de España en trampolín, e ademais foi bronce en dobre minitramp. En nivel elite o equipo feminino logrou o campionato de España en dobre minitramp, mentres que o masculino logrou o subcampionato en dobre minitramp e trampolín. Durante todo o campionato o conxunto ourensán logrou un total de 29 medallas.

4 Xadrez O Concello abre o prazo a persoas maiores de 14 anos para anotarse no curso de ‘Xadrez para a cidadanía’. O curso estará impartido por especialistas en xadrez con titulación docente e deportiva oficial, e haberá un número máximo de 20 prazas. Contará con 50 horas en total: 40 presenciais e 10 online. En función do número de persoas inscritas impartirase en dependencias Municipais ou na Escola Xadrez Ourense. As persoas interesadas poderán anotarse até o día 7 de novembro, incluído, a través do enderezo de correo electrónico da Concellería de Educación: educacion@ ourense.es. A lista de persoas admitidas publicarase o 9 de novembro no mesmo espazo web, e estas poderán formalizar a matrícula do 10 ao 14 previo pago dunha cota de 33 euros. cada categoría) foi o equipo infantil (Candela, Laura, Mariña, Noa, Claudia e Paula) o que lograba a primeira posición.

Equipo infantil absoluto do CxP.


22

Barrios 30 de outubro 2021

Auditorio Redacción O Auditorio Municipal de Ourense despois de meses sen apenas actividade, comeza a ter unha carteleira acorde ao espazo. Toda vez que a Xunta ampliou aforos (agora poden ocuparse o 90% das prazas) en recintos como este auditorio, o Concello de Ourense comezou a programar todo tipo de actividades. En outubro a actuación de Ara Malikian, encheu as butacas do recinto nos dous pases previstos, no que puido ser o preludio dun novo esplendor deste recinto. Novembro E para o mes de novembro, coincidindo coa festividade de San Martiño, o Auditorio trae unha programación moi variada. Así, o sábado día 6 (17h) chega o espectáculo musical “Coco Recuérdame”; o mércores día 10 (20.30h) Dancing Queen ABBA Show renderá tributo ao grupo sueco Abba. O venres, 12 de novembro (ás 20.30 e 22 horas) o tributo nesta ocasión será á memoria do lexendario Michael Jackson con “Michael Legend”. O sábado, 13 de novembro, o humor subirá ao escenario con “San Martiño con humor” unha proposta que trae a varios humoristas do panorama actual entre os que estarán Oswalo Digon, Lucía Veiga e Víctor Fábregas acompañados coa música de ‘Los fabulosos Weekend’ capitaneados por Manuel Manquiña. Para o venres, 19 de novembro (ás 20.30h), as táboas estarán ocupadas polo grupo teatral Sarabela Teatro que traen a obra “A Lingua das Bolboretas”.

OCIO E CULTURA

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

Aqueles bares “canallas” da nosa alma O meu amigo Manoliño, soltoume este verán, que os “bares canallas” están en perigo de extinción. Nós, que practicamos a miúdo, o regate en seco os antros de luxo, fuxindo das excentricidades do modernismo, buscamos sinxelamente, aqueles garitos onde nos atopemos felices. Maquinando en silencio, axitóuseme o corazón, lembrándome daqueles “bares canallas” que había no Verín da miña infancia. Co adxetivo canalla, refírome, a maxia e duende, que antano flotaba no ambiente das tabernas enxebres, que boto tanto de menos. Daquela ía co meu pai aos “teatros públicos” do barrio. A función, xa empezaba pola mañá e remataba na madrugada. Xurdían alí, as máis inesperadas parodias reais dun tempo inesquecible. Os veciños arrimábanse aos mostradores gastados e humedecidos polo viño sobrante que rebozaba das cuncas brancas, servido con xenerosidade. Era aquel viño nobre de Monterrei, sen denominación de orixe, pero leal, honesto e auténtico, sen falsidade, e que sabía a gloria bendita. Os taberneiros, homes e mulleres de oficio, eran os sabios directores das comedias que cada día nacían espontaneamente e a calquera hora. Eran lugares onde acudían personaxes celebres da vila, que sempre se puñan no mesmo recuncho, por que daquela, o sitio de

fulanito era o sitio de fulanito. As pandas pululaban de bar en bar, con harmonía e saudade, creando un ambiente extraordinario. O percorrido sagrado non o saltaba ninguén. A ledicia e o bo humor, eran a norma perpetua no tempo. Quen non lembra o bar “bicho” do señor Luís, o bar “Deportivo” do querido señor Pepe ou a tasca do Caneda rexentada polo señor Serxio? Sei a boa fe que non esqueceredes xamais o “Zurria”, ou o “Cesteiro” coa gran Mercedes ao fronte, o bar “Alfonso” das noites eternas de inverno, o “Chispa” co sorriso dun cigarrón temible na parede, as comidas do “bar Pepe”, o antigo restaurante “Zapatillas”, o bar “Chaves” onde Almodóvar esqueceu visitar a mirada azul da señora Xenerosa, e poder sacar nun intre o mellor guión da súa vida. O “Chichi”, o bar “Liló”, o bar “Escaleira”, o “Pataca” o bodegón na Aduana e a tenda bar da señora Marina, o “Secreto” do Orentino, no mítico barrio da muralla, o "Benfica", o "Callordas", o "Agripino", o "Silverio", o "Manuelciño", o “Cubano” e o “Tufín” en San Lázaro, e como non a “taberna do Lorenzo”, no corazón da miña querida rúa da Cruz, onde o amor e a amizade mesturábanse en forma de cantiga prodixiosa con dirección única, sempre cara a musa, asomada na fiestra do imposible. Eran bares canallas, pero cheos de alma e misterio, onde nada era moito, e pouco sempre foi

dabondo. Bares da miña infancia, onde nunca faltou a man da xente boa onde agarrarse, aqueles homes e mulleres de antes, que agasallaban con leccións de vida os rapaces que entre o bulicio da clientela, xogamos ceibes, sen que foramos xamais un estorbo para eles. Coido que é fermoso lembrar aquel tempo que xa liscou, pero que deixou aquel poso, que aínda ferve na miña sangue e que me prende o espírito. Non teño mellor menciña, que a de ter presente aquelo que mamei de neno, e non afrouxar xamais os sentimentos polo noso, sendo a maneira mais fermosa de engancharse con forza as raíces dun pobo, dunha vila, que sen dúbida, tivo un tesouro inesquecible, que poidemos desfrutar cadaquén a súa maneira, unha herdanza formada sinxelamente pola nostalxia de tódalas historias que nos deixaron aqueles locales, que seguramente foron parte fundamental da idiosincrasia desta vila. Estes días deixounos “Poncho Moreiras” compoñente do añorado grupo bucólico musical “Los nocturnos”. Dende aquí quixera render o agarimoso homenaxe a este bo home que xunto cos seus amigos Casiano, Chelis, e Lorenzo, sempre deron luz e ledicia, aqueles bares canallas da nosa alma. Unha aperta! Miguel “Chitín”

A.

Verduras de folla As follas de leituga, col rizada, espinaca, perexil e cilantro lavan e masaxean todo tipo de fungos, cascallos e bolsas de refugallos, co fin de arrastralos fóra do corpo, facendo máis produtiva a eliminación. Axudan a curar os trastornos intestinais, ao crear un ambiente máis alcalino no estómago, aumentando os niveis de ácido clorhídrico, o que eliminará as bacterias que crean ácidos nocivos, responsables do refluxo e outros trastornos dixestivos. Unha das bacterias que estes vexetais axudan a controlar é Helictobater Pylori, responsable das úlceras de estómago. O mollo de col rizada (preferiblemente a col rizada chamada manteiga) mesturado cunha cenoria e unha mazá, pode deter o refluxo; deixo

aquí unha testemuña, que en min funcionou ao 95%. As verduras de folla crean unha verdadeira alcalinidade nos sistemas do corpo, especialmente no linfático. Algúns médicos din que o sistema nervioso central, para funcionar ben, depende de que o sistema linfático sexa alcalino. Aquí é onde as verduras xogan un papel chave no proceso de curación. Conteñen sales minerais preciosas vitais e son ricas en varias vitaminas e nutrientes que traballan xuntos para restaurar a saúde de todo o sistema. Tamén son antivirais e antibacterianos. Se sofre de refluxo, disfunción tiroidea, pinga, enfermidade renal, síndrome do intestino irritable e infección por H. pylori, consuma moitas verduras de folla. João Damião

4HUMOR

Prieto

EN BREVE

Ara Malikian no Auditorio de Ourense.

4 Premio Poesía Cidade de Ourense

4 Premio Risco de creación literaria

Antonio Seijas é o gañador do 37º Premio de Poesía Cidade de Ourense pola obra Teoría do fin – Eurínome. O premio é de 6.000 euros máis a publicación da obra.

O Concello concédelle o 22º Premio Risco de creación literaria á novela ‘A casa da mina’, de Mª Carmen Caramés, de 27 presentadas. O premio é de 6.000 euros máis a publicación da obra.


ARTIGOS / CLASIFICADOS

Barrios 30 de outubro 2021

23

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Arcediagos,11, 1º - 32005 Ourense. Tel: 685 969 546. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara, Manuel Blanco Nº154 - Ano: XIV - 30 de outubro de 2021 - Difusión: 10.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 685 800 190.

4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe o seu anuncio no 685 96 95 46 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

INMOBILIARIA

Acto de presentación da revista “Nós, Xente do Redor” en Ribadavia.

"Nós, Xente do redor", presentouse no Ribeiro 4 O quinto número da publicación. A. Jácome A revista "Nós, Xente do redor", presentou o seu quinto número en terras do Ribeiro. Foi na súa capital, Ribadavia, cando o domingo, 17 de outubro, presentouse esta publicación cultural ante a presenza dunhas 80 persoas. Neste novo número incorporáronse novos autores á longa nómina de colaboradores habituais destacando a ilustración da portada realizada polo recoñecido pintor ourensan Antón Pulido. O acto foi presentado por Marina Sanchez, artista polifacética e colaboradora da revista, nun acto de emocións encontradas, dalgunhas bágoas, de sorrisos, de sentimentos e de ledicia de todos os alí presentes, adobiado coas actuacions músicais dos acordeonistas Juan Ruibal e Maximino Míguez, e da marabillosa voz de Antonio Barros que fixeron participar a todos os presentes, con palmas,

acompañamento musical, facendo percusión co que cadaquén tiña a man e ata cantando e facendo os coros. Foi unha gran posta en escena na Igrexa da Santa María Magdalena do século XVIII, unha xoia da monumental Ribadavia, no corazón do Barrio Xudeo, cunha excelente acústica de Templo Sagrado, que envolveu coa súa maxia, coma unha promesa da expansión da Revista a nivel de Ourense, de Galicia, de España e máis alá das nosas fronteiras, alcanzando a todos os galegos espallados polo mundo. O acto contou ca presenza de numerosas autoridades como a alcadesa de Ribadavia Noelia Rodríguez; a Jefa Territorial de cultura, Judith Fernández; exercendo de mestre de cerimonias, Juan Manuel Casares Gandara, presidente da C.R.D.O Ribeiro colaborador da revista, que xunto co director, Avelino Jácome e Miguel Ángel Martínez Coello

fixeron entrega dun par de exemplares e unha lamina coa reproduccion da portada a cada un dos autores presentes. Tamén participou no acto Sonia Couso que no nome da Ruta do Viño do Ribeiro, patrocinadores da revista e anfitrións do evento que amablemente, nos deleitaron cunha cata do seu viño branco, ben fresquiño, de moi bo paladar en boca e un moi bo aroma, que refrescaba as gorxas resecas de todos os participantes nesta edición da revista e do publico asistente. A xornada rematou cun xantar de fraternidade no restaurante Arnoia Caldaria Hotel, unha auténtica obra de arte en cada un dos seus pratos, cunha mezcla de texturas e de sabores orixinais, misturados grandiosamente, cunha explosión de pracer de sabor, de cores, de arquitectura e de arte en cada un dos seus pratos.

Véndese piso en Beluso, Bueu (Pontevedra). 100 m2, 3 habitacións, salón, cociña, baño, despensa e 3 trasteiros amplios. Soleado todo o día, situado preto de servizos básicos e a menos de 2 km das mellores praias da zona. Prezo: 85.000 euros. Tfno.: 679 588 349 (envío fotos, escoito ofertas). Alugo local económico no centro. Ideal para oficina, almacén ou trasteiro. 17m2. Dispón de baños comunitarios. 120 euros/mes máis 7 euros de comunidad. C.E.: C. Teléfono 627 203 131 Véndese casa céntrica en Xinzo de Limia. Baixo máis unha planta (144m2,) tres prazas de garaxe e patio, cinco habitacións, dous baños, cociña amoblada e terraza. 133.000 euros. Tel. 699 648 514 / 988 21 40 70 Alugo baixo na zona do Couto totalmente acondicionado. Con luz, auga, 70 m2. Prezo 300 euros. Tel: 653 208 506 Alúganse apartamentos en Montalvo (de Semana Santa a outubro) con unha ou dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916 Alugo sala para actividades culturais, con posibilidade de cociña, baño e outros sertvizos. Tel.: 988 247 113. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Busco casa en alquiler na periferia de Ourense. Opción a compra ou dunha permuta dun piso situado na Valenzá. Tlf.: 600 826 029. Vendo casa na estrada de Santiago, con finca. Para restaurar. Tel.:672 089

349. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62.

TRABALLO Ofrécese señora para traballar con xente maior ou nenos. De toda confianza, con informes. Disponibilidade de coche e fins de semana Tel.: 606 422 543. Ofrécese señora para limpeza por horas Tel.: 674 500 513. Señora, auxiliar de enfermería responsable e con experiencia, ofrécese para coidar persoas maiores, enfermos, nenos e tarefas do fogar. Tel.: 620 052 173 Ofrécese señora responsable -española- para coidade de nenos ou persoas maiores. Con informes. Tel.: 606 422 543 Ofrécese auxiliar de enfermaría, con titulación, para o coidado de maiores. Como interna ou por horas. En Ourense ou arredores. Telf.: 663 043 561 Danse clases de francés a domicilio. Todos os niveis. Titulación en España e Francia. Tlf.: 625 745 611 Imparto clases particulares de Matemáticas a domicilio en Ourense capital. Todos os niveis. Tamen materias curriculares de ESO e Bacharelato. As clases son individuais e personalizadas. Ampla experiencia. Excelentes resultados. Económico. Interesados enviar WhatsApp ao 610 38 25 89. Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405.

Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358. Fanse desbroces en tractor e a man. Tlf.: 63 521 448 Ófrecese señora seria e responsable para tarefas do fogar e coidado de nenos e maiores. Con informes. Preferencia zona Ponte. Tlf: 685 374 191.

VENDAS Vendo colección de revistas “Muy interesante”, do nº1 ao 163, e “Natura”, do 1 ao 132 (as dúas encadernadas). Tlf: 636286434. Vendo accesorios para cans: arnes de tiro, correas, collares e fournitures. Tlf: 636286434. Vendo unha xanela de dúas follas en aluminio sapelly de 1,40 x 0,94 m con cristais. Tlf: 636286434. Vendo dúas cadeiras infantís de coche (Jane) de 15-36 kg con isofix, unha negra e outra vermella. Tlf: 636286434. Vendo rizador de pelo con accesorios para alisar e rizar. Tel.: 666 303 635 Vendo cama hospitalaria articulada en bo estado, con colchón anti-escaras. Tlf.: 606 133 522 Vendo prensa de viño mediana/grande, ideal para decoración en xardíns. Tlf.: 606 133 522 Véndese mampara nova. Tel: 672 089 349. Véndense traxes de cabaleiro moi antigos en bo estado, ideal para Entroido. Prezo 10€. Tel: 610 979 897. Compro moble de cociña completo. Tel: 988 247 824. Vendo escritorio. Como novo, bo prezo. Tel: 672 089 349. Vendo estufa de frío e calor. Tel: 672 089 349.


24

Barrios 30 de outubro 2021


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.