Barrios 152

Page 1

Entrevista a María Soledad Gómez, directora do IES García Barbón de Verín [Páx. 2]

OURENSE

Páx.6 OURENSE

O Festival Internacional de Cine de Ourense encara a súa recta final

Páx.6

Os hospitais ourensáns acollerán un programa piloto sobre eficiencia enerxética

VERÍN

Páx.8 VERÍN

O público do Festival de Curtas de Verín destacou a obra “The Letter Room”

Páx.11

A DO Monterrei agarda recoller 5,5 millóns de quilos de uva nesta vendima

Revolución no transporte urbano

DEPORTES

Páx.13

O Arenteiro logra a súa primeira vitoria na 2º RFEF a costa do Salamanca

Terceira dose

[Páx. 2]

12º Salón do automóbil

[Páx. 3]

IV Xornadas de Novela Histórica de Verín

[Páx. 4]

[Páx. 10]

Ourense contará cun MetroBus con alta frecuencia. // Terceira dose das vacinas. // Expourense acolle o Salón do automóbil // Verín celebra as Xornadas de Novela Histórica.

Número: 152 - Ano: XIV - 29 de setembro de 2021 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


2

Barrios 29 de setembro 2021

TEMA DA SEMANA

ENTREVISTA A MARISOL GÓMEZ CERRADELO, DIRECTORA DO IES GARCÍA BARBÓN

"Somos un centro pequeno que garantiza un trato moi familiar" 4 Adentrámonos no único instituto da comarca de Verín de FP da man da súa nova directora. Os equipos de vacinación traballaron en Expourense durante nove meses.

Descende o número de contaxios pola Covid19 4 A provincia marca 190 casos activos actualmente. R.T. A baixada de casos positivos de Covid19 está sendo significativa e os últimos datos avanzados polo Sergas apuntan a que son 190 os infectados por coronavirus na provincia de Ourense. A baixada tamén se nota na capital, que rexistra 71 casos. En canto aos hospitalizados 8 están en planta e 3 en UCI. Desde o inicio da pandemia, a provincia ten rexistrados 21.694 positivos, contabilizando 443 falecidos (o último produciuse nas últimas 24 horas). Expourense Despois de nove intensos meses, o recinto feiral de Expourense deixa de utilizarse para as vacinacións masivas. A partir desta semana serán nos tres hospitais e nas residencias onde se continúe coa administración das doses. Na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco

Na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras lévanse administrado máis de 500.000 vacinas

de Valdeorras levanse administrado máis de 500.000 vacinas, sendo ao redor das 260.000 as persoas que teñen a pauta completa. En cantos aos vacinados cunha terceira dose, estes xa superan os 4.000. Restricións O novo protocolo para o ocio nocturno, no que están de acordo Xunta e empresarios do sector, apunta a que será preciso o certificado Covid que acredite pauta completa para acceder a este tipo de locais. Grazas a este requisito permitirase ampliar horarios e aforo. Deste xeito, as discotecas poderán abrir ata as 4 da mañá, mentres que o aforo subirá ata o 75%. En canto á distancia social, esta é aconsellable, non obrigatoria. Desde a Xunta quererían implantar estas normas desde esta mesma fin de semana, porén están agardando ao que ditamine o TSXG.

Unha ourensá, recibindo a terceira dose no CHUO. /S.T.

M.Rejo

que pode ser a distancia".

María Soledad Gómez Cerradelo (Mariso) leva desde o 2015 no IES García Barbón de Verín e afronta agora o seu primeiro ano coma directora deste centro.

Cal é o obxectivo deste ano coma directora? M.G.: "Solicitamos varios programas á Consellería e estamos pendentes da súa resolución. Tanto o equipo directivo como o claustro estamos moi motivados por facer novas cousas que poidan atraer ao alumnado. Temos o clube de ciencias e o de lectura que se fan fóra do horario escolar. O Plan Proxecta, que levamos diferentes anos traballando con el en enfermaría; o programa Salvavidas de doazón de órganos... temos varios así solicitados e a ver o que sae. En canto a titulacións novas, o ano pasado fixemos unha petición de ciclos novos para implantar e non se nos deu ningún pero seguiremos insistindo e traballando. Tamén queriamos involucrar ao entorno. Que as empresas e institucións nos digan o que demandan para nós solicitalo". O IES García Barbón conta con 255 alumnos e 40 profesores que dan as seguintes materias: ciclo de auxiliares de enfermaría; ciclo medio de electromecánica de vehículos; ciclo medio de mantemento de electromecánica; ciclo medio de xestión administrativa; ciclo superior de administración e finanzas; FP básica de mantemento de vehículos; FP básica de servizos administrativos; educación secundaria para adultos; aula mentor; e primeiro e segundo de Bacharelato. O centro é moi activo en redes sociais e últimas tecnoloxías.

Como foi a adaptación do instituto ao protocolo COVID? Marisol Gómez (M.G.): "O inicio do curso pasado foi un pouco duro. Tíñamos que organizar todo, medir as aulas e a distancia entre alumnos, marcar pasillos, xel en todas as aulas, papeleiras... Houbo aulas que se quedaron pequenas e tivemos que desmontar a aula de tecnoloxía para dar cabida a todos os alumnos de 1º de Bacherelato, por exemplo. Despois, durante o ano transcurriu todo ben, non tivemos moitos casos. A verdade é que mellor do esperado". E como será o arranque deste curso? M.G.: "Será máis doado porque xa temos case todo feito. Baixaron a distancia entre alumnos e movemos un pouco as mesas. Agardamos que sexa mellor porque os alumnos son todos maiores de 12 anos e están vacinados". Cal é a especialidade do IES García Barbón de Verín? M.G.: "Somos o único centro da comarca que ten FP, senón terían

“Que as empresas e institucións nos digan que demandan para nós solicitalo”

Marisol Gómez diante do García Barbón. /M.REJO. que ir a Xinzo, Viana ou Ourense. De feito temos alumnos desas zonas, de Xinzo e Viana". Que lle diría a un alumno para que viñera a estudar ao IES García Barbón? M.G.: "Somos un centro pequeno que garantiza un trato moi familiar. Hai alumnos que botan acá 3 ou 4 anos e créase unha relación cos profesores que os axudan en todo o necesario, no día a día da aula e tamén en temas persoais". Qué saída laboral lle espera a un alumno deste centro? M.G.: "As espectativas son moi boas. Eu son profesora de sanitaria e unha porcentaxe moi alta dos meus alumnos está traballando. A maioría dos alumnos de fai dous anos

de sanitaria está traballando no hospital, todo os anos nos chaman pedindo xente do ciclo de electromecánica para traballar e non chegan... As espectativas de traballo dos nosos alumnos son moi altas". Como valora a ensinanza on line nesta etapa COVID?. M.G.: "Prefiro a presencial. Durante os meses de marzo a xuño do ano pasado fíxose on line. Xa levavamos tempo coa aula virtual montada e supúxonos menos esforzo. E para o alumnado tes que estar un pouco enriba del senon non arranca. Na ensinanza a distancia hai que ter moita forza de vontade e iniciativa para seguila día a día. En FP é esencial a ensinanza presencial porque moitos módulos son só prácticos e a distancia é inviable. En Bacherelato si

IES García Barbón rúa Antonio Fernández Pérez, 1, Verín Tel. 988 68 50 85


TEMA DA SEMANA

volverá sortear, entre os visitantes que pechen a compra dun automóbil novo ou de ocasión nestas citas, un cheque regalo por importe de 6.000 euros a descontar do prezo de compra do vehículo adquirido. O horario do salón será os venres 1 e 8 de outubro de 11.00 a 20.30 h.; os sábados 2 e 9 de outubro de 10.00 a 20.30 h., e os domingos 3 e 10 de outubro de 11.00 a 20.00 h. O prezo da entrada son 3 euros por cada salón (menores de ata 12 anos teñen entrada gratuíta).

Presentación do 12º Salón do Automóbil que se celebra en Expourense.

Expourense acolle en dúas fins de semana o Salón do Automóbil 4 Celébraranse o de Vehículo Novo e o de Ocasión. Redacción Expourense e a Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense (ACAUTO) organizan o 12º Salón do Automóbil que se dividirá en dúas citas en sendos fins de semana: a do 1 ao 3 de outubro celebrarase o Salón do Vehículo Novo e do 8 ao 10 de outubro o de Ocasión. Un total de 15 concesionarios -representando a 21 marcas- da provincia de Ourense pertencentes a ACAUTO presentarán 30 novidades en 21 marcas; algunha destas novidades poderán verse en exclusiva por primeira vez en España

e entre os que se poderán atopar tamén numerosos modelos eléctricos e híbridos. As marcas presentes nesta edición son: Abarth, Audi, BMW, Citroen, Cupra, Dacia, Fiat, Ford, Hyundai, Kia, Mazda, Nissan, Opel, Peugeot, Porsche, Renault, Seat, Skoda, Suzuki, Toyota, Volkswagen e Volvo. Para o vogal de ACAUTO, Jaime Cougil, está “é unha cita a que acudimos con moitas gañas e ilusión porque supón a volta á normalidade e permitiranos retomar o tan necesario contacto directo cos clientes aos que lles poderemos resolver todas as súas dúbi-

das para que atope o coche que precisa”. Pola súa banda, o director xerente de Expourense, Rogelio Martínez, agradeceulle a ACAUTO “a súa aposta por Expourense como o mellor escenario para presentar, ante milleiros de visitas, as últimas novidades das marcas presentes e as mellores oportunidades no mercado de ocasión". O obxectivo destas citas é presentar no recinto feiral unha oferta completa e atractiva, que cubra todas as gamas e modelos de vehículos para adaptarse ás necesidades e preferencias dos visitantes. Así, un

Barrios 29 de setembro 2021

público obxectivo e amplo poderá consultar nun mesmo espazo e de forma axeitada toda a oferta existente no mercado ourensán, e comparar opcións antes de decidir a compra do seu vehículo. Sorteo Tanto dende ACAUTO como dende Expourense indícase que estas dúas citas son unha magnífica oportunidade (por calidade, cantidade, variedade e prezos especiais en feira) para aqueles que buscan un coche novo. Como incentivo para animar aos visitantes a axilizar o proceso de decisión, a organización

Cáritas Este ano repítese tamén a colaboración con Cáritas Ourense, entidade que recibirá ao rematar estas citas unha cantidade de euros fixa por cada vehículo vendido que será achegada entre Expourense e ACAUTO.

Do 1 ao 3 de outubro celebrarase o Salón do Vehículo Novo e do 8 ao 10 de outubro, o de Ocasión Sortearanse 6.000 euros, a descontar do prezo de compra do vehículo adquirido

3

Xantar 2021 Redacción Unha vintena de expertos -de Galicia, Asturias e Portugal- participaron na primeira reunión virtual do comité asesor de Xantar 2021 que puido coñecer as principais novidades da feira. O Salón Internacional de Turismo Gastronómico celebrarase co obxectivo de converterse nun gran reencontro para os profesionais da enogastronomía, o turismo e a hostalaría da Península Ibérica, contando tamén coa presenza de países de América Latina. A 22ª edición volverá a Expourense entre o 3 e o 7 de novembro e estará centrada na Gastronomía dos distintos Camiños a Santiago (desde o francés á Vía de la Plata e, por suposto, do Camiño Portugués). Este cambio de datas ao segundo semestre do ano e nun mes moi especial para a gastronomía ourensá coa celebración do San Martiño e os Magostos, é unha das novidades desta edición que quere servir como punto de inflexión que supoña a volta á normalidade e que contribúa a promocionar internacionalmente a Galicia como un destino enogastronómico seguro e excelente nun momento tan especial como o dobre Ano Xacobeo 2021 e 2022.


4

Barrios 29 de setembro 2021

OURENSE

O Concello quere revolucionar a mobilidade na cidade de Ourense 4 Un MetroBus e novas liñas, entre as ideas. R.T. Desde o Concello de Ourense, co alcalde Gonzalo Pérez Jácome á cabeza, están decididos a mudar a mobilidade da cidade, mediante un plan de feitos que está sustentado

sobre tres eixes: liñas de bus, escaleiras mecánicas e bicis eléctricas. Reordenación das liñas de autobuses, implantación de escaleiras mecánicas para favorecer a mobilidade vertical e posta en marcha dun servizo de bicicletas

O MetroBus dará servizo cada cinco minutos. /IRAMSÉS.

Xardín do Posío

Rolda Leste

Redacción

Redacción

O Concello de Ourense presenta o proxecto de remodelación do Xardín do Posío, que contará cun orzamento global que superará os 2,7 millóns de euros de investimento. Segundo o concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Pumar, “o obxectivo é devolverlle ao Xardín do Posío o esplendor dos anos 60 e convertelo nun referente turístico e de lecer das familias de Ourense”. Realizarse unha intervención completa na que se creará un espazo onde “o verde gáñelle ao cemento, evocando as súas orixes como parque botánico; e onde a fauna e a flora volvan ser os protagonistas, como sempre o foron neste emblemático parque ourensán”, afirma o concelleiro.

A Xunta licita por 157.000 euros a redacción do proxecto construtivo da Rolda Leste de Ourense, entre a estrada OU-105 en Bemposta e a N-525, que pechará a circunvalación polo sur conectando coa A-52. As empresas interesadas na redacción do proxecto poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 7 de outubro. Redución de tempo Devandita actuación reducirá o tempo de viaxe, cun acurtamento do percorrido desde Bemposta ata a N-525 e a A-52, ao pasar dos sete minutos e 4,6 km actuais a pouco máis dun minuto e 1,7 quilómetros.

eléctricas para favorecer esta modalidade de transporte sostible. MetroBus No tocante aos autobuses urbanos (en precario desde 2015) unha das medidas que anunciou foi a

de crear un MetroBus que conectará a cidade a través de dúas liñas circulares express de alta frecuencia, con servizos cada cinco minutos. “A licitación da nova concesionaria realizarase este mesmo ano 2021, e debería estar plenamente operativa en decembro de 2022”, asegura Pérez Jácome. Así, o MetroBus creará dúas elipses de ida e de volta nas vías máis concorridas do núcleo urbano: Centro-Norte (Centro-Estación Tren), que cruzará a ponte Nova e volta pola ponte do Milenio; e Centro-Sur (Centro-Residencia), pola rúa do Progreso e volta pola de Pena Trevinca. Estas dúas liñas elípticas no só unirán o norte e o sur da cidade, senón que efectuará paradas en puntos diversos para achegar a cidadanía a servizos públicos coma o Cemiterio, o Auditorio, a Biblioteca, o Xulgado, o

O plan de feitos que está sustentado sobre tres eixos: liñas de bus, escaleiras mecánicas e bicis eléctricas

Pavillón e mesmo o Campus Universitario. Con este sistema, o alcalde confía en que se reduza a porcentaxe da circulación de vehículos privados, ademais de contribuír á redución das emisións de CO2. Maior frecuencia A última das medidas anunciadas sobre os autobuses é a maior frecuencia dos mesmos. O rexedor anunciou que o 100% dos barrios da cidade terán un autobús urbano cada 9 minutos. O alcalde asegura que “as paradas de buses estarán situadas a un radio inferior de 600 metros do 90% das vivendas de Ourense. Trátase de optimizar, reconfigurar liñas e crear un novo concepto de bus urbano”, explica o rexedor. Haberá, por exemplo, un autobús Estación de tren – Centro - Residencia cada 5 minutos con 18 paradas e/ou intercambiadores. Nas demais liñas, pasará un autobús cada 9 minutos como tempo máximo de espera, á Cruz Alta, O Couto, San Francisco, Vista Hermosa, Mariñamansa, O Vinteún, A Cuña, Barrocás, Campus, A Carballeira, etc.

Novos vehículos Os novos vehículos -cuxa compra de 14 millóns de euros licitará o Concello a principios de outubro- que adquira o Concello deberán adaptarse á nova filosofía de liñas e, tras o período de fabricación, chegarían á cidade no inverno de 2022. Por iso, o 75% da flota será de tamaño medio e micro-buses, para satisfacer a necesidade de alta frecuencia de toda a cidade. Ademais dos 10 buses eléctricos de 10 metros, compraranse 15 buses de 10 metros e 17 microbuses para a alta frecuencia nos barrios. Así, só serán buses longos de 12 metros, as 10 unidades de buses eléctricos da liña troncal Norte-Sur, dos que se solicitará a Europa unha subvención de 200.000 euros por unidade.

O MetroBus -previsto para decembro de 2022- conectará a cidade a través de dúas liñas circulares cada cinco minutos


SOCIEDADE

Barrios 29 de setembro 2021

5

4 Plan de seguridade viaria 20212025: “Visión 0”

O uso da marxe estrada por parte de peóns é moi habitual en Galicia

Unha campaña advirte da fraxilidade das persoas na estrada 4 A Xunta traballa nun novo plan de seguridade viaria Redacción Avanzar en cero vítimas nas estradas. No marco deste obxectivo a Xunta puxo en marcha unha campaña de concienciación en seguridade viaria que ten como obxectivo lembrarlles tanto aos peóns como aos condutores que “na estrada somos pezas fráxi-

En 2011 o número de falecidos nas estras era de 144 contabilizándo en 90 no ano 2019

les”, e que dá continuidade a outras previas, centradas en usuarios vulnerables, como os ciclistas, ou na alerta sobre os riscos das distraccións ao volante. Na presentación desta campaña, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, situouna como o “pistoletazo de saída” para a elaboración do novo Plan de seguridade viaria de Galicia 2021-2025, convidando aos diferentes axentes sociais e institucionais a participar activamente na súa elaboración para avanzar no obxectivo final das cero vítimas nas estradas. A conselleira estivo

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, na presentación da campaña de concienciación en seguridade viaria

acompañada do director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez; a delegada de STOP Accidentes en Galicia, Jeanne Picard; o presidente de Sargadelos, Segismundo García, ademais dos delegados territoriais da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor; en Lugo, Javier Arias; e en Ourense, Gabriel Alén, ademais de representantes de diferentes institucións e colectivos relacionados coa seguridade viaria. Destacar que devandita campaña emprega como reclamo figuras con estética de Sargadelos. Cabe recordar que en 2011 o número de falecidos nas estras era de 144 contabilizándo en 90 no ano 2019. Para a conselleira estas cifras continúan a ser inasumibles porque cada vítima nas estradas “é un drama” e por iso o novo Plan de seguridade viaria ten como lema “Visión cero’, en referencia á eliminación total dos mortos en accidentes, un obxectivo que, dixo, require da implicación de todos (administracións e sociedade). Nese sentido, Ethel Vázquez puxo en valor o esforzo que realiza a Xunta por reforzar a seguridade viaria nas estradas autonómicas, apuntando a necesidade de contar coa

implicación da sociedade no seu conxunto e a nivel individual “para acabar coa lacra dos accidentes de tráfico”. A primeira fase desta campaña tivo lugar a finais de xullo e principios de agosto e centrou a súa atención nos peóns, lembrándolles a necesidade de empregar prendas reflectoras, de camiñar pola esquerda da estrada sempre que non exista senda ou beirarrúa, ou de escoller o lugar máis seguro para cruzar. Co lema “Mirar por min é mirar por todos”, a campaña lembra que, ademais de protexerse do virus, os cidadáns deben previr o risco de accidentes, adoptando unha serie de medidas que supoñen coidar dun mesmo, pero tamén do resto de usuarios da estrada. A campaña retomarase en outubro poñendo o foco nos condutores, que co cambio de estación deben adaptar a súa circulación ás condicións climatolóxicas e asegurarse de que o vehículo se atopa no estado axeitado.

A campaña retomarase en outubro poñendo o foco nos condutores

Rematado o período de vixencia do actual Plan de Seguridade Viaria 2016-2020, a Axencia Galega de Infraestruturas comeza a elaborar un novo Plan de Seguridade Viaria 2021-2015. Enmárcarase nas estratexias actuais de carácter nacional e internacional de seguridade viaria e na aplicación dos principios de Visión Cero para a redución de vítimas e falecidos por accidentes nas estradas galegas. O lema que informa o plan é o da “Visión cero”, é dicir, que o horizonte buscado coas medidas que desenvolverá o Plan é o da redución ao mínimo posible das vítimas en accidentes de tráfico nas estradas galegas, de modo que nos aproximemos a un obxectivo final de cero vítimas de accidentes de tráfico. Elaborarase un documento inicial no se que se recompile, sistematice e analice información como a evolución histórica da sinistralidade viaria en Galicia, a análise e resultados dos anteriores Plans de seguridade viaria galegos, o contexto mundial, europeo e nacional ou mesmo a normativa de aplicación. A continuación, elabo-

rarase un documento de diagnose en relación coa seguridade viaria en Galicia e a formulación dos seus obxectivos, liñas de actuación e actividades e, a partir de aí, o borrador do Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2021-2025. No proceso de elaboración do Plan prestarase especial atención á participación da sociedade. Así, o documento de bases será discutido cos axentes sociais e institucionais e o borrador do Plan someterase a consulta e participación pública. Tras o proceso de consulta e participación pública, elaborarase a versión final do Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2021-2025. Entre as medidas levadas a cabo pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade nos últimos anos dentro do Plan de Seguridade Viaria 2016-2020 están entre outras: o reparto de 33.000 prendas reflectantes para peóns e para ciclistas; cursos gratuítos de condución segura para 800 motoristas; ou campaña de sensibilización, dirixida a nenos de educación primaria, baixo o lema “O corazón está do teu lado”.

Actividade escolar sobre seguridade viaria


6

Barrios 29 de setembro 2021

EN BREVE 4 Envellecemento activo

O Concello programa, a partir de novembro, máis de 60 cursos dos programas de Persoas Adultas (+18), nos Centros Cívicos, e o de Envellecemento Activo (+60), nos espazos municipais e outras instalacións. A oferta lúdica e formativa pode consultarse en web www. ssociaiscursos.com. As inscricións deberá facerse online até o 25 de outubro ás 24 horas; ou no Centro Cívico Colón (rúa Colón, 18) de 9 a 13h.

4 Irmandade O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o seu homólogo en Santa Rosa del Cabal (Colombia), Rodrigo Toro, anunciaron a futura irmandade entre as dúas localidades para intercambiar coñecemento sobre termalismo, viño e café.

4 Entroidos da provincia O desfile de Entroidos da Provincia, previsto polo concello para o 31 de outubro, cancélase. Si que se celebran as escenificacións da Santa Compaña, e actores de terror, no casco antigo na noite de Todos os Santos.

4 AVV As Termas

A praza 200, situada nas vivendas sociais xunto a antiga estación de autobuses, acollerá ata o 31 de outubro a exposición sobre a Xeración Nós.

OURENSE

O OUFF encara a recta final 4 Este venres chega a gala de clausura coa proxeción de "Live is life". Redacción Premios, proxeccións, actividades parelelas, recoñecementos... máis premios, máis proxeccións, máis actividades parelelas. Así de rápido está a discorrer a 26ª edición do Ourense Film Festival 2021, que deu comezo o pasado 24 de setembro coa gala inaugural -na que se puido ver a estrea mundial da película “Malencolía”- e remata en dous actos: este venres, 1 de outubro, coa gala de clausura, entrega de premios ás melloras obras das seccións oficiais, e o sábado, 2 de outubro, coa gala de curtas e Fas Muvis. Durante a gala de clausura, no Auditorio, ademais de recoñecer as mellores obras tamén se poderá visionar a película “Live is life”. Na gala de curtas e Fas Muvis, que terá lugar no Teatro Principal proxectarase “Escribir o imposible”, da sección Cine e Literatura. Son 10 longametraxes e 15 curtas os que tentarán facerse coas estatuillas desta edición que fai unha aposta pola calidade das obras. Entre todas as seccións (oficiais, inédito en Ourense, panorama Galicia, Ciclo Xacobeo, e incluso

A eficiencia enerxética pasa polos tres hospitais de Ourense 4 Cun programa piloto. Redacción

Ainhoa Rodríguez foi premiada co Eduardo Barreiros. o primeiro capítulo, en primicia, dunha serie de televisión) o afeccionado ao cine pode ver nestes días máis de 60 obras. Eduardo Barreiros Un dos premios máis destacados do festival ourensán é o Premio Eduardo Barreiros, que este ano recaeu na cineasta Ainhoa Rodríguez, pola súa primeira longametraxe de ficción “Destello Bravío”. Ainhoa Rodríguez, asegurou que o premio “é un recoñecemento ó esforzo e á vontade, co mérito de estar concedido a unha película que está nas antípodas do cine comercial. Tómoo sobre todo como un premio ó traballo por sacar adiante este proxecto alternativo”. O que queda Ata o final do OUFF 2021 aínda queda moita tela que curtar. Así, por

exemplo, este mesmo mércores, o festival recoñece a traxectoria televisiva de José Coronado, ao que lle farán entrega do premio OUFF TV. O xoves, 30 de setembro, no Principal entregarase o Premio Historia Cine Español; o galardón será para o productor e distribuidor de cine Enrique Cerezo (moi coñecido por ser o presidente do Atético de Madrid). O mesmo xoves, no Salón de Plenos da Deputación de Ourense, nomearase a José Luis Cuerda fillo predileto de Ourense. Ademais, o sábado 2 de outubro, descubrirase unha placa conmemorativa do centenario de Fernando Fernán Gómez. O acto terá lugar en Allariz. Para rematar, o domingo 3 de outubro, o Principal acollerá a proxección das películas premiadas.

O tres hospitais da provincia serán os únicos de España en formar parte dun plan piloto para a adaptación das infraestruturas sanitarias ao cambio climático. Life Resystal é o nome do devandito programa europeo no que os hospitais de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras van participar no próximos catro anos creando unha maior eficiencia enerxética e sustentabilidade. Para chegar a ese obxectivo de adaptación total ás consecuencias do cambio climático, o proxecto idea catro alicerces que son o asentamento de bases dunha rede europea para adaptar climáticamente o sector sanitario; propor-

cionar apoio baseado na evidencia científica sobre as medidas de adaptación a implantar; demostrar a aplicación e os efectos das medidas sobre as infraestruturas sanitarias; e fomentar e promover a resiliencia das sedes sanitarias. A eficiencia enerxética no marco do cambio climático é unha das metas dun proxecto que está orientado ao medio ambiente e á acción climática con continuación no tempo. O orzamento total do proxecto é de máis de cinco millóns e o Sergas é o socio que máis porá con máis dun millón de euros para levar a cabo un programa onde participan 7 centros dos cales 3 son ourensáns e o resto franceses, coa dirección desde un instituto de Grecia.

Presentación do programa Life Resystal.


ECONOMÍA

Barrios 29 de setembro 2021 de maneira favorable por unha contía superior a 1,4 millóns de euros. O obxectivo é que o sector do comercio, as pequenas e medianas empresas e os autónomos poidan incorporar as novas tecnoloxías para reforzar a súa actividade no actual contexto económico, prestando especial atención ao tecido empresarial situado no ámbito rural, á economía social e ao fomento do teletraballo.

Con estas axudas pequenas e medianas empresas e os autónomos poderám incorporar as novas tecnoloxías para reforzar a súa actividade.

Axuda para impulsar procesos de dixitalización de pemes e autónomos galegos 4 A Xunta ten aberta a liña de apoios do Cheque dixital. Redacción A Xunta de Galicia mantén o seu compromiso con autónomos e pemes galegas a través da promoción da súa transformación tecnolóxica e dixital. Así, o Goberno Galego ten aberto ata o próximo 30 de setembro unha

nova edición do programa Cheque Dixital. Trátase dunha iniciativa que se repite tras a boa acollida do ano pasado con motivo da pandemia da covid-19, e que pretende axudar a 1.000 pemes e autónomos galegos na mellora da súa competitividade a través do fomento de distintos

O Cheque Dixital pretende axudar a 1.000 pemes e autónomos galegos na mellora da súa competitividade.

proxectos vinculados ao eido da dixitalización. Reactivación Estes cheques teñen como obxectivo prioritario a reactivación do tecido empresarial galego a través da transformación tecnolóxica e do impulso aos procesos de dixitalización, apoiando proxectos que promovan a súa adaptación á situación creada pola pandemia sanitaria. Unha transformación que debe chegar a todo o tecido empresarial -desde as grandes ás pequenas empresas- e a todo o territorio, especialmente ao ámbito rural. Desta volta, a liña suma un orzamento de 4 millóns de euros -cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder)-, cubrindo desde a habilitación de sistemas de control de aforo ou de normas de calidade da covid-19, ata outro tipo de melloras como a aposta por mecanismos de cartelería electrónica, sis-

temas de notificación en móbil, automatización de procesos regulados, ou a aplicación de solucións de conectividade e incorporación do teletraballo ou relativas á ciberseguridade. Das solicitudes presentadas até agora (superando as 1.600 peticións a finais de agosto), máis de 300 xa foron resoltas

Beneficiarios As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva. Poderán aspirar a estes apoios as pequenas empresas e os autónomos do sector servizos, as entidades do tecido asociativo e empresarial galego, e as entidades da economía social que sexan pemes e non estean nos sectores da pesca/acuicultura ou produción primaria. Os gastos realizados deberán ascender a un mínimo de 1.500 euros, chegando a un máximo de 12.000 euros, e cubrindo a liña ata o 80% do custo dos proxectos, coa posibilidade de obter un anticipo da metade do orzamento. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 30 de setembro. Novo paso Deste xeito, o ente autonómico dá un novo paso na súa aposta pola dixitalización do tecido empresarial, que se manifesta nos diferentes programas im-

7

pulsados, como as axudas e talleres á dixitalización Industria 4.0 (7,4 millóns de euros) ou o Galicia Exporta Dixital (6 millóns de euros) e que tan boa acollida tiveron. Neste sentido, e no marco do Pacto pola Dixitalización que está a promover o Goberno galego, o ano pasado mobilizáronse preto de 36 millóns de euros entre o tecido empresarial da Comunidade na procura de facer da transformación dixital unha parte moi importante da cultura empresarial galega. Plan de reactivación económica Esta liña de apoios forma parte do Plan de reactivación económica que ten en marcha o Goberno galego. O obxectivo é facilitar a recuperación do tecido produtivo e que poida incrementar a súa competitividade, adaptándose ao novo contexto económico derivado da covid-19.

As axudas poden solicitarse ata o próximo 30 de setembro Os gastos realizados oscilarán entre 1.500 e 12.000 euros, cubrindo este programa ata o 80% do custo dos proxectos

Poderán aspirar a estes apoios as pequenas empresas e os autónomos do sector servizos, as entidades do tecido asociativo e empresarial galego, e as entidades da economía social que sexan pemes e non estean nos sectores da pesca/acuicultura ou produción primaria.


8

Barrios 29 de setembro 2021

VERÍN E COMARCA

San Antón e mércores de Cinza, festivos locais

Policía Local Redacción A Policía Local de Verín suma dous novos vehículos á súa frota. O pasado 9 de xuño do 2021 asinouse coa empresa Grupivazgle SL contrato de subministración por renting destes vehículos por un período total de 5 anos. Cabe destacar que será a primeira vez que a frota local conte cun vehículo híbrido, contribuíndo así a lograr os obxectivos marcados pola Axenda 2030. Efectivos A concelleira de Recursos Humanos e Réxime Interior, Rosario Rodríguez, asegurou que desde o concello precisa máis policías locais. “É por isto que desde o grupo de goberno aprobamos dúas ofertas de emprego público (2019 e 2021) cuxa finalidade é dotar de tres efectivos máis á policía local”. Segundo explicou Rodríguez, “a día de hoxe”, non é posible sacar ditas prazas xa que os sindicatos CIG e CSIC teñen recorridas ambos a oferta pública do ano 2019, e CIG tamén a correspondente ao ano 2021.

Natación Redacción A Piscina Climatizada de Verín abre o prazo de inscrición dos seus cursos de natación. Devandita inscrición realizarase por rigorosa orde de chegada. O alumnado poderá escoller en todos os cursos entre os seguintes días: luns e mércores, martes e xoves, ou só o venres. Os cursos para nenos e nenas de 3 a 6 años impartiranse en dous horarios diferentes: de 16:15 ata as 17 horas e de 17:30 ata as 18:15 horas, mentres que o horario para os menores a partir de 7 anos será de 18:45 a 19:30 horas. Tamén se ofertan cursos de adultos e de bebés. Os interesadas en inscribirse ou en ampliar información poden chamar as instalación da piscina climatizada: 988414184.

4 O pleno de Verín aproba o plan especial para o Balneario de Caldeliñas. Redacción Gala de clausura da sexta edición do Festival de Curtas de Verín.

O FIC premiou aos mellores 4 O público destacou a curta “The Letter Room”. R.T. Baixado o telón do Festival Internacional de Curtas de Verín (FIC Vía XIV) toca a hora de facer balance. Nunha gala de clausura, presentada por Arantxa Treus, premiaron as curtas “A propósito de Lanzarote en general”, de Vincent Trincon, na categoría Outra Mirada; “A propósito de Lanzarote en general”, de Vincent Trincon, gañou na categoría Outra Mirada; “Reality” do lucense David Fidalgo fíxoo en “A Raia”; e a mellor curta na categoría Nova foi para “Forastera” de Lucía Aleñar. O Premio Especial do Público recoñeceu o traballo con selo estadounidense “The Letter Room” de Elvira Lind. Finalmente, o Premio Numax á distribución, que permitirá aos filmes premiados ser exhibidos nesta sala compostelá, foi ex aequo para a cinta mexicana Al motociclista no le cabe la felicidad en el traje, de Gabriel Arrera, e para Elo, unha coprodución franco-portuguesa, de Alexandra Ramires. Poder transformador “O FIC Vía XIV xa é un referente que traspasa fronteiras”. Así o asegurou o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, no acto de clausura da VI edición do festival de curtas, no que tamén fixo fincapé en que “o festival, ao

igual que o Entroido, axuda a situar Verín no mapa”. Gerardo Seoane puxo tamén en valor o poder transformador do cinema en tanto en canto “axuda a conformar o pensamento crítico”. Pola súa banda, o director do FIC Vía XIV, Carlos Montero, destacou que ao longo de toda a semana a organización do festival afanouse en levar “a maxia do cinema a todos e a todas”. “En tempos de pandemia é máis importante manterse que medrar”, indicou Montero, quen tamén salientou que “este ano o FIC acadou novos fitos salientables coma, por exemplo, o feito de que por vez primeira se puideron seguir as sesións oficiais de xeito online a través da plataforma festhome”. Datos O FIC se reinventou pola pandemia, e grazas ao festival híbrido (presencial e online) organizado logrou que 650 persoas seguirano de xeito online. Ademais, un total

Sergio Pazos actuando no escenario do FIC.

de 678 persoas acudiron de xeito presencial á proxeccion das curtas a concurso ou ben ás actividades paralelas propostas e unhas 150 acudiron ao concerto de Verto. Tamén foi especialmente populosa a proxección da curta “Capuchóns”, un traballo fóra de concurso concibido polo verinés Íñigo Rolán Taboada, e a preestrea en Galicia do documental “Tierra de leche y miel” de Héctor Domínguez-Viguera, Gonzalo Recio e Carlos Mora. Sergio Pazos O festival recoñeceu a traxectoria artística do ourensán Sergio Pazos. Ademais da súa ampla traxectoria nos campos do teatro, do cinema e da televisión, tamén foi distinguido pola súa conexión coa provincia. Durante a homenaxe, Sergio Pazos encandilou co seu humor en forma de monólogos. Tamén se proxectaron algunhas das curtametraxes na que Pazos participou e que son representativas da súa carreira. Desta maneira, o ourensán sucede nesta disitinción ao actor Luis Zahera e a actriz Mabel Rivera.

O FIC rendeulle homenaxe ao actor ourensán Sergio Pazos

Unanimidade contou o punto do pleno no que fixaba como festas locais para 2022 o 17 de xaneiro (San Antón) e o 2 de marzo (mércores de Cinza). Todos os grupos aprobaron esta decisión, como tamén todos os grupos votaron a favor do Plan Municipal de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. Onde xa non houbo tanta concordancia, pero tamén saíron adiante as mocións foi noutros puntos da orde do día do pleno de setembro. Aínda así, bastaron os votos do grupo de Goberno (11) fronte a abstención do PP (4) polo que se aproba o convenio de colaboración entre o Concello de Verín e a Asociación Cultural Audiovisual Vía XIV que establece as bases para a realización do FIC Verín (Festival Internacional de Curtas de Verín). Coa validación do mesmo, o ente municipal outorga unha cooperación financeira de 40.000 euros. De igual maneira, tamén se aprobou (con 11 votos de PSOE e BNG) e as catro abstencións dos populares. Para o pleno

non resulta acreditado a existencia de infracción legal ou regulamentaria na tramitación administrativa e aprobación do citado instrumento. Caldeliñas Outro das cuestións tratadas no pleno foi a aprobación definitiva de plan especial de infraestruturas e dotacións do Complexo Balneario Asistencial de Caldeliñas, que quedou ratificado, por 11 votos (7 PSdeG-PSOE e 4 BNG) a favor e 4 abstencións do Partido Popular, segundo a última versión do documento técnico redactado pola empresa OTIMA S.L, e presentado no Concello de Verín. Por último, Diego Lourenzo Moura, en representación do Bloque Nacionalista Galego, anunciou que se retiraba da orde do día o punto referente a moción do BNG en defensa dun modelo de enerxía eólica sustentable, xusta e galega fronte ao espolio e depredación.

O pleno aproba un convenio co Festival Internacional de Curtas de Verín

Momento do pleno de setembro de 2021.


PUBLICIDADE

Barrios 29 de setembro 2021

9


10

Barrios 29 de setembro 2021

EN BREVE 4 Biorresiduos

Sogama faise con máis de 12.000 m2 no polígono empresarial de Pazos (por 500.000 euros), nos que instalará unha planta de biorresiduos. A Xunta licitou as obras de construción por uns 7 millóns de euros e dará servizo a 24 concellos.

4 Semana da Mobilidade

Os colexios de Verín uníronse á Semana Europea da Mobilidade; como foi o caso do María Inmaculada onde se deron charlas formativas para o alumnado de ESO e a realización dun circuíto viario no patio do centro por parte dos alumnos de 5º de Primaria e 6º de Infantil.

4 Ludoteca Os cativos e cativas da Ludoteca e do Campamento Urbano de Verín despediron o verán cunha festa ibicenca. Ademais, desfrutaron con tres inchables (cabina de baloncesto, cabina de fútbol e cabina de tiro) e participaron nun obradoiro de tatuaxes. Máis de 170 menores ocuparon as súas vacacións de verán asistindo a este servizo de conciliación familiar.

4 Escola de verán Preto dun cento de nenos e nenas participaron na Escola de Verán 2021 do Concello de Verín. No acto de clausura fíxoselles entrega dun diploma honorífico pola súa participación nas Primeiras Olimpíadas organizadas, por primeira vez, no marco desta iniciativa.

VERÍN E COMARCA

As mulleres, protagonistas nas xornadas de novela histórica de Verín 4 Contarán con escritoras nacionais de primeiro nivel. Redacción A biblioteca de Verín retoma as xornadas de novela histórica que este ano levarán o título de “Mulleres na Historia” e contarán con escritoras nacionais de primeiro nivel. Esta cuarta edición chega os vindeiros 1 e 2 de outubro e xa se coñece a súa programación. As entradas (gratuítas) para este evento estarán dispoñibles en ataquilla.com. As xornadas estarán coordinadas por José Luís Corral e José Calvo Poyato, autores de multitude de novelas históricas e considerados dos máis grandes no xénero. Así mesmo contarán co acompañamento musical de Lourdes Olbés, violinista galega de primeiro nivel, en varios momentos das xornadas. «Un ano máis Verín converterase no epicentro da Novela Histórica grazas ao gran traballo realizado desde a Biblioteca de Verín», salientou Emilia Somoza, concelleira de Cultura. Programación O venres, 1 de outubro, comezarán as actividades ás 11 horas, con Rosario Raro, José Calvo Poyato e José Luis Corral que farán o seminario “Mulleres na historia e como escribir novela históri-

ca”, dirixido aos centros de ensino. Pola tarde, Rosario Raro impartirá a charla “Da pegada dunha carta a Desaparecida en Siboney: mulleres protagonistas nas miñas novelas”, e Eva Díaz “Escribir novelas históricas desde a perspectiva feminina”; despois asinará libros. O sábado, 2 de outubro, en xornada de tarde -a partir das 18.30h- haberá as seguintes conferencias: “Mulleres piratas no século XVI”, con María Vila; “Os nenos da viruela. A maior expedición filantrópica da historia da humanidade”, con María Solar; "As mulleres nas miñas novelas: de "Palmeiras

na neve" e "O latexo da terra", con Luz Gabás. Clausuraranse esta cuarta edición con firma de exemplares a cargos das escritoras.

As xornadas terán lugar na biblioteca municipal os días 1 e 2 de outubro As entradas (gratuítas) deben adquirirse en ataquilla.com

Presentación das Xornadas de Novela Histórica.

Vendima na DO Monterrei.

Recta final da vendima deste ano 4 Nesta semana ou a que vén rematará na DO Monterrei. Redacción Nesta semana ou a que vén son as estimacións que fan desde a DO Monterrei para o remate da súa vendima. Desde o pasado 6 de setembro cando deu comezo a colleita a cargo do Pazo das Tapias, sito na localidade de Pazos (Verín) foron ao redor dos 4 millóns de quilos de uva recollidos. O Director Técnico da Denominación de Orixe Monterrei, Luis Miguel López, avanzou que, con toda a cautela (xa que os adegueiros están aínda recollendo) "agardase unha recollida duns 5,5 millóns de quilos", o que vén sendo cifras moi semellantes aos do ano pasada. Unha boa nova se

temos en conta que foi un ano complicado "debido ás precipitacións", apuntaba o Director Técnico. Maioría de brancos Nun ano complicado polas precipitacións, as cifras auguran un ano moi positivo para esta denominación de orixe e agarda un futuro prometedor para o vindeiro ano, que se desexa que poida ser sen pandemia. Do recollido ata o de agora, en torno ao 27% son tintos e o resto (73%) brancos. San Sebastián A última acción promocional da DO estivo en San Sebastián, dentro do showroom ‘Vidivinos’, onde máis 80 profesionais de distribución e Canal Horeca coñeceron 21 adegas de Monterrei.


BARBADÁS

Barrios 29 de setembro 2021

Novas melloras para unha mellor mobilidade 4 En catro rúas de San Lourenzo de Piñor. Colocaranse velas no parque Infantil do Viso. /RAMSÉS.

Máis fibra óptica para Barbadás 4 Tamén se aprobou a instalación de velas na escola infantil e na urbanización do Viso. Redacción O pleno do Concello de Barbadás do mes de setembro aprobou unha moción do Partido Popular na que pedía unha maior concetividade de internet no rural. O voto favorable foi unánime ao tempo que desde o grupo de goberno aseguraron que o concello opta a unha subvención de Adercou (do plan Leader) na que levarase a fibra óptica a Barxa e á pista de San Bieito (Piñor) e que conta cun importe duns 48.000 euros. Tamén os populares levaron outra moción sobre a cubrición dos parques infantís. O PSOE dixo estar traballando en poñer velas de sombra no patio da escola infantil e na urbanización do Viso, ademais de nun dos parques dos Amieiros. A moción foi aprobada. Área recreativa Pola súa banda, o BNG solicitou unha área recreativa e unha pista polideportiva na Lama debido a

súa crecente poboación e proximidade coa Valenzá. Desde o Goberno local anunciaron que non hai terreos para tal función na zona e propuxeron un onde a pista de skate no que se faría un estudo topográfico. Tamñen os nacionalistas plantexaron a mellora de cambiños rurais ao que o concelleiro de Medio Ambiente, Rafael Sierra, replicou dicindo que se realizaron limpezas e están á espera de que a Xunta autorice máis desbroces. Ademais, o pleno aprobou á ordenanza fiscal reguladora de enseñanzas especiais en centros docentes despois de ser rexeitadas as alegacións presentadas polo BNG.

O concello opta a unha subvención na que levarase a fibra óptica a Barxa e á pista de San Bieito

Redacción Barbadás mellora o pavimento en catro rúas da localidade de San Lourenzo de Piñor para facilitar a mobilidade e mellorar a seguridade viaria. As rúas a acondicionar son as Campo de Roma, Quintas, Roble e Dilueiras e o proxecto está enmarcardo no programa de “Obras municipais do Plan Provincial de Cooperación das Obras e Servizos Municipais e da Rede Viaria Provincial para o ano 2021". As catro rúas presentan firmes e capas de rodadura executadas hai décadas mediante regos asfálticos. O paso do tempo e o numeroso tráfico rodado de todo tipo tanto de turismos como industriais e de transporte (furgonetas, maquinaria media, camións de transporte, etc.), ou de medios agrícolas (pequenos tractores e similares) fixo que se atopen nun estado

de deterioro moi avanzado e presente fochancas, fisuras e mesmo acumulación de residuos en marxes. Actuacións Estas actuacións, que comezaron a principios de setembro, teñen un prazo de execución previsto de dous meses, e contan cun orzamento de 48.000 euros. Na rúa Campo Roma procederase a demolición de lousa de formigón, limpeza da superficie, arranxo de fochas e aplicación de triplo rego asfáltico. En Dilueiras efectuarase a limpeza do pavimento existente, arranxo de fochas con rego asfáltico e posterior tratamento de dobre rego asfáltico. Na rúa Roble procederase a reparación de rexa de pluviais actual, limpeza de pavimento e posterior dobre asfáltico, ademais da reparación de fochas. E na rúa Quintas colocarase tubaria de drenaxe, limpeza de pavimento, reparación de fochas e pavimentado

con triplo rego asfáltico. O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destaca a prioridade destas obras de mellora do pavimento “pois supoñen a rexeneración do firme en lugares onde a capa de rodadura se atopaba nun evidente estado de deterioro”. A concelleira de Urbanismo e Infraestruturas, Victoria Morenza, resalta “a importancia de intervir en rúas e camiños que precisan de melloras en aras da mobilidade das persoas e da seguridade do tráfico” e anticipa que se trata "dunha intervención enmarcada nun plan de melloras das vías municipais en diferentes puntos do concello de Barbadás".

Actúase nas rúas Campo Roma, Dilueiras, Roble e Quintas

11

EN BREVE 4 Axudas para libros e material Barbadás concede axudas económicas para libros e material didáctivo en Educación Infantil. Estas achegas están destinadas a unidades de convivencia en desventaxe social e con menor poder adquisitivo. As contías serán de 90 euros como máximo por cada neno. O prazo de presentación péchase o 30 de setembro. Os solicitantes poderán descargar o modelo de solicitude desde a páxina web do Concello. Os peticionarios de axudas para o estudio deberán reunir as seguintes condicións: a) conten con nenos ao seu cargo, escolarizados en centros públicos ou concertados; b) estar empadroados no Concello de Barbadás; c) estar matriculados en Educación Infantil; d) non exceder o nivel máximo de ingresos establecido nas bases.

4 Obradoiro O Centro Empresarial Transfronterizo acolle ata o 14 de outubro un obradoiro sobre especialización en produtos fitosanitarios, dirixido a profesionais da materia que queran ampliar coñecementos.

4 Memoria e manualidades

Na rúa Quintas colocarase tubaria de drenaxe, limpeza de pavimento, reparación de fochancas e pavimentado con triplo rego asfáltico.

Barbadás ofrece sendos obradoiros de manualidades e da memoria en varios locais sociais. Ámbolos dous daranse de outubro a maio de 2022 e cada un contará como máximo con seis prazas por local.


12

Barrios 29 de setembro 2021

Unanimidade para Baltar Redacción Manuel Baltar inicia o seu cuarto mandato ao fronte do Partido Popular provincial grazas ao apoio do 99,24% dos compromisarios que participaron no 18º Congreso Provincial do PP. Entre outras moitas autoridades do partido estiveron presentes: o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo; o secretario xeral do PP, Teodoro García Egea; o presidente da comunidade de Murcia, Fernando López Miras; o presidente da comunidade

PROVINCIA

de Valencia e presidente da Deputación de Alicante, Carlos Mazón; ou mesmo distintos alcalde populares de cidades doutras comunidades. No seu discuros como presidente electo, Manuel Baltar subliñou que só ten unha ideoloxía “que se resume nunha palabra: Ourense, que merece un partido á altura deste territorio e das súas xentes, un partido con alma e personalidade diferenciada, como singular é a nosa provincia, ademais dunha identidade propia como berce do galeguismo que somos”. Baltar puxo no horizonte unha data: a das

A Veiga enxalza a súa gandeiría 4 Organiza, xunto ao Inorde, unha exposición gandeira. Redacción Baltar, no centro, con García Egea -esquerda- e Núñez Feijoo -dereita-. eleccións locais do 28 de maio de 2023. “Quedan 609 días para ese momento –dixo- e tal e como afirmei durante a campaña electoral como candidato á presidencia do partido,

Ourense ICC Week Redacción A Deputación de Ourense vén de dar algunhas das pinceladas que agardar na edición deste ano da “Ourense ICC Week” (13 ao 17 de outubro). Coque Malla será un dos nomes protagonistas nesta edición da ICC Week, nunha cita moi esperada polo músico madrileño onde se atopará de novo en directo co seu público, xa que volve aos escenarios con toda a súa banda, cun concerto o vindeiro 16 de outubro no Auditorio de Ourense. Santiago Auserón “Juan Perro” será outro dos artistas do evento que fará a súa actuación o 15 de outubro no Teatro Principal; ademais falará do seu novo libro nunha charla que quedou pendente na edición anterior polas especiais circunstancias nas que se celebrou a pasada edición.

Clausura do obradoiro “Ribeiro 21”.

Remata o obradoiro ‘Ribeiro 21’ 4 E comeza o ‘Ribeiro Emprende’. Redacción Na Mancomunidade de Concellos do Ribeiro clausurouse o obradoiro ‘Ribeiro 21’ que contou con 20 alumnos e no que a Consellería de Emprego e Igualdade investiu 352.946 euros. O delegado da Xunta en Ourense, Gabriel

Alén, presidiu o acto de entrega de diplomas deste proxecto no que participaron os concellos de Arnoia, Beade, Cenlle, Cortegada e Leiro. Desenvolveron actuacións e traballos no monte de utilidade publica no entorno da capela de San Miguel; acondicionamento Camiño Miñoto; recuperación e posta en

xa temos marcado un obxectivo: gañar nos 92 concellos, na entidade menor de Berán e na Deputación para obter o récord histórico nunhas eleccións municipais”. valor da fonte na aldea modelo de Osmo; recuperación e posta en valor da praza na aldea modelo de Osmo; camiños tradicionais na aldea modelo de Osmo; limpeza e mantemento do camiño Pedreiras; recuperación e posta en valor do camiño en Seixomil; limpeza e mantemento campo da festa de Soutelo; limpeza e mantemento da pista en Berán canteira; rego, limpeza e mantemento da pista Agra en Carregal de Abaixo; limpeza e mantemento da pista lavadoiro en Berán e Orega; limpeza pista monte Lebosende de ruta de sendeirismo. Ribeiro Emprende Ademais, Alén anunciou o inicio inmediato dunha nova edición desta iniciativa laboral, tamén baixo o formato de obradoiro dual e cunha duración de nove meses, grazas a un investimento de case 353.000 euros por parte da Xunta.

Concello da Veiga, en colaboración co Inorde, organiza para os días 2 e 3 de outubro a primeira Exposición Agrícola e Gandeira de Trevinca. Terá como obxectivo poñer en valor a capacidade gandeira deste territorio da provincia. Na presentación participaron o presidente e a xerente do Inorde, Rosendo Fernández e Emma González, respectivamente, e o alcalde da Veiga, Juan Anta. O programa de actividades para esas dúas xornadas está pensado para todos os públicos e desenvolveranse en tres espazos diferentes: na praia do Coiñedo, na praia dos Franceses e no centro da localidade, facendo da Exposición un evento “dinámico, divertido e variado no que a xente poida participar”, sinalou Juan Anta. Polo tanto, participarán nel distintos produtores gandeiros, haberá exhibicións de

gando e ecuestres, postos para que os visitantes poidan mercar produtos locais onde terán un especial protagonismo os produtos da Veiga como a mel ou a Faba Loba, pero tamén haberá produtos doutras zonas da provincia, haberá unha exposición de maquinaria agrícola, así como catas de viños, meles e queixos para público adulto e infantil. Así mesmo, durante as dúas xornadas festivas, estarán na Veiga os artesáns realizando unha exhibición dos oficios tradicionais galegos (cesteiros, zoqueiro, letoeiro, tallado de coiro, cerámica, tecedoira...). Inauguración A inauguración da Exposición será o sábado, 2 de outubro, ás 12 horas, no Coiñedo. Ademais, durante eses dous días festivos haberá menús gastronómicos a base de produtos locais en diferentes establecementos do municipio que a xente deberá reservar previamente antes do 30 de setembro.

Emma González, Rosendo Ferández e Juan Anta, na presentación do evento.


DEPORTES

O Arenteiro suma a primeia vitoria 4 O Barco segue intratable na 3ªRFEF. Nerea, do Envialia, golpeando o balón. /RAMSÉS.

Nova derrota do Ouense Envialia 4 O Sala Ourense tamén perde nesta xornada. Redacción Nin Ourense Envialia (1ºRFEF) nin Sala Ourense (2ªB) lograron puntuar nas xornadas celebradas a pasada fin de semana. O equipo dirixido por Morenín caeu derrotado por un gol a tres diante do Alcorcón. As alfareras tiveron máis pegada que unhas ourensás que aínda non coñece a vitoria neste curso. As visitantes lograron unha renta de 3-0 e o gol das locais chegou demasiado tarde (minuto 39) para crer nunha remontada. Complicada papeleta para o Envialia na próxima xornada. Visitan a un Burela que empatou no

Xadrez Redacción O Concello e Club Xadrez Ourense achegarán o xadrez aos escolares da cidade (co programa “Xadrez na escola”) para aproveitar o seu potencial como ferramenta lúdica, deportiva e formativa. A finalidade é a de achegar aos escolares dos centros educativos da cidade á práctica deste deporte e poñer en valor a súa importancia como ferramenta lúdica, deportiva e formativa. O programa, que se desenvolverá desde outubro

último partido diante do Poio. As de Morenín tentarán dar a sorpresa en terras lucenses. Sala Ourense O Sala Ourense non puido sacar nada positivo da súa visita a Valladolid. Alí o agardaba un UVA que dobregou aos ourensáns por 9-5. Despois de firmar táboas ao descando (3-3) os de Óscar Vivián desincháronse na segunda metade e foron goleados polos castelán leoneses. Tras este traspés toca pensar no vindeiro envite que o levará ao Paco Paz, domingo, 3 de outubro, ás 12 horas para xogar contra o Ribeira. a xuño, consta de tres liñas: achegar os nenos ao xadrez, contando cun equipo de monitores cunha longa traxectoria no ámbito deportivo e educativo do xadrez, que se encargarán da formación do alumnado nos centros educativos que o soliciten; escola municipal de xadrez, para persoas maiores de 15 anos que desexen aprendelo, a través dun curso de 50 horas de duración; e divulgación do libro “Aprende xadrez desde cero”, de Iván Salgado, en todos os centros públicos e entre os participantes do programa.

Redacción O Arenteiro deu a primeira alegría aos seus seareiros ao vencer en Espiñedo ao Salamanca (1-0). Os de Fran Justo venceron cun gol de Víctor Eimil nos últimos minutos de encontro. Con esta vitoria se quitan a lousa de lograr a primeira vitoria na 2ªRFEF despois de catro xornadas. Así, os do Carballiño son undécimos con 4 puntos. A vindeira fin de semana xogan diante dun histórico, como o Pontevedra, en terras do Lérez. Na 3ªRFEF o Barco suma os seus encontros por vitorias e xa ten no casilleiro nove puntos.

Pola contra, tanto Ourense CF como Arnoia non coñecen a vitoria aínda na nova competición (na última xornada axcadaron sendos empates). Tanto pimenteiros como capitalinos suman dous empate e unha derrota para colocarse na zona media-baixa da táboa con dous puntos. A próxima xornada o Barco visita ao

Preferente Na Rexional Preferente, vitorias de Verín (1-0 ante o Guardés) e de Barbadás (2-1 contra Mondariz); A UD Ourense empatou a cero goles na casa do Caselas e o mesmo resultado foi o que acadaron Nogueira e Velle no derbi ourensán. Na terceira xornada chegará un novo derbi entre Velle e Verín. Mentres, no Couto a UD Ourense recibe ao Porriño; e Nogueira e Barbadás visitan a Atios e Cultural Areas, respectivamente.

Encontro entre Ourense CF e Povorín. /RAMSÉS.

4 Preséntase este venres diante da súa afección. A medida que van chegando os xogadores que conforman a plantilla do COB 2021-22, o equipo vai collendo forma e encaixando as pezas de cara a unha tempada que so vale o ascenso a LEB Ouro. O equipo, que este ano pasará a chamarse Hereda Club Ourense Baloncesto leva catro encontros disputados nesta pretempada cun bagaxe de dúas vitorias e dúas derrotas. O último triunfo produciuse en terras portuguesas onde os homes dirixidos por Armando Gómez venceron con claridade ao Povoa de Varzim (55-72). Este venres, 1 de outubro, preséntanse diante

Vilalbés e o Ourense CF ao Choco; o Atlético Arnoia, descansa.

13

EN BREVE 4 Olimpíada escolar O Concello organizará unha olimpíada escolar con competicións atléticas e académicas para escolares da cidade. O campionato atlético estará composto de probas básicas e troncais en moitos deportes, como son o salto a pés xuntos, o salto vertical, o lanzamento de balón medicinal, un sprint de 60 metros lisos, ou unha carreira de medio fondo -1.000 metros lisos-. A gran final celebrarase na pista de atletismo de Expourense na primavera de 2022. Na proba académica haberá probas de literatura -redacción, composición poética, etc.

4 15k nocturna

O COB colle forma

Redacción

Barrios 29 de setembro 2021

da súa afección a partir das 20:30 horas; o rival será o Carbajosa equipo co que perderon no primeiro encontro da pretempada. A liga dará comezo o sábado, 9 de outubro (19.30h se non cambia) no Pazo e o rival será Melilla.

Campaña O club xa ten en marcha a campaña de abonados. En grada superior os prezos oscilan entre os 10 euros (abono preinfantil) e os 100 (sénior); en grada baixa os prezos van dos 30 euros (preinfantil) aos 125 do sénior. Sobre estes prezos haberá unha serie de descontos coma o familiar, maiores de 65 anos, desempregados, peñas, etc. Máis información na web do club.

Partido do COB contra o Povoa de Varzím.

Aberto o prazo de inscricións para a “15K Carreira Nocturna de Ourense Banco Mediolanum” que terá lugar o vindeiro 23 de outubro. As inscricións poden formalizarse en: https://bit.ly/3ih9XZ5 e hai un máximo de 500 prazas dispoñibles. O percorrido da proba terá a súa saída na emblemática ponte Romana de Ourense e a chegada será no Centro Comercial Ponte Vella, cun trazado que discorre pola súa maior parte polo paseo do Miño.

4 CMD O Consello Municipal de Deportes outorgou as seguintes subvencións: COB (150.000 euros), Rally de Ourense (35.000) e Federación Galega de Hóckey (18.000 para os actos previstos con motivo da estancia da Selección Española por mor da inauguración do campo), así como para habilitar unha partida adicional de 50.000 euros para reforzar as subvencións por concorrencia competitiva para os clubs deportivos por gastos extraordinarios que tiveron que asumir por causa da pandemia.


14

Barrios 29 de setembro 2021

OCIO E CULTURA

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

Dous santos. Quiñentas e un calcetín

A alimentación cura o sistema inmunitario Para protexerse contra os arrefriados, a gripe e outros invasores máis graves, debe comer ben. Como lles foi ás nosas avoas? Curáronse a si mesmas con comida. Facían boas sopas e bos guisos na pota, porque estaban seguras de que se sentían mellor! Unha sopa quente axuda a reducir a mucosidad e hidrata en caso de arrefriado. Sempre é bo ter a man un caldo caseiro, para curar e previr. Faga gárgaras con auga corrente dúas ou máis veces ao día, os síntomas serán menos graves. Para un bo funcionamento do organismo é necesario inxerir 4 minerais importantes: o cobre, que se atopa nos anacardos, a col rizada e as ameixas. Selenio: o bacallau, os camaróns, o atún e o salmón proporciónano. O ferro atópase nas espinacas e as lentellas. Zinc- atoparalo en carne de res, espinacas, pipas de cabaza e garavanzos, así como nas ostras. A vitamina E nas noces axuda a manter o sistema inmunolóxico e reduce o risco de cancro de colon. Tamén se atopa nos seguintes alimentos: abelás, aceite de oliva, cacahuete, améndoas, pistachos, noces e mariscos. Sabemos que outro forte aliado do sistema inmunolóxico é a vitamina D: o sol é unha

4HUMOR

das principais fontes, do mesmo xeito que o aceite de fígado de bacallau, o aceite de salmón, as ostras, o arenque e os ovos duros. Cando o sistema inmunolóxico está alto, o pH do corpo tamén é alto e as enfermidades non entran e poden mesmo desaparecer ou tardar moitos anos en desenvolverse. As toxinas tamén desaparecen, coa axuda do consumo de auga, o exercicio físico e o consumo moderado de carnes e lácteos homoxeneizados. Introducindo algúns nutrientes específicos podemos previr ou aliviar os síntomas dalgunhas patoloxías. Controlar o peso é primordial; non consuma demasiado azucre, café moi forte, alcol e sal. O consumo de alimentos orgánicos naturais ten enerxía vital para manter unha alta inmunidade e, por tanto, unha boa saúde no corpo humano. João Damião

A vitamina E das noces axuda a manter o sistema inmunolóxico e reduce o risco de cancro de colon

Ás veces lémbrome das anécdotas que eles me contaron. Imaxino noites doutros tempos cando o viño rulaba na taberna con xenerosidade, e onde o Lucho contábame as anécdotas de antano, que non tiñan desperdicio. A inesperada partida do seu compadre rumbo as estrelas estaba recente. Eran tempos de refinada nostalxia, porén espetoume en íntima conversa e coa voz entrecortada, "neno, paseino moi ben co teu papá! Daquela o destino xuntounos nun colexio da capital. Había que formarse de cara on futuro complicado. Sabían a boa fe, que na casa, era grande o sacrificio para telos alí. Non dubidaron en aproveitar o tempo, e aprender da mellor escola para eles, que non foi outra, mais ca escola da vida. Só Xoaquín Lorenzo “Xocas” mestre inmortal do colexio Cisneros, foi quen de facelos acougar, a base de clases maxistrais, sobre os apeiros de labranza, as partes do carro e un sen fin de materia do mundo rural galego, que sen esforzo aprobaron con sobresaínte. As demais disciplinas, non tiñan importancia, porén de cando en vez “lataban” as clases, sen ollar máis lonxe que a fonte das Burgas, onde lavaban as mans a miúdo, para quedar ceibes de culpa. Eran rebeldes con ansia de xolda. Rapaces de aldea, pero co peto quente, gracias a xenerosidade do avó de Gondulfes, que tiña a marabillosa costume de introducir no desgastado dicionario do seu neto, un billete de quiñentas pesetas, xustamente na letra “d”, o carón da verba “desfrutar”, que a tiña subliñada cun lapis. Corrían os anos cincuenta, e os dous Santos, con traxe, non precisamente de domingo, rulaban pola concorrida rúa do Paseo, onde o desfile

de persoas era alucinante. Cun cigarro perpetuo nos beizos e con sinxela chulería raiota desfilaban sen complexos para facer algo de ollo e gastar zapato, como se dicía naquel entón. Na hora do aperitivo, algunha vez se achegaron o mítico Café La Bilbaína. Foi un dia daqueles, cando os empregados do local estaban abrindo as portas despois dunha longa noite de espectáculo con artista incluída. Os Santos entraron con algo de respecto naquel garito cheo de historia. O barman, o velos tan novos e sen moita decisión, espetoulles: "isto non é o bar Orellas!". Poña entón dous finos de Xerez, replicoulle o Santos de Verín dende un recuncho do mostrador. Tedes cuartos? dixo o camareiro desconfiado e con moita sorna. Algo temos, replicou o Lucho, sacando no acto, as quiñentas pesetas, que relucían na brancura daquela barra de mármore. Aquel home, o ver o billete quedou abraiado, e para agochar a vergoña, díxolle en voz baixa e o seu carón "estades invitados, non hai cambio na caixa. Volvede pola noite, e xa facemos as contas". Remataron as copas e liscaron sen darlle moita importancia. No barrio vello esperaban os amigos da

Os dous Santos.

panda, o Mirrolo e o Carranchas, onde xa no lusco fusco, e de forma improvisada, presaxiaron a idea de Blanco Amor, preparando a esmorga xamais contada, tendo só como testemuña as inmutables pedras da catedral, posuidoras do infranqueable segredo do acontecido. Daquela tamén frecuentaban a prestixiosa sala de festas Auria, inaugurada no 1960 e que lle deu un toque de glamour ás noites da capital ourensá. Foi considerada unha das mellores salas de España xunto coa madrileña Pasapoga. Foi aquí, onde os Santos, tiveron outra andanza das súas. Naquel tempo, había que levar garabata para poder acceder o interior da sala, non sen antes, abonar unha suculenta entrada. O caso é que cartos había, pero non había garabata. Xa era sabido que os mozos de aldea tiñan unha astucia innata, e que nos momentos de apuro, sempre saía a relucir. Foi nun portal ao carón da mesma discoteca, onde os Santos

sacaron o calcetín do pé e pasárono rapidamente ao pescozo, facendo unha simbiose ancestral con mestura de elegancia supina e algo de festa entroideira, deixando o camiño ceibe para acceder sen obstáculos aquel fermoso local. No fondo da concorrida barra, esperaba Berta, a mítica caixeira con fama de facer ricos e rechamantes cócteis, que a ben seguro, deuse conta das falsas garabatas daqueles satélites, pero que con disimulada cómplicidade, xamais os descubriu, porque ante a espontánea e innata simpatía dos Santos, todo tiña perdón. Quixera adicar estas letras o meu pai “Santos”, que estes días estaría no seu 84 aniversario e a “Lucho” o compadre de Gondulfes, amigos da xuventude, eternos contadores destas fermosas historias, e que con orgullo, comparto con vostedes. Unha aperta. Miguel A. Prieto “Chitín”

Corrían os anos cincuenta e os dous Santos, con traxe, non precisamente de domingo, rulaban pola concorrida rúa do Paseo, onde o desfile de persoas era alucinante


OCIO E CULTURA / CLASIFICADOS

Barrios 29 de setembro 2021

15

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Arcediagos,11, 1º - 32005 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara Nº152 - Ano: XIV - 29 de setembro de 2021 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

4DECRECENDO

4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe o seu anuncio no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

O castelo de naipes As alarmas pasan de laranxa a vermello agora que os motores para as compras de Nadal comezan a quentar. Resulta que o tan desexado Nadal despois dun Covid debilitado pode verse mancado pola escaseza de todo tipo de materias primas, escaseza de insumos que afectarán aos xoguetes, mobles, roupa, electrodomésticos, vehículos e todo o que se lle ocorra. E se algo non afecta aos seus compoñentes ou ás súas materias primas, están as ameazas ou máis ben as negras realidades nas cadeas de distribución. Os problemas co aumento do custo do transporte de grandes buques mercantes, o colapso en múltiples portos nodos do comercio internacional, a ausencia de transportistas en terra debido á falta de preparación ou ás penosas condi-

Turistas Redacción Ourense alcanzou no mes de agosto a maior cifra de turistas da súa historia. Nin sequera antes da pandemia, a provincia rexistrara a 45.379 personas aloxadas nos seus hoteis durante o oitavo mes do ano. Un récord que, pola contra, non se vislumbra na capital, a cal tivo menos visitantes que en agosto de 2019. De todos os visitantes tan só un 9% eran estranxeiros. A maioría dos viaxeiros foron galegos, seguido de madrileños, catalanes e andaluces. Ademais, dos máis de 45.000 turistas, o número de pernoctacións foi de 90.976, cifra que non alacanza para superar as 92.197 do último mes de agosto prepandémico.

cións de traballo, etc., causarán que o tan agardado agasallo de Nadal ou non chegue ou que chegue demasiado tarde. De fondo pódese escoitar como vai rachando o tecido socioeconómico, cuxas costuras xa non soportan a presión exercida sobre o planeta e as persoas, ambas esmagadas na procura dun pseudo progreso que non é tal. As nosas certezas diarias colapsan aos poucos, coma un castelo de naipes

Galicia a un paso de ti Redacción A mostra ‘Galicia a un paso de ti’, composta por 110 fotografías de Adolfo Enríquez, renova a oferta expositiva da sala Valente (rúa do Paseo 20), onde permanecerá até o 21 de novembro. A mostra, que pasará polas sete grandes cidades galegas logo de pasearse por medio mundo, amosa Galicia e o seu rico patrimonio histórico,

Presentación da exposición.

a cámara lenta. Hoxe non hai isto, mañá faltará o outro e, como mínimo común múltiplo, está a constante escalada de prezos á hora de satisfacer as nosas necesidades básicas. Antes, coas vacas gordas, a xente decidía se quería unha videoconsola ou un novo teléfono móbil. Chegará un día onde decidirán se pasan fame ou pasan frío. Óscar Blanco

unha invitación aos seus habitantes e a quen a visita a coñecer, descubrir e tamén redescubrir a súa gran riqueza arquitectónica, natural e paisaxística. A exposición convida a viaxar polos lugares máis sorprendentes da xeografía galega sen saír dunha sala de exposicións, á vez que divulga os múltiples destinos onde dirixir os nosos pasos para vivir en bosques frondosos, solpores cheos de luz, pedra feita arte ou camiños de auga, entre outras experiencias.

INMOBILIARIA Véndese piso en Beluso, Bueu (Pontevedra). 100 m2, 3 habitacións, salón, cociña, baño, despensa e 3 trasteiros amplios. Soleado todo o día, situado preto de servizos básicos e a menos de 2 km das mellores praias da zona. Prezo: 85.000 euros. Tfno.: 679 588 349 (envío fotos, escoito ofertas). Alugo local económico no centro. Ideal para oficina, almacén ou trasteiro. 17m2. Dispón de baños comunitarios. 120 euros/mes máis 7 euros de comunidad. C.E.: C. Teléfono 627 203 131 Véndese casa céntrica en Xinzo de Limia. Baixo máis unha planta (144m2,) tres prazas de garaxe e patio, cinco habitacións, dous baños, cociña amoblada e terraza. 133.000 euros. Tel. 699 648 514 / 988 21 40 70 Alugo baixo na zona do Couto totalmente acondicionado. Con luz, auga, 70 m2. Prezo 300 euros. Tel: 653 208 506 Alúganse apartamentos en Montalvo (de Semana Santa a outubro) con unha ou dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916 Alugo sala para actividades culturais, con posibilidade de cociña, baño e outros sertvizos. Tel.: 988 247 113. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Busco casa en alquiler na periferia de Ourense. Opción a compra ou dunha permuta dun piso situado na Valenzá. Tlf.: 600 826 029. Vendo casa na estrada de Santiago, con finca. Para restaurar. Tel.:672 089

349. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62.

TRABALLO Ofrécese señora para traballar con xente maior ou nenos. De toda confianza, con informes. Disponibilidade de coche e fins de semana Tel.: 606 422 543. Ofrécese señora para limpeza por horas Tel.: 674 500 513. Señora, auxiliar de enfermería responsable e con experiencia, ofrécese para coidar persoas maiores, enfermos, nenos e tarefas do fogar. Tel.: 620 052 173 Ofrécese señora responsable -española- para coidade de nenos ou persoas maiores. Con informes. Tel.: 606 422 543 Ofrécese auxiliar de enfermaría, con titulación, para o coidado de maiores. Como interna ou por horas. En Ourense ou arredores. Telf.: 663 043 561 Danse clases de francés a domicilio. Todos os niveis. Titulación en España e Francia. Tlf.: 625 745 611 Imparto clases particulares de Matemáticas a domicilio en Ourense capital. Todos os niveis. Tamen materias curriculares de ESO e Bacharelato. As clases son individuais e personalizadas. Ampla experiencia. Excelentes resultados. Económico. Interesados enviar WhatsApp ao 610 38 25 89. Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario.

Tel: 686 005 358. Fanse desbroces en tractor e a man. Tlf.: 630 521 448 Ófrecese señora seria e responsable para tarefas do fogar e coidado de nenos e maiores. Con informes. Preferencia zona Ponte. Tlf: 685 374 191. Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405.

VENDAS Vendo colección de revistas “Muy interesante”, do nº1 ao 163, e “Natura”, do 1 ao 132 (as dúas encadernadas). Tlf: 636286434. Vendo accesorios para cans: arnes de tiro, correas, collares e fournitures. Tlf: 636286434. Vendo unha xanela de dúas follas en aluminio sapelly de 1,40 x 0,94 m con cristais. Tlf: 636286434. Vendo dúas cadeiras infantís de coche (Jane) de 15-36 kg con isofix, unha negra e outra vermella. Tlf: 636286434. Vendo rizador de pelo con accesorios para alisar e rizar. Tel.: 666 303 635 Vendo cama hospitalaria articulada en bo estado, con colchón anti-escaras. Tlf.: 606 133 522 Vendo prensa de viño mediana/grande, ideal para decoración en xardíns. Tlf.: 606 133 522 Véndese mampara nova. Tel: 672 089 349. Véndense traxes de cabaleiro moi antigos en bo estado, ideal para Entroido. Prezo 10€. Tel: 610 979 897. Compro moble de cociña completo. Tel: 988 247 824. Vendo escritorio. Como novo, bo prezo. Tel: 672 089 349. Vendo estufa de frío e calor. Tel: 672 089 349.


Barrios 29 de setembro 2021


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.