Barrios 150

Page 1

Entrevista a Carlos Montero, director do FIC Vía XIV de Verín [Páx. 3]

TEMA

Páx.2

O Concello dispón dunha modificación orzamentaria de 62 millóns para a cidade

VERÍN

Páx.10 XINZO

A nova oficina de emprego estará lista no 2022 na avenida de Sousas

Páx.14 CELANOVA

A praza do Conservatorio albergará un auditorio ao aire libre

Páx.18 ALLARIZ

Peatonalización da praza Maior con retirada de cadeas incluída

Páx.19

O Festival RiR, do 8 ao 11 de setembro, homenaxea ao “Gordo e o Fraco”

“Lírica Revuelta, Prosaía”, de Avelino Jácome

[Páx. 8]

A Valenzá cambia a iluminación

Vacinación antes do curso escolar [Páx. 2]

[Páx. 17]

Menores de 12 a 16 vacinándose da primeira dose. // Avelino Jácome presenta o seu último libro “Lírica Revuelta, Prosaía”. // Nova iluminación en varios puntos de Barbadás

Número: 150 - Ano: XIV - 27 de agosto de 2021 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


2

Barrios 27 de agosto 2021

TEMA DA SEMANA

62 millóns para a cidade 4 A modificación orzamentaria entrou en vigor este mes de agosto. R.T.

Os menores de 12 a 16 foron chamados a vacinarse esta semana./I. OSORIO.

Os casos de coronavirus baixan na provincia 4 Nos últimos días ralentízouse a baixada. R.T. Pouco a pouco vai baixando o número de persoas infectadas pola Covid19 na nosa provincia. Se ben é certo que esta baixada ralentizouse nas últimas xornadas; incluso na capital, nas últimas 24 horas subiron en tres os casos pasando de 204 a 207. En concellos como o de Xinzo hai 25 casos; en Celanova, 5; ou en Allariz, 17. No que se refire a toda a provincia, os infectados baixaron de 700 situándose en 688. No tocante aos hospitalizados: hai 28 en planta (24 no CHUO e 4 no hospital de Valdeorras) e sete en coidados intensivos (no CHUO); o hospital de Verín mantense sen hospitalizados por Covid19. Desde o comezo desta pandemia, o número de decesos en Ourense elévase aos 433 dun total de 20.989 infectados (19.869 curados). Vacinación A poucas semanas para que comece un novo curso escolar, a Xunta de Galicia apresúrase en vacinar aos escolares de entre 12 a 16 anos que comezaron a vacinar esta semana. Con este grupo de idade inoculado fai que Ourense se achegue ao 90% da poboación vacinada con,

alomenos, unha dose. A provincia conta co 80% dos maiores de 12 anos coa pauta completa (máis de 230.000 persoas). Xa están sendo chamados para a segunda dose os menores de 25 anos, prevéndose citar aos escolares de secundaria antes de que den comezo as clases. Sobre a terceira dose, o Ministerio de Saúde pronunciarase a vindeira semana. Cribado O último cribado realizado polo Sergas levouse a cabo nas localidade de Viana, A Veiga e Vilariño de Conso. Das 233 probas PRC realizadas, detectáronse dous positivos. A Xunta decidiu realizar o cribado nestes tres concellos debido á alta incidencia neles, ao superar os 500 casos por 100.000 habitantes a 14 días. Espazo Xove Durante todo este mes está operativo o punto de atención administrativa Covid19. O mesmo está no Espazo Xove de Ourense (antiga Casa da Xuventude) e atendeu máis de 700 consultas ata principios de semana (sendo a media de 40 ao día). Entre as súas funcións están a de tramitar solicitudes da "Chave 365", atender consultas da aplicación

do Sergas ou resolver dúbidas informativas relacionadas co acceso aos certificados e a súa descarga ao móbil. Tamén realiza test de antíxenos. Verín e O Barco de Valdeorras contan tamén cun punto de cribado (cribabús) que funcionará este sánado en horario de mañá e tarde. Medidas O Barco, Viana (sube do medio-baixo) e A Rúa sitúanse no nivel alto de restricións. Mentres, Allariz, Xinzo, A Veiga, Ourense, O Carballiño e Verín, están no nivel medio. Pola súa banda, o resto de concellos quedan no nivel medio-baixo, incluído Coles que sae do medio. En canto ao aforo nos estadios deportivos aínda non hai nada claro, pero o comité fala de poder chegar ao 40%. Sobre a apertura de barras en cafeterías pode haber novidades a vindeira semana logro de que os hostaleiros plantexaran esta cuestión na reunión mantida co Sergas.

Xa están sendo chamados para a segunda dose os menores de 25 anos

A modificación dos orzamentos do Concello por algo máis de 62 millóns euros deseñada polo goberno municipal entrou en vigor o pasado 12 de agosto, despois de que o Concello a publicara no Boletín Oficial da Provincia. Para o Goberno local, máis para o grupo Cidadáns -cun só representante, Pepé Araújo-, a publicación no BOP é o trámite necesario para que a modificación sexa efectiva. Non así parecen estar dacordo PSOE e BNG, que consideran que debería ir a exposición pública. Con esta modificación, os orzamentos do Concello para o exercicio de 2021 superan os 200 millóns de euros. Jácome O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, destaca que a modificación orzamentaria persigue “devolverlle á poboación un remanente de tesouraría que estaba parado no banco, que non pintaba nada, e devolverllo á poboación na forma do que ten sentido: destinar o diñeiro público a facer obras e darlles servizos á cidadanía”. O rexedor subliña que, con esta modificación, o Concello acometerá

proxectos tan importantes coma a renovación da flota de autobuses urbanos (14 millóns de euros), a mellora de rúas, parques da cidade, a renovación das áreas de xogo infantís (4 millóns de euros), instalación de cámaras no casco antigo e radares (4 millóns), mobilidade vertical (10 millóns de euros), contedores soterrados (1,6 millóns) e renovación dos contedores en superficie (4 millóns) e 4 millóns para a ampliación do Hospital Materno Infantil (mediante un convenio coa Xunta de Galicia. Tamén destacan os convenios con entidades sociais que desenvolven o seu labor na cidade, entre os que destaca pola súa contía o de Cáritas, por importe de 250.000 euros. “Nuns meses a poboación note que ese diñeiro que estaba no banco pase a estar na cidade”, aseguraba Jácome. Cuestión de confianza O proxecto de modificación orzamentaria foi aprobado pola xunta de goberno local o día 24 de maio, e presentado ante o Pleno do Concello do día 9 de xuño, que rexeitou a proposta. Ese mesmo día, a Alcaldía formulou cuestión de confianza ante o Pleno, vinculada á aprobación por este da modificación dos orzamentos. Cinco votos a favor, 14

en contra e sete abstencións acordou rexeitar a cuestión de confianza. En consecuencia, abriuse un prazo dun mes para a presentación dunha eventual moción de censura con candidato alternativo á Alcaldía. Logo de vencer dito prazo sen que se presentase moción, enténdese outorgada a confianza, polo que entendíase, desde o Goberno Local, aprobada a modificación presupuestaria. Oposición Agás Cidadáns (que está a favor da modificación de crédito), os outros dous grupos da oposición están totalmente en contra; os non adscritos non se posicionaron de maneira clara. Os socialistas insistían na exposición pública, mentres que os nacionalistas foron máis aló e presentaron un recurso de reposición. O rexedor foi taxante sobre as manobras da oposición e afirmou que lles interese que en Ourense "non se faga nada".

Jácome: “nuns meses a poboación note que ese diñeiro que estaba no banco pase a estar na cidade

A renovación da flota de autobuses urbanos será un obxectivos desta modificación de crédito./RAMSÉS.


TEMA DA SEMANA

Entrevista a Carlos Montero, director do FIC Vía XIV

"Estamos nun período no que queremos manternos pero primando a calidade" 4 O Festival, que chega a súa sexta edición, arrinca do 4 ata o 12 de setembro. M.Rejo

setembro? C.M.: "Hai que velo nun contexto de pandemia pola reducción de aforos. Aínda así penso que foi positivo porque o ano pasado tivemos moita xente cos food truck, os concertos. O bar onde podes relacionarte co mundo do cine, cos directores, tendo en conta que ao pouco de celebralo pecharon todo".

O FIC Vía XIV, a pesar da súa curta idade -seis edicións- e de complicacións provocadas pola COVID, comeza a ser un festival moi coñecido e recoñecido fóra das nosas fronteiras. Adaptarse, en tempos de pandemia foi fundamental para consolidalo. O festival chegou á sexta edición, podemos dicir que xa está consolidado? Carlos Montero: "A nivel organizativo podemos dicir que xa está consolidado. O equipo está moi engrasado pero pasan cousas como a pandemia e penso que soupemos adaptarnos. Festivais máis consolidados que o noso caeron".

mesmas butacas co auditorio e vetado xeográficamente. Tamén estás obrigado polas subvencións que solicitamos para non ter que devolvelas ao ter que pagar a proveedores".

500 fronte aos 1000 do ano pasado. Destas, seleccionamos o que nos gusta 100% e cremos que vai funcionar en Verín. Seleccionamos calidade adaptándoa ao gusto do público".

Cómo foi preparar un festival en plena pandemia? C.M.: "É moi complicado. Tes moita incertidume sobre o que podes ou non facer. O DOGA cambiaba cada catro ou cinco días. Pese a todo sempre tivemos a premisa de facer algo, fose como fose; o ano pasado fixemos streaming pero este ano profesionalizamolo para que o espectador o vise online, coas

A Covid fixo que os reprantearades o festival? C.M.: "Agora mesmo non pensamos en medrar senón en manternos. Estamos nun período no que queremos manternos pero primando a calidade. Neste festival hai menos curtas pero con moita calidade, non é momento de cantidade. Por outra banda, tamén recibimos menos curtas porque hai menos producción. Este ano chegaronnos

Xa se recoñece o festival de curtas de Verín cando solicitades curtas? C.M.: "Fixemos un traballo considerable de comunicación para levar o nome de Verín cara o exterior e penso que o festival tras seis edicións é coñecido e valorado. A proba está que tres institucións diferentes apoian este festival".

Carlos Montero, director do FIC Vía XIV. /M.REJO.

Cómo valoras o cambio de datas, de decembro a

Cales van ser os aforos desta edición? C.M.: "Pode ser que ampliemos os aforos antes de que comece o festival. Agora mesmo temos 90-94 butacas no auditorio. Analizaremolo con Protección Civil antes de que comece. O concerto que imos ter será dunhas 200 persoas sentadas e no bar, pois unhas 15 ou 20 mesas. Queremos deixar espazo tanto no auditorio coma nos exteriores".

“Fixemos un traballo considerable de comunicación para levar o nome de Verín cara o exterior”

Barrios 27 de agosto 2021

3

O FIC Vía XIV, quece motores 4 Verín prepárase para o seu festival de curtas. R.T. Máis dunha trintena de curtas de 12 nacionalidades exhibiranse este ano no Festival Internacional de Curtas de Verín, FIC Vía XIV. O Festival desenvolverase na vila do Támega entre o 4 e o 12 de setembro e as curtas poderán verse, por vez primeira, online a través de festhome no enlace https://tv.festhome.com/ festivaltv/fic-via-xiv. As curtas que participan no concurso oficial (27 filmes) encádranse nas categorías de Horizontes, Outra Mirada, A Raia e Nova. Xunto a isto, poderá verse fóra de competición unha selección de curtas do Tempo Documentary Festival, un foro cinematográfico sueco que é o festival convidado nesta edición. Sergio Pazos Este ano ourensán Sergio Pazos será a figura homenaxeada pola súa ampla traxectoria que inclúe os campos do teatro,

do cinema e da televisión. Na homenaxe que se lle rendirá incluirase o visionado dalgunhas das curtametraxes na que Pazos participou e que son representativas da súa carreira. Posteriormente, o propio Sergio Pazos participará nun coloquio cos asistentes, que se celebrará, ao igual que o resto de actividades paralelas do certame, no Auditorio de Verín. Outra actividade paralela será a proxección da webserie Os tempos mortos do Führer, ou a estrea da curta documental Capuchóns, de Iñigo Rolán Taboada, e que recupera a esencia do Entroido de Verín Bonos Están dispoñibles os bonos para acceder a toda a programación a concurso, cun custe de 20 euros. Os bonos poden mercarse na oficina de prensa do Concello de Verín en horario de mañá ou reservarse teléfono no 638 077 282. Tamén está á venda merchandaising como fundas de móbil, máscaras ou bolsas.

Presentación do FIC Vía XIV. /M.REJO.


4

Barrios 27 de agosto 2021

EN BREVE 4 Catedral O Concello concede licenza á Xunta para obras de restauración da torre de San Martiño e a fachada occidental da catedral.

4 Os nosos Entroidos María Eugenia Escalona é o visitante número 16.000 da exposición ‘Os nosos entroidos’. A mostra entra nas dúas últimas semanas, recibindo unha media de mil visitantes semanais que a converten na máis visitada da historia da cidade. Estará aberta até o día 5 de setembro na sala Valente: de martes a sábado, de 11 a 14 e de 18.30 a 21.30 horas; os domingos, de 11 a 14 h.

4 Carrabouxo Retirouse a escultura do Carrabouxo para realizar traballos de restauración. Rematados estes traballos, a escultura volverá a colocarse nun novo emprazamento, nás inmediacións do actual, coa finalidade de que teña unha maior visibilidade.

4 Parque O Concello adquire senllos inmobles contiguos na Ponte para avanzar na construción dun parque no barrio. As dúas propiedades, na esquina entre a avenida das Caldas e Basilio Álvarez, custáronlle 885.000 euros ás arcas municipais.

CIDADE

A Xunta de Galicia recibe cinco proxectos para a ampliación do CHUO 4 As obras comezarán a finais deste ano. Redacción A Xunta de Galicia recibe cinco ofertas para executar as obras de ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, que suporán un investimento de preto de 52,6 millóns de euros (cofinanciadas con fondos europeos FEDER). As obras comezarán a finais deste ano e terán un prazo de execución de 40 meses. O proxecto consta de tres intervencións: a construción dun novo edificio de hospitalización no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, a reforma do actual Hospital Materno Infantil e a mellora de accesos. Edificio hospitalización En relación ao novo edificio de hospitalización e ambulatorio constará de 12 plantas entre o oeste do antigo edificio Materno Infantil e o Hospital Cristal. Materno Infantil O Materno Infantil, sofrirá unha reforma integral conservándose tan só a súa estrutura.

No soto -1 situarase, a área de radioloxía; e no andar baixo situaranse as urxencias pediátricas e obstétricas no edificio materno, mentres que se sitúa un segundo nivel de radioloxía no novo edificio. No andar 1 estarán as áreas de obstetricia, xinecoloxía, e o paridoiro; no segundo, a UCI pediátrica no materno, e as consultas de pediatría no novo edificio. O nivel 3 será para a hospitalización pediátrica. O nivel 4 estará dirixido á hospitalización obstétrica nas dúas ás, e os niveis do 5 ao 9 á hospitalización convencional. O nivel 10 empregarase para diversas instalacións. Novos servizos As actuación dotarán dunha área pediátrica con 38 camas, incluíndo 14 habitacións individuais para menores de dous anos (lac-

tantes), con berce e cama para acompañante. Haberá vestiarios con duchas para os pais, comedor, sala de estar con xogos, Cyberaula con postos informáticos e salas de televisión e lectura. As instalacións albergarán área de neonatoloxía, con UCI pediátrica; zona de urxencias pediátricas e urxencias obstétricas, con salas de espera, consultas, unidades para partos e 2 quirófanos. Tamén haberá unha área de radioloxía con 3 salas de TAC, 4 de ecografía, 3 de radioloxía xeral dixital, 3 salas de mama e 2 de radioloxía xeral, sumadas ás 2 resonancias magnéticas existentes no edificio Cristal. Ademais, habilitarase a hospitalización obstétrica, con 56 camas; e a convencional, con 280 camas.

Infografía da ampliación do CHUO.

Visita do conselleiro, Román Rodríguez, e o delegado da Xunta, Gabriel Alén, ao IES Blanco Amor. /M.REJO.

Reforma integral no IES Blanco Amor 4 As obras teñen un prazo de execución de cinco meses. Redacción O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, anunciou a licitación da obra de rehabilitación integral do instituto IES Eduardo Blanco Amor, cun investimento de máis de 1,2 millóns de euros. O conselleiro explicou que esta é unha das nove actuacións de mellora que se van licitar antes de fin de ano nos colexios e institutos da provincia de Ourense, que contan cun orzamento de case 8 millóns de euros. O conselleiro destacou, ademais, que a Xunta vai rematar ou recibir este ano unha decena de obras na provincia, cun investimento de máis de 3,6 millóns, entre as que desta-

cou as do Centro Galego de Innovación da Formación Profesional. Melloras A rehabilitación centrarase na mellora da eficiencia enerxética e funcional do centro. Para conseguilo, cambiarase a cuberta e reforzarase o illamento térmico. En canto ao interior do centro, colocaranse novos falsos teitos e luminarias LED nas aulas e nos espazos comúns. Tamén se mudarán fiestras e persianas. Por outra banda, cambiaranse as caldeiras existentes de gasóleo por outras de gas. As obras teñen un prazo de execución de cinco meses, polo que o obxectivo é telas rematadas ao final do primeiro semestre do próximo ano 2022.


SOCIEDADE

Barrios 27 de agosto 2021

5

O convenio de protección das aldeas chega a preto do 70% de parcelas e superficie xestionada 4 Son 270 os concellos adheridos e a 232 deles xa se lles enviou o plan de prevención. Redacción En 2018 entraba en vigor o convenio de protección das aldeas asinado entre a Consellería do Medio Rural, a Federación galega de municipios e provincias (Fegamp) e a empresa pública Seaga. Desde entón, a porcentaxe tanto de parcelas como de superficie xestionada nas franxas secundarias -as máis próximas ás vivendas- das parroquias priorizadas pasou de representar a metade do total en 2019 a situarse preto do 70% neste ano 2021. Isto fala do bo funcionamento do convenio, que é resultado, entre outras cousas, dos traballos da comisión parlamentaria creada tras os incendios de 2017, dando así cumprimento a un mandato da Cámara galega. Comprobación de parcelas Precisamente ao abeiro deste acordo, a Xunta vén de finalizar os traballos de comprobación de preto de 180.000 parcelas de parroquias priorizadas, onde os titulares poden executar a limpeza pola súa conta ou contratala directamente a Seaga por un prezo vantaxoso de 350 euros por hectárea limpa. Nesa inspección, constatouse o incremento no grao de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa para a prevención de incendios forestais, acadándose as tres de cada catro parcelas xestionadas. Mentres, a uns 65.000 titulares notificaráselles para que procedan á limpeza advertíndolles que, de non facela, cada concello procederá subsidiariamente e logo lles trasladará o custo correspondente. Xa están advertidos uns

unha decena de batelumes e outros utensilios como serradoiros e tesoiras cortarramas.

Operarios realizando labores de desbroce. 8.000 propietarios e persoas xurídicas dos 81 concellos priorizados mentres uns 31.500 son ilocalizables, polo que se publicarán as notificacións no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no Boletín Oficial do Estado (BOE). Tras a revisión das parroquias priorizadas, a Xunta procederá este ano á revisión das parroquias non priorizadas nos 81 concellos priorizados. Así, contratáronse un total de 30 capataces que se están a encargar da supervisión do estado de xestión da biomasa, sumados a outras 15 persoas que xa viñan traballando no territorio das parroquias priorizadas. Nesta revisión estasense a inspeccionar os concellos de Porto do Son, Guitiriz, Cualedro, Oímbra, A Gudiña, Verín, Sandiás, Boborás, Arbo e Mondariz. Convenio Ademais das accións nas faixas secundarias, o acordo contempla a xestión da biomasa en vías

de titularidade municipal ata un máximo de 10 quilómetros por concello e ano, con cargo ao convenio, así como 10 hectáreas de execución subsidiaria, tamén por concello e ano. A maiores, está incluída a posta en marcha de iniciativas estratéxicas, é dicir, de proxectos de mobilización de terras en faixas secundarias que se consi-

deren de especial transcendencia, así como de aldeas modelo para recuperar parcelas arredor de núcleos de poboación. Nesa dirección, hai xa 44 figuras deste tipo en diferentes etapas ou fases de execución e 14 declaradas en toda Galicia. Outra actuación vén dada polo reforzo a actuacións preventivas mecanizadas nos concellos

Os tractores fan traballos de roza.

adheridos, que permitirá acadar unha superficie de actuación en áreas cortalume próxima ás 1.500 ha. Tamén se traballa no marco das iniciativas veciñais para o cumprimento das medidas preventivas nas faixas secundarias, como a que supuxo a entrega á Asociación medioambiental “Axuge” de Lobios de media ducia de motoserras,

Asistencia técnica No que atinxe á asistencia técnica aos concellos, a Xunta segue apoiando aos consistorios para a tramitación dos seus plans de prevención e defensa contra incendios, chegando xa aos 232 plans enviados a outros tantos municipios. Deles, 130 xa están aprobados e 41 contan con informe favorable da Consellería e están pendentes da aprobación no Pleno dos concellos. No tocante ás ferramentas tecnolóxicas a disposición dos 270 concellos adheridos, o convenio contempla un visor de traballo que permite determinar e visualizar as parcelas afectadas por faixas secundarias e a aplicación Xesbío, para a xestión dos numerosos rexistros que xera o convenio.

Os titulares poden executar a limpeza -das parcelas- pola súa conta ou contratala directamente a Seaga por un prezo vantaxoso de 350 euros por hectárea limpa Os donos que non procedan á limpeza, o concello procederá subsidiariamente e logo trasladaralles o custo correspondente


6

Barrios 27 de agosto 2021

EN BREVE 4 Oficinas municipais O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, redistribuirá o emprazamento de oficinas do Concello para acadar unha maior operatividad, eficacia e eficiencia no traballo municipal. Así, a oficina do Servizo de Rehabilitación, Vivenda protexida e PERIs, que actualmente se atopa na rúa Primavera, trasladarase á sede da Concellería de Urbanismo, que se atopa na rúa de García Mosquera (esquina Padre Feijoo) nº 19. Tamén se trasladarán a un novo emprazamento a área de Infraestruturas, que se atopa actualmente na praza do Trigo, 4. Ademais, os servizos que se atopan na actualidade na praza de San Martiño, como son Comercio, Educación, ou Turismo e Termalismo, trasladaranse a outros espazos municipais.

4 Policía Local O Concello de Ourense incorpora dous novos efectivos na Policía Local. Ademais, incorporou seis novos vehículos patrulleiros -outros 14 chegarán de forma inminente- para reforzar o seu parque móbil.

4 Escultura A escultura de bronce O Home da Rabeda, obra de Xosé Cid, volve lucir no parque Miño logo da restauración dos danos sufridos como consecuencia dun acto vandálico o pasado mes de abril.

CIDADE

O hotel balneario de Ourense construirase no Pazo Provincial 4 Conta cun acuífero termal cun caudal de tres litros por segundo. R. Torres O hotel balneario que tanto precisa a cidade de Ourense parece que por fin terá ubicación. Este estará situado no Pazo Provincial. Así o confirmou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, ao dar conta dos resultados da captación termal protexida que se realizaron durante os últimos meses na propia sede provincial. Uns resultados que certifican que baixo a edificación "existe auga mineromedicinal e caudal suficiente para poñer en marcha a instalación termal que proxectamos, con 3 litros por segundo, a unha temperatura de 41,6 graos e a 172 metros de profundidade, cun contido en sales minerais e PH propio das augas termais de Ourense”. O informe mesmo engade que o gradiente térmico quintuplica os valores propios desta área termal, obtendo ata 14 graos de temperatura máis por cada cen metros que se profunden. O presidente provincial explicou os seguintes pasos técnicos e administrativos que se seguirán, como son a caracterización dos parámetros hidroxeolóxicos do acuífero, a defi-

nición das características físico-químicas da auga, a posta en marcha dun expediente para a declaración de augas mineromedicinais ante a administración autonómica, que é a que ten as competencias, e a realización de bombeos mensuais durante un ano para comprobar todos os parámetros. “Unha vez acreditados todos estes pasos -anunciou- procederemos a solicitar o aproveitamento termal deste afloramento, froito dun rigoroso traballo que permite concluír que se poden facer exploracións termais na cidade sen afectar á sostibilidade do xacemento no seu conxunto”. Pasos Deste xeito, danse os pasos para que "no próximo mandato e como máximo no 2027 o Pazo Provincial sexa o gran hotel balneario de Ourense" aseverou Baltar. Será dunha categoría mínima de cinco estrelas e estará xestionado por unha empresa líder no sector coas que xa está a manter conversas neste sentido. O presidente provincial anunciou a presentación en próximas datas do an-

teproxecto das instalacións “que inclúen neste mesmo patio unha gran piscina termal romana absolutamente innovadora”. Exemplo Manuel Baltar destacou que como presidente da Asociación de Cidades Históricas Termais de Europa (EHTTA) “coñezo ben o desenvolvemento e os emblemas termais de cada unha das 51 cidades de 18 nacións que forman parte desta entidade, e o efecto dinamizador que estas infraestruturas teñen para atraer novas iniciativas. Así, puxo como exemplo a localidade de Bath, no Reino Unido, “unha das cidades fundadoras da asociación, que con orixe romano e a pouco máis de dúas horas de Londres por tren recibiu o pulo definitivo cando un grupo internacional decidiu poñer en marcha un balneario, ao que seguiron outros establecementos e máis tarde unha importante actividade comercial, sendo, despois de Londres, a cidade británica con maior capacidade hoteleira”.

“No próximo mandato e como máximo no 2027 o Pazo Provincial será o gran hotel balneario de Ourense”, aseverou Baltar

4 Libros

Últimos días da campaña de Fomento da Lectura do Concello de Ourense -remata o 31 de agosto-, para toda a cidadanía nada a partir do 1 de xaneiro de 2003. A esta iniciativa están adscritas 38 librarías da cidade. Para adquirir o libro (ata 20 euros) hai que cubrir o formulario en libros.concellodeourense. es. e levar o DNI (do beneficiario ou titor legal).

Baltar, no patio interior da Deputación, explicando a iniciativa de realizar un hotel balneario no Pazo Provincial.

O alcalde arrincouse a usar a nova área de calistenia.

A cidade estrea nova área de calistenia 4 No parque Angelita Paradela de Barrocás. Redacción O Concello de Ourense crea unha nova área para a práctica da calistenia, no Parque de Angelita Paradela. O investimento da infraestrutura foi de 42.899,34 euros. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, non quixo perder a ocasión para achegarse a este novo espazo deportivo na cidade das Burgas e, incluso, atreverse a realizar algún exercicio nos aparellos instalados. Cada vez son máis as persoas que practican esta modalidade de exercicio físico, polo que moitos parques inclúen zonas con estas características; un auxe entre a cidadanía do todas as idades. O obxectivo do proxecto foi dotar do maior número de elementos posible para realizar una gran variedade de rutinas diferentes, e permitir o uso simultáneo dun gran número de deportistas, introducindo tamén elementos para persoas con mobilidade reducida. Polas características dos elementos instalados, pode ser utilizado simultáneamente por 20 persoas.

Áreas O espazo, de 170 m2 de superficie, consta de 7 unidades: 2 estacións deportivas para uso de varias persoas e outras 5 unidades de uso individual, que permiten realizar cadanseus propios tipos de exercicios. Así, entre as zonas podemos distinguir un conxunto de Street Workout 12 postes; Street Workout de 6 postes; banco de abdominais; potro dobre (para exercitar o sentido do equilibrio e fortalecer múltiples grupos musculares); xogo de bastóns de equilibrista (para tonificar e exercitar o equilibrio); e dúas unidades de uso individual que tamén son aptas para persoas con mobilidade reducida: as barras paralelas inclinadas, de altura entre 900 e 1.500 mm, e o braquiador, que axuda a exercitar varios músculos a través do control do balanceo do corpo.

Entre as zonas, hai un Street Workout de 12 e de 6 postes, banco de abdominadas, potro dobre e xogo de bastóns de equilibrista


SOCIEDADE

Barrios 27 de agosto 2021

nos permitiron realizar as primeiras saídas a domicilios, tanto familiares como usuarios dicíannos que preferían quedar, que na residencia atopábanse seguros", lembra a directora.

O coidado do persoal sociosanitario sobre os usuarios das residencias foi impeclabe durante a pandemia.

O esforzo e a profesionalidade do persoal sociosanitario, claves para facer fronte á pandemia 4 Ao redor de 18.000 traballadores coidaron a usuarios de residencia física e emocionalmente durante a crise sanitaria. Redacción Aínda que agora pareza unha historia afastada, hai apenas uns meses as residencias de maiores e persoas con discapacidade encollían o corazón de todo un país. As persoas que alí residen preocupaban a toda a sociedade ante un virus que atacaba ao máis vulnerable. Unha situación que implicou centrar todos os esforzos na súa protección e que levou converter estas instalacións en auténticas fortalezas nas que ninguén podía entrar nin saír sen unha causa xustificada. Os protagonistas e verdadeiros heroes foron os propios residentes, que tras unha vida de esforzos non imaxinaban ter que vivir esta última batalla, pero tamén os seus coidadores, un persoal sociosanitario que puxo os seus días a disposición dos que máis necesitaban apoio e coidado. As Gándara A organización dun centro sociosanitario converteuse nun exercicio de precisión. "Quendas para comer, respectar os protocolos sanitarios, realizar probas constantes, coordinar a comunicación entre departamentos, cadrar os

horarios de visitas e todo, sen esquecer a parte máis humana e emocional dun momento coma este". Así relata Javier Vázquez a súa experiencia ao mando da residencia pública As Gándaras, en Lugo. Vázquez, hoxe xefe territorial da Consellería de Política Social, asumía a dirección do centro lucense en xullo de 2020. "Collín as rendas da residencia nun punto moi duro. Foron momentos de moita ansiedade, pero esa ansiedade che facía estar activo. O traballo en equipo e un alto nivel de implicación por parte dos profesionais permitiron que non tivésemos ningún caso entre os residentes", sinala. En Galicia existen máis de 18.000 traballadores sociosanitarios que coidan a 22.000 persoas maiores e a máis de 2.000 persoas con discapacidade. Eles son a parte oculta, pero tamén protagonista desta difícil situación. "Os residentes eran o que nos motivaba a traballar. Días antes do Nadal unha usuaria chegou a pedirnos saír para comprar os agasallos dos seus netos cando só permitíanse saídas xustificadas para ir ao médico e pouco máis. Eses momentos tan emotivos

empuxábannos a facer todo o posible para devolverlles a normalidade", relata Vázquez. Campolongo Mesma sensación compartían na residencia pública de Campolongo, en Pontevedra. A directora deste centro, Maite Caneda, conta que o momento máis alegre era cando trasladaban o resultado dos cribados que certificaban que non había contaxios. Uns minutos de felicidade que pronto se volvían a transformar en incerteza. "O ambiente era un tanto solemne, ninguén sabía como actuar, pero iso permitíanos tamén ser estritos e ter moito coidado co contacto e a hixiene". Asegura que tanto familiares como usuarios tiñan confianza cega nas medidas recomendadas e cumpríanas a machada. "O que peor levaban era non poder ter contacto cos compa-

Maite Caneda: “tiñamos que discorrer para buscar actividades que lles axudasen a ter a cabeza ocupada”

ñeiros que estaban noutros sectores. Iso e non saír á rúa. Tiñamos que discorrer para buscar actividades que lles axudasen a ter a cabeza ocupada", sinala, "e sempre soñando con irnos a tomar un mojito todos xuntos cando todo acabase!". Neste centro chegaron a inaugurar unha terraza onde os usuarios puideran tomar o café, aumentaron as merendas "que antes da covid apenas eran frecuentadas, pero convertéronse nos mellores momentos de conversación" e os profesionais elaboraban sobremesas caseiras para cambiar o menú e permitir que o aire fresco entrase de novo na residencia. "Cando

Experiencia persoal Afastados das súas familias e amigos, os usuarios pasaron longos meses sen contacto co exterior. "Para min un dos momentos máis emocionantes foron as videollamadas que faciamos coas súas familias. A información a eles e entre eles converteuse nun dos traballos máis fundamentais", asegura Néstor Pena. Este auxiliar de enfermaría no Cegadi, un dos centros integrados postos en marcha polo Goberno galego para illar aos usuarios positivos en covid-19, recuperou a súa vella profesión logo de que a pandemia deixase o seu traballo como cantante de verbenas sen eventos. "A covid permitiume recuperar unha vocación apagada que me serviu para vivir unha experiencia inesquecible", apunta. De feito, actualmente continúa dedicándose á enfermaría xa desde un hospital. Asegura que afrontou con valentía a oportunidade de traballar nunha residencia nun momento coma este. "Había que estar ao 200% e non pasaba un día no que non se che caesen bágoas de emoción, pero mereceu a pena. Unha das miñas ilusións é volver ver aos usuarios que pasaron polo Cegadi. Voumos a levar sempre no recordo", relata. Foi unha experiencia e un sentimento que compartiron os traballadores e usuarios de residencias do catro provincias de Gali-

7

cia. Xurxo Fernández, director do centro de Castro Caldelas, lembra como durante moitas semanas eles, os médicos, enfermeiros, auxiliares, gerontólogos e o resto do persoal da residencia convertéronse no único contacto dos maiores co exterior. "Supoño que pasar por estes momentos de tensión e estrés, pero tamén de alegría e confianza, uniunos máis a todos", recoñece. Todas estas situacións forman xa parte do pasado. Convertéronse en historias que contar a netos e xeracións vindeiras e isto débese principalmente a dous axentes. Por unha banda os protocolos, os equipos de protección e a vacina, que permitiron converter os centros de maiores e persoas con discapacidade nos lugares máis protexidos de Galicia e pór a cero o contador de casos en residencias, e por outro, a todos os profesionais que día tras día deron o mellor deles mesmos para conseguir que os usuarios de residencia vivisen estes meses dunha forma segura, acompañada e tranquila. Ademais de ser capaces de ofrecerlles os coidados que a idade lles esixe, foron a calor humana dunha familia. Unha gran familia conformada por todas as residencias de Galicia.

“A covid permitiume recuperar unha vocación apagada que me serviu para vivir unha experiencia inesquecible”

Traballadores de residencias e usuarios conforman unha gran familia.


8

Barrios 27 de agosto 2021

SOCIEDADE

Entrevista ao escritor Avelino Jácome

"O libro é un ruxir de sentimentos que o corazón non pode conter e esvaran coma un río nunha enchente"

4 “Lírica Revuelta, Prosaía” é a nova proposta literaria do ourensán Avelino Jácome. Redacción

Pensan xa nun próximo libro? A.J.: "Estou preparando un novo libro Etnografia do Sentimento, este en galego, vai máis na liña do primeiro, As Andromenas e Outros Contos, será un libro que sorprenderá pola sua achega a nosa historia recente dende o punto de vista do miudo, daqueles verdadeiros protagonista o que fan a historia cotiá e que non aparecen nos libros, máis son os que fan a historia de verdade con maiúsculas".

O escritor e colaborador deste xornal, Avelino Jácome, presenta o libro “Lírica Revuelta, Prosaía” -adicados ao seu neto- no que recopila 10 anos de traballo poético. Nel pretende amosar as súas ledicias e tristuras, espirse ante o lector nun exercicio de valentía. A obra conta coa colaboración de Paco Ascón, nas ilustracións, e aportacións do poeta Mario García Montalbán; prologado por o profesor Manuel Mandianes. De que vai o libro “Lírica Revuelta, Prosaía”? Avelino Jácome: "Tratase do traballo poético feito ao longo de dez anos, recopilado para esta edición, unha escolma de sentimentos escritos en verso e en prosa. Un remexido lírico onde prevalece o fondo sobre a forma, un ruxir de sentimentos que o corazón non pode conter e esvaran coma un río nunha enchente, cheos de vida e de morte, de soños dun mundo mellor e de loita contra as inxustizas dos máis necesitados". Por que ese nome? A.J.: "O nome Lírica Revuelta expresa dous sentidos da vida, dun xeito como a revolución necesaria que se enfronta cas desigualdades, coa violencia, co maltrato as

Paco Ascón, pintor e ilustrador do libro; o escrito do libro, Avelino Jácome; Rosendo Luis Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense; e Manuel Mandianes, antropólogo e autor do prólogo. mulleres e por outra banda a mistura de estilos e temas aparentemente desordenados, onde o lector atoparase coas traxedias da vida nun poema e na páxina seguinte outro ca ledicia de existir, adicado o meu neto pequeniño como un mensaxe de esperanza. Tentei facerlle chegar ao lector a idea da alegría coma unha menciña, mais sen agochar a tristura, coas realidades das miñas dúbidas e das miñas inquedanzas, pero sen afogar no pesimis-

“O nome Lírica Revuelta expresa dous sentidos da vida, dun xeito como a revolución necesaria que se enfronta coas desigualdades, coa violencia, co maltrato ás mulleres e, por outra banda, a mistura de estilos e temas aparentemente desordenados”

mo". >> "Esta Lírica Revuelta é un canto tamén á superación das nosas eivas, como persoas, como sociedade, nas palabras do profesor Manuel Mandianes que prologa a obra tratase de “unha poesía sinxela en apariencia, mais esa sinxeleza aparente non diminúe o misterio das situacions e os enigmas dos sentimentos e as persoas, senon que a volve entendible e humana, de tal xeito que resulta un agarimo para alma". Os sentimentos e o pasado sempre están presentes nas obras de Avelino Jácome, é fácil de plasmar para ti as vivenzas vividas? A.J.: "É certo que eu escribo sempre do vivido, decía Borges que todo canto nos acontece o lon-

go da vida e a substancia precisa para construir a materia literaria, eu penso o mesmo, e en consecuencia escribir é espirse ante un espello que nos mostra a imaxe do que somos con respecto o que adoitabamos crer que eramos, espirse non é doado, é un exercicio valente onde non valen nin agochamentos nin hipocrisías". Ademáis o libro conta con varias colaboracións A.J.: “Si, o libro conta coas ilustracións do pintor Paco Ascón, que con oito marabillosas obras afonda nos sentimentos que expresa o autor poñendo diante do lector a imaxe precisa que complementa o texto, tamén conta o libro coas aportacions do poeta valenciano de prestigio internacional Mario García Montalbán

e a achega de Manuel Mandianes antropólogo e escritor de recoñecido prestixio”. En época de pandemia é máis fácil ou máis difícil atopar a inspiración para escribir? A.J.: "Para min escribir é unha necesidade vital o mesmo que comer ou respirar. A miña escrita nace desa pulsión polo que sempre me resulta doado facelo, outra cousa xa é plasmalo no papel a transmisión ao lector que moitas veces desencadena unha loita na busca da linguaxe literaria axeitada, a pandemia fixonos novos plantexamentos: o xeito de velas cousas, o egoísmo, a importancia do entorno natural todo isto xenerou novas miradas literarias, algunhas xa retratadas niste poemario".

Volvendo a “Lírica Revuelta, Prosaía”, onde se pode mercar? A.J.: "Podese mercar en Orixe Publicidade na rúa Francisco de Moure 20; no Kiosco Marcos, na rúa Bedoya, na merceria Cruz, en Doutor Marañón ou pedindo a editorial Andromena Senlleira no telefono 672 43 58 91 ou persoalmente no correo electronico avelino.orixe@gmail.com, que llo faremos chegar sen ningun coste engadido de transporte a calqueira punto da Península".

“Escribir é espirse ante un espello que nos mostra a imaxe do que somos con respecto ao que adoitabamos crer que eramos” “O libro é un canto tamén á superación das nosas eivas, como persoas, como sociedade”


PUBLICIDADE

Barrios 27 de agosto 2021

9


10

Barrios 27 de agosto 2021

Obradoiro Redacción A Mancomunudade da Comarca de Verín ten en marcha, desde este mes, o obradoiro de emprego ‘Mocidade da Mancomunidade de Verín VI’ (dirixido a menores de 30 anos) no que a Consellería de Emprego e Igualdade inviste preto de 370.00 euros. Os concellos beneficiarios son: Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Verín e Vilardevós. Formará a oito alumnos - traballadores nos módulos de froitocultura e outros oito no de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. O delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, que visitou aos participantes deste obradoiro, señalou que a formación que se imparte no mesmo está adaptada aos perfís máis demandados das empresas da contorna polo que algúns alumnos atopan emprego mesmo antes de finalizar a súa formación. Actuacións previstas Os participantes no módulo de froitocultura desenvolverán as súas tarefas na finca de ensaios de viña e cultivos asociados do Centro Agra Gandeiro do Inorde en Monterrei; os participantes no módulo de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais farán prácticas na residencia de maiores de Cualedro e na Residencia Irmanciños dos Anciáns Desamparados de Verín.

VERÍN E COMARCA

A nova oficina de emprego estará no 2022 4 Ubicarase na avenida de Sousas. Redacción A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, desprazouse ao Concello de Verín, onde anunciou que as obras da nova oficina de emprego da localidade, que dará servizo a outros oito concellos -Castrelo do Val, A Gudiña, Laza, A Mezquita, Monterrei, Oímbra, Riós e Vilardevós- arrancarán este ano. A Xunta investiu un total de 595.570 euros, dos que 332.570 corresponden ao acondicionamento do local e o restante á adquisición do mesmo. A oficina, situada na avenida de Sousas, ocupará un baixo de 357 m2, case o dobre das actuais dependencias da avenida

de Castilla. Desde a Xunta prevén rematar a obra no primeiro semestre de 2022. CIM Ademais de visitar a actual oficina de emprego situada na avenida de Castilla, a conselleira percorreu as instalacións do Centro de Información á Muller da Mancomunidade de Verín onde valorizou a súa contribución “cara a igualdade e o empoderamento feminino, a saúde e o benestar de mulleres que residen nos sete concellos que forman parte da Mancomunidade de Verín”. Desde a creación deste centro no ano 2017 atendeuse a 564 mulleres neste CIM e o número de consultas recibidas ascendeu a

2.573. Lorenzana destacou ademais que nestes 4 anos detectáronse desde o Centro 68 casos de mulleres e familias que se viron afectadas pola violencia de xénero. “Trátase dun recurso asistencial digno de admiración, que demostra un funcionamento exemplar e un apoio real ás mulleres que máis o precisan”, dixo a conselleira. O CIM da Mancomunidade de Verín é un dos 17 que operan na provincia de Ourense.

O CIM de Verín atendeu a 564 mulleres nos catro anos que leva operativo

O comercio local, preto dos cidadáns 4 Presentou o seu plan de actuación. Redacción Os empresarios de Verín presentan o seu plan de actuación 2021 na mesa de comercio local. A reunión estivo presidida polo alcalde de Verín, Gerardo Seoane e estiveron presentes: María Isabel González, concelleira da área Comercio Local; José Ángel Rodicio e Santos Álvarez, xerente e presidente da Asociación de Comerciantes de Verín e Ariadna Gil, presidenta da Asociación de Mulleres Rurais e de Consumo “O Recuncho”. Presentouse o plan de actuación da Asociación de Empresarios de Verín para o ano 2021, co que se pretende dinamizar e promocionar o comercio local, fidelizar a clientela e potenciar a súa imaxe a través de diferentes accións online e offline. Ao longo deste ano as accións máis significativas para a fidelización de clientes foron: Black Friday; campaña Nadal 2020-21; campaña de concienciación social; creación, posta en mar-

cha e promoción de Market Place dixital; promoción bonos activa comercio – Campaña da Xunta de Galicia; promoción outono-inverno. Tamén se realizaron outras accións de publicidade como Semana Santa, Carne Club fútbol Verín FC, guías informativas ou xogo de mesa, entre outras. Apoio Desde a área de Comercio do Concello de Verín realizouse unha achega total de 15.000 no ano 2021 coa finalidade de contribuír á execución do Proxecto de dinamización, promoción e fomento do comercio da vila de Verín promovido pola Asociación de Comerciantes AEVER. Devandita achega, explicou María Isabel González, concelleira de Comercio, "enmárcase dentro da estratexia municipal de dinamización do comercio local cuxo principal obxectivo é fomentar o consumo no pequeno comercio, algo que desde o grupo de goberno consideramos fundamental para reactivar a nosa economía".

Lorenzana visitando a oficina de emprego de Verín. /M.REJO.

Obradoiro Redacción Do 30 de agosto e ata o 8 de setembro, no Auditorio Municipal de Verín e no Centro de Desenvolvemento Cooperativo de

Pazos, terá lugar o I obradoiro para a Implantación de Soutos destinados á Produción da Castaña. Está destinado a profesionais vinculados, ou a persoas con expectativa de incorporación. O prazo de inscrición es-

tará aberto ata o vindeiro 29 de agosto cun aforo reducido de 25 persoas. Os interesados deberán presentar as solicitudes no servizo de explotación agraria. Máis información, no teléfono 988 788 365.

Mesa de comercio local de Verín.


PUBLICIDADE

Barrios 27 de agosto 2021

11


12

Barrios 27 de agosto 2021

VERÍN E COMARCA

Camiño Real

Programa voluntariado sénior

Redacción A Xunta de Galicia licita as obras de restauración do Camiño Real no acceso á fortaleza de Monterrei. A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vai investir 640.882 euros, e terán un prazo máximo de execución de 9 meses. As actuacións que se desenvolverán consisten en levantar e volver a colocar o empedrado, procurando unha rasante suficientemente chaira para satisfacer as necesidades do tráfico rodado e mellorar as condicións de accesibilidade ao castelo e ao espazo central situado co cumio da acrópole, a carón do pazo dos Conde.

Vixiancia con drons Redacción O conselleiro do Medio Rural, José González, supervisou en Monterrei os traballos de vixilancia e disuasión nos montes galegos por medio de drons e outros aparellos non tripulados. o Goberno galego conta actualmente con 12 drons para tarefas de vixilancia, prevención e detección de incendiarios. A estes hai que sumarlles os que aporta o Exército, dentro da Operación Centinela Gallego. Ademais, subliñou o titular de Medio Rural, máis do 70% do territorio galego está vixiado mediante cámaras de última xeración, coas que incluso se poden ver condutas incendiarias e ata matrículas de vehículos.

Redacción

Visitantes da exposición “Emerxencia climática: feitos e datos”.

O cambio climático e o viño, no Museo de Verín

O Concello de Verín, por medio do departamento de Servizos sociais e da Oficina Xuvenil/Omic, pon en marcha o proxecto “Vivir ben, sentirse mellor”, subvencionado pola Consellería de Política social, está dirixido á comunidade local, e desenvolverase mediante a creación dun voluntariado sénior, (persoas de 55 ou máis anos) que estean dispos-

4 A instalación acolle ambas exposicións nestas datas. Redacción A actividade no Museo de Verín non para en verán. Nestes días dúas exposicións chaman a atención de veciños e visitantes. Unha delas, a piques de rematar e a outra poderase visitar ata o mes de outubro. Viño no Camiño Ata outubro pódese visitar a exposición “O viño nos camiños de Santiago”. Consiste nun percorrido polas diferentes pegadas que a cultura do viño ten deixado na súa interacción cos distintos camiños de Santiago.Como explica o seu comisario, Francisco Singul Lorenzo, o consumo do viño "incrementa a súa importancia coa chegada do cristianismo, o se lle outorgar un papel central dentro da celebración eucarística, sen perder peso na alimentación".

Para coñecer esta historia, as fotografías e textos da exposición acompañan ao visitante pola xestión das ordes monásticas e militares, os cabidos e os bispados, ata que "xa chegados ao século II, contamos cun documento extraordinario, o Códice Calixtino, que no seu Libro V contén abondosas referencias ao viño e mesmo descricións dos caldos de moda na época: dende Terra de Campos ata Gascuña". Pola súa banda, o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, destacou “a pertinencia no tempo desta exposición”, desenvolta en pleno dobre ano Xacobeo “na nosa localidade, punto importante do paso de peregrinos que deben coñecer a singularidade dun territorio que destaca cada vez máis polos seus viños”. Cambio climático E está a piques de rema-

tar a exposición “Emerxencia climática: feitos e datos”. A mostra, cedida polo CEIDA -Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- pretende achegar ao público os aspectos básicos relacionados co problema ambiental global co fin de xerar procesos de reflexión e facer un chamamento á acción colectiva; ademais, basease en información científica contrastada, pretende proporcionar os fundamentos básicos que argumentan a crise climática que vivimos. A exposición xa foi visitada por diferentes grupos de cativos e cativas das ludotecas da comarca. Horario O horario de visitas é de mércores a sábado, de 11 a 14 e de 17 a 20 horas e domingos de 11 a 14 horas.

tas a colaborar responsable e solidariamente na cobertura das necesidades comunitarias e programas sociais como poden ser o de axuda alimentaria, a animación e promoción do ocio saudable nas persoas maiores, as novas actividades adaptadas ao escenario Covid-19, etc. As persoas interesadas en formar parte deste voluntariado poden dirixirse á Casa da Xuventude (avenida de Portugal, 11-bis. Verín) en horario de 09 a 14 h para a correspondente información e inscrición, ou ben chamando ao número de teléfono 988 414 776.

O concello pon en marcha o proxecto “Vivir ben, sentirse mellor”.

Consumo responsable de auga Redacción O Concello de Verín e Espina & Delfín, empresa concesionaria do servizo de auga, fomentan o consumo responsable de auga coa campaña “Está na túa man, pecha a billa cando toca”. Búscase é concienciar aos veciños da importancia de realizar un uso axeitado dos recursos e anticiparse ás situacións de seca da

época estival. Esta campaña incide en consellos sinxelos e prácticos para aforrar auga como pechar a billa mentres cepillamos os dentes, ducharse en lugar de darse un baño, non usar o retrete como papeleira e utilizar a lavadora e o lavalouzas con cargas completas. Tamén hai que reducir o uso de auga para encher piscinas, lavar vehículos e regar os xardíns. Ademais, un bo consello para as persoas que marchan uns días de vacacións é pechar a chave de paso de auga da vivenda.


VERÍN E COMARCA

Regresan as xornadas de Novela Histórica 4 Na biblioteca os días 1 e 2 de outubro. Participantes nas actividades alternativas da Feira do Viño de Monterrei.

A DO Monterrei ten tirón 4 O programa alternativo da feira do viño logra completar o aforo. Redacción As actividades alternativas, organizadas polo Consello Regulador do DO Monterrei, para conmemorar a celebración da Feira do Viño de Monterrei alcanzaron o 100% de ocupación. Actividades como accións formativas en viticultura ou catas cubriron todas as prazas dispoñibles inicialmente, chegando mesmo a contar con lista de espera para participar nelas. "Cumpríronse as expectativas iniciais, así que estamos moi satisfeitos, porque se trataba de accións destinadas ao público final, o consumidor, e durante todas as actividades comprobamos que son proactivos, preguntando sobre elaboracións, variedades ou historia", recoñecía a presidenta do Consello Regulador, Lara Da Silva, "de feito recibimos numerosas chamadas, de participantes nas actividades, demandando información para adquirir os viños tintos e brancos que se elaboran na denominación". Entre o público asistente a estas actividades, ademais de veciños da comarca, tamén se contou con participantes da Comunidade Valenciana, Madrid, País Vasco, Castela e León, Cataluña e, como non, Galicia. "Para nós foi satisfactorio escoitar como moitos asistentes indicába-

nnos que gozaban consumindo viños de Monterrei nos seus lugares de orixe, incluso solicitándollos a nosas propias adegas, e que a información recibida nas nosas actividades permitíalles ampliar a carta de viños que degustan de modo habitual", destacaba a presidenta. Actividades O calendario alternativo da Feira do Viño de Monterrei contou con actividades como unha xornada teórico-practica de dixitalización en viticultura, neste caso destinada a profesionais do sector vitivinícola, así como catas que permitiron descubrir o potencial de envellecemento dos viños de Monterrei, as harmonías entre froitas e os brancos e tintos da denominación, ou a visita do Tren Turístico da Ruta do Viño Monterrei. "Foi triste para todo o sector suspender, por segundo ano consecutivo, a Feira do Viño, pero polo menos este ano non nos quedamos cun mal sabor de boca, porque tivemos a oportunidade, aínda en pequenos grupos, de estar á beira dos nosos consumidores, aos que lles agradecemos que nos tiveron en conta non só como destino de interior senón tamén como alternativa lúdica", concluía a presidenta.

Redacción As cuartas xornadas de Novela Histórica regresarán a Verín os días 1 e 2 de outubro. Baixo o título de “Mulleres na Historia”, contará con escritoras nacionais de primeiro nivel. Escritoras Nas xornadas estarán presentes escritoras como: Luz Gabás, autora da aclamada novela “Palmeras en la nieve”; María Solar, xornalista e coordinadora dos programas culturais da CRTVG e au-

tora -entre outras- da novela “Os nenos da varíola”; Rosario Raro, que realizará un seminario para o alumnado dos centros de Verín sobre a muller na historia e da escritura de novela e impartirá unha conferencia sobre as mulleres nas súas novelas; Eva Díaz Pérez, directora do Centro Andaluz das Letras e autora de numerosas novelas históricas, que disertará sobre como escribir novelas históricas dende a perspectiva feminina; e María Vila, que impartirá a conferencia sobre “Mulleres piratas no século XVI”.

Barrios 27 de agosto 2021

As xornadas estarán coordinadas por José Luís Corral e José Calvo Poyato, autores de multitude de novelas históricas e considerados dos máis grandes no xénero. Así mesmo contarán co acompañamento musical de Lourdes Olbés, violinista galega de primeiro nivel. Toda a información estará dispoñible na web http://www.novhis.bibliotecadeverin.es/.

Luz Gabás será unha das protagonistas das xorndas de Novela Histórica de Verín./Fb.

13

EN BREVE 4 Venres de conto Os “Venres de conto” rematan este venres, 27 de agosto, na Biblioteca Municipal do Concello de Verín. A partir das 20 horas, a compañía de teatro infantil Galerna Crúa representa a obra “Brincadeira pirata”. Aforo limitado a 30 nenos e nenas.

4 Escolas deportivas O día 1 de setembro -mércores- remata o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas de Fútbol e Fútbol Sala do Concello de Verín. Todas as persoas interesadas en inscribirse nalgunha das disciplinas deberán enviar asinada a documentación que se atopa dispoñible na web verin.gal ao mail das escolas deportivas: efcverin@hotmail.com. As categorías, por idades, van desde biberón (nados en 2016 e 2017) ata xuvenís (nados do 2003 ao 2005).

4 Teatro O sábado 28 de agosto, a praza da Mercé acolle o espectáculo teatral para público infantil “Cartoons” a partir das 20 h.

4 Praza da Alameda A praza da Alameda de Verín contou este verán cunha reforma integral que melloraron tanto o propio parque como a súa contorna. Realizáronse melloras nos seus parques infantís, remprazáronse as anteriores luminarias por lámpadas led, plantáronse novas árbores, céspede e plantas ornamentais e leváronse a cabo diversas reformas estruturais como a construción dun novo muro de pedra ou a reforma dos seus accesos coa finalidade de mellorar a accesibilidade.

4 DO Monterrei Un total de 11 viños de Monterrei, seis brancos e cinco tintos, foron premiados pola Asociación de Sumillieres de Galicia na última edición do concurso “Distincións Gallaecia”.


14

Barrios 27 de agosto 2021

EN BREVE 4 Sector agrario 32 millóns de euros potenciarán o sector agrario da Limia grazas a un acrodo entre Xunta e Goberno Central. O Estado encargarase da limpeza de canles e a modernización do regadío da Limia (uns 12 millóns de euros), mentres a Xunta se encargará de completar a rede de pozos (catro millóns de euros). Outros 15,9 millóns de euros forman parte dun proxecto de mellora da eficiencia e da sustentabilidade dos regadíos desta comarca ourensá, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia promovido polo executivo do Estado.

4 Axudas libros O Concello de Xinzo ofrecerá axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para alumnos de educación infantil (de 3 a 5 anos). Ás subvencións poderán acollerse aquelas familias que non superen un determinado nivel de renda e cumpran as condicións da convocatoria ata un máximo de 75 euros por neno.

4 Acougo A alcaldesa, Elvira Lama, e a coordinadora da Asociación Galega de Acollida (Acougo), Carmen Dourado, mantiveron unha reunión para dar comezo unha colaboración que sirva para identificar familias limiás dispostas a acoller a menores. Actualmente non hai familias en Xinzo interesadas en acoller, porén agardan que esto cambie nos vindeiros meses unha vez realizadas accións formativas.

4 Polígono O Concello de Xinzo mellora a seguridade viaria do polígono co arranxo dun quilómetro de firme. A actuación ten un orzamento de 13.205 e os traballos céntranse en cesar o bituminoso e aplicar firme asfáltico para deixar o firme ao mesmo nivel.

XINZO E COMARCA

Un auditorio ao aire libre para Xinzo de Limia 4 Situarase na praza do Conservatorio. R.T. Puxéronse en marcha as obras para que Xinzo conte cun auditorio ao aire libre. O mesmo estará ubicado na praza do Conservatorio (cunha superficie duns 400 m2) e fará, ademais, que o recinto elimine os problemas de seguridade que tiña ata o de agora. As obras comezaron pola eliminación das humidades derivadas da recollida de augas do tellado do edificio, ademais de solucionar os problemas de desnivel do firme. Despois, procederase coa colocación do pavimento decorativo, acorde cos motivos musicais. Tamén se levará a cabo a instalación de mobiliario e de proxectores con iluminación led, ademais do peche do recinto durante a madrugada para con-

vertelo nun lugar seguro, xa que era habitual que os rapaces realizasen nel actividades que ocasionaban problemas coa veciñanza. Bancos, xardineiras e unha papeleira serán outros dos elementos que contribuirán a ornamentación. As obras contan cun presuposto de 47.839 euros e un prazo de execución de 3 meses. Eventos Deste xeito, a intervención permitirá ao Concello dispor dun recinto no que se poidan celebrar concertos, proxeccións de cine, representacións teatrais

ou outro tipo de eventos de forma controlada. Actualmente, só é un lugar de paso pese ao seu gran potencial. Coa rehabilitación das instalacións e o seu peche a horas intempestivas prevese dar un xiro radical ao uso que se fai deste lugar e, deste xeito, sacar todo o potencial que ten un emprazamento ao carón da praza Carlos Casares.

O recinto pecharase durante a madrugada

As obras contan cun prazo de execución de tres meses.

Contratan a cinco persoas en risco de exclusión 4 Para reforzar traballos de limpeza. Redacción O Concello de Xinzo de Limia vén de contratar a cinco persoas en risco de exclusión social, todas elas perceptoras da Renta de Inclusión Social de Galicia (Risga). Os traballadores incorporáronse ás brigadas municipais e xa realizaron tarefas de limpeza despois da feira. Está previsto que desempeñen as súas funcións por un período de tempo de nove meses. O executivo local destaca a importancia da contratación para favorecer a inclusión social, reforzando os servizos existentes e contribuíndo tamén a paliar a crise económica que moitas familias viven na actualidade por mor da pandemia. A alcaldesa de Xinzo

de Limia, Elvira Lama, animounos a levar a cabo as súas tarefas con ilusión e esforzo. Durante o encontro con estes novos traballadores estivo acompañada do concelleiro de Obras, Ramón Gómez, e do de Infraestruturas, Rafa Penabad. Tamén co fin de reforzar a limpeza de todo o pobo, e de forma paralela, o concello realizou a contratación dun servizo complementario de 4.500

horas ao ano. O municipio non dispón de efectivos suficientes para acometer os traballos de hixienización, existindo limitacións legais nas leis de Orzamentos Xerais do Estado para a contratación de persoal fixo. Ademais, en datas puntuais, como Entroido, Esquecemento, Semana Santa ou festas de Santa Mariña, será preciso realizar limpezas extraordinarias.

Os cinco traballadores realizarán tarefas de limpeza durante un periodo de nove meses.

Ampliación do paseo do río Limia 4 As obras darán comezo despois do verán. Redacción O Concello de Xinzo e a Confederación Hidrográfica Miño Sil acordaron que os traballos para a mellora e ampliación do paseo fluvial do río Limia comezaran á volta das vacacións estivais, no mes de setembro. O presidente da CHMS, José Antonio Quiroga, e a alcaldesa, Elvira Lama, xunto co tenente alcalde e concelleiro de Medio Rural, Amador Díaz, e o de Urbanismo, Ramón Gómez, percorreron a zona na que se levará a cabo a actuación. O mes de setembro é a data que se marcou no calendario para comezar os traballos de redacción do proxecto para o acondicionamento e a ampliación da senda ao seu paso polo centro da vila. Neste sentido, e no que respecta á ampliación e mellora do paseo do río Limia, preténdese actuar no tramo xa existente entre a ponte de Lamas e a estrada de Baltar, acondicionándoo, ademais de construír un novo paseo pola outra beira do río, de tal maneira que se xerará un circuíto duns 6 quilómetros. Prensa de Gundín A colaboración entre o Concello de Xinzo e

a Confederación Hidrográfica Miño-Sil tamén quedou patente na rúbrica, o pasado mes de abril, dun convenio para a financiación e execución das obras de demolición da prensa de Gudín no río Faramontaos e que tamén terá incidencia no río Lima ao seu paso pola vila. Con este proxecto recuperarase a conectividade ecolóxica do río que presenta este obstáculo transversal, carente de uso e nocivo para o ecosistema acuático. Outro dos obxectivos desta actuación é devolver o seu caudal natural ao Limia. A actuación de retirada da presa complementarase coa recuperación ambiental da zona e a execución dunha pasarela que comunique as beiras do río. A inversión total para esta actuación ascende a 1.200.000 euros, dos cales a CHMS aportará o 80% da inversión e a administración local o 20% restante.

Construirase un paseo entre a ponte de Lamas e a estrada de Baltar e acondicionarase o xa exitente nunha beira do río

O presidente da CHMS, José Antonio Quiroga, e a alcaldesa, Elvira Lama, xunto co tenente alcalde e concelleiro de Medio Rural, Amador Díaz, e o edeil de Urbanismo, Ramón Gómez, xunto ao río Limia.


XINZO E COMARCA

Escola Rural de Saúde da Limia Redacción A Escola Rural de Saúde da Limia retomou as actividades grupais para, sempre coas debidas precaucións dadas as circunstancias actuais provocadas pola Covid19, favorecer o benestar social dos maiores. Para tentar a súa desconexión social, foméntanse actividades de dinamización comunitaria. Unha das primeiras actividades foi a de visitar a “Casa da Lagoa de Antela”, no Concello de San-

diás, onde o Centro de Interpretación mostra os seus recursos culturais, históricos e territoriais da zona rural da Limia e onde os maiores identifican cun pasada que forma parte das súas vidas. Estas actividades están englobadas dentro do programa “Dependemos uns dos outros”, cofinanciado pola Deputación de Ourense a partir da convocatoria da Subvención de Prestación de Servizos Sociais para este 2021, e que se fai posible coa colaboración de socios e participantes da Escola Rural de Saúde da Limia.

Ricardo Bolaño, 95 anos, participante da actividade da Escola Rural da Limia.

Pleno de xullo Redacción O pleno do Concello de Xinzo aproba un cambio urbanístico para facilitar a construción de vivendas no rural e a expansión dos núcleos. Deste xeito, aprobouse o estudo de detalle para cambiar as aliñacións nunha área de Ganade, tal e como antes se fixera tamén en Morgade e Baronzás. A medida contou co informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio e co acordo previo da Xunta de Goberno Local. Outros acordos A pleno de xullo tamén aprobou, entre outras cousas, os festivos locais do 2022, que serán o martes de Entroido e o 18 de xullo, día da patroa, Santa Mariña; e a aceptación das sete subvencións concedidas polo Goberno central para a substitución de 4.610 luminarias vellas do concello por outras con

tecnoloxía LED, co que se prevé aforrar un 70% dos case 258.500 euros da factura da luz anual. Co voto en contra do Partido Popular aprobouse a modificación de crédito a cargo do remanente positivo, cunha contía que ascende a 180.000 euros e que se dedicarán a pagar diferentes facturas, como as relativas a loitar contra á pandemia, sendo exemplo as horas extra que tiveron que realizar os traballadores da limpeza ou os axentes da Policía Local.

O concello facilitará a construción de vivendas unifamiliares nunha área de Ganade.

Xinzo vai da man do CDR O Viso 4 Cofinanza algún dos seus proxectos. Redacción O Concello de Xinzo de Limia concede unha subvención nominativa de 5.000 euros ao CDR O Viso por motivos de interese público e social. A Xunta de Goberno Local toma este acordo por unanimidade dos membros asistentes. A criterio da Alcaldía esta asociación realiza unha importante labor no ámbito do fomento dos servizos sociais na vila e pobos de Xinzo de Limia, e contribúe a poñelos en valor nas diferentes actuacións en que participa. O CDR presta sobre todo servizos de proximidade (comedor social a domicilio) e atención urxente para facer fronte ás necesidades tanto na vila coma en moitos

pobos do concello e da comarca. Accións O Centro de Desenvolvemento Rural realiza accións como reparto, dous días á semana, de produtos frescos e básicos de alimentación provintes, na súa mayoría, de doazóns (sobre todo das que reciben de Mercadona);

CDR O Viso reparte comida todos os días do ano.

4 Conectado coa nova Sitibal. Máis de 40.000 euros é o orzamento que o Concello de Xinzo investiu no arranxo do tramo da rúa Galicia para dotala dun novo firme en aglomerado e mellora a súa conexión coa renovada Sitibal. Trátase dun tramo de 145 metros de longo que cambia a imaxe desta rúa no seu tramo final. As obras consistiron no fresado e posterior colocación dunha base de pedra de 10 centímetros, debidamente compactada. Ademais, estendeuse firme asfáltico dun espesor medio de 8 centímetros. Tamén está previsto corrixir, en altura, as tapas de rexistro en pozos de saneamento

ou pagamento de recibos de alugueiro e de subministros (productos de hixiene, de farmacia, de auga, luz e gas entre outros) a persoas/familias que o necesitan. En canto ao citado servizo comedor, este fai reparto diario de xantares e algunhas ceas (unha media de máis de 60 comidas cada día e todos os días); puntualmente, prestouse este servizo a persoas/familias que deron positivo de COVID e que o necesitaron. O CDR O Viso conta cunha sede na rúa Ladeira nº 21 con persoal ao dispor de quen o necesite.

15

EN BREVE 4 Melloras na OU531 A Xunta adxudicou por máis de 820.000 euros a mellora do firme na totalidade da estrada autonómica OU-531, desde Xinzo ata Cortegada. Os traballos que deron comezo este mes de agosto, ten como obxectivo estar rematados neste mesmo ano. As obras realizaranse na vía ao seu paso por Xinzo de Limia, Sandiás, Vilar de Santos, Rairiz de Veiga, A Bola, Celanova, Ramirás, Gomesende e Cortegada.

4 Rúa Río Miño O Concello de Xinzo impermeabilizará a rede de saneamento da rúa Río Miño para evitar os cortes de luz tan frecuentes na zona. As obras de reparación, que ascenden aos 23.292 euros, foron adxudicadas á empresa Viaqua.

Arranxo dun tramo da rúa Galicia Redacción

Barrios 27 de agosto 2021

e de sumidoiros. O concelleiro de Obras, Ramón Gómez, destacou que se trata “dunha actuación moi estudada e consensuada polo equipo de goberno, dentro do plan de melloras das vías municipais”. Sitibal Na conexión coa rúa Si-

tibal reside a importancia desta obra. Cómpre destacar que a apertura da Sitibal ao tráfico fíxose realidade despois de meses de traballos nos que se dotou á pista de servizos básicos de saneamento, abastecemento, alumeado e beirarrúas, froito dunha intensa negociación do actual goberno local cos máis de 40 titulares afectados. Inicialmente, estaba prevista unicamente a reparación da antiga pista, pero sen dotala de servizos nin ampliar o seu ancho.

CDR O Viso reparte comida todos os días do ano.

4 Praza Santa Mariña Coa intención de retirar todo vestixio franquista, o Concello de Xinzo de Limia vén de retirar a placa que que identificaba a praza de San Sebastián, nun grupo de edificios que se remontan ao ano 1966 e que conservaba simboloxía franquista, por outra co nome de Santa Mariña. A nova denominación foi consensuada cos veciños.

4 Garda Civil Un convenio reforza a colaboración entre a Policía Local e a Garda Civil. A Benemérita proporcionará á Administración local datos estatísticos mensuais relativos á actividade policial e delictiva e, con carácter anual, facilitarase un resumo sobre a evolución destas cifras. Ademais, elaborarase un Plan Local de Seguridade no que se recolla a problemática existente no municipio, se establezan obxectivos e se deseñen os programas de actuación para afrontar os problemas existentes.


16

Barrios 27 de agosto 2021

EN BREVE 4 Xuntanza de Gaiteiros Monterrei volve ser o escenario da 36ª Xuntanza Internacional de Gaiteiros. Contará cun amplo programa de actividades que se desenvolverán ao longo deste venres, día 27, e o sábado 28, nun que será retransmitido por internet.

4 Espírito Ribeiro Arnoia, Castrelo de Miño e Cenlle serán as sedes da primeira edición do “Espírito Ribeiro”, tres días con espectáculos musicais, zonas gastronómicas co viño como protagonista, produtos de proximidade e artesanía local. O venres 3 de setembro en Arnoia actuarán a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, o humorista Sergio Pazos, Xoán Curiel e o grupo Bafana Bafana. O sábado, día 4, en Castrelo de Miño, será o turno do Mago Teto, Natalia Kendra e Amparo Sánchez cantará temas da súa banda Amparanoia. Para o domingo, día 5 en Cenlle, contará coa actriz e humorista ourensá Ledicia Sola, Os Festicultores e Broken Peach.

4 Estrada OU-540

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, Deputación de Ourense e Concello de Bande asinaron un acordo no que se investirá máis de 720.000 euros na mellora da seguridade da estrada OU-540 entre os puntos quilométricos que coinciden coa travesía de Bande, de titularidade municipal.

A Merca Redacción A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reuniuse co rexedor da Merca, José Manuel Garrido, para repasar as actuacións de interese para o Concello, que tamén acaba de recibir unha axuda para a mellora de dúas vivendas, ao abeiro do progra-

PROVINCIA

A Xunta destaca o traballo das agrupacións de voluntario de Protección Civil 4 O delegado da Xunta mantivo un encontro cos de Cortegada e Castrelo de Miño. Redacción O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, mantivo en Castrelo de Miño un encontro cos responsables das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil deste concello e dos voluntarios de Cortegada ao que asistiron tamén ámbolos dous alcaldes, Avelino Pazos e Avelino Luís de Francisco. O delegado territorial informounos da Orde de cesión de material de emerxencias para concellos de menos de 50.000 habitantes que contan con AVPC, e que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia o pasado 23 de xullo, pola que os concellos da provincia de Ourense poderán solicitar cinco liñas de axuda para a cesión de material. A liña 1, con 19 vehículos todo terreo pick-up; a liña 2 , con 6 remolques para a atención as emerxencias; a liña 3, con 26 tendas de campaña para

emerxencias; a liña 4, con 8 coitelas quitaneves e a liña 5. con 8 esparexedores de sal. Operativos Gabriel Alén resaltou os operativos desenvolvidos por estes voluntarios na loita contra a Covid19, onde as agrupacións da provincia levaron a cabo numerosos operativos, reparto de alimentos en colaboracións con asuntos sociais, desinfección de lugares de pública concorrencia, axuda e compras a persoas dependentes ou reparto de medicamentos. “Un labor altruísta dos voluntarios, que contribúen a ofrecer un mellor servizo aos cidadáns, manifestou o delegado territorial; por iso, “a importancia da colaboración da Xunta cos concellos en materia de protección civil e emerxencias para dotalos dun equipamento adecuado que permita acadar unha maior seguridade para os membros dos servizos municipais e, polo tanto

dos seus veciños” sentenciou. Forman a rede de Protección Civil na provincia de Ourense un total de 74 agrupacións de voluntarios, que a través destas liñas de subvención en especie pola Xunta de Galicia supuxeron nos últimos anos a adxudicación de 45 vehículos pick up, 13 furgóns de loxística, 50 remolques de emerxencia, 7 embarcacións pneumáticas, 5 remolques con carpas para as emerxencias, 4 remolques de salvamento, esparexadores de sal e equipos de excarceración. Unha inversión total que se achega aos cinco millóns de euros na provincia de Ourense.

A rede de Protección Civil na provincia de Ourense suma un total de 74 agrupacións de voluntarios

O delegado da Xunta, Gabriel Alén, cos voluntarios de Protección Civil. ma de rehabilitación de inmobles de titularidade municipal. A conselleira recordoulle ao alcalde a posibilidade de acceder ao programa Fondo de cooperación, para levar a cabo actuacións de rehabilitación na contorna de praza da Verdura, un espazo que se atopa en plena recuperación. Explicoulle que o prazo para poder participar neste programa permanece aber-

to ata o 1 de outubro. Un dos principais temas abordados na reunión foi a mellora e humanización de espazos, sobre todo

daqueles nas que se rehabiliten vivendas, para definir novos ámbitos nos que poder instalarse a xente moza.

A conselleira de Medio Ambiente co alcalde da Merca.

Camiño Real Redacción O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, na visita que realizou ao Castillo de Monterrei anunciou a licitación das obras de restauración do Camiño Real no acceso ao castelo nas que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade vai investir

640.882 euros, e que terán un prazo máximo de execución de 9 meses. Alén salientou que as actuacións que se desenvolverán consisten en levantar e volver a colocar o empedrado, procurando unha rasante suficientemente chaira para mellorar o tráfico rodado e as condicións de accesibilidade ao castelo e ao espazo central situado co cumio da acrópole, a carón do pazo dos Conde.

Alén (cuarto pola esquerda), no Castelo de Monterrei.

A Deputación celebrará o seu bicentenario 4 Será en 2022. Redacción O 26 de maio de 2022 cumpriranse 200 anos do inicio da actividade do primeiro goberno provincial de Ourense, efeméride que a Deputación vai celebrar cun amplo programa de actividades que se desenvolverán ao longo do próximo ano. Para iniciar estes preparativos, o presidente provincial, Manuel Baltar, reuniuse co profesor titular de Historia do Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, Eduardo Cebreiros, membro dun equipo de historiadores de todas as comunidades españolas especializados no papel que desde a súa constitución veñen xogando os

gobernos provinciais. No encontro formuláronse algunhas propostas para a celebración do bicentenario, como seminarios de debate coa participación de expertos e ata unha exposición que mesmo podería ter carácter itinerante “para que a veciñanza de toda a provincia sexa consciente da importancia da Deputación, institucións liberais que teñen prestado nestes dous séculos importantes servizos á cidadanía e cuxa utilidade está fóra de toda dúbida”, afirmou Manuel Baltar. Unha institución, engadiu, “que á iniciativa desta presidencia e do actual goberno está disposta a principiar unha nova etapa na súa historia”.

Eduardo Cebreiros con Manuel Baltar.


BARBADÁS

Nova iluminación para Santa Uxía e A Valenzá

Melloras no acceso aos centros comerciais

4 O custo global supera os 110.000 euros.

4 A Xunta reforzou o firme da estrada.

Redacción Barbadás mellora o alumeado público na avenida de Celanova, en sete rúas adxacentes e en todo o pobo de Santa Uxía. O custo global previsto da actuación é de 111.646,70 euros, financiados ao 80% polo IDAE e o 20 restante polo propio concello. Un total de sete rúas da Valenzá -ademais do tramo da avenida de Celanova na marxe dereita dende a rotonda da Familia ata o límite con Ourense- verán mellorada tamén a iluminación pública co cambio a luminarias led. Trátase das rúas Ensino, Lameira do Mato, Canella, Severo Ochoa, Garrida, Presa e Tomás Rodríguez Punxín. Nestas sete rúas substitúense 78 unidades de luminarias e cambiaranse os brazos que se atopen en mal estado. Na avenida de Celanova, as farolas fernandinas son obxecto de instalación de retrofilm de led e a eliminación dos difusores. En un total de 93 unidades destas farolas de corte clásico instalaranse ópticas diferentes para alumear a distintos niveis para dar luz ao vial ou á beirarrúa.

En Santa Uxía substitúense todas as luminarias deste núcleo de poboación. Son 36 puntos de iluminación os que verán mellorada a súa eficiencia enerxética. O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, explicou que previamente á execución deste proxecto “desenvolveuse un inventario de todos os puntos de luz municipais incluíndo auditoría de cada centro de mando que serviu como documentación de base para a identificación das instalacións máis ineficientes e que resulta máis recomendable reformar”. A concelleira de Servizos Públicos, Victoria Morenza, detallou que “as instalacións que se propón reformar con este proxecto caracterízanse polo emprego de luminarias obsoletas cun rendemento moi baixo, a utilización de lámpadas de vapor de mercurio moi ineficientes, o gran deterioro polo paso do tempo en luminarias e centros de mando e a presenza de equipos de redución de consumo en cabeceira actualmente avariados”.

Redacción A Xunta executou obras de reforzo do firme no anel da glorieta da estrada autonómica OU540 e nos ramais de acceso aos centros comerciais de Barbadás. Esta actuación completou as obras de acondicionamento e de mellora da mobilidade executadas recentemente na glorieta situada no punto quilométrico 1+800 desta estrada autonómica, que presentaba un firme deteriorado e falta de accesibilidade nalgún punto dos perco-

rridos peonís. A actuación supuxo un investimento do ente autonómico de arredor de 70.000 euros A última intervención na capa de rodaxe do firme da vía autonómica contou cun investimento de preto de 48.000 euros. No marco destes traballos, os equi-

Barrios 27 de agosto 2021

pos de aglomerado desprazados á zona tamén procederon ao reforzo da capa de rodaxe do firme en dous ramais da glorieta da Valenzá, na mesma estrada OU-540, que comunican coa rúa Marcelo Macías de Ourense, complementando o recente aglomerado da citada rúa do concello de Ourense. O departamento que dirixe Ethel Vázquez, Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, continúa co obxectivo de conservación e mantemento da rede viaria autonómica coa fin de reforzar a seguridade viaria e mellorar as prestacións aos usuarios.

Zona de acceso aos centros comerciais de Barbadás.

17

EN BREVE 4 Masterclass O sábado 28 de agosto está prevista unha masterclass de ioga e zumba. Tamén o mesmo sábado 28, haberá outra masterclass de iniciación ao boxeo (a partir dos 12 anos); esta será impartida por Manuel Míguez, de 11 a 13 horas. O aforo será de máximo 20 persoas.

4 Visitas teatralizadas Última data das visitas teatralizadas no museo da gaita de Barbadás. O venres, 24 de setembro, ás 20 horas será a derradeira sesión das catro que houbo durante este verán. Ao remate da visita, coma sempre, haberá un concerto.

4 Axudas a emprendedores O Boletín Oficial da Provincia publica a convocatoria do Programa de axudas municipais á creación de empresas do Concello de Barbadás do ano 2021. O prazo de presentación de solicitudes será ata o 30 de setembro ou ata esgotamento do crédito dispoñible. Máis información no 988 360 413 e na web do concello.

4 Charla sobre ciberseguridade A Garda Civil impartirá unha charla sobre ciberseguridade na Casa da Mocidade do Concello de Barbadás, o venres, 1 de outubro, a partir das 17.30 horas.

4 Protección Civil

Cambio de luminaria na avenida de Celanova.

Protección Civil de Barbadás realizou 585 servicios nos primeiros seis meses do ano. Entre eles están accidentes de estrada, búsqueda de persoas desaparecidas, extinción de lumes, colaboración coa Axuda no Fogas, eventos culturais, deportivos ou mesmo relixiosos. E como non, actuacións contra a pandemia da Covid-19 tamén foron numerosas.


18

Barrios 27 de agosto 2021

CELANOVA E COMARCA

EN BREVE

Manifestación

4Reivindicando o rural

Redacción

A Fundación Curros Enríquez promove a figura do poeta e Celanova reivindicando o rural. Para elo, lanza a campaña “Galicia desamparada”, contando coa colaboración dos deseñadores de Rei Zentolo que realizaron dous deseños. Por unha banda, unha caricatura de Curros coa lenda “Eu son rural”; e pola outra, a famosa reflexión do autor “se eu fixen tal mundo que o demo me leve”. Tanto as camisetas como as bolsas poderán ser mercadas na propia Casa dos Poetas e na oficina de turismo, ademais de en comercios de Celanova.

A plataforma Stop eólico Xurés-Celanova celebrará o sábado 4 de setembro a I Marcha en Defensa da Casa da Neve en Celanova. Este, segundo a plataforma, é un dos proxectos da invasión que pretende Estado actual da praza Maior de Celanova. /RAMSÉS.

Peatonalización da praza Maior de Celanova

Despois da polémica suscitada nas últimas datas, o certo é que xa está prohibida a entrada ao tráfico rodado na praza Maior de Celanova -con retitada das cadeas incluída-. Tamén foi reorganizado o tráfico nas rúas Emilia Pardo Bazán, San Roque, travesía San Roque, praza Cervantes e Cesáreo Fernández. Modificouse o sentido de circulación nas rúas Encarnación, Colón, Miguel A. Blanco, Curros Enríquez, Emilia Pardo Bazán e Cesáreo Fernández Losada. Ademais, amplíase o estacionamento de balde nos aparcadoiros das Triguerizas e das Traseiras (de nova creación).

Praza da Pedreira Redacción Concello de Cartelle e Xunta de Galicia firmaron un acordo de colaboración para a execución de obras para humanizar e mellorar os accesos da praza de Pedreira, localizada no lugar da Seara,

inzar de aeroxeradores toda esta parte do sur de Galicia e contra a que xa está en marcha unha ampla contestación veciñal. Ademais, Stop eólicos denuncia que unha liña de máis de 70 aeroxeradores (un cada 380 metros) cubrirá os cumios da Serra do Larouco até o Alto do Candal, no Parque Natural do Xurés.

no concello de Cartelle. O mesmo recolle que a Xunta licitará as obras, unha vez que se conte co proxecto aprobado polo Concello, que tamén asumirá o mantemento e conservación unha vez recepcionadas as actuacións. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda achegará máis de 93.000 euros, un 70% do orzamento total.

4 Exposición Últimos días da exposición de pintura de Tareixa Taboada que se pode visita na Casa dos Poetas. Ata o 31 de agosto está aberta a mostra “Nihil” na Sala da Lareira e o segundo andar. O horario é de martes a venres de 10 a 14 e de 16 a 19h, e os sábados de 11 a 14: e de 16 a 19 horas.

O alcalde de Cartelle, Jaime Sousa, e a conselleira, Ángeles Vázquez, na firma do convenio.

V Feira do stock Celanova

4 Rebulir Este ano os premios Rebulir da Cultura Galega 2021 concederánse a: Xabier Díaz (música galega); Xabarín Club (artes escénicas) e Anxo Angueira (na categoría homenaxe). Entregraranse o sábado, 18 de decembro, no marco do FIR 2021, a cal se celebrará previsiblemente no Complexo Polideportivo do Picouto (Concello de Ramirás).

Redacción O delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén -primeiro pola esquerda-, coa alcaldesa da Bola, Teresa Barge -segunda pola dereita-.

Melloras de abastecemento na Bola A Xunta de Galicia destina máis de 95.000 euros á mellora do abastecemento e sistema de depuración de augas residuais de pobos do Concello da Bola. O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, informou á alcaldesa, Teresa Barge, das axudas da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, de máis de 48.000 euros para a mellora do sistema de depuración de augas residuais no lugar de Podentes e de máis 47.000 euros para a mellora do abastecemento nos pobos de Seara e de Veiga.

A praza Maior de Celanova acolle este sábado, 28 de agosto, ás 21.30h, a proxección dun desfile de moda do comercio local. Será o preámbulo da 5ª Feira do stock Celanova que terá lugar o domingo 29 no Claustro Barroco (de 11 a 21 h) e que ofrecerá todo tipo de produtos con desconto.

BNG Celanova Redacción O BNG de Celanova rexistrou dúas peticións no Concello de Celanova dirixidas a Alcaldía para que o goberno local aclare, por unha banda, o plan de turismo, que para o grupo nacionalista é “un simple reordenamento do tráfico de acceso aos aparcadoiros”; e, por outra, pediron que se faga pública a acta do fallo do Premio Celanova Casa dos Poetas 2021.


ALLARIZ E COMARCA

Barrios 27 de agosto 2021 EN BREVE

Allariz, en sintonía co medio ambiente 4 Recicla un 31% máis de téxtil usado que o semestre pasado e fomenta o consumo responsable de auga. Redacción Anos leva concienciado - e concienciando- o Concello de Allariz sobre o medio ambiente. Varias son as accións que se levan a cabo desde esa concellería para, na medida do posible, lograr un mundo máis sostentable. Recollida de textil usado e concienciación dun consumo responsable da auga son dúas das iniciativas. Textil “Humana Fundación Pueblo para Pueblo” recuperou 7.665 kg de téxtil usado en Allariz durante o primeiro semestre de 2021 para darlles unha segunda vida. A recollida selectiva do residuo téxtil supón un amento do 31% respecto aos primeiros seis meses do ano pasado e equivale a 34.000 prendas de roupa. Esta xestión ten como resultado un beneficio ambiental, que vén da man de reducir a xeración do residuos e de evitar que estes acaben no vertedoiro. A recuperación destes residuos textís supón evitar a emisión de 24 toneladas de CO2 á atmosfera. Melloras O Concello de Allariz acometerá, coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente, a mellora de oito zonas de compostaxe comunitaria, incluíndo a colocación de 15 composteiros de gran capacidade naquelas zonas nas que o gran nivel de aportación

así o require. Así mesmo se aproveitará para reparar, mellorar e regular o aporte nas zonas de acumulo de biomasa, que en algúns casos están desbordadas polo uso continuo e masivo. Cabe sinalar que este ano se está a executar dentro deste mesmo programa e en colaboración coa Asociación ADEGA a entrega de 150 composteiros para os usuarios que así o requiran, sendo estes totalmente gratuítos. E podendo solicitalo no mail: medioambiente@ allariz.gal. Compromiso Todas estas iniciativas reforzan o traballo que dende a Área de Medio Ambiente do Concello de Allariz se realiza en materia de reciclaxe a través do Servizo RE. Os programas e campañas que fomentan o coidado do medio así como unha boa reciclaxe tanto na separación dos residuos así como no tema da compostaxe, seguirán a ser obxectivos para seguir traballando en Allariz e continuar como referente nesta materia grazas, sempre, a colaboración da veciñanza.

A recuperación destes residuos textís supón evitar a emisión de 24 toneladas de CO2 á atmosfera

Contedor de recollida de textil en Allariz.

19

4 Oportunidade

Presentación do IV Festival RiR de Allariz.

Preparándose para o Festival RiR

contar co salón de actos do albergue de Allariz e unha das salas do Hotel Oca Vila de Allariz.

4 Celébrase en Allariz do 8 ao 11 de setembro.

O Gordo e o Fraco Este ano réndeselle homenaxe a Stan Laurel e Oliver Hardy, parella cómica máis coñecida como "O Gordo e O Fraco". As proxección serán ás 17 horas. O mércores 8 tamén se proxectarán curtas de comedia "Made in Galicia" ás 17.30h, mentres que o xoves 9, estrease ás 22 horas o filme "Talento" de David González Rudiez.

Redacción O Festival Internacional de Curtametraxes de Comedia (RiR) achega en setembro -do 8 ao día 11- a Allariz unha nova edición de humor a través das curtas procedentes de diferentes países; serán 43 curtas as que entren en concurso e que se poderán ver os días 8 e 9 ás 17 horas; o día 10, ás 17.30 e 20 h; e o día 11, ás 17.30 horas. Tamén haberá actividades paralelas que incluirán espectáculos infantís, teatro de rúa, música, obradoiros ou podcasts, entre outros. A organización do Fes-

Melloras de acceso en Chorente Redacción Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación investirá 96.000 euros (para co financiar unha actuación de 120.000 euros) no parque empresarial de Chorente. O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitouno acompañado da alcaldesa, Cristina Cid. O delegado territorial explicou que esta achega ten como finalidade a mellora da pavimentación actual de varias vías de acceso ás parcelas do parque empresarial e a sinalización das mesmas. Deste xeito, está proxectada a rexeneración do pavi-

tival RiR acordou entregar o premio especial RiR Contigo a Xosé Antonio Touriñán pola súa traxectoria. A entrega de premios celebrarase o sábado 11 de setembro a partir das 20 h. Durante toda a semana do festival haberá unha exposición de David Calviño -deseñador do cartel desta edición e das dúas anteriores- na Paneira. Trátase de debuxos levados ao pixel en clave de comedia. Novidades A boa acollida do evento fai que se precisen locais amplios para algunha das actividades. Por iso, este ano o festival poderá

mento asfáltico existente mediante a extensión dun rego asfáltico, a mellora da sinalización horizontal e a colocación de sinais verticais. A provincia A provincia de Ourense contará con proxectos en 11 parques empresarias, pertencentes a 10 concellos, que se apoiarán nun investimento de máis de

Este ano réndeselle homenaxe a Stan Laurel e Oliver Hardy, parella cómica máis coñecida como “O Gordo e O Fraco” 1,1 millóns de euros, dos que 912.222 euros serán aportados pola Xunta. Desde a súa posta en marcha, a través das liñas para a mellora dos parques empresariais galegos e para a creación de novos viveiros industriais, lévanse apoiados 593 proxectos de mellora nos parques empresariais e impulsados 13 viveiros industriais.

Visita ao polígono de Chorente.

Os días 28 e o 29 de agosto, unha ducia de establecementos participará na fin de semana da oportunidade. Os clientes poderán atopar ofertas e descontos dunha gran variedade de produtos que inclúen moda, calzado, deportes, roupa infantil, complementos e librerías, entre outros. Desta forma, os establecementos procederán a facer unha liquidación do stock da tempada de verán. Todos os clientes que merquen durante estes tres días, entrarán nun sorteo de tres talóns con vales para mercar nos establecementos que participan na feira.

4 Escola Sexolóxica A II Escola Sexolóxica de Verán de Allariz terá lugar dende o 26 ao 28 de agosto, sendo un dos seus temas centrais os sexos e a súas identidades. Ademais das charlas teóricas con contidos sexolóxicos que permitirán entender como se vai adquirindo a identidade, haberá tamén outras actividades como a visita guiada ao Festival Internacional de Xardíns de Allariz, un obradoiro de serigrafía e gravado sobre corpos, identidades e diversidade e uns petiscos no xardín dos maiores.

4 Exposición Desde o 20 de agosto e ata o 24 de outubro, a Fundación Vicente Risco de Allariz ten aberta a exposición fotográfica “Exit. Atlas dos cines habaneiros” de Carmen Rivero.

4 Rexo O Concello de Allariz acaba de asinar un convenio de colaboración coa Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia para analizar e documentar o estado de conservación da obra realizada polo escultor e pintor Agustín Ibarrola no Ecoespazo do Rexo. Posteriormente, levarase a cabo unha labor de restauración.


20

Barrios 27 de agosto 2021

Premios OUFF Redacción O produtor Enrique Cerezo recibirá o Premio Historia do Cine Español durante a 26ª edición do Ourense Film Festival (OUFF) como referente na cinematografía española, ao posuír preto do 70% dos títulos españois. A gala de entrega do premio terá lugar no Teatro Principal de Ourense, previamente á proxección do filme Cotolay, rodado en boa parte en Melón e Ribadavia, entre outros lugares de Galicia, durante o verán de 1965, e que forma parte do Ciclo Xacobeo. O director, guionista e escritor Gonzalo Suárez recibirá a Calpurnia de Honra. Este galardón é o máis prestixioso do festival ourensán e busca recoñecer a figuras destacadas do cinema polas súas aportacións vitais e carreiras no panorama audiovisual. O galardón seralle entregada a Gonzalo Suárez nunha gala a celebrar no Teatro Principal de Ourense, o luns 27 de setembro. A produtora Beli Martínez será a primeira galardoada co premio Chano Piñeiro. O galardón, que se concederá por primeira vez este ano, recoñece o esforzo dos emprendedores do audiovisual galego. O premio será entregado o próximo 24 de setembro, en presenza da viúva de Chano Piñeiro, Mariluz Montes. E finalmente, o OUFF concederá a Alfonso Blanco o Premio Ourense 2021.

Enrique Cerezo recibirá o premio Historia do Cine Español.

OCIO E CULTURA

A Insua do Poetas acolle o “OurenRock Sound 2021” 4 Terá lugar esta fin de semana e actuarán artistas como Iván Ferreiro ou o grupo Mclan.. Redacción

este”.

A Insua dos Poetas, no Carballiño, tomará do 27 ao 29 de agosto o relevo como escenario do festival “OurenRock Sound 2021”, cuxa presentación tivo lugar no espazo de natureza e cultura da Esgueva (Madarnás) coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, que comprometeu o apoio da institución provincial, como patrocinador principal, “para que ano tras ano este evento siga a coller músculo e se convirta en todo un referente musical non só en Ourense, senón no resto de Galicia, no noroeste de España e de Portugal”. No acto de presentación tamén participaron o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; o presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luis González Tosar; e o promotor do festival, Rubén Álvarez. “Sen dúbida –dixo Baltar- é o que merecen os promotores deste festival, que foron quen de xuntar un cartel con artistas de diferentes estilos musicais que, acostumados a tocar en espazos de características moi semellantes, van facer unha parada nun lugar único onde se xuntan a natureza e a poesía”. Ademais de felicitar aos organizadores, o presidente provincial tamén tivo palabras de agradecemento a Luis González Tosar por acoller o festival na Insua dos Poetas, así como ao traballo realizado pola área de Cultura que dirixe Aurelio Gómez Villar, “porque este tipo de eventos aportan cultura e lecer, pero ademais singularizan e visibilizan un espazo como

Programación O “OurenseRock Sound 2021. XS Edición Limitada” alcanza a súa segunda edición nun formato diferente aos anteriores eventos, cun aforo de 600 prazas adaptado aos protocolos sanitarios contra a Covid-19. Na primeira xornada, o venres 27, actuarán no auditorio da Insua do Poetas o grupo galego Dakidarría, que fusiona diferentes estilos e ritmos urbanos e que tras quince anos de traxectoria xa ten editados oito discos. O segundo concerto correrá a cargo da banda TanDuB, onde se mesturan música galega e de Marrocos. O sábado 28 o público poderá gozar dun dos referentes actuais da música indie en España, Iván Ferreiro, que xa espertou un enorme interese do pú-

blico quedando tan só 90 entradas para o seu concerto. Nesta xornada tamén actuará Indomable, artista galego con música en formato acústico y en solitario. O festival pechará a presente edición o domingo 29 con Carlos Tarque e Ricardo Ruipérez, os supervivintes de MClan, cun formato acústico auténtico e que xa levan vendido máis do 70% das entradas. Lau, cantante coruñesa de ascendencia brasileira, será a segunda invitada nesta xornada.

As actuacións máis destacadas serán as de Iván Ferreiro (sábado 28 ) e do grupo MClan (o domingo 29)

Allariz retoma a feira dos produtos apícolas 4 Celebrarase o sábado, 4 de setembro. Redacción Allariz celebrará a vindeiro sábado, día 4 de setembro, a 3ª Feira dos produtos apícolas. Un evento que tenta consolidarse coma unha das feiras de referencia do sector en Galicia, logo do parón do ano pasado por mor da pandemia. Na presentación do evento estiveron presentes Noela Torres, técnica de AGA, Bernardo Varela, concelleiro de Medio Ambiente e María López, concelleira de Promoción Económica, Comercio e Turismo. Asociación Galega de Apicultura e Concello de Allariz organizan de forma conxunta esta feira coa intención de pór en valor este produto e todos os seus derivados. O longo do ano AGA e Concello colaboran tamén con iniciativas como o Día da Abella ou a través de cursos de formación para o sector A feira 12 postos de Galicia e Portugal e os apicultores locais formarán un gran escaparate que amosará toda a súa riqueza e diversidade no entorno da praza do matadoiro (no exte-

Presentación da nova edición do “OurenRock Sound 2021” na que estiveron presentes, entre outros, o delegado da Xunta, Gabriel Alén; o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; e o presidente da Deputación, Manuel Baltar.

rior do mercado da reserva da Biosfera) en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas. Na feira estará á venda produtos e material apícola. O visitante poderá tamén coñecer unha gran variedade de meles, os diferentes produtos da colmea, como o pole ou o própole e outros derivados da mel coma poden ser infusións, cervexas ou cosmética apícola. A intención da feira é afastarse da idea tradicional de mercado e amosar algo máis que os produtos da colmea. Durante a xornada terá lugar unha actividade de degustación de meles cinco estrelas vinculada ao programa apiturismo de teu xacobeo 2021-2022.

Gran variedade de meles, o pole ou o própole e outros derivados da mel coma poden ser infusións, cervexas ou cosmética apícola será o que se atope o visitante

Noela Torres, técnica de AGA, Bernardo Varela, concelleiro de Medio Ambiente e María López, concelleira de Promoción Económica, Comercio e Turismo, na presentación da feira de produtos apícolas.


DEPORTES

Oito medallas para o Salvour

Jácome aumenta o apoio ao xadrez

4 Na Copa de Galicia de Salvamento.

4 Ademais, estuda a creación de máis canchas de volei praia.

Redacción O Salvour colleita unha moi boa participación na Copa de Galicia de Salvamento disputada na piscina municipal de Cervo, e na que participaron máis de 50 deportistas de oito clubs de toda Galicia. Na categoría absoluta, Eva Feijoo acadou tres ouros nas probas de 200m de natación con obstáculos; 50m remolque manequín; e 100m combinada de salvamento. Pola súa banda, Jose Moure Doval logrou o ouro en 200m natación con obstáculos; prata en 100m combinada de salvamento; bronce en 50m remolque manequín; e un cuarto posto en 100m remolque manequín con aletas. O terceiro ourensán, Roi Naranjo, fíxose coa prata en 100m socorrista; bronce en 200m supersocorrista; e un sexto posto en 50m remolque manequín. Os resultados destes tres deportistas fixo posible que o Club Salvour logra-

ra a cuarta posición por equipos. Esta cita é moi importante, xa que dela saen os integrantes da selección galega que representarán á comunidade no Campionato de España por autonomías que se celebrará os días 24, 25 e 26 de setembro en Castellón. Nacional Anteriormente celebrárase o 33º Campionato de España absoluto de verán de salvamento e socorrismo na praia de Razo -Carballo-. O Salvour acudiu con tres deportistas (Eva Feijoo Gómez, Roi Naranjo Estévez e Jose Moure Doval) que tiveron unha gran actuación. Ningún dos tres ocuparon postos de podio, porén realizaron un destacado campionato. Eva Feijoo foi a que máis preto estivo ao quedar cuarta na proba de nadar surf. Na mesma proba, Jose Moure foi noveno e Roi Naranjo chegou ata semifinais.

Redacción O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, reuniuse con Elías González, presidente do Club Xadrez Ourense, quen lle presentou os proxectos en materia competitiva pero tamén de difusión desta práctica nos colexios. O rexedor anuncioulle que o Concello aumentará a partida nominativa que recibe actualmente o club. O Club Xadrez Ourense será un dos oito clubs que integren, na

Volei praia Nunha xornada moi deportiva, Pérez Jácome,

tamén se reuniu coa presidenta do Club Ourense Volei Praia, Elena Sardiña; e o director deportivo, Álex Prada. Estes, trasladáronlle algunhas das demandas máis urxentes, especialmente no tocante ás instalacións. O alcalde comprometeuse a valorar as propostas e manifestoulles que se estudará a construción de dous campos adicionais dentro do complexo deportivo de Oira Praia, así coma unha ampliación das instalacións ao servizo dos deportistas.

O Club Xadrez Ourense será un dos oito clubs que integren, na tempada 202122, a división de honra absoluta

21

EN BREVE 4 Ciclismo O sábado, 29 de agosto, celébrase en Baños de Molgas o 13º Campionato da Península Ibérica de ciclismo. A proba dará comezo ás 11 horas.

4 Trail Bande Bande acolle o domingo, 29 de agosto, a 13ª edición da Andaina -e 6º Trail- Desafío Iter Querquennae. Participarán, entre as dúas probas, 350 deportistas. As probas darán comezo ás 9 horas co saída do trail longo; ás 9.20 horas será a quenda do curto; e a andaina dará comezo ás 9.40 horas.

4 Tiro Os días 4 e 5 de setembro, o club de tiro de Eiroás organiza a 32ª Copa Deputación Ourense Tiro Olímpico.

4 Hípica

O hipódromo de Antela celebra o domingo 5 de setembro a quinta xornada de carreiras de cabalos da tempada 2020-2021.

4 Trail e andaina

O alcalde de Ourense, Pérez Jácome, e o asesor de deportes do Concello de Ourense, Aníbal Pereira, xunto ao presidente do Club Xadrez Ourense, Elías González.

Nova tempada deportiva Redacción

Os tres deportistas do Salvour na Copa Galicia.

tempada 2021-22, a división de honra absoluta. “A idea do aumento da axuda que percibe o club”, argumenta o alcalde, “é que as súas cotas sexan máis accesibles para a rapazada de Ourense”. Así, xunto a outras iniciativas de difusión desta disciplina, tentaranse espallar as bondades desta práctica deportiva, ao tempo que se pon en valor a dedicación dos nosos representantes.

Barrios 27 de agosto 2021

Os equipos ourensán ultiman a preparación para o regreso ás competición na tempada 202122. O Arenteiro, que militará na 2ª división RFEF, debuta no campo do Arousa o vindeiro 5 de setembro. Os de Fran Justo debutarán diante da súa afección o día 12 contra o Langreo. Os do Carballiño están ante a tempada máis ilusionante dos últimos anos. Ese mesmo día 12 de-

butarán os conxuntos ourensáns que xogarán unha división máis abaixo (3ª RFEF). O Ourense CF recibirá no Couto ao Noia, mentres que o Barco o fará fronte o Silva; pola súa banda, o Arnoia debutará na competición na casa do Alondras. Para o día 19 está previsto que salten ao céspede os xogadores da Rexional Preferente. Como o ano anterior, esta categoría contará con dous subgrupos en cada grupo. Baloncesto O COB, que este ano xogará na LEB Prata polo

descenso do curso pasada iniciará a competición no Pazo o 9 de outubro; o seu rival será o Melilla, equipo que descendeu xunto aos ourensáns este ano. O Bosco Salesianos Ourense (que vén de firmar un acordo de colaboración co COB) xogará na LEB EBA. O seu debut será o 19 de outubro ante o Ávila. O Carmelitas da comezo a súa andadura esta tempada, na Primeira división nacional, o 19 de setembro no polideportivo Vedruna diante do Atlética Avilesina. Este ano as colexialas tentarán o ascenso á Liga

O 12 de setembro terá lugar en Ourense, ás 9.30 horas, o primeiro trail e andaina “Camiñando polo dano cerebral”. Feminina 2 baixa a dirección de Suso Garrido. Fútbol sala O Ourense Envialia arrincará a liga en terras madrileñas diante do Móstoles, o 19 de setembro. A Segunda división dará comezo o 10 de outubro, data na que o Cidade das Burgas recibirá nos Remedios ao Castro Bloque Candos. O Envialia B visitará, pola súa banda, ao Viuda de Sainz Gora. Para o Sala Ourense rodará o balón a partir do 19 de setembro cando o faga no Paco Paz diante do Leis Pontevedra.


22

Barrios 27 de agosto 2021

ARTIGOS / OCIO E CULTURA

4DECRECENDO

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

Recesión ou decrecemento

Contrabando da vida No inverno, gustáballe estar ao carón dun braseiro que prendía antes do anoitecer. Vides secas e restos das cepas da viña centenaria, alumeaban a candea. O avó gozaba, mirando sempre cara ao sur na galería da casa, no fermoso barrio vello. Nado en Vilardevós, berce dos máis intrépidos e tenaces contrabandistas da raia, onde o silencio e a nocturnidade, permitía o intercambio das mercadurías entre as patrias queridas. Tanto lle porfiei ao vello, que axiña comenzou a relatar con parsimonia unha das andanzas no límite do ben e do mal. Quedei parvo, escoitando o acontecido. O relato doce embruxoume acaparando a atención, daquel neno inquedo con ansias de saber. “Era noite pecha, das que coa ausencia da lúa amosábase tenebrosa. Unha fila de burros, alquilados días antes no contorno, baixaba por camiños inhóspitos preto de Tomonte e Xixirei, onde o amor floreceu entre a galega e o lusitano, o son mesturado de muiñeira e fado. Deixamos a “Cidadela” coa forza sonora da fervenza rompendo o silencio. Un cargamento de café foi o motivo do madrugón, e como mandan as lendas dos antergos, os sacos no lombo dos animais, apilados extratexicamente. A carga, alternaba saco de café con saco de patacas, por mor das vixilancias rutinarias dos guardiñas e carabineiros. Todo estaba baixo control aparente. Paseniño, fumos facendo o percorrido . No “salto do cabalo” ,unha tormenta de auga, complicou os carreiros. Acollimonos entre os carballos, e apuramos un cigarro para relaxar a tensión. Paseniño baixamos por Vilardevós, Santa María, Trasigrexa e Osoño, ata chegar ao pobo de Ábedes, preto do balneario. O túnel de ‘negrillos ao carón da estrada facían a noite mais escura. De súpeto, unha pare-

lla de gardas apareceu no camiño, dándonos o alto! Procurei calmar a situación. Un dos gardas, era dos de sempre, nas noites de traxín. O outro parecía máis noviño, e non o ollara xamais. O garda vello gozaba coa complicidade da situación, mentres a intranquilidade do rapaz, delatábao como novato. Foi entón, cando apareceu a “cala” de inspección, aquel artiluxio temido por tódolos contrabandistas, unha vara longa, cun canalciño no medio, que só con clavalo no saco baixaban os graos de café rodando ata a man do executor. "Neno, clava os saco", ordenou o veterán. O “picoleto” novo, espetou con tanta ansia, que a cala marchou dereitiña ao bulto das patacas, deixando o saco clandestino impoluto, co indulto da providencia, e o meu corazón a piques de estourar. Saímos daquela con sorte, amparados pola maxia do contrabandista, e como non, polo azar imprudente, que desta vez caeu do noso lado". O vello sacou a boina e rañou a cachola cun xesto que manaba liberación, aínda que xa pasara máis de medio século dende o acontecido. O palillo danzaba con velocidade polos seus beizos. Fixen preguntas inocentes que non tiveron resposta. O

avó miroume aos ollos, e cun sorriso complice, deixoume coa intriga. Cicais serían as luces e sombras doutros viaxes, que tal vez, non chegaron ao seu fin, pero que formarán parte do silencio, tesouro inalterábel do contrabandista. Hai máis dunha década, que pola iniciativa acertada do Concello de Vilerdevós, pódese camiñar pola ruta do contrabando, e disfrutar con andainas, polos camiños, que algún día fixeron aqueles homes cargados de prosperidade e incertidume. As verbas directas dos protagonistas, contadas con xenerosidade, superan sempre calquera modo de expresión para reflexar a realidade. Por todo iso, hoxe dende aquí, quixera facer unha lembranza a os homes do contrabando en Vilardevós, por formar parte das entrañas dun xeito de vida, que na “raia”, terán perpétuamente a complicidade das súas xentes. Querido avó, alá onde esteas, que o San Roque te bendiga, e gracias por deixarme as historias do contrabando, contadas sinxelamente dende o corazón. Miguel A. Prieto “Chitin”

O 17 de agosto, o economista francés Timothée Parrique publicou na súa conta de Twitter un exemplo gráfico e simpático da diferenza entre “recesión” e “decrecemento”. Como el mesmo declarou: “Unha [a recesión] é unha perda accidental de control con consecuencias desastrosas, o outro [o decrecemento] é unha traxectoria descendente controlada con resultados prósperos”. Esta frase vai acompañada da imaxe deste artigo, onde se poden ver dous ciclistas baixando por unha pendente que parece vertixinosa. O ciclista da esquerda está controlando o descenso mentres que o ciclista da dereita agarda un final brusco e probablemente máis doloroso. Esta metáfora visual preséntanos con toda sinxeleza as dúas únicas opcións que temos para afrontar as duras circunstancias que sufriremos como especie. Por unha banda, podemos optar pola máis dura recesión que se producirá como consecuencia da adopción de políticas económicas e sociais

Alejandro Blanco, premio Ourensanía Redacción

Mulas cargadas en camiño.

O xurado do premio Ourensanía decidiu concedérlle o galardón a Alejandro Blanco, presidente do Comité Olímpico Español “por toda unha traxectoria vital e profesional dedicada ao mundo do deporte, tanto desde a práctica persoal como polo seu destacado papel na defensa do labor que realizan as federacións deportivas, pero sobre todo como firme valedor do movemento olímpico, o que lle valeu o recoñecemento ao seu traballo por parte do Comité Olímpico Internacional”.

para facer as cousas como sempre (o que se coñece como “business as usual”). Esta opción ten unha versión “lixeira”, que consiste en engadir os adxectivos “sostible” ou “verde” ás accións que seguen sendo depredadoras de recursos e enerxía, disimulándoas para que a opinión pública poida tragar con elas: “desenvolvemento sostible”, “transporte verde”, etc. Por outra banda, podemos baixar esa pendente

con equilibrio e moderación, aproveitando os nosos recursos xa escasos, contendo e usando intelixentemente as enerxías. Esta prudencia permitiranos chegar con seguridade á nova orde económica que xurdirá deste tempo de incertezas, pandemias e terrores que xorden cada minuto para evitar que pensemos con frialdade. Que ciclista queren ser? Óscar Blanco

Ligazón ao twitter: https://twitter.com/timparrique/status/1427506727335997463 O presidente provincial quixo destacar o traballo realizado polo presidente do comité “para afrontar os Xogos Olímpicos de Tokyo, uns dos máis difíciles da historia polas circunstancias de todos coñecidas, e que foron todo un éxito para o noso país pois o 55,5 % dos deportistas que representaron a España están entre os oito mellores do mundo, sexan medallistas ou ob-

tiveran diploma olímpico, ademais de ser o terceiro país máis representado no deporte por equipos, tan só por detrás de Estados Unidos e Australia, o que supón tamén un éxito engadido”. Pura e Dora Vázquez O xurado tamén decidiu conceder o Premio Ourensanía de Honra de 2022 ás irmás Pura e Dora Vázquez.

Xurado do premio Ourensanía.


ARTIGOS / CLASIFICADOS

Barrios 27 de agosto 2021

23

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Arcediagos,11, 1º - 32005 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara Nº150 - Ano: XIV - 27 de agosto de 2021 - Difusión: 10.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 685 969 546.

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

[Deixe o seu anuncio no 685 96 95 46 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

Beneficios da froita É un alimento perfecto para todo o sistema linfático e particularmente para o corazón, pois evita que o sangue estea espeso e obstrúa as arterias. Fruta fresca e zumos feitos no momento. Se a mazá é a raíña das frutas, o aguacate é o rei. Preferiblemente debe ser inxerida co estómago baleiro para evitar unha posible fermentación mezclada con outros alimentos e así evitar algunha incomodidade. Ademais diso, asimilado e dixerido en estado puro, purificará directamente todos os vasos sangíneos. É controvertido consumir regularmente leite para o almorzo, mellor alternar con froita de tempada. Reducirá a mucosidade nas feces, ademais doutros beneficios. O aguacate axuda a restaurar o revestimento do estómago e intestinos. Contén substancias antiinflamatorias, ao conter ácidos Omega 6, alivia a demencia e o envellecemento. O albaricoque aumenta a vitamina B12, estimula a produción de glóbulos vermellos e fortalece o corazón e o cerebro. O plátano é un poderoso alimento antiviral. Ten certa eficacia contra o síndrome do intestino irritable e alivia os trastornos gastrointestinais. Rico en

fibra e potasio para combatir a hipertensión. Non hai nada mellor para limpar o fígado que un puñado de cereixas, xa que contén propiedades de depuración. As mulleres beneficianse destas propiedades, xa que axudan a eliminar toxinas e os quistes de útero. O figo é importante para a limpeza intestinal e fortalece o sistema inmunolóxico. Ten a fibra que recude os niveis de colesterol en sangue. Os froitos vermellos conteñen antioxidantes, que son vida. Logo hai varios minerais que darán ao corpo unha gran saúde. Os virus que combaten a laranza e mandarina protexen ao corpo do dano causado pola radiación. O ácido tamén é beneficioso para disolver cálculos renais e biliais. A mazá limpa e purifica os órganos do corpo, mellora a circulación do sistema linfático e regula a glucos en sangue. Ten moitos minerais e vitaminas para mellorar a saúde.

A uva é enerxética e un potente antiviral. A uva negra ten o antioxidante resveratrol. A fresa ten moita vitamina C que é boa para a presión arterial alta; limpa o aparato dixestivo. Os zumos de froitas son unha excelente alternativa para combatir as necesidades hídricas das persoas maiores. Comer froita, beber 5-6 vasos de auga e camiñar media hora ao día é suficiente para vencer ao bicho covid-19. Despois dalgúns sacrificios vén a compensación. João Damião

Os zumos de froitas son unha excelente alternativa para combatir as necesidades hídricas das persoas maiores

A froita é moi beneficiosa para a saúde.

INMOBILIARIA Véndese piso en Beluso, Bueu (Pontevedra). 100 m2, 3 habitacións, salón, cociña, baño, despensa e 3 trasteiros amplios. Soleado todo o día, situado preto de servizos básicos e a menos de 2 km das mellores praias da zona. Prezo: 85.000 euros. Tfno.: 679 588 349 (envío fotos, escoito ofertas). Alugo local económico no centro. Ideal para oficina, almacén ou trasteiro. 17m2. Dispón de baños comunitarios. 120 euros/mes máis 7 euros de comunidad. C.E.: C. Teléfono 627 203 131 Véndese casa céntrica en Xinzo de Limia. Baixo máis unha planta (144m2,) tres prazas de garaxe e patio, cinco habitacións, dous baños, cociña amoblada e terraza. 133.000 euros. Tel. 699 648 514 / 988 21 40 70 Alugo baixo na zona do Couto totalmente acondicionado. Con luz, auga, 70 m2. Prezo 300 euros. Tel: 653 208 506 Alúganse apartamentos en Montalvo (de Semana Santa a outubro) con unha ou dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916 Alugo sala para actividades culturais, con posibilidade de cociña, baño e outros sertvizos. Tel.: 988 247 113. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Busco casa en alquiler na periferia de Ourense. Opción a compra ou dunha permuta dun piso situado na Valenzá. Tlf.: 600 826 029. Vendo casa na estrada de Santiago, con finca. Para restaurar. Tel.:672 089

349. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62.

TRABALLO Ofrécese señora para traballar con xente maior ou nenos. De toda confianza, con informes. Disponibilidade de coche e fins de semana Tel.: 606 422 543. Ofrécese señora para limpeza por horas Tel.: 674 500 513. Señora, auxiliar de enfermería responsable e con experiencia, ofrécese para coidar persoas maiores, enfermos, nenos e tarefas do fogar. Tel.: 620 052 173 Ofrécese señora responsable -española- para coidade de nenos ou persoas maiores. Con informes. Tel.: 606 422 543 Ofrécese auxiliar de enfermaría, con titulación, para o coidado de maiores. Como interna ou por horas. En Ourense ou arredores. Telf.: 663 043 561 Danse clases de francés a domicilio. Todos os niveis. Titulación en España e Francia. Tlf.: 625 745 611 Imparto clases particulares de Matemáticas a domicilio en Ourense capital. Todos os niveis. Tamen materias curriculares de ESO e Bacharelato. As clases son individuais e personalizadas. Ampla experiencia. Excelentes resultados. Económico. Interesados enviar WhatsApp ao 610 38 25 89. Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario.

Tel: 686 005 358. Fanse desbroces en tractor e a man. Tlf.: 63 521 448 Ófrecese señora seria e responsable para tarefas do fogar e coidado de nenos e maiores. Con informes. Preferencia zona Ponte. Tlf: 685 374 191. Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405.

VENDAS Vendo colección de revistas “Muy interesante”, do nº1 ao 163, e “Natura”, do 1 ao 132 (as dúas encadernadas). Tlf: 636286434. Vendo accesorios para cans: arnes de tiro, correas, collares e fournitures. Tlf: 636286434. Vendo unha xanela de dúas follas en aluminio sapelly de 1,40 x 0,94 m con cristais. Tlf: 636286434. Vendo dúas cadeiras infantís de coche (Jane) de 15-36 kg con isofix, unha negra e outra vermella. Tlf: 636286434. Vendo rizador de pelo con accesorios para alisar e rizar. Tel.: 666 303 635 Vendo cama hospitalaria articulada en bo estado, con colchón anti-escaras. Tlf.: 606 133 522 Vendo prensa de viño mediana/grande, ideal para decoración en xardíns. Tlf.: 606 133 522 Véndese mampara nova. Tel: 672 089 349. Véndense traxes de cabaleiro moi antigos en bo estado, ideal para Entroido. Prezo 10€. Tel: 610 979 897. Compro moble de cociña completo. Tel: 988 247 824. Vendo escritorio. Como novo, bo prezo. Tel: 672 089 349. Vendo estufa de frío e calor. Tel: 672 089 349.


24

Barrios 27 de agosto 2021


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.