Barrios 147

Page 1

Do 1 ao 15 de xullo celébrase a 26ª edición da Miteu [Páx. 6]

TEMA

Páx.2 OURENSE

Proseguen as obras de mellora en zonas do rural do Concello de Ourense

Páx.6

Constitúese a Comisión Provincial de Coordinación Policial de Loita contra os lumes

BARBADÁS

Páx.8 VERÍN

O Concello presenta o seu programa de actividades de cultura e ocio para este verán

Páx.10 DEPORTES

As curtametraxes da sección oficial do FIC de Verín poderanse ver online

Retirada en exterior con condicións

Páx.13

A Unión Deportiva Ourense baixa por primeira vez de categoría: a Preferente

Acordo PP-DO

[Páx. 2]

Axenda cultural de Verín este verán

[Páx. 3]

[Páx. 10]

As máscaras deixarán de usarse en exterior, desde este sábado, salvo nalgunhas situacións. // O alcalde de Ourense, Pérez Jácome. // Verín realiza actividades culturais este verán.

Número: 147 - Ano: XIV - 25 de xuño de 2021 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


2

Barrios 25 de xuño 2021

TEMA DA SEMANA

Proseguen as obras de mellora en zonas do rural do concello

O Partido Popular regresa ao pacto con Democracia Ourensana na capital

4 Tamén se está a cambiar lousas na rúa San Francisco, no Casco histórico.

4 Despois de nove meses regresan ao Goberno municipal.

Redacción

R.T.

O Concello de Ourense prosegue na mellora de pavimentos de zonas do rural. Nesta ocasicón acometerá actuacións en Souto Sanín, Untes e Palmés. As tres obras supoñen unha inversión de máis de 142.000 euros. A rúa Souto Sanín (arteria principal deste núcleo) presenta severas deficiencias con fochancas, polo que a súa vida útil está esgotada. Ademais, debido á diferenza de cota existente na ladeira, vese afectado por unha serie de chanzos e ramplas que configuran un armazón de vías cuxa accesibilidade e seguridade vese comprometida por un estado moi deficiente do muro de contención en cachotería existente nos 50 primeiros metros, carente á súa vez de protección fronte á caída. Por todo iso, realizaranse labores de conservación e mantemento, en canto aos firmes e pavimentos, así como a mellora da accesibilidade e seguridade incorporando as varandas necesarias trala reconstrución do muro. Empregaranse diferentes solucións de firmes e será preciso, así mesmo, realizar a reparación e acondicionamento de pozos, arquetas e rexistros situados na vía e o posterior pintado de marcas viarias. En Untes está en marcha una intervención sobre o

viario interior do núcleo da localidade, comprendendo os camiños denominados Camiño dá Igrexa, camiño Real e rúa da Seara. Os traballos consisten na reposición do dobre tratamento superficial existente, debido a que presenta un avanzado estado de deterioro, polo que está prevista unha pavimentación de mellor calidade no acceso á Igrexa, cemiterio e na contorna do cruceiro existentes. O último tramo afectado por estas obras de mellora é o que transcorre polo núcleo de Anaigo – Outeiro – A Lama, en Palmés, unindo a OU-521 co interior do núcleo, o cal presenta unha solución de acabado en dobre tratamento superficial en avanzado estado de deterioración. Realizarase unha reparación superficial do firme mediante aglomerado asfáltico. Nos bordos de acceso a vivendas ou xeometrías, onde dita solución é inadecuada por aspectos de índole construtiva e ambiental, proponse unha solución en formigón esparavelizado in situ. Tamén, traballarase nunha pequena praza no interior do núcleo na que se limparán as regas asfálticos e escavando en parte a superficie para a colocación dunha solución en lastra de granito. San Francisco Na cidade, o Concello deu comezo os traballos de

Obras na rúa San Francisco. /RAMSÉS.

reposición das lousas de pedra danadas na rúa San Francisco. Esta actuación levarase a cabo desde a parte inicial da rúa para compatibilizala coa demolición urxente dun edificio na parte superior da mesma, á altura da intersección coa rúa Arturo Pérez Serantes. É por este motivo que ambos traballos convivirán a un tempo e non será preciso cortar a rúa ao tráfico de vehículos nin de peóns. Zona graffitis Noutra orde de cousas, o Concello consúltalle á Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) a posibilidade de retirar o empedrado na parede do paseo do río Miño, no tramo comprendido entre a ponte romana e a do Milenio -baixo a N120-, para que poida ser empregado como zona para graffitis. A idea do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, é a de “darlle valor e notoriedade ao lugar coa pegada e o talento dos artistas urbanos da nosa cidade”.

As obras de Souto Sanín, Untes e Palmés terán unha duración de catro semanas

A "espada de Damocles" deixa de ameazar ao alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome. O rexedor definía así a súa situación desde que en setembro de 2020 o Partido Popular rompera a coalición de Goberno municipal que tiña con Democracia Ourensana. Nesa época, cinco edís de DO denunciaban ao líder da formación, o propio Jácome, de irregularidades na xestión dos fondos do partido. Tralas acusacións, o PP saía do goberno... ata agora. Despois de semanas de negociacións, os acontecementos precipitáronse esta semana. Dúas misivas cruzadas con peticións por un e outro bando, deron como resultado que o Partido Popular voltará a formar parte dun goberno que contaba con tan só tres persoas (o alcalde e dous concelleiros fieis a Jácome) ata o de agora. Nun comunicado do Concello, Democracia Ourensana aseguraba que xa tiñan explicado "por activa e por pasiva" o porqué deste acordo. Desde que o PP renunciara as súas competencias no órgano de goberno "sempre deixamos a porta abrta a unha reanudación da colaboración", explica o comunicado. No tocante ao acordo, "o PP comprometeuse a tomar en consideración os puntos que DO esixe" imprescindibles "para reeditar un cogoberno", e de forma recíproca, "DO comprométese a considedar" as demandas efectuadas polos populares. Demandas A primeira das cartas foi formulada polo rexedor, quen demanda cinco

Pérez Jácome no Salón de Plenos. /RAMSÉS. puntos "vitais" a condición para reeditar o pacto. Estes puntos son: transferencia ao Concello da titularidade de vías públicas pertencentes á Xunta, logo de reparalas e deixalas en perfecto estado; creación dun plan de choque para o Casco histórico (rehabilitación de solares e edificios); creación dunha cidade administrativa que albergue o edificio central da Xunta; un convenio para que a administración autonómica potencia o Centro de Intelixencia Artificial; e a construción dun parque acuático na contorna do Campo da Feira. Pola súa banda, o PP pedíalle co-responsabilidade e máximo rigor na xestión. Ademais, reclaman neste pacto avanzar no PXOM; blindar as políticas sociais; posta en valor do tecido empresarial e do termalismo; apoio á cultura; e dignificar o labor dos empregados do Concello de Ourense. Competencias Asi, a Xunta de Goberno Local estará formada por tres concelleiros de

DO e outros tantos do PP. Estes últimos asumirán as concellerías de Deportes; Facenda; Medio Ambiente; Servicios Sociais; Comercio, Termalismo, Turismo; e Urbanismo. Deste xeito, o que fora tenente de alcalde, Jorge Pumar, xa non ocuparía esa distinción, continuando no mesmo, o edil de DO, Armando Ojea. A intención é que antes do pleno do 2 de xullo, estean efectuados os decretos das delegacións pertinentes. Oposición Desde o PSOE, o seu voceiro, Rafael Villarino, sinalaba que PP e DO “están negociando a ver como poden aproveitarse de Ourense”. Luis Seara, portavoz do BNG, pola súa banda, que a volta do PP ao Goberno Local "é a crónica dunha volta anunciada".

O rexedor demanda cinco puntos “vitais” a condición para “reeditar” o pacto


TEMA DA SEMANA

Barrios 25 de xuño 2021

3

Incremento de aforos e retirada da máscara no exterior, novas medidas da desescalada 4 A partir do 1 de xullo reabre o ocio nocturno.

Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras administráronse máis de 312.000 doses, a maioría, o 76,5% de Pfizer, e o resto o 14% de Astra Zeneca, o 6,5% de Moderna e o 3% de Janssen.

R. Torres Días clave nas medidas a tomar de cara a unha desescalada sen consecuencias negativas. Co bo ritmo nas vacinacións e o descenso de contaxiados, as autoridades están a tomar unhas normas menos restritivas. Esta mesma semana, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, compareceu, trala reunión co comité clínico, ante os medios de comunicación para anuncialas. Deste xeito, este mesmo sábado, entra en vigor a nova situación no tocante ao aforo de bares e cafeterías. Este, manterase ao 50% no interior, mentres que se permitirá o aforo máximo nas terrazas, respectando sempre o metro e medio de distancia entre mesas. Ademais, poderase pedir e servir nas barras, pero non consumir nelas. Por outra banda, Feijoo confirmou que a partir do 1 de xullo se reabrirá o ocio nocturno, “sempre de acordo cos protocolos de saúde pública e despois dó éxito das probas piloto levadas a cabo”, dixo, subliñando que con esta apertura non quedará ningunha actividade totalmente pechada na Comunidade. Abrirase ata as 3 da mañá e bailarase con máscara. Outras medidas en canto a aforos serán as respectivas aos lugares de culto, academias e centros de formación, congresos, ximnasios, museos, arquivos e bibliotecas, acuarios

A pesar de non deixar de ser obrigatorio o uso da máscara en exterior deberá usarse se se pasa por unha rúa concurrida ou se nos atopamos con xente./RAMSÉS. e zoolóxicos, que pasan do 50 ao 75%; e increméntase de 25 a 50 persoas o número máximo de asistentes a un enterro. Neste mesma liña, anunciou a reapertura das áreas de descanso e de ocio infantil dos centros comerciais; o aumento da capacidade máxima das prazas de pé do transporte urbano, pasando dun sexto a un terzo; o contacto físico nos establecementos de actividades deportivas e nas academias de danza; así como a reincorporación de forma presencial, desde o 5 de xullo, dos empregados da Xunta que estaban teletraballando de xeito excepcional. Máscara “No interior máscara e distancia; e no exterior

Feijoo: “no interior máscara e distancia; e no exterior máscara ou distancia”, sobre as novas medidas do uso da máscara a partir deste sábado

máscara ou distancia”. Así, referiuse á decisión de eliminar a obrigatoriedade da máscara no exterior, salvo cando non sexa posible manter a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros. Advertiu da obligación de levar enriba sempre a máscara por que se “podería entrar nun comercio, atoparse con xente, estar nunha rúa especialmente concurrida”, polo que neses casos “sería precisa a máscara”. Salientou, ademais, que os eventos e actividades que teñen regulación propia, como concertos ou eventos deportivos, seguirán a rexerse pola súa propia normativa. E, non será obrigatoria no caso de conviventes, aínda que non haxa distancia. Logo de precisar que a máscara seguirá tamén a ser obrigatoria no exterior en aqueles concellos en nivel máximo, onde a incidencia supera os 500 casos a 14 días, o presidente galego insistiu en que “tere-

mos que levala sempre con nós, aínda que non estea posta en todo momento”. Idade media En apenas dous meses, a idade media das persoas contaxiadas de Covid19 na provincia reduciuse en mais de dez anos, pasando dos 47.6, o pasado 30 de abril (con 271 casos activos) a 36 anos na actualidade, con pouco mais da metade de positivos, 141, nun rango etario que oscila entre os 6 e os 83 anos. A este perfil podese engadir que hai unha leve maioría de homes contaxiados, o 56.8%, fronte a mulleres, 61 casos, ou o que é o mesmo o 43.2%. Eso si, a idade media mantense en ambos sexos e a inmensa maioría está a pasar a enfermidade sen complicacións, nin necesidade de ingreso hospitalario. Vacinación Sen dúbida, este cambio tanto na incidencia global, presión asistencial e redu-

ción da idade media, está directamente relacionado coa vacinación fronte a Covid19, neste intre avanzando na protección das persoas de entre os 40 e os 49 anos e completando as pautas dos de idades inmediatamente superiores. A partir da vindeira semana serán os de 30 a 39 anos os inoculados (máis de 33.000 son desa franxa de idade). As esperanzas depositadas na vacinación estanse confirmando, con datos en vida e tempo real, tanto para reducir infeccións como casos de enfermidade grave. Asemade estase comprobando que a efectividade vacunal mantense en persoas vulnerables por mor da idade, cun descenso dos casos que requiren hospitalización, así como da mortalidade. Desde o inicio da campaña de vacinación 137.016 ourensáns e ourensás xa completaron a súa pauta vacinal, e máis dun millón en toda Galicia. En total na

Cifras As cifras na provincia indican que hai, actualmente, 146 pacientes infectados, dos cales tres están ingresados: dous en planta (CHUO e Hospital de Verín) e un en coidados intensivos (CHUO). Preocupa a situación da capital con 106 positivos, pasando de ser unha das cidades con menos contaxios a superar a media española. Dos 15.950 contaxios total, 15.387 están curados e 418 faleceron. En toda a provincia 12 concellos teñen algún caso, o resto non rexistra ningún segundo os datos rexistrados polo Sergas. Todos os concellos sitúanse en nivel medio-baixo de restricións.

A partir da vindeira semana serán os de 30 a 39 anos os inoculados (máis de 33.000 persoas) Os bares manterán o 50% de aforo en interior e o máximo en terrazas, respectando sempre a distancia de 1,5 m entre mesas


4

Barrios 25 de xuño 2021

Mañás de Verán Redacción Xa está en marcha as “Mañás de Verán” organizadas por Amencer e que se prolongarán ata o vindeiro 23 de xullo. Esta 16ª edición terá como destinatarios aos rapaces dende os 3 ate os 14 anos de idade. Este proxecto, de cinco semanas de duración, ten un horario de luns a venres, de 8:30 a 14:00 horas, e o lugar onde se desenvolverán as actividades será nas instalacións do colexio salesiano María Auxiliadora de Ourense. Nesta edición retómase de novo, a petición de varias familias, o servizo de comedor/friameira alongando así o horario de Mañás de Verán ata ás 15:15h. O tipo de actividades que se levarán a cabo durante estes días serán entre outras, educación emocional, obradoiros, actividades de animación á lectura, xincana de auga, deportes, xogos musicais, ciencia divertida, arte, teatro, ademais de que os rapaces poderán gozar dunha saída ao parque Miño para os máis pequenos e para os maiores en diferentes días. O número de inscritos, repartidos nas cinco semans, anda preto dos 400; a actividade conta cun equipo de 33 animadores.

OURENSE

A Unidade de Custodia Hospitalaria conta con catro habitacións 4 Conta cunha superficie total de 218 m2. Redacción O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, e a presidenta da Sociedade de Infraestruturas e Equipamentos Penitenciarios e da Seguridade do Estado (SIEPSE), Mercedes Gallizo Llamas, realizaron unha visita ás instalacións da Unidade de Custodia Hospitalaria do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). As instalacións permitirán a acollida de internos que, como consecuencia dalgunha doenza que precisa internamento e que non pode ser tratada no edificio da enfermería do centro penitenciario, deben ser ingresados nun centro sanitario. O subdelegado do Goberno, Emilio González, indicou que coa creación desta unidade permítese a mellora da atención hospitalaria aos internos do centro penitenciario, así como do traballo dos sanitarios e dos axentes dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado encargados da súa custodia. Mercedes Gallizo explicou que esta Unidade

O esforzo ten recompensa para os ecovixiantes 4 O Colexio Divina Pastora ve premiada a súa loita polo medio ambiente. Redacción

Momento da visita á unidade. de Custodia Hospitalaria consta dun total de catro habitacións dobres con baño incluído, dunha sala de control para o Corpo de Seguridade, aseo con ducha e vestiario para os axentes, sendo a superficie total de 218 m2. A unidade A unidade conta con modernos sistemas de seguridade que permiten o control dos internos e das visitas, garantindo a máxima seguridade e independencia respecto ao resto de zonas do Complexo Hospitalario. En todo momento o enfermo está en comunicación co posto de enfermería e co posto de control das Forzas de Seguridade do Estado que o custodian. A peculiaridade destas áreas de custodia hospita-

laria fai que sexa preciso combinar a operatividade coa seguridade. O emprazamento da unidade dentro do hospital e os mínimos detalles precisos para a asistencia sanitaria son estudados pola SIEPSE co obxecto de que non interfiran no desenvolvemento da actividade cotiá do centro hospitalario, ao tempo que se garante aos internos contar con todas as asistencias sanitarias sen necesidade de ser trasladados a outras plantas. O investimento total das obras ascendeu aos 346.884,87 euros, sen impostos engadidos, financiados pola SIEPSE. As obras iniciáronse en xuño do ano 2020 e remataron no mes de febreiro do presente ano.

Remata o curso e chegan os recoñecementos ao labor do Colexio Divina Pastora na súa loita polo medio ambiente. Ecovixiante de Franciscanas Ourense -Divina Pastora- obtiveron un novo recoñecemento no seu incansable coidado da "Casa común". Recibiron o segundo premio na categoría de 5º e 6º de Primaria no Programa Recíclate con Sogama. Este programa ten por obxecto promover a participación e implicación da comunidade educativa na xestión sustentable dos residuos urbanos mediante o consumo responsable, a menor produción de refugallos e o

Os Ecovixiantes en acción.

fomento da reutilización e a reciclaxe. Para facilitar esta tarefa, os centros dispoñen dunha pequena infraestrutura achegada por Sogama denominada "illa de reciclaxe", conformada á súa vez por tres colectores de 120 litros de capacidade cada un (amarelo, para as latas, briks e envases de plástico; azul, para o papel/cartón; e verde, para a fracción non reciclable). 1 m2 Pecharon o curso participando na campaña nacional 1m2 Pola Basuraleza. Os Ecovixiantes limparon tramos no barrio de Vistahermosa, O Regueiro de Ousende. Recolleron bolardos, tubaxe, caixas, latas e botellas.


SOCIEDADE

Usuario da tarxeta “Xente Nova” entrando nun autobús interurbano.

A tarxeta ‘Xente Nova’, para viaxar gratis por Galicia

4 Valida para menores de 21 anos que utilicen o transporte público interurbano. Redacción Todos os menores de 21 anos poden viaxar gratis no transporte público interurbano da Xunta por toda a comunidade. A Xunta fixo efectiva esta medida desde o 21 de maio (un día despois de ser publicada no Diario Oficial de Galicia), a resolución que facía estensiva a toda a comunidade a gratuidade no transporte público interurbano a este grupo de idade. Así pois, con esta medida, todos os galegos menores de 21 anos poderán viaxar de balde no autobús da Xunta, desde calquera dos 313 concellos de Galicia a calquera outro, ademais de no barco, no caso da ría de Vigo, e no ferrocarril de vía estreita na área de Ferrol.

habilitadas nas catro provincias. Para empezar a empregala cómpre cargar a tarxeta cun saldo inicial co que se abonarán as viaxes e, posteriormente, será reintegrado no dispositivo. A repercusión desta iniciativa é tal que actualmente son máis de 80.500 mozos menores de 21 anos os que xa viaxan de balde nos autobuses interurbanos da Xunta a través do emprego desta tarxeta. Desde a implantación desta medida, realizáronse máis de 8 millóns de viaxes gratuítas, cun investimento por parte da Xunta que se sitúa en preto dos 8 millóns

de euros. A tarxeta permite realizar cada mes ata 60 viaxes interurbanas gratuítas. A súa recarga pode efectuarse nos caixeiros de Abanca ou nas oficinas habilitadas para expedila e tamén de xeito telemático mediante a banca móbil ou electrónica da citada entidade. Desde a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade trabállase para que proximamente os usuarios poidan levar a tarxeta no móbil e facer as recargas sen usar o caixeiro. Na páxina web www. bus.gal pode ampliarse a información relativa a este

dispositivo e as vantaxes que leva asociadas, así como o listado de todas as sucursais habilitadas para a súa expedición e os servizos de transporte existentes en cada concello, cos correspondentes horarios e rutas. Iniciativa social Esta iniciativa do Goberno galego, enmarcada no Plan de Transporte

En www.bus.gal pode ampliarse a información relativa a este dispositivo e as vantaxes que leva asociadas

Público de Galicia, ten como obxectivos contribuír á economía das familias e facilitar o acceso dos mozos a servizos básicos como a educación, especialmente a non obrigatoria, ao tempo que se fomenta o uso do transporte público e a mobilidade máis sustentable entre os máis novos. Para ilustrar o impacto que a tarxeta Xente Nova está a ter nos petos das familias, o director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, puxo de exemplo o traxecto dunha moza de Verín que estude na cidade de Ourense, desde que o Goberno galego estendeu a toda a provincia as vantaxes deste dispositivo. Así, coa tarifa do contrato anterior, esta usuaria tería un prezo por viaxe de 4,55 euros, o que supón uns 200 euros ao mes desprazándose a diario. "Hoxe", dixo, "esta mesma estudante viaxa gratis todo o curso, o que supón para a familia case 1.800 euros de aforro nos 9 meses lectivos". Resto da cidadanía Ademais, o director xeral de Mobilidade, puxo o acento na incidencia do novo Plan de Transporte Público de Galicia nos descontos e políticas activas de prezos máis potentes, con independencia da idade, e que posibilita a todos os usuarios o acceso a elas.

Coa tarxeta Xente Nova, unha moza de Verín que estude en Ourense aforrará nos nove meses lectivos de curso case 1.800 euros no transporte

Tarxeta A tarxeta ‘Xente Nova’ pode adquirirse en calquera das 213 oficinas de Abanca

A Xunta está a impulsar prezos máis económicos para toda a cidadanía.

Barrios 25 de xuño 2021

5

Aquí, seguindo co exemplo da estudante de Verín, explicou que segundo a moza vaia cumprindo anos, ou para o resto de usuarios, se dispón xa dun bono mensual ilimitado de 66€ se precisa facer as mesmas viaxes, o que supón un aforro de case 150 euros ao mes, 1.200 euros ao ano. O director xeral de Mobilidade, destacou tamén nunha intervención no Parlamento de Galicia, que a Xunta está a impulsar prezos máis económicos para toda a cidadanía. Para iso, estase a traballar na constitución nos vindeiros meses da Área de Transporte de Galicia, que levará a toda a Comunidade os beneficios dos que gozan xa nos 65 concellos da contorna das cidades da Coruña, Ferrol, Lugo, Santiago e Vigo, integrados nas áreas de transporte metropolitano, a través do uso da tarxeta TMG. Ignacio Maestro puxo en valor tamén o traballo da Xunta para facer realidade a modernización completa dos servizos de transporte público por estrada, onde apuntou como fundamental o papel da mocidade e, tamén, do novo Plan de Transporte Público de Galicia, “que rematou recentemente a súa implantación efectiva, froito dun traballo inxente”, dixo. Destacou a planificación do Goberno galego ante a magnitude do proceso rematado ao longo do ano pasado, que supuxo implantar 127 contratos, a renovación de máis de 3.100 liñas de autobús, que cada mes poñen en circulación uns 300.000 servizos, trasladando a 26 millóns de viaxeiros ao ano, ademais de 43.000 escolares todos os días. A rede de servizos descrita, lembrou, supón un investimento autonómico que supera os 80 millóns de euros cada ano. Maestro apuntou que a adhesión dos concellos que estean interesados suporá a despenalización total dos transbordos en autobuses interurbanos e bonificacións económicas en cada viaxe. Estes descontos, engadiu, de xeito complementario á oferta de bonos vixentes, suporán un aforro real adaptado ás circunstancias individuais dos cidadáns.


6

Barrios 25 de xuño 2021

OURENSE E PROVINCIA

EN BREVE

A Miteu levanta o telón en xullo

4 Aseos ostomizados

O Concello de Ourense, coincidindo coa reapertura dos aseos públicos, puxo en funcionamento un novo servizo para persoas ostomizadas nos baños dos xardíns de Padre Feijóo, parque San Lázaro e parque da Ponte. Xa existían este tipo de aseos no Pavillón de Deportes dos Remedios e no Auditorio Municipal.

4 Impostos de vehículos

4 A mostra discorrerá do 1 ao 15 de xullo. Redacción

Representantes das distintas administracións na Comisión da loita contra os incendios.

Coordinación contra os lumes

O goberno municipal levará ao pleno de xullo a rebaixa do 40% no imposto de circulación. A proposta prevé que cada propietario de vehículo aforre unha media de 60 euros no recibo anual.

4 Constitúese a Comisión Provincial de Coordinación Policial.

4 Aparcadoiro intermodal

Representantes da Xunta, Estado e administracións locais reuníronse para constituir a Comisión Provincial de Coordinación Policial de Loita contra os Incendios Forestais para a campaña deste ano. Estará operativa do 1 de xullo ao 30 de setembro, período de alto risco de incendios forestais. O obxectivo desta reunión é o deseño de actuacións conxuntas para previr os lumes e loitar contra a actividade delituosa incendiaria. No transcurso da reunión presentáronse os distintos medios cos que se contará para loitar contra o lume, así como a competencia que terá cada un deles a través do Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, Pladiga 2021.

Os senadores do Partido Popular de Ourense demándanlle ao Goberno de Sánchez que poña prazas a disposición da veciñanza da Ponte no novo aparcadoiro soterrado da Estación Intermodal, onde os traballos de construción desta nova infraestrutura contará con 300 prazas.

4 Libros

O Concello de Ourense inicia a campaña “Un libro desconfina a túa imaxinación”. As adquisicións de libros realizaranse ata o 14 de agosto de 2021. Para estes efectos, as persoas interesadas deberán realizar antes unha solicitude a través da páxina web libros.concellodeourense.es.

Redacción

Ademais avaliáronse os plans operativos na provincia e coincidiuse en levar a cabo unha actuación que cubra todas as frontes necesarias: detección, disuasión, investigación e extinción. O delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, referiuse á creación dunha Unidade de investigación de incendios forestais (UIFO), que estará formada por 15 Axentes Ambientais e que dependerá do director xeral de Defensa do Monte. Será unha unidade desvinculada dos labores de extinción, polo que poderá centrarse especificamente na investigación. Pladiga 2021 As principais novidades deste ano teñen que ver coa ampliación a 3 anos da duración do convenio entre Medio Rural e as entidades locais para a súa participación na pre-

vención e defensa contra os lumes e pola creación e regulación da figura das agrupacións de defensa contra incendios forestais. No Pladiga 2021 mantense o operativo humano de prevención e extinción, composto por uns 5.700 efectivos da Xunta na tempada de alto risco de lumes, reforzados por persoal do Ministerio do Interior, do Exército e dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado ata superar os 7.000 efectivos. Ademais, contarase con medios aéreos e motobombas da Xunta, dos concellos e dos parques de bombeiros, aos que se engaden cisternas, pas e outros vehículos.

A prevención e extinción, conta cuns 5.700 efectivos da Xunta na tempada de alto risco de lumes, refórzandose co Exército e membros dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado ata superar os 7.000 efectivos

A Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (MITEU) levantará o telón o 1 de xullo para pechalo 15 despois. Nesta 26ª edición haberá un total de 24 representacións en diversos espazos singulares da cidade. Tal e como se avanzou na rolda de prensa, participarán na edición deste ano compañías universitarias e profesionais de Galicia, do resto de España e de países do exterior como Portugal, Italia ou Arxentina que ofrecerán esas 24 representacións, a meirande parte de acceso gratuíto, de diversos xéneros e estilos en lugares como o Teatro Principal, a Biblioteca Nós, os xardíns das Burgas, a praza do Auditorio, ou o Liceo, entre outros. Os encargados de abrir a programación o

xoves día 1 serán o grupo galego Rosaura, da Aula Universitaria de Ourense (na praza da Biblioteca ás 19.30h); Irene de Paz, de Andalucía (praza da Biblioteca ás 20.15h); e Armazém Aério, de Lisboa (no Teatro Principal, a partir das 21 horas) ofrecerá a representación Rótulo. Como peche do programa, o xoves día 15, ás 21 horas, clausuarase a mostra coa obra “Aínda que siga brillando a lúa” que correrá a cargo da compañía Maricastaña da Aula Universitaria de Ourense.

Pechará esta edición Maricastaña da Aula Universitaria de Ourense coa obra “Aínda que siga brillando a lúa”, xoves 15 ás 21 horas

24 represantacións haberá na 26ª edición da Miteu.


SOCIEDADE

Barrios 25 de xuño 2021

7

4 Os sete locais permanentes Ademais das unidades móbiles permanecerán disponibles os sete locais nas sete grandes cidades galegas. Así, no complexo hospitalario universitario de Santiago terá un horario de luns a venres das 8 ás 22 horas, e os sábados das 8 ás 15 horas; no complexo hospitalario universitario, o horario de doazón de sangue será de luns a venres das 8 ás 22 horas, e os sábados das 8 ás 15 horas; no hospital Arquitecto Marcide (Ferrol), os luns de

15 a 22 horas, os martes, mércores e xoves das 8 ás 15 horas, e os venres de 8 a 22 horas; no hospital Lucus Augusti de Lugo, os luns e venres de 15 a 22 horas, e martes, mércores e xoves de 8 a 15 horas; no complexo hospitalario de Ourense, de luns a venres das 8 ás 15 horas; no hospital provincial de Pontevedra, de de luns a venres, de 8 a 15 horas; e no hospital Nicolás Peña de Vigo, de luns a venres de 8 a 22 horas e os sábados de 8 a 15 horas.

En 2020 Galicia contou con 39 doazóns por cada 1.000 habitantes.

"Súmate ao noso equipo" é a campaña especial de ADOS para doar sangue este verán 4 A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue desenvolve esta iniciativa ata o mes de setembro. Redacción A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) da comezo a campaña “Súmate ao noso equipo” que abrangue os meses de xuño a setembro e que ten como principal obxectivo obter entre 400 e 500 doazóns de sangue diarias. Esta cifra é constante todos os días do ano e coas doazóns obtidas garántese o axeitado desenvolvemento do intenso labor dos hospitais galegos grazas á solidariedade e xenerosidade de toda a cidadanía.

Para calquera dúbida ADOS pon a disposición da cidadanía a súa web ados.sergas. gal; o mail, doadoressangue.ados@ sergas.gal; o teléfono 900 100 828; e as súas redes sociais

Con esta campaña de verán, a máis longa de todas cantas realiza ao cabo do ano ADOS, tentase chegar a meirande parte dos concellos de Galicia e aproximar o solidario xesto da doazón a todos os galegos e galegas. Ademais, ADOS mantén operativos os seus sete locais de atención permanente nas sete grandes ci-

dades galegas para, deste xeito, ofrecer as máximas facilidades e o mellor servizo a todos os doantes de sangue. Por toda Galicia Ademais esta campaña especial de doazón achegará as dez unidades móbiles de ADOS ata a meirande parte dos concellos de Galicia, aos que

agradece o seu compromiso e colaboración desde hai case tres décadas pero, moi especialmente no pasado ano e primeiro semestre do 2021, polas particulares circunstancias que marcaron a actividade da Axencia e que supuxeron cambios substanciais no sistema de traballo para ofrecer ás máximas garantías de se-

A campaña estival pretende percorrer a meirande parte dos concellos de Galicia.

guridade e hixiene, tanto para o profesionais como para todos os doadores e doadoras de sangue. Neste sentido salientar que, no pasado exercicio, habilitouse un sistema de cita previa para posibilitar o acceso á doazón mediante o teléfono gratuíto 900 100 828. Este número de atención telefónica continúa aínda vixente tanto para solicitar cita previa como para solventar calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue. Non obstante, ADOS quere salientar que tamén se pode acudir de xeito espontáneo. Excelente participación Desde ADOS salientan que, a pesar das dificultades existentes o pasado ano marcado pola pandemia sanitaria da COVID 19, Galicia situouse como a terceira Comunidade Autónoma en índice de doazón, con 39 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano, superando amplamente a media de doazón estatal e confirmando, unha vez máis, o carácter xeneroso e solidario dos galegos e galegas. Así mesmo, a Axencia de Doazón de Órganos e

Sangue destaca a importancia de doar durante o período estival, xa que os meses de verán, debido principalmente á deslocalización dos doantes habituais, ofrece dificultades engadidas para o axeitado desenvolvemento das campañas de doazón de sangue e non diminúe a necesidade de compoñentes sanguíneos por parte dos centros hospitalarios galegos. Requisitos para doar Os requisitos mínimos para doar sangue son tremendadente sinxelos, simplemente é necesario ter máis de 18 anos, pesar máis de 50 quilos e non padecer nin ter padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, Sífilis, hepatite B ou C....) e un bo estado xeral de saúde. Así mesmo, a ADOS pon a disposición de toda a cidadanía a súa web http://ados.sergas.gal; o enderezo de correo electrónico, doadoressangue. ados@sergas.gal; o teléfono de información indicado anteriormente; e as súas páxinas en redes sociais para comunicarse e resolver calquera dúbida relacionada coa doazón.

Os requisitos mínimos para doar sangue son ter máis de 18 anos, pesar máis de 50 quilos e non padecer nin ter padecido enfermidades transmisibles polo sangue e un bo estado xeral de saúde


8

Barrios 25 de xuño 2021

EN BREVE 4 Concerto O venres, 2 de xullo, ás 20.30 horas, no parque exterior da Casa da Mocidade chega “Barbadás ten rima”. Concerto de Santi “O Pirata”, Missed Call e Checho.

4 Obradoiro

O día 8 de xullo, xoves, terá lugar na Casa da Mocidade un obradoiro de graffiti impartido polo artista Dashone. As inscricións (de balde) están abertas ata o 6 de xullo puidéndose realizar por teléfono (988 000 234) ou por correo electrónico (xuventude@ barbadas.es).

4 CIM Dende o CIM de Barbadás presentan o obradoiro “Vente encontrar! Un espazo para o crecemento persoal e convivencial”, un lugar no que no que compartir estratexias de afrontamento en momentos difíciles, no que intercambiar recursos para o manexo das emocións. Celébrase cada primeiro martes do mes, das 10.30 ás 13 horas. Os interesados poden chamar ao ao 988 222 251 ou escribir a igualdade@barbadas.gal.

BARBADÁS E COMARCA

Cultura e ocio para este verán 4 O Concello presenta o seu programa de actividades. Redacción Teatro, concertos, talleres de graffiti, clases de patinaxe na pista de skate, obradoiro de coaching emocional, curso de DJ, torneos de futbolín, padbol e billar, xogos populares, master class de ioga e zumba e iniciación ao boxeo, así coma cinema conforman a oferta de ocio en Barbadás durante os meses de xullo e agosto. Un sinfín de actividades para ir recuperando, pouco a pouco, o pulo perdido por culpa da pandemia. Os espazos nos que se realizarán as diferentes actividades estará centralizado na Casa da Mocidade, pero tamén habilitaránse outro espazos como son: pista de

skate, pistas de pádel do Polideportivo ou espazos ao aire libre no que terán lugar os diferentes concertos. Todos os xoves do verán, o parque dos Patos cítase con toda a familia para realizar actividades para os máis cativos. Na planificación de actividades haberá dúas temáticas diferenciadas, unha no mes de xullo adicado á Cultura Urbana e outra no mes de agosto, o mes do Deporte. Actividades O Venres 25, enmarcado no Día do Orgullo LGTBI, está programado o gran espectáculo do grupo Broken Peach ás 20:30 horas. Os vindeiros martes 29 de xuño e mércores 30 de xuño, concertos das bandas

de música da Escola de Barbadás, tanto infantil como xuvenil. O xoves día 1 de xullo o grupo Ghadafelhos ofrece o espectáculo “Monstros no camiño” e así todos os xoves de cada mes ata chegar o último xoves de agosto que remataremos con unha noite de cinema coa proxección da película “Cuñados”. O 2 de xullo haberá un concerto de hip hop no parque exterior da Casa da Mocidade. O 8 de xullo nesta mesma instalación está programado un taller de graffiti. Os venres 16 e 23 de xullo na pista de skate haberá clases de patinaxe agresiva. Está previsto un taller de coaching emocional os martes e xoves do 12 ao 22 de xullo na Casa da Mocidade. Ademais, un curso básico de DJ, está preparado para o xoves 22 de xullo. Durante agosto, mes centrado no deporte, celebrarase un torneo amistoso de futbolín, xogos populares, e torneos de billar e padbol. O 28 de agosto está prevista unha máster class de iniciación ao boxeo e de ioga e zumba. O 1 de outubro programouse unha charla de ciberseguridade impartida pola Garda Civil.

4 Piscina

A piscina municipal de Barbadás abrirá a partir do 1 de xullo. A compra de entradas ou abonos será a través dunha aplicación.

Presentación da programación cultural e de ocio de Barbadás para este verán.

A temática de xullo será a cultura urbana e en agosto o deporte

Servizos en liña Redacción Barbadás pon marcha un servizo de asesoramento á cidadanía para realizar trámites en liña de uso habitual. Este servizo de apoio créase a raíz das demandas da cidadanía “ante o progresivo aumento de trámites telemáticos que implica o novo mode-

Medio Ambiente Redacción Barbadás crea unha páxina interactiva de Medio Ambiente, na que informará sobre a xestión de residuos. A finalidade é contribuír a que a cidadanía coñeza de xeito sinxelo e ameno a información interesante e útil sobre os residuos no concello de Barbadás, dende a recollida ata o tratamento en planta, e así implicala no coidado do medio ambiente.

Visitas teatralizadas Redacción O Museo da Gaita ofrece visitas teatralizadas (a cargo do actor José Nóvoa) para percorrer a historia do instrumento. As visitas terán lugar os

lo de sociedade”, indica Victoria Morenza, tenente alcalde do Concello de Barbadás. O lugar de atención ás persoas usuarias será os xoves na Casa da Mocidade entre as 11 e as 13 horas. O teléfono para pedir a cita previa é o 988 36 04 13 ou a través do correo electrónico cet@barbadas. es. Unha persoa estará ao frente do servizo, que se desenrolará na Casa da Mocidade, con cita previa.

Á mesma pódese acceder clicando no banner da páxina web ou premendo no apartado de Concellerías, Medio Ambiente. Entre os apartados da páxina poden consultarse que residuos xestiona o Concello de Barbadás, procesos que seguen os residuos e cales son os medios dispoñibles. Tamén pode coñecerse cal é o resultado da colaboración da veciñanza, que información de referencia pode consultar e como poden comunicarse co Concello, así como a normativa vixente. días 25 de xuño, 30 de xullo, 27 de agosto e 24 de setembro (todas ás 20 horas). Ao remate de cada visita haberá un concerto. Debido as restricións sanitarias, o aforo estará limitado, e as reservas efectuaranse no teléfono do CET (Centro Empresarial Transfronteirizo): 988360413.


PUBLICIDADE

O Centro Residencial Docente sito na Avenida da Universidade, nº 18 en Ourense.

CRD Ourense, oportunidade para estudar o que queres 4 A residencia de alumnos non universitarios de Ourense oferta preto de 200 prazas. Redacción O Centro Residencial Docente (CRD) de Ourense (sito na Avenida da Universidade, nº 18), dependente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, ten como destinatario ao alumnado do ensino non universitario postobrigatorio e que non dispoña na súa localidade de centros educativos para continuar determinadas ensinanzas (Bacharelato, Ciclos Formativos de Formación Profesional e ensinanzas artísticas) e na convocatoria extraordinaria de alumnado universitario. O acceso ás prazas coma alumno/a do CRD regúlase por unha convocatoria anual; para o curso 2021-22 publicada no DOGA o 16 de xuño e que se pode consultar no seguinte enlace: https:// www.edu.xunta.gal/portal/node/34354. As prazas

poden ser con bolsa completa, no caso de cumprir cos requisitos fixados na convocatoria. Así mesmo, a mediados de setembro, ábrese un novo prazo para solicitar prazas na residencia, se feita a adxudicación de prazas en período ordinario, seguen existindo algunhas prazas vacantes. O centro divídese en dous colexios residenciais, que teñen cada un tres plantas con 11 habitacións e capacidade para tres persoas por habitación e 1 habitación dobre con capacidade para dúas persoas. A capacidade total do centro na actualidade sería de 198 alumnos/ as residentes máis 6 bolsei-

acadar esta idade dentro deste ano natural. b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño do labor de apoio no desenvolvemento da actividade diaria da residencia. c) A persoa solicitante deberá estar inscrita ou matriculada en ensinanzas universitarias de grao, máster oficial, primeiro, segundo ou terceiro ciclo nunha facultade, escola superior, escola universitaria ou colexio universitario no curso 2021/22. d) Non repetir curso; e no caso de cambio de estudos, non ter abandonado dúas veces estudos iniciados para matricularse noutros estudos distintos. O alumnado do CRD de Ourense dispón de diferentes servizos no centro: biblioteca con aula de informática con equipos de

Barrios 25 de xuño 2021

derradeira xeración e conexión gratuíta a internet, salas de estudos, comedor escolar, pavillón polideportivo e pistas exteriores de fútbol, tenis e baloncesto, ximnasio, salas de uso múltiple, salas de TV colectivas, sala de cine e conferencias, cafetería/bar, enfermaría e servizo médico no propio centro, zonas de lecer exteriores e xardíns, aparcamento privado e vixiado, ademais, dunha atención educativa e apoio ás necesidades psicolóxicas, sociais e de desenvolvemento integral, mediante a intervención do equipo directivo e educativo. Prazo de presentación O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será: a) Para o alumnado matriculado en bacharelato:

9

Selo de espazo controlado COVID-19 no CRD. do 17 de xuño ao 9 de xullo de 2021 ( este incluido). b) Para o alumnado matriculado en ciclos formativos e ensinanzas artísticas: do 17 de xuño ao 2 de agosto de 2021 ( este incluido). En caso de que queden prazas vacantes na convocatoria ordinaria realizarase unha convocatoria extraodinaria (presentación de solicitudes en perío­ do extraordinario, entre o 14 e o 22 de setembro de 2021, ambos incluídos).

ros/as ou colaboradores/as, é dicir 204 persoas. Existen 6 prazas reservadas para alumnado colaborador. O acceso a estas prazas regúlase por unha convocatoria para o curso 2021-22 publicada no DOGA o 15 de xuño e que se pode consultar no seguinte enlace: https:// www.edu.xunta.gal/portal/ node/34334. As persoas adxudicatarias de prazas de colaborador/bolseiro utilizarán os servizos da residencia de forma gratuíta. Os requisitos para poder optar ás prazas de colaborador/bolseiro, son. a) 18 anos cumpridos ou

O acceso as prazas coma alumno/a do CRD regúlase por unha convocatoria anual, publicada no DOGA o 16 de xuño e que se pode consultar no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/ node/34354

De esquerda a dereita e de arriba abaixo: despacho médico , sala de TV e salón de xogos.


10

Barrios 25 de xuño 2021

Museo de Verín Redacción Tras varios meses pechado, o Museo de Verín volveu abrir as súas portas o pasado 3 de xuño. A tendencia á baixa dos datos de contaxios e o aceleramento da vacinación motivou a reapertura deste centro, que procurará seguir a ser o enclave cultural estratéxico do sur de Ourense. Unha visión diferente, didáctica e visual pensada a partir das técnicas de interpretación patrimonial máis modernas que nos seus tres anos de vida xa constitúe un centro indispensable para os amantes da enoloxía e do patrimonio material e inmaterial. Durante o verán, o Museo prepara diferentes proxectos para complementar a programación cultural da vila. O horario de visitas, como ven sendo habitual, é de mércores a sábado, de 11 a 14 e de 17 a 20 horas e domingos de 11 a 14 horas. Para calquera consulta, os usuarios poden contactar co museo a través da súa páxina de Facebook, do correo museodeverin@gmail. com ou ben chamando ao teléfono 617 963 905. Nos seus tres anos de vida, o museo organizou máis de 200 actividades académicas, divulgativas e pedagóxicas.

Exteriores do Museo de Verín, situado na praza da Merced.

VERÍN E COMARCA

A programación cultural presencial volve en xullo 4 Cine ao aire libre, concerto e unha homenaxe son as propostas. Redacción A situación sanitaria provocada pola Covid-19 fixo que durante meses anulárase a axenda cultural en Verín. Pero isto vai cambiar desde o mes de xullo. A concellería de Cultura e Festexos do Concello de Verín retoma a programación Cultural presencial con dúas sesións de cinema ao aire libre, un concerto e unha homenaxe. «A partir do mes de xullo, os veciños e veciñas de Verín volverán a gozar dunha atractiva programación de lecer cultural, con propostas para todos os públicos. Tras este parón obrigado, a nosa intención é retomar a nosa axenda presencial apostando sempre pola cultura segura adoptando todas as medidas ditadas polas autoridades sanitarias nos eventos», afirmou a concelleira de Educación, Cultura e Festexos, Emilia Somoza Basalo. As entradas para as sesións de cinema estarán dispoñibles, por 5 euros, en www.ataquilla.com mentres que as localidades para o concerto e para a homenaxe serán gratuítas, sendo necesario para este último realizar unha reserva anticipada no propio Auditorio. Programación O sábado 3 de xullo, ás 12 horas, o Auditorio Municipal será o esce-

nario dunha homenaxe organizada pola Biblioteca de Verín. Baixo o nome de “40+1 - Aniversario de Extraños en el escaparate de Jaime Noguerol”, Verín rende homenaxe a esta obra do ilustre verinés, editada por Juan Luís Recio (editorial La Banda de Moebius), e que logo daría paso ao famoso disco de Miguel Ríos. «Le quitaron al futuro su antifaz de cielo», así comeza a obra que ilustra o gran CEESEPE e onde Noguerol compón a literatura underground dos oitenta madrileños. A presentación do acto correrá a cargo de Antonino Nieto. Ese mesmo sábado (día 3), pero ás 22.30 horas, o aparcamento libre da Preguiza acollerá a primeira das sesións de cinema ao aire libre coa comedia galega Cuñados, opera prima de Toño López que trata sobre as peripecias delituosas de tres cuñados unidos polo azar e embarcados nun plan disparatado. Sete días despois, o sábado 10 de xullo, ás 21 horas, a praza García Barbón será o escenario do con-

certo “The Show Must Go On” interpretado pola Agrupación Musical da Limia, quen farán un percorrido pola historia da música nacional, latina e internacional: Alaska y Dinarama, Queen, Europe, ABBA, etc. Sen deixar de lado as súas orixes, incluíndo temas populares e tradicionais galegos. Ademais, como parte da actuación, realízase unha performance do conxuro da queimada. Por último, o sábado 17 de xullo, proxectarase na Preguiza –ás 22:30 horas- a película Las Niñas, dirixida por Pilar Palomero. Un retrato da xeración das mulleres de hoxe, debuxado a través da educación que recibiron a principios dos 90 en España. Foi galardoada co Goya á Mellor Película.

O día 3, ás 12h no Auditorio, Verín rende homenaxe a Jaime Noguerol

O Festival de Curtas de Verín, tamén online 4 As curtametraxes da sección oficial. Redacción As curtametraxes que se proxecten dentro da sección oficial a concurso do FIC Vía XIV de Verín poderán visionarse, por vez primeira este ano, en modo online. Grazas a un acordo acadado entre a organización do festival e a plataforma festhome. com, será posible a divulgación en liña do contido oficial do festival. Deste xeito, segundo sinala Carlos Montero, “agardamos chegar a

Cartel do 6º FIC.

Visitas ao Castelo Redacción

En xullo volverán os espctadores ao Auditorio.

O Camiño de Santiago de Cualedro, Laza e Monterrei servirá de escenario itinerante para un programa de visitas teatralizadas durante este verán. O programa arrancará cunha actuación nocturna o 25 de

máis espectadores e non só a aqueles que acudan presencialmente ao Auditorio de Verín, sede física do certamen”. “A idea de complementar as sesións presenciais coa retransmisión online permitirá, sen dúbida, xerar máis audiencia global”, destaca o director do festival. Datas A 6ª edición do Festival Internacional de Curtas de Verín celebrarase entre o 4 e o 12 de setembro próximos na vila do Támega. Como cada ano, as curtas seleccionadas a concurso divulgaranse baixo catro categorías: Horizontes, Outra Mirada, Fronteira e Nova. O certame de curtas atópase xa plenamente insertado na axenda cultural de Verín e a vindeira edición, ao igual que aconteceu o ano pasado, desenvolverase baixo un estrito protocolo anti-Covid. xuño no castelo de Monterrei, que terá a súa réplica o día 26 en Laza e o 27 de xuño en horario de mañá en Montes (Concello de Cualedro). As inscricións, de balde ata completar aforo, realizaranse a través da páxina web www.accionenruta. gal cumprindo sempre os protocolos COVID determinados polas autoridades sanitarias.


VERÍN E COMARCA

Iluminación LED no centro urbano 4 Tamén substituíronse as lumninarias nos núcleos rurais de Tintores e Vilela. Os alumnos foron recibidos polo alcalde de Verín.

Redacción

Cálculo mental

O Concello de Verín vén de rematar a primeira fase de renovación da iluminación pública por luces LED coa substitución de 2.154 luminarias de iluminación pública no centro urbano de Verín e nos núcleos rurais de Tintores e Vilela; su-

Redacción Gonzalo Vaz Parada, Miguel Rivela e Leo Sanmiguel, alumnos de terceiro de Educación Primaria do CEIP Amaro Refojo, alcanzaron o segundo, cuarto e sexto postos, respectivamente, nos Campionatos escolares superTmatik de calculo mental, entre os 20.440 participantes na súa categoría. Os menores -acompañados polo director do centro educativo, Ricardo Rodríguez- foron recibidos na casa consistorial polo alcalde, Gerardo Seoane, quen dixo ser “un gran orgullo para todos nós contar con tres verineses entre os mellores do mundo en

cálculo mental, sobre todo tendo en conta que competiron con máis de 20.000 persoas”. SuperTmatik Destinadas ao alumnado do ensino básico de escolas públicas e privadas, as competicións SuperTmatik trátanse dun campionato que se celebra a nivel mundial vía internet, no que participaron alumnos e alumnas de máis de 45 nacionalidades diferentes divididos en 9 categorías. A clasificación realízase co mellor tempo conseguido polos participantes nos tres intentos cos que contan para resolver as 15 probas con operación combinadas ás que se enfrontan.

puxo un investimento total de 974.728,80 euros. O alcalde de Verín, Gerardo Seoane Figalgo, explicou que «coa substitución das luminarias, ademais de renovar o sistema actual sendo máis respectuosos co medio ambiente e de mellorar a iluminación municipal, conseguiremos un gran

Cambio de luminarias en Verín.

diminución na factura eléctrica, o que nos permitirá destinar ese diñeiro aforrado a outros proxectos». As novas luminarias LED instaladas supoñen un importante aforro enerxético (un 61,3%) xa que necesitan menos da metade de potencia eléctrica para producir a mesma iluminación conseguida coas antigas lámpadas, co que se reduce o consumo eléctrico a máis da metade do actual. Isto débese á alta eficiencia deste tipo de luminarias, próxima ao 90%. Segunda fase O Concello de Verín xa se atopa executando a segunda fase do plan de renovación de luminarias, coa que se substituirán un total de 1.630 luminarias de iluminación pública no resto de núcleos rurais de Verín. O orzamento desta actuación ascende aos 589.674,14 euros.

Substituíronse 2.154 luminarios de iluminación pública

Barrios 25 de xuño 2021

11

EN BREVE 4 Reactiva Mulleres

Verín acollerá o programa “Reactiva Mulleres Ourense” entre o 28 de xuño e o 2 de xullo. O obxectivo é apoiar a mulleres desempregadas que necesiten reincorporarse ao mercado laboral ao atoparse nunha situación de vulnerabilidade derivada, fundamentalmente, da perda do emprego durante a crise derivada da COVID-19. A formación será 100% online a través da plataforma Zoom.

4 Campaña 1m2 Alumnos do CPR María Inmaculada de Verín participaron na campaña nacional “1m2 pola basuraleza” recollendo na vila uns 40 kg de residuos.

4 SAAD Acordo unánime no ditame da comisión de control do proceso selectivo da contratación do traballador/a social no que se convocará novamente a praza do SAAD e a elaboración, por parte do órgano competente, dunhas novas bases específicas.


12

Barrios 25 de xuño 2021

VERÍN E COMARCA

Prazos de admisión e matrícula no IES García Barbón 2021-2022 Nas ensinanzas de Bacharelato lembrar que o prazo de matrícula na convocatoria ordinaria é do 25 de xuño ao 10 de xullo de 2021. No caso do prazo extraordinario temos do 1 ao 10 de setembro. A convocatoria ordinaria de admisión nos ciclos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional (FP) é do 25 de xuño ao 5 de xullo ás 13:00 horas. Para realizar a matrícula –unha vez admitido- hai prazo do 20 ao 26 de xullo ás 13:00 horas. A convocatoria extraordinaria para a presentación de solicitudes –só

para ciclos medios- é do 1 ao 9 de setembro ás 13:00 horas. A matrícula da convocatoria extraordinaria hai que facela do 21 ao 24 de setembro ás 13:00 horas. No caso dos estudos de Formación Profesional Básica (FPB) podemos facer a reserva do 1 ao 9 de setembro. Na Educación de Adultos (ESA) temos que realizar a reserva no mes de xullo. A matrícula faise

Un 70% de estudantes que entran ao mercado laboral con contrato, unha vez finalizada a súa formación práctica na empresa

DO Monterrei e Expourense, unidos 4 A denominación estivo presente en Santander. Redacción A Denominación de Orixe Monterrei e Expourense veñen de ratificar a súa colaboración. Por este motivo, durante todo este ano, Monterrei estará presentes en todas as accións promocionais, feiras e eventos organizados polo recinto (a primeira cita foi o Vinis Terrae nestas pasadas datas).

do 1 ao 10 de stembro. A coordinadora da nosa nova Biblioteca acaba de preparar unha Guía Básica para coñecer os fondos, os espazos, servizo, normativa e proxectos para o curso 2021-2022. Tamén se realizou un vídeo coa axuda de Alberto Fortes para ilustrar as aportacións da Guía Básica da Biblioteca que poden verse en: https://www. youtube.com/watch?v=_ 6bU846_rgo&t=3s.

A firma deste convenio (a cargo da presidente do Consello Regulador, Lara da Silva, e o director xerente de Expourense, Rogelio Martínez) tamén levará á DO a Portugal, debido á cooperación transfronteiriza que mantén a Fundación coa Eurorrexión. Outra cita importante para as 27 adegas será a participación en Xantar, Salón Internacional de Turismo

Gastronómico, que terá lugar entre o 3 e o 7 de novembro. Santander Monterrei acudiu ao Showroom ‘Vidivinos’ de Santander no que participaron máis de 60 profesionais do canal Horeca e do sector da distribución. Os asistentes a esta iniciativa recibiron información sobre as características edafoclimáticas deste territorio vitivinícola, a súa tradición e historia, ademais de variedades de uva e tipoloxía de viño. Asimesmo, puideron coñecer as peculiaridades dos viños das 17 adegas presentes.

Da Silva e Martínez firmando o convenio entre a DO Monterrei e Expourense.

Na entrada do centro imos contar cunha marquesina que xa está a poucos días de ser rematada. Desta maneira, os estudantes teñen un recinto específico para estar a cuberto. Unha parte do noso alumnado está a rematar

a formación práctica nas empresas (FCT) e unha gran parte dos mesmos van ser contratados para seguir a traballar. Tamén destacamos o gran éxito do alumnado que se incorporou recentemente á Formación Profesional Dual (FP DUAL) dos cales a

Entrada do IES García Barbón.

maioría vai ser contratado unha vez rematado a fase de prácticas. E n xeral, estamos a falar dun 70% de estudantes que entran ao mercado laboral con contrato, unha vez finalizada a súa formación práctica na empresa.


DEPORTES

Primeiro paso atrás da UD Ourense 4 Os ourensáns baixan a Preferente. Redacción Estaba moi complicada a salvación. Para acadala, a Unión Deportiva Ourense, debería gañar e que perdera o Barco. Pois nin unha cousa nin a outra: a UD Ourense non pasou do empate a un e o Barco logrou idéntico resultado. Deste xeito, os valdeorreses seguirán un ano máis en Terceira (no vindeiro curso será Terceira RFEF), mentres que os capitalinos baixan á Preferente (que será a sexta categoría nacional). Un duro revés para unha afección que estivo alentando aos seus máis aló do pitido que daba por concluida a tempada e consumado o descenso. Por que foron moitos os que se desprazaron ata As Pontes para animar a un equipo que este ano non tivo o seu mellor concurso na Terceira división. Salvo un arreón no tramo final da fase de salvación, o conxunto dirixido por Fernando Currás tivo demasiado lonxe unha permanencia que agora choran. No que se refire ao encontro o equipo local logrou adiantarse, aínda que os visitantes conseguiron o empate de penalti. No tramo final sucedéronse, unha tras outra, as ocasións por parte dos ourensáns pero sen a recompensa do gol; tampouco facía moita falta. E na outra cara da moeda está un Barco que tamén estivo acompañado polos seus no campo do Arzúa. Os de Iván González tí-

CD Barco salvado.

ñato todo de cara para perder a categoría: non perder e se o facían que non gañara a UD Ourense. A pesar de ir perdendo durante o encontro, lograron empatar o partido e encarar os últimos minutos cunha tranquilidade que lles trasladaban os transistores co empate da UD Ourense. Nesta xornada, un salvado Ourense CF perdeu contra o Paisaco nun partido intrascendente, xa que os homes de Rubén Domínguez tiñan a permanencia no peto desde hai varias semanas. Preferente Na fase de ascenso a 3ª RFEF, Arnoia e Barbadás chegan á ultima xornada con opcións. Se ben é certo que agora están fóra dos postos de ascenso (son terceiro e cuarto, respectivamente, e ascenden os dous primeiros), o teñen máis ou menos ben para que un ou os dous suban de categoría. O Arnoia reciba á Cultural Areas, mentres que Barbadás visita a Villalonga. De lograr a vitoria os dous equipos ourensán deberán agardar ao que pasa no encontro entre Ponteareas e Gran Peña (segundo e primeiro, respectivamente). En caso de empate entre estes dous e vitorias ourensás serían os equipos da nosa provincia os que ascendería. Todo por resolver este domingo, 27 de xuño.

O kungfu brilla en Ourense 4 Coa celebración do galego nas modalidades de forma. Redacción Ourense acolleu, o pasado sábado 12 de xuño, o Campionato de Galicia de Kungfu moderno individual 2021 (modalidades de formas), no Pavillón dos Remedios de Ourense. Con preto de 100 participantes o torneo foi todo un éxito. O número de participantes foi reducido con respecto a convocatorias de anos anteriores para facilitar os protocolos sanitarios do evento. Todas as eliminatorias previas se han ir realizando nas distintas provincias para presentar aos mellores no evento final. Competiuse en modalidade individual e equipos. As diferentes modalidades individuais (Changquan, Nanquan, Taichi, Qigong, Armas Curtas, Armas Longas) dividíronse en categorías de idade: pre infantil, infantil, cadete, xuvenil, absoluto, e veteranos; e á súa vez en categorías "elite" e "B". As "elite" son clasificatorias para campionatos nacionais e internacionais. As catego-

Burgas Atletismo Redacción Cinco medallas para o Burgas Atletismo no Campionato de España máster de atletismo ao aire libre celebrado en Málaga. Tres foron os deportistas que representaron ao club logrando para o club cinco medallas. Domingo Álvarez, que se proclamou campión de España na proba de 800 metros M65, e subcampión nas distancias de 400 e 1500. Luz María Domínguez lo-

rías "B" son categorías de base e promoción deportiva. Triunfadores Os máis destacados deportistas deste evento foron: Andrea Álvarez, club Artai, gañadora de tres ouros en xuvenil (Man vacía sur, sable e pao); Belén Arjones, club Wudang, ganadora de dous ouros e un bronce en absoluto (Man vacía, pao e sable); e Alex Conchouso, club Penta, vencedor en infantil (Man

vacía, sable e pao). Vindeiras citas O próximo 3 de xullo haberá unha nova cita co kungfu en Ourense. Nesa ocasión terá lugar o Campionato de Galicia na modalidade de combate. Antes, este domingo 27 de xuño, celébrase en Tui o VII Campionato Ibérico de Kung Fu da Eurocidade Tui-Valença coa presenza dos clubs ourensáns Artai e Fitness Forma.

Barrios 25 de xuño 2021

13

EN BREVE 4 COB O grupo empresarial Hereda está interesado en facerse co Club Ourense Baloncesto. Así, o transmitiu Pedro Fernández, representante da firma. As negociacións van por bo camiño, e todo apunta a que entrarán no club, sempre e cando, Concello e Deputación (máximos accionistas do club) den o visto e prace; algo ao que non poñerá reparos o primeiro, e non o ten tan claro o segundo.

4 Sala Ourense O Sala Ourense debe, alomenos, empatar este sábado, 18 h, Os Remedios, para salvar a categoría. O seu rival, nesta última xornada, será o San Cucao, equipo pechacancelas xa descendido.

4 Piragüismo

Javier Meigide en sable do sur. grou el título nacional en 400 F55, e o subcampionato en 800 metros. Pola súa banda, Aida Fernández foi sexta nas probas de

100 e 200 F60. O campionato celebrouse sen público e baixo unhas estritas medidas anticovid.

O descenso do Miño pasará por sete concellos O I Descenso “Ourense Provincia Termal” de piragüismo percorrerá 17 quilómetros e terá lugar o 15 de agosto. En canto ao percorrido da regata, terá diferentes saídas en función das categorías: Oira, Ponte Vella, Ponte Nova e Alongos. As modalidades e os participantes son K1, K2, C1 e C2, mulleres e homes, xuvenís, sénior e máster, cunha distancia de percorrido de 17 quilómetros, pasando polo corazón da capital ourensá (as súas pontes) e as zonas termais da cidade ata chegar ao balneario de Laias.

4 Balonmán

Domingo Álvarez no nacional de Málaga.

O Torneo Ourense Provincia Termal comezará o luns 28 de xuño no Pazo coa disputa, a partir das 20 horas, do encontro entre as seleccións de Croacia e Exipto. O martes, día 29, 20h, xogarase o denominado “partido das estrelas”, entre España e Exipto.


14

Barrios 25 de xuño 2021

OCIO E CULTURA

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

“Verín CF, 50 anos. “Meno”, o meu latexo”

Presentación do libro na sede do Ateneo.

O mellor da Vía da Prata, nun libro 4 Contén textos da historia e actualidade das cidades por onde discorre. Redacción Esta semanana presenteouse o libro “O mellor do Camiño de Santiago. A Vía da Prata” na sede do Ateneo de Ourense. Á presentación acudirón, ademais do delegado da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén; a editora de Hércules de Ediciones, Laura Rodríguez Herrera; o presidente da Asociación Cultural Amigos Camiño Mozárabe-Vía da Prata de Ourense, José Luis Rodríguez Cid e o fotógrafo e autor das fotografías do libro, José M. Salgado. O delegado Xunta en Ourense, afirmou que a Vía da Plata conta cun enorme valor tanto no eido do patrimonio como no artístico e cultural. Gabriel Alén destacou a importancia desta gran vía cultural para a nosa Comunidade, e ata para Europa. Segundo o delegado, estamos ante unha obra que se trata dunha “recompilación dos máis destacados textos sobre a historia e a actualidade das cidades e paisaxes polos que transcorre esta calzada milenaria”. Ademais, “a obra, -continuou o representante do Goberno galego- que está

cofinanciada pola Xunta de Galicia dentro do programa Ou teu Xacobeo, complétase cunha selección de fotografías espectaculares da vía de peregrinación do sur, baixo a mirada de José M. Salgado. Contido e imaxes evocarán as sensacións experimentadas aos que percorran este itinerario e queiran recordalo e ofrecerán unha certeira panorámica a aqueles que aínda non poidan percorrelo e queiran viaxar a través da lectura”. Frecha amarela O delegado territorial fixo referencia á simboloxía da frecha amarela do Camiño como unha medida que permitirá aos peregrinos identificar os sinais oficiais, que serán iguais en todos os itinerarios e en calquera comunidade autónoma, mellorando así a atención ao peregrino. Un labor á que contribúen as Asociacións de Amigos do Camiño. A frecha amarela, dixo, “converteuse en poucos anos nun símbolo do Camiño de Santiago ao nivel da tradicional concha ou vieira”.

EN BREVE 4 Socorristas

4 Ínsua dos Poetas

A Xunta de Galicia inviste máis de 268.000 euros en apoiar a contratación de 82 socorristas en 53 concellos da provincia de Ourense.

O vindeiro 3 de xullo, a Ínsua dos Poetas celebra a Festa da Palabra adicada, nesta ocasións aos poemas escritos en galego por Lorca.

Poderíanse escribir mil historias. 50 anos dan para moito. Hoxe quédome co meu latexo, o palpito do corazón que me quedou para sempre. Aquel día acudín ao estadio. O “Arjiz” lucía espléndido. Non lembro o rival daquela tarde gris. No palco de autoridades unha placa impoluta. “En memoria de Meno y Gerar”. O meu carón “Palmero”, xogador e socio histórico. O partido era o de menos, as lembranzas fixeron que centos de imaxines pasaran polo meu maxín. Lembranzas de cando era un ilusionado xuvenil do Verín CF, o equipo da miña vida. Daquela, queriamos ser coma eles. Os nosos ídolos, que non eran outros máis que os que estaban pretiño de nós: Baladrón, Sobrino, Moncho Boo, Patolas, Xe, Raúl, Gallego, Rexac, entre moitos outros que cada domingo deixaban a alma no terreo de xogo, por defender a casaca vermella, e satisfacer a uns afeccionados entregados. Lémbrome de todos os xogadores que por este club pasaron. Máis para min, “Meno” foi o meu latexo. Aquel pequeno, pero gran porteiro do Verín CF en épocas douradas. Chamábanlle “Gato” cariñosamente. Foi o noso adestrador nos oitenta. Eu tiña dúbidas si xogar de porteiro ou dianteiro. O míster foi contundente. Ti serás o porteiro, e chegarás a Primeira. Ángel Cabido, un dos fillos do mítico “Callao”, que era o noso preparador físico, o escoitar aquelo, encolleuse de ombreiros, e chiscoume un ollo con complicidade. Entendín ben a mensaxe, e aceptei o reto. Dende aquela, andiven sempre polo chan, enzoufado ata os ollos co barro do Arjiz. Eran outros tempos. O mestre tiña moita fe en min. Sempre me dicía que poduía todas as cualidades para chegar á cima. Comezamos a adestrar

a diario. Era coma unha obsesión, incluso algún sábado viña a sacarme da cama para ir o Arjiz. Era un pai para min. El estaba a piques de rematar e a súa carreira no fútbol, e pola contra, eu empezaba dende cero. Consellos e máis consellos, adestramentos específicos e moita charla. Sesións humildes pero sabias expresións que lle saían da alma, e que xamais esquecín. No derradeiro partido, quixo o destino que estivera ao seu carón. Era un partido vital para as nosas aspiracións. Aquel día crucial en Gondomar, o mestre quixo agasallarme. E sen contemplacións, espetoume. Vas a xogar de titular. A responsabilidade era máis grande que a miña experiencia. E recoñezo, que con algo de covardía pola miña parte, respondinlle ao mestre que este partido era o seu, e que tiña que estar no campo para poder gañalo. Colleume polo brazo e marchamos cara o vestiario. Non falou máis. Vestímonos xuntos en silencio. Non sei si eran os nervios ou a concentración. Aquela tarde “O Gato” foi o mellor. Fixo paradas imposibles. Con agallas, dirixiu aos compañeiros, dando a lección de humildade máis grande que vin nun campo de xogo. Ao rematar o partido, acercouse a min

e cando nos abrazamos deixoume caer en baixiño.... gustouche? Non puiden dicir nada, coa manga da camiseta limpei as bágoas, e lisquei feliz por aquel campo sen herba. A viaxe de volta foi unha festa, risas, cantigas e xolda a fartar. Ao día seguinte a primeira hora, chégannos a mala nova do fatídico accidente. Aquel castelo de ledicia esmoreceu de súpeto. Todo aquelo non foi doado de asimilar. A vila quedou paralizada igual que os nosos corazóns. Meno e Gerar deixáronnos prematuramente con moitas cousa por facer. No verán do 85, xurdiu a miña fichaxe polo Cádiz CF, e cargado de esperanza, collín a maleta e seguín o camiño onde o mestre me deixou. Dende aquela, sempre estivo ao meu carón. Seis tempadas nun club de Primeira división esperando a oportunidade. Moitos sufrimentos, adestramentos e sacrificios. Moitas veces lembreime dos seus consellos e das súas verbas. Ao final, pagou a pena. Chegou a chamada do primeiro equipo

para viaxar a Barcelona. Alí esperaba “O Dream Team” de Johan Cruyff. Apenas puiden durmir naquel hotel de luxo. Os recordos pasaron todos xuntos, coma se fora unha película en cámara rápida. Movemento de periodistas e xente por todos lados. Ao chegar o estadio todo foi coma un flash. Cando saimos polo túnel cara o campo, e vin a inmensidade do Camp Nou, mirei cara o ceo, e alí estaba el, en primeira fila, coa faciana doce e o sorriso infinito. Berrei entón con todas as forzas, conseguímolo! porque nos tamén estabamos alí, coas estrelas, cumprindo o seu desexo. Quixera lembrarme de Gerar amigo inseparable de Meno, e como non de todos os xogadores, adestradores, directivos e afeccionados do Verín CF que xa non están con nós, porque sen dúbida, eles foron e serán sempre, un anaco da historia deste club tan querido. Unha aperta! Miguel A. Prieto “Chitin”

Cando saimos polo túnel cara o campo, e vin a inmensidade do Camp Nou, mirei cara o ceo, e alí estaba el, en primeira fila, coa faciana doce e o sorriso infinito

Mestre e alumno; Meno e Sotelo.


OCIO E CULTURA / CLASIFICADOS

Barrios 25 de xuño 2021

15

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Arcediagos,11, 1º - 32005 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara Nº147 - Ano: XIV - 25 de xuño de 2021 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe o seu anuncio no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

INMOBILIARIA

Foto de familia durante a presentación do cuarto número da publicación.

Crece a "Revista Nós, xente do redor" 4 Foi presentado o número catro. A. Jácome A "Revista Nós, xente do redor" segue a gastar etapas para afianzarse como unha publicación imprescindible para a cultura nas datas que corren. O último paso dado por esta revista foi a presentación do número 4 que tivo lugar o pasado 20 de xuño no Museo Etnográfico Casa do Patrón (Codosedo, Pontevedra). No acto interviron Avelino Jácome Iglesias, director da publicación e responasable de Orixe Publicidade e Comunicación, e organizadores do acto, como Miguel Angel Martínez Coello, autor e colaborador da mesma e Manuel Blanco Villar, xerente da Casa do Patrón e tamén autor). Tamén se contou coa asistencia da práctica totalidade dos autores, que

OUFF Escola Redacción A 26ª Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF) acollerá unha nova edición do OUFF Escola no próximo mes de setembro. O certame escolar acada este ano a súa décimo segunda edición. A

se achegaron ao medio cento de persoas. Déronse cita os colaboradores habituais (poetas, escritores, pintores, músicos...) espallados por toda Galicia, arroupados por numeroso público. A revista Trátase dunha revista multicultural, polifacética e entretida, na que se tratan temas moi diversos sobre temas históricos e de actualidade da nosa terra, cunha constante progresión dende o seu nacementoo pasado ano, en plena pandemia, atopándose en plena fase de expansión, á que lle auguramos un brillante futuro. Foi un un encontro moi variado e participativo, no que se entregaron un exemplar da revista así como unha lámina da súa portada a todos os autores Concellería de Educación do Concello de Ourense volve ser a organizadora, contando coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e do propio festival. O OUFF Escola está destinado a centros educativos públicos e privados de ensino non universita-

e colaboradores presentes, a totalidade dos cales tiveron a ocasión de aportar públicamente os seus diferentes puntos de vista. Posteriormente, os presentes degustaron un cocido de Lalín no restarante Casa do Patrón e xiraron unha visita ao Museo e á aldea de Codesedo.

Trátase dunha revista multicultural, polifacética e entretida, na que se tratan temas moi diversos sobre temas históricos e de actualidade da nosa terra rio de Galicia e aos de fóra da comunidade con materias en lingua galega. Conta con dúas categorías: Infantil/Primaria e Outros niveis de ensino non universitario. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 5 de xullo, dende a web da Concellería ou do propio festival.

Véndese piso en Beluso, Bueu (Pontevedra). 100 m2, 3 habitacións, salón, cociña, baño, despensa e 3 trasteiros amplios. Soleado todo o día, situado preto de servizos básicos e a menos de 2 km das mellores praias da zona. Prezo: 85.000 euros. Tfno.: 679 588 349 (envío fotos, escoito ofertas). Alugo local económico no centro. Ideal para oficina, almacén ou trasteiro. 17m2. Dispón de baños comunitarios. 120 euros/mes máis 7 euros de comunidad. C.E.: C. Teléfono 627 203 131 Véndese casa céntrica en Xinzo de Limia. Baixo máis unha planta (144m2,) tres prazas de garaxe e patio, cinco habitacións, dous baños, cociña amoblada e terraza. 133.000 euros. Tel. 699 648 514 / 988 21 40 70 Alugo baixo na zona do Couto totalmente acondicionado. Con luz, auga, 70 m2. Prezo 300 euros. Tel: 653 208 506 Alúgase perruquería. Tel. 672 08 93 49 Alúganse apartamentos en Montalvo (de Semana Santa a outubro) con unha ou dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916 Alugo sala para actividades culturais, con posibilidade de cociña, baño e outros sertvizos. Tel.: 988 247 113. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Busco casa en alquiler na periferia de Ourense. Opción a compra ou dunha permuta dun piso

situado na Valenzá. Tlf.: 600 826 029. Vendo casa na estrada de Santiago, con finca. Para restaurar. Tel.:672 089 349. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19.

TRABALLO Ofrécese señora para traballar con xente maior ou nenos. De toda confianza, con informes. Disponibilidade de coche e fins de semana Tel.: 606 422 543. Ofrécese señora para limpeza por horas Tel.: 674 500 513. Señora, auxiliar de enfermería responsable e con experiencia, ofrécese para coidar persoas maiores, enfermos, nenos e tarefas do fogar. Tel.: 620 052 173 Ofrécese señora responsable -española- para coidade de nenos ou persoas maiores. Con informes. Tel.: 606 422 543 Ofrécese auxiliar de enfermaría, con titulación, para o coidado de maiores. Como interna ou por horas. En Ourense ou arredores. Telf.: 663 043 561 Danse clases de francés a domicilio. Todos os niveis. Titulación en España e Francia. Tlf.: 625 745 611 Imparto clases particulares de Matemáticas a domicilio en Ourense capital. Todos os niveis. Tamen materias curriculares de ESO e Bacharelato. As clases son individuais e personalizadas. Ampla experiencia. Excelentes resultados. Económico. Interesados enviar WhatsApp ao 610 38 25 89. Coido ou acompaño a maiores enfermos polas noites. Económico. Tel.: 616 361 548.

Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358. Fanse desbroces en tractor e a man. Tlf.: 63 521 448 Ófrecese señora seria e responsable para tarefas do fogar e coidado de nenos e maiores. Con informes. Preferencia zona Ponte. Tlf: 685 374 191. Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405. Ofrécese señora por horas para tarefas do fogar, coidado de nenos. Atende persoas maiores; tamén de noite en hospital ou domicilio. Telf.: 620 052 173.

VENDAS Vendo rizador de pelo con accesorios para alisar e rizar. Tel.: 666 303 635 Véndense dous lavacabezas de perruquería. Tel.: 672 089 349 Vendo cama hospitalaria articulada en bo estado, con colchón anti-escaras. Tlf.: 606 133 522 Vendo prensa de viño mediana/grande, ideal para decoración en xardíns. Tlf.: 606 133 522 Véndese mampara nova. Tel: 672 089 349. Véndense traxes de cabaleiro moi antigos en bo estado, ideal para Entroido. Prezo 10€. Tel: 610 979 897. Compro moble de cociña completo. Tel: 988 247 824. Vendo escritorio. Como novo, bo prezo. Tel: 672 089 349. Vendo estufa de frío e calor. Tel: 672 089 349. Vendo hormigonera de 280 litros e maquinillo / grúa (a gasolina). Tel.: 988 23 47 91


Barrios 25 de xuño 2021


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.