Barrios 146

Page 1

Especial calendario da Eurocopa 2021 [Páxs. 12-13]

CIDADE

Páx.2

Un mes para saber se hai modificación de crédito ou unha moción de censura

XINZO

Páx.15 CELANOVA

Escolares de Xinzo reciben un carné como coidadores oficiais dos ríos

Páx.16 ALLARIZ

A Xunta mellorará o parque empresarial de Celanova por 137.000 euros

Páx.17 DEPORTES

A Casa da Mocidade de Allariz organiza actividades ata finais de setembro

Páx.20

CD Barco e UD Ourense xóganse o descenso de categoría na última xornada

Ampliación das reunións

[Páx. 3] Un grupo reunido nunha terraza logo de que se ampliara o número máximo de non convivintes. /I. OSORIO..

Número: 146 - Ano: XIV - 15 de xuño de 2021 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


2

Barrios 15 de xuño 2021

TEMA DA SEMANA

Unha tormenta explosiva sacode Ourense 4 Deixou centos de incidencias nuns minutos. Redacción Como se se trataba dunha megaprodución do estilo "O día de mañá", unha tormenta explosiva asolou a cidade de Ourense este domingo 13 de xuño. Foron uns minutos, pero suficientes para deixar centos de incidencias. Ducias de videos circularon polas redes sociais nos que se veía o azoute deste fenómeno metereolóxico que arrancaba árbores e arrastraba terrazas, ademais de romper tellados (como ocorreu co da piscina municipal Rosario Dueñas do pavillón dos Remedios). Con motivo do temporal, Policía Local, Bombeiros e un grupo de voluntarios de Protección Civil atenderon máis dun cento de incidencias. Durante a mañá do día seguinte retiráronse da rúa cascallos e pólas de árbores que podían causar perigo para as persoas, tales como desprendementos dos tellados ou estruturas, así como para sinalizar e valar as zonas afectadas. 'Downburst' Este panorama propio dunha apocalipse foi provocado polo fenómeno de-

nominado 'downburst', coñecido en España como 'reventón' ou 'esclafit', que consiste nunha corrente de aire intensa e descendente que cae desde nubes convectivas ou de tormenta, algo que só se dá en condicións moi específicas. Existen dous tipos de rebentóns: o cálido, cando existe unha capa de aire relativamente seca próxima ao chan e a precipitación evapórase antes de chegar á superficie; e rebentón húmido, que está asociado a unha precipitación brusca. Esta corrente de aire descende e choca contra o chan, provocando o que se coñece como vórtices horizontais, o que fai que o vento se acelere aínda máis e se produzan refachos de vento que poden chegar a superar o 100 km/h.

Policía Local, Bombeiros e un grupo de voluntarios de Protección Civil atenderon máis dun cento de incidencias

Auga caendo polas escaleiras ao carón da ponte Romana durante a tormenta.

Conta atrás para unha moción de censura ou unha modificación de crédito

4 De non presentarse a moción sairía adiante a modificación de 62 millóns de euros. Redacción Nun mes saberase se o Goberno local do Concello de Ourense disporá de 62 millóns de euros para acometer proxectos de toda índole na cidade ou se, pola contra, sae adiante unha moción de censura contra o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome. A isto chega a cidade despois de que o pleno no que estaba vinculada unha modificación de crédito a unha cuestión de confianza contra o alcalde non saíra adiante. Votaron en contra 15 concelleiros (nove do PSOE, dous do BNG e catro non adscritos -anteriormente nas filas de DO-); abstivéronse os sete do Partido Popular; e votaron a favor os tres edís de DO, o representante de Ciudadanos máis o non adscrito, ex do partido laranxa. Agora queda aberto, por un mes, o prazo no que a oposición ten para presentar un candidato alternativo como alcalde. Aínda que haberá que dilatar todo ese tempo, todo fai indicar que non haberá alternativa a Jácome, e darase vía libre á modificación de crédito. Desde o PSOE dixeron que tentarán esa moción de censura ata o final. Porén, non parece que saia adiante xa que depende dun acordo co Partido Popular, o cal está en negociacións para regresar ao Goberno local. Durante este último pleno, e antes das votacións, os non adscritos falaron por boca, primeiro, de Miguel Caride, e no segundo turno, de Laureano Bermejo. O primeiro dixo que sería discutible falar sobre o

"orzamento ordinario" e non "unha modificación de crédito destas características". Mentres o segundo pediu "un punto de encontro" e non permitir "que a cidade estea parada dous anos máis". O portavoz do Bloque Nacionalista Galego, Luis Seara, asegurou que o alcalde sométese "a unha cuestión de confianza que xa non ten" da corporación municipal, para despois apuntar aos populares como os "verdadeiros responsables" desta situación. "Falan de volver ao goberno para dar estabilidade, os mesmos que provocaron este caos". Para o nacionalista, esta modificación de crédito "é un orzamento en toda regra" e falou dunha "decisión unilateral apoiada polo PP". Pepe Araújo (único representante de Ciudadanos na actualidade na corporación municipal) foi o único -da oposiciónque apoiou esta iniciativa desde o inicio a pesar de que para Araújo darlle "a confianza" a Jácome "cóstame tanto ou máis que a calqueira de vós", dixo antes de votar a favor. O de Cs argumentou o seu voto favorable a que "hai que separar o persoal do político" e a que "estamos nunha situación de emerxencia". O da formación laranxa explicaba que Jácome seguirá de alcalde "de aquí a dous anos" e de non facer nada Ourense "será un deserto", un deserto "que beneficia ás grandes formacións" pero que “á cidade non". Tamén dicía que se negaba a "meterlle paos nas rodas" e "non quero que Ourense quede bloqueado dous anos máis". Para rematar, afeou tanto a socialistas como a populares; aos

primeiros asegurando que "boicotearán todo" e aos segundos por "pensar en chave provincial e chave Deputación" en vez de "en chave cidade". PP-PSOE Os portavoces do PP e do PSOE, Flora Moure e Rafael Villarino respectivamente, botáronse as culpas un ao outro da situación actual da cidade. Por parte dos populares, Moure asegurou que "o único que queremos é garantir a gobernabilidade da cidade", mentres que "vostedes adicáronse a boicotealo nos catro anos anteriores de mandato", recordando o período no que estaba o PP no Goberno municipal con Jesús Vázquez á cabeza. E volveu a repetirlle ao portavoz socialista que "non da confianza", afirmando que o único -o PP- que quere "é garantizar a gobernabilidade da cidade". A pesar de crer necesarias as partidas consideran que algunhas que non o fixeron "deberían incrementarse". Con todo isto abstivéronse na votación ao non compartir "as formas nin unha

parte do fondo" pero "non bloquearemos a cidade", remataba Flora Moure aseverando que o PSOE "foi o único que boicoteou calquera cambio". Pola súa banda, na réplica dos socialistas, Rafael Villarino recordou que os do PP "puxéronse de perfil cando pretendiamos un pacto". E incidiu en que cando lle pediron que se botara a un lado "eu fíxeno", para despois pedir, ademais, "que devolvera a miña acta", considerando todo iso como "un fraude monumental á democracia". O voceiro socialista tamén tivo palabras para o alcalde a quen lle preguntou "por que non fai cuestión de confianza co PXOM?" respondendo el mesmo: "porque de perdela decaería de alcalde".

Todo semella indicar que non haberá moción de censura, darase vía libre á modificación de crédito

Jácome no pleno no que se vinculaba a modificación de crédito a unha cuestión de confianza.


TEMA DA SEMANA

Finalmente o Kepos foi o local elexido para a proba piloto do ocio nocturno en Ourense. /I.OSORIO.

Novas normas: amplíanse as reunións de non convivintes e o horario na hostalaría 4 Ourense contou cunha proba piloto no ocio nocturno. Redacción A desescalada vai dando pasos. Desde que se levantara o estado de alarma (fai aproximadamente un mes) as restricións son cada vez menores e iso nótase, sobre todo, desde o pasado sábado nas reunións de non convivintes e nos horarios da hostalaría. Toda a provincia está en nivel medio-baixo. A prohibición que imperaba de non reunirse non convivintes entre a unha e as seis da madrugada queda anulada; porén desde Sanidade piden responsabilidade e prudencia. En canto á hostalaría, todos estos establecementos terán o mesmo horario de apertura, independientemente de se sirven ceas ou non. Desde agora, todos poderán pechar á unha da madrugada, sempre que cumpran coa instalación de medidores de CO2 garantindo a calidade do aire. Para tomar algo nunha terraza, o límite amplíase ata as 15 persoas; no interior dunha cafetería segue sendo o mesmo de antes: seis persoas.

No tocante ás actividades ao aire libre, o tope que estaba no 50% da súa capacidade, pasa agora ao 75%; e os participantes non poderán exceder de 125 en exterior e de 50 en interior (contando cos monitores). En lugares de culto non se pode superar o 50% da súa capacidade máxima e en velorios seguen a ser 10 persoas por túmulo e 25 en espazos abertos, o mesmo que en enterramentos e cremación. En actos e reunións laborais, institucionais, académicas ou profesionais: 75% da capacidade autorizada do local. Límite de 150 persoas en locais pechados e 300 persoas en locais ao aire libre. Nas bibliotecas e arquivos, museos, salas de exposición, monumentos e outros equipamentos culturais: 50% da súa capacidade máxima permitida. En actividades culturais: 10 persoas no interior e 20 no exterior, sexan ou non conviventes, excluído o monitor ou guía. En competicións deportivas, cines, teatros, audi-

torios, congresos: 50% da súa capacidade máxima permitida. Límite de 500 persoas en locais pechados e 1.000 persoas ao aire libre. O público deberá permanecer sentado. Datos Ourense, que como xa dixemos, atópase en todo o territorio en nivel medio- baixo, según datos de Sanidade. A cifra de contaxiados con infección activa é de 145, dos cales tres están hospitalizados en planta (dous no CHUO e un no hospital de Verín) e un en coidados intensivos (CHUO). Máscara Hai unhas datas o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, anunciaba que o fin do uso da máscara en determinados momento podería estar próximo. De momen-

to, continúan as mesmas restricións e segue sendo obrigatoria para persoas de seis ou máis anos, tanto na vía pública, espazos ao aire libre e en espazos pechados de uso público ou abertos ao público, aínda que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros. Nas actividades no ámbito laboral desenvolvidas en espazos comúns ou de uso colectivo ou en calquera outra dependencia en que estean varios traballadores/as e/ou clientes será tamén obrigatorio o seu uso. Tamén será obrigatoria para os accesos, desprazamentos e paseos nas praias e piscinas, así como nos vestiarios. Hai excepcións a esta norma como para persoas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que se poida ver agravada polo uso da mesma;

As vacinacións continúan para a franxa de 40 a 49 anos, aos que tiñan que ter inxectada a vacina a aínda non a teñen, e a segunda dose dos menores de 60 anos que recibiron AstraZeneca

Barrios 15 de xuño 2021

nos vehículos de turismo, cando todas as persoas ocupantes convivan no mesmo domicilio; no mar, praias e piscinas no momento do baño e mentres se permaneza nun espazo determinado, sempre que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal; en establecementos de hostalaría e restauración, exclusivamente nos momentos estritamente necesarios para comer ou beber; e durante o exercicio de deporte individual en espazos ao aire libre, exclusivamente durante a realización da práctica deportiva, sempre que se manteña o 1,5 metros de distancia (esta excepción non é tal en rúas, avenidas, paseos, prazas e camiños de tránsito público, ou outros lugares que sexan lugar de circulación habitual de viandantes). Ocio nocturno Un dos sectores máis castigado por esta pandemia foi o ocio nocturno. Esta fin de semana fíxeronse por toda Galicia probas pilotos de cara a unha nova apertura. Ourense era unha das cidades que ía ter esa proba piloto. O lugar elexido foi o Miudiño, pero este renunciou debido á súa imposibilidade de poder cumprir coas normas establecidas. Finalmente, foi o Keops o que realizou esta proba piloto. A proba, segundo o encargado do local, foi un éxito, e nin tan sequera houbo que recordar a ningún cliente que o uso da

3

máscara era obrigatorio. Os resultados das mesmas sabranse en vindeiras datas. Os propietarios destes locais agardan que todo saia ben e poder abrir a partir do 1 de xullo cos protocolos pertinentes. A seguinte proba piloto será coas verbenas. Na nosa provincia realizaranse no Concello do Carballiño (finca das Barcias) o próximo sábado. Para acudir deberán rexistrarse en www.woutick.es. O límite é de 1.000 persoas para esta primeira toma de contacto coas orquestras. Vacinación Despois do parón deste domingo, as vacinacións continúan esta semana. Ademais de seguir coa inmonización da franxa de 40 a 49 anos, tamén se lle administra aos denominados de repesca (os que xa deberían ter inxectada a dose) e a segunda dose dos menores de 60 anos que recibiron AstraZeneca.

Todos os concellos da provincia atópanse en nivel medio-baixo de restricións Finca das Barcias (O Carballiño) acollerá a proba piloto das verbenas este mesmo sábado

4 III Plan de rescate Este 14 de xuño abriuse unha o prazo de solicitude das axudas do 3º Plan de rescate (ata o 14 de xullo), aprobado polo Consello da Xunta e financiado con fondos do Goberno central que ascende a 234 millóns de euros. Poderán concorrer a estas axudas calqueta actividade económica sempre que se acredite unha baixada no negocio de alomenos o 40%. A maioría destes fondos (o 85%) quedan reservados a autónomos, microempresas e pymes. Esta axuda está divi-

diva en tres bloques. O primeiro de 150 millóns para autónomos e profesionais que tributen por módulos; 50 millóns para traballadores individuais con ata 10 traballadores, e con ata 25 traballadores e un volumen de facturación de ata dous millóns de euros; e 34 millóns para autónomos e empresas con máis de 10 traballadores e cunha facturación de máis de 2 millóns e empresas de máis de 25 traballadores. As contías irán dos 3.000 aos 30.000 euros.


4

Barrios 15 de xuño 2021

Piscinas de Oira Redacción Desde este luns, 14 de xuño, están abertas as piscinas municipais de Oira. O aforo das mesmas será do 50%. Por este motivo haberá que realizar cita previa (para un máximo de dous adultos e tres menores de 14 anos como norma xeral) no espazo web PiscinasOurense APP de reservas (saudeter.com). Poderase elexir entre dúas quendas: polas mañás, de 11 a 15:30, ou polas tardes de 16:30 a 21 horas). Non se pode reservar días seguidos; o prazo de reserva é, como moito, para os catro días seguintes. O recinto estará marcado por unhas frechas laranxas no chan que guiarán o acceso dos usuarios. Dentro do recinto débese usar máscara protectora, salvo durante o baño. O xel hidroalcólico debe utilizarse previamente ao acceso á instalación e aos vestiarios. Dentro, haberá que manter distancia entre grupos, de 1,5 metros, como mínimo.

Piscinas de Oira.

CIDADE

O aparcadoiro da intermodal, listo para xullo 4 Conta con 300 prazas soterradas. Redacción Desde a Xunta de Galicia teñen previsto que o aparcadoiro da intermodal de Ourense estea operativo no mes de xullo. Así o estimou a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, na visita que realizou ás súas instalacións. Co remate desta obra faltaría a execución da área ferroviaria para rematar a primeira fase. Cabe recordar que a nova terminal de autobuses está en servizo desde hai 4 meses. Estas obras, que está a executar ADIF, contan cun investimento de 6,7 millóns de euros, e cuxo custo é financiado maioritariamente con fondos propios da Xunta, preto de 4 millóns (o 67% do montante). A titular de Infraestruturas e Mobilidade indicou que, a pesar do atraso sobre as previsións iniciais, e aínda que restan algunhas semanas de traballo, o novo aparcadoiro subterráneo está na súa recta final. Concretou que está previsto que as obras finalicen este mesmo mes de xuño e se organice a súa posta en servizo en xullo.

A conselleira expresou a súa confianza en que así sexa e lembrou que, ademais de para dar servizo á estación intermodal, o aparcadoiro debe estar á disposición dos veciños do barrio da Ponte, que precisa de novos espazos de estacionamento. Características O acceso rodado ao novo aparcadoiro subterráneo, con preto de 9.000 m², unha lonxitude de 130 metros -algo máis que un campo de fútbol- distribuídos en 2 andares e cun total de 300 prazas soterradas, realizarase desde a rúa Eulogio Gómez Franqueira. Contará, ademais, con 3 accesos peonís: para uso dos usuarios da terminal de autobuses; para os usuarios do ferrocarril e un terceiro acce-

so para uso preferente da cidade, para facilitar a entrada directamente aos veciños deste barrio. Veciños Ethel Vázquez indicou que a Xunta solicitou reunión da comisión de seguimento para aclarar as condicións nas que se explotará esta infraestrutura, na que solicitará que se poñan á disposición dos veciños do barrio da Ponte o maior número de prazas posible de xeito gratuíto ou cun prezo meramente simbólico.

O aparcadoiro conta con preto de 9.000 m² e unha lonxitude de 130 metros

Visita ás obras do aparcadoiro da intermodal. /M.REJO.

Así loce o novo parque infantil entre as rúas Vázquez Núñez e Martiño Sueiro.

Novo parque na Carballeira 4 Trátase dun espazo infantil multixogo. Redacción Entrou en servizo o novo parque da Carballeira, cun espazo infantil multixogo renovado integralmente, entre as rúas Vázquez Núñez e Martiño Sueiro. O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, fixo unha visita ao lugar xunto aos técnicos responsables da obra. A actuación supuxo un investimento de máis de 47.000 euros. Instaláronse varios xogos de integración e unha estrutura multixogo con temática e decoración medieval formada por unha torre hexagonal (con un tobogán aberto recto de polietileno de alta densidade, rede sobre poste, ponte de triángulos colgantes, ponte de

cordas, rampla sobre tubo, acceso parede rocódromo, entrada secreta, con lamas de caucho flexible), dúas torres triangulares dobres (con un tobogán aberto recto de polietileno de alta densidade, ponte de cordas, muralla, escaleira de barras, dobre rocódromo, rampla, e túnel de gateo), dúas torres triangulares (con barra de bombeiros, acceso a parede de rocódromo, escaleira de barras, muralla, túnel de gateo, e ponte de triángulos colgantes). Os xogos instaláronse sobre chan amortecedor de caucho continuo colocado sobre soleira de formigón armado que substituirá o actual de area. Esta nova área conta cunha capacidade de acollida de xogo para 30 nenos e nenas.


CIDADE

Uvigo e CEO estreitan lazos 4 Firman un convenio. Redacción Parrado visitando instalacións de Cáritas Ourense.

Axudas para a inclusión Redacción

realizan no centro, como alfabetización dixital, actividades interculturais ou programas de emprego.

A Xunta de Galicia achega máis de 300.000 euros para programas de inclusión social e laboral para persoas en situación de vulnerabilidade de Cáritas Diocesana de Ourense. O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, na visita á sede da entidade en Ourense coñeceu algunhas das actividades que se

Tarxeta Básica O director xeral de Inclusión Social tamén lembrou unha nova iniciativa para atallar ás necesidades máis acuciantes, como é a Tarxeta Básica, que sirve para a compra de produtos básicos, das cales 2.434 están entregadas a persoas de Ourense.

A Universidade de Vigo e a Confederación Empresarial de Ourense (CEO) reforzan os seus lazos de colaboración mediante a firma dun convenio marco. O mesmo tería que ser rubricado hai tempo, pero a pandemia obrigouno a pospor. Os ámbitos de cooperación van desde o desenvolvemento de proxectos de innovación e transferencia de coñecemento desde a universidade ao mundo empresarial; a organización de actividades de divulgación como cursos, conferencias ou

seminarios; tamén o intercambio e colaboración en todo tipo de proxectos innovadores e sociais de interese común, ou actuacións que promovan o autoem-

Barrios 15 de xuño 2021

prego, o espírito emprendedor e a empleabilidad entre os mozos. No seu repaso polo contido dos puntos do acordo, a presidenta da CEO, Marisol Nóvoa, destacou tamén todas aquelas iniciativas que promovan a economía circular, sobre todo no territorio da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal, mediante a celebración de xornadas intersectoriales

5

para divulgar. Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, resaltou na súa intervención que "para a universidade é prioritario o desenvolvemento de accións nas comunidades das que formamos parte, as provincias de Pontevedra e Ourense, e especialmente no campus de Ourense, o máis dinámico nestes momentos dos campus galegos".

Marisol Nóvoa e Manuel Reigosa, na firma do convenio marco.


6

Barrios 15 de xuño 2021

CIDADE

EN BREVE

A Concellería de Igualdade organiza o "Espazo Coeduca"

4 Centros Cívicos

Os centros cívicos abren o prazo para anotarse nas actividades de verán para nenos e nenas de 3 a 12 anos. O prazo de inscrición está aberto ata o 18 de xuño (ás 24 horas) e para inscribirse hai que cubrir a solicitude que se activará na páxina www.ssociaiscursos.com. Se algunha persoa precisase axuda coa inscrición pode dirixirse telefonicamente ao 988 393 107. As actividades desenvolveranse nos meses de xullo, agosto e setembro nos centros cívicos de Colón, A Cuña, A Ponte, As Termas e Seixalbo. Serán de luns a venres en horario de 9 a 14 e de 16 a 20 horas. As quincenas dividiranse do 1 ao 15 de xullo; do 16 ao 30 de xullo; do 2 ao 16 de agosto; do 17 ao 31 de agosto; e do 1 ao 8 de setembro.

4 Axudas escolares O Concello abre un prazo de 10 días para emendas ás axudas para comedores, libros e material escolar. Está dotado cun orzamento de 294.250 euros (25.000 euros para axudas a libros de texto e material escolar e 269.250 euros para comedores escolares). As listas poden consultarse no taboleiro oficial do concello e no espazo web www.ourense.gal.

4 Libro

A profesora do IES 12 de Outubro, María Elena Ojea Fernández, publica (Editorial Edelvives) unha escolma de contos feministas de Emilia Pardo Bazán. Os relatos amosan a problemática da condición feminina na España da segunda mitade do século XIX. A través deles, Pardo Bazán desvenda sen rodeos a miserábel condición social da muller decimonónica: o maltrato dentro e fóra do matrimonio ao que era sometida, a mediocre educación que se lle reservaba e incluso a súa tradicional subordinación á maternidade.

4 En xullo e agosto para escolares de 6 a 12 anos. Redacción Gabriel Alén -dereita- atendendo as explicacións de como serán as sendas.

Información pública das sendas de Montealegre e Valdorregueiro 4 As actuacións contan cun investimento da Xunta de máis de 1,3 millóns de euros e cun prazo de execución de seis meses. Redacción O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, informou de que se iniciou o proceso de información pública dos proxectos dos itinerarios peonís e ciclistas nas estradas autonómicas OU-101, en Montealegre, e na OU-150, en Valdorregueiro. O Diario Oficial de Galicia recolle a publicación do anuncio de información pública. Os interesados disporán dun prazo de 30 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no DOG, para trasladar as súas achegas e suxestións a estes dous proxectos de mellora da mobilidade. Estas actuacións, que terán un prazo de execución de seis unha vez iniciadas as obras meses, suporán un investimento da Xunta de máis de 1,3 millóns de euros e necesitarán da expropiación de 45 fincas para a súa construción. Intervención A intervención ten por obxectivo actuar en zonas destas estradas autonómicas que carecen na actualizade dun espazo seguro para o tránsito de peóns, polo que a execución destes itinerarios suporá

unha mellora importante da seguridade viaria aos veciños do concello de Ourense. Segundo o proxecto redactado polo departamento de Infraestruturas da Xunta, executarase un itinerario peonil e ciclista na marxe dereita da estrada OU-101 que dará continuidade desde o punto quilométrico 1+020 ata o refuxio da parada de bus, no punto quilométrico 2+310. Tamén se construirá un itinerario peonil e ciclista na marxe dereita da estrada OU-150, entre o punto quilométrico 0+000 (no cruce coa N-525) e ata aproximadamente o punto quilométrico 1+000, onde finaliza a beirarrúa existente. Así mesmo, está proxectada a execución de cinco muros de sostemento realizados en escollera na senda da OU-101 e catro muros de sostemento na senda adxacente a OU-150. O proxecto tamén prevé a instalación das sinalizacións vertical e horizontal e a adecuación das paradas de autobús. Plan de Sendas Estes novos itinerarios

enmárcase no Plan de Sendas de Galicia para a comarca de Ourense. O Plan de Sendas de Galicia, que a Xunta vén desenvolvendo en distintas comarcas galegas, parte dunha análise global do territorio, priorizando actuacións que atenden a criterios técnicos obxectivos e factores como a situación dos núcleos de poboación, servizos ou equipamentos; o tráfico e a sinistralidade que rexistra cada treito da estrada; a orografía e as pendentes do terreo; o clima; a facilidade de implantación ou a posibilidade de conectar con percorridos xa existentes. Os obxectivos prioritarios desta iniciativa da Xunta, de construción de itinerarios peonís e ciclistas sostibles, seguros e integrados na paisaxe, son os de protexer e incrementar a seguridade de peóns e ciclistas, favorecendo modos de desprazamento menos contaminantes e alternativos á utilización do vehículo particular.

Os interesados disporán ata primerios de xullo para trasladar as súas achegas e suxestións a estes dous proxectos de mellora da mobilidade

O Concello de Ourense -Concellería de Igualdade- organiza actividades de verán no Espazo Coeduca, dirixidas a nenas e nenos de 6 a 12 anos, que se desenvolverán de luns a venres, de 9 a 14 horas, nas dependencias desta concellería, na rúa do Ensino, 24. Haberá dúas quendas: xullo e agosto. As prazas son limitadas debido ás restricións sanitarias: inicialmente 24, (12 en xullo e 12 en agosto), que se poderían aumentar se o permitise a evolución da normativa sanitaria; e adxudicaranse por orde de inscrición Inscrición As persoas interesadas poderán anotar as súas crianzas a partir do día 21 de xuño, mediante cita previa telefónica para evitar aglomeracións que poñan en risco a saúde, nos teléfonos 672 780 515 e 687 050 196. Estas actividades están organizadas pola Concellería de Igualdade do Concello de Ourense, coa subvención do Ministerio de Igualdade-Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e están dinamizadas por Afouta. Coeduca O Espazo Coeduca é unha iniciativa da Con-

Cartel da iniciativa.

cellería de Igualdade-CIM que entrou en servizo no verán de 2012 coa finalidade de fomentar unha educación equitativa e igualitaria en liberdade e convivencia coa diversidade, como unha medida compensatoria incardinada no III Plan para a Promoción da Equidade de Xénero do Concello de Ourense 2017-2020. O obxectivo principal do Espazo é promover a creación dun espazo alternativo e complementario ao ámbito da educación formal seguindo un modelo coeducativo nas pautas socioeducativas a implementar con nenos e nenas, pais e nais, nun entorno igualitario de aprendizaxe e lecer adaptado ás necesidades e aos tempos das familias e á súa conciliación. Asi, o Espazo Coeduca desenvolve, entre outras, actividades de aprendizaxe, lúdicas e deportivas que posibiliten que as nenas e os nenos se sintan protagonistas do seu proxecto vital e que lles permitan vivenciar que o feito de ser homes ou mulleres ten a mesma importancia.

Inscricións a partir do día 21 de xuño nos teléfonos 672 780 515 e 687 050 196


PUBLICIDADE

O Centro Residencial Docente sito na Avenida da Universidade, nº 18 en Ourense.

CRD Ourense, oportunidade para estudar o que queres 4 A residencia de alumnos non universitarios de Ourense oferta preto de 200 prazas. Redacción O Centro Residencial Docente (CRD) de Ourense (sito na Avenida da Universidade, nº 18), dependente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, ten como destinatario ao alumnado do ensino non universitario postobrigatorio e que non dispoña na súa localidade de centros educativos para continuar determinadas ensinanzas (Bacharelato, Ciclos Formativos de Formación Profesional e ensinanzas artísticas) e na convocatoria extraordinaria de alumnado universitario. O acceso ás prazas coma alumno/a do CRD regúlase por unha convocatoria anual; para o curso 2021-22 publicarase previsiblemente sobre o 16 de xuño. As prazas poden ser con bolsa com-

pleta, no caso de cumprir cos requisitos fixados na convocatoria. Así mesmo, a mediados de setembro, ábrese un novo prazo para solicitar prazas na residencia, se feita a adxudicación de prazas en período ordinario, seguen existindo algunhas prazas vacantes. O centro está dividido en dous colexios residenciais, que teñen cada un tres plantas con 11 habitacións e capacidade para tres persoas por habitación e 1 habitación dobre con capacidade para dúas persoas. A capacidade total do centro na actualidade sería de 198 alumnos/as residentes máis 6 bolseiros/as ou

peño do labor de apoio no desenvolvemento da actividade diaria da residencia. c) A persoa solicitante deberá estar inscrita ou matriculada en ensinanzas universitarias de grao, máster oficial, primeiro, segundo ou terceiro ciclo nunha facultade, escola superior, escola universitaria ou colexio universitario no curso 2021/22. d) Non repetir curso; e no caso de cambio de estudos, non ter abandonado dúas veces estudos iniciados para matricularse noutros estudos distintos. O alumnado do CRD de Ourense dispón de diferentes servizos no centro: biblioteca con aula de informática con equipos de derradeira xeración e conexión gratuíta a internet, salas de estudos, comedor

Barrios 15 de xuño 2021

escolar, pavillón polideportivo e pistas exteriores de fútbol, tenis e baloncesto, ximnasio, salas de uso múltiple, salas de TV colectivas, sala de cine e conferencias, cafetería/ bar, enfermaría e servizo médico no propio centro, zonas de lecer exteriores e xardíns, aparcamento privado e vixiado, ademais, dunha atención educativa e apoio ás necesidades psicolóxicas, sociais e de desenvolvemento integral, mediante a intervención do equipo directivo e educativo. Prazo de presentación O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será: a) Para o alumnado matriculado en bacharelato, entre o día seguinte ao da

7

Selo de espazo controlado COVID-19 no CRD. publicación desta convocatoria e o 9 de xullo de 2021 (este incluído). b) Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 6 de agosto de 2021 (este incluído). O prazo de presentación de solicitudes en período extraordinario, entre o 14 e o 22 de setembro de 2021, ambos incluídos.

colaboradores/as, é dicir 204 persoas. Existen 6 prazas reservadas para alumnado colaborador. O acceso a estas prazas regúlase por unha convocatoria para o curso 2021-22 publicarase previsiblemente sobre o 15 de xuño. As persoas adxudicatarias de prazas de colaborador/bolseiro utilizarán os servizos da residencia de forma gratuíta. Os requisitos para poder optar ás prazas de colaborador/bolseiro, son. a) 18 anos cumpridos ou acadar esta idade dentro deste ano natural. b) Posuír a capacidade funcional para o desem-

O acceso as prazas coma alumno/a do CRD regúlase por unha convocatoria anual; para o curso 2021-22 publicarase previsiblemente sobre o 16 de xuño

De esquerda a dereita e de arriba abaixo: despacho médico , sala de TV e salón de xogos.


8

Barrios 15 de xuño 2021

SOCIEDADE

Usuario da tarxeta “Xente Nova” entrando nun autobús interurbano.

Os menores de 21 anos viaxan gratis por Galicia no transporte público coa tarxeta “Xente Nova”

4 A tarxeta ‘Xente Nova’ pode adquirirse en calquera das 213 oficinas de Abanca habilitadas nas catro provincias. Redacción Todos os menores de 21 anos poden viaxar gratis no transporte público da Xunta por toda a xeografía galega. A Xunta de Galicia publicaba o pasado 20 de maio, no Diario Oficial de Galicia (DOG), a resolución que facía estensiva a toda a comunidade a gratuidade no transporte público interurbano aos menores de 21 anos coa utilización da tarxeta ‘Xente Nova’ (anteriormente só podía empregarse nas áreas de transporte metropolitano constituídas -áreas de transporte metropolitano

da Coruña, de Santiago, de Ferrol, de Lugo e de Vigo-, na provincia de Ourense e en 13 concellos da área de Pontevedra). A norma facíase efectiva a partir do día seguinte da súa publicación no DOG (21 de maio). Así pois, con esta medida, todos os galegos menores de 21 anos poderán viaxar de balde no auto-

bús da Xunta, desde calquera dos 313 concellos de Galicia a calquera outro, ademais de no barco, no caso da ría de Vigo, e no ferrocarril de vía estreita na área de Ferrol. Tarxeta A tarxeta ‘Xente Nova’ pode dquirirse en calquera das 213 oficinas de Abanca habilitadas nas

A Xunta de Galicia publicaba o pasado 20 de maio, no Diario Oficial de Galicia (DOG), a resolución que facía extensiva a toda a comunidade a gratuidade no transporte público interurbano ós menores de 21 anos

catro provincias. Para empezar a empregala cómpre cargar a tarxeta cun saldo inicial co que se abonarán as viaxes e, posteriormente, será reintegrado no dispositivo. A repercusión desta iniciativa é tal que actualmente son máis de 80.500 mozos menores de 21 anos os que xa viaxan de balde nos autobuses interurbanos da Xunta a través do emprego desta tarxeta. O ano pasado (a pesar de todos os condicionantes da crise sanitaria da covid-19) foi o de maior incremento de tarxetas expedidas desde que se

puxera en marcha aló polo 2016. Nos 365 días de 2020 emitírnose máis de 21.000 novos dispositivos. Desde a implantación desta medida, realizáronse máis de 8 millóns de viaxes gratuítas, cun investimento por parte da Xunta que se sitúa en preto dos 8 millóns de euros. A tarxeta permite realizar cada mes ata 60 viaxes interurbanas gratuítas. A súa recarga pode efec-

tuarse nos caixeiros de Abanca ou nas oficinas habilitadas para expedila e tamén de xeito telemático mediante a banca móbil ou electrónica da citada entidade. Desde a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade trabállase para que proximamente os usuarios poidan levar a tarxeta no móbil e facer as recargas sen necesidade dun caixeiro.

Na páxina web www.bus.gal pode ampliarse a información relativa a este dispositivo e as vantaxes que leva asociadas


SOCIEDADE

Na páxina web www. bus.gal pode ampliarse a información relativa a este dispositivo e as vantaxes que leva asociadas, así como o listado de todas as sucursais habilitadas para a súa expedición e os servizos de transporte existentes en cada concello, cos correspondentes horarios e rutas. Por zonas Na área de Ourense son máis de 2.900 tarxetas expedidas sendo a que conta cun menor número. A conta con máis dispositivos é a área da Coruña, con preto de 23.500; despois está a de Vigo, con máis de 17.600; Santiago cunhas 12.350; Ferrol con ao redor de 9.800; e Pontevedra, chegando ás 5.500 emitidas. Iniciativa social Esta iniciativa social da Xunta, a tarxeta ‘Xente Nova’, pretende fomentar o transporte público. A Xunta de Galicia púxoa en marcha en 2016 nas áreas de transporte metropolitano para permitir a gratuidade no transporte público a menores de 19 anos. Máis tarde, ampliouse a cobertura ata os menores de 21 anos.

En xuño do ano pasado, o Executivo autonómico activou este incentivo en toda a provincia de Ourense e en 13 concellos da área de Pontevedra. Esta decisión do Goberno galego, enmarcada no Plan de Transporte Público de Galicia, ten como obxectivos contribuír á economía das familias e facilitar o acceso dos mozos a servizos básicos como a educación, especialmente a non obrigatoria, ao tempo que se fomenta o uso do transporte público e a mobilidade máis sustentable entre os máis novos. Para ilustrar o impacto que a tarxeta Xente Nova está a ter nos petos das familias, o director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, puxo de exemplo o traxecto dunha moza de Verín que estude na cidade de Ourense, desde que o Goberno galego estendeu a toda a provincia as vantaxes deste dispositivo. Así, coa

Na área de Ourense son máis de 2.900 as tarxetas “Xente Nova” expedidas

Barrios 15 de xuño 2021

9

A Xunta está a impulsar prezos máis económicos para toda a cidadanía. tarifa do contrato anterior, esta usuaria tería un prezo por viaxe de 4,55 euros, o que supón uns 200 euros ao mes desprazándose a diario. "Hoxe", dixo, "esta mesma estudante viaxa gratis todo o curso, o que supón para a familia case 1.800 euros de aforro nos 9 meses lectivos". Resto da cidadanía Ademais, o director xeral de Mobilidade, puxo o acento na incidencia do novo Plan de Transporte Público de Galicia nos descontos e políticas activas de prezos máis po-

tentes, con independencia da idade, e que posibilita a todos os usuarios o acceso a elas. Aquí, seguindo co exemplo da estudante de Verín, explicou que segundo a moza vaia cumprindo anos, ou para o resto de usuarios, se dispón xa dun bono mensual ilimitado de 66€ se precisa facer as mesmas viaxes, o que supón un aforro de case 150 euros ao mes, 1.200 euros ao ano. O director xeral de Mobilidade, destacou tamén nunha intervención no Parlamento de Galicia,

Actualmente son máis de 80.500 os menores de 21 anos os que xa viaxan de balde nos autobuses interurbanos da Xunta.

que a Xunta está a impulsar prezos máis económicos para toda a cidadanía. Para iso, estase a traballar na constitución nos vindeiros meses da Área de Transporte de Galicia, que levará a toda a Comunidade os beneficios dos que gozan xa nos 65 concellos da contorna das cidades da Coruña, Ferrol, Lugo, Santiago e Vigo, integrados nas áreas de transporte metropolitano, a través do uso da tarxeta TMG. Maestro puxo en valor tamén o traballo da Xunta para facer realidade a modernización completa dos servizos de transporte público por estrada, onde apuntou como fundamental o papel da mocidade e, tamén, do novo Plan de Transporte Público de Galicia, “que rematou recentemente a súa implantación efectiva, froito dun traballo inxente”, dixo. Destacou a planificación do Goberno galego ante a magnitude do proceso rematado ao longo do ano pasado, que supuxo implantar 127 contratos, a renovación de máis de 3.100 liñas de autobús, que cada mes poñen en circulación uns 300.000 servizos, trasladando a 26

millóns de viaxeiros ao ano, ademais de 43.000 escolares todos os días. A rede de servizos descrita, lembrou, supón un investimento autonómico que supera os 80 millóns de euros cada ano. Ignacio Maestro apuntou que a adhesión dos concellos que estean interesados suporá a despenalización total dos transbordos en autobuses interurbanos e bonificacións económicas en cada viaxe. Estes descontos, engadiu, de xeito complementario á oferta de bonos vixentes, suporán un aforro real adaptado ás circunstancias individuais dos cidadáns. O director xeral de Mobilidade animou a colaborar na constitución da Área de Transporte de Galicia aos concellos interesados en que a mocidade e a cidadanía, sen límite de idade, dispoñan de prezos aínda máis baixos. Neste sentido, expresou a confianza en que os concellos se sumen aos convenios coa Xunta para que esta Área estea plenamente operativa cando antes, toda vez que aos municipios só lles corresponde achegar o 20% do financiamento.

Unha moza de Verín que estude na cidade de Ourense, antes, pagaría un prezo por viaxe de 4,55 euros, o que supón uns 200 euros ao mes desprazándose a diario; hoxe, co uso da tarxeta “Xente Nova” viaxa gratis. Supón para a familia case 1.800 euros de aforro nos 9 meses lectivos


10

Barrios 15 de xuño 2021

EN BREVE 4 Vasoira de Platino

A cidade de Ourense recibiu o premio Vasoira de Platino 2020, que se lle concede ás cidades que apoian, premian e difunden o bo saber facer da xestión dos residuos e o aseo urbano, así como pola elaboración de proxectos e polo desenvolvemento de tecnoloxías que permitan unha xestión sostible do medio ambiente.

4 País Vasco O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, visitou San Sebastián e Bilbao para coñecer, de primeira man, proxectos levados a cabo nas dúas cidades vascas. Na primeira interesouse por diferentes proxectos levados a cabo por esta cidade e, moi especialmente, en materia de mobilidade urbana; na segunda, visitou varios parques infantís, xa que o rexedor quere dotar á cidade das Burgas deles.

4 Horarios museos Ata o 31 de agosto o Museo Municipal abrira de martes a sábado de 11 a 13.30 h e de 18.30 a 21.30 h, domingos de 11 a 13.30 h e luns pechado. A Sala Valente de martes a sábado de 11 a 14 e de 18.30 a 21.30 h, domingos de 11 a 14 e luns pechado. O Claustro de San Francisco de martes a sábado de de 11.30 a 13.30 h e de 18 a 21 h, domingos de 11.30 a 13.30 h e luns pechado. E o Espazo Arturo Baltar de luns a venres de 11 a 14 horas.

CIDADE

O OUFF homenaxea ao cineasta Berlanga 4 Acollerá unha exposición e proxectará unha película do cineasta. Redacción O Festival Internacional de Cine de Ourense homenaxeará ao director e guionista Luis García Berlanga (Valencia, 1921 - Madrid, 2010) no centenario do seu nacemento. Na 26ª edición do certame ourensán, que terá lugar entre o 24 de setembro e o 2 de outubro de 2021, celebraranse varios actos conmemorativos para lembrar o vínculo que unía ao cineasta co OUFF. Por unha banda, o festival acollerá unha exposición fotográfica rememorando a súa presenza en Ourense durante a celebración da 10ª edición, en novembro de 2005, e ao tempo proxectarase o filme El verdugo, para a crítica quizáis a súa maior altura cinematográfica. Berlanga e o OUFF No ano 2005, durante a décima edición do Festival Internacional de Cine de Ourense, Berlanga recibiu o Premio Memoria Histórica a figuras relevantes do cine español. O director valenciano acudiu a recoller o seu galardón, sendo o último premio honorífico da súa carreira que recibiría persoalmente antes do seu falecemento no ano 2010. A presenza do cineasta en Ourense marcou un fito na historia do

festival e, con tal motivo, ofrecerase unha exposición de exteriores recollendo testemuñas gráficas e publicadas daquela súa estadía na cidade das Burgas. Daquela, a homenaxe consistiu na celebración dunha mesa redonda na súa honra na que participaron Javier Angulo, actual director da Seminci de Valladolid; o director de cine Álex de la Iglesia; a actriz Concha Velasco; e o actor Alejo Sauras. A isto engadiuse a proxección de tres das súas películas máis míticas (La Vaquilla, Tamaño Natural e Plácido) así como a publicación dun libro colectivo, La atalaya en la tormenta: el cine de Luis García Berlanga, coordinado polo profesor José Luis Castro de Paz xunto con Julio Pérez Perucha.

Tamén se celebrou unha gala de entrega da estatuíña do Premio Memoria Histórica, un dos máis prestixiosos do OUFF, e que recibiron outros grandes persoeiros do mundo do cinema español como Juan Diego ou José Antonio Nieves Conde, e a título póstumo María Casares, Juan Antonio Bardem ou Camilo José Cela. Na entrega do galardón, celebrada nun ateigado Teatro Principal, viviuse un momento moi emocionante e cheo de lembranzas, no que Berlanga repasou a súa carreira e sentiu o agarimo do público ourensán.

Durante o OUFF proxectarase o filme “El verdugo”

Jácome e Martínez.

Concello Expourense Redacción O novo xerente do Pazo de Exposicións Expourense, Rogelio Martínez, está realizando unha rolda de contactos con todos os membros do padroado, o que o levou ata a Alcaldía do Concello de Ourense. Alí, reuniuse co alcalde da cidade, Gonzalo Pérez Jácome para achegar posturas sobre o recinto feiral. Ámbolos dous destacaron o bo entendemento durante a entrevista, de cara á oportunidade de aproveitar esta infraestrutura no ben de Ourense. Jácome deixou claro a

Novo presidente da AECC en Ourense Redacción

Luis García Berlanga.

Germán Rodríguez-Sáa é o novo presidente da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) en Ourense. Rodríguez-Saa toma a substitución de Doura Gómez, quen tras 8 anos á fronte da AECC en Ourense despídese dunha etapa que describe como “unha experiencia chea de bos momentos, dun-

súa aposta por impulsar o uso da pista de atletismo cuberta, ademais de promover grandes eventos; como, por exemplo, concertos de grande formatoou feiras de índole local. Martínez, pola súa banda, púxose a disposición do Concello para levar a cabo todas as actividades que redunden no beneficio da cidade. Nese sentido, coincidiu en potenciar “unha pista de atletismo única en España”, pero tamén apostou por continuar co modelo feiral actual, “un escaparate para os produtos locais”. En definitiva, compatibilizar a actividade feiral ao tempo que se lle ofrecen as instalacións ao servizo dos ourensáns. ha gran aprendizaxe e dun crecemento persoal importante”. Reforzar a presenza e atención en cada municipio será un dos obxectivos de Rodríguez-Sáa.

Germán Rodríguez-Sáa, novo presidente da AECC de Ourense.


XINZO E COMARCA

As feiras da pataca e a de maquinaria agrícola, únense 4 Terá lugar os días 3, 4 e 5 de setembro. Redacción Regresan ao calendario as feiras da Pataca e a de Maquinaria Agrícola que non se puideron celebrar o pasado ano pola pandemia provocada pola Covid19. Mantendo todos os protocolos vixentes en materia sanitaria, o Concello de Xinzo decidiu retomar este ano as feiras uníndoas co fin de que se converta nun referente do sector no norte de España. Así, está previsto que esta gran feira se celebre os días 3, 4 e 5 de setembro no pavillón municipal e nos seus exteriores. Deste xeito, habilitarase non só a explanada da instalación deportiva, senón tamén a rúa 2 de maio dende a rotonda ata a ponte sobre o Limia e a explanada do Toural. A previsión é que no interior do pavillón se instale todo o relativo á pataca, da man de produtores, asociacións ou almacenistas, entre outros profesionais relacionados co sector. Tamén está programado un showcooking. Nos exteriores copará toda a atención a maquinaria agrícola. Para que a Feira da Pata-

ca e da Maquinaria Agrícola volva a formar parte das citas ineludibles, o executivo local aprobou no pleno deste venres unha modificación de crédito para a súa financiación. Na organización desta novidosa feira, que incorporará grandes atractivos, están traballando directamente a concellería de Promoción Económica, que dirixe Manuel Pérez Campos; e a de Medio Rural, liderada por Amador Díaz Penín. Este último valorou así a iniciativa: “O obxectivo principal é converter esta feira nun referente do norte de España e niso estamos traballando. A unión das dúas citas de seguro que consigue atraer a atención non só dos veciños de Xinzo, senón de persoas chegadas de diferentes puntos de Galicia e España”.

O obxectivo é que esta feira se convirta nun referente no norte de España

Amador Díaz e Elvira Lama subidos nun tractor na celebración da primeira feira.

Verán deportivo Redacción Unha vintena de actividades deportivas, a maioría ao aire libre, ofrece o Concello de Xinzo para este verán. A primeira actividade que se propón a veciños e visitantes da vila é o Xinzo Fit, ximnasia no parque do Toural. Poderase asistir os martes, xoves e domingos de todo o verán desde o 20 de xuño. Do 28 de xuño ao 2 de xullo, o campus de tecnificación de fútbol para nenos nados entre o 2007 e o 2015 e o Campus de Baloncesto. O escenario escollido no primeiro

caso é A Moreira e no segundo o pavillón. Aos rapaces tamén vai dirixido o Campamento 2021, neste caso para os nados entre 2008 a 2014. Celebrarase do 5 ao 30 de xullo en diferentes escenarios do municipio e os nenos poderán participar en actividades como orientación, senderismo, tenis ou distintos obradoiros. As prazas son limitadas e os interesados en participar deberán inscribirse previamente no pavillón de deportes ou na Casa da Cultura. O día 18 de xullo chegará o Campionato Galego de Orientación en BTT (no campo da Moreira). Un día máis tarde celebrarase

Barrios 15 de xuño 2021

o torneo de pádel sub-16, mentres que o de pádel absoluto será o 30 de xullo. Para os máis pequenos da casa tamén se organizaron o Campus de Baloncesto Salva Arco e o Campus de Futbol Celta de Vigo. Ambas iniciativas serán os primeiros días de agosto e diríxense a nenos nados entre o 2007 e o 2015. No mes de setembro haberá máis actividades como unha andaina o día 5; o Torneo de Fútbol Memorial Eloy Conde; Torneo de Fútbol Memorial Toñito; Campus de Ximnasia Rítmica, a Gala do Deporte do Concello de Xinzo de Limia, e un 3x3 de baloncesto e outro de fútbol.

11

EN BREVE 4 Pleno

O pleno de xuño aprobou, por unanimidade, devolver a taxa do lixo de 2020 aos autónomos.

4 Xinzoenflor Chega a 2ª edición do concurso Xinzoenflor de embelecemento de balcóns e xanelas. Inscricións ata o 15 de agosto. Os interesados deben entregar un impreso nas dependencias do Concello, concretamente en Información, ou descargalo a través da web e enviándoo por correo electrónico a concursos@xinzo. gal.


12

Barrios 15 de xuño 2021

CALENDARIO EUROCOPA 2021


EUROCOPA 2021 CALENDARIO

Barrios 15 de xuño 2021

13


14

Barrios 15 de xuño 2021

EN BREVE 4 Celta de Vigo A renovación do convenio entre o Celta de Vigo e o Concello de Ourense fará posible realizar actividades deportivas e seguimento dos xogadores de fútbol base, ademais da formación de técnicos. Tamén está prevista a realización dun campus de verán.

4 Estrada OU-531 Cinco empresas presentaron as súas ofertas para executar as obras de mellora do firme na totalidade da estrada OU-531, desde Xinzo de Limia ata Cortegada, cun investimento de máis dun millón de euros. A Xunta prevé iniciar as actuacións de mellora no verán para telas rematadas neste mesmo ano.

4 IES Cidade de Antioquía O IES Cidade de Antioquía abre o prazo de matrícula do ciclo medio de FP Dual Produción Agropecuaria, ofrecendo aos alumnos prácticas remuneradas en empresas. Tamén este mes ábrese a inscrición para a Educación Secundaria para Persoas Adultas (ESA).

XINZO E COMARCA

Charlas na Escola Rural de Saúde da Limia 4 Sobre o enfermo crónico e os riscos de morte centrado no rural. Redacción A Escola Rural de Saúde da Limia celebra, desde o pasado mes de maio e durante xuño e xullo, unhas charlas entorno ao enfermo crónico. Co título "A enfermidade crónica e os riscos de morte" a escola rural e o equipo de Medicamento Interno do Hospital de Verín quere abordar dunha forma integral, divulgativa e, sobre todo afastada (aínda que necesaria) da fría ciencia, o complexo problema no que nos atopamos: o paciente crónico no mundo rural. A aceptación da enfermidade crónica, a visión integral dos coidados, a proximidade da morte e

a posibilidade de afrontar esta en o domicilio ou no hospital son os temas que levaron a persoas da contorna comunitaria a plantexar realizar charlas divulgativas que acheguen a unha realidade opaca que convive en paralelo con nós, nas nosas casas, na contorna da enfermidade e os coidados. Falamos de cando as enfermidades crónicas avanzan, especialmente coa idade e convértese en situación terminal ou de últimos días, e se esa situación dáse no rural, aínda resulta máis complicada. Charlas As charlas (que serán os xoves ás 18 horas) que restan para rematar esta

iniciativa son: "Vontades anticipadas", por José Mª Dacal, internista Hospital de Verín (17 de xuño); "Emocións asociadas á atención de enfermos crónicos e con alto risco de morte", por Rosa Mª Trujillo Bolaño, Psicoloxía da saúde (24 de xuño); "Coidado de atención a persoas dependientes: deshidratación, caídas, síndrome confusional,...", por Elisa Cadaya Gonález, enfermeira do CHOU (1 de xullo); "O loito", por Marisela Romero Castillo e Rosa Mª Trujillo Bolaño, psicólogas (8 de xullo); e "O proceso de envellecemento, enfermidade e morte no rural" (o 15 de xullo).

4 Pleno extraordinario

O Concello de Xinzo de Limia aprobou en pleno extraordinario unha modificación de crédito por importe de 765.117 euros para poder executar actuacións inaprazables en materia de servizos, infraestruturas, ocio e cultura. Increméntase, así, a inversión para novas obras en 325.000 euros, mentres que aumenta en 18.000 euros a partida para iniciativas culturais e na mesma cifra para outras de carácter deportivo.

4 Parque empresarial

A Xunta inviste máis de 3,6 millóns de euros na urbanización da ampliación do parque empresarial de Xinzo. Licitarase o contrato para a execución das obras que contarán cun prazo de nove meses.

As charlas continúan os xoves de xuño e xullo..

Asociación Auria Redacción O Concello e a asociación Auria estreitan lazos en prol dos diabéticos e para visibilizar a enfermidade A alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, mantivo unha reunión coa presidenta da asociación, María Paz Gómez del Valle; Dolores Rico, representante da Escola Rural de Saúde; e outros representantes das entidades, co fin de estreitar lazos en prol dos enfermos e visibilizar a doenza na vila.

Auria considera necesaria a apertura dunha sede na vila para axudar a divulgar a enfermidade e contribuír á detección de

casos de diabetes ocultos, colaborando, ademais, no seguimento e control dos enfermos xa diagnosticados.

Lama reunida con membros de Auria.

A alcaldesa, Elvira Lama, visitando as obras xunto ao concelleiro de Urbanismo, Ramón Gómez, e do párroco de Xinzo, Jaime Collazo.

Obras na Casa Rectoral 4 Preténdese incluir o inmoble dentro do Catálogo de Patrimonio Cultural de Galicia. Redacción O Concello de Xinzo de Limia, xunto ao Obispado, Deputación de Ourense e Xunta de Galicia, están a realizar obras na Casa Rectoral de Xinzo para paliar o deterioro deste inmoble de gran relevancia patrimonial e histórico-artística. A catro bandas firmouse un convenio para levar a cabo a súa restauración. Agora, cando está a piques de cumprirse un ano dende que se aprobou o proxecto das obras, os resultados comezan a ser visibles. A alcaldesa, Elvira Lama, coñeceu os avances dos traballos nunha visita ás instalacións, emprazadas no corazón da vila, e na que estivo acompañada do concelleiro de Urbanismo, Ramón Gómez, e do párroco de Xinzo, Jaime Collazo. O presuposto para levar a cabo a rehabilitación ascende a 500.000 euros. A Xunta de Galicia, o Obispado e a Deputación aportan cada unha 150.000 euros, colaborando o Concello co importe restante (50.000 euros). Cómpre destacar

que a intervención neste inmoble, exemplo da arquitectura civil do século XIX, era moi necesaria polo seu preocupante estado de conservación. Obras Con máis detalle, o proxecto para o acondicionamento integral da Casa Rectoral contempla a habilitación das dependencias degradadas con humidades e a construción de tres vivendas para os sacerdotes da parroquia na planta alta. A parte baixa dedicarase a actividades como o catecismo, salas de reunións ou locais para Cáritas. Entre as actuacións de mellora tamén destaca a recuperación de elementos arquitectónicos tradicionais como o pasillo existente na fachada norte e a eliminación de elementos engadidos con formigón. Tamén está previsto que a fachada exterior sufra modificacións que favorezan a recollida de augas pluviais.

As obras corren a cargo do Concello, Obispado, Xunta e Deputación


XINZO E COMARCA

Barrios 15 de xuño 2021 EN BREVE

O casco vello, en obras

4 Luminarias

4 Substitúense e repáranse 800 lousas. Redacción O casco vello de Xinzo de Limia está en obras. Ao redor dunhas 800 lousas serán reparadas ou substituídas -en seis rúas- debido ao mal estado polo constante tráfico de vehículos. Ademais de embelecer a vila, esta actuación servirá para minimizar os riscos de caídas dos viandantes. Os operarios deron comezo os traballos na rúa do Peto e estes prolongáronse pola praza e rúa San Roque e a zona dos Viños, concretamente polas rúas Lepanto, Constitución, Galicia e Santa Mariña. A alcaldesa, Elvira Lama, e o concelleiro de Urbanismo, Ramón Gómez, supervisaron os traballos que se desenrolan no casco vello. Á espera de que a Consellería de Medio Ambiente dea luz verde ao Plan Hurbe e se poida levar a cabo unha actuación máis completa, o executivo local comezou estos traballos de urxencia, dotados con 47.295 euros. Aínda que o prazo de execución da obra é de tres

meses, o Concello confía en que os resultados poidan verse nas próximas semanas e que a maior parte das obras rematen antes da chegada do verán. Plan Hurbe Desde o Concello agardan a que a Xunta de luz verde ao Plan Hurbe, que serviría para humanizar o casco histórico, comezando polas rúas Galicia, Lepanto e Constitución; a inversión será de 350.000 euros, dos que a Administración autonómica aportaría o 70%. A transformación total do casco histórico producirase con este plan, no que se prevé levantar a liña central de pedra das rúas e aplicar un material de achega compactado. Colocaranse, do mesmo xeito, laxas pétreas recuperadas e lastras. Ademais, substituiranse as luminarias e eliminarase o cableado; tamén instalarase novo mobiliario urbano, concretamente, bancos, xardineiras e novas papeleiras.

José Antonio Quiroga e Elvira Lama facendo entrega aos escolares do carné de coidadores oficiais dos ríos.

CHMS e Concello celebran o Día do Medio Ambiente 4 Os escolares reciben un carné que os identifica como coidadores oficiais dos ríos. Redacción O Concello de Xinzo de Limia e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) enchen de vida os ríos da man dos escolares de 5º e 6º de Primaria do CEIP Rosalía de Castro. Visitaron as instalacións da ETAP de Xinzo e comprobaron de primeira man o necesario que é coidar do medio para ter auga potable de calidade. Ademais, construíron o seu propio circuíto de auga, coñecendo os tratamentos de potabilización. A alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, e o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, José Antonio Quiroga, entregaron aos mozos uns carnés que os identifican

Reunión con Medio Rural Redacción

A alcaldesa, Elvira Lama, e o concelleiro de Urbanismo, Ramón Gómez, no casco vello.

EN BREVE 4 Pista da Rotea

4 Vía da Prata

Arranxarase a pista da Rotea, en Lamas, que ademais de mellorar o firme incluirá a instalación de sinalización vertical. O prazo de execución é de catro meses.

Alumnos de 5 anos do CEIP Carlos Casares percorreron un tramo da Vía da Prata, que vai dende o cruce do CEIP Rosalía de Castro ata o parque do Pombal.

15

O conselleiro do Medio Rural, José González, reuniuse con alcaldes da comarca da Limia para tratar mellorar a sustentabilidade do agro na Limia. Para elo, Medio Rural propón a creación dunha comsión interdepartamental na que estén presentes Medio Rural e de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, por parte da Xunta, e da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e do Ministe-

especial interese a instalación nunha árbore dunha caixa para os paxaros coñecidos como ferreiriños. A alcaldesa, Elvira Lama, destacou o valor da iniciativa “para coñecer a biodiversidade que existe ao redor do río Limia e entregar a estes rapaces os carnés", para aseverar que é de vital importancia "sementar esa inquietude por conservar o medio ambiente e protexelo" e así "vivir nun mundo máis saudable e máis verde e que se manteñan os ecosistemas”.

O Concello de Xinzo comezará a substitución de 4.610 vellas luminarias por LEDs coa instalación de 615 no casco urbano. O executivo local vén de recibir a confirmación da aprobación do primeiro dos sete proxectos por parte do Goberno central, que aporta o 80 % dunha actuación que ascende aos 1.870.000 euros. A actuación, a desenvolver en dous anos e a través de 7 proxectos, suporá o cambio das lámpadas de todo o alumeado público do termo municipal, tanto da vila como dos 32 núcleos de poboación.

como coidadores oficiais dos ríos, unha vez que se desprazaron facendo unha andaina desde á ETAP ao entorno onde conflúen o río Limia e Faramontaos. Un entorno de excepción para unha clase das que non se esquecen. A rexedora estivo acompañada polos concelleiros Amador Díaz, Ramón Gómez e Rafa Penabad. Neste espazo natural, os alumnos tamén puideron coñecer de cerca unha zona expositiva consistente en tres mesas: restauración de ecosistemas, macroinvertebrados acuáticos e vertebrados asociados ao río. Aprenderon así que hai especies que só se deixan ver cando a calidade da auga é boa e puideron facer o seu propio análise. Tamén foi de

Os escolares construíron o seu propio circuíto de auga

rio de Agricultura, Pesca e Alimentación, por parte da Adminstración Central. Así mesmo, o conselleiro trasladou aos alcaldes que Medio Rural xa ten moi avanzado o borrador do Plan estratéxico do sector agrario da bisbarra e pediulles as súas achegas para completar e mellorar no posible este documento inicial, que será despois avaliado pola Mesa da Limia. Segundo o conselleiro, este plan trada de procurar “unha actividade agrogandeira sostible e con capacidade de xerar valor engadido na comarca”, remarcou.

O conselleiro do Medio Rural, José González, coa alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama. /M.REJO.

4 Cogami Técnicos de Cogami realizan unha inspección para eliminar as barreiras arquitectónicas das rúas de Xinzo, que terá o seu primeiro Plan de accesibilidade. A intención do Concello é que todas as obras que se efectúen no municipio cumpran ao 100% coas condicións de accesibilidade.

4 Novo almacén no Carlos Casares

O Concello dota ao CEIP Carlos Casares dun novo almacén, que estará ubicado nun lateral do pavillón semicuberto do centro. O executivo local investiu un total de 8.482 euros nesta actuación.


16

Barrios 15 de xuño 2021

CELANOVA E COMARCA

EN BREVE

O pleno aproba axudas vinculadas á Covid-19

4Exposición A Casa dos Poetas en Celanova acolle unha nova mostra ata o 17 de xullo do fotógrafo Plácido L. Rodríguez. Baixo o título “Do cero ao infinito”, esta exposición fotográfica consta de 30 retratos a persoas populares e anónimas, pero con grandes historias. Poderá verse de martes a venres de 10 a 14 e de 16 a 19 horas, e os sábados de 11 a 14 e de 16 a 19h.

4ITV Os días 17, 18, 21, 22 e 23 de xuño estará instalada a unidade Móbil de Inspección Técnica de Vehículos xunta á explanada do Pavillón de Deportes de Celanova. Poderán pasar a inspección os vehículos lixeiros en horario de 9 a 13.30 horas e de 15.15 a 18 horas (o 23 de xuño só se prestará o servizo en horario de mañá). Para solicitar a cita deberá chamarse ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web sycitv.com.

4 Gonzalo Caballero O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo unha xuntanza de traballo con responsables socialistas en Celanova e na bisbarra. O máximo dirixente do PSdeG instou ao goberno galego a “revitalizar a Galicia rural” con servizos públicos, infraestruturas e medidas para fomentar o emprego.

4 Tamén deron vía libre a dúas modificacións de crédito. O delegado da Xunta, xunto ao alcalde de Celanova, no parque empresarial.

Melloras no parque empresarial

O delegado territorial trasladouse ao polígono industrial do concello de Celanova, onde a Xunta ten previsto financiar a execución de dous proxectos de mellora no parque empresarial por valor de case 137.000 euros. Actuarase na EDAR, coa instalación de novos equipos que permitan optimizar o seu funcionamento; e na mellora de accesibilidade e seguridade vial na que se executará a reparación das beirarrúas e das entradas ás parcelas, así como o acondicionamento do aparcadoiro para persoas con discapacidade.

O delegado da Xunta, Gabriel Alén (dereita), reunido, por videoconferencia, co presidente da Câmara Municipal de Arcos de Valdevez, Joao Manuel Esteves

Fosa común no cemiterio de Celanova

A Xunta de Galicia acondicionará a estrada autonómica OU-540, entre Celanova e a fronteira portuguesa. Entre as actuacións -que contarán cun investimento de ao redor de 10 millóns de euros- estará a execución de terceiros carrís de adiantamento. Máis concretamente, dos 34 km que separan a saída da autovía en Celanova sur e a ponte de Lindoso, 8 disporán dun novo terceiro carril de adiantamento, o que unido aos terceiros carrís existentes, farán que 15 km, o 44% do percorrido, conten con terceiro carril de adiantamento. A isto hai que engadir a mellora do trazado, sumando 4 quilómetros e medio de rectificacións de curvas.

4 Presentacións A Casa dos Poetas acolleu sendas presentacións de libros. Por unha banda, “Nomes” de Xoán Carlos Domínguez Alberte; e pola outra, “Val de Ramirás” de Anxo Angueira (revisión da edición publicada en 1989, primeiro poemario deste autor, ampliada con algún texto inédito). En ámbalas dúas presentacións houbo un apartado musical: na primeira a cargo de Jesús González, profesor da Escola de Música Banda de Celanova, e na segunda de “Celanova Brass”.

Redacción O pleno do Concello de Celanova vén de aprobar as axudas aos autónomos ademais de dúas modificacións orzamentais. A corporación aprobou as bases de axudas de emerxencia pola Covid19 aínda que foron criticadas pola oposición ao chegar algo tarde, ademais de considerar escasa a contía das mesmas. Desde o BNG pediron unha tramitación, das mesmas, máis sinxelas. O Goberno local considerounas adecuadas ás posibilidades e para que puideran chegar ao maior número de beneficiarios. A contía total é de algo máis de 180.000 euros e irá destinada a au-

Parques eólicos Redacción O deputado por Ourense, Iago Tabarés, e o portavoz do BNG Celanova, Leopoldo Rodríguez, participaron nunha mesa informativa con militancia do BNG en Celanova e trasladaron ás veciñas e veciños o sentir nacionalista a respecto da invasión de proxectos de instalacións eólicas, en particular, a súa preocupación polas afeccións concretas do proxecto no Monte da Neve, que, de levarse adiante, “terá im-

tónomos, microempresas e pequenas empresas con domicilio fiscal no concello. Na sesión do mes de xuño tamén sairon adiante dúas modificacións de crédito para diversas accións. A primeira delas é de algo máis de 400.000 euros (para, entre outras, reformar de instalacións deportivas, humanización da facha este do Mosteiro) e a segunda de 333.000 euros (que servirán para melloras de viais e camiños, ademais arranxar fontes, entre outras). Ademais, os nacionalistas lograron sacar adiante (co apoio dos populares) a utilización de parte do remanente a adecuar, para uso público, as dependencias da segunda planta do Mosteiro. pactos severos para a paisaxe, o patrimonio cultural da vila e a saúde e mesmo as economías das poboacións máis próximas aos aeroxeneradores”. “Desde o BNG apostamos polas renovábeis, mais entendemos que este bum eólico que estamos a padecer non serve aos intereses do país. No ano 2019 instalouse na Galiza tanta potencia eólica como durante toda a década anterior, pero iso non significou termos unha tarifa eléctrica galega nin gozar de participación pública nos beneficios nin para fomentar o autoabastecemento”, dixo Tabarés.

Homenaxe no camposanto onde se cre que están os restos dos sete asturianos fusilados.

Fosa común no cemiterio de Celanova

O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova colabora co Goberno de Asturias, a través da Dirección General de Emigración e Memoria Democrática, na investigación dunha fosa común localizada no cemiterio da vila na que poderían atoparse os restos de sete asturianos, fusilados en setembro de 1939 por unha unidade militar falanxista contra a tapia do camposanto. Os sete foron sometidos a consellos de guerra en Camposancos (A Guarda) en 1938 e condenados a pena de morte. A comezos do ano seguinte foron trasladados a Celanova. E as súas execucións tiveron lugar o día 22 de setembro de 1939.

Membros do BNG na praza Maior de Celanova.


CELANOVA - ALLARIZ

Barrios 15 de xuño 2021

17

Terra de Celanova – Serra do Xurés presenta en Fitur un geochaching

A Casa da Mocidade reactiva o verán en Allariz

4 O Inorde deuno a coñecer.

Redacción

Redacción O Inorde presentou no marco de Fitur o “Geocaching, descubre os tesouros en Terra de Celanova-Serra do Xurés” como unha das actividades innovadoras proposta para dar a coñecer a riqueza histórica, cultural e patrimonial dos 14 municipios que integran este geodestino. Nesta iniciativa cóntase cun total de 39 cachés (tesouros) colocados por diferentes puntos de interés dos 14 municipios. Este geodestino abarca os termos municipais de Cartelle, A Merca, Gomesende, Ramirás, Padrenda, Quintela de Leirado, Celanova, Verea, Bande, Lobeira, Entrimo, Lobios, Muíños e A Bola. Rutas temáticas Para desenvolver dita actividade creáronse catro rutas con diferentes temá-

ticas. Os turistas teñen a posibilidade de realizar unha ruta máxica que percorre un total de 9 municipios a través de 16 localizacións, visitando lugares que contan cunha atmosfera máxica; o personaxe principal desta ruta é "Onega", abadesa de Santa Comba. Os que prefiran as Letras, unha ruta literaria percorre nove municipios a través de 18 localizacións, visitando lugares, casas natais de autores, poemas ou novelas, que convidan a un percorrido a través destas terras mediante o fío condutor da literatura. O personaxe principal desta ruta é "Chita", personaxe da novela "Celanova 42", da escritora Concha López Sarasúa. Outra opción é a ruta arqueolóxica que percorre nove municipios a través de 16 localizacións revivindo os itinerarios histó-

ricos pola serra do Xurés, que dan paso desde Portugal até Celanova. O personaxe principal desta ruta é "Vespasiano", responsable durante o seu mandato da construción da Vía XVIII Romana coñecida como Vía Nova. Por último, na ruta de San Rosendo os visitantes percorrerán 10 municipios a través de 15 localizacións, coñecendo os principais fitos localizados na contorna desta antiga vía de peregrinación. "Rudesindus", un nobre que co paso do tempo converteuse en San Rosendo é o personaxe.

O geocaching conta con catro rutas con diferentes temáticas

Armada, Fernández, Santalices, González e Alén na presentación en Fitur do geocaching Terras de Celanova - Serra do Xurés.

4 Con actividades ata finais de setembro. A Casa da Mocidade de Allariz presenta a súa programación para este verán que arrincarán o 25 de xuño e rematarán a finais de setembro. A primeira cita será un concerto ao aire libre da artista galega Pauliña (ás 20 horas do 25 de xuño no campo dos Brancos). O 30 de xuño (campos dos Brancos ás 19.30 horas) concerto fin de curso infantil de Ce Orquesta Pantasma. Outra proposta será O Roteiro dos Faros, unha actividade dividida en catro saída nas que se percorrera unha ruta de sendeirismo de 200 km que une Malpica e Fisterra. O prezo é de 40 euros e inclúe transporte, aloxamento en albergue e almorzo. A primeira saída será o 3 e 4 de xullo; segunda, o 7 e 8 de agosto; terceira, o 28 e 29 de agosto; e a cuarta o 11 e 12 de setembro. Un obradoiro achegará, aos que se anoten, os aspectos técnicos e de locución para a elaboración dun programa de radio (inscrición e información en mocidade@ allariz.gal). Dúas saídas para soltar adrenalina levarán ao aquapark de Cerceda o 7 de xullo (prezo 10 euros) para nados entre 2012 e 2009 e outra ao parque de Penaventura o 14 de xullo (prezo 20 euros) para nados entre 2008 e

2003. O 5 de agosto será o turno dos xogos cunha saída nocturna pola vila "Misión imposible", unha ruta sorpresa na que non se pode esquecer levar lanterna (a partir das 21.30h). Máis xogos chegarán o día 27 (21 horas na Casa da Mocidade) coa actividade "E se atrapamos a bandeira?". Un obradoiro de gravación, e mestura de son mediante Cubase, darase na Casa da Mocidade os días 17 e 21 de agosto (prezo 30 euros ou 25 para os que teñan o carné cidadá). E despois do éxito das saídas para ver as estrelas no 2020, haberá tamén un obradoiro astronómico na segunda quincena de setembro (días 17, 18 e 25 de setembro a partir das 20 horas na Casa da Mocidade) impartido por Dositeo Veiga organiza-

dor de AstroGalicia co obxectivo de aprender os conceptos básicos do ceo nocturno. O prezo desta actividade é de 30 euros ou de 20 se se ten o carné cidadá. Ademais, durante todo o verán ponse en marcha un concurso de Tiktok en galego no que haberá que estar atento ás redes da Mocidade para coñecer todos os detalles. Para información e inscrición nas actividades facilitase o correo mocidade@allariz.gal, e o telefono 988 680 434 ou na mesma Casa da Mocidade.

O obradoiro astronómico na segunda quincena de setembro (días 17, 18 e 25 de setembro)

Iria González, técnica da Casa da Mocidade, co cartel das actividades deste verán.


18

Barrios 15 de xuño 2021

ALLARIZ E COMARCA

EN BREVE

Novos espazos na Casa da Mocidade

4 Campus fútbol

O Campus de Fútbol Concello de Allariz regresa un ano máis á Seixo. Desenvolverase do 2 ao 6 de agosto nas instalacións do Seixo en horario de 10 a 13.30 horas con grupos reducidos e seguindo os protocolos e medidas sanitarias. A inscrición pode realizarse na piscina Municipal de Allariz, de 7:30 ás 13h e de 16 ás 22 horas de luns a venres e de 9 a 14h sábados, domingos e festivos. Para máis información, consultar a web ociosaugal.es.

4 Finca Valverde

A Deputación de Ourense impulsará nos terreos da Finca Valverde (Allariz), instalacións propiedade da institución provincial, a posta en marcha de iniciativas de Economía social. No borrador que se manexa márcanse como liñas de traballo: formación, emprego, traballo social e a implantación de novas ámbitos de actividade (fruticultura, cultivo, procesado e comercialización de arandos, actividades turísticas, sector hostaleiro, enfocado ao turismo rural e un centro de eventos con salas de reunión e salón para conferencia, actividades empresariais e celebracións familiares).

4 Cine mudo O hotel OCA Vila de Allariz acolle proxeccións de cine mudo, con música en directo, ao aire libre. A vindeira cita terá lugar o día 30 de xuño (mércores) ás 22 h coa película Metrópolis. A música a porán Clara Mascaró (viola), Tonio Comesaña (clarinete) e Julia Caro (cello).

Concilia verán Redacción

Allariz abre o prazo para presentación de solicitudes do Concilia Verán 2021. Esta é unha iniciativa lúdica de atención á infancia, que ofrece aos pais e nais, residentes en

4 Estrea Aula do Saber e novo estudo de gravación. Redacción O FIXA 2021 apunta a éxito de público tralo parón do ano pasado.

Os xardíns sempre gustan 4 O Festival de Xardíns de Allariz contou coa visita de preto de 4.000 persoas en 15 días. Redacción O Festival Internacional de Xardíns de Allariz (FIXA), nos seus primeiros 15 días de apertura ao público, recibiu a visita de case 4.000 persoas que se achegaron a coñecer os Xardíns da Poesía (temática desta edición). Logo do parón do 2020, o recinto abría as portas ao público para que coñeceran os deseños dos 10 xardíns que concursarán durante esta edición de 2021. A poesía respírase nos 37.000 m2 do espazo, no que se poderá gozar de xardíns nos que autores e autoras coma Rosalía de Castro, Fernando Pessoa, Machado, Lorca ou Emily Dickinson entre outros. Tamén estará presente Xela Arias, a homenaxeada polo Día das Letras Galegas 2021, no xardín dos centros educativos de Allariz. Nesta 11ª edición poderán atopar xardíns de todas as partes do mundo, dende Arxentina e Colombia ata Italia e China, pasando por Madrid, Soria, Alemania e a mesma Galicia sen esquecernos do país veciño, Portugal. E como non, as per-

Allariz, a posibilidade de que os seus fillos e fillas, nados entre 2011 e 2017, estean acompañados por técnicos e monitores de tempo libre durante a xornada, na que se desenvolverán sendas actividades. As persoas interesadas neste servizo poden pedir

soas que visiten o festival, que estará aberto ata o 31 de outubro, poderán gozar tamén do xardín dos centros educativos de Allariz, que este ano leva por título Entrenzado de palabras. En definitiva, un espacio no que se atopan 10 parcelas en concurse, ademais das dos centros educativos de Allariz e o gañador da última edición -adicada ao cine- "Sé o heroe da túa propia película". Único O FIXA converteuse nunha cita consolidada no programa paisaxístico e referente pola súa particularidade: é o único das súas características que se celebra en todo o Estado. Constitúe un dos principais reclamos turísticos de Allariz e as súas edicións consolidan o evento como referente para público especializado, profesionais do sector e visitantes así como veciños e veciñas. Iniciativas Coma novidade este ano, os visitantes poderán elixir o seu xardín favorito a través dun sistema de votacións de códigos QR que se lle facilitará ca entrada do recinto.

información ou presentar a solicitude preferiblemente por vía electrónica no correo fogardosmaiores@allariz.gal. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes de forma presencial nas dependencias dos Servizos Sociais Comunitario-Fo-

Ademais neste 2021 dende o concello pretendese que todo Allariz respire poesía, pondo en marcha varias iniciativas. Por un lado un concurso de escaparates no comecio local no que a poesía e a xardinería son os temas principais a integrar. Por outra banda, unha acción promocional ca hostalería, por medio de azucariños, levará a imaxe do festival e cun poema do poeta alaricense Carlos Da Aira, que se servirá en todos os establecementos da vila. Recitais poéticos O recinto do FIXA acollerá tres recitais poéticos que terá lugar o derradeiro domingo de xuño (día 27), xullo (día 25) e agosto (día 29) ás 12.30 h. A entrada para asistir os recitais será de balde e as prazas ata completar aforo.

Os visitantes poderán elixir o seu xardín favorito a través dun sistema de votacións de códigos QR gar dos Maiores do Concello de Allariz. Prazo O prazo de presentación das solicitudes será ata o 15 de xuño. Para máis información ou calquera consulta poderás chamar ao 988 554 059.

A Área de Mocidade do Concello de Allariz crea unha aula de estudo con acceso a internet e pon un novo estudo de gravación a disposición da xuventude. A aula de estudo, Aula do Saber, pretende facilitar a toda a mocidade dende os 14 anos un lugar adecuado para a actividade académica. Esta nova sala con acceso a internet conta con mobiliario adaptado ás necesidades dos estudantes. O seu horario de apertura será de luns a sábado de 9 ás 14 horas e de 16 ás 21h. A alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, destaca esta nova iniciativa coma

unha máis "no desexo por ofrecer servizos" e seguir reforzando a a calidade de vida de Allariz, ao mesmo que espera que poda estar en funcionamento moito tempo para cubrir todas as necesidades que poidan xurdir tanto nos alumnos de bacharelato ,universidade ou aos propios opositores. En canto ao estudo de gravación, estará a disposición de todo aquel que o precise, sempre baixo reserva en radio@allariz. gal ou no telefono 988 680 434. O concelleiro de Mocidade Iago Santás, anima a todos aqueles que queiran gravar o seu proxecto, sexan regueifas, rap, a que veñan a facelo á mocidade e a que o fagan en galego.

Carlos Durán, técnico de Raqdio Allariz, na porta do estudio de gravación.

Eu son de Allariz Redacción O programa “Eu son de Allariz” achega, durante o mes de xuño parte da historia local ao nenos e nenas do CEIP Padre Feijóo. O alumnado (ao redor de 450 nenos e nenas de educación infantil e pri-

maria) do centro educativo realizaran visitas para coñecer a historia de Allariz e as súas curiosidades e achegaranse tamén ao Festival Internacional de Xardíns de Allariz. O proxecto pretende ter continuidade no tempo e que poidan coñecer lugares da contorna, coma Armea, San Salvador dos Penedos ou Vilar de Flores.

Alumnos participantes do “Eu son de Allariz”


PROVINCIA

Barrios 15 de xuño 2021 EN BREVE

A Xunta fíxase en Nogueiras

4 III Plan de Rescate á hostalaría

4 Como nova aldea modelo. Redacción O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, coñeceu o lugar de Nogueiras, no concello de Carballeda de Valdeorras, que está sendo estudado polos técnicos para convertelo na décimo quinta aldea modelo de Galicia. Na visita tamén estivo a alcaldesa deste municipio ourensán, María del Carmen González. Alí, o conselleiro sinalou que o lugar ten un gran potencial e reúne as condicións para converterse nesta figura de mobilización de terras, recollida na nova Lei de recuperación da terra agraria de Galicia. Neste senso, contempla

un perímetro dunhas 13 hectáreas que permitirán incentivar a actividade económica arredor deste núcleo de Nogueiras á vez que se actúa na prevención e, polo tanto, na anticipación aos incendios forestais. Nesta liña, José González lembrou que a día de hoxe hai un total de 14 aldeas modelo declaradas na nosa comunidade, das cales 10 se sitúan na provincia de Ourense e as catro restantes na de Lugo. Ademais, resaltou o conselleiro, no conxunto de Galicia hai arredor de 70 solicitudes para poñer en marcha estas iniciativas, o que demostra a boa acollida que tivo este tipo de proxectos de mobilización de terras entre a sociedade galega.

O Conselleiro José González en Nogueiras. /O SIL.

Castro Caldelas Redacción

Xunta investirá 312.000 euros na residencia pública de Castro Caldelas para realizar unha reforma integral. A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou este centro para anunciar a licitación das obras que permitirán renovar a distribución e mobiliario dos cuartos e a eficiencia enerxética de todo o edificio. Obras En concreto, as obras engloban a reforma dos cuartos dos residentes, modificando a distribución e o mobiliario para permitir un mellor aproveitamento dos espazos e

un uso individualizado por parte dos residentes, o que axudará a garantir o seu benestar. Por outra banda, reformaranse as instalación de saneamento, fontanería, electricidade, luminarias e calefacción dos cuartos.

Alfonso Rueda e Manuel Baltar viisitaron as instalacións de Manzaneda. /C.HERVELLA.

Novas ofertas turísticas e deportivas en Manzaneda 4 Unha tirolina xigante de 250 metros, entre as novidades. Redacción O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou na presentación das actividades que acollerá a estación de montaña de Manzaneda para ofrecer este verán unha proposta alternativa de turismo activo e de natureza que axudará a desestacionalizar a oferta turística do complexo e atraer visitantes durante todo o ano e non só na tempada de neve na estación de esquí. Ao acto tamén asistiron o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, o alcalde de Manzaneda, Amable Fernández, o tenente de alcalde de A Pobra de Trives, Miguel Sierra, e Albert Montaner, responsable de Artabria Turismo, a empresa que xestiona a estación de montaña.

Carné Xove Redacción

Fabiola García na residencia de Castro Caldelas. /M.REJO.

19

A Xunta de Galicia lembra que os usuarios do novo Carné Xove deben activalo nun dos puntos habilitados. Así, o dixo a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, na oficina de información xuve-

Novidades Entre as novidades, incorporaranse outras actividades como unha tirolina xigante de 250 metros, un parque multiaventura, xogos tradicionais, cintas slackline, circuítos de orientación e tiro con arco. Para desfrutar das paisaxes e o entorno natural que ofrece Manzaneda tamén se poderá usar o telesilla turístico ou realizar rutas de sendeirismo e marcha nórdica. A curto prazo prevese que se sumen a esta oferta o paintball e rutas a cabalo. Tamén se poderá facer uso das instalacións deportivas como a piscina ou o pavillón deportivo ou desfrutar do circuíto termal no spa. Alfonso Rueda incidiu en que estas actividades e as que se vaian incorporando permitirán promocionar e posicionar Manzaneda como destino turístico. Ademais, engadiu que esta proposta adaptase perfectamente

Un parque multiaventura, xogos tradicionais, cintas slackline, circuítos de orientación e tiro con arco son outras ofertas

nil de Bande, un dos espazos habilitados para tal fin. A directora estivo acompañada, na súa visita polo delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén. Xunto coa oficina de información xuvenil de Bande, a provincia de Ourense conta con espazos na oficina de información xuvenil de Ourense, no Espazo Xove desta cidade, na oficina de

turismo de Monterrei, no Concello de Vilariño de Conso e no Concello da Rúa. Para realizar a activación é preciso solicitar cita previa. Pódese facer por teléfono ou a través do sistema de cita previa habilitado pola Xunta para os diferentes trámites en cada Consellería, no seguinte enlace: www.xunta.gal/cita-previa-consellerias.

ao novo modelo de turismo sustentable polo que aposta a Xunta, que se está a demandar cada vez máis no escenario postpandemia e no que Galicia parte con vantaxe. É dicir, espazos abertos e en contacto coa natureza e un turismo tranquilo. Neste caso, ofrécese a opción de combinar a práctica deportiva ao aire libre coa actividade turística e desfrutar da natureza, que é o primeiro motivo polo que os turistas escollen Galicia.

Case o 80% dos establecementos de hostalaría da provincia de Ourense, oito de cada dez, recibiron 4.449 axudas directas nos primeiro e segundo plans de rescate, ás que a Xunta destinou máis de 11 millóns de euros co obxecto de aportar liquidez a un dos sectores máis afectados pola pandemia e polas medidas sanitarias.

4 Melancolía O director Alfonso Zarauza remata a rodaxe da súa sexta longametraxe, “Melancolía”. A mesma estrearase na 26ª edición do Festival de Cine de Ourense.

4 Bibliotecas A Xunta axuda ás bibliotecas públicas escolares de 37 centros do rural ourensán. Estas axudas están destinadas á mellora dos fondos e á renovación do mobiliario e equipamento. O 73% dos beneficiarios son colexios de menos de 50 alumnos en concellos de menos de 5.000 habitantes.

4 Ribeira Sacra A Ribeira Sacra terá que agardar para postularse como Patrimonio da Humanidade. Tanto a Xunta como o Estado español tomaron esta decisión ao comprobar que a candidatura tería poucas posibilidades de éxito. Todo fai indicar que volverán a tentalo para 2024, xa que antes dese ano hai outras candidaturas españolas que se presentarán como candidatas a ser declaradas Patrimonio da Humanidade.

Pichel na oficina de información xuvenil de Bande.


20

Barrios 15 de xuño 2021

DEPORTES

O Cidade despídese de Primeira 4 O Sala Ourense deberá agardar para selar a permanencia. Redacción

Carlos de Dios perseguindo a un rival no encontro fronte ao Fisterra. /I.OSORIO.

O descenso é cousa de Barco ou UD Ourense 4 Decidirase que conxunto ourensán abandona Terceira na última xornada. R.T. Última xornada de infarto a que agarda ao grupo da permanencia da Terceira división. Nun grupo de 12 equipos nos que catro se salvan e oito descenden o marxe de erro era moi pequeno. O Ourense Club de Fútbol fixo os seus deberes pronto e salvou a categoría con varias semanas por disputar. Porén, tanto Barco coma Unión Deportiva Ourense non estiveron moi finos nesta fase e terán que agardar á última xornada para saber cal dos equipos salva a categoría e cal descende. Na penúltima xornada disputada nesta pasada fin de semana, o Ourense CF tiña nas súas mans manter ao Arzúa na pugna pola salvación. A vitoria dos ourensáns suporía que os coruñeses terían que xogarse todo na a derradeira xornada ante un Barco que tamén se xoga manterse.

Quizais ter asegurada a salvación, para uns e certificala neste encontro para outros, fixo que estiveran máis motivados o xogadores do Arzúa no estadio do Couto. E iso notouse no resultado final, un 0-2 para lograr a permanencia e así deixar a Barco e UD Ourense como únicos equipos que pelexarán a única praza libre na Terceira división RFEF. Ao día seguinte, o Barco recibía en Calabagueiros ao Viveiro, outro conxunto que xa tiña a salvación no peto. Os homes de Iván González sacaron adiante o partido co resultado de tres goles a un. Pola súa banda, a UD Ourense sufriu máis da conta para sumar os tres puntos -e seguir con vida ata o final- ante un Fisterra que chegaba ao Couto xa descendidos. Os capitalinos lograron dous

goles na segunda metade xusto antes de que caera sobre a cidade das Burgas unha tromba de auga que levou ao colexiado a suspender o partido durante varios minutos; quedaban por disputar 10 minutos. Despois dun tempo en vestiarios, xogadores e trío arbitral volveu ao rectángulo de xogo para disputar os minutos que restaban ata o 90. Noutras circunstancias o encontro non se disputaría ese mesmo día, pero o resultado que campeaba no electrónico no momento da suspensión non perxudicaba a ningún dos dous equipos. Os últimos minutos foron un pacto de non agresión e se dedicaron os

22 xogadores a pasarse o balón uns a outros. Última xornada E con estas chegamos ao momento da verdade. Co Arzúa fóra da pugna pola salvación, Barco e UD Ourense xóganse o todo e nada en 90 minutos. Claramente, dos dous equipos, os valdeorrese é o que mellor o ten. Con tres puntos por enriba dos unionistas un empate serviríalles para salvar a categoría; a mesma derrota podería valerlles se a UD Ourense non logra sumar os tres puntos. Precisamente o Arzúa e o rival dos de Calabagueiros. A UD Ourense, pola súa banda, visita a un Poaiosaco xa descendido. Os de Fernando Currás deberán vencer e esperar que o Barco perda; moi complicado para os capitalinos manter a categoría, pero ata o pitido final todo pode ocorrer.

Na última xornada, ao Barco sérvelle o empate, ou que a UD Ourense non gañe para salvar a categoría; pola contra a UD Ourense precisa gañar e que o Barco perda para non descender

Fin de semana de despedida para o Cidade das Burgas. O conxunto ourensán despídese da Primeira división ao descender de categoría. Aínda que consumou o descenso fai varias semanas foi esta fin de semana cando rematou a liga para o equipo de dirixe Manolo Codeso. A pesar de xogar en casa, nesta última xornada, e querer colleitar o triunfo diante da súa afección; esta no puido chegar e as franxiverdes caeron derrotadas por tres goles a cinco ante Zaragoza. Despois de dous anos en Primeira -o ano pasado non houbera descensos pola Covid19- as ourensás regresan a Segunda división. Desde o club agardan que sexa tan fugaz como a última vez, na que tan só estiveron unha tempada antes de regresar á elite do fútbol sala. A pesar do duro golpe do

descenso de categoría, a bo seguro que o Cidade volve a ser un dos equipos fortes da categoría de prata. O Ourense Envialia, xa leva semanas de vacacións. As de Morenín non se clasificaron para disputar o playoff para o título de Liga que se disputou esta fin de semana. O vencedor foi un Burela Pescados Rubén que gañaron na final ao Futsi por 5-2. Sala Ourense O Sala Ourense deberá agardar para selar a permanencia. A primeira oportunidade de facelo desaproveitouna no seu desprazamento a terras leonesas para enfrontarse ao Domotec. Os de Óscar Vivián caeron por sete goles a tres. Esta derrota ante os leones -rival directo dos ourensáns pola permanencia- achéguense a dou puntos na clasificación e cun partido menos. A última oportunidade para evitar o descenso será o día 27 deste mes cando se enfronten ao San Cucao.

Último partido do Cidade das Burgas disputado esta tempada nos Remedios ante Sala Zaragoza. /I.OSORIO.


DEPORTES

Barrios 15 de xuño 2021

Inscricións abertas no 2º Deporcampus Terras de Maside 4 Terá lugar do 28 de xuño ao 2 de xullo. Redacción O 2º Deporcampus Terras de Maside ten aberta a súa inscrición (na web deporcampus.rcdeportivo. es/) para os nenos e nenas, de 6 a 14 anos que queiran participar. O prazo rematará o 24 de xuño e as prazas están limitadas por mor da Covid19. Esta segunda edición terá lugar do 28 de xuño ao 2 de xullo (ambos inclusive) e en horario de 10 a 14 horas). A inscrición inclúe unha equipación deportiva (camiseta, pantalón e medias); almorzo e merenda e máscara protección COVID DéporCampus; ademais realizaranse sorte de agasallos. Grazas ao traballo que levan detrás moita xente, o primeiro ano foi un éxito de participación, polo que agardan repítase este ano. Escolas deportivas Aproveitando o acto,

presentouse a campaña de altas e renovacións para as escolas deportivas Terras de Maside, se pode renovar e dar de alta de xeito telematico na web https://edterrasdemaside.com/. Agardan este ano completar todos os escalóns de formación, desde iniciación, pasando por prebenxamín, benxamín, alevín e ata cadete. Este ano, debido ás dificultades da pandemia, só contaron con tres equipos en competición. Este ano, agardan, como mínimo repetir cos mesmos tres equipos, aínda que o desexo é completar os cinco disponibles.

As inscricións poden realizarse na páxina web deporcampus. rcdeportivo.es

Presentación do 21 Deporcampus Terras de Maside.

21

Selección española de balonmán Redacción

Presentación inicial dos competidores.

O kungu brilla en Ourense 4 Coa celebración do galego nas modalidades de forma. Redacción Ourense acolleu, o pasado sábado 12 de xuño, o Campionato de Galicia de Kungfu moderno individual 2021 (modalidades de formas), no Pavillón dos Remedios de Ourense. Con preto de 100 participantes o torneo foi todo un éxito. O número de participantes foi reducido con respecto a convocatorias de anos anteriores para facilitar os protocolos sanitarios do evento. Todas as eliminatorias previas se han ir realizando nas distintas provincias para presentar aos mellores no evento final. Competiuse en modalidade individual e equipos. As diferentes modalidades individuais (Changquan, Nanquan, Taichi, Qigong, Armas Curtas, Armas Longas) dividíronse en categorías de idade: pre infantil, infantil, cadete, xuvenil, absoluto, e veteranos; e á súa vez en categorías "elite" e "B". As "elite" son clasificatorias para campionatos nacionais e in-

ternacionais. As categorías "B" son categorías de base e promoción deportiva. Triunfadores Os máis destacados deportistas deste evento foron: Andrea Álvarez, club Artai, gañadora de tres ouros en xuvenil (Man vacía sur, sable e pao); Belén Arjones, club Wudang, ganadora de dous ouros e un bronce en ab-

soluto (Man vacía, pao e sable); e Alex Conchouso, club Penta, vencedor en infantil (Man vacía, sable e pao). Vindeira cita O próximo 3 de xullo haberá unha nova cita co kungfu en Ourense. Nesa ocasión terá lugar o Campionato de Galicia na modalidade de combate.

Javier Meigide en sable do sur.

As seleccións de España, Croacia e Exipto de balonmán xogarán en Ourense o 28 e 29 de xuño. O torneo “Ourense Provincial Termal” enfrontará a España ante Exipto o día 29 no Pazo dos Deportes “Paco Paz”. Na xornada previa ao torneo, tamén haberá balonmán do máis alto nivel en Ourense coa disputa do partido entre as seleccións de Croacia e Exipto. Os “Hispanos” comezan así a súa preparación para os xogos olímpicos de Tokyo, cunha concentración en Galicia, na que se celebrarán varios partidos, sendo Ourense unha das sedes. Veñen de lograr o bronce no Mundial de Exipto.

Joan Cañellas, xogador da selección españila de balonmán. /JLR.


22

Barrios 15 de xuño 2021

OCIO E CULTURA

4DECRECENDO

Esto que vivimos é decrecemento?

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, na inauguración da mostra.

Unha exposición homenaxea a mulleres que escribiron a historia 4 Estará no Espazo Xove ata o 14 de xullo. Redacción Ourense acolle a exposición ‘Elas escribiron a historia. As primeiras xornalistas’ que estará aberta ao público ata o 14 de xullo no Espazo Xove. O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, que acudiu á inauguración, destacou que a profesión xornalística galega contou xa nos seus inicios con mulleres que foron fundamentais nesta profesión. “O esforzo tenaz destas pioneiras da comunicación levounas a superar discriminacións e a romper cos esquemas impostos” incidiu. A Exposición Esta mostra, organiza-

4HUMOR

da pola Xunta de Galicia, pon a atención nas “mulleres que durante moito tempo foron silenciadas e invisibilizadas". Nesta miradas desde a historia hai espazo para 12 galegas destacadas. Así se recollen as opinións de Emilia Pardo Bazán, que escribiu máis de dous mil artigos de prensa, ou de pioneiras como Concepción Arenal ou Mª Luz Morales, que nos anos 20 escribía no diario La Vanguardia baixo o seudónimo de Felipe Centeno e que se acabaría convertendo na primeira muller en dirixir un xornal. Parte da exposición dedícase ademais a Sofía Casanova, correspondente de guerra, e a Virginia Felicia, coñecida

como a raíña do folletín. Completan o elenco de homenaxeadas nesta oposición as poetisas Filomena Dato, Clara Corral e Pura Vázquez; a crítica literaria Concha Castroviejo; Mercedes Vieito, que exerceu o xornalismo desde Cuba; a escritora María Vinyals e Avelina Valladares, articulista e poetisa. Na colección amósase, de xeito visual e didáctico, diversos aspectos das traxectorias destas escritoras, que viron marcadas, na práctica totalidade dos casos, polo incorformismo, a rebeldía contra a discriminación, a excelencia creadora e a loita pola igualdade.

Xa lles adianto que a resposta é NON. Así nos evitamos todos un noxento “clickbait”, ese anglicismo para referirse ás novas dos xornais e televisións que non son máis que un anzol para que “pique” a xente. O decrecemento, como se recolle na web degrowth.info ven sendo “unha xestión económica e unha sociedade nas que o obxectivo para alcanzar é o benestar de todos e todas, respectando o fundamento ecolóxico da vida. Para iso é necesario non só un cambio fundamental do noso estilo de vida, senón tamén unha transformación cultural integral”. Porén, o que estamos a vivir no contexto socio económico actual é unha situación de escaseza de recursos, de endurecemento das condicións de habitabilidade, de emprego, de acceso e uso da enerxía, etc. É certo que se un organismo non crece, soamente pode facer dúas cousas: ou estancarse ou decrecer. Algúns decrecentistas queren evitar a toda costa que se asocie esta situación de precariedade ao concepto do Decrecemento e ese esforzo é lexítimo porque desde a bancada das distintas opcións políticas que ven no crecemento o fito e obxecto de todo – case todas - está a xurdir un discurso hostil contra as correntes decrecentistas como se desexasen esta

situación de precariedade, que realmente ninguén quere. Incluso algúns, máis ousados, chegan a insinuar que esta situación ven provocada por esas mesmas correntes decrecentistas. Nada máis lonxe da realidade. Imaxine que vostede ten un brazo gravemente infectado e en vez de acudir a un profesional da saúde acode a un coñecido que lle di que iso non é nada, que cunha pílula e unha gasa está todo arranxado. Loxicamente, con esa resposta marcha contento para casa e de alí a días morre porque a infección chegou a órganos vitais do corpo. Outra alternativa: acode a un médico que presenta a solución con crueza pero honesta. Se quere sobrevivir, hai que amputar o brazo. Terá que aprender a manexarse cun só brazo ou cunha prótese pero poderá seguir gozando dunha vida plena, envellecer e acariciar aos seus netos. Con esta metáfora podemos definir, moi simplemente, a situación actual. Os gobernos propoñen gasas mentres nos seguen a falar de vacacións, pensións, emprego, crecemento infinito, consumo desbordado... ata que o sistema colapse. Ou, pola contra, podemos asumir que estamos ante un cambio de todo e empezar a tecer redes solidarias, aprender a vivir con menos, de forma pausada, máis contemplativa e sen tantos impactos ou shocks consumistas.

Lembren que o Decrecemento busca un reparto xusto e solidario dos minguantes recursos que temos, busca fortalecer un modelo de sociedade menos mercantilista, máis achegado aos coidados, buscar re-utilizar as cousas o máximo posible, compartir os servizos dunha forma voluntaria e consensuada. O Decrecemento non provocará a desaparición dos coches nas nosas urbes, será a escaseza de combustible. O Decrecemento non impedirá a ampliación de rutas aéreas ou novas pistas en aeroportos pouco utilizados, será a imposibilidade de reparar, manter e alimentar esas carísimas e complicadas infraestruturas. Cando as canles de distribución vaian perdendo músculo e eficacia e vexan esmorecer os mostradores dos supermercados ou non lle cheguen a tempo os paquetiños de Amazon, non será cousa do Decremento. Hai un dito que afirma que cando o sabio sinala á lúa, o parvo mira cara o dedo. Levanten a cabeza e miren alto. Será necesario para un futuro que nos afectará a todos.

O que estamos a vivir no contexto socio económico actual é unha situación de escaseza de recursos


ARTIGOS / CLASIFICADOS

Barrios 15 de xuño 2021

23

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Arcediagos,11, 1º - 32005 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara Nº146 - Ano: XIV - 15 de xuño de 2021 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 685 969 546.

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

[Deixe o seu anuncio no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

A alimentación pode curar Hai alimentos que curan, rexuvenecen e aseguran unha boa saúde. Cales son? Todos os alimentos que nacen e crecen só coa forza da natureza. Os alimentos procesados, con químicos e todo tipo de herbicidas, non curan, matan lentamente no curto prazo. A col rizada, a col de lombarda, o brócoli, as coles, a coliflor, as coles de Bruxelas e a col vermella pertencen á familia das crucíferas. As crucíferas axudan a previr unha variedade de tumores, incluídos os de mama, cerebro, intestino, estómago e pulmón. Son especialmente bos para a saúde pulmonar debido á súa natureza rica en xofre; teñen o poder de restaurar e estimular o tecido pulmonar. - Col vermella: o xofre

presente nesta crucífera transporta os fitoquímicos ao fígado e fai deste alimento un dos máis rexuvenecedores da función hepática. Axuda a bloquear e reverter o tecido hepático. - A col rizada ten propiedades antibacterianas e o seu mollo cru ten vitaminas e minerais que rexeneran as articulacións e ten poder curativo para combater a gastrite e a bacteria helicobacter pylori. - A coliflor axuda á tiroides e as glándulas suprarrenales. - O brócoli favorece todos os sistemas do corpo, incluído o sistema inmunológico. Un alimento moi equilibrado, favorece todos os órganos, glándulas e ósos. - As coles de Bruxelas e as coles lombardas fan ma-

rabillas nas articulacións! Axudan moito a reverter a osteoporose. Tamén reducen o colesterol malo e aumentan o colesterol bo. Purifican o sangue e teñen unha forte acción depurativa do fígado. - Rábano é tamén unha verdura crucífera de gran importancia alimentaria. Os seus compostos manteñen limpas as arterias e as veas; excelente para axudar a previr enfermidades do corazón. É estimulante para os riles, o fígado, o páncreas e o bazo. A combinación de rábanos con apio e cebola fai un bo caldo para combater a pneumonía. As follas pódense comer crúas ou cocidas. Tes boas razóns para consumir crucíferas.

“Verán nas vilas”

na historia do pop español, Javier Ojeda”, afirma Manuel Baltar, engadindo que é un artista afeito a cantar á beira radiante da vida, “que agora protagoniza unha serie de concertos con cancións baseadas no viño, baixo o nome do

seu novo disco, Decantando”. “Verán nas vilas” é un proxecto que pon en marcha a Deputación de Ourense, na liña estratéxica de recuperación económica e social tras a pandemia”, explica Baltar.

Redacción A iniciativa cultural “Verán nas vilas” traerá a varios enclaves da provincia a música de Javier Ojeda, líder do grupo musical Danza invisible. O ciclo “Decantando viños ourensáns” terá lugar o próximo mes de xullo, sendo un espectáculo que aúna música e viño, no que se poderá gozar dos novos traballos de Ojeda. As actuacións terán lugar o 2 de xullo no Castelo de Monterrei; o día 4, no Aguillón (A Rúa); o día 6, no Mosteiro de San Clodio (Leiro), e finalmente, o día 7 de xullo, no Mosteiro de Montederramo. Baltar e Ojeda celebraron unha reunión por videoconferencia para ultimar os detalles destes singulares concertos, “que terán como protagonista a unha persoa crave

João Damião

Ojeda e Baltar na videoconferencia da presentaciòn de “Verán nas vilas”.

INMOBILIARIA Véndese piso en Beluso, Bueu (Pontevedra). 100 m2, 3 habitacións, salón, cociña, baño, despensa e 3 trasteiros amplios. Soleado todo o día, situado preto de servizos básicos e a menos de 2 km das mellores praias da zona. Prezo: 85.000 euros. Tfno.: 679 588 349 (envío fotos, escoito ofertas). Alugo local económico no centro. Ideal para oficina, almacén ou trasteiro. 17m2. Dispón de baños comunitarios. 120 euros/mes máis 7 euros de comunidad. C.E.: C. Teléfono 627 203 131 Véndese casa céntrica en Xinzo de Limia. Baixo máis unha planta (144m2,) tres prazas de garaxe e patio, cinco habitacións, dous baños, cociña amoblada e terraza. 133.000 euros. Tel. 699 648 514 / 988 21 40 70 Alugo baixo na zona do Couto totalmente acondicionado. Con luz, auga, 70 m2. Prezo 300 euros. Tel: 653 208 506 Alúgase perruquería. Tel. 672 08 93 49 Alúganse apartamentos en Montalvo (de Semana Santa a outubro) con unha ou dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916 Alugo sala para actividades culturais, con posibilidade de cociña, baño e outros sertvizos. Tel.: 988 247 113. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Busco casa en alquiler na periferia de Ourense. Opción a compra ou dunha permuta dun piso situado na Valenzá. Tlf.: 600 826 029.

Vendo casa na estrada de Santiago, con finca. Para restaurar. Tel.:672 089 349. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62.

TRABALLO

Ofrécese señora para traballar con xente maior ou nenos. De toda confianza, con informes. Disponibilidade de coche e fins de semana Tel.: 606 422 543. Ofrécese señora para limpeza por horas Tel.: 674 500 513. Señora, auxiliar de enfermería responsable e con experiencia, ofrécese para coidar persoas maiores, enfermos, nenos e tarefas do fogar. Tel.: 620 052 173 Ofrécese señora responsable -española- para coidade de nenos ou persoas maiores. Con informes. Tel.: 606 422 543 Ofrécese auxiliar de enfermaría, con titulación, para o coidado de maiores. Como interna ou por horas. En Ourense ou arredores. Telf.: 663 043 561 Danse clases de francés a domicilio. Todos os niveis. Titulación en España e Francia. Tlf.: 625 745 611 Imparto clases particulares de Matemáticas a domicilio en Ourense capital. Todos os niveis. Tamen materias curriculares de ESO e Bacharelato. As clases son individuais e personalizadas. Ampla experiencia. Excelentes resultados. Económico. Interesados enviar WhatsApp ao 610 38 25 89. Coido ou acompaño a maiores enfermos polas noites. Económico. Tel.: 616 361 548.

Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358. Fanse desbroces en tractor e a man. Tlf.: 63 521 448 Ófrecese señora seria e responsable para tarefas do fogar e coidado de nenos e maiores. Con informes. Preferencia zona Ponte. Tlf: 685 374 191. Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405. Ofrécese señora por horas para tarefas do fogar, coidado de nenos. Atende persoas maiores; tamén de noite en hospital ou domicilio. Telf.: 620 052 173.

VENDAS Vendo rizador de pelo con accesorios para alisar e rizar. Tel.: 666 303 635 Véndense dous lavacabezas de perruquería. Tel.: 672 089 349 Vendo cama hospitalaria articulada en bo estado, con colchón anti-escaras. Tlf.: 606 133 522 Vendo prensa de viño mediana/grande, ideal para decoración en xardíns. Tlf.: 606 133 522 Véndese mampara nova. Tel: 672 089 349. Véndense traxes de cabaleiro moi antigos en bo estado, ideal para Entroido. Prezo 10€. Tel: 610 979 897. Compro moble de cociña completo. Tel: 988 247 824. Vendo escritorio. Como novo, bo prezo. Tel: 672 089 349. Vendo estufa de frío e calor. Tel: 672 089 349. Vendo hormigonera de 280 litros e maquinillo / grúa (a gasolina). Tel.: 988 23 47 91


24

Barrios 15 de xuño 2021


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.