Barrios 145

Page 1

Especial calendario da Eurocopa 2021 [Páxs. 12-13]

TEMA

Páx.2 VERÍN

Gonzalo Pérez Jácome fai balance no ecuador do seu mandato

Páx.10 BARBADÁS

“Tierra de Leche y Miel” inaugurará o Festival Internacional de Curtas de Verín Vía XIV

Páx.16 PROVINCIA

A Xunta inviste arredor de 70.000 euros na mellora na glorieta dos centros comerciais

Páx.18 DEPORTES

Recreación de varias etapas da Vía da Prata no encoro de Cachamuíña

Na procura da inmunidade de grupo

Páx.20

O Club Ourense Baloncesto perde a categoría e descende a LEB Prata

Novas instalacións no distrito forestal de Verín

[Páx. 14]

Tres xornadas para salvarse

[Páx. 3]

[Páx. 20]

Galicia busca alcanzar a inmunidade de grupo en dous meses. // Nave da nova sede do distrito forestal de Verín. // A UD Ourense tentará salvar a categoría nas tres últimas xornadas.

[Páx. 7]

Número: 145 - Ano: XIV - 31 de maio de 2021 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


2

Barrios 31 de maio 2021

TEMA DA SEMANA

máis transparente". No tocante ao estado das baldosas das beirarrúas, "nós non as rachamos, atopámolas así", pero iso mudará en breve ao contar con "catro brigadas arranxándoas". Afirmou realizar cousas que non chegaron a todo o mundo, denunciando que non caeu na chantaxe dalgún medio de comunicación que pide cartos a cambio de falar ben da súa xestión.

O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, en rolda de prensa.

Pérez Jácome fai balance no ecuador do seu mandato 4 Ademais abre a porta ao PP para volver ao Goberno. Redacción O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome (Democracia Ourensana), compareceu ante os medios de comunicación para dar conta da actualidade municipal, xusto cando o mandato chega ao seu ecuador. O que ía ser, como así o anunciou previamente, unha rolda de prensa incendiaria, foi, realmente, como as anteriores; iso si, con moitos titulares, como sempre que se pon diante dos xornalistas. Pérez Jácome comezou a súa intervención sinalando como el cree que debería de actuar un rexedor: "un alcalde ten que dirixir a cidade e marcar as directrices; tería que funcionar soa, pero non é así", aseguraba lanzando unha nova crítica a algún

“Demos as axudas máis importantes de España, chegou a máis do 90% dos solicitantes”, en alusión aos 2.000 euros concedidos aos autonómos

funcionario do Concello, e facía un simil no que para "querer gañar unha carreira hai que arranxar primeiro o coche". Logros Jácome enumerou os logros obtidos nestes dous primeiros anos como inquilino da Alcaldía de Ourense. Así, dixo ter baixado os impostos de circulación "á altura dos das vilas para que a xente se empadroe onde vive". Lembrou os mupis

(que nestas datas estanse retirando) e dos bolardos "que provocaron 1.300 accidentes”, ademais do problema que causaban os estorniños nalgún parque da cidade. Ademais, asegurou "poñer na senda" ás empresas concesionarias.

"Descubrimos que os semáforos estaban sen pintar desde fai 10 anos", e desvelaba que a empresa de limpeza "tiña 97 traballadores activos, hoxe son 200". Sobre o contrato da limpeza informou que se vai "licitar en breve" e que será "o

“Estamos transformando Ourense, e haberá un antes e un despois; o coche arranxámolo e agora veranse os resultados”, sentenciaba

O alcalde pretende unha transformación profunda na cidade para os dous vindeiros anos que restan de mandato no Concello de Ourense. /M.REJO.

Covid-19 En canto á pandemia, Jácome revelou que supuxo un traspés de cara á transformación da cidade ao "ter que invertir neste tema". "Demos as axudas máis importantes de España, chegaron a máis do 90% dos que a solicitaron", en alusión aos 2.000 euros concedidos aos autonómos da cidade ou que exercían na capital. Tamén recordou a "campaña de libros sen parangón en España", que volverá este verán cunha segunda edición, onde se lle agasallou a cada neno menor cun libro (ata 20 euros concede o Concello por neno e libro). A crise sanitaria obrigou a ter que cancelar festividades "moi importantes" que a Covid "freou en seco". Por iso, para Jácome, en época de escasez e crise "repercute en quen goberna". Deseñando o futuro "Vas tanteando todo e logo tomas o pulso á cidade", dicía de cara aos anuncios sobre o futuro da mesma. "Ten que aflorar o que sementamos e agora veranse os froitos", vaticinaba o alcalde, ao tempo que enumeraba as futuras accións que se acometerán na capital ourensá. A modificación de crédito (de 62 millóns de euros) que queren facer desde o Goberno local axudaría, en gran medida, a levar a cabo esa transformación que para Jácome pasa por unhas concesións da auga, autobuses e lixo "totalmente transparentes". Unha das partidas máis cuantiosas desa modificación iría a cambiar a flota de auto-

buses na que "algún deles leva 20 anos en funcionamento”, denunciaba Jácome. Outra partida ambicioso sería para a construción das escaleiras mecánicas. Usaríanse, ademais, catro millóns de euros para parque infantís e arranxaríanse rúas como Bedoya. "Estamos transformando Ourense, e haberá un antes e un despois; o coche arranxámolo e agora veranse os resultados", sentenciaba. Partido Popular Na rolda de preguntas dos xornalistas, estes quixeron saber se volverán os edís populares a formar parte do goberno municipal. Jácome foi explícito e irónico: "temo que si". O rexedor manifestaba que teñen "contactos ao máis alto nivel co PP", polo que todo fai indicar que máis pronto que tarde os concelleiros do Partido Popular tomarán cargos de responsabilidade no consistorio ourensán. Se fructifican as negociacións pasarían de ser soamente tres os concelleiros que dirixen o Goberno local a 10. Aínda insuficientes para unha maioría absoluta (farían falta 14), pero sen dúbida sería un paso importante para ter máis estabilidade. Incluso disiparía as dúbidas dunha moción de censura, "que sempre está aí", como comentaba Pérez Jácome. Xunta e Estado O alcalde insistía nas críticas ao Goberno central e ao autonómico. "O gran problema de Ourense é o Estado español e a Xunta, somos a cenicienta das administracións", queixábase; asegurando que o feito de non ter grandes inversións "empobrece á cidade". Como exemplo citou á rúa Concordia para a que mandaron "nove avisos" antes de que a Xunta a arranxara.

“O gran problema de Ourense é o Estado español e a Xunta, somos a cenicienta das administracións”


TEMA DA SEMANA

Barrios 31 de maio 2021

3

Galicia traballa co escenario de alcanzar a inmunidade de grupo en dous meses

4 Feijoo apunta a que nas próximas semanas: “en exterior, a máscara non é imprescindible”. Redacción O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, atisbou a posibilidade de que nas próximas semanas "no exterior, en espazos abertos" a máscará non debería ser "imprescindible", entendendo que co paso das semanas e cun maior número de vacinados seríao aínda menos. "Lugares de esparexamento, praias e algunhas zonas das cidades", son aos que se refiriu o mandatario galego; porén, aínda cre que tardará moito máis o alivio do cubreboca en interiores. Para elo, pide chegar a un acordo co Estado para modificar a lei que regula o uso da mesma en exterior, sobre todo en comunidades cunha "porcentaxe de vacinación alto" e unha situación epidemiolóxica "estable". Co 28% dos galegos vacinados, o presidente autonómico mostrábase optimista e indicaba, "esta vez si", estar "ao final do túnel". Ademais, Feijoo persistiu na súa idea de que, cando España teña a posibilidade, vacine aos turistas que cheguen, para así acreditar ao país como destino seguro. Vacinación A Xunta de Galicia conta con inxectar 230.000 vacinas ao longo desta semana, na que se concluirá de dispensar a primeira dose aos maiores de 50 anos. Para a vindeira

semana espérase iniciar a vacinación para os cidadáns que están entre os 40 e os 50 anos (prevista con Pfizer ou Moderna). O obxectivo é que no mes de xullo sexan os menores de 40 anos os inoculados; para este grupo de idade quérese dar a posibilidade de modificar a cita no caso de estar de vacacións e non poder acudir á mesma. Galicia chega esta semana ás 2.000.000 de doses administradas e ao redor de 700.000 persoas xa contan coa pauta completa. Coa polémica suscitada nas últimas datas sobre se poñer a segunda dose de AstraZeneca ou non, o Goberno galego asegurou que todo aquel que queira poñela non terá problema, xa que haberá suficientes doses deste soro que irán chegando ao longo das vindeiras semanas. Casos Lobios e O Barco de Valdeorras son os únicos concellos da provincia que contan con nivel máximo de restricións. No primeiro, a incidencia acumulada a sete días está entre os 125 e os 250 casos, e entre os 250 e os 500 a 14 días. No segundo, a incidencia está

230.000 vacinas inxectaranse durante esta semana en Galicia

unha e as seis da madrugada. Tamén aumenta -ata as tres cuartas partes- o aforo para comercios, actividades culturais, congresos, etc. sempre que se manteña a distancia de seguridade dun metro e medio. Sobre que se poidan usar as barras dos bares non hai nada estudado desde o Sergas, polo que aínda tardará en regresar a súa actividade. Alivio de limitacións O Comité Clínico (que este martes decidirá se Lobios e O Barco rebaixan o seu nivel de restricións) traballa, ademais, coa idea de poder eliminar as restricións de mobilidade nocturna e dereito de reunión.

Esta semana rematarase de dispensar a primeira dose aos maiores de 50 anos. /I.OSORIO. entre 75 e 125 nos últimos sete días, e entre 125 e 250 se contamos a 14 días. En toda a provincia de Ourense son 170 os casos activos de Covid-19 os diagnosticados, sendo a capital o que conta con máis casos (84), pero sumando catro días de descenso. A nota máis positiva son os máis de 70 concellos que están libres de coronavirus. En canto aos hospitalizados, no Complexo Hospitalario de Ourense son cinco os ingresados en

planta e seis os que están en coidados intensivos. Tanto no hospital de Verín como no do Barco hai un ingresado por esta circunstancia en cada un deles. En cifras globais, o número total de contaxiados desde que se declarou a pandemia está nos 15.702 ourensáns, dos cales 15.115 xa están curados e, tristemente, 418 faleceron. Medidas En canto ás medidas, Galicia ampliou as reunións de non convivintes

ata un máximo de 6 en interior e de 10 en exterior. En canto aos aforos, estes ampliáronse ata o 75% -estaban no 50%- salvo en concellos con nivel máximo de restricións (caso de Lobios e O Barco de Valdeorras). Porén, mantense a prohibición de reunións de non convivintes entre a

Festas e verbenas Xa está pechado un protocolo para as verbenas. Contarán cun tercio do aforo sempre que non exceda o millar de persoas e os grupos non poden superar as seis persoas. A pesar de todo, piden a maior responsabilidade aos cidadáns xa que non está "exento de risco", advertían desde Sanidade. No tocante aos concertos, serán ao aire libre, cos espectadores sentados e distancia de seguridade.

Para a vindeira semana espérase iniciar a vacinación dos galegos que teñen entre 40 e 50 anos (prevista con Pfizer o Moderna)


4

Barrios 31 de maio 2021

CIDADE

EN BREVE

Solidariedade motera

4 Policía Local A Policía Local de Ourense conta con 18 novos axentes en prácticas. Os 18 axentes inician un período de formación que se desenvolverá até o 31 de xaneiro de 2022 na academia galega, alternado con períodos de prácticas na Policía Local de Ourense que se estenderán desde o 10 de xullo até o 5 de setembro, e desde o 23 de decembro até o 31 de xaneiro. Outros sete efectivos incorporaranse en breve, a través dunha convocatoria de prazas por mobilidade que se está a desenvolver na actualidade. As 25 prazas suporán un incremento na plantilla do 30%.

Redacción

Obras na OU-105 á altura de Seixalbo.

Obras viais en Seixalbo Deron comezo as obras de mellora da seguridade viaria na estrada autonómica OU105, no entorno do tanatorio de Ourense, en Seixalbo. A actuación conta cun investimento de case un millón euros e cun prazo de execución de 8 meses, polo que o obxectivo é poder rematala a finais de ano. Complétase a reforma integral da estrada nun treito de 350 metros, reordenando a sección da vía para optimizar a circulación dos peóns e do tráfico rodado. A intervención inclúe unha nova glorieta para o acceso á rúa Canizo e a mellora do acceso ao tanatorio. Disporase unha senda na marxe dereita desta rúa ata a súa conexión coa OU-105, habilitaranse beirarrúas e melloraranse os pasos de peóns e as paradas de autobús.

Os motores das motos e dos trikes dos socios de Solidariedade motera vibraron polas rúas de Ourense. O motivo, nesta ocasión, foi darlle unha sorpresa a un rapaz da cidade. Pero non estiveorn sós. Así, os integrantes de Solidariedade motera, Galaicos e A vella escola lograron que o pequeno se emocionase en canto

oiu ruxir estos “cabalos do asfalto” e recibiu un chaleco cos parches de Solidariedade Motera; ademais, puido dar unha volta nun trike do grupo. Rematada a sorpresa, celebraron un xantar de irmandade para conceder chalecos aos novos membros do club. Colaboración Quen queira colaborar ou participar nestes eventos solidarios pódese achegar a súa sede (Pena Trevinca 29, baixo) ou chamar ao teléfono 988 22 43 41.

4 Veladores Entra en vigor a suspensión das taxas pola ocupación de veladores na vía pública. A modificación da Ordenanza Fiscal reguladora establece que “durante os anos 2020 a 2022 suspéndese a aplicación e a esixencia das tarifas establecidas pola ocupación da vía pública con mesas, cadeiras e tribunas”. Estas tarifas volverán ser de aplicación a partir do 1 de xaneiro de 2023.

4 Control da vexetación Licítanse os traballos de control da vexetación de crecemento espontáneo e a roza dos espazos públicos da cidade. O contrato contará cunha partida de 53.833,25 euros para as vindeiras dúas anualidades.

O pequeno homenaxeado cos membros de Solidariedade motera, Galaicos e A vella escola.

Cáritas Ourense Redacción A conselleira, Ángeles Vázquez, durante a súa visita a Ourense. /M.REJO.

Rehabilitación enerxética de edificios A Xunta de Galicia anima a propietarios particulares ou comunidades de veciños con inmobles de carácter residencial a acollerse á nova liña de axudas para rehabilitación enerxética de edificios do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), que permanecerá aberta ata o vindeiro 31 de xullo. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, subliñou que este ano é a primeira vez que o seu departamento xestiona o chamado programa PREE, de carácter plurianual e cun orzamento global de 17 millóns de euros.

Modificación de crédito Redacción

4 ARRU Ábrese un novo prazo para solicitar axudas de rehabilitación de vivendas no Centro Histórico e no núcleo de Seixalbo dentro de programa das Áreas de Rehabilitación e Rexeneración Urbana (ARRU). Dentro desta convocatoria, que se manterá aberta até o 28 de xuño. As bases completas e o modelo de solicitude está dispoñible na sede electrónica do Concello.

A probeza estaba cronificándose nos últimos anos e a pandemia non fixo máis que acentuala, sendo cada vez máis complicado a inclusión social. A esta conclusión chegan desde Cáritas Ourense trala presentación da súa memoria de 2020. María Tabarés, directora de Cártias Diocesana Ourense, anunciaba

A vaca Popi terá unha merecida restauración.

A vaca Popi será restaurada A escultura da vaca Popi, xunto coa bancada, que ocupa a zona central da praza Paz Nóvoa foron enviadas de novo ao taller de Leandro Sánchez, para a súa restauración. Tras pasar polo taller lucirá “un aspecto máis novo”. As cores da vaca mudarán, adiantounos o autor, e a bancada, amais de ser pintada, será recuberta de fibra de vidro, para mellorar a súa capacidade de conservación. Esta obra foi unha doazón da Fundación Cum Laude a cidade de Ourense. A restauración durará ao redor dun mes.

Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense, buscará o apoio da oposición para poder dispoñer de 62 millóns de euros do remanente da tesourería do concello. Jácome quere con esa cantidade “atender as necesidades da cidade” sendo esta “a maior modificación de crédito da historia de Ourense”. A idea é destinalos a investimentos en infraestruturas e servizos na cidade.

que a entidade atendeu ese ano a 8.000 usuarios máis que o anterior chegando a cifra aos 20.974, o que supón que o 8% da poboación da Diócese de Ourense pediu axuda. A entidade investiu máis de dous millóns de euros en acudar aos máis necesitados -preto de 500.000 euros foron destinados ao comedor social cunha media de 500 racións diarias-. As principais demandantes destas axudas son mulleres de entre 36 e 65 anos. Porén, o que se atopou o primeiro rexedor foi a petición (por parte do PSOE na Comisión de Pleno ) de novos informes técnicos en relación ao expediente que ten que ser sometido a aprobación por parte do Pleno do Concello. Os socialistas propuxeron deixar o asunto sobre a mesa até que estes informes se incorporen ao expediente. A proposta de pospoñer o ditame da proposta de modificación orzamentaria saíu adiante cos votos a favor do PSOE, BNG e un concelleiro non adscrito; cos votos en contra de DO e C´s; o PP abstívose.


PUBLICIDADE

Barrios 31 de maio 2021

5

Entrevista á responsable de oposicións de Proxecto Formación, rocío seara

Entrevista a sara f., unha das alumnas de proxecto formación

"Curso difícil pero con record"

"Son -Academia Proxectounha importantísima fonte de apoio"

4 Proxecto Formación logrou un 90% de aprobados na fase de oposición ao Ministerio de Xustiza; un gran éxito en tempos complicados. Redacción A piques de rematar para este centro de formación de Ourense, o curso de preparación de oposicións 2020-2021, facemos balance do mesmo coa súa Directora. Rocío Seara, como responsable de oposicións de Proxecto Formación, que valoración realiza do curso que está case rematando? Rocío Seara: "Ufff!!!, este ano foi un dos máis difíciles de toda a nosa carreira, ter que combinar todas as medidas Covid (límite de aforamento, distancia entre alumnos,...) co nivel de esixencia e calidade que sempre mantemos nos nosos grupos de oposicións, supuxo todo un reto, aínda que, cun éxito incrible, tanto a nivel sanitario ou de saúde, como a nivel resultados". Ao comezo da entrevista, vostede falábanos de récord? R.S.: "Si, así é. A día de hoxe, estamos aínda celebrando os nosos resultados nas oposicións ao Ministerio de Xustiza onde, o es-

“Obtivemos un éxito incrible, tanto a nivel sanitario ou de saúde, como a nivel resultados”

4 Foi alumna e futura funcionaria do Ministerio de Xustiza. Redacción

ferenza".

Buscando a opinión do outro lado da moeda, entrevistamos a Sara F., alumna e futura funcionaria do Ministerio de Xustiza.

Que aspectos relacionados coa preparación da túa oposición resultaron máis duros/difíciles e cales os máis positivos? S.F.: "O máis duro é, sen dúbida, a incerteza: estudar sen un horizonte claro. Prepáraste en silencio, mentres o mundo segue virando, pero sen saber até cando. O bonito é a xente que coñeces durante este camiño, creas vínculos moi fortes porque son persoas que están a pasar polo mesmo que ti. Enténdente e convértense en alicerce fundamental".

Que supón para ti incorporarte como funcionaria do Ministerio de Xustiza? Sara F.: "Supón tranquilidade e orgullo. É a recompensa logo dun duro e longo esforzo como opositora, moi invisibilizado no día a día. E ademais creo que é a mellor saída laboral, co escenario actual que hai no noso país".

Rocío Seara, responsable de oposicións de Formación Proxecto. forzo dos nosos alumnos e alumnas e, case en igual medida, o traballo, dedicación e profesionalidade do noso equipo de preparadores, provocaron un 90% de aprobados na fase de oposición e, grazas a que, tal e como se prevía, a fase de concurso non será moi determinante, a maioría destes aprobados traduciranse en novos funcionarios nos Xulgados de España". E o futuro R.S.: "Pois seguiremos na nosa liña de traballo, referendada polos nosos resultados case inmellorables en todas as oposi-

cións: Maxisterio, Técnico/ as de Xardín de Infancia, Ministerio de Xustiza,... e, apoiados como non pode ser doutra maneira, no noso incrible equipo de preparadores, seguiremos tentando axudar a todo/as os que confíen en nós, a conseguir o seu acceso á Función Pública".

“Seguiremos na nosa liña de traballo, refrendada polos nosos resultados case inmellorables”

Que papel xogou Academia Proxecto no teu recente aprobado? S.F.: "Academia Proxecto foi para min a ferramenta necesaria para acadar a praza. É familia e equipo, porque prepárante a conciencia, sempre para o escenario máis esixente, e ao mesmo tempo son unha importantísima fonte de apoio emocional que, no meu caso, marcou a di-

“Aprobar é a recompensa tras un duro e longo esforzo como opositora, moi invisibilizado no día a día”

Que recomendarías a quen se plantexe prepa-

“Academia Proxecto foi para min a ferramenta necesaria para acadar a praza” rar unha oposición para, do mesmo xeito que ti, acabar obtendo unha praza na Administración Pública? S.F.: "Creo que o máis importante é afrontar a oposición con humildade. Ante o temario, ante as probas, ante quen te prepara. Nunca o saberás todo e sempre poderás -e deberás- mellorar. E que busquen unha boa academia e bos apoios, como eu atopei, porque o camiño farase duro".

Sara F. preparou as oposición do Ministerio de Xustiza en Academia Proxecto.


6

Barrios 31 de maio 2021

Campamentos de verán Redacción Na provincia de Ourense haberá nove recintos habilitados para o desenrolo dos campamentos de verán que este ano póñense en marcha co lema ‘O verán que mereces’ e que darán cabida a 879 menores de 9 a 17 anos Estos campamentos terán lugar no albergue Penedos de Xacinto (Entrimo), a estación de montaña de Manzaneda, o albergue Equal (Coles), Complexo O Corgo (Muíños), Albergue Xuvenil de Vilariño de Conso, o albergue de San Xoán de Río, a Residencia de Tempo Libre de O Carballiño e como novidades deste ano incorpóranse dúas novas instalacións: o Albergue de Bande- Reserva da Biosfera Gerês-Xurés e o Albergue A Fábrica da Luz (Parada de Sil). Haberá ademais unha convocatoria específica para as persoas con capacidades diversas de entre 11 a 45 anos con 45 prazas na Residencia de Tempo Libre do Carballiño. Voluntariado Para os campos de voluntariado o prazo de inscrición estará aberto ata cinco días antes do comezo de cada campo. Para os doutras comunidades autónomas habilítanse dúas convocatorias; a segunda delas abrirase o 1 de xuño e permanecerá aberta ata cinco días antes do inicio do campo. Na provincia de Ourense haberá sete campos de traballo cun total de 85 prazas.

CIDADE

Os "Ecovixiantes" viaxaron ata Fragas do Eume 4 Rematan un curso cargado de solidariedade con numerosas accións medioambientais. Redacción O alumnado de 2º ESO, Ecovixiantes, do Colexio Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense, despide este curso cunha excursión ao Parque Natural das Fragas do Eume, celebrando o Día Europeo da Rede Natura 2000. Unha xornada desexada neste ano de restriccións. O alumnado deu un paseo en Ferrol polo afamado barrio da Magdalena e o Ferrol Vello. Da man de profesionais achegáronse a este barrio de arquitectura militar e modernista. Acompañados polos profesores Inma Soto e Jaime Álvarez, e dentro do Proxecto Terra, que agora conmemora os seus primeiros 20 anos, e dentro da materia de libre configuración Paisaxe e Sustentabilidade, embarcaron no "Rías Altas Dos" no Peirao da Curuxeira para contem-

plar a Ría de Ferrol desde outra perspectiva. Tamén acudiron ao Castelo de San Felipe, onde recibiron explicacións sobre arsenais, buques, canóns, zonas amuralladas... ata a Ponte das Pías. Tampouco faltou un estupendo xantar no albergue de Ecoturismo "Alvarella", proxecto sostible baseado na bioconstrucción, onde tiveron unha charla sobre bioconstrucción e as enerxías renovables que nutren este albergue. Dentro do Programa STARS España realizaron un roteiro polo Parque Natural das Fragas do Eume co inicio no Mosteiro de Caaveiro e con varias paradas explicando flora e fauna autóctona. Red Natura 2000 O 19 de maio celebraron o Día de la Red Natura 2000, para conmemorar a importancia desta iniciativa como principal ferramenta de conserva-

Os “Ecovixiantes” nunha das accións solidarias deste curso.

ción de máis de 27.000 espazos europeos de alto valor ecolóxico. Coa celebración deste día os "Ecovixiantes" descubren a riqueza destos espazos protexidos, nos que natureza e ser humano van da man. Os "Ecovixiantes" quixeron reivindicar a importancia desta rede e a súa proximidade para gozar da natureza, desde o respecto e a responsabilidade, poñendo o foco no coidado da natureza como solución á crise e como ferramenta ineludible para a recuperación verde que precisamos. Durante esta xornada prepararon a actividade "De árbores e ermidas" onde homenaxearon cunhas lecturas á Sobeira do Loña -xunto á igrexa de Cristo Rei- de 320 anos de idade e uns 21 metros de altura. Ademais visitaron a ermida de Portovello e realizaron unha limpeza simbólica, ademais de xogar a xogos popula-

Os “Ecovixiantes” nas Fragas do Eume. res, como as canicas e as chapas. Camiño Caneiro Tamén neste mes realizaron varias xornadas de limpeza co apoio de Ecourense. Entre elas está a que fixeron no parque Camiño Caneiro. Alí retiraron 17 cabichómetros cheos de cabichas. "Pensando coa cabeza non coa cabicha" é o lema de "Ecovixiantes" para atallar este inmenso problema que afecta a todas as rúas ourensás. A xornada rematose con "Hábitos de Vida Saudable". E para rematar esta completa xornada, levaron tapóns solidarios a Albarellos (Monterrei) dentro do Voluntariado Social que levan a cabo. Os "Ecovixiantes" remataron os pasaportes solidarios, onde se reflexan as accións levadas a cabo durante este curso 2020-21. Pasaporte Solidario Cabe destacar que o proxecto de voluntariado nas aulas, denominado

Pasaporte Solidario, pretende fomentar a acción solidaria entre os rapaces e posicionalo como instrumento educativo dirixido a impulsar e consolidar os valores e accións altruistas entre a xuventude. Trátase dun documento cuxas páxinas conteñen propostas de actividades solidarias para todo o alumnado dos centros educativos de Primaria e de ESO de Galicia que se adhiran, que se poderán desenvolver tanto no centro educativo como fóra del, e que o alumnado elixirá en función das accións que desexe realizar. Solidariedade, Vos de fóra, Ecoloxía, Medio Ambiente, Imaxe, Igualdade, A Cantar son os eidos sobre vos que se traballa neste Plan Proxecta.

No parque Camiño Caneiro retiraron 17 cabichómetros cheos de cabichas


CIDADE

Xantar e Termatalia presentáronse en FITUR 4 Estarán centradas na promoción do Xacobeo. Redacción Un ano máis Expourense estivo presente en FITUR para dar a coñecer as súas dúas feiras internacionais: Xantar e Termatalia, que este ano estarán centradas na promoción da Xacobeo. Estas presentacións no marco de FITUR - Madrid foron o primeiro acto público do novo director xerente de Expourense, Rogelio Martínez González, que tomou posesión do cargo hai uns días. Martínez, adiantou algunhas das novidades da 22ª edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebrará entre o 3 e o 7 de novembro de 2021. Estas

novidades que xa empezan polo propio cambio de datas, busca que Xantar 2021 convértase no gran reencontro dos profesionais do turismo e a hostalaría convertendo á feira nun punto de inflexión que permita celebrar a volta á "normalidade" e que contribúa a promocionar internacionalmente a Galicia como un destino enogastronómico seguro nun momento tan especial como o dobre Ano Xacobeo 2021-22. Esta edición de Xantar estará centrada na promoción da “Gastronomía dos Camiños”, de todos eles, desde o francés á Vía da Prata e, por suposto, do Camiño Portugués. Desde Xantar non se quere deixar pasar esta oportu-

nidade para situarse como un destino seguro que ofrece todo o que o turista post-COVID busca e necesita. Outra das novidades do salón é a súa adaptación ao formato híbrido. As actividades que Xantar organiza cada ano como talleres de cociña en directo, catas comentadas ou presentacións de destinos enogastronómicos, poderán seguirse este ano de modo presencial desde o recinto de Expourense (como sempre) e tamén en liña desde calquera parte do Mundo. Este novo formato facilitará a participación internacional.

Termatalia Termatalia é unha cita que reúne a profesionais de máis de 30 países e desde Expourense decidiuse o adiamento da feira como tal até 2022 para poder garantir entón a presenza masiva de profesionais. A feira conta cun elevado índice de participación internacional que sería moi complicado manter este ano, debido ás restricións impostas pola pandemia. O que si se celebrará será o 2º Congreso Internacional sobre Auga e Saúde, que terá lugar os días 16 e 17 de setembro e promoverá o proxecto "Un descanso nos Cami-

Presentación de Xantar e Termatalia en FITUR.

Barrios 31 de maio 2021

ños". Ademais, celebrarase o 2º Workshop Internacional en Turismo de Saúde e Benestar no que participarán distintos operadores de turismo especializados en termalismo e wellness que manterán citas de negocio cos destinos que decidan participar neste encontro. Ambas actividades terán formato híbrido.

Xantar celebrarase do 3 ao 7 de novembro. Termatalia adiase a 2022

7

Axudas libros Redacción O Concello destina 210.000 euros para que a rapazada da cidade -nenos e nenas nacidos no ano 2003 en adiante e empadroados na cidade- poida adquirir libros no comercio local. Será un exemplar á súa escolla, por importe de até 20 euros -se supera esa cifra, a diferenza deberá ser achegada polo interesado- que poderán retirar nas librarías que se adhiran á campaña. As adquisicións de libros realizaranse dende o 23 de xuño de 2021 ata o 14 de agosto de 2021. Para estes efectos, deberá realizarse unha solicitude a través de https://libros. concellodeourense.es, onde haberá unha listaxe dos establecementos participantes na campaña. Unha vez cubertos os datos requiridos enviarase un código alfanumérico que deberá presentar, xunto co NIF, no establecemento.


8

Barrios 31 de maio 2021

SOCIEDADE

Usuario da tarxeta “Xente Nova” entrando nun autobús interurbano.

Os menores de 21 anos viaxan gratis por Galicia no transporte público coa tarxeta “Xente Nova”

4 A tarxeta ‘Xente Nova’ pode adquirirse en calquera das 213 oficinas de Abanca habilitadas nas catro provincias. Redacción Todos os menores de 21 anos poden viaxar gratis no transporte público da Xunta por toda a xeografía galega. A Xunta de Galicia publicaba o pasado 20 de maio, no Diario Oficial de Galicia (DOG), a resolución que facía estensiva a toda a comunidade a gratuidade no transporte público interurbano aos menores de 21 anos coa utilización da tarxeta ‘Xente Nova’ (anteriormente só podía empregarse nas áreas de transporte metropolitano constituídas -áreas de transporte metropolitano

da Coruña, de Santiago, de Ferrol, de Lugo e de Vigo-, na provincia de Ourense e en 13 concellos da área de Pontevedra). A norma facíase efectiva a partir do día seguinte da súa publicación no DOG (21 de maio). Así pois, con esta medida, todos os galegos menores de 21 anos poderán viaxar de balde no auto-

bús da Xunta, desde calquera dos 313 concellos de Galicia a calquera outro, ademais de no barco, no caso da ría de Vigo, e no ferrocarril de vía estreita na área de Ferrol. Tarxeta A tarxeta ‘Xente Nova’ pode dquirirse en calquera das 213 oficinas de Abanca habilitadas nas

A Xunta de Galicia publicaba o pasado 20 de maio, no Diario Oficial de Galicia (DOG), a resolución que facía extensiva a toda a comunidade a gratuidade no transporte público interurbano ós menores de 21 anos

catro provincias. Para empezar a empregala cómpre cargar a tarxeta cun saldo inicial co que se abonarán as viaxes e, posteriormente, será reintegrado no dispositivo. A repercusión desta iniciativa é tal que actualmente son máis de 80.500 mozos menores de 21 anos os que xa viaxan de balde nos autobuses interurbanos da Xunta a través do emprego desta tarxeta. O ano pasado (a pesar de todos os condicionantes da crise sanitaria da covid-19) foi o de maior incremento de tarxetas expedidas desde que se

puxera en marcha aló polo 2016. Nos 365 días de 2020 emitírnose máis de 21.000 novos dispositivos. Desde a implantación desta medida, realizáronse máis de 8 millóns de viaxes gratuítas, cun investimento por parte da Xunta que se sitúa en preto dos 8 millóns de euros. A tarxeta permite realizar cada mes ata 60 viaxes interurbanas gratuítas. A súa recarga pode efec-

tuarse nos caixeiros de Abanca ou nas oficinas habilitadas para expedila e tamén de xeito telemático mediante a banca móbil ou electrónica da citada entidade. Desde a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade trabállase para que proximamente os usuarios poidan levar a tarxeta no móbil e facer as recargas sen necesidade dun caixeiro.

Na páxina web www.bus.gal pode ampliarse a información relativa a este dispositivo e as vantaxes que leva asociadas


SOCIEDADE

Na páxina web www. bus.gal pode ampliarse a información relativa a este dispositivo e as vantaxes que leva asociadas, así como o listado de todas as sucursais habilitadas para a súa expedición e os servizos de transporte existentes en cada concello, cos correspondentes horarios e rutas. Por zonas Na área de Ourense son máis de 2.900 tarxetas expedidas sendo a que conta cun menor número. A conta con máis dispositivos é a área da Coruña, con preto de 23.500; despois está a de Vigo, con máis de 17.600; Santiago cunhas 12.350; Ferrol con ao redor de 9.800; e Pontevedra, chegando ás 5.500 emitidas. Iniciativa social Esta iniciativa social da Xunta, a tarxeta ‘Xente Nova’, pretende fomentar o transporte público. A Xunta de Galicia púxoa en marcha en 2016 nas áreas de transporte metropolitano para permitir a gratuidade no transporte público a menores de 19 anos. Máis tarde, ampliouse a cobertura ata os menores de 21 anos.

En xuño do ano pasado, o Executivo autonómico activou este incentivo en toda a provincia de Ourense e en 13 concellos da área de Pontevedra. Esta decisión do Goberno galego, enmarcada no Plan de Transporte Público de Galicia, ten como obxectivos contribuír á economía das familias e facilitar o acceso dos mozos a servizos básicos como a educación, especialmente a non obrigatoria, ao tempo que se fomenta o uso do transporte público e a mobilidade máis sustentable entre os máis novos. Para ilustrar o impacto que a tarxeta Xente Nova está a ter nos petos das familias, o director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, puxo de exemplo o traxecto dunha moza de Verín que estude na cidade de Ourense, desde que o Goberno galego estendeu a toda a provincia as vantaxes deste dispositivo. Así, coa

Na área de Ourense son máis de 2.900 as tarxetas “Xente Nova” expedidas

Barrios 31 de maio 2021

9

A Xunta está a impulsar prezos máis económicos para toda a cidadanía. tarifa do contrato anterior, esta usuaria tería un prezo por viaxe de 4,55 euros, o que supón uns 200 euros ao mes desprazándose a diario. "Hoxe", dixo, "esta mesma estudante viaxa gratis todo o curso, o que supón para a familia case 1.800 euros de aforro nos 9 meses lectivos". Resto da cidadanía Ademais, o director xeral de Mobilidade, puxo o acento na incidencia do novo Plan de Transporte Público de Galicia nos descontos e políticas activas de prezos máis po-

tentes, con independencia da idade, e que posibilita a todos os usuarios o acceso a elas. Aquí, seguindo co exemplo da estudante de Verín, explicou que segundo a moza vaia cumprindo anos, ou para o resto de usuarios, se dispón xa dun bono mensual ilimitado de 66€ se precisa facer as mesmas viaxes, o que supón un aforro de case 150 euros ao mes, 1.200 euros ao ano. O director xeral de Mobilidade, destacou tamén nunha intervención no Parlamento de Galicia,

Actualmente son máis de 80.500 os menores de 21 anos os que xa viaxan de balde nos autobuses interurbanos da Xunta.

que a Xunta está a impulsar prezos máis económicos para toda a cidadanía. Para iso, estase a traballar na constitución nos vindeiros meses da Área de Transporte de Galicia, que levará a toda a Comunidade os beneficios dos que gozan xa nos 65 concellos da contorna das cidades da Coruña, Ferrol, Lugo, Santiago e Vigo, integrados nas áreas de transporte metropolitano, a través do uso da tarxeta TMG. Maestro puxo en valor tamén o traballo da Xunta para facer realidade a modernización completa dos servizos de transporte público por estrada, onde apuntou como fundamental o papel da mocidade e, tamén, do novo Plan de Transporte Público de Galicia, “que rematou recentemente a súa implantación efectiva, froito dun traballo inxente”, dixo. Destacou a planificación do Goberno galego ante a magnitude do proceso rematado ao longo do ano pasado, que supuxo implantar 127 contratos, a renovación de máis de 3.100 liñas de autobús, que cada mes poñen en circulación uns 300.000 servizos, trasladando a 26

millóns de viaxeiros ao ano, ademais de 43.000 escolares todos os días. A rede de servizos descrita, lembrou, supón un investimento autonómico que supera os 80 millóns de euros cada ano. Ignacio Maestro apuntou que a adhesión dos concellos que estean interesados suporá a despenalización total dos transbordos en autobuses interurbanos e bonificacións económicas en cada viaxe. Estes descontos, engadiu, de xeito complementario á oferta de bonos vixentes, suporán un aforro real adaptado ás circunstancias individuais dos cidadáns. O director xeral de Mobilidade animou a colaborar na constitución da Área de Transporte de Galicia aos concellos interesados en que a mocidade e a cidadanía, sen límite de idade, dispoñan de prezos aínda máis baixos. Neste sentido, expresou a confianza en que os concellos se sumen aos convenios coa Xunta para que esta Área estea plenamente operativa cando antes, toda vez que aos municipios só lles corresponde achegar o 20% do financiamento.

Unha moza de Verín que estude na cidade de Ourense, antes, pagaría un prezo por viaxe de 4,55 euros, o que supón uns 200 euros ao mes desprazándose a diario; hoxe, co uso da tarxeta “Xente Nova” viaxa gratis. Supón para a familia case 1.800 euros de aforro nos 9 meses lectivos


10

Barrios 31 de maio 2021

VERÍN

EN BREVE 4 Avenida Luis Espada Deron comezo as obras de acondicionamento da avenida Luis Espada, nas que se dotará de novas árbores, anchearán as beirarrúas, soterrará cableado eléctrico e haberá novos aparcamentos. Esta previsto un orzamento de 180.000 euros.

4 “Emerxen os directos” O Conservatorio Profesional de Música de Verín, coa colaboración da súa AMPA e da concellería de Educación Cultura e Festexos do Concello de Verín, están levando a cabo o ciclo de concertos “Emerxen os directos”. As persoas interesadas en acudir a algún dos concertos disporán de entradas, dous días antes de cada evento, no Auditorio Municipal de Verín (en horario de 17 a 20 horas). Pese a ser actuacións de carácter gratuíto, o control de aforo realizarase para adaptarse aos protocolos de seguridade sanitaria vixentes actualmente na nosa comunidade. Os concertos previstos para o mes de xuño son: sábado día 5, ás 12 horas, no patio do C.P.R Mercedarios, concerto benéfico do CMUS Verín; e o domingo día 13, ás 19 horas, no Auditorio Municipal de Verín, gala de graduación cos artistas invitados Caamaño e Ameixeiras.

4 Eurocidade

O programa deportivo “Escola de Verán” abre o seu prazo de inscrición. É unha iniciativa lúdico-deportiva que se desenvolverá desde o xoves 1 de xullo ata o martes, 31 de agosto, destinada a un máximo de 200 menores nados dende o 2007 ao 2017. Este ano, amplíase o seu horario sendo este de luns a venres, dende as 9 ás 14 horas. Inscrición presencia no Pavillón Municipal de Deportes (R/ Irmáns Moreno, 13), de 9 a 14 horas, ou ben no correo electrónico a smdverin@hotmail.com.

Rodaxe en Turquía do documental.

“Tierra de Leche y Miel” inaugurará o FIC Vía XIV 4 Será a preestrea en Galicia deste documental. Redacción O Festival Internacional de Curtas Vía XIV de Verín acollerá, no marco da súa sexta edición (que se celebrará a comezos de setembro) a preestrea en Galicia do documental Tierra de leche y miel, dirixido polo verinés Héctor Domínguez-Viguera xunto a Gonzalo Recio e Carlos Mora. Un traballo que gañou a sección DOC na 65ª edición do festival Seminci de Valladolid e cuxo equipo directivo está moi ligado ao Festival Internacional de Curtas de Verín, que co seu patrocinio contribuiu a facer posible este documental. Ademais, o seu equipo de rodaxe impartiu hai uns anos, no marco do FIC, unha masterclass na que abordou a problemática de construción dunha obra cinematográfica. O documental será posteriormente estreado, de xeito oficial na Comunidade Autónoma, no Festival Play-Doc de Tui.

O documental fai un retrato real e cru das cicatrices, efectos e salpicaduras dunha guerra

Cinco capítulos O traballo está dividido en cinco capítulos e un prólogo e fai un retrato real e cru das cicatrices, efectos e salpicaduras dunha guerra: os mortos, o trauma, a pena, a incertidume e, en especial, os desprazamentos. Mediante unha técnica moi lograda, o traballo afonda, dun xeito case poético, na cotidianeidade dunhas personaxes que viven nun conflito bélico. Para un dos directores deste traballo, o verinés Héctor Domínguez-Viguera é “un motivo de inmensa alegría” poder preestrear a obra en Galicia “no marco do FIC Vía XIV” e poder “compartir con familiares, amigos e coñecidos” as súas impresión sobre o documental. Xunto a isto, aspira a que o público poida afondar no coñecemento dunhas personaxes que a todo o equipo técnico impresionaron notablemente xerando neles un “sentimento transformador”. Obradoiro Un curso de Guión en Cinema, que estará impartido por Ángel Manzano, vicepresidente da Asociación Galega de Guionistas e presidente do Foro da Asociación de Guionistas Audiovisuais, será unha das actividades paralelas

que ofrecerá o Festival de Curtas este ano. A iniciativa, estruturada en tres fases, está aberta a todas as persoas, de calquera idade, interesadas en contar unha historia. A primeira delas consistirá nunha clase maxistral telemática, que se realizará a principios de xuño, na que os inscritos poderán coñecer de primeira man certos aspectos xerais relacionados co guion cinematográfico: que é un guion, como se realiza, como se estrutura e como se ordena a idea. A segunda fase afondará nos aspectos técnicos do guión: como se desenvolve, xiros, relevancia dos diálogos, ritmo e tono. Esta segunda fase tamén se realizará de xeito telemático, uns 15 días despois da primeira. Os inscritos terán case dous meses para desenvolver un guión de seu e xa na semana do festival haberá titorías individualizadas de estudo do material creado por parte de Ángel Manzano. Os interesados en participar nesta iniciativa, que ten un máximo de seis prazas, poderán inscribirse enviando un email cos seus datos a guion@ficviaxiv.com. O custe é de 30 euros ao estar subvencionada, na súa maior parte, pola organización do Festival.

Ángel Manzano, vicepresidente da Asociación Galega de Guionistas, impartirá o curso de Guión en Cinema

Ángel Manzano.

Usuarios do Centro Ocupacional de Verín realizando o Camiño de Santiago.

O Centro Ocupacional fai o Camiño de Santiago 4 Realizarán o camiño en bicicleta estática. Redacción O Centro Ocupacional de Verín súmase ao Ano Santo realizando unha novidosa actividade. A mesma, trata de realizar, dunha forma diferente, o Camió de Santiago, desde Verín a Compostela (180 km). Realizarano semanalmente en bicicleta estática e durante oito etapas. Cada mércores os usuarios do Centro Ocupacional irán facendo colectivamente os quiló-

Prensa de trabe Redacción O Museo de Verín homenaxeou á súa peza máis fotografada, a prensa de trabe. Trátase dun elemento patrimonial esencial para a comprensión da historia comarcal e a súa vinculación co mundo do viño. Cunha lonxitude de case 5 metros da panca, presenta o “embigo” e o “rodeiro” nun extremo (a bisagra de pedra e o pasador que a unen ao muro de carga), a trabe (a gran

Prensa de trabe.

metros correspondentes a cada etapa para entre todas sumar a distancia dende Verín a Santiago. Na derradeira etapa cada un recollerá a súa correspondente Compostela que acredita a realización do camiño. Durante a duración desta actividade traballarase sobre a significación do Camiño de Santiago principalmente na Ruta da Prata. Semanalmente coñecerán os lugares por onde transita cada etapa. panca de segunda orde) o “parafuso” e o “penso” ou contrapeso de grandes dimensións. Finalmente, para facer funcionar ambos, a “panca” ou accionador manual do fuso. Esta prensa preséntanos, coma conxeladas no tempo, dúas magníficas innovacións atribuídas ao xenial matemático e inventor grego Arquímedes: a panca e o parafuso. A panca é a trabe que aprisiona o bagazo grazas á tracción cara abaixo por gravidade do “penso”, pedra de granito de varios centos de quilogramos que colga dun extremo.


PUBLICIDADE

Barrios 31 de maio 2021

11


12

Barrios 31 de maio 2021

CALENDARIO EUROCOPA 2021


EUROCOPA 2021 CALENDARIO

Barrios 31 de maio 2021

13


14

Barrios 31 de maio 2021

VERÍN

Verín renova os parques infantís

Ludoteca e campamento de verán Redacción

4 Substituiranse máis de 1500 m² de chan das zonas de xogo por caucho continuo. Redacción O Concello de Verín fai unha aposta firme para a renovación dos seus parques infantís. Por iso, o Goberno local vén de anunciar o inicio da primeira fase do plan de renovación, mantemento e mellora dos parques infantís do municipio, cuxo obxectivo é incrementar a seguridade dos usuarios, fomentar a accesibilidade e rehabilitar o mobiliario danado. Para isto, substituiranse un total de 1.500 m² de chan dos seus parques infantís por caucho continuo e realizaranse os labores de mantemento e reparación de todas as zonas de xogo que así o precisen. Estudo Segundo informou o alcalde de Verín, Gerardo Seoane Fidalgo, tras realizar un estudo pormenorizado do máis trinta parques infantís do casco urbano, centros educativos públicos e pobos do municipio, «poñeremos en marcha unha batería de accións de mellora entre as que se incluirán a substitución dos cauchos amortecedores de caídas que estean desgastados por caucho continuo, a actualización dos xogos infantís danados, así como os labores de mantemento e reparación de todas as zonas de xogo que así o

precisen». Seoane tamén quixo puntualizar que o importe necesario para a realización deste plan de renovación integral, que suporá un investimento total de 100.000 euros, estará incluído nunha nova modificación de crédito orzamentario. Pola súa banda, o concelleiro responsable da área de Mocidade, Diego Lourenzo Moura, explicou que con este plan búscase atender, de maneira integral e ordenada, á vixente petición veciñal de actualización das zonas de xogo infantís de competencia municipal. «É de vital importancia dotar a todas as zonas de esparexemento infantil da vila e pedanías dunha mellora integral e equitativa”. Melloras nas zonas deportivas exteriores Desde o Concello, tamén se informou que -nesta mesma liña de traballo- procederase á adecuación de varias das zonas deportivas exteriores municipais, realizado labores de mantemento do mobiliario deportivo, así como de substitución dos firmes deteriorados.

Suporá un investimento total de 100.000 euros

Parque infantil da rúa San Félix. /CMZ.

González, Seoane, Alén e Rodríguez, na nave que albergará a nova sede do distrito forestal de Verín-Viana. /RAMSÉS.

Unhas novas instalacións reforzarán o distrito forestal de Verín 4 A nave acollerá uns 95 profesionais, entre axentes, técnicos, emisoristas e bombeiros forestais. Redacción A Xunta de Galicia dotará o distrito forestal de Verín-Viana dunhas novas instalacións que poderán acoller ata un cento de profesionais e máis de 40 vehículos. O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez; o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; e o alcalde de Verín, Gerardo Seoane; visitou a nave que albergará a nova sede do distrito forestal XIV, de Verín-Viana. O conselleiro destacou que estas instalacións permitirán “seguir mellorando e optimizando os servizos que prestamos á cidadanía, neste caso relacionados co sector forestal”. Nesta liña, salientou tamén que se pasa de contar cunhas oficinas nun piso do centro urbano de Verín a dispoñer “dunhas instalacións moito máis acaídas e accesibles”. Así, José González si-

nalou que esta nave acollerá uns 95 profesionais, entre axentes, técnicos, emisoristas e bombeiros forestais. É dicir, máis da metade do persoal de todo o distrito, que está integrado por 177 persoas. Ademais, indicou que os vehículos do distrito contarán cun espazo, a cuberto, “moito máis axeitado para protexelos do inverno”. Neste sentido, o conselleiro trasladou que se vai habilitar un lugar para acoller ata 11 motobombas e ata unha trintena de vehículos do distrito forestal. José González destacou os esforzos que se fan na loita contra os incendios e engadiu que o distrito de Verín-Viana “é un dos máis afectados pola actividade incendiaria e por iso estamos a redobrar -nel e en toda a provincia de Ourense- os labores de prevención”. Proxectos Ademais, lembrou entre as medidas tomadas nese sentido, a posta en marcha do novo centro integral para a loita contra o lume

que se situará en Toén, unha iniciativa que suporá un investimento de 15 millóns de euros, xa orzamentados nas contas de 2021, remarcou. Do mesmo modo, o conselleiro tamén recordou que no mesmo concello de Verín vaise poñer en marcha tamén unha moderna base de medios aéreos, que suporá un investimento de máis de 9 millóns de euros. Trátase do proxecto transfronteirizo Interlumes, que permitirá dotar a esta zona do sur de Ourense dunhas modernas instalacións “para anticiparnos aos incendios, mellorando tempos de resposta e optimizando os recursos na loita contra o lume”, destacou González.

Habilitarase unha zona para acoller ata 11 motobombas e ata unha trintena de vehículos do distrito forestal

A Ludoteca de verán “Convive en Igualdade” e o Campamento urbano “Támega” - 2021 vén de abrir o prazo de inscrición. Organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín, a primeira está destinada a menores de 3 a 10 anos; mentres que a segunda é para menores con idades comprendidas entre os 11 e os 15 anos. Este servizo comezará o 23 de xuño e finalizará o 7 de setembro; de luns a venres, con variedade de horarios, con distribución por idades e contratación de persoal cualificado fomentando o emprego xuvenil, con nove monitores e monitoras de tempo de lecer, ademais doce xoves de voluntariado xuvenil, contando, ademais, con persoal en prácticas. Para os menores de 3 a 10 anos algunhas das actividades que se desenrolarán son: animación á lectura e contacontos, piscina, cine infantil, obradoiros medioambientais, de refugallo, de igualdade, día da fotografía, día do emoticono, día internacional da amizade, San Xoán, día dos avós, día de Galicia, xogos de auga, serán algunhas das actividades nas que poderán participar os cativos. Para os de 11 a 15 anos acampadas nocturnas, rutas de sendeirismo, xogos olímpicos, xogos tradicionais, piscina, piragüismo, obradoiros de pintura, saídas ao río, skatepark, bicicletada, etc. As solicitudes cubriranse na Oficina Municipal de Información Xuvenil, na Casa da Xuventude (avenida Portugal 11, 1ª planta - Porta 15), en horario de 8:30 a 14 horas. Preferencia para pais/nais que teñan que conciliar vida laboral e familiar e familias monoparentais por orde de inscrición e pago ata cubrir prazas. Para máis información contactar no 988-414776.


VERÍN

O IES García Barbón informa e promociona a Formación Profesional Acabamos de publicar recentemente na nosa páxina web e no blog de Orientación, -así como na rede social Facebook do centro e de Orientación– alguna información oficial de utilidade sobre os estudos de Formación Profesional. As fontes de información elixidas garanten a veracidade dos datos aportados e facilitan a toma de decisións para o noso futuro académico e laboral. Na ligazón que se facilita podes consultar a oferta formativa, folletos informativos, vídeos ilustrativos, perfís profesionais dos ciclos formativos, datas de admisión e matrícula indicativas –do curso pasado- e outras cuestións de interese. http://www.edu.xunta.

gal/centros/iesgarciabarbon/node/800 Tamén se informa sobre a Formación Profesional DUAL. Neste caso, estamos a participar nunha campaña informativa e promocional con outros centros de Ourense que imparten FP DUAL. A finalidade é dar a coñecer a oferta de Formación Profesional DUAL mediante o uso dun vídeo que se pode visualizar na nosa web e no Facebook. http://www.edu.xunta. gal/centros/iesgarciabarbon/node/802 Ourense é DUAL. A nova Formación Profesional xa está dispoñibel. Máis real, máis práctico, máis profesional ¿E tí, qué vas facer? #OurenseéDual #FP #formaciónprofesio-

nal #Ourense Estamos entrando xa nas últimas semanas do curso, polo que queremos animar a todos os estudantes a traballar con ilusión e forza para acadar un bo resultado académico. Aproveitamos para recomendar algún recursos videográficos que nos poden axudar a aprender mellor e que podemos consultar na web do centro. http://www.edu.xunta. gal/centros/iesgarciabarbon/node/798 Por último, anotar que os estudantes do Ciclo Medio de Automoción, Enfermaría e Mantemento participaron nunha andaina ao Pozo do Demo o venres día 14 de maio.

Estudantes do Ciclo Medio de Automoción, Enfermaría e Mantemento participaron nunha andaina ao Pozo do Demo.

Emma González visita Monterrei Redacción A xerente do Inorde, Emma González, e a presidenta da DO Monterrei, Lara Da Silva, visitaron a finca de experimentación e investigación (viñedo) que a Deputación de Ourense ten no municipio de Monterrei e na que traballa o Centro de Desenvol-

vemento Agrodandeiro do Inorde. Durante a mesma, coñeceron in situ as actuacións que se están a desenvolver na actualidade neste viñedo experimental, situado nun entorno privilexiado como é aos pés do Castelo de Monterrei. Na visita, Lara Da Silva propúxolle á xerente do Inorde a reconversión deste espazo nun centro vitivinícola e o deseño dun proxecto “respectuo-

so co entorno e o medio ambiente, que sexa un referente enoturístico, educativo e, como non, que sirva de apoio ao propio Consello Regulador”. Pola súa parte, Emma González dixo que este proxecto podería ser “estratéxico” porque aborda “os criterios que Europa nos está a marcar como pode ser a sustentabilidade”.

Barrios 31 de maio 2021

A DO Monterrei dase a coñecer en Alicante 4 No showroom ‘Vidivinos’. Redacción A última actividade promocional da Denominación de Orixe Monterrei congregou a máis dun centenar de profesionais do sector da distribución e canle Horeca da provincia de Alicante. Esta iniciativa, realizada no marco do showroom "Vidivinos", tiña como obxecto dar a coñecer os viños que se elaboran na denominación, afianzar a imaxe de marca, impulsar a comercialización directa e fidelizar a cadea de vendas. Até o espazo da DO

Monterrei achegáronse representantes de restaurantes como Quique da Costa, Xato, Monastrell, Casa Pepa ou A Leira. Así como da canle de distribución, entre os que se atopaban GMA, Disvalero, Guillén, Tabarca, Bellod, Bardisa, ademais de catadores ou prensa especializada, entre outros. É a primeira vez que 18 adegas de Monterrei forman parte deste showroom. "Pechamos a nosa participación en Vidivinos, cun moi bo sabor de boca. Atopámonos cun alto nivel participativo de profe-

15

sionais da hostalaría, canle primordial para o produto de Monterrei", indica a presidenta da DO Monterrei, Lara Da Silva. "Ademais foi grato para nós dar a coñecer o produto na distribución e atender, en Alicante, a colaboradores xa consolidados que comercializan o noso produto e a futuros, que seguro poderían comprobar por que Monterrei é unha aposta segura", remataba.

Viños da DO en Alicante.


16

Barrios 31 de maio 2021

Concilia Verán Redacción O programa “Concilia Verán” chega un ano máis. A Concellería de Educación ofertará este verán o programa “Barbadás Concilia” coa finalidade de axudar ás familias do concello na conciliación da vida familiar e laboral durante a etapa estival. A concelleira de Educación, Marga Pérez, explicou que “se trata dun programa de conciliación con actividades que terán lugar nos meses de xullo e agosto, de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas. As persoas interesadas poderán elixir entre 13 opcións -por quincena- para actividades de conciliación distribuidos por todo o municipio. En cada opción haberá un número máximo de 12 prazas, e un mínimo de 6 participantes para a súa realización. Ofertaranse un total de 156 prazas. Quendas Todas as opción se ofertan para cada unha das quincenas, sendo éstas: do 5 a 16 de xullo; do 19 a 30 de xullo; do 2 a 13 de agosto; e do 16 a 27 de agosto. Inscrición Os solicitantes poderán participar en dúas quendas puidendo solicitar ata tres diferentes e indicando a orde de prioridade (antes de conceder o segundo turno darase prioridade a quen non participase en ningún). O prazo de inscrición será ata o día 4 de xuño (ámbos os dous incluídos) podendo ampliar este prazo en caso de non cubrir a totalidade das prazas. O listado provisional de admitidos publicarase o día 11 de xuño. O prazo para o pago do servizo e envío do xustificante bancario ao correo electrónico educación@barbadas.es, será dende o día 14 ao 18 de xuño. O listado definitivo publicarase o día 21 de xuño en barbadas.es. O custo da praza para os solicitantes é de 20 euros por neno.

BARBADÁS

"Rasca coa hostalaría" reparte 700 premios 4 37 establecementos hostaleiros repartirán 31.500 rascas entre a clientela. Redacción A campaña "Rasca coa hostalaría" repartirá un total de 700 premios. Os 37 establecementos hostaleiros adheridos á mesma repartirán 31.500 rascas entre a clientela para optar a algún dos premios. A campaña consiste na entrega dunha tarxeta rasca polo hostaleiro á persoa que paga a consumición, unha vez efectuado o pago da mesma. As tarxetas, que poden estar premiadas ou non, xa se indica o premio que poden ser: consumición para unha persoa, almorzo para unha persoa ou comida ou cea para dúas persoas. Ademais, tamén haberá un premio estrela que consiste nun aloxamento de dúas noites en fin de semana para dúas persoas no Pazo de Bentraces, unha edificación que data do século XV. O premio é nominativo, no rasca xa aparece o local onde se ten que trocar o premio, e non poderá ser cambiado.

Valenzá. A tenente alcalde, Victoria Morenza, asegurou que se trata “dunha campaña promovida pola Concellería de Comercio, que integra a todos os hosteleiros do Concello de Barbadás, tanto do medio rural como da propia Valenzá coa que se pretende dinamizar o sector da hostalaría debido a crise provocada pola Covid”. Marga Pérez, concelleira de Comercio, explica que son “son un total de 36 establecementos os que se sumaron a esta iniciativa, que pretende dinamizar o sector nun concello tan importante no que a hostalaría”. Pérez, destacaba que esta iniciativa “xurdiu despois das conversacións mantidas co sector da hostalaría durante os últimos meses, onde se viu a necesidade de facer unha campaña específica. Un sector que todos sabemos que o pasaron moi mal polos peches continuos que tiveron que padecer, e que ahora pouco a pouco cos datos que estamos a vivir van abrindo as súas portas”.

Presentación A presentación da campaña tivo lugar na

Premios Se consisten nunha consumición para unha

Presentación da campaña.

persoa, o importe máximo da consumición ten que ser de 2 euros e non poden ser bebidas alcohólicas; se é un dos almorzos para unha persoa, este está composto por café, bolería e zume, o importe máximo do almorzo é de 5 euros e non poden haber bebidas alcohólicas; os premios consistentes nunha comida ou cea para para dúas persoas, non inclúe as bebidas alcohólicas e o importe máximo do premio é de 40 euros. En canto ao aloxamento para dúas persoas nunha fin de semana, o mesmo será para dúas persoas e dúas noites e inclúe o almorzo. Para realizar o troco hai que poñerse en contacto co establecemento e reservar. A data límite para trocar os premios é o 15 de xuño.

O premio estrela consiste nun aloxamento de dúas noites en fin de semana para dúas persoas no Pazo de Bentraces

O delegado da Xunta, Gabriel Alén -no centro- xunto ao alcalde de Barbadás, Xosé C. Valcárcel, visitando a obra.

Melloras na glorieta dos centros comerciais 4 A Xunta inviste arredor de 70.000 euros. Redacción A Xunta vén de iniciar as obras de acondicionamento e mellora da mobilidade peonil na contorna da glorieta da estrada OU-540, que da acceso aos centros comerciais de Barbadás. O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou as obras que se tratan dunha actuación impulsada pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da empresa de conservación de estradas. A actuación supón un investimento de arre-

Barbadás a 30 Redacción O Concello de Barbadás vén de instalar sinais de prohibido circular a máis de 30 quilómetos por hora en sete entradas á zona urbana da Valenzá. Ista medida foi tomada despois de que cambiara a lexislación de circulación que obriga aos vehículos a circular a menos desa velocidade en todo o casco urbano da Valenzá. A modificación normativa afecta a toda a zona urbana da Valenzá, motivo polo cal se colocaron as sinais de indicación de velocidade nas diferentes entradas ao casco urbano: entrada á Valenzá á altura do número 137 da avenida de Celanova; na

dor de 70.000 euros e a súa finalidade é a de mellorar o firme da glorieta e favorecer a accesibilidade nos percorridos peonís desa contorna, a mellora da drenaxe das augas pluviais e a renovación completa da sinalización horizontal. Máis concretamente, trabállase na mellora da glorieta situada no punto quilométrico 1+800 da estrada autonómica OU540, a rotonda inferior que dá acceso aos centros comerciais, que presentaba un firme deteriorado e falta de accesibilidade nalgún punto dos percorridos peonís. entrada dende a cima da rúa do Viso; na avenida de Celanova entrando por Barbadás antes da ponte da autovía; na rúa 17 de Maio, xunto glorieta pequeña; xunto campo de fútbol entrando dende Barbadás; xunto túneles de Lameira do Mato e na baixada estreita dende a gasolinera da N-540.

Sinal de prohibido ir a máis de 30 km/h.


PROVINCIA

Barrios 31 de maio 2021

Os trens turísticos do 2021 contan con catro rutas pola provincia de Ourense 4 O Inorde participou na presentación deste programa en Fitur. O delegado da Xunta en Deinde Sport.

Axudas da Xunta á dixitalización 4 Nos sectores comercial e artesanal. Redacción A Xunta de Galicia anima aos sectores comercial e artesanal a solicitar axudas para a dixitalización. O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou San Cristovo de Cea un dos establecementos beneficiados (Deinde Sport) desta orde de axudas acompañado do alcalde, José Luís Valladares. Alén, informou que o prazo de presentación de solicitudes para esta liña de axudas estará aberto ata o vindeiro 4 de xuño. A convocatoria, de concorrencia competitiva, conta este ano cun orzamento de 5 millóns de euros e diríxese ao comercio polo miúdo e aos obradoiros artesanais. As axudas cobren ata o 80% e existe

a posibilidade de acceder a anticipos de ata o 50% do importe da axuda. Liñas Por unha parte, contempla unha liña de dixitalización comercial como impulsar a transformación dixital; optimizar e axilizar os procesos comerciais; realizar actuacións de comunicación, publicidade e márketing en internet; actuacións de comercialización dixital como a participación en eventos efémeros ou feiras dixitais; e tamén para apoiar a loxística e-commerce ou e-commerce sostible. Por outra parte, apoiaranse actuacións de adquisición de equipamentos propias da actividade comercial e artesanal.

Redacción O presidente do Inorde, Rosendo Fernández, presentou -en Fitur- xunto ao vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro; e ao presidente de RENFE, Isaías Táboas, o programa "Trens turísticos de Galicia" 2021 que tivo que ser suspendida o ano pasado por causa da Covid-19. Do once rutas propostas en Galicia, catro delas discorren pola provincia de Ourense: a ruta do Viño do Ribeiro e Rías Baixas, a ruta do Viño de Monterrei, a ruta do viño de Valdeorras e Ribeira Sacra, e a ruta do Viño da Ribeira Sacra. Rutas A ruta do Viño da Ribeira Sacra ofrece unha viaxe que levará ao visitante até a adega Regina Viarum e embarcarase no catamarán. Tamén se fará parada no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil e a aula-Museo do

Ferrocarril dos Peares. A ruta dos Viños da Ribeira Sacra e de Valdeorras repetirán experiencia en catamarán polo Sil e visitarán o mosteiro de Santo Estevo, o Santuario das Ermidas e degustaranse viños da adega A Coroa para rematar visitando o museo ferroviario nos Peares. A ruta dos viños do Ribeiro - Rías Baixas degustarase un viño na adega Señorío de Rubiós e coñecerán o encanto medieval de Ribadavia e o seu castelo. Tamén se acudirá ao Museo do Viño de Galicia, situado na casa reitoral de Santo André de Camporredondo, para posteriormen-

te achegarse ao castro de San Cibrao de Lás e acabarán a viaxe visitando a estación ferroviaria de Santa Cruz de Arrabaldo. Na Ruta do Viño Monterrei visitarán parte desta Denominación de Orixe, e degustarán algúns dos seus viños no Castelo de Monterrei. Coñecerán a adega Gargalo e Verín, onde visitarán o seu barrio antigo. Pola tarde pasearán pola Vila de Allariz e polo seu Festival Internacional de Xardíns. Por último, visitarán a estación de ferrocarril de Baños de Molgas onde se atopa o Museo Moncho Borrajo.

Presentación en Fitur dos “Trens turísticos” que percorrerán Ourense este verán.

17

Bibliotecas Redacción 27 concellos da provincia de Ourense benefícianse das axudas da Xunta para mellorar as coleccións bibliográficas e dotar de novidades editoriais ás súas bibliotecas e axencias públicas. Os beneficiarios inclúense en dúas liñas de subvencións, unha para a adquisición de novidades editoriais en galego en formato físico e a outra para a mellora das coleccións bibliográficas. Coa primeira liña de axudas, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade ofrece aos usuarios estas novidades editoriais en galego no momento da súa entrada no mercado, mediante un proceso de compra de libros en formato físico a cargo das entidades locais en función da demanda das súas bibliotecas e axencias de lectura. A segunda liña mellora as coleccións bibliográficas das bibliotecas e axencias de lectura públicas. A Xunta continúa a facilitar deste xeito que os concellos actualicen as coleccións das súas bibliotecas e que os traballadores teñan máis marxe para planificar as adquisicións de novidades. Tamén se incrementa a oferta aos usuarios, atendendo de forma especial ás campañas de verán e Nadal, nas que se aumenta a demanda.


18

Barrios 31 de maio 2021

PROVINCIA

ChegOU conta cunha partida de 300.000 euros

Vía da Prata Redacción Baixo o título “Vía da Prata, o camiño en Ourense por paisaxes experienciales”, o presidente do Inorde, Rosendo Fernández; a xerente do Inorde, Emma González; o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén; e o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, presentaron -en Fitur- este itinerario xacobeo neste dobre Ano Santo co obxectivo de impulsalo ante prescriptores do sector turístico destacando as súas potencialidades culturais, patrimoniais, históricas e enogastronómicas. Durante a presentación destacouse a Vía da Prata como a ruta xacobea que posúe a esencia das primeiras peregrinacións, o gran camiño que une a Península de norte a sur por onde deambularon tartesios, fenicios, gregos, romanos cartagineses, godos, árabes e cristiáns. Este itinerario xacobeo ofrece a posibilidade de conseguir o documento oficial do Camiño de Santiago, se os peregrinos ao baixarse na estación de tren da Gudiña optan por realizalo en bicicleta, xa que garante a distancia mínima requirida para conseguilo. Os peregrinos que realicen este itinerario terán a oportunidade tamén de coñecer referentes patrimoniais do noso territorio como a fortaleza de Monterrei, as xoias do románico como a Colexiata Santa María A Real en Xunqueira de Ambía, terras de lendas como a vila medieval de Allariz, aos pés do río Arnoia, magníficos conxuntos históricos como a Zona vella de Ourense, ou maxestuosos cenobios como o Mosteiro de Oseira.

4 Para o fomento da natalidade. Redacción

O delegado da Xunta, Gabriel Alén; o presidente da Deputación, Manuel Baltar; e o alcalde do Pereiro, Luis Menor; no encoro de Cachamuíña. /RAMSÉS.

O Camiño de Santiago faise no Pereiro 4 O proxecto “Un camiño imaxinado” recrea as distintas etapas da Vía da Prata no encoro de Cachamuíña. Redacción Agora o Camiño de Santiago pódese facer sen saír do Pereiro de Aguiar. O proxecto “Un camiño imaxinado” trae ao encoro de Cachamuíña unha recreación das distintas etapas nas que se divide a Vía da Prata, entre A Pobra de Sanabria e Santiago de Compostela. Na presentación da iniciativa estiveron o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, xunto ao alcalde do Pereiro, Luis Menor, e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén. “En catro quilómetros –dixo Baltar- os visitantes poderán percorrer de xeito imaxinado a Vía da Prata”. Pola súa banda, Luis Menor, agradeceu a colaboración da Deputación de Ourense neste proxecto “co que quixemos achegar ao noso concello o espírito e a promoción dos valores da Vía

da Prata neste Xacobeo”; mentres que Gabriel Alén sinalou que esta iniciativa, enmarcada no programa “O teu Xacobeo” da Xunta, “pon en valor a idea dunha terra integradora e un destino hospitalario e solidario como somos nós, como é Galicia”. “Un camiño imaxinado” está enmarcado dentro do Xacobeo 21-22. Esta iniciativa responde á necesidade de concellos polos que non pasa o Camiño de Santiago achegarse a el dun xeito atractivo para os cidadáns. Etapas O proxecto “Un camiño imaxinado” recrea as distintas etapas da Vía da Prata entre A Pobra de Sanabria e Santiago de Compostela, a través dun percorrido de 4 qui-

lómetros polo sendeiro que discorre á beira do encoro. Unha cuncha de vieira, como símbolo máis representativo do Camiño de Santiago, sinaliza o inicio dunha ruta na que se distribúen nove paneis informativos, nos que persoas de recoñecida traxectoria intelectual presentan esta vía nunha linguaxe atractiva para ilustrar os recursos presentes no percorrido. As etapas do percorrido desta ruta, son: A Pobra de Sanabria - Lubián (en Zamora), Lubián - A Gudiña, A Gudiña - Laza, Laza - Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Ambía - Ourense, Ourense - San Cristovo de Cea, San Cristovo de Cea - Dozón, Dozón - Bandeira e Bandeira - Santiago de Compostela.

O proxecto recrea as nove etapas da Vía da Prata entre A Pobra de Sanabria e Santiago de Compostela, a través dun percorrido de catro quilómetros

As bases que rexerán a concesión de subvencións para o fomento da natalidade, o programa ChegOU, que conta cun orzamento de 300.000 euros, foron aprobadas en Xunta de Goberno -primeira reunión presencial logo do remate do estado de alarma- da Deputación de Ourense. A estas axudas, que xestiona a Área de Benestar da Deputación, poderán optar todas aquelas persoas que entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do presente ano teñan un fillo, adopten ou accedan á tutela de menores. As contías das subvencións corresponderanse coa clasificación dos concellos en cuxo rexistro civil se inscriba o menor, é dicir, 300 euros no caso dos concellos sen prioridade demográfica (graos 0, 1 e 2) e 500 euros para aqueles con prioridade (grao 3). A solicitudes poderán presentarse desde o próximo 1 de xuño ata o 31 de decembro. Outras partidas Por outra banda e no ámbito económico, a Xunta de Goberno concedeu unha subvención á Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense por importe de

35.000 euros con destino aos congresos de Termatalia e Sportur e da feira Xantar. Tamén contaron co visto bo unha achega de 20.000 euros para gastos de funcionamento da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas; outros 6.000 euros para actividades do Colexio de Economistas de Ourense; e 75.000 euros para a Confederación Empresarial de Ourense (CEO) con destino ao Plan ExportOU. Tamén a CEO recibirá outra subvención, valorada en máis de 43.500 euros, desta volta para o programa de empregabilidade feminina Reactiva Ourense, mentres que na área social a Fundación de Discapacitados Psíquicos Terras de Celanova contará cunha axuda de 40.000 euros para gastos de funcionamento.

Ao ChegOU poderán optar todas aquelas persoas que entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do presente ano teñan un fillo, adopten ou accedan á tutela de menores

Mural de Mon Devane no CHUO.


ENTREVISTA

Barrios 31 de maio 2021

ENTREVISTA A JORGE EMILIO BÓVEDA, AUTOR DE “O LIBRO CERO”

"Os personaxes dos meus libros sempre son os mesmos e están entrelazados nas distintas historias que teño escrito" 4 Novo relato deste escritor ourensán que nos permite viaxar a outros lugares sen saír de casa, nesta época de pouca mobilidade. R.T. Cada vez que Jorge Emilio Bóveda saca un libro, achegámonos para coñecelo máis de preto. Nesta ocasión, a súa última obra é O libro cero, novela que trae de regreso a un dos personaxes máis recoñecidos da súa bibliografía: Pastor Páez. Novas aventuras de Pastor Páez. Que atopará o lector cando lea O libro cero? Jorge E. Bóveda: "Atopará un libro cuxa lectura pódese acometer dende diferentes ángulos. É un libro sobre libros cun personaxe moi maduro e evolucionado pero, á súa vez, é un libro de viaxes neste tempo de pandemia no que o lector poderá camiñar por Madrid, Londres ou Atenas sen saír da súa casa". 20 anos de Pastor Páez, como foi crecendo o per-

sonaxe ao longo deste tempo? J.E.B.: "Foi madurando a medida que o facía eu, pero sempre dende a súa independencia porque, precisamente, un dos piares do libro é a independencia dos personaxes con respecto aos seus creadores. No ano 2001 Pastor Páez era un home desmotivado, apático e funcionario gris nunha cidade onde nunca pasaba nada. Pero foi evolucionando cos zorregazos que lle foi dando a vida ata chegar a O libro cero, onde é unha persoa moi culta, de moitas lecturas, decepcionada coa vida e coa sociedade á que xa non lle importa quedar ben ou mal e que só procura

“A Pastor Páez xa non lle importa quedar ben ou mal, só procura ser fiel a si mesmo ”

“O libro cero”, a última novela de Jorge E. Bóveda, xa se pode adquirir nas librarías de Galicia.

e a xustiza. E foi precisamente a súa rectitude a que o degradou como policía ao tentar que unha persoa moi influente pagara polas súas actividades delictivas. Desencantado, quere comezar todo de novo; resetear dende Grecia, que é o berce da civilización occidental. Un auténtico inxenuo, a verdade".

Jorge Emilio Bóveda. /DISTRITO XERMAR. ser fiel a si mesmo". A pesar dos 20 anos había máis de 10 que non se sabía del, cal foi o motivo para recuperalo? J.E.B.: "Os personaxes dos meus libros sempre son os mesmos e están entrelazados nas distintas historias que teño escrito. A Pastor téñolle moito cariño porque é o personaxe que representa a evolución interior e o desenvolvemento persoal. Digamos que é o meu Adrián Solovio particular (Arredor de Si. Otero Pedrayo). Logo, tamén son recoñecibles na miña obra literaria e saen en varios libros Leopoldo Pardo (As sete mortes de Leopoldo Pardo), Desiderio García (Deserto García), Alexandre Ossorio (A disciplina de Ossorio), as Galanas (O monstro de Ille), Breogán Bouza (O sol do pasado), etc.". Por que esta novela e por que agora? J.E.B.: "En primeiro lugar porque foi decisión da Editorial Galaxia a súa publicación e, en segundo lugar, porque é unha no-

vela de viaxes exteriores e interiores e xa pertencemos a unha época na que unha pandemia nos obrigou a renunciar ás viaxes exteriores dándonos so opcións a viaxar coa mente. Os que conecten coa forma de ser de Pastor Páez gozarán coa súa viaxe interior e os que non acaden tanta empatía con el pódeno pasar moi ben coas súas peripecias por diferentes países". O protagonista quere pechar un círculo para dar comezo a outra nova vida? J.E.B.: "Si, el era inspector na Policía Nacional e, cando descubriu o pracer da lectura e dos libros, aprendeu que a única arma válida para pasar pola vida debería ser a intelixencia sempre guiada cara a ética

Fálase dunha novela metaliteraria. J.E.B.: "A súa estrutura é a dunha esfera armilar na que se interconectan os camiños, literatura dentro da literatura, pero non debe preocupar ao lector a priori xa que, ao mesmo tempo, é unha novela lineal de viaxes polo mundo. A súa complexidade vaise descubrindo cara o seu final que é insospeitado". Pode ser a máis intimista de Bóveda? J.E.B.: "Podería pensarse pero, realmente, quen reflicte a súa personalidade é Pastor Páez, non eu. É a súa propia evolución como personaxe durante estes últimos vinte anos. Inda así, non podo negar que comparto moitas características con Pastor Páez porque, á fin e ao cabo, naceu das miñas neuronas". Onde se pode adquirir O libro cero? J.E.B.: "Nas canles habituais. En todas as librarías de Galicia".

“Os que conecten coa forma de ser de Pastor Páez gozarán coa súa viaxe interior e os que non acaden tanta empatía con el pódeno pasar moi ben coas súas peripecias por diferentes países”

19

Concurso do Círculo Poético Ourensán Redacción Xa está aberta a convocatoria do 10º concurso de poesía Círculo Poético Ourensán para alumnos de primaria e ESO da provincia de Ourense. A participación será cun só poema, en galego ou en castelán, o cal deberá ser inédito, non premiado noutros certames nin estea integrado noutro concurso, e que estará adicado a todas aquelas situacións, vivencias, experiencias ou circunstancias vividas con motivo da pandemia de Covid, así como renderlle homenaxe a todas aquelas persoas ou colectivos que a criterio do autor ou autora merezan que se lles renda tributo, todo iso en ton positivo, de aí o lema da convocatoria “Abrazos na distancia”. O poema xunto cun sobre aparte pechado (en cuxo exterior se fará constar o seudónimo, e o interior conterá unha folla cos seguintes datos: nome e apelidos, dirección e correo electrónico, teléfono, breve nota biográfica e colexio ao que pertence) entregaranse en man ou por correo na recepción do Hotel Francisco II, rúa Bedoya nº 17 - 32.004 - Ourense-, ou bén na Secretaría de cada Colexio participante. Niste caso, ao día seguinte, dende as Secretarías poñeranse en contacto con Círculo Poético, nos teléfonos 609.44.00.38 ou 662.17.91.31 para que algún dos seus membros pasen a recoller os traballos. A data límite de entrega de traballos será o 24 de setembro deste ano e os resultados daranse a coñecer o 23 de outubro. Os 30 finalistas de Primaria (10 por ciclo) e os 20 finalistas da ESO recibirán ademais como premio a publicación do seu poema na antoloxía “Abrazos na distancia”, proxecto editorial de Círculo Poético Ourensán e do cal recibirán dous exemplares cada gañador.


20

Barrios 31 de maio 2021

Axudas CMD Redacción O Consello Municipal de Deportes abre o prazo para solicitar as axudas para federacións, clubs e entidades deportivas. As bases e o extracto tamén se poden consultar na páxina web do Concello de Ourense. Este ano increméntase a valoración da formación dos técnicos deportivos, introdúcense, entre as actividades de promoción, as telemáticas en época de confinamento e a valoración de gastos derivados da adquisición e contratación de servizos de limpeza e desinfección para previr contaxios. Dúas liñas A convocatoria conta cun orzamento de 600.000 euros, en 2 liñas. A liña 1, dotada con 100.000 euros, está dirixida á organización de actividades deportivas federadas e outras actividades de especial transcendencia deportiva que contribúan á promoción deportiva, e que se desenvolvan desde o 1 de novembro de 2020 até o 31 de outubro de 20921. As solicitudes poderán presentarse até o día 31 de outubro. A segunda liña, dotada con 500.000 euros dará apoio aos gastos de funcionamento das entidades deportivas por participación ou organización de competicións ou actividades federadas de carácter oficial na tempada 202021. Neste caso, o prazo para solicitalas é 30 días naturais. Solicitudes Dirixiranse ao presidente do Consello Municipal de Deportes, presentándoas obrigatoriamente de forma telemática a través da sede electrónica do Consello Municipal de Deportes no enderezo https://deportesourense. sedelectronica.gal.

DEPORTES

Tres xornadas de infarto para Barco e UD Ourense 4 O Ourense CF certificou a salvación. R.T. Tres xornadas son as que restan para poñer fin á fase de descenso da Terceira división. Como afrontará estas o Ourense CF será ben distinto ao como o farán Barco e UD Ourense. O Ourense Club de Fútbol vén de vencer á Agrupación Xuvenil (32), o que lle vale para selar a salvación. Os homes de Rubén Domínguez están a realizar unha fase de permanencia incrible que os levou a tan só perder un partido (o primeiro) nesta promoción. O Viveiro (co que se xogará a primeira posición), o Arzúa (inmerso na loita pola salvalción) e Paiosaco (xa descendido) son os rivais dos ourensáns ata o final da tempada. Salvación Pola súa banda, Barco e Unión Deportiva Ourense están inmersos na loita pola salvación. Os dous conxuntos da provincia ourensá terán que loitar (contra Arzúa e Ribadumia) polas dúas prazas que dan a permanencia. Con Ourense CF e Viveiro xa salvados, serán dous destes catro equipos os que tamén logren unha permanencia

Fútbol sala Redacción O Ourense Envialia remata a liga de Primeira división con vitoria fronte o Melilla por dous goles a cero. Ás de Morenín tócalles resetear e recuperar ás xogadoras lesionadas de cara á vindeira tempada. Este ano remataron na oitava posición, lonxe dos

que está moi disputada. A pasada fin de semana o Barco logrou a vitoria (3-2) en Calabagueiros diante das Pontes, logo de remontar un 0-1. A UD Ourense tamén sumou os tres puntos cun gol de penalti de Hugo ante o Arzúa; vital para seguir na poxa por manter a categoría. A falta destas tres xornadas o Arzúa (43 puntos) e o Barco (42) estarían salvados, mentres que UD Ourense e Ribadumia (39 cada un) serían os que descenderían. Vindeira xornada Na próxima xornada, os de Valdeorras enfrontaranse á Agrupación Estudiantil, equipo xa descendido;

mentres que os capitalinos visitan a outro descendido: o Paisaco. Ademais, está fin de semana deixaranos un interesantísimo Arzúa Ribadumia. A vitoria dos coruñeses suporía a súa salvación virtual -que sería matemática se tamén perden os unionistas-; pola contra, unha vitoria dos pontevedreses faría que a clasificación se comprimise aínda máis.

A vindeira xornada, o Barco visita ao Estudiantil e a UD Ourense, a Paiosaco

Mazaira, Spight e Yates, no partido contra o Real Murcia. /C.DOMARCO.

O COB tentará manter a categoría 4 Despois do descenso na cancha, buscará seguir na LEB Ouro nos despachos. Redacción

A vitoria ante a Agrupación Estudiantil mantén á UD Ourense con opción de salvarse. /I.OSORIO. postos de playoff polo título de liga. Cidade das Burgas O conxunto franxiverde xa sabe que a vindeira tempada xogará na Segunda división. O descenso de categoría quedou certificado a dúas xornadas para o remate da competición. O equipo dirixido por Manolo Codeso, buscará que a peregrinaxe

pola segunda categoría do fútbol sala español sexa da maior brevidade posible. A vindeira semana descansan as ourensás e pechan a liga na casa contra o Zaragora Sala Ourense O Sala Ourense viu aprazado o seu encontro ante o Domotec por positivos por Covid-19 na plantilla leonesa.

O Club Ourense Baloncesto está descendido. Así o indica a clasificación da LEB Ouro na que os ourensáns ocuparon a cuarta praza pola cola -descenden os cuatro últimos-. Como un xarro de auga fría caeu a tripla de Diego Kapelan, outrora xogador do COB, agora defendendo as cores do Real Murcia, que fixo que o equipo das Burgas descenda de categoría sobre a pista. E dícese ben, sobre a pista, porque nos despachos aínda non está todo dito. A Federación quere manter a Liga de 19 equipos; porén COB e Lleida buscan a maneira, e apoios, de convencer á Federación para aumentar a competición a 24. O club está inmerso en pechar as contas do ano, pero sen esquecerse de buscar algunha posibilidade, por mínima que sexa, de poder competir

en Ouro o vindeiro curso 2021-22. Longo verán Pero antes, quedan moitas incógnitas que despexar, o que leva a pensar que será un longo verán (como moitos outros). Algunhas desas incógnitas serán: en que categoría xogará finalmente o equipo? quen o dirixirá? que xogadores conformarán a plantilla? Unha mágoa despois de ser a primeira tempada na que o club está libre de deudas con Facenda e a Seguridade Social, cando parecía que habería estabilidade chega un descenso para tremer os cementos. Apoio A Deputación de Ourense foi a primeira administración en mostrar o seu apoio "inquebratable" ao peoxecto cobista. O outro gran accionista, o Concello, aínda non se posicionou ao respecto.


OCIO E CULTURA

Barrios 31 de maio 2021

O OUFF contará cun obradoiro de posprodución

Premio Poesía Redacción

4 Seleccionaranse seis traballos dos presentados. Redacción A TV UNAM (México) e a Fundación Carlos Velo, xunto co OUFF, promoverán un obradoiro para a posprodución de longametraxes de non ficción. Os materiais audiovisuais rexistrados deberán ter unha duración mínima de 50 minutos e máxima de 120. Non serán tomados en consideración os que estean fóra deste rango de duración. O proceso de selección correrá a cargo de Comités Internos integrados e supervisados pola TV UNAM e a Fundación Carlos Velo. Escolleranse 6 traballos -3 de México e 3 de España- para ser apoiados por ese concurso, sendo inapelabe a decisión do comité de selección. Os directores dos materiais audiovisuais seleccionados recibirán un estímulo económico de 100.000 pesos (no caso de México) ou 4.000 euros (no de España) que poderán empregar para rematar a súa obra. As sesións do Obradoiro Carlos Velo estarán coordinadas por Nicolás Echevarría. Haberá un grupo de titores que estará integrado

por catro recoñecidos realizadores, técnicos da área de documentais ou do sector audiovisual (dous por cada país). Os titores participarán no obradoiro de análise con cada un dos gañadores, co obxectivo de asesorar e aportar, de maneira conceptual, a súa experiencia aos traballos seleccionados. Convocatoria A convocatoria do Obradoiro Carlos Velo fixará un prazo de rexistro das propostas entre o 15 de maio e o 30 de xuño do 2021. As sesións de deliberación desenvolveranse entre os días 2 e 6 de agosto. As sesións do obradoiro organizaranse a partir do 16 de agosto e durante o mes de setembro. Algunha das sesións desenvolveranse durante a celebración do OUFF, o Festival de Cine Internacional de Ourense que neste 2021 transcorrerá entre os días 24 de setembro e 2 de outubro, organizado pola Fundación Carlos Velo co apoio da Deputación de Ourense e a colaboración da Xunta de Galicia.

21

Foto de familia do acto sobre a figura de Xela Arias organizado por “Nós, a xente do redor” nas Burgas.

"A xente do Redor" festexa as Letras Galegas 4 Recordaron nas Burgas a figura de Xela Arias. Redacción Preto de trinta artistas, entre pintores, escritores, fotógrafos, músicos, diseñadores e ilustradores, xuntáronse onde “naceu a Auria", no recuncho máis emblemático da cidade a carón das Burgas, nas verbas de Don Rosendo Fernandez vicepresidente da Diputacion de Ourense, que abriu as intervencions, felicitando á organización pola sua loita pola cultura. O acto estivo centrado na figura de Xela Arias, da que se leron varias das súas composicións poéticas, ademáis dunha semblanza maxistral da súa figura a cargo da poeta e presentadora do acto Marina Sánchez. Interviron tamén Avelino Jácome, director da revista "Nós, a Xente do Redor" que coñeceu a Xela nos

oitenta en Vigo e que lle adicou o texto: “O mar Xela, nunca esquecerá a tua pel”, un emotivo canto á liberdade e á solidariedade que tan ben representou coa súa vida e obra. Interviron tamén as poetas María Rosa González, Pepa Álvarez, María José Freire e o tamén poeta e presidente do Círculo Poético Ourensán, José Ramón Fernández Morgade, que recitou o poema “Intemperiome”, moi representativo da obra da poeta sarriá. José Paz Ademais, lembrouse a figura do erudito e pedagogo falecido recentemente José Paz e presentaronse dous retratos realizados polo recoñecido pintor Miguel Ángel Martínez Coello, un de Paz e outro de Tagore, dúas xenialidades das que xa nos ten

acostumados. O propio Coello leu un fermoso texto adicado ao profesor co que mantiña unha longa relación de amizade e reivindicou a necesidade de traer a prezada Biblioteca sobre o poeta hindú para a nosa cidade. Fíxose tamen un acto de solidariedade co pobo colombiano, no que a organización lembrou as dificultades que está atravesar "un pobo irmán" en palabras de Marina na presentación de Daniel Rincón, cantante desta nacionalidade. Rincón interpretou os temas "Solo le pido a Dios" da arxentina Mercedes Sosa, "Ni soy de aquí, ni soy de allá", de Facundo Cabral, pechando con "Negra sombra", de Juan Montes, un sentido aplauso puxo fin a unha tarde cargada de emocións.

“As puntas da louza. Cancioneiro popular de labor”, de Lorena Conde, foi a obra gañadora do 36º Premio de Poesía Cidade de Ourense. A obra foi presentada, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, estando presentes a autora da obra xunto ao alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o crítico literario, membro do xurado e encargado da edición, César Lorenzo. O xurado destacou da obra gañadora “a súa calidade lingüística e estética coidada, así como a coherencia no discurso que soubo visibilizar a inspiración nas formas tradicionais da música tradicional e relixión, reformulándoas dunha maneira transgresora”. O certame está dotado cun premio por importe de 6.000 euros e a publicación do traballo gañador. Na actualidade, e até o día 4 de xuño está aberto o prazo para presentar obras á edición número 37 do certame, á que poden concorrer obras en galego ou portugués escritas por persoas que non gañasen o premio nas 5 edicións anteriores. Teñen que ser textos orixinais e inéditos, cun mínimo de 600 versos e presentarse baixo un lema no Concello de Ourense ou na Cámara Municipal de Vila Real. O Concello ten aberto tamén até o 4 de xuño o prazo para presentar traballos ao Premio Risco de Creación Literaria, dotado tamén con 6.000 euros máis a publicación da obra gañadora.


22

Barrios 31 de maio 2021

ARTIGOS / HUMOR

'O camiño da Lingua' promove a lingua galega 4 O xogo, dirixido aos escolares, inclúe probas lingüísticas e preguntas culturais. Redacción O concelleiro de Educación, Armando Ojea, asistiu no CEIP Amadeo Barroso á presentación da actividade “O camiño da Lingua”, unha pioneira iniciativa no marco do programa de Animación á Lectura do Concello de Ourense, cuxo obxectivo é fomentar a cultura e a lingua galega a través do xogo e da interacción. O programa inclúe probas lingüísticas, pre-

guntas culturais sobre Galicia, e xogos onde o vínculo é a lingua galega. A proposta do Concello será unha buxaina que, co seu baile polo taboleiro de xogo, irá planeando diferentes probas e retos. O camiño da Lingua está estruturado sobre seis eixes: preguntas culturais de Galicia; probas lingüísticas -refraneiros, adiviñas, trabalinguas, linguaxe de signos, frases e ditos, etc.-; tradicións e costumes galegos; contos

Taboleiro do xogo “O camiño da Lingua”.

4HUMOR

e lendas; artistas da palabra escrita -escritores/ as e a súa obra-; e xogos de letras: a sopa de letras, a buxaina baleira, o crebacabezas castrexo, os oficios, fotos de antes, de viaxe pola emigración... Esta iniciativa da Concellería de Educación está dirixida ao alumnado de 3º curso de Educación Primaria (9 anos), e contará coa participación de 390 escolares de 12 colexios da cidade.

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

Lección de Entroido, a banda do paraugas do Xosé Ás veces acontecen situacións que nin os mais cualificados estudosos dos entroidos enxebres e ancestrais poden entender. Aquel ano, en Verín, estivemos no outro lado da comedia, coma se sole dicir: de miranda. Démonos conta, que para lucir un disfraz, cómpre algo mais que arte entroideiro. Compren gañas, moito humor e sobre de todo sentimento. Non fomos quen de meternos no entroido. De súpeto rexeitamos o envite da algarabía, e sen darnos conta fuximos do bulicio covardemente e sen remordementos. A parodia estaba preparada para asaltar as rúas do barrio vello, onde de cativos corrimos o entroido apaixonadamente. Desta vez, a comedia ficou sen estrear. Foi entón, cando adoptamos a tarefa máis doada do entroido, mirar. Ollamos dende fóra coma os demais gozaban do mais grande da festa, a catarse colectiva. As parodias, o enxeño, as gañas de entroidar. Buscamos daquela algo que nos removera as entrañas, que nos quedara para sempre na retina, algo que nos fixera sentir o de aquí, e sen dúbida topámolo sen esforzo. Non podían ser outros, máis que os vellos

Banda do Xosé.

entroideiros, os que nos deran a lección, eses que non cumpren anos, senón entroidos. De súpeto apareceron os homes do carriño. Un detalle de entroido puro. Un intre máxico rebosante de carnaval, coma os de antes. “O carriño dos Fariñas”, artiluxio caseiro cheo de vida e de entroidos, deu que falar. Agasallaron a concorrencia cun anaco de xolda enxebre improvisada. Cachucha, lacón e viño de Monterrei para ir entoando. Alí mesmo, e coa colaboración dalgún membro da lembrada “Murga do grelo”, mostraron con orgullo como se debe exercer a afinación do exquisito e nobre gusto polo cante. Os Fariñas, dirixidos polo infatigable almirante Luís, e os seus irmáns Pepe “Labaila” e Chemanel, xunto con Viruca, Caridad, Gloria, José González Lolo, Toñita, Angel, Lolita, Malandro, Angelita, Licho, os irmáns Limia, Moncho, Rosita e Menta, entre outros entroideiros do barrio de San Lázaro, crearon escenas inesquecibles coa entrañable e sempre lembrada comparsa “A banda do Xosé” , que con letras de ouro, quedarán gravadas na historia do noso entroido, non só pola magnífica posta en escena da pandilla senón tamén,

polo xeito de interpretar as cancións que tanto nos gustan aos que amamos esta festa. Deles, aprendimos a lección. Non deberíamos deixar pasar un entroido máis. Cumpriremos a penitencia! Seguiremos alimentando con corrente continua a nosa paixón, coma fixeron os Fariñas co carriño e coa banda do Xosé, amosando ano tras ano, que cumprir entroidos non é atranco para ser triunfadores unha vez máis destas fermosas batallas. Días atrás, aconteceu a mala nova do pasamento de Clementina Pérez, coñecida na vila por “Menta” do bar cubano, muller sinxela e traballadora, entroideira apaixonada e de beleza singular. Quixen sacar do arquivo estas letras escritas hai case unha década, e facer pequeno homenaxe a toda a comparsa da banda do Xosé, entroideiros con sapiencia e solera. Para os que están, e para os que xa se foron, van adicadas estas letras. Sempre estarán con nós nas lembranzas. Unha aperta para Pepe “Labaila” nestes momentos tristes e dolorosos. Boa viaxe Menta; ata sempre entroideira, e que viva o Entroido de Verín! Miguel A. Prieto “Chitin”


ARTIGOS / CLASIFICADOS

Barrios 31 de maio 2021

23

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Arcediagos,11, 1º - 32005 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara Nº145 - Ano: XIV - 31 de maio de 2021 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 685 969 546.

4DECRECENDO

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

O canto do cisne Recentemente o goberno publicou a axenda “España 02050”. Coido que recibiu unha acollida tibia para as mensaxes que deixa. Para que todo un goberno diga á súa cidadanía que hai que comer menos carne, viaxar menos, reparar máis a nosa roupa e aparellos... as cousas deben vir mal dadas. Seguramente, os seus analistas deberon facer un dobre traballo. Por unha beira, decatarse de que as cousas nunca serán como foron, e que xa son tristes protagonistas a crise climática, a escaseza de recursos, materias primas e enerxía, e que estas viron para quedarse. Por outra, como dicir sen dicir que hai que apertar o cinto, como crear un discurso politicamente correcto, que non quite votos, coa falsa positividade da vella política. Deste dobre esforzo chega “España 02050”. Si, cun cero extra á dereita como indicando os anos que aínda lle quedan á humanidade (segundo a súa propia páxina web). O problema deste documento de 676 páxinas (cun resumo de 13) é que propón medidas cosméticas que non entran no fondo do asunto. Múltiples estudios apuntan tres tipos de actitudes para afrontar o que nos ven enriba: a primeira, seguir as cousas como ata agora. “Business as usual”, lle chaman. Así, iremos directos cara ao desastre social e o colapso económico e medioambiental. Unha segunda vía intermedia, a economía verde que é como falar dun calvo melenudo ou da secura da auga. Unha medida insuficiente que só queda na superficie, como este documento. Imaxinen que a un fumador compulsivo, con cancro de pulmón, o

seu médico, que tamén é o vendedor dos cigarros, lle receita auga con gas, pero nunca lle di que o principal é deixar de fumar. E, finalmente, a terceira vía: aplicar políticas decrecentistas onde non facer é chave. É mellor non comprar antes de telo que reciclar, é mellor non viaxar antes de pagar elevadas taxas por elo, e así con todo. Sempre aderezado con amplas doses de coidados, de solidariedade, de traballo compartido non economicista, etc. Este é o único escenario que permitiría un futuro humano e amigable, e non á barbarie e o sálvese quen poida ao que imos. Pero as mensaxes empezan a entrar na sociedade. Hoxe na radio, alguén recomendaba analizar que insectos autóctonos que temos e empezar a comelos, mentres pechan temporalmente fábricas de vehículos en Vigo pola escaseza de chips, en Gasteiz porque non lle chega un plástico de Macedonia

[Deixe o seu anuncio no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares] e ata a omnipotente Ford nos EUA dáse de cara coa realidade parando oito factorías. Tamén sobe o prezo da madeira, falta o xofre para facer cobre (quen necesita o cobre, eh?). Suma e segue. Estas mensaxes van calando pouco a pouco na xente e coido que xurdirá unha forte reacción: se os voos van ser máis caros, imos viaxar agora antes de que suban. Se a carne vai desaparecer, imos comer ata fartar. Se vai reducirse o catálogo de roupa ou electrodomésticos, imos apañalos canto antes... E de súpeto, os números do PIB subirán, os críticos terán argumentos para dicir que todo foi superado e que chegaron os “brotes verdes”, ata que a burbulla económica e social estoupe definitivamente. Será como ese canto do cisne que din que bota antes de morrer. Óscar Blanco

INMOBILIARIA Véndese piso en Beluso, Bueu (Pontevedra). 100 m2, 3 habitacións, salón, cociña, baño, despensa e 3 trasteiros amplios. Soleado todo o día, situado preto de servizos básicos e a menos de 2 km das mellores praias da zona. Prezo: 85.000 euros. Tfno.: 679 588 349 (envío fotos, escoito ofertas). Alugo local económico no centro. Ideal para oficina, almacén ou trasteiro. 17m2. Dispón de baños comunitarios. 120 euros/mes máis 7 euros de comunidad. C.E.: C. Teléfono 627 203 131 Véndese casa céntrica en Xinzo de Limia. Baixo máis unha planta (144m2,) tres prazas de garaxe e patio, cinco habitacións, dous baños, cociña amoblada e terraza. 133.000 euros. Tel. 699 648 514 / 988 21 40 70 Alugo baixo na zona do Couto totalmente acondicionado. Con luz, auga, 70 m2. Prezo 300 euros. Tel: 653 208 506 Alúgase perruquería. Tel. 672 08 93 49 Alúganse apartamentos en Montalvo (de Semana Santa a outubro) con unha ou dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916 Alugo sala para actividades culturais, con posibilidade de cociña, baño e outros sertvizos. Tel.: 988 247 113. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Busco casa en alquiler na periferia de Ourense. Opción a compra ou dunha permuta dun piso situado na Valenzá. Tlf.: 600 826 029.

Vendo casa na estrada de Santiago, con finca. Para restaurar. Tel.:672 089 349. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62.

TRABALLO

Ofrécese señora para traballar con xente maior ou nenos. De toda confianza, con informes. Disponibilidade de coche e fins de semana Tel.: 606 422 543. Ofrécese señora para limpeza por horas Tel.: 674 500 513. Señora, auxiliar de enfermería responsable e con experiencia, ofrécese para coidar persoas maiores, enfermos, nenos e tarefas do fogar. Tel.: 620 052 173 Ofrécese señora responsable -española- para coidade de nenos ou persoas maiores. Con informes. Tel.: 606 422 543 Ofrécese auxiliar de enfermaría, con titulación, para o coidado de maiores. Como interna ou por horas. En Ourense ou arredores. Telf.: 663 043 561 Danse clases de francés a domicilio. Todos os niveis. Titulación en España e Francia. Tlf.: 625 745 611 Imparto clases particulares de Matemáticas a domicilio en Ourense capital. Todos os niveis. Tamen materias curriculares de ESO e Bacharelato. As clases son individuais e personalizadas. Ampla experiencia. Excelentes resultados. Económico. Interesados enviar WhatsApp ao 610 38 25 89. Coido ou acompaño a maiores enfermos polas noites. Económico. Tel.: 616 361 548.

Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358. Fanse desbroces en tractor e a man. Tlf.: 63 521 448 Ófrecese señora seria e responsable para tarefas do fogar e coidado de nenos e maiores. Con informes. Preferencia zona Ponte. Tlf: 685 374 191. Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405. Ofrécese señora por horas para tarefas do fogar, coidado de nenos. Atende persoas maiores; tamén de noite en hospital ou domicilio. Telf.: 620 052 173.

VENDAS Vendo rizador de pelo con accesorios para alisar e rizar. Tel.: 666 303 635 Véndense dous lavacabezas de perruquería. Tel.: 672 089 349 Vendo cama hospitalaria articulada en bo estado, con colchón anti-escaras. Tlf.: 606 133 522 Vendo prensa de viño mediana/grande, ideal para decoración en xardíns. Tlf.: 606 133 522 Véndese mampara nova. Tel: 672 089 349. Véndense traxes de cabaleiro moi antigos en bo estado, ideal para Entroido. Prezo 10€. Tel: 610 979 897. Compro moble de cociña completo. Tel: 988 247 824. Vendo escritorio. Como novo, bo prezo. Tel: 672 089 349. Vendo estufa de frío e calor. Tel: 672 089 349. Vendo hormigonera de 280 litros e maquinillo / grúa (a gasolina). Tel.: 988 23 47 91


24

Barrios 31 de maio 2021


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.