Barrios 143

Page 1

Entrevista a Eva Guzmán, presidenta de Asociación Por Eles TEA Ourense [Páx. 5]

TEMA

Páx.2 OURENSE

A primeira base aérea transfronteiriza contra o lume contruirase en Verín

Páx.4 BARBADÁS

Jácome quere incluir unha piscina termal na reforma da Praza de Abastos

Páx.7 VERÍN

O Concello apoia ao comercio local con axudas á hostalaría e a campaña do Día da Nai

Páx.8 DEPORTES

Realizará un programa de modernización cun Plan de Dixitalización

Segue a vacinación

Páx.13

Do 23 ao 25 de abril, o Pompeo acolle a fase de ascenso da Superliga 2 de voleibol

Os “Ecovixiantes” de Franciscanas

[Páx. 6]

Cartel do FIC Vía XIV de Verín

[Páx. 3]

[Páx. 9]

Continúan as vacinacións contra a Covid-19. // Os “Ecovixiantes de Franciscas limpan Ourense. // Xa se coñece o cartel do Festival de curtas que terá lugar en setembro en Verín.

Número: 143 - Ano: XIV - 22 de abril de 2021 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


2

Barrios 22 de abril 2021

TEMA DA SEMANA

Numerosas autoridades participaron na presentación do proxecto Interlumes. /M. REJO.

A primeira base aérea transfronteiriza contra o lume contruirase en Verín

4 O proxecto Interlumes contará cun investimento total que superará os nove millóns de euros. Redacción O Concello de Verín contará coa primeira base aérea transfronteiriza de medios aéreos para a loita contra os lumes forestais. O proxecto, chamado Interlumes, contará cun investimento total que superará os nove millóns de euros. Esta instalación permitirá dar unha mellor e máis adecuada resposta ao risco de incendios nunha ampla área a ambos lados da fronteira entre España e Portugal, tanto pola súa localización como polas súas posibilidades de acoller diferentes tipos de aeronaves especializadas. Na presentación do proxecto estiveron, entre outras autoridades, o alcalde de Verín, Gerardo Seoane; o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén;

o conselleiro do Medio Rural, José González; e o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda. Este proxecto aprobouse o pasado día 25 de marzo trala reunión do comité de xestión do Poctep (programa Interreg VA España-Portugal), cuxa coordinación en Galicia corresponde á Vicepresidencia primeira da Xunta. A iniciativa ten como beneficiario principal á Consellería do Medio Rural a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte, cuxo titular, Manuel Rodríguez, tamén participou no acto, así como o director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo. Deste proxecto tamén forman parte o Goberno portugués e outras institucións galegas e de Castela e León e Estremadura, tales como os respec-

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane./M.REJO.

dicado á loita contra os lumes forestais. Así, será un centro permanente para a cooperación, investigación e formación continua do que poderán beneficiarse bombeiros forestais de toda Europa e no que se contará cos maiores especialistas no comportamento e análise dos incendios.

Infografía do aeródromo. tivos gobernos autonómicos de ambas comunidades e as deputacións de Zamora, Salamanca, Ourense e Pontevedra. No acto de presentación, o vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, recordou que “o lume non entende de fronteiras” e que os incendios que nos últimos anos castigaron os recursos naturais dunha área que conta con espazos protexidos obrigaban a poñer en marcha actuacións “conxuntas e enérxicas” que se materializaron no proxecto Interlumes, froito da colaboración entre distintas Administracións dos dous países.

Pola súa banda, o conselleiro do Medio Rural, José González, salientou a magnitude da iniciativa e a colaboración institucional que a fixo posible. Nesta liña, trasladou que a construción desta base traducirase na axilización da resposta e na eficacia na loita contra os incendios que se rexistren na fronteira hispano-lusa. Ademais, redundará tamén na mitigación dun problema que “ambos territorios coñecen e combaten”, remarcou. Futuro Centro integral O conselleiro vinculou esta iniciativa co futuro Centro integral para a loita

A construción desta base traducirase na axilización da resposta e no aumento da eficacia na loita contra os incendios que se rexistren na fronteira hispano-lusa

contra o lume, que se situará no concello de Toén, e que terá por obxectivo centralizar nun mesmo punto a formación do persoal de-

Este aeródromo adecuarase a avións de carga en terra, helicópteros e avións anfibios

4 Características do proxecto Este aeródromo quedará ubicado na estrada N-532 -dirección Portugal-. Esta base caracterizarase pola súa adecuación a aeronaves especializadas en extinción, tanto avións de carga en terra como helicópteros e, incluso, avións anfibios, polo que estará dotada con distintos tipos de depósitos de carga en terra. A base, con categoría 2 de aeródromo, contará cunha superficie de 23 hectáreas e estará dotada dunha pista de 1.200 metros de lonxitude e 30 metros de ancho, con 15

metros a cada lado de superficie acondicionada. Haberá un hangar con capacidade para seis avionetas de carga en terra. Así mesmo, ademais dunha construción duns 300 m² con estancias individuais para a tripulación, a base estará dotada de tanques de combustible cunha capacidade mínima de 40.000 litros. Tamén contará cunha motobomba para un caudal mínimo superior a 350 l/min. Ademais, haberá equipos de extinción compostos por tres depósitos de auga e unha rede de hidrantes (bocas de incendio).


TEMA DA SEMANA

Segue a vacinación entre a poboación ourensá

4 Carballeda de Valdeorras e Cualedro mantéñense no nivel máximo de restricións. Redacción Continúan as vacinacións na poboación. Aínda que polo momento se pararon as chamadas masivas, o certo é que se continúase administrando doses a un ritmo aceptable, a pesar dos contratempos acontecidos con varias vacinas. O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, apuntaba a mediados de xuño como a data dun achegamento cara a normalidade. Daba esa data por que é cando esperan que os maiores de 60 anos xa estén vacinados. Tamén a mediados de xuño, a Xunta apunta a unha posible apertura do ocio nocturno, despois de realizar unha proba piloto no mes de maio. Sobre a vacina de Jannsen, o conselleiro adiantou que se adminstrará á poboación dependente que non poden sair do seu domicilio, e mariñeiros. Vacinación A Xunta de Galicia vén de realizar un estudo sobre a efectividade e o impacto da vacina fronte á covid. Os datos analizados abranguen a persoas que a día 27 de decembro, data no que se iniciou o proceso de vacinación, non tiveran ningunha proba diagnóstica positiva. Os resultados do estudo do Sergas reflicten que, nas persoas cunha única dose, o descenso da taxa de positividade resulta do 47,2%. Este descenso é moito máis acentuado nas persoas que recibiron unha pauta vacinal completa, cun descenso global do 88,4%. O seguimento dos datos son ata o día 17 de marzo, considerándose 936.425 resultados de probas diagnósticas e logo de administrarse 349.848 doses vacinais (11.194 de Moderna, 73.666 de AstraZeneca e 264.988 de Pfizer), e recibindo 250.226 persoas,

toria realizarase mediante unha mensaxe de SMS e pode comprobarse tamén no apartado de citación de atención primaria. O obxectivo deste cribado masivo é detectar casos asintomáticos e paralelamente cortar a posible transmisión dos contaxios nesta área na que coinciden no tempo un incremento dos casos activos Dos cinco concellos, o que maior número de casos presenta a día de hoxe é Cartelle con 6, seguido de Lobeira con 5 e

Barrios 22 de abril 2021

3

Ramirás con 4, mentres Lobios e Verea teñen 3. Non si, entre eles presentan diferencias no índice de casos acumulados a sete días (IA7), taxa que se acentúa nos concellos con menor número de poboación e que acada en Lobeira, os 651 casos por 100.000 habitantes, unha das máis altas da provincia neste intre. Pola súa parte, Muiños conta cunha taxa de 273, Cartelle de 232, e o resto deste grupo por debaixo de 150, tamén a sete días.

4 Ampliación do hospital Verín

A vacinación masiva párase por non dispor de tantas doses para levala a cabo. /I.OSORIO. polo menos, a primeira dose, e 99.622 persoas a pauta completa. Datos de contaxios No tocante aos datos de contaxios na Área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras neste momento hai 245 casos activos de Covid-19 (68 na cidade, un menos que o día anterior). Os hospitalizados en planta son 18 (16 no CHUO e 2 no hospital do Barco) e 8 son os pacientes en coidados intensivos (subindo considerablemente a cifra nas últimas xornadas). Nas últimas 24 horas detectáronse 23 novos casos por PCR. A nota máis triste é a dos 415 falecidos na nosa provincia dende o comezo da pandemia. Medidas A evolución da pandemia fixo que a Xunta decidira retornar o horario da restrición da mobilidade nocturna ás 23 horas, xa que todos os indicadores epidemiolóxicos e asistenciais están xa moi lonxe

As vacinas de Jannssen irán destinadas a dependentes e mariñeiros

dos que a comunidade tiña en xaneiro, cando se adiantar ás 22 horas. "Por prudencia", aseguran desde o Goberno Autonómico, mantense o horario de peche da hostalería xeral ás 21 horas. Porén, amplíase ata as 23 horas a apertura de determinados locais de hostelería, concretamente aqueles que teñan licenza de restaurante, sempre e cando dispoñan de sistemas de reserva e cita previa, sistemas de rexistros de clientes analóxicos ou dixitais e medidores de concentración de CO2. Rematado o procceso de vacinación das persoas usuarias das residencias de maiores e de discapacidade, flexibilízase a apertura destes centros: os residentes poderán recibir visitas de calquera dos seus familiares e achegados, iso si, sempre con cita previa. Por outra banda, as saídas dos residentes que ata o de agora limitábanse a dúas á semana de dúas horas como máximo, pasan agora a permitirse ata tres á semana, de ata catro horas. En canto ao peche perimetral da comunidade, este permanece debido á situación epidemiolóxica doutras comunidades. Restricións A partir das 00.00 horas

do venres 23 de abril haberá novas restricións nalgúns municipios da nosa provincia. O comité clínico mantén a Carballeda de Valdeorras e Cualedro no nivel máximo de restricións (cun indice de máis 500 casos por 100.000 habitantes). No nivel alto de restricións súmase Muiños e Petín a Padrenda, Cortegada, O Barco, Rubiá e Lobeira. E subirán ao nivel medio os concellos de Lobios e Cartelle. O resto dos concellos permanecerán coas restricións fixadas no nivel medio baixo. Cribado Entre o venres e o sábado, 23 e 24 de abril, o Sergas realizará un cribado a 2.850 veciños (de 18 a 74 anos) de Verea e Lobeira (nos seus centros de saúde), e Ramirás, Muiños, Lobios e Cartelle (nos respectivos pavillóns municipais). A convoca-

Entre o venres e o sábado o Sergas realizará un cribado a 2.850 veciños de Verea, Lobeira, Ramirás, Muiños, Lobios e Cartelle

O conselleiro de Sanidade, Julio Comesaña, visitou esta semana o hospital de Verín para presentar o que será a ampliación do hospital. Contruirase un edificio que acollerás as urxencias e o PAC. O investimento para esta nova intervención ascenderá aos 2,4 millóns de euros, ocupará unha superficie de 1.500 metros cadrados e estará ubicada no actual aparcadoiro. A futuro PAC contará con tres consultas (dúas médicas e unha de enfermaría) e unha máis para patoloxías respiratorias. Na área de Urxencias prevese pór en marcha dúas consultas polivalentes, unha sala de curas, seis boxes, unha área de observación e pre-alta, e tamén unha sala de enfermaría. «Con esta construción vaise gañar en funcionalidade e en atención e asistencia ós pacientes», aseguraba o conselleiro de Sanidade. Ademais, acometerase unha mellora enerxética integral do hospital comarcal verinés, onde se abordará a instalación de paneis fotovoltaicos e o cambio do illamento térmico da cuberta.

UCI CHUO O Hospital Universitario de Ourense renovará e triplicará o espazo actual da súa Unidade de Coidados Intensivos, para adaptala as novas necesidades funcionais derivadas da pandemia, diversificar espazos e contar cun área adicada exclusivamente a pacientes críticos Covid. O borrador do anteproxecto vén de recibir o visto bo por parte da Consellería de Sanidade, que prevé licitar as obras pola vía de urxencia, para que se inicien este mesmo ano. Tanto estas como o propio proxecto estímase será dunha alta complexidade, porque deberá contemplar o desenvolvemento das obras no mesmo núcleo do hospital, precisamente onde se sitúan as dúas unidades de críticos: UCI e Reanimación. A Comisión de Centro del CHUO considera que esta ampliación da UCI o que suporá, realmente, será a eliminación de 22 camas e máis de 20 postos de traballo. Desde a xerencia aseguran que simplemente se trasladan, negando calquera tipo de recurte.

Infografía da parte nova do hospital de Verín.


4

Barrios 22 de abril 2021

OURENSE

EN BREVE

O PP pide tamén a acta de Villarino

4 Control horario O Concello implantará en maio un sistema de control horario telemático para os seus traballadores. Deste xeito, pretenden erradicar o absentismo laboral que foi detectado en diversos departamentos.

4 Comisión de investigación A Comisión de Investigación sobre a desaparición de documentación na Concellería de Urbanismo leva deu conta dun informe dos letrados municipais sobre a situación xudicial do expediente de licenza de ocupación do edificio emprazado entre as rúas Xaquín Lourenzo e Cardenal Quevedo. Para a vindeira sesión -que se celebrará o martes, 27 de abril- citouse ao promotor do edificio, José Benito López Moreira.

4 Axudas O Concello abre o prazo para solicitar as axudas para entidades sociais, libros e comedores escolares. Para libros e comedores escolares, o prazo é 15 días, até o 3 de maio, e para entidades sociais, un mes, até o 12 de maio. Destínanse 325.000 euros. O extracto das convocatorias pódense consultar na web do concello ourense.gal.

4 Incendios Ante a proximidade do verán, e coa finalidade de previr os incendios forestais, o Concello de Ourense lémbralles ás persoas titulares de terreos que teñen a obriga de xestionar a biomasa vexetal. O prazo fixado pola Xunta de Galicia para cumprir con esta obriga rematará o día 31 de maio de 2021.

4 Bono Comercio A Xunta pon en marcha o «Bono Activa Comercio». Ofrece descontos de 5 euros por compras iguais ou superiores a 30, ou de 10 en iguais o superiores a 50. Ata o vindeiro 15 de maio, se poden adherir os establecementos interesados a través da web: www.bonosactivacomercio.gal.

4 O socialista ofrecérase a dar un paso atrás na procura dunha moción contra Jácome. Redacción Deseño da piscina termal a construír na Praza de Abastos.

Jácome quere incluir unha piscina termal na reforma da Praza de Abastos 4 Terá unha achega de 3 millóns de euros. Redacción “A rehabilitación da Praza de Abastos número 1 incluirá tamén a construción dunha piscina termal e a reforma da contorna do edificio”, así o anunciou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, logo de reunirse cos arquitectos e visitar as obras de remodelación que se desenvolven no edificio do mercado municipal. O goberno municipal encargoulle ao equipo de arquitectos responsable da reforma que elabore o proxecto dunha segunda fase, que concretará as intervencións que se realizarán. O Concello licitará os traballos nos próximos meses, de forma que complementen e sirvan como un atractivo adicional para o tradicional mercado municipal. O investimento será duns 3 millóns de euros. Son, explica o rexedor municipal “as seguintes fases deste proxecto”. A reforma do mercado, asegura, “avanza con moi bo ritmo, e con esta seguinte fase transformaremos e poremos en valor a contorna do edificio e acondicionaremos no seu soto unha das mellores piscinas termais de toda Europa. Démoslles o "OK" aos arquitectos para que presenten o proxecto coa previsión de licitalo”. Coa construción da pis-

O rexedor municipal explicando a nova normativa. cina termal cuberta, o goberno municipal desbota a idea de situar un supermercado nos sotos do edificio, xa que entende prioritario apostar por unha instalación termal “que serva para darlle un salto de calidade ao termalismo de Ourense, co obxectivo de que deixe de ser un bluff”. Nova normativa Por outra banda, días antes, o alcalde anunciara outra nova sobre termalismo, pero nesta ocasión non era positiva. Jácome asegura que coa nova normativa autonómica Ourense perderá o 80% da súa oferta termal. “A Xunta finiquita o modelo termal” da cidade, xa que “non hai adaptación posible para conservar o que tiñamos”, asegurou o alcalde. Afirma, ademais, que cos novos requerimentos, só poderán abrirse ao público "unha poza na área termal da Chavasqueira e outra en Outariz", da ducia coas que contan as dúas zonas. En canto á zona

do Muíño, esta "non poderá abrir ao público como zona de baño a curto prazo" mentres que "As Burgas requirirán a execución de obras" de adaptación que se prolongarán como mínimo até o Nadal". A nova normativa “tremendamente restritiva”, explicou o rexedor, obriga a renovar cada 4 horas na súa totalidade a auga de cada espazo de baño, o que require a aumentar drasticamente a demanda de caudal para cada poza. Un requisito, explica, “que ningún punto cumpre, polo que sería necesario concentrar o caudal a un punto en cada área termal”, concluía.

O alcalde asegura que coa nova normativa autonómica Ourense perderá o 80% da súa oferta termal

Semana convulsa, unha máis, no Concello de Ourense e coa espada de Damocles enriba, novamente, do alcalde. A principios de semana o portavoz socialista, Rafael Villarino, anunciaba que renunciaba a ser alcalde para que socialistas e populares negociaran unha posible moción de censura. O primeiro en contestar foi o presidente da Deputación, Manuel Baltar, quen mediante un comunicado aseguraba non fiarse da palabra do que fora o candidato máis votado nas eleccións municipais de Ourense en 2019. Despois foi o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, o que pediu a Villarino que “aclare a súa proposta”. Renuncia á acta E finalmente, desde o propio concello, a portavoz popular, Flora Moure, foi quen falou. Moure enredou máis a situación e agora non lle bastaba ao PP que non se postule Villarino como alcalde, senón que desde o seu grupo piden que renuncie á súa acta de concelleiro para “chegar a un acordo para establecer un goberno de coalición”. A portavoz dí non se fiar do seu homónimo socialista asegurando que non van “propiciar nunca que Rafael Rodríguez Villarino sexa alcalde”

nin que o sexa “a través de persoa interposta” e que poida el “controlar ata que a situación lle sexa máis propicia para volver á primeira liña”. Noutras palabras, os populares piden acabar coa carreira política do ex alcalde de Amoeiro para, en todo caso, sentarse a negociar unha posible moción de censura. Resposta Aproveitando a visita do secretario xeneral do PSOE en Galicia, Gonzalo Caballero, desde as filas socialistas contestaron ao que é, polo momento, a última idea do PP. Villarino dixo non ceder a esa nova “chantaxe” e preguntabase “cal será a seguinte condición? que deixe de ser secretario xeral do PSOE? vanme dar pasaporte comunitario ou extracomunitario?”. E deixou claro que non se ía ir nin do “partido” nin da “corporación municipal”. Recordou que nas eleccións recibira o “apoio maioritario” e que aínda así e “sen xustificación de lexitimidade” decide aceptar poñerse “a un lado” porén “non é suficiente”, declaraba.

Villarino deixou claro que non se ía ir nin do “partido” nin da “corporación municipal”

Rolda de prensa na que Villarino anunciaba que se botaba a un lado para facilitar a moción de censura.


ENTREVISTA

Barrios 22 de abril 2021

5

ENTREVISTA A EVA GUZMÁN, PRESIDENTA DA ASOCIACIÓN POR ELES TEA OURENSE

"A nosa asociación intenta, na medida do posible, atender tódalas demandas que as diferentes familias lle propoñen"

4 Por Eles TEA Ourense confórmano un gran equipo de familias e profesionais que buscan cada día cubrir as necesidades das persoas con TEA. R.T. Este mes de abril -concretamente o día 2- celebrouse o Día Mundial da concienciación sobre o autismo. Por este motivo queremos dar a coñecer, un pouco máis de preto, á Asociación Por Eles TEA Ourense, asociación que conta con tres anos de vida e que atende en toda a provincia a persoas con trastorno do espectro autista. Explícanos que é o T.E.A.? Eva Guzmán Freijedo: "O trastorno do espectro autista é un trastorno do neurodesenvolvemento que afecta principalmente ás áreas da comunicación e interacción social (comunicación social), á capacidade de ficción e imaxinación, ao que tamén podemos referirnos como intereses restrinxidos, e á flexibilidade do pensamento e da conduta. As características das persoas con T.E.A. están presentes dende o nacemento e mantéñense ao longo de toda a vida, aínda que estas poden mellorar significativamente a través dunha intervención adecuada e do uso de apoios e recursos necesarios". >>"Estímase que 7 millóns de persoas teñen T.E.A. en Europa. En España, máis de 450.000 e en Galicia ao redor de 27.000. O diagnóstico de T.E.A. realizase xeralmente entre os 18 e 24 meses, a partir deste momento as familias comezamos un longo proceso de visitas a especialistas e profesionais que nos acompañarán ao longo de toda a vida dos nosos fillos e fillas". Tres anos xa pasaron

desde que tivestes que crear a asociación Por Eles T.E.A. Ourense. Cal foi o motivo polo que houbo que dar ese paso? E.G.: "Principalmente porque non había unha asociación que cubrise tódalas necesidades que os nosos fillos necesitan, tanto a nivel de profesionais de diferentes ramas, como necesidades da vida diaria e actividades tan normais para unha familia como actividades extraescolares, de ocio ou deportivas... a nosa asociación intenta, na medida do posible atender tódalas demandas que as diferentes familias lle propoñen, demandan ou se nos ocorren para estimulalo seu desenrolo en cada etapa da súa vida". Que conseguistes durante este tempo? E.G.: "Conseguimos formar un gran equipo entre familias e profesionais, intentando mellorar día a día para cubrir tódalas necesidades das persoas con T.E.A.". Cales son os servizos que ofrecedes? E.G.: "Entre tódolos servizos que ofrecemos o principal que ocupa o día a día é o Servizo de Terapias que desenvolve o equipo

sendo esta unha opción de intervención que só ofrece Por Eles en toda a provincia, tamén existe a opción de intervención telemática que permite chegar a tódalas partes do mundo e que tivemos que desenvolver por unha banda debido á crise sanitaria e pola outra para poder chegar a zonas máis afastadas das capitais onde as familias non encontran recursos especializados para os seus familiares con T.E.A.".

Eva Guzmán Freijedo, presidenta da Asociación Por Eles TEA Ourense. interdisciplinar de profesionais de Por Eles baseado nunha atención individualizada, adáptase ás distintas características e contornas da persoa con T.E.A. e a súa familia. Neste servizo aténdese a nenos dende os 0 anos, ata adultos, dende

Logopedia, Psicóloga, Terapia Ocupacional e grupos de Habilidades Sociais". >>"Esta atención individualizada desenvólvese tanto na sede da asociación como nos contextos naturais da persoa (casa, colexio, parque, etc...)

“Entre tódolos servizos que ofrecemos o principal que ocupa o día a día é o Servizo de Terapias que desenvolve o equipo interdisciplinar”

A cantas persoas atendedes na provincia? E.G.: "Ao longo destes anos o número de familias socias sempre variou entre 20 e 30, pero son moitas máis as familias que teñen fillos ou fillas con T.E.A., ou familiares próximos con este diagnóstico, e que aínda non nos coñecen ou non saben que servizos pode ofrecer unha Asociación de Familias a unha persoa con T.E.A. ao longo de todo o ciclo vital". Cales son as reivindicacións que lle pedides ás administración públicas? E.G.: "Pedímoslle colaboración e medios para levar a cabo o noso traballo, para que as familias non teñan que levar todo o peso tanto económico como social que implica ter un familiar con T.E.A.". Quen queira, como se pode poñer en contacto

Unha sala da sede da Asociación Por Eles TEA Ourense (rúa Ramón y Cajal, 6, A Ponte).

con vós? E.G.: "Estamos en case tódalas redes sociais, Facebook, Instagram, a través da páxina web. A diario respondemos mensaxes que chegan ao correo info@ peteaou.org e por teléfono no 988 701 658. Tamén hai familias que chegan directamente á sede da asociación no barrio da Ponte en Rúa Ramón y Cajal, nº6; atendemos en horario de 9 a 13h. normalmente xa que polas tardes tódalas profesionais están atendendo ás familias do Servizo de Terapias". Tamén contades co apoio de empresas, importante para a vosa labor estas axudas. E.G.: "A verdade é que en Ourense notamos que as persoas en xeral, e tamén empresas privadas están moi implicadas coas asociacións sen ánimo de lucro, tanto a xente do barrio, amigos, familiares, pequenos establecementos e grandes empresas como Coren ou CieGalfor colaboran activamente co noso proxecto".

“Pedímoslle ás administracións colaboración para que as familias non teñan que levar o peso económico e social”

Por Eles TEA Ourense r/Ramón y Cajar, 6 Tel. 988 701 658 info@peteaou.org https://www.porelestea.es/ Twitter: @peteaou / Instagram: @peteaou Facebook: es-es.facebook.com/peteaou/


6

Barrios 22 de abril 2021

OURENSE

Un Ecovixiantes "sobre rodas"

EN BREVE 4 Os venres con IA

‘Os venres con IA’ achega este venres, 23 de abril, -ás 12:00 horas- o relatorio “Procesamento da linguaxe natural nas humanidades dixitais”, a cargo da profesora Ana García Serrano. García Serrano definirá o concepto do que se entende como humanidades dixitais presentando casos prácticos de éxito e amosando a implantación das tecnoloxías no campo das humanidades. O relatorio poderá verse en https:// youtu.be/pD3pFhIrvXQ.

4 Vinis Terrae Os días 14 e 15 de xuño Expourense acolle o Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade. Entre as novidades desta edición, que xa veñen marcadas polo formato híbrido -entre presencial e virtual-, destacará a organización de masterclass previas á feira, dirixidas aos compradores e importadores confirmados nas que se presentará o viño de Galicia e as variedades autóctonas que o fan único co obxectivo de vender tamén “territorio”. Estas clases estarán impartidas por prestixiosos expertos “Master of Wine” que serán anunciados nas próximas semanas.

4 Imposto de circulación O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asinou unha providencia para iniciar os trámites para reducir nun 40% o imposto de circulación. Para que poida ser efectivo en 2022, deberá expoñerse ao público e levarse a pleno neste 2021.

4 Os alumnos de Franciscanas limparon a conca do Loña. Redacción

Emilio González, xunto a Daniel Minimalia e o seu Grammy Latino.

O subdelegado recibe a Daniel Minimalia O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, recibiu ao músico e compositor ourensán Daniel Minimalia, gañador do Grammy Latino 2020 na categoría de mellor álbum instrumental polo seu traballo “Terra” e do Hollywood Music in Media Awards 2021 á mellor canción de pop/rock latino por “Flor de Leyenda”, un tema do mesmo álbum. O artista, aproveitou uns días na cidade -levaba meses sen vir- para ver aos seus familiares e amigos, ademais de ser recibido pola prensa e autoridades como foi o caso do Subdelegado do Goberno. Tampouco faltaron as mostras de cariño que recibiu no seu pobo, O Pereiro de Aguiar. O guitarrista xa está a traballar no seu novo traballo.

A nova marquesiña xa loce na parada xunto ás vivendas sociais da antiga estación.

Algo que festexar na AVV As Termas A gran inquedanza da Asociación de Veciños As Termas polos seus veciños viuse reflexado de forma positiva nas últimas datas con dúas boas novas. Por unha banda, lograron que se coloque unha marquesiña na parada de bus substituíndo á anterior -nun estado totalmente calamitoso-. A brigada municipal do Concello dotouna de papeleiras, bancos, madeira e cristal para uso do autobus urbano e do transporte escolar. Pola outra, lograron que despois de meses pedíndoo -e tres solicitudes presentadas por rexistro- plantáronse as dúas árbores que reclamaban para o parque infantil da rúa D.

A concienciación sobre o medio ambiente por parte do alumnado do colexio Franciscanas é evidente. Os "Ecovixiantes" actuaron nesta ocasión no río Loña logrando sacar da súa conca dúas rodas de camión. Esta foi a quinta xornada da campaña "Únete ao reto" aportando o seu gran de area para que o Concello logre un premio para causas sociais e solidarias. Os "Ecovixiantes" levan recollido 72 quilos de material plástica,

dano conta do problema que supón para esta sociedade de consumo e de usar e tirar. Tapóns Franciscanas é un punto de recollida dos tapóns solidarios tanto para os escolares do centro como para a cidadanía en xeral. Os voluntarios selecionan por tamaño, e ata por cores, para embotellalos en garrafas de reciclaxe de 5 e 8 litros. O profesor Gonzalo, Lalo, Sánchez entregaos en Albarellos (Monterrei) para a súa distribución entre os nenos que precisan dun tratamento.

Alumnos de Franciscanas sacando unha roda de camión do río Loña.

Centros cívicos Redacción Ábrese a convocatoria para a selección de proxectos dos programa de actividades dos centros cívicos e Envellecemento Activo do Con-

cello de Ourense. Tanto a campaña para a cativada como para a de persoas maiores de 60 anos devandita convocatoria está aberta ata o xoves, 28 de abril. As bases pódense consultar na web ouense.gal.


BARBADÁS E COMARCA

Redacción Barbadás habilita unha páxina (inmobles.barbadas.es) para a difusión e promoción de inmobles, terreos e negocios ubicados no municipio. Neste portal web, propietarios, empresarios, axentes ou promotores poden publicar -de xeito gratuítoas súas propiedades ubicadas na área de influencia do municipio para a venda, aluguer ou traspaso. Os interesados deberán rexistrarse cubrindo un formulario na web barbadas.es. Unha vez cuberto poderá subir tantas propiedades como desexe, ademais de visualizalas e editalas. Centro Empresarial Transfronteirizo Este servizo de promoción de inmobles é unha iniciativa do Centro Empresarial Transfronteirizo a través da Concellería de Promoción Económica. Lucía Rodriguez, Directora del Centro Empresarial Transfronteirizo, indica que con esta idea se trata de "atraer xente nova que viva e traballe en Barbadás, crear emprego, e para apoiar esa creación de emprego en eses locais que están baleiros, o Concello adica todos os anos unha parte do orzamento para as axudas a emprendedores.” Victoria Morenza, Tenente Alcaldesa, indica que “a novidade e a globalidade desta iniciativa" tenta

"dinamizar o sector inmobiliario en Barbadás". Ramón Selas, concelleiro de Promoción Económica, pola súa banda, asegura que “o mercado inmobiliario do concello de Barbadás, e un dos motores que move a economía, xa que somos dos poucos concellos de Ourense que medran en poboación e negocio”, destaca. O edil explica que dende o Centro Empresarial Transfronteirizo “estamos a asumir unha transformación dixital, trantando de crear plataformas que sexan sinxelas para o uso particular, tendo en conta as persoas de idade avanzada que teñen alguna dificultade para acceder os medios electrónicos, por iso este portal contempla como característica destacable esa facilidade para xestionala, incluso con soporte técnico”. Para máis información pódese chamar ao teléfono 988 36 04 13.

Propietarios, empresarios, axentes ou promotores poden publicar -de xeito gratuíto- as súas propiedades ubicadas na área de influencia do municipio

Presentación da web inmobles.barbadas.es.

7

EN BREVE

Un portal web para a promoción de inmobles 4 Tamén difundirá terreos e negocios ubicados no municipio.

Barrios 22 de abril 2021

4 OU-540

Victoria Morenza, Xosé Carlos Valcárcel e Marga Pérez, na firma do convenio coa Xunta para as axudas á hostalaría.

O Concello de Barbadás apoia ao comercio local 4 Unha nova axuda á hostalaría e a campaña do Día da Nai, as últimas novidades. Redacción O Concello de Barbadás estase volcando co comercio local desde que asolou a pandemia da Covid19 as nosas vidas. Nestas datas, dúas novidades importantes teñen aos establecementos de proximidade como protagonistas. Axudas hostalaría Por unha banda, Concello e Xunta de Galicia asinan un convenio de colaboración para a concesión de axudas á hostalaría. O Concello efectuará unha achega de 37.000 euros para conceder axudas directas e lineais para os establecementos hostaleiros do municipio por importe de 1000 euros cada un deles. O alcalde de Barbadás, o socialista Xosé Carlos Valcárcel, fixo fincapé en que “un dos obxectivos fundamentais a nivel económico" desde que está este grupo de Goberno "é a dinamización e potenciación do Comercio de proximidade e da hostalaría como elementos vertebradores e básicos da nosa economía local”. A concelleira de Comercio, Marga Pérez, salientou que este convenio servirá para a concesión de axudas ao sector da hostalaría "cuxos negocios quedaron afectados polos peches por culpa da pandemia". Entre todas as accións levadas a cabo ata o momento “estamos

a falar de 124.000 euros entre campañas, desinfeccións, formacións, axudas directas e indirectas, un esforzo económico que non pode ser doutro xeito neste difícil momento para conseguir entre todos e todas superalo, e co obxectivo de que ninguén se quede atrás, sinalou Marga Pérez. Día da Nai Por outra banda, xa está en marcha a campaña “ReVive os comercios de Barbadás- Día da Nai 2021”, no que Concellería de Comercio, a través do Centro Empresarial Transfronteirizo, pon en circulación un total de 800 bonos cun valor de 10 euros de desconto. Esta promoción desenvolverase ata o 30 de abril e funcionará a través da web comerciobarbadasrevive.es na que as persoas empadroadas no concello deberán descargar o seu bono (un por persoa) indicando o seu nome e apelidos, DNI, email e teléfono. O bono deberá aplicarse nunha compra -igual ou superior a 30 euros- en

calquera dos 20 establecementos participantes. Unha vez descargador haberá un límite de 48 horas para facer uso del. Para o seu troco teranse que presentar ao comerciante ben a través do correo descargado no móbil ou debidamente impresos. Os locais comerciais adheriros a esta campaña son: A nena das tesoiras, Bel moda e complementos, Calzados Zocos, Carussa baby, Don Gato, Esencia Zen centro estética, Ferretería La Económica, Floristería Zeltia, Herbolario Gaia contigo, Idunna centro estética, Kibú coffee shop, La Cigüeña, Libraría Carlin, Libraría Valenzá, Libraría Moraima, Más que un sueño, M&S zapatillas e lencería, Perruquería PV, Pillabáns, Reparaciones Juan.

A campaña do Día da Nai está en marcha ata o 30 de abril

O BNG de Barbadás pedirá no pleno, instar á Xunta a axilizar as obras da estrada OU-540 ao seu paso polo concello. Denuncian que na contorna do punto quilométrico 4,2 existen numerosas barreiras provisionais, sen que conste a concreta obra que xustifica tales elementos, e onde tampouco se aprecia a existencia de avances nos traballos. Para os nacionalistas, “o certo é que o estado que presenta o devandito treito condiciona non só a normal circulación polo mesmo, senón que tamén compromete á propia seguridade das persoas que transitan por esa vía”.

4 Día do Libro

A Concellería de Cultura organiza unha serie de actividades polo Día do Libro. Así, o día 23 ás 18 horas na biblioteca infantil terá lugar un obradoiro para a cativada de 5 a 7 anos (inscricións en. biblioteca@ barbadas.es); As temáticas serán: “Investiga con nós: A Cadeira”; “Improvisa con nós: “Caixa sorprea”; e “Recollida de froitos da árbore literaria”. Os cativos menores de 3 anos experimentarán coa creación de portadas de libros con pintura de dedos, contacontos onde interactúan entre eles, teatro adaptado ás crianzas e contacontos. Ademais, por cada libro que se merque darase un vale para conseguir gratis unha planta. Os establecementos floreiros asociados serían: Zeltia , Mimi, Cuatro Estaciones e Leira Verde; as librarías (que tamén ofrecerán descontos ese día) son: Moraima, A Valenzá, Carlín e Espa.

4 Circuíto ciclista

Cartel da campaña do Día da Nai.

Este xoves, 22 de abril, a rúa Paseo dos Amieiros (A Valenzá) acolle un circuíto ciclista infantil para nenos e nenas de ata 12 anos. A actividade desenrolarase entre as 16.30 e as 19.30 horas.


8

Barrios 22 de abril 2021

VERÍN E COMARCA

Continúa a promoción da DO Monterrei

Veiga de Tintores Redacción O Concello vén de rematar as obras de mellora de carreiro e creación de roteiro interpretativo na Veiga de Tintores. Esta actuación recuperou o antigo carreiro situado na Veiga de Tintores, que se inclúe dentro da Rede Natura. Integrouse medioambientalmente a antiga ponte que cruza o río Támega mediante a colocación de adoquíns e substituíuse o valado metálico por outro de madeira. Ademais mellorouse o carreiro que une devandita ponte coa pontiña sobre o rego do muíño existente e colocouse unha serie de carteis indicativos e divulgativos sobre os solos agrícolas e os aproveitamentos agrogandeiros nesta zona. Segundo destacou o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, a rehabilitación deste carreiro permitirá a interconexión da área de lecer de Tintores coa outra marxe do río, no que o visitante poderá percorrer zonas de transición dun ecosistema fluvial con explotación agrogandeiras.

Ponte Tintores.

4 A seguinte, en Lugo. Redacción

Praza do Concello de Verín. /CMZ.

Verín oferta 32 prazas de emprego público 4 Realizará un programa de modernización cun Plan de Dixitalización. Redacción «A situación é moi grave, porque nunca Verín acometeu tal cantidade de proxectos, pero nunca tivo tan poucos medios propios para informalos e desenvolvelos. Nunha época na que se prevé a chegada dos fondos Next Generation, ademais dos estruturais e todo tipo de subvencións, manter unha plantilla obsoleta é un suicidio para Verín», explicaron dende o grupo de goberno, para concienciar da necesidade que ten o Concello de ofertar 32 prazas de emprego público (15 prazas fixas, e 17 temporais). As 27 baixas definitivas ou ceses por xubilación desde o ano 2015 deixou á administración local cun alarmante déficit de técnicos e traballadores especializados que lle impiden abordar novos proxectos. Actual-

mente so conta con tres funcionarios de nivel A1, concentrados nas áreas de Urbanismo e Secretaría, e carece, por exemplo, de informático ou especialista en enxeñería para abordar os novos retos da administración local. O Concello prepara un ambicioso plan de modernización, que pasa pola dixitalización de todos os servizos municipais, a introdución das novas tecnoloxías en todas ás áreas da administración local e a informatización do conxunto das actividades de xestión.

tos das 13 concellerías que ten o goberno, como asuntos sociais, medio ambiente ou facenda. «Este déficit técnico, cifrado nun 89%, supón un lastre brutal que non nos podemos permitir. Logo de modernizar as infraestruturas urbanas básicas na primeira lexislatura, na presente imos a modernizar a principal ferramenta municipal para garantir unha administración local de primeira para os veciños de Verín» afondan desde o goberno.

Un 89% de déficit Segundo as disposicións legais orzamentarias, as áreas de gasto definidas na administración pública son 26. Tomando esta cifra orientativa como referencia, faltaría 23 técnicos superiores ou medios por área, das que ocupan e desenvolven os proxec-

“Este déficit técnico, cifrado nun 89%, supón un lastre brutal que non nos podemos permitir”, apuntan desde o goberno local

Lugo acollerá a terceira iniciativa promoción, no que vai de ano, dos viños da DO Monterrei. Será o vindeiro, 27 de abril, na capela Santa María, e participarán unha trintena de viños de 18 adegas adscritas. Haberá dúas quendas (de 11 a 14 horas, de 18 a 21) para respectar as medidas sanitarias. Anteriormente, a cidade da Coruña acolleu unha actividade destas características onde acudiron máis dun centenar de participantes. Entre os asistentes a este túnel do viño atopábanse sumi-

lleres como Carlos Santos (de Makro), Marcos Eire Fernández (Árbore da Veira *Michelín), José Luis Cao (Restaurante Divino), Natalia Cid (Grupo Montesquiero), Jacobo Semin (Pulpería Muíño Vello), entre outros. Accións A Asociación dos Consellos Reguladores Vitivinícolas Galegos e das Indicacións Xeográficas dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia reuníronse na sede da DO Monterrei para abordar as accións promocionais e formativas a levar a cabo ao longo deste ano.

Reunión da Asociación dos CCRR Vitivinícolas Galegos e das IIIXX dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia na sede da DO Monterrei.

Conferencias Redacción Máis de 200 alumnos dos centros educativos de Verín participaron na videoconferencia de Víctor Freixanes (Presidente da Real Academia Galega) e Montse Pena Presas (profesa da USC, crítica literaria, escritora e biógrafa

de Xela Arias) dedicada a autora galega Xela Arias (Letras Galegas 2021). Aspróximas videoconferencias temáticas que terá lugar en Verín son as do escritor Francisco Narla (30 de abril); o escritor e xornalista Domingo Villar (7 de maio); a escritora e avogada Ledicia Costas (21 de maio) e da escritora Eva Mejuto (3 de xuño).


Cristrina Cid no parque cuberto Casa Lomberte.

VERÍN E COMARCA

33 recursos variados para aprender a estudar mellor O Departamento de Orientación do IES García Barbón (http://orientacion.blogia.com) acaba de presentar no blog, na web do centro e no Facebook unha mostra de recursos variados para orientar e axudar aos estudantes no traballo de aprender me-

llor. Nos últimos meses do curso faise máis necesario aproveitar o tempo e planificar habitualmente as tarefas que se nos presentan. Por iso, nos parece moi oportuno facilitar estes 33 recursos que fan fincapé – entre outras cuestións- na importancia do coidado

Presentación do cartel oficial do FIC vía XIV de 2021.

O FIC xa conta co cartel deste ano 4 Inspirado na película A rosa púrpura do Cairo, de Woody Allen. Redacción A 6ª edición do Festival Internacional de Curtas, FIC Vía XIV, de Verín (que terá lugar entre o 4 e o 12 de setembro) xa conta con cartel ilustrador. Baséase nunha idea de Jorge Godás, director de Creatividade do certame, e desenvolvido pola deseñadora Aurora López, natural de Albarellos de

Monterrei, que xa asinara o cartel na III edición do certame. Nesta ocasión, a idea gráfica inspírase na famosa película de Woody Allen, A rosa púrpura do Cairo, e convida ao espectador a somerxerse no festival. Recreando unha das escenas máis coñecidas do filme, na gráfica vese como o actor protagonista introduce dentro da pan-

da saúde física e mental do mozos e mozas, como condición imprescindible para poder afrontar as súas responsabilidades académicas con éxito. Os recursos variados poden verse en: http://bit. ly/estudarm O Equipo de Dinzamización da Lingua Galega do IES García Barbón presentou no mes de marzo unha nova publicación adicada as mulleres da contorna de Verín. “Mulleres da contorna de Verín” recolle as aportacións talla de cinema a unha espectadora. “Tentar que os asistentes ao FIC se somerxan completamente na programación oficial e paralela que imos preparar para todos e todas é o noso obxectivo como organizadores e queríamos que a idea se plasmara no cartel ilustrativo do certame”, asegura Carlos Montero, director do Festival. No cartel pódese apreciar ilustres personaxes da sétima arte. Consolidado Pola súa banda, a concelleira de Cultura de Verín, Emilia Somoza, sinalou durante a presentación que “o certame de curtas verinés atópase plenamente consolidado na axenda cultural, de ocio e de lecer da vila”. Xunto a isto, a edil indicou que “a celebración do certame en 2020 amosou que se pode recuperar a cultura en época de pandemia, sempre dun xeito seguro” e esta mesma premisa rexerá na edición deste ano.

O FIC 2021 celebrarase do 4 ao 12 de setembro

do noso alumnado de diferentes niveis educativos e presenta a realidade das mulleres do rural da nosa comarca. Noraboa! Polo gran traballo realizado. A publicación pode lerse nesta ligazón: http:// bit.ly/verinmc A nosa coordinadora de Formación Profesional Dual acaba de organizar unha Xornada de Emprendemento (Eduemprende Actúa) na que participaron María Traveso (Promove) e José Antonio Quintas (Roombo).

A finalidade é acadar o fomento entre o noso alumnado do espírito emprendedor e achegar experiencias de emprendemento da nosa comarca aos estudantes. Aproveitamos, para dar as grazas a todos os colaboradores que acollen ao noso alumnado de Formación Profesional para a realización da Formación en Centros de Traballo (FCT). Moitas grazas e moito ánimo! Por útimo, lembrar que na ligazón que se inclúe a continuación da nosa web http://www.edu. xunta.gal/centros/iesgarciabarbon/node/794 facilitamos información sobre a enquisa sobre diagnóse de convivencia escolar 2021. A enquisa vai dirixida a toda a comunidade educativa e xa foron repartidas as claves para poder cumprimentala.

Barrios 22 de abril 2021

9

“Medela Cuarteto Latin Jazz” Redacción O Auditorio de Verín acolle a actuación musical de “Medela Cuarteto Latin Jazz”. O concerto, que terá lugar o sábado 24 de abril ás 12 horas, será de carácter gratuíto. As persoas interesadas en reservar entrada poderán facelo a partir do xoves 22 de abril no propio Auditorio Municipal (horario: 17 a 20 horas). Pablo Añón prestixioso saxofonista do panorama internacional, únese a un trío encabezado por Alfonso Medela pianista e compositor, fórmano Luís Vivas, un baterista versátil en todos os estilos de música moderna, xunto con Tabarés, un dos pioneiros do jazz en Galicia.


10

Barrios 22 de abril 2021

VERÍN E COMARCA

Plan Forestal

Nova Era

Redacción

Redacción

A Xunta porá en valor un total de 24.000 hectáreas a través do Plan estratéxico para o castiñeiro, que á súa vez se enmarca no “Plan Forestal de Galicia 2020-2040, cara á neutralidade carbónica”. Será mediante a conservación e posta en valor do castiñeiro, con actuacións en 8.000 hectáreas deica o ano 2040 para recuperar soutos tradicionais en produción mediante medidas de rehabilitación. Así mesmo, prevese crear novos soutos tanto para a produción principal de castaña como para xerar madeira, cada unha das liñas con 8.000 hectáreas de actuación. Así o sinalou o conselleiro do Medio Rural, José González, na súa visita ao Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós. Neste acto, José González vinculou todas estas actuacións a prol do castiñeiro cos instrumentos de mobilización e posta en valor que desenvolve a futura Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, actualmente en trámite no Parlamento.

José González, dereita, en Riós./M.REJO.

Un grupo de catro integrantes da Gaitas Nova Era amenizou aos maiores do Centro de Día Raiola de Verín no seu segundo aniversario desde que abrira as súas portas. Os músicos fixeron soar os seus instrumentos dende a rúa -para non comprometer as medidas

de segurirade- para que o son das gaitas e da percusión fixese cantar e bailar aos maiores que se atopaban no interior. A Banda de Gaitas Nova Era xa visitara durante o mes de xaneiro outros centros da comarca. Porén, as restricións derivadas da situación sanitaria levaron á agrupación a adiar estas visitas musicais pensadas para os máis maiores. Agora retoman a actividade.

Presentación da nova web para a promoción do comercio local.

Aever estrea web para a venda de produtos locais 4 Esta nova plataforma (www.olazaro.com) pretende chegar a esa clientela fiel que visita Verín en distintos momentos do ano. Redacción Www.olazaro.com é a web que Aever estrea e na que os comerciantes venden os seus produtos nun escaparate único e creado exclusivamente por e para profesionais da comarca. Trátase dunha plataforma de comercios, na que a clientela poderá mercar en diferentes comercios de Verín navegando por unha soa web. O nome é homenaxe ás tradicionais festas do Lázaro onde se organizaban mercados, e ós creadores da web pareceulles unha bonita maneira de manter ese espírito do Lázaro "de antes" coas facilidades "de agora". Aever en colaboración con idixital, decidiu recuperar este nome e todo o que representa para a vila, recoñecendo nesta nova plataforma electró-

nica unha gran oportunidade de crecemento domercado local. A plataforma de comercio electrónico na que xa se poden encontrar máis de 400 produtos ofertados por comerciantes de Verín, ofrece un servizo moi demandado pola clientela do comercio local, que é poder mercar dende calquera sitio e recibir os seus pedidos axiña, enviados a casa por unha empresa de transporte local, GLS. Máis alá da comarca Tal como se pode ler na web a plataforma non sustitúe ó comercio físico de toda a vida, pero sí que ten unha intención de crecemento, xa que permite manter á clientela fiel que ven en tempadas altas ou durante todo o ano, xa que por prezo e por compromiso coa súa terra, esta clientela elixe mercar

en Verín. Os establecementos de Verín siguen uníndose á plataforma de comercio local, e Miguel Pérez, de idixital, anima ás persoas que aínda non se uniron por falta de tempo ou de coñecementos a que o fagan, xa que a plataforma está deseñada para que o uso sexa sinxelo e accesible dende o punto de vista dos comercios, e o apoio na aprendizaxe da plataforma é un dos compromisos que dende o principio adquiriu para levar a cabo este proxecto. A web xa está a pleno funcionamento e pódese comprar e vender nela a través de olazaro.com.

Na plataforma xa se poden encontrar máis de 400 produtos

Integrantes da Nova Era nas xanelas do Raiola. /N.E.

Conquista Verín Redacción Presentouse en sociedade “Conquista Verín”, un divertido xogo de mesa para toda a familia -similar ao tradicional “ Monopoly”– no que se concentran as rúas máis representativas da vila de Verín, así como diferentes establecementos que colaboran coa iniciativa. As regras do xogo son moi similares as do «Monopoly» tradicional, pero este caracterízase por estar totalmente ambientado na comarca, con cartas que representan os

lugares máis coñecidos, así como situacións que farán rir en familia e amigos. O xogo –que ten un prezo de 26 euros– xa se pode reservar a través da App Roombo. Tamén se crearán varios puntos de distribución en varios dos establecementos colaboradores da vila. «Contaremos con 300 unidades que estarán ao dispor do público para partir do 25 de abril», apunta José Antonio Quintas, creador do xogo xunto a María Domínguez. O 10% das súas ganancias do xogo irá destinado a axudar ás familias máis desfavorecidas de Verín.

Presentación do xogo de mesa.


PROVINCIA

Asociación Pulpeiros do Carballiño Redacción A Deputación de Ourense apoiará iniciativas “para potenciar o polbo, unha “marca” da provincia de Ourense”. Nestes termos expresouse o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, ao presidente da Asociación de Pulpeiros do Carballiño, Roberto Pereira, e aos membros da directiva desta entidade Suso Pereira e María Lage, recentemente elixidos para asumir as responsabilidades de xestión da asociación. Entre os temas que abor-

daron figuran aspectos como a imaxe corporativa deste produto gastronómico que representa a Asociación de Pulpeiros do Carballiño, para incluíla en carpas vestimenta e material promocional, pois “o produto e o xeito de cociñalo e preparalo por parte dos polbeiros son un sinal de identidade do noso pobo; de aí que a Deputación de Ourense se amose favorable a coñecer o plan de acción da asociación e a cooperar no desenvolvemento das actividades que o integran”, salientou Baltar, quen os felicitou pola súa recente elección e desexoulles moitos éxitos na súa xestión.

4 Lobios

O delegado da Xunta, Gabriel Alén, reunido co alcalde de Amoeiro, José Luís López.

Melloras nos centros de saúde dos concellos de Amoeiro e Manzaneda Redacción

Inorde Redacción O Inorde destina 50.000 euros a cooperar cos concellos na promoción de produtos ourensáns. Así o recolle o Boletín da Provincia de Ourense que publica a resolución deste concurso a través do cal o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico concede axudas aos municipios para a realización de accións de promoción correspondentes ao exercicio 2021. No marco desta convocatoria, foron consideradas accións de promoción todas aquelas que teñan

como obxectivo a difusión e posta en valor de produtos propios da provincia de Ourense. Entre as actividades beneficiadas de ditas axudas cabe destacar a Festa do Pulpo 2021 do Carballiño declarada Festa de Interese Turístico Nacional ou a XLII Festa do Pemento da Arnoia, a XXXI Festa da Vendima de Leiro, a XXXIII Feira do Pemento de Oímbra, a 58º Feira do Viño de Ribadavia, a XXVI Festa da Castaña e do Cogumelo de Riós, e a Especial Festa da Androlla de Viana do Bolo, todas elas declaradas Festas Galegas de Interese Turístico.

11

EN BREVE

4 Ámbolos dous proxectos suman un orzamento de máis de 90.000 euros.

Baltar reunido con membros da asociación.

Barrios 22 de abril 2021

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, reuniuse primeiro co alcalde de Amoeiro, José Luís López, e posteriormente co alcalde de Manzaneda, Amable Fernández, para presentarlles unha proposta de convenio que permitiría levar a cabo unha mellora integral dos centros de saúde de ámbolos dous concellos. O orzamento previsto é de algo máis de 14.600 euros no centro de saúde de Amoeiro e de 75.448 euros no centro de saúde de Manzaneda. Nos dous casos, sería financiado a partes iguais pola Xunta e polos Gobernos locais ao tratarse de edificios de titularidade municipal. A Xunta de Galicia foi a encargada de realizar os informes da situación

actual dos edificios e elaborou as propostas de convenio que se lle presentou aos alcaldes. Desde o Goberno galego levaríanse a cabo as obras de forma coordinada para non interromper a prestación sanitaria durante o desenvolvemento das mesmas, garantindo en todo momento a calidade asistencial dos veciños asignados a estes centros. Actiuacións O delegado territorial da Xunta trasladoulle o informes realizados pola Consellería de Sanidade no que se reflicte a necesidade de levar a cabo as actuacións de rehabilitación da cuberta do centro de saúde de Amoeiro, e de reparación da cuberta, reforma do aseo para a súa adaptación a persoas con mobilidade reducida, substitución da caldeira e

cadro xeral de baixa tensión no centro de saúde de Manzaneda. Gabriel Alén puxo en valor estes investimentos para mellorar a calidade asistencial dos centros de saúde e para facilitar os seus usos por parte dos veciños e destacou o esforzo inversor por parte da Xunta para proporcionar aos veciños destes concellos unha atención primaria máis próxima, máis moderna e mellor adaptada ás súas necesidades.

O orzamento previsto é de algo máis de 14.600 euros no centro de saúde de Amoeiro e de 75.448 no de Manzaneda

A Xunta de Galicia fixo entrega de diverso material de prevención de incendios aos integrantes da Asociación medioambiental Xuresianos/Geresianos “Axuge”. En concreto, distribuíronse a este colectivo media ducia de motoserras, unha decena de batelumes e outros utensilios como serradoiros e tesoiras cortarramas, concibidos todos eles especificamente para a prevención dos lumes.

4 Xornadas de Folclore

A Deputación de Ourense decidiu suspender as Xornadas de Folclore 2021. A situación por mor da pandemia da Covid-19 fai tomar esta decisión. A incerteza coa que se vive actualmente no que atinxe a contaxios, loxística de viaxes nacionais e internacionais, e a falta de seguridade para a saúde que suporía a reunión masiva de espectadores en actos públicos, fai que a Deputación acorde por segundo ano consecutivo suspendelas.

4 Emega

Grazas ao Programa Emega, da Xunta de Galicia, foron subvencionados na provincia de Ourense 25 proxectos liderados por mulleres, que contaron con axudas por importe de 260.000 euros, e que permitiron a creación de 44 empregos femininos. Ademais, pola pandemia, flexibilizou as esixencias de mantemento da actividade e do emprego para as mulleres empresarias beneficiarias das convocatorias dos anos 18 e 19.


12

Barrios 22 de abril 2021

DEPORTES

Unha vitoria que alivia ao COB 4 Os ourensáns venceron a Girona (73-71). Redacción O Club Ourense Baloncesto soubo sufrir para vencer ao Girona (73-71). Esta vitoria alivia tensións dun equipo que, como dixo o seu adestrador, Gonzalo García de Vitoria, "xogas co futuro dun club" e "coa ilusión de moitísima xente". Coñecedores do que se xogaban, os xogadores ourensáns saltaron ao Pazo sen amilanarse ante un líder de grupo que nada podía facer ante o xogo cobista. As triplas de Mazaira colocaron a máxima renda (+14) no electrónico para os locais. Ao descanso chegouse cun 41-32 e todo por decidir. Na reaunidación, os cataláns, foron recurtando distancias ata chegar con vida aos minutos finais. De feito, lograron voltear a situación e colocarse dous arriba con menos de dous minutos por disputarse. Porén, os pupilos de García de Vitoria non se amilanaron, e Uriz e Tomàs foron quen

de revertir a situación con sendas canastras de tres e conseguir un triunfo que alivia a presión do club. Clasificación Esta vitoria supón a sétima do equipo e unha inxección de moral para afrontar el tramo final de tempada. Xa son sete as vitorias no casilleiro do Iberéolica Renovables Ourense que deixan ao equipo na sexta posición pero a unha vito-

ria dos líderes (Girona e Cáceres). O positivo desta situación é que contan con un ou dous partidos menos que os que o preceden na clasificación, o que da mostras da importancia de sacar adiante este encontro. Lleida E xa pensando na próxima xornada, o COB visita a un Lleida que suma as mesmas vitorios que os cobistas (sete) pero leva disputados dous partidos máis. Concurso O COB promove o concurso de debuxo da campaña “Galega 100%”. Orientado a nenos e nenas, está encamiñado a facer un ‘slogan’ ou deseño onde

Evan Yates, no partido fronte a Girona. /C.DOMARCO.

teñan cabida, conxuntamente, tanto o escudo do club, como o Logo de Leite Galega. Así mesmo, todos os nenos e nenas que participen, poderán engadir nos seus debuxos o que eles desexen. Primará, ademáis do uso dos dous logos, a promoción da alimentación e a vida saúdable relacionada co deporte e en especial co baloncesto. O premio para os tres gañadores serán camisolas do equipo firmada por todos oa xogadores e, cando a situación o permita, todos os participantes estarán convidados a asistir a un encontro do club no Pazo dos Deportes Paco Paz. Os deseños serán publicados nas redes sociais da entidade e deberán estar asinados coa idade e un teléfono de contacto de cada un dos participantes. O prazo para a presentación dos deseños será ata o videiro 25 de abril e deberán enviarse (preferiblemente en formato foto) ao correo info@clubourensebaloncesto.com.

Con sete vitorias, o COB está a unha dos líderes: Girona e Cáceres

Cuestión de tempo para o Arenteiro 4 Os do Carballiño teñen moi preto o ascenso. R.T. É cuestión de tempo que o Arenteiro logre o ascenso de categoría. Moi mal se terían que dar as cousas para que nos tres partidos que restan perdera os cinco puntos de vantaxe con respecto o Polvorín -ou os seis co Arousapara quedar apeado do obxectivo que é subir de categoría. Mesmo esta mesma xornada xa podería celebrar o ascenso; para elo debería sumar os tres puntos e que perda o filial do Lugo. Os de Fran Justo só pensan en gañar ao Somozas -no Espiñedo- sen mirar o que poida pasar noutros campos. Descenso Na loita pola permanencia andan os outros tres ourensáns. Mentres Ourense CF e Barco estás nos postos de salvación, a UD Ourense está inmerso en zona de

descenso. Tanto capitalinos como valdeorreses sumar 34 puntos e están cun colchón de 5 puntos sobre o descenso, e a un punto dos líderes: Arzúa e Viveiro. Pola contra, os unionistas, que veñen de perder no partido aprazado fronte a Agrupación Estudiantil (3-2) suman 26 puntos, a oito da salvación, polo que ten moi complicado salvarse. Aínda que matematicamente ten posibilidades de remontar e rematar entre os catro primeiros que son os que non descenderán (os outros oito do grupo baixarán a Preferente Galicia). Para esta fin de semana, os tres xogan na casa: a Unión Deportiva Ourense recibe ao Paiosaco (domingo ás 17.30 horas no Couto); o Ourense CF ao Viveiro (sábado 18 horas no Couto); e o Barco fai o propio coa Agrupación Estudiantil (domingo ás 17.30 horas en Calabagueiros).


DEPORTES

Inscricións abertas para a “Clásica A Ribeira Sacra”

O Cidade cede ante o Rayo Majadahonda

4 Organizada polo Inorde.

4 O Envialia logra a vitoria fronte o Melilla. O Sala Ourense perde co Albense.

Redacción

Redacción

O Inorde organiza, co apoio da Axencia de Turismo de Galicia, a primeira marcha cicloturista “Clásica A Ribeira Sacra”, que ten aberto o seu prazo de inscricións para que os afeccionados ao cicloturismo poidan gozar da beleza paisaxística que ofrece o corazón da Ribeira Sacra. O evento deportivo, que percorrerá os municipios de Nogueira de Ramuín, O Pereiro de Aguiar, Esgos, Xunqueira de Espadanedo, Parada de Sil, Montederramo e A Teixeira, ofrece aos participantes tres posibles percorridos para poder adaptala a todos os públicos: Gran Fondo de 115 quilómetros e +2700 metros de desnivel; medio fondo

Cartel da marcha cicloturista da Ribeira Sacra.

de 100 quilómetros e +2200 metros de desnivel; e o mini fondo de 65 quilómetros e +1400 metros de desnivel. Esta proba, de carácter non competitivo, terá lugar o día 12 de setembro, sendo a saída da mesma ás 9.30 horas, na localidade de Luíntra, no Concello de Nogueira de Ramuín. Os interesados en participar poderán inscribirse ata cubrir as 400 prazas ofertadas a través da páxina web: www. aribeirasacra.com. Medidas O tráfico estará controlado, pero aberto, polo que os participantes deberán respectar as normas vixentes de circulación. Ademais, durante toda a marcha cicloturista deberán circular polo carril dereito. “Clásica A Ribeira Sacra” conta cun tramo cronometrado con circulación libre que incluirá a última subida, con ramplas do 24%. Así mesmo, os tres primeiros de dito tramo recibirán un premio especial.

As inscricións, con 400 prazas, deben realizarse na páxina web aribeirasacra. com

O Cidade das Burgas xogábase moito no partido desta xornada contra o Majadahonda. Tralo empate da pasada xornada e a vitoria da anterior, as pupilas de Manolo Codeso chegaban a este encontro cunha grande dose de moral. Porén, o Majadahonda baixou da nube ás ourensás ao golealas (0-5) no Paco Paz. Esta derrota supón un duro traspés para os intereses das franxiverdes de cara á salvación. Con 10 puntos ocupan postos de descenso e vén como a permanencia alónxase trala vitoria desta fin de semana do Viaxes Amarelle diante do Xaloc. Seis xornadas para revertir unha situación complicada para poder xogar a vindeira tempada na elite do fútbol sala. A primeira oportunidade chega esta mesma fin de semana coa disputa da última xornada da primeira volta do grupo pola permanencia. O Cidade visita a un Sala Zaragoza que é terceiro con 29 puntos. Ourense Envialia O Ourense Envialia sumou os tres puntos na súa visita a Melilla (3-4) con remontada incluída. As de Morenín foron quen de darlle a volta a un resultado adverso

Clara Fernández, co balón, diante dunha rival do Rayo Majadahonda. /I.OSORIO. de 3-1 co que marcharon ao descanso. As ourensás non baixaron os brazos e froito da intensidade á volta á cancha lograron remontar e sumar tres puntos que, aínda que parecen intrascendentes, serven para subir á moral a unha plantilla que as lesións lastraron durante toda a tempada. A pesar da vitoria, as albinegras continúa como últimas do grupo que loita polo campionato. Esta fin de semana inician a segunda volta visitando ao Pescados Ruben Burela, quen vén de perder

o seu primeiro encontro da tempada diante do Futsi Navalcarnero. Sala Ourense O Sala Ourense non foi quen de sacar algo positivo da súa visita ao Piensos Duran Albense FS, caendo derrotado por 8 a 6. Os dous equipos adiantáronse en varias ocasións no marcador, sendo os salmantinos os que finalmente "golpearon" máis veces lograron os tres puntos en disputa. Unha derrota que deixar aos de Óscar Vivián na metade da táboa, sextos.

Barrios 22 de abril 2021

13

Voleibol Redacción Presentouse de maneira oficial a fase de ascenso da Superliga 2 de voleibol, que se celebrará na cancha O Pompeo do IES Instituto Otero Pedrayo. A loita polo ascenso dirimirase desde este venres 23 e ata o domingo 25, e estarán en liza seis equipos entre os que se atopa o Aceites Abril -anfitrión do evento-. Grupo A O conxunto ourensán (encadrado no grupo A) debutará o venres 23 ás 19 horas fronte o CV Pacense. Ao día seguinte (sábado 24) medirase ao Sabadell a partir das 11h. As semifinais darán comezo ese mesmo sábado a partir das 18.30 horas. A final está prevista para as 12.30 horas do domingo 25 de abril. No grupo B enfrontaranse os equipos: CV Oviedo, CV San Cugat e os CV Albolote (Selecta). Neste caso o Oviedo é o único que quedou primeiro durante a liga regular no seu grupo (por diante do CV Voleibol) e parte cunha certa vantaxe que terá que facer valer dentro da pista. Os dous primeiros clasificados de cada grupo disputarán as semifinais e as dúas prazas de ascenso.

Presentación da fase de ascenso de voleibol.


14

Barrios 22 de abril 2021

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

Aberta a inscrición na sección oficial do OUFF 4 Os mellores optarán a nove galardóns. Redacción O Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF) abre o prazo de inscrición para a súa 26ª edición. O certame, que se celebrará entre o 24 de setembro e o 2 de outubro, publicou o regulamento. O prazo permanecerá aberto ata o vindeiro 15 de xullo. Poderán inscribirse longametraxes de ficción, animación ou documentais, producidas nos anos 2019 (de xeito excepcional, debido a covid-19), 2020 e 2021, que non se exhibiran comercialmente en España e que teñan unha duración superior aos 60 minutos. Para anotarse na 26 edición do OUFF poderán usarse a propia páxina do festival ou as webs clickforfestivals.com e festhome.com. Premios A competición oficial de longametraxes concederá

Exposición en Barbadás Redacción A Sala de exposicións da Casa da Cultura, Manuel María de Barbadás (rúa San Bernabé, 37, A Valenzá), acolle a exposición fotográfica “Casas sen xente”. Esta mostra reflexa a visión artística de membros da Agrupación fotográfica “Fotosíntese”. Esta exposición colectiva conta con 31 fotografías doutros tantos fotógrafos e fotógrafas que

Edición do 2020 do OUFF. un total de nove galardóns. Cinco serán outorgados polo xurado da Sección Oficial, incluindo o premio máis destacado do festival: a Calpurnia á Mellor Película, dotada con 12.000 euros. Ademais concederanse o Carlos Velo á Mellor Dirección, o Especial do Xurado, ao Mellor Guión, á Mellor Interpretación e o do Público. Tamén volverán a con-

cederse o Premio Xacobeo, á mellor produción ou coprodución galega do festival; o Premio Eduardo Barreiros, á mellor ópera prima do cinema español estreada entre setembro de 2019 e setembro de 2020, e o Premio CIMA, concedido pola Asociación de Mujeres Cineastas y de Medios Audiovisuales (CIMA) á mellor directora da sección oficial.

amosan a súa visión da “Galicia vaciada”; non so tratan o despoboamente, senón que reflexan a memoria dun pasada “que xa

non vai voltar”. Poderase visitar ata o 30 de abril en horario de 10 a 14:30h e de 16 a 20h de luns a venres.

Visitantes da exposición “Casas sen xente”.

4DECRECENDO

Decrecentismo no Senado? O físico, matemático e un dos mellores divulgadores da crise enerxética e sistémica, Antonio Turiel, compareceu o pasado 12 de abril perante a Comisión de Transición Ecolóxica do Senado. En pouco menos dunha hora, con présas e abafado pola máscara FFP2, tratou de explicar o caos enerxético e climático ao que imos desbocados a un grupo de senadores con diversas sensibilidades respecto diso. Como algún deles confirmoulle, Antonio Turiel presentou un punto de vista totalmente novo aos achegados por relatores anteriores. A modo de exemplo dicir que ese mesmo día tamén participaron nesa Comisión representantes de Iberia, da Asociación de Empresas con Gran Consumo de Enerxía, de Enagás, e da Asociación Española de Fabricantes de Automóbiles e Camións. O discurso de Antonio Turiel é importante porque introduciu na máxima autoridade lexislativa da nación ideas e conceptos que os que nos consideramos decrecentistas manexamos a miúdo e non por iso deixan de ser esenciais e claves para entender o futuro que xa está aquí. E isto non responde unha cuestión de fanatismo, senón porque "non podemos loitar contra a física, a termodinámica e a xeoloxía". Grazas a el, as súas señorías souberon que moitos sistemas de captación de enerxías renovables necesitan de combustibles fósiles para poder

Dr. Antonio Turiel. crealos e instalalos: placas solares, parques eólicos, etc. Tamén achegou que xa se quixo apostar polo hidróxeno no pasado, en dúas ocasións (fai 10 e 20 anos) e non foron capaces de resolver os problemas que xera a súa creación, conservación e os residuos que xera. Antonio destacou dúas perlas: "Si que chegaremos á neutralidade das emisións de carbono no 2050, pero porque non haberá combustible para queimar" e "Viviremos unha situación de descenso enerxético e por tanto de descenso material, iso non o poderemos elixir, imos ter un decrecemento da nosa sociedade, pero hai que buscar actuacións para evitar peores escenarios". O Dr. Turiel afirmou que "mesmo se contásemos cun final rápido para a Covid, a crise enerxética emerxente vai provocar unha desfeita económica" e avanzou algunhas das medidas urxentes que poderían paliar esa situación, como son: a racionalización do transporte, a relocalización da actividade, diminución de redes loxísticas e establecemento de plans de con-

tixencia perante as disrupcións de subministro que sufriremos. Houbo un minuto para apiadarse da dificil situación dos políticos que lle consultaban xa que sabía que os cambios que se propoñían afectaban no mesmo núcleo deste "modelo de sociedade extractivista e baseada no crecemento infinito e ilusorio" e que a cidadanía os poñerá como obxectivo do seu enfado en canto cheguen as restriccións e privacións pola escaseza enerxética e a crise climática. Finalizar dándolle os parabéns desde esta humilde columna ao Dr. Turiel por introducir estas ideas nunha Comisión que esperemos sexa o suficiente permeable para considerar cambiar o curso das cousas. Decreceremos si ou si, depende de nós que sexa dunha forma colaborativa, solidaria, pactada; ou un caos onde reine a barbarie e o sálvese quen poida. Pode verse a intervención integra na seguinte ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=Hd3_ y6dNGyc Óscar Blanco


ARTIGOS / CLASIFICADOS

Barrios 22 de abril 2021

15

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Arcediagos,11, 1º - 32005 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara Nº143 - Ano: XIV - 22 de abril de 2021 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

[Deixe o seu anuncio no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

“Lorenzo” a taberna da cruz Non podo esquecelos. Eran garitos, onde antano cheiraba a viño, o aroma único da taberna. Alí, esquecíanse os mandatos imperativos dos sabios doutores, pregoando que o exceso de branco ou tinto non era bo para a saúde. Pola contra, como antídoto, aconsellaban alterne moderado deixando caer, que pulular de tasca en tasca, era a mellor actividade para o benestar, cando se facía sobre todo con ledicia, e xenerosidade… Verín foi antano, un pobo de alterne, onde as xentes saían en pandas a facer as rondas dos viños. Reinaba ante todo o espírito de grupo, de unión e de xolda. Cando neno, no barrio, os rapaces fartos de xogar ceibes, tiñamos os bares cómplices, onde xamais faltou un chisco de auga para refrescar a gorxa. A taberna do ”Lorenzo”, era o meu preferido, porque precisamente non era sitio de beber auga. Foi amigo íntimo do meu pai, actores principais de fermosas peripecias nocturnas na xuventude. Alí xuntáronse diversos personaxes celebres da vila. Xurdiron neste recuncho momentos enxebres de daquel Verín das “serenatas directas ao corazón”. O mítico grupo bilbaíno dos sesenta “Los bocheros”, despois de actuar no cine Buenos Aires, quixeron desfrutar da máxia deste bar, quedando atrapados polo seu embruxo. Xuntáronse co grupo local “Los nocturnos” e cantaron ata o amencer. Aquela noite, “o Titá” con cruces diabólicos de cartas, en segundos trocou a realidade, deixando desplumado a un daqueles vascos invitados ao paraíso. O Benito “Vento”, perfumaba o ambiente coa súa pipa, sempre en erupción. O enterrador “Pirri”, entraba pola retagarda saltando

da bicicleta, pousando os pés o ritmo pendular da súa prexudicada cadeira. Foi na “Granxa”, onde un central contundente lesionouno. Tamén eran frecuentes o “ Cardoso” o “Sancristán” o Luís da Brigadilla, o “Ciélaga” o factor da Renfe “Marciano Izquierdo”, os irmáns “Pallín” Digno e Luís, o “pándigo”, o “Saro” e o Sergito “Chita”, activos animadores das noites de serenata, que con guitarra e refinado gusto, interpretaban cancións inesquecibles. Xente de bo vivir e de bo beber”. O solpor, entre lusco e fusco, cando o viño esperta os trasnos da noite, xurdía entón espontánea, e clara voz de Lorenzo, que arrastraba a clientela, fundindo en doce melodía os acordes da súa canción preferida, “Estou celoso non podo negalo”. Eran ecos das notas dun amor desesperado, que con profundo sentimento esfumábanse, sempre coa mesma dirección, “para ela…”. Un feixe de mensaxes, firmas e debuxos escritos na parede, compuñan un mosaico extraordinario que decoraba o local. Cada quen, deixaba alí a súa inspiración do momento. Chamaba a atención, unha frase que rezaba, “Nunca mais se soubo del”. Sei a boa fe, que moitos sabían o paradoiro daquel home

Lorenzo.

misterioso, mais mantiveron o segredo eternamente. Un debuxo coa silueta dunha muller espida, feita polo “Toné Prieto”, era coma un poema gráfico, representando a sutil fermosura das musas imaxinarias que levitaban no ambiente. Paseando polo fermoso barrio vello de Verín, o chegar a esquina da Cruz ca rúa do pozo, as lembranzas, fixeron xurdir estas letras, adicadas este recuncho entrañable, que sen dubida formou parte da miña infancia. Coñecín a Lorenzo, e tiven o pracer de escoitar cante na taberna dende neno. Coido que dalgunha maneira quedáronme gravadas aqueles intres, que tanto se botan de menos. Tomar un viño cos amigos e arrancar unha cantiga espontánea, son maneiras de vivir que herdamos dos nosos vellos, e que con orgullo, sempre levarei por bandeira. Cada día que paso por diante da taberna, lémbroos con nostalxia, porque tiven a ocasión de vivir con eles, un anaco das súas andanzas, certificando ante todo, que Lorenzo, o taberneiro, ademais dunha boa persoa, foi un gran amigo. Miguel A. Prieto “Chitin”

INMOBILIARIA Véndese piso en Beluso, Bueu (Pontevedra). 100 m2, 3 habitacións, salón, cociña, baño, despensa e 3 trasteiros amplios. Soleado todo o día, situado preto de servizos básicos e a menos de 2 km das mellores praias da zona. Prezo: 85.000 euros. Tfno.: 679 588 349 (envío fotos, escoito ofertas). Alugo local económico no centro. Ideal para oficina, almacén ou trasteiro. 17m2. Dispón de baños comunitarios. 120 euros/mes máis 7 euros de comunidad. C.E.: C. Teléfono 627 203 131 Véndese casa céntrica en Xinzo de Limia. Baixo máis unha planta (144m2,) tres prazas de garaxe e patio, cinco habitacións, dous baños, cociña amoblada e terraza. 133.000 euros. Tel. 699 648 514 / 988 21 40 70 Alugo baixo na zona do Couto totalmente acondicionado. Con luz, auga, 70 m2. Prezo 300 euros. Tel: 653 208 506 Alúgase perruquería. Tel. 672 08 93 49 Alúganse apartamentos en Montalvo (de Semana Santa a outubro) con unha ou dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916 Alugo sala para actividades culturais, con posibilidade de cociña, baño e outros sertvizos. Tel.: 988 247 113. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Busco casa en alquiler na periferia de Ourense. Opción a compra ou dunha permuta dun piso situado na Valenzá. Tlf.: 600 826 029.

Vendo casa na estrada de Santiago, con finca. Para restaurar. Tel.:672 089 349. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62.

TRABALLO

Ofrécese señora para traballar con xente maior ou nenos. De toda confianza, con informes. Disponibilidade de coche e fins de semana Tel.: 606 422 543. Ofrécese señora para limpeza por horas Tel.: 674 500 513. Señora, auxiliar de enfermería responsable e con experiencia, ofrécese para coidar persoas maiores, enfermos, nenos e tarefas do fogar. Tel.: 620 052 173 Ofrécese señora responsable -española- para coidade de nenos ou persoas maiores. Con informes. Tel.: 606 422 543 Ofrécese auxiliar de enfermaría, con titulación, para o coidado de maiores. Como interna ou por horas. En Ourense ou arredores. Telf.: 663 043 561 Danse clases de francés a domicilio. Todos os niveis. Titulación en España e Francia. Tlf.: 625 745 611 Imparto clases particulares de Matemáticas a domicilio en Ourense capital. Todos os niveis. Tamen materias curriculares de ESO e Bacharelato. As clases son individuais e personalizadas. Ampla experiencia. Excelentes resultados. Económico. Interesados enviar WhatsApp ao 610 38 25 89. Coido ou acompaño a maiores enfermos polas noites. Económico. Tel.: 616 361 548.

Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358. Fanse desbroces en tractor e a man. Tlf.: 63 521 448 Ófrecese señora seria e responsable para tarefas do fogar e coidado de nenos e maiores. Con informes. Preferencia zona Ponte. Tlf: 685 374 191. Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405. Ofrécese señora por horas para tarefas do fogar, coidado de nenos. Atende persoas maiores; tamén de noite en hospital ou domicilio. Telf.: 620 052 173.

VENDAS Vendo rizador de pelo con accesorios para alisar e rizar. Tel.: 666 303 635 Véndense dous lavacabezas de perruquería. Tel.: 672 089 349 Vendo cama hospitalaria articulada en bo estado, con colchón anti-escaras. Tlf.: 606 133 522 Vendo prensa de viño mediana/grande, ideal para decoración en xardíns. Tlf.: 606 133 522 Véndese mampara nova. Tel: 672 089 349. Véndense traxes de cabaleiro moi antigos en bo estado, ideal para Entroido. Prezo 10€. Tel: 610 979 897. Compro moble de cociña completo. Tel: 988 247 824. Vendo escritorio. Como novo, bo prezo. Tel: 672 089 349. Vendo estufa de frío e calor. Tel: 672 089 349. Vendo hormigonera de 280 litros e maquinillo / grúa (a gasolina). Tel.: 988 23 47 91


Barrios 22 de abril 2021


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.