Barrios 142

Page 1

O Concello de Xinzo cede un local a Cruz Vermella [Páx. 7]

CIDADE

Páx.4

A Biblioteca Pública Nós ofrecerá obradoiros, contos e exposicións en abril

XINZO

Páx.6

O Concello de Xinzo e Cogami poñen en marcha o plan de accesibilidade

CELANOVA

Páx.8

A Xunta acondicionará a OU-540 entre Celanova e Portugal investindo 11,5 millóns

ALLARIZ

Páx.9

DEPORTES

Allariz edita un divertido mapa de pistas para os cativos que a visiten

Vacinación en Expourense

Páx.12

O Arenteiro segue con paso firme cara o ascenso sumando outra vitoria

Jácome repasa a actualidade municipal [Páx. 2]

A Xunta realizará melloras na Catedral [Páx. 2]

[Páx. 3] 20.000 ourensáns están sendo citados para vacinarse contra a Covid-19. // O alcalde comenta a última hora do Concello. // A Xunta adicará 800.000 euros para melloras na Catedral.

Número: 142 - Ano: XIV - 8 de abril de 2021 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


2

Barrios 8 de abril 2021

TEMA DA SEMANA

O alcalde fai repaso da actualidade municipal

4 Descarta a celebración das Festas de Ourense e anuncia a intención de entregar un cheque de 50 euros para gastar no comercio ou hostalaría locais. R.T.

O conselleiro de Cultura, na Catedral de Ourense, xunto ao obispo e o delegado da Xunta. /RAMSÉS.

Conservación e melloras na Catedral ourensá 4 Realizaranse obras na fachada oeste e púlpitos da Capela Maior, entre outros. Redacción A Xunta de Galicia invistirá máis de 800.000 euros en dous proxectos de restauración na Catedral de Ourense. por unha banda, o Goberno galego adxudicará nas vindeiras semanas a restauración das Torres de San Martiño e as Campás e a fachada occidental (unha vez adxudicadas as obras terán unha duración máxima de seis meses), na que inviste case 400.000 euros; pola outra, o DOG vén de publicar a licitación das obras nas reixas e púlpitos da Capela Maior financiadas entre a Xunta, o Estado e a Igrexa con 429.000 euros. Con estas actuacións, a administración autonómico leva invertidos máis de dous millóns de euros na última década. O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, anunciouno nunha visita que realizou ao templo ourensán ao que catalogou coma unha das principais

“xoias do patrimonio cultural galego”. Rodríguez estivo acompañado polo alcalde de Ourense, Pérez Jácome; o delegado da Xunta, Gabriel Alén; e o obispo de Ourense, José Leonardo Lemos, entre outras autoridades. Fachada occidental Ao respecto da fachada oeste, ademais da reposición de faltas e os traballos de limpeza, preconsolidación, consolidación e selado, desmontarase e retirarase unha trazaría de pedra do século XVI, trasladándose para a súa exposición nun lugar axeitado, e procederase á desmontaxe dunha vidreira colocada no século XX no rosetón do corpo superior. Plan Catedrais Os traballos enmárcanse no novo Plan Catedrais, que blindará o mantemento e conservación dos cinco principais templos ata o Xacobeo 2027.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, comparecía esta semana, ante os medios de comunicación, para dar contas de temas de actualidade sobre a cidade. De todo e moi variado foron os temas tratados polo rexedor, que non deixaron indiferente a ninguén. Explicou cada un deles e as decisións tomadas. Por exemplo, sobre a subvención de 1,7 millóns de euros para turismo intelixente (do programa Red.es, que concede o Goberno Central) anunciou que renunciaron á mesma (a pesar da moratoria do Estado). Jácome aseguraba que se trataba dunha "subvención trampa" e o explicábao dicindo que o Concello tiña que poñer 1,2 millóns de euros; coa renuncia, eses cartos irán "a cousas mái útiles", como pode ir a "axudas sociais", afirmaba. Ademais, cuestionaba que "soamente" 700.000 euros serían gastados na consultoría. Tamén serviría esta axuda a unha xestión intelixente do aparcadoiro das Termas ou a melloras na iluminación do paseo das Ninfas, sobre o que o alcalde comentaba que "non hai estacionamento" nin "puntos de luz nalguna zona". Festas Outro dos anuncios foi que este ano Ourense queda sen as festas do Corpus. "Non se pode organizar un evento así sen meses de antelación e a situación non o permite", analizaba o primeiro edil da cidade, quen si dixo que "se non hai cuarta onda haberá eventos no verán”. Sobre os maios adiantou que non se celebrarían como tal, pero

O alcalde de Ourense, Gonzalo P. Jácome, na comparecencia desta semana no Concello. /I.OSORIO. que se alguén quería poñelo seu na rúa "non habería problema", previo "contacto co Concello". Polo tanto, avanzou que as primeiras festas importantes que se poderían celebrar son as do San Martiño. Tamén anunciou que este venres levarase a pleno unha moción coa que se busca implantar un cheque cultural universal para os cidadáns de Ourense. Para elo, precisaríase unha modificación de crédito de en torno a 1,5 e 2 millóns de euros. Sobre se sairía adiante ou non, Jácome dixo que o debatirán no pleno e se os outros grupos non dan o apoio suficiente "non presentaremos a modificación de crédito". Coa polémica que conlevou a decisión de privatizar o Auditorio deixou unha reflexión: "por que un concerto de saxo o ten que financiar todo o pobo e o partido do Real Madrid o tes que pagar ti?", e proseguía "queremos levar os espectáculos a todos os cidadáns, non a unha parte moi concreta que sempre son os mesmos". Jácome cifrou nuns 2 millóns de

euros o gasto anual do Auditorio, estando en 2.000 o "custe de partida" de cada actuación. Tampouco deixou de falar das salas de exposición asegurando que a Sala Valente conta con máis visitantes que o Museo Municipal e asegurou que a exposición do Entroido contabiliza "máis visitantes" (leva 5.000 nas primeiras semanas) que " varios meses no Municipal". Dous son os motivos, "porque é unha exposición que interesa e está moi ben situada". Outros asuntos O alcalde da capital ourensá tamén respondeu a outros asuntos derivados das preguntas dos medios

de comunicación. Así, o rexedor confirmou que en verán volverán a agasallar -como o ano pasado- aos escolares ourensáns cun libro que deberá elexir nunha das librarías da cidade. E tamén mostrou a intención de entregar un cheque de 50 euros a cada ourensán para utilizar compra no comercio ou hostalaría locais. Sobre as escaleiras mecánicas comunicou que xa se entregaron tres proxectos e que pronto chegarán o resto, polo que en outubro ou novembro poderíanse adxudicar as obras. En canto ao Centro de Interpretación de Parques Naturais dixo que a súa idea erá a de "demolelo e facer unha chaira para aparcadoiro". Ademais, foi preguntado polos contedores soterrados, sobre os que confirmou que se cambiarán polo que haberá que licitalos e que iso será cando se poidan facer "por lei modificacións de crédito", contanto que isto sexa "a finais de xuño ou xullo".

En canto ao Centro de Interpretación de Parques Naturais dixo que a súa idea erá a de “demolelo e facer unha chaira para aparcadoiro”

4 Orzamentos municipais Gonzalo Jácome xa descartou aprobar os orzamentos este ano. "Tentaremos pactar uns en setembro ou outubro", vaticinando que é máis que probable que "a oposición non queira pactar".

Con este panorama "obligaranme a someterme a unha moción de confianza", asegura. Chegado o momento, o alcalde non tería problema en facelo así, "é unha chorrada", remataba.


TEMA DA SEMANA

Barrios 8 de abril 2021

3

Prórroga dos controis con Portugal 4 Ampliáronse ata o 16 de abril. Redacción

O presidente da Xunta apela á prudencia para evitar unha cuarta vaga de contaxios en Galicia.

A Xunta permite reunións de non convivintes en domicilios 4 A medida comezará este sábado 10 de abril. Redacción Pasada a Semana Santa toca agardar uns días para ver a incidencia real que tiveron os días festivos en canto a un posible aumento dos contaxios de Covid-19. Por esa razón, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, anunciou que agardará ata a semana que vén para realizar posibles cambios nas medidas restritivas que imperan na comunidade. A pesar de que a incidencia a 14 días está baixando, e a 7 días hai unha clara estabilidade, o presidente autonómico quere mandar unha mensaxe de "optimismo mo-

derado". O que si permitirá a Xunta, a partir deste sábado, son a reunións de non convivintes de non máis de catro en interior e de seis en exterior. Tamén se poderá, a partir do sábado, compartir vehículos entre persoas non convivintes. Cambios Porén outros cambios deberán agardar. De ter unha tendencia positiva (de contaxios e presión hospitalaria) os posibles cambios que se poderían dar nas restricións sería o levantamento do peche perimetral da comunidade; o toque de queda atrasalo ás 23 horas; ou mesmo ampliar o horario

da hostalería (agora con peche ás 21 horas). De todos os xeitos, Feijoo apela á prudencia para ver se "somos capaces de que Galicia se libre dunha cuarta vaga". Vacinación masiva Ao longo desta semana, algo máis de 19.000 ourensás (12.600 persoas de 75 a 79 anos, e 6.750 de 60 a 65 anos) serán vacinados en toda a provincia (en Expourense e nos hospitais de Verín e Valdeorras). Nesta ocasión, a Consellería de Sanidade non chamará por orde alfabética (comezando pola letra H como anteriormente), senón que irán citando aos máis maiores primeiro. A franxa entre 60 a 65 vacinaranse con AstraZeneca e a de 75 a 79 con Pfizer. Datos En canto aos datos da provincia son 139 as persoas con infección activa (oito casos confirmados por PCR nas últimas 24 horas). A capital acumu-

A cidade de Ourense suma máis dun tercio dos contaxios da provincia./RAMSÉS.

Expourense e os hospitais de Verín e O Barco acollen vacinacións masivas

139 persoas (8 máis que na xornada previa) presentan infección activa, 49 delas na capital la máis dun tercio dos positivos con 49, o que supón 4 máis que na xornada anterior. O número de hospitalizados en planta é de 19 (17 en no CHUOU e 2 no hospital de Verín); na UCI hai dúas persoas. A cifra de pasamentos elévase aos 414. Desde que comezou a pandemia contaxiáronse 14.913 persoas sendo 14.361 o número de curados. Concellos Ningún concello ourensán estará a partir deste venres en nivel extremo. A melloría en Beade fai que abandone este nivel e pase a medio. O Irixo e Monterrei estarán en nivel alto de restricións. Tamén estarán en nivel medio Cortegada, Padrenda e O Carballiño, abandonandoo Celanova, Ribadavia e Xinzo de Limia que pasan ao nivel medio-baixo.

Debido á situación epidemiolóxica en España e Portugal mantéñense as medidas preventivas restritivas da mobilidade entre os dous paises máis aló da Semana Santa (remataban o 6 de abril). Por iso, e tralas debidas consultas coas autoridades portuguesas, decidiuse manter os controis na fronteira interior terrestre en ambos territorios. Deste xeito, prorróganse devanditos controis ata as 00.59 horas do 16 de abril. En Ourense, son 217 quilómetros de Raia co país luso e tres os pasos fronteirizos: Verín Vila Verde da Raia (as 24 horas aberto); e Baltar Montalegre e A Madalena - Ponte da Barca (abertos en días laborables de 7 a 21 horas). Entre as excepcións a esta medida, poderán cruzar a fronteira dende Portugal cidadáns españois e o seu cónxuxe ou parella coa que manteñan unha unión análoga á conxugal inscrita nun rexistro público, e aqueles ascendientes e descendentes que vivan ao seu cargo, sempre que viaxen con ou para reunirse con este; residentes en España, que deberán acreditar a súa residencia habitual, así como os estudantes que cursen os seus estudos en España; residentes noutros Estados membros

ou Estados asociados Schengen que se dirixan ao seu lugar de residencia habitual, debidamente acreditado; quen vaia transitar ou permanecer no territorio español por calquera motivo exclusivamente laboral, sempre que se acredite documentalmente (inclúe a traballadores transfronteirizos, traballadores sanitarios e do transporte); e aqueles que acrediten documentalmente causas de forza maior ou situación de necesidade, ou por motivos humanitarios. Subdelegado do Goberno O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, acudiu aos catro postos de control fronteirizos operativos entre Ourense e Portugal (Verín-Vila Verde da Raia, Manzalvos-Moimenta, Baltar- Montealegre e A Madalena-Ponte da Barca). Así, González Afonso informou que nos dispositivos de vixilancia levados a cabo entre o 31 de xaneiro e o 23 de marzo nos catro pasos fronteirizos que permanecen abertos na provincia de Ourense controláronse un total de 76.331 persoas e 53.534 vehículos. Denegóuselle a entrada a 1.307 viaxeiros por non poder acreditar o motivo do desprazamento, o que supón un 1,7% do total.

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, no paso fronteirizo de Verín.


4

Barrios 8 de abril 2021

EN BREVE 4 Videovixilancia O Concello iniciou as probas para o sistema de control de acceso ás zonas restrinxidas. O sistema identifica matrículas e realiza a lectura das placas dos vehículos. Grazas á intelixencia artificial é capaz cruzar datos doutras características do vehículo, coma o modelo, cor, etc.

4 Grao Intelixencia Artificial O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, remitiulle unha carta ao conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez para reivindicar a implantación no campus de Ourense do Grao de Intelixencia Artificial como nova titulación universitaria de Galicia para o curso 2022-2023.

4 Complexo San Francisco O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quere que se explote o complexo de San Francisco. Para elo, estudará unha licitación conxunta, ou por lotes, do propio Auditorio, do aparcadoiro e dun bar-cafetería que ubicará na antiga sede do festival de cine.

4 Aluguer A Xunta concede axudas para aluger de vivendas. O programa conta con dúas liñas: unha destinada á poboación en xeral, en cuxo caso o importe máximo da axuda poderá ser de 200 euros ao mes ou de 250 euros, se o solicitante ten máis de 65 anos; e outra dirixida ao colectivo de menores de 35 anos, que poderán optar grazas a ela a unha subvención de ata 250 euros. A duración da axuda será dun ano.

OURENSE

Obradoiros, contos e exposicións, na biblioteca 4 Son parte das actividades programadas para abril e dirixidas a todos os públicos. Redacción O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou a Biblioteca Pública de Ourense Nós, xestionada pola Xunta, para ultimar coa súa directora, Rosa María Díaz, as actividades que se desenvolverán no mes de abril dirixidas a usuarios de todas as idades, con contacontos, obradoiros e exposicións. Gabriel Alén sinalou que haberá tamén unha programación específica conmemorativa do Día do libro infantil e xuvenil e do Día do libro; e que a axenda completa do mes pódese consultarse na web da biblioteca. Así, a cativada de 4 a 7 anos poderá participar na actividade de animación á lectura Contiños con Susana, que se vén desenvolvendo todos os martes ás 18 h. Nese mesmo horario ten lugar o programa de obradoiros Xoves creadores, dirixidos á rapazada de 6 a 12 anos e con sesións de temáticas diversas. En abril, a primeira sesión será o día 8, e os participantes aprenderán

a elaborar xoguetes con elementos da natureza, como se facía antigamente no rural. O día 15 terá lugar o obradoiro Fiando palabras, no que se creará unha peza de tecido cos teares do museo, e o 22, haberá un contacontos centrado en historias tradicionais, principalmente de Ourense ou con mulleres como protagonistas. Finalmente, o día 29, desenvolverase Mosaicos romanos, unha achega ao mundo romano que culminará coa elaboración conxunta dun mosaico. A isto súmaselle o obradoiro de cómic que se desenvolve todos os sábados alternos para a rapazada a partir de 12 anos e os diversos clubs da biblioteca para maiores de 16 anos sobre arte, lectura, lectura en galego e un coloquio en inglés. A programación para o público adulto inclúe tamén un obradoiro de fotografía todos os sábados, de 12,00 a 13,30 h. Actos conmemorativos Co gallo da celebración do Día do libro infantil e xuvenil, o andar baixo da biblioteca acollerá ata finais de abril unha exposición sobre O principiño, con exempla-

res en distintas linguas e formatos desta obra universal e con obxectos comercializados arredor dela. Como peche, o día 21 desenvolverase un obradoiro relacionado coa mostra para rapaces maiores de seis anos. O Día do libro celebrarase cun encontro co escritor Antón Riveiro Coello, no que falará do seu último libro O paraíso dos inocentes, nunha sesión aberta ao público ata completar cabida. Tamén con motivo desta conmemoración, haberá a mostra bibliográfica Queres ser a primeira persoa para este libro?, con exemplares que nunca saíron en préstamo, na busca da persoa axeitada para a lectura de cada unha das publicacións.

A biblioteca acollerá ata finais de abril unha exposición sobre “O Principiño”, con exemplares en distintas linguas e formatos

Gabriel Alén facendo entrega das chaves das vivendas.

Vivendas de promoción pública Redacción A Xunta de Galicia entrega tres novas vicendas de promoción pública no casco histórico de Ourense. O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, foi o encargado de entregar aos adxudicatarios as chaves das vivendas, que foron obxecto de cesión gratuíta outorgada polo Concello de Ourense o día 27 de decembro de 2017 e están situadas nos números 3 e 5 da rúa Vilar. Rehabilitadas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), a Administración autonómica

Retención de flotantes Redacción A Confederación Hidrográfica del Miño-Sil (CHMS) investirá máis de 95.000 euros nun sistema de retención de flotantes no río Barbaña ao seu paso pola cidade (no aliviadeiro de Ponte Lebrona). As actuacións consistirán no desmonte da actual pantalla deflectora disposta no beizo de alivio do tanque de tor-

4 ARRU O Concello concede axudas para un total de 23 proxectos de rehabilitación de edificios e vivendas executadas nas áreas de rehabilitación e rexeneración urbana (ARRU) da cidade, por un importe total de 198.7241,0 euros.

O delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, coa directora da Biblioteca Nós, Rosa María Díaz, ultimando a programación de abril desta instalación.

Ponte Lebrona.

investiu preto de medio millón de euros. Programa Rexurbe Gabriel Alén subliñou a aposta que se está a facer desde o Goberno galego, a través do programa Rexurbe, por recuperar o patrimonio arquitectónico construído e darlle vitalidade aos barrios máis emblemáticos das vilas e cidades, propiciando que sexan lugares atractivos para vivir, cheos de xente, de actividade e con futuro. O Instituto Galego de Vivenda e Solo ten adquirido diversos inmobles no Conxunto Histórico de Ourense, na rúa Pelayo, Cervantes, Liberdade e Manuel Sueiro, constando nas súas previsións a súa rehabilitación, podendo sumarse así oito novas vivendas públicas máis. mentas de Ponche Lebrona e a instalación dun equipo de retención de flotantes de tipo reixa fabricado en aceiro inoxidable e dotado dun sistema de limpeza mediante bombas eyectoras auga-aire. Ademais executarase un circuíto de control que permitirá elixir o modo de funcionamento do equipo entre manual ou automático a partir dos datos de nivel de auga no interior do tanque. Rematadas as obras será o concello o que se encargue do seu mantemento e conservación.


OURENSE

Límites entre Ourense e San Cibrao Redacción

Emilio González mantivo unha reunión coa vicepresidenta da asociación, María Losada, e o vogal da xunta directiva, Óscar Pérez.

TEA Ourense, na Subdelegación 4 A Subdelegación iluminou a súa fachada de cor azul con motivo do Día Mundial de Concienciación. Redacción O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, mantivo un encontro coa vicepresidenta da Asociación Por Eles TEA Ourense, María Losada, e co vogal da xunta directiva, Óscar Pérez, para coñecer o traballo que este colectivo realiza a favor das persoas que presentan trastorno do espectro autista, así como dos seus familiares. Este encontro estivo enmarcado na conmemoración do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, que se celebrou o pasado 2 de abril, e ao que a Subdelegación do Goberno se sumou mediante a iluminación da fachada, de cor azul, da súa sede. Os representantes da Asociación Por Eles TEA Ourense presentáronlle ao subdelegado do Goberno as actividades que desenvolverán durante o mes de abril, entre as que se atopa a formación a alumnado que cursa estudos na Universidade de Vigo e a campaña solidaria lévase a cabo nos primeiros días do mes coa colaboración de máis de sesenta establecementos comerciais do concello de Ourense, contribuíndo a visibilizar o traballo da entidade. Emilio González des-

tacou a labor realizada dende a asociación, “xa que ofrece ferramentas que son vitais para mellorar as cotas de benestar social das persoas con trastorno do espectro autista” e mostrou a súa disposición para colaborar con este colectivo naquelas competencias propias da administración central. Por Eles TEA A Asociación Por Eles TEA Ourense é unha entidade sen ánimo de lucro fundada no ano 2018 por familias de persoas con trastorno do espectro autista que desenvolve programas e proxectos para promover e mellorar a calidade de vida das persoas que presentan este trastorno ao longo de toda a etapa vital, ademais de ofrecer apoio e intervención familiar individualizada.

Unha campaña solidaria coa colaboración de locais do concello de Ourense visibiliza o traballo da entidade

Os concellos de Ourense e de San Cibrao das Viñas xa poden coñecer o seu límite xeográfico exacto. Técnicos do Instituto Xeográfico Nacional (IGN, do seu nome en castelán) presentaron as conclusións dos traballos técnicos de recuperación e replanteo da liña do límite xurisdicional entre ambos concellos, xa que as actas que rexían na actualidade databan de 1920 e, polo tanto, eran

inexactas. Os cálculos presentados polo IGN, ante representantes institucionais de Ourense e de San Cibrao, así como técnicos de Infraestruturas e de Planeamento e Xestión, establecerán as coordenadas fixas. Estas serán validadas polo Rexistro Central

de Cartografía, o que lles dará amparo xurídico. Na última fase, ambos concellos deberán corroborar as medicións para establecelas definitivamente e darlles cobertura legal. A medición do IGN xorde a partir das diferenzas detectadas entre os límites que recollían as actas

Presentación dos límites entre Ourense e San Cibrao.

Barrios 8 de abril 2021

5

e os rexistros do propio Catastro que se apoiaban exclusivamente nos datos presentados nos planos. A idea do Concello de Ourense é a de repetir o mesmo proceso co resto dos concellos limítrofes: O Pereiro de Aguiar, Coles, Amoeiro, Punxín, Toén e Barbadás.


6

Barrios 8 de abril 2021

XINZO E COMARCA

Nova planta para a xestión de plásticos agrícolas

Formación para maiores Redacción A Universidade de Santiago de Compostela promove en Xinzo unhas xornadas de formación para maiores de 50 anos que levan por título “Camiños de coñecemento e experiencia”. As sesións comezarán o día 10 de abril cun seminario sobre o patrimonio cultural de Xinzo e incluirase unha visita guiada á Pedra Alta de Antela aos Miliarios de Vilariño das Poldras. Carolina Casal Chico, doutora en arte medieval pola USC, será a encargada de achegar os tesouros culturais de Xinzo aos asistentes. A criminoloxía e a política criminal serán os temas principais das xornadas na charla programada para o 17 de abril e na que se incluirá unha sesión práctica para a resolución de casos e análise de pegadas dactilares da man da experta Ana Moure Soengas, graduada en Ciencias Políticas e Criminoloxía. A última sesión da programación está prevista para o 24 de abril e falarase sobre as medidas preventivas fronte ao contaxio de enfermidades no que poderán participar os asistentes cun debate. Sergio Cinza Sanjurjo, médico de Atención Primaria, dirixirá o encontro. Inscricións en casaculturadexinzodelimia@ gmail.com.

Mobilidade Redacción Un convenio entre Concello de Xinzo, Deputación de Ourense e Xunta de Galicia fará posible a realización dun carril bici e unha senda peonil (duns 700 metros) que contará cun orzamento de 350.000 euros. Ademais melloraranse a travesía da Moreira. Se todo vai como prevén desde o concello, esperan que antes de que remate o ano estará executada a obra.

4 O Concello xa traballa cun anteproxecto. Redacción Primeira reunión entre Cogami e Concello para abordar o plan de accesibilidade.

Inicio do plan de accesibilidade para Xinzo 4 Concello e Cogami colaborarán para eliminar as barreiras arquitectónicas. Redacción Eliminar as barreiras arquitectónicas dos espazos públicos de Xinzo. Este é o obxectivo do primeiro plan de accesibilidade municipal que impulsa o Concello da man de Cogami, a organización de referencia en Galicia para as persoas con discapacidade. A alcaldesa, Elvira Lama, e o concelleiro de Infraestruturas, Rafa Penabad, mantiveron unha primeira reunión cos responsables de Cogami, á que asistiu o seu presidente, Anxo Queiruga, para sentar as bases da iniciativa. Na mesma, acordaron a posta en marcha dunha auditoría. Eliminación de barreiras arquitectónicas Este plan pretende ser unha ferramenta in-

dispensable para o desenvolvemento de futuras actuacións en materia de infraestruturas, construcións de inmobles ou de instalacións de calquera tipo. A intención do Concello é que todas as obras que se efectúen no municipio cumpran ao 100% coas condicións de accesibilidade. “A día de hoxe existen barreiras arquitectónicas en moitos lugares do Concello que son un atranco insalvable para a vida diaria de moitas persoas, de modo que cando se fan obras novas ou cando se reparan as que están feitas, debemos esixir que se cumpran todos os parámetros aos que obriga a lei

4 Substituirá 4.610 vellas luminarias por LEDs. Xinzo recibirá unha axuda do Estado de case 1,5 millóns de euros para

Puntos críticos Ademais de Queiruga, a esta reunión tamén asistiron o representante de Cogami Álvaro García e o arquitecto Diego Piñeiro, que acordaron que o primeiro paso sexa a realización dunha auditoría de accesibilidade para detectar todos os puntos críticos e poder deseñar o plan, que será a folla de ruta para futuras intervencións.

A intención do Concello é que todas as obras que se efectúen no municipio cumpran ao 100% coas condicións de accesibilidade

O Concello verá a "luz" cunha axuda do Estado

Redacción

de accesibilidade”, explica Rafa Penabad, que por mor dun accidente é testemuña dos atrancos aos que se enfrontan cada día as persoas con discapacidade.

substituír 4.610 vellas luminarias por LEDs. O cambio de luminarias suporá un investimento de 1.870.000 millóns de eu-

ros poñendo os 375.000 euros restantes o concello. En calquera caso, para a confirmación da axuda a entidade local deberá comprometerse á financiación do 100% da inversión (é dicir,1,87 millóns de euros). A actuación, a desenvolver en dous anos e a través de 7 proxectos, suporá o cambio das lámpadas de todo o alumeado público do termo municipal, tanto da vila como dos 32 núcleos de poboación. O afo-

O Concello de Xinzo de Limia contará cunha planta de xestión de plásticos agrícolas nunha parcela ao aire libre do seu parque empresarial. Mellorar a situación medioambiental da comarca (con especial atención en evitar as filtracións de augas contaminadas) é o obxectivo que persegue a construción destas instalacións, que xa contan cun anteproxecto. Para evitar o impacto medioambiental deste tipo de restos, na planta traballaríase na clasificación e empaquetado de todo tipo de plásticos e residuos para o seu posterior envío a outros xestores que procedan á súa reciclaxe. O centro de traballo será, maioritariamente, un espazo aberto. Tal e como se recolle no anteproxecto, a rede de saneamento terá espe-

cial importancia. Ademais de evitar a filtración de augas contaminadas, disporase dunha arqueta separadora de graxas no tramo previo á conexión ca rede municipal. Tamén contará na entrada con barreiras que eviten os derrames. Está previsto que a zona de oficina e vestiarios se realice cunha construción prefabricada de tipo modular. Ao mesmo tempo, a instalación ten que garantir uns accesos adecuados para que os vehículos, tanto de descarga como de recollida, non teñan dificultades á hora de realizar as operacións, permitindo a mobilidade no interior da planta de almacenaxe. Orzamento O orzamento que se manexa para a construción da planta é de 289.079 euros. A parcela na que se construirá a planta ten unha superficie de 2.979 m2, forma rectangular e poderá accederse desde tres vías.

Parcela onde irá a planta de xestión de plásticos. rro será de case un 70% sobre a factura actual anual, que se eleva ata preto de 258.500 euros. As actuais luminarias municipais son de 100 vatios e apenas iluminan, o que é motivo frecuente de queixas entre a veciñanza. Aforro Ademais, cómpre destacar que coa substitución dos puntos de luz non só se aforra na factura, senón que a calidade da iluminación aumentaría e a conta-

minación ambiental será moito menor, un aspecto ao que a alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, lle concede una especial relevancia. “O Concello nunca pedira estas axudas, así que considero que foi un gran éxito que nos aprobaran todos os proxectos presentados. Será a forma de recuperar o tempo perdido na renovación das vellas lámpadas por outras máis sostibles tanto económica como medioambientalmente”.


XINZO E COMARCA

54.200 euros en novas axudas para autónomos

O Concello de Xinzo de Limia abre unha nova convocatoria de subvencións para autónomos. A Xunta de Goberno aprobou as novas bases reguladoras destas axudas ás que destinará 54.200 euros, cantidade que sae do remanente deixado da anterior convocatoria. Poderán solicitar devandita axuda os profesionais adicados a actividades diferentes das que foron beneficiarias na anterior convocatoria. Deberán ser persoas físicas maiores de 18 anos que cumpran os seguintes requisitos: ser traballadores autónomos incluidos no réxime especial, figurando dados de alta no imposto de actividades económicas no Concello de Xinzo; exercer unha actividade económica con carácter empresarial, profesional ou por conta propia no municipio e ter recoñecido o cesamento ordinario ou extraodinario de actividade regulado no Real Decreto lei 30/2020, de 29 de setembro, de medidas sociais en defensa do emprego. Contía idéntica A subvención será idéntica na súa contía para todos os solicitantes. O importe da axuda determinarase unha vez pechado o prazo de presentación, dividindo o crédito orzamentario dispoñible entre o número

de solicitudes con dereito á axuda que, en calquera caso, non poderá exceder de 300 euros por solicitante. As solicitudes deberán presentarse no rexistro xeral do Concello ou en calquera dos lugares establecidos para tal fin de modo presencial ou telemático. Coa solicitude deberá achegarse un formulario que se porá a disposición dos interesados na web e na sede electrónica do Concello e a documentación esixida. A tramitación das axudas será exclusivamente electrónica e, deste modo, as notificacións que se practiquen no procedemento realizaranse de forma electrónica. Entre as actividades ás que se destinan estas novas axudas están as que se levan a cabo nos talleres de mecánica en xeral, as instalacións electricas ou de fontanaría, os laboratorios fotográficos, a fabricación de queixo e manteiga ou as exportacións de mercadorías, entre outras.

A alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama.

7

Vilar de Santos Redacción

4 Para os que non lograron beneficiarse da anterior. Redacción

Barrios 8 de abril 2021

Novas instalacións de Cruz Vermella en Xinzo.

Cruz Vermella conta cun novo local en Xinzo 4 Cedido polo Concello á entidade solidaria. Redacción Cruz Vermella conta cunha nova sede en Xinzo de Limia. A alcaldesa da localidade, Elvira Lama, entregou as chaves do novo local -para a súa Asemblea Comarcal na Limia- ao presidente provincial de Cruz Vermella, Felipe Ferreiro, e ao presidente comarcal, Guillermo Gil. E é que o concello cede un espazo nas galerías comerciais Multicentro da Rúa Río Arnoia (número 14, local 15); as novas instalacións facilitarán o labor do voluntariado para atender as necesidades das persoas máis vulnerables da comarca, converténdose nun espazo de convivencia, tolerancia e inclusión. O cambio tivo lugar grazas á cesión do local por parte do Concello de Xinzo. A alcaldesa, Elivira Lama, afirma que

“Cruz Vermella fai sempre e en todas partes un traballo impagable e imprescindible, pero agora moito máis debido á crise socioeconómica derivada da pandemia”, remarcando que “neste goberno van atopar sempre apoio e colaboración, por iso é polo que non vacilásemos nin un só segundo á hora de decidir a cesión deste local”. Colaboración Ferreiro sinala que “a nova localización e instalacións favorecerán unha mellor resposta ás necesidades da comunidade e ao desenvolvemento dos proxectos sociais. É un exemplo da aposta da organización por asumir novos retos para seguir sendo fieis ao noso lema, Cada vez máis preto das persoas”. Ademais, agradeceu especialmente a Lama a súa colaboración, que se suma ao apoio do resto de administracións públicas e

ás achegas das persoas socias ou colaboradoras. “Un recoñecemento especial é para o voluntariado e Comité Comarcal da institución, polo seu traballo diario e implicación, aínda maior desde a chegada da pandemia”, apunta. Desta forma ábrese unha nova etapa de traballo na Limia, marcada pola resposta fronte á COVID-19 a través do Plan Cruz Vermella Responde, así como pola contribución para alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, a Axenda 2030, desde os distintos proxectos da institución.

O novo local está nas galerías comerciais Multicentro da rúa Río Arnoia (nº 14, local 15)

A Escola Infantil do Concello de Vilar de Santos oferta 20 prazas para nenas e nenos de ata tres anos para o curso 2021-2022. O prazo de inscrición manterase aberto ata o 17 de abril. O custe da inscrición varía dependendo da xornada escollida (media ou completa), sendo gratuíto para o segundo fillo e sucesivos. As persoas interesadas en reservar unha praza derberán formalizar as súas solicitudes segundo o modelo normalizado que poden atopar na páxina web do Concello de Vilar de Santos (https:// www.vilardesantos.gal/ escola-infantil/) ou nas propias instalacións municipais. Para máis información poden poñerse en contacto vía telefónica no 988447109.

Obradoiro de emprego Redacción O Concello de Xinzo de Limia vén de solicitar á Consellería de Emprego e Igualdade unha subvención para a posta en marcha dun obradoiro de emprego na Vía da Prata do Camiño de Santiago e máis concretamente en Xinzo e Sandiás. Son dúas as actuacións con oito traballadores dedicados á albanelería e outros tantos á xardinería. Trátase da mellora da pavimentación e accesibilidade no Camiño e a rehabilitación dunha área degradada á beira do río Limia, para convertela en parque urbano.


8

Barrios 8 de abril 2021

CELANOVA E COMARCA

EN BREVE

Celanova aproba axudas para autónomos

4 Exposición Nós Todos os que se acheguen á praza Maior de Celanova poderán contemplar a exposición “Nós naceu en Ourense hai 100 anos 1920/2020”. Unha exposición itinerante que estará presente na vila de San Rosendo ata o vindeiro 1 de maio.

4 Venezuela O líder da oposición en Venezuela, Leopoldo López, visitou á comunidade venezolana en Celanova. Foi durante a xornada do Venres Santo e estivo acompañado, entre outros, polo alcade e a portavoz do PSOE. Desde o BNG criticaron a visita aludindo as restriccións perimetrais que imperan na nosa comunidade.

4 A Bola O BNG da Bola pediu explicacións á alcaldesa polo caso do falso policía local. Un home fíxose pasar por axente municipal de policía. Desde o concello comentaron que a persoa inscribiuse como voluntaria de Protección Civil pero que en ningún momento se lle facilitou traxe algún de policía.

4 A Merca O Concello da Merca impulsará un plan de actuación sobre as ribeiras do Arnoia para reparar infraestruturas e os danos nos ecosistemas. Tamén se conseguiu un acordo no pleno na corporación para adoptar medidas de mellora na seguridade e adecuación do emprazamento da feira (celébrase o día 26 de cada mes), ademais da promoción do evento.

4 Bande A Confederación Hidrográfica del Miño-Sil (CHMS) executará a restauración da “Ponte de Soutelo”. A inversión total estímase en 100.000 euros. A limpeza das pilas e a súa reparación, a execución dun novo taboleiro, a colocación dunha varanda, e a adecuación da zona serán as obras a executar.

4 Mediante unha modificación de crédito. Feijoo na reunión cos alcaldes da Baixa Limia de Bande, Lobeira, Lobios e Muíños.

A Xunta acondicionará a estrada OU-540 4 Entre Celanova e a fronteira con Portugal. R. Torres O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, reuniuse con alcaldes da Baixa Limia -Bande, Lobeira, Lobios e Muíños- para falar de proxectos clave para a comarca e a súa competitividade. Feijoo avanzou que a Consellería de Infraestruturas está a redactar o proxecto para o acondicionamento da estrada autonómica OU540, entre Celanova e a fronteira con Portugal, co obxectivo de someter a información pública e iniciar a tramitación ambiental nesta primavera. O investimento desta actuación, que está contemplado en 11,5 millóns de euros, suporá, para o presindente autonómico "unha mellora substancial nas comunicacións con país veciño", beneficiando aos case 7.000 habitantes da Baixa Limia

Subvencións a entidades sen ánimo de lucro Redacción O Concello de Celanova concederá, neste ano 2021, subvencións por un montante de preto de 200.000 euros cos que beneficiarán a algo máis de 30 entidades. Ong´s, clubs, asociacións, federacións ou mesmo fundacións que realizan a súa actividade no Concello son as beneficiarias

que "percorren cada día a estrada". No encontro só estiveron alcaldes populares. Desde a Xunta dixeron que foi por petición deles a reunión. O alcalde socialista de Entrimo -Ramón Alonso- asegurou non enterarse da reunión ata o día da mesma. Cooperación O responsable do Goberno galego avogou, tamén, por seguir impulsando a cooperación transfronteiriza, a través da dinamización conxunta da reserva da biosfera Gerês-Xurés, promovendo un turismo sustentable, asentado nos recursos culturais e naturais da reserva e contando coa participación da poboación local. Plans Co fin de atraer a novos visitantes ao longo de todo o ano, contribuíndo a desestacionalizar a demanda e

destas axudas. Devanditas axudas están divididas en: deporte, cultura, educación, servizos sociais e do ámbito económico. Así, a entidade con maior contía é a da Asociación de Amigos da Banda de Música Municipal de Celanova, que se leva un total de 55.000 euros. Comisións de festas, asociacións de veciños e de mulleres reciben 300 euros cada unha. Outras contías O club de fútbol Spor-

a incrementar a rendibilidade do sector turístico na zona, a Xunta está a a financiar diversos plans, entre os que destacan o proxecto de ordenación dos sendeiros Serra do Xurés, así como o plan de ordenación e accesibilidade dos bens de interese cultural. Así mesmo, Feijoo recordou que a Consellería de Medio Ambiente convoca cada ano distintas liñas de axudas das que se poden beneficiar os concellos do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, co obxectivo de desenvolver actuacións relacionadas coa posta en valor do parque.

O investimento desta actuación está contemplado en 11,5 millóns de euros ting de Celanova e a Fundación Curros Enríquez lévanse 15.000 euros cada unha; para as escolas deportivas asígnanse 20.000 e a comisión de festas de Celanova recibe 32.000 euros. Mentres, a Asociación Cultural Xingros (organizadora do Festival Hércules Bras) percibe 7.500 euros. En canto a servizos sociais, para Cruz Vermella e AFAOR destínase 2.000 euros para cada unha.

Redacción O pleno do mes de abril do Concello de Celanova aprobou unha modificación de crédito de 566.000 euros con cargo ao superávit do exercicio 2020, grazas ao que se logrou aforrar: 785.000 euros. Da modificación de crédito, 300.000 euros destinaranse a axudas a autónomos e pemes fronte á Covid. Deste xeito, cada beneficiario, poderá acadar unha contía máxima de 400 euros. Poderán acollerse a esta liña de axudas autónomos e empresarios do termo municipal de Celanova nos que non están incluídos os establecementos esenciais. Esta medida pretende chegar á maioría de traballadores por conta propia. Valerá como xustificación a cuota de autónomo ou gastos de desinfección ou acondicionamento do local para cumprir a norma-

Plan Básico Municipal de Cartelle Redacción A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda somete a información pública, desde o 25 de marzo, e por un prazo de dous meses o Plan Básico Municipal (PBM para concellos de menos de 5.000 habitantes) do Concello de Cartelle, un instrumento de ordenación recollido na Lei do solo e que foi aprobado inicialmente o pasado 9 de marzo. Segundo se recolle no anuncio publicado hoxe no Diario Oficial de Galicia, durante o devandito período poderá examinarse o documento, en horario de

tiva implantada pola pandemia. A cantidade para esta liña de axudas ascende aos 182.700 euros. Unha segunda liña de axudas, na que se apoia ao tecido empresarial local, será a emisión duns bonos de 20 euros para que se gasten en establecementos da localidade. Os beficiarios serán calquera veciño maior de 18 anos que residan no termo municipal. A contía destes bonos ascende aos 117.300 euros. Veladores Tamén se aprobou no pleno, na senda de axudar á hostalaría tan mal parada nesta crise sanitaria, a exención da taxa de veladores para os locais de hostalaría durante este ano. Exposición Nós Noutra orde de cousas, a praza Maior acolle -ata o 1 de maio- a exposición itinerante “Nós naceu en Ourense hai 100 anos 1920/2020”.

oficina e sempre con cita previa, nas dependencias do Servizo Provincial de Urbanismo da Xefatura Territorial de Ourense ou no propio Concello. Así mesmo, tamén poderá consultarse na páxina web da Consellería, así como remitir posibles achegas e alegacións a través de calquera dos rexistros legalmente habilitados ou por vía telemática ao enderezo sxurb@xunta.gal. No caso concreto de Cartelle, cómpre lembrar que se trata do cuarto municipio galego cun PBM aprobado inicialmente e o segundo que supera este trámite na provincia de Ourense, dando así un paso importante de cara a dotarse dun marco urbanístico propio, no que se delimitan 59 núcleos rurais e dous núcleos urbanos: Outomuro e Cartelle.


ALLARIZ E COMARCA

4 RiR

4 Amplíase o parque de Vilanova en 100 m2 máis. O Concello de Allariz colleu velocidade de cruceiro para acometer actuacións de renovación das zonas lúdicas infantís. A alcaldesa, Cristina Cid, daba conta dos plans municipais nestes espazos, que cada día son usados por máis cativada debido á evolución ascendente en canto a poboación infantil nos últimos 30 anos. Na actualidade, o Concello conta cunha poboación ao redor de 600 nenos e nenas. Actuacións O parque da rúa Casa Lomberte é o primeiro parque cuberto de Allariz e inaugurouse fai mes e medio. Conta cunha superficie de 850m2. Pola súa banda, o parque de Portovello sufriu unha renovación integral do mobiliario. Fíxose unha renovación integral nos seus 370m2 e xa está, dende fai uns días, está

aberto ao uso público. Tamén, comezou nos pasados días os traballos no parque de Vilanova. Sufrirá a renovación completa do seu mobiliario así como a ampliación con 100m2 da superficie do parque, chegando aos 700, e cun investimento de 30.000 euros. A Alcaldesa de Allariz adiantaba que as obras deste espazo rematarán este mes. A rexedora falou tamén da adecuación dun novo espazo de xogo, a praza de Modesto Seara, que albergará, segundo nos adiantaba, unha zona para xogos tradicionais. Por outra banda tamén se informou que, se seguen avanzando nos traballos do proxecto técnico do Monte O Xardín, que pretende levarse a cabo neste ano. Nos parques situados nas zonas de San Bieito e do Centro Médico acometeranse melloras na seguinte fase de intervencións.

Cristrina Cid no parque cuberto Casa Lomberte.

9

EN BREVE

Continúan os traballos nas zonas lúdicas infantís

Redacción

Barrios 8 de abril 2021

Presentación do mapa que fará coñecer Allariz aos máis pequenos da casa.

Un mapa para descubrir Allariz de forma divertida 4 O Concello edítao para os máis cativos. Redacción Allariz pequenos exploradores, unha forma divertida de coñecer a historia. Turismo cultural e divertido, isto é o que pretende a área de Turismo do Concello de Allariz co lanzamento dun pequeno mapa de pistas para as crianzas que visitan a localidade. As veces as visitas culturais familiares vólvense un pouco pesadas para os nenos e as nenas. O que pretende este mapa é ser unha guía activa que faga que interactuen co patrimonio ao mesmo tempo que aprenden e gozan da visita cultural dunha forma atractiva. O Concello lanza este itinerario turístico para coñecer os segredos de Allariz mediante a resolución de pequenas preguntas ca axuda de pistas, e se son quen de resolver

todas as cuestións, na Oficina de Turismo de Allariz poderán solicitar o seu diploma de Guía Oficial de Allariz personalizado. Produto turístico María López, Concelleira de Promoción Económica, Comercio e Turismo de Allariz explicaba que “a idea ca que naceu este proxecto, foi a de crear un produto turístico, educativo e cultural que mostre unha visión da historia de Allariz e os seus feitos máis importantes”. As ilustracións do percorrido e do diploma corren a cargo de Daniel Jiménez Macias, alumno do Grao Superior de Ilustración da EASD Antonio Faílde de Ourense, que colaborou co Concello logo dunha proposta da administración local ao Centro Educativo para este fin. Daniel chegou a ilustración dunha forma casual aínda que, como

di el, sempre debuxou. Para el é unha forma marabillosa de expresarse e logo de formarse en Ourense comezou a debuxar profesionalmente. O ilustrador representou os puntos máis característicos dunha forma atractiva e divertida, para que as crianzas que se acheguen a Allariz, coñezan gran parte do patrimonio cultural e histórico.

“A idea ca que naceu este proxecto foi a de crear un produto turístico, educativo e cultural que mostre unha visión da historia de Allariz e os seus feitos máis importantes”

O Gordo e o Flaco (a quen deron vida os actores Oliver Hardy e Stan Laurel) serán os homenaxeados da cuarta edición do Festival Internacional de Curtas de Comedia de Allariz. Por este motivos durante a edición deste ano (que se celebrará do 8 ao 11 de setembro) poderase ver en Allariz unha selección das mellores curtas protagonizadas por este dúo hai preto de 100 anos.

4 Escola Infantil

A Escola Infantil de Allariz abre o prazo, ata o 12 de abril (luns) de solicitude de praza para o vindeiro curso para as crianzas de 0 a 3 anos. O horario de atención será de 09h ás 11:30h e de 13h ás 15h, con previa cita. A información e documentación está dispoñible na Escola Infantil, rúa Hospital, 27, no teléfono 988 440 219 ou no correo electrónico escolainfantil.allariz@ igualdadebenestar.org.

4 Campus Sporty Do 1 ao 13 de xullo, Allariz acollerá unha nova edición do campus de fútbol (para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e 15 anos) organizado polo ACD Sporty. Para máis info na páxina web http://campussporty.es/.

4 Baños de Molgas Baños de Molgas presenta a primeira ruta de sendeirisimo “Canóns do Arnoia” con App de realidade aumentada de Galicia.


10

Barrios 8 de abril 2021

Axudas para a compra de vivendas Redacción Dez concellos da provincia poderán optar ás axudas da Xunta, de ata 15.000 euros, para a compra de vivendas nos seus centros históricos. As persoas interesadas poden solicitar esta liña de axudas ata o vindeiro 1 de setembro; trátase da terceira convocatoria deste programa, que para 2021 contará cun orzamento de 600.000 euros. Deste xeito, os beneficiarios poderán optar a unha axuda de ata 15.000 euros para financiar a adquisición dunha vivenda xa construída (xa sexa nova, usada ou necesite de rehabilitación) localizada nun dos centros históricos de Allariz, na provincia, poderán acceder a este tipo de axudas os concellos de Celanova, Vilar de Santos, Verín, Ourense, Boborás, O Barco de Valdeorras, Ribadavia, San Cibrao das Viñas e Xunqueira de Ambía. Novidades Entre as principais novidades desta terceira convocatoria están as de: eliminar o requisito de ser menor de 35 anos para poder optar ás axudas (os maiores 35 anos, o importe máximo a percibir será de 10.800 euros; e de 12.800 euros para os menores de 35). A outra novidade é que o límite de ingresos dos solicitantes elévase ata 6,5 veces o IPREM (48.877,33 euros).

Amplíanse os servizos das casas do maior Redacción A nova orde de axudas para 2021 en relación ás casas do maior permite que se adhira a este programa calquera concello que non teña centro de día ou un servizo similar, en lugar de unicamente aqueles que teñan menos de 5.000 habitantes como na actualidade. En canto ao perfil do

PROVINCIA

A Xunta subvenciona obras de abastecemento, saneamento e depuración 4 En concellos da provincia de menos de 5.000 habitantes. Redacción A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, promove axudas destinadas aos concellos de menos de 5.000 habitantes para a execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración que veñen de ser publicadas no Diario Oficial de Galicia o pasado mércores, 24 de marzo. O importe das mesmas ascende a 4 millóns de euros. Deste xeito, subvencionaranse os investimentos realizados desde o 1 de xaneiro na execución de obras necesarias para o funcionamento óptimo dos sistemas de abastecemento municipal; nas obras dirixidas á execución de actuacións de modernización e au-

mento da eficiencia e eficacia das instalacións de saneamento e depuración existentes; ou os destinados á construción de novas infraestruturas. O importe destas axudas terá un límite máximo de 50.000 euros por solicitude e cada concello poderá presentar dúas solicitudes, unha referida a actuacións en sistemas de abastecemento, e outra para actuacións en sistemas de saneamento e depuración. Prazos e compatibilidade Os concellos interesados dispoñen dun mes de prazo para a presentación de solicitudes, contado a partir do día 25 de marzo. Deberán presentar as ditas solicitudes a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.

xunta.gal. Estas subvencións, compatibles con outras axudas, inclúen tanto os investimentos realizados na execución das propias obras, como os gastos asociados a elas en materia de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial, de control de calidade ou de dirección dos traballos.

Os concellos interesados dispoñen dun mes de prazo para a presentación de solicitudes, contado a partir do día 25 de marzo

O delegado da Xunta, Gabriel Alén, informando desta liña de axudas ao alcalde de Punxín, Manuel Vázquez.

usuario tamén se amplía. Así, as persoas que poden acudir a estes centros xa non terán que ter un grao de dependencia I ou II recoñecido, senón que poderán ser persoas autónomas. O delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, na súa visita á Casa do Maior Cancela -no concello de Xunqueira de Ambía- salientou a oportunidade de conciliación que a nova orde de casas do maior abre para os concellos do rural ourensán. Gabriel Alén lembrou

que a provincia de Ourense acolle 12 dos 20 centros destas características que hai en funcionamento na actualidade, o que supón o 60% dos existentes. Ademais, subliñou que a convocatoria para este ano permitirá abrir 63 novos centros, e flexibiliza os requisitos dos concellos e o perfil do usuario que se pode beneficiar das axudas. No eido da ampliación do servizo, Alén recordou que as promotoras das casas do maior terán tamén a opción de asumir o desprazamento

dos usuarios cara e desde o centro. Trátase dunha petición reiterada por parte dos usuarios e que agora poderá ser realidade cunha axuda adicional da Xunta de 5 euros por persoa e día para o responsable da casa do maior. Investimento Destinaranse 945.000 euros a adaptar as instalacións a este servizo, cunha cantidade límite de 15.000 euros por centro. Por outra banda, investiranse 4,4 millóns de euros para o

Reunión na que se falou do proxecto Ourense Termal.

Aposta polo Ourense Termal 4 A Xunta presenta o proxecto á convocatoria dos plans de sostentabilidade turística. Redacción A Xunta aposta polo proxecto Ourense Termal na nova convocatoria dos plans de sostentabilidade turística da Secretaría do Estado de Turismo. O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou nunha reunión de traballo co presidente e a xerente do INORDE, Rosendo Fernández e Emma González, e representantes da Fundación Juana de Vega para ultimar o proxecto Ourense Termal na convocatoria dos Plans de Sostenibilidade Turística en Destino do presente ano. A Xunta, na súa aposta polo desenvolvemento sostible, solicitará á Secretaría de Estado de Turismo na nova convocatoria este proxecto promovido pola Deputación de Ourense. O delegado territorial sinalou que “Ourense

mantemento dos centros, 19.600 euros anuais para cada casa do maior. Este orzamento inclúe o fun-

conta cun importante número de concellos ricos en recursos termais, pero que precisan dun plan e de axudas para poder explotalos economicamente e como fonte de riqueza no turismo de saúde e benestar”. Apóstase por presentalo de novo á convocatoria deste ano e que comprometa unha inversión de 1,3 millóns de euros, o 45% do orzamento total, para o seu desenvolvemento nos vindeiros tres anos.

Alén: “Ourense conta cun importante número de concellos ricos en recursos termais, pero que precisan dun plan e de axudas para poder explotalos” cionamento do servizo ata o ano 2023, cando se actualizará a contía anual de mantemento.

Alén na Casa do Maior Cancela de Xunqueira de Ambía.


DEPORTES

O Cidade segue vivo

4 O Envialia, pola contra, volve perder. O Sala Ourense logra unha importante vitoria de cara á salvación. R.T. O Cidade das Burgas GLS segue vivo na loita pola salvación logo da importante vitoria no Paco Paz diante do Xaloc Alicante. As ourensás golearon (9-2) ante un rival directo pola permanencia. Xa na primeira metade deixaron encarrilado o encontro e, ao final dos primeiros 20 minutos dominaban por tres goles a cero. A segunda metade foi un suma e segue de goles logrando seis máis; o conxunto rival fixo dous. Fara púxose o disfraz de goleadora e logrou un hat trick que dificilmente olvidará. Na tarde deportiva tamén destacou Sol na faceta goleadora en converteuse en bigoleadora. Os outros tantos levaron a firma de Canolick, Amelia, Nahír e Ana Lastra, que fixo o gol desde a súa propia portaría. Estos tres puntos, de seguro, que suporán unha inxección de moral para as de Manolo Codeso de cara a alcanzar o obxectivo da permanencia. O próximo rival será un Intersala Promesas Zaragoza que está por debaixo das ourensás na táboa clasificatoria (9 puntos suma o Cidade por 6 do Zarago-

Morenín; 6-3 foi o resultado final. As albinegras ocupan a última praza, demasiado lonxe dos postos de cabeza como para pensar que poden loitar por gañar a Liga. Así, que so lles queda sumar o maior número de puntos posibles para quedar na mellor posición posible. A primeira oportunidade de sumar tres puntos será esta mesma fin de semana, diante dun Alcorcón que as precede na clasificación.

Sol regateando a unha xogadora do Alicante. /I.OSORIO. za). Visita importantísima a terras mañas para tentar sumar unha nova vitoria que alonxaría en seis puntos a un rival coa que pelexará ata o final. Ourense Envialia Este ano non é o do Ourense Envialia. A praga de lesións do conxunto ourensán pode servir de escusa nunha tempada que -na liga- non están a dar o nivel esperado. Clasificáronse para a fase polo

título -con menos puntos cos outros sete equipos que a disputan- sabedoras que sería complicado loitar por el. E máis claro queda despois dos dous primeiros encontros desta fase, nos que perderon. O primeiro diante do Burela (1-4), algo lóxico xa que as laranxas son as favoritas de alzarse co campionato. A da pasada fin de semana menos esperado ante un Móstoles que foi superior ás pupilas de

Sala Ourense O Sala Ourense logrou a vitoria na súa visita a terras asturianas. Ata Xixón desprazouse para enfrontarse ao Gijón Playas La Carbayera logrando unha vitoria balsámica (1-4) para seguir pensando na salvación. Suma 20 puntos e sae da zona de descenso. A próxima xornada reciben no Pazo ao Domotec, equipos que conta con dous puntos máis cos ourensáns; outra final para os de Óscar Vivián.

O Sala Ourense suma 20 puntos e sae dos postos de descenso

Barrios 8 de abril 2021

11

O COB visita ao Real Canoe 4 Os ourensáns buscarán voltar á senda dos triunfos da man do pechacancelas. Redacción Despois de dúas derrotas (Murcia e Girona), o Club Ourense Baloncesto busca regresar á senda dos triunfos na vindeira xornada. E o fará na cancha do Real Canoe; o equipo madrileño é o pechacancelas da clasificación, polo que será unha boa ocasión para recuperar sensacións de cara a un tramo final de tempada que se presume moi emocionante. O Real Canoe suma unha soa vitoria polas cinco dos ourensáns. Cifras que de nada serven se os xogadores non imprimen intensidade en cada acción durantes os 40 minutos de xogo. Esa

falta de intensidade propicious as dúas últimas derrotas que complican á clasificación. O adestrador, Gonzalo García de Vitoria ten a papeleta de revertir a situación e volver ao xogo que non encandilou, pero si contentou, aos afeccionados diante do Lleida. Clasificación Ben é certo que a pesar dos dous últimos traspés, o COB ocupa a sexta posición con cinco vitorias. Con máis vitorias están Girona (8), Melilla (7), Lleida e Cáceres e, salvo este último, os demais contan con un ou dous encontros máis. Murcia ten as mesmas vitorias (5), pero dous partidos máis.

Partido do COB diante de Girona.


12

Barrios 8 de abril 2021

DEPORTES

Outra vitoria para o Arenteiro 4 Os do Carballiño seguen con paso firme cara o ascenso. R.Torres Comezaba esta fin de semana as segundas fases para os equipos ourensáns de Terceira división. Mentres o Arenteira está sumerxido na loita polo ascenso. Barco, Ourense CF e UD Ourense están preocupados por non descender. Atendendo primeiro ao equipos que busca o salto de categoría, os do Carballiño seguen con paso firme cara ao oxectivo marcado desde o principio de tempada: o ascenso. Os de Fran Justo tiñan a difícil papeleta de asaltar Candocia e levarse os tres puntos ante un Somozas que é o conxunto máis goleador deste grupo. O plan de xogo executarono á perfección: deixar sen apenas ocasións ao conxunto local. E así foi como fraguaron a vitoria certificada no minuto 66 cun gol de Naveira. O Arenteiro suma, así, tres valiosos puntos que o manteñen na segunda posición con 50 puntos, a un so punto do líder Bergantiños que nesta xornada tivo que sufrir para levarse a vitoria. Gañaron a un Alondras que ao descanso marchababase cun 0-2. Porén na segunda metade, o líder foi quen de darlle a volta ao marcador e lograr o gol do triunfo no tempo

engadido. Deste xeito, Bergantiños e Arenteiro alónxanse dos seus perseguidores; terceiro e un Polvorín que está a seis puntos do primeiro e cinco do segundo. O cuarto clasificado ten 10 e nove puntos de desvantaxe cos dúas prazas de ascenso. Pinta ben, moi ben para o conxunto ourensán. Descenso No grupo E están os outros tres conxuntos ourensán, que polo contrario dos do Carballiño, terán que loitar pola salvación. O mellor clasificado é un Barco que non puido pasar do empate no campo do Paiosaco. Os de Iván

González tivéronse que conformar con empate a cero goles e sumar un punto que os afasta da primeira posición do grupo en detrimento dun Arzúa que venceu a Pontellas (1-0). O Ourense CF caeu derrotado no campo do Fisterra (2-1) logo de empatar a un antes do descando. E a Unión Deportiva Ourense tivo que aprazar o seu encontro por un positivo de Covid no equipo rival (Agrupación Estudiantil). Desde o club mostraron malestar por este contratempo e cuestionaron a boa fe do equipo rival. Consideran que se fixeron as probas PCR despois do adestramento

Partido da primeira fase entre UD Ourense-Ourense CF.

é que tiñan intención de pospoñer o encontro, xa que as probas se teñen que realizar antes do adestramentos. Desde os unionistas cren que se debe a que retrasando o encontro poderán contar con xogadores que están lesionados. Cos resultados desta xornada o Barco é segundo; o Ourense CF, quinto; e a Unión Deportiva Ourense, sexta -cun partido menos-. Cabe recordar que se salvan os catro primeiros clasificados. Seguinte xornada Para a xornada desta fin de semana, os catro conxuntos ourensáns disputan os seus encontros como locais. O Arenteiro recibe ao Polvorín. A vitoria suporía deixar ao terceiro clasificado a oito puntos e ter moi preto o ascenso. Por outra banda, UD Ourense, Barco e Ourense CF reciben a Viveiro, Fisterra e As Pontes, respectivamente.

O Carmelitas vence en Valladolid 4 No primeiro encontro da fase de ascenso. R.T. Golpe de autoridade do Codigalco Carmelitas que venceu no primeiro encontro da fase de ascenso á Liga Feminina 2. Pero para elo as de Juan Rodríguez tiveron que suar para poder levarse unha vitoria en terras casteláns. Non foi ata o terceiro cuarto (ao descanso gañaban as locais 29-26) que as ourensáns colleron unha vantaxe no electrónico que xa non deixarían escapar. Nese terceiro cuarto un parcial de 5-16 fixo deixarlle o partido de cara ata o triunfo final por 47-52. Na faceta anotadora, a debutante Noelia Masiá foi a que máis puntos

acadou contabilizando un total de 16. Eliminatoria Esta fase é de caracter eliminatorio e estase a disputar os oitavos de final. Este partido terá a súa volta no polideportivo Vedruna, no que as colexialas deberán defender a renda do encontro de ida para pasar de rolda. De vencer, enfrontaríase ao gañador da eliminatoria entre Fodeba Gijón e Universidad de Salamanca.

A debutante Noelia Masiá foi a máxima anotadora con 16 puntos

No grupo E, o Barco é segundo e o Ourense CF e a UD Ourense, quinto e sexto, respectivamente Partido desta tempada do Camelitas no Vedruna./I.O.


DEPORTES

4 Palmés

O Pompeo acolle a fase de ascenso a Superliga 2

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, reuniuse cos representantes do C.D Palmés, Emilio Fernández e Martín Fernández, aos que lle deu a coñecer os proxectos deportivos que o Concello de Ourense ten previsto realizar na localidade de Palmés, como é o caso da reforma do campo de fútbol. Melloraranse as instalacións e se dotará de céspede artificial, “para o uso e desfrute de todos, pois do que estamos falando e da dotación dunha nova infraestrutura para tódolos veciños de Ourense”, subliñou o rexedor.

4 O Aceites Abril fará de anfitrión.

4 UD Ourense

4 Eva Feijoo e Roi Naranjo subiron ao podio. Esta fin de semana disputáronse os campionatos de Galicia de salvamento e socorrismo nas categorías xuvenil, júnior e sénior na piscina Rosario Dueñas do pavillón municipal de deportes de Ourense. O equipo anfitrión do Salvour, presentou a tres dos seus mellores deportistas saldando a súa intervención con 2 primeiros postos, dúas pratas e tres bronces que lles outorgan as mínimas necesarias para acudir ao Campionato de España de Primavera que se celebra en Torrevieja os 8-9 de maio. Destacada foi a actuación da júnior Eva Feijoo Gómez, campioa galega que se alzou con dous ouros nas probas de 100 metros combinada de salvamento con 1´22¨ e

na proba de 100 metros socorrista con 1´09¨ e tamén foi prata na proba de 200 metros obstáculos con 2´20¨. Tamén cabe mencionar a Roi Naranjo Estévez que repetiu tres veces o pódium co bronce nas probas de 200 metros obstáculos con 2´16¨; 100 metros socorrista con 1´04¨ e na proba de 100 remolque maniquí con aletas 0´59¨. E por último, o deportista Samuel Iglesias Méndez que obtivo un quinto posto na proba de 100 metros socorrista. Cristina Colomo A próxima cita do Salvour será a próxima fin de semana en Carballo co campionato de Galicia máster de Salvamento e Socorrismo onde acudirá a deportista Cristina García Colomo.

Eva Feijoo, Roi Naranjo e Samuel Iglesias na bancada da Rosario Dueñas.

13

EN BREVE

Medallas para o Salvour

Redacción

Barrios 8 de abril 2021

Plantilla do CV Ourense Aceites Abril.

Redacción A cancha polideportiva do “Pompeo”, no Instituto Otero Pedrayo, será a sede da fase de ascenso da Superliga 2 de voleibol. Así o decidiu a Real Federación Española de Voleibol decantándose pola candidatura do Club Voleibol Ourense. Durante tres días (23, 24 e 25 de abril) seis equipos das comunidades autónomas de Galicia, Asturias, Extremadura, Andalucía e Cataluña buscarán un ascenso reservado para dous dos contendentes. Haberá dous grupos de tres equipos cada un. Os dous primeiros clasificados disputarán as semifinais e as dúas prazas de ascenso. Grupo A O conxunto ourensán está encadrado no gru-

po A xunto a CV Pacense (Badajoz) e o Club Natación de Sabadell. Ambos foron primeiros nos seus grupos durante a liga regular polo que a dificultade será máxima. As ourensás debutarán o venres 23 ás 19 horas fronte o CV Pacense. Ao día seguinte (sábado 24) medirase ao Sabadell a partir das 11 horas. As semifinais darán comezo ese mesmo sábado a partir das 18.30 horas. A final está prevista para as 12.30 horas do domingo 25 de abril. No grupo B enfrontaranse os equipos: CV Oviedo, CV San Cugat e os CV Albolote (Selecta). Neste caso o Oviedo é o único que quedou primeiro durante a liga regular no seu grupo (por diante do CV Voleibol) e parte cunha certa vantaxe que terá que facer valer dentro

da pista. Visita As integrantes da plantilla do Aceites Abril visitarán, os días previos á competición, as aulas do centro educativo para dar a coñecer, máis polo miudo, esta disciplina deportiva e comezar a crear ambiente de cara a esta gran cita na cidade de Ourense.

O Aceites Abril xogará na fase de grupos diante do CV Pacense (venres 23 de abril ás 19 h) e contra o Sabadell (o sábado 24 ás 11 horas)

A Unión Deportiva Ourense convoca para este domingo, 11 de abril, a súa Asemblea Xeral Ordinaria de socios. Con primeira convocatoria ás 10.45 e a segunda ás 11.15 horas terá lugar no estadio do Couto (entrada por rúa Carlos Maside). Trataranse os seguintes puntos: ratificación de novos socios do club e da incorporación dun novo membro á Xunta Directiva; liquidación da tempada pasada; estado do orzamento desta; e reflexión, análise e planificación do futuro do club a medio e longo prazo. Tamén haberá unha rolda libre de intervencións.

4 Xadrez Ata catro medallas lograron os integrantes dalgún club ourensán no Campionato de Galicia de xadrez.


14

Barrios 8 de abril 2021

Venres con Intelixencia Artificial Redacción O profesor da UNED Andrés Duque Fernández será o protagonista desta semana no segundo ciclo ‘Os venres con Intelixencia Artificial’. O seu relatorio versará sobre os sistemas de tradución automática -”Evolución histórica, aproximacións actuais e desafíos abertos”-, e poderá seguirse en liña a través da canle de vídeos do Centro de Intelixencia Artificial do Concello de Ourense este venres, 9 de abril. O relatorio poderá seguirse en liña no seguinte enlace: https://www.youtube. com/watch?v=U1Hq_ J41MuE

“Cuñados” Redacción O Teatro Principal de Ourense acolleu a estrea mundial da comedia galega “Cuñados”. Rodada integramente na cidade ourensá e diversas localizacións da provincia, chegará ás pantallas de cine este venres, 9 de abril. O primeiro pase de “Cuñados” contou coa presenza de todo equipo da película, entre eles o director xeral de Portocabo, Alfonso Blanco; o director da cinta, Toño López; os actores principais, Xosé Antonio Touriñán, Miguel de Lira e Federico Pérez Rey, xunto coas actrices Eva Fernández, Iolanda Muíños, e María Vázquez.

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

4DECRECENDO

O decrecemento da aviación O prezo dos voos foise abaratando nas últimas décadas, o que propiciou que voar forme parte do estilo de vida dun número cada vez maior de persoas. Con todo, menos do 10% da poboación mundial colleu algunha vez un avión. Evitar unha crise climática inimaxinable requirirá un esforzo sen precedentes para reducir á metade o uso de combustibles fósiles en menos de 15 anos e eliminar, case por completo, o seu uso en 30 anos. Mentres tanto, a industria da aviación está a planear unha expansión xigante. As medidas actuais e previstas non abordan a raíz do problema, que é o crecemento do sector. Máis ben, desvían a atención da necesidade de reducir radicalmente a aviación. Para dar lexitimidade a este crecemento en tempos de crise climática, deposítanse confianza e esperanza nas tecnoloxías máis novas e na compensación de emisións para lograr un crecemento neutro en carbono. Con todo, a aviación verde é unha ilusión, e seguirao sendo nas próximas décadas. A única maneira de reducir eficazmente o impacto ambiental do sector é diminuír o número de voos, promover o decrecemento da aviación. Soamente pódese conseguir aumentando os prezos dos billetes? É voar un dereito humano da xente adiñeirada? Ao redor do 90% da poboa-

ción mundial nunca colleu un avión, e uns poucos viaxeiros frecuentes teñen un impacto ambiental enorme. Que paquete de medidas conduciría a un sistema de transporte socialmente xusto e ecoloxicamente racional? Ecoloxistas en Acción e a rede Stay Grounded publicaron un informe que analiza diversas propostas en profundidade para reducir a aviación, entre elas: os impostos, as taxas aos viaxeiros frecuentes, os límites aos voos de curta distancia, as moratorias para a construción e ampliación de aeroportos, etc. As medidas para o de-

crecemento da aviación non orixinarán unha xustiza climática xeral. A aviación forma parte da economía e da sociedade, polo que buscar solucións aos seus problemas carrexará cambios en moitos outros sectores, incluídos o comercial e o turístico. Poden descargar o informe na seguinte ligazón: https://www.ecologistasenaccion.org/wp-content/uploads/2020/02/ informe-decrecimiento-aviacion-2020.pdf [Fragmento extraído da web de Ecoloxistas en Acción] Óscar Blanco

É voar un dereito humano da xente adiñeirada? Ao redor do 90% da poboación mundial nunca colleu un avión, e uns poucos viaxeiros frecuentes teñen un impacto ambiental enorme

Fonte imaxe: stay-grounded.org.

Presentación da programación cultural.

O Camiño de Santiago pasa pola Ribeira Sacra 4 Castro Caldelas presenta unha programación cultural enfocada no Xacobeo. Redacción Castro Caldelas acolleu a presentación do programa “Un castelo no Camiño Augas Sacras”. Trátase dunha iniciativa que conta co apoio da Xunta de Galicia a través do programa “O Teu Xacobeo”. En Castro Caldelas, concretamente, está previsto durantes os meses de primavera e verán decenas de actividades culturais, deportivas e gastronómicas “O Castelo de Castro Caldelas actuará nos próximos meses como eixo dinamizador da actividade cultural na comarca. Visitas teatralizadas e espectáculos, exposicións, actividades deportivas coas que poñer en valor o noso patrimonio cultural, natural e gastronómico. Seguimos convencidos de que a nosa fortaleza debe ser o centro monumental de referencia na zona, actuando como principal punto de

atracción turística e porta de entrada natural á Ribeira Sacra”, apuntaba Sara Inés Vega Núñez, alcaldesa do Concello de Castro Caldelas. “A Ribeira Sacra, ao igual que o Camiño de Santiago, é sen dúbida un excelente atractivo para visitantes de todo o mundo. A súa promoción por tanto, como motor de desenvolvemento sustentable para a comarca, é un dos obxectivos prioritarios e estratéxicos da nosa xestión”, comentaba a Directora Xeral de Turismo Nava Castro. Camiño de Augas Sacras O acto servía ao tempo para presentar ao público a agrupación de municipios Camiño de Augas Sacras que ten como obxectivo investigar, protexer e difundir unha vía de peregrinación que unía os concellos de Sober, Larouco, Teixeira, Petín, Trives, Monforte, Castro Caldelas e San Xoán de Río.


ARTIGOS / CLASIFICADOS

Barrios 8 de abril 2021

15

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Arcediagos,11, 1º - 32005 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara Nº142 - Ano: XIV - 8 de abril de 2021 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

[Deixe o seu anuncio no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

Por que enfermamos? A saúde está ligada ao ben estar físico e mental. As persoas están a ficar cada vez máis doentes. Por que? É por causa dos xermes? Das bacterias? Dos virus? Das causas xenéticas? Pensemos sobre iso. Non tes cancro, diabetes, obesidade, refluxo gastroesofágico, dores de cabeza, artrite, etc. pero si, todo é desenrolado polo noso organismo! Os virus e as bacterias tránsmítense, por suposto. Dúas persoas expostas ao virus da gripe ao mesmo tempo, unha pode enfermar e incluso morrer e a outra continuar sa. A cuestión é que o corpo non sempre fai aquelo para o que foi crearo, protexer e facer fronte aos ataques dos virus: depende do sistema inmunolóxico. É aquí onde está o segredo, é dicir, se es débil ou forte. Cando o corpo non reacciona, hai alomenos catro razóns: estamos sobrecargados de toxinas; deficiencias nutricionais; estar expostos e afectados polo caos electro-

A muller no audivisual galego Redacción A Deputación de Ourense promove un estudo sobre o rol das mulleres no audiovisual galego, tanto desde o ámbito profesional como dos contidos das diferentes producións estreadas en Galicia en 2020. Os resultados serán presentados na próxima edición do Festival de Cine de Ourense (OUFF) que comezará o 24 de setembro.

magnético; ou andar con estrés mental e físico. O estilo de vida occidental ten moito que ver co aumento das doenzas. A comida procesada invadiu o mercado. A toma de medicamentos cada vez aumenta máis e sucesivamente, andamos máis enfermos. Os medicamentos acaban cos síntomas, non tratan a causa. Colócanse toxinas en todo o que comemos. A comida biolóxica ten cada vez menos adeptos. Sabemos e as froitas e vexetais son modificadas xeneticamente para que os cultivos se volvan máis resistentes ás enfermidades, porque ao igual ca industria farmacéutica, o que conta é o diñeiro. As persoas con cancro teñen un PH moi ácido. Alcalinizar o organismo é fundamental para previr patoloxías. Os alimentos alcalinos soen ter pouco azucre como: frijoles brancos, frijoles de soia, perexil, cilantro, allo, aguacate, laranxa, limón, cebola, cenoria, repolo, nabo e pepino. Tamén dé-

4HUMOR

bese beber auga cun PH superior a 6 e 7. Evite os alimentos procesados. Jacklane dixo unha vez que "se foi o home o que o fixo, non deberías comelo". Eu tamén creo que o que comemos debe de axustarse conforme aos deseños da natureza. Os aditivos utilizados nos alimentos son produtos químicos non naturais, tóxicos e procesados e, por tanto, elimínase o seu valor nutricional. O ideal sería comer alimentos completamente naturais, froitos e vexetais de producción biolóxica e así imos recuperar unha "mellor sensación". João Damião

Eu tamén creo que o que comemos debe de axustarse conforme aos deseños da natureza

INMOBILIARIA Alugo local económico no centro. Ideal para oficina, almacén ou trasteiro. 17m2. Dispón de baños comunitarios. 120 euros/mes máis 7 euros de comunidad. C.E.: C. Teléfono 627 203 131 Véndese casa céntrica en Xinzo de Limia. Baixo máis unha planta (144m2,) tres prazas de garaxe e patio, cinco habitacións, dous baños, cociña amoblada e terraza. 133.000 euros. Tel. 699 648 514 / 988 21 40 70 Alugo baixo na zona do Couto totalmente acondicionado. Con luz, auga, 70 m2. Prezo 300 euros. Tel: 653 208 506 Alúgase perruquería. Tel. 672 08 93 49 Alúganse apartamentos en Montalvo (de Semana Santa a outubro) con unha ou dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916 Alugo sala para actividades culturais, con posibilidade de cociña, baño e outros sertvizos. Tel.: 988 247 113. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Busco casa en alquiler na periferia de Ourense. Opción a compra ou dunha permuta dun piso situado na Valenzá. Tlf.: 600 826 029. Vendo casa pola estrada de Santiago, con finca. Para restaurar. Tel.: 672 089 349. Alugo oficina na rúa Progreso. Exterior. Prezo económico Tel.: 672 089 349. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19.

Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62.

TRABALLO Ofrécese señora para traballar con xente maior ou nenos. De toda confianza, con informes. Disponibilidade de coche e fins de semana Tel.: 606 422 543. Ofrécese señora para limpeza por horas Tel.: 674 500 513. Señora, auxiliar de enfermería responsable e con experiencia, ofrécese para coidar persoas maiores, enfermos, nenos e tarefas do fogar. Tel.: 620 052 173 Ofrécese señora responsable -española- para coidade de nenos ou persoas maiores. Con informes. Tel.: 606 422 543 Ofrécese auxiliar de enfermaría, con titulación, para o coidado de maiores. Como interna ou por horas. En Ourense ou arredores. Telf.: 663 043 561 Danse clases de francés a domicilio. Todos os niveis. Titulación en España e Francia. Tlf.: 625 745 611 Imparto clases particulares de Matemáticas a domicilio en Ourense capital. Todos os niveis. Tamen materias curriculares de ESO e Bacharelato. As clases son individuais e personalizadas. Ampla experiencia. Excelentes resultados. Económico. Interesados enviar WhatsApp ao 610 38 25 89. Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas

e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358. Fanse desbroces en tractor e a man. Tlf.: 63 521 448 Coido ou acompaño a maiores enfermos polas noites. Económico. Tel.: 616 361 548. Ófrecese señora seria e responsable para tarefas do fogar e coidado de nenos e maiores. Con informes. Preferencia zona Ponte. Tlf: 685 374 191. Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405. Ofrécese señora por horas para tarefas do fogar, coidado de nenos. Atende persoas maiores; tamén de noite en hospital ou domicilio. Telf.: 620 052 173.

VENDAS Vendo rizador de pelo con accesorios para alisar e rizar. Tel.: 666 303 635 Véndense dous lavacabezas de perruquería. Tel.: 672 089 349 Vendo cama hospitalaria articulada en bo estado, con colchón anti-escaras. Tlf.: 606 133 522 Vendo prensa de viño mediana/grande, ideal para decoración en xardíns. Tlf.: 606 133 522 Véndese mampara nova. Tel: 672 089 349. Véndense traxes de cabaleiro moi antigos en bo estado, ideal para Entroido. Prezo 10€. Tel: 610 979 897. Compro moble de cociña completo. Tel: 988 247 824. Vendo escritorio. Como novo, bo prezo. Tel: 672 089 349. Vendo estufa de frío e calor. Tel: 672 089 349. Vendo hormigonera de 280 litros e maquinillo / grúa (a gasolina). Tel.: 988 23 47 91


Barrios 8 de abril 2021


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.