Barrios 141

Page 1

Entrevista a José M. Díaz Barreiros, director de Gestoría Marcelino Díaz [Páx. 4-5]

TEMA

Páx.2 OURENSE

O Concello de Ourense remodela o parque dos Ponxos e varias rúas do Couto

Páx.6 VERÍN

Acordo para o Plan funcional do centro galego de innovación da FP

Páx.7 BARBADÁS Páx.11 DEPORTES

O Concello de Verín aproba un orzamento de 11,8 millóns de euros para 2021

Concello e CHMS finanzan obras de melloras en Bentraces

Páx.13

O Campionato de Galicia de kung fu moderno celebrouse no ximnasio Artai

A Sala Valente acolle unha exposición sobre entroidos da provincia

Sentidiño ou cuarta ola

[Páx. 2]

Construída unha ponte en Queizás

[Páx. 3]

[Páx. 7]

As restriccións mantéñense ata despois de Semana Santa. // Unha exposición percorre os entroidos ourensáns. // A ponte en Queizás desconxestionará Verín de tráfico pesado.

Número: 141 - Ano: XIV - 25 de marzo de 2021 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


2

Barrios 25 de marzo 2021

TEMA DA SEMANA

Remodelación do parque dos Ponxos

Pavillón dos Remedios Redacción O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense remodelará as canchas deportivas exteriores do Pavillón dos Remedios cun investimento de 240.000 euros. O Consello Reitor do CMD aprobou por unanimidade na súa xuntanza do 18 de marzo celebrada no salón de plenos, o proxecto das obras, que persiguen humanizar a contorna e mellorar a integración do espazo deportivo coa rúa Pardo de Cela e coa capela dos Remedios. Así, eliminaranse os valados perimetrais que rodean na actualidade esta área deportiva, para conectala directamente coa rúa de Pardo de Cela xerando unha praza con arborado e mobiliario urbano, que lle dará tamén máis permeabilidade á zona e unha maior visibilidade ao edificio principal e á capela. As canchas deportivas de fútbol sala, baloncesto e voleibol desprazaranse lixeiramente, alonxándose un pouco máis do edificio, e incorporarán novo pavimento elástico, acondicionarase unha área de calistenia e renovarase a iluminación para acadar maior eficiencia.

Axudas para libros Redacción A Xunta de Goberno Local aprobou a convocatoria das axudas que o Concello lles concederá ás familias para a compra libros e material escolar e os gastos en comedores escolares para o próximo curso 2021/22, cun orzamento de 294.250 euros. Tamén aprobou a convocatoria das subvencións ás asociacións e entidades sen ánimo de lucro no ámbito dos servizos sociais, dotadas cun orzamento de 325.000 euros. Nos dous casos, presentaranse as súas solicitudes desde o día seguinte ao que se publique a convocatoria no BOP.

4 Rúas do Couto adecéntanse esta semana. Redacción

A exposición pódese visitar durante maio e abril. /I.OSORIO.

O Entroido en Ourense 4 A sala Valente acolle a mostra 'Os nosos Entroidos: exposición de traxes tradicionais e de personaxes' de toda a provincia. Redacción A sala Valente acolle a mostra ‘Os nosos Entroidos: exposición de traxes tradicionais e de personaxes’, que abre ao público durante os meses de marzo e abril, e que na primeira semana aberta contou con 1550 visitantes. Prevista para o mes de febreiro -as restricións pola Covid impediron facer coincidir a exposición coas datas de Entroido-, está formada por 110 pezas de 44 entroidos distintivos da provincia. “É a maior festa que temos en Ourense, e Ourense, cidade e provincia, é unha potencia do Entroido”, asegurou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, durante a inauguración da mostra. “Trátase da maior exposición que se fixo nunca sobre o Entroido en Galicia”, dixo o rexedor perante integrantes da corporación municipal e outros persoeiros como Gabriel Alén, delegado territorial da Xunta de Galicia, e os vicepresidentes da Deputación,

A mostra conta con 110 pezas de 44 entroidos da provincia

Rosendo Fernández e César Fernández. Aforo e horario O recinto ten un aforo máximo de 25 persoas, debido ás medidas sanitarias contra a pandemia da COVID-19. O horario de apertura da sala Valente (rúa do Paseo 20, planta baixa) é de martes a sábado, de 11 a 14 horas e de 17 a 21 horas;

os domingos de 11 a 14 horas. Os luns o espazo permanece pechado.

O Couto Tres rúas do barrio do Couto comezaron as súas obras esta semana. O luns 22 deron comezo na rúa Castro Canseco; o martes 23 iniciáronse na Mateo de Prado e o mércores 24 tocoulle ás obras de mantemeno na rúa Entroido.

Achados O interese que a mostra espertou fixo posible que nestes primeiros días se puidesen achar dous novos traxes tradicionais de entroidos provinciais, dos que proximamente se dará conta e se achegarán a esta exposición.

O aforo é de 25 persoas e o horario: de martes a sábado de 11 a 14h (tamén o domingo) e de 17 a 21h. O luns está pechado 4 Elementos expostos Os elementos expostos, algúns con máis de medio século de historia, proceden de cesións realizadas por 39 concellos, por asociacións culturais e por particulares, e non faltarán pantallas, peliqueiros, cigarróns, boteiros ou a famosa Morena de Laza. Porén, a exposición conta tamén con traxes descoñecidos para o grande público: amosaranse, por vez primeira, traxes recuperados logo de anos de estudo e de investigación antropolóxica ao longo da provincia, en palabras de Francisco González, director da exposición.

O Concello de Ourense, a través da Concellería de Medio Ambiente, repuxo os aparellos do parque de adestramento físico dos Ponxos, no barrio do Polvorín, na marxe dereita do río Barbañica, xa que os vellos estaban desgastados polo seu uso. O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, visitou esta actuación trala súa posta en funcionamento, moi demandada pola veciñanza. O parque conta xa con 11 aparellos novos que permitirán realizar diferentes adestramentos cardiovasculares aos seus

usuarios: esquí de fondo, slalom, patinaxe, bicicleta, remo, etc. e permitirá exercitar tódolos grupos musculares, gañar forza, tonificar músculos e mellorar a mobilidade articular das persoas. O orzamento desta actuación foi de máis de 14.000 euros.

Tamén están a Pita das Eiroás, a Paquita e o Nicanor de Seixalbo ou o Frei Canedo, figuras senlleiras dos entroidos da cidade. Pero tamén se poderán coñecer, grazas ao traballo de recuperación de tradicións esquecidas na cidade de Ourense, outras figuras tradicionais desta festa coma os domingos de cacharelas -o equivalente na cidade do domingo oleiro- ou as tradicionais líricas, pezas satíricas propias do Entroido ourensán semellantes ás que coñecemos doutras latitudes, coma as chirigotas gaditanas.

Jácome probando un dos aparellos de adestramento.

Ponte Lebrona Redacción Un convenio de colaboración entre a Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) e o Concello de Ourense fará posible a construción dun sistema de retención de flotantes no aliviadoiro de Ponte Lebrona, na conca do río Barbaña. As actuacións consistirán no desmonte da actual pantalla deflectora e a instalación dun equipo de re-

tención de flotantes de tipo reixa fabricado en aceiro inoxidable e dotado dun sistema de limpeza. Tamén se executará un circuíto de control que permitirá elixir o modo de funcionamento do equipo entre manual ou automático. O investimento, que será asumido integramente pola Confederación estímase en 95.000, IVE incluído. Unha vez finalizadas e recibidas as obras, serán entregadas ao Concello de Ourense para o seu mantemento e conservación.

Xunta de Goberno Local onde se aprobou o convenio.


TEMA DA SEMANA

Barrios 25 de marzo 2021

3

Co temor dunha cuarta ola 4 Galicia manterá as restricións ata despois de Semana Santa. Redacción Chega a Semana Santa e o temor a unha cuarta ola fai que tanto desde o Goberno central como o autonómico busquen as medidas máis axeitadas para previr o aumento dos contaxios, do que non é seguro que poidamos zafarnos (agora ou máis adiante, mentres non teñamos unha porcentaxe importante de cidadáns vacinados). Ourense é a provincia, xunto a Lugo, galega con menor incidencia acumulada a 7 e 14 días. A pesar diso, Beade súmase dende este venres a Maside no nivel máximo de restricións, polo que estará prohibida a mobilidade con outros concellos (salvo por motivos sanitarios, educativos ou laborais). Tampouco haberá reunións entre non convivintes e a hostalaría estará pechada (agás para levar e a domicilio). Vilardevós baixa a nivel alto polo que levanta o peche perimetral e a hostalaría poderá

Viandantes con máscara nunha rúa ourensá./M.REJO. servir, co 50% do aforo, en terraza. As reunións en exterior, ata seis non convivintes. Ademais, Carballiño, Ribadavia, Xinzo e Coles pasan a nivel medio, permitindo o aforo do 30% en interior, e 50% en exterior da hostalaría. Boborás e A Mezquita volverán ao nivel máis baixo de restricións ao baixar a incidencia a

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda asegurou que hai que afianzar o acadado, e que o obxectivo non é “a Semana Santa” senón salvar “os meses centrais de verán”

menos de 150 casos por cada 100.000 habitantes; deste xeito amplíase o aforo ao 50% en interiore 75% en exterior dos bares. A boa nova foi que o Hospital de Verín quedou libre de covid este martes 23; o do Barco de Valdeorras tampouco ten pecientes positivos. En canto á capital, contabiliza 23 pacientes en planta e dous na UCI. Restricións As restricións para Semana Santa seguen sendo o peche perimetral entre comunidades; o toque de

queda desde as 23 horas; prohibición de reunións de non convivintes en domicilios; e limitacións de xuntanzas de catro persoas en interior e seis en exterior nos establecementos hostaleiros. En canto ao deporte, permítese cun máximo de seis persoas se é ao aire libre (e con uso da máscara e sen contacto directo entre eles). Nos ximnasios, pola súa banda, serán catro -máis o monitor- o tope das clases. Nos espectáculos deportivos e culturais o aforo permitido non pode superar o 30% en ningún caso.

Unha das polémicas é o turismo estranxeiro; mentres un non se pode mover dunha comunidade a outra, os turistas doutro país si poden vir ao noso. Para os grupos turísticos o máximo permitido é de oito persoas -sen contar co monitor- por visita. Sanidade comeza a ver con preocupación a tendencia á alza que sofren algunhas comunidades, a pesar de todo parece que non edurecerá as medidas. Desde o Sergas, o conselleiro, Julio Comesaña, declarou que "queda pouca capacidade de axuste". O conselleiro destacou, na última comparecencia realizada, que Galicia "está nunha situación de meseta" aínda que hai zonas con "lixeiros ascensos". Tamén incidiu en que é preciso reducir, na medida do posible, todos aqueles desprazamentos que non sexan imprescindibles. “Canto menos risco, máis saúde”, aseverou. A "meseta" da que fala o conselleiro reflíctese nos datos mostrados polo Sergas nos últimos días. A provincia segue cos mesmos 160 casos do día anterior (houbos sete casos máis por sete altas, de aí a mesma cifra de positivos). Os falecementos non subiron, quedándose a cifra nos 413 decesos. AstraZeneca Retomouse a vacinación con AstraZeneca despois de máis dunha semana paralizada por mor de casos de trombose en pacientes vacinados. Así, en Ourense serán 40.000 persoas de entre 56 e 65 anos os que a recibirán. A Axencia Europea do Medicamento (EMA) non viu concordancia entre a vacina e os casos de trombose.

Galicia manterá as medidas de horario e aforo ata o 6 de abril, pasada a Semana Santa./M.REJO.

Hostalaría No caso da hostalaría, Galicia manterá as medidas de horario e aforo ata o 6 de abril (pasada a Semana Santa). Será a

partir dese día cando o comité tomará a decisión de avanzar na desescalada ou manter as restricións (igual ou máis severas), pero sempre tomando como referencia os datos. Polo tanto, cafeterías e bares abrirán ata as nove da noite. O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, que mantivo unha reunión -xunto aos conselleiros de Sanidade e Emprego, Julio García Comesaña e María Jesús Lorenzana- con representantes do sector, alertou do "cambio de tendencia" en comunidades do entorno; ademais, vaticinou que se chegan en abril "as doses comprometidas" avanzarase de "forma importante" na vacinación. Rueda asegurou que hai que afianzar o acadado, e que o obxectivo non é "a Semana Santa" senón salvar "os meses centrais de verán". Pola súa banda, o sector hostaleiro pediulle á Xunta que incrementase a vixiancia policial, sobre todo nos días festivos que están por chegar. Axudas A conselleira de Emprego e Igualdade afirmou que a Xunta xa aboou 9,7 millóns de euros das axudas do segundo plan de rescate. Ademais, avanzou que se está a traballar no terceiro plan para cando cheguen os cartos do Estado Central activalos na maior brevidade posible.

En Ourense serán 40.000 persoas de entre 56 e 65 anos os que a recibirán a vacina de AstraZeneca A provincia conta con 160 casos positivos, sendo a cifra de falecidos de 413


4

Barrios 25 de marzo 2021

ENTREVISTA

ENTREVISTA A JOSÉ MANUEL DÍAZ BARREIROS, DIRECTOR DE GESTORÍA MARCELINO DÍAZ

"Pola Covid-19 creamos rapidamente unha oficina de atención ás pemes e autónomos" 4 Achegámonos a Gestoría Marcelino Díaz que cumple 65 anos de éxito no sector. Coñecemos os seus inicios, a súa evolución e os seus plans de futuro da man do seu director. Redacción Cumprir 65 anos hoxe en día lonxe de apenar é todo un motivo de celebración. Pero cando quen festexa esta cifra é unha empresa local a ledicia é dobre, porque Gestoría Marcelino Díaz, lonxe de estar a punto de xubilarse, parece un mozo emprendedor con gañas de aprender e de medrar; renovándose e adaptándose aos avances para estar ao día dos continuos cambios que reclama a nosa sociedade. Para coñecer un pouco máis de preto a un dos negocios ourensáns máis lonxevos falamos co seu director, José Manuel Díaz Barreiros, que nos da as chaves da súa longa historia e as súas señas de identidade: a cercanía e a confianza. Cando Gestoría Marcelino Díaz cumple 65 anos, botemos a vista atrás. Cómo foron os inicios? José Manuel Díaz: "A xestoría administrativa, axencia de seguros e da propiedade inmobiliaria foi fundada polo meu pai, Marcelino Díaz Fernández en 1956. A súa sede inicial foi na rúa Capitán Eloy nº28 (hoxe rúa Concordida) de Ourense e iniciouse con tres traballadores". Como evolucionou nestos anos? J.M.D.: "A evolución nestes 65 anos levouna a converterse nun grupo de empresas que ofrecen, servizos profesionais de xestoría administrativa, asesoría de empresas e correduría de seguros, que se prestan tanto a nivel local, autonómico e nacional. En 1980 cambiouse a sede ao domicilio actual en Ramón Cabanillas, nº 4-entreplanta, a unhas oficinas modernas e amplas de 300 metros

Por suposto, tamén é chave saber renovarse e adaptarse ás necesidades do momento, mesmo adiantarse ao que vén, así como estar en constante formación. Soubemos converternos nunha empresa que atende as necesidades dos nosos clientes. De feito este ano ampliaremos as nosas oficinas cun local anexo que temos de 200 metros para prestar novos servizos. Pasaremos a ter unhas oficinas de 500 metros cadrados no centro de Ourense". José Manuel Díaz Barreiros coa sede da Xestoría Marcelino Díaz ao fondo. /M.REJO.

“A razón de perdurar tantos anos débese ao traballo serio, rigoroso, profesional e honesto que nos ensinou o seu fundador”, explica José Manuel Díaz cadrados (edificio construído por Marcelino Díaz). A empresa é de carácter familiar e durante todos estes anos traballaron nas nosas empresas preto dun cento de persoas. O uso da informática foi fundamental no avance e evolución".

equipo de administrativos formados en cursos superiores de xestión administrativa. Así mesmo, temos convenios asinados coa Universidade de Vigo, a CEO, centros de FP e academias para acoller alumnos en prácticas".

Unha cifra, a do aniversario, que chama á xubilación, pola contra, traballades coas mesmas gañas de dar servizo que ao principio. J.M.D.: "Cumprimos 65 anos e non pensamos en xubilarnos aínda. Hoxe estamos á fronte da dirección a segunda xeración: eu mesmo (José Manuel Díaz Barreiros, fillo do fundador) ademais de Rosa García (economista). E a terceira xeración ten as portas abertas".

Que servizos ofrecedes? J.M.D.: "Os servizos profesionais que ofrecemos na actualidade son de xestoría, asesoría integral de empresas (fiscal, laboral, contable e financeiro) e correduría de seguros. Ademais, asesoramos na Lei de Protección de Datos e Prevención de Riscos Laborais. Os noso servizos

Quen conforma Gestoría Marcelino Díaz? J.M.D.: "Na actualidade o persoal do grupo somos 20 persoas, con perfís profesionais de avogados, economistas, xestores, corredores e consultores. Ademais, contamos cun

“Creamos o gabinete de apoio ao emprendedor, punto PAE, en materias como mercadotecnia, publicidade e novas tecnoloxías”

están dirixidos a pemes e autónomos". Para manterse tantos anos está claro que a readaptación é imprescindible para toda empresa que queira perdurar no tempo. Cales foron as claves principais de Marcelino Díaz para esta lonxevidade? J.M.D.: "A razón de perdurar tantos anos débese ao traballo serio, rigoroso, profesional e honesto que nos ensinou o fundador.

Neste século a evolución das novas tecnoloxías foi impresionante e vós non vos quedastes atrás. Esta adaptación serviu para dar unha mellor resposta ao cliente? J.M.D.: "O uso das novas tecnoloxías foi fundamental no noso éxito. Hoxe as nosas actividades profesionais desenvólvense telemática e dixitalmente. A xestión e tramitación de expedientes coas Administracións Públicas realízanse por estes medios, gañando en rapidez e economía para os nosos clientes. Adaptámonos continuamente aos avances para estar ao día e non perder o carro da modernidade e o progreso". Coa pandemia viuse

o necesario que son as xestorías como Marcelino Díaz, xa que moitas pemes e autónomos tiveron que recorrer a vós para que os asesorarades. Como viviestes esta situación? J.M.D.: "Por mor da pandemia pola Covid-19 creamos rapidamente unha oficina de atención ás pemes e autónomos especializada en tramitación de axudas e subvencións (da Xunta de Galicia, Goberno, Deputación, Concellos, Igape,...), así como asesoramento na solicitude de préstamos ICO (coas súas carencias e moratorias). Tamén asesoramos aos nosos clientes na condonación/rebaixa de rendas de aluguer de locais comerciais e naves industriais. Así mesmo, tramitamos os ERTES para que as empresas puidesen ter aos seus traballadores suspendidos e cobrando do paro así como as cotizacións sociais. Tramitamos ante as Mutuas de Accidentes os cesamentos por actividade dos autónomos. En definitiva, estamos á altura das circunstancias como en crises anteriores, aínda que esta está a ser moi dura e complexa". Digamos que, nesta situación tan difícil, sodes

A plantilla de Marcelino Díaz está conformada por 20 profesionais.. /M.REJO.


OURENSE

a luz para autonómos á hora de orientalos, por exemplo, para pedir as diversas axudas aprobadas pola pandemia da Covid-19. J.M.D.: "Exacto. Os Fondos de Recuperación Económica e Resiliencia (Next Generation) son unha oportunidade única para o sector empresarial. A Unión Europea aprobou 140.000 millóns de euros para España. Por iso, desde aquí animo ás pemes e autónomos a que se informen e asesoren sobre os mesmos pois a convocatoria abrirase en breve e coa presentación de proxectos empresariais poderán modernizarse en actividades industriais, comerciais e de servizos. No período 20212023 a Unión Europea aprobou 72.000 millóns de euros de axudas directas para España e o resto será vía financiamento. Sectores como mobilidade, I+D+I, ciencia e innovación, infraestruturas, cultura e deporte, enerxías verdes e renovables, sustentabilida-

Audiencia Provincial

de, políticas de emprego, saúde pública, etc.". Cales son os vosos próximos objetivos, sempre co fin dar un maior servizo ao cliente? J.M.D.: "A nosa intención este ano é seguir medrando, ampliando os nosos servizos profesionais adaptándoos ás demandas dos nosos clientes e xa creamos o gabinete de apoio ao emprendedor, punto PAE, en materias como mercadotecnia, publicidade e uso de novas tecnoloxías, con expertos profesionais nestas materias. En definitiva, agardamos que co noso esforzo e traballo podamos seguir prestando os nosos servizos profesionais nas mellores condicións moitos máis anos. E para rematar, aos nosos clientes e amigos/as agradecémoslles a súa confianza, fidelidade e amizade ao longo de todo este tempo".

Barrios 25 de marzo 2021

Redacción

Díaz Barreiros, director de Gestoría Marcelino Díaz.

4 José Manuel Díaz Barreiros José Manuel Díaz Barreiros pertence á segunda xeración da empresa e actualmente ocupa o cargo de director. Con 56 anos (1965-Ourense) Díaz Barreiros é Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, Procurador dos Tribunais, Xestor Administrativo, Corredor e Perito Xudicial de Seguros. Ademais, conta con másters en Asesoría Xurídica e en Dirección de Asesoría Fiscal de Em-

presas polo Instituto de Empresas (Madrid). Foi vicepresidente da CEO (2013-2019) e actualmente é membro do seu comité executivo e xunta directiva, así como da Confederación de Empresarios de Galicia. Tamén presidiu a comisión de Profesionais da Cámara de Comercio de Ourense, foi membro do Consello Social da Universidade de Vigo e da Fundación Galega Empresa Universidade (Feuga).

Varias dependencias da Audiencia Provincial contarán con climatización. O Goberno galego levará a cabo a instalación de climatización dos despachos e oficinas da Sección Segunda da Audiencia Provincial. O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, acompañado do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, mantivo encontros co xuíz decano, Leonardo Álvarez; a secretaria pro-

5

vincial coordinadora, Josefina Diz; a fiscal xefe, Eva Regueiro; e o presidente da Audiencia Provincial, Antonio Piña, aos que lles anunciou a iniciativa. Ademais, o ano pasado instaláronse unhas 470 luminarias con tecnoloxía LED que supuxeron unha redución de 46,2 toneladas anuais de emisións de dióxido de carbono e un aforro de máis de 11.000 euros anuais. E co obxectivo de facilitar a ventilación natural dos espazos colocáronse un total de 87 fiestras de dobre acristalamento, que supuxeron unha redución do consumo de enerxía de máis de 12.500 euros / ano.

Visita de Juan José Martín á Audiencia Provincial.


6

Barrios 25 de marzo 2021

OURENSE

Plan funcional do centro galego de innovación da FP

EN BREVE 4 Os venres con IA

‘Os venres con IA’ analizan este venres, 26 de marzo ás 12 h, a Axenda 2030 a través das ferramentas da Intelixencia Artificial. Desta vez coa profesora da UNED Ángeles Manjarrés, que falará de “Intelixencia Artificial e Axenda 2030”. A charla emitirase a través de https://youtu. be/apuQhj8mM0g e analizará a potencial contribución das tecnoloxías intelixentes á satisfacción dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible de Nacións Unidas, e preséntanse ferramentas, metodoloxías e técnicas de soporte ao desenvolvemento de aplicacións coherentes con este propósito.

4 ProCampus O alcalde recibiu a representantes da plataforma Pro Campus co gallo da defensa da implantación do grao de Intelixencia Artificial no Campus de Ourense. Gonzalo Pérez Jácome, agarda que polo menos unha das 10 novas titulacións que se implantarán nas universidades galegas veña para Ourense, considérao “vital”, “interésanos moitísimo reclamar que o Grao de Intelixencia Artificial veña para o Campus de Ourense”.

4 Cita previa O Concello ultima un sistema dixital de cita previa para evitar as ringleiras de persoas, que implantará logo de Semana Santa. “Queremos acabar coas ringleiras de persoas que agardan cada día no exterior do Concello”, afirma o alcalde.

4 Xunta e Deputación de Ourense veñen de acordalo. Redacción

Emilio González e Manuel Arias co alumnado en prácticas.

Prácticas na Subdelegación do Goberno O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, e o secretario xeral da Subdelegación do Goberno, Manuel Arias (que será o titor dos cinco alumnos), recibiron ao alumnado da Facultade de Dereito do Campus de Ourense que cursarán prácticas externas neste organismo durante un período de 135 horas. Durante o encontro, o subdelegado sinalou a importancia da realización deste tipo de prácticas que permiten que o alumnado “aplique e complemente os coñecementos adquiridos na súa formación académica, favorecendo a adquisición de novas competencias preparatorias para o exercicio profesional e que fomenten a súa empregabilidade. Ademais, esta experiencia permite achegar a Administración Pública a aqueles alumnos que desexen proxectar a súa carreira profesional nela”.

Xunta e Deputación pechan o plan funcional do centro galego de innovación da FP en Ourense. O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez sinalou que o plan funcional vai servir para axustar os diferentes espazos do centro ás necesidades dos seis principais ámbitos de desenvolvemento do centro (realidade virtual, simulación de procesos, impresión 3D, industria 4.0, industria enerxética e biotecnoloxía) e aos piares sobre os que se está a elaborar a nova folla de ruta da FP galega, que se presentará esta primavera. Rodríguez explicou que se está traballando para que o Centro Galego de Innovación da FP en Ourense poida entrar en funcionamento o vindeiro curso 2021-2022. Nestes momentos, as

obras xa están completas ao 65%. Distribución O Centro Galego de Innovación da FP de Ourense distribuirase en planta baixa e primeira planta, cun total de catro talleres, dous laboratorios e catro aulas-taller, totalmente equipadas coas últimas tecnoloxías industriais e de comunicacións, e zona de administración e servizos, cunha superficie total construída de 2.415 m². Desenvolvemento Aínda que no Centro Galego de Innovación da FP poderían ter cabida proxectos de innovación de distintos ámbitos, inicialmente contará con equipamento singular dos que aglutinan boa parte da innovación nos centros educativos de Formación Profesional, e da demanda de I+D+i no tecido empresarial galego.

A conselleira de Mobilidade, Ethel Vázquez, o alcalde de San Cibrao, Manuel Pedro Fernández, e o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén. /RAMSÉS.

Melloras na estrada N-525 A Xunta caba de licitar por importe de case 3,6 millóns de euros as obras de mellora do firme e do reforzo da seguridade viaria da estrada N-525, na contorna dos polígonos empresariais de San Cibrao das Viñas e de Barreiros. As empresas interesadas teñen ata o vindeiro 7 de abril para presentar as súas ofertas. O obxectivo é iniciar as obras este mesmo verán e axilizalas ao máximo para poder rematalas este mesmo ano, pese a que o prazo de execución é de 12 meses. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, explicou que se trata de mellorar o treito autonómico da estrada N-525, 14 quilómetros de vía que tivo que asumir a Xunta para poder executar o novo acceso ao polígono de San Cibrao das Viñas.

O conselleiro, Rodríguez, e o presidente da Deputación, Baltar, visitaron as obras do centro. /RAMSÉS.


VERÍN E COMARCA

Barrios 25 de marzo 2021 EN BREVE

Verín aproba o seu orzamento

4 Reunión con Gabriel Alén

4 É de 11,8 millóns. Redacción O pleno do Concello de Verín aprobou definitivamente o orzamento para este 2021 cos votos a favor do grupo de Goberno e os votos en contra da oposición. O mesmo ascende a 11,8 millóns de euros. Porén, o punto máis quente deste pleno de marzo foi o que abordaba o tema da Oficina Agraria comarcal. A mesma, ubicada na praza de Abastos, ten que ser desaloxada pola Xunta de Galicia por mor dunhas obras que se van realizar nelas; ademais, despois serán utilizadas para uso municipal, en concreto para o novo Museo Comarcal, que na actualidade está ubicado no claustro Mercedario e que se ten que desaloxar. O porvavoz do PP, Jiménez Morán, pedía diálogo coa Consellería do Medio Rural, mentres que o rexedor, Gerardo Seoane, aseguraba que xa en 2015 se lle ofrecía á Xunta

un lugar alternativo na zona da Alameda. Seoane tamén explicou que o "prazo que se lle dá a administración para reubicar as súas oficinas é debido a que o Concello ten que abandonar a actual ubicación do Museo de Verín". Tamén quixo deixar claro que o grupo de Goberno "facilitará toda a colaboración que se precise e axudará á Xunta na busca de local, non tendo por que saír estas oficinas do casco vello xa que hai un local que poden utilizar". Mocións Por outra banda, aporpubouse a cesión dos tramos tramos urbanos das estradas OU-113 e OU-310. A que non se aprobou foi unha moción que os populares querían levar pola vía de urxencia -sobre as taxas de terrazas-, pero que tanto PSOE coma BNG votaron en contra da urxencia da mesma.

Pleno de marzo en Verín. /CMZ.

Certames Redacción O Concello de Verín convoca os Certames “Poesía Xosé Carlos Caneiro Pérez” e “Relato Curto Antonio Fernández Pérez” para celebrar o día das Letras Galegas. A entrega dos premios terán lugar no Auditorio Municipal de Verín o día 17 de maio con motivo do Día das Letras Galegas. Tanto no certame de relato curto coma no de poesía poderán participar persoas matriculadas en Primaria (5º ou 6ª), 1º ciclo de ESO e 2º ciclo

de ESO en calquera dos centros docentes da comarca de Verín. Os relatos e poemas preseleccionados en cada centro enviaranse a cultura@verin.gal, antes das 12 horas do 7 de maio, en ficheiros abertos que se denominarán co LEMA_ seguido de P, E1 ou E2, segundo o nivel no que concursarán (Primaria, 1º ciclo de ESO ou 2º ciclo de ESO).

Participantes da gala de 2018.

7

Vista aérea da nova ponte en Queizás.

Rematada a nova ponte construída en Queizás 4 A segunda fase do proxecto unirá o viaducto con polígono de Pazos. Redacción O Concello de Verín vén de rematar as obras de construción da nova ponte de Queizás. Esta primeira fase executada corresponde á finalización da estrutura completa do viaduto. A segunda fase unirá a ponte co polígono de Pazos, dotando ao mesmo dun novo acceso e conectándoo coa estrada N-532. Así mesmo permitirá desconxestionar o tráfico da estrada N-525 influíndo isto de maneira positiva na circulación do núcleo de Verín e os seus arredores. Esta actuación, que ten como principal obxectivo retirar o tráfico pesado do centro, especialmen-

Protección Civil Redacción Gerardo Seoane Fidalgo, alcalde do Concello de Verín, e o presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín, Manuel Alfonso Araujo, asinaron o convenio de colaboración entre as dúas entidades para o mantemento da operatividade e prestación de servizos da agrupación. O alcalde, anunciou unha subida do 20% da achega a esta agrupación. No acto, o presidente da agrupación entregou e explicou ao alcalde a me-

te aos camións con destino ao polígono de Pazos (uns 600 vehículos diarios, aproximadamente), supón un investimento total de 1 millón de euros; dos cales 800.000 euros son achegados polo Instituto para a Diversificación e o Aforro Enerxético (IDAE) e 200.000 euros corresponden a fondos propios municipais. Segunda fase Coa finalización das obras de construción desta ponte, o Concello de Verín dá luz verde á unha segunda fase do proxecto que, cunha inversión de 600.000 euros, consistirá na realización das obras necesarias para culminar a unión deste viaduto co moria anual de actividades realizadas polos voluntarios durante o ano 2020. Araujo detallou balance anual do ano 2020, no que aumentaron nun 60% o número de operativos con respecto ao ano anterior. Destas intervencións, o 70 por cento estiveron relacionado coa pandemia: traballos de repartición de alimentos e medicamentos, entrega de material escolar, desinfección de vehículos de emerxencias ou colaboración nos cribados covid-19 realizados pola Xunta de Galicia. A parte destas actuacións realizáronse outras como a colaboración na extinción de incendios forestais na

polígono de Pazos. «Ca finalización desta segunda fase, completarase o novo viario perimetral que servira de circunvalación complementaria á que se desdobra das autovías A-52 e A-75 de xeito que os camións non teñan que abordar o casco urbano e se reduzan así significativamente as emisións contaminantes», explicou Gerardo Seoane, alcalde de Verín.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, reuniuse co alcalde de Verín e para escoitar as principais demandas do municipio en relación á Administración autonómica. Trataron asuntos en materia de infraestruturas viarias, saneamento e polígonos industriais. Alén tivo a ocasión de analizar co rexedor municipal a decisión unilateral de peche da Oficina Agraria Comarcal. O delegado amosoulle o seu rexeitamento a esta medida, adoptada sen comunicación á Xunta, subliñando que “esta oficina é moi importante para o servizo dos agricultores, gandeiros e silvicultores da bisbarra, e reiteroulle a oferta de diálogo, como xa fixera o conselleiro do Medio Rural, “para buscar unha solución consensuada e que non afecte ás prestacións que proporciona ao sector agrícola e gandeiro da comarca”.

4 Forno municipal

Esta actuación ten como principal obxectivo retirar o tráfico pesado do centro de Verín

A Consellería do Medio Rural investirá un total de 44.453 euros na rehabilitación do forno tradicional situado no lugar da Caridade (Monterrei). Será recuperado dentro do programa de proxectos senlleiros impulsados pola Agader.

comarca, ou intervencións de apoio en situacións de emerxencia derivadas dos temporais de vento, inundacións etc. «Recentemente cumprido o ano da pandemia, os voluntarios estiveron e seguen estando ao pé do

canón, desde o primeiro momento, coas persoas que máis o necesitan. É un traballo duro, pero o agradecemento que nos mostra a xente é o que nos axuda a seguir adiante co noso labor», explicou Manuel Alfonso Araujo.

Araujo e Seoane firman o convenio entre Concello de Verín e Protección Civil.


8

Barrios 25 de marzo 2021

VERÍN E COMARCA

Verín, no WhatsApp

EN BREVE 4 Carreira do Lázaro de BTT O club BTT de Verín organiza, en colaboración co Concello, a quinta carreira do Lázaro, esta vez por GPS. As persoas interesadas en participar poderán completar o percorrido ata o 4 de abril. Para realizar a inscrición, cun custo de 5 euros, é necesario descargar a APP de Saudeter.

4 Maios Verín doará “íntegra” a partida orzamentaria destinada á festividade dos Maios ás persoas máis desfavorecidas da comarca. Nesta ocasión, os fondos destinaranse ao programa de atención ás necesidades básicas de persoas da comarca de Verín do C.D.R. Portas Abertas. O Concello celebrará a festa dos Maios, mantendo a elaboración das tradicionais coplas, adaptadas e optimizadas para a súa lectura e difusión a través de internet.

4 Polígono de Tamagos O PSdeG-PSOE de Ourense denunciou en rolda de prensa a situación de bloqueo que vive o polígono de Tamagos dende hai dez anos, por culpa da Xunta de Galicia e que lle negan o desenvolvemento de chan industrial a toda unha comarca. Os socialista lembran que o proxecto sectorial foi aprobado en 2011, pero a día de hoxe segue “totalmente paralizado”, motivo polo que lle reclaman ao que se proceda “con urxencia” o seu desenvolvemento.

Redacción

Suárez, Alén e Seoane cos alumnos do obradoiro de atención socio sanitaria.

Dous módulos forman a alumnos en Verín 4 Dirixidos á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional. Redacción O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, acompañado do alcalde de Verín, Gerardo Seoane, e o presidente da Mancomunidade de Verín, José Luís Suárez, visitaron as instalacións da Mancomunidade de Verín onde ten lugar o obradoiro de emprego “Mocidade da Mancomunidade V” onde o seu módulo de atención socio sanitaria en institucións sociais se está desenvolver, e no que, xunto co módulo de froitocultura, a Xunta inviste máis de 369.400 euros. Nestes cursos, que principiaron o 7 de setembro e participan 16 alumnos/as traballadores/as, estanse a impartir dúas especialidades: froitocultura, e atención socio sanitaria en institucións sociais. Alén Castro, sinalou que os talleres están dirixidos

á realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten un traballo que, xunto coa formación profesional para o emprego, busque a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral. Esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios reciben formación específica que lles permitirá iniciar os seus propios proxectos. O delegado da Xunta felicitou aos participantes: “porque teredes a oportunidade de formarvos durante meses e de traballar para mellorar as vosas capacidades profesionais e a vosa empregabilidade, polo que é moi importante aproveitar esta formación para poder atopar un emprego”. A etapa de formación en alternancia coa práctica profesional ten unha duración de 12 meses, que tamén estará dirixida

á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional. Prácticas Os ensaios de viña e cultivos levanse a cabo no Centro Agrogandeiro do INORDE en Monterrei. Pola súa banda, o módulo de atención socio sanitaria en institucións sociais, xunto coa formación teórica, esta contemplado que este se complete na Residencia do Toural e na Residencia dos anciáns desamparados de Verín.

A Xunta inviste preto de 400.000 euros nos obradoiros de atención socio sanitaria en institucións sociais e froitocultura

municipal máis relevante; axenda cultural, noticias, alertas de última hora, eventos, cursos, lecer, etc.

O Concello de Verín pon en marcha un novo servizo gratuíto de información vía WhatsApp no que se ofrece toda a actualidade de servizo público e de interese para a cidadanía. A comunicación, unidireccional (non se responderá a ningunha mensaxe nin se atenderán consultas personalizadas), permitirá aos usuarios desta aplicación ter á súa disposición información en tempo real e de maneira continuada nos seus dispositivos móbiles, podendo desta forma, estar ao tanto da información

Alta Quenqueira darse de alta deberá memorizar na axenda de contactos o número 663 98 79 01. Logo, envíase unha mensaxe coa palabra ALTA, e activarase nas 24 horas seguintes. Para darse de baixa, mandarase unha mensaxe coa palabra BAIXA.

IV Ciclo do Programa Universitario de Maiores

dirixida a persoas de máis de 50 anos. O programa distribúese ao longo de tres xornadas (25, 26 e 27 de marzo) impartidas por docentes da USC. Entre as materias que se abordarán neste ciclo figuran o Dereito e a Criminoloxía a Educación ou a Historia e o Patrimonio. Todas aquelas persoas -maiores de 50 anos- interesadas en inscribirse neste programa poden facelo, de maneira gratuíta, a través dos teléfonos 988 410 000, 988 410 001 ou 988 410 334, ou de maneira presencial na Casa do Concello de Verín, Negociado de Cultura (1º andar).

Redacción Verín acolle a cuarta edición do ciclo de Programa Universitario de Maiores da Universidade de Santiago de Compostela, que leva por título “Camiños de coñecemento e experiencia. Proxecto de democratización do Coñecemento”, grazas a un acordo de colaboración entre a USC e este ente municipal. Esta iniciativa está

Verín está no móbil.

Diego Lourenzo, tenente de alcalde de Verín, e Alexandre Sotelino, organizador das xornadas, na presentación.


VERÍN E COMARCA

A DO Monterrei, na Coruña 4 Unha trintena de viños estarán presentes nun Túnel do Viño o 25 e 26 de marzo. Redacción

Aspecto da biblioteca do IES García Barbón.

Nova Biblioteca no IES García Barbón A biblioteca, como lugar de traballo, estudo e investigación, ocupa un espazo esencial dentro dun centro educativo. Por este motivo, resulta importante a súa organización e xestión, así como a súa dinamización, co fin de atraer usuarios/as a unha estancia que resulte agradable, atractiva e eficiente. A renovación integral experimentada pola biblioteca do IES García Barbón persegue este propósito. Por unha banda, o espazo gañou en atractivo e funcionalidade, grazas as paredes pintadas de branco, ao novo mobiliario máis accesible e de cores neutras, á reforma das fiestras, que proporciona máis luz e illamento, e a iluminación, feita a partir dun estudo profesional, tendo en conta a finalidade do lugar. Por outra banda, o alumnado e o profesorado teñen máis de seis mil obras a súa disposición, colocadas en andeis á altura da vista. Os fondos inclúen obras de ficción e non ficción en galego, castelán e inglés, ademais de banda deseñada, CD de música, DVD de películas e xogos didácticos. Paralelamente, contamos con amplas mesas de estudo que posúen enchufes integrados para o uso de dispositivos electrónicos, ademais dunha mesa específica para xogos e un recuncho lector formado por dúas confortables cadeiras de brazos e unha pequena mesiña central.

Dende o punto de vista da dinamización –que coordina Carmen Manzano Rovira-, dende a Biblioteca do IES García Barbón lévanse a cabo unha serie de liñas de actuación destinadas a fomentar a lectura e inserir a biblioteca na vida escolar normal do alumnado como espazo de estudo e traballo, de aprendizaxe e convivencia. Para iso, dáse a coñecer dende o principio do curso o seu funcionamento e recursos dispoñibles; créanse actividades, exposicións e concursos ao longo dos trimestres que impliquen aos/ás estudantes; amplíase o fondo con novidades en libros, xogos e banda deseñada atractivos; faise publicidade das actividades e lecturas nas redes sociais; créanse espazos temáticos con material sobre Igualdade, Mindfulness, e proximamente, de Neuroeducación; implicando deste modo á biblioteca nos distintos proxectos de formación que se desenvolven no centro.

A biblioteca conta con amplas mesas de estudo que posúen enchufes integrados para o uso de dispositivos electrónicos

Unha trintena de viños da DO Monterrei formarán parte dun Túnel do Viño, que se levará a cabo na Coruña durante os días 25 e 26 de marzo. Durante esas dúas xornadas, a aula de Cata Paadín será testemuña desta actividade promocional da denominación, destinada á canle HORECA, catadoras, docentes e alumnos de centros de hostalaría, entre outros. Mostrarase aos participantes da devandita iniciativa cuestiones

como tipoloxías de viños, variedades de uva, características edafoclimáticas ou historia vitivinícola do territorio. Así mesmo poderán descubrir o produto que se elabora na denominación, da man das 17 adegas que participan nesta acción: Ladairo, Pazos do Rei, Gargalo, Castro de Lobarzán, José Antonio Dá Silva Pereira (Viños Lara), Crego e Monaguillo, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Terrae Monterrei, Pazo Branco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra

Barrios 25 de marzo 2021

Xusto (Vía Arxéntea), Tabú, Alba Ao-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo) e Manuel Vázquez Losada. "É a segunda acción promocional que realizaremos este ano, retomando o vínculo directo cos nosos prescriptores", destaca a súa presidenta, Lara Dá Silva. "Estamos nun momento no que a promoción do noso produto faise fundamental coa finalidade de, na medida das nosas posibilidades, tender pontes de comercialización para os nosos asociados, axudando como non pode ser doutra maneira tamén a fortalecer o conxunto da imaxe de marca de Monterrei", conclúe a presidenta. A primeira acción promocional do ano levou aos viños da DO ata Madrid.

9

EN BREVE 4 Teatro O sábado 27 de marzo, ás 19 horas, a compañía MDM, representará no Auditorio de Verín a obra de Carlo Goldoni “El mentiroso”, unha simpática comedia, para todos os públicos, que relata a historia dun mozo que xamais puido dicir a verdade. As entradas xa están dispoñibles, por 5 euros, en ataquilla.com.

4 FIC

Aberto o prazo para a recepción de curtametraxes de cara á VI edición do FIC Vía XIV de Verín, que se celebrará na segunda semana de setembro. Para calquera dúbida ao respecto, articulase un correo electrónico ao que dirixirse: inscricion@ficviaxiv. com. As curtas, que non poderán superar os 31 minutos de duración, teñen que ter sido realizadas con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2020.

4 Río Támega O Concello de Verín activou o seu plan especial de limpeza e desbroce das marxes do río Támega. Os operarios municipais están a traballar na primeira das súas fases, que abarca os tramos comprendidos entre a área recreativa de Tintores ata ponte da N-525 ao seu paso por Verín; e desde a ponte de Pazos ata nova ponte en construción situado en Queizás. A segunda fase dará comezo en setembro.

4 Vilardevós A Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia inviste preto de 200.000 euros nas obras de rehabilitación da igrexa de San Bartolomeu (Vilardevós). As actuacións abarcan, entre outra, a substitución integral da cuberta existente, incluíndo a súa estrutura de madeira e material de cubrición, intervencións de limpeza e rexuntado, a restauración do sistema portante das campás, a renovación das carpinterías existentes e a substitución do pararraios da instalación.


10

Barrios 25 de marzo 2021

ENTREVISTA

ENTREVISTA A AVELINO JÁCOME, DIRECTOR DA REVISTA “NÓS, A XENTE DO REDOR”

"Somos só unha manifestación da cultura que está dende sempre en estado latente nesta cidade"

4 Máis de medio cento de artistas levan colaborando nesta publicación. Redacción Quen coñeza a Avelino Jácome é sabedor do inquedo que é, e se falamos do eido cultural aínda máis. En pleno confinamento deulle voltas á súa cabeza para sacar adiante un proxecto no que xa viña pensando. Agora, un ano despois de aqueles temerosos días, a revista “Nós, a Xente do Redor” é unha realidade que conta con tres números publicados cun especial recordo no último a Fernando Gabelo, quen recibe unha merecida homenaxe neste número. A publicación conta ser trimestral. Como xorde a revista “Nós, a xente do redor”? Avelino Jácome: “Nace do confinamento, o feito de estar pechados dun día para outro, de súpeto, de xeito tan terríbel, levounos a pensar que podiamos facer algo pola cultura, pensar máis en positivo, vencendo o medo e poñendo uns grans de esperanza nunha situación tan difícil. Un grupo de artistas que nos xuntaramos ao redor da exposición de nome “A Xente do Redor”, na galería Tony Ferrer, onde o gran xenio do pintor Miguel Ángel Martínez Coello, presentou a colección de retratos dos persoeiros de Ourense, dende os máis coñecidos á xente do común, ese grupo de amigos e artistas foi a xénese. Cando na miña mente xurdiu a idea, falei con eles e inviteinos a participar no proxecto, estiveron de acordo e puxémonos a elo, con esa xenerosidade inmensa que os caracteriza a todos. As mellores ideas non valen de nada se non se arrisca”.

Quen conforma a revista? A.J.: “A revista é da xente de Ourense, porque Ourense ten os vimbios para facer o cesto dunha nova Atenas de Galicia. Pero a cultura ten que emerxer do pobo, da xente sinxela, que é a que ten as lembranzas da verdadeira galeguidade. Con este número tres da revista, chegaremos a contar con medio cento de colaboradores, dende os pintores que a ilustran Miguel Ángel Martínez Coello e Paco Ascón, que tamen colaboran cos seus artigos, escultores como Tony Ferrer, fotógrafos como Alan ou David Prada, poetas como; José Ramón Morgade, presidente do Círculo poético, Marina Sánchez ou novelistas como Rubén Pintos, escritores especialistas nunha disciplina determinada, por exemplo contamos coa colaboración de Manuel Blanco Villar, director do maior museo etnográfico de Galicia en Codeseda, Lalín, ou con Marila Sánchez que nos trae a sección de filatelia. Neste terceiro número creamos unha sección nova, “O recuncho da Música” que escribe Armando Lastra, o gran animador cultural, que leva de forma desinteresada apoiando ás xoves promesas da música en Ourense, en Asturias e en todo Galicia. Incluso contamos con xente dende os 12 anos, alumnos do colexio Cisneros, ata mozos que xa cumpriron os oitenta”. E cada vez contades con máis colaboradores? A.J.: “Si, en cada número engadimos novos autores, polo que algún colaborador haberá números onde non apareza, e sairá

se distribuíu en Ourense cidade énchenos de esperanza”.

Avelino Jácome, director de “Nós, a xente do redor”.

“Contamos con xente dende os 12 anos, alumnos do colexio Cisneros, ata mozos que xa cumpriron os oitenta” no seguinte, trátase de sorprender con firmas novas e dar oportunidade a todos para que participen neste rexurdir da Atenas Galega, desta Áuria querida, onde a arte agroma entre as pedras da Catedral ou da Ponte Romana, coma auga do Miño, regando esta cidade que sempre foi fonte da creatividade e da cultura con maiúsculas”. Con publicacións como esta, pódese dicir que a cultura ourensá está máis viva que nunca? A.J.: “Nós, somos só unha manifestación da cultura que está dende sempre en estado latente nesta cidade. Dito de outro xeito, a revista é a flor que anuncia os froitos, saborosos manxares que Ourense garda na súa cerne. Hai pouco tempo, tamén se presentou en formato dixital a revista

“Inviable”, cunha calidade extraordinaria, e cada día medra máis o Circulo Poético Ourensán, incorporando novos poetas, por poñer dous exemplos dentro da fervedura cultural deste Ourense querido”. Como foi a acollida dos dous primeiros números? A.J.: “Sorprendeunos moito a grande acollida, por iso nos animamos a continuar co proxecto. O público valorouna e mercouna, de feito puidemos financiar o número dous grazas ás vendas e as subscricións. O segundo número aínda non temos os datos definitivos, pero contamos estar preto dos 500 exemplares vendidos, e tamén aumentaron os subscritos, tratándose dun produto para un público limitado, e pensando que só

Agora sacades xa o terceiro número, parece un acto de valentía para os tempos que corren. A.J.: “Non nos asustan os retos, cando hai un equipo tan grande e solidario como o que conforma a Xente do Redor. Cando tanta xente, dun xeito altruísta traballa a reo, por amor á arte, nunca mellor aplicado, sería de covardes recuar. Dende aquí teño que dar as grazas a todo o equipo de Orixe Publicidade e Comunicación, que se encargan do deseño e da maquetaxe, estou moi orgulloso de dirixir a todo este equipo, xunto cos escritores, poetas, pintores, e todos os que traballan na súa difusión, puntos de venda, repartidores e tamén dos medios de comunicación que tanto nos axudades dándoa a coñecer”. O que adquira a publicación, que atopará nela? A.J.: “Poesía ,artigos en prosa, pintura, escultura, fotografía... A obra de ourensáns e galegos, uns de aquí e outros de acolá, espallados polo mundo, colaboracións dende Extremadura, Madrid, Miami, Colombia... a galeguidade de preto e a outra, a da Galicia na diáspora. E vaise a atopar a el mesmo; pois esta é unha revista da etnografía do sentimento, da verdadeira galeguidade, aberta a todos e sen censura, aberta á liberdade de pensamento”. Onde se pode conseguir e a que prezo? A.J.: “En Ourense pódese adquirir a cinco eu-

ros o exemplar en Kiosco Marcos, na Rúa Bedoya; Mercería Fina Cruz, na rúa doutor Marañón; Kiosco Ely, preto do Centro Comercial Ponte Vella, na Rúa Saínza; e en Orixe Publicidade, na rúa Francisco de Moure, no Couto. O número tres, xa se distribuirá nas librarías de Ourense e provincia e tamén a distintas cidades e vilas de Galicia. Atopámonos en plena expansión e queremos introducila tamén en Portugal, posto que contamos xa neste número cunha poeta lusa, que nos ofreceu a posibilidade de distribuíla no seu pais”. Sería importante contar co apoio das institucións. A.J.: “A partires do número tres, teremos unhas pequenas colaboracións da Deputación de Ourense e da Xunta de Galicia mediante as accións do Xacobeo 2021. Por outra banda contamos coa implicación da empresa privada, que a pesares das dificultades que están atravesando, confiáronnos a publicidade das súas marcas. Diriximos unha solicitude ao Concello de Ourense, e agardamos que tamén poida botarnos unha man, para sacar adiante este proxecto, tendo en conta que os representantes actuais veñen da empresa privada, polo tanto estou convencido que saberán valorar o nacemento deste xermolo que arrinca da iniciativa privada”.

“Neste terceiro número creamos unha sección nova: O recuncho da Música”


BARBADÁS

Barrios 25 de marzo 2021

Melloras do saneamento en Bentraces 4 Concello e CHMS finanzan a obra. Xunta Local de Seguridade de Barbadás telemática.

Xunta Local de Seguridade 4 O concello mantén a tendencia á baixa nos índices de criminalidade. Redacción A Xunta Local de Seguridade de Barbadás realizouse de forma telemática entre o Subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, e o alalcade de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel. No tocante á seguridade cidadá o subdelegado do Goberno destacou o incremento da actividade da Garda Civil en canto ao número de investigados. No concello de Barbadás os datos de delincuencia amosan un descenso das infraccións penais en termos xerais, aínda que se observa un lixeiro incremento dos delitos graves e menos graves contra o patrimonio. Emilio González manifestou que este segue a ser “un concello seguro no que todas as administracións e as forzas e corpos de seguridade seguirán traballando para manter os niveis de seguridade”. Son nove os casos activos no sistema VioGén (un presenta risco baixo e oito risco non apreciado). En

sete casos cóntase con medidas de prohibición de aproximación e comunicación. Resposta policial Como outro dos puntos da orde do día estableceuse a activación do Plan Estratéxico de resposta policial ao consumo e tráfico de drogas minorista en zonas, lugares e locais de ocio, a través do cal as forzas e corpos de seguridade desenvolverán actuacións para previr e reducir a oferta de drogas aos consumidores, especialmente entre a mocidade, así como previr a condución de vehículos a motor baixo a influencia de bebidas alcohólicas ou drogas tóxicas. Así mesmo, sinalouse o mantemento dos dispositivos de vixilancia por parte da Garda Civil e da Policía Local nas inmediacións dos centros educativos para combater e previr o tráfico, consumo e tenencia de drogas, así como todo tipo de condutas violentas.

Redacción A Confederación Hidrográfica Miño Sil e o Concello de Barbadás financias as obras para a mellora da rede de saneamento en Bentraces. Mentres o concello aporta o 30% do presuposto, a Confederación o 70%, en tanto que o proxecto foi adxudicado por 120.426,94 euros. A finalidade consiste no deseño dun sistema de colectores que recollan as verteduras do núcleo de Bentraces par incorporaos á rede municipal. A nova rede segue o leito do denominado “regato do Barreiro”. Esta nova rede partirá das vivendas situadas ao sur do núcleo, ao final da “Rúa de Abaixo”, ata o cruzamento de “ Camiño do Moredo” coa estrada OU-160. Para acometer este proxecto foi necesaria a cesión previa dos propietarios colindantes co

leito do río e unha parte do Dominio Público Hidráulico. O colector principal será de PVC con diámetro 315 mm, cunha lonxitude de 578,6 metros, e contará con 19 pozos de profundidade variable, necesaria para o cumprimento dos cálculos hidráulicos. O último tramo será de reposición dun colector existente de fibrocemento. A maiores defínense outros catro eixos da nova rede, que permitirán conectar ao colector xeral paralelo ao río o actual sistema de rede de sumidoiros do núclero rural de Bentraces, así como vivendas que actualmente non teñen servizo de saneamento.

poñan dos servizos básicos”. Sinala tamén a importancia que ten a liña de colaboración establecida coa Confederación Hidrográfica para este tipo de proxectos que melloran as infraestruturas básicas e constitúen un avance no ámbito do medio ambiente. O concelleiro de Medio Ambiente, Rafael Sierra, comenta a importancia da colaboración veciñal “na cesión do uso de terreos para poder levar a cabo este proxecto”. Destacou ademais o “gran avance que a nivel medioambiental supón a execución deste proxecto porque se evitan as verteduras ao regato do Barreiro”.

Valoracións A concelleira de Urbanismo, Victoria Morenza, destaca a importancia deste proxecto “na liña de que todos os núcleos do concello de Barbadás dis-

A nova rede segue o leito do denominado “regato do Barreiro”

11

EN BREVE

4 Pleno Este xoves, 25 de marzo, O pleno de Barbadás do mes de marzo aprobou a suspensión da taxa de terrazas do 2020 e deste 2021 á hostalaría. Tamén se aprobou a moción dos populares de declarar Ben de Interese Cultural a igrexa de San Martiño de Loiro. Outra moción foi a do arranxo do lavadoiro de Barbadás, sendo esta, para o alcalde, unha das prioridades dos proxecto a executar co remanente de tesoureiría. Ademais, os nacionalistas levaron outra moción a pleno na que instaba ao concello á humanización de prazas e viais públicos. A iniciativa, na que PSOE, PP e DO se abstiveron e onde CxB votou en contra, pretende devolverlle espazos públicos á veciñanza, ocupados a día de hoxe polo estacionamento de vehículos. Noutra orde de cousas, e coincidindo o pleno co 8M o Conello ía aprobar unha declaración institucional con motivo do Día Internacional da Muller. Porén esta non puido saír adiante -a pesar de terredactado os grupos un texto común- debido a que non se chegou á unanimidade polo BNG. Os nacionalista perdiran non realizar o pleno o 8 de marzo para que as edís se sumaran á folga.

4 Contacontos

Obras da nova rede de saneamento entre a rúa de Abaixo e o Camiño de Moredo.

Este xoves, 25 de marzo, a partir das 18 horas a biblioteca municipal acolle o programa “Desenredando contos” (para nenos a partir dos 3 anos). Nesta ocasión Soraya Lema trae “Aldara na montaña”.


12

Barrios 25 de marzo 2021

Voleibol Redacción Comeza a segunda fase para os equipos ourensáns de fútbol sala. O Ourense Envialia está encadrado no grupo C de 1ª división para o título. As de Morenín son as que peor o teñen, xa que ocupan a última posición deste grupo que arrastra os partidos da primeira volta contra rivais que tamén loitarán polo campionato. Deste xeito, nesta segunda fase xogará, ida e volta, contra Burela, Melilla, Alcorcón e Móstoles. O primeiro encontro será contra Burela na casa; o mesmo rival que na final da Copa Xunta despois de vencer en semifinais ao Poio (4-1 no partido de volta). Nas mesmas está o Cidade das Burgas soamente que loitarán pola permanencia. Nueste grupo enfrontarase a cinco rivais a ida e volta, arrastrando os partidos contra os equipos cos que xogou na primeira fase. Universidade de Alicante, fóra, será o primeiro rival das de Manolo Codeso. Sala Ourense O Sala Ourense tamén arrinca a fase pola salvación esta fin de semana na casa fronte ao Boal.

DEPORTES

Polo bo camiño 4 O COB inicia a segunda fase con vitoria. Redacción Partido de infarto o vivido o pasado domingo no Pazo entre COB e LLeida. Cando parecía que todo estaba perdido (61-68 no último minuto) emerxeu a figura de Andre Spight. O xogador clavou dúas triplas que xunto á canastra de dous de Yates levou o encontro á prórroga. Nela, de novo unha tripla de Spight e cinco puntos de Joan Tomás deixaron a vitoria moi encarrilada para os homes de Gonzalo García de Vitoria. Ao final vitoria por 88-77 con 11 puntos de vantaxe en casa de ser necesario o basketaverage. Esta segunda fase promete. Este triunfo coloca aos ourensáns con cinco triunfos a un só do líder Girona que conta cun encontro máis. Os equipos do outro grupo (o B da liga regular) chegaron a esta fase final con dous partidos máis xa que son cinco os que xogan esta fase por catro do grupo A no que estaba o COB.

Por isto, e como contan os enfrontamentos directos na primeira fase os equipos que veñen do grupo A terán dous partidos máis. Vitorias Na primeira xornada desta fase pola permanencia (é a segunda xornada pero a primeira quedou aprazada) venceron todos os equipos que disputaron a fase regular no grupo A. Pero non só os que loi-

tan por salvarse, senón tamén os que buscan o ascenso lograron a vitoria fronte os do grupo B. Murcia Esta fin de semana o Club Ourense Baloncesto viaxa a Murcia para enfrontarse ao equipo local. O conxunto murciano conta con catro vitorias, unha máis que os ourensáns, pero con dous partidos máis.

O COB suma cinco vitorias e está a unha do líder, Girona

Voleibol Redacción O Aceites Abril métese no playoff de ascenso logo de vencer no Pompoeo ao líder, Oviedo por tres sets a un (23-25 , 25-17 , 25-11 , 25-22). As ourensáns entraron á cancha nerviosas polo que estaba en xogo; iso provocou que o primeiro set caera do lado visitante. Porén, pouco a pouco foron collendo confianza e lograron darlle a volta ao marcador para asegurarse a segunda praza que lles da dereito a xogar á

3ª división Redacción

Andre Spight foi a figura destacada do COB diante do Lleida. /C.DOMARCO.

O Arenteiro converteuse, a falta dunha xornada, en campión do grupo B de Terceira logo do seu empate fronte o Rápido de Bouzas e a derrota do Arousa diante do Ribadumia. Os de Fran Justo seguen con paso firme de cara o ascenso. Por outra banda, tanto Ourense CF coma Barco e UD Ourense teñen posibilidades de esquivar o grupo que loitará por non descender. Xunto aos tres ourensáns hai catro equipos máis que teñen opcións de salvarse, e

fase de ascenso. O gran xogo do CVO despregado durante a tempada (logrando quedar invictas en casa) fai que o conxunto ourensán dispute, por méritos propios a fase de ascenso que se celebrará do 23 ao 24 de abril.

Partido do Aceites Abril fronte Oviedo. dicir, con posiblidades de quedar entre o cuarto e o sexto clasificado. O Ourense CF o ten máis de cara, xa que é cuarto e recibe no Couto a Rápido de Bouzas que conta cos mesmos puntos (28). A vitoria o salvaría e, incluso o empate e a derrota (moito máis improbable neste caso) podería valerlle. O Barco deberá gañar ao Atios e agardar o que fagan o resto de equipos que están por diante del. Quen máis complicada o ten é unha UD Ourense que, tería que vencer a Estradense e agardar que perdan tres dos cinco equipos que o preceden.


DEPORTES

Barrios 25 de marzo 2021

13

O galego de kung fu moderno celebrouse no ximnasio Artai 4 Nas modalidades de formas de Taichi e Qigong e a novidosa Sanda Sen Contacto. Redacción Nas instalacións do clube E.D. Artai “O Vinteun” celebrouse o Campionato de Galicia de Kungfu moderno 2021, nas modalidades de Sanda SC (sen contacto), Taichi e Qigong. O campionato foi organizado baixo estrictas medidas de seguridade, baixo o protocolo COVID19 que a federación de Kungfu implementou baixo a supervisión da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. Na competición participaron preto de 80 practicantes de Kungfu, dende os 4 anos ata os 88 anos. A organización do evento correu a cargo de Escolas Deportivas Artai e a Fede-

Lucía Ucha, de categoría cadete.

O equipo artbitral deste campionato estivo formado íntegramente por mulleres. ración Galega de Kungfu. Este evento divídese en dúas modalidades diferenciadas; formas de Taichi e Qigong (coreografías de movementos de kungfu nesas especialidades) e combate (modalidade de Sanda Sen Contacto). Esta modalidade de Sanda SC naceu coma alternativa aos campionatos de com-

bate debido as restriccións e mantense coma unha nova modalidade de competición con grande atractivo para os practicantes

de kungfu de combate. As modalidades de formas de Taichi e Qigong tiveron grande vistosidade e unha participación moi

A nova e innovadora modalidade de combate, Sanda Sen Contacto (Sanda SC), fixo a súa segunda aparición en competición cunha inmellorable acollida

repartida nas distintas categorías de idade. Nestas coreografías de velocidade lenta podemos observar todas as técnicas de Kungfu (posicións, patadas, bloqueos, golpes de man…) de maneira precisa e armónica. Sanda SC A nova e innovadora modalidade de combate, Sanda Sen Contacto (Sanda SC), fixo a súa segunda aparición en competición cunha inmellorable acollida por parte dos participantes. Esta modalidade consta de cinco apartados, nos que os competidores demostran as súas habilidades nos seguintes campos: salto á comba, golpeo de puños ao aire, golpeo de

patadas ao aire, golpeo Total (todas as técnicas permitidas en Sanda) e golpeo ao saco. Nas categorías infantil, benxamín e prebenxamin, pola súa banda, a modalidade consta de catro probas. Estes apartados son correlativos, tendo un tempo de execución de 30 segundos e 30 segundos de descanso e cambio de zona para a preparación do seguinte apartado. Equipo arbitral Cabe mencionar que o equipo arbritral deste evento estivo formado íntegramente por mulleres, facendo un apoio desde a organización do campionato ao día internacional da muller do pasado 8 de marzo.

De esquerda a dereita: o prebenxamín, Iker Salgado; Iria Castaño, de categoría infantil; e dous participantes -Carlos e Sonsoles- de Taichí con abanico.


14

Barrios 25 de marzo 2021

EN BREVE 4 Coeduca O Concello de Ourense ofrece, para a Semana Santa, o programa de actividades de lecer infantil do programa Coeduca, destinado a rapaces e rapazas de 6 a 12 anos, e que se desenvolverá do 29 ao 31 de marzo de 2021 en horario de 9 a 14 horas. Trátase dun programa de lecer infantil para axudar a conciliar os tempos das familias, e está subvencionado polo Ministerio de Igualdade Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Debido ás limitacións sanitarias impostas pola Covid-19, a participación neste programa está limitada. As familias interesadas poderán anotarse este xoves, 25 de marzo, en horario de 10 a 13 horas nas dependencias da Concellería de Igualdade (rúa do Ensino 21, O Couto).

4OUFF

A primeira novidade do Festival de Cine de Ourense (OUFF) deste ano 2021 é que o autor do cartel desta 26ª edcición será o ilustrador ourensán David Rubín. Nos vindeiros días, daranse a coñecer as bases da competición de Sección Oficial, que este ano celebrarase entre o 24 de setembro e o 2 de outubro.

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

4DECRECENDO

4HUMOR

Sobre o colapso dixital: auxe e caída dos chips Os chips e microprocesadores son os grandes protagonistas do desenvolvemento tecnolóxico mundial. Eses cada vez máis pequenos compoñentes están presentes en case calquera obxecto complexo que se prece. Desde computadores ata electrodomésticos de cociña, pasando por avións, coches e mesmo ese robot aspirador que xeorreferencia e mide as nosas casas mentres lles saca brillo. O seu traballo silencioso mantén operativos millóns de servizos que, como funcionan, case non nos damos conta do dependentes que somos ata que deixan de facer o seu traballo, en moitas ocasións porque ese chip leva integrada unha data de caducidade en que debe deixar de funcionar para a supervivencia do mercado consumista. Actualmente, e segundo o investigador Félix Moreno, tan só cinco países teñen a capacidade necesaria para fabricar os chips máis pequenos e avanzados: EEUU,

China, Corea, Taiwán e Singapur. Outros países realizan chips de máis tamaño e menos potentes, ademais, os cinco mencionados non teñen interese comercial en espallar o seu “saber facer”. E que ocorrería se esas fábricas fosen obxectivos bélicos, estivesen no punto de mira de ataques cibernéticos ou, sinxelamente, que quedasen sen a materia prima necesaria para a elaboración dos seus chips, por regra xeral, terras raras e materiais escasos extraídos de puntos do planeta dispares. Esta última posibilidade empeza a deixarse ver nos medios de comunicación. Algúns exemplos: fabricantes de chips como Qualcomm advertiron que 2021 será un ano de escaseza a nivel global e sufriremos unha falta de subministración; AMD e Nvidia non teñen stock das súas tarxetas gráficas; as vídeo consolas PS5 e XBOX Series retardaron a súa elaboración por falta de semicondutores; General Motors planea deter a súa produción en tres

plantas de América do Norte e pediu axuda ao goberno taiwanés para asegurarse a súa subministración. Volkswagen está a alertar diso. Nissan e Honda directamente reduciron a súa produción. Ata o controvertido Elon Musk ten problemas cos seus luxosos Tesla. A UE queren agora abrir fábricas de chips no seu territorio pero, se hai escaseza de materia prima con que van fabricar eses chips? Non quedan materiais para tanto cacharro. Como di Félix Moreno: “Non o vemos, pero do mesmo xeito que recibimos un fluxo constante de hidrocarburos, todos os días chegan a todos os países contedores e contedores cheos de microprocesadores […]. Un só día de corte deste fluxo e os prezos empezan a subir en todo o mundo. Unha semana e os prezos do stock restante dispararíanse. Un mes e habería caos mundial. Así de sinxelo".

4 Libro

O Liceo de Ourense acolleu a presentación do libro-disco Cantando a Carvalho Calero, unha obra que é resultado dun proxecto promovido polo profesor José Luis Fernández Carnicero, que sae do prelo co apoio da Xunta de Galicia. No acto estivo presente o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

Fotomontaxe do cadro “Saturno devorando ao seu fillo”. /Ó. BLANCO.

Óscar Blanco

Nova Era publica EP Redacción A Banda de Gaitas Nova Era publica o seu primeiro EP, ‘Outros Compases: Cara A’, o que é o seu segundo traballo discográfico e co que pretenden dar o seu particular toque musical ao que foi un ano marcado polas restricións e a escaseza de directos. O EP componse de tres cortes: “Fía”, “O Soño Da Tutuá” e “Fantasía: Ano V”. Trátase dun traballo máis experimental onde se combinan xéneros dispares con total liberdade e ca intencionalidade de levar a música da gaita a

novos recunchos. “O nome fai referencia directa tamén ás cintas de casette que todos temos por casa onde a maxia estaba en ter dúas caras con diferentes músicas” comenta Daniel García, director da Banda de Gaitas Nova Era. A Banda de Gaitas Nova Era ven de publicar vai un ano o seu primeiro disco, ‘Rumbo NE’. O 2020 chegaba cargado de proxectos -logo de publicar o seu primeiro disco ‘Rumbo NE’- musicais que se viron adiados pola pandemia. Tras un ano complicado, a agrupación comeza o 2021 con ilusión e con novos proxectos para que a música continúe a prol dun sentimento firme: a cultura é segura.


ARTIGOS / CLASIFICADOS

Barrios 25 de marzo 2021

15

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Arcediagos,11, 1º - 32005 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara Nº141 - Ano: XIV - 25 de marzo de 2021 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

[Deixe o seu anuncio no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

Corazón de madeira Confeso abertamente e con pena, que non é a primeira vez que tento subir este porto de especial categoría sen éxito. Quixen facelo moitas veces, pero as bágoas sempre fixeron que pousara os pes no chan antes de rematalo. Cicais o tempo aínda non tiña cicatrizado o meu sentimento. Hoxe, con algo máis de coroza nas entrañas, subo con agallas na bicicleta de Geri, mestura de maxia e arte, co único obxectivo de chegar a meta. As veces, visito o taller de Vilela. Alí, sempre me acollen con agarimo. O portón da nave está aberto, e a inercia lévanos coma levitando cara o interior. Nada mais entrar, xa se nota a súa presencia. O espírito de Geri camiña con nos paseniño polos recunchos. No maxín teño un sorriso infinito, que brota dunha faciana doce e clara. Entre virutas e cheiriño a barniz, escoito as verbas entrecortadas do seu pai. Anécdotas, ilusións, proxectos, todo envolto nunha profunda melancolía que aparece sen tapuxos. A pesares de todo, estamos felices, porque aquel sorriso debuxado en calquera solpor, é coma se fose un quérote, que provoca o calofrío na alma. O bisavó Agustín, xa fixera unha bicicleta de madeira cen anos atrás. Unha máquina sinxela con rodas de esparto trenzado. Un visionario, que deixou sen darse conta, unha herdanza extraordinaria. Geri colleu a idea, e puxo en marcha un proxecto emprendedor que sen dúbida sorprendeu o mundo “Cyclowood”. Con axuda do seu pai, ebanista con alma de artista, escomenzou a deseñar bicicletas coa madeira do fresno, deixan-

do patente a súa inmensa creatividade, así como a ledicia por levar adiante, un oficio, que dende neno mamou no seu fogar. Unha tarde, no bar Chaves de Verín, conversamos sobre o Entroido que estaba a piques de chegar. Falando da festa máis grande da nosa vila, de súpeto, encheuse de luz a súa mirada. Xurdiu despois a conversa das bicicletas, esa ilusión desorbitada que facía que o bo humor que posuía se alongara eternamente. Pregunteille polo proxecto, e con sutileza contoume tódolos detalles, de maneira sinxela e sen presunción. “É como si fora unha subida a un porto de especial categoría”, espetoume soltando unha carcallada inmensa. “Primeiro hai que alimentarse ben, ter boa estratexia e logo dalo todo o final para chegar a meta”. Xa son catro anos, dende a súa partida. Estaba na metade da subida, cheo de forza e con vento a favor nunha escapada extraordinaria. Un porto con desnivel máximo, só apto para valentes. A vida puxo no seu andar un obstáculo inesperado, deixando todo nunha desesperante situación de impotencia irre-

Geri Fernández.

mediable. Geri non tivo tempo de chegar á cima. A providencia e o destino arrincoulle esa meta divina que tiña cravada na mirada. Pero aquí estamos nós, os colegas e amigos, para lembralo eternamente, e dar folgos a Xerardo, Luisa e Fran, para que cada día estean no máis alto do podium, e con orgullo, poidan enfundarlle o maillot de líder, coma sempre foi para todos nós, un simpático e apreciado líder, que sen apenas esforzo, sabía facer que os do seu redor tiveran máis preto a felicidade. Querido Geri, coido que hoxe, non foi doado para min escribir estas letras, mais por fin logrei subir a cima deste maldito porto que tanto me fixo sufrir. Mereceu a pena chegar ata aquí, o máis alto, aínda que so sexa para estar o teu carón, e así poidas escoitar mellor o noso berro aos catro ventos, a meta estaba no ceo, Geri, a meta estaba no ceo. Unha aperta amigo! Miguel A. Prieto “Chitin”

INMOBILIARIA Alugo local económico no centro. Ideal para oficina, almacén ou trasteiro. 17m2. Dispón de baños comunitarios. 120 euros/mes máis 7 euros de comunidad. C.E.: C. Teléfono 627 203 131 Véndese casa céntrica en Xinzo de Limia. Baixo máis unha planta (144m2,) tres prazas de garaxe e patio, cinco habitacións, dous baños, cociña amoblada e terraza. 133.000 euros. Tel. 699 648 514 / 988 21 40 70 Alugo baixo na zona do Couto totalmente acondicionado. Con luz, auga, 70 m2. Prezo 300 euros. Tel: 653 208 506 Alúgase perruquería. Tel. 672 08 93 49 Alúganse apartamentos en Montalvo (de Semana Santa a outubro) con unha ou dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916 Alugo sala para actividades culturais, con posibilidade de cociña, baño e outros sertvizos. Tel.: 988 247 113. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Busco casa en alquiler na periferia de Ourense. Opción a compra ou dunha permuta dun piso situado na Valenzá. Tlf.: 600 826 029. Vendo casa pola estrada de Santiago, con finca. Para restaurar. Tel.: 672 089 349. Alugo oficina na rúa Progreso. Exterior. Prezo económico Tel.: 672 089 349. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19.

Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62.

TRABALLO Ofrécese señora para traballar con xente maior ou nenos. De toda confianza, con informes. Disponibilidade de coche e fins de semana Tel.: 606 422 543. Ofrécese señora para limpeza por horas Tel.: 674 500 513. Señora, auxiliar de enfermería responsable e con experiencia, ofrécese para coidar persoas maiores, enfermos, nenos e tarefas do fogar. Tel.: 620 052 173 Ofrécese señora responsable -española- para coidade de nenos ou persoas maiores. Con informes. Tel.: 606 422 543 Ofrécese auxiliar de enfermaría, con titulación, para o coidado de maiores. Como interna ou por horas. En Ourense ou arredores. Telf.: 663 043 561 Danse clases de francés a domicilio. Todos os niveis. Titulación en España e Francia. Tlf.: 625 745 611 Imparto clases particulares de Matemáticas a domicilio en Ourense capital. Todos os niveis. Tamen materias curriculares de ESO e Bacharelato. As clases son individuais e personalizadas. Ampla experiencia. Excelentes resultados. Económico. Interesados enviar WhatsApp ao 610 38 25 89. Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas

e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358. Fanse desbroces en tractor e a man. Tlf.: 63 521 448 Coido ou acompaño a maiores enfermos polas noites. Económico. Tel.: 616 361 548. Ófrecese señora seria e responsable para tarefas do fogar e coidado de nenos e maiores. Con informes. Preferencia zona Ponte. Tlf: 685 374 191. Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405. Ofrécese señora por horas para tarefas do fogar, coidado de nenos. Atende persoas maiores; tamén de noite en hospital ou domicilio. Telf.: 620 052 173.

VENDAS Vendo somiere e cabeceiro de cama de 135 cm. Tel.: 666 303 635 Véndense dous lavacabezas de perruquería. Tel.: 672 089 349 Vendo cama hospitalaria articulada en bo estado, con colchón anti-escaras. Tlf.: 606 133 522 Vendo prensa de viño mediana/grande, ideal para decoración en xardíns. Tlf.: 606 133 522 Véndese mampara nova. Tel: 672 089 349. Véndense traxes de cabaleiro moi antigos en bo estado, ideal para Entroido. Prezo 10€. Tel: 610 979 897. Compro moble de cociña completo. Tel: 988 247 824. Vendo escritorio. Como novo, bo prezo. Tel: 672 089 349. Vendo estufa de frío e calor. Tel: 672 089 349. Vendo hormigonera de 280 litros e maquinillo / grúa (a gasolina). Tel.: 988 23 47 91


Barrios 25 de marzo 2021


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.