Barrios 140

Page 1

Entrevista a José M. Díaz Barreiros, director de Gestoría Marcelino Díaz [Páx. 4-5]

OURENSE

Páx.6 XINZO

O Concello afronta melloras no Paseo do Miño e prepara un proxecto de “calado”

Páx.6 CELANOVA

Analízase o estado das árbores para realizar actuacións a curto e longo prazo

Páx.8 ALLARIZ

A Aula CeMIT organiza novas actividades formativas para este mes de marzo

Páx.9 DEPORTES

O Festival de Curtas de Comedia RiR volve a Allariz do 8 ao 11 de setembro

Peche perimetral en Semana Santa

Páx.11

O Club Ourense Baloncesto chega á fase da permamencia con catro vitorias

A Xunta restaurará a Ponte Pedriña en Celanova

[Páx. 8]

Entrevista a Avelino Jácome, director de “Nós, a Xente do Redor”

[Páx. 3]

[Páx. 10]

Galicia terá peche perimetral en Semana Santa. //A restauración da Ponte Pedriña durará catro meses. // A revista cultural “Nós, xente do redor” publicou o seu terceiro número.

Número: 140 - Ano: XIV - 12 de marzo de 2021 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


2

Barrios 12 de marzo 2021

TEMA DA SEMANA

de como imos sendo coas circunstancias que imos tendo. Completarase a programación cun programa de radio o 16 de marzo, de 11:30 ás 13 horas, que leva por título “feminismo para principiantes”, que será emitido en Radio Allariz.

Galegas 8M levaron a cabo unha manifestación desde Juan XXIII ata as portas d CHUOU. /.I.OSORIO.

Un 8M igual de reivindicativo 4 As restricións pola pandemia fixeron que a participación non se poida comparar con outros anos. Redacción Na loita pola igualdade non se pode perder nin un minuto, nin deixar pasar un 8M. O coronavirus non o está a poñer sinxelo, pero coas medidas anticovid precisas todo pode ser posible. Como así foi, nas diversas manifestacións que tiveron lugar en Ourense e provincia. Unha reivindicación que non debe parar e que este ano puxo o foco nas compañeiras sanitarias; as doutoras, especialistas, enfermeiras, celadoras, limpadores, que estiveron (e están) ao pé do canón nesta pandemia que estamos a sufrir. Por iso, este ano, o colectivo de Galegas 8M quixo render tributo a todas esas mulleres que se están partindo as costas para conter a Covid-19. Para elo, a manifestación deste ano, que deu comezo na rúa Juan XXIII, rematou ás portas do CHUOU. Os sindicatos tampouco

faltaron á cita e concentráronse no parque de San Lázaro e diante da Subdelegación do Goberno en Ourense. Medidas Foron moitas menos as que participaron na manifestación, pero son moitas máis as que se unen a un feminismo que busca a igualdade entre homes e mulleres. As restricións coas que nos toca vivir foron o motivo de que participara menos xente ca outros anos. O metro e medio de distancia entre manifestantes era fundamental para levar a cabo unha xornada que sería mirada con lupa por parte da sociedade; nada que dicir, nada que criticar. Verín En Verín, que o ano pasado congregara a 6.000 persoas manifestándose (como resposta ao intento de peche do paridoiro do seu hospital), este ano tam-

pouco quixo faltar á cita. Evidentemente, non era posible a manifestación, pero outras actividades impulsadas polas entidades sociais, como FEMURO, CDR Portas Abertas, Asociación Feminista Nosas e Marcha Mundial das Mulleres, en colaboración co Concello de Verín e coa Asociación de Empresarias/os de Verín, tiveron a súa acollida. Unha unha escolma de fotografías ubicadas nos lugares que acolleron a manifestación do pasado ano, carteis con códigos QR para empregalos como ferramenta para reivindicación da figura fundamental de cada unha das mulleres da comarca que “fan cousas” no ámbito cultural, foron algunhas das actividades. Ademais, animouse a xente a que colgara nos balcóns prendas violetas ou carteis reivindicativos; a Asociación de Empresarias/os de Verín tamén se uniu á iniciativa, decorando os escaparates

Representantes de Cruz Vermella Ourense simbolizando a unión pola sororidad.

con motivos feministas. Outras localidades En Xinzo de Limia, co lema “Todos os dereitos. Todas as mulleres. Todos os días”, repartiron centos de bandeirolas para colgar nas fiestras e balcóns durante o 8 de marzo. Ademais, convocouse o primeiro certame de relato breve con motivo do Día Internacional da Muller. O prazo de presentación rematará o 13 de marzo ás 23:59 horas, establecéndose dúas categorías: xuvenil (de 12 a 18 anos) e adulta (maiores de 18). As bases pódense consultar na web do Concello. En Celanova iluminaron de violeta o Mosteiro, a Torre de Vilanova dos Infantes e a Rotonda de Celanova. A Biblioteca Pública Municipal recordou as súas mulleres cun video compartido en redes sociais. Allariz leva a cabo ao longo do mes diversas actividades conmemorando o Día da Muller. O lema desta edición é “Pola convivencia dos sexos, o encontro enriquécenos” e invita á reflexión sobre a idea

Galegas 8M convocou unha manifestación que rematou ás portas do CHUOU, sempre respectando a distancia social

Cruz Vermella “Entrelazadas pola Sororidade” foi o lema escollido por Cruz Vermella en Ourense para celebrar este día. Desde a entidade solidaria recordan que a desigualdade de xénero provoca maiores niveis de pobreza e exclusión social: máis do 67% das persoas atendidas pola organización humanitaria en 2020 son mulleres. Só en Galicia o ano pasado atenderon a máis de 30.000 mulleres en dificultade social. Gran parte deste labor realízase grazas á participación do voluntariado, sendo mulleres o 60%. Na súa sede organizaron unha exposición con fotografías e reseñas sobre distintos grupos de mulleres que uniron as súas forzas para loitar contra a desigualdade de xénero. Tamén realizaron charlas sobre violencia de xénero no IES Otero Pedrayo. Tampouco faltou a fotografía no exterior da asemblea de Cruz Vermella Ourense con todas as mulleres, vo-

luntariado e persoal laboral, na que se utilizaron lazos cos que se simbolizou a unión pola sororidade para respectar así a distancia de seguridade. Ademais, en Valdeorras organizouse o Concurso de debuxo Valdeorras “Cruz Vermella, ti e eu traballamos en igualdade”, iniciativa con moi boa acollida. “VOUcontigo” A Deputación de Ourense presentou a aplicación móbil “VOUcontigo”, para axudar ás mulleres en situación de risco. Esta aplicación, en fase de desenvolvemento, contará con cinco seccións: un decálogo contra a violencia sexual e machista; as medidas de seguridade que se poden adoptar; onde acudir para solicitar axuda ou información (corpos e forzas de seguridade, centros de saúde) e senllos botóns de chamada directa, tanto ao centro de emerxencias do 112 como ao teléfono de atención á muller do 016; e como novidade un sistema de acompañamento. O ente provincial presentou, ademais, o espazo virtual “Mulleres referentes do Século XXI”, un proxecto que incide na loita pola igualdade, a participación e mailo empoderamento da muller en todos os ámbitos da sociedade.

As traballadoras do SAF recollendo o premio.

4 Premio Clara Campoamor Este ano o XV Premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades recaeu nas profesionais dos servizos de axuda no fogar (SAF). Durante o acto, o alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, deu lectura á declaración institucional da Federación Española de Municipios e Provincias

polo 8 de marzo. Pola súa banda, o concelleiro de Política Social e Igualdad, Telmo Ucha, leu a valoración do xurado. Recolleron o premio, en representación das súas compañeiras do SAF, Mesalina López Gardós, María José Fernández Iglesias e Mónica Márquez.


TEMA DA SEMANA

Viandantes pasando por diante da igrexa de Santa Eufemia de Ourense. /M.REJO.

A "procesión" vai por dentro

4 Esta Semana Santa as comunidades autónomas apostan polo peche perimetral. Redacción Xa está decidido. O acordo ao que chegaron Sanidade e as comunidades autónomas -a excepción do voto en conta de Madrid (que dixo que non pechará a comunidade), e a abstención de Cataluñafai que esta Semana Santa

non haxa desprazamentos entre rexións e que todas teñan peche perimetral a excepción das Illas Baleares e Canarias. Isto faise extensible á ponte de San Xosé. Así pois, haberá dous períodos de peche perimetral: un do 17 ao 21 de marzo en autonomías nas que o día 19 sexa festi-

vo, e o outro do 26 de marzo ao 9 de abril para todas as comunidades. Na súa compracencia o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, deixou entrever que se os datos continúan coa mesma tendencia amplaría o horario de apertura de bares e restaurantes.

Outras medidas O acordo tamén conleva o toque de queda para as 23 horas como máximo. En canto ás reunións, estas deberán ser de catro persoas no interior dos establecementos, seis en exteriores e só con convivintes no ámbito privado dos domicilios. A este acordo de mínimos as comunidades poderán engadir outras restricións.

Barrios 12 de marzo 2021

-según datos da última actualización do Sergas-. No caso de Ourense a cifra baixa ata os 69 casos, mentres que, por exemplo, en Xinzo son 11 (a maioría dun brote da residencia Santa Mariña). Celanova, pola súa banda, conta cun só positivo e Allariz rexitra cero casos. A situación máis preocupante é a de Vilardevós, que volve ao nivel máximo de restricións. Por elo, este mesmo venres, o Sergas realizará un cribado entre os veciños (están chamados 700 deles con idades entre os 18 e 74 anos) no CEIP Rodolfo Núñez Rodríguez, de 15 a 17 horas. Manuel Cardoso, alcalde da localidade, avanzaba que “o Comité Clínico decide que hai que pechar e temos que acatalo. Hai sete casos activos, tiñamos cinco”. Cardoso vaticinaba que o aumento debíase a “dúas familias”. A pesar de non gustarlle o peche entende que é “polo ben de todos os veciños”. A área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras contabiliza 23 ingresos, dos cales 19 están en planta e catro en coidados intensivos. Todos eles en Ourense (22 no CHUOU e 1 no Centro Médico El Carmen). Verín e O Barco non teñen nin-

3

gún ingreso por Covid19. Xunto a Vilardevós, A Mezquita e Boborás son os outros concellos ourensáns que teñen o nivel máximo de restricións. O resto contan cun nivel medio. Vacinación en Expourense Este sábado 1.750 ourensáns de entre 50 e 55 anos recibirán a vacina de AstraZeneca. Ademais, 250 farano en Valdeorras e 200 en Verín. Mentres que en Ourense vacinarase de 9 a 21 horas, tanto no Barco como en Verín o horario será de 9 a 15 horas. Os primeiros en vacinarse serán os que o seu primeiro apelido comece pola letra H, como está a suceder cos maiores de 80 anos, que levan varias semanas recibindo o seu vial. A día de hoxe, 57 concellos da provincia están sen casos de Covid.

En Ourense cidade hai 69 casos positivos, mentres que en Xinzo son 11, Celanova conta cun só positivo e Allariz rexistra cero casos

Provincia Os datos da provincia arroxan que hai actualmente 208 casos activos

Os maiores de 80 anos levan varias semanas vacinándose.

2.200 ourensáns de entre 50 e 55 anos vacinaranse con AstraZeneca esta fin de semana

As empregadas da axuda no fogar tamén foron vacinadas.


4

Barrios 12 de marzo 2021

ENTREVISTA

ENTREVISTA A JOSÉ MANUEL DÍAZ BARREIROS, DIRECTOR DE GESTORÍA MARCELINO DÍAZ

"Pola Covid-19 creamos rapidamente unha oficina de atención ás pemes e autónomos" 4 Achegámonos a Gestoría Marcelino Díaz que cumple 65 anos de éxito no sector. Coñecemos os seus inicios, a súa evolución e os seus plans de futuro da man do seu director. Redacción Cumprir 65 anos hoxe en día lonxe de apenar é todo un motivo de celebración. Pero cando quen festexa esta cifra é unha empresa local a ledicia é dobre, porque Gestoría Marcelino Díaz, lonxe de estar a punto de xubilarse, parece un mozo emprendedor con gañas de aprender e de medrar; renovándose e adaptándose aos avances para estar ao día dos continuos cambios que reclama a nosa sociedade. Para coñecer un pouco máis de preto a un dos negocios ourensáns máis lonxevos falamos co seu director, José Manuel Díaz Barreiros, que nos da as chaves da súa longa historia e as súas señas de identidade: a cercanía e a confianza. Cando Gestoría Marcelino Díaz cumple 65 anos, botemos a vista atrás. Cómo foron os inicios? José Manuel Díaz: "A xestoría administrativa, axencia de seguros e da propiedade inmobiliaria foi fundada polo meu pai, Marcelino Díaz Fernández en 1956. A súa sede inicial foi na rúa Capitán Eloy nº28 (hoxe rúa Concordida) de Ourense e iniciouse con tres traballadores". Como evolucionou nestos anos? J.M.D.: "A evolución nestes 65 anos levouna a converterse nun grupo de empresas que ofrecen, servizos profesionais de xestoría administrativa, asesoría de empresas e correduría de seguros, que se prestan tanto a nivel local, autonómico e nacional. En 1980 cambiouse a sede ao domicilio actual en Ramón Cabanillas, nº 4-entreplanta, a unhas oficinas modernas e amplas de 300 metros

Por suposto, tamén é chave saber renovarse e adaptarse ás necesidades do momento, mesmo adiantarse ao que vén, así como estar en constante formación. Soubemos converternos nunha empresa que atende as necesidades dos nosos clientes. De feito este ano ampliaremos as nosas oficinas cun local anexo que temos de 200 metros para prestar novos servizos. Pasaremos a ter unhas oficinas de 500 metros cadrados no centro de Ourense". José Manuel Díaz Barreiros coa sede da Xestoría Marcelino Díaz ao fondo. /M.REJO.

“A razón de perdurar tantos anos débese ao traballo serio, rigoroso, profesional e honesto que nos ensinou o seu fundador”, explica José Manuel Díaz cadrados (edificio construído por Marcelino Díaz). A empresa é de carácter familiar e durante todos estes anos traballaron nas nosas empresas preto dun cento de persoas. O uso da informática foi fundamental no avance e evolución".

equipo de administrativos formados en cursos superiores de xestión administrativa. Así mesmo, temos convenios asinados coa Universidade de Vigo, a CEO, centros de FP e academias para acoller alumnos en prácticas".

Unha cifra, a do aniversario, que chama á xubilación, pola contra, traballades coas mesmas gañas de dar servizo que ao principio. J.M.D.: "Cumprimos 65 anos e non pensamos en xubilarnos aínda. Hoxe estamos á fronte da dirección a segunda xeración: eu mesmo (José Manuel Díaz Barreiros, fillo do fundador) ademais de Rosa García (economista). E a terceira xeración ten as portas abertas".

Que servizos ofrecedes? J.M.D.: "Os servizos profesionais que ofrecemos na actualidade son de xestoría, asesoría integral de empresas (fiscal, laboral, contable e financeiro) e correduría de seguros. Ademais, asesoramos na Lei de Protección de Datos e Prevención de Riscos Laborais. Os noso servizos

Quen conforma Gestoría Marcelino Díaz? J.M.D.: "Na actualidade o persoal do grupo somos 20 persoas, con perfís profesionais de avogados, economistas, xestores, corredores e consultores. Ademais, contamos cun

“Creamos o gabinete de apoio ao emprendedor, punto PAE, en materias como mercadotecnia, publicidade e novas tecnoloxías”

están dirixidos a pemes e autónomos". Para manterse tantos anos está claro que a readaptación é imprescindible para toda empresa que queira perdurar no tempo. Cales foron as claves principais de Marcelino Díaz para esta lonxevidade? J.M.D.: "A razón de perdurar tantos anos débese ao traballo serio, rigoroso, profesional e honesto que nos ensinou o fundador.

Neste século a evolución das novas tecnoloxías foi impresionante e vós non vos quedastes atrás. Esta adaptación serviu para dar unha mellor resposta ao cliente? J.M.D.: "O uso das novas tecnoloxías foi fundamental no noso éxito. Hoxe as nosas actividades profesionais desenvólvense telemática e dixitalmente. A xestión e tramitación de expedientes coas Administracións Públicas realízanse por estes medios, gañando en rapidez e economía para os nosos clientes. Adaptámonos continuamente aos avances para estar ao día e non perder o carro da modernidade e o progreso". Coa pandemia viuse

o necesario que son as xestorías como Marcelino Díaz, xa que moitas pemes e autónomos tiveron que recorrer a vós para que os asesorarades. Como viviestes esta situación? J.M.D.: "Por mor da pandemia pola Covid-19 creamos rapidamente unha oficina de atención ás pemes e autónomos especializada en tramitación de axudas e subvencións (da Xunta de Galicia, Goberno, Deputación, Concellos, Igape,...), así como asesoramento na solicitude de préstamos ICO (coas súas carencias e moratorias). Tamén asesoramos aos nosos clientes na condonación/rebaixa de rendas de aluguer de locais comerciais e naves industriais. Así mesmo, tramitamos os ERTES para que as empresas puidesen ter aos seus traballadores suspendidos e cobrando do paro así como as cotizacións sociais. Tramitamos ante as Mutuas de Accidentes os cesamentos por actividade dos autónomos. En definitiva, estamos á altura das circunstancias como en crises anteriores, aínda que esta está a ser moi dura e complexa". Digamos que, nesta situación tan difícil, sodes

A plantilla de Marcelino Díaz está conformada por 20 profesionais.. /M.REJO.


OURENSE

a luz para autonómos á hora de orientalos, por exemplo, para pedir as diversas axudas aprobadas pola pandemia da Covid-19. J.M.D.: "Exacto. Os Fondos de Recuperación Económica e Resiliencia (Next Generation) son unha oportunidade única para o sector empresarial. A Unión Europea aprobou 140.000 millóns de euros para España. Por iso, desde aquí animo ás pemes e autónomos a que se informen e asesoren sobre os mesmos pois a convocatoria abrirase en breve e coa presentación de proxectos empresariais poderán modernizarse en actividades industriais, comerciais e de servizos. No período 20212023 a Unión Europea aprobou 72.000 millóns de euros de axudas directas para España e o resto será vía financiamento. Sectores como mobilidade, I+D+I, ciencia e innovación, infraestruturas, cultura e deporte, enerxías verdes e renovables, sustentabilida-

de, políticas de emprego, saúde pública, etc.". Cales son os vosos próximos objetivos, sempre co fin dar un maior servizo ao cliente? J.M.D.: "A nosa intención este ano é seguir medrando, ampliando os nosos servizos profesionais adaptándoos ás demandas dos nosos clientes e xa creamos o gabinete de apoio ao emprendedor, punto PAE, en materias como mercadotecnia, publicidade e uso de novas tecnoloxías, con expertos profesionais nestas materias. En definitiva, agardamos que co noso esforzo e traballo podamos seguir prestando os nosos servizos profesionais nas mellores condicións moitos máis anos. E para rematar, aos nosos clientes e amigos/as agradecémoslles a súa confianza, fidelidade e amizade ao longo de todo este tempo".

Barrios 12 de marzo 2021

O Concello renovará a frota de autobuses urbanos 4 A través da próxima empresa adxudicataria do servizo. Redacción O Concello renovará a flota de autobuses urbanos de forma indirecta, a través da próxima adxudicataria do servizo de transporte urbano. Así se acordou na xuntanza que os portavoces dos grupos municipais mantiveron, xunto ao alcalde, para tratar este tema, no salón de plenos o pasado 9 de marzo. O rexedor municipal, Gonzale Pérez Jácome, propoñía que o Concello adquirira a frota de autobuses directamente e, lle adxudicase a unha empresa, a través dunha concesión, a xestión do servizo (o quew suporía un investimento de 10 millóns de euros). Porén o grupo de Goberno tan só contou co apoio de Ciudadanos (que non acudiu á xuntanza pero que comunicara a súa decisión de apoiar a iniciativa). A compra directa dos novos vehículos suporía un investimento duns 10 millóns de euros, con cargo ao remanente do Concello.

Oposición PP, PSOE e BNG votaron en contra deste proxecto e apostaron por realizar unha licitación conxunta, na que sexa a concesionaria a que adquira os autobuses para o Concello. Deste xeito, e ao requerir de acordo plenario para levarse a cabo, adquiriranse os autobuses de forma indirecta, é dicir, incluíndo a compra dentro do contrato de concesión. Populares e socialistas indicaban que querían un informe dos técnico municipais para comprobar a súa viabilidade. Mentres, o BNG lamentababase de perder unha boa ocasión para remunicipalizar o servizo. Jácome O alcalde defendía a compra directa por ter

remanente de tesourería e así evitar "pagar os intereses". Pérez Jácome conta con ter listo o prego nun prazo de tres meses para levalo a aprobación na xunta de goberno local e adxudicar o servizo. Pero advirte, que con esta fórmula os autobuses non estarán en servizo antes da primavera ou do verán de 2022.

Jácome advirte que coa fórmula de “compra indirecta” os autobuses non estarán en servizo antes da primavera ou verán de 2022

Autonbús urbano de Ourense.

Díaz Barreiros, director de Gestoría Marcelino Díaz.

4 José Manuel Díaz Barreiros José Manuel Díaz Barreiros pertence á segunda xeración da empresa e actualmente ocupa o cargo de director. Con 56 anos (1965-Ourense) Díaz Barreiros é Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, Procurador dos Tribunais, Xestor Administrativo, Corredor e Perito Xudicial de Seguros. Ademais, conta con másters en Asesoría Xurídica e en Dirección de Asesoría Fiscal de Empresas

polo Instituto de Empresas (Madrid). Foi vicepresidente da CEO (2013-2019) e actualmente é membro do seu comité executivo e xunta directiva, así como da Confederación de Empresarios de Galicia. Tamén presidiu a comisión de Profesionais da Cámara de Comercio de Ourense, foi membro do Consello Social da Universidade de Vigo e da Fundación Galega Empresa Universidade (Feuga).

5

EN BREVE 4 Teletraballo A xunta de goberno local aprobou o proxecto de ordenanza reguladora do teletraballo no Concello de Ourense e no Consello Municipal de Deportes. A norma ten como finalidade regular a prestación de servizos a distancia nas que o contido competencial do posto de traballo pode desenvolverse, sempre que as necesidades do servizo o permitan, fóra das dependencias da Administración municipal, mediante o uso das tecnoloxías da información e comunicación. A nova ordenanza márcase como obxectivo “producir unha mellora de produtividade do Concello”, asegura o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, “porque aumenta a supervisión e control do traballo que se realiza a distancia”. O proxecto deberá ser presentada a aprobación ante o Pleno do Concello.

4 Expourense Expourense presentou a súa memoria anual. Nun ano tan complicado como o pasado, especializouse na celebración de eventos híbridos. Entre o máis destacado está Xantar, única feira internacional celebrada en Galicia, e o LVI Campionato de España Absoluto en Pista Cuberta. Ademais, realizou tres congresos profesionais, 10 competicións deportivas e 312 relatores nacionais e internacionais. As actividades xeraron 48.000 visitas presenciais e máis de 3.000 participantes virtuais.

4 INORDE

Alumnos coas cabichas que recolleron.

Ecovixiantes de Franciscanas Por terceira semana, alumnos de Franciscanas participan na campaña “Recicla, Únete ao Reto!”. Os ecovixiantes de Ourense decidiron sumarse a esta iniciativa, promovida pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e cuxo obxectivo é fomentar a reciclaxe de envases lixeiros (envases de plástico, latas e briks). Nesta ocasión actuaron nos parques da Pista Vermella, na rúa Barros Sibelo e na rúa Valle Inclán e realizaron un gran labor de recollida de cabichas, para dar exemplo da importancia de coidar o noso entorno.

Emma González, ata o de agora directora adxunta de Expourense, foi nomeada como nova xerente do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde).

4 Poesía Até o 18 de marzo, 268 alumnos e 8 docentes de 8 colexios participarán na actividade “Os nosos versos”, que achegará a poesía aos escolares.


6

Barrios 12 de marzo 2021

OURENSE / XINZO DE LIMIA

O Concello mellorará o paseo do río Miño 4 Realizará actuacións a curto prazo mentres se avanza nun concurso de proxectos para unha intervención de “calado” nas marxes do río. Redacción O Concello de Ourense acometerá este ano un paquete de actuacións para a posta en valor do paseo fluvial do río Miño, coa finalidade de mellorar as condicións de uso para a veciñanza como grande zona de lecer da cidade. Así o anunciou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen explica que o Concello quere potenciar este espazo público con actuacións que incluirán tanto a mellora de firmes, o valado, o mobiliario urbano e os aseos, así como o reforzo da presenza policial na zona. Será unha actuación, explica, a curto prazo mentres o Concello segue traballando co Colexio de Arquitectos na convocatoria dun concurso público para recoller propostas para acometer unha actuación “de calado” para a mellora do paseo fluvial. O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome destaca o extraordinario valor do paseo do río Miño: “En Ourense temos unha auténtica xoia, o paseo do río Miño que é o gran parque de Ourense, de 12,3 km de extensión, que cada vez colle máis forza porque a xente se da conta da xoia que é”. Por este motivo, asegura, a súa posta en valor é un “obxectivo

prioritario” para o goberno municipal. Con este obxectivo, lembra que “está en marcha un concurso co colexio de arquitectos para realizar unhas obras dun calado importantísimo” para a posta en valor deste espazo. Na actualidade, en fase dunha entrevista coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para traballar de forma coordinada coa fin de que “as obras que se propoñan no concurso de proxectos se adecúen á viabilidade e se enmarquen dentro o que permita a Confederación”. Curto prazo Mais, xa a curto prazo, o Concello pretende avanzar

na mellora das condicións de desfrute desta zona: “Mentres tanto, imos adecentar e poñer máis en valor o que temos agora mesmo, mellorar todo o mobiliario que hai no paseo, coidar moito máis as zonas verdes, optimizar o valado, abrir outra vez os baños de Reza e o Muíño, renovar o firme naquelas zonas onde se poidan producir embarrados, e poñer policía de forma permanente para que durante todo o día haxa sempre unha patrulla vixiando o noso gran parque”. Todo isto, co obxectivo de “que teña moitísima mellor cara e se desfrute moito máis”, asegura Pérez Jácome.

Entre as primeiras actuacións atópase a mellora do firme, o valado, o mobiliario urbano e os aseos; así como o aumento da presenza policial

Usuarios do paseo das Ninfas..

Xinzo de Limia analiza o estado das súas árbores 4 Un informe inclúe propostas das especies máis axeitadas para plantar na zona. Redacción Un doutor en investigación agraria e un enxeñeiro avalíaron a saúde das árbores públicas de Xinzo de Limia para sanealas. O Goberno local encargou este informe xa o ano pasado, para examinar dun xeito exhaustivo a saúde das distintas especies arbóreas, nun momento no que os espazos ao aire libre "son máis necesarios que nunca e é preciso que estean nas mellores condicións posibles" afirmaba a alcaldesa, Elvira Lama. A tarefa requiriu de técnicos especialistas para a diagnose de cada especie, realizada a través de medicións que posibilitaron unha radiografía completa da saúde de cada exemplar. Ditos especialistas, xa visitaron os parques o pasado mes de novembro, na primeira inspección ocular, acompañados polo concelleiro de Infraestruturas, Rafa Penabad. Logo, desprazáronse de novo no mes de febreiro para tomar mostras, medicións e elaborar fichas de cada especie en cada espazo, así como para facer a diagnose concreta e as propostas de solucións. Explicacións O resultado final deste informe foi presentado aos veciños nunha reunión mantida a semana

pasada na Casa da Cultura da localidade. Os veciños e veciñas de Xinzo que quixeron asistir (con aforo limitado pola pandemia) foron informados das conclusións e propostas que expón o informe sobre a estado das árbores do municipio que se atopan en espazos públicos, tanto parques como alamedas e zonas verdes. Coa asesoría técnica de arboricultura e o traballo dos profesionais nesta materia, acometeranse as correpondentes accións de saneamento e mantemento das distintas especies. O informe tamén inclúe propostas das especies máis axeitadas para que as plantacións que se fagan redunden no beneficio da especie, do espazo e da

saúde dos veciños e veciñas, creando así entorno de ocio e gozo de calidade. Algunhas actuacións serán moi a curto prazo, debido ao estado calamitoso dalgúns dos exemplares (debido a técnicas abusivas e invasoras que se viñeron facendo no pasado, ou ben, que se deixaron de facer); porén, outras actuacións terán lugar nos vindeiros anos, xa que a situación non é tan grave.

Algunhas actuacións serán moi a curto prazo, debido ao estado calamitoso dalgúns dos exemplares

Revisión do estado das árbores por parte dos técnicos xunto ao concelleiro Rafa Penabad.


XINZO E COMARCA

Barrios 12 de marzo 2021

"La Caixa" apoia ao CDR O Viso 4 Pola súa promoción da autonomía persoal e atención ó envellecemento, á discapacidade e á enfermidade. Redacción Un ano máis, a obra social de "La Caixa" volve apoiar ao Centro de Desenvolvemento Rural O Viso. O seu proxecto foi seleccionado nas convocatorias La Caixa 2020 de Promoción da autonomía persoal e atención ó envellecemento, á discapacidade e á enfermidade. A axuda foi de 24.000 euros para o "Proxecto integral de intervención social na comarca da Limia: servizos de proximidade", que foi presentado nesta última convocatoria para para axudas a proxectos de iniciativas sociais na convocatoria Acción social no ámbito rural. O proxecto presentado ten un carácter integral e holístico. O seu desenvolvemento é continuo e ten un carácter permanente no contexto no que se desenvolve. Con este proxecto desde o CDR O Viso pretenden aproximar e facilitar recursos á po-

Cartel del CDR O Viso.

boación máis vulnerable da comarca: as persoas maiores e/ou con diversidade funcional. Accións As accións realizadas polo CDR na Limia van enfocadas a promover e fomentar o mantemento das persoas na súa vivenda e contorna habitual a través de servizos de atención básicos, terapéuticos e preventivos, así como de dinamización comunitaria que promovan a autonomía, os hábitos de vida saudable e que eviten o illamento e a soidade.

A axuda foi de 24.000 euros para o “Proxecto integral de intervención social na comarca da Limia: servizos de proximidade”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, e o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitando as obras de ampliación da residencia de Porqueira.. /M.REJO.

A Xunta acomete obras en Baltar e Porqueira 4 Reforma a Casa da Cultura de Baltar e amplía a residencia de Porqueira. Redacción A Xunta de Galicia está a acometer obras de reforma na Casa da Cultura de Baltar ao tempo que amplía a residencia de Porqueira. Así, Medio Ambiente, Territorio e Vivenda inviste na Casa da Cultura “Nelson Zumel” preto de 50.000 euros no seu acondicionamento. Trátase dunha segunda fase de actuación que completa unha primeira iniciativa na que a Xunta investiu 165.419 euros nas obras de adecuación e mellora do contorno da Casa do Concello. O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, desprazouse ata o concello de Baltar para comprobar o estado das obras. O delegado territorial verificou

o bo ritmo dos traballos, e explicou que “a Consellería de Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda impulsou o Plan hUrbe, coa finalidade de dar resposta a un obxectivo prioritario como mellorar os equipamentos e dotacións, aumentando a variedade e elevando os

niveis de servizos, có fin de proporcionar unha oferta de calidade e axeitada ás necesidades da poboación có fin de incrementar o atractivo das vilas e dos núcleos rurais da nosa comunidade autónoma”. As obras supoñen o arranxo e adecuación dunha edificación en planta

Gabriel Alén, xunto ao alcalde de Baltar, José A. Feijoo, na Casa da Cultura Nelson Zumel. /M. REJO.

7

soto, baixa e unha planta alta para Casa da Cultura. As actuacións nas que se está a traballar consisten na colocación dunha nova cuberta, a montaxe de canles e baixantes de alumino lacado, a renovación do revestimento exterior, o acondicionamento acústico do salón de actos e a instalación de iluminación LED no salón de actos. Nas inmediacións da edificación, tamén se humanizará o espazo peonil, se delimitarán as zoas de aparcamento de vehículos coa colocación dun pavimento de pedra, instalarase unha nova iluminación e soterrarase as liñas aéreas existentes. Porqueira Por outra banda, novamente o delegado territorial da Xunta, desprazouse xunto a conselleira de Política Social, Fabiola García, a visitar as obras de ampliación da residencia de Porqueira, acompañados pola alcaldesa da localidade, Susana Vázquez. A conselleira sinalou que a cooperación institucional permitirá duplicar a capacidade da residencia de Porqueira, ao pasar de 24 a 46 prazas. E é que a Administración autonómica investirá 300.000 euros, un importe que completarán a Deputación de Ourense e o propio Concello de Porqueira. Fabiola García destacou que esta obra é un dos proxectos interrompidos pola pandemia que se retoman. O remate das obras está previsto para antes de que finalice o ano.

A residencia de Porqueira pasará de 24 a 46 prazas


8

Barrios 12 de marzo 2021

Concello Emprendedor Redacción Celanova converteuse, xunto a Muíños, Castrelo de Miño e Manzaneda, nun dos 64 concellos emprendedores cos que conta a provincia de Ourense. A vila de San Rosendo súmase ao obxectivo da Xunta de poñer facilidades ao investimento empresarial e impulsar a recuperación económica, ofrecendo máis axilidade na tramitación administrativa, no acceso ao solo industrial e maiores incentivos fiscais. Para ser Concello Emprendedor, as administracións locais, unha vez aproban nos seus respectivos plenos a modificación das ordenanzas correspondentes, teñen que adherirse ao convenio asinado entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para colaborar na captación de investimentos para Galicia. Celanova comprométese a ofrecer ás empresas que mostren interese por instalarse nas súas localidades máis incentivos fiscais, maiores facilidades para acceder ao solo empresarial e unha simplificación na tramitación administrativa. Os maiores incentivos fiscais por parte dos concellos para favorecer a chegada de novas empresas suporán unha bonificación de ata o 95% no IBI, IAE e ICIO para aqueles proxectos que impliquen nova implantación ou ampliación de empresas xa existentes. Deste xeito, a colaboración entre as administracións públicas permite avanzar cara a unha Galicia máis competitiva. A Xunta está a dar prioridade a estes concellos en diversas liñas de axudas destinadas a impulsar a fábrica intelixente, o emprego de calidade e o emprendemento baseado na innovación e no talento. Para iso, o Goberno galego establece nestas axudas, que están a ser convocadas en réxime de concorrencia competitiva, un criterio específico.

CELANOVA E COMARCA

Unha obra restaurará a Ponte Pedriña 4 O prazo de execución é de catro meses. Redacción O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, desprazouse a Ponte Pedriña, no concello de Celanova, para visitar este monumentos históricos trala publicación da licitación das obras de rehabilitación que vai acometer a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e que unha vez adxudica, terá un prazo de execución de catro meses. A Consellería de Cultura, Educación e Universidade ten previsto destinar máis de 169.000 euros para solucionar de maneira prioritaria os problemas estruturais de cara a evitar un maior deterioro da súa bóveda. Gabriel Alén puxo en valor a aposta decidida pola conservación do noso patrimonio histórico-cultural, por iso “dende a Xunta queremos darlle o mellor futuro ao noso pasado máis singular”; e engadiu, “este tipo de actuacións constitúen un auténtico agasallo para todos os que estamos orgullosos da nosa riqueza etnográfica e da nosa historia e para todos os que cremos nas testemuñas do pasado como unha parte esencial do noso poder de transformación”. Actuacións As actuacións que se levarán a cabo nesta pon-

Aula CeMIT Redacción A Aula CeMIT de Celanova organiza novas actividades formativas para este mes de marzo. En canto aos ciclos de ofimática, do 15 ao 25 de marzo, de luns a xoves de 12 a 13:30 h, ofrécese de xeito presencial o de “Follas de cálculo”; e do 22 ao 25, por videocon-

Cartelle, no Plan Básico Municipal 4 A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez asinou a orde. Redacción

O delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, xunto ao alcalde de Celanova, Antonio Puga, na Ponte Pedriña. te teñen como obxectivo evitar un maior deterioro do ben, así como permitir a súa utilización por parte dos veciños. Así pois, as principais patoloxías que se resolverán con estes traballos son o dano na bóveda, o deterioro nos muros de acompañamento, a falta de pavimento na calzada e perda de parte dos peitorís orixinais. O proxecto inclúe a consolidación e reforzo da estrutura mellorando o solo aluvial sobre o que está cimentada a ponte mediante a execución de columnas. Así mesmo, mellorarase a cohesión, compacidade e impermeabilización co fin de garantir a estabilidade da bóveda. Por outro lado, para reparar os muros de acompañemento, desmontaranse a parte superior e

Cultura ten previsto destinar 169.000 euros para a súa reforma

ferencia o “Base de datos” de luns a xoves de 10 a 12 horas. Tamén informática básica, presencial, do 15 ao 24 de luns a mércores de 16 a 18 h. E haberá dous cursos sobre redes sociais: “Crea o teu perfil Facebook” o xoves, 18 de marzo, de 16 a 19 horas; e “Crea o teu perfil de Instagram” o xoves 25, de 16 a 19 horas. Os máis cativos poden participar en dous cursos

os días 29, 30 e 31 de marzo. Por unha banda, “Ferramentas para enredar en Semana Santa” de 10:30 a 13:30 h para nenos de 4 a 8 anos; e “Taller con Tinkerkad. Primeiros pasos en realidade virtual 3D” de 16:20 a 19 h para rapaces de 9 a 12 anos. A reserva de prazas realizarase chamando ao 988 431 604 ou no email cemit.celanova@xunta.es.

montarase de nova cunha cachotería construída utilizando pedras recuperadas e reconstruírase a parte que actualmente está derrubada. Os traballos contemplan tamén a reposición dos peitorís que se perderon seguindo as características dos orixinais así como reparación do antigo lousado do pavimento. Por último, colocarase unha sinalización de límite de peso e velocidade co fin de minimizar a repercusión do paso de vehículos pola ponte.

Cartelle avanza cara o urbanismo sostible grazas á aprobación inicial do Plan Básico Municipal. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez asinou a orde de aprobación deste instrumento de ordenación básico para os concellos de menos de 5.000 habitantes, co fin de que dispoñan dun instrumento importante co que ofrecer unha capacidade de acollida residencial e económica, que dea resposta ao desenvolvemento elemental dunha certa actividade urbanística. Avanzou que Cartelle é o cuarto concello galego que acada a aprobación inicial do PBM, e o segundo da provincia de Ourense. Conta cunha superficie de 94,30 km2 e delimita en 59 os

núcleos rurais nun ámbito de solo urbano consolidado, e recoñece Outomuro e Cartelle como núcleos urbanos. Así, o plan básico delimita en 59 os núcleos rurais nun ámbito de solo urbano consolidado e recoñece Outomuro e Cartelle como núcleos urbanos. En Outomuro, o principal e máis poboado do concello, sitúase actualmente a casa consistorial, así como outros edificios administrativos e de servizos; e en Cartelle, está situada a feira, o colexio, o centro de saúde, entre outros. Patrimonio Neste instrumento de ordenación tamén se identifican e catalogan elementos do patrimonio cultural e natural do concello, como dous elementos BIC arqueolóxicos, dous arquitectónicos e 16 etnográficos.

Ángeles Vázquez en Cartelle./M.REJO.

Mocións Redacción O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova rexistrou unha moción para o seu debate no pleno da corporación deste mes de marzo na que solicita que “o concello retire” antes do 8 de agosto de 2021 “o monumento franquista do Outeiro da Obra” e

cambie “toda a sinaléctica oficial” restituíndo “o topónimo tradicional do lugar en cumprimento da Ley de Memoria Histórica”. Por outra banda, o BNG leva outra moción na que pide ao goberno de Celanova que dea conta das afectacións ambientais, patrimoniais e paisaxísticas da instalación dun polígono de aeroxeneradores no Monte da Neve.


ALLARIZ E COMARCA

Convenio coa Escola de Conservación Redacción O Concello de Allariz e a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia asinan un convenio que ten como fin a cooperación para a conservación do patrimonio cultural. Grazas a este acordo es-

tablécese unha primeira colaboración destinada á intervención de pezas do Museo Galego do Xoguete de Allariz. Xa chegaron á Escola dous cabalos de xoguete, realizados con distintas técnicas, que xa están a ser avaliados para proceder á súa intervención polos estudantes de conservación e restauración de bens escultóricos, na materia destinada a materiais non tradicionais.

Alumnos da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia resturando un dos cabalos do Museo do Xoguete de Allariz.

Semana de oportuniades 4 Do 19 ao 21 de marzo. Redacción Do 19 ao 21 de marzo, a fin de semana da ponte de San Xosé, unha ducia de establecementos participaran nun fin de semana de oportunidades en Allariz. As persoas que se acheguen a Allariz poderá gozar dos descontos nos comercios que durante a próxima fin de semana rematan os seus excedentes da tempada Outono-Inverno. "Allariz é oportunidade" é un evento no que os clientes poderán atopar grandes ofertas e descontos dunha gran variedade de produtos que inclúen, moda, calzado, deportes, roupa infantil, complementos, fotografía. As ofertas poderán atoparse visitando os comercios participantes. As me-

didas de seguridade serán prioritarias, respectando por suposto as restricións actuais, limite aforo 50%, emprego da máscara e uso do xel desinfectante. Todos os clientes que merquen durante eses tres días, terán a opción de gañar 3 lotes de Produtos de Allariz. María López, Concelleira de Promoción Económica Comercio e Turismo quixo agradecer ao sector o seu esforzo nestas circunstancias tan complicadas, xa que a súa labor é vital para que Allariz siga sendo un lugar atractivo para vivir e para visitar. Ao mesmo tempo quixo facer fincapé na importancia de valorar "o noso comercio sempre coma a primeira opción de compra".

O 4º Festival RiЯ, prepárase 4 Volve a Allariz do 8 ao 11 de setembro. Redacción O Festival de Curtas de Comedia RiR de Allariz comeza a dar os seus primeiros pasos para a celebración da súa cuarta edición. Do 8 ao 11 de setembro o público gozará dunha selección internacional de curtametraxes de

comedia que se elexirán das propostas que cheguen ata o 30 de xuño. A recepción das curtas será a través da plataforma Festhome. Seguridade Como xa acontecera na edición de 2020, o RiR deste ano contará cunha

Barrios 12 de marzo 2021

grande porcentaxe de actividades para gozar de forma virtual -retransmisión en streaming- e sen moverse de casa, atendendo a medidas fronte á Covid-19. Mentres tanto, os organizadores irán desvelándonos quen recibirá o Premio RiR Contigo 2021, así coma a programación.

Cartel do festival.

9

Petiscos Musicais Redacción O 7º ciclo de Música de Cámara, Petiscos Músicais, regresa á Fundación Vicente Risco en Allariz (rúa San Lourenzo, 3) con catro concertos. O primeiro deles será este mesmo sábado, 13 de marzo, ás 20h, a cargo de Naialma. O aforo queda limitado a 20 persoas, tendo preferencia os abonados. O prezo da entrada é de 12 euros, pagando 40 euros polo abono dos catro concertos que se darán.


10

Barrios 12 de marzo 2021

ENTREVISTA

ENTREVISTA A AVELINO JÁCOME, DIRECTOR DA REVISTA “NÓS, A XENTE DO REDOR”

"Somos só unha manifestación da cultura que está dende sempre en estado latente nesta cidade"

4 Máis de medio cento de artistas levan colaborando nesta publicación. Redacción

se arrisca”.

Quen coñeza a Avelino Jácome é sabedor do inquedo que é, e se falamos do eido cultural aínda máis. En pleno confinamento deulle voltas á súa cabeza para sacar adiante un proxecto no que xa viña pensando. Agora, un ano despois de aqueles temerosos días, a revista “Nós, a Xente do Redor” é unha realidade que conta con dous números publicados e un terceiro que se retrasou a este mes de marzo polo falecemento de Fernando Gabelo, quen recibirá unha merecida homenaxe neste número. A publicación conta ser trimestral.

Quen conforma a revista? A.J.: “A revista é da xente de Ourense, porque Ourense ten os vimbios para facer o cesto dunha nova Atenas de Galicia. Pero a cultura ten que emerxer do pobo, da xente sinxela, que é a que ten as lembranzas da verdadeira galeguidade. Con este número tres da revista, chegaremos a contar con medio cento de colaboradores, dende os pintores que a ilustran Miguel Ángel Martínez Coello e Paco Ascón, que tamen colaboran cos seus artigos, escultores como Tony Ferrer, fotógrafos como Alan ou David Prada, poetas como; José Ramón Morgade, presidente do Círculo poético, Marina Sánchez ou novelistas como Rubén Pintos, escritores especialistas nunha disciplina determinada, por exemplo contamos coa colaboración de Manuel Blanco Villar, director do maior museo etnográfico de Galicia en Codeseda, Lalín, ou con Marila Sánchez que nos trae a sección de filatelia. Neste terceiro número creamos unha sección nova, “O recuncho da Música” que escribe Armando Lastra, o gran animador cultural, que leva de forma desinteresada apoiando ás xoves promesas da música en Ourense, en Asturias e en todo Galicia. Incluso contamos con xente dende os 12 anos, alumnos do colexio Cisneros, ata mozos que xa cumpriron os oitenta”.

Como xorde a revista “Nós, a xente do redor”? Avelino Jácome: “Nace do confinamento, o feito de estar pechados dun día para outro, de súpeto, de xeito tan terríbel, levounos a pensar que podiamos facer algo pola cultura, pensar máis en positivo, vencendo o medo e poñendo uns grans de esperanza nunha situación tan difícil. Un grupo de artistas que nos xuntaramos ao redor da exposición de nome “A Xente do Redor”, na galería Tony Ferrer, onde o gran xenio do pintor Miguel Ángel Martínez Coello, presentou a colección de retratos dos persoeiros de Ourense, dende os máis coñecidos á xente do común, ese grupo de amigos e artistas foi a xénese. Cando na miña mente xurdiu a idea, falei con eles e inviteinos a participar no proxecto, estiveron de acordo e puxémonos a elo, con esa xenerosidade inmensa que os caracteriza a todos. As mellores ideas non valen de nada se non

E cada vez contades con máis colaboradores? A.J.: “Si, en cada número engadimos novos autores, polo que algún cola-

mitado, e pensando que só se distribuíu en Ourense cidade énchenos de esperanza”.

Avelino Jácome, director de “Nós, a xente do redor”.

“Contamos con xente dende os 12 anos, alumnos do colexio Cisneros, ata mozos que xa cumpriron os oitenta” borador haberá números onde non apareza, e sairá no seguinte, trátase de sorprender con firmas novas e dar oportunidade a todos para que participen neste rexurdir da Atenas Galega, desta Áuria querida, onde a arte agroma entre as pedras da Catedral ou da Ponte Romana, coma auga do Miño, regando esta cidade que sempre foi fonte da creatividade e da cultura con maiúsculas”. Con publicacións como esta, pódese dicir que a cultura ourensá está máis viva que nunca? A.J.: “Nós, somos só unha manifestación da cultura que está dende sempre en estado latente nesta cidade. Dito de outro xeito, a revista é a flor que anuncia os froitos, saborosos manxares que Ourense garda na súa cerne. Hai pouco tempo, tamén se

presentou en formato dixital a revista “Inviable”, cunha calidade extraordinaria, e cada día medra máis o Circulo Poético Ourensán, incorporando novos poetas, por poñer dous exemplos dentro da fervedura cultural deste Ourense querido”. Como foi a acollida dos dous primeiros números? A.J.: “Sorprendeunos moito a grande acollida, por iso nos animamos a continuar co proxecto. O público valorouna e mercouna, de feito puidemos financiar o número dous grazas ás vendas e as subscricións. O segundo número aínda non temos os datos definitivos, pero contamos estar preto dos 500 exemplares vendidos, e tamén aumentaron os subscritos, tratándose dun produto para un público li-

Agora sacades xa o terceiro número, parece un acto de valentía para os tempos que corren. A.J.: “Non nos asustan os retos, cando hai un equipo tan grande e solidario como o que conforma a Xente do Redor. Cando tanta xente, dun xeito altruísta traballa a reo, por amor á arte, nunca mellor aplicado, sería de covardes recuar. Dende aquí teño que dar as grazas a todo o equipo de Orixe Publicidade e Comunicación, que se encargan do deseño e da maquetaxe, estou moi orgulloso de dirixir a todo este equipo, xunto cos escritores, poetas, pintores, e todos os que traballan na súa difusión, puntos de venda, repartidores e tamén dos medios de comunicación que tanto nos axudades dándoa a coñecer”. O que adquira a publicación, que atopará nela? A.J.: “Poesía ,artigos en prosa, pintura, escultura, fotografía... A obra de ourensáns e galegos, uns de aquí e outros de acolá, espallados polo mundo, colaboracións dende Extremadura, Madrid, Miami, Colombia... a galeguidade de preto e a outra, a da Galicia na diáspora. E vaise a atopar a el mesmo; pois esta é unha revista da etnografía do sentimento, da verdadeira galeguidade, aberta a todos e sen censura, aberta á liberdade de pensamento”. Onde se pode conseguir e a que prezo? A.J.: “En Ourense pó-

dese adquirir a cinco euros o exemplar en Kiosco Marcos, na Rúa Bedoya; Mercería Fina Cruz, na rúa doutor Marañón; Kiosco Ely, preto do Centro Comercial Ponte Vella, na Rúa Saínza; e en Orixe Publicidade, na rúa Francisco de Moure, no Couto. O número tres, xa se distribuirá nas librarías de Ourense e provincia e tamén a distintas cidades e vilas de Galicia. Atopámonos en plena expansión e queremos introducila tamén en Portugal, posto que contamos xa neste número cunha poeta lusa, que nos ofreceu a posibilidade de distribuíla no seu pais”. Sería importante contar co apoio das institucións. A.J.: “A partires do número tres, teremos unhas pequenas colaboracións da Deputación de Ourense e da Xunta de Galicia mediante as accións do Xacobeo 2021. Por outra banda contamos coa implicación da empresa privada, que a pesares das dificultades que están atravesando, confiáronnos a publicidade das súas marcas. Diriximos unha solicitude ao Concello de Ourense, e agardamos que tamén poida botarnos unha man, para sacar adiante este proxecto, tendo en conta que os representantes actuais veñen da empresa privada, polo tanto estou convencido que saberán valorar o nacemento deste xermolo que arrinca da iniciativa privada”.

“Neste terceiro número creamos unha sección nova: O recuncho da Música”


DEPORTES

O COB prepara a fase definitiva 4 Chega á loita pola permanencia con catro vitorias. R.T. O Club Ourense Baloncesto agarda ao inicio da fase pola permanencia. Nove equipos loitarán por non quedar entre os catro últimos e descender de categoría. Os ourensáns están ben colocados logo de arrastrar as vitorias contra os equipos cos que xa se enfrentou na segunda fase e que buscan o mesmo obxectivo da permanencia. Os homes de Gonzalo García de Vitoria arrincan esta fase con catro vitorias e dúas derrotas, pero sen saber, de momento desde que posición partirán. No outro grupo (o B) falta por saber cal será o quinto equipo que loitará por non descender; esa praza está reservada para Almansa ou Lleida. E é que aos cataláns fáltanlles por disputar tres encontros da primeira fase; en caso

de gañar os tres, serán os manchegos os que xoguen pola permanencia; pola contra, con perder un dos tres partidos, serían eles os que a disputarían. Para elo, o Lleida deberá facer unha maratón de partidos. Desde este venres e ata o vindeiro martes, os homes de Gustavo Aranzana disputarán os tres partidos aprazados para que, na fin de semana próxima se dispute a segunda xornada da fase pola permanencia. COB As catro vitorias cobistas fan que os ourensán ocupen unha das prazas altas da clasificación. Sexa como fora, o obxectivo é non rematar entre os catro últimos, iso condearía ao equipo a disputar a LEB Ouro o vindeiro ano.

Novo derbi Envialia - Cidade 4 Será na última xornada da primeira fase. Redacción Este sábado, 13 de marzo, Ourense Envialia e Cidade das Burgas GLS disputarán un novo derbi ourensán na Primeira división de fútbol sala feminino. O encontro corresponde á última xornada da primeira fase e disputarase a partir das 16:30 h no Paco Paz. Envialia e Cidade non chegan nun bo momento logo de contar con resultados negativos nas últimas xornadas. Ámbolos dous conxuntos xa están pensando na segunda fase da competición, na que as albinegras loitarán polo título, e as franxiverdes por non descender. Pero antes diso, o afeccionado volverá gozar dun derbi, que a pesar da situación dos dous

“Ourense Strade Termal by Ridley” Redacción

Mike Úriz no partido contra Melilla. /C.DOMARCO.

Barrios 12 de marzo 2021

Aberto o prazo para inscribirse na IV edición da “Ourense Strade Termal by Ridley”. O evento deportivo organizado polo Inorde disputarase o vindeiro 30 de maio, ofrecendo un novo percorrido que levará aos

equipos, sempre deixa moita emoción tanto na pista como nas bancadas. Segunda fase Pase o que pase neste encontro, non valerá para nada para a segunda fase, xa que cada equipo arrastrará os puntos obtidos contra os equipos que disputen a mesma fase; é

O derbi da primeira volta. /ARQUIVO. cicloturistas a coñecer novas paisaxes dos concellos ourensáns de Entrimo, Lobeira, Bande, Calvos de Randín, Muíños e Lobios. Os interesados en participar poderán inscribirse a través da páxina web www.ourensestradetermal.com, ata chegar aos 300 participantes. A proba, que está dentro do Calendario Nacional da Real Federación Española de Ciclismo, conta con dous percorridos: o gran fondo

dicir, o Ourense Envialia chegará cos puntos logrados contra equipos que tamén busquen o título ligueiro, mentres que o Cidade das Burgas GLS contará cos puntos que lle sacou a equipos que loiten pola permanencia. Sala Ourense Pola súa banda, o Sala Ourense perdeu o partido que tiña aprazado diante do Narón por cero goles a un. Indignados remataron o encontro no seo do conxunto ourensán logo de que o gol chegará a 15 segundos do final do encontro e previa man dun xogador naronés. O equipo dirixido por Óscar Vivián remata a primeira fase esta fin de semana no Pazo. O seu rival será o Xove. de 125 quilómetros e o medio fondo de 90 quilómetros.

Participantes da pasada edición.

11

EN BREVE

4 Volta ciclista A Volta a España Feminina, que se disputara en setembro, pasará pola provincia de Ourense. Así se acordou tras unha reunión no Pazo Provincial entre o presidente da Deputación, Manuel Baltar, e o director xeneral de Unipublic/Vuelta a España, Javier Guillén.

4 Becas deportistas Publicada a convocatoria de axudas para deportistas individuais de Ourense. As persoas interesadas disporán, dende o día da publicación, 6 de marzo, do prazo dun mes para presentar as solicitudes. Estas deberán facerse mediante impreso normalizado que se facilitará nas dependencias administrativas do Consello Municipal de Deportes, situadas na Avda. Pardo de Cela, núm. 2, lugar no que tamén se poderá rexistrar as solicitudes, xunto coa sede electrónica do CMD. O importe das axudas individuais poderán chegar até 950 euros por deportista. A información estará a disposición da cidadanía no espazo web do Consello Municipal de Deportes [www.deportesourense. com], onde se poderán descargar as Bases e Anexos da Convocatoria e da Sede electrónica do Consello Municipal de Deportes.


12

Barrios 12 de marzo 2021

DEPORTES

Tres xornadas para definir o futuro de Barco, Ourense CF e UD Ourense 4 O Arenteiro loitará polo ascenso á Segunda división B. Redacción Esta pasada fin de semana era xornada de derbis. En Calabagueiros, Barco e Arenteiro; mentres que no Couto, UD Ourense e Ourense CF. O primeiro dos encontros foi o disputado na capital. Alí, o Ourense CF volveu, como na primeira volta a sumar os tres puntos en disputa no derbi capitalino. E iso que os de Fernando Currás mereceron mellor sorte, xa que buscaron con máis intensidade a vitoria. Pero finalmente o bo facer de Borja Domingo, que fixo dous goles, deulle a vitoria aos de Rubén Domínguez (1-2). Un día despois, Barco e Arenteiro chegaban a Calabagueiros para a disputa do segundo derbi ourensán da xornada. Os do Carballiño eran líderes e os de Valdeorras buscaban sumar para seguir na loita para evitar a fase de permanencia. O empate final (1-1) deixou ao Arenteiro satisfeito, logo de ter que xogar o tramo

final cun xogador menos por expulsión de Naveira. Pola súa banda, os locais rompen unha racha que os levou a estar tres partidos seguidos sen puntuar e sen marcar. Con estes resultados, o Arenteiro segue como líder no grupo B da Terceira división con 40 puntos, pero agora con tres máis que o segundo, un Arousa que recurtou dous puntos esta xornada ao vencer a Rápido de Bouzas por dous goles a ceron. Ámbolos dous conxuntos xa están clasificados para disputar a fase de ascenso á Segunda división B. Mentres, os outros tres conxuntos ourensáns deberán seguir loitando, nas tres xornadas que restan da fase regular, para evitar a fase de da permanencia; agora mesmo, tanto Barco coma Ourense CF e UD Ourense están metidos nela. O Barco, con 24 puntos é sétimo, a un punto dos postos que evitan a loita por salvarse. Segueno o Ourense CF, oitavo, cun

O Barco, con 24 puntos é sétimo, a un punto dos postos que evitan a loita por salvarse. Ségueno o Ourense CF, oitavo, con 23 puntos e un partido menos, e a Unión Deportiva Ourense con 22 puntos

punto menos (23) e un partido menos, e UD Ourense con 22 puntos. Tres xornadas vibrantes que decidirán o futuro destes tres equipos. Xornada 20 A primeira destas batallas chega cun novo derbi esta fin de semana. O Couto será o escenario do Ourense CF e Barco. Un partido importantísimo para as dúas escadras que terán como obxectivo non perder. A vitoria dos locais faría que os pupilos de Domínguez pasaran na clasi-

ficación aos de Manolo Pérez, pola contra, unha vitoria visitante daríalle un colchón de catro puntos co seu rival. A Unión Deportiva Ourense ten un complicado desprazamento ata o campo do Choco. Os de Redondela tamén están inmersos na loita por rematar a fase regular evitando os postos que se xogarán a salvación. Actualmente están fóra de situación, pero tan só tres puntos son os que o separan do cadro dirixido por Currás (que si está en esa situación). A vitoria ourensá daríalla opcións para seguir loitando por non ter quer loitar na segunda fase por non descender. E o cuarto conxunto ourensán, o Arenteiro buscará, na casa, diante do Pontellas seguir sumando puntos para rematar esta fase regular como líder do grupo B.

Lance de xogo do encontro entre a UD Ourense e o Ourense CF. /I.OSORIO.

Plantilla do Aceites Abril.

VOLEIBOL

Nova vitoria no Pompeo 4 O Aceites Abril afianza a segunda praza na Primeira división nacional. Redacción Boa xornada para o Aceites Abril (Club Voleibol Ourense) na que resolveu con solvencia o seu encontro da 19ª xornada fronte a Los Campos. O partido era entre rivais directos para ocupar a segunda praza na clasificación. Os erros dos primeiros minutos foron un mero espellismo de todo o que chegaría despois. Sabedoras do que se xogaban, as ourensás despregaron un xogo moi compacto ante o que nada puido facer o equipo visitante. Ao final merecida vitoria por tres sets a cero (25-18, 25-13, 25-12) que as afianza na segunda posición. Moi boas sensacións para un conxunto, o ourensán, que busca nas

últimas xornadas desta fase regular manter a posición que lle daría dereito a xogar á fase de ascenso á Superliga 2. Para ter máis cerca este obxectivo deberán sumar tres novos puntos diante do CV Bruxas, próximo rival. Canteira A canteira tiña unha intensa fin de semana que levaba ao equipo xuvenil do Aceites Abril a desprazarse até Cambados onde conseguiría sumar un importante punto despois de remontar un 2-0 en contra. O equipo cadete medíase aos CV San Martiño no derbi ourensán da categoría, a pesar da igualdade o tres puntos se que daban en casa. Peor sorte tocáballe ás infantís na súa visita a Monforte onde os CV Korbis levaba a vitoria por 3-1.


PROVINCIA

Atletismo Redacción Este domingo, 14 de marzo, a pista cuberta de Expourense acolle o 36º Campionato de Galicia absoluto de atletismo en pista cuberta. Aínda que xa competiu no cidade das Burgas con anterioridade, o gran atractivo desta edición e a presenza da atleta Belén Toimil. E é que a lanzadora vén de batir o récord de España de lanzamento de peso no campionato de Europa celebrado en Toruń (Polonia). Toimil

Kickboxing Redacción Ourense acollerá esta fin de semana do Campionato de Galicia de kickboxing, con máis de 200 deportistas. Os días 20 e 21 de marzo celebrarase no Pavillón Municipal dos Remedios este campionato nas especialidades de

Campo de fútbol de Vilar de Astrés Redacción O campo de fútbol de Vilar de Astrés loce renovada imaxe logo das obras de remodelación executadas polo Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense. O alcalde e presidente do CMD, Gonzalo Pérez Jácome inaugu-

lanzou o peso a 18,64 metros o que lle supuxo, ademais do récord nacional, entrar na final do europeo e mínima para os Xogos Olímpicos de Tokio. A lanzadora afincada en león logrou batir un récord que databa de 1996, obra de Martina de la Puente (17.94). Pero Belén non estará soa. Ata Ourense chegarán para competir atletas da talla do saltador Jean Marie Okutu ou do velocista Mauro Triana. O campionato celébrase en xornada de mañá e de tarde. Tatami sport (contacto lixeiro), para as categorías infantil, xuvenil, cadete, júnior e sénior, e Ring sport (contacto pleno) nas categorías júnior e sénior. Participarán un total de 203 deportistas de 43 clubs e haberá representación das catro provincias galegas.

rou o equipamento municipal, que foi dotado de céspede artificial, e no que tamén se acondicionaron novos vestiarios e bancada. As obras contaron cun importe de 455.463,36 euros. O céspede artificial é de máximo nivel cumprindo os máximos requerimentos de homologación marcados pola federación internacional de fútbol FIFA.

Barrios 12 de marzo 2021

Leiro acollerá un proxecto piloto de polígono agrario 4 A iniciativa desenvolverase ao abeiro da futura Lei de recuperación da terra agraria de Galicia. Redacción O Concello de Leiro porá en marcha, coa colaboración da Xunta de Galicia un proxecto piloto de polígono agrario de viñedo de 100 hectáreas. A iniciativa desenvolverase ao abeiro da futura Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, que se está a debater no Parlamento autonómico. O conselleiro do Medio Rural, José González, reuniuse co alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, para concretar os detalles desta iniciativa e para coñecer e avaliar esta e outras posibilidades de impulso ao agro neste municipio ourensán. Ambos coincidiron en destacar o potencial que teñen os terreos de cultivo neste concello, especialmente pola súa tradición vinculada á produción de viño amparado pola denominación de orixe máis antiga de Galicia. Esta norma desenvolverá e reforzará este tipo de ferramentas de posta en valor da terra, xunto coas aldeas modelo, as agrupacións de xestión

conxunta ou as permutas de especial interese agrario, entre outras, co obxectivo xeral de recuperar terras en desuso ou infrautilizadas, para poñelas en produción. Así mesmo, con estes instrumentos procúrase unha efectiva anticipación aos incendios forestais, mediante o aproveitamento agrogandeiro ou forestal dos predios. Estas ferramentas cén-

transe en potenciar estes tres usos do chan, segundo o tipo de cultivo máis acaído ou con maior tradición en cada zona. Así, no caso concreto de Leiro, trátase de aproveitar a súa vocación vitivinícola e o seu emprazamento, dentro da denominación de orixe Ribeiro, para agrupar terreos co fin de mellorar a súa xestión e a súa produtividade.

Con estes instrumentos procúrase unha efectiva anticipación aos incendios forestais, mediante o aproveitamento agrogandeiro ou forestal dos predios

EN BREVE

4 Serie

A Deputación apoiará unha nova serie televisiva rodada en Ourense: Hotel Valquirias. A serie é unha coprodución galego-portuguesa que se rodará, entre outras, en diferentes localizacións da provincia de Ourense.

4 Deputación de Ourense

A Deputación de Ourense renova o seu parque móbil con 52 novos vehículos. Os novo vehículos, adquiridos por medio da modalidade de renting, son de baixa contaminación.

4 Subdelegación do Goberno

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, fixo entrega dun novo lote de 74.000 máscaras destinadas aos concellos e ás entidades sociais da provincia, nun novo reparto que realiza o Executivo central para atender a colectivos de poboación vulnerable e ao persoal de servizos esenciais das entidades locais.

4 O Irixo

O conselleiro do Medio Rural, José González, xunto ao alcalde de Leiro, Francisco José Fernández.

13

O Concello do Irixo conta cun novo parque infantil dentro do proxecto «Irixoga», e que está destinado a fomentar a conciencia ecolóxica. A Xunta fixo unha achega de máis de 34.000 euros.


14

Barrios 12 de marzo 2021

PROVINCIA / HUMOR

A Xunta traballa na ampliación do Polígono de San Cibrao das Viñas 4 Serán máis de 420.000 m2. Redacción O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, recibiu ao presidente da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao das Viñas, José Antonio Rodríguez. Na xuntanza, o representante dos empresarios presentoulle o anteproxecto da central

ferroviaria de mercadorías que esta asociación está a impulsar. José Antonio Rodríguez tamén se interesou polo estado da ampliación do polígono, e no destino dos fondos europeos para darlle continuidade ao estreado enlace da A-52 con esta instalación industrial. O delegado territorial confirmoulle o anuncio

Gabriel Alén e José Antonio Rodríguez.

A presenza da vespa velutina avísase no 012 4 A Xunta renovou a encomenda da retirada e destrucións destes niños a Seaga. Redacción A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou o servizo do 012 no que se reciben os avisos sobre a presenza de niños de vespa velutina, onde lembrou a necesidade de que os cidadáns informen a través do Teléfono de Atención e Información á Cidadanía 012 cando detecten e localicen un destes niños. Tamén sinalou que a Xunta xa aprobou a semana pasada a renovación da encomenda da retirada e destrucións destes niños á empresa pública Seaga en todo o territorio galego en

colaboración cos concellos adheridos ao Plan de loita contra esta especie acordado entre a Xunta e a Federación Galega de

do Presidente da Xunta, Núñez Feijóo, na súa recente visita ao polígono, de que o Goberno galego está traballando na ampliación de máis de 420.000 metros cadrados e que conta cunha partida dun millón de euros nos orzamentos 2021 para executala. Gabriel Alén tamén lle explicou que a Xunta de Galicia contempla a prolongación do acceso ao Polígono de San Cibrao das Viñas e á Cidade do Transporte desde a autovía A–52 dentro das propostas que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade presentou ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana nos fondos europeos do Plan de Recuperación.

Municipios e Provincias (Fegamp). Un total de 300 municipios forman parte deste plan, o que supón o 96% dos municipios galegos, dos que 285 xa se uniran en 2020 e aos que agora se suman outros 15 máis. Balance Natalia Prieto tamén fixo balance das actuacións levadas a cabo polo equipo de intervención de Seaga o ano pasado con máis de 16.700 niños retirados (máis de 1.300 en Ourense).

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou no servizo do 012 de San Cibrao. /M.REJO.

31º Premio Carracedo de Xornalismo Redacción O vindeiro 18 de marzo remata o prazo para presentar traballos para o 31º Premio de Xornalismo “Xosé Aurelio Carracedo”, un galardón que convoca a Deputación de Ourense para premiar o mellor traballo ou conxunto de traballos xornalísticos –escritos, gráficos, audiovisuais ou dixitais- publicados en medios de comunicación galegos ou noutros medios de comunicación pero que deberán referirse a Galicia, e con data entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2020. O premio, instaurado pola institución provincial como lembranza do xornalista

Casa da Lusofonía Redacción O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o secretario xeral da Associaçao Impulsora da Casa da Lusofonía, Xosé Carlos Morell, asinaron no Pazo Provincial un convenio de colaboración que permitirá instalar en Ourense a sede galega da Casa da Lusofonía, dentro da rede de instalacións destas ca-

4HUMOR

ourensán que lle da o seu nome, falecido en 1988, e en defensa dun xornalismo de calidade, está dotado con 3.000 euros. A este certame poden optar os profesionais ou colaboradores habituais que exerzan o seu labor en medios de comunicación escritos, audiovisuais ou dixitais, en calquera das súas modalidades. As propostas poden ser presentadas polos propios interesados, pola dirección do medio no que foron publicadas, por institucións, asociacións, colectivos, persoas individuais ou polo propio xurado. En canto ao modo de envío das propostas deberán presentarse exclusivamente a través da páxina web da Deputación de Ourense, no apartado “XXXI premio de periodismo “Xosé Aurelio Carracedo”. No formulario, os participantes

farán constar os seus datos persoais: nome e apelidos, domicilio, teléfono, correo electrónico, DNI e currículo; a modalidade do/dos traballo/s (prensa, radio, televisión, fotografía ou xornal dixital); e o/os traballo/os que se presentan ao premio. No caso de prensa, os traballos enviaranse escaneados nun arquivo PDF; no caso de radio, os audios enviaranse en formato mp3; no caso de televisión, enlace ao vídeo para poder visualizar e descargar o traballo; no caso de fotografía, os arquivos en formato PNG ou JPG da foto e da páxina onde se publicou (PDF), e no caso de traballos en xornais dixitais, arquivos escaneados en PDF e enlace á web na que figura o traballo. As bases do premio poden consultarse na web da Deputación de Ourense.

racterísticas que posúe o Ministerio de Asuntos Exteriores e a Unión Europea. O acordo establece a creación dunha comisión seguimento que terá carácter paritario e estará integrada por representantes da Deputación e da Associação, comisión a través da cal se canalizarán as xestións para instar á administración xeral do Estado e á Unión Europea a facilitar a creación da Casa da Lusofonía con sede na capital ourensá, que terá personalidade xurídica pro-

pia. Para levar a cabo este proxecto, os representantes da Deputación de Ourense e da Associação procurarán o apoio de colectivos sociais, empresariais e particulares.

Acto da firma do convenio para a sede da Casa da Lusofonía en Ourense.


ARTIGOS / CLASIFICADOS

Barrios 12 de marzo 2021

15

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Arcediagos,11, 1º - 32005 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara Nº140 - Ano: XIV - 12 de marzo de 2021 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

4DECRECENDO

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

O problema do náufrago: cando o diñeiro se volve inútil A crise económica e social derivada da Covid-19 puxo de relevo un problema xa existente: que o diñeiro non vale para nada se non se pode comprar nada útil con el. Esta situación ten reflexo na metáfora do náufrago nunha illa deserta, o diñeiro non lle axudará a sobrevivir. Os bloqueos e as restricións déronnos unha idea dun futuro no que o diñeiro pode non valer nada simplemente porque non hai nada que se poida comprar con el. É un problema, en última instancia, relacionado co inevitable esgotamento dos combustibles fósiles que forman a base da nosa economía: con menos enerxía, non podemos seguir fabricando as cousas que permiten gozar dun consumo que ten un alto compoñente de exhibicionismo, é dicir, consumo para que outros vexan o que eu consumo e canto consumo, o “consumo ostensible”. Sabemos que a historia nunca se repite, pero rima. Xa desde o Imperio Romano practicábase este consumo ostensible, os ricos eran enormemente ricos, pero algo da súa riqueza filtrábase ao resto da xente. Seguramente, en todos os chanzos da escala social, a xente participaba no xogo do consumo para manterse ao día cos veciños. O diñeiro foi e é unha ferramenta para o comercio, por suposto, pero tamén unha forma de establecer a xerarquía social. Volvendo á imaxe do náufrago, non hai moito que se poida comprar con diñeiro nunha economía colapsada, e así estamos todos, náufragos, e iso demostrouno máis cla-

ramente a pandemia da Covid-19. Pensen nisto: pechados na casa, sen ir a un restaurante, facer unha viaxe, tomar algo, ir á praia ou a bailar, ou con restricións no uso normal previo á pandemia. Non é que o comercio desaparecese, aínda podemos comprar calquera cousa que quixésemos en plataformas da internet e recibila na casa, con todo, o diñeiro non é só unha ferramenta para comprar cousas. É unha ferramenta para establecer a xerarquía social mediante o xogo do consumo ostensible. Ese é un xogo que non se pode xogar só, en casa, fronte a un espello. Non máis do que un náufrago, só na súa illa, puidese ascender no seu status social comendo máis cocos. Ao final, a pandemia simplemente sacou á luz algo que xa deberiamos saber: que non podemos permitirnos un consumo ostensible durante moito

[Deixe o seu anuncio no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

máis tempo. Quedar sen ouro non é un problema para nós. O problema é que aos poucos nos estamos quedando sen combustibles fósiles, e foron eses combustibles os que nos permitiron consumir tanto e desperdiciar tanto. A pandemia deunos unha idea do que virá. E, como sempre, a historia segue rimando. Nota: Extracto do post “The Problem of the Shipwrecked Sailor: When Money Becomes Useless” de Ugo Bardi, publicado no blogue “The Seneca Effect”. Óscar Blanco

Consumo para que outros vexan o que eu consumo e canto consumo, o “consumo ostensible”

O náufrago nunha illa deserta, o diñeiro non lle axudará a sobrevivir. /ÓSCAR BLANCO.

INMOBILIARIA Alugo local económico no centro. Ideal para oficina, almacén ou trasteiro. 17m2. Dispón de baños comunitarios. 120 euros/mes máis 7 euros de comunidad. C.E.: C. Teléfono 627 203 131 Véndese casa céntrica en Xinzo de Limia. Baixo máis unha planta (144m2,) tres prazas de garaxe e patio, cinco habitacións, dous baños, cociña amoblada e terraza. 133.000 euros. Tel. 699 648 514 / 988 21 40 70 Alugo baixo na zona do Couto totalmente acondicionado. Con luz, auga, 70 m2. Prezo 300 euros. Tel: 653 208 506 Alúgase perruquería. Tel. 672 08 93 49 Alúganse apartamentos en Montalvo (de Semana Santa a outubro) con unha ou dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916 Alugo sala para actividades culturais, con posibilidade de cociña, baño e outros sertvizos. Tel.: 988 247 113. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Busco casa en alquiler na periferia de Ourense. Opción a compra ou dunha permuta dun piso situado na Valenzá. Tlf.: 600 826 029. Vendo casa pola estrada de Santiago, con finca. Para restaurar. Tel.: 672 089 349. Alugo oficina na rúa Progreso. Exterior. Prezo económico Tel.: 672 089 349. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19.

Alugo almacén pequeno en soto de garaxes. Para almacén, adega, trasteiro ou garaxe de moto. Rúa Francisco de Moure. Tel. 636 32 95 24. Véndese apartamento de 2 habitacións, cociña americana, baño, trasteiro e garaxe. Recén reformado. A 5 min. de praia América. Bo prezo. Tel. 620 66 07 62.

TRABALLO Ofrécese señora para traballar con xente maior ou nenos. De toda confianza, con informes. Disponibilidade de coche e fins de semana Tel.: 606 422 543. Ofrécese señora para limpeza por horas Tel.: 674 500 513. Señora, auxiliar de enfermería responsable e con experiencia, ofrécese para coidar persoas maiores, enfermos, nenos e tarefas do fogar. Tel.: 620 052 173 Ofrécese señora responsable -española- para coidade de nenos ou persoas maiores. Con informes. Tel.: 606 422 543 Ofrécese auxiliar de enfermaría, con titulación, para o coidado de maiores. Como interna ou por horas. En Ourense ou arredores. Telf.: 663 043 561 Danse clases de francés a domicilio. Todos os niveis. Titulación en España e Francia. Tlf.: 625 745 611 Imparto clases particulares de Matemáticas a domicilio en Ourense capital. Todos os niveis. Tamen materias curriculares de ESO e Bacharelato. As clases son individuais e personalizadas. Ampla experiencia. Excelentes resultados. Económico. Interesados enviar WhatsApp ao 610 38 25 89. Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas

e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358. Fanse desbroces en tractor e a man. Tlf.: 63 521 448 Coido ou acompaño a maiores enfermos polas noites. Económico. Tel.: 616 361 548. Ófrecese señora seria e responsable para tarefas do fogar e coidado de nenos e maiores. Con informes. Preferencia zona Ponte. Tlf: 685 374 191. Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405. Ofrécese señora por horas para tarefas do fogar, coidado de nenos. Atende persoas maiores; tamén de noite en hospital ou domicilio. Telf.: 620 052 173.

VENDAS Vendo somiere e cabeceiro de cama de 135 cm. Tel.: 666 303 635 Véndense dous lavacabezas de perruquería. Tel.: 672 089 349 Vendo cama hospitalaria articulada en bo estado, con colchón anti-escaras. Tlf.: 606 133 522 Vendo prensa de viño mediana/grande, ideal para decoración en xardíns. Tlf.: 606 133 522 Véndese mampara nova. Tel: 672 089 349. Véndense traxes de cabaleiro moi antigos en bo estado, ideal para Entroido. Prezo 10€. Tel: 610 979 897. Compro moble de cociña completo. Tel: 988 247 824. Vendo escritorio. Como novo, bo prezo. Tel: 672 089 349. Vendo estufa de frío e calor. Tel: 672 089 349. Vendo hormigonera de 280 litros e maquinillo / grúa (a gasolina). Tel.: 988 23 47 91


Barrios 12 de marzo 2021


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.