Barrios

Page 1

Gran actuación do Artai no Galego de kungfu de combate [Páx. 13]

TEMA

Páx.2 OURENSE

A ampliación do hospital de Ourense estará en marcha este ano

Páx.4

Aberto o aparcadoiro da estación Intermodal con capacidade para 300 prazas

XINZO

Páx.8 ALLARIZ

A Xunta licita as obras de restauración e acondicionamento do Castelo da Pena

Páx.10 CELANOVA

10 anos de traballos no xacemento arqueolóxico da Cibdá de Armea

Páx.11

A Residencia San Carlos recibe o premio “Celanova, Casa dos Poetas”

Unha app para reservar nas piscinas de Xinzo

Paso atrás

[Páx. 7]

Convenio para protexer o casco histórico de Allariz

[Páx. 3]

[Páx. 10] Gran subida no número de positivos pola Covid-19. // Reserva mediante unha app nas piscinas de Xinzo. // Allariz e Xunta firman un convenio para protexer o casco histórico.

Número: 148 - Ano: XIV - 9 de xullo de 2021 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico semanal de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


2

Barrios 9 de xullo 2021

TEMA DA SEMANA

Xinzo presenta a súa programación para este verán 4 O Concello programa un Esquecemento adaptado á pandemia. Redacción Unha programación de verán adaptada á realidade imposta pola pandemia, pero unha programación de verán ao fin e ao cabo, é o que propón o Concello de Xinzo para este verán. Con máis de 20 actividades nas que os tradicionais eventos multitudinarios serán substituídos por actividades selectivas e con aforos controlados. Un completo programa que ofrece dende concertos ata maxia, teatro, talleres ou cine na rúa, entre outras propostas. Despois da proxección de “Cuñados” na praza Carlos Casares prevista para este sábado, 10 de xullo, será a música a que chegue a este mesmo escenario –todas as actuacións musicais celebraranse ás 23 horas- o día 16 e da man de TOR. O día 17 chegará a maxia ao Toural da man do Mago Antón e, dentro do ciclo Limiasonora, a actuación de Terbutalina na praza Carlos Casares. Os contacontos chegarán o domingo 18 á praza de San Roque con Pedro Brandariz, mentras que a música volverá pola noite con O Sonoro Maxín. Moito máis Unha comedia musical está prevista para o lunes 19 de xullo, ás 19 horas na praza de San Roque. Leva por título “Ummm”, e chega da man de Teatro

Avento Producións. O sábado 24 programouse a segunda edición da Foliana Antelana no parque do Toural con “As Cantigas de Elena”. O Día da Patria (25 de xullo), ás 12 horas, haberá unha ofrenda floral e a lectura dun manifesto no parque Galicia. O 1 de agosto será a maxia do circo a protagonista, cunha actuación ás 20 h na praza Carlos Casares. O concerto de Óscar Ibáñez&Tribo agárdase para o 7 de agosto no mesmo escenario, mentres que a seguinte fin de semana, sábado 14, está prevista unha sesión de cine co título “María Solinha”, tamén ás 23 horas na praza Carlos Casares. O domingo 22 de agosto prevese a actuación no Torual, ás 22.30 h, de Xabier Díaz&Adufeiras. O 27 de agosto celébrase a Feira Prolimia e a Feira da Pataca e Maquinaria terá lugar o 3, 4 e 5 de setembro. Esquecemento Será na terceira semana de agosto cando se prevé celebrar, xunto coa asociación Civitas Limicorum, unha edición especial da Festa do Esquecemento, cun programa adaptado ás circunstancias que permita manter a chama da tradición da festa histórica.

O concelleiro de Cultura, Ramiro Rodríguez, e a alcaldesa, Elvira Lama, presentaron a programación.

Alberto Núñez Feijoo, en Expourense, presentando o proxecto “O futuro para a sanidade pública de Ourense”.

A ampliación do CHUO estará en marcha este ano 4 O investimento roldará os 120 millóns de euros. Redacción O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, achegouse ata Ourense para presentar o proxecto “O futuro para a Sanidade Pública de Ourense”. Un plan que contará cun dos máis grandes investimentos nos últimos anos na cidade. O investimento roldará os 120 millóns de euros e servirá para ampliar o Complexo Hospitalario e construír un Centro Integral de Saúde. Durante a presentación, en Expourense onde visitou aos sanitarios encargados da vacinación desta área sanitaria, Feijóo salientou que o novo CHUO contará cun 47% máis de superficie -respecto a hai doce anos- trala construción de tres edificios: un de hospitalización, coa reforma do hospital materno-infantil, outro ambulatorio e outro administrativo. “Publicamos a licitación da construción do novo edificio de hospitalización e a reforma do hospital materno-infantil”, confirmou, precisando que a nova infraestru-

tura estará ubicada entre o Materno e o hospital de Cristal. Contará con 12 plantas para albergar: 280 camas de hospitalización convencional, 38 de hospitalización pediátrica e 56 de hospitalización obstétrica; unha área de neonatoloxía con UCI pediátrica; urxencias pediátricas e obstétricas; un servizo de radioloxía e unha área de diálise. Esta licitación ponse en marcha “co fin de que no último trimestre deste ano comecen as obras”, subliñaba o presidente autonómico. Dous edificios máis O titular do Goberno galego destacou tamén a aprobación da segunda fase do Plan funcional para construír un edificio administrativo e un novo edificio ambulatorio -con 48 novas consultas, salas de apoio e 42 novas prazas de hospital de día, entre outros servizos-. O comezo das obras destes dous proxectos está previsto para 2023, ademais de levarse a cabo a reforma da UCI, para aumentar a capacidade, e unha nova unidade de Medicina Nuclear; ademais da incorporación de 5 equipos radio-

cirúrxicos e dun sistema cirúrxico Da Vinci de última xeración. CIS No tocante ao Centro Integral de Saúde, que se construirá no solar ocupado actualmente polo Novoa Santos, o novo CIS permitirá unificar o PAC coa atención ordinaria; sumar un circuíto específico para pacientes infecciosos; contar cunha sala específica de diagnóstico por ultrasóns e área de radiodiagnóstico; e aplicar programas para pacientes crónicos e multipatolóxicos e outros de rehabilitación integral. Renovación integral O presidente da Xunta incidiu en que este proxecto forma parte da aposta pola renovación integral do Servizo Galego de Saúde que, na provincia, inclúe a construción ou reforma de 14 centros de saúde máis: un novo centro de saúde na Rúa, cuxo convenio xa está asinado co Concello; a reforma do de Arnoia -licitado- e do de Ribadavia -que será licitado en breve-; “e asinamos convenios para reformar os de Rairiz de Veiga,

O Bolo e Amoeiro”, dixo, anunciando tamén a sinatura, proximamente, dos acordos para remodelar os de Castro Caldelas, Castrelo de Miño, Beariz, Maside, Baltar, Vilardevós e Lobios. Tamén destacou que a Administración autonómica está a avaliar a posible construción dun novo centro de saúde no Caballiño ou a ampliación do xa existente.

O novo edificio de hospitalización -de 12 plantascontará con 280 camas de hospitalización convencional, 38 de hospitalización pediátrica e 56 de hospitalización obstétrica O Centro Integral de Saúde construirase no solar ocupado actualmente polo Novoa Santos


TEMA DA SEMANA

Barrios 9 de xullo 2021

3

Retroceso a nivel medio

4 Ourense, Barbadás e Ribadavia subirán a ese nivel de restricións, a partir deste sábado, debido á forte subida de contaxios. R.T. "A desescalada está en perigo". Así o expresaba o conselleiro de Sanidade, Julio Comesaña, despois de coñecer os últimos datos de contaxios de Covid-19 en Galicia, e máis concretamente en Ourense. A pesar de que o ritmo de vacinación é moi bo, o certo é que tralo fin do curso escolar a cifra de contaxiados medrou exponencialmente. As festas e reunións entre os máis novos provocaron unha enorme subida dos contaxios en todo o territorio nacional: do macrobrote de Mallorca aos botellóns -como os de Ourense- fan que os positivos suban dunha forma alarmante e xa falemos dunha quinta onda, xa que as cifras igualan as do mes de febreiro. Na provincia preocupa Barbadás, Ribadavia e a capital. Estos tres concellos pasarán -desde este sábado- ao nivel medio de restricións. Con este nivel as piscinas só poderán contar cun aforo do 50%, o mesmo que a ocupación das terrazas (con ata 15 persoas non convivintes xuntas), mentres que en interior a capacidade non superará o 30%; o horario de peche pasa ás 23 horas aínda que os que cumpran os requisitos poderán estar abertos ata a unha da madrugada (sen atender a novos clientes a partir de medianoite). En canto ao ocio noc-

tais, hai 49 ingresados en planta e nove en críticos, contendo as cifras a pesar da sustancial subidas de afectados pola Covid-19.

En Expourense continúa a vacinación coa segunda dose da franxa de 40 a 49 anos. turno, os seus clientes deberá presentar, para poder entrar, unha PCR negativa (o test debe realizarse 48 horas antes) ou un certificado de vacinación completa. As PCR poderán facerse, de balde, nos covid-auto. Vacinación Esta semana e a que vén, o Sergas ten previsto vacinar aos cidadáns de 40 a 49 anos da súa segunda dose, e coa primeira inoculación á franxa entre os 30 e 39 anos. Cifras No que vai de mes de xullo a cifra de positivos duplicouse con respecto ao mes anterior. Datos preocupantes no número de contaxios, pero que, polo de agora, non conlevan un aumento de in-

gresados nos hospitais. Os datos do Sergas, actualizados ao peche desta edición, arroxan a cifra de 483 contaxiados. En Ourense, os postivos crecen dun xeito moi preocupante, constatando un total de 284 casos (máis do dobre desde que se iniciou o mes de xullo). En Allariz contan con 8 casos, mentres que en Xinzo e Celanova, son seis e tres, respectivamente. Os outros dous concellos que soben este sábado a nivel medio de restricións contan con 27 positivos, no caso de Ribadavia; e 29 no de Bar-

badás. Os falecidos en toda a provincia desde que comezou a crise son 418. O perfil dos contaxiados é de persoas menores de 30 anos (sendo na provincia máis da metade dos positivos), a pesar deste perigoso crecemento a presión hospitalaria non se sentiu afectada e a área sanitaria de Ourense, O Barco e Verín conta con catro hospitalizacións en planta (todas no CHUO) e ningún paciente na UCI. No tocante á comunidade, Galicia rexistra 3.231 enfermos, superando cifras de abril. Nos hospi-

Este sábado pola tarde, en Expourense, terá lugar un cribado entre os mozos de 16 a 35 anos de Ourense e Barbadás

Botellón Todo fai indicar que as reunións entre os mozos están detrás deste aumento vertixinoso de contaxios. Por elo, a Xunta quere que se precinten parques e praias en horario nocturno para evitar os botellóns. En Ourense cidade, a concelleira de Servizos Sociais, Eugenia Díaz Abella, convocou a Comisión de Traballo para elaborar a 'Ordenanza reguladora da convivencia cívica e a protección da saúde derivada do consumo, venta e publicidade do alcohol', a coñecida popularmente como “ordenanza do botellón”. Logo de falar co resto de grupos municipais para axilizar este asunto, e tal e como se comprometeu no

último pleno do pasado venres, 2 de xullo, retómase a elaboración dunha ordenanza este vindeiro mércores, 14 de xullo, ás 10 da mañá. Cribado Ribadavia fixo o seu cribado este xoves no que estaban citadas 450 persoas de 16 a 30 anos (franxa de idade onde se sitúa a cifra máis alta de contaxios). Este sábado pola tarde (en Expourense) será a quenda dos mozos de 16 a 35 anos de Ourense e Barbadás, co fin de detectar casos asintomáticos. Chamamento que fai indicar que a cifra de positivos podería elevarse todavía máis.

Maís da metade dos contaxiados na provincia son menores de 30 anos

As terrazas de Ourense, Barbadás e Ribadavia terán que ter un aforo non superior ao 50% a partir do sábado.


4

Barrios 9 de xullo 2021

EN BREVE 4 Amencer Un agosto máis a Asociación Xuvenil organiza o 34º Campamento Urbano. Este ano será do luns 2 ao xoves 12 de agosto para rapaces de entre os 8 e 16 anos, en horario de mañá ou de tarde. Este ano é obrigratoria a inscrición previa, polo que se pode chamar ao teléfono 988218123, escribir ao mail amencer@amencer.org, ou pasando polos locais da asociación na praza Don Bosco 1, baixo (nos baixos do colexio salesiano) en horario de mañá, de 9 a 15 horas.

4 Festivos 2022 A Xunta vén de anunciar que o ano que ven serán festivos autonómicos o Día das Letras Galegas (17 de maio) e San Xoán (24 de xuño).

4 Os nosos Entroidos A mostra “Os nosos Entroidos”, na Sala Valente, é a exposición máis vista dos museos municipais de Ourense desde que hai rexistros de visitantes. A exposición de traxes e personaxes tradicionais do Entroido, organizada polo Concello, alcanzou superou no mes de xuño as 11.000 visitas. A exposición pódese visitar na Sala Valente de martes a sábados: de 11 a 14h e de 18.30 a 21.30h e os domingos de 11 a 14h.

OURENSE

Os edís populares recuperan competencias no Goberno local 4 O alacalde asina o decreto de delegación. Redacción O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asinou o decreto no que lles asigna competencias aos concelleiros e ás concelleiras dos grupos políticos de Democracia Ourensana e do Partido Popular que forman o goberno municipal. No decreto efectúa as delegacións das distintas áreas de goberno, incluíndo a autorización e disposición de gastos, as facultades de dirección e xestión dos servizos correspondentes, así como a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros e a resolución de recursos de reposición que se interpoñan contra os ditos actos. Así, Medio Ambiente será para Jorge Pumar Tesouro; Urbanismo, Vivenda e Patrimonio levarao Sonia Ogando; Mario Guede recupera a presidencia do Consello Municipal de Deportes; Flora Moure faise cargo de Turismo, Termalismo, Participación Cidadá e Xuventude; Eugenia Díaz Abella encárgase de Servizos Sociais; Ana María

Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense. Fernández Morenza ocupará a Área de Economía e Facenda. Xunto a eles, os fieis de Jácome: Telmo Ucha e Armando Ojea, ocuparán Seguridade Cidadá e Recursos Humanos, respectivamente. Xunta de goberno local e áreas de goberno O alcalde asinou tamén o decreto no que nomea membros da xunta de goberno local a Armando Ojea, Telmo Ucha, Jorge Pumar, Ana Morenza e Flora Moure, e concelleiro secretario a Armando Ojea, do que será substituto Telmo Ucha no caso de ausencia, enfermidade ou abstención. Tamén asinou o decreto no que determina as áreas de goberno. O decreto estrutura o Concello en 14

áreas de goberno: Alcaldía; Servizos Xerais; Infraestruturas; Medio Ambiente; Urbanismo, Vivenda e Patrimonio; Educación e Cultura; Promoción Económica; Servizos Sociais; Mobilidade e Transporte; Seguridade Cidadá; Economía e Facenda; Recursos Humanos; Turismo, Termalismo, Participación Cidadá e Xuventude; e Deportes.

A xunta de goberno local estará formada por Armando Ojea, Telmo Ucha, Jorge Pumar, Ana Morenza e Flora Moure

A intermodal xa ten aparcadoiro 4 Con capacidade para 300 prazas. Redacción

de autobuses.

Adif Alta Velocidade finalizou as obras de construción do novo aparcadoiro para turismos integrado na estación intermodal de Ourense, situado no subsolo da praza da Estación, e xunto á nova estación de autobuses. O investimento, que ascende a 5.491.603,69 euros (IVE incluído), foi financiada nun 67% pola Xunta de Galicia e o 33% restante por Adif Alta Velocidade, que ademais achega todos os terreos, incluídos os da estación

Características O aparcadoiro ten 300 prazas. No soto 1 alberga 144 prazas e o soto 2 conta con 156. Do total de prazas reserváronse cinco en cada soto para persoas con mobilidade reducida. Ademais, a actuación contempla a reordenación da praza da Estación, incluíndo bolsa de taxis (10 prazas), zonas de parada momentánea Kiss & Ride (6 prazas), aparcadoiro de motos (5 prazas) e bicicletas (5 prazas), área de carga/descarga e vehículos de emerxencia.

Aparcadoiro da Intermodal.

Imposto de circulación Redacción Depois de que fora retirada da sesión ordinaria do pasado venres, 2 de xullo, cos votos fa-

vorables de PSdeG, BNG e dous concelleiros non adscrito, o alcalde, volverá levar ao pleno o día 20 a rebaixa do imposto de circulación. Jácome culpa aos socialista do ‘non polo non’ para botalo atrás.


ECONOMÍA

Barrios 9 de xullo 2021

5

Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ofrece axudas en materia de rehabilitación residencial 4 ARI´s, Fondo de cooperación, rehabilitación enerxética, son algunhas das axudas disponibles desde esta consellería. Redacción A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ofrece axudas en materia de rehabilitación residencial dirixidas a particulares, comunidades de veciños e concellos. En marzo publicabase no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Resolución pola que se convocaban cinco axudas distintas para promover a conservación e a rehabilitación dos inmobles, por un importe global de preto de 5 millóns de euros de fondos propios da Xunta de Galicia. O obxectivo dos distintos programas dirixidos a particulares, comunidades de veciños e administracións locais é mellorar o patrimonio edificatorio da Comunidade galega. Así, abríase o período para solicitar axudas ao abeiro do programa de fomento de conservación e mellora de accesibilidade das vivendas, fomento e rexeneración urbana nas áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, do Parque Nacional das Illas Atlánticas e da Ribeira Sacra, para rehabilitar inmobles e vivendas de titularidade municipal para destinalas ao alugueiro social e o programa de infravivenda. Xa no mes de xuño, a Xunta convocou o programa Fondo de Cooperación cos concellos, dotado con más de 4 millóns de euros. ARI municipais As axudas ás áreas de rehabilitación integral (ARI), tamén convocadas en xuño, prevén este ano un orzamento de ata 10,2 millóns de euros. En primeira instancia a contía

e de 5,4 millóns de euros, un orzamento que poderá ampliarse en 4,8 millóns de euros máis, se se rexistran solicitudes por parte dos concellos que superen o crédito inicial. Ademais, trátase de axudas compatibles coas do programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes convocadas polo IGVS (instituto Galego de Vivenda e Solo). Son un total de 44 concellos que teñen unha área declarada a participar e presentar proxectos para a rehabilitación de inmobles nas 75 ARI municipais que acumula Galicia. O importe máximo da axuda que poden percibir os propietarios é de 24.000 euros por vivenda, sen que poida superar o 50% do orzamento, aínda que poderá chegar ao 85% no caso de persoas con ingresos inferiores a tres veces o IPREM e tamén cando se acometan actuacións para a mellora da accesibilidade e se acredite que na unidade de convivencia existen persoas con discapacidade ou maiores de 65 años. Ademais, os concellos poderán recibir tamén subvencións para actuacións de urbanización e reurbanización de espazos públicos no ámbito da ARI, sempre supeditadas á rehabilitación dos inmobles e cun importe de ata 2.000 euros por cada un recuperado. E a isto hai que sumar que a Administración local recibirá financiamento para a oficina municipal de rehabilitación —1.500 euros por vivenda—. En palabras da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez indicou que o

Os concellos interesados en participar do Fondo de cooperación dispoñen ata o 1 de outubro para presentar as súas solicitudes

Vivenda rehabilitada en Lugo. obxectivo da Xunta é “executar o 100% do orzamento que prevé a nova convocatoria”, polo que invitou aos concellos “a divulgar este programa entre os posibles beneficiarios, os veciños das ARI”. Esta convocatoria remata o 16 de xullo. Rehabilitación nas tres ARI supramunicipais O Instituto Galego da Vivenda e Solo xestiona directamente as tres áreas de rehabilitación integral de carácter supramunicipal que están declaradas hoxe na Comunidade galega, son a ARI do Camiño de Santiago (na que se integran 126 concellos), a do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia (4 entidades locais) e a da Ribeira Sacra (25 municipios). Neste caso, o prazo de solicitude de axudas estará aberto ata o vindeiro 30 de setembro. Os solicitantes poderán recibir ata 4.000

euros por cada vivenda obxecto de rehabilitación e sumar outros 1.000 euros sempre e cando se adapten á Guía de cores e materiais. Asemade, cando o beneficiario sexa menor de 35 anos e resida nun concello de menos de 5.000 habitantes, o importe da axuda incrementarase nun 25%. As actuacións que se poderán levar a cabo son obras e traballos de mantemento nas vivendas unifamiliares e nos edificios, mesmo no interior, a fin de adecualos, e obras de demolición de edificios e vivendas e obras de nova construción. Conservación e mellora da accesibilidade O programa de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 está dirixido a financiar actua-

cións de rehabilitación de edificios ou vivendas, como as relativas ao estado de conservación da cimentación, da estrutura e das instalacións, das cubertas, azoteas, fachadas e medianeiras. No caso das actuación de accesibilidade, destacan a instalación de ascensores, salvaescaleiras, ramplas ou outros dispositivos de accesibilidade, incluíndo os adaptados ás necesidades de persoas con discapacidade sensorial ou intelectual, así como calquera intervención que facilite a accesibilidade universal, como elementos de información ou de aviso ou dispositivos electrónicos de comunicación. As axudas podían solicitarse ata o 22 de abril e os beneficiarios foron este ano máis de 1.600 persoas propietarias de vivendas unifamiliares, de edificios de tipoloxía residencial colectiva e das vivendas situadas nestes edificios, as comunidades de propietarios, así como agrupacións de propietarios. Fondo de cooperación Outra liña de axudas aberta son as do Fondo de

cooperación para a rehabilitación de inmobles en concellos con menos de 50.000 habitantes. Trátase dun programa creado en 2017 polo Instituto Galego de Vivenda e Solo e que na actual convocatoria –a de 2021- reserva case 4,5 millóns de euros. Os concellos interesados en participar no mesmo dispoñen ata o 1 de outubro para presentar as súas solicitudes. Os concellos que presenten os seus proxectos e se beneficien deste crédito, terán un prazo de oito anos -sen xuros- para devolvelo. Estes incentivos serven para levar a cabo actuacións de rehabilitación, así como para adquirir inmobles para a súa posterior recuperación. Grazas aos mesmos xa se impulsaron 36 axudas por un importe de máis de 7 millóns de euros.

Un total de 44 concellos poden presentar proxectos de rehabilitación nunha das 75 ARI municipais que acumulan

Estado final da reforma dun edificio en Betanzos.


6

Barrios 9 de xullo 2021

CIDADE

Contacontos nas bibliotecas ourensás

Alameda do Cruceiro Redacción O parque infantil con xogos de auga da Alameda do Cruceiro está en servizo desde o venres 25 de xuño, e estará en funcionamento durante a temporada de verán. A instalación estará aberta todos os días, incluídos as fins de semana e festivos, de 16:30 a 21 horas, até o 19 de setembro. A capacidade do recinto é de 50 persoas e realizaranse quendas de media hora no caso de que haxa persoas agardando. Actualmente, e de acordo coa normativa sanitaria vixente, é obrigatorio usar máscara, condicionado ao que determinen as autoridades sanitarias. Tamén é obrigatorio manter a distancia de seguridade e está prohibido comer e beber no interior da zona delimitada. No caso de climatoloxía adversa, a instalación manteríase pechada ao público.

Técnicos

4 Nove espectáculos na da Carballeira, A Ponte e San Francisco. Redacción

Ucha, Jácome e Otero na firma do convenio.

“Cubertos” O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o director xerente de Afundación, Pedro Otero, asinaron un convenio de colaboración para a posta en marcha do programa ‘Cubertos’, que proporcionará menús saudables a menores en risco de pobreza ou exclusión social das sete principais cidades galegas durante as vacacións escolares. O obxectivo desta iniciativa de Afundación e Abanca, co Concello de Ourense, é apoiar as familias máis vulnerables, especialmente afectadas pola crise da COVID-19, garantíndolles ás nenas e aos nenos unha alimentación saudable durante o verán, período no que se interrompen os programas de bolsas comedor.

Ourense estuda o irmanamento coa cidade de Salto 4 O alcalde da cidade recibiu ao cónsul de Uruguai.

Redacción

Redacción

O Concello incorpora 27 técnicos (17 de administración xeral, 6 enxeñeiros de obras públicas e 4 arquitectos técnicos) coa finalidade de axilizar a tramitación de licenzas e outros expedientes administrativos. Serán contratacións por un prazo de 6 meses, motivadas por acumulación de tarefas, que se incorporarán a diferentes servizos municipais. O Concello cubrirá estas prazas utilizando as listas de contratación recentemente elaboradas.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu na Casa do Concello o novo Cónsul Xeral do Uruguai para o norte de España, Ramiro Rodríguez Bausero, co que mantivo unha conversación sobre futuros proxectos turísticos a desenvolver entre ambas entidades. Entre os máis destacados, a posible irmandade coa cidade de Salto, capital do Departamento do mesmo nome, e que garda numerosas similitudes con Ourense.

Emprazada no noroeste do país, a 498 quilómetros da capital, Salto ten unha poboación de 105.000 habitantes e é unha das cidades de interior con maior número de monumentos históricos nacionais. Porén, o seu principal atractivo turístico internacional provén do Sistema Acuífe-

ro Guaraní, o máis grande de América do Sur e un dos recursos hídricos subterráneos máis importantes do planeta no tocante ás dimensións, calidade e temperatura das augas, que emerxen á superficie con temperaturas que oscilan entre os 38º e os 46º. Así pois, a cidade de Salto posúe tres grandes complexos de primeiro nivel e dous parques acuáticos de vangarda. E foron precisamente estas dotacións acuáticas as que máis chamaron a atención do rexedor, quen se interesou polo seu modelo de xestión e potencialidades turísticas.

Pérez Jácome co cónsul Ramiro Rodríguez.

O Concello de Ourense fomentará a lectura entre a cativada a través dun ciclo de contacontos que se desenvolverá este verán nas bibliotecas municipais. Organizado en colaboración co programa “Ler conta moito”, que desenvolve a Xunta, será protagonizado por artistas e compañías da cidade, que representarán os espectáculos na Ponte, A Carballeira e San Francisco. O aforo é limitado e os nenos e as nenas deberán inscribirse previamente nas propias bibliotecas ou por teléfono, e respectar todas as medidas de prevención da COVID. Contacontos Na biblioteca da Ponte (praza Mestre Luis Fernández s/n 988605751) o día 9 de xullo, ás 11 horas, “O señor do castelo”, por Sabela Gago; o 9 de agosto (11h) “Díxoo Thais e non se fale máis”, con A Run Run; e o 26 de agosto (11:45h), “Contos na lareira”, por Iván Davila. Na biblioteca da Carballeira (praza Sagrado Corazón s/n 988253893) o día 6 de agosto, ás 11 horas,

“Aquelando as nosas letras con Xela”, A Run Run; o 20 de agosto (11h), “Isto non é unha caixa”, por Sarabela Teatro; e o 31 de agosto (11h), “O león azul”, por Trécola Teatro. E na biblioteca de San Francisco (explanada de San Francisco s/n - 988230124) o día 21 de xullo, ás 11 horas, “Sen medo”, por Trécola Teatro; o día 28 de xullo (11h), “Avoas”, con A Run Run; e o 23 de agosto (11h), “Noa no espello”, por Sarabela Teatro. O horaro de atención ao público das tres bibliotecas é de 9 a 14 horas.

O aforo será limitado e a inscrición deberá ser na propia biblioteca ou chamando aos teléfonos das mesmas

Biblioteca municipal de Ourense.


XINZO E COMARCA

Abren as piscinas con nova imaxe 4 Unha app facilitará as reservas durante este verán. Redacción

Participantes no campamento de verán de Xinzo.

Un campamento para a conciliación e o ocio en Xinzo 4 Case un cento de nenos participan. Redacción Rematados os campus de fútbol e baloncesto nos que participaron máis dun centenar de rapaces, xa arrancou o Campamento de verán con case un centenar de inscritos. A iniciativa, dirixida a nenos de nados entre o 2008 e o 2014, pretende favorecer a conciliación durante as vacacións escolares dos pequenos e ofrecer alternativas de ocio seguro. As actividades prolongaranse ao longo de todo mes con diferentes escenarios. Deste xeito, os nenos poderán participar en xogos de orientación, senderismo, tenis, olimpiadas, piscina e diferentes obradoiros, entre outras propostas. As prazas son limitadas e os interesados en participar deberán inscribirse previamente no pavillón de deportes ou na Casa da Cultura. Dependendo das datas nas que se prefira asistir e de si os nenos están empadroados no concello se cobrarán as distintas tarifas. Os interesados poden poñerse en contacto coa organización no enderezo electrónico deportesxinzodelimia@ gmail.com ou no número de teléfono do pavillón, 988 46 10 20. Moitas propostas En total, serán unha vintena as iniciativas que se

porán en marcha ao longo do verán, a maioría delas ao aire libre para minimizar ao máximo o risco de contaxios polo covid-19. Nos últimos días os veciños e visitantes xa puideron participar no Xinzo Fit, ximnasia no parque do Toural. Trátase dunha proposta que xa se deu a coñecer o ano pasado e á que se poderá asistir os martes, xoves e domingos. Os federados poderán inscribirse no Campionato Galego de Orientación en BTT, que terá lugar o 18 de xullo no campo da Moreira. Un día máis tarde celebrarase o torneo de pádel sub-16, mentres que o de pádel absoluto será o 30 de xullo. Para os máis pequenos da casa tamén se organizaron o Campus de Baloncesto Salva Arco e o Campus de Futbol Celta de Vigo. Ambas iniciativas serán os primeiros días de agosto e diríxense a nenos nados entre o 2007 e o 2015. E para setembro quedan actividades como unha andaina o día 5; o Torneo de Fútbol Memorial Eloy Conde; Torneo de Fútbol Memorial Toñito; Campus de Ximnasia Rítmica e Gala do Deporte do Concello de Xinzo de Limia. Un 3x3 de baloncesto e outro de fútbol completan o programa.

As piscinas exteriores de Xinzo de Limia abriron cunha imaxe renovada e máis facilidades tanto na mobilidade polas mesmas como na realización de reservas. Mellorouse a calidade da auga coa posta en marcha dun sistema de cloración automática e de control do PH que levaba anos sen empregarse. Tamén destaca a adquisición dun robot de última xeración que se encargará da limpeza dos vasos; substituíronse filtros e chaves de paso, entre outras actuacións. Nas piscinas exteriores tamén se cambiaron lousas deterioradas. App Ademais, vense de poñer en marcha unha app que permitirá controlar o aforo e facilitar este trámite a veciños e visitantes. Deste xeito, poden realizarse tamén os pagos

Edificio multiusos Redacción O Concello proxecta a rehabilitación do edificio multiusos das piscinas para dotalo dunha cafetería e unha zona de aloxamento temporal para diversos colectivos que visiten a vila, tales como os campamentos infantís, equipos deportivos ou brigadas antincendios. Construido no ano 2006,

Luminaria Led Redacción Xinzo acada toda a financiación para substituír 4.610 vellas luminarias (tanto da vila como dos 32 núcleos de poboación) públicas por Led´s, grazas á aprobación por parte do Estado dos sete proxectos presentados polo goberno local. O

dos pases e incluso reservas para distintas xornadas. Esta aplicación gratuíta, que pode atoparse facilmente nas tendas de IOS e de Android dos dispositivos móbiles buscando por Xinzo de Limia, é de fácil manexo e só será necesario rexistrarse cun documento de identidade e un contrasinal para comezar a empregala. Os interesados poderán adquirir bonos ou entradas para diferentes xornadas, nas que se especifica o horario e o prezo dependendo de se o usuario é maior ou menor de 16 anos.

A normativa polo covid-19 non fará necesario acoutar parcelas nas piscinas exteriores este verán, se ben o executivo local quere extremar as medidas de seguridade e, a través desta aplicación, poderá realizar un seguimento máis exhaustivo do aforo. Esta app tamén facilitará proximamente a reserva para facer uso doutras instalacións deportivas, como ás pistas exteriores de tenis e baloncesto, que serán de uso gratuíto e nas que se estiveron a realizar obras nas últimas semanas. Limisi Noutro orde de cousas, dez integrantes de Limisi realizarán tarefas de mantemento e actividades de entretemento nas piscinas exteriores de Xinzo.

Barrios 9 de xullo 2021

7

EN BREVE 4 Zonas verdes O concello plantou medio millar de especies de plantas ao tempo que sufriron o roubo dalgunhas delas.

4 CDR O Viso A Deputación outorga ao CDR O Viso 15.000 euros a través do concurso público para a concesión de subvencións para proxectos de prestación de servizos sociais que se presentou en abril deste ano 2021. Trátase dun proxecto integral de intervención actualizado co que pretendemos seguir desenvolvendo actuacións preventivas e de dinamización da comunidade aportando solucións innovadoras ás problemáticas. Dase cobertura a moitas das necesidades da poboación limiá dándolle un enfoque moi específico.

4 Luis Gil

Nun acto simbólico Lama fai entrega das chaves das piscinas á asociación Limisi presenta un estado de evidente deterioro. O orzamento estimado ascende a 336.936 euros e proponse a construción dunha cafetería que de servizo durante o verán á zona

de piscinas pero que funcione de forma autónoma todo o ano e a creación dun espazo multiuso que poderá empregarse como zona de aloxamento temporal.

Infografía do edificio multiusos. primeiro dos sete proxectos constará na substitución a tecnoloxía LED de 615 puntos do casco urbano. Con este cambio o aforro será de case o 70% (uns 258.500 euros anuais). Para esta substitución, o ente público nacional aportará o 80% (1.495.000 euros), mentres que o 20% restante, que supón unha cifra de 375.000 euros,

correrá a cargo das arcas municipais. O concello celebra a concesión desta subvención, tanto pola redución da factura, como pola menor contaminación ambiental da a tecnoloxía Led. Coa substitución dos puntos de luz tamén mellorará a calidade da iluminación e reduciranse as emisións de CO2.

O pleno do Concello de Xinzo de Limia deu conta da renuncia de Luis Miguel Gil Penín (PP) con concelleiro. A alcaldesa, Elvira Lama, referiuse ao xa ex-edil como “un concelleiro que serviu aos intereses deste pobo e dos seus veciños e veciñas, especialmente nas áreas da súa competencia”.

4 Agro na Limia A Xunta e o Estado constituíron a comisión interdepartamental ao abeiro do Plan estratéxico do sector agrario da Limia. O obxectivo desta comisión é concretar accións e proxectos que contribúan a mellorar a xestión das dexeccións gandeiras e o regadío, evitando e reducindo a afectación medioambiental das prácticas agrogandeiras actuais.

4 CEIP Rosalía O Concello arranxa o peche perimetral do CEIP Rosalía de Castro coincidindo coas vacacións de verán. A alambrada do muro atópase en moi mal estado e precisa unha actuación urxente. Tamén se realizan obras nalgunhas das aceiras do interior do centro.


8

Barrios 9 de xullo 2021

XINZO E COMARCA

Escola Rural de Saúde da Limia Redacción

Visita á Torre da Pena do delegado da Xunta e parte da corporación municipal de Xinzo.

Melloras no Castelo da Pena Redacción A Xunta de Galicia licita as obras de escavación, consolidación e acondicionamento no Castelo da Pena. O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, na visita que realizou -xunto á alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama-, sinalou que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade vai investir preto de 250.000 euros nestas obras. O delegado territorial explicou que o obxecto da actuación, cun prazo de execución de 9 meses, é desenvolver traballos de investigación, documentación, escavación, consoli-

A CHMS duplicará a inversión Redacción A Confederación Hidrográfica Miño Sil deseñará un plan especial para duplicar a inversión na Limia. José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), mantivo un encontro cos alcaldes e alcaldesas da Limia (Sarreaus, Vilar de Barrio, Xinzo de Limia, Trasmiras, Os Blancos, Xunqueira de Ambia, Calvos de Randín, Vilar de Santos, Porqueira, Sandiás, Rairiz e Baltar), para coñecer as inquedanzas dos mesmos en relación á limpeza de canles e pistas agropecuarias e tamén da problemática de calidade das augas da comarca. O presidente da CHMS

dación e acondicionamento do recinto da fortaleza. Alén sinalou que tamén se pretende realizar un acondicionamento do circuíto e a sinalización mediante carteleiría para que os visitantes poidan realizar un percorrido auto guiado. O denominado castelo ou fortaleza da Pena sitúase na parroquia de San Pedro da Pena, do concello de Xinzo, e está declarado ben de interese cultural e os terreos onde se empraza son propiedade da Xunta de Galicia. Trátase dun sitio patrimonial fortificado da época medieval en moi bo estado de conservación onde destaca a torre da homenaxe, de planta practicamente cadrada e fábrica de cantaría regular. comprometeuse a reforzar as limpezas a través do deseño dun plan especial para duplicar o investimento en limpeza e conservación de canles na Limia, así como para a limpeza das infraestruturas de competencia estatal; prestarase especial atención ál impieza do canal principal, dos secundarios e aos ríos e regatos. “Outro tema crucial é a problemática de calidade que presentan as augas da comarca e a necesidade do uso de boas prácticas agropecuarias”, explicou o presidente. Quiroga recordou que a confederación traballa na mellora dos saneamentos de Vilar de Barrio, Sandiás, Calvos de Randín y Porqueira, coa intención de ampliar as melloras.

A Asociación Escola Rural de Saúde dá Limia, retoma o “Percorrido da saúde pola zona rural de Ourense” coa 10ª edición. Sempre coa pretensión de aumentar a calidade de vida das persoas en rural e co obxectivo de impulsar actividades relacionadas coa mellora da saúde e a prevención desenvolvendo actividades destinadas a proporcionar coñecementos, desenvolver hábitos e consolidar actitudes que contribúan a unha vida

saudable. O formato que a Escola Rural de Saúde dá Limia, coordinada por Lola Rico, pretende instaurar é o de “darlle valor á sociabilidad dentro da comunidade como un dos alicerces principais da saúde integral e do benestar”. A apertura do percorrido foi en Sarreaus e terá continuidade, como en edicións anteriores, en

diferentes concellos da Limia. O apoio de concellos da comarca, a Deputación de Ourense e Coren coa súa involucración nas necesidades do rural, así como o de asociacións e voluntarios fan posible o labor de Escola Rural de Saúde dá Limia, a cal focaliza no rural de Ourense os seus programas comunitarios na provincia.

Participantes da actividade da Escola Rural da Limia.

Mes das Letras Redacción O Concello de Xinzo repartiu máis de 30 premios dos certames literarios e de debuxo convocados polo Mes das Letras. Premiouse a 15 mozos que participaron nas diferentes categorías do Concurso infantil e xuvenil de narración curta Carlos Casares e a 18 dos certames de debuxo.

Nena premiada.


SOCIEDADE

nos permitiron realizar as primeiras saídas a domicilios, tanto familiares como usuarios dicíannos que preferían quedar, que na residencia atopábanse seguros", lembra a directora.

O coidado do persoal sociosanitario sobre os usuarios das residencias foi impeclabe durante a pandemia.

O esforzo e a profesionalidade do persoal sociosanitario, claves para facer fronte á pandemia 4 Ao redor de 18.000 traballadores coidaron a usuarios de residencia física e emocionalmente durante a crise sanitaria. Redacción Aínda que agora pareza unha historia afastada, hai apenas uns meses as residencias de maiores e persoas con discapacidade encollían o corazón de todo un país. As persoas que alí residen preocupaban a toda a sociedade ante un virus que atacaba ao máis vulnerable. Unha situación que implicou centrar todos os esforzos na súa protección e que levou converter estas instalacións en auténticas fortalezas nas que ninguén podía entrar nin saír sen unha causa xustificada. Os protagonistas e verdadeiros heroes foron os propios residentes, que tras unha vida de esforzos non imaxinaban ter que vivir esta última batalla, pero tamén os seus coidadores, un persoal sociosanitario que puxo os seus días a disposición dos que máis necesitaban apoio e coidado. As Gándara A organización dun centro sociosanitario converteuse nun exercicio de precisión. "Quendas para comer, respectar os protocolos sanitarios, realizar probas constantes, coordinar a comunicación entre departamentos, cadrar os

horarios de visitas e todo, sen esquecer a parte máis humana e emocional dun momento coma este". Así relata Javier Vázquez a súa experiencia ao mando da residencia pública As Gándaras, en Lugo. Vázquez, hoxe xefe territorial da Consellería de Política Social, asumía a dirección do centro lucense en xullo de 2020. "Collín as rendas da residencia nun punto moi duro. Foron momentos de moita ansiedade, pero esa ansiedade che facía estar activo. O traballo en equipo e un alto nivel de implicación por parte dos profesionais permitiron que non tivésemos ningún caso entre os residentes", sinala. En Galicia existen máis de 18.000 traballadores sociosanitarios que coidan a 22.000 persoas maiores e a máis de 2.000 persoas con discapacidade. Eles son a parte oculta, pero tamén protagonista desta difícil situación. "Os residentes eran o que nos motivaba a traballar. Días antes do Nadal unha usuaria chegou a pedirnos saír para comprar os agasallos dos seus netos cando só permitíanse saídas xustificadas para ir ao médico e pouco máis. Eses momentos tan emotivos

empuxábannos a facer todo o posible para devolverlles a normalidade", relata Vázquez. Campolongo Mesma sensación compartían na residencia pública de Campolongo, en Pontevedra. A directora deste centro, Maite Caneda, conta que o momento máis alegre era cando trasladaban o resultado dos cribados que certificaban que non había contaxios. Uns minutos de felicidade que pronto se volvían a transformar en incerteza. "O ambiente era un tanto solemne, ninguén sabía como actuar, pero iso permitíanos tamén ser estritos e ter moito coidado co contacto e a hixiene". Asegura que tanto familiares como usuarios tiñan confianza cega nas medidas recomendadas e cumpríanas a machada. "O que peor levaban era non poder ter contacto cos compa-

Maite Caneda: “tiñamos que discorrer para buscar actividades que lles axudasen a ter a cabeza ocupada”

ñeiros que estaban noutros sectores. Iso e non saír á rúa. Tiñamos que discorrer para buscar actividades que lles axudasen a ter a cabeza ocupada", sinala, "e sempre soñando con irnos a tomar un mojito todos xuntos cando todo acabase!". Neste centro chegaron a inaugurar unha terraza onde os usuarios puideran tomar o café, aumentaron as merendas "que antes da covid apenas eran frecuentadas, pero convertéronse nos mellores momentos de conversación" e os profesionais elaboraban sobremesas caseiras para cambiar o menú e permitir que o aire fresco entrase de novo na residencia. "Cando

Experiencia persoal Afastados das súas familias e amigos, os usuarios pasaron longos meses sen contacto co exterior. "Para min un dos momentos máis emocionantes foron as videollamadas que faciamos coas súas familias. A información a eles e entre eles converteuse nun dos traballos máis fundamentais", asegura Néstor Pena. Este auxiliar de enfermaría no Cegadi, un dos centros integrados postos en marcha polo Goberno galego para illar aos usuarios positivos en covid-19, recuperou a súa vella profesión logo de que a pandemia deixase o seu traballo como cantante de verbenas sen eventos. "A covid permitiume recuperar unha vocación apagada que me serviu para vivir unha experiencia inesquecible", apunta. De feito, actualmente continúa dedicándose á enfermaría xa desde un hospital. Asegura que afrontou con valentía a oportunidade de traballar nunha residencia nun momento coma este. "Había que estar ao 200% e non pasaba un día no que non se che caesen bágoas de emoción, pero mereceu a pena. Unha das miñas ilusións é volver ver aos usuarios que pasaron polo Cegadi. Voumos a levar sempre no recordo", relata. Foi unha experiencia e un sentimento que compartiron os traballadores e usuarios de residencias do catro provincias de Gali-

Barrios 9 de xullo 2021

9

cia. Xurxo Fernández, director do centro de Castro Caldelas, lembra como durante moitas semanas eles, os médicos, enfermeiros, auxiliares, gerontólogos e o resto do persoal da residencia convertéronse no único contacto dos maiores co exterior. "Supoño que pasar por estes momentos de tensión e estrés, pero tamén de alegría e confianza, uniunos máis a todos", recoñece. Todas estas situacións forman xa parte do pasado. Convertéronse en historias que contar a netos e xeracións vindeiras e isto débese principalmente a dous axentes. Por unha banda os protocolos, os equipos de protección e a vacina, que permitiron converter os centros de maiores e persoas con discapacidade nos lugares máis protexidos de Galicia e pór a cero o contador de casos en residencias, e por outro, a todos os profesionais que día tras día deron o mellor deles mesmos para conseguir que os usuarios de residencia vivisen estes meses dunha forma segura, acompañada e tranquila. Ademais de ser capaces de ofrecerlles os coidados que a idade lles esixe, foron a calor humana dunha familia. Unha gran familia conformada por todas as residencias de Galicia.

“A covid permitiume recuperar unha vocación apagada que me serviu para vivir unha experiencia inesquecible”

Traballadores de residencias e usuarios conforman unha gran familia.


10

Barrios 9 de xullo 2021

ALLARIZ E COMARCA

EN BREVE

Melloras dos accesos aos colexios de Allariz

4 Fibra óptica O despregue da fibra óptica xa está en marcha no casco urbano de Allariz. O obxectivo é ter rematada esta parte do proxecto este ano, para, despois actuar nos 92 núcleos que conforman o concello.

4 Realizaranse obras nos centros de primaria e infantil, mediante unha colaboración coa Deputación.

4 Visitas guiadas

A partir do 17 de xullo, Allariz oferta visitas guiadas, de grupos reducidos (máximo 20 persoas), polo casco histórico de Allariz todos os sábados de verán. A visita partirá da oficina de turismo de Allariz ás 12h e terá una duración aproximada dunha hora e media, na que percorrendo a beira do río Arnoia e o casco histórico de Allariz. Deberase reservar praza na Oficina de Información de xeito presencial, por teléfono chamando ao 988 442 008 ou no correo informacion@allariz.gal. A tarifa xeral será de 6 euros e reducida de 3 para parados, estudantes e xubilados, sendo de balde ata os 10 anos inclusive.

4 Arte de man A edición deste ano do mercado de artesanía “Arte de Man” está prevista para o segundo domingo do mes de setembro, día 12. Con motivo deste evento a organización publica as bases de participación e abre o prazo de inscrición para aqueles artesáns cuxa produción sexa artesanal e de elaboración propia. O prazo de inscrición estará aberto ato o 23 de xullo de 2021. Os artesáns interesados en participar poden inscribirse a través da páxina www.allariz.gal/ artedeman. Información no teléfono 988 442 210 ou no mail dinamizacioneconomica@allariz.gal.

4 Escola sexolóxica A II Escola Sexolóxica de Verán de Allariz terá lugar dende o 26 ao 28 de agosto, sendo un dos seus temas centrais os sexos e a súas identidades.

Redacción Cristina Cid e Ángeles Vázquez firmando o convenio. /M.REJO.

Concello e Medio Ambiente protexen o casco histórico alaricano 4 Asinan un convenio para redactar un novo Pepch. Redacción A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa, Cristina Cid, asinaron un convenio para redactar o novo documento do Plan especial de protección do casco histórico (Pepch) de Allariz, aprobado en 1995 e cuxa finalidade é garantir a protección desta zona con medidas orientadas a lograr que permanezan activas, conten con servizos e revitalicen a zona. Segundo o convenio asinado, a Xunta asumirá o 100% (250.000 euros) do

Actividades de verán Redacción Allariz programa máis de 40 actividades culturais para este verán. As actividades estarán repartidas por moitos dos espazos ao aire libre como son o Festival Internacional de Xardíns, o Campo dos Brancos, a praza dos Carboeiros, o xardín do Museo do Coiro ou o campo de Vilanova entre outros, garantindo o cumprimento das medidas de seguridade e evitando as aglomeracións.

nio, nin económicas nin técnicas”; ademais de enmarcar neste obxectivo a necesaria “colaboración entre as administracións” autonómica e local á hora de promover ou revisar, en caso necesario, os plans especiais de protección das zonas históricas.

custo da revisión e actualización do Pepch. O obxectivo é que o novo plan poida ser aprobado antes que remate 2023. A alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, incidiu na súa comparecencia en que a firma deste convenio “supón un paso máis na posta en valor” do casco histórico do municipio e permitirá “seguir conxugando o uso residencial, o comercial e os espazos verdes e de lecer para goce da veciñanza”. Pola súa banda, a conselleira asegurou "non haber escusas á hora de protexer o noso patrimo-

O obxectivo é que o novo plan poida ser aprobado antes de que remate 2023

Actividades para nenos e nenas, concertos, música, desfile de Xigantes e Cabezudos, exposicións, mercados, cine e teatro engloba a maioría das actividades deste verán. Todas as actividades (https://www.allariz.gal/

xornal/allariz-programa-mais-de-corenta-actividades-culturais-para-este-veran/) serán de balde. As que conten con capacidade limitada deberase reservar a entrada na Casa da Cultura ata un día antes da actuación.

Presentación das actividades de verán de Allariz.

Cristina Cid, alcaldesa de Allariz, e Xosé Manuel Baltar, presidente da Deputación, presentaron os proxectos e colaboracións que se levarán a cabo durante este ano entre ambas administracións. No que levamos de 2021, estase acomentendo o cambio de luminarias a Led en Allariz, proxecto no que a Deputación provincial aporta o 20% do total, uns 73.000 euros. Tamén están previstas actuacións na estrada de Santa Mariña e na zona do campo da Barreira -de titularidade provincial que pasará a ser local-, nas que o ente provincial, a petición da alcaldesa, financiará a remodelación

Exposición “En cueros” Redacción Ata o 26 de setembro do 2021, poderase visitar no Museo do Coiro de Allariz, a exposición “En cueros” do artesán Luis Rioja González. A exposición amosa unha obra ecléctica, con

Cibdá de Armea Redacción O Concello de Allariz e Universidade de Vigo celebran durante este verán o 10º aniversario do comezo do proxecto Armea. Unha década de traballos no xacemento arqueolóxico da Cibdá de Armea, en Santa Mariña de Augas Santas. Logo da apertura da exposición “Armea, a visión dos artistas locais”, que estará na Paneira ata

das mesmas. En Santa Mariña levaranse a cabo as beirarrúas da marxe dereita da estrada (cun orzamento de 89.000 euros), quedando a esquerda para seguintes intervencións. A obra inclúe o soterramento das instalacións e a construción da beirarrúa, que permitirá ter un acceso seguro ata o centro urbano. No campo da Barreira realizaranse -entre outras actuacións- melloras nos accesos aos colexios de primaria e infantil; a licitación contará cun valor de 162.000 euros. A intención é que no próximo curso escolar os nenos e nenas do CEIP Padre Feijóo poidan achegarse ao centro dentro dun itinerario seguro que lles aporte esa autonomía ao alumnado. diversidade de formatos, técnicas e procesos. Durante todo o percorrido pódense ver obras que apostan por un maior clasicismo, realizadas coa técnica de repuxado e outras cunha maior carga experimental dende o punto de vista formal e técnico, pasando por obras de gran formato que mesturan pintura e escultura.

o 25 de xullo, os operarios municipais colocaron 24 lonas que lucirán no Casco Histórico de Allariz durante todo o verán, e na que se dará a coñecer estos 10 anos de traballos. A mostra está dividida en varias temáticas: as orixes, materiais arqueolóxicos, o traballo de campo, o valor educativo, convenio, medios, etc. e varias vistas xerais inéditas da escavación. Un xeito de coñecer a historia mentres se pasea por Allariz.


CELANOVA E COMARCA

O BNG, contra o prezo da luz Redacción Os deputados do BNG, Iago Tabares e Bernardo Varela, participaron -xunto ao voceiro do BNG de Celanova, Leopoldo Rodríguez- munha recollida de sinaturas en Celanova a favor dunha tarifa eléctrica galega. A proposta atraeu a atención da veciñanza. Iago Tabarés sinalaba que “Galiza é rica en electricidade pero non se beneficia desa riqueza, ao contrario, familias e PEMES pagan cada vez máis pola factura da luz e iso pese a soportar os custes ambientais e sociais”. Por iso, instan á baixada do

IVE da electricidade ao 4%, suprimir o Imposto Especial do 5%, impedir que repercuta na factura o Imposto de produción do 7%, e ademais suprimir os cargos e peaxes que non teñen relación co consumo.

Veciños asinando pola baixada da luz.

Unha campaña une Celanova co Carballiño 4 “Ti a Carballiño e eu a Celanova” é o lema da mesma. Redacción Empresarios de Celanova e O Carballiño unen forzar para lanzar unha novidosa iniciativa premiando a fidelidade da clientela á vez que impulsan o turismo de proximidade. Por iso, comerciantes de Celanova Chea e Centro Comercial Aberto Carballiño crean a campaña «Ti a Carballiño e eu a Celanova» que durará ata o vindeiro 12 de xullo. Con compras no comercio local ou consumicións na hostalaría, os clientes recibirán unha papeleta que deberán cumplimentar para poder participar no sorteo, que terá lugar o 14 de xullo. Premios Os gañadores pasarán unha fin de semana (dúas noites) en rexime de aloxamento na outra localidade (o gañador de Celanova no Carballiño, e viceversa) pudiendo elexilo no periodo que vai do 16 ao 31 de xullo e do 16 de agosto o 30 de setembro segundo dispoñibilidade no aloxa-

mento elixido. Ademais, entregaranse vales para consumir nos locais de hostalaría que eles elixan (dous xantares e dúas ceas) cun importe máximo de 30 euros por servizo). Tamén se entregarán 60 euros de desconto en vales de 5 euros para gastar no comercio local. Incluiráse unha visita turística gratuíta tanto aos lugares máis emblemáticos do Carballiño (Templo da VeracruzGran balneario do Carballiño, Muiño do Anxo, Pena dos Namorados, entre outros, ademais dunha sesión de piscina dinámica e canal de fleboterapia de 90 minutos no Balneario Caldas de Partovia), e de Celanova (Mosteiro de San Salvador e capela mozárabe de San Miguel, Vilanova dos Infantes, Fundación Curros Enríquez e Castro Mao).

A campaña remata o 12 de xullo

Barrios 9 de xullo 2021

Xullo cultural en Celanova 4 Obradoiros, concertos e máis actividades durante este mes. Redacción A cultura en Celanova irrompe con forza durante este mes de xullo. Desde exposición, obradoiros ou mesmo visitas teatralizadas, entre outras, son moitas e moi variadas as opcións. Así, a Casa dos Poetas acolle, os martes e xoves, un obradoiro de ilustración ata o día 29, mentres que os mércores e venres son os días do obradoiro de debuxo. Un campo de traballo do Audiovisual galego está en marcha no Albergue municipal ata o día 16, mesmo día no que remata un taller de informática na Aula CeMIT para cativos de 9 a 12 anos. O sábado 10, será a noite de Dj´s con música na praza Maior (21 horas) e na praza Rubí (22.30 horas). Un obradoiro achegará ao mundo da dobraxe á cativada de 6 a 12 anos na Biblioteca pública. O cine chega ao Claustro Barroco o venres 16 coa proxección de "Ma-

ría Solinha" (22.30 horas). A música estará presente na vila o sábado 17 (23 h na Alameda) cun concerto de Rock da Banda de Música Municipal de Celanova; o venres 23 (20h no Claustro Barroco) con "Celanova Brass"; o sábado 24 (22.30h na praza Maior) con "Grupo Ansia"; e o concerto de piano "The Piano Charmer" no Claustro Barroco, o venres 30 ás 21 horas. Máis actividades Ademais de todo isto,

Cartel do obradoiro de ilustración que se dará todos os martes e xoves de xullo na Casa dos Poetas.

A San Carlos, premio "Celanova, Casa dos Poetas" 4 Polo seu labor na pandemia contra a Covid-19. Redacción O Padroado da Fundación Curros Enríquez decidiu outorgar o 37º Premio “Celanova, Casa dos Poetas” á comunidade da Residencia de Maiores “San Carlos” de Celanova, entendendo como tal ó conxunto de traballadoras e colectivo de maiores residentes. O premio foi concecido "pola fortaleza no traballo, a capacidade de organización e resistencia, así como

amenizarán a vila pasarrúas e charangas os días 22 (xoves ás 11 horas), 25 (sábado ás 12.30h), o venres 30, ás 23 h, e o día 31 ás 12.30 e ás 20 horas. Tamñen haberá o espectáculo de clown "Fakir Flakin" (o domingo 18 ás 20h na Alamenda); e unha visita teatralizada a Vilanova dos Infantes o día 31 (sábado) ás 19.30 horas. A Sala dos Arcos (Concello) abre a exposición "Reencontro" o xoves 29 de xullo.

pola valentía e profesionalidade coa que se enfrontaron á virulenta entrada da Covid-19 na comunidade,

11

Xestión musical Redacción A Fundación Curros Enríquez e a Asociación de amigos da Banda de Música Municipal de Celanova asinaron un convenio de colaboración para a xestión musical de actividades culturais e literarias conxuntas. Por este motivo, desde o mes de maio, a Asociación de Amigos, a través dos responsables da Escola de Música, teñen posto a disposición da Fundación Curros Enríquez de forma colaborativa un pequeno grupo de alumnos (dúos, tríos ou cuartetos), que ofrecen micro concertos no transcurso de eventos celebrados pola Fundación Curros Enríquez baixo o nome “Celanova Brass”. Así ocorreu xa en dúas presentacións de libros que tiveron lugar na Casa dos Poetas, a última o día 17 de “O libro cero” de Jorge Emilio Bóveda. A Fundación Curros Enríquez comprometeuse así mesmo a colaborar coa Asociación de Amigos da Banda de Música de Celanova poñendo á súa os espazos da Casa dos Poetas e da Horta da Palabra para actividades da entidade.

naqueles primeiros momentos do confinamento no mes de marzo de 2020, cando, tanto os resultados inmediatos que se maliciaban como as posibles consecuencias, agoiraban tempos certamente tráxicos para a vida das persoas".

lista, desexa deixar patente que é obxectivo final do mesmo é o de simbolizar nesta comunidade a tódalas residencias de maiores de Galicia. O premio entregarase o primeiro domingo do mes de setembro.

Todas as residencias A Fundación Curros Enríquez, lonxe de pretender que este recoñecemento tan sentido poida ser considerado un premio loca-

O premio entregarase o primeiro domingo de setembro

Foto de familia do Padroado da Fundación Curros Enríquez.


12

Barrios 9 de xullo 2021

PROVINCIA

EN BREVE 4 Cruz Vermella Cruz Vermella atendeu a máis de 42.000 persoas durante o 2020. Delas, máis de 15.800 foron atendidas a través do Plan Cruz Vermella Responde fronte ao Coronavirus.

Gabriel Alén, segundo pola esquerda, visitando o punto de auga de Laza.

4 Incendios

A Xunta apoia con case tres millóns de euros a contratación de 211 desempregados para a prevención de incendios en 90 concello e dúas mancomunidades de Ourense. Os contratos terán unha duración de 9 meses a tempo completo.

4 Igualdade Na provincia de Ourense, 81 concellos recibirán este ano o apoio da Xunta cun investimento de case 1,8 millóns de euros a programas e medidas de igualdade no ámbito local en Galicia, co dobre obxectivo de contribuír a que mulleres e homes teñan as mesmas oportunidades e de avanzar na erradicación da violencia de xénero.

Javier Marín, Gabriel Alén e Rosendo Fernández na presentación dos trens turísticos.

Regresan os trens turísticos 4 A provincia acolle cinco rutas relacionadas co viño. Redacción A oitava edición dos trens turísticos de Galicia contará con cinco rutas pola provincia de Ourense. O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, o presidente do INORDE, Rosendo Fernández, e o director comercial e vendas de

Renfe, Javier Marín, presentaron esta iniciativa. O delegado da Xunta referiuse aos trens turísticos coma "un exemplo perfecto dun produto turístico consolidado, de éxito, desestacionalizador e sostible". “E ademais -continuou Gabriel Aléno perfil do viaxeiro é unha persoa que valora a tran-

Máis de 1.000 accidentes nas estradas ourensás na primeira metade de ano 4 No tocante aos test de drogas, os positivos superaron o 50%. Redacción Esta semana reuniunse a Comisión Provincial de Tráfico e Seguridade Vial para analizar os datos da primeira metade do ano nestas materias. A accidentalidade nos seis primeiros meses ascende aos 1.159 sinistros, dos cales 678 producíronse pola presenza de animais nas vías públicas. Faleceron nas estradas da provincia cinco persoas, das cales catro eran condutores e un, motorista. Constan 17 feridos graves e 159 leves. Na reunión, sinalouse que no primeiro semestre deste 2021 tramitáronse

12.323 denuncias coa retirada efectiva de 11.186 puntos, cifra superior ao mesmo semestre de 2020, pero inferior en 1.685 puntos con respecto aos seis primeiros meses de 2019. A nivel provincial o

subdelegado do Goberno, Afonso González, sinalou que “o Subsector de Tráfico da Garda Civil realizou no primeiro semestre do ano un total de 32.973 test de alcoholemia, dos cales o 1,22% foron positivos”.

Reunión da Comisión Provincial de Tráfico e Seguridade Vial.

quilidade, a gastronomía e as visitas culturais". Itinerarios Os itinerarios con saídas na provincia, englóbanse en cinco rutas: A ruta do Viño da Ribeira Sacra (Miño), a ruta do Viño da Ribeira Sacra (Sil), a ruta dos Viños da Ribeira Sacra e de Valdeorras, a ruta dos viños do Ribeiro e Rías Baixas e a ruta do Viño Monterrei. Os novos itinerarios botaron andar este mes de xullo e estenderanse ata outubro con 22 saídas e con máis de 1.500 prazas. Con respecto ás probas de drogas, realizáronse 440 test que deixaron unha taxa de positivos do 52,72%”. O subdelegado do Goberno advertiu que este verán haberá “tolerancia cero” coas persoas que poñen vidas en risco nas estradas galegas. Así mesmo, González fixo un chamamento para “extremar as precaucións agora que estamos a recuperar a mobilidade e non engadir riscos innecesarios como o alcol ou as drogas. A única taxa válida ao volante é a de 0,0”.

Novos puntos de auga na provincia 4 Para a loita contra o lume. Redacción O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, acompañado do alcalde de Laza, José Ramón Barreal, e o presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Alberguería, Manuel Salgado, supervisou a construción do novo punto de auga que servirá para a carga de auga de helicópteros e motobombas, e no que a Consellería do Medio Rural inviste máis de 12.000 euros. O delegado territorial destacou que na provincia de Ourense, estanse a construír 52 novos puntos de auga, que fan un total de 222 novos depósitos en toda Galicia por un

Obras no Pereiro Redacción A Xunta licitará en agosto as obras de mellora e humanización do núcleo do Pereiro, no concello do Pereiro de Aguiar. A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, fixo este anuncio durante a sinatura do convenio de colaboración polo que se executará esta actuación e que prevé un investi-

Firma do convenio.

importe de máis de 2,2 millóns de euros. Gabriel Alén sinalou que a construción destes novos depósitos enmárcase na liña de axudas que anualmente saca a Consellería do Medio Rural para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor). Así, a orde contempla dúas liñas de actuacións, por unha parte subvencións para o control selectivo de combustible e, por outra, a construción de puntos de auga. Entre ámbalas dúas liñas suman axudas a 63 concellos da provincia nos que se vai investir preto de 3 millóns de euros. mento global de 167.715 euros, dos que a Xunta achegará un 70%. Os traballos consistirán no soterramento das instalacións e conexións ás vivendas, as redes de sumidoiros e na instalación dun novo pavimento, iluminación e mobiliario urbano. O alcalde Luis Menor incidiu na importancia da obra ao ser “moi acaída porque necesitamos ter unha boa relación con esa parte nova do concello”, declarou.


DEPORTES

4 Taichí O Taichi celebra a súa 37ª edición no Posío. Será ata o 23 de xullo, de luns a venres, entre as 8 e as 9 da mañá.A ssistencia é libre e de balde, sen límite de idade ou condición física, pero mantendo a distancia física e con máscara de protección.

4 Espera pechar un acordo nas vindeiras semanas. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, media nestas datas para acadar un acordo que permita a cidade de Ourense contar cun equipo insignia nas categorías do fútbol profesional español. Depois do acordo logrado co Club Ourense Baloncesto, cun inversor, lanzouse a tentar lograr o mesmo no fútbol. O rexedor está inmerso nos movementos necesarios para lograr que capital privado entre e lidere un proxecto futbolístico na cidade. "Debemos ter alicientes e espectáculos propios para esta cidade, e tentar competir futbolisticamente con outras cidades de poboacións semellantes, pero non con pobos ou vilas (algúns de menos de 5.000 habitantes cos que compartimos

categorías)", manifestou Gonzalo Jácome. Xa o ano pasado, Jácome tentárano coa unificación do Ourense CF e a Unión Deportiva Ourense, rexeitando o segundo a idea. Este ano retomáronse os contactos novamente, pero desde a directiva da UD Ourense nin tan sequera a levaron á asamblea sabedores da resposta -negativa- dos seus socios. Por iso, o alcalde de Ourense, explora outras vías, tanto na provincia de Ourense como fóra, para que se posibiliten os traslados e unha localización deportiva na cidade de Ourense, dun club futbolístico de futuro. Nas próximas semanas espérase pechar o acordo definitivo xa para a tempada 2021-22, o proxeco impulsaríase con capital privado.

13

EN BREVE

Jácome quere que Ourense teña fútbol profesional

Redacción

Barrios 9 de xullo 2021

Ngagne Faye, no combate de Sanda -80kg.

Club Artai, profeta na súa terra 4 O club copa o medalleiro no galego de kungfu de combate. Redacción O Club Artai foi profeta na súa terra e logrou copar o medalleiro no Campionato de Galicia de kungfu de combate disputado no pavillón dos Remedios. Participaron preto de 80 deportistas debido a que as eliminatorias previas tiveron lugar nas distintas provincias para facilitar os protoco-

los sanitarios instaurados pola Covid19. Sen lugar a dúbidas, os grandes triunfadores da xornada foron: Ngagne Faye, club Artai, gañador de dous ouros (Sanda -80kg e Shuaijiao -75kg); Jaime Alvarez, club Artai, dos oros (Sanda -85kg e Shuaijiao -85kg); Bieito Álvarez, xuvenil do club Artai, gañador de dous oros (Qingda -85kg e Shuaijiao -75kg); Miguel

4 Sala Ourense Crecente, club Artai, un ouro e unha prata (Qingda -75kg e Shuaijiao -75Kg, respectivamente); e Yolanda González, club Artai, gañadora dun ouro e unha prata (Qingda -52kg e Shuaijiao -52Kg). Nivel deportivo Para o organizador do evento, Aarón Blanco Pita, director do club Artai e do departamento galego de kungfu moderno, agarda que o gran nivel ofrecido polos competidores durante o campionato, demostre a boa saúde coa que conta esta disciplina deportiva en Galicia e, especialmente, en Ourense. O entusiasmo do público asistente así o fai indicar.

O Sala Ourense salva a categoría despois de vencer ao San Cucao (72) na última xornada da fase de permanencia na 2ª división B.

4 COB Con moitísimo positivismo chega o empresario Pedro Fernández (Grupo Hereda) ao Club Ourense Baloncesto. A nova cara visible do club non esconde as súas intencións de configurar unha plantilla que ilusione á afección e logre un ascenso, a todas luces innegociable, polas declaracións de Fernández.

4 Piragüismo O I Descenso “Ourense Provincia Termal” de piragüismo percorrerá 17 quilómetros (por sete concellos) e terá lugar o 15 de agosto. En canto ao percorrido terá diferentes saídas en función das categorías: Oira, Ponte Vella, Ponte Nova e Alongos. As modalidades e os participantes son K1, K2, C1 e C2, mulleres e homes, xuvenís, sénior e máster, cun percorrido que pasa polo corazón da capital ourensá (as súas pontes) e as zonas termais da cidade ata chegar ao balneario de Laias.

4 UD Ourense

Partido desta tempada entre UD Ourense e Ourense CF, no estadio do Couto. /ARQUIVO.

Á esquerda, Carlos Cid en plena proxección; á dereita, un combate infantil.

A directiva da UD Ourense deixa as súas funcións. Todo apunta a que será o ata agora adestrador, Fernando Currás, o que colla a presidencia do club. Jorge de Dios é o novo adestrador.


14

Barrios 9 de xullo 2021

OCIO E CULTURA

Muíños acolle en agosto o “Explora Ourense” 4 Tamén recibirá aos participantes do “Music-Camp”. Redacción O complexo turístico do Corgo, en Muíños, converterase por oitavo ano consecutivo no centro das actividades programadas para o campamento de verán “Explora Ourense” 2021, que organiza a Deputación de Ourense en colaboración co Concello de Muiños e a asociación Sustinea. Un proxecto lúdico e educativo do que gozarán preto de medio cento de rapazas e rapaces da provincia durante o mes de agosto. “Explora Ourense” 2021 reunirá en Muíños durante o mes de agosto a 40 nenas e nenos da provincia con idades de entre 9 e 11 anos na primeira quenda, e de 12 a 14 anos na segunda, con todas as medidas de segu-

ridade fronte á covid-19 mesmo máis aló das normas sanitarias ao incluír un terceiro monitor para facer grupos máis reducidos. Os participantes poderán gozar de un amplo número de actividades, algunhas delas en inglés, relacionadas coa natureza, a náutica, os deportes, a arte, teatro, contacontos, baile ou actividades nocturnas, ademais dun amplo abano de xogos. Inscricións O prazo de inscrición permanecerá aberto do 5 ao 13 de xullo e as follas de solicitude estarán a disposición dos interesados na web da Deputación, sendo o sorteo das prazas o martes día 16. “Music-Camp” Nas instalacións do Cor-

go e durante sete días, do 26 de xullo ao 1 de agosto, cincuenta mozas e mozos de entre 12 e 17 anos participarán nun programa que inclúe tres horas diarias de clases de guitarra, canto, batería, piano, coreografía e baile, tanto en iniciación como para aqueles que teñan algún coñecemento, co engadido de fomentar a creación de grupos musicais. Xunto coas clases e para fomentar as relacións sociais nun entorno natural e de ocio, no campamento tamén se organizarán actividades relacionadas coa náutica e os deportes, ademais de veladas diarias e xogos nocturnos. O “Music-Camp” 2021 rematará o domingo 1 de agosto cun festival no que ademais dos alumnos tamén intervirá o conxunto feminino ourensán “Distance Sisters”.

As inscricións están abertas na web da Deputación ata o 13 de xullo

4DECRECENDO

A ausencia de crecemento económico en informes oficiais O crecemento económico perpetuo é cada vez máis difícil de soster e de alimentar. A súa imposibilidade de permanencia preséntasenos como unha realidade túzara e inevitable. Aínda son moitas as persoas e institucións que cren que haberá algunha solución case máxica a todos os problemas e crises ás que nos estamos enfrontando. Con todo, a mensaxe empeza a filtrarse polas físgoas abertas pola análise obxectiva da crúa realidade e así, comezan a xurdir pronunciamentos que noutra época serían incribles. Nesta ocasión, a Axencia Europea de Medioambiente publicou un sorprendente informe o 11 de xaneiro de 2021 titulado “Crecemento sen crecemento económico” no que se recollen algunhas afirmacións que

deberían poñer os pelos de punta aos máis incrédulos. Aí quedan algunhas perlas para a súa reflexión: - O crecemento económico está estreitamente relacionado co aumento da produción, o consumo e o uso de recursos e ten efectos prexudiciais sobre o medio ambiente natural e a saúde humana. - A civilización humana é de feito profundamente insostible. - Europa consome máis e contribúe máis á degradación ambiental que outras rexións, e as perspectivas de Europa de alcanzar os seus obxectivos de política ambiental para 2020, 2030 e 2050 son escasas. - O concepto de 'economía circular' suxire que os recursos materiais poderían obterse cada vez máis dentro da economía, reducindo o impacto ambiental ao aumentar a reu-

tilización e a reciclaxe de materiais. Con todo, este 'imaxinario' socio-técnico ten un potencial limitado para a sustentabilidade. […] De feito, só ao redor do 12% dos insumos materiais recicláronse na UE27 en 2019 Se enfrontan á lectura do devandito informe, cunha boa infusión para calmar o ánimo, descubrirán moitas outras preocupantes afirmacións, sen embargo, quero acabar esta columna cunha das máis belas e positivas: “Aínda que o planeta é finito no seu sentido biofísico, pode ser posible un crecemento infinito nos valores existenciais humanos, como a beleza, o amor e a bondade, así como na ética.” Ligazón ao informe: https://www.eea.europa.eu/ publications/growth-without-economic-growth Óscar Blanco

O único crecemento sustentable é o decrecemento. Presentación do Music Camp a cargo de Calvo, Baltar e Álvarez.

Cartel do OUFF en curto Redacción A deseñadora Nuria Grandío, que xa foi a autora do cartel en anos anteriores, volve a firmar o deseño do cartel do OUFF en curto. Utiliza unha técnica moi en tendencia, o collage, incluíndo elementos da cidade de Ourense como a catedral, así como unha homenaxe á curta de

Gaiteiro da Catedral

Chano Piñeiro, Mamasunción. O prazo para inscribir as curtas a concurso remata o 15 de xullo. O festival celebrarase do 24 de setembro e o 2 de outubro. Cotolay O film Cotolay (dirixida en 1965 por José Antonio Nieves Conde) inaugurará o ciclo Xacobeo que ofrece unha seleccións de películas relacionadas con esta temática.

Redacción

Cartel do OUFF en curto, de Nuria Grandío.

O “Gaiteiro da Catedral”, o símbolo que desde Ourense representa a solidariedade entre os pobos coa súa homenaxe ás vítimas do COVID-19, conmemorou o pasado 30 de xuño o seu primeiro aniversario. Ese día, fai un ano a Deputación de Ourense, xunto co Bispado e a Catedral de Ou-

rense, instaurou este acto, representado por numerosos gaiteiros que, chegados desde diferentes puntos de Galicia, Castela-León, Castela A Mancha, Madrid ou Arxentina, subiron á torre da catedral ao longo

destes meses para interpretar cada día ás 11.30 horas –números que representan o día e mes en que a OMS declarou a pandemia: 11 de marzo- a melodía Ourense no solpor, himno oficial da provincia de Ourense.

Gaiteiros participantes no acto da Catedral.


OCIO E CULTURA / CLASIFICADOS

Barrios 9 de xullo 2021

15

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Arcediagos,11, 1º - 32005 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Mundopublicolor. Imprime: Publicaciones Tameiga. Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Miguel Rejo, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Miguel Rejo. Colaboracións: Joao Damiao, Miguel A. Prieto Sotelo, Fernando Valcárcel, Jorge E. Bóveda, C. Domarco, Avelino Jácome. Yedra Seara Nº148 - Ano: XIV - 9 de xullo de 2021 - Difusión: 5.000 exemplares Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 52 / 685 969 546.

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

[Deixe o seu anuncio no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

Descubrindo Chaves Chaves, conxuntamente con Verín forman, agora, unha Eurocidade. Ultimamente, xa na vixencia do actual Presidente, Dr. Nuno Vaz, téñense creado lazos e mecanismos de impulso no sentido dunha maior aproximación das "xentes da raia seca", como por exemplo, a creación de transporte gratuíto os días de feira e de diversos eventos culturais. Espérase que continúen todas estas relacións comerciais e culturais, pois no 2º trimestre de 2021, a RNFE estará a ligar Madrid á capital de Galicia con trens de alta (AVE) velocidade, con paraxes aquí ben próximo á cidade, na Godiña. A este propósito, recorde o auténtico atentado ao patrimonio coa desaparición da liña férrea que facía a conexión da Régua a Chaves! Como trasmontano e como portugués considero que os Presidentes das Cámaras de Tras os Montes deberían unirse e manifestárense ao unísono en defensa do noso patrimonio e chamar a atención do Goberno central para unha conexión de Portugal, a través do eido central portugués á Europa. Esta sería unha medida crucial para o desenvolvemento do interior, pois Portugal ten sido só Lisboa. Chaves segue sendo un punto focal do turismo termal a nivel europeo, obtendo xa unha clasificación de Destino Termal por Excelencia. Xunto co próximo pobo termal de Vidago, forman unha das

Chaves é unha cidade cunha enorme oferta histórica, cultural e gastronómica

mellores Rutas Termais de Europa. Chaves é unha cidade cunha enorme oferta histórica, cultural e gastronómica. O Castelo de Chaves, a Torre da Homenaxe, o Forte de S. Francisco, o Forte de São Neutel, a ponte de Trajano, os seus xardíns e os seus balnearios son un gran atractivo e un dos principais recursos turísticos. Chaves non só é coñecida pola cidade, senón por todo o espazo que rodea ao municipio. O Castelo de Monforte, o cantil de Abolideira, o Solar de Oura (mansión do século XVIII, situado na Ruta de Santiago de Compostela) son só algúns exemplos do seu valioso patrimonio arquitectónico. De peculiar referencia é tamén a acolledora cidade de Vidago onde a principios do século XIX, durante o reinado do Rei D. Carlos, naceu o proxecto Vidago Palace Hotel, considerado no seu momento uno dos mellores hoteis de Europa e, actualmente, o mellor hotel do mundo para eventos como vodas. Falando de gastronomía en Chaves, é vasta e a súa excelencia e recoñecida pola calidade, sabor e textura que fan dos seus pratos manxares para lembrar máis tarde. A cultura gastronómica da comarca do Alto Támega busca ser auténtica e xenuína, dando valor engadido aos seus produtos rexionais. Xamón, afumados, viños, folar (pan de Pascua), pasteis de Chaves, chibo, carne de barrosa, aceite de oliva, mel e castañas son os produtos que dan as imaxes máis características desta cidade típica. Aquí consúmense viños do Alto Tâmega, cunha calidade que supera a outras rexións demarcadas: o viño branco Montalegre, o viño tinto Pai Fon-

tes, propiedade do novo deseñador Paulo Santos, nacido na parroquia de Santo André, municipio de Montalegre, que é unha selección dos excelentes viños de Arcossó. Por último, unha especial referencia ao viño monovarietal cunha certificación biolóxica moi rigorosa e de calidade "TOP" - Bastardo e Tinta Amarela do produtor Rui Liño, no pobo de Vassal! Estas son só algunhas das moitas razóns para deixarse encantar pola cidade de Chaves. En outubro, volverán as eleccións locais: Nuno Vaz terá como opositor a Francisco Tavares político e persoa pola que teño a mellor reputación, é dicir, pola súa honestidade de carácter e conduta, durante a súa presidencia, durante varios anos na Cámara de Valpaços. O mesmo pode dicirse do actual alcalde, enxeñeiro Amílcar. Pero señor Francisco Tavares, a xente flavienses continuará a política e o traballo do talentoso de Nuno Vaz, un mozo con moita ?xenética? e talento capaz de levar a Chaves a outros niveis e horizontes que, lamentablemente, ao longo do tempo aínda non se alcanzaron! Aproveito agora este momento como cidadán para pedir a toda a oposición que proceda ao día seguinte das eleccións, como sempre se fixo en Alemaña, onde toda a oposición está inmediatamente dispoñible para colaborar co partido que asumirá o goberno, porque en democracia "non hai gañadores nin perdedores". João Damião

INMOBILIARIA Véndese piso en Beluso, Bueu (Pontevedra). 100 m2, 3 habitacións, salón, cociña, baño, despensa e 3 trasteiros amplios. Soleado todo o día, situado preto de servizos básicos e a menos de 2 km das mellores praias da zona. Prezo: 85.000 euros. Tfno.: 679 588 349 (envío fotos, escoito ofertas). Alugo local económico no centro. Ideal para oficina, almacén ou trasteiro. 17m2. Dispón de baños comunitarios. 120 euros/mes máis 7 euros de comunidad. C.E.: C. Teléfono 627 203 131 Véndese casa céntrica en Xinzo de Limia. Baixo máis unha planta (144m2,) tres prazas de garaxe e patio, cinco habitacións, dous baños, cociña amoblada e terraza. 133.000 euros. Tel. 699 648 514 / 988 21 40 70 Alugo baixo na zona do Couto totalmente acondicionado. Con luz, auga, 70 m2. Prezo 300 euros. Tel: 653 208 506 Alúgase perruquería. Tel. 672 08 93 49 Alúganse apartamentos en Montalvo (de Semana Santa a outubro) con unha ou dúas habitacións, cociña, salón, baño, barbacoa, aparcadoiro, xardín; fronte á praia. Tel: 607 271 916 Alugo sala para actividades culturais, con posibilidade de cociña, baño e outros sertvizos. Tel.: 988 247 113. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19. Busco casa en alquiler na periferia de Ourense. Opción a compra ou dunha permuta dun piso

situado na Valenzá. Tlf.: 600 826 029. Vendo casa na estrada de Santiago, con finca. Para restaurar. Tel.:672 089 349. Alugo apartamento en Sanxenxo a 5 minutos da praia. Piscina comunitaria Tel.: 650 64 15 19.

TRABALLO Ofrécese señora para traballar con xente maior ou nenos. De toda confianza, con informes. Disponibilidade de coche e fins de semana Tel.: 606 422 543. Ofrécese señora para limpeza por horas Tel.: 674 500 513. Señora, auxiliar de enfermería responsable e con experiencia, ofrécese para coidar persoas maiores, enfermos, nenos e tarefas do fogar. Tel.: 620 052 173 Ofrécese señora responsable -española- para coidade de nenos ou persoas maiores. Con informes. Tel.: 606 422 543 Ofrécese auxiliar de enfermaría, con titulación, para o coidado de maiores. Como interna ou por horas. En Ourense ou arredores. Telf.: 663 043 561 Danse clases de francés a domicilio. Todos os niveis. Titulación en España e Francia. Tlf.: 625 745 611 Imparto clases particulares de Matemáticas a domicilio en Ourense capital. Todos os niveis. Tamen materias curriculares de ESO e Bacharelato. As clases son individuais e personalizadas. Ampla experiencia. Excelentes resultados. Económico. Interesados enviar WhatsApp ao 610 38 25 89. Coido ou acompaño a maiores enfermos polas noites. Económico. Tel.: 616 361 548.

Ofrécese xerocultora para axuda a domicilio en Xinzo. Tamén para limpeza de casas e negocios por horas e adaptados ao seu horario. Tel: 686 005 358. Fanse desbroces en tractor e a man. Tlf.: 63 521 448 Ófrecese señora seria e responsable para tarefas do fogar e coidado de nenos e maiores. Con informes. Preferencia zona Ponte. Tlf: 685 374 191. Busco traballo en desbroces con tractor ou condutor de camión e carretillas. Ampla experiencia. Tel: 637 282 405. Ofrécese señora por horas para tarefas do fogar, coidado de nenos. Atende persoas maiores; tamén de noite en hospital ou domicilio. Telf.: 620 052 173.

VENDAS Vendo rizador de pelo con accesorios para alisar e rizar. Tel.: 666 303 635 Véndense dous lavacabezas de perruquería. Tel.: 672 089 349 Vendo cama hospitalaria articulada en bo estado, con colchón anti-escaras. Tlf.: 606 133 522 Vendo prensa de viño mediana/grande, ideal para decoración en xardíns. Tlf.: 606 133 522 Véndese mampara nova. Tel: 672 089 349. Véndense traxes de cabaleiro moi antigos en bo estado, ideal para Entroido. Prezo 10€. Tel: 610 979 897. Compro moble de cociña completo. Tel: 988 247 824. Vendo escritorio. Como novo, bo prezo. Tel: 672 089 349. Vendo estufa de frío e calor. Tel: 672 089 349. Vendo hormigonera de 280 litros e maquinillo / grúa (a gasolina). Tel.: 988 23 47 91


Barrios 9 de xullo 2021


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.