Xullo de 2016 - Ourense por Barrios

Page 1

[Páx. 2-3]

Entrevista ao concelleiro de Urbanismo, Jesús Cudeiro BARRIOS

Páx.4

Preguntan sobre o futuro da estación de autobuses

CIDADE

Páx.9

Piden unha xestión máis eficaz para a Mesa de Mobilidade

A ponte do Milenio, en reparación

EMPREGO

Páx.16

La Molinera terá un espazo coworking para emprendedores

CULTURA

Páx. 19

Últimas entradas para ver a Los Suaves en decembro

DEPORTES Páx. 22 Pereira e Triana coróanse reis do atletismo galego

[Páx. 11-15]

[Páx. 3]

Especial Verán

As obras de reparación da ponte do Milenio durarán seis meses.// Festa de convivencia na praza Maior con motivo do remate da primeira quincena das actividades de verán organizadas pola Concellería de Educación en catro colexios da cidade./M. REJO E R.TORRES.

Número: 18- Ano: XV - Xullo 2016 - Depósito Legal: OU 15-2015 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de agosto. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


OURENSE POR Barrios Xullo de 2016

ENTREVISTA

ENTREVISTA AO CONCELLEIRO DE URBANISMO E PLANEAMENTO

“O plan segue sendo o mesmo, con pequenas variacións, que non foron introducidas por petición do PP” 4 Jesús Cudeiro ten ante si un dos retos esenciais para o Goberno municipal neste mandato: aprobar o novo Plan Xeral de Urbanismo. Paula Lodeiro O avogado José Jesús Cudeiro Mazaira, director xeral nos gobernos de Fraga, ex xerente da empresa mixta Urbaourense da Deputación de Ourense e actual asesor do ente provincial, xestiona desde xuño do ano pasado a Concellería de Urbanismo e Planeamento do Concello de Ourense. Abrirase a residencia universitaria para o próximo curso? Jesús Cudeiro: “A vontade deste Goberno municipal e a deste concelleiro, en principio, é que si, pero non está nas nosas mans. A residencia universitaria pechouse porque foi anulada a súa licenza por un recurso contencioso que plantexou a xunta de compensación que hoxe está a facer a urbanización, e mentres non estea realizada a urbanización e recepcionada polo Concello non podemos conceder licenza de apertura. Ben é certo que xa lle requirimos en tres ocasións á xunta de compensación, a última no mes de xuño, os documentos que faltan. Algúns deles resolvéronse, e neste momento están pendentes dúas cuestións: que a xunta de compensación achegue o certificado final das obras e un modificado do proxecto para que sexa informado pola enxeñeira municipal. Se isto se cumpre, a licenza será inmediata, por tanto si é posible que se poida abrir para o curso”. No último pleno municipal vostede avanzaba como solución a unha problemática que sofren os veciños dun edificio das Camelias a creación dunha axuda municipal para a instalación de ascensores, como vai

Jesús Cudeiro na sede da Concellería de Urbanismo./P. LODEIRO.

“A vontade é (abrir a residencia universitaria) pero non está nas nosas mans” “O informe de Patrimonio (ao PXOM) xa foi emitido favorablemente por tanto xa só quedan dous; espero que a finais de setembro teñamos un documento refundido para aprobar provisionalmente” a súa tramitación? J.C.: “Naquel momento eu contestei á moción do Partido Socialista no sentido de que era imposible o que pretendían, porque dependía da Xunta de Galicia e na Xunta, a pesar de que tiven varios intentos de chegar a unha solución no tema dese ascensor, dixéronme que era imposible porque os prazos da subvención terminaban en decembro de 2015 e non se podían modificar. Eu fixen unha proposta que é que realizaríamos unha modificación orzamentaria sobre 400.000 ou 500.000 euros para facer unha orde de subvención municipal

complementaria da da Xunta de Galicia e que necesitábamos que esa modificación orzamentaria fose aprobada en pleno. Xa lla trasladei ao director do PERI, que está a traballar primeiro na orde, porque cremos que é conveniente primeiro redactar a resolución desas axudas para que esa orde poida ser informada pola intervención, non sexa que andemos ao revés, que levemos unha modificación orzamentaria e non se nos informe favorablemente. En canto teñamos a orde, levaremos a modificación orzamentaria; a este pleno é imposible pero

será para o mes de setembro, ou de outubro coma moi tarde. Espero que os grupos políticos a apoien”. Hai uns días o presidente da Xunta comprometía o apoio á creación dun balneario en Ourense e días despois o alcalde apuntaba a tres opcións: nas Burgas, O Tinteiro e Campo da Feira; como concelleiro de Urbanismo, cal delas ten máis opcións de converterse en realidade nun prazo máis curto? J.C.: “Os tres ámbitos que o alcalde dixo son certos. O do matadoiro, ten un plan especial

xa aprobado, o tema urbanístico está case terminado. Que ocorre? Que hai que trasladar o matadoiro, e ten unha concesión até o ano 2018 e ese é o problema. Nas Burgas, xa expropiamos todos os terreos, xa son do Concello, o tema urbanístico está totalmente feito, ten estudo de detalle aprobado, soamente habería que facer un proxecto de urbanización que o redactaría esta Concellaría nun par de meses, e a partir de aí facer a urbanización. Eu creo que dos tres, que son posibles os tres, o máis rápido sería o das Burgas, ben sexa dito que os tres teñen problema xudicial enriba. Estamos pendentes dos recursos que se plantexaron contra a ordenación provisional, nos ámbitos da Ponte, e contra o Plan especial das Burgas”. O futuro urbanístico da cidade pende dun fío ante esas posibles sentenzas; hai unha conta atrás para aprobar o novo PXOM? J.C.: “É un tema que vén de hai anos e debería de terse resolto antes. O equipo redactor do Plan ten a orde dada por esta Concellaría de que esa ordenación provisional, a efectos de que poida caer, se incorpore ao Plan que se está tramitando; xa o fixeron. Estamos pendentes dun refundido do documento que está a facer o equipo redactor porque faltaban tres informes, o de Patrimonio, o da Axencia de Infraestruturas da Xunta e o da Confederación. O de Patrimonio xa foi emitido favorablemente por tanto xa só quedan dous, e espero que sexan emitidos en breve, neste mes se é posible. Por tanto avanzariamos moito. Espero que a finais do mes de setembro teñamos un documento refundido para tramitar e aprobar provisionalmente”. E a adaptación á nova Lei do solo? J.C.: “Estase niso tamén, todo estará a finais do mes de setembro”. Para a súa aprobación no Concello? J.C.: “Para aprobación provisional no Concello; aí dependerá do que digan os grupos políticos, se están de acordo ou non”.


ENTREVISTA / BARRIOS

E negociou xa coa oposición o seu apoio ao plan? J.C.: “Eu negociei coa oposición; creei a comisión técnica sobre o plan e tivemos a última reunión o xoves 14 de xullo. Estivo aquí o equipo redactor explicándolles todo o que había. Creo que o Plan é o mesmo que se aprobou inicialmente coas correccións que derivaban do que pedían nas alegacións os cidadáns e os axentes sociais; houbo unhas peticións posteriores a maiores que estaban xa contidas en alegacións, que se refiren a fóras de ordenación, á mellor xestión dos polígonos, aos solo urbanizables, aos Peris que había recollidos que non os consideraban viables. E todo isto tendo en conta que a nova Lei (do solo) modifica moitas cousas. Incorporáronse estas peticións que estaban contidas en alegacións pero que no seu momento non foron estimadas e que nós entendemos que si deben de ser estimadas, cos informes técnicos xa emitidos favorables”. Unha das críticas da oposición facía referencia ao aumento da edificabilidade nalgúns polígonos. J.C.: “Os polígonos nos que se aumenta a edificabilidade son dous ou tres dos 50 e tantos que hai. Derivado dun mellor estudo e da estimación das alegacións que presentaron os cidadáns deses polígonos. Hai informes dos técnicos municipais que consideran que as cargas eran excesivas e por tanto eran inviables. En relación coas cargas concedéuselles unha edificabilidade para que poidan ser xestionados e poidan levarse adiante”. En canto queda a previsión de vivendas? J.C.: “Neste momento o equipo redactor está a traballar niso porque a adaptación do documento á Lei inflúe nos solos urbanizables. Antes había solos urbanizables delimitados e non delimitados, os non delimitados eran unhas bolsas que quedaban pendentes para posteriores xestións, como agora teñen que ser todos delimitados, increméntase a edificabilidade do 0,3 ao 0,5, e vaise producir un incremento de vivendas”. Antes estaba en 18.000 vivendas... J.C.: “Estaba en 19.000, eu creo que agora estaremos en 23 ou 24.000 vivendas”.

É unha cifra realista para Ourense? J.C.: “Eu creo que é realista tirando cara abaixo, é realista e asumible, inclusive pola Xunta de Galicia”. Achégase unha solución á problemática dos propietarios dos núcleos rurais? J.C.: “Ese é outro dos cambios que se producen no documento, que se derivan destas peticións que fixemos ao equipo redactor pero sempre procedente das alegacións que non foron estimadas. Estimáronse unhas 300 ou 400 alegacións máis e por tanto os núcleos rurais terán un incremento de zona edificable. Até onde a lei permite, non é o que queiran os veciños”. Cre entón que o Partido Socialista apoiará este plan? J.C.: “Eu tiven varias conversas con todos os grupos e en principio creo que pode haber colaboración. Primeiro, porque é o mesmo plan, a estrutura fundamental non cambiou, os viarios, os polígonos, son os mesmos. Creo que estas variacións que se producen son das peticións dos cidadáns, que creo que ao PSOE tamén lle interesa resolver, e da adaptación do texto á Lei. O plan segue sendo o mesmo, con pequenas variacións, que non son introducidas ningunha por petición do Partido Popular. Creo que deberiamos ter o apoio do PSOE, porque é que ademais se non aprobamos este plan, que poida que non sexa o plan perfecto nin o mellor, mal andaremos, porque volveremos estar sen plan outro oito ou dez anos e creo que non é bo para Ourense, nin para o tecido económico nin para os cidadáns”. Cal sería o prazo para a súa aprobación definitiva pola Xunta? J.C.: “O que me importa máis é chegar a un acordo cos grupos políticos e aprobalo no Concello. Tamén é certo que hai eleccións autonómicas no mes de outubro, non sei cal vai ser o goberno que vai estar na Xunta. Se se repite o mesmo goberno, ten tres meses para dar un informe definitivo e aprobalo, e nós esperamos que nun mes, mes e medio, desde o momento en que entre no rexistro da Consellería, estea resolto”. A anterior concelleira de Ur-

banismo, Áurea Soto, queixábase de carencias de persoal no departamento de Urbanismo, segue existindo este problema? J.C.: “Teño que recoñecer que o que dicía Áurea Souto é totalmente certo e aínda máis agravado. Xubiláronse determinados técnicos, arquitectos e aparelladores, e as prazas non se cubriron. E ademais temos funcionarios interinos aos que lles vence o contrato e nun tempo non moi afastado igual quedamos coa metade de persoal. Estamos limitados para facer contratacións e convocar oposicións pola Lei Montoro. Trataremos de ver se na RPT nova se poden polo menos cubrir as prazas que quedaron vacantes por xubilacións, se non o cadro cada vez será menor”. E tampouco pode recorrer a asistencias técnicas. J.C.: “Non, non, ese é o problema. Xa sabemos o que pasou aquí co tema das asistencias técnicas, ti podes facer un contrato para unha obra ou proxecto pero asistencias técnicas non”.

OURENSE POR Barrios Xullo de 2016

Comeza a reparación da Ponte do Milenio 4 O prazo de execución das obras é de seis meses. Redacción A Consellería de Infraestruturas e Vivenda iniciou o pasado 11 de xullo as obras de reparación da Ponte do Milenio. Contrato que foi adxudicado a Extraco Construccións e Proxectos S.A por un importe de preto de 453.000 euros, e cun prazo de execución de seis meses. As obras consistirán no selado de fendas, limpeza de corrosión e protección anticorrosiva dos elementos de aceiro do viaduto e revestimento dos pilonos cunha pintura acrílica que impida a penetración de auga. Así mesmo, retirarase a

vexetación e canalizarase a auga cara aos sistemas de drenaxe próximos. Tamén se eliminarán as pintadas e reporase a iluminación deficiente. Estas accións poñerán de novo a punto unha infraestrutura que é estratéxica, desde o punto de vista da mobilidade; cun gran atractivo turístico, ao ofrecer visión panorámica da cidade; e emblemática, como elemento representativo de Ourense. Asfaltado, a próxima semana O mércores 27 de xullo a adxudicataria das obras ten previsto cortar o tráfico a ponte do Milenio para empezar os traballos de asfaltado.

Soto tamén dicía que os funcionarios tiñan medo a asinar informes polo xudicializado que estaba o urbanismo municipal, cambiou agora a situación? J.C.: “A verdade é que o tema segue xudicializado. É certo que as últimas sentenzas do penal parece que tranquilizan un pouco máis a cuestión. Agora, os funcionarios non é que estean medosos pero loxicamente pretenden facer, como fixeron sempre, os informes desde o punto de vista legal, pero o máis meticuloso posible”. Compatibiliza o cargo de concelleiro no Concello de Ourense co de asesor na Deputación, como fai? J.C.: “Moi fácil, dedícolle as horas que necesita esta concellaría que son moitas, e na Deputación vou dúas ou tres veces á semana pola mañá un par de horas, e se teño que facer cuestións que me encargue o presidente fágoas pola tarde”. Non se queixan os xefes? J.C.: “Non se queixan, ao contrario, se non me equivoco, eu creo que están contentos co meu labor”.

“Eu creo que dos tres ámbitos (para construír un balneario), o máis rápido sería o das Burgas, ben sexa dito que os tres teñen problema xudicial enriba”

A posta a punto da ponte do Milenio durará seis meses./M.REJO.


OURENSE POR Barrios Xullo de 2016

BARRIOS

EN BREVE

300.000 euros para o arranxo de camiños rurais

4 60.000 euros para Montealegre A Xunta de Goberno local do 14 de xullo ratificou o convenio que permitirá que a Consellería de Medio Rural execute obras no parque de Montealegre por valor de case 60.000 euros. “As obras comezarán de forma case inmediata”, precisou o alcalde, Jesús Vázquez, quen detallou algunhas das actuacións previstas, entre as que están a creación de sendas peonís, a eliminación de especies invasoras, a dotación de mobiliario de madeira e a optimización do sistema artificial de rega. Para seguir mellorando o xardín botánico, ao Concello foille concedida pola Xunta unha escola con módulo de xardinería e de albanelería, adiantou o rexedor.

4 Saneamento no rural O Concello de Ourense aprobou un convenio de colaboración con Augas de Galicia para a execución de actuacións de ampliación e mellora do saneamento no rural de Ourense, cofinanciadas con fondos europeos. Augas de Galicia acometerá obras de mellora no saneamento por un importe de 610.000 euros entre este ano e 2018.

4 Varias rúas do concello serán renovadas pola Xunta. Redacción Os veciños máis afectados polos futuros usos da actual estación de autobuses son os que residen nas vivendas sociais sitas ao seu carón.

A AVV As Termas demanda transparencia sobre o futuro uso da estación 4 Queren evitar que lle pase “o mesmo que ao edificio do cárcere vello”, explican. Redacción Nas últimas semanas os medios de comunicación fixéronse eco do estado de abandono no que se atopa o edificio do antigo cárcere situado en pleno centro da cidade. O medo a que a historia se repita, neste caso co edificio da estación de autobuses unha vez se produza o seu traslado, é algo que preocupa especialmente ás persoas que residen directamente na contorna. Dúbidas que

dende comezo de ano se tentaron resolver dende a asociación de veciños As Termas, ubicada na urbanización de vivendas sociais xunto á estación, presentando diversos escritos ante Xunta e Concello nos que solicitaban información sobre os futuros usos previstos. Dende a AVV As Termas aseguran que “os preto de mil veciños que residen ao carón da estación serán os máis afectados polos futuros usos que teña a zona e polo futuro das liñas de

autobús urbano que alí teñen parada”, reclaman. Así, o seu presidente, Ángel Gómez, fai un chamamento: “as décadas de abandono do edificio do cárcere xa non hai forma de recuperalas, pero si se pode previr que ocorra o mesmo co edificio da estación. É momento de buscar de maneira consensuada novos usos”.

Presentaron escritos ante Xunta e Concello

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, visitou Ourense para coñecer o proxecto de arranxo de diferentes camiños rurais do municipio con cargo aos orzamentos do seu departamento. En concreto, ao longo deste ano investiranse preto de 300.000 euros e co fin de mellorar os accesos aos veciños. O proxecto de Medio Rural inclúe actuacións na rúa Amizade (cun importe de 60.000 euros), no camiño que une A Burata con Vilariño (38.500 euros), na rúa do Espeto

(59.800 euros) e na estrada de Fechos a Santa Cruz de Arrabaldo (60.000 euros). Na visita, Ángeles Vázquez indicou que tanto proxectos como a dispoñibilidade dos terreos xa están aprobados co fin de iniciar as obras este mesmo verán. Plan Marco A estas actuacións habería que sumar tamén os investimentos do Plan Marco de camiños, a través do cal se achegarán outros 63.949 euros a este municipio; para un proxecto de renovación en Seixalbo e a reforma do camiño de Beiro de Abaixo a Regoalde.

Ángeles Vázquez estivo acompañada na súa visita a Fechos polo alcalde de Ourense./RAMSÉS.


BARRIOS

OURENSE POR Barrios Xullo de 2016

A Praza de Abastos solicita a axeitada limpeza da feira 4 Os comerciantes bótanlle a culpa da suciedade do Barbaña á empresa concesionaria da limpeza. Redacción

A conselleira de Infraestruturas visitou as obras xunto á delegada da Xunta en Ourense, o alcalde e o vicepresidente da Deputación Provincial./RAMSÉS.

A Xunta rematará en agosto a explanada dos novos accesos ao CHUO 4 Estas actuacións contan cun orzamento superior a 1,3 millóns de euros. Redacción A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto coa delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, o alcalde, Jesús Vázquez, e o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, visitaron as obras de construción dos novos accesos ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, cuxa explanada estará rematada a finais de agosto para comezar de xeito inmediato a conexión dos servizos necesarios para o funcionamento do hospital. Vázquez Mourelle indicou que a Xunta tratará

de acelerar as obras, para que os ourensáns poidan contar, o antes posible, con accesos adecuados e dispoñer do servizo ás instalacións hospitalarias que están a ser ampliadas. Estas actuacións, que contratou e está a executar a Axencia Galega de Infraestruturas, por encomenda do Servizo Galego de Saúde, contan cun orzamento superior aos 1,3 millóns de euros. Proxecto O proxecto contempla o levantamento de muros de contención para salvar a diferenza de altura entre as rúas Nosa Señora da Saínza e Cruceiro

Quebrado. Instalaranse tamén as redes de servizos (saneamento, abastecemento, alumeado…) e procederase á sinalización e á instalación de mobiliario urbano. A conselleira concretou que se van construír dúas novas vías que darán acceso ao que será a zona ampliada do complexo hospitalario e que contarán con dous carrís, zona de aparcadoiro (32 novas prazas na zona) e beirarrúas.

Contará con dous carrís, 32 novas prazas de aparcadoiro e beirarrúas

Desde a Asociación de comerciantes da Praza de Abastos saíron en defensa dos feirantes, que levan anos cargando coa culpa da suciedade nas marxes do Barbaña. Indican os praceiros que na última feira se constatou que é o uso de sopladoras por parte da empresa concesionaria de limpeza “o que está a facer que os desperdicios se depositen nas marxes do río”. Desde a Asociación de comerciantes amósanse preocupados por esta si-

tuación, “xa que de nada serve o labor pedagóxico e o control levado a cabo cos feirantes ou a repartición de bolsas entre os mesmos, se despois o uso de sistemas de soplado termina cos desperdicios no río”. Lembran, ademais, que durante moitos anos foron os empregados do mercado os encargados da limpeza da feira pero que o anterior goberno retiroulles esta función ao estar a empresa concesionaria da limpeza obrigada por contrato a este labor, momento que coincidiu co aumento das queixas pola aparición de

restos no Barbaña. Asemade, desde a Praza lembran que nos últimos tempos a concienciación por parte dos vendedores ambulantes foi en aumento e nestes momentos “acúsaselles sen motivo”, aseguran. Por último, os praceiros fan constar a súa preocupación ao entender que algúns grupos queren “acabar coa feira”.

As máquinas sopladoras depositan o lixo nas marxes do río

A estrada da Granxa xa foi asfaltada, falta que sexan repintados os sinais./RAMSÉS.

Melloras viairas na estrada da Granxa A Consellería de Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, levou a cabo este mes de xullo a reparación de dous treitos urbanos do firme da estrada da Granxa, que alcanzaron un tramo duns 200 metros moi transitado por vehículos e peóns. Ademais, aproveitouse a actuación para a execución dun paso sobreelevado, aproximadamente, no PK 0+400, solicitado polo Concell para mellorar a seguridade. Falta por rematar o pintado das sinalizacións horizontais.


OURENSE POR Barrios Xullo de 2016

BARRIOS

Últimos trámites para o inicio da construción do Centro Interxeracional 4 Concello e Xunta asinaron a cesión da parcela municipal correspondente á Fundación Amancio Ortega. Redacción O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez Muiños, veñen de asinar a cesión da parcela municipal, na rúa Ramón Abellás, na que a Fundación Amancio Ortega construirá o futuro Centro Interxeracional, logo de presentar o proxecto de execución, deseñado por Elsa Urquijo Arquitectos, e que xa lle foi entregado aos arquitectos municipais ultimando así os trámites administrativos para a obtención da licenza de obra. Esta infraestrutura supo-

rá un investimento global de máis de 4,5 millóns de euros. “Este Centro Interxeracional suporá un elemen-

to diferenciador único en España polas súas características, non só da construción, senón tamén polos obxectivos propios do pro-

Jesús Vázquez e Perfecto Rodríguez durante a sinatura da cesión da parcela.

O PP reclama que aumente a vixilancia nocturna no parque da Solaina da Valenzá 4 O Concello de Barbadás acordou recortar as horas de luz na cancha deportiva. Redacción O grupo popular de Barbadás lamenta que o Concello non dese unha respos-

ta aos problemas que sofren os veciños que viven xunto ao campo deportivo da Solaina na Valenzá, ata que o PP reclamou unha solución

e ameazou con apoiar aos afectados a presentar unha denuncia contra a insstitución municipal. Desde o inicio do verán

As redes que protexen a cancha deportiva da Solaina que estaban rotas foron substituídas a raíz da petición dos populares.

grama para darlle cumprimento ás necesidades nas áreas de infancia e de maiores”, recalcou o rexedor. A súa construción e equipamento será asumido pola Fundación e, unha vez finalizada a obra, o Consorcio será o responsable, xunto co Concello, da posta en marcha do centro e da integración na rede pública de escolas infantís Galiña Azul. Instalacións Este servizo atenderá nenos de entre os 0 e os 3 anos e contará con seis aulas e espazos comúns: comedor, baños e vestiario adaptado, zona de cociña e despensa, almacén e patio propio, entre outros. Pola súa parte, a estalación estará orientada a promocionar a autonomía e previr a dependencia das persoas maiores, e disporá para tal fin de seis salas para actividades e usos múltiples, aseo e vestiario adaptado, sala de curas, lavandería, comedor e patio.

os veciños tiveron dificultades para descansar porque as luces do campo deportivo non se apagaban até pasadas as 1:30 horas da madrugada. E grupos de mozos achegábanse todas as noites para xogar, pero ao estaren rotas as redes de protección das instalacións deportivas os balóns coábanse e ían estrelarse contra as paredes e as ventás das casas. Conta o PP que os veciños tiveron que chamar á Garda Civil debido aos balonazos, ameazas e mesmo pedradas contra as súas fachadas por parte dalgúns destes mozos cando foron cominados a ter máis coidado. A raiz da intervención do PP foi cando o Concello recortou as horas de luz na cancha até as 23:30 horas e iniciou a substitución da rede que a rodea. Con todo, o PP reclama máis medidas, como que se incremente a vixilancia polas forzas de seguridade na zona.

Edificio na rúa Barreira que se rehabilitará para albergue./P.LODEIRO.

Asinada a acta de cesión para construír o albergue da rúa Barreira 4 A infraestrutura contará con 50 prazas. Redacción A directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o rexedor de Ourense, Jesús Vázquez, veñen de asinar a acta de cesión do edificio da rúa Barreira para que a Xunta de Galicia o convirta en albergue de peregrinos. “Con esta infraestrutura Ourense quere afianzarse como cidade amiga do peregrino”, dixo Vázquez Abad. O inmoble, no número 12 da rúa da Barreira, permitirá sumar 50 prazas á rede de albergues do Camiño de Santiago. Contará con duchas, aseos, lavandería e almacén de mochilas, e estará emprazado a metros escasos das Burgas e no corazón do casco histórico, “un valor engadido para o turismo da cidade e unha forma inmellorable de colocar a nosa estrela

dentro da Vía da Prata”, en palabras do rexedor. O investimento total ronda os 800.000 euros por parte da Xunta de Galicia, quen será a encargada do albergue a través da Sociedade de Xestión do Xacobeo. Con esta acta de entrega do inmoble preténdese reducir así a burocracia entre administracións e axilizar o comezo das obras e a posta en funcionamento do novo albergue, que xa estaría operativo para 2017. O número de peregrinos que escollen esta vía vai en aumento, e xa está próximo aos 10.000 anuais. “Ourense non pode perder esta oportunidade. Queremos promocionarnos turisticamente, porque temos potenciais. Queremos que os visitantes que viaxan cara a Santiago coñezan Ourense, estean a gusto e volvan outra vez”, dixo Jesús Vázquez.


PUBLICIDADE

OURENSE POR Barrios Xullo de 2016


OURENSE POR Barrios Xullo de 2016

A Lei Montoro impide cubrir as baixas laborais no Concello 4 O alcalde alude a un informe para xustificar a non cobertura da baixa laboral dun asesor de DO. P. L. O alcalde de Ourense xustificou a non cobertura dunha baixa laboral entre o persoal de confianza de Democracia Ourensana nun informe do pasado 17 de xuño que, en último termo, remite á Lei Montoro, que impide cubrir as baixas na Administración pública. Segundo reza dito informe,” o número máximo de eventuais se establecerá polos respectivos órganos de goberno polo que agotado o número máximo de nomeamentos, o nomeamento dun novo eventual precisa dun cese para os supostos expresados. Non se contempla na lexislación vixente o suposto plantexado de contratación provisional ou nomeamento doutro traballar para cubrir a ausencia temporal de x”. “Hai un informe que

Axudas para libros e material escolar Redacción

O Boletín Oficial da Provincia publicou o 6 de xullo a convocatoria de axudas do Concello de Ourense para libros de texto, material escolar e comedor do curso 2016-17. Hai 15 días hábiles para que aquelas persoas interesadas poidan presentar a

di que non podemos cubrir esa praza, non é unha decisión de alcaldía”, afirmaba Jesús Vázquez trala última Xunta de Goberno local. “Cando un traballador cae enfermo, este Concello non pode substituír a ese traballador, porque hai unha lei que o impide”, recalcou o político popular. Unha situación que non é única para o empregado de DO, pois nela atópanse entre 30 e 50 traballadores da Administración local, incluídos xefes de servizo, cuxas baixas non se poden cubrir. Democracia Ourensana anunciara que se o alcalde non resolvía a que consideraban unha “inxutiza laboral”, procederían a contratar un traballador sustituto e interporían unha demanda laboral contra o Concello.

súa solicitude no rexistro do Concello de Ourense. As axudas de libros de texto e material escolar concederanse até un importe de 20.000 euros. As axudas para comedor escolar, ata un importe máximo de 67.005 euros para 2016, cantidade que será complementada con 156.343 euros para o ano 2017, acolléndose á tramitación anticipada de gasto. En total, 243.348 euros.

CIDADE

Unha modificación de créditos establecerá axudas municipais para a instalación de ascensores 4 É a solución proposta polo Goberno local no pleno de xullo para a problemática dun edificio da praza da Cantiga. P. L.

abstención dos de Jácome.

Unha modificación de créditos que cree unha partida orzamentaria para axudas á rehabilitación de edificios e instalación de ascensores é a solución que propuxo no pleno municipal de xullo, o concelleiro de Urbanismo Jesús Cudeiro, á problemática dos veciños da praza da Cantiga. Os socialistas defendían unha moción para solicitar flexibilidade na normativa de subvencións para a instalacións de ascensores, logo de que a Xunta rexeitara abonar a axuda a un inmoble do barrio das Camelias . A causa, retrasos na tramitación debido á paralización da obra por causa dun procedemento xudicial que ao final deulle a razón á comunidade de propietarios. Desde a oposición os grupos reclamábanlle ao Goberno municipal “sensibilidade” e que mediase coa Xunta para que se pagase esta subvención. Un político está para solucionar problemas, insistían tanto o socialista Javier Rey como Pablo Prol, de Democracia Ourensana. O edil de Urbanismo, Jesús Cudeiro, replicáballes que el xa mediara co Instituto Galego de Vivenda e Solo e que, en todo caso, “eu non me vou saltar a lei por moito que me digan vostedes”. De aí, a súa proposta de crear “unha partida orzamentaria de 400 ou 500.000 euros e podere-

Rexeitada a petición de dimisión dos 10 edís do PP A que non prosperou foi a petición de Democracia Ourensana de dimisión dos 10 membros do Goberno municipal, e que desde o PP viron como “unha moción de censura camuflada”. Gonzalo Jácome empezou a súa exposición afirmando que “nos gustaría salvar a algún concelleiro pero foi imposible” antes de comezar a avaliar –negativamente- a cada un dos edís populares. Pronto recibiu resposta do voceiro deste grupo, Pepe Araújo, que defendeu –un por un- o traballo dos seus compañeiros. E mentres, unha emenda do PSdeG – que só apoiou Ourense en Común- propuña como alternativa á petición de dimisións a celebración dun pleno sobre o estado da cidade no mes de setembro. O socialista José Ángel Vázquez Barquero xa adiantou que plantexará á “marea” ourensá a solicitude conxunta dun pleno extraordinario para que teña lugar ese debate. No pleno de xullo do Concello de Ourense tomou posesión da súa acta a nova concelleira de Democracia Ourensana María del Mar Fernández.

Á dereita, a nova concelleira de Democracia Ourensana María del Mar Fernández. mos dar resolución a este expediente e moitos máis”. Os socialistas acolleron positivamente esta solución pero non retiraron a moción, que quedou aprobada cos votos a favor dos tres grupos da oposición e a abstención do PP. Aprobadas dúas ordenanzas Nesta sesión quedaron aprobadas as ordenanzas de limpeza de terreos e de protección contra incendios forestais, e a que regulará a cesión das vivendas de emerxencia social das que dispón o Concello. No apartado de mocións, aprobouse por unanimidade a de Ourense en Común solicitando unha rebaixa do IBI para os próximos exercicios, introducindo novas bonificacións. Tamén quedou aprobada, cos votos de DO, PSdeG e OUeC, a moción socialista para a dotación de persoal especializado na nova RPT para o Centro

de Información á Muller. O PP, por boca de Flora Moure, xustificou o seu voto en contra nas “limitacións legais” á hora de contratar. O mesmo resultado da votación que noutra moción dos socialistas, a que pedía a limpeza da pasarela de Outariz. PSOE, DO e OUeC coincidiron en sinalar que a pasarela se atopa nun estado “lamentable”, mentres que o popular Pepe Araújo reprochoulles aos propoñentes da moción que, en oito anos que estiveron gobernando o Concello, “non limparon ningunha das pintadas da pasarela”. Coa abstención de DO, e cos votos favorables de populares, socialistas e os propios, Ourense en Común logrou sacar adiante a súa proposta de implantación dunha renda social básica. Non así a de medidas en prol do colectivo LGTBI, que contou co voto en contra do PP e a

Non prosperou a petición de dimisión dos 10 edís do PP feita por DO


CIDADE

OURENSE POR Barrios Xullo de 2016

Colectivos da Mesa de Mobilidade requiren unha xestión máis eficaz

O PSOE denuncia que o PP quere recuperar a “vella política” de persoal

4 Nunha xuntanza convocada por PSOE e Ourense en Común.

4 O rexedor atribúe as críticas ao “ambiente preelectoral”.

Redacción

Redacción

Os colectivos presentes na reunión da Mesa da Mobilidade convocada o 13 de xullo por Partido Socialista e Ourense en Común requerirán ao grupo de goberno que mellore a eficiencia e operatividade deste órgano no futuro. Suxiren que se fixe unha periodicidade das reunións, se implementen protocolos como levantamento de actas, recollida de propostas, resolución de achegas e emendas, se definan obxectivos e se doten medios económicos e persoais para a súa consecución, e se mellore a comunicación entre o Goberno municipal e os axentes sociais representados. Á xuntanza acudiron, ademais de representantes de PSOE e OueC, colectivos como a Asociación Miño, Masa Crítica, Sindicato de Policías Municipais, o Comité de Autobuses Urbanos, Amigos da Terra, a Asociación de Persoas con Discapacidade, AAVV Seixalbo ou representantes de CCOO en materia de transporte. Na reunión non participou ninguén do grupo de goberno, que recordou que a oposición non pode “usurpar atribucións que só lle competen ao Goberno municipal” e advertiu que “este intento de utilización partidista e política da Mesa de Mobilidade pode provocar o seu fracaso como órgano consultivo e de traballo”. Tampouco asistiron representantes de Democracia Ourensana -que se des-

O Partido Socialista cre que o goberno de Jesús Vázquez está a intentar recuper a “vella política” de colocación de persoal da era Cabezas con dúas novas contratacións de amigos, familiares e militantes do PP. Refírense os socialistas a dous novos procedementos de contratación abertos nos últimos días, a cobertura dunha comisión de servizo para o posto de Educador Social do CIMM e a contratación dun médico interino para a Unidade de Condutas Aditivas. O voceiro socialista, José Ángel Vázquez Barquero, manifestou en rolda de prensa que “no primeiro caso, a cobertura do posto de Educador Social do CIMM, a cuestión prantéxase coma unha necesidade urxente, sen xustificar a necesidade nin a urxencia; e igualmente, se establece un procedemento e uns criterios de selección que vulneran os principios de igualdade, mérito e capacidade, xa que a Comisión de Valoración estará composta por tres membros seleccionados pola Concellería de Recursos Humanos, sen precisarse os seus nomes na convocatoria”. Asemade, en opinión do gru-

A Mesa da Mobilidade analizou a implantación do transporte metropolitano en Ourense./ARQUIVO. marcara da convocatoria realizada pola oposiciónnin colectivos coma Stop Accidentes -por discrepancias coa convocatoria-.

convocatorias da mesa non se vira reflectido nas accións acometidas, nin se lles informe de se está sendo tido en conta.

Balance Os colectivos presentes concordaron en que a mesa é unha ferramenta “positiva e esencial, de ser realmente participativa”, e lamentaron que o equipo de goberno do PP desaproveite “a oportunidade de escoitar e recoller demandas que poden enriquecer a mobilidade no Concello”, indicaban no comunicado remitido por OUeC. A falta de rigor na periodicidade das convocatorias foi outro dos peros achegados polos presentes, que botan en falta que o goberno estableza un rumbo determinado, “con obxectivos e unha visión de futuro para a cidade, cun cronograma de traballo establecido e unha mellor comunicación e seguimento das accións que se acometen nesta materia”. Estes colectivos criticaron que o traballo achegado en anteriores

Transporte metropolitano e bicicleta Na xuntanza analizouse o tema do transporte metropolitano, coincidindo os colectivos presentes na falta de información sobre as consecuencias, obrigas e deberes derivados da sinatura do convenio. Interpretan que, ao deixar de lado a parte técnica sen definir as paradas, o proxecto “corre o risco de colapsar aínda máis o tráfico na cidade”. En canto ao grupo creado específicamente para o estudo da mobilidade en bicicleta e a pacificación do tráfico, cuestionáronse os seus resultados ao non existir unha folla de ruta definida e unha estratexia global. O colectivo Masa Crítica incidiu en que o carril bici non é a solución para integrar a bicicleta na cidade.

O PSOE presentou dous recursos de reposición contra a convocatoria das prazas

Os edís do grupo socialista Javier Rey, Juana Ageitos, José Ángel Vázquez Barquero e José María García Tejerina./P.LODEIRO. po municipal socialista os criterios de selección son “demasiado xenéricos e imprecisos, limitándose a requirir: experiencia axeitada as funcións do posto, formación tamén axeitada ás funcións do posto, pero sen precisar ningún sistema de baremación”. No caso da contratación dun médico para a Unidade de Condutas Adictivas, subliña Barquero que o Colexio de Médicos de Ourense presentou recurso de reposición en base a que a convocatoria e o decreto da mesma non se axusta á lexislación vixente e á normativa que regula os procesos de selección e contratación do persoal médico. En concreto, refírense a que no tribunal cualificador non figura ningún facultativo ou persoa técnica da mesma especialidade á que optan os aspirantes, é dicir, ningún dos membros do tribunal é médico. En ambas contratacións, o PSOE acordou presentar recurso de reposición,

ademais de poñer o asunto en mans dos seus asesores xurídicos. Resposta do alcalde O alcalde Jesús Vázquez saiu ao paso desta denuncia e situouna no contexto de “ambiente preelectoral” no que nos atopamos. O político popular chamou a atención sobre as contradicións do PSOE, que no pleno deste mes acusaba ao Goberno local “de que estabamos case pechando o CIMM por falta de persoal”. “Demóstrase que se viña traballando na substitución dunha persoa que se xubilou, o propio interventor considera que é necesaria e corresponde dotar esa praza, e en base á ficha, que non cambiou un ápice e promoción interna, nós convocamos esa praza”, explicou o alcalde. Jesús Vázquez insistiu en que as dúas prazas “levan todos os informes xurídicos e de intervención que xustifican a urxencia e a necesidade”.


10

OURENSE POR Barrios Xullo de 2016

CIDADE

Solicitan unha xornada de portas abertas para a Praza da Ponte 4 Os socialistas consideran “nula” a mesa de traballo sobre o mercado. Redacción O grupo municipal socialista considera “nula” a mesa de traballo constituída no Concello de Ourense sobre a Praza de Abastos da Ponte. Os socialistas explican nun comunicado que “transcorridas dúas reunións seguimos no mesmo punto de partida, coas mesmas solucións por riba da mesa: xestión integral ou xestión mixta. E o máis grave aínda, a concelleira de Comercio Ana Morenza pretende que sexan os grupos da oposición os que lle dean a solución para poder reabrir a praza, cando a súa obriga é prantexar propostas e acadar un consenso e unha viabilidade para poder ser levadas a cabo”. Por iso, dende o PSOE solicitan ao Goberno municipal a posta en marcha dunha xornada de portas

Un dos postos, aínda baleiros, da Praza de Abastos da Ponte, ano e medio despois da súa rehabilitación. abertas no mercado pontino, co fin de que empresarios que poidan estar interesados no proxecto poidan coñecer de primeira man o seu interior e estudar a presentación de alternativas para a súa futura explotación. Ademais, desde o PSOE lémbranlle ao alcalde os “prexuízos económicos que está a ocasionar o mantemento do peche da Praza aos veciños, comerciantes

e hostaleiros do barrio”, co fin de que asuma as súas responsabilidades, goberne e prantexe unha iniciativa común, sen agardar a que os grupos da oposición “lle resolvan sempre a papeleta”. A mesa de traballo fora solicitada por PSOE e OUeC en maio para desbloquear a situación da Praza, cuxa rehabilitación rematou en xaneiro de 2015.

OUeC suxire a apertura e uso do antigo cárcere 4 Manter o edificio sen uso continuará co deterioro, alertan. Redacción Ourense en Común suxire que se lle dea un uso, aínda que sexa temporal, ao antigo cárcere, cuxo estado de ruína volve de novo á actualidade tras un desprendemento da cornixa que obrigou a cortar ao paso de peóns un tramo de beirarrúa, Ao remate da última xunta de área de Urbanismo, o voceiro de OUeC Martiño X.V Vázquez, reflexionaba sobre o futuro da antiga prisión do Progreso: “a actuación de seguridade que se vai acometer na edificación, é un moi bo momento para que o espazo e a propia intervención teñan un retorno para a cidade, e que, aínda que sexa temporal, o cárcere teña un uso”. Este partido suxire deseñar un proxecto, habilitar unha partida orzamentaria, que aumentaría a prevista a día de hoxe

para o apuntalamento da edificación a efectos de seguridade, e permitir que o cárcere se abrise, e “se no futuro se desenvolve o PERI das Burgas e se destina a outro uso, alomenos teríamos aproveitado os recursos e o propio espazo, pechado desde hai case 30 anos.” Tardanza en cortar a beirarrúa O voceiro da “marea” ourensá aproveitou para denunciar que o PP mantivera aberta a beirarrúa de Progreso á circulación durante case dous meses desde que en maio un informe do arquitecto técnico indicaba que era “imprescindible” o peche dado o estado do beirado e dos revestimentos da fachada mentres non se instalase unha marquesiña de protección que protexese a vía ou se realizase a reparación do inmoble. “Por sorte non pasou nada, pero non pode ser que

O antigo cárcere leva case 30 anos pechado. nos escudemos en que non hai persoal nun problema de seguridade cidadá, para que os propios servizos do Concello non actúen con outra urxencia. Estudaremos o informe para esixir e as responsabilidades oportunas a nivel técnico e político”, apuntaba Vázquez.


VERÁN especial

A oferta do “Verán Cultural” limítase a concertos 4 As actuacións serán todos os xoves de xullo a setembro na praza de San Martiño. Redacción 14 actuacións ao longo dos meses de xullo, agosto e setembro é a proposta de lecer que organiza a Concellería de Cultura por segundo ano baixo o lema “Verán Cultural”. A praza de San Martiño será a ubicación dos concertos, un espazo que se presta especialmente. “A praza é pequena, pero acolledora, e cunhas escaleiras que fan de anfiteatro, o que converte o espazo en moi acaído para este tipo de actos”, dicía Manuel Freire, técnico da Concellería, antes de presentar o calendario, nunha rolda de prensa na que estivo acompañado pola concelleira de Cultura, Belén Iglesias. Os concertos comezanron o pasado xoves 14 con De Vacas. O xoves 21 de xullo haberá unha excepción: Asacocirco, unha actuación de teatro que combina tamén malabares e lume. A seguinte cita musical será o 28 de xullo con A Banda da Balbina, que xa tocaran o verán pasado. Xa en agosto, o día 4 actuará Vaia Trío, o día 11 Uxía e Narf, o día 18 Samuel Leví y los niños perdidos, e o 25, Los Mecánicos. O 16 e 17 de agosto serán outras dúas excepcións neste calendario. Son as datas das Xornadas de Folclore, e do concerto de Silvia Alonso. En ambos

OURENSE POR Barrios Xullo de 2016

11

Ioga urbano e actividades acuáticas, alternativas de lecer para a xuventude 4 No programa Embárcate 2016. Redacción

A concelleira Belén Iglesias e o técnico municipal Manuel Freire presentaron o “Verán Cultural”./P.LODEIRO. os dous casos o escenario será a praza Maior. No mes de setembro, o xoves 1 tocarán Delicatessen Group, o xoves 8, Fado Violado, o xoves 15, Rosa Cedrón con Emilio Rúa, o xoves 22, Tonichi y Pacheco (que tamén repiten do ano pasado) e finalmente o xoves 29 Sleepwalker despide a programación. Horarios Todas as actuacións son ás 23 horas (agás os con-

certos de setembro, que se adiantan ás 22 horas, e o de Silvia Alonso, que será ás 22:30 horas) e teñen carácter gratuíto. A edil de Cultura agradeceu “a implicación da Xunta de Galicia, que a través de Agadic impulsa a maior parte dos concertos dos xoves, da Deputación, coas Xornadas de Folclore, e tamén dos hostaleiros da praza de San Martiño, que programan dúas actuacións”.

A Concellería de Xuventude lanzou este verán o programa Embárcate 2016, unha alternativa de lecer para a mocidade de Ourense durante os meses de xullo e de agosto. Os seus obxectivos: fomentar a actividade física e os hábitos saudables, adquirir valores coma o respecto á contorna natural, o compañeirismo e o traballo en equipo, así como a afición polas actividades deportivas acuáticas e a natureza, o patrimonio etnográficocultural e a conservación do medio ambiente. Porén, o máis importante é “ofertarlles actividades de tempo libre como alternativa de lecer durante as fins de semana aos mozos”, en palabras da concelleira Sofía Godoy. Saudando ao sol Vivir o verán na cidade pode chegar a ser certamente estresante, por iso Embárcate propón experimentar o ioga e a meditación nun espazo urbano libre de asfalto. Sesións de ioga e pilates, relaxación e meditación series dinámicas, adaptadas ao grupo, de fortalecemento, estiramento e harmonización dos chakras coa fin de lograr una maior consciencia corporal, claridade mental e saúde física e emocional. Esta

Cartel das actividades de Embárcate.. actividade vai dirixida a maiores de 15 anos e hai 20 prazas. Desenvolverase luns e mércores de xullo e agosto en horario de 10:30 a 12 horas no parque do Barbaña e na zona do Tinteiro. Sábados de Aventura Os Sábados de Aventura propoñen dúas actividades: barranquismo e rafting. O barranquismo pasa por ser unha das actividades de aventura máis completas e emocionantes, xa que consiste en descender pola canle dun río camiñando, saltando, nadando, e permitindo coñecer lugares de riqueza natural única. Co rafting, descenderase o río Miño a través de augas bravas navegando en balsa inchable, e dirixidos por un guía. Ambas actividades son para 20 persoas maiores de 18 anos. Estas actividades realizaranse en Arbo o sábado 23 de xullo, e precísase za-

patillas con sola de goma ou escarpíns, bañador, camiseta, toalla, roupa e calzado para cambiarse, crema solar e gafas de sol. O Miño en Kaiak Por último, proponse un paseo polo río Miño en kaiak dende Castelo de Miño até o Balneario de Laias, onde os participantes poderán acceder á piscina termal. Hai 20 prazas para maiores de 18 anos para unha actividade que terá lugar o sábado 9 de agosto. Coma no caso anterior, só é preciso levar zapatillas con sola de goma ou escarpíns, bañador, camiseta, toalla, roupa e calzado para cambiarse, crema solar, e gafas de sol. As prazas nas actividades, que son completamente gratuítas, asignaranse por orde de inscrición na OMIX de Ourense (praza San Martiño) ou no correo electrónico xuventude@ourense.es.


12

OURENSE POR Barrios Xullo de 2016

especial VERÁN

DO 23 AO 25 DE XULLO

Máis que tres días de festas na Ponte 4 Os fogos artificiais foron cancelados en previsión de altas temperaturas. P. L. Os integrantes da comisión das festas da Ponte, Sindo Alonso e Pablo Prol, acompañados da concelleira de Cultura, Belén Iglesias, presentaron o programa dos festexos de Santiago Apóstolo do barrio pontino. En principio eran tres días de celebracións -23, 24 e 25 de xullo- que se estenderán finalmente a cinco, ao incluír na véspera –día 22- unha festa organizada por unha emisora de radio- e concluír o día 26 cunha xuntanza de confraternización veciñal. Esta xuntanza é a alternativa proposta pola comisión de festas ante a decisión de suspender os fogos artificiais debido ás altas temperaturas previstas para a fin de semana. “O máis responsable é cancelalos para non correr ningún risco”, explicaba Pablo Prol. As festas contan cun orzamento que ronda os 30.000 euros, dos cales 15.000 euros son achegados pola Concellería de Cultura e irán destinados a sufragar tres das seis orquestras do programa. O Concello de Ourense axuda ademais achegando unha charanga que anime ás rúas do barrio e con permisos e temas de seguridade. As orquestras instalarán os seus escenarios na avenida de Santiago á altura do Instituto 12 de Outubro e na avenida de Marín á

A XXXI Xuntanza de Gaiteiros realza o programa das festas 4 O encontro terá lugar o 24 de xullo a partir das 21 horas na ponte Romana. P. Lodeiro

A concelleira de Cultura Belén Iglesias entre os integrantes da comisión de festas da Ponte, Pablo Prol e Sindo Alonso./P.LODEIRO. altura do número 35. As atraccións repartiranse, coma en anos anteriores, pola avenida das Caldas, Basilio Álvarez e San Rosendo. Programa En detalle, o venres 22 de xullo celébrase a Festa Radio Líder, coa final do concurso de karaoke, exhibicións de baile infantil, zumba e danza oriental, e actuación dun DJ. O sábado 23 inaugúranse oficialmente as festas co pregón a cargo dos xornalistas pontinos Juan Maceiras de Cope e Ricardo Alonso de Radio Galega. Haberá verbena en sesión de tarde e noite coas orquestras Capitol e Podium, e actuación da Coral Alecrín ás 21:30 horas no palco das orquestras. O domingo 24 de xullo terá lugar a partir das 21 horas a Xuntanza Interna-

cional de Gaiteiros, ao carón da ponte Romana. As orquestras que animarán a velada serán Royal Espectáculo e Arabia. O luns 25, xornada festiva, comeza a mediodía con misa solemne e procesión na honra de Santiago Apóstolo, coa Real Banda de Gaitas da Deputación. Ao remate, haberá recepción ás autoridades no parque da Ponte. Pasarela e Noche de Gala son as dúas orquestras que tocarán esa tarde-noite. E finalmente o martes 26, Día de Santa Ana, despedirase os festexos cunha xuntanza de confraternización no parque ao carón da Ponte, con previsiblemente “unha actuación musical, uns pinchos e actividades para os rapaces coma hinchables ou festa de escuma”, adiantaba Sindo Alonso.

No apartado deportivo, os días 23, 24 e 25 de xullo haberá maratón de fútbol sala na pista do colexio da Anexa. E repartiranse 1.120 euros en premios. Previsión para 2017 O presidente da comisión de festas, Sindo Alonso, agradeceu a colaboración de veciños, comerciantes e administracións por facer posible a continuidade desta tradicional celebración, “unhas festas de rúa que son un referente para moitas xeracións”, sinalou a edil de Cultura. Alonso tamén emprazou aos interesados a reunirse, conformar unha comisión de festas máis ampla e empezar en setembro “a buscar recursos económicos” para a edición do ano próximo.

Por segundo ano consecutivo, a XXXI Xuntanza de Gaiteiros terá unha cita nas festas da Ponte. Recordando que foi precisamente neste barrio ourensán onde naceu hai 31 anos este encontro de gaiteiros e bandas de gaita, a Real Banda de Gaitas da Deputación repite a experiencia do ano pasado e volverá levar este evento, declarado de interese turístico e cultural, á ponte Romana. Será o 24 de xullo ás 21 horas, en plenas festas de Santiago do barrio pontino. O escenario estará colocado no parque situado ao lado ponte Romana, que se atopa actualmente en obras, circunstancia que non afectará ás actuacións, aínda que si limitará o acceso polas escaleiras situadas ao carón da ponte. Con todo, “ese desfile pola ponte Romana vai ser todo un espectáculo”, resaltaba o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, na presentación do evento. Abrirá o acto a interpretación do himno da xuntanza. Despois, está previsto que actúen a banda Devandoira de Lugo, os gregos de Eugenia Panta, o gaiteiro cán-

Presentación da Xuntanza. tabro David López García, o coruñés Pepe Temprano, Jarig Platinga de Holanda, as cantareiras da Real Banda, o asturiano Daniel García de la Cuesta, o dúo xaponés-galego conformado por Mikiko Watanabe e Antón Varela, os portugueses de Lua Nova-Gaiteiros de Mogadouro, e a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense. No transcurso do evento homenaxearase ao gaiteiro Pepe Temprano, “unha persoa que se dedicou toda a vida a coleccionar gaitas”, explicaba o director da Real Banda, Xosé Lois Foxo. Como actos previos, haberá unha exposición de gaitas e instrumentos antigos da colección de Pepe Temprano, do 22 ao 25 de xullo, na Escola Provincial de Gaitas, e unha conferencia sobre a gaita no mesmo lugar o 24 de xullo ás 12:30 horas.


VERÁN especial

OURENSE POR Barrios Xullo de 2016

13

Barbadás aposta pola cultura feita en Galicia 4 No seu programa de verán. Redacción A concelleira de Cultura de Barbadás Ánxela González e o coordinador cultural Alfonso Blanco presentaron o programa “E no verán?…Refréscate coa cultura” que comezou a finais de xuño coa actuación da Escola de Música e rematará o 8 de setembro. “Trátase dun programa moi ambicioso realizado con menos recursos que en anos anteriores grazas ao esforzos do persoal e a que reorientamos moito traballo facéndoo con medios propios e non externalizando. Cabe destacar tamén o cambio de concepción de programación cultural xa que fuximos de espectáculos faraónicos e tivemos unha programación máis participativa que contou ademais co movemento cultural do Concello ao longo de todo o ano”, indicou a nacionalista Ánxela González. A programación que se presenta baixo a denominación “Refréscate coa Cultura” abrangue actividades para todo o verán de xeito permanente e constante. Cada xoves ás 21 horas, un parque ou unha praza da Valenzá acollerán unha programación aberta a todas as idades, gustos e sensibilidades xa que ao longo deste tempo haberá música, teatro, maxia, cinema, pallasos, circo ou contacontos. “Contaremos con Peter Punk, Blues do País, Isabel Risco ou Luis

Os colectivos que integran Escua presentaron o veranEarte./P.LODEIRO.

31 eventos no veranEarte que organiza Escua O coordinador cultural de Barbadás, Alfonso Blanco, e a concelleira de Cultura Ánxela González Cid, presentaron a programación estival. Iglesia e Xabier Deive, entre outros moitos. O remate será co grupo De Vacas”, detallou a edil. “Apostamos pola cultura feita en Galicia e en galego porque consideramos que como administración pública debemos comprometernos con ese gran caudal de creatividade que temos no país e que se esforza por facer produtos de enorme calidade que queremos que a xente de Barbadás coñeza e disfrute” indicou a política do BNG. Esta programación complementarase por vez primeira con actividades culturais por todas as parroquias para que a xente de idade que non poida

trasladarse tamén poida ocupar o seu ocio, así como con actividades de animación á lectura na piscina municipal, que contará co servizo de Bibliopiscina e contacontos, e mesmo cun obradoiro de cinema. Actividades en xullo Neste mes de xullo quedan aínda tres eventos. O xoves 21 de xullo, haberá teatro con Boneca Lareta, ás 21 horas no parque da Solaina; o xoves 28 música con Brincavai! no parque dos Patos, ás 21 horas; e finalmente o venres 29, proxección da película “Os Fenómenos”, ás 22:30 horas no parque da Solaina.

4 Por sétimo ano consecutivo música, cinema, roteiros, obradoiros e performances reivindicativas manterán activa a cidade. P.L. Cun obradoiro express de baile e un concerto na Alameda daba comezo a programación veranEarte que 18 colectivos culturais e sociais da cidade, englobados en Escua, propoñen para pasar o verán en Ourense. Por sétimo ano, Escua, o Espazo Cultural Asociativo de Ourense, pon en marcha este programa de eventos culturais e de ocio para os meses de xullo e agosto, co acento posto nun lecer reivindicativo feminista e ecoloxista, no que se inclúe unha trintena de actividades. Entre as novidades deste verán, as Xornadas pola libertade do 4

de agosto, que se realizarán na Galleira, El Pueblo Café Cultural e a praza Pena Vixía. Non faltará a cita clásica coa que Escua despide o verán, o FIB (Festival Intercultural do Barbaña), o festival “máis cómico e irreverente”, previsto para o 1 de setembro na praza de San Marcial. O FIB ofrecerá un ano máis unha selección de versión interpretadas en diretos nas que se dará conta da realidade política e social local en clave de cantiga de escarnio. Entre mentres, haberá moita música: a próxima cita é o concerto de O Leo i Arremecághona! o 26 de xullo. El Gueto con Botas tocarán o 2 de agosto, as Cantigas que espantan se-

rán o 10 de agosto, a actuación de Three Dogs o 16 de agosto, os Ulträqäns o 23 de agosto e Bergallazo o 30 de agosto. E tamén roteiros (o 18 de agosto “A horta da terra” desde o Polvorín); a celebración da Festa da Patria o venres 22 de xullo e do Día da Galiza Mártir o 17 de agosto, dúas performances (o 27 de xullo e o 9 de agosto), dúas bicicletadas (o 28 de xullo e o 25 de agosto, con saída da Subdelegación do Goberno ás 20.30h); e proxeccións de cine (os días 1, 8, 22 e 29 de agosto, ás 22 h na praza de San Marcial). Unha conferencia sobre “A bicicleta, outro xeito de viaxar” e a exposición “Belauriarte” completan a oferta.


14

OURENSE POR Barrios Xullo de 2016

especial VERÁN

4AXENDA

4PASATEMPOS

Música - 28 de xullo- Concerto de A Banda da Balbina 23 h- Praza San Martiño - Do 1 ao 5 de agosto - III Festival Hércules BrassClaustro do Mosteiro (Celanova) - 4 de agosto - Concerto do grupo Blues do País 21 h- Parque da Solaina (Barbadás) - 4 de agosto - Concerto de Vaia Trío- 23 h - Praza de San Martiño - 11 de agosto - Concerto de Uxía e Narf- 23 h - Praza San Martiño - 17 de agosto- Concerto de Silvia Alonso - 22:30 h- Praza Maior

SUDOKU FÁCIL

Exposicións - Ata o 8 de agosto- Exposición “José María Cao Luaces, un galego patriarca da caricatura arxentina” - Sala Valente - Ata o 12 de agosto - Eposición “Carpet diem”- Sala Alterarte - Ata o 15 de agosto- Exposición “A alegría da cor” - Centro Cultural Marcos Valcárcel - Ata o 25 de setembro - Exposición ‘Coeur d’armazigh’ de Nuria Guardiola- Museo Municipal - Ata o 30 de setembro - Exposición “La imagen fantasma” de Tamara Feijóo - Galería Marisa Marinón (Ourense) Teatro - Ata 24 de xullo - XXXII Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia - Diversos emplazamentos da vila Deportes

SUDOKU DIFÍCIL

XEROGLÍFICO

- 28 de xullo - Encontro fútbol sala España-Exipto - 20:30 h - Pazo Paco Paz Espectáculos - 11 de agost o - Espectáculo “A mil e unha noites”- 21 h- Parque dos Patos (Barbadás) - 16 de agosto - XXXIII Xornadas do Folclore- 23 h- Praza Maior www.periodicobarrios.com

ENCRUCILLADO

Como consegues manterte en forma?

Horizontais: 1: Parte da historia natural que estuda os minerais. 10: Serie de anos que comeza cun grande acontecemento histórico. 11: Existes. 12: Ao revés, cantar os paxaros. 13: Acción de pasar as uñas por algo, rañando. 16: Cacho, pedazo. 17: Siglas de Asociación de Pais de Alumnos, no pasado. 19: Ao revés, prefixo negativo. 20: Sacasen a alguén o que tiña ou desexaba. 23: Facer ocos. 25: A metade de dentes. 26: O que se berra cando o xogador acerta a meter o balón na portería. 27: Deixases de barullar. 30: Alí hai boa herba e pacen as vacas. 32: Terminación de infinitivo. 33: Pasase repetidamente por unha pedra para que cortase mellor. 35: Peixe saboroso e moi apreciado. 37: Mete medo a quen cre velo, mais non se toca. 39: Ao revés, percibe pola vista. 40: Ao revés, apoloxía, discurso que eloxia. 41: Aplana, pon liso.

Verticais: 1: Aquel que escribe a máquina. 2: Con segunda intención, sarcástico. 3: Veña ao mundo, comece a agromar. 4: Ao ..., en torno a, á volta de. 5: Ao revés, utiliza. 6: Reza. 7: Adverbio de tempo. 8: Dous, para o poeta Virxilio. 9: Nivelas, igualas. 14: Letras de parca. 15: Indico, descubro o ignorado. 17: Cara do dominó que ten un só punto. 18: Letra. 24: Relativa aos Alpes. 27: Casarío. 28: Pasa de dentro a fóra. 29: Non acertes, falles. 31: Bicho pequeno e noxento, afeccionado ao queixo. 34: Nota musical. 35: Principio oposto ao Ben. 36: Ovario de peixe. 38: Que non é boa.


VERÁN especial

OURENSE POR Barrios Xullo de 2016

Inscrición aberta para o campamento urbano de Amencer

Chapuzóns contra a calor Redacción

4 Non hai límite de prazas. Redacción Do 1 ao 11 de agosto a Asociación Xuvenil Amencer organiza, coa colaboración da Concellería de Xuventude, o seu campamento urbano infantil e xuvenil. Este ano o lema escollido é “Coa cidade somos máis!”, co obxectivo de fomentar entre os máis novos a idea de que coa axuda e a achega de todos Ourense mellora. Así, xa están deseñados nove días completos de actividades pola mañá e pola tarde para os menores de 16 anos e pola tardenoite para os maiores de 15. Os horarios do campamento van de 10:30 a

13:30 horas e de16:30 a 19:30 horas para os máis cativos e para os maiores de 15 anos dende as 22:30 ata ás 00:00 horas. A base do campamento urbano será, como xa é tradicional, no colexio salesiano. Inscrición A preinscrición no mes de xullo realizarase nos locais de Amencer nos baixos do colexio salesiano de 9 a 15 horas de luns a venres. A preincrición é gratuíta e non hai número limitado de prazas. Os interesados pódense inscribir durante o campamento urbano, incluso ata o último día, o xoves 11 de agosto.

15

Os menores realizaron xogos e bailes na praza Maior./RAMSÉS.

Festa de convivencia das actividades de verán Con motivo do remate da primeira quincena das actividades de verán organizadas pola Concellería de Educación, ao redor de 300 nenos e nenas de entre 6 e 12 anos dos catro centros de ensino da cidade que abren as súas portas durante este mes (CEIP Mestre Vide, CEIP Amadeo R. Barroso, CEIP O Couto e CEIP Prácticas) realizaron unha xornada de convivencia na praza Maior. Acompañados dos seus monitores, gozaron dunha mañá diferente e chea de diversión na que houbo música, xogos, bailes e moitas sorpresas. O obxectivo principal destas actividades (que se realizaron nestes centros educativos nun horario ampliado en media hora á entrada e á saída en relación a anos anteriores) é facilitar a conciliación da vida laboral e familiar das familias da cidade, ofertándolles aos rapaces propostas variadas que sexan educativas á vez que lúdicas.

Coa chegada do verán e as elevadas temperaturas os ourensáns adoitamos buscar refresco nas piscinas da cidade. Unha opción son as instalacións exteriores de Oira, que permanecen abertas ao público ata o 11 de setembro en horario de 11 a 21 horas, sendo o acceso libre e gratuíto. Horario que comparte coa piscina exterior dos Remedios de luns a sábado; mentras que os domingos abre de 11 a 14 horas, salvo xullo e agosto. Pero neste caso para acceder hai que contar co abono do pavillón. Pola súa banda, os veciños de Barbadás poden gozar na época estival da piscina dos Carrís, que abre tamén de 11 a 21 horas todos os días de verán.


16

OURENSE POR Barrios Xullo de 2016

ECONOMÍA, EMPREGO E EMPRESAS

La Molinera contará con espazos coworking 4 O acordo beneficiará a emprendedores que se atopen constituíndo a súa empresa ou nunha fase moi temperá de creación.

4 O polígono conta con 500 traballadores. Redacción

Redacción O Concello de Ourense, a Escola de Organización Industrial (EOI) e a Deputación Provincial coopererarán na instalación de espazos coworking no Centro de Coñecemento La Molinera. Trátase dunha iniciativa conxunta de apoio ao emprendemento e á xeración de emprego que estará dotada cun orzamento de 800.000 euros. Os espazos coworking están concebidos para emprendedores que se atopen constituíndo a súa empresa ou nunha fase moi temperá de creación, non superior aos seis meses desde a constitución. Neste sentido, o emprendedor recibirá un apoio integral durante os cinco meses que estará “acelerando” o seu proxecto. O programa contará con catro convocatorias sucesivas, estando xa aberto o prazo de inscrición, ata o 29 de xullo, na primeira edición de “Espazos Coworking” que permitirá impulsar 22 proxectos de

Conde sinala o polígono dos Coiñás como un dos referentes industriais

O concelleiro Jorge Pumar e Francisco Bayón, director xeral da Escola de Organización Industrial. emprendedores. Os emprendedores participarán no programa durante un período de cinco meses, durante o cal disporán 40 horas de tutoría personalizada e participarán nunha ducia de actividades formativas sobre temas empresariais, algunhas delas abertas a calquera empresa local, para pechar a súa participación ca presentación pública do seu proxecto ante expertos e posibles inversores no

DemoDay. Para o concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar, “trátase dunha inversión histórica, moi importante, polo que animo a aquelas persoas que teñen inquedanzas e iniciativas empresariais a participar neste programa gratuito”.

Está aberta a inscrición na primeira edición

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalo ao polígono industrial do Vinteún como un dos referentes industriais da provincia ourensá, sumando preto de 500 traballadores e contando con empresas punteiras e internacionalizadas, que levan a marca Galicia por todo o mundo. Conde reuniuse cos empresarios do parque industrial para analizar os seus proxectos de futuro, as súas necesidades para impulsar a competitividade do polígono, e os eidos de mellora “nos que podemos traballar xuntos para crear emprego”. Ese traballo conxunto, dixo o conselleiro, será clave para que “Ourense sexa cada vez máis industrial”, consolidando ao polígono como un dos piares fabrís da comarca. Símbolo desa posición de referencia, dixo Conde, é o Grupo Cuevas, que tamén visitou o conselleiro. “Unha empresa familiar

Francisco Conde nas instalacións do Grupo Cuevas no polígono do Vinteún./R.TORRES. de cuarta xeración que o ano que vén cumprirá 150 anos”, e que conta cunha presenza en 27 países dos cinco continentes. Conde puxo ademais á compañía como exemplo de compromiso co emprego, resaltando que conta con máis de 400 traballadores, e que experimentou un impulso á contratación constante nos últimos anos. Durante a súa visita, o

A CEO busca fórmulas de financiación 4 Ante a caída dos ingresos por formación. Redacción A Confederación Empresarial de Ourense (CEO) celebrou Asemblea Xeral Anual, na que foi ratificado o orzamento para para o presente exercicio, que ascende a 1,21 millóns de euros, un 1,29% menos que o ano pasado. O presidente da entidade, José Manuel Pérez Canal, informou que para suplir a falta de fondos destinados a formación,

a CEO puxo en marcha unha web e unha aplicación para móbiles con información diaria sobre ofertas de emprego e nas que se pode consultar a axenda de accións formativas en preparación e mesmo inscribirse nelas, tendo tamén os usuarios á súa disposición unha sección con noticias relacionadas co ámbito laboral. A iniciativa figura dentro do programa Ceojobs, que xunto coas misións inver-

sas previstas nos próximos meses e o proxecto Ideolab, un laboratorio de ideas baseado na divulgación da cultura do emprendemento entre escolares, constitúen alternativas para contribuír ao mantemento da actividade da CEO, pese ao sensible descenso das partidas destinadas a formación. Descenso das contas dun 65% en 8 anos As contas da CEO en 2016 están 2,25 millóns

Francisco Conde e José Manuel Pérez Canal./RAMSÉS. por baixo das manexadas no exercicio de 2008, o que significa un descenso do 65,06% nese período. Desta diferenza,

2,06 millóns pertencen aos capítulos de subvencións e proxectos, que sufriron unha redución do 69,71%.

conselleiro destacou que Galicia pechou xuño con 21.742 desempregados menos que no mesmo mes de 2015, e apuntou como unha das causas o bo ritmo na creación de novas empresas. Neste senso, puxo a Ourense como exemplo dese círculo virtuoso que permitiu que no que levamos de ano se teñan creado na provincia máis de 270 empresas, preto dun 15 % más que en 2015.

No seu informe á asemblea, o presidente destacou que “a pesar das dificultades”, o último ano “foi fecundo para a CEO, xa que organizamos máis de 200 actos de distinto tipo, que reuniron a 3.900 persoas. Así mesmo, impartimos 9.295 horas de formación; convocando a 854 persoas a través do Programa Integrado, con 100 seleccionados e 58 recolocados; impartimos 49 cursos aos que asistiron 1.035 alumnos, en tanto que en Orientación Laboral foron atendidas 831 persoas. En canto a internalización, dedicamos 26 eventos, 63 accións de apoio, houbo 71 empresas participantes e fraguaron 7 acordos comerciais”.


ARTIGOS

4DIARIO DUNHA EMIGRANTE

O mundo sempre foi un lugar complicado para vivir; máis ou menos, dependendo de onde nazas ou de que apelido, sexo ou cor de pel teñas. Non é que o mundo en si sexa un lugar complicado. Xa sabedes: facémolo, fano. Ao que estamos a asistir en Francia en estado de shock e estupefacción é ao final dunha época na que a seguridade persoal dábase por conquistada, a liberdade era o noso pan de cada día, e as fronteiras soñábanse cousa do pasado. E digo estamos porque, tras moitos anos de expatriada, síntome europea, e Francia non son eles, senón nós. Desde aquela mañá fatídica de setembro do 2002, o noso imaxinario social

“Nun estado de máxima alerta que ameaza con ser perpetuo, todos estamos no punto de mira dunha horda de bárbaros nihilistas”

Encollidos llantes actos de terror non só queren complicarnos o mundo -máis se cabe- senón que están a ter un papel decisivo en como vai ser a Europa dos anos vindeiros. Non está fóra de lugar que hoxe todos nos sintamos uns pouco franceses, xa que os seus valores son os nosos. O mundo que lle queren arrebatar é o noso. Nunha guerra -porque isto é unha guerra en todo regra- ningunha parte está enteiramente exenta de culpabilidade. Con todo, nesta hora fatídica, debemos de estar máis unidos ca nunca para atopar solucións que, sen minguar as nosas liberdades esenciais de civís, consigan facer fronte a este escenario de guerra sucia. A dúbida só alimentará e dará carrerilla aos nosos inimigos. E, sinxelamente, non poden vencer. Raquel Sertaje

4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

A roupa a clareo As beiras dos ríos Miño, Barbaña e Loña eran os lugares onde, as mulleres, realizaban a ardua tarefa do lavado. Sabañóns, artrite e lumbalxia, as consecuencias de traballar, de xeonllos, nun espazo húmido e frío. A roupa branca, sen torcer, portábase nunha bañeira ata un campo onde se estiraba sobre a herba. Alí quedaba un día enteiro, xa que, a acción do sol e da lúa sobre a mesma, contribuía ao seu branqueamento. Cando se colocaban os téxtiles ao sol había que botarlles auga de cando en vez para que non se puxesen tesos (non encoirasen).

A roupa branca, sen torcer, estirábase na herba

17

4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS

Un mundo secuestrado foi lentamente secuestrado por un estado de angustia, paranoia colectiva, desconfianza e atrincheramiento en filosofías de extrema dereita. Ese terror psicolóxico vaise alimentado a pequenas doses letais por atentados que, de forma indiscriminada, conseguen sementar máis medo, máis dúbida, máis caos e incerteza na nosa sociedade, non perfecta, pero democrática. Nun estado de “máxima alerta” que ameaza con ser perpetuo, todos estamos no punto de mira dunha horda de bárbaros nihilistas empeñados en levar a cabo un plan de vinganza criminal cuxo único obxectivo é aniquilar a nosa forma de vida. Por se xa non tivésemos suficientes retos, seme-

OURENSE POR Barrios Xullo de 2016

Como choraba a cadeliña cando saímos o pai e eu para coller o tren que me levaría a Castela, esa terra que foi feita de barro e de ceo, que se mira tan lonxe para ver todo chan, mirar tan lonxe para non ver as árbores, nin os niños, nin congostras, nin balados, nin silveiras, non ver o verde das xestas, nin as flores amarelas dos toxos. Levábame lonxe aquel expreso das once, que cando pasaba por enriba de Ribas do Asneiro marcaba a hora de irse a cama, eu antes pensaba que só servía para iso, para que viñera o sono e a avoa cantara “ven Pedro Chosco a este meu olliño e de aquí a un pouco vénteme a este outro”, pero agora a avoa xa non estaba, seica se foi para un sitio mellor onde din que está tamén a mamá, e xa non teño quen me cante o Pedro Chosco, nin quen me faga a bola preñada de chourizo no forno da Casa de Blanco, non sei para onde a levaron os anxos. O pai tamén mollou o ollo cando me deu os bicos no andén da Estación de Botos, el facía que estaba ledo, pero non ría polos ollos nin torcía o mostacho ensinando os dentes de enriba, non

“Cando deixei de chorar o tren xa estaba lonxe”

estaba como sempre, estaba mancado, pero fíxose o forte e eu tamén. Era polo meu ben, ía co tío Javier e ca tía Consuelo para Valladolid, alí podería estudar nunha escola de pago, facer unha carreira e ser un home de proveito, os tíos non tiñan fillos, correrían cos gastos, e para un neno de nove anos quedar só co pai na aldea non era un bo futuro. O tren asustoume, era moito máis grande de cerca, fumegaba pola veira dos raís e soltaba chispas mentres freaba, un ruído estridente escapaba da máquina como se toleara de súpeto, o xefe da estación acenaba co banderín vermello como se unha bolboreta puidera deter á besta de ferro. Con aquel uniforme o señor Losada, así se chamaba, parecía moito máis alto, máis fachendoso que cando botaba a partida de tute arrastrado na taberna do Viso. Subiron as maletas, unha grande e tres pequenas e despois a min, púxenme na fiestra para ver ao pai que ficaba encollido mentres me dicía adeus coa mau, o xefe da estación ondeaba outra vez o estúpido banderín, parecía que estaba parado todo, como se o mundo parara aquela noite na estación de Lalín, o reloxo marcaba as once menos cinco, en cinco minutos pasariamos por diante do Prado de Carrón, por enriba da ponte, pero eu non podería baixar e coller as amoras,

nin subir á cova do terraplén a xogar aos tesouros piratas. Aquela máquina levaríame lonxe de todo o que quería. Votei a correr cara a porta pero o tren xa arrincara, as portas pechadas, xa non podía fuxir. A tía colleume no colo e aloumiñoume, as bágoas esvaraban ata a miña boca deixaban un gusto a sal e a tristura, sentinme o máis desgraciado dos nenos pobres, por moi pobre que un neno sexa non se lle pode quitar ao pai, ninguén ten dereito a romperlle o corazón. Cando deixei de chorar o tren xa estaba lonxe, nin tan sequera puidera mirar pola fiestra para votar unha ollada a miña aldea querida, chorei por min e por todos os orfos, chorei pola nai que perdín e pola avoa que se foi, chorei pola cadeliña que tanto xogaba comigo, pero chorei moito máis polo pai que quedaba dobrado naquel andén, aquel que mollaba por min o ollo, mentres lle arrancaban as entrañas. Non tardaría moito en voltar aos balados, ás silveiras, ás covas, ao río, aos prados, á miña casiña de Blanco, á miña cociña de lareira, ás vacas e ao cabalo, ás tardes na eira de Mingote, a tantas e a tantas cousas, e máis que a nada voltar aos brazos do meu paiciño, aquel que non se estirou de todo ata que me tivo outra vez consigo. Avelino Jácome

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

Alfredo Cabeleira, un pintor de referencia

Roupa a clareo coa Catedral de fondo. Ano 1950. “Lavandeiriña do Miño, fermosa coma as pesetas naquel remanso do río, lavas con xabón de pedra coa (i)auga marchan os

males, coa (i)auga marchan as penas”. Fernando Valcárcel, membro do Arquivo Visual Ourensán

Alfredo Cabeleira ensina pintura na Escola Municipal de Boticas, con taller en Valpaços, Macedo de Cavaleiros e Castrelo do Val en España, sen esquecer os varios anos que deu clases en Montealegre. Concluiu o curso de deseño e pintura no Instituto Parramon en Barcelona, é membro da Sociedade Nacional de Belas Artes e perten-

ce à Asociación de Artistas Plásticos do Alto Támega e de Monterrei. É un artista xa con varias exposicións tanto en Portugal como no estranxeiro, onde a admiración polos seus cadros é xa unha constante. Ten unha vastísima obra, onde predomina ruralidade, dunha pureza deslumbrante. É aquí que me fai recordar as miñas lembranzas de

infancia, onde vivín estas escenas tan superiormente ilustradas por este gran pintor, tan cheas de vida e de intensidade con contrastes de cores da paisaxe madura e luminosa dun ceo cristalino. Alfredo Cabaleira sen dúbida está a percorrer xa os camiños dos grandes mestres da actualidade. João Damião


18

OURENSE POR Barrios Xullo de 2016

SOCIEDADE

Dous titulados do CIFP A Carballeira realizarán prácticas na CHMS 4 Na Comisaría de Augas de Ourense. Redacción

Miguel Ángel Vidal, director de La Akademia Ourense./P.L.

Ourense, primeira cidade galega en sumarse a La Akademia 4 É un curso gratuíto de educación emocional para mozos que se impartirá a partir de setembro. P. L. Cada vez máis mozos senten que o colexio non lles achega as ferramentas e habilidades necesarias para afrontar os problemas da vida cotiá. Co obxectivo de cambiar esta realidade social, o catalán Borja Vilaseca, director do Máster en Desenvolvemento Persoal e Liderado da Universidad de Barcelona entre 2009 e 2016, fundou en 2011 La Akademia. Inspirándose na “Academia” de Platón, La Akademia ofrece de forma gratuíta un proceso educativo baseado na educación emocional para que mozos de entre 16 e 22 anos dispoñan dos recursos necesarios para atopar as súas propias respostas a preguntas clásicas como quen somos, que necesitamos para ser felices ou cal é o noso propósito na vida. Desde o vindeiro curso, esta formación impartirase en Ourense, que se converte así na primeira cidade galega que se suma a este proxecto hoxe estendido por 20 cidades españolas

e implantado tamén en catro países latinoamericanos. A Ourense chega da man de Miguel Ángel Vidal González, funcionario de profesión, e pai dun mozo de 19 anos, que botaba en falta este tipo de formación na educación regrada actual, e por iso se embarcou nesta iniciativa. Ao longo dun curso escolar, nunha sesión semanal de tres horas que se desenvolverá no Centro de Coñecemento La Molinera, 25 mozos recibirán formación de 20 especialistas voluntarios –entre os que hai profesores e psicólogossobre aspectos como o autocoñecemento, as habilidades sociais, a emancipación emocional, o novo paradigma profesional, innovación e cretaividade ou aprender a emprender. Os interesados en recibir máis información poden contactar en laakademiaourense@gmail.com ou no Facebook de La Akademia Ourense.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, e o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Francisco Marín Muñoz, asinaron un protocolo de colaboración a través do que dous titulados de Formación Profesional co CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel realizarán prácticas nas instalacións da Comisaría de Augas de Ourense. Deste xeito, a Xunta e esta Confederación Hidrográfica renovan a súa colaboración para facilitar a formación e o aprendizaxe dos titulados de FP.

Díaz Mouteira enmarcou a sinatura deste protocolo na promoción que desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria se está a des-

envolver para que os estudantes de FP coñezan o funcionamento de centros de traballo real, o que facilitará a súa posterior entrada no mundo laboral.

O CIFP A CarballeiraMarcos Valcárcel seleccionará aos bolseiros de entre os que finalizaran no curso 15/16 o ciclo de grao superior de Laboratorio e Análise e Control da Calidade. O período de prácticas será dun ano, e será remunerado a través dun sistema de bolsas. A CHMS achegará á Consellería 20.000 euros para a convocatoria destas dúas bolsas de formación, que serán xestionadas a través do centro educativo.

O presidente da CHMS, a delegada da Xunta, o subdelegado do Goberno en Ourense e membros da comunidade educativa do CIFP A Carballeira.


OCIO E CULTURA

10.000 persoas acompañarán a Los Suaves en “El juicio final” 4 A banda retírase dos escenarios o 17 de decembro e ten practicamente vendidas todas as entradas para esta cita. R. T. Baixo o nome “El juicio final” Los Suaves actuarán por última vez o 17 de decembro. Será, como non podia ser doutro xeito, en Ourense -Expourense- é non estarán sós. 10.000 persoas acompañarán a Yosi, Charli, Cereijo, Fernando e Tino neste fin de festa que, a bo seguro, será inesquecible. Sorpresas e artistas convidados estarán neste evento que pretende poñer o broche de ouro a unha carreira de máis de 35 anos na estrada e nos

escenarios. A música remata para un dos grupos míticos do noso país. Acompañados por unha lexión de incondicionais chegados de todos os puntos de España colgarán, tres décadas e media despois, as súas afinadas guitarras. A música remata. Os gatos deixarán de maullar. Traxectoria A banda naceu alá polos inicios dos ´80. 36 anos despois suman 11 discos en estudio, catro discos dobres e/ou triples en di-

recto, varios dvds (con xiras, documentais, concertos exclusivos, etc.) e decenas de recopilatorios; ademais de máis de 1.000 concertos ás súas costas. Telonearon a Los Ramones e The Rolling Stones comezando a coller fama no rock nacional. Tanto tempo na cúspide levounos a crear auténticos himnos roqueiros como: “No puedo dejar el rock”, “Dolores se llamaba Lola”, “Si pudiera”, “Peligrosa María”, “Siempre igual”, e moitos outros que soarán por última vez

na voz inconfundible de Yosi. Entradas O 5 de xullo poñíanse á venda as entradas para este concerto. Tal é a febre por este grupo que en oito horas eran máis de 4.000 as vendidas. Unha semana despois eran o dobre e en menos de dúas semanas

OURENSE POR Barrios Xullo de 2016

soamente 500 faltaban para colgar o cartel de “non hai localidades”. De ouro O recoñecemento tamén chega da mán das institucións. Este ano a banda será distinguida coas medallas de ouro de Ourense e de Galicia. Anteriormente xa foran nomeados fi-

Concerto de Los Suaves en Expourense no 2010./RAMSÉS.

19

llos predilectos da cidade de Ourense (ano 2010) e teñen unha praza co seu nome ao carón da Catedral de Ourense desde 2004.

En oito horas vendéronse 4.000 entradas para o último concerto do grupo ourensán


20

OURENSE POR Barrios Xullo de 2016

DEPORTES

Un COB que busca novo rumbo

España - Exipto, no Paco Paz

4 O presidente Gavilanes dimite días despois de que o fixera o directivo Saa.

O Pazo dos Deportes Paco Paz acollerá o día 28 de xullo, ás 20.30 horas, o partido internacional de fútbol sala entre as seleccións de España e de Exipto. Na presentación do partido estivo o seleccionador nacional, Venancio López, que comentou que sería o primeiro de preparación para o Mundial que se disputará en setembro en Colombia. Debido a este encontro a selección permanecerá na cidade do 25 ao 29 de xullo. A selección de Exipto está clasificada para o Mundial e chega como subcampioa de África, polo que Venancio vaticina “un partido de moito nivel”. O técnico español recordou que España foi subcampioa nas dúas últimas edicións e campioa nas dúas anteriores. A Colombia irán co obxectivo de lograr un novo cetro mundial. O combinado nacional é o actual campión de Europa.

Redaccción

R. Torres Prevíase que o fracaso do non inscibir ao COB na ACB ía a traer daños colaterais. E así foi. Primeiro foi o directivo Germán Saa quen anunciou a súa renuncia irrevocable tras non lograr o ascenso do equipo; mediante unha carta explicaba que volvería ás bancadas do Pazo a animar ao club. Logo foi a cabeza visible da directiva durante as tres últimas tempadas, o presidente Antonio Gavilanes. Tocado por non cumplir cos requisitos da ACB, Gavilanes estará como presidente en funcións ata que nunha asamblea extraordinaria se materialice de xeito oficial a súa dimisión. Ata entón axudará en todo o que poida aos seus compañeiros da directiva, que queda conformada por Bernardino González, Camilo Álvarez, Julio César Vázquez, José Domarco e César Fernández. Agora toca saber quen ocupará a presidencia dun club politizado, polo que se pedirá a Concello e Deputación que se impliquen neste aspecto. LEB Ouro Antonio Gavilanes deixa inscrito ao COB en LEB Ouro para a vindeira tempara. Tres anos nun posto no que foi moi cuestionado pero que fixo que o equipo, despois de moito tempo xogara un playoff de ascenso, e o gañara; o que pasou despois todos o sabemos. Coa decepción de non subir de categoría, inscribiuno en Ouro e despois anunciou a súa renuncia a continuar no organigrama do club. Pedro Rivero Outro que non seguirá é o capitán Pedro Rivero. O base, que foi peza indispensable no ascenso pon

Pablo Rodríguez na carreira elite do Campionato de España de BTT./RAMSÉS.

Antonio Gavilanes. terra de por medio con Ourense. Rivero marcha ao Melilla despois de que agardara un ano xogando en Ouro para poder xogar este ano na Liga Endesa, cousa que xa non ocorrerá. Un dos mellores profesionais que pasou polo Pazo cambia de equipo ao ver que o club nin tan sequera se puxo en contacto con el para comunicarlle as intencións para o vindeiro curso. Guille Rejón terá o mesmo final e o ano que vén non defenderá a camiseta cobista. O resto da plantilla da pasada tempada tampouco continuará. García de Vitoria Quen si parece que seguirá como técnico é Gonzalo García de Vitoria. O adestrador está a un paso de asinar un novo contrato para continuar sendo o máximo responsable no apartado deportivo. Varios tira e afrouxa na negociación que finalmente, e se nada se torce, rematarán coa firma para continuar como o comandante do novo proxecto.

Pedro Rivero, peza fundamental do ascenso deportivo do COB, non seguirá

Feijoo e Rodríguez, profetas na súa terra 4 Os dous ciclistas ourensáns subiron dúas veces ao podio no Campionato de España de BTT disputado en Maceda. R. Torres Maceda estivo á altura dos Campionatos de España de BTT ao igual que os representantes ourensáns. Pablo Rodríguez e Iván Feijoo lograron subir ao podio en dúas ocasións durante a celebración do Nacional que se disputou os días 15, 16 e 17 en Maceda. Na primeira das probas que se disputou subiron ao podio xuntos. Galicia proclamouse subcampioa na proba por equipos. Acompañaron a Rodríguez e Feijoo, Samuel González e

Feijoo entrando como segundo na meta da carreira júnior./RAMSÉS.

Lucía Vázquez. Pero nada puideron facer ante a gran dominadora, Cataluña, que levou o título nacional. Ao día seguinte foi o turno das categorías máster masculina, onde os representantes da nosa provincia estiveron lonxe dos podios. Tamén se realizou un espectacular “Eliminator” polas rúas da vila macedá. Prata e bronce E para o último día quedaba o mellor. Na proba júnior, o alaricano Iván Feijoo fíxose co subcampionato de España nunha carreira na que aguantou ata a primeira volta co favorito, e á postre vencedor, o catalán Jofre Cullel. Despois chegaba a proba raíña, a categoría elite. Nela catro favoritos para subirse ao podio: David Valero, Carlos Coloma, José Antonio Hermida e Pablo Rodríguez. Desde a primeira volta foise Coloma seguido

de Rodríguez a escasos segundos. Foi na segunda cando fixo soñar aos numerosos afeccionados congregados por todo o circuíto de que podería lograr a primeira praza. Pero Coloma estaba cun punto máis e foise sen que ninguén o puidera pillar. O esforzo das primeiras voltas fixo mella no macedán que viu como Coloma dáballe caza e finalmente o deixaba atrás para porclamarse subcampión. Pablo Rodríguez apretaría ata o final para que Hermida, que era cuarto, non o alcanzara. Despois de sete voltas o ídolo local cruzaba a liña de meta colgándose a medalla de bronce, dedicándolla a todos os afeccionados presentes. Outros ourensáns Román Saa foi décimo en júnior, a mesma posición que Saúl López en elite. Xiana Conde foi sexta entre as mulleres sub 23.

Feijoo e Rodríguez, xunto a Lucía Vázquez e Samuel González, lograron o subcampionato de España de seleccións representando a Galicia

Prezos Os prezos das entradas serán de 5 euros para os adultos, de 2 euros para os junior (de 6 a 16 anos) e gratuíta para os menores de seis anos. Todos os concellos da provincia con menos de 20.000 habitantes disporán de dez invitacións junior para que poidan vir de forma gratuíta ao partido. En canto á programación de actos prevista para eses días, o día 27 de xullo, os xogadores da selección de fútbol sala estarán no Centro Cultural Marcos Valcárcel para asinar autógrafos aos afeccionados e sacarse fotos con eles.

O seleccionador Venancio López.


PUBLICIDADE

OURENSE POR Barrios Xullo de 2016

21


22

OURENSE POR Barrios Xullo de 2016

DEPORTES

Pereira e Triana, reis do atletismo galego Escronaboys e Xinzo, vencedores do Torneo./RAMSÉS.

Campións de campións 4 Os Escornaboys e o Xinzo Feminino fanse co Trofeo Barrios Deportivo. R.T. / P.L. O campión da liga Local de fútbol sala de Ourense, Os Escornaboys, reeditou o título de “campión de campións” ao vencer na final da sétima edición de Trofeo Barrios Deportivo. O rival foi un digno Hermanos Carral -subcampión de Provincial- que llo puxo complicado, e tivo que ser a quenda de penaltis a que decidise o vencedor. Durante o encontro a igualdade foi máxima, sendo Os Escornaboys o que se adiantase no marcador. Pero os do Carballiño non baixaron os brazos e lograron empatar o encontro a un tanto. O marcador non se volvería a mover até os últimos minutos, momento no que os Hermanos Carral deulle a volta ao choque cun gran gol de falta. A igualdade foi tal que os da capital devolveron as táboas ao empatar con outra falta. Despois de 50 minutos de grandes momentos de fútbol sala sería a fatídica quenda desde o seis metros a que decidiría ao gañador desta edición. Os Escornaboys acertarían no primeiro lanzamento, non así o Hermanos Carral. Acto seguido volverían cumprir os ourensáns e tamén os de Carballiño. Chegaba a terceira e última rolda dos penaltis e Os Escornaboys tiñan que meter o seu lanzamento

para ser campións. Non deixaron pasar a ocasión e este tiro deulles a vitoria. Así, é a segundan vez que Os Escornaboys se alzan con este trofeo. O anterior foi o ano pasado polo que levan dous anos de dominio no “Torneo dos campións”. Pola súa banda, o Hermanos Carral foi o gañador da quinta edición, celebrada no ano 2014. Xinzo Feminino Na final feminina o Xinzo foi o vencedor por 4-3 ante o Cartelle. As limiás entraron enchufadas no partido logrando unha vantaxe de catro goles a cero. O cansazo das de Xinzo, polo curto do seu banco, e a aposta ofensiva do Cartelle na segunda parte fixo que as segundas recortasen distancias e cresen nas súas posibilidades. De feito, puxéronse a un gol, pero finalmente non foron capaces de consumar a remontada, e o Xinzo Feminino alzouse co título por segundo ano consecutivo -na edición do 2015 gañara ao Cidade de Ourense-.

Tanto Escornaboys como Xinzo venceron nas dúas últimas edicións

4 Os ourensáns Palomanes, Viteri, Docampo e Arias tamén destacaron no Campionato de Galicia. R. Torres As pistas de atletismo Josefina Salgado de Monterrei coroaron a Solange Pereira e Mauro Triana como os mellores atletas galegos do momento, con permiso do saltador Jean Marie Okutu que non estivo presente. Foi o 16 de xullo, día no que os termómetros superaban na provincia os 35 graos, cando se disputou este torneo, que conmemoraba os 100 anos do primeiro campionato galego. En xornada de maña e tarde, o máis notable do panorama atlético da nosa comunidade saltou ao tartán. Mirando os resultados nas súas respectivas disciplinas, en homes, Mauro Triana (atleta do Playas de Castellón) demostrou o seu espléndido estado de forma asinando un doblete en 100 e 200 metros, 10.55 e 21.23, respectivamente. O ourensáns Alfonso Palomanes (FC Barcelona) demostrou que segue dominando o triple salto galego, logrando o título cunha marca de

Lográronse oito mellores marcas do campionato

Solange Pereira (dorsal 266) venceu nos 800 e 1.500./C QUIROGA.

15.87 metros -no terceiro intento-. En puntuación por táboa IAFF, Triana logrou 1.034 puntos nos 200 e 1.024 nos 100; pola súa banda, Palomanes fixo un total 1.033. Daniel Chamoso (Playas de Castellón) estivo a piques de sumar 1.000 puntos -concretamente 996- ao facer unha marca de 21:07.4 nos 5 quilómetros marcha. En féminas, Solange Pereira (Valencia Club Atletismo) despuntou no campionato por enriba das demais. E logrou o título autonómico en dúas probas: o 800 e o 1.500. Na primeira fixo un tempo de 2.07.01 o que lle valeu para sumar 1.032 puntos e na segunda logrou unha marca de 4:23.22 o que lle outorgou unha puntuación de 1.026. Nesta proba a subcampioa, Esther Navarrete (Femenino Celta), lo-

Mauro Triana voou nos 100 e 200 metros./C.QUIROGA.

grou 4:26.62 para lograr 1.001 puntos. E Joselyn Brea (Sociedade Gimnástica de Pontevedra) acadou 978 puntos ao lograr nos 5.000 un meritorios 16:39.78. Os ourensáns No que se refire aos atletas ourensáns, ademais de Palomanes, tamén se proclamaron campións galegos Bea Viteri (Femenino Celta), Iván Docampo (S.G. Pontevedra) e Eva Arias (Adas Proinor). Viteri non tivo rival na pértega e un salto de 3,22 metros foi suficiente para lograr a primeira praza. Docampo foi o mellor nos 5.000, co seu tempo de 15:12.45. Eva Arias tivo que correr soa nos 3.000 obstáculos (11.00.21) ao non ter ningunha adversaria que se atrevera co concurso. Marcas de campionato Este galego deixou oito mellores marcas do campionato (MMC). Mauro Triana logrouna nos 100 e 200 metros; Lidia Casal nos 200 feminino (25.22); Solange Pereira na proba dos 800; Eva Arias, nos 3.000 obstáculos; Iria Forján en lonxitude (5,93 metros); Belén Toimil en peso (16,03 metros) e o 4x100 do Feminino Celta (48.40).

Reverter, fillo predilecto de Ourense Redaccción Estanislao Reverter Sequeiros (1929-1991) foi nomeado fillo predilecto da cidade de Ourense este mércores 13 de xullo de 2016. 25 anos despois do seu pasamento o impulsor do Rali de Ourense ten o merecido recoñecemento a unha vida adicada ao deporte. Por todos é coñecida a súa participación, como piloto, en ralis como o de Montecarlo (valedeiro para o Mundial de ralis), a creación do Renault Alpinche e o impulsor do Rali de Ourense. Pero hai outras facetas non tan destacadas e igual (ou máis) sorprendentes. Como que no ano 72 o que fora presidente do Comité Olímpico Internacional, José Antonio Samaranch, encargoulle organizar en Ourense un preolímpico de balonmán valedeiro para Munich 72. A boa organización do evento levouno a ser condecorado coa medalla ao mérito deportivo. Tamén tivo a súa faceta política sendo diputado de UCD no ano 1977 ademais de ser membro da corporación municipal. Durante a cerimonia sairon á luz anécdotas que explican ás claras como era o personaxe; chegando a ser incluso noticia no diario local. Corría o ano 40 do século 20 cando un xoven Reverter foi reprendido pola autoridade cando baixaba a toda velocidade pola Ponte Romana. Tamén se lembrou que se lle ofreceu nos anos 60 un posto de piloto oficial nunha empresa inglesa. O seu amor por esta terra fixo que rexeitara a oferta. Xardín A decisión de nomealo fillo predilecto vén acompañada doutra homenaxe,o lugar onde está a escultura de Reverter e Coleman co mítico Alpinche pasará a chamarse Xardín Estanislao Reverter.


AXENDA - CLASIFICADOS - INFORMACIÓN DE SERVIZO

OURENSE POR Barrios Xullo de 2016

23

Ourense por Barrios. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 15-2015. Redacción: r/ Bedoya 7 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352 Correo-e: info@periodicobarrios.com. Distribúe: Lebre Mensaxeira Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Miguel Rejo. Colaboracións: Silvia Nieto, Raquel Sertaje, Fernando Valcárcel, Avelino Jácome, Pablo Feijoo Nº 19 - Ano: XV - Xullo de 2016 - Difusión: 30.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 045 352.

4TEL. DE INTERESE

4ANUNCIOS CLASIFICADOS [Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en info@periodicobarrios.com. Gratuítos para particulares]

TRABALLO Ófrecese señor para traballar de pintor -con 40 anos de experiencia- . Dispoñibilidade inmediata. Tel. 647 640 620. Moi económico, fanse reparacións en fogar e negocios, carpintaría, persianas, mobles, etc. Tel. 656 78 24 60. Ofrécese señora para traballar de luns a venres media xornada e tarefas do fogar, coidado de maiores, mascotas, recados, etc. ou ben as fins de semana para coidar persoas maiores ou o que necesiten. Tel. 645 770 510. Clases de apoio a domicilio,. Matemáticas xeraias e outras materias curriculares. Todos os niveis. Ampla experiencia. Económico. Con CAP. Información en clasesadomicilio2014@hotmail. com e 610 382 589. Poñémosche a túa máquina de café gratis. Tel. 618 646 959 (Claudio). Impártense clases de inglés para tódolos niveis ata B2 / First Certificate / Ciclo Superior da Escola Oficial de Idiomas. Grupos reducidos e de xeito particular. Prezos económicos. Tel. 662 17 00 82. Atendo whatsapp. Ofrécese home de 40 anos con experiencia e titulación para coidado de persoas maiores ou depedentes. Calquera horario. Seriedade. Tel. 685 564 681 Fanse desbroces en fincas e montes. Tel. 722 216 123. Realízase limpeza de fincas, xardíns, desbroce e traballos de campo, ampla experiencia, presuposto sen compromiso. Tel. 602 864 666.

Fanse desbroces con tractor ou a man. Bo prezo. Tel. 630 521 448. Danse clases particulares de todas as materias de primaria. A domicilio ou presenciais. Económico. Tel. 666 74 36 60.

INMOBILIARIA Vendo edificio residencial próximo a Ourense, sen intermediarios. Tel. 690 79 5379. Alúganse dúas naves de 422 e 454 m2. Xuntas ou separadas. En Polígono de Pereiro de Aguiar. Parcela 15, fronte a Codisoil. Tel. 639 67 74 32. Alugo habitación en piso céntrico. Prezo a convir. Tel. 687 134 387. Alugo oficina amoblada de 24 m2. Lista para empezar a traballar. 150 euros/mes (+4 euros da luz da escaleira). Tel. 627 203 131. Vendo casa para restaurar pola estrada de Santiago. Tel. 637 00 59 10. Alugo apartamento no casco antigo de Ourense. Económico. Tel. 637 00 59 10. Alugo apartamento en Montalvo. 1 e 2 habitacións, preto da praia, equipado (xardín, tumbonas, aparcamento...). Fronte ao mar. Tel. 607 27 19 16. Vendo apartamento en Praia América con dúas habitacións, cociña americana, trasteiro e garaxe. A cinco minutos da praia. Tel. 636 422 497. Alugo praza de garaxe fronte ao centro de saúde da rúa Valle Inclán. 50 euros. Tel. 636 329 524.

Vendo piso en Praza España (Vigo). Tres habitacións, cociña, baño, salón, garaxe e trasteiro. Bo estado. Urxe venda. Tel: 639 81 62 09. Ofrezo unha casiña pequena para restaurar moi próxima a Ourense a cambio de traballos de albanelería (restauración tellado, piso, encintar e dividir). Tel. 606 422 543. Alugo perruquería en Progreso, 250 euros + comunidade. Tel. 637 00 59 10 Necesítase mozo ou señor responsable para compartir piso. Zona Couto. Tel. 637 00 59 10. Vendo finca en Loiro. 3.000 m2. Con luz e auga. Tel. 687 62 86 28. Alúganse oficinas en Progreso, unha amoblada, todas exteriores. Bo prezo. Tel. 637 00 59 10. Alúgase local de oficina no barrio da Ponte, acondicionado, 25 m2, económico. Tel.634 950 659. Vendo finca edificable con proxecto próxima a Ourense. Prezo de oferta: 13.800 euros. Tel. 606 422 543. Vendo apartamento na praia Montalvo. Urbanización Fontiña. 75m2. Dous dormitorios, cociña, baño, salón e gran terraza con vista ao mar. Con piscina, amplas zonas verdes e garaxe. Tel. 617 88 65 90. Vendo piso na zona do Vinteún. Boas vistas, con praza de garaxe pechada. Prezo económico. Pouco gasto de comunidade. Tel. 629 52 38 12. Véndese casa con finca na estrada de Santiago. Tel. 637 00 59 10.

Alúgase piso amoblado exterior con garaxe. Ao lado dos novos xulgados. Tel. 637 00 59 10. Véndese no Couto oficina, en entreplanta de 57m2. Tel. 671 955 614 (Simón)

VENDAS Vendo sofá 3+2, caldeira de calefacción de gas cidade, de calefacción de corrente de calor e frío, e porta de alumunio oscuro. Tel. 637 00 59 10. Vendo mesa de comedor con catro sillas e caldeira de gas cidade Junker. Tel. 626 297 504. Véndese base terapéutica médica a estrear, marca Biofield, rexistrada polo Ministerio da Saúde, con 9 bandas magnéticas, para cama de 135 cm. Prezo negociable: 400 euros. Tel.988 249 781 Vendo colchas de ganchillo. Tel. 988 23 06 69. Vendo leña de carballo. 220 euros/tractor. Tel. 630 521 448. Vendo Opel Zafira 1.9 CDTI 150CV (7 prazas) acabado COSMO (todos os extras). Máis info e fotos no tel.: 607 20 34 81 (atendo WhatsApp) Vendo máquinas recreativas (varios modelos vellos), máquinas de dardos (PRESAS), máquinas expendedoras de tabaco, etc. Máis info e fotos no tel.: 607 20 34 81 (atendo WhatsApp) Vendo Peugeot 207 1.4 HDI 70 cv., ano 2012, 80.000km., 5 prazas, AA, regulador velocidade. 7000 euros. Tel. 988 460 576

Vendo Citroen Berlingo 1.6 HDI 90cv., ano 2012, 78.000 km., 5 prazas, con gancho de remolque, AA, porta lateral, peche centralizado. 8000 euros. Tel. 988 460 576 Vendo Renault Clio 1.5 DCI, 70 cv., ano 2012, 70.000 km., AA, regulador velocidade, todos os extras. 7000 euros. Tel. 988 460 576 Vendo Nissan Terrano II 2.7 TD, 125 cv., ano 2005, todos os extras. 4900 euros. Tel. 988 460 576 Vendo Ford Focus 1.8 TD 90 cv., impecable, todos os extras. 3900 euros. Tel. 988 460 576 Vendo Volkswagen Golf IV 1.6 16 v., 105 cv., moi coidado. 2900 euros. Tel. 988 460 576 Traspáse cafetería en galerías parque de San Lázaro. Todo novo, recén reformado. Moi económico. Tlf: 640 378 300. Véndese Citroen Xsara varios extras, impecable, 2.000 euros. Tel. 636 452 147. Vendo roupa de señora de moi boa calidade e de marca. En perfecto estado. Tamén telas, cortinas e algunha mantelería. Tel. 690 79 53 79 (Carmen).

CONTACTOS Mozo novo, con grandes apuros económicos, ofrécese para compañía de mulleres de 40 a 63 anos. Prezo anticrise (1 hora / 20 euros). Ademais danse masaxes eróticos a mulleres. Absterse de chamar homes. Tel. 697 79 59 28.

Concello Ourense 988 388 100 Concello Barbadás 988 360 000 Deputación 988 385 100 Xunta de Galicia 012 Pazo de Xustiza 988 370 728 Policía Local 092 / 988 388 138 P. Local Barbadás 988 221 050 Policía Nacional 988 391 771 Guardia Civil 988 235 353 Guardia C. Tráfico 988 222 881 ITV 902 309 000 Bombeiros 080 / 988 370 000 Incendios forestais 085 Prot. Civil 24 h. 988 510 254 Prot. Civil Barbadás988 391 479 Cruz Roja Ourense 988 222 484 SOS Galicia 112 Urxencias e ambulancias 061 Consultas sanitarias902 400 116 H. Sta. Mª Nai 988 385 499 Hospital Cristal 988 385 500 Atención Cidadán 988 392 909 Teletaxi 988 21 00 11 Taxis A Valenzá 988 251 471 Taxis Carrefour 988 231 657 RENFE 902 240 202 Estación autobuses 988 216 027 Correos 988 223 083 Fenosa 988 222 222 Aquagest 988 250 088 Atención menor 900 202 010 Asoc. Diabética Auria988 226 608 AECC 988 219 300 C. C. Antisida 988 233 000 Alcer 988 229 615 AFAOR 988 219 292 Alcoh. Anón. 646 645 119 24h. Alc. Anón. 988 269 540 Alcoh.An. 24h. 988 22 76 23 Narcóticos Anóm 671 58 28 38 Asoc.Crohn 630 136 447 Down Ourense 988 370 313 Atención Muller Maltratada 016

4AUTOBUSES liñas e horarios dos urbanos de Ourense en www.urbanosdeourense.es e liñas e horarios dos buses á Valenzá en www.anpian.com


OURENSE POR Barrios Xullo de 2016


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.