Xullo de 2016 - Barrios

Page 1

[Páx. 11]

Nova directiva para a Asociación de Comerciantes e Hostaleiros de Allariz VERÍN

Páx.2

Un viño da D.O. Monterrei, mellor tinto de Galicia

MONTERREI

Páx.8

Obras de saneamento en Riós, Oímbra e Cualedro

Xinzo estivo en festas [Páx.9]

XINZO

Páx.8

As Letras Galegas 2017, dedicadas a Carlos Casares

CELANOVA

Páx.17

Coren pon en marcha unha planta de tratamento de xurros

DEPORTES

Páx.18

Campionato de BTT: Feijoo e Rodríguez, profetas na súa terra

Xornadas etnográficas en Allariz [Páx.12]

Procesión na honra de Santa Mariña que pechou as festas patronais de Xinzo este luns. // Recreación da seitura en Queiroás da Igrexa, Allariz./M.R. e P.L.

Número: 27 - Ano: XI - Xullo 2016 - Depósito Legal: OU 142-2014 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - BARRIOS volve estar no seu buzón a mediados de agosto. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190


Barrios Xullo de 2016

VERÍN E COMARCA

Xunta e Deputación avalan o relanzamento de Verín como destino para o auguismo 4O alcalde de Verín defendeu a reapertura dos balnearios de Monterrei como parte fundamental dos plans turísticos ourensáns. Redacción Membros de Gallaecia realizando a cata dos viños da DO Monterrei

Os viños de Monterrei, “persistentes, longos e que marcan territorio” 4Segundo a Asociación Gallaecia. Redacción A Asociación de Catadores de Galicia Gallaecia realizou unha cata dos viños de Monterrei na sede do Consello Regulador. O equipo de cata estivo conformado por 11 persoas, entre os que se atopaban catadores, enólogos e membros do panel de cata de cualificación de Monterrei. Este grupo avaliou 46 viños, 28 brancos e 18 tintos. Ao termo da cata, o secretario xeral da asocia-

ción, Alejandro Paadín, valorou os viños catados, pertencentes na súa maioría á última colleita, como “viños persistentes, longos e que marcan territorio” A excelente calidade da colleita 2015 “permitiu marcar en todo o seu esplendor as variedades e a denominación”. Valoración dos brancos No referente aos viños brancos, desde Gallaecia destácase “que se marcou a raza da variedade godello, notas vexetais e froita

madura”, indicaba Paadín. Mentres que os tintos “son moi aterciopelados, con tanino pulido e maduro, pero mantendo a característica frescura atlántica”. “Trátase dunha añada de redondez e equilibrio que se reflicte tanto en brancos como en tintos”, asegurou o secretario da asociación. A cata serviu para avaliar os viños da comarca de cara a realizar a rolda de clasificación da que resultarán os galardoados coas distincións Gallaecia 2016.

Ladairo, elexido mellor viño tinto de Galicia 2016 4 Na XXVIII Cata dos Viños de Galicia. Redacción O viño Ladairo, da Denominación de Orixe Monterrrei, foi distinguido co Premio ao Mellor Viño Tinto de Galicia 2016, na XXVIII Cata dos Viños de Galicia organizada pola Consellería de Medio Rural coa colaboración dos Consellos Reguladores das cinco denominacións de orixe vitivinícolas galegas. Na gala, celebrada en Ourense, tamén se fixeron públicos os gañadores

dos premios aos mellores viños de cada denominación. En Monterrei, o Acio de Ouro foi para Galván Godello & Treixadura de Adega Daniel Fernández; o Acio de Prata para Alma de Blanco da adega Pazo das Tapias S.L. e o Acio de Bronce para Quinta das Tapias (Colección mencía) da adega Tapias Mariñán. En cuarto lugar quedou o Colección godello de Quinta das Tapias; en quinto, o Colección treixadura de Quinta das Tapias; e en sexto lugar, o Gargalo

godello de adegas Gargalo. Feira do Viño de Monterrei Precisamente moitos destes viños poderán catase na Feira do Viño de Monterrei, cuxa 11ª edición terá lugar en Verín os días 12, 13 e 14 de agosto. Da feira xa se coñece o cartel ilustrador, un deseño de Miguel Ángel Martínez Coello seleccionado entre os 43 traballos presentados.

A reapertura dos balnearios de Verín como eixo fundamental do relanzamento do termalismo ourensán recibiu o respaldo e o impulso fundamental dos presidentes da Xunta e da Deputación de Ourense, Alberto Núñez Feijóo e José Manuel Baltar, no transcurso do encontro de vilas termais que tivo lugar en Lobios o 11 de xullo. Nel, o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, presentoulles a ambos o pack do auguista, deseñado especialmente para o desfrute das propiedades das augas dos mananciais da Eurocidade Chaves-Verín, financiadora do proxecto. O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, acudiu ao encontro de Lobios co obxectivo fundamental de reivindicar a inclusión da reapertura dos balnearios da comarca de Monterrei nos plans e deseños do relanzamento termal ourensán. Durante a xuntanza, na súa intervención ante os presidentes da Xunta e da Deputación, o rexedor

Alberto Núñez Feijóo e Gerardo Seoane. pediu o respaldo estratéxico de todas as administracións para o retorno do auguismo á súa vila. “O goberno municipal e a Eurocidade cren no potencial duns mananciais que supoñen a referencia de marca, aínda hoxe en día, das augas de calidade en España, e por iso”, afirmou o alcalde de Verín, “esiximos unha aposta de-

cidida por relanzar o auguismo”. Pack do auguista Neste sentido, o rexedor verinés entregou a Feijóo e a Baltar o pack do auguista que, en colaboración coa Eurocidade, está xa a ser entregado aos turistas que se achegan a coñecer Fontenova, Cabreiroá ou Sousas.


VERIN E COMARCA

Barrios Xullo de 2016

O Concello asina a primeira modificación da RPT tras cinco anos de paralización 4 Regulariza a situación da Policía Local Redacción Tras cinco anos de estancamento nas negociacións, o grupo de goberno de Verín acaba de asinar unha modificación na RPT (Relación de Postos de Traballo) respecto o colectivo da Policía Local, regularizando así a situación relativa a súa especificidade e peculiar estrutura laboral. Este acordo entrará en vigor unha vez aprobado no próximo pleno municipal, segundo confirmaron a concelleira de Recursos Humanos e Réxime Interior, Rosario Rodríguez, e a edil de Tráfico Seguridade Cidadá e Protección Civil, Cándida Couñago. “O que tiñamos ata hoxe vixente para este colectivo de Policías Locais”, explicou Rosario Rodríguez, “era un acordo previo, asinado polo anterior grupo de goberno en maio do 2015, que o único que conseguiu foi poñer un parche á situación da cobertura das noites por parte da policía local e que incomodaba ao persoal. Rodríguez Delgado explicou tamén que “a partir desta firma a situación da

O aparcadoiro está situado entre as rúas Rosalía de Castro e Elvira Carreira./CdV.

A terceira zona de aparcadoiro libre suma 250 novas prazas 4 O Concello de Verín quere aliviar así o tráfico no centro da vila e facilitar o acceso aos servizos públicos e ao comercio. As concelleiras de Recursos Humanos e Réxime Interior, Rosario Rodríguez, e de Tráfico Seguridade Cidadá e Protección Civil.Cándida Couñago. /CdV. Policía Local regularízase eliminándose a produtividade que se lles viña pagando por efectuar unha función propia do seu posto de traballo e auméntase o complemento específico de devanditos funcionarios, ao cal teñen dereito pola súa peculiar estrutura laboral. Tras sucesivas e custosas negociacións os nosos Policías Locais ven como os seus dereitos están recoñecidos”, finalizou a edil de Recursos Humanos. Pola súa banda, a conce-

lleira de Seguridade Cidadá, Cándida Couñago, dixo estar ante “un día histórico para todos os traballadores deste colectivo xa que en cinco anos ninguén foi capaz de conseguir un acordo como este”.

A Policía Local deixará de percibir a produtividade e aumentará o seu complemento específico

Redacción O Concello de Verín abriu a primeiros de xullo a terceira das zonas de aparcamento libre provisional” das oito previstas para descolapsar o estacionamento das rúas de Verín. Esta área está situada entre as rúas Rosalía de Castro (en fronte ao supermercado Mercadona) e Elvira Carreira, e dispón de 250 novas prazas de estacionamento. O grupo de goberno de Verín deseñou estas zonas alternativas e disuasorias para aparcar para alixeirar a presión do tránsito viario no centro de Verín, así como para

facilitar o acceso dos cidadáns aos servizos públicos e ao comercio local. Segundo sinalou o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, “estes aparcadoiros están deseñados para que, cando estean todos operativos, a vila conte con máis dun milleiro de novas prazas de estacionamento libres, gratuítas e céntricas”. Pola súa parte, o tenente de alcalde, Diego Lourenzo, subliñou que “estes espazos non son párkings, e non levan consigo o aproveitamento comercial nin ningún prezo público polo seu uso, senón que son froito da negociación do Concello con veciños

que os ceden en beneficio de todos. Polo tanto, o seu mantemento e uso adecuados tamén son responsabilidade de todos.” Vector de transformación Esta medida, proxectada como un dos principais eixos de modernización do segundo núcleo urbano da provincia de Ourense, é sinalada polo grupo de goberno como un dos vectores de transformación da vila, porque permitirá retirar parte do tráfico rodado das rúas, sen por iso impedir o achegamento de veciños e visitantes á vila do Támega, antes ben, facilitándoo con comodidade.


Barrios Xullo de 2016

VERÍN E COMARCA

O alumnado do colexio de Castrelo do Val posa diante da ambulancia. O tenente de alcalde, Diego Lourenzo, a concelleira de Cultura Emilia Somoza, o responsable de Comunicación, Carlos Montero e o director de Produción do festival, Xosé Lois Santiago, presentaron Vía XIV./CdV.

Verín terá o seu propio festival de curtas

Escolares do CEIP de Castrelo do Val realizan prácticas de reanimación Xusto antes de irse de vacacións, o alumnado do CEIP de Castrelo do Val recibiron a visita de tres Técnicos en Emerxencias Sanitarias de Ambulancias Sil, os cales lle ensinaron como actuar nunha situación de emerxencia como pode ser un atragantamento, aprender a facer unha PLS (posición lateral de seguridade), asi como as técnicas de RCP (reanimación cardiopulmonar). Os escolares tamén puideron ver de primeira man unha ambulancia asistencial que a empresa desprazou ata o colexio desinteresadamente.

4 Terá lugar en decembro e repartirá 6.000 euros en premios. Redacción Vía XIV é o nome do primeiro Festival Internacional de Curtametraxes que se celebrará en Verín no mes de decembro. Cun orzamento inicial de 20.000 euros, dos cales 6.000 euros dedicaranse a premios, o festival celebrarase do 6 ao 11 de decembro, co Auditorio Municipal e a Casa da Cultura como epicentros das proxeccións. O certame estará formada por tres seccións a concurso: Fronteiras, Emigración e Entroido. Paralelamente, organizaranse conferencias,

un taller de realización de curtas e actividades didácticas audiovisuais para os máis pequenos. O tenente de alcalde, Diego Lourenzo, explicou na presentación do festival que esta nova acción cultural do Concello de Verín “busca converter á nosa vila nun referente do audiovisual, non só en Galicia, senón máis aló das nosas fronteiras”. Lourenzo estimou que o evento pode xerar un forte impacto turístico na zona e calculou “que un mínimo dun terzo do orzamento do festival retornará directamente ao propio municipio”.

Inscricións As curtametraxes, que deberán inscribirse antes do 31 de outubro na web www.ficverin.com, poderán ser de ficción, documental ou musical, tendo como temática unha das tres seccións do certame. As obras participantes optarán a oito premios: mellor curtametraxe en cada unha das tres categorías, dotado cada un con 1.000 euros e trofeo; e mellor guión, mellor actor, mellor actriz, mellor director e premio do público á mellor curtametraxe, dotados cada un con 600 euros e trofeo.

A secretaria xeral de Emprego xunto a varios membros do Goberno local de Verín.

Promoción do cooperativismo en Verín A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca e responsables do Goberno municipal asistiron o 27 de xuño en Verín ás actividades do programa “Cooperativismo en movemento” co que a Xunta quixo achegar ás familias galegas as vantaxes e valores desta fórmula empresarial. Esta iniciativa promovida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Consello Galego de Cooperativas enmarcábase nun conxunto de actividades de promoción e difusión do cooperativismo que culminaron o 2 de xullo coa celebración do Día do Cooperativismo. O seu obxectivo era poñer en valor, a través dun espectáculo músico-teatral, xogos e unha exposición, os beneficios sociais deste modelo de negocio que ten demostrado a súa resistencia fronte á crise económica.


VERÍN E COMARCA

O IES García Barbón informa dos prazos de matrícula O IES García Barbón de Verín informa dos prazos de matrícula para o vindeiro curso. Nos estudos de Bacharelato (Humanidades e Ciencias Sociais e Ciencias) o prazo será do 1 ao 12 de setembro (para alumnos aprobados na convocatoria de setembro). No caso de Formación Profesional, o prazo de presentación de solicitudes e de matrícula vai dende o 1 ao 9 de setembro para as presentacións de solicitudes, mentres que a matrícula será do 21 ao 23 de setembro ata as 13.00 horas Na Educación de Adultos (ESA) o prazo de matrícula comprende dende o 1 ao 12 de setembro, e na FPB (Formación Profesional Básica), a solicitude de admisión e matrícula na primeira quincena de setembro. A Oferta de Formación Profesional Básica

(FPB) do centro educativo verinés inclúe Mantemento de vehículos e Servizos administrativos. Calendario de setembro O día 1 e 2 de setembro terán lugar no instituto os exames (Bacharelato, FPB e ESA); o día 5 de setembro publicaranse as cualificacións. Ese mesmo día e máis o 6 é o prazo oficial para as reclamacións de 2º de Bacharelato no centro. Probas de selectividade de setembro A matrícula no centro terá lugar os días 7 e 8 de setembro, e as probas de selectividade desenvolveranse os días 14, 15 e 16.

Os estudos de Bacharelato, FP, ESA e FPB teñen diferentes prazos de matrícula

4 Viveiro de empresas Comezou a primeira fase das obras do Viveiro de Empresas do IES García Barbón. O viveiro de empresas é un espazo onde desenvolver e poñer en marcha un proxecto empresarial. É a referencia para o emprendemento na súa área de influencia. Nel coordínanse as accións formativas, tanto aquelas para realizar nos centros próximos como as de carácter xeral, que se leven a cabo no centro de referencia. O viveiro de empresas ofrece asesoramento, a través da formación e o apoio do profesorado, dunha titoría polo coordinador de emprendemento e da asesoría de persoal técnico especialista do IGAPE. En canto a instalacións, o viveiro ofrece locais axeitados, moblaxe básica propia dunha oficina e equipamentos informáticos e de telecomunicacións. Ademais, dispoñen de conexión a internet e a empresa do viveirista difundirase a a través da páxina web www.edu. xunta.es/fp.

A Garda Civil intercepta roupa falsificada por valor de 91.000 euros 4 A roupa procedía de Portugal e ía ser vendida na feira de Verín. Redacción A Garda Civil de Verín interceptou nun control rutineiro de estrada unha furgoneta con matrícula portuguesa que tentaba sortear aos axentes, os cales procederon a darlle o alto e identificaron o condutor, un mozo marroquí de 26 anos. Tras o rexistro do vehículo, os axentes localizaron 19 caixas de roupa e zapatillas presuntamente falsificada, que o home

Un axente coas prendas e calzado incautados. trasladaba de Portugal a Verín para vender en feiras. A Garda Civil procedeu á aprehensión do mate-

rial, valorado en 91.000 euros. E imputoulle ao condutor un delito contra a propiedade industrial.

Barrios Xullo de 2016

EN BREVE 4 Grupo extraordinario para o Campamento do Invernadoiro Debido á gran demanda alcanzada este ano polo Campamento do Invernadoiro, que terá lugar do 22 ao 27 de agosto, desde a Concellería de Mocidade de Verín decidiuse organizar un novo campamento extraordinario que comezará o próximo 27 de agosto e estenderase ata o 1 de setembro. O novo grupo extraordinario constará de 50 prazas dirixidas a rapaces e rapazas de entre 8 e 15 anos. Os interesados poden inscribirse na Oficina Municipal de Información Xuvenil na Casa da Xuventude.

4 A CIG demanda a cinco concellos de Monterrei A Unión Local da CIG de Verín e A Limia vén de interpor recursos contencioso administrativos, por violación do dereito á igualdade dos cidadáns, contra os concellos de Laza, Oímbra, Monterrei, Cualedro e Vilardevós. Os citados concellos, denuncia o sindicato, aprobaron bases para a contratación de persoal temporal, para a contratación de traballadores das brigadas de incendios, de monitores e de albaneis, e convocaron os procesos selectivos correspondentes dando aos interesados o “exiguo” prazo de tres días hábiles para presentar as súas solicitudes e “sen publicarse, como impón a lei, en Diarios Oficiais”. A CIG considera que os concellos demandados “deseñaron unha carreira de obstáculos, como veñen facendo darreo, a fin de ‘agachar’ aos cidadáns en xeral as convocatorias, reducir ao máximo a súa difusión pública, dificultar a obtención das bases reguladoras e, en definitiva, quebrar o principio de igualdade, co obxecto de reservar os postos de traballo públicos para un grupo reducido de escollidos”.


Barrios Xullo de 2016

VERÍN E COMARCA

Medio Ambiente mellorará o abastecemento e o saneamento de tres municipios 4 Riós, Cualedro e Oímbra serán os beneficiarios. Redacción A Xunta de Galicia colaborará cos concellos de Riós, Oímbra e Cualedro na mellora das súas infraestruturas de abastecemento e de saneamento. A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, asinou nas últimas semanas, os convenios de colaboración cos alcaldes de Riós, Franscisco Armando Veiga, Oímbra, Ana María Villarino, e Cualedro, Luciano Rivera, que posibilitarán as actuacións. En concreto, en Riós executarase unha nova captación de auga en Venda da Barreira, así como as conducións necesarias, que permita o transporte da mesma por gravidade dende os nacentes dun afluente do río onde actualmente se capta, o Mente. Esta mellora dará servizo a unha poboación estimada de 1.800 habitantes. Tamén se actuará na rede xeral, instalando unha tubaxe dende o depósito-arqueta de reunión ata o punto de conexión na rede actual, no cruce co río Mente.

cións de instalacións. O municipio dispón dunha rede de servizos de abastecemento e saneamento bastante obsoletas, cunha antigüidade superior a 30 anos, polo que as roturas e perdas continuas son moi frecuentes.

A conselleira de Medio Ambiente Beatriz Mato co alcalde de Cualedro, Luciano Rivera. O investimento que executará Augas de Galicia neste municipio ascende aos 350.000 euros. Oímbra En Oímbra, a Consellería de Medio Ambiente destinará 200.000 euros á execución de novas redes de saneamento, recollida de augas pluviais e abastecemento na rúa do Tanque e actuacións de mellora da estación depuradora. Ademais, aproveitarase a aper-

tura das canles para o soterramento doutros servizos urbanos, como alumeado público, electricidade en baixa tensión e telefonía. As obras proxectadas no núcleo de Oímbra consisten en renovar a rede de abastecemento en mal estado e evitar así os problemas derivados das fugas e filtracións, así como a rede de saneamento, e o mesmo tempo vaise completando a rede de pluviais, deixando enterradas as canaliza-

Cualedro E finalmente en Cualedro, a obra conveniada é a mellora do abastecemento no lugar das Estibadas. Está orzamentada en preto de 149.000 euros, cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER). Actualmente, o núcleo das Estibadas abastécese unicamente da auga que provén dun pozo. Coa actuación prevista, preténdese garantir o submimistro de auga ao citado núcleo, polo que se procederá a tomar auga dunha captación e conducila mediante tubaría ata o depósito das Estibadas.

As actuacións suman 700.000 euros de investimento

Labores de prevención do chancro nun souto de Riós./R.T.

Medio Rural reforza a loita contra o chancro A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, supervisou os traballos de loita biolóxica contra o chancro do castiñeiro no concello de Riós. Neste acto, no que estivo acompañada polo alcalde, Francisco Veiga, a titular de Medio Rural destacou que o seu departamento realizará nos vindeiros meses unhas 34.000 inoculacións de cepas hipovirulentas do fungo cryphonectria parasitica nas árbores para provocar a súa cicatrización espontánea. Nesta visita tamén estiveron presentes os alcaldes de Vilardevós, Manuel Cardoso, e A Gudiña, José María Lago.

Moción sobre o castiñeiro na Deputación Redacción O grupo provincial popular defenderá no pleno do mes de xullo da Deputación de Ourense unha moción para que o Centro Nacional de Referencia para o castiñeiro que proxecta o Goberno central se ubique no concello de Riós. “Toda vez que Riós xoga un destacado papel neste cultivo temos a obriga de loitar por este proxecto”, sinalou

a deputada Ana Villarino, subliñando a situación deste municipio na comarca de Conso-Frieiras, onde a produción ronda os 10 millóns de quilos, é dicir, o 30 % da produción en Galicia e que podería alcanzar ata o 40 % por volumen de negocio xerado, segundo consta en estudos realizados por técnicos desta zona. Ademais, o municipio é o berce das variedades máis apreciadas tanto por consumo en fresco como para a súa transformación.

Piden un centro de referencia en Riós


PUBLICIDADE

Barrios Xullo de 2016


Barrios Xullo de 2016

EN BREVE 4 A alcaldesa de Rairiz cobrará 2.000 euros ao mes

O Concello de Rairiz celebrou o pasado 30 de xuño un pleno municipal no que se aprobaron os orzamentos de 2016, que ascenden a 1.065.000 euros. Na partida de persoal incluíuse unha dedicación parcial para a rexedora. A popular Asunción Morgade cobrará 2.000 euros mensuais por 25 horas semanais de xestión municipal. Outro membro do grupo de goberno pericibirá 666 euros mensuais brutos.

4 Moción para retirar o cableado O Grupo Municipal Socialista de Xinzo presentou unha moción para debater no vindeiro pleno municipal para eliminar cableado aéreo da vila. Os socialistas solicitan que o Concello faga unha análise exhaustiva da situación, incluíndo a planificación e execución dos traballos e contemple unha partida nos Orzamentos para 2017.

4 Torneo solidario de fútbol sala Novas Xeracións organiza a cuarta edición do torneo solidario Xinzo de Limia, de fútbol sala os días 23 e 24 de xullo no pavillón de deportes da vila antelá. Como novidade introdúcese unha categoría de veteranos, na que se poderán inscribir ata seis equipos, ademais da xa habitual de afeccionados, con 21 equipos, e Sub-16, que terá 8 equipos. Para formalizar a súa participación, os conxuntos das categorías de veteranos e afeccionados terán que facer entrega de 30 quilos de alimentos non perecedeiros e os Sub-16 15 quilos. Os alimentos recollidos serán entregados en Cáritas. Haberá premios para os tres primeiros equipos de cada categoría, para os máximos goleadores e porteiros menos goleados.

XINZO E COMARCA

O Día das Letras Galegas de 2017 estará dedicado a Carlos Casares 4 En Xinzo congratúlanse desta distinción, longamente agardada.

4 Dos ciclos de Forestal e Administración.

Redacción A Real Academia Galega (RAG) acordou dedicar o Día das Letras 2017 ao escritor Carlos Casares. Tanto a Xunta de Galicia, coma a Deputación de Ourense e o Concello de Xinzo amosaron a súa satisfacción por este recoñecemento a unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da literatura galega das últimas décadas do século XX. Desde a Consellería de Cultura anunciaron que traballan xa na homenaxe que se lle renderá ao escritor ourensán o vindeiro ano. Desde a Deputación de Ourense, o seu presidente lembrou o acto celebrado en Xinzo hai semanas para reivindicar o Día das Letras Galegas 2017 a prol de Carlos Casares O Concello de Xinzo de Limia, pola súa banda, agradeceu o traballo e apoio de todas as persoas e institucións que durante os últimos anos fixeron posible que este recoñecemento fora posible. “A partir de agora, convidamos aos centros educativos, asociacións culturais, representantes públicos, Fundación Carlos Casares, institucións locais, provinciais e autonómicas, aos veciños e veciñas; para que entre todos rindamos a merecida homenaxe a tan ilustre e polifacético escritor e fillo adoptivo da nosa vila”, indicaron a través dun comunicado. Os grupos municipais de Xinzo Adiante -que en xaneiro pasado rexistrara unha moción para que se lle dedicasen a Casares as Letras Galegas de 2017- e do Partido Socialista tamén se congratularon da decisión da RAG.

Novos titulados incorpóranse á bolsa de emprego do Cidade de Antioquía

Redacción

Acto celebrado en Xinzo en vésperas das Letras Galegas 2016 no que se reinvindicou que a celebración de 2017 fose dedicada a Casares.

Un escritor de éxito en vida Carlos Casares naceu en 1941 en Ourense e desde os 3 anos pasou a súa infancia en Xinzo de Limia. En 1967 publicou a súa primeira obra, o libro de relatos Vento ferido, e pouco despois converteuse nun pioneiro da literatura infantil en galego: publicando A galiña azul e As laranxas máis laranxas de todas as laranxas. En 1975, Xoguetes para un tempo prohibido reportoulle o Premio Galaxia e o Premio da Crítica de narrativa galega da Asociación Española de Críticos Literarios. Casares era xa a esa altura unha das voces emerxentes máis renovadoras e significativas da nosa narrativa, recoñecida en 1978 co seu ingreso na Real Academia Galega. Nos anos da transición e do comezo da democracia, participou activamente na reivindicación autonómica e como parlamentario independente nas listas do PSdeG traballou arreo para sacar adiante a Lei de Normalización Lingüística.

Rematada a primeira lexislatura da autonomía, centrou o seu traballo no eido cultural como director da editorial Galaxia (1986-2002) e da revista Grial (1988-2002) e, máis adiante, como presidente do Consello da Cultura Galega (1996-2002). Casares non abandonou nunca a escrita e seguiu a publicar obras con moi boa acollida do público, como a colección de relatos Os escuros soños de Clío (1979), as novelas Ilustrísima, Premio da Crítica Galega de 1982; Os mortos daquel verán (1987), Premio Antón Losada Diéguez; e Deus sentado nun sillón azul (1996), Premio da Crítica Española de 1997 e finalista do Premio Nacional de Narrativa de 1998; ou O sol de verán, publicada postumamente en 2002 e Premio da Crítica dese ano. Cómpre así mesmo salientar o seu labor como articulista en distintas cabeceiras, que chegou a contar cun amplísimo e fiel público e merecente dunha morea de distincións.

Novos titulados dos ciclos formativos de Forestal e Administración incorporáronse co remate do curso á bolsa de emprego posta en marcha polo IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia. Os titulados deste curso que se incorporan á bolsa de emprego, estiveron facendo a formación en centros de traballo durante os meses de abril, maio e xuño. Desde o centro educativo estiman que nestas semanas o 30% destes titulados sexan contratados por estas empresas.

Esta mesma porcentaxe fora a que se estimara ao remate do curso pasado, cumpríndose xa no mes de xullo de 2015. A bolsa de emprego do instituto da Limia tamén envía información ás empresas e entidades que están incluídas destes novos titulados, para que poidan demandalos. Este servizo do IES Cidade de Antioquía inclúe titulados dos ciclos de Técnico superior de Administración e Finanzas, Técnico Auxiliar Administractivo, Técnico Superior en Xestión Forestal e Técnico de Aproveitamentos e Conservación do Medio Natural.

Guindastre instalado na piscina de Xinzo

Guindastre na piscina de Xinzo Un guindastre elevador foi instalado na piscina climatizada municipal de Xinzo para facilitar o acceso ao vaso ás persoas con mobilidade reducida. O custo desta instalación, case 4.500 euros, foi sufragado pola Deputación de Ourense.


XINZO E COMARCA

Onte domingo na Praza Maior da vila de Xinzo de Limia fixéronse entrega dos premios do I Certame Literario Xuvenil de Relato Curto Carlos Casares. Os gañadores recibiron a placa de gañadores, o diploma e os premio económico. Recordamos que Óscar Rivero gañou na categoría junior co relato “Os días aprazados”, Carla Domínguez por “Suxeito de proba” na categoría xuvenil e Marcos Fernández na infantil con “Unha nova vida”. Fixeron entrega dos premio Xavier Casares, Rafael Laso, Luis Miguel Gil, Carlos Gómez e Manuel Pérez. Este acto pode considerarse como o pistoletazo de saída nas homenaxes e eventos que se farán no Concello de Xinzo de Limia, na honra de Carlos Casares polo seu recoñecemento nas vindeiras Letras Galegas.

Barrios Xullo de 2016


10

Barrios Xullo de 2016

XINZO E COMARCA

Asistentes ao congreso do Partido Popular en Sandiás./PP. Escolares do colexio Rosalía de Castro de Xinzo no festival de fin de curso.

Fin de curso no CEIP Rosalía de Castro O pasado 22 de xuño ao festival de fin de curso no CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia. O acto consistiu en actuacións musicais e de baile no que participaron a totalidade dos alumnos e alumnas deste centro educativo. Un acto ao que asistiu o alcalde da vila, Antonio Pérez, así como a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, quen aproveitou a visita para analizar as necesidades do colexio co seu equipo directivo.

Asistentes a un dos obradoiros sobre a diabetes organizado pola Escola Rural de Saúde.

Obradoiros sobre a diabetes A Escola Rural de Saúde da Limia impartiu no mes de xuño catro obradoiros sobre a diabetes. O obxectivo era dar a coñecer dunha forma sinxela as características da diabetes e de algunhas enfermedades que a acompañan e que poden contribuír á súa aparición como factores de risco ou como condicionantes de complicacións posteriores. Para a realización desta formación a Escola Rural de Saúde contou coa colaboración do Concello de Xinzo, a Deputación de Ourense e os coñecementos profesionais das docentes Conchita Bande, educadora en diabetes do CHUO, Elisa Cadaya, enfermeira, e Xiana Carrera, licenciada en Educación Física.

O PP de Sandiás inicia unha nova etapa O Partido Popular de Sandiás inicia unha nova etapa co obxectivo de recuperar a alcaldía e potenciar o sector agrícola do municipio José Francisco Santana Doval é o novo presidente da xunta local do PP de Sandiás, logo do congreso no que conseguiu o 100% dos votos emitidos polos compromisarios asistentes. Santana Doval (Sandiás, 1973) é na actualidade o voceiro dos populares na corporación municipal, na que participa dende hai tres mandatos.


ALLARIZ E COMARCA

Barrios Xullo de 2016

11

Unha nova directiva toma as rendas da Asociación de Comerciantes e Hostaleiros

Acondicionan a rúa As Laxas

4 Un dos retos, crecer en número de socios.

O Concello de Allariz iniciou, nas pasadas semanas, as obras de acondicionamento na rúa As Laxas, nas inmediacións do centro de saúde. A brigada municipal levou a cabo a escavación dos terreos nunha parcela, de 740 metros cadrados, de propiedade municipal na que se acondicionou un aparcamento en superficie con capacidade para 15 vehículos. Despois, procedeuse á reparación do asfaltado no primeiro tramo da rúa substituído por un lousado de adoquín. Tralas festas patronais de San Bieito, a brigada municipal encargarase da reparación do segundo tramo da rúa As Laxas, con aglomerado en quen-

Paula Lodeiro A Asociación de Comerciantes e Hostaleiros de Allariz retomou a actividade o pasado mes de febreiro logo dun ano inactiva. Pouco despois o presidente da directiva dimitía por motivos persoais, o que obrigou a Beatriz Fernández Dacosta a dar o paso e asumir a presidencia. Xunto a ela, Silvia Cid Narváez como vicepresidenta, Edelmiro Fernández López como secretario e Sonia Rodríguez como tesoureira, compoñen a directiva dun colectivo que agrupa a 64 comerciantes e hostaleiros da vila. “Empezamos pola necesidade de estar unidos a ver se conseguíamos estimular o comercio e a hostalería de Allariz”, indica a presidenta, Beatriz Fernández. Nos poucos meses que leva ao cargo esta directiva, xa organizaron varias actividades, como a Feira de Inverno, o sorteo do Día da Nai, un concurso de escaparates ou a Noite Meiga, na que ampliaron os horarios de apertura dos establecementos ata medianoite. “Os resultados non os esperábamos tan bos, sobre todo a Noite Meiga, que foi unha noite na que non esperábamos tanta xente como houbo e as vendas estiveron xenial”, remarca Edelmiro Fernández. E as actividades non quedan aí. Os días 27 e 28 agosto realizarán outra feira da oportunidade, que irá acompañada de “sorpresas”. En principio instalarana na Alameda, pero a asociación quere negociar co Concello un cam-

Os días 27 e 28 de agosto celebrarán unha feira da oportunidade

Beatriz Fernández, Silvia Cid e Edelmiro Fernández./P.L. bio de ubicación. “Queríamos mirar de poñela nas piscinas e entón teríamos algunha atracción para os nenos e algún pincho”, explica o secretario. Implicar á hostalería Outra das propostas para a vindeira tempada é “facer unhas xornadas gastronómicas con produtos autóctonos, queremos reunirnos cos hostaleiros para ver que lles parece”, sinala Edelmiro Fernández. E é que implicar os hostaleiros na asociación e nas súas actividades é un dos obxectivos desta directiva, pois actualmente só 15 dos socios pertencen a este colectivo, o que representa unha cuarta parte dos hostaleiros alaricano. No comercio a representatividade alcanza o 60% do sector, sen contar os outlets, que non se asocian pero si colaboran coas actividades da Asociación. “A hostalería é máis reacia (a asociarse) porque querería ir por independente; hai xente da hostalería que di que o que poidamos facer para promocionar o comercio a eles non lles vai influír, pero para min as actividades en fin de semana benefician á hostalería tamén”, razona a presidenta da Asociación, Beatriz Fernández. A implicación de bares e

restaurantes coa Asociación enmárcase nun reto maior que é o de aumentar o número de asociados. “O noso obxectivo é chegar a cen este ano”, márcase Beatriz Fernández. O secretario recoñece a dificultade: “a xente é reacia porque tivo mala experiencia anteriormente” e, nesa liña, Beatriz expón a paradoxa na que se atopan: “moita xente nos di ‘cando vexamos que facedes cousas nos facemos socios’, pero, claro, se non temos socios non dispoñemos de liquidez”. Recibir información de subvencións ou asistir a cursos –van facer un de redes sociais e outro de escaparatismo- son algúns dos beneficios de asociarse, que supón o pago dunha cota mensual de 10 euros. “Tamén imos ter unha páxina web desde a que poder vender en conxunto”, sinala a presidenta. A situación do sector Preguntados pola situación do sector en Allariz, na Asociación son bastante optimistas. “Se nos comparamos con outras vilas, en Allariz imos lentiños pero podemos ir vivindo”, reflexiona o seu secretario.

4 O investimento é de 59.000 euros. Redacción

O asfaltado da rúa As Laxas substituiuse por adoquín. te. A reforma, ademais, mellora a seguridade da rúa así como a súa estética, dando prioridade aos peóns. A reorganización do tráfico rodado da zona así como a renovación da sinalización vertical e horizontal son aspectos in-

cluídos no proxecto. A actuación conta cun orzamento de 55.000 euros dos que 29.500 corresponde á achega de Vicepresidencia da Xunta a través do Fondo de Compensación Ambiental e o resto será achegado polo Concello con fondos propios.

Escavacións en Armea

Un verán máis proseguen as escavacións en Armea 4 Organizadas por Concello e Universidade de Vigo Redacción O Concello de Allariz e a Universidade de Vigo comezaron este mes unha nova fase de escavacións no Castro de Armea. O Castro de Armea leva anos sendo estudado coa fin de poñer en valor o patrimonio cultural de

Santa Mariña de Augas Santas así como do propio castro reforzando así a capacidade de atracción turística do municipio. A través dun convenio de colaboración, estudantes da Universidade de Vigo continuarán coas catas no Castro de Armea, no terreo anteriormente in-

vestigado por Conde Balvís. A intervención pasa pola realización de catas co obxectivo de establecer as prioridades para o futuro do castro. Para esta actuación o Concello achega 12.000 euros máis a man de obra procedente da brigada municipal.


12

Barrios Xullo de 2016

ALLARIZ E COMARCA

A reciclaxe de restos orgánicos empregará a once persoas Redacción Os concello de Allariz e de Vilar de Santos poñen en marcha un proxecto de valorización de residuos urbanos que afonda na concienciación e na implantación da reciclaxe de restos orgánicos para a súa transformación en compost. Esta iniciativa, subvencionada con 38.000 euros co Fondo de Compensación Ambiental, permitirá a contratación de dez peóns de medio ambiente (cinco por municipio) e un técnico ambiental entre xullo a setembro. Tarefas A brigada reforzará as funcións de información e formación da poboación, e controlará a instalación e o funcionamento das illas de compostaxe onde se depositan os restos orgánicos. Ademais, fará labores de desbroce para o posterior subministro de biomasa durante o ano. En Allariz o persoal centrarase en reforzar o Programa RE de recollida e separación de materia orgánica que xa está en marcha. En Vilar de Santos a campaña permitirá seguir creando emprego para rematar de configurar as illas de compostaxe.

Unha muller preparando o atado dun mollo. Varios veciños facendo a meda, que quedará no campo ata o día da malla./P.LODEIRO.

Queiroás da Igrexa recorda a seitura

4 No primeiro día das Xornadas Etnográficas do ciclo do pan que se organizan en Allariz. P. Lodeiro Baixo unha intensa calor, varias cuadrillas afanábanse na mañá do sábado 16 de xullo en segar unha finca de trigo en Queiroás da Igrexa, en Allariz. Por 14ª ano, as Xornadas Etnográficas sobre o ciclo do pan recordan a seitura en Castela, a onde viaxaron durante décadas moitos veciños alaricanos a traballar. Relataba un dos veciños do lugar participantes na festa, Benito Gulín, o desenvolvemento

da seitura: “á mañá empezamos na escultura do segador no pobo, alí xuntámonos todos e fíxose unha imitación do antigo contrato que se facía en Castela”. Este ano a finca onde sementaran o pan quedou arrasada polo xabaril, pero por sorte un veciño prestoulles a finca que sementara de trigo para facer a recreación. “Viñemos camiñando, polo que dicía un antigo xefe de cuadrilla de Castela tamén eran distancias longas as que tiñan que recorrer desde o palleiro ata a zona de sega. Comezamos a sega, fixé-

molo por cuadrillas, en parellas de dous, vai o maioral diante segando e detrás imos os outros”, explicaba Gulín. Segadores que non son todos homes veteranos pois este ano participaba tamén unha cuadrilla de xente nova, de entre 15 e 18 anos, denominada Espiga Mallada. “Nos están axudando para que isto siga no tempo”, apuntaba o veciño. Houbo parada para o almorzo, “como era costume, trouxéronnos un almorzo coma os de Castela, as sopas de allo”, e a tarefa na finca remataba co atado

dos mollos e o enmedado. Un xantar popular con foliada á sombra dunha bidueira, ao que estaban apuntados máis de 200 comensais, puña punto e final a esta primeira xornada festiva. A malla, o 6 de agosto As medas quedarán na finca ata o día da malla, previsto para o sábado 6 de agosto a partir das 9 da mañá. “O día da malla vimos cun carro de vacas e levámolo para a eira para proceder á malla”, sinalaba Benito. Farano con mallos de pedra, a man e

cunha antiga. Tralo xantar popular, esa mesma tarde realizarase a moenda no Muíño do Burato de Allariz co acompañamento musical das pandereteiras de Rebulir; e ao día seguinte, terá lugar a fornada, na Torre de Seoane, co acompañamento musical da agrupación de Pé Feito.

Este ano participou unha cuadrilla de xente nova, de entre 15 e 18 anos, Espiga Mallada


PUBLICIDADE

Barrios Xullo de 2016

13


14

Barrios Xullo de 2016

ALLARIZ E COMARCA

A apertura do centro de día de Maceda está prevista para o mes de agosto 4 As instalacións contarán con 60 prazas. Redacción A Consellería de Política Social ultima a posta en servizo este mesmo verán do centro de día de Maceda, que se integrará na

rede autonómica do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. O xerente do Consorcio, Perfecto Rodríguez, a delegada territorial da Xunta en Ourense, Ma-

risol Díaz, o alcalde de Maceda, Rubén Quintas, e responsables da empresa Troncoso S.L. –a adxudicataria da xestión do centro-, visitaron os catro módulos do edificio para

O xerente do Consorcio, a delegada territorial da Xunta en Ourense, o alcalde de Maceda, Rubén Quintas, e responsables da empresa Troncoso S.L. supervisaron as instalacións.

supervisar os últimos detalles da súa posta a punto, coma pequenas reparacións, limpeza integral e arranxos de xardinería entre outros. O centro terá unha capacidade máxima de 60 prazas, aínda que comezará operar de xeito gradual –como é habitual nestes casos-, con 25. A previsión é que esas instalacións para a atención diúrna aos maiores, tamén dos derivados dende concellos da área de influencia de Maceda, abran xa as súas portas no mes de agosto, co obxectivo de recibir aos primeiros usuarios en setembro. O Goberno galego enviou recentemente ao Concello de Maceda o convenio de colaboración entre ambas as dúas administracións para a xestión e financiamento do centro, paso previo –xunto coa aprobación dese documento polo consistorio- ao inicio do proceso de adxudicación de prazas.

Inicialmente abrirá con 25 prazas

O alcalde de Allariz viaxa a País Vasco e Francia Redacción

O alcalde de Allariz, Francisco García, está a acompañar estes días á Banda Unión Musical de Allariz na súa viaxe a País Vasco e Francia. Entre o 12 e o 27 de xullo, a Banda Unión Musical de Allariz participará nun intercambio musical con País Vasco e Burdeos. Pola súa parte, o alcalde manterá unha reunión de traballo cos alcaldes de Eibar e Ermua para celebrar conxuntamente, en Allariz do 12 ao 14 de agosto, as Xornadas Euskadi- Galiza. En Francia, García asinará un acordo de cooperación co Concello de Cadaujac, co que Allariz ten relación dende hai anos.

José Manuel Rey Varela con Carlos Gómez, en San Caetano.

O conselleiro de Política Social recibe o alcalde de Xunqueira de Espadanedo Na súa rolda de contactos con todos os rexedores galegos, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, recibiu este mes o alcalde do concello de Xunqueira de Espadanedo, Carlos Gómez Blanco Na xuntanza, conselleiro e alcalde, valoraron a ratio de atención do Servizo de Axuda no Fogar que cun 100% chega á totalidade da poboación que a precisa. No presente ano mantivéronse as 3.096 horas anuais que ten este servizo. Asemade, os dous mandatarios estableceron novas liñas de traballo para continuar mellorando os servizos sociais do municipio.

O BNG gobernou en minoría en Baños “desde o primeiro instante” 4 Os socialistas afirmaran que racharan o pacto de goberno. Redacción O grupo municipal do BNG de Baños de Molgas quixo puntualizar o comunicado remitido polo grupo socialista no mesmo municipio no que daba por roto o pacto de goberno na localidade. Nun comunicado asinado polo alcalde e voceiro nacionalista Xaime Iglesias, este subliña que “non había, en Baños de Molgas, bipartito ou goberno de coalición entre ambos grupos. O BNG estivo, e está a gobernar, en minoría dende o primeiro instante desta lexislatura”. En xuño de 2015 o PSOE posibilitara co seu voto que Iglesias se convertera en alcalde. Ante unha posible moción de censura – o PSOE abría a porta a negociar co PP naquel comunicado- Iglesias afirma que o BNG “non vai malgastar un só minuto do tempo que lle ten que adicar ao goberno municipal, en establecer estratexias políticas para impedir tal feito”. “Débese aos veciños e veciñas deste Concello, votantes ou non, e traballará até o derradeiro segundo da súa lexislatura, nas funcións de goberno, para intentar cumprir o contrato asinado coa cidadanía de Baños de Molgas”, engade o alcalde nacionalista. Críticas do PSOE Os socialistas de Baños de Molgas tacharan de “catastrófico” o balance a xestión do BNG á fronte do consistorio e por iso no pleno do 8 de xullo anunciaron a “ruptura formal do acordo de colaboración asinado en xullo de 2015 co BNG”.

Xaime Óscar Iglesias, alcalde do BNG de Baños de Molgas./ARQUIVO. Nesa sesión, a edil do PSOE renunciou á área de participación cidadá e á representación que tiña en certas entidades. A Iglesias acúsano desde o PSOE de “falta de iniciativa”, de “cerrazón total ao diálogo” co grupo socialista e co grupo popular, e de “fraude antidemocrático” por gobernar “de costas ao grupo que o levou ao posto que ocupa”. O voceiro socialista Segundo Augusto González asegurou que o PSOE “non renuncia a considerar calquera opción, incluíndo o diálogo co grupo popular, que traia a Baños de Molgas a capacidade de iniciativa e a representatividade democrática, da que actualmente carece”.

Xaime Iglesias: o BNG “non vai malgastar un só minuto en establecer estratexias para impedir” unha moción de censura Segundo Augusto González: o PSOE “non renuncia a considerar calquera opción, incluíndo o diálogo co grupo popular”


especial DEPUTACIÓN DE OURENSE

Barrios Xullo de 2016

15

Éxito da misión comercial USA-Ourense, que abre as portas aos produtos ourensáns en Estados Unidos

Plan de Emprego Xuvenil da Deputación

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e a congresista norteamericana Loretta Sánchez clausuraron no mosteiro de Santo Estevo de Rivas de Sil a primeira misión comercia USAOurense, que se desenvolveu durante dous días na provincia de Ourense, certificada polo Goberno dos Estados Unidos. Baltar e Sánchez coincidiron en destacar nos seus discursos que esta misión comercial “abre importantes portas comerciais” aos produtos ourensáns en Estados Unidos, o maior mercado do mundo. Manuel Baltar afirmou que “cooperar e complementarse” “son as palabras que os empresarios ourensáns e norteamericanos máis utilizaron nas reunións “one to one” que mantiveron estes días, pois o grande valor da nosa oferta comercial está na singularidade e na calidade dos nosos produtos, algo moi prezado polo consumidor norteamericano”. Baltar dixo que se xa é un fito histórico “que 20 empresas USA, que concentran entre todas un volume de negocio que supera os seis mil millóns de dólares e que dan emprego a máis de 45.000 persoas, tamén o é a circunstancia de que por primeira vez a provincia de Ourense acolla a visita dunha congresista pertencente a California, o estado máis rico e poboado dos Estados Unidos, cun PIB como o de Brasil e unha poboación de 39 millóns de persoas”. O presidente do goberno provincial remarcou con datos eco-

A Deputación de Ourense pon en marcha o Plan Xuvenil de Emprego “Empregou”, unha iniciativa contemplada no cronograma do plan de mandato “Ourense 15-19”, que beneficiará a máis de 450 desempregados, de entre 16 e 30 anos, en materia de mellora de formación, fomento da contratación e autoemprego. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o director xeral da Fundación Escuela de Organización Industrial (EOI), pertencente ao Ministerio de Industria, Fernando Bayón, asinaron o convenio que posibilitará o desenvolvemento das actuacións enmarcadas no ámbito do emprego xuvenil, cuxo investimento total ascende a 3,6 millóns de euros, cofinanciados polo Ministerio de Industria, o FSE, a Deputación de Ourense, a Xunta de Galicia e a EOI. Manuel Baltar destacou “a importancia da cooperación entre administracións para dar un novo impulso ao emprendemento e ao apoio do emprego xove na provincia de Ourense”. O acordo contempla tres liñas de actuación: aceleración de emprendedores, programa de emprego xuvenil e axudas económicas a empresas para a contratación. O obxectivo é mellorar a formación dos xóvenes para o seu acceso ao mercado laboral, por medio de cursos especializados, e tamén fomentar a contratación, a través de axudas a empresas para a contratación de mozos desempregados.

Manuel Baltar xunto aos empresarios estadounidenses que partciparon na misión. nómicos a relevancia da visita da congresista Sánchez, quen podería converterse na primeira senadora latina da historia no Capitolio de Washington nas vindeiras eleccións presidenciais. Manuel Baltar dixo que se California fose un país sería a oitava economía do mundo, cun Produto Interior Bruto (PIB) de 1,5 billóns de dólares, o que representa o 13% do PIB dos Estados Unidos, e que ten na agricultura, o turismo e a enerxías os seus principais sectores de actividade”. “Por iso –subliñou Baltar- a presenza da congresista Sánchez, en Ourense, realza e prestixia

aínda máis esta misión comercial, que vén de establecer importantes alianzas entre empresas de ámbolos dous territorios, e que para a provincia de Ourense supón un salto de nivel moi destacado nas relacións internacionais das nosas empresas, e tamén nos vínculos institucionais, polo que representa de achegamento ao goberno e aos estamentos sociais e empresariais da economía máis poderosa do mundo”. Loretta Sánchez dixo: “desde as miñas responsabilidades políticas voume encargar persoalmente de afianzar estas relacións entre Ourense e os Estados Unidos, porque, como dixo o presi-

dente Baltar: isto é só o principio”. A congresista agradeceu ao presidente da Deputación “a oportunidade de estar presente en Ourense “acompañando a empresarios do meu país nun evento como unha misión comercial na que creo e me reafirmo, porque o networking e ás relacións humanas vinculadas á economía e á empresa son un piar fundamental para a innovación e o progreso”. Tamén destacou a “visión” do presidente Baltar “para facer posible que un acontecemento empresarial desta importancia puidera ter lugar nesta fermosa e histórica terra de Ourense”.

Axudas para 52 deportistas

Ourense e Marta Sánchez, protagonistas do spot da “Vuelta a España” 2016 A “Vuelta a España” 2016 estreou o seu spot oficial no Teatro Principal de Ourense coa canción composta e creada para esta ocasión, “El ganador”, de Marta Sánchez, destacando no vídeoclip as imaxes da provincia de Ourense e da xeografía galega como protagonistas. No acto de presentación participou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o director xeral da “Vuelta”, Javier Guillén; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; a artista Marta Sánchez;

e o secretario Xeral de Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, acompañados polo músico ourensán, Daniel Minimalia, e o gaiteiro, Anxo Lorenzo, quen tamén participaron na gravación do spot. Manuel Baltar destacou a importancia deste evento deportivo para a provincia de Ourense como “unha das tres probas de ciclismo máis importantes de ámbito mundial, que nesta 71 edición terá a Ourense como protagonista”. O presidente da Deputación, impul-

Autoridades e músicos na presentación do spot de “La Vuelta”. sor do feito histórico de que por primeira vez na súa historia, a “Vuelta” percorra catro etapas na provincia de Ourense, dixo que esta proba ciclista ademais de deporte “supón repercusión eco-

nómica e proxección mediática, impulsada con este videoclip, cunha canción que foi escrita e creada, especialmente para esta ocasión, pola raíña do pop español, Marta Sánchez”.

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González, entregaron no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, as axudas a 52 deportistas ourensáns correspondentes ao exercicio 2015. Con esta iniciativa, a Deputación pretende “premiar economicamente a estes deportistas ourensáns e recoñecer publicamente o esforzo e o traballo que realizan nestes deportes individuais en Ourense”, asegurou Rosendo Fernández. Ademais, realizouse o recoñecemento público a un técnico deportivo ourensán de disciplinas individuais; nesta ocasión o adestrador de artes marciais Manuel Montero.


16

Barrios Xullo de 2016

CELANOVA E COMARCA

Cita coa música de vento metal no III Festival Hércules Brass 4 Celanova acollerá do 1 ao 5 de agosto este encontro musical que combina divulgación e formación. P.L. O III Festival Hércules Brass converterá a Celanova, do 1 ao 5 de agosto, no lugar de encontro para os músicos de vento metal con concertos, clases maxistrais, e outras actividades formativas. O festival foi presentado por un dos seus organizadores, Rodrigo Rodríguez, integrante de Hércules Brass Quinteto de Metais, que estivo acompañado do secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo, do vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, e do alcalde de Celanova, José Luis Ferro. Rodrigo Rodríguez asegurou que “a calidade artística vaise superando en cada edición. Conservamos profesores de outros anos co obxectivo de crear unha escola de formación descontinua, e tamén con novos profesores de gran prestixio internacional como José Luís Sogorb, Severo Martínez, Pablo Dopazo ou José Manuel González”. Os concertos no “marco incomparable” do claustro do Mosteiro de San Rosendo correrán a cargo do Órgano de San Salvador, Hércules Brass quinteto de metais, Málaga Brass, Ai-

4 No 2º Celanova Chef. Redacción

O alcalde de Celanova, o vicepresidente da Deputación e o secretario xeral de Cultura xunto con catro integrantes de Hercules Brass, organizadores do festival./P.LODEIRO. ras Ensemble, e Hércules Brass Ensemble. Asemade nas noites de música actuarán a Banda de Música de Celanova e María do Ceo, Aida&Cris, GDjazz 5tet, Deep Mind 4tet e, por último,haberá un concerto a cargo de todo o alumnado. O prezo das entradas para os concertos é “de 5 euros, tendo a posibilidade de obter un abono para catro concertos por 10 euros”, dixo Rodrigo Rodríguez. Aspecto formativo Ademais de concertos, están previstas varias clases maxistrais de trompe-

ta, trompa, trombón e tuba, impartidas por profesionais de gran recoñecemento e cunha longa traxectoria musical. Entre as novidades deste terceira edición atópase a celebración de clases específicas de música de cámara e orquestral a todo o alumnado de nivel avanzado e daranse pautas específicas para a preparación de audicións. Asemade terá lugar un taller de respiración. Neste sentido, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, valorou que se trata dun festival “especialmente interesante porque non só é de difusión, senón

Foliada cultural

Combinar un percorrido polo patrimonio cultural de Celanova co son da música tradicional. Este foi o sentido dunha nova edición da Foliada cultural celebrada na vila de San Rosendo o pasado 2 de xullo. Os máis de 30 participantes neste evento visitaron a Casa dos Poetas e o Mosteiro de San Rosendo, e acompañados da música de gaitas, pandeiretas e cancións tradicionais, percorreron media ducia de establecementos hostaleiros colaboradores.

Menores de Celanova aprenderán a elaborar doces

Participantes na Foliada cultural de Celanova.

que tamén está baseado no aspecto formativo, sendo unha oportunidade para completar e actualizar a formación musical de diferentes músicos”. Outro dos organizadores, Álex Vázquez, destacaba que “máis do 88% das matrículas deste ano son de fóra da provincia, asistindo xente de Francia, América e de distintos puntos de España como León, Salamanca, Segovia, entre outros”.

Haberá un abono de 10 euros para catro concertos

Entre os días 26 e 29 de xullo terá lugar a segunda edición do obradoiro de cociña para nenos Celanova Chef organizado pola Fundación Curros Enríquez e o Concello de Celanova. Xa está aberta a inscrición na Casa dos Poetas neste curso destinado a un grupo de 20 rapaces e rapazas de entre 8 e 14 anos interesados en aprender a cociñar e coñecer os produtos no mercado. Despois da primeira edición celebrada o ano pasado, o éxito de participación deu lugar a unha edición de doces de Nadal e agora volve unha nova edición centrada en

especial na repostería. Nestas catro sesións, os rapaces traballarán na elaboración de queixo, nubes de sabores con marmeladas de froitas e algodón de azucre, bolos preñados, chuches de puré de froitas, gominolas e figuras e frores de azucre comestible para decoración, biscoitos para a creación de cake pop e castaña pop, muffis, brochetas de froitas e piruletas de caramelo, e finalmente na decoración e elaboración de cake pop e cup cake, falsa caña, e caramelos de azucre moreno. O cociñeiro Martín Álvarez González impartirá o obradorio, que se desenvolverá de 10:30 a 12:30 horas.

A Deputación axuda os concellos da Bola, Padrenda e Pontedeva Redacción A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou o 15 de xullo axudas para varios concellos da provincia. Na comarca de Terra de Celanova, aprobou dúas axudas para o Concello da Bola. Unha de 10.000 euros destinadas ás terceiras xornadas sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, e outra de 15.000 euros para a implantación dunha liña de autobús que prestará servizo tres días á semana coa finalidade de facilitar aos veciños o seu desprazamento ao centro de saúde, ao consistorio ou enlazar coas liñas de transporte que comunican con Celanova.

Ademais, o Concello de Padrenda recibirá 25.000 euros destinados á realización de traballos medioambientais como o acondicionamento e limpeza das marxes e contornas de camiños municipais e prazas públicas nas parroquias de Condado, Desteríz, Lavandeira, Gorgua, Monterredondo, San Pedro e San Roque de Crespos. Asemade, o Concello de Pontedeva recibirá 10.280 euros para a redacción do proxecto da urbanización O Valiño . Na comarca da Limia, o Concello de Baltar recibe dúas axudas para reparar accesos municipais por importe de 100.000 euros e para realizar melloras na piscina municipal por 50.000 euros.


CELANOVA E COMARCA

Feal e Casetas de Ansemil terán novo abastecemento 4 Os traballos contarán cun orzamento de 360.000 euros. Redacción A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, asinou co alcalde de Celanova, José Luis Ferro, o convenio de colaboración que permitirá mellorar as redes de abastecemento en Feal e Casetas de Ansemil. Os traballos contarán cun orzamento de 360.000 euros a distribuír entre este ano e 2017, e que estará cofinanciado polo Fon-

do Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER). Actualmente, os núcleos de Feal e Casetas de Ansemil non dispoñen de rede de saneamento e a rede de abastecemento non se atopa nun estado satisfactorio. Por este motivo, executaranse novas rede de saneamento e abastecemento, que se conectarán ás xa existentes, para dotar destes servizos ás vivendas emprazadas na zona.

A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, asinando o acordo co rexedor de Celanova, José Luis Ferro.

Mellora do firme en travesías Redacción A Consellería de Infraestruturas e Vivenda comezou hai uns días as obras de mellora do firme nas travesías de Celanova. Primeiro executaranse as actuacións na estrada OU540, entre os PK 24+180 e 25+110. Unha vez rematados estes traballos, a Xunta continuará coas actuacións de rehabilitación do firme na estrada OU-531, entre

os PK 26+164 a 26+620. Estas actuacións forman parte dun paquete de obras de reforzos de firme en treitos localizados de varias estradas autonómicas da provincia, que se adxudicou por preto de 600.000 euros, establecendo un prazo de execución de catro meses. Neste contrato tamén se inclúen actuacións na OU-304, nos concellos de Xinzo e Porqueira; e na OU-301, en Xinzo, Os Blancos e Baltar.

Barrios Xullo de 2016

17

Coren pon en marcha en Celanova unha innovadora planta de tratamento de xurros 4 A Xunta de Galicia cofinanciou a instalación a través da Alianza estratéxica establecida o ano pasado para desenvolver acción de I+D no ámbito agroalimentario. Paula Lodeiro Coren vén de poñer en marcha unha innovadora planta de tratamento de residuos gandeiros en Celanova, anexa ao seu centro de selección xenética de porcino. As instalacións foron presentadas este mércores polo presidente do grupo alimentario ourensán, Manuel Gómez-Franqueira, aos conselleiros de Economía, Francisco Conde, e de Medio Rural, Ángeles Vázquez. Precisamente a Xunta de Galicia colaborou na financiación desta infraestrutura achegando 373.000 dos 1.245.000 euros do investimento total, no marco da Alianza Estratéxica de I+D+i establecida en 2015 entre o Grupo Coren e a Administración autonómica -a través do Centro Tecnolóxico da Carne (CTC)-. Esta pioneira planta naceu co obxectivo de ofrecer alternativas que permitan o bo manexo dos residuos orgánicos das granxas. Coren emprendeu este proxecto Valorpur tras verse obrigada a pechar o Centro Tecnolóxico Ambiental da Limia como consecuencia do último decreto enerxético. A planta permitirá rexenerar 23 millóns de litros de xurros que se producen anuamente na granxa anexa, con capacidade para 2.000 porcas de cría.

O conselleiro de Economía e a conselleira de Medio Rural, xunto a directivos de Coren, cooperativistas e técnicos, visitando a planta de tratamento de residuos gandeiros de Celanova./M.REJO. Separación da parte sólida e da líquida O proceso separa a parte sólida do xurro, á que se lle dará un uso agrícola como abono ou ben se empregará como biomasa, da parte líquida, que mediante un proceso de depuración a través de plantas macrófitas flotantes, será apta para a rega e se destinará a rexenerar máis de 400 hectáreas de pastizais. “Un punto de partida fundamental de cara a solventar un problema a nivel medioambiental que ten Galicia, que son os puríns das granxas”, apuntaba a titular de Medio Rural, recordando que na nosa Comunidade hai máis de 270.000 explotacións porcinas das cales 2.000 son industrias. Pola súa banda, o conselleiro de Economía, Em-

prego e Industria, poñía en valor a colaboración entre Xunta e Coren a través da unidade mixta de investigación na que se están a investir 24 millóns de euros e que está a desenvolver un total de sete proxectos, un deles este de Valorpur. “A suma de esforzos entre o CTC e Coren é o camiño axeitado para poder diferenciarnos desde o punto de vista do produto e dos procesos”, afirmou Francisco Conde, confiando en que este proxecto “vai permitir consolidar a posición de Coren”. Nesa liña, o presidente de Coren salientaba a importancia do I+D, que non debe verse como un gasto senón “como unha auténtica inversión” para poder competir nos mercados globais. Gómez-Franqueira puña o acento en que “nos

tempos nos que estamos, poder competir e lograr as esixencias do consumidor en canto a medioambiente e benestar animal e conseguir niveis de proteína de altísima calidade só se consegue con colaboración conxunta, como é neste caso coa Xunta de Galicia para desenvolver proxectos desta magnitude”.

O proxecto Valorpur contou cun investimento de 1,2 millóns A parte sólida do xurro destinarase a abono e biomasa, e a parte líquida, para a rega de 400 hectáreas de pastizais


18

Barrios Xullo de 2016

DEPORTES

Pablo Rodríguez na carreira elite do Campionato de España de BTT/RAMSÉS.

Feijoo e Rodríguez, profetas na súa terra

Valero, Carlos Coloma, José Antonio Hermida e Pablo Rodríguez. Desde a primeira volta foise Coloma seguido de Rodríguez a escasos segundos. Foi na segunda cando fixo soñar aos numerosos afeccionados congregados por todo o circuíto de que podería lograr a primeira praza. Pero Coloma estaba cun punto máis e foise sen que ninguén o puidera pillar. O esforzo das primeiras voltas fixo mella no macedán que viu como Coloma dáballe caza e finalmente o deixaba atrás para porclamarse subcampión. Pablo Rodríguez apretaría ata o final para que Hermida, que era cuarto, non o alcanzara. Despois de sete voltas o ídolo local cruzaba a liña

de meta colgándose a medalla de bronce, dedicándolla a todos os afeccionados presentes. Outros ourensáns Román Saa foi décimo en júnior, a mesma posición que Saúl López en elite. Xiana Conde foi sexta entre as mulleres sub 23.

Feijoo e Rodríguez lograron o subcampionato de España representando a Galicia xunto a Lucía Vázquez e Samuel González

4 Os dous ciclistas ourensáns subiron dúas veces ao podio no Campionato de España de BTT disputado en Maceda. R. Torres Maceda estivo á altura dos Campionatos de España de BTT ao igual que os representantes ourensáns. Pablo Rodríguez e Iván Feijoo lograron subir ao podio en dúas ocasións durante a celebración do Nacional que se disputou os días 15, 16 e 17 en Maceda. Na primeira das probas que se disputou subiron ao podio xuntos. Galicia pro-

clamouse subcampioa na proba por equipos. Acompañaron a Rodríguez e Feijoo, Samuel González e Lucía Vázquez. Nada puideron facer ante a gran dominadora, Cataluña, que levou o título nacional. Ao día seguinte foi o turno das categorías máster masculina, onde os representantes da nosa provincia estiveron lonxe dos podios. Tamén se realizou un espectacular “Eliminator” polas rúas da vila

EN BREVE

4 Baloncesto Pedro Rivero foi o mestre de cerimonias da segunda edición do campus de baloncesto que leva o seu nome en Celanova. Tralo pao de non estar na ACB a vindeira campaña, o xogador vestiuse de curto para dar a súa visión do baloncesto aos nenos da provincia. Xunto a Rivero participaron no campus Rubén Vieira, preparador físico do COB, e tamén o xogador Salva Arco estivo varios días achegando o seu grao de area.

4Orientación En Pinares de Soria celebrouse os “5 días de España” de orientación. Joao Morales Jiménez, do Limiactiva, foi cuarto en H12 en media e longa distancia. E Martín Morales Ferreiro rematou cuarto en H35A en sprint.

macedá.

4 Ciclismo

Prata e bronce E para o último día quedaba o mellor. Na proba júnior, o alaricano Iván Feijoo fíxose co subcampionato de España nunha carreira na que aguantou ata a primeira volta co favorito, e á postre vencedor, o catalán Jofre Cullel. Despois chegaba a proba raíña, a categoría elite. Nela catro favoritos para subirse ao podio: David

Sinalizacións informativas dos tramos, habilitación de vías alternativas, localización dos aparcadoiros e mellora dalgunhas estradas foron os temas tratados na reunión de coordinación do operativo da “Vuelta a España 2016” celebrada na Subdelegación do Goberno en Ourense. Catro etapas da proba ciclista pasarán pola nosa provincia.

Feijoo chegando a meta na carreira júnior/RAMSÉS.


PUBLICIDADE

Barrios Xullo de 2016

19


20

Barrios Xullo de 2016

OCIO E CULTURA

Pablo Rodríguez: “Pasei uns días malos” 4 Coñecemos como se atopa o ciclista macedán, que quedou fóra da convocatoria para os Xogos de Río. R. Torres O ciclista de Maceda Pablo Rodríguez agardaba poñer a guinda á súa gran tempada en BTT coa participación nos vindeiros Xogos Olímpicos de Río, pero lamentablemente non foi convocado. Había só tres prazas e cinco ciclistas pelexando por elas. Semella que a experiencia contou máis que os resultados acadados neste curso, ao contrario do que, supostamente, acordaran nun primeiro momento dende a Federación. Sénteste un pouco frustrado? Pablo Rodríguez: “Si, porque estiven moi preto de conseguilo. Atópome decepcionado, non polo resultado, senón polas maneiras, xa que os criterios non foron claros dende o principio. O ano pasado falamos de rendir ao máximo nas copas do mundo de maio e eu logrei un 9º posto e un 17º en Alemania e Francia, e despois diso estaba convencido de que tiña unha praza olímpica. Nese intre foi cando o seleccionador nos dixo que alongaba a decisión ata o Mundial de xuño, e alí Coloma foi o que peor resultado logrou, pero el xa era fixo en Río. Dos outros catro, Mantecón que era dos que tiña obtido menores resultados logrou o 7º posto, Valero foi 8º, eu 10º e Hermida 11º. Despois de aí non estaba todo claro, pero eu contaba coa praza, pero ao final a experiencia de Hermida vale máis, e por iso estou descontento, non se valorou como falamos ao principio”.

Pablo Rodríguez/ARQUIVO. Isto fixo mella no equipo? P.R.: “Para nada, acá o problema é coa Federación, nin sequera temos ningún problema persoal co seleccionador, temos relación de amizade entre todos, e entre nós estamos máis unidos ca nunca”. Animarás aos teus compañeiros? P.R.: “Por suposto, é unha decisión que xa está tomada e non hai que darlle máis voltas. Ao final tres ían estar e outros dous non, e os que quedamos mandarémoslles dende acá toda a forza”. Isto darache máis gañas para futuras convocatorias? P. R.: “Si, pasei uns días malos, porque é unha decisión moi importante, e pensas en que hai dúas ou tres oportunidades na carreira deportiva. Pero pensando a curto prazo isto permíteme preparar mellor a Copa do Mundo de Canadá, que se disputará en tres semanas, e a Copa do Mundo de Andorra, o 3 de setembro”.

“Entre nós -os compañeiros de selecciónestamos máis unidos que nunca”

Últimas inscricións para a popular de Molgas 4 300 é o tope de admitidos na absoluta. Redacción O vindeiro 30 de xullo, celebrase a IX carreira popular San Salvador de Baños de Molgas. As 19:00 horas empezarase ca carreira de pitufos (150 metros), as 19:15 benxamins e alevins (750 metros), as 19:30 infantis e cadetes (2.300 m.) e as 20:00 horas a proba absoluta (7.000 m.), tres voltas a un circuito urbano; o mesmo que de anos anteriores. Inscricións As inscricións están abertas ata o 28 de xullo, ou no caso da proba absoluta, chegar aos 300 atletas anotados. Para inscribirse, salvo na categoría de pitufos que non é preciso facelo, na web www.championchipnorte.com. A falta de maís dunha semana para que remate o periodo para anotarse pouco máis de 50 son as prazas libres, polo que

case seguro que se pechará o prazo antes do día indicado. O prezo para participar na categoría absoluta é de 6 euros; para o resto de carreiras é de balde. Circuíto Todas as probas terán a súa saída e chegada nas Piscinas Municipais do Parque Ansuíña. Será

un circuíto urbano que atravesará toda a vila de Molgas.

Unhas 50 prazas faltan para cubrir os inscritos na carreira absoluta

Participantes dunha edición anterior da carreira de Baños de Molgas. /ARQUIVO.

Fútbol e diversión no Campus Sporty 4 100 rapaces participaron na 11ª edición. Redacción Logo de 13 días o Campus Sporty deu por finalizada a súa 11ª edición. Novamente o camping dos Invernadeiros foi a sede do cento de rapaces que participaron nesta edición. Rapaces procedentes de equipos de toda a provincia como o Barbadás, Pabellón, Celanova, Allariz, Nogueira, UD Ourense, EDO, Ourense CF e Maristas; así como doutros lugares como A Coruña ou Madrid. Este ano sumáronse ao campus tres participantes americanos

(con familiares en Galicia) e tres rapazas. Diversión Nos 13 días do campus non só foi protagonista o fútbol. Ademais realizáronse outras actividades como hípica, piragüismo, pádel, tiro con arco, béis-

bol fútbol praia, sendeirismo, excursión á praia e charlas sobre alimentación e prevención de lesións. Tamén tivo lugar a segunda edición da Sportyan Race; unha carreira de obstáculos pola natureza na que nunha distancia de 1,5 km había que sortear

Participantes do Campus Sporty deste ano.

EN BREVE

4 Raid A 41ª edición do Raid Lagoa de Antela celebrouse o pasado sábado 9 de xullo. Carmen Fernández aos lombos de Haliak LB foi a vencedora na carreira de 80 quilómetros. María Nicolás con Reina RP e Fernando Callón con Potra Hispano venceron nas probas de 80 quilómetros con velocidade controlada e 60 quilómetros, respectivamente.

4BTT Carlos Canal, corredor da Escola de Ciclismo José Antonio Hermida proclamouse subcampión de España (cadete) de BTT no campionato celebrado en Mérida. Un meritorio subcampionato se temos en conta que sufriu un golpe de calor; Canal ía primeiro ata a última volta. A tamén cadete Antía Martínez estivo ás portas do podio. A macedá rematou na cuarta posición despois de remontar postos, aínda que insuficientes, para rematar entre as tres primeiras.

Hípica, besibol, tiro con arco, pádel, fútbol praia, excursións,... foron as actividades deste campus 15 probas, desde cruzar o río ata mover troncos. Outras actividades foron unha charla sobre a liberación miofascial impartida por un especialista, e o Triathlón Campus Sporty.


OCIO E CULTURA

Verín prepara a Batucada 2016 4 Será o 29 e 30 de xullo. Redacción Un ano máis Verín prepárase para o seu carnaval de verán coa Batucada 2016, que terá lugar o 29 e 30 de xullo. O programa de actividades comezará o venres ás 11:15 horas co desfile

da ludoteca, e 45 minutos despois será a festa infantil con discomóbil no CEIP Amaro Refojo. Xa pola tarde de 16:30 a 19:30 horas haberá festa na “playita” para toda a familia; e a partir das 20:30 horas comezará a actuación da Discomóbil Jor-

ge, seguida da Batukaña que inclúe a actuacón de Cabo da Vila, 2Sisters e Pneura. O sábado desde as 16:30 horas a praza García Barbón encherase de actividades para os máis pequenos, con música e festa da escuma e a auga. Ás 19 horas será o turno do desfile dos grupos Axóuxeres (Allariz) e Bloquiño de xermolos (Guitiriz); e dende a media noite pecharanse os fetexos na praza García Barbón con boa música.

Barrios Xullo de 2016

21

Verín organiza os “Obradoiros do ritmo” Redacción Uns 20 rapaces participan nos “Obradoiros de ritmo”, enmarcados no programa municipal Ocio Xuvenil 2016, organizado polo Concello e a Deputación. Os obradoiros de ritmo, que achega aos participantes ao mundo da percusión a través da fabricación, manexo e

Mozos participantes nos “Obradoiros do ritmo”. interpretación de instrumentos, teñen lugar luns e mércores de verán na antiga lonxa agropecuaria, de 20 a 21 horas (8 a 14 anos) e 21 a 22 horas (a partir

dos 15 anos). Aínda están abertas as inscricións, que poden realizarse no 988 414 776 ou en verinmocidade@gmail. com.

4AXENDA Exposicións - Ata o 30 de xullo - Exposición sobre Manuel María - Sala de Exposicións - Verín - Do 22 de xullo ao 7 de agosto - Exposición de Erwin Hendriks - Sala A Fábrica (Allariz) - Do 9 ao 28 de agosto - Exposición de Luis Pachón de acuarelas, debuxos e ferro - Sala A Fábrica (Allariz) Cine - 5 de agosto - Proxección de “Del revés” - 23 h - Campo dos Brancos (Allariz) - 13 e 18 de agosto - Proxección do documental “Máis ca vida” e o filme “Vida” - 22:30 h - Riós e Celanova, respectivamente Música - 22 de xullo - Wicked Fest - 22:30 h - Sala Urban Place (Xinzo) - 24 de xullo - Concerto de A Banda da Balbina - 23:30 h - O Ferradal (Allariz) - 29 de xullo - V Festival Folk: Son da Burga - 20:30 h - Baños de Molgas (Allariz) - 30 de xullo - Concerto de Emilio Rúa - 23 h - FIXA (Allariz) - 31 de xullo - Concerto de El gueto con botas - 20:30 h - A Arca da Noe (Vilar de Santos) - 1 de agosto- Concerto de órgano - 20:45 h - Mosteiro de San Salvador (Celanova) - 1 de agosto - Concerto da Banda de Música de Celanova e María do Ceo - 23:45 h - Claustro de Celanova

- 2 de agosto - Concerto de Hércules Brass Quinteto de Metais - 20:45 h Claustro de Celanova - 2 de agosto - Concerto de Aida & Cris - 23:45 h - Claustro de Celanova - 3 de agosto - Concerto de Málaga Brass - 20:45 h - Claustro de Celanova - 3 de agosto - Concerto de GDJazz 5tet - 23:45 h - Claustro de Celanova - 4 de agosto - Concerto de Airas Ensemble - 20:45 h - Claustro de Celanova - 4 de agosto - Concerto de Deep Mind 4tet - 23:45 h - Claustro de Celanova - 5 de agosto - Concerto de Hércules Brass Ensamble - 20:45 h - Claustro de Celanova Espectáculos e festas - 20 e 30 de xullo - Actividades do pobo fantasma23 h - Chaioso (Maceda) - Festival Reina Loba 11, 12 e 13 de agosto - Os Blancos - 7 de agosto - XIX Feira do Pemento - Oímbra - 9 de agosto - XXXIII Xornadas do Folclore - 23 h - Campo da Barreira de Allariz - 10 de agosto - XXXIII Xornadas do Folclore 20:30 h - Claustro do Mosteiro de Celanova - 14 de agosto - XXXIII Xornadas do Folclore 20:30 h - Praza Carlos Casares de Xinzo de Limia - 15 de agosto - XXXIII Xornadas do Folclore 22:30 h - Praza Maior de Verín - 17 de agosto - Espectáculo de maxia “Era unha vez o Quixote” - 20:30 h - Bande [+ eventos en www.periodicobarrios.com]


22

Barrios Xullo de 2016

OCIO E CULTURA / ARTIGOS

4TRIBUNA ABERTA

4DESDE A PONTE... A MONTERREI

Caneiro Lémbrote, subido nuha mesiña de bar, recitando poemas de amor a media luz, cos ollos pechados, con sentimento, coma mandan o canon dos voceiros do amor. Eran os comenzos, historias no fio de Monterrei, con atrancos e críticas atrevidas por parte dos que por alí andábamos buscando un anaco de diversión nas madrugadas dos oitenta. Coido que, a túa tolemia polas letras, por escribir relatos, historias, mensaxes, non te levou ao infortunio da soidade, senón todo o contrario, aos poucos, fuches refinando ese talento desbordante que levas dentro, para que xamais te sentiras só, e todos aque-

“Querido e odiado, mil veces condenado, consagrado e alzado ao cumio do triunfo”

les apócrifos que quixeron xogar contigo, non sabían que “Silesio e Berta” tiñan sentido. Monterrei, Verín, o noso pobo, a nosa vila, esas rúas do casco vello, loitando sen cesar por non caer no estado permanente de fracaso, esas rúas onde esfolaches os xeonllos e gozache a nenez, ese barrio fermoso onde curaches a morriña, ou tal vez melancolía?, cos homes e mulleres, que daquela só deixaban bondades e mañás que permanecerán por sempre nas lembranzas. Mestre, comprometido coas letras galegas, coa literatura do país, e coa cultura infinita de Galicia, cabaleiro de batallas perdidas e tamén gañadas, coma o castelo de Monterrei, inamovible e iluminado polos séculos da lúa. Bohemio e soñador, a noite persegue a tua estela de luz gamberra e noble. Capitán Sparrow de ter-

tulias, e xuntanzas fértiles, fundidas nos mares do sur, porque de seguro, que cando o cansanzo vence a tua alma, ainda soñas con piratas, que lidian os envites do alcohol de bar en bar, coma un buscador de nada, e xurdindo na noite como alivio, as bágoas da túa ausencia. Querido e odiado, mil veces condenado, consagrado e alzado ao cumio do triunfo, exposto ao mundo, espido, coma un neno recén parido, axitador de conciencias, provocador de ambigüidades, funambulista sobre o precipicio, absurdo e imaxinativo, absorbente, intelectual, presumido e canalla, altivo e cercano, ausente e presente, capaz de dobrar as verbas de Toro, e de chocar de frente co pensamento de Rivas e sobre todo, ser quen, de conquistar os máis sabios, para que no teu lar, alumeen os premios literarios mais importantes do país, coma o premio da cri-

tica española, e o Torrente Ballester, Premio Blanco Amor, Xerais, e moitos outros. De Verín, si, de Verin¡, fillo do Támega, emigrado a Ébora, cidade lonxana e ao mesmo tempo irmá, ao carón de nós, coma o amor, ese amor indisoluble que esculpe o sorriso dos teus beizos, esquecendo as noites amargas nas triloxias dos tristes. Ámote, escritor de soños, amigo dos defectos e das virtudes, espello onde me miro, bálsamo das miñas noites en vela. Espérote na estación sur, onde despois de ti a chuvia soa ao compás da melódica guitarra, ollando de reollo aquel recuncho onde solitario baixo o ceo, coma sempre estou eu, si. Ao carón de ti, ao pé das máxicas pedras da fermosa montaña do demo. Unha aperta. Miguel A. Prieto “Chitín”

4DESDE O OUTRO LADO DA RAIA

Alfredo Cabeleira, un pintor de referencia

O tenente de alcalde de Verín inaugurou este servizo, acompañado dos voluntarios que o atenderán.

Volta a bibliopiscina de Verín A Biblioteca Pública Municipal de Verín puxo en marcha, por oitavo ano consecutivo, o servizo da bibliopiscina nas piscinas descubertas de A Granxa co obxecto de estender os servizos bibliotecarios aos usuarios da mesma e potenciar a lectura. Este servizo oferta máis de 300 volumes en castelán, galego e portugués, que inclúen libros, contos infantís, cómics, xornais e revistas actuais. E funcionará ata setembro (de luns a domingo), de 17 a 20 horas.

Alfredo Cabeleira ensina pintura na Escola Municipal de Boticas, con taller en Valpaços, Macedo de Cavaleiros e Castrelo do Val en España, sen esquecer os varios anos que deu clases en Montealegre. Concluiu o curso de deseño e pintura no Instituto Parramon en Barcelona, é membro da Sociedade Nacional de Belas Artes e pertence à Asociación de Artistas Plásticos do Alto Támega e de Monterrei. É un artista xa con varias exposicións tanto en Portugal como no estranxeiro, onde a admi-

ración polos seus cadros é xa unha constante. Ten unha vastísima obra, onde predomina ruralidade, dunha pureza deslumbrante. É aquí que me fai recordar as miñas lembranzas de infancia, onde vivín estas escenas tan superiormente ilustradas por este gran pintor, tan cheas de vida e de intensidade con contrastes de cores da paisaxe madura e luminosa dun ceo cristalino. Alfredo Cabaleira sen dúbida está a percorrer xa os camiños dos grandes mestres da actualidade. João Damião

Adegal aposta pola agricultura na Limia Adegal ante a defensa e o impulso da comarca da Limia, aposta polo sector agrícola e gandeiro como piar fundamental nesta bisbarra, tanto a nivel económico, como social e cultural, polo que aúna esforzos para a estruturación e a modernización dos regadíos, nos que todas as Administracións deben involucrarse cumprindo os compromisos adquiridos sen máis dilacións no tempo. As Comunidades de regantes Corno do Monte, Alta Limia, LamasGanade e San Salvador de Sabucedo, legalmente constituídas e coa concesión da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, están á espera da execución das infraestruturas de rega. Ademais, o Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia está a trabar os regadíos pola obrigatoriedade do sometemento ao estudio de impacto ambiental, segundo a última reunión mantida pola Comisión de Traballo para o seguimento dos Regadíos da Limia, que xunto coa falta de empuxe e investimento da Consellería do Medio Rural, están imposibilitando o desenvolvemento e modernización das superficies cultivables, sendo para

“Son as Administracións as que non cumpren co seu compromiso de levar a cabo o plan de modernización dos regadíos”

a agricultura un dos piares básicos a dispoñibilidade de auga, completando axeitadamente o ciclo dos cultivos e sumando calidade. Actualmente, a derivación de auga dos ríos é a única posibilidade para rego, con concesións vixentes das antigas comunidades de regantes, que son válidas ata que se dispoña das novas obras, e dado que as novas infraestruturas non están en funcionamento, non se dan por extinguidas as anteriores concesións. A pesar da intención por parte do colectivo agrícola de querer estruturar o sector, son as Administracións as que non cumpren co seu compromiso de levar a cabo o plan de modernización dos regadíos, chegándose á paradoxa de sancionar os regantes con multas de elevados importes, que ano tras ano van en aumento. Para esta comarca eminentemente agraria, nun ano no que a perda de rendemento e mesmo a perda absoluta nunha porcentaxe moi elevada nos cultivos de cereal de inverno, con previsión dunha escasa colleita de pataca e de cereal de primavera, faise imposible para as explotacións cargar coas sancións impostas pola Confederación Hidrográfica, abocando a non sementar ante a inseguridade creada e o temor a non poder facer fronte ás multas, o que leva consigo o arrastre do sector agrícola á súa decadencia por parte da Administración, xerando importantes perdas económicas no motor da Limia que é o sector primario. Adegal, Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia


CLASIFICADOS

Barrios Xullo de 2016

23

BARRIOS. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 142-2014. Redacción: r/ Bedoya,7, 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 352. Correo-e: info@periodicobarrios. com. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga. Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Joao Damiao, Borys Martínez, Miguel A. Prieto Sotelo, Silvia Nieto, Andrés Diz. Nº27 - Ano: XI - Xullo 2016 - Difusión: 15.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 045 352.

4TELÉFONOS DE INTERESE

4CLASIFICADOS

INMOBILIARIA Véndese pequeno soar en ruínas e 18 fincas rústicas no pobo de Reparada (Muiños). Prezo 2.000 euros. Tel. 636 329 524. Vendo piso no Vinteún. Boas vistas, corrido de adelante para atrás con praza de garaxe pechada. Prezo económico. Pouco gasto de comunidade. Tel. 629 52 38 12. Cámprase finca preto de Ourense, non urbanizable, económica. Interesados chamar ao 630 030 642. Alugo apartamento en Montalvo. 1 e 2 habitacións, preto da praia, equipado (xardín, tumbonas, aparcamento), fronte ao mar. Tel. 607 27 19 16. Vendo apartamento con dúas habitacións, cociña americana, trasteiro e garaxe. A cinco minutos da praia. Tel. 636 422 497. Vendo piso en praza España (Vigo). Tres habitacións, cociña, baño, salón, garaxe e trasteiro. Urxe venda. Tel: 639 81 62 09. Alugo praza de garaxe fronte ao centro de saúde da rúa Valle Inclán. 50 euros. Tel. 636 329 524. Alúgase local de oficina na Ponte (Ourense) acondicionado, 25 m2, económico. Tel.634 95 06 59. Ofrezo unha casiña pequena para restaurar moi próxima a Ourense a cambio de traballos de albanelería (restauración tellado, piso, encintar e dividir). Tel. 606 42 25 43. Traspáse cafetería en galerías parque de San Lázaro. Todo novo, recén reformado. Moi económico. Tel. 640 37 83 00. Precísase home para compartir piso, con calefacción, no barrio do Couto. Tel. 637 00 59 10. Véndese casa con finca na estrada de Santiago. Tel. 637 00 59 10. Alúgase piso amoblado exterior con garaxe ao lado dos novos xulgados. Tel. 637 00 59 10. Alúganse oficinas acondicionadas en r/Progreso. Tel. 637 00 59 10. Vendo apartamento na praia Montalvo. Urbanización Fontiña. 75m2. Dous dormitorios, cociña, baño, salón e gran terraza con vista ao mar. Con piscina, amplas zonas verdes e garaxe. Tel. 617 88 65 90.

COMPRA /VENDA Vendo sofa 3+2 e caldeira de calefacción de gas cidade seminova. Tel. 637 00 59 10. Vendo Citroen Berlingo 1.6 HDI 90cv., ano 2012, 78.000 km., 5 prazas, con gancho de remolque, AA, porta lateral, peche centralizado. 8000 euros. Peugeot 207 1.4 HDI 70 cv., ano 2012, 80.000km., 5 prazas, AA, regulador velocidade. 7000 euros. Ford Focus 1.8 TD 90 cv., impecable, todos os extras. 3900 euros. Renault Clio 1.5 DCI, 70

cv., ano 2012, 70.000 km., AA, regulador velocidade, todos os extras. 7000 euros. Nissan Terrano II 2.7 TD, 125 cv., ano 2005, todos os extras. 4900 euros. Volkswagen Golf IV 1.6 16 v., 105 cv., moi coidado. 2900 euros. Tel. 988 460 576. Vendo Opel Zafira 1.9 CDTI 150CV (7 prazas) acabado COSMO (todos os extras). Máis info e fotos no 607 20 34 81 (atendo WhatsApp) Vendo máquinas recreativas (modelos vellos), máquinas de dardos (PRESAS), máquinas expendedoras de tabaco, etc. Tel. 607 20 34 81 (atendo WhatsApp).

EMPREGO Ófrecese señor para traballar de pintor -con 40 anos de experiencia- . Disponibilidade inmediata. Tel. 647 640 620. Limpeza de fincas, xardíns, desbroce e traballos de campo, ampla experiencia. Consulte prezo sen compromiso. Tel. 602 864 666. Danse clases particulares de pintura artística, óleo, acuarela, pastel, acrílico, todos os niveis, máis de 40 anos de experiencia. Tel. 610 659 417. Fanse desbroces con tractor e a man. Tel. 630 521 448. Ofrécese señora para o coidado de persoas. Pode ser en casa ou no hospital. Con informes. Tel. 669 434 330. Danse clases particulares de piano, ideal para nenos e para iniciación. Tel. 667 985 171. Moi económico, fanse reparacións en fogar e negocios, carpintaría, mobles, persianas, etc. Tel. 656 782 460 Danse clases particulares de todas as materias de primaria, a domicilio ou presenciais. Tel. 666 743 660. Necesítase señora para coidar un matrimonio de persoas maiores e realizar tarefas do fogar. Tel. 630 03 06 42. Ofrécese home de 40 anos con experiencia e titulación para coidado de persoas maiores ou depedentes. Calquera horario. Seriedade. Tel. 685 56 46 81. Fanse desbroces con tractor ou a man. Bo prezo. Tel. 630 521 448. Impártense clases individuais personalizadas en Ourense. Materias curriculares de ensinanzas medias. Con CAP. Ampla experiencia. Económico. A domicilio. Contacto: clasesadomicilio2014@hotmail.com e 610 38 25 89

CONTACTOS Ofrécese mozo de compañía para mulleres de 40 a 60 anos. Danse masaxes eróticos. Prezo anticrise. Absterse de chamar homes. Tel. 697 79 59 28.

Comarca de Monterrei Concello de Verín Concello de Monterrei Concello de Oimbra Concello de Vilardevós Concello de Riós Concello de Castrelo de Val Concello de Laza Concello de Cualedro Comisaría de Policía Verín Policía Local Verín Bombeiro Verín Garda Civil Protección Civil Estación de autobuses Taxis - Parada Hospital Taxis - Parada Estación Autobuses Taxis - Parada Praza Merced Taxis - Parada Praza do Concello Ambulatorio Urxencias Ambulatorio Cita previa Hospital de Verín Cruz Vermella Correos e Telégrafos Rexistro Civil de Verín Rexistro da Propiedade Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Servizos Sociais Verín Cáritas Parroquial IES nº1 de Verín IES García Barbón I. Bacharelato X. Taboada Chivite CEIP Amaro Refoxo CEIP Princesa de España Comarca de A Limia Concello de Xinzo Concello de Porqueira Concello de Calvos de Randín Concello de Baltar Concello de Os Blancos Concello de Trasmiras Concello de Sarreaus Concello de Vilar de Barrio Concello de Sandiás Concello de Vilar de Santos Concello de Rairiz de Veiga Policía Local Xinzo Garda Civil Estación de autobuses Centro de saúde Xinzo Punto Atención Continuada Rexistro civil de Xinzo Rexistro da Propiedade Taxis - Parada Xinzo

988 410 001 988 418 002 988 426 160 988 417 004 988 425 032 988 419 002 988 422 002 988 424 004 988 414 123 988 411 612 988 590 206 988 410 005 988 412 121 988 413 516 988 414 342 988 411 812 988 410 385 988 411 113 988 410 800 988 413 460 988 413 636 988 411 600 988 411 038 988 410 387 988 410 737 988 410 703 988 410 253 988 414 776 988 410 679 988 411 212 988 410 379 988 410 041 988 411 425 988 410 128 988 550 111 988 466 102 988 434 000 988 466 503 988 467 506 988 445 000 988 454 002 988 449 001 988 465 001 988 465 883 988 465 552 988 462 425 988 462 361 988 460 309 988 462 200 988 462 456 988 46 0 188 988 460 209 988 460 309

Oficina de emprego Oficina da Seguridade Social Xulgado de 1ª Instancia Servizos Sociais Xinzo Cáritas Parroquial IES Lagoa de Antela IES Cidade de Antioquía CEIP Rosalía de Castro CEIP Carlos Casares Gardería Municipal Oficina Agraria Comarcal da Limia Comarca de Allariz-Maceda Concello de Allariz Concello de Baños de Molgas Concello de Maceda Concello de Paderne de Allariz Concello de Xunqueira de Ambía Concello de Xunqueira de Espadanedo Policía Local Allariz Garda Civil Allariz Centro de Saúde de Allariz Centro de Saúde de Baños de Molgas Centro de Saúde de Maceda Policia Local Maceda Garda Civil Maceda Parada taxis Maceda CEIP Padre Feixoo IES Allariz Gardería municipal Allariz Servicio Municipal de Augas Allariz Xulgado de Paz Allariz Comarca de Terras de Celanova Concello de Celanova Concello da Bola Concello de Cartelle Concello de Gomesende Concello da Merca Concello de Padrenda Concello de Pontedeva Concello de Quintela de Leirado Concello de Ramirás Concello de Verea Policía Local Celanova Centro de Saúde de Celanova IES Celanova CEIP Curros Enríquez Oficina Seguridade Social Celanova Xulgado 1ª Instancia Celanova Urxencias Sanitarias Cita previa Servizo Galego Saúde Teléfono maltratadas ITV Protección Civil Incendios forestais Fenosa (averías)

988 460 375 988 462 951 988 462 364 988 550 111 988 460 222 988 462 454 988 461 271 988 460 480 988 460 507 988 461 049 988 460 024 988 440 001 988 430 000 988 463 001 988 293 000 988 436 006 988 291 001 988 440 000 988 440 031 988 440 958 988 430 331 988 463 370 696 511 038 988 463 084 988 463 204 988 440 825 988 440 036 988 440 219 988 440 004 988 440 704 988 431 481 988 433 768 988 491 111 988 485 000 988 260 000 988 494 783 988 495 005 988 493 500 988 491 523 988 430 600 988 431 806 988 451 736 988 431 290 988 431 725 988 553 055 988 431 482 061 902 077 333 016 902 309 000 112 085 988 222 222


Barrios Xullo de 2016


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.