A BIODIVERSIDADE

Page 1

A BIODIVERSIDADE

Fabio Otero Dios


INDICE

Apartado 1-Que é a biodiversidade-? A que niveis se da? Apartado 2-Por que a biodiversidade é importante? Apartado 3-Por que está desaparecendo tan rápido? Apartado 4-Que consecuencias pode traer a perda de biodiversidade? Apartado 5-Como podemos evitar esta perda? Apartado 6-É España un país rico en biodiversidade? Cales son as causas desta riqueza? CONCLUSIÓN Bibliografía


Que é a biodiversidade? A que niveis se da? A biodiversidade é o termo que fai referencia a todos os seres vivos da terra e as súas variación debido a evolución das especies. Esta dase a grandes niveis grazas a evolución das especies. Partindo desde unha pequena célula marítima,as especies fóronse adaptando as diferentes condicións climatolóxicas e de relevo do lugar,sexa añadindo pelo ou escamas ao seu corpo,ou desenrolando defensas contra os depredadores do lugar.Isto fixo que se poidan encontrar moitas variacións só dunha mesma especie.

Por que a biodiversidade é importante? Se a biodiversidade é importante por algo é pola cadea alimenticia. A cadea alimenticia é a serie de animais que son consumidos por outros,nun afán de supervivencia.Cando un destes animais desaparece nunha zona ou mundialmente,a cadea alimenticia rómpese.Claramente,os animais buscan outros animais para seguir alimentándose.

Por que esta desaparecendo tan rápido? Unha das causas polas que a biodiversidade está decrecendo é a acción dos humanos.O uso indiscriminado de materia prima sen control é unha das principais accións negativas que facemos.Moitos


bosques son talados sen control,deixando a moitas especies sen un fogar onde vivir. Tamén temos a culpa do quecemento global.O aumento de temperatura no mundo implica o derretemento dos polos,así como a expansión de virus en especies tropicais e subtropicais,que eliminan as especies residentes do lugar no pasado Hai moitas causas negativas debido as nosas accións no mundo.

Que consecuencias pode traer a perda de biodiversidade? A perda de biodiversidade pode orixinar a ruptura da cadea alimenticia.Como xa indiquei,os animais buscan outras especies para se alimentar,o que orixina mesturas nas cadeas.Estas mesturas soen acabar con especies,xa que non hai suficiente alimento para as dúas especies. Pero non é só alimento para o resto dos seres vivos,senón para nós mesmos,os humanos.Nos alimentámonos de moitos seres vivos,seres aos que lles afectan actos como o quentamento global, a contaminación,...A súa desaparición implica perda de alimentos,o que deriva en,por exemplo,máis fame no mundo.


Como podemos evitar esta perda? Pola nosa parte,e se queremos evitar a desaparición de máis especies na terra,debemos ser respectuosos con esta.Non debemos tirar lixo fora das papeleiras ou do seu conteder.Tampouco debemos despercidiciar comida ou outros obxectos que nos poidan ser útiles dunha forma ou outra. Algo que tampouco debemos facer e atacar e danar animais,estean en perigo de extinción ou non.Pensa que podes matar a unha femia con crías por exemplo. Por ultimo,non debemos abandonar as nosas mascotas.Probablemente non sobrevivirían ou serían asasinadas.

É España un país rico en biodiversidade? Cales son as causas desta riqueza? Sen dubida algunha,España en un dos países da UE(Unión Europea)con máis biodiversidade.Isto é debido a variedade de climas que hai en España(mediterráneo,atlántico,oceánico e subtropical).Isto permítenos observar unha gran variedade de especies(como o lince ibérico). En España perdéronse unha gran cantdaide de especies(como o quebrantaosos ou o bucardo),e outras moitas especies propias do noso país están en perigo de extinción(como o lince ibérico).


CONCLUSIÓN A biodiversidade é o termo que engloba a todas as especies do planeta.Esta dáse a grandes niveis,grazas a evolución das especies. A biodiversidade é importante por varias razóns.Unha de elas é pola cadea alimenticia. Se unha cadea se rompe pola desaparición dunha especie,é posible que se mesturen dúas cadeas,coa conseguinte desaparición de máis especies. A biodiversidade estase perdendo,principalmente,pola acción dos humanos e que fan con eles (quentamento global,desaparición de bosques...).Pola nosa conta,nós debemos evitar maltratar á terra,(non tirar lixo...). España é un pais con moita biodiversidade grazas aos catro climas que hai no país.Podemos encontrar moita variedade de especies,pero moitas están en perigo de extinción ou xa extinguidas. Bibliografía -Wikipedia(Pinchar aquí)


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.