CIRCULAR PRINCIPIO DE CURSO

Page 1

CONVIVENCIA ESCOLAR É importante saber, que tanto os pais e nais como os profesores/as teñen unha responsabilidade no proceso educativo do alumno/a. A asistencia diaria a clase é obrigatoria e necesaria. Os alumnos/as teñen que chegar puntuais cada día. As faltas de asistencia deben ser xustificadas por escrito ó titor/a polo pai, nai ou titor/a legal do alumno/a. Na medida en que sexa posible, evitarase faltar as clases cando haxa exames, entrega de traballos,… para non alterar a actividade avaliadora. O alumnado só poderá abandonar o centro en horario escolar co permiso da Dirección, cunha previa autorización escrita dos pais ou titores legais e sempre que saian acompañados dun adulto autorizado. Asegúrense de que o seu fillo/a teña, o antes posible, os libros e o material escolar solicitado. O alumno/a deberá traer o material necesario para cada área:libros, cadernos, roupa e calzado para E. Física,…

A BIBLIOTECA ESCOLAR

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

Os alumnos/as poderán facer uso da biblioteca escolar os mércores de 16:00 a 17:40. Para iso deberá anotarse previamente na lista que está na entrada da biblioteca.

Trimestralmente, coincidindo coas avaliacións, enviarase ás familias información sobre o proceso de aprendizaxe de cada alumno/a a través do boletín informativo coas cualificacións. Dito boletín deberá ser asinado polo pai, nai ou titor/a legal e devolto ó centro para verificar a súa entrega.

Alí terán tamén ordenadores a súa disposición para a realización de traballos ou actividades de carácter académico.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS Ó longo do curso organizaranse saídas de interese cultural para os/as alumnos/as. Non se lle permitirá a asistencia a estas actividades ó alumnado que non teña un comportamento axeitado nas aulas ou que non amose interese polo estudo. Sempre que se faga unha unha saída didáctica os/as alumnos/as deberán entregar ó seu/súa titor/a ou profesor/a encargado da actividade a autorización para realizala asinada polo pai, nai ou titor/a legal.

MATERIAS PENDENTES

Para evitar calquera incidencia que afecte á seguridade do alumnado e ó bo funcionamento das clases, terase en conta o seguinte: a)

Os pais e nais non poderán acceder ás aulas, corredores, etc., sen a debida autorización, pola seguridade dos nenos/as e o correcto desenvolvemento das clases.

b)

Sempre que sexa posible eviten entrar cos vehículos no recinto escolar para garantir a seguridade dos alumnos/as,

c)

Non se pode fumar dentro do recinto escolar.

Inculquen ós seus fillos/as a importancia de coidar a súa escola e o material que a diario utilizan. Polo seu ben e polo respecto ós demais, deberán saber que todo isto sae do esforzo de todos, incluído o de vostedes.

Os alumnos/as deben aprobar, con carácter prioritario, as áreas pendentes, xa que rematado o curso se terán en conta todas as materias non aprobadas á hora de decidir a promoción ó seguinte curso e a titulación.

d)

A hixiene e vestimenta axeitada debe ser coidada con todo esmero pola familia para inculcar uns bos hábitos ós/ás vosos/as fillos/as.

Os libros gratuitos que se lle entreguen ó alumnado ó inicio do curso deberán ser devoltos ó finalizar en perfectas condicións de uso.

Aqueles alumnos/as con materias pendentes de anos anteriores deberanse comunicar cos profesores/as para informarse dos traballos e/ou exames que terán que realizar para poder aprobalas.

e)

Os problemas de disciplina serán correxidos conforme á lei e as normas de convivencia establecidas para o noso centro. Os pais/nais serán informados cando haxa acumulación de partes de incidencias.

Non se pode empregar o teléfono móbil no horario da clase. A nosa escola é un centro aberto e comunicativo. Calquera dúbida ou problema relacionado coa educación do seu fillo/a deberá ser tratado aquí no centro, falando co seu profesor/a titor/a.

NON DUBIDEN EN ACUDIR A NÓS SEMPRE

QUE O CONSIDEREN NECESARIO.

CONSERVE ESTE IMPRESO, XA QUE A INFORMACIÓN QUE NEL FIGURA É VÁLIDA PARA TODO O CURSO ESCOLAR.


EQUIPO DIRECTIVO Director: Pedro Martín Méndez Xefa de Estudos: Beatriz Martínez García Secretario: Rafael Redondo Monroy EQUIPO EDUCATIVO DE SECUNDARIA DEPARTAMENTO DE CIENCIAS Isabel Razquín Lizarraga María González Villardefrancos DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA Vicente Fontenla Piñón Eva Mª López Pérez DEPARTAMENTO DE E. PLÁSTICA E VISUAL Alfonso loureiro Arias DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA Olga de Larriva Pereira DEPARTAMENTO DE FRANCÉS Pilar Lozano Bernal DEPARTAMENTO DE HISTORIA Mª Jesús Vidal Alves Mª Carmen Pena Souto DEPARTAMENTO DE INGLÉS Fátima Miragaya de los Reyes Beatriz Martínez García DEPARTAMENTO DE L. GALEGA Elisa Roca Rodríguez Aurora Carballada Gómez DEPARTAMENTO DE L. CASTELÁ Natalia Pardavila Pazos Rosa Obelleiro Piñón DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS Pedro Martín Méndez José Luis Vidal Souto

VACACIÓNS E DÍAS NON LECTIVOS Comezo das clases: O día 17 de setembro Martes 12 de outubro: Festivo Luns 1 de novembro: Festivo Xoves 11 de novembro: Festividade de San Martiño 6, 7 e 8 de decembro: Festivos e día do ensino marcado pola Consellería. Vacacións de Nadal: dende o 23 de decembro ata o 7 de xaneiro, ambos os dous inclusive. Entroido: 7, 8 e 9 de marzo Semana Santa: do 18 ata o 25 de abril inclusive. 16 e 17 de maio: Letras Galegas Remate das clases: O día 23 de xuño

HORA DE ATENCIÓN A PAIS E NAIS O titor/a ________________________________

DEPARTAMENTO DE MÚSICA Sonia Rodríguez Area

de ___________ estará ó seu dispor para atendelos

DEPARTAMENTO DE RELIXIÓN José Ramón Fernández Feijoo

ós _____________ de __________ a _________,

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA Ana Tilve Costas

Para poder ofrecerlles unha información máis completa, deberán avisar previamente para que o titor/a poida recoller tamén a información necesaria dos especialistas que lle dan clase ó seu/súa fillo/a.

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Cristina González Piñeiro ( Orientadora ) Rafael Redondo Monroy ( Pedag. Terapeútica ) P.C.P.I. Mª Isabel Otero Gago

Curso 2010 - 2011

CENTRO PÚBLICO INTEGRADO DO TOURAL Direc.: Toural nº 34 36141 Vilaboa, Pontevedra Teléfono / fax: 986 70 83 41 Páx.web: centros.edu.xunta.es/cpidotoural


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.