pasapalabra

Page 1


Rosco 1 A Aparato para medir a intensidade do vento. Anemómetro B Aparato utilizado para medir a presión atmosférica. Barómetro C Aparato para medir a dirección do vento. Catavento D Relación que existe entre a masa e o volume. Densidade E Grandes esferas de hidróxeno e helio que liberan enerxía. Estrelas F Técnica de separación de mesturas empregada para separar un sólido mesturado cun líquido no que non é soluble. Filtración G Enormes agrupacións de estrelas. Galaxias H Masa de auga que forma parte da superficie terrestre. Hidrosfera I Capa da atmosfera onde non hai gases e se reflicten as ondas de radio e televisión. Ionosfera L Parte sólida rochosa máis externa da Terra. Litosfera M Substancia quente e espesa que sae pola chimenea do volcán. Magma N Nubes que se forman a rente do chan. Néboa CONTÉN o Ñ Animal mamífero que habita no mar. Golfiño O Corpo que non deixa pasar a luz. Opaco P Rocha formada por grans de area e que ten un tacto moi rugoso. Pedra de gra Q Unidade de medida que equivale a mil gramos. Quilogramo R Aire que ascende en forma de espiral arrastrando area e po. Remuiño S Rocha que presenta cor branca, sabor salgado e se raia coa unlla. Sal Xema T Aparato que serve para medir a temperatura. Termómetro U É a distancia media entre a Terra e o Sol. Equivale a 150 000 000 km. Unidade astronómica V Espazo que ocupa un corpo. Volume X É un mineral branco, brando, pódese raiar cunha unlla e é cristalino. Xeso Z Pedra preciosa Zafiro

ROCÍO MARTÍNEZ PIÑEIRO


ROSCO 2 A Ciencia que estuda o espazo. Astronomía B Termo utilizado para definir a variabilidade dos seres vivos. Biodiversidade C Fenómeno atmosférico debido á precipitación de auga en estado líquido. Chuvia D Instrumento utilizado para medir o peso. Dinamómetro E As tres formas nas que a materia se pode presentar. Estados de agregación da materia F Procedemento no que non se altera a natureza das substancias. Físico G Estado da materia no que as partículas están moi separadas unhas doutras e se moven libremente. Gasoso H Cantidade de vapor de auga que hai no aire. Humidade atmosférica I Rochas que se forman cando o magma arrefría e solidifica lentamente no interior da Terra. Ígneas L Parte plana das follas. Limbo M Todo aquilo que se pode medir. Magnitude N Fenómeno atmosférico debido á precipitación cando no interior da nube se acada unha temperatura de 0o C. Neve CONTÉN o Ñ Órgano sensorial dos peixes que detecta movementos de auga, obstáculos e presas. Liña lateral O Elemento químico que forma parte do aire que respiramos. Osíxeno P Nome da célula máis sixela. Procariota Q Proceso de nutrición autótrofa que toma a enerxía que desprenden certas reaccións químicas. Quimiosíntese R Corrente continua de auga. Río S Tipo de rocha formada polos sedimentos doutras rochas. Sedimentaria T Planeta con condicións axeitadas para o desenvolvemento da vida. Terra U Organismos que teñen una soa célula. Unicelulares V Seres vivos nos que o embrión se desenvolve dentro do corpo da nai alimentándose das substancias nutritivas que esta lle proporciona. Vivíparos X Auga en estado sólido. Xeo CONTÉN O Z Parte da planta que a fixa ao chan e por onde absorbe a auga e as sales minerais. Raíz

ANDREA IGLESIAS ROSENDO e SANDRA COSTOYA DACOSTA


Rosco 3 A Grupo ao que pertencen as plantas máis modernas. Anxiospermas B Moluscos que posúen dúas cunchas unidas por unha especie de bisagra e non teñen unha cabeza diferenciada. Bivalvos C Cuberta que protexe ao corpo dos moluscos. Cuncha D Esqueleto formado por placas calcáreas recubertas de pel. Dermoesqueleto E Liña imaxinaria que divide á Terra en dúas partes iguais. Ecuador F Serve para que algunhas células se poidan mover. Flaxelo G Nome que reciben as células sexuais. Gametos H Tipo de plantas sen vasos conductores. Hepáticas I Liña que une puntos que teñen a mesma presión atmosférica. Isóbaras L Estado de agregación da materia que ten masa e volume fixo e forma variable. Líquido M Reino ao que pertencen as bacterias. Móneras N Función vital que consiste en tomar materia e enerxía do medio. Nutrición CONTÉN O Ñ Froita tropical. Piña O Orificio de maior tamaño que se atopa no corpo dos poríferos. Ósculo P Unidade de medida no espazo igual a 3,26 anos luz. Pársec Q Unidade de masa no S I. Quilogramo R Oxidación dos nutrientes dentro das mitocondrias para liberar enerxía. Respiración celular S Estado de agregación da materia. Sólido T Tipo de carbón de baixo poder calórifico. Turba U Clase de anfibios que posúen catro patas e unha cola moi desenvolvida como as píntegas. Urodelos V Célula con orgánulos exclusivos, cloroplastos. Vexetal CONTÉN o X Reprodución na que interveñen gametos. Sexual Z Substancias orgánicas fabricadas no proceso de fotosíntese que se distribúen por toda a planta. Zume eleborado

SOUFIANE ABOUFARIS e YASSINE EZAARI


Rosco 4 A Teñen o corpo cuberto de plumas. Posúen ás e patas. Son ovíparas. Aves B Son organismos unicelulares e procariotas.Poden ser autótrofas, heterótrofas e saprófitas segundo o tipo de alimentación. Bacterias C Volume máximo que poden conter certos recipientes que se utilizan para medir líquidos. Capacidade D Aumento de volume que experimentan os sólidos, líquidos e gases cando aumenta a temperatura. Dilatación E Palabra que significa ocultación. Eclipse F Paso de estado sólido a estado líquido. Fusión G Forza con que a Terra e os corpos se atraen. Gravidade H É un gas inerte, é dicir, non reacciona nin se combina con outros elementos químicos. Helio I Efecto que producen na atmosfera o dióxido de carbono e o vapor de auga. Invernadoiro L Satélite que se move arredor da Terra e nos amosa sempre a mesma cara. Lúa M Son subidas e baixadas do nivel do mar. Mareas N Fenómeno atmosférico debido á precipitación se a temperatura no interior da nube alcanza cero graos centígrados. Neve CONTÉN O Ñ: Árbore distribuída por toda Galicia con semente comestible gardada nun ourizo e de importancia económica. Castiñeiro O Animais que se reproducen sexualmente e poñen ovos. Ovíparos P Animais con aletas, pel cuberta de escamas que respiran por branquias. Peixes Q Son réptiles con cuncha como a tartaruga. Quelonios R Función vital na que intervén o sistema nervioso, o sistema endocrino, o aparato locomotor e os órganos dos sentidos. Relación S Paso de estado sólido a gasoso. Sublimación progresiva T Sostén as follas e as flores, e permite a circulación da seiva por toda a planta. Talo U É o órgano das femias dos mamíferos onde se desenvole o embrión ata que nace. Útero V Paso de estado líquido a gasoso. Vaporización X Plantas leñosas con follas estreitas en forma de agulla ou de escama, perennes, con flores unisexuais , sen froitos polo que a semente aparece núa. Ximnospermas Z Parte da raíz que separa a cofia dos pelos absorbentes. Zona de crecemento

MOHAMED FAHMI e BORJA VÁZQUEZ VERAS


Rosco 5 A Corpo celeste. Astro B Moléculas exclusivas dos seres vivos. Biomoléculas C Unidade de organización e funcionamento dos seres vivos. Célula D Técnica empregada para separar dous líquidos non solubles entre si e con diferentes densidades. Decantación E Substancia pura simple coa mesma clase de átomos que non se pode descompoñer noutras máis sinxelas e se representa por símbolos. Elemento químico F Nome científico do gato. Felis catus G Mineral do que se extrae o chumbo. Galena H Filamentos que forman a agrupación de células nos cogomelos. Hifas I Animal que carece de esqueleto óseo interno. Invertebrado L Rocha de orixe metamórfica , de cor gris ou negra, que racha fácilmente en láminas. Lousa M Corpos sólidos inorgánicos, que teñen orixe natural, unha composición química definida e unha estructura cristalina. Mineral N Parte da célula eucariota onde se encontra o ADN coa información necesaria para o seu funcionamento. Núcleo CONTÉN o Ñ Animal útil polo gran número de insectos que elimina ao quedaren atrapados na tea que fabrican cunha proteína. Araña O Ser vivo que se alimenta de animais e vexetais. Omnívoro P Ser vivo que se alimenta a expensas doutro individuo e o prexudica. Parásito Q Substancia que forma o esqueleto dun gran número de invertebrados. Quitina R É a función que garante a supervivencia dos seres vivos e lles permite orixinar novos individuos semellantes a eles. Reprodución S Paso de estado líquido a sólido. Solidificación T Categorías nas que se dividen os reinos. Taxonómicas U Conxunto de todo o que existe materialmente. Universo V Órgano dos peixes que poden encher e vaciar de gas e utilízano para aboiar e manter o equilibrio. Vexiga natatoria X Planta de lugares pantanosos e húmidos frecuente no fondo das rías e na desembocadura dos ríos. Xunco Z A auga e os sales minerais que as plantas absorben pola raíz. Zume bruto

ANTÓN ÁLVAREZ GARCÍA-RAMOS e SALAH EDDINE EL KABBOURY


Rosco 6 A Animal invertebrado, segmentado, provisto de apéndices articulados. Artrópodo B Nome que recibe a reprodución asexual das bacterias. Bipartición C Animal que se alimenta de carne. Carnívoro D Resistencia que opón a superficie dun mineral a ser raiado por outro. Dureza E Célula co material xenético gardado nunha membrana nuclear formando o núcleo e que posúe unha gran cantidade de orgánulos. Eucariota. F Son restos de seres vivos e da súa actividade que se conservan a través do tempo e pasan a formar parte das rochas sedimentarias. Fósiles G Biomoléculas que constitúen substancias de reserva. Graxas H Aparato que se utiliza para medir a humidade atmosférica. Higrómetro I Corpos, compostos químicos que non teñen carbono na súa composición. Inorgánicos L É una magnitude que indica distancia. Lonxitude M Enfermidade parasitaria endémica, propia de rexións tropicais producida por o protozoo Plasmodium malariae e transmitida polo mosquito Anopheles. Malaria N Cada unha das estructuras en forma de cordón, constituídas por fibras que se encargan da transmisión de impulsos nerviosos. Nervios CONTÉN o Ñ Máquina para moer algunha cousa. Muíño O Órgano de reprodución das femias onde se orixinan os óvulos. Ovario P Ser vivo que se alimenta a expensas doutro. Parásito Q Ciencia que estuda a composición das substancias e os cambios que se producen nelas. Química R Agregado dun ou varios minerais. Rocha S Organismo que se alimenta de materia orgánica en descomposición. Saprófito T Perda de auga por parte das plantas a través dos estomas. Transpiración U Lámina córnea semitransparente que nace no extremo dos dedos das persoas e dalgúns animais. Unllas V Un planeta do sistema solar. Venus X Substancia pura simple de cor amarela que se atopa na Natureza puro ou como sulfatos. Xofre Z Aves que teñen as patas mio longas. Zancudas

CHAIMA FAHMI


Rosco 7 A Poden ser unicelulares ou pluricelulares e pertencen ao Reino Protoctistas. Algas B Parte da superficie terrestre na que se desenvolven os seres vivos. Biosfera C Serie de montañas aliñadas. Cordilleira D Grupo de bacterias que pertence ao tipo cocos. Diplococos. E Capa que se encontra sobre a troposfera. Nela está a capa de ozono que nos protexe dos raios ultravioleta do sol. Estratosfera F Grupo de protozoos que se desprazan mediante flaxelos. Flaxelados G Grupo de moluscos que teñen cuncha ou non. Gasterópodos H Conxunto de augas da Terra. Hidrosfera I Fenómeno atmosférico. Situación dun lugar cando o cubriu a auga. Inundación L Molécula orgánica que serve de almacén de enerxía. Lípido M Capa da atmosfera que se encontra sobre a Estratosfera. Nesta capa prodúcense as estrelas fugaces. Mesosfera N Concentración de gas ( Principalmente Hidróxeno e Helio ) e po interestelar. Nebulosa CONTÉN o Ñ Movemento da auga de mares ou océanos que quenta e arrefría as zonas costeiras. Corrente mariña O Rocha ígnea volcánica. Obsidiana P Rabiño por onde a folla se une ao talo. Pecíolo Q Substancia que forma o exoesqueleto dos artrópodos. Quitina R Falsa raíz dos brións coa que se fixan ao chan e absorben a auga. Rizoides S Organismos que se alimentan de materia orgánica en descomposición. Saprófitos T Rexión que teñen algúns animais do que parten varios pares de patas e tamén pares de ás. Tórax U Percibir olor, cheirar. Ulir V Produto de orixe microbiana que, introducido no organismo, estimula a formación de anticorpos e inmuniza contra determinadas enfermidades infecciosas. Vacina X Tipo de plantas que carecen de froito, é dicir, a semente está núa. Ximnospermas Z Líquido que deixan as froitas ou os vexetais. Zume

MOHAMED IBRAHIMA


Rosco 8 A Mestura homoxénea de gases que rodea a Terra. Atmosfera B Mineral do que se extrae aluminio. Bauxita C Sucesión de fenómenos atmosféricos que predominan nunha rexión concreta e que se repiten anualmente. Clima D Unidade de tempo. Día E Vaporización que se produce ao quentar un líquido e ten lugar en toda a súa masa. Ebulición F Proceso no que se produce materia orgánica utilizando a enerxía da luz. Fotosíntese G Propiedade que ten un Planeta de atraer aos corpos que están sobre a súa superficie. Gravidade H Animal que se alimenta de herba. Herbívoro I Ten lugar cando as chuvias son moi abundantes. Inundación L O paso de estado gasoso a líquido por acción da temperatura e o aumento de presión. Licuación M É todo aquilo que ten masa e ocupa un lugar no espazo. Materia N Formada polo vapor de auga que ascende, se arrefría e se condensa. Nube Ñ Animal mamífero de corpo parecido a un cabalo, cabeza grande e cornos como os toros, de cor pardo ou gris e abundante crin. Ñu O Animal que se alimenta de plantas e outros animais. Omnívoro P Aparato que mide a cantidade de chuvia. Pluviómetro CONTÉN o Q Nome científico do cabalo. Equus caballus R Papel feito a partir de papel usado. Reciclado S Homo sapiens. Ser humano T Capa da atmosfera que está en contacto coa superficie terrestre. Troposfera U Formado esencialmente por galaxias que a súa vez están constituídas por estrelas. Universo V Espazo que ocupa un corpo. Volume X Grupo de plantas ao que pertencen as coníferas. Ximnospermas Z Ruído que fan as avespas. Zumbido

MERCEDES BACARIZA TOJO


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.