pasapalabra

Page 1

Ver as Ciencias como un xogo a compartir. V

W

X

Z

A

B

C D E

U T

F

S

G H

R Q

P

O

Ñ

N

M

L

I

PASAPALABRA CIENTÍFICO 1º B


Rosco 1 A Serie de proxenitores e ascendentes dunha persoa ou dunha familia. Árbore xenealóxica B Tipo de reprodución asexual na que a célula nai se divide en dúas células fillas exactamente uguais. Bipartición C Alteración da calidade natural da auga. Contaminación D Réptil fósil de gran tamaño que viviu na era secundaria. Dinosaurio E Substancia pura que non se pode descompoñer noutras máis simples. Elemento químico F Tipo de reprodución asexual que consiste na división espontánea do proxenitor nunha serie de fragmentos que orixinan novos individuos. Fragmentación G Nelas realízanse explotacións de gravas. Graveiras H Individuo que produce gametos masculinos e femininos. Hermafrodita I Ausencia de peso dun corpo material. Ingravidez L Etapa do desenvolvemento embrionario que ten lugar fóra do ovo ou do corpo dos proxenitores e que presenta diferenzas importantes coa forma adulta. Larva M Lévase a cabo no subsolo. Utilízanse pozos ou ramplas dos que parten as galerías. Minería de interior N Célula do tecido nervioso. Neurona CONTÉN o Ñ Ave de tamaño grande co pescozo, patas e peteiro longo que fai o niño en lugares elevados. Cegoña O Relativo aos ollos. Ocular P Temperatura a que unha substancia pura pasa de estado líquido a gasoso. Punto de ebulición Q Tipo de boitre en perigo de extinción. Quebrantaosos R É a cor do po dun mineral. Raia S Conxunto de órganos. Sistema T Establece que a materia está formada por partículas en continuo movemento. Teoría cinético-molecular U Que produce picor ou escozor. Urticante V Aire en movemento. Vento X Vasos leñosos. Xilema Z Insecto de corpo alongado e patas moi longas, que se despraza pola superficie da auga grazas a tensión superficial que esta opón. Zapateiro

CARLA BARREIRO FERREIRA


Rosco 2 A Tipo de nutrición propia das plantas. Autótrofa B Órgano respiratorio dos peixes. Branquias C Técnica para separar un soluto sólido disolto nun disolvente por evaporación lenta. Cristalización D Proceso no que as partículas dos gases dipérsanse e desprázanse unhas sobre outras, mesturándose de xeito rápido. Difusión E Forman o órgano reproductor masculino da flor. Estames F Cambio de estado de sólido a líquido. Fusión G Rocha máis abundante en Galicia. Granito H Bioelemento primario importante nos seres vivos. Hidróxeno I Que non se pode mover. Inmóbil L Local preparado para realizar experimentos químicos, análises e investigación. Laboratorio M Capa da Terra entre a codia eo núcleo. Manto N Capa máis interna da Terra. Núcleo CONTÉN o Ñ Lugar onde habitan e crían as aves. Niño O Cada unha das pezas duras e ríxidas que forman o esqueleto dos vertebrados. Ósos P Científicos que estudan a Paleontoloxía. Paleontólogos Q Procedemento que altera a natureza das substancias. Químico R Materiais que forman a parte sólida da Terra. Rochas S Acción e efecto de separarse. Separación T Fenómeno atmosférico debido á acción do vento que se produce en grandes nubes de tormenta e se manifesta en forma de cono invertido. Tornado U Material radiactivo. Uranio V Auga en estado gasoso. Vapor de auga X Categoría taxonómica intermedia entre familia e especie. Xénero Z Persoa que estuda os animais. Zoólogo

DAVID GRILO AROSA


Rosco3 A Composto químico formado por 2 átomos de H e 1 de O. Auga B Prefixo grego que significa vida. BioC Elemento químico que se atopa nun 9,5 % nos seres vivos. Carbono D Substancia que está en maior cantidade nunha disolución. Disolvente E Subdivisión máis pequeña dun reino. Especie F Proceso químico mediante o que os lévedos transforman a glicosa en alcol. Fermentación G Son enormes acumulacións de xeo que recobren rexións enteiras e que ao chegar ao mar se rompen en grandes bloques formando os icebergs. Glaciares de casquete polar H Unidade de tempo. Hora I Propiedades da materia que non dependen do tamaño. Intensivas L Así é a folla do carballo por ter o bordo do limbo en forma de lóbulos. Lobulada M Orgánulo onde se realiza a respiración celular. Mitocondria N Raíz formada por una raíz principal moi engrosada, na que se acumulan substancias de reserva. Napiforme CONTÉN o Ñ Tipo de talo resistente. Leñoso O Estructura que protexe as branquias nos peixes óseos. Opérculo P Algas que aboian libremente na auga. Planctónicas CONTÉN o Q Grupo no que están os ourizos de mar e as estrelas. Equinodermos R Volver a utilizar. Reutilizar S Volume existente entre dúas división consecutivas dunha probeta. Sensibilidade T Agrupación de células iguais. Tecido U Flor que só contén estames ou só contén pistilos. Unisexual V Estación do ano. Verán X Nome dun planeta. Xúpiter Z Persoa que decribe ou debuxa animais. Zoógrafo

DIEGO MEIJÓN VILLAVERDE


Rosco 4 A Pequeno astro visible telescópicamente. Asteroide B Instrumento par medir a masa. Balanza C É unha substancia pura que se pode descompoñer noutras máis sinxelas por procedementos químicos. Composto químico D Está orixinado polo movemento de rotación da Terra. Día E Ser vivo nas súas primeiras fases de desenvolvemento. Embrión F As anxiospermas caracterízanse porque os producen. Froitos G Secretan cuspe na boca dos animais terrestres. Glándulas salivales H Terreo con moita herba. Herbáceo I Réptil saurio cunha cresta dentada polo lombo. Iguana L Lago pequeno. Lagoa M Mamífero que desenvolveu unha especie de ás alongando os dedos das extremidades anteriores e recubríndoas de pel. Morcego N Está orixinada polo movemento de rotación da Terra. Noite CONTÉN o Ñ Froito tropical. Piña O Réptiles sen patas, con párpados soldados e transparentes que desarticulan as mandíbulas para inxerir grandes presas. Ofidios P Órgano musculoso que utilizan os caracois para moverse. Pé Q A tartaruga pertence a ese grupo de réptiles. Quelonios R Utilizar a auga para o mesmo fin que tiña nun principio. Reciclar S Un anfibio. Sapo T Tipo de carbón de baixo poder calorífico que se forma a partir da descomposición de esfagnos (musgos) que viven en zonas húmidas e frías, ocupando grandes extensións. Turba U Lesión na parte leñosa dunha planta. Úlcera V Molusco cuxas valvas se coñecen popularmente como cunchas de peregrino. Vieira X Algunhas non se poden aparear entre si por non pertencer á mesma especie. Xoaniña Z Faino o vento cando é moi forte. Zoa

LUCÍA FERNÁNDEZ FRANCO


Rosco 5 A Variedade de xeso empregada na antigüidade para tallar esculturas e obxectos de adorno. Alabastro B Aspecto que presenta a superficie dun mineral cando a luz se reflicte nel. Brillo C Paso de estado gasoso a estado líquido. Condensación D É un composto formado por un átomo de carbono e dous de osíxeno. Dióxido de carbono E Bacteria en forma de espiral. Espirilo F Forma que teñen os peixes. Fusiforme G Enormes agrupacións de estrelas, gas e po. Galaxias H Plantas máis primitivas que se desenvolven en lugares húmidos como fontes e mananciais. Hepáticas I Situación contraria ao verán. Inverno L Carbón fósil que contén entre un 65 e un 75 % de carbono. Lignito M Parte da célula que permite o intercambio de substancias nutritivas e de rufugallo. Membrana celular N Parte da célula procariota. Nucleoide CONTÉN o Ñ Nome dunha conífera. Piñeiro O Cada un dos elementos que se atopan no citoplasma das células. Orgánulos P Rabiño que une a folla ao talo. Peciolo Q Unidade de masa S I. Quilogramo R Grupo de protozoos que se desprazan por pseudópodos como a ameba. Rizópodos S Peixe de cor azul con reflexos verdosos na súa parte superior e plateada na inferior. Sardiña T Corpo que deixa pasar a luz mais os obxectos non se distinguen a través del. Translúcido U Que presenta un só sexo. Unisexual V Organismos máis pequenos que existen. Virus X Mamífero coñecido en Galicia cos caninos do maxilar inferior moi desenvolvidos que sobresaen por fóra dos beizos. Xabaril Z Elemento químico de símbolo Zn. Zinc

NEREA FERNÁNDEZ FRANCO


Rosco 6 A Rocha sedimentaria moi suave. Arxila B Ano cando o mes de febrero ten 29 días. Bisiesto C Mineral do que se extrae cobre. Calcopirita D Nome das algas unicelulares de cor parda que cando se atopan en grandes concentracións producen as mareas vermellas. Dinoflaxeladas E Grupo de protozoos que carecen de órganos locomotores. Esporozoos F Unión do gameto masculino e feminino. Fecundación G Órganos dos seres vivos que liberan substancias necesarias para o organismo. Glándulas H A metade do planeta Terra. Hemisferio I O que producen as chuvias cando son moi abundantes. Inundacións L Satélite da Terra. Lúa M Unidade de volume no S I. Metro cúbico N Compartimento celular onde se atopa almacenada a información xenética. Núcleo CONTÉN o Ñ Nome do dedo máis pequeno da man. Maimiño O Grupo de réptiles. Ofideos P Temperatura á que un sólido pasa a líquido. Punto de fusión Q Unidade de masa no S I. Quilogramo R Nome da única clase de orgánulos da célula procariota. Ribosomas S Follas verdes que forman o cáliz das flores. Sépalos T Capa da atmosfera onde teñen lugar os fenómenos meteorolóxicos e onde hai a maior concentración de gases. Troposfera U Conxunto de territorios que están ao outro lado do mar. Ultramar V Animal con columna vertebral. Vertebrado X Mineral que ten múltiples aplicación. Xeso Z Parte da raíz que separa a cofia dos pelos absorbentes. Zona de crecemento

ELOY GARCÍA VILLAVERDE


Rosco 7 A Fragmentos rochosos sen luz propia que xiran arredor do Sol ou estrela. Asteroide B Moléculas que só se atopan nos seres vivos. Biomoléculas C Unidade de medida de masa. Centigramo D Relación entre a masa e o volume. Densidade E Bacterias con forma de espiral ou resorte. Espirilos F Nome ciéntifico do gato. Felis catus G Unidade de masa. Gramo H Ser vivo con dous sexos. Hermafrodita I Que non ten vida nen a tivo nunca. Inorgánico L Estado de agregación da materia con masa e volume fixo e forma variable. Líquido M Todo aquilo que se pode medir. Magnitude N Bioelemento ( forma parte da materia viva ). Está na atmosfera nun 78 %. Nitróxeno CONTÉN o Ñ Peixe moi voraz. Piraña O Conxunto de tecidos. Órgano P Metal nobre empregado en xoiería. Prata Q Mamífero acuático carnívoro. Quenlla R Movemento no cal a Terra xira sobre si mesma. Rotación S Rocha formada por anacos pequenos doutras rochas. Sedimentarias T Tipo de talo da pataca. Tubérculo U Patrón que utilizamos para medir. Unidade de medida V Propiedade dos líquidos. É a resistencia que ofrecen a fluír. Viscosidade X Período no que as crías están dentro do corpo da nai. Nos humanos chámase embarazo. Xestación Z Lugar onde se expoñen animais vivos. Zoo

FABIO OTERO DIOS


Rosco 8 A Biomolécula encargada da reprodución e da herdanza. Ácidos Nucleicos B Centro de baixas presións. Borrasca C Composto químico que destrúe o ozono. C F C ( Clorofluorocarbonos ) D Acumulación de materiais no fin dun río. Delta E Xema de cores verdosos. Esmeralda F Magnitude cuxa unidade de medida é o Newton. Forza G Célula sexual. Gameto H Variedade de carbón. Hulla I Grupo de flores. Inflorescencia L Tipo de fungo inicelular. Lévedo M Tecido que envolve a célula e lle da forma. Membrana celular N Célula nerviosa. Neurona CONTÉN o Ñ Enfermidade contaxiosa da pel, causada por un parásito, que produce caída do pelo. Tiña O Órgano da vista. Ollo P Reino. Protoctistas Q Facer entrar en combustión. Queimar R Corrente continua de auga. Río S Medida máis pequena que se pode apreciar nun instrumento de medida. Sensibilidade T Substancia que deixa pasar a totalidade dos raios de luz que lle chegan. Transparente U Planeta do sistema solar. Urano V Espazo que ocupa un corpo. Volume X Plantas anteriores as anxiospermas. Ximnospermas CONTÉN o Z Grupo de seres vivos pertencente ao reino Protoctista. Protozoos

SAMUEL FERNÁNDEZ MENDUIÑA


Rosco 9 A Está formada por unha mestura homoxénea de gases. Atmosfera B Rocha volcánica. Basalto C Conxunto de procesos mediante os que a auga se despraza describindo un percorrido cíclico desda a atmosfera ata a superficie terrestre e de novo a atmosfera. Ciclo da auga D Uso da auga para cociñar, beber, limpar… Doméstico E Partícula subatómica con carga negativa que está situada na codia do átomo. Electrón F Son a nutrición, relación e reprodución. Funcións vitais G Substancias con masa fixa e forma e volume variables, coas partículas moi separadas que se moven libremente a gran velocidade. Gases H Mestura na que se distinguen a simple vista os seus compoñentes. Heteroxéneas I Tipo de fecundación que ten lugar dentro do corpo da nai. Interna L Parte laminar da folla. Limbo M Enfermidade causada polo protozoo Plasmodium. Malaria N Froito seco procedente da Nogueira. Noz CONTÉN o Ñ Semente do piñeiro. Piñón O Que gas se atopa na estratosfera para protexernos dos raios ultravioletas? Ozono P Peso que a atmosfera exerce sobre a superficie terrestre. Presión atmosférica Q Unidade de masa. Quilogramo R Animais que teñen o corpo cuberto de escamas . Poden ter patas ou non. Réptiles S Rocha de cor branco e sabor salgado. Sal xema T Movemento no que a Terra xira arredor do Sol. Traslación U Froito da viña. Uva V Como se chama o paso de líquido a gasoso? Vaporización X Mamífero carnívoro americano da familia dos felinos. Xaguar Z Que ten forma ou aspecto de animal. Zoomorfo

NURIA PIÑEIRO RIAL


Rosco 10 A Utilízanas os animais acuáticos para desprazarse. Aletas B Bacterias con forma cilíndrica. Bacilos C Nome que recibe o falso talo dos brións. Cauloide D Proceso que consiste en tratar as augas residuais urbanas co obxecto de as reutilizar. Depuración E O Sol é ocultado pola Lúa que se interpón entre el e a Terra. Eclipse de Sol F Proceso mediante o cal un líquido se separa dun sólido non soluble. Filtración G Está formado fundamentalmente por hidróxeno, ademais de calcio, sodio, ferro, monóxido de carbono, vapor de auga, etc… Gas interestelar H Agrupación de células dun fungo. Hifas I Liñas que unen puntos da superficie terrestre que teñen a mesma presión atmosférica. Isóbaras L Tipo de enerxía que utilizan as plantas para facer a fotosíntese. Luminosa M Cantidade de materia que ten un corpo. Masa N Pequenas pinguiñas de auga conxelada que caen en forma de folerpas. Neve CONTÉN o Ñ Abertura no centro do iris do ollo pola que entra a luz. Meniña O Animal que se reproduce por ovos. Ovíparo P Alisar ou dar brillo. Pulir Q Substancia que forma o exoesqueleto dos artrópodos. Quitina R Anfibio anuro que sofre metamorfose. Rá S Réptil co corpo recuberto cun caparazón que habita no medio acuático en zonas de abundante vexetación. Sapoconcho T Órgano que sostén as follas das plantas e transporta as substancias. Talo U Anfibios con cola. Urodelos V Bacterias en forma de coma. Vibrios X Botaren xermolos as plantas. Xermolar ou xerminar Z Rama da Paleontoloxía que estuda os animais fósiles. Zoopaleontoloxía

NOELIA MARÍA SÁNCHEZ PACHECO


Rosco 11 A Estado de altas presións. Anticiclón B Organismo unicelular con célula procariota. Bacteria C Capa fina de rochas que recobre a superficie da Terra. Codia D Animal semellante ao camelo. Dromedario E Material de laboratorio empregado para medir volumes de líquidos. Erlenmeyer F Parte de arriba dunha folla. Face G Rocha que se usa moito en cantería. Granito H Mamífero paquidermo que nada nos ríos africanos. Hipopótamo I Liñas que unen puntos da superficie terrestre que teñen a mesma presión atmosférica. Isóbaras L Réptil saurio de corpo cilíndrico. Lagarto M Tipo de rochas que se orixinan a partir de magma. Magmáticas N Un marisco. Nécora CONTÉN o Ñ Tipo de talo das plantas. Leñoso O Simio que vive nas selvas de Borneo e Sumatra. Orangután P Forza con que a Terra e os corpos se atraen. Peso Q Peixe carnívoro que pode medir 4 m. Quenlla R Anfibio anuro. Rá S Follas verdes e pequenas que forman parte da flor. Sépalos T Mosca que transmite a enfermidade do sono. Tse-tse U Pezuño dos animais. Uño V Bacterias en forma de coma. Vibrios X Brote ou rebento dunha planta. Xema Z Marisco bivalvo. Zamburiña

MANUEL PIÑEIRO REY


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.