letras galeoke 9 marzo

Page 1

UXIA AS NOSAS CORES

ESPIDO SANTA MULLER

as mulleres cantan xunto ao mar baten palmas fronte ao cais adían pesares na madruga tecen redes de corais

Ai, santa muller que me escoitas Escoita o vento que trae a resposta Ai santa muller que non lembras Escoitate a ti que es a razón.

algunha entoa un alalá desafiando os vendavais nós batucamos sen parar nos longos días de verán

Ai, santa muller muda o tempo Que a túa man procure o desexo Ai, santa muller tenra e viva Escrebe a túa lei que é a túa razón Ai santa muller santa en vida Míntelle ao mundo, desata a ferida Ai santa muller escollida Sementa o teu pan que é a túa razón.

somos navío a despregar a súa vela como unha flor a ensinar as cores dela uelé, uelé, uelé... labramos o mundo sen respiro vimos do mesmo lugar a lúa entoa un alalá e danza samba na maré soan pandeiros a quecer as longas noites de verán somos a lúa a alumear as nosas dores mulleres sol a despregar as súas cores uelé, uelé, uelé...

Ai, santa muller sen rei nen rosario Sinte a túa pel, ese é o teu relicario Ai, santa muller que non lembras Escóitate a ti que es a razón. Ai, santa muller que me escoitas Escoita o vento que trae a resposta Ai, santa muller que non lembras Escoitate a ti que es a razón

MARFUL Leverelem É concepçom monoteísta Pensar que existe umha só soluçom É um conceito banal O dividendo por baixo do divisor É umha história perdida A coeréncia de grande pensador É um debate sem limite como fazer a perfeita revoluçom É um debate sem limite como fazê-la perfeita. É muito definitivo Umha janela tapiada na habitaçom É altamente agradável Conhecer um valente que tenha valor De feito é habitual Nom dizer nada novo na conversaçom É um debate sem limite como fazer a perfeita revoluçom É um debate sem limite como fazê-lo perfeito.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.