Alba Maria

Page 1

“Pretéritas perfectas” Música e letra Alba María. Aínda, 2015 Estimo Que hai un millón de Carmiñas Navegando polas rúas Amansando as cebras dos pasos de peóns Estimo que hai Carmiñas pola praza Que non levan media calada Pero aínda saben bailar Din que aínda lles esvara o sol polas mans Din que aínda teñen gorxa abondo para cantar Din que non lle teñen medo Á noite fuxidía nin frío nin calor Din que no seu peito colle aire o fol dun acordeón Estimo Que hai cen mil Carolinas Namorando as esquinas Co vaivén da súa saia Estimo que lles custou algúns anos poder decir “aquí estamos” E non dar explicacións Din que aínda lles preguntan con quen andan a baiar Din que xa non son Penélopes mirando para o mar Din que xa quedaron fartas de pintar lagartos Que non teñen corazón Din que aínda seguen bailando… Si señor! ALBA MARÍA naceu en 1995 nas Palmas de Gran Canaria. Até alí levou a familia o seu pai, daquela traballador dos asteleiros vigueses, e alí naceu e pasou os primeiros anos da súa infancia. A música canaria arrolouna nestes primeiros anos e aínda conserva ese legado, mais sería a súa avoa de Tuiriz (Lugo) a que a animou ao canto. Estudou música no CMUS de Vigo e participou en diversos certames de poesía e improvisación, sendo unha destacada poeta e regueifeira. En 2013 comeza os seus estudos de canto na Escola Livre da Música Popular Galega, de aCentral Folque, e en 2014 preséntase e gaña o I Certame de Canción de Autor organizado polo Concello de Teo. A partir de aí a súa vida artística dá un xiro xa que o premio consiste na gravación dun disco e aCentral Folque ocúpase da súa edición. Aí comeza a xestación de “Aínda”, un disco que contou cos arranxos dos artistas cubanos afincados en Galiza, Alejandro Vargas e José Manuel Díaz, produtor musical do disco. O resto da sonoridade conséguea rodeándose un afamado elenco de músicos do folque e do jazz entre os que se atopan Pedro Pascual (Marful), Felipe Villar, Óscar Fernández (Os Cempés), Carlos Freire, Gutier Álvarez… Malia a súa xuventude, a madurez da súa voz e a mestría das súas composicións convirten a “Aínda” nunha forte aposta discográfica que se presentou no Culturgal 2014 con chego total e que está de xira soprendendo e gustando tanto nas presentacións en teatros e auditorios como nos concertos ao aire libre. No directo, “Aínda” soa a cuarteto, con Alba María (voz), Felipe Villar (guitarra), José Manuel Díaz (contrabaixo) e Carlos Freire (batería). Un cuarteto que leva a música galega ao máis alto coa saiba máis nova que se pode atopar neste momento na escena musical galega. En ocasións, o directo pode contar coa colaboración especial dalgún dos músicos que participou na gravación do disco. Información tirada de http://artistas.folque.com/alba-maria/

Ugia Pedreira di de Alba Maria: “Comedora de caldo e amante das palavras e melodias que a conventem numa fiandeira fina, paixonal, exuberante, audaz, sutil, comprometida sem evidencias e com prodigioso talento natural para fazer coplas e canzons, apressenta-se na música do pais conscente de que a sua arte dirige-se á aceptazom própria como primogénito início. Semelha que Alba está na nova era da con-inspiraçom e do compartilhar e comeza polo sam conhecimento de si mesma a traves da música, polo tanto sem aleccionar. Ao meu entender, nom hà maior nivel de honestidade na incursom artística”


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.