O BERRO 2010-2011 VOLUME 1

Page 1

O BERRO 2010-11 CPI Terras de Maside VOLUME 1


Boas, coma todos os anos tedes aquí a revista do noso colexio chea de actividades, fotos, reflexións, recomendacións... Desde o Equipo de Normalización Lingüística, esta panda que vedes e outra moita xente que non sae, desexamos que vos guste o noso traballo e compartir a nosa alegría e ilusión. Tamén nos gustaría que todo ese traballo fose do máximo proveito para tod@s e vos animase a unirvos ao Equipo para continuar este labor. Un saúdo para todas e todos.


Podes pórte en contacto com n ós a trav és do correo electrónico: mollatecoalingua@gmail.com ●Visita o noso blogue: blogoteca.com/mollatecoalingua (e coméntanos)

Índice

Saúdo 2 Editorial 4 Despedida aula 5 anos 5 Convivencias Educación Infantil 6 Os cociñeir@s de Infantil 7 Día da Ciencia 8 Samaín e lecturas para tremer10 O leite 11 Contacontos e lecturas 12 O Magosto 13 Víctor Campio 14 Entrevista Ferrín e Alonso Montero 15 Día da Paz e Visita á Piscifactoría 16 Visita a Ourense 17 Festival de Nadal e lecturas18 Consumo responsable e o castiñeiro19 Club de lectura 2o Entre pano e pano 21 Entroido e A nai do heroe22 Séchu Sende no Outeiro 24 Móllate coa Lingua 25

Dos máis pequenos aos máis grandiños 26 Chiapas, segundo fogar 30 Ch'ol e lecturas 32 Datos meteorolóxicos 33 A Nosa Historia Facémola Nós 34 Coordinadora Gal de ENDL e Cinema36. En concerto 37 Entrevista Guadi, Guille e Xabier 38 Recomendacións musicais 41 Correlingua no Carballiño42 Xornadas de Portugal 44 Adega 45 Intercambio com Moaña46 Chegaron cartas! 47 Lecturas recomendadas ESO 48 Lois Pereiro 49 17 de maio no Carballiño 5o Xo, Racismo 52 Humor Galego 53 Un mundo feliz 54 Premio Queiroa 55


e

ditorial

Hai vinte anos que existimos, oficialmente, os Equipos de Normalización.

Ao longo dese tempo foron moitos os esforzos e as ilusións, as alegrías e as derrotas, as axudas e os atrancos.

Despois de 20 anos mudáronnos o nome. Seica nos chamamos Equipos de Dinamización Lingüística. Soa a animador/a cultural, entretedor de leceres e desidias, organizador/a de eventos varios.

Soa a empresa explotadora, que leva aos empregados/as de fin de semana a unha serra para disparar boliñas de cores.

Claro que eses traballadores de mañá son os alumnos/as de hoxe, os nosos, aqueles que hai que adestrar para ser obedientes no futuro, para que non dean problemas e a máquina non pare. Sobrecargados de actividades para que non pensen de máis, non vaia ser. Avaliados nos contidos, actitudes, procedementos, competencias,...

Escrutados, analizados e diagnosticados de rarezas varias se non van polo rego que lles marcamos, se non son aparentemente felices, se paran a pensar demasiado, se un día non sorriron ou

se lles deu por ler libros para os que non hai guías de lectura. Un estorbo se queren aprender de máis.

Felizmente, non é fácil matar a curiosidade.

Cumprirían exércitos poderosos para destruír a vontade de crecer. Porque nos demostran, cada día, que o futuro é seu e nos dan leccións de compromiso e solidariedade.

Mentres, nós andamos preocupados por pórlles un número que separe os triunfadores dos que disque non son tanto.

E a pesar de todo, algúns e algunhas resisten con firmeza e van construíndo con dignidade ese futuro que nós, tan pouco responsables, lles queremos roubar.

Para os que resisten. Porque o futuro é deles, o da Terra e o da Lingua.

Para os alumos e alumnas que traballaron ao noso lado, aos do Equipo e aos que non o son. Grazas pola vosa curiosidade.


OS NENOS DA AULA DE 5 ANOS DESPIDEN A ETAPA DE EDUCACIÓN INFANTIL Os nenos e nenas de Educación Infantil de 5 anos culminan esta etapa educativa e contan neste poema como foi o seu paso por ela. Parabéns a todos e todas polo voso paso a Primaria!!!

Xa estamos moi grandes xa moito medramos E nos despedimos da clase de cinco anos Diremos a verdade algúns ata choramos Cando chegamos ao cole só tiñamos 3 anos Tivemos que estudar moito e poñer moito interés Ás veces nos confundiamos e faciamos todo ao revés

3 anos

Aprendemos letras e números poemas e adiviñas A saltar á pata coxa e facer ben a filiña Tivemos moitos profes que nos axudaron un montón A todos lle gardamos un sitio no corazón Grazas a todos e todas abrazos e bicos mil Pois hoxe nos despedimos da Educación Infantil

5 anos


CONVIVENCIAS DE EDUCACIÓN INFANTIL Nuria Infantil

Os nenos e nenas de Ed. Infantil participamos neste curso 2010/2011 en dúas convivencias onde nos xuntamos con nenos e nenas da nosa mesma idade doutros colexios.

O día 19 de maio fomos invitados por Xurxo e Sabela a participar nos contacontos, obradoiros, xogos,... que tiñan preparados no CEIP Marquesa do Pazo da Mercé que está no concello d'As Neves (Pontevedra). Pasámolo fenomenal!!!!

O 27 de maio fomos visitar a Cholo e a Nela que tiñan unha gran festa preparada no concello de Vilaza (Verín). Disfrutamos dun día moi divertido!!!


Os cociñeiros de Nuria Infantil Infantil Os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos do cole de Maside convertémonos nuns cociñeiros exemplares xa que estivemos a participar nun obradoiro de cociña neste curso. Elaboramos gran variedade de pratos: tarta de galletas, brochetas de froitas, pizza, tortitas,... Foi moi divertido..aínda que o mellor de todo foi degustalos!!!!! Tamén visitamos a Escola de Hostelería do IES de Vilamarín onde nos ensinaron moitas cousas!!!

Darabuc,TRES HAN DE SER "Tres han de ser" é a nova publicación de OQO, escrita por Darabuc e ilustrada por Fátima Afonso que reinterpreta un conto popular. O relato pivota sobre a decisión dunha moza de quedar cos seus tres pretendentes, xa sexa porque así o sente ou porque non desexa casar.

Mateo Gubellini A VISITA DOS DOMINGOS, OQO Editora Os nenos senten atracción polos personaxes fantásticos e gozan créndose protagonistas de mundos imaxinarios. Este conto ensalza a importancia da implicación dos pais para potenciar e alimentar a imaxinación dos nenos.

O disco de Pés de Lan, Na punta do pé, con CD, para escotar as músicas (galegas e portuguesas) e con DVD, para aprender a bailalas.

Recomendamos


DÍA DA CIENCIA NO COLE DA ALAMEDA Laura. Educación Infantil

O día 4 de novembro de 2010 celebrouse o Día da Ciencia en Galego no CPI Maside. No centro da Alameda tamén quixemos participar nesta iniciativa e invitamos as escolas unitarias de Punxín e Dacón que quixeron experimentar con nós. Os mestres e mestras prepararon talleres divertidísimos para que aprenderamos conceptos como a combustión, as disolucións, as células microscópicas ou as mesturas. Para iso fixemos... - Experimentos con burbullas - Maxia con velas - Escala musical con botellas de vidro - Mesturas con cacao - Experimentación con microscopios.... e ata un volcán en erupción!!!!!

Tamén aprendemos que facer ciencia está na man de todos e todas pois reutilizamos un montón de materiais para facer os nosos experimentos... gustaríache facer un??? FAI O TEU PROPIO EXPERIMENTO: “LENTELLAS TOLAS” QUE PRECISAMOS? Para este experimento precisas: Auga Gasosa Lentellas Vasos tipo tubo transparentes

QUE PASA? As lentellas do vaso de auga quedan no fondo do vaso e non saen Á superficie aínda que remexamos moito. No vaso de gasosa as lentellas non paran de bailar!!!

COMO FACEMOS? Colocamos dous vasos, nun poñemos un fondiño de auga e noutro un pouquiño de gasosa. Cando teñas os vasos preparados bota catro ou cinco lentellas en cada un dos vasos e...

POR QUE? A forza das burbullas de gasosa provoca o movemento das lentellas por un efecto do gas que se pega á superficie das lentellas e fai que se movan ata que a bebida quede sen gas.

Podes ver o que pasa na seguinte ligazón web http://www.youtube.com/ buscando “lentejas y gaseosa”. Pasádeo moi ben xogando coa ciencia!!!!


No CPI de Maside unímonos a unha interesante iniciativa da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística: celebrar o día 4 de novembro o Día da Ciencia en Galego. Para demostrar que o galego é unha lingua para falar, aprender, investigar, …unha lingua que nos serve absolutamente para todos os tipos de coñecemento. Porque as linguas se aprenden usándoas, e a tecnoloxia, as matemáticas, a química, a física … forman parte da vida, e tamén do futuro do galego. No centro do Outeiro tivemos actividades todo o día: En 4º da ESO encargáronse de que o resto dos alumn@s descubrise como ás veces a vista nos engana traballando as ilusións ópticas, como calcular o valor de π ou trazar unha elipse, investigar sobre densidades e o Principio de Arquímedes, con campos magnéticos, coñecer a César Portela,... todo iso con obradoiros prácticos preparados polos Departamentos de Matemáticas, Ciencias Naturais, Física e Química, Tecnoloxía e Plástica.

Tamén asistimos a unha videoconferencia na que investigadores galegos do CERN (organización europea para a investigación nuclear) e da Facultade de Física da USC explicaron os proxectos científicos que desenvolven na actualidade. Ademais de seguir a videoconferencia, puidemos interaccionar con eles vía chat. Tamén vimos nalgunhas clases algún vídeo para coñecermos o astrónomo lalinés Ramón María Aller ou a elaboración do mapa de Galicia de Domingo Fontán.

O CERN é un centro europeo de pesquisas voltado ao estudo das partículas e un dos grandes centros mundiais nese campo. Foi fundado en 1954 e tornouse un admirábel exemplo de colaboración internacional: 20 países. Fica en Xenebra e pasou a ser moi coñecido hai dous anos polo acelerador de partículas. Alí traballan moito@s galeg@s para os que a nosa lingua lles valeu de moito.

Recomendámosche:

A ciencia no punto de mira, Jorge Mira, Auga Editora, 2010.

A ciencia pode ser unha fonte de entretemento que non coñece idades. No libro, o científico de Baio revela 63 cuestións curiosas como o alelo da infidelidade, que os homes prefiren as mulleres de cadeiras anchas, como comunicarse cos extraterrestres, que o bilingüismo protexe a nosa saúde,...


SAMAÍN Carmen Caride e Noemi Prado 6º Educación Primaria.

O 31 de outubro de 2010 celebramos o Samaín. Foi no colexio da Alameda onde nos xuntamos todas as nenas e nenos de Educación Infantil e Primaria. Case todo o mundo ía disfrazado. Quen máis destacaba, pero non por iso era mellor, eran as pantasmas. Tamén había zombis, bruxas e vampiros. O profesor de inglés de Primaria puxo música e todas e todos bailamos ao ritmo.

Unhas semanas antes pedírannos que trouxeramos cabazas que estivesen decoradas por nós. Velaí unha mostra. Había moitos tipos delas: con perruca, con chapeu, con lentes… A nosa profesora nativa de inglés elixiu as que máis lle gustaban de cada ciclo. Logo repartiu agasallos entre o alumnado gañador de cada ciclo. Ao final o profesor de inglés, Vicente, puxo outra música, sacamos fotos e lanzou caramelos ao aire para ver quen os collía.

En xeral pasámolo ben, comemos lambetadas e iamos con disfrace. Todo estaba decorado e tanto as persoas invitadas coma o profesorado estaban moi asombrados/as do ben que o estabamos pasando

Lecturas para tremer PRELECTOR@S (0 A 5 ANOS)

Os Bolechas teñen medo, Pepe Carreiro, A Nosa Terra Raquel ten medo, Agustín Fernández Paz, Xerais

PRIMEIR@S LECTOR@S (6 A 8 ANOS)

O Papón, Pablo Albo, OQO Editora. Indo para o Samaín, Carlos e Sabela Labraña, Editorial Everest

LECTOR@S autónom@s (9 A 11 ANOS) Mamasiña, que medo, Chus Pereiro, Xerais.

Fantasmas no corredor, Agustín Fernández Paz, Xerais.


RECOMENDACIÓNS -Mellor leite de bolsa ca de cartón. -Mellor leite enteiro ca desnatado. -Non comer a codia do queixo.

O LEITE

Alumnas e alumnos de 3º de Primaria

Os alumnos de 1º e 2º ciclo de primaria fomos visitar no mes de outubro a cooperativa do Loureiro para coñecer un pouco como tratan o leite antes de metelo nas bolsas e, tamén, parea saber como fabrican o queixo e os iogures. Aprendemos o seguinte: O leite que chega nos camións cisterna mándano por unha mangueira a un tanque de aceiro; de alí pasa a través duns tubos a unha máquina que o quenta a unha temperatura bastante alta e móveo moito (estabilízao) para que perda as substancias prexudiciais. A continuación, vai a outros tanques que teñen conectada unha máquina para envasalo nas bolsas. Había unhas para leite enteiro e outras para semidesnatado. A nós dixéronnos que se non había problemas de saúde era mellor tomar leite enteiro ca desnatado, xa que ao quitarlle a nata, tamén perde máis vitaminas. O semidesnatado, mellor có desnatado. Alí non envasan o leite en cartóns porque lle sae moi caro a unha empresa tan pequena, e tamén nos dixeron que cando o tratan antes de envasalo perde moitas máis vitaminas que o de bolsa, aínda que se conserva máis tempo. Tamén puidemos ver como fabrican o queixo e os iogures. Para os iogures empregan leite enteiro. Póñeno nuns recipietnes, engádenlle o fermento e bífidus e, despois dunhas horas, xa os envasan. Para elaborar o queixo, botan o leite nunhas bañeiras grandes e téñeno a unha temperatura axeitada; engádenlle o callo e vitaminas, xa que perdera algunha, e logo móveno cunhas pas. Cando xa está callado, quítanlle o soro e o queixo méteno nunhas formas que teñen uns trapos húmidos e que colocan nunhas pranchas a secar ben. Logo, introdúceno nun baño dunha substancia, para protexelo, antes de envasalo. Recomendáronnos que hai que quitarlle a codia que colle antes de comer o queixo. Por último, puidemos degustar uns taquiños deste saboroso produto. Que bo estaba! Xa teredes visto polas tendas o logo da campaña que a Xunta realizou para promover os produtos lácteos de orixe galega.

GALEGO 100% ???? ????? Logo da campaña oficial da Xunta

Chamou a atención de moita xente: 1- Algún erro ortográfico (diferencia en lugar de diferenza) 2- O uso do feminino en galega, se concorda con leite debía ser masculino: leite galego . 3- O leite que cae curiosamente ao lado do l (de maneira que podemos ler gallega, en lugar de galega) En fin, que leriamos

GALLEGA 100%

Todos estes erros, ambigüidades e despropósitos non deben ser fortuítos. Por iso, xa houbo iniciativas para tunear este logo. Aquí tedes a proposta do blogue carta xeométrica.


Contacontos na Alameda Kelly e Carolina, 4º ESO As rapazas e rapaces do equipo de Normalización, xunto con algúns compañeir@s de 3º e 4º da ESO, decidiron baixar ao colexio de abaixo para entreter os máis cativos contándolles un conto. A primeira vez foi en novembro e, como lles gustou a experiencia, repetiron en abril e convidaron aos peques das escolas de Dacón e Punxín. Deseñaron decorados, máscaras, títeres, inventaron xogos e tamén lles amosaron aos peques o fácil que é facer un títere empregando os seus pequenos dediños. Foi unha experiencia moi divertida e inigualable para @s nos@s pequen@s (e os grandes!).

Re c

o

nd e m

á

sc mo

he

Ola, ola, la! é moito máis ca un libro, pois ten un CD de música para que cantes coas Mamá Cabra, pero tamén para que cantes ti só e, por outra banda, un DVD-Karaoke para que aprendas as cancións e poidas cantalas na compaña dos músicos da banda. Polo medio, un sorprendente conto de Gloria Sánchez. Todo vai ilustrado pola man de Kristina Sabaite. Publicado por Galaxia en decembro de 2010 Pepe Carreiro, O segredo do Carballiño Ilustracións de Pepe Carreiro Col. Os Bolechas van de viaxe. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2007. Os avós dos Bolechas van ao Carballiño para tomar as augas no balneario e os netos aproveitan para ir á casa da amiga Emilia. Dormen na casa da avoa dela, que é polbeira.

Na biblioteca


O Magosto Fran Cutillas, 4º ESO

Xuntámonos en novembro, coma todos os anos, para celebrar o Magosto. Pola mañá comezamos a pintar con xiz toda a roupa uns aos outros. A mediodía xuntámonos todos fóra para xantar cun menú especial: pan con chourizo, empanada e chocolate quente. Ao acabar de comer houbo xogos populares (saltar á corda, o pano...) E, como todos os anos, viñeron visitarnos compañeiros que estiveran anos anteriores. Logo collemos a frouma e prendemos unha boa fogueira. Asamos castañas e cando se fixeron, comémolas.

Despois acabamos coa cara toda pintada. Cando rematamos de comer as castañas, aínda tivemos tempo de xogar ao fútbol. Paseino moi ben e espero que para o ano se repita.


Maside nomea fillo predilecto a Víctor Campio

Jessica Nogueira

O pasado 20 de novembro celebrouse en Maside un importante acto poético. A vila concedeu a distinción de Fillo Adoptivo ao poeta Francisco Luis Bernárdez Martínez e de Fillo Predilecto a Víctor Campio Pereira.

Víctor Campio co alcalde de Maside e Cesáreo Sánchez, presidente da AELG. Ao acto tamén asistiron, entre outros, o presidente da RAG, Méndez Ferrín e o presidente do Pen Club de Galicia, Luís González Tosar.

Lorena e Jessica lendo poemas de Paco Bernárdez e Campio no acto da Casa da Cultura.

O primeiro nado en Bos Aires no 1900, pero de pai masidao. O segundo, garabanés que naceu no 1928 e foi catedrático de Literatura Española nun instituto de Ourense, cidade na que vive. Este último foi definido polo seu louvador, Xesús Alonso Montero, como «sinxelo, discreto e modesto». Alonso Montero sinalou que Víctor Campio é poeta pouco publicitado: «Víctor escribe e se lle gusta a alguén, moi ben. A inxustiza desta pouca publicidade é para os feridos polas letras ». Campio, dixo o seu presentador, «non é unha gloria de Maside. A súa voz poética está entre as grandes de Galicia, de España e de Europa».

Na súa intervención Campio salientou que "cada un conserva as raíces onde naceu", poñendo como exemplo que cando el nos seus poemas fala da "fonte", no seu pensamento está a que existe na igrexa da súa aldea, e cando fala dun "carballo" trátase do que está detrás da súa casa da infancia en Garabás.

Víctor Campio o 20 de novembro na Casa da Cultura de Maside.

O poeta garabanés publicou dous volumes: un en verso; Perdida luz (escolma poética) e outro en prosa; Escritos en do menor, ambos os dous na colección Libros de frouma. Recentemente publicou O aire, a luz e o canto. Entre outros, ten poemas sociais de nobre feitura literaria, entre eles, Medo Foi un mencer, soneto que ben podía ser o epitafio de calquera dos paseados no verán do 36. Mais para os que non o coñezades aí vos vai a recomendación de ler a súa última publicación, unha composición para acabar co longo silencio que gardou este poeta. Co seu tema predilecto da confiscación da esperanza pola terrible aparición da morte así como a natureza e o amor. E deste xeito disfrutaredes dun dos mellores sonetistas da nosa terra.


Aproveitamos para entrevistar a Méndez Ferrín e Alonso Montero e saber que opinan eles sobre as medidas que o actual goberno galego adoptou con respecto á nosa lingua.

Entrevistamos a...

Méndez Ferrín

Que lle parece a actual política lingüística da Xunta? Eu estou en contra. Aínda que estaba sentado aí con eles agora, estou en contra. E a institución que eu presido, que é e a Real Academia da Lingua Galega, considerou que o decreto para o ensino, chámanlle de trilingüismo, en realidade é un decreto de diminución do galego. A Academia Galega pensa que iso é prexudicial para o noso idioma, que ten que ser protexido. O castelán non ten que ser protexido, xa que a tendencia é a falar castelán, pero o que hai que protexer é o galego. Este decreto desprotéxeo, por iso a Academia recorreu diante do Tribunal Superior de Xustiza, por consideralo ilegal, e espero que gañemos ese recurso.

Cal é o labor da Academia Galega?

Jessica con Méndez Ferrín, presidente da Real Academia da Lingua Galega.

A súa función, que non sempre cumpre, é a de ditar a norma ortográfica e morfolóxica do estándar do galego. E esa obriga tena por lei, é dicir, que é inapelable. E despois ten a función de crear un dicionario que sexa normativo, recoller todo ou moito do léxico galego. Todo non, que non se pode, que é infinito (tende ao infinito) E esa función non a cumpriu ben (os dicionarios non son completos) No sucesivo farán mellor os seus deberes.

Cre que o galego é unha lingua en perigo? Si, hai unha situación en que o galego se está perdendo, parece que os galegos queren que se perda e que se avergoñan del. Aos fillos fálanlles castelán para que non sexan inferiores (coma min, que falo galego). E ese é un feito, e así se perden as linguas e se perden os pobos, os pobos desaparecen. Os que non estamos de acordo con iso, temos que estar reclamando permanentemente que haxa medidas para que o galego sexa protexido. Igual que hai que protexer os nenos, os homes; hai que liberalos da escravitude...

...e a Alonso Montero

Alonso Montero aproveitou a súa intervención na Casa da Cultura para pedir aos representantes do goberno galego a edición «dunha modesta antoloxía de Campio para os escolares da comarca, porque a poesía alimenta o noso espírito». O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López Rodríguez, recolleu o encargo e dixo que se fará unha difusión poética de Campio. Esperamos, pois, por ela.

Aínda que vivo en Vigo, aprendín a falar o galego a poucos km de aquí, na aldea de Ventosela, a 4 km de Ribadavia. E eu non son nacionalista, pero son comunista galego, un marxista que sempre está coa causa dos pobres e dos asoballados. Evidentemente, eu son defensor do idoma dos pobres deste país. E neste sentido, desde o ano 51, veño publicando miles de páxinas sobre a cuestión. O nacionalista xa se sabe que vai estar contra o decreto de Núñez Feijjoo. Pero eu, que non son nacionalista, senón racionalista e marxista, non podo estar de acordo con ese decreto porque, entre outras cousas, aí trata de meterse,”de matute”, o inglés. E isto vai crear unha homoxeneidade enorme na xente, é dicir, ter que falar todos un mesmo idioma. Estanlle vendendo á xente que son moi modernos e avanzados, que son moi progres. Ao final non van aprender o inglés, porque nas aulas non se aprende inglés, aínda que traian profesores de apoio. Se alguén quere aprender inglés, hoxe hai medios suficientes. No ensino o que hai que potenciar, na medida do posible, é o galego.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.