abuelos

Page 1

QUEREMOS APRENDER DOS AVÓS

Visítamos en: www.pequesreboreda.wordpress.com www.centrosinnovadores.blogspot.com


OS AVOS NA ESCOLA Se hai algo fermoso é o amor dos avós aos seus netos, ese renacer de sentimentos de aqueles que foron pais fai tempo e agora, co paso do tempo, a sabiduría da idade e a tranquilidade do ben feito, dedican todo o seu amor e mimo aos nosos pequenos. E, moitas veces, que sería de nos sen a súa axuda para criar aos nosos pequenos. Por iso queremos que estén tamén presentes na educación dos nosos cativos porque “máis sabe o demo por vello que non pode demo”. Queremos traelos ao cole, as nosas aulas e deixarnos embelesar polos seus recordos, polas súas historias e pola súa sabedoría. Convidámosvos a vir un día da semana a escola, o día acordarao cada familia co tit@r correspondente. Para superar o pudor ou a vergoña, os papás/mamás tamén poden vir cos avós, ou poden vir varios avós xuntos se se coñecen, ou o avó e maila avoa para axudarse os uns aos outros. Queremos que nos acompañen durante 20 ou 30 minutos, e, nese tempo que nos conten as súas vivenzas coa auga. Concretando, gustaríanos que:  Nos contasen alguna historia de cando eran novos e ian ao río  Das muiñadas e dos muíños  Da pesca  Do sistema de rego  Das lavandeiras  Dos manantiais  Das fontes  Algunha lenda

Pero ademáis, tamén nos gustaría que, se saben, nos cantaran alguna canción que fale da auga, que recitaran algún poemiiña que souberan, cancións das muiñadas, refráns, cantigas… Cando falamos dos avós, tamén nos estamos a referir aos bisavós ou calquera maior próximo aos nen@s que queira pasar un anaco entretido con nos. Con isto pretendemos resaltar a figura dos avós, aproveitar un recurso educativo maravilloso que temos na nosa casa e do que moitas veces nos esquecemos, unir dous saltos xeracionais,, abrir a nosa escola aos que fai moito tempo foron alumn@s ou non puideron estudiar polas súas circunstancias e, sobre todo, traballar o proxecto da auga dende unha perspectiva diferente. Coma sempre contamos coa vosa colaboración e esperamos ter cada semana a un avó nas nosas aulas. Se hai algún avó que lle de moito reparo vir á escola, ou que vai pasar un mal momento pero vos, que os coñecedes, sabedes que sabe moito de historias, cantos… grabádeo na casa e mandádemos o vídeo ou a tarxeta da cámara ao cole, aínda que non esté con nos, faremos a súa sesión igual. Queremos comezar o proxecto o antes posible así que agardamos as vosas respostas.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.