ROBOTICA 2019 2020

Page 1


1. PROXECTO a. XUSTIFICACIÓN: Decidimos implementar a robótica na nosa aula por dous aspectos fundamentiais: mellorar a aprendizaxe do alumnado de xeito motivador e práctico e mellorar os coñecementos, recursos e competencia do profesorado. o Para os alumnos: A robótica coma ferramenta didáctica da a posibilidade de traballar de xeito cooperativo, un traballo que implica aprender a pensar facendo, e para facer, é necesario ser creativos, resolver problemas de xeito efectivo conseguindo que o seu pensamento sexa máis estructurado, construir e deseñar cousas que funcionen e, sobre todo, achegar de xeito efectivo a robótica ao noso alumnado, que vexan que poden deseñar, construir e programar robots coma auténticos especialistas. Descubrir que aprender é divertido. o Para os mestres: Aprender outro xeito de ensinar, enfrontarnos a novos retos educativos e usar unha ferramenta didáctica coma a robótica para traballar os contidos de xeito transversal. Pero, dende logo, queremos traballar robótica de xeito real e efectivo. Levando os robots a aula, deixando ao alumnado experimentar e aproveitando todas as vantaxes dun material atractivo para implementar os contidos doutras materias. Apostamos firmemente pola traballo na aula e iso o demostran todas e cada unha das actividades levadas a cabo durante estes dous cursos, actividades que se poden ver nas seguintes direccións: 1. Talleres internivelares para motivar ao futuro alumnado participante no proxecto e as actividades relacionadas coa robótica: https://omanantial.blogspot.com/2019/02/talleres-de-robotica.html https://omanantial.blogspot.com/2019/02/talleres-de-robotica-2.html https://omanantial.blogspot.com/2019/02/talleres-de-robotica-3.html https://omanantial.blogspot.com/2019/02/talleres-de-robotica_26.html https://omanantial.blogspot.com/search?q=robotica https://omanantial.blogspot.com/2019/05/volven-os-talleres-de-robotica-cos.html 2. Temos un site con material e recursos para a aula: https://omanantialsantopai.wixsite.com/misitio Este espazo conta cun apartado específico de robótica: https://omanantialsantopai.wixsite.com/misitio/scracth


3. Tamén levamos a cabo actividades para traballar a linguaxe computacional usando SCRATCH: https://omanantial.blogspot.com/search?q=SCRATCH https://omanantial.blogspot.com/2018/12/aprendemos-programando.html 4. Participamos en Galiciencia: https://omanantial.blogspot.com/2019/05/manan-imos-galiciencia.html https://omanantial.blogspot.com/2019/05/galiciencia-2019.html 5. Levamos a cabo un proxecto sobre circuitos eléctricos: https://omanantial.blogspot.com/2019/02/circuitos-electricos_12.html https://omanantial.blogspot.com/2019/03/os-circuitos-electricos.html b. OBXECTIVOS:    

Achegarse a linguaxe e pensamento computacional Aprender a programar de xeito lúdico. Espertar o interese polo mundo STEM Aprender a traballar en equipo, organizarse e chegar a acordos respetando aos demais.  Adquirir conceptos tecnolóxicos acordos a súa idade  Recoñecer os componentes básicos dun robot e o seu funcionamento.  Ensinar de xeito innovador ciencias, matemáticas e tecnoloxía. c. CONTIDOS:  Solución de problemas e pensamento baseado no deseño.  Creatividade e perspectiva maker en primaria.  Recursos dixitais en liña para a utilización da robótica e a programación en Educación Primaria.  A robótica e a programación como recurso na atención a diversidade e a escola inclusiva. d. COMPETENCIAS: As competencias claves deben estar presentes no noso día a día. Cando nos plantexamos introducir a robótica na aula, o traballo das competencias está de xeito intrínseco, pois o propio traballo coa robótica é un traballo competencial. Non imos recoller aquí as competencias clave pero se queremos reseñar que con oso proxecto queremos que o alumnado sexa competente a nivel lingüístico fundamentando as súas ideas tecnolóxicas e adquirida unha linguaxe específica que dote de calidade e rigor as súas exposicións. Tamén queremos que sexa competente no eido matemático-científico propondo e buscando solución de xeito reflexivo e preciso. Por suposto queremos que a súa competencia social se desenvolva, entre outras cousas, planificando e facendo un uso racional dos recursos e buscando respostas eficaces e satisfactorias dentro e fóra da aula, que traballen en equipo de xeito activo e amosando apertura de miras e


intercambio de ideas constructivo. E, desde logo, que a súa competencia tecnolóxica mellore analizando procesos e establecendo relación de causa-efecto, manipulando mecanismos e aparatos novos e traballando de xeito metódico, seguindo un plan: deseño, construcción, programación e posta en marcha. Construír incorporando aprendizaxes mecánicos, eléctricos, electrónicos e informáticos e,finalmente, mellorar a nosa competencia TIC usando software específico. d. METODOLOXÍA Con este proxecto o que pretendemos é integrar a robótica coma ferramenta didáctica. O proxecto estará dentro das distintas materias de xeito transversal. Para iso: 1. Presentamos a proposta ao resto do profesorado falando da importancia do uso da robótica coma ferramenta didáctica e tentando promover a implementación de talleres ou materias de libre configuración onde se poidan levar a cabo proxectos específicos. 2. Traballaremos a robótica de xeito interdisciplinar pois esta implica deseñar mecanismos, manexar conceptos informativos, manipular software, aplicar regras físicas, traballar matemáticas, desenvolver a creatividade, explorar escearios ou espazos novos de traballo… Pero tamén noutras materias coma a lingua onde se poden facer lecturas comprensivas sobre a robótica, aproximarse a linguaxe computacional, recoller información, crear glosarios co vocabulario específico…De xeito que a robótica nos axude a unir unhas materias con outras contribuindo a unha educación global e participativa, onde o traballo por proxectos aune capacidades no canto de separalas por materiais. 3. Queremos promover entre o alumnado os principios STEM, polo tanto, usaremos internet, foros, vídeos… onde vexamos a importancia da robótica e poidamos traballar dende diferentes perspectivas. O fin último é que, ademais do traballo cos kits, o alumnado sexa quen de aplicar os coñecementos adquiridos a unha práctica real e poidan elaborar os seus propios robots. Para poder implementar todo isto na aula os pasos a seguir serán: - Reutilizar o material elaborado nos cursos anteriores para os grupos que se incorporan pois xa está testeada a súa efectividade. Iso si, este material adaptarase ao novos grupos e faranse as modificacións necesarias. - Compartir coñecementos: fomentaremos o traballo cooperativo facendo talleres internivelares onde os alumn@s xa incorporados no programa compartan os seus coñecementos co novo alumnado. Titorizar a compañeiros mellora a competencia dos titorandos, ademais estes conectan con maior efectividade cos seus iguais. - Prácticas STEAM: creación de espazos maker na aula onde usar os distintos elementos dos kits e incorporalos a proxectos robóticos deseñados en equipo e conectados coas outras materias a traballar na aula. Falamos de prácticas STEAM e non STEM pois o compoñente artísticos parécenos fundamental á hora de levar a cabo proxectos maker, sen creatividade e sensibilidade artística o proceso de deseño quedaría tolleito. - Visibilización: compartir coa comunidade educativa as actividades realizadas na aula, ben nos medios web do centro, ben en feiras,


congresos ou actividades propostas pola comunidade educativa. O traballo debe saír da aula para implicar ao resto dos alumn@s do centro, así coma familias e axentes educativos.

e. AVALIACIÓN:

2. NIVEIS EDUCATIVOS NOS QUE SE IMPARTE Este curso debido a gran acollida que ten o alumnado ante a materia de robótica participarán os grupos 4º, 5º e 6º (temos dous grupos por nivel) 3. ONDE ATOPAR O QUE LEVAMOS FEITO: Algunhas das actividades levadas a cabo están recollidas nos seguinte site: https://sites.google.com/site/omanantialrecursosaula/poll As actividades realizadas no curso pasado amósanse na Feira de ciencia e tecnoloxía que realiza o centro ao final de curso. Poden verse as actividades na seguinte dirección: https://omanantialsantopai.wixsite.com/fqreboreda


Participamos no STEMLAB Galicia, fomos un dos 19 centros da nosa comunidade seleccionados para exponer os seus traballos sobre robótica na I feira STEM de Galicia. Os alumn@s de quinto de primaria dispuxeron de 5 espazos onde amosaron o seu traballo STEM durante o curso académico. http://omanantial.blogspot.com/2018/04/stemlab-galicia.html Ademais, tanto en educación infantil coma en educación primaria empezamos a traballar con linguaxe computacional a través da plataforma CODE.ORG O curso pasado coma experiencia piloto e para preparar a incorporación do alumnado de 4º de primaria ao proxecto levamos a cabo talleres internivelares onde o alumnado de sexto titorizou ao alumnado de terceiro mediante talleres STEM e espazos maker. Poden verse algunhas das sesións no seguinte enlace: https://omanantial.blogspot.com/search/label/ROBOTICA


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.