Triptico de principio de curso 17 18

Page 1

Ola amigos, Eu son Margarida, a mascota da Biblioteca. Aquí atoparás moitos contos e faremos moitas actividades durante o curso. Anímate a participar!

VISITA O NOSO BLOG Aquí poderás ver todas as actividades realizadas dende a Biblioteca: http://biblioblogreboreda.blogspot.es

TRÍPTICO INFORMATIVO DA NOSA BIBLIOTECA


 Entro na biblio sen comida, sen bebida e coas mans limpas.  Estamos sempre en silencio, se temos que falar, farémolo en baixiño.  Ando amodiño, sen correr.  Leo, estudo, investigo..., sen molestar aos demais.  Coido os materiais, así poderemos disfrutalos durante moito tempo.  Deixo todo ordenado antes de saír da Biblioteca. PRÉSTAMO DE LIBROS NO RECREO  MARTES: 1ºe 6º de Primaria  MÉRCORES: 2º e 5º de Primaria  XOVES: 3º e 4º de Primaria Os nenos e nenas de Infantil farán o préstamo nas aulas cos seus titores.

 O material informático é moi delicado, hai que manipulalo con moito coidado.  Hai que respectar os turnos para o seu uso durante os recreos.  Terán preferencia no uso dos ordenadores aquel alumnado que veña a realizar algún traballo para os seus estudos.  Non se poderán usar os ordenadores para xogar.  Hai que manter o silencio, para iso podes utilizar os cascos.  Poden estar un máximo de dúas personas por ordenador.  Non se pode facer uso das redes sociais.  Se tes algunha dúbida, podes consultar aos axudantes de biblioteca ou aos mestres de garda.

A biblioteca estará aberta de martes a venres na hora do recreo. Aquí poderás ler, facer traballos ou asistir aos talleres que se realizarán ao longo do curso. A ludoteca abrirá en horario de recreo os días de chuvia. Alí poderedes disfrutar de moitísimos xogos que seguro vos encantarán. Tamén podes facer uso da biblio polas tardes se ves acompañado dun adulto. A biblioteca estará aberta de 16:00 a 18:00 horas os luns, mércores, xoves e venres.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.