QUE HAI NOS EQUIPOS

Page 1


QUE HAI NOS EQUIPOS? Non todos os equipos teñen os mesmos xogos, ademais, como imos levar o equipo dúas veces para casa, na segunda a configuración será distintas. Algunhas das cousas que atopamos no escritorio do noso ordenador son:

WORDPAD: este programa ven predeterminado por Windows, é gratuíto e serve para escribir. Cando o abrades debedes axudarlle aos Vincis a configúralo para que poidan escribir.

Vai aparecer esta pantalla. O primeiro que debedes facer é cambiar o tamaño da letra e poñelo en 20 para que poidan ver ben o que están facendo. A frecha do debuxo xa vos marca onde debedes dar para aumentar o tamaño da letra. Tamén podedes cambiar o tipo de letra, darlle cor, negriña, entralo, iso para que investiguedes vos pola vosa conta.


PAINT Este é o programa de debuxo gratuíto de Windows, é moi interesante porque axúdanos no manexo do rato.

Na barra lateral tedes todas as ferramentas das que dispón o programa coma pinceis, lapis, gomas, tinteiro… No apartado colores podedes sacar un cadro para que os nen@s lle dean cor as súas creacións.

ACTIVIDADES FLASH: En cada equipo aparece este símbolo con nome na parte de abaixo. Son actividades moi simples para traballar aspectos coma a lectoescritura, a lóxica-matemática, conceptos espaciais… Hainas de todo tipo nos vosos equipos podedes atopar actividades coma:


 C de conejo: é un aforcado para descubrir palabras que empecen pola letra C, temos 10 intentos, tantos coma os sombreiros que aparecen na parte baixa e que van desaparecendo segundo imos errando.  Pegar: alguén moi despistado anda pola casa rompendo os xarróns e outros obxectos de valor, así que temos que ir collendo as partes por orde e montando todo o que está roto.  A casa: é unha actividade de desenvolvemento creativo onde temos que ir facendo unha casa seguindo a orde que nos vai marcando o propio xogo. Ao final podemos pintala e todo.  Números e letras: trátase de xogar aos sudokus ben con números ou con letras. Ai que fixarse ben para non trabucarse.  Contar: temos que contar todo o que sae na pantalla e marcar o número correcto.

TUX PAINT: este é un xogo para desenvolver as capacidades artísticas. Permítemos pintar pero ten unha chea de aplicacións que encherán de cores e elementos os nosos debuxos. Podedes ir a sellos e escoller a imaxe que queiramos, incluso cambiala de tamaño, tamén temos as máxicas que nos permiten prantar frores, borrar, poñer ladrillos, que saia o arcoiris… Tamén podedes escribir, cambiar o fondo, pintar debuxos feitos… O mellor é entrar e fedellar en todos os apartados para descubrir todo o que hai.

TUX TYPING: este programa permítemos saber onde están as teclas do ordenador. O mellor é empezar polos xogos do alfabeto ou da cascada no modo simple porque a dificultade aumenta moi rápido. Tamén temos unha opción que nos permite practicar como colocar os dedos no teclado para poder mellorar a nosa escrita.

SEBRAN: este é un programa educativo composto de 12 xogos onde podemos traballar lectoescritura e matemáticas. Na páxina principal temos o menú con todas as opcións de xogo. Debemos escoller o xogo que queremos e listo.


AVALIACIÓN DA EXPERIENCIA COMO SE SENTÍU O NEN@ LEVANDO O EQUIPO? CANDO TEMPO ESTIVO CON EL? (máis ou menos) CON QUEN O COMPARTIU? CON QUE XOGOU MÁIS? QUE LLE GUSTOU MENOS? TIVESTES ALGÚN PROBLEMA? DI CALES E COMO O SOLUCIONASTES SE FOI O CASO

QUE FOI O MELLOR DA EXPERIENCIA?

E O QUE MENOS VOS GUSTOU?

QUE CRES QUE HAI QUE CAMBIAR OU MELLORAR?

CRES QUE É UNHA EXPERIENCIA EDUCATIVA? TAMÉN NOS INTERESA A OPINIÓN DOS PEQUES. QUE TAL O PASACHES CO ORDENADOR, QUE ESTIVO BEN E QUE NON CHE GUSTO.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.