ESTE É O NOSO COLE

Page 1


Cando falamos do proceso de adaptación estamos referíndonos as fases sucesivas polas que pasa o neno/a ata adapatarse ao novo medio, neste caso a escola. Trátase dun intervalo de tempo onde os nen@s teñen que asimilar os cambios que se van producir na súa vida, contorna e ambiente e, ademais, en moitos casos, a primeira separación das figuras de apego. O ingreso na escola é un cambio moi grande para os nen@s: novo ambiente, novos espacios, novos compañeiros…, situacións novas que lle van dar novas aprendizaxes e experiencias que non poden vivir nas súas casas e que lle van permitir resolver infinidade de situacións. Chegar a un lugar novo producenos a todos, e sempre, certa desconfianza e inseguridade, por iso debemos estar ao lado dos nen@s, escoitalos e axudalos a construir esta nova dimensión que se presenta nas súas vidas. Aproveitade este tendo vacacional para falar cos nen@s da escola, sen enganalos, non lle podemos dicir que algo marabilloso, nin tampouco que é un sitio terrible. A nosa seguridade e tranquilidade é fundamental para que a actitude do neno cara a escola sexa positiva. Se tedes medo ou desconfianza ídesllo transmitir ao neno. Sentade cos nen@s e se tedes algún fillo maior, sobriño ou amigo que estuvera fai pouco na escola infantil que vos conte a súa experiencia.


Teño que ir só ao baño e limparme tamén só. Se hai algún accidente non pasa nada, se preciso axuda pídoa, pero teño que comezar a ser autónomo. Se non sei ir só ao baño non podo ir ao cole. Podo comezar a ponerme a chaqueta so ou, alomenos tentalo. Comezar a probar alimentos novos, cando vaia ao cole a merenda vai ser sana e non poderei comer no cole bollería, chuches… O nen@ ten que comezar a recoller os seus xoguetes despois de usalos. Durante o verán podemos ir xuntos a mercar o noso mandilón e a bolsa da merenda de tea e deixar que o nen@ a escolla para que lle colla agarimo as súas cousas da escola. Antes de que remate o verán teño que comezar a deitarme cedo para ir afacéndome ao novo horario. Contaremos un conto para costumarme a escoitar. Non ameazaremos ao nen@ coa escola: “xa verás cando vaias ao cole”, nin lle venderemos un mundo xenial “xa verás que divertida a escola, xogas todo o día”… Tentaremos ser realistas cos nen@s. Deben facerse responsables das súas cousas, se levan un xoguete a praia deberán traelo de volta a casa.


CONTOS QUE VOS PODEN AXUDAR A FALAR DO COLE:         

Mamá fue pequeña antes de ser maior. Ed. Kókinos Soy demasiado pequeña para ir al colegio. Ed. Serres Inés del revés. Ed. Kókinos Vaya rabieta. Ed. Corimbo No tengo sueño y no quiero irme a la cama. Ed. Serres No, no y no! Ed. Corimbo Sara no quiere ir al colegio. Ed. Kókinos El trapito feliz. Ed. Fondo de Cultura Leti va al cole

MATERIAL WEB:

http://www.consumer.es/web/es/educacion/escolar/200 9/08/14/187259.php  http://www.terra.es/personal/macevm/home.htm  http://micolegioadaninfantil.blogspot.com/2009/09/elperiodo-de-adaptacion.html

O NOSO COLE: www.pequesreboreda.wordpress.com


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.