THE MUROS TIMES - Nº 1 - ABRIL - 2013

Page 1

The Muros Times ¡¡¡ ANO 0 – Nº 1 – ABRIL-2013

REVISTA DIXITAL DE ARTE E CULTURA

UNHA FIESTRA EN LIBERDADE FEITA POR MURADANS E ADICADA A TODOLOS MURADANS

The Muros Times ¡¡¡


The Muros Times ¡¡¡ ANO 0 – Nº 1 – ABRIL—2013

Limiar: Ben, aquí está xa o segundo número da revista

The Muros Times ¡¡¡ Aproveitando a aparición de este novo número, imos facer a presentación en sociedade desta iniciativa, que terá lugar o vindeiro día vinte de abril ás oito do serán, na aula de informática da Casa da Cultura de Muros. Empresa que é participada por un grupo hetereoxeneo de mulleres e homes de Muros, e de algún máis, que a pesares de non ser nado no noso concello, síntese muradán de corazón. Porque para ser un bo “queredor de Muros” non é “Conditio sine qua non” ter vido a este mundo entre a punta de Uhía e a punta das Lens; senón, amar tamén a este bendito e privileiado anaco de terra. E iso pódese sentir, sendo nado aquí ou na Cochinchina. Agardamos que sexa do voso agrado esta nova edición e contamos con que nos arrouparedes coa vosa presenza o día da súa presentación pública.

The Muros Times ¡¡¡ Difusión da Cultura; exemplar gratuíto, prohibida a súa venda.

The Muros Times ¡¡¡


COLABORADORES:

Jorge Lago de Pexejo Henrique Monteagudo María Castiñeira Joaquín Vilar Antón Lago Alfonso Pouso—Quín Caamaño Escola de Música Esmu—Manuel M. Caamaño Manuela Tajes—Marisé Luces Manolo de Lajo— Manuel Lago

The Muros Times ¡¡¡


The Muros Times ¡¡¡

UNHA FIESTRA EN LIBERDADE FEITA POR MURADANS E ADICADA A TODOLOS MURADANS

The Muros Times ¡¡¡


LENDA DA COVA DE SISILIA O pobo de Muros encontrase protexido por dous montes sitos de tal maneira que sí tiramos unha liña recta entre eles, a vila queda exactamente nela. Estes montes son Cruz de Pelos o NE é o Oroso o SW, ámbolos marcados dende tempos ancestrais por dous pedestáis coas súas respectivas cruces. A do Rumial no Oroso e Cruz de Pelos no monte do mesmo nome. Conta a lenda que a de Cruz de Pelos foi destruida durante a Edade Media por unha meiga que peiteaba os longos cabelos o pe dela, quedando soio o pedestal que hai hoxe en día. Dita muller foi axusticiada na fogueira por herexe, ainda que como decía meu bisavo cando nos contaba a lenda: "herexe non é o que arde na fogueira, sinon o que a prende". O NE de Cruz de Pelos baixando para Porcomorto, no coñecido como Chan da Lagoa, encontrase a Cova de Sisilia, antiga morada da meiga e dos tres últimos republicanos da bisbarra. Estes tres sindicalistas da CNT botaron un bo tempo nela durante a guerra civil e aproveitando a noite baixaban as cortes de Felipe a buscar a comida que súas donas e os veciños alí lles deixaban. Nas ditas cortes moraba Mikis, o gato do pai de Felipe, ainde que eles o chamaban de Durruti, como o seu líder. Sabedores de que cada vez o cerco da garda civil estaba máis perto é co conocemento de que estaban chegando reforzos desde Santiago para dar a batida definitiva, decidiron planexar a fuga a Francia. Entón un deles mandoulle recado a seu cuñado para que os esperara co barco de Carraspello (barco no que era contramestre) cheo de fuel fondeado en Esteiro e poder darse a fuga aproveitando a sombra da noite de lúa nova.

Eles sabían que os camiños dende Cruz de Pelos hasta calquer punto da ribeira estaban vixiados, pero tamén estaban o tanto de que a cova era máis longa do que exploraran. Así que decidiron coller a Durruti e tiralo por un furado con pendente que facía o final da cova conocida. Cal sería a sorpresa que miña tía Concha do Campo de Abaixo encontrouno bagando por a praia de Bornalle cando andaba o arneirón para a campa de súa nai, esta foi a maneira de saber que a cova tiña outra entrada cerca da dita praia. Cando tiñan todo preparado para salir, déronse de conta de que faltaba Carmona, o home parece que se foi despedir da muller, con tan mala sorte que a casa estaba vixiada é capturárono. Uns días despois trás un xuicio sumarísimo, foi pasado a garrote vil en Santiago. Os dous restantes acojonados, decidiron adentrarse na cova tapando o lugar estreito dende o interior e seguiron o mesmo camiño que antes fixera o gato, hasta chegar a uns profundos que quedan cerca da praia de Bornalle e soio se ven con mareas vivas. Molláronse un pouco e continuaron a andaina por a ribeira hasta chegar a Esteiro. Alí estaba fondeado Santiago rodeado dunha espesa borraxeira, nadaron en silencio, embarcaron e sín saber moito de mar e cas luces de navegación apagadas botáronse a un andar de 8 nos rumbo a libertade, que naquel tempo non era outra que a terra donde naceu a Marsellesa despois dun levantamento do pobo. Amparados na noite e na borraxeira chegaron o porto de Arcachón con combustible xusto e mortos de fame, sendo recollidos por os franceses e recluidos nún campo de concentración na praia. By: Manolo de Lajo

The Muros Times ¡¡¡


LEVAR O BURRO A SERRES

Cada pobo herda e mantén as súas crenzas e tradicións pasándoas de xeración en xeración sen que, na maioría dos casos, nos preguntemos nunca nin de onde veñen nin para onde van, algunhas calando tan fondo na xente de ben que convértense misteriosamente en firme relixión e outras, case sempre as máis afíns a pasalo ben, rematan por ser vítimas das modas ou simplemente desaparecen. O noso Entroido é un bo exemplo disto último. Ata ben entrado o século XX era totalmente aceptada a orixe romana do Carnaval (Carne-levare) que significa "abandonarse á carne", pero hoxe en día son xa moitos os autores que vinculan esta festividade coa deusa celta Carna, patroa da fartura e da abundancia. Contábanos a miña bisavóa Nocha que cando ela era moza, e aínda que se comían orellas e filloas segundo os ovos que houbera, o Antroido era máis unha festa belicosa -"sitotera" decía elado que farturenta ou luxuriosa. Os mozos que se disfrazaban, normalmente de branco, corrian detrás da xente con látegos feitos de vexiga de porco, con corres de bimbio ou mesmo con fumeiros, e ún tiña que facer mil "gharatusas" para escapar deles sinon quería que lle "soscasen". Eu ainda me acordo de ter levado de rapáz algún que outro rescoldo de tan ancestral costume. Os mozos do lugar de Baño acostumaban a levar o burro a Serres no Martes de Carnaval, unha práctica que consistía en procurar entrar no lugar d'Abaixo cun burro feito ca esfollada do millo e que cargaban ás costas coma se dun ídolo guerreiro se tratase. Excúsovos decir que aquelo viraba unha auténtica batalla campal donde todo "se valía" menos, supóñome, darlle a un cun sacho detrás do pescozo. O climax do drama chegaba pouco despois de pasar o que hoxe vén sendo a rotonda que nos desvía para o "aeroporto de Ventín", alí agardávanlle os "Nasoreanos" (1) apostados en pelotón a ambo-los lados do camiño e tan pronto como o "Burro"

cruzaba a linea limítrofe desatábanse os ánimos e empezaba a contenda. O camiño quedaba totalmente cortado mentras un dos dous bandos non chamara a desplegarse e si algunha vella subía para ir a novena tiña que foderse e botarse a "eito" polos terreos ou dar a volta pola Agra si non quería ser abatida. Meu pai que combateu por moitos anos nas filas dos "do Carmen" (2) cóntame que en realidade, e a pesar de que en Baño aos de Serres se os coñece por "Os do Burro", o animaliño nunca entrou no lugar, nin no d'arriba nin no d'abaixo, pero eu, que son fillo do meu pai e supoño que tamén un mal perdedor, deime a licenza de imaxinar un final algo mais esperanzador para os nosos, e dibuxar os "Antonáns" (3) de Badernado mandando un batallón de reforzos na nosa axuda en lugar de manterse neutrales como sempre o fixeron. Por desgracia as modas van e veñen e a cultura moderna que herdamos non solo nos civilizou a nós sinon tamén as nosas tradicións, e hoxe en día, ca excepción d'alguhas partes de Ourense, o noso Entroido no é nin unha mera alusión ao que xa foi. Que ninguén me leve a mal, non quero decir con esto que outras costumes mais...¿vistosas? sean menos acertadas, o fin de contas tamén nos gusta "maghear" os santos para sacalos en precesión, a pesar de que o rigor sea aquí a presmisa; en uotras palabras, o que eu quero decir é que ainda que con estes toques dogmáticos dos que somos tan amigos non se lle fai mal a nunguén, sería bo que como pobo nos preguntásemos si ¿verdadeiramente son estos os nosos valores reales?, para axiña respondernos que en ese aspecto os galegos non somos precisamente a nazón Nipona. Dase por feito que un ten que ir acorde co tempo que lle tocou vivir, e hoxe por hoxe hai un bo lote de estilos que se inpoñen por enriba dos demais: levar a cintura do pantalón abaixo nas "brillas" mola moito e salir de comparsa gaditana luce un montón pero, por que temos que deixar morrer tradicións tan nosas e tan pescas como o "enterro do Facundo" ou " a subida do burro a Serres" para logo deixarnos seducir por ritos supostamente mais "civilizados" como pode ser unha corrida de touros. A máxima aquí sería xa chejar a pensar que todo o que é español e sale na televión é algo vital para entender o noso propio entorno, ideales, por outro lado, necesarios para todo o que esté interesado en descubrir de donde ven e para donde vai. (1) O patrón, San Xoan, sempre foi dos de Serres, (2) o Carmen mariñeiro dos de Baño e Boavista e (3) San Antonio, co seu porquiño, dos de Badernado.

The Muros Times ¡¡¡

Antón Lameiro


Son da Virxe (I) Joaquín Vilar Gómez

Son da Virxe, son pesco muradán, a beira do Cuncheiro perto de Carcamán. Nasín co seseo, mamei da gheada, dijo:arroas, samburiña, voghar e siar, arghaso,ghamela e gholpe de mar. Tamén: boliche, xeito, estrobo, salabardo, lembransas de feito do meu tío Bernardo (da papeira). Se vou non bou, vou... e senón víndeme a buscar! nunha lancha de vela ou nun bote a remar. Xa vin o Monte Louro, pasei o Neixón, rompía a Boughiña "non quero quiñón". Collín uns peixiños, tirei do trasmallo, rompeume o risón "róncalle o carallo". Chicote, proa, cope patela , nasa, norai batea, poutada, morto: na praia de Ghodai. Ghalipó...chapapote... ghabeta...bote.

The Muros Times ¡¡¡


OS LIBROS DAS NOSAS ESCOLAS

The Muros Times ¡¡¡


TRASTORNO POR DÉFICIT DE ATENCIÓN E HIPERACTIVIDAD (1) ¿ Quienes de las personas que nos dedicamos a la enseñanza no nos hemos encontrado con padres preocupados, incluso angustiados, porque " mi hijo/a está siempre en las nubes ", " se distrae con cualquier cosa y parece que no atiendo cuando le hablamos ", " ¡ no está quiet@ ni un minuto ! ", "¡ cómo tiene los cuadernos, un desastre, con borratajos y sin hacer los deberes ! " ?. Todas esas preocupaciones de los padres con sus hij@s aumentan al no saber a qué son debidos, no saber darle una respuesta ni cómo actuar, generándoles inquietud, ansiedad...que, normalmente, se aminoran cuando a esas dudas se les pone un nom-

bre y se les dan pautas de actuación. Esos comportamientos, no esporádicos, de niños y adolescentes, tienen un nombre : Trastorno por déficit de atención con hiperactividad (TDHA ), en el cual puede predominarla hiperactividad e impulsividad o bien el déficit de atención sin hiperactividad. Este trastorno conlleva problemas en su rendimiento escolar, siendo éste, quizás, el que más preocupa a los padres. No voy a escribirles sobre este trastorno desde el punto de vista médico, pero no se puede

obviar su origen, síntomas y población a la que afecta. Su origen es neurobiológico, con alto contenido genético. hasta el 80% de los casos presenta un familiar con las mismas características. Está presente entre un 3% y un 7% de la población infantil ( DSM.IV-R ). Hay tres síntomas que son clave para definirlo :- El déficit de atención.La hiperactividad.- La impulsividad, tanto a nivel cognitivo como conductual. ( ¡ OJO ! no confundir con niños inquietos, movidos, vivarachos ). Tanto el entorno familiar como escolar tienen una gran influencia en la evolución y mejora de los problemas que van apareciendo, la formación y conocimiento sobre el trastorno que los padres tengan, va a influir en la evolución de su hij@. En el ámbito familiar ( padres ) se dan distintas etapas :- ¿ Qué le pasa a mi hij@ ?. Ahí entra la búsqueda de información en los colegios, consultas al psicólog@ y psiquiatra quienes le van a ayudar a : conocer, entender y ACEPTAR el diagnóstico. Quizás esto último, ACEPTAR, sea el que mas les cuesta ya que les lleva a otras muchas preguntas, ¿ por qué a mi hij@ ?, ¿ qué hicimos mal ?, ¿ no estamos sabiendo educarlo ?. ¿ Qué podemos hacer ?. La respuesta a lo anterior es :- Ayudarles a valorar todos los aspectos positivos que su hij@ tiene.- Enseñarles estrategias que ellos puedan usar. Descubrir que lo que les pasa a sus hij@s tiene un nombre y que les pueden ayudar, supone para los padres un gran alivio que les lleva a un cambio de actitud ante el niñ@ y el problema. Primeros consejos a los padres :- Cada niño y su entorno familiar son únicos. No haga comparaciones.- Escuchar a su hij@, conocerl@, (TIEMPO PARA DEDICARLE) y aceptarl@ son los primeros pasos que hay que dar para ayudarles.

The Muros Times ¡¡¡

Marisé Luces Tajes.-


O Vello... O vello mira o mar dende o banco do paseo. Lembra a súa mocidade cando era mariñeiro. Pesco até non poder máis, solidario, depositario e mestre das mellores virtudes mariñeiras e humanitarias. Xa ten salvado máis dunha vida que se perdia entre os embates do temporal en Pedra de Con. Ao outro lado do paseo, tamén mirando para o mar, A Vella, a nosa vella; agarda por aqueles que non tiveron sorte de que unha man rescatadora e providencial os afastase da morte.

REPRESENTACIÓN E RECORDATORIO DUNHA VILA QUE TANTO LLE DEBE AO MAR, E DUN MAR QUE TANTO LLE DEBE Á XENTE DA VILA! (Manuel M. Caamaño) Imaxe de Quin Muros Negreira

O BERGANTIN FANTASMA DA BOUXA By Manolo de Lajo ... Alá por os mediados do século XIV cando España estaba inmersa na colonización americana, moitos barcos piratas ingleses e franceses dedicábanse a saquear as vilas galegas. Un deses tantos, do cal non coñecemos o nome afundeu na Bouxa de Fora, un baixo que se atopa na enseada de San Francisco coñecido vulgarmente como o petón da Bouxa. Este é un baixo que non ofrece ningún problema para as embarcacións de baixura que Muros posúe, pero sí as de gran tonelaxe. Parece ser que a vendavalada reinante nesa noite e o descoñecemento da costa abateunos a babor, sacando a nave da derrota marcada. Dando como resultado o naufraxio do dito bergantín xunto co seu cargamento de moedas de ouro. O capitán e a tripulación afundiron co barco, maldicindo o día e a hora. Polo cargamento que levaba os vellos do lugar coñecen o sítio como a "Furna dos Pesos". Aquel barco, con toda a súa tripulación, emerxe do mar nas noites de temporal; desplegan velas, berran, pelexan como intentando salvarse do afundimento. Permanecen así durante a maior parte do tempo ata que Monte Louro saca a touca (Monte Louro con touca, chuvia moita ou pouca) facendo amainar a borrasca, desaparecendo entón como por encanto. A xente pensa que estas historias, lendas ou contos non son verdá, pero veñen sendo contadas de boca en boca por os nosos devanceiros e non foron esquecidas no tempo. Entón algo de certo terá.

The Muros Times ¡¡¡


Datos referentes a Muros do ano 1897 Había maís comercio, máis industria e incluso tiñamos consignación de buques e consulados. Asemella que o montante maior dos negocios, das industrias e das institucións estaban “copados” por unha burguesía composta por apelidos de antigos fomentadores e por familias patrianas de vella estirpe muradá. Pois como se pode comprobar, algúns apelidos repítense de xeito sistemático. É de salientar a presenza dalgúns oficios e profesións xa desaparecidos ou en proceso de extinción hoxe en día na vila: Aceite e xabón, Alumeado público por petróleo, Constructores de buques, Consignatarios de vapores, Ferreiros, Profesoras en partos… Tamén e notable o número de habitantes do Concello: 9729, cifra moi similar aos censados hoxe en día. Muros perdeu en pouco máis de cen anos unha gran parte de peso especifico na economía do conxunto de concellos da provincia da Coruña e deixou de ser unha vila fabril, para converterse nun lugar onde o sector servizos, aupados pola crecente presenza do turismo destas últimas décadas, tomou un gran protagonismo. O sector primario tamén decaeu en gran medida , pois a actividade pesqueira, a pesar do maior volumen de descargas, emprega a moito menos persoal e representa un menor porcentaje no conxunto das familias da vila. (Manuel M. Caamaño) (Anuario del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración. 1897, página 1.299.) PARTIDO JUDICIAL DE MUROS 4 Ayuntamientos – 29 parroquias – 30.157 habitantes Muros de San Pedro.- Villa de 3.834 habitantes. En todo el ayuntamiento 9.729 AYUNTAMIENTO: Alcalde, Angel Lestón – Secretario, Manuel Rodríguez Conde – Escribano, Joaquín Fernandez. JUZGADO DE PRIMERA INSTANCIA: Juez, Francisco Alonso Suárez – Escribanos: Santiago Lojo Sendón .– Ramón Reinoso. Registrador de la propiedad, Alejandro Toras Sanz. JUZGADO MUNICIPAL: Juez, Rodolfo López.- Fiscal, Alfredo García Salgado.- Secretario, Tomás Lojo Malvarez. Administrador de Correos y Telégrafos.: Alfonso Lago González. Capitán de Puerto: Buenaventura Mayo, Párroco.: José Souto Iglesias. Instrucción pública: Profesor, Claudio Diz.- Profesora, Ramona Moreno. CONSULADOS: República de Argentina.- Ramón de Artaza y Malvarez; Portugal,- Manuel Siaba Gómez (vicesonsul) PROFESIONES, COMERCIO, INDUSTRIA: Abacería.: Manuel Iglesias Abogados,: Alfredo García Salgado, Pulino Lago, Rodolfo López, Manuel P. Luces, José Rodriguez, Ramón Suárez. Aceite y Jabón: Baltasara Lago, Leonor Lago, Hijos de Lariño, María Lestón. Alumbrado público por petróleo: (contratista) Domingo

Péres Río. Constructores de Buques.: Juan Malvárez, Lorenzo Malvárez. Carniceros: Pelegrina Barral, Jósé Fernández Iglesias Carpinteros: Gerardo Albariño, José García, Juan Malvárez, José Trillo. Casino.: Recreo de Muros. Colegio: José Ignacio Novo Comisión, Consignación y Tránsito: Secundino P. Pardiñas. Fabrica de conservas alimenticias: Timoteo Sel e hijos. Consignatarios de vapores: Abelardo Dubert, Manuel Iglesias, Juan Louro, Secundino P. Pardiñas, R. Siaba. Ebanista: Manuel Dubert. Efectos navales: Angel Diez, Abelardo Dubert, Viuda de Ferrer, Hijos de Lariño. Farmacéuticos: Joaquín Iglesias Siaba, Andrés Casal Núñez. Ferretería y quincalla: Antonio Artaza, Abelardo Dubert, María Josefa Fernández, Viuda de Fernández, Hijos de Lariño, Secundino P. Pardiñas. Fondas: José Barreiros, Viuda de Dubert (Real nº 15), Pedro García Ramón, María R. viuda de Lariño (Prim nº 8), Dolores Sendón (Muelle nº 12) Herreros: Agustín Agra, Ramón Agrafojo, José Hernández. Médicos: José María Calderón y Caamaño, Juan Lojo, Antonio Paz. Navieros: Abelardo Dubert, Juan Lojo, Secundino P. Pardiñas, Alejandro Portals, Abelardo Romaní, José Romaní, Viuda de Roura, Siaba Iglesias. Notario: Manuel P. Luces. Pastelerías: María Josefa Caamaño, Juana Fernández, Leonor Lago. Procuradores: José Concha Corvacho, Joaquín Fernández Martínez, Manuel Fuentes Otero, Varlos Mouriño. Profesor de Música: Nicolás Bueno. Profesoras en partos: Julia Fabeiro, Dolores Fernández Caamaño. Salazón (fábricas): Abelardo Dubert, Juan Goday, Manuel Iglesias, Alejandro Portals, Higinio Portals, José Portals, Félix Romaní, José Romaní, Pablo Roura, Siaba Iglesias, Joaquín Vieta, José Vieta. Sastres: Manuel Martínez, Lisardo Varela Bello, Manuel Varela Vizcaino. Tabacos: (compañía arrendataria).- Santos Lago. Tahona: Abelardo Dubert Siaba. Tejidos: Joaquín Caamaño, Eduardo Cerviño, Abelardo Dubert. María Josefa Fernández, Viuda de Fernández, Isidro García, Juana González, Hijos de Lucías. Vidrios: Ángel Díez, Hijos de Lariño, Adelaida Portals. Vinos: Manuel Ballesteros, Viuda de Barreiro, José Barreiros García, Ángel Dios, Manuel Formoso, Pedro García Ramón, Manuel Romero Leis, Dolores Sendón, Juan Valdivieso. Zapateros: Manuel Fernández Barreiro, Juan Fernández Fernández, Manuel lago, Juan Martínez, Manuel Pazos, Miguel Pazos, Felipe Romero.

The Muros Times ¡¡¡


Entrevista concedida a The Muros Times polo escritor Manuel Iglesias Turnes

rou e motivou a escribirla foron aqueles recordos da

1/4/2013

leutor se poida identificar? p/ Jorge Lago de Pexejo

infancia. Aquelas cousas que che impactan de neno, que ves pasar por diante túa, que ti non queres que pasen pero pasan. Por medio da escrita pos a cada cousa no seu sitio, e eu tiña moitas descolocadas . Mais, As rapazas de Xan, e tamén unha novela de amor. Todos, ou case todos, levamos unha historia de amor no corazón. J.L._¿Ten o libro un mensaxe específico co que o

Manuel Iglesias Turnes:

Si, o libro ten varias

mensaxes coas que o lector identificarse. Todos aqueles que noutros tempos, e agora tamén, tiveron que deixar a súa terra para buscar o sustento lonxe,

1. identificar e moito con esta novela. Pero tamén vanse todos aqueles que ten e tiveron a capacidade de poñer o amor por enriba doutros sentimentos menos nobles. Os que aman a Galicia, a nosa lingua, a for-

ma de ser da nosa xente, veranse plenamente reflexados no que aquí eu conto. Dito esto, engado que calquera persoa, rural ou urbana, rica ou pobre, xoven ou maior, pode disfrutar cunha historia de amor, desamor, de gran contido social, que mestura o drama coa retranca e o humor. J.L_ Apesares de ser unha novela ¿Qué tanto ten a obra de realismo, ou é pura ficción? Manuel Iglesias Turnes:

A obra é ficción, ainda

que os que a leron e a crítica aseguran que a dose de realismo e tal, que o lector vese mergullado na historia. Eu, que me criei nunha aldea, non quero negar que bebín algo de que aconteceu ó meu carón. Pero J.L._ Manuel, antes de falar do teu libro As rapazas

fíxeno de moitas fontes, e a de máis caudal foi a da

de Xan, ¿Pódesme dar unha breve descripción de

miña imaxinación, sen lugar a dúbidas. É, insisto,

quén eres e de donde ves? Pois ainda que visitas

ficción. Mais construín un retrato tan veraz que cal-

Louro, penso que os teus orixens son de outro lugar.

quera pode pensar que iso sucedeu así.

Manuel Iglesias Turnes: Pois así, en poucas palabras, contareiche que son un traballador por conta propia, que desenrolo unha actividade relacionada coa mellora xenética da vaca Frisona Holstein. Nacín en Cabanas (A Baña) e vivo en Santiago dende os anos 70. Louro para min é algo máis que un lugar ó que se

Tamén din os entendidos que a primeira novela dun autor é a máis personal. Algo diso haberá. J.L. Si tuveras que escoller ¿Qué escritor considerarías o teu mentor ou que che influenciou máis? Manuel Iglesias Turnes:

Suso de Toro, sen dú-

vai de visita. Fun a primeira vez de camping no 68.

bida. Dixen nunha presentación de As rapazas de

Nunca deixei de ir e agora teño vivenda alí. Estou or-

Xan en Santiago, que eu decidín escribir cando lin

gulloso de ser tamén de Louro.

Calzados Lola deste autor, que, por certo, parte da

J.L._ Cando empezastes a escribir As Rapazas de

Suso é o meu padriño literario e penso que de moi-

Xan, ¿Qué che inspirou a facelo? Manuel Iglesias Turnes:

trama desenvolvese por Muros e Louro.

Empecei en Xuño de

2009 e, devagar, remateina no mesmo mes de 2010. Houbo periodos longos, de meses, que non tratallaba nela. Non tiña présa porque non supoñía que podía ter o interese que logo tivo. Supoño que o que me inspi-

tos autores que están a publicar na actualidade. Cando leas o prólogo que lle fixo á miña novela verás que o que digo é certo. Noutro plano, Rosalía é o sentir do noso país, a voz que traspasa os tempos e non perde actualidade. J.L. Ademáis dos que fas referencia ¿Quén é o teu

The Muros Times ¡¡¡


ca. Mais tamén é diversión, solidariedade,

autor favorito xa sexa noso ou alleo? Manuel Iglesias Turnes:

emoción etc. Teño fé en que vos vai gus-

Suso de Toro, Diego Ameixeiras,

Rivas e moitos outros

tar. Grazas, Jorge, por darme esta oportunida-

J.L._ Normalmente as cousas non pasan por que si ¿Acórdaste

de de falar para a xente de Muros.

como se orixinou o teu interés por escribir? Manuel Iglesias Turnes: Eu penso que o interese por escribir aparece pola necesidade de contar cousas, de comunicar cos demais, de denunciar aquilo que che é incómodo dentro. Empecei a escribir porque a miña cabeza estaba, e está, repleta de cousas. A min interésame todo o que acontece ó meu arredor. Nunha ocasión dixen nunha entrevista á Radio Galega que escribín este libro sen plantexalo previamente. A locutora riuse, pero foi así. Un día empezas a escribir e ó pouco tes unha historia que te atrapa. As personaxes xa ten cara e unha forma determinada de comportarse. Non é doado de explicar, pero cando escribes se as peresonaxes non collen vida a historia non sae. Se ti nas cres, os lectores tampouco. Foi unha necesidade nun momento de desacougo. Tamén podemos dicilo así. J.L_ Ademáis de escribir, ¿Que outras inquietudes che moven? Manuel Iglesias Turnes:

Son unha persoa moi normal, con

inquietudes moi normais. Móveme o ter un país orgulloso do seu, que fale con orgullo a súa lingua. En xeral indigname todo aquilo que atenta contra da dignidade das persoas. Iso multiplícase cando se atenta contra a dignidade do conxunto do pais. J.L. ¿Estás escribindo algo máis? e si é así, ¿Pódesnos adiantar algo? Manuel Iglesias Turnes: Estoulle dando voltas á cousa, pero sen présa. Teño un traballo que me deixa poucos ocos e isto de escribir tes que ter as mans no teclado, pero tamén a cabeza na historia. Algo farei por que é unha experiencia marabillosa iso de estar creando unha ficción. J.L. ¿Atreveríaste a darlle algún consello a os novos escritores,

Contido

a aqueles que teñen ideas no miolo pero non se deciden a plas-

De malla a malla desenvólvese a histo-

malas en verbas escritas?

ria de amor, protagonizada por Carmela Pois é un atrevemento pola miña

e Manuel durante os difíciles anos da

parte dar consellos, pero eu diríalles que é cuestión de perder

posguerra en Cabanelas. Mais tamén é

Manuel Iglesias Turnes:

complexos e non poñerse límites. Hai que escribir cara diante, con valentía. Cando comproben que o que escriben lles chega,

esta unha emocionante novela coral na

os emociona, están no camiño porque ó lector tamén lle ocurri-

que se describe o complexo tecido de

rá iso. Ninguén sabe se ten posibilidades se non o intenta.

relacións que compoñen a vida dunha

J.L. Bueno, foi unha grata experiencia o haber falado contigo Manuel i estou seguro de que esta non vai a ser a única vez en que te prestes a falar con nós. Para rematar ¿Tes algo que queiras comunicarlle a os teus leu-

aldea, marcada pola pobreza e a miseria, pola forte presenza da Igrexa que exerce unha notable influencia na vida cotiá, e pola ausencia de futuro na pro-

tores? Manuel Iglesias Turnes: Que agardo que vos guste, que a

pia terra, cando a saída máis favorable

disfrutedes. Que pensedes que foi escrita con moito corazón,

para os seus habitantes máis novos é a

con moito amor a Galicia e ás súas xentes. Que As rapazas de Xan e unha novela que narra a vida nunha aldea nosa alá na

emigración a Montevideo.

posguerra, onde a xente escapa da miseria emigrando a Ameri-

The Muros Times ¡¡¡


VI Exposición de Pintores de Muros, promovida e organizada pola Asociación SORUM, celebrada en marzo-2013

The Muros Times ¡¡¡


Fotos: Quín Caamaño. The Muros Times ¡¡¡


Os nosos fotógrafos: Juan R. Fabeiro

“Octavia e a neboa do atardecer”

“Hoxe non é bo día para mandarche flores”

Miña nai galiza Pel sen pel, tan soio os osos branqueando a o carón do aire Lividez curtida nas salgadas fervenzas dos teus mares escumas brancas … nas escuras brétemas o alborexar da noite E diante de ti miña nai me axeonllo espido cal naufrago… esquencido dos meus e alleos como una preada acababa de ser vomitada por un vello congro e unha vez máis ensínasnos que eres tan soio ti mail-as túas rutías a forxadora das nosas vidas … Pel sen pel…, e brancos osos , esquencidos do vento Máis nunca nosos...

[ a. pouso ]

The Muros Times ¡¡¡


As contas do noso Concello no 1576 Estas son as contas dos ingresos e gastos fixos do concello de Muros no ano 1576. É de salientar que as meirandes partidas recaudatorias proviñan da pesca (cousa do mais natural sendo Muros unha Vila mariñeira), e do Pan , trigo e centeo , pois o millo aínda tardaría algún tempo en ser traído da América . Os gastos íanse na case súa totalidade en pagar ao Rei ao Arcebispo e ao mantemento da Colexiata. Aínda así e todo había un superávit de mais de 35.000 maravedís! INGRESOS (Maravedís) 1- Dezmo da Pesca 40.666 2- Dezmo do Pan 12.440 3- Dezmo do prometido da pesca 334 4- Dezmo do prometido do pan 600 5- Peso do concello 1.105 6- Cestería 1.700 7- Prometido de Cestería 300 8- Xuro que a Vila ten por Privilexio real, Situado sobre as rendas da Vila 100.000 9- Sobor a Pesca e Viño 66.000 10- Sobor os Alfolís do sal 34.000 11- Xuro sobor as Rendas Reais da Vila de Vigo, por un Privilexio Real 50.000 12- Dezmo do Pan 10.750 13- Dos 11 cercos que se adican a pesca da sardiña e “talieiros” (patróns) que os dirixen, a 4.000 cada un 44.000 14- Pagado polo Couto de Louro, polo Servicio ordinario 5.000 15- Pensións sobre as fincas aledañas As murallas 221

2- Procurador Xeral 3.000 3- Quita do dezmo da cestería 1.500 4- Do servicio ordinario 42.168 5- Organista 10.000 6- Aos frades de Santa María do Rial (S. Francisco de Louro) 3.740 7- Aceite para alumear o Santisimo 3.500 8- Ao cabildo de Santiago (sinecura) 43.500 9- Xuro da Vila 33.000 10- Ao porteiro da Vila 3.000 11- Corretaxe 15.000 12- Ao Arcebispo 32.500 13- A Colexiata (do Santo Oficio) 19.500 14- Servicio da Súa Maxestade 60.000 15- Coengos e colexiata 56.500 TOTAL 332.508 RESUME Total de INGRESOS 367.576 Total de GASTOS 332.508 Sobrante ao favor do concello 35.068

TOTAL 367.576 GASTOS (Maravedís) 1- Rexedores 5.000

The Muros Times ¡¡¡

Manuel M. Caamaño


Convento de San Francisco de Rial (Louro Muros) Por: Quin Caamaño

Situado ás aforas da Vila de Muros,na parroquia de Louro, a primeira constancia dunha edificación data do ano 1223 mais posiblemente sexa anterior. No ano 1432 a capela románica de Santa Mónica do Rial pasa a ser convento grazas a unha bula papal de Eugenio IV na que concedía indulxencias por visitala capela en certos dias. Nun principio os monxes vivían en «observancia» como consta nos acordos forais do ano 1475 mais tamén predicaban «sermóns cuaresmais» na próxima Vila de Muros segundo documentos do ano 1583. Albergou a grandes persoas como Fray Antonio de Acuña a quen lle debe a súa gran biblioteca, Fray Juan de Muros ou Fray Arias de Fresno quen morreu no convento debido a ser el o encargado voluntario de coidar os apestados, contraendo el a enfermidade e sendo sepultado dentro da igrexa aos pés do altar maior. A súa fundación atribúese segundo Ramón de Artaza ás xentes da Vila de Muros basándose en varios documentos que así o certifican, como un do ano 1820 no que a Audiencia Nacional do Reino pide un inventario o concello no que o convento aparece como fundado polos da Vila e así como no ano 1810 cédenselle as chaves do mesmo durante as procesións da Semana Santa para que as porte o ilustre Gaspar de Jovellanos. A súa pasada importancia queda así revestida, tamén nas múltiples terras, sendas e pensións vendidas na desamortización, así como nos múltiples testamentos que

o largo da súa historia (1435, 1563, 1751, 1875, etc). Tras varios anos de inactividade no que é vendido, case desaparece, e grazas ao señor Garcia Pan, quen o cede xunto cun gran piñeiral, voltando a mans dos Franciscanos quenes con axuda dos veciños voltan a darlle vida construíndo o viacrucis para conmemoralo feito, iniciativa do P. Coll. Durante os primeiros anos do século pasado desempeñou a función de Escola Seráfica ate que foi trasladada o convento de Herbón en Padrón. O mosteiro encontrase hoxe en día totalmente reconstruído e non conserva as antigas dependencias monacais de estilo gótico. A fabrica é sinxela e destaca o claustro de escasa altura e dimensións, nun estilo sobrio, típico nas construcións galegas, con arcadas de medio punto sobre columnas cadradas, nun dos laterais unha inscrición: «Este paño de de claustro hizo bastian baçar y su muger Margarita Perez, año de 1646″; atopandose o claustro presidido por un fermoso cruceiro. Dentro do recinto amurallado do convento que cubre 75.000 m2 atópase un bosque de pino cruzado por un regato, así

The Muros Times ¡¡¡


como as instalacións monacais xunto cun cemiterio, restos de petroglifos, un muíño, fontes, etc… A dia de hoxe acolle, a parte das funcións relixiosas, un cámping e un hostal. A igrexa conserva a fábrica de estilo oxival, con arco triunfal columnas e capiteis. A planta ten a capela maior na cabeceira, de menor ancho e destacada o exterior pola menor altura; volumetricamente, destaca unha torre campanario, engadida na fachada.

Referencias bibliográficas: PATRIMÓNIO GALEGO. SORALUCE BLOND, José Ramón e FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, Xosé: «Arquitecturas da Provincia da Coruña, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son». ARTAZA MALVAREZ, Ramón: Historia de Muros y su distrito 2ª edicion Fotos de: Nieves Formoso, Quin Caamaño e Lourolobios.

The Muros Times ¡¡¡


FALAR MURADÁN (2) Henrique Monteagudo

xente en Muros, e precisamente van pescar (matar peixe). Por tanto, o elemento mariñeiro é importantísimo, como non podía ser doutro xeito, no coloquio muradán corrente: embarcar / desembarcar (dun vehículo), pasar leste (pasalo mal), botar un cabo (axudar), faser maghas (‘chegar e encher’, ‘facer virguerías’), enguadar (‘engaiolar, encandilar’), mallar / masar (distínguense: ‘malláronme ‘atrapáronme’

coma ou

un

peixe’,

isto

é,

‘enganáronme’

/

‘masárono coma un polbo – un pulpo’, ou 4. O léxico: palabras e expresións

sexa, ‘mallaron nel’), ser un bo peixe, ser

O falar muradán ofrece palabras e expre-

unha boa lura, botar as nasas, caer coma

sións moi características. Algúns das que eu

un chincho, non quero quiñón! (non quero

usaba ou uso e que chaman a atención fóra

saber nada do asunto), poñerlle a proa a

de Muros son: deleiba (tanto no sentido ne-

alghén (‘collerlle manía’ ou ‘facerlle frente’).

gativo de ‘desfeita’ como no positivo de

Como

‘choio’), parar nun sitio (residir temporalmen-

xen antes,

te), caer de alto en peso, disir moito

seguro que

(‘replicar’, ‘insistir’), aquello foi un víndeo-ver-

facendo

á porta da vila!, decontado, de quen quen

unha reco-

(‘de coma quen’, ‘ de mentira’), escurrumpela

lla

(‘tobogán’), piringüela (‘randeeira, columpio’),

ampla, te-

trandeira (‘tendal’) enredar / reinar (‘xogar’),

ríamos un-

os mosiños (‘os cativos’, ‘os nenos’), os

ha

busos(‘os

abundantí-

beizos’),

espentenexar

di-

máis

ceifa

(‘pestanexar’), nun espentenexo (‘nun abrir e

sima dese falar tan vivo, peculiar, expresivo

pechar os ollos); botarse de resollo, nadar de

e xeitoso como é o muradán. Animo pois a

resollo (‘mergullarse’, ‘bucear’). Seguro que

toda a xente interesada a que contribúa a

hai moitas máis, e sería bonito recollelas.

corrixir, aumentar e matizar as informacións

Andar ou ir ó mar é traballo que fai moita

que debullei lixeiro nestas liñas.

The Muros Times ¡¡¡


ALIMENTACION SALUDABLE Y RENDIMIENTO ESCOLAR p/ Dra. CASTIÑEIRA Los neurotransmisores cerebrales funcionan mejor cuando la dieta es balanceada, equilibrada y sana, y favorece a que los chicos aprendan más. Las comidas saludables ayudan a que los chicos se concentren más en la escuela, favoreciendo el aprendizaje. Esta capacidad que poseen determinados alimentos estaría vinculada con la posibilidad de estimular los neurotransmisores cerebrales. Ésta es la principal conclusión a la que llegaron los profesionales del Sistema de Salud de la Universidad de Michigan en Estados Unidos que, liderados por la médica nutricionista Catherine Kraus, analizaron cuáles son los factores que deben considerarse a la hora de elegir alimentos saludables para los niños. Para que puedan almorzar en la escuela, se recomienda enseñarles desde niños qué alimentos elegir. Desde hace algún tiempo se discute en nuestro país la puesta en marcha de una política sanitaria y de alimentación por la cual las escuelas estén obligadas a ofrecer a los chicos alimentos saludables, en lugar de las conocidas y calóricas golosinas. Si bien en algunas instituciones esta modalidad se cumple pasando a ocupar un rol preponderante en los comedores y bares las ensaladas, las frutas y los sándwiches de verduras; en otros centros educativos la transformación aún no se ha cumplido. En el caso del estudio-informe, los investigadores estadounidenses se encargaron de asegurar que "lo más importante es que los padres se preocupen por los alimentos que sus hijos consumen pero que, además, les den el ejemplo optando ellos también por comidas más sanas y nutritivas". "Es muy importante prestar atención a la alimentación pues la niñez es una etapa crucial en la cual tanto el organismo como el cerebro se están desarrollando y debemos darles 'combustible', principalmente con buenos alimentos. Pero la realidad es que los padres no pueden estar constantemente viendo qué comen y cuánta cantidad los chicos. Por eso hay que trabajar sobre la educación para ensañarles a cuidarse, ser inteligentes y adoptar hábitos moderados y saludables desde pequeños. Eso comienza cuando la familia se sienta a la mesa y ellos pueden ver que tanto su mamá como su papá comen lo mismo", señaló la doctora Kraus. "Comer en familia es un excelente hábito que sirve no sólo para ver cuáles son los hábitos que están incorporando los chicos sino para ponerse al tanto de las cosas que comen en el colegio y la actividad física que están realizando. Dentro de este punto, cabe des-

tacar que lo mejor sería apagar el televisor para favorece el diálogo y evitar distracciones", puntualizó el doctor Alberto Cormillot, médico especialista en nutrición, director del Instituto Argentino de Alimentos y Nutrición (IAAN). RECOMENDACIONES BÁSICAS. A fin de poder elaborar una rutina saludable, los responsables del Sistema de Salud de la mencionada universidad afirmaron que "lo primero que no puede faltar en un plan de alimentación es el desayuno. Está comprobado por diversas investigaciones que los chicos que se salten el desayuno presentan un rendimiento escolar menor a aquellos que se sientan y desayunan de manera equillibrada" Entre los alimentos recomendados para la primera comida del día se cuentan los cereales, los panes, las frutas enteras (no jugos), los quesos, los yogures y la leche. En cuanto al mediodía -dado que por lo general los chicos de primaria y secundaria hacen esa comida en el colegio- lo recomendable es recurrir a las viandas para evitar que compren en el restaurant, bar o buffet. "Una buena opción es mandarles pescado, pollo y ensaladas como acompañamiento. Para tentarlos es ideal intercalar verduras de diferentes colores y tamaños. Lo mismo sucede con la fruta que puede ser un excelente postre. Es mejor elegir dos pequeñas y diferentes. En cuanto a las bebidas, es mejor optar siempre por agua con o sin gas", enumeraron. Con respecto a la cena, si los chicos comieron pollo, pescado o carne al mediodía, el equipo de la doctora Kraus sugirió optar por la pasta a fin de equilibrar el consumo de proteínas con el de hidratos de carbono. "En general es importante llevar adelante una dieta baja grasas saturadas dado que éstas elevan los niveles de colesterol malo o LDL. Sin embargo, en la etapa que va de los 10 a los 17 años, no es la mejor opción pues las hormonas sexuales se generan en base a moléculas de colesterol con lo cual podría afectarse el desarrollo. Sabiendo estas cosas se pueden planificar e ir elaborando combinaciones diferentes para aprender a cuidar la salud desde pequeños", refirió el doctor Alfredo Lozada, médico cardiólogo. "Cuando los chicos consumen alimentos de alto contenido calórico y que poseen mucho azúcar experimentan una especie de colapso que los hace sentirse cansados y 'pesados'. " "Del mismo modo, la cena también afecta porque si el niño quedó satisfecho pero no se siente sobrecargado, podrá descansar mejor y más relajado, condición que favorece notablemente su rendimiento al día siguiente", concluyó la especialista.

The Muros Times ¡¡¡


César Cisneros Luces Un muradán que dedicou toda a súa vida ao periodismo. P/ Manuel Lago Álvarez

Ninguén e capaz de negar que Muros deu a Galicia, España e o Mundo, mulleres e homes, que ali onde estiverán, deixaron a súa impronta. Moitas veces “rebeldes con ou sin causa”, pero a súa pegada quedoú. Moitos son grandes desconocidos, os que o pasar do tempo levounos a un olvido total. Hoxe vou intentar dar a coñecer a un muradán egrexio, que aló nas Américas. deu moito que decir. E refirome a CÉSAR AUGUSTO CISNEROS LUCES, un muradán autodidacta que foi quen de adicar toda a súa vida ao periodismo., sin renegar nunca dos seus humildes oríxenes. Cuba, Uruguai e Bos Aires foron os destinos de César Cisneros Luces na emigración. En todos quedou pegada da súa presenza a través das súas colaboracións xornalísticas ou dos diarios que dirixiu. Este xornalista e escritor aparece como unha das principais figuras da prensa galega en América.

César Cisneros Luces naceu en Muros o 22 de setembro de 1849. Tras cursar os estudos primarios, con trece anos, emigra a Cuba. Na Habana residía o seu tío Andrés M. ª de Cisneros e Pereira. Comezou a traballar como dependente no comercio Diana, ao tempo que ía aumentando progresivamente a súa formación. Nesa época comezou a súa colaboración co "Diario da Mariña". Trasládase co seu tío a Cárdenas e máis tarde a Sagua. Nesta segunda localidade exerceu como director de "A Voz de Sagua". Posteriormente, formou parte da redacción do "Diario da Mariña". Problamas de saúde obrígano a retornar a Galicia en 1868. Foi nomeado como profesor de instrución xeral na Escola Naval Flotante de Aprendices de Mar, instalado na corveta Mazarredo no Arsenal de Ferrol. Oposto á sublevación republicana de outubro de 1872, foi capturado polos sublevados. Cisneros Luces narraría posteriormente estes feitos no libro "A insurrección do Ferrol". En 1873 volveu seguir o camiño da emigración, esta vez cara ao Río da Prata. Asentouse nun primeiro momento en Uruguai. Cofundador do colexio de ensino primario Hispanoamericano na localidade de La Unión. Pasou despois a exercer a contabilidade de libros nunha oficina do Ferrocarril Central uruguaio. O seu seguinte traballo foi a dirección do diario "A Carta Branca". Dende as columnas deste medio combateu a ditadura de Lorenzo Latorre, precisamente as persecucións que tivo que sufrir motivaron a súa marcha a Bos Aires en abril de 1877. O 15 de maio de 1877 comeza a traballar como redactor de "O Correo Español".

The Muros Times ¡¡¡


Cisneros Luces foi asinante dunha convocatoria, o 13 de marzo de 1879, da que sairía a fundación do primeiro Centro Galego de Bos Aires. Foi elixido como vicepresidente da primeira xunta directiva do Centro Galego. Neste senso, hai que dicir que Cisneros mantivo moi malas relacións co presidente do Centro Galego, Manuel Vázquez Castro, que contribuirían á desaparición da entidade. En 1879 Cisneros Luces fundou "O Galego", cuxo primeiro número sae o 27 de abril dese ano. Dende as colomnas deste xornal criticou a xestión de Vázquez Castro á fronte do Centro Galego. Pero o oficio de xornalista non sería a súa única ocupación. En efecto, Cisneros traballou tamén como docente e axente de negocios. Tras a desaparición de "O Galego", cuxo último número sae o 7 de novembro de 1880, Cisneros pasou a traballar como corrector de probas en "O Diario". Tamén se colocou como Inspector de desembarque, dentro do Departamento xeral de Inmigración. En xaneiro de 1883 daría comezo unha nova etapa do diario "O Galego", que, sen embargo, só conseguiría sobrevivir durante seis meses. Non obstante, en maio de 1888 Cisneros promovería unha terceira época deste xornal, que pouco tempo conseguiría sobrevivir. Pasou a traballar como corrector de probas no diario "Sudamérica". Pouco despois fundou "A Bandeira Española", que só se publicaría durante sete números. Decide trasladarse a Montevideo, pasando a colaborar en "O Pampeiro", "a Unión Galega", "Montevideo Noticioso" e "O Galego" que se publicaba na capital oriental. En febreiro de 1896 enferma e é internado no hospital italiano de Montevideo. Ao saír deste centro regresa a Bos Aires, onde ao pouco tempo ten que ingresar no hospital Español. Neste último centro faleceu o 4 de xaneiro de 1897, ós 48 anos de idade. Ademais da súa actividade xornalística, César Cisneros escribiu o libro La insurrección de Ferrol, no que narra os acontece-

mentos da sublevación republicana que tivo lugar o 11 de outubro de 1872, que o levou ao cárcere. Tamén cultivou a poesía, "Na Ausencia" é un dos seus poemas máis coñecidos. Fontes: xunta.es — galegos.info

The Muros Times ¡¡¡


COLABORA:

CONCELLO DE MUROS The Muros Times ¡¡¡


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.