O LARETEIRO DO XALLAS

Page 1

O LARETEIRO DO XALLAS Revista Escolar CEIP Barrié de la Maza. Ano 2009/2010 SUMARIO: Sección Literaria: • Contos • Poesía • Poesía en Inglés • Relatos de actividades no centro. Investigación: • • • • • •

Volcáns Os Celtas O Samaín Economía en Santa Comba A fauna de Santa Comba A flora de Santa Comba.

O noso Cole: • • • • • • • • • • • •

Así somos en Infantil de 3 anos B Así somos en infantil de 3 anos B Recomendacións de libros. Saída de 1º ciclo:: vestixios celtas na zona. Saída dos alumnos de 3º A maxia celta A aula específica. Deporte Escolar Ano internacional de achegamento das culturas. Música por Haití O apalpador Despedida do alumnado de 6º


O LARETEIRO DO XALLAS Secci贸n literaria Os nenos e nenas de 5 anos B, queremos agasallarvos con este conto que se titula : Quen xoga co sol?... Esperamos que vos guste...


O LARETEIRO DO XALLAS Secci贸n literaria


O LARETEIRO DO XALLAS Sección literaria

.

Os nenos e nenas de E.I. 4 anos B, xogamos coa poesía Polas rúas de Tulús vai un vello en autobús.

Polas rúas de Pequín vai un vello nun patín.

Polas rúas de Sevilla vai un vello nunha silla... Ana Mª Fdez


O LARETEIRO DO XALLAS Secci贸n literaria

ALUMNOS DE 4 anos B


O LARETEIRO DO XALLAS Sección literaria A FLOR DO FRÍO (Conto elaborado polos nenos e nenas de 4 anos A)


O LARETEIRO DO XALLAS Secci贸n literaria


O LARETEIRO DO XALLAS Sección literaria

Ós nenos/as de 1º A gústanos moito ler é máis ainda que nos lean e conten historias. Un libro que nos encantou foi o de Ajdar de Marjane Strapi. Diredes vós, menudo nome máis raro! , pero veredes como vós gusta a historia.

Érase unha vez unha nena chamada Matilde que vivía nun dos países máis fermosos do mundo e encantáballe saltar á comba. Nese país había de todo: periodistas con gafas, enamorados, curiosos...e incluso un rei. Tamén un montón de animais: gatos, patos, tigres, camaleóns...

Todo ía de maravilla...Pero un día de repente a Terra comezou a tremer. -É un terremoto! berrou o rei. Poñédevos a salvo. Pero antes de poder facer algo, fora o que fora, abracadabra, de golpe todo acaba e xa nada é como antes.


O LARETEIRO DO XALLAS Sección literaria

Había novos animais, xamáis vistos como tales. (Estes foron debuxados polos alumnos de 1ºA). Que lle pasou a Matilde? Ela era a única que tiña todo o seu corpo por unha razón: cando a terra comezou a tremer, ela xogaba coa súa comba a saltar. Matilde intrigada foi visitar ó rei. -

Por que a Terra se puso a tremer? -preguntoulle Matilde ó

rei. -

Non foi a Terra, foi o dragón Ajdar a quen hai que visitar. A ti che

corresponde ir ó centro da terra para aclarar este misterio. Ainda que un pouco indecisa tomou o camiño que lle indicou o rei cara o corazón do globo. Ó cabo dun rato, crúzase con Ajdar. - Ola Ajdar, fixen unha longa viaxe para atopalo. Vostede fixo que a Terra tremera. Desvéleme ese misterio! - Dóeme a espalda . Rompín unha cervical e o dolor é infernal. As vosas máquinas fixéronme un buraco de gran tamaño e así me fixestes dano na espina dorsal. Se me movín tan forte foi para relaxar o meu corpo dolorido.


O LARETEIRO DO XALLAS Secci贸n literaria

Os alumnos de 4潞 B queremos deixarvos unha mostra dos traballos que facemos na clase para que vexades o ben que redactamos.


O LARETEIRO DO XALLAS Secci贸n literaria


O LARETEIRO DO XALLAS Secci贸n literaria Os nenos de 4潞 A fixemos este resumo de cousas que sucederon ao longo do curso escolar. Por suposto incluimos aquelas que nos resultaron mais divertidas.


O LARETEIRO DO XALLAS Sección literaria

O SAMAIN O Samain é unha festa de orixe celta que o cristianismo retomou . Celebrouse desde fai máis de tres mil anos.

Nos últimos anos estaba olvidado pero

gracias ao traballo dos colexios e de algun concello estase a recuperar. Celébrase o trinta e un de oututubro e nese dia abrese a porta o reino dos mortos e significa fin do verán . Eu penso que é mellor celebrar o Samain que é propia da nosa orixe , e non halloween que é de orixe inglesa . No noso colexio na semana do Samaín levamos calabazas decoradas

co-

mo nos quixemos . O xoves de Samaín, á última hora fomos ó patio ver como un mestre disfrazado de druída e uns nenos tamén disfrazados de druídas, collían papeis con poesias dun cunco líanas e cando as acababan de leer tirabanas a unha fogata que tiñan diante de eles, e cando acabaron , nos fo-

mos para a clase. Recollemos e marchamos para a casa. Foi moi divertido.

Samuel Castelo Mourelle 4ºA


O LARETEIRO DO XALLAS Sección literaria LOVE What is LOVE? I don´t konw perhaps, a strong feeling a sincere friendship an affectionate careness a shared loneliness. How powerful and magic love is! It´s able to become people better it´s the origin of goodness it helps people not be alone it is with someone in hard times.

Peace instead of war comprehension instead of incomprehension justice instead of injustice happiness instead of sadness generosity instead of egoism.

It´s easy to say “hello” it´s easy to say “ good-bye” it´s easy to say “sorry” but it isn´t so easy to say “I love you” and then to listen “ but I don´t “. Love starts with one pleasant look love starts with one good word love starts with one exciting kiss love starts with one soft smile but when it is over, it hurts our heart. I wish to be a bird with wooden little paw to alighted on your chest and steal your lover heart.

What is Love? Love is a strong feeling Love is a sincere friendship Love is an affectionate careness LOVE IS LIFE BY 6th A- English Class


O LARETEIRO DO XALLAS Secci贸n literaria

SPRING How wonderful is life in Spring there麓s life in every place you stay very single thing around is harmony mother Nature is alive and glad. Tall trees are dressed with deep green leaves plants dressed with beautiful branches flowers dressed with multiple colours flowers that release nice smells trees, plants and flowers decorating our homes and gardens waking up our senses. Beautiful landscapes with deep valleys, deep valleys with fress green grass green grass growing quickly beautiful landscapes showing their lakes and long rivers ong rivers with clear and fresh water fresh water flowing into the sea and the wide ocean. Butterflies flying over the blue sky birds feeding their babies friendly birds living in their careful nests careful nests placed on the ancient trees. Days are longer, nights are shorter the weather is sunnier and warmer people wearing bright colourful clothes ople sharing more time togehter people practising fuuny hobbies in the open air people are happy breathing pure air.

BY

6th B- English Class


O LARETEIRO DO XALLAS INVESTIGACIÓN

%

%&' (' ## )

! "

# $

* + %, - . /0#12.3

3

"

3 "

(

"

34

)*0, -% /0#12.3 , ! 3

, "

* ,

4

"


O LARETEIRO DO XALLAS INVESTIGACIÓN , 3

4

" 4

-

% "

5 ! * 6 7 ) 8

5 " $

5 $ "

3

! 9

: ;<< ,

0 / )

0 1

0 ( = >& '

0 . + $ 1 >

0 * ( 0 %6= = )


O LARETEIRO DO XALLAS INVESTIGACIÓN

Os Celtas Un día a profe Mary de religión explicounos toda a historia dos celtas, para que a poidades disfrutar vos tamén velaquí tedes un pequeño resumo: Os celtas vivían en castros. Eran tribus. Os castros localizabanse na Europa Occidental. Coñeceuse a súa existencia no ano 2.000 a.C. Cando morrían, enterrábanse nos


O LARETEIRO DO XALLAS INVESTIGACIÓN dolmens, unha especie de cova formada por pedras..Os celtas dei xa ron nos moit as tradicións, festas e algunhas lendas. Unha delas foi a Santa Compaña.A Santa Compaña eran os epíritos dos mortos que, ás doce da noite reuníanse na porta da

igrexa para facer o seu percorrido, diante deles iba un ser vivo. Tamen están o maio, que actualmente descende da mesma festa que a Cacharela e o Samaín, que neste caso, é o fin de ano. Cando os Romanos chegaron a Galicia e se encontraron cos Celtas, fixéronos traballar coma excravos. Os celtas, xa fartos de traballar, prefiriron morrer. De ahí ven un Dito que di así: “Denantes mortos que excravos”. Creado por Daniel Rodriguez Castelao. Os Romanos deixaronnos a nosa lingua e moitos monumentos. (Grupo de alumnos de 6º)


O LARETEIRO DO XALLAS INVESTIGACIÓN O SAMAIN Alumnos de 6º B

Antes da era cristiá, cando os celtas (bretones, galos, escoceses e irlandeses) gozaban aínda de relevancia social adoitaban celebrar o arranque do ano novo, que coincidía co final do verán, vía sacrificios en honor do Señor do Ceo e a Terra, Samán.

porta, pedindo comida para os deuses. A disxuntiva, Trato ou Truco, puña aos habitantes do inmoble asaltado contra a parede. Ou contribuían á causa achegando as súas ofrendas alimenticias ou atíñanse ás consecuencias.

A festa arribó en Estados Unidos a metade do século XIX, cando os emigrantes irlandeses trasladaron o ritual druida á outra beira do Atlántico. A noite do 31 de outubro era costume, tradicionalmente, percorrer cálelas da veciñanza, de porta en

Esta festividade, que co paso do tempo, acabou perdendo o seu carácter ritual, foi calando na celebración cristiá do Día de Todos os Santos. Festa oficial para levar flores á tumba dos defuntos. Un día familiar e morriñento, de cemiterios ateigados e recordos dolorosos. Orixe celta

Halloween ten a súa orixe nunha festividade céltica coñecida como Samhain, que deriva de irlandés antigo e significa fin do verano. Os antigos britanos tiñan unha festividade similar coñecida como Callan Gaeaf. No Samhain celebrábase o final da tempada de colleitas na cultura celta e era considerada como o “Ano Novo Celta”, que comezaba coa estación oscura. Os antigos celtas crían que a liña que une a este mundo co Outro Mundo estreitábase coa chegada do Samhain, permitindo aos espíritos (tanto


O LARETEIRO DO XALLAS INVESTIGACIÓN festividade foi asimilada por estes. Aínda que xa celebraban os últimos días de outubro e primeiros de novembro unha festividade coñecida como a "festa da colleita ", en honor a Pomona (deusa das árbores froiteiros), mesturáronse ambas as dúas tradicións. As mazás eran moi populares e prontas formaron parte das celebracións. Lendas e costumes de Halloween Dise que a noite de Halloween, a porta que separaba o mundo dos vivos do Máis Alá abríase e os espíritos dos defuntos facían unha procesión nas vilas en que vivían. benévolos como malévolos) pasar Nesa noite os espíritos visitaban as casas dos a través. Os ancestros familiares seus familiares, e para que os espíritos non eran convidados e homenaxeados lles perturbasen os aldeáns debían pór unha mentres que os espíritos daniños vela na ventá da súa casa por cada defunto eran afastados. Crese que o uso que houbese na familia. Se había unha vela en de traxes e máscaras débese á recordo de cada defunto os espíritos non necesidade de escorrentar aos molestaban os seus familiares, se non era así espíritos malignos. O seu os espíritos perturbábanlles pola noite e propósito era adoptar a aparencia facíanlles caer entre terribles pesadelos. dun espírito maligno para evitar A orixe das famosas cabazas talladas deviene ser danado. En Escocia os dunha lenda de orixe celta. espíritos foron suplantados por homes novos vestidos de branco con máscaras ou a cara pintada de negro. O Samhain tamén era un momento para facer balance das subministracións de alimentos e o gando para prepararse para o inverno. As hogueras tamén desempeñaron un papel importante nas festividades. Todos os outros lumes apagábanse e en cada fogar se encendía unha hoguera na cheminea. Os ósos dos animais sacrificados lanzábanse á Outra práctica común era a adiviñación, que a miúdo implicaba o consumo de alimentos e bebidas. A tradición romana Cando tivo lugar a ocupación romana dos dominios celtas a


O LARETEIRO DO XALLAS INVESTIGACIÓN ACTIVIDADES ECONÓMICAS EN SANTA COMBA

Santa Comba conta cuns 10.500 habitantes aproximadamente. O grupo da poboación activa traballa nos tres sectores económicos (primario, secundario e terciario) dun xeito moi heteroxéneo, predominando os sectores primario e terciario. Aquí, presentamos unha análise sobre esta situación.

SECTOR PRIMARIO: Destacan a agricultura e a gandaría, especialmente a bovina. Agricultura: Consiste na produción de vexetais a través do medio natural. Trátase dunha selección daqueles que melloren a produción e resistan os factores climáticos adversos. En Santa Comba os cultivos máis abundantes son o trigo, o millo, as patacas, as leitugas, os tomates e as cebolas. Para a súa plantación os agricultores empregan fouciños, sachos, galletas e tractores con apeiros axeitados.

Gandaría: Conxunto de animais que explota o home para

A continuación, presentamos unha entre-

as súas distintas satisfaccións,

vista feita a un agricultor da zona: Santia-

no máis amplo sentido; gando,

go Míguez Beiroa.

facenda.

E: Que che gusta da agricultura?

A constitución xeofísica do

S. M. B: Plantar as patacas.

país, a súa situación xeográfi-

E: Que cousas se cultivan por aquí?

ca, o clima, o solo, a vexeta-

S. M. B: Pataca, millo, trigo…

ción, os cultivos etc, e a distri-

E: En que época do ano hai máis cultivos?

bución demográfica da súa

S. M. B: En marzo, abril e xaneiro.

xente, en definitiva, fixeron que

E: En que época hai menos?

a gandaría fose sempre, a través da historia o piar funda-

S. M. B: No inverno.

mental da riqueza en Galicia, e por tanto en Santa Comba.

E: Que cantidade de silo se ensila ao ano?

En total, hai unhas 1500 explotacións cunhas 13000 vacas

S. M. B: Depende das vacas que se teñan.


O LARETEIRO DO XALLAS INVESTIGACIÓN de diferentes razas, cachenas, frisonas, rubias galegas etc.. O principal obxectivo destas explotacións é a produción de leite, como se pode ver nas imaxes. Entre as causas de sacrificio na ganadería de leite atopámonos as seguintes:

En relación co gando é interesante coñecer que o pasado 9 de abril Santa Comba acolleu a XII Poxa de xovencas de raza frisona e I Mostra de Equipamento Agrícola e Gandeiro.

A continuación, presentamos unha entrevista feita a un gandeiro da zona: Carlos Landeira Lois. E: Como te chamas? C. L. L: Carlos Landeira Lois. E: Como se chama a túa gandaría? C. L. L. Gandaría Maroñas. E: Cantas vacas tes agora mesmo? C. L. L: Agora mesmo teño 130 vacas. E: É moi difícil coidar gando? C. L. L: Ás veces. E: Cantos litros de leite producen as túas vacas cada día? C. L. L: Producen 1800 litros cada día. E: É verdade que se lle pos música clásica ás vacas pintas producen máis leite? C. L. L: Disque sí. E: Que problema houbo coa baixada do leite? C. L. L: Que se gasta máis do que se ingresa, e non gañas para ter un soldo. E: Que é a lingua azul? C. L. L. É unha enfermidade que lle ataca ás ovellas, vacas etc.. E: Algunha vez che pasou iso coas túas vacas? C. L. L. Non.

SECTOR SECUNDARIO. Industria: é o conxunto de procesos e actividades que ten como finalidade transformar as materias primas en produtos elaborados de forma masiva. Este é o sector menos abundante no noso concello, destacan algunhas empresas adicadas a elaboración de bloques e forxados e outras que fabrican muxidorias e estabulacións. Construción: Na actualidade está en descenso, pero noutros anos chegou a darlle traballo a aproximadamente un 19,8% da poboación activa.


O LARETEIRO DO XALLAS INVESTIGACIÓN SECTOR TERCIARIO: Dentro deste sector destaca o pequeno comercio. En Santa Comba son abundantes as tendas do téxtil e do calzado, as xoieirías e reloxerías, as perruquerías, as panaderías, as tendas de alimentación, e especialmente os locais de hostelería, uns 250 aproximadamente. A nosa zona está considerada coma unha das máis coñecidas en relación coa festa e a marcha nocturnas, a presencia de locales de música e a organización de varias actividades culturais pretenden atraer a numerosas persoas dos arredores e así mellorar a súa economía. Unha destas últimas actividades aparecía nos medios de comunicación publicada deste xeito: VOZ DE GALICIA, 2/05/2010

“La construcción de un poblado celta en el campo de la feria xalleira constituirá estos días el centro neurálgico de la Festa Celta, prevista en Santa Comba para el próximo fin de semana. Este poblado es 1º que acogerá toda una serie de actividades relacionadas con la cultura celta, desde mercaderes, talleres de armería, forja, cerámica, arte pastoril y otros, además de una completa exposición de ruinas celtas y toda clase de artesanos y oficios. El poblado contará con su rey, druidas, la meiga, los guerreros, las hadas y los duendes, que recrearán una fiesta beltaine, ambientada en la cultura castreña de la Edad del Hierro. También está prevista una gran fiesta gastronómica que, como no podía ser de otra manera, consistirá en la degustación del porco celta” A EMIGRACIÓN: Un factor clave na economía de Santa Comba foi e é a súa alta emigración. Primeiro os xalleiros e xalleiras emigraron cara América, especialmente Brasil, Arxentina e Venezuela; despois fixérono cara países de Centroeuropa, como Suíza e Alemaña. Tanto foi así que na década dos 70 o 70% da poboación activa era emigrante. A emigración consiste en deixar o propio país ou rexión para establecerse noutro. Actualmente, os países que rexistran máis emigración son os per-


O LARETEIRO DO XALLAS INVESTIGACIÓN tencentes ao denominado Terceiro Mundo ou países en vías de desenvolvemento, pero noutras épocas foron os europeos os que emigraron a outras nacións en busca dunha vida mellor e anteriormente os africanos e asiáticos. CONSECUENCIAS DAS MIGRACIÓNS: -Para o lugar de emigración constitúen consecuencias positivas: alivio de problemas de sobrepoboación, diminución da presión demográfica sobre os recursos, inversión do diñeiro que envían os emigrantes, disminución do desemprego e aumento da produtividade.

Agora presentamos unha entrevista feita a un emigrante: Ángel Negreira Quintás. E: A onde emigraches? A.N.Q: A Brasil, A Holanda, A Andorra e a Suíza. E: A que anos? A.N.Q: A primeira vez, aos 17anos. E: Por que emigraches? A.N.Q: Porque non había traballo. E: Cal foi o lugar que mellor te tratou? A.N.Q: Todos me trataron ben. E: Como te sentiches? A.N.Q: Ao acostumbrarme, moi ben. E: Se foras novo gustaríache volver emigrar? A.N.Q: Sï. E: Custouche moito aprender os idiomas? A.N.Q: O portugués sí, pero os outros máis ou menos E: En que medios de transporte fuches? A.N.Q: En barco, en tren e en avión. E: Que comida che gustou máis? A.N.Q: En Brasil, o churrasco. E: Fíxeches moitos amigos? A.N.Q: Sí, e aínda os teño. E: Visitaches algún lugar histórico como o Amazonas? A.N.Q: O Cristo, en Río de Janeiro, e algún máis peor xa non me lembro. E: De que traballaches? A.N.Q: De camareiro, nunha fábrica de plásticos e nunha de aluminio.


O LARETEIRO DO XALLAS INVESTIGACIÓN Os nenos/as de 5º A estivemos traballando sobre a fauna que vive no noso concello. Aínda que hai moitas máis especies aquí vos presentamos algunhas. Esperamos que aprendades moitas cousas novas. O OURIZO CACHO O ourizo cacho (Erinaceus europaeus) é un mamífero insectívoro que abunda nas fragas galegas e nas pradarías que teñen arbustos, sebes e valados onde agacharse. Os adultos poden chegar a pesar máis dun quilo.Destacan as súas pugas que o revisten e protexen. Os músculos cutáneos permítenlle envolverse e formar unha bola de pugas contra os inimigos. Non teñen pescozo e os seus ollos son pequeniños. As orellas son redondeadas e o fociño aguzado. As súas patas son curtas e teñen 5 dedos con fortes unllas. Ten un rabiño pequeno. Os machos son máis grandes cas femias, e o abdome é dunha cor parda máis clara que as pugas. As femias poden ser de cor cinza.

O RAPOSO O raposo común (Vulpes vulpes), coñecido como golpe nalgunhas zonas ó norte de Galicia, pertence á familia dos cánidos carnívoros. O raposo común, tamén chamado raposo vermello, caracterízase por ter as patas cortas, o fociño estreito e alongado, as orellas rectas e triangulares, unha pelaxe espesa e cola longa. Adoitan pesar entre 7 kg e miden entre 90 e 105 cm de longo (sen incluir a cola). A cor da pelaxe dun raposo común é alaranxada por enriba e branca pola parte inferior. O raposo vive en todos os continentes (agás na Antártida), habita zonas boscosas, con matogueiras. Algún tipo de raposo pode mesmo vivir en zonas desérticas e xeadas. O LOBO O lobo (Canis lupus) é o maior membro en liberdade pertencente á familia dos Cánidos. A súa secuencia de ADN e mais os estudos xenéticos indican que o lobo comparte un devanceiro común co can doméstico (Canis lupus familiaris), sendo o seu parente máis achegado. En liberdade foron identificadas un gran número de subespecies de lobo. Os lobos son tipicamente superdepredadores nos ecosistemas nos que moran e lograron prosperar en fragas temperadas, desertos, montañas, tundra, taiga, pradeiras, e incluso zonas urbanas ou intensamente humanizadas, como é o caso de Galicia. A día de hoxe, os lobos son unha especie protexida en moitos lugares, aínda que segue a ser cazada como especie cinexética ou daniña noutros.


O LARETEIRO DO XALLAS INVESTIGACIÓN O XABARIL O xabaril (Sus scrofa) é un mamífero de tamaño mediano cunha cabeza grande e alongada, na que destacan uns ollos pequenos. O pescozo é groso E as patas moi curtas. O jabalí compensa a súa mala vista co desenvolvido oído e olfacto, que lle permite ulir alimento baixo terra ou inimigos a máis de 100 metros. Os seus pelos son grosos e negros medindo entre 10 e 16 cm. A cor do pelo é moi variable, vai desde o gris ao negro, pasando por cores avermelladas e marróns. A crin do lombo ponse de punta en caso de cólera.

O COELLO O coello (Oryctolagus cuniculus) é un mamífero. Caracterízase por ter un corpo cuberto de pelaxe espeso e laúdo, de cor parda pálida a gris, cabeza ovalada e ollos grandes. Pesa entre 1,5 e 2,5 kg en estado salvaxe. Ten orellas longas de ata 7 cm e rabo moi curto. As patas anteriores son máis curtas que as posteriores. Mide de 33 a 50 cm. Os machos teñen a cabeza máis ancha que as femias.

A BUBELA A bubela (Upupa epops), é unha ave co corpo do tamaño aproximado do dun merlo. O seu bico longo e fino, a crista na cabeza e unha coloración característica fan dela unha ave de aspecto inconfundible. Miden de media 28 cm. As alas teñen un debuxo de bandas brancas e negras. A crista da cabeza mide uns 6 cm e está formada por plumas coas puntas brancas e negras. A cola é negra, cunha banda branca ancha no último terzo, e un debuxo branco na raíz. O resto do corpo é ocre rosado.Os dous sexos son moi semellantes: as femias son se cadra algo máis pequenas e de cor máis mate. Atópanse en paisaxes chas ou onduladas en áreas temperadas, secas, con zonas arboradas non moi mestas ou vexetación rara. Aparece a miúdo en terras cultivadas e tamén en bosques moi claros e claros de bosque.


O LARETEIRO DO XALLAS INVESTIGACIÓN O PASPALLÁS O paspallás (Coturnix coturnix) habita en zonas de clima temperado de España, Asia e norte de África.. Mide entre 18 e 20 cm, cunha envergadura de ata uns 30 cm. Pesa uns 150 gramos. O peteiro é curto e curvado, de cor agrisado. A plumaxe de base dos machos é castaña e alaranxada. As femias son semellantes pero o debuxo da cabeza é menos marcado e a cor de fondo é do ton area. Toda a súa coloración é máis esvaída. O CUCO Cuco (Cuculus canorus), nome común de cada unha das aves pertencentes á extensa e variada familia dos cucos, que viven en todos os continentes excepto na Antártida. O característico canto de dúas notas ao que se alude en moitas composicións musicais e que imitan os reloxos chamados de cuco é emitido polo macho de cuco común . Trátase dun paxaro duns 33 cm coa longa cola, de cor cincento na súa parte superior e con raias brancas e grises escuras na inferior. Esta especie parasita os niños alleos. As femias depositan os ovos no niño doutro paxaro. Esta cría aos pitiños de cuco, en xeral a costa da súa propia familia. Na Península Ibérica é unha especie estival habitual na primavera e verán O AZOR O Azor (Accipiter gentilis) é unha ave rapaz é de tamaño mediano-grande. A lonxitude do corpo vai de 46 a 63 cm. e a envergadura alar de 89 a 122. O peso vai dos 0,52 kg dos machos máis pequenos aos 2,2 kg das femias máis grandes. O macho é sempre máis pequeno cá femia. As alas son relativamente curtas, anchas e arredondadas nas puntas. Os azores adultos son na parte superior de cor gris pizarra marronosa e brancos con bandas castañas escuras por abaixo. Os exemplares novos son de cor acastañada, e na parte inferior de cor amarela clara, amarela, beige, laranxa ou asalmonada con manchas ou bandas. As patas, que son curtas, son de cor amarela igual que a cera do bico. O iris dos ollos é amarelo claro nas aves xoves, facéndose máis vermello coa idade e nas aves adultas é de cores que van do laranxa ó vermello- cereixa. A cor da plumaxe é semellante nas femias e nos machos, aínda que estes son algo mai escuros na parte de lombo e co deseño da cabeza algo máis contrastado.


O LARETEIRO DO XALLAS INVESTIGACIÓN

O POMBO A pomba brava (Columba livia) é unha especie de ave da familia Columbidae. É o ancestro das pombas domésticas. Cría en paredes rocosas. Aprésese moito á doméstica, pero teñen cores diferentes.

A PEGA A pega (Pica pica) é un paxaro da familia dos córvidos (corvidae). Vive en boa parte de Eurasia, norte de África e Norteamérica. En Europa vive sobre todo nas proximidades dos asentamentos humanos. A súa plumaxe branca e negra e a súa cola longa fana inconfundible

O MERLO O merlo, melro ou merliño (Turdus merulu) é a unha ave pertencente á familia Turdidae. Os merlos presentan forte dimorfismo sexual, sendo o macho negro, con peteiro brillante amarelo-alaranxado e un círculo arredor dos ollos. A femia e os poliños teñen dorso negro, ventre pardo-escuro con manchas pardo-claras, e a garganta e a parte superior do peito pardas con manchas abrancazadas. Os poliños teñen o ventre punteado. Esta ave é omnívora e mide aproximadamente entre 23 e 29 cm .

O ZAPATEIRO Zapateiro (Guerris lacustis), nome común dunhas delicadas chinches da auga, predadores doutros insectos. A maioría vive en superficies de augas tranquilas, aínda que algunhas especies adaptáronse a vivir en augas correntes. Os zapateiros móvense rapidamente grazas a un par de patas intermedias que fan de remos, e ao par de patas traseiras que fan a función de temón. O par de patas frontais está adaptado para suxeitar as presas. Os extremos das patas están cubertos de peliños finos que lles serven para manterse sobre a superficie da auga. Hai un xénero de zapateiros que viven no mar.


O LARETEIRO DO XALLAS INVESTIGACIÓN O SALTÓN Os saltóns son insectos herbívoros da orde Orthoptera. As antenas son curtas e teñen case sempre menos de 30 artellos. Os saltóns poden saltar grandes distancias coas súas potentes patas traseiras, e nalgunhas ocasións tamén son capaces de migrar. Esta circunstancia dáse cando se concentran demasiados individuos nunha mesma zona. Ante a escaseza de alimento, o seu organismo libera unha serie de hormonas que fomentan a mobilidade alar para que os individuos poidan desprazarse voando a outros lugares. Algunhas especies producen ruídos audibles, usualmente fregando os fémures contra as ás ou o abdome ou co golpeteo das ás. As patas traseiras son longas e fortes, apropiadas para saltar. As femias son de maior tamaño que os machos.

A XOANIÑA A maruxiña, reirrei ou xoaniña (Agelaius xanthomus) posúe corpo semiesférico, cabeza pequena, patas moi curtas e ás membranosas moi desenvolvidas, protexidas por unha capa quitinosa. Hai preto de 4500 especies dentro deste grupo, distribuídas en 350 xéneros, distinguíbeis polos padróns de cores e pintas da capa. O reirrei ou xoaniña ten o cor-

po globoso, xeralmente negro, cos élitros vermellos ou amarelos, con puntos escuros. As súas larvas e adultos nútrense de pulgóns e outros tipos de insectos.Considéranse benéficas por parte dos agricultores.Outros nomes son: cascarrubia, costureiriña, mosca de deus, papasol, bolboretiña de deus, rei, rinchín, voíña.

A ABELLA As abellas (Apis mellifera) son insectos sociais, que viven formando grupos moi numerosos. Os niños das abellas reciben o nome das colmeas. A raíña é a única mamá da colmea; é a que pon todos os ovos. ¡Poden poñer 1.500 ovos nun so día! Os machos aparéanse coa femia. As obreiras son femias incapaces de poñer ovos, que traballan sen descanso. Realizan todas as tarefas da colonia. Mentras voan de flor en flor, as obreiras recollen pole nunha bolsa especial ubicada nunha das patas traseiras. ¡As abellas son moi útiles! Transportan o pole dunha flor a outra e, ademais, ¡ ofrécennos o seu rico mel!


O LARETEIRO DO XALLAS INVESTIGACIÓN

O CABALIÑO DO DEMO O cabaliño do demo é un insecto con corpo fusiforme co abdome moi alongado, ollos compostos e doús pares de alas semitransparentes. Aliméntanse doutros insectos, mosquitos e moscas. Viven en hábitats nas inmediacións de cursos de auga estancada (pozas ou lagos temporais), zonas pantanosas ou preto de ribeiras e regatos. As larvas, chamadas ninfas son acuáticas, carnívoras e extremadamente agresivas, podendo alimentarse non só de insectos senón tamén de peixes novos.As súas mandíbulas están adaptadas á mastigación. Son bastante útiles no control das poboacións de mosquitos e das súas outras presas, prestando así un servizo importante ao home. O CARRIZO A carriza ou carrizo (Troglodytes troglodytes) é un paxaro de aspecto arredondado e moi pequeno (o terceiro máis pequeno dos que viven en Europa). Esta especie é o único representante en Eurasia da familia dos trogloditas (Troglodytidae). Son aves insectívoras que cantan mesmo no inverno e fan niños moi traballados.

O ESCÁNCER O escáncer común ou liscanzo (Anguis fragilis) é un réptil da familia dos lagartos pero que perdeu as patas, semellando máis unha pequena cobra. Resulta habitual en toda Galicia e é completamente inofensivo. O escáncer común carece totalmente de extremidades, de corpo cilíndrico e un tamaño de 20-30 cm, sen conta-lo rabo o que lle dá unha lonxitude total de 50-60 cm. O rabo é longo, do mesmo tamaño co corpo ou lixeiramente superior. Os machos adoitan ser menores cás femias.A cabeza é pequena e roma, cun pescozo pouco definido. As pálpebras son funcionais e non están soldadas, o que lles permite pecha-los ollos. A cor varía desde a gris ou ocre ata a castaña, coa parte inferior máis escura. A pel é ríxida.A pel é moi lisa ó tacto, con escamas moi pequenas, semellantes en forma e tamaño tanto no dorso como na superficie ventral. Os machos adoitan ter unha coloración uniforme, parda, ocre ou amarelada


O LARETEIRO DO XALLAS INVESTIGACIÓN AS ÁRBORES DE SANTA COMBA. Os alumnos de 5ºC realizamos unha viaxe pola comarca e descubrimos as seguintes árbores.

Nome galego: codeso do monte Nome español: codeso español Nome científico: adenocarpus.

Planta sempre verde, altura 2 m., planta apropiada para construir setos

Nome galego: Carballo Nome castelán: Roble Nome científico: Quercus Robur

Pode pasar dos 30 m. e vivir máis de 1000 anos. Tronco forte de casca escura. As follas son lobuladas case sen peciolo. Os seus froitos son landras, cunha cúpula que cubre menos da mitade. Vive entre o nivel do mar e uns 1000 m de altitude.

Nome galego: Ameneiro Nome castelan: Aliso Nome científico: Alnus glutinosa

Pode cegar ós 20 m.. Tronco dereito de casca escura e lisa. Necesita moita humidade, polo que suele vivir preto dos ríos.


O LARETEIRO DO XALLAS INVESTIGACIÓN Nome gelego: loureiro Nome Castelán: Laurel Nome científico: Laurius nofoiles

E unha arbore de folla perenne. A altura é de 5 a 10 m. Reproducese por semente ou esquexe. Vive en chans pobres. Ten uso culinarios e medicinais. A súa madeira é moi dura. Nome galego: Toxo Nome castelán: Tojo. Nome científico: Ullex Europea. O toxo é un arbusto de orixe Europeo pentence á familia da fabáceas. Medran ate 4 m., precisa luz, raíces profundas. Utilizado para facerlle a cama aos animais. Nome Galego: Eucalipto. Nome Castelán Eucalipto. Nome científico: Eucaliptus Globulos. Arbol que pode chegar a medir máis de 100m. Tronco con unha carácterística, que se desprende en tiras. A súa raiz é moi poderosa. As follas xóvenes son redondeadas e sen pecíolos; as adultas en forma de fouce con pecíolo. As flores orixinan uns froitos duros.

Nome Galego: Ameneiro Nome Castelán: Aliso Nome científico: Alnus glutinosa. Pode chegar ós 20 m. Tronco dereito de casca escura e lisa. Necesita moita humidade, polo que sole vivir preto dos ríos.


O LARETEIRO DO XALLAS O NOSO COLEXIO ASÍ SOMOS NÓS….

EDUCACIÓN INFANTIL 3 ANOS A


O LARETEIRO DO XALLAS O NOSO COLEXIO


O LARETEIRO DO XALLAS O NOSO COLEXIO ASÍ SOMOS NÓS….

EDUCACIÓN INFANTIL 3 ANOS B


O LARETEIRO DO XALLAS O NOSO COLEXIO


O LARETEIRO DO XALLAS O NOSO COLEXIO AS NOSAS LECTURAS PREFERIDAS Os nenos de primeiro xa sabemos ler! Neste curso lemos moitos libros na clase e queremos recomendar algúns dos que mais nos gustaron. Esperamos que o pasedes moi ben lendo todos estes libros e moitos mais que atoparedes na biblioteca do centro, onde viven o noso amigo Biblio-rato

Carla. Todos somos diferentes José Luis Águeda Editorial Timun Más ¡Ay, no! Rotraut Susanne Berner Editorial Anaya Cartas a Ratón Perez Antonio Rodenas Editorial Anaya

Carlota y Miniatura Pierre Le Gall – Eric Heliot Editorial Edelvives

En forma Claudia Ranucci Editorial Edelvives

Hansel y Gretel Cuentos clásicos Editorial Saldaña


O LARETEIRO DO XALLAS O NOSO COLEXIO

Las estrellas Rosa Luengo Editorial Edelvives

Lola va a la selva Merce Aranega Editorial Edelvives Manu Irene Pazos Pintos Editorial kalandraka

O pirata pata de lata Ram贸n Trigo Editorial Kalandraka

No bosque Anthony Browne Editorial kalandraka

Que parvos son os camale贸ns! Pablo Prestifilipo Editorial kalandraka

Sacapenas Anthony Browne Kalandraka

Peque帽a Masai Patricia Geis Editorial Combel


O LARETEIRO DO XALLAS O NOSO COLEXIO SAÍDA

CULTURAL

O día 26 de maio , os nenos de 1º e 2º de primaria iremos de excursión. Este ano a nosa saída ten moito que ver co mundo “ celta “ pois xa durante todo o curso estivemos traballando este tema e aprendemos moitas cousas sobre eles . Sairemos de Santa Comba ás 9 : 30 da mañá en dirección ao municipio de Cabana de Bergantiños . Alí visitaremos primeiro o Dolmen de Dombate despois , o Castro de Borneiro e finalmente iremos ao Monte Branco e subiremos ata o miradoiro de aves Luis Rabuñal Patiño . Ao mediodía xantaremos na praia de Balarés que está en Ponteceso . Pola tarde iremos a Vimianzo para visitar o seu castelo e despois regresaremos a Santa Comba . Esperamos pasalo MOI BEN ! DOLMEN DE DOMBATE Un dolmen é un monumento megalítico prehistórico formado por dúas ou máis grandes lousas de pedra sen labrar clavadas no chan que soportan unha pedra a modo de teito .Crese que foron cámaras mortuorias . O Dolmen de Dombate é un dos mellor conservados .Está na parroquia de Borneiro en Cabana .O poeta Eduardo Pondal, que naceu en Ponteceso , adicoulle no ano 1985 un famoso poema en “Queixume dos Pinos “.


O LARETEIRO DO XALLAS O NOSO COLEXIO CASTRO DE BORNEIRO Está na parroquia de Borneiro en Cabana . É un dos castros máis antigos de Galicia . Estivo habitado entre os séculos IV e I aC . Foi descuberto en 1924 por Isidro Parga e Pérez Bustamante . O conxunto que mide 90 por 55 metros está rodeado por un foso e dous muros defensivos .

MIRADOIRO DE AVES Está situado no Monte Branco na praia de Urixeira .Inaugurouse en outubro de 2006 durante o 1º congreso de ornitología da Costa da Morte . Chamase José Luis Rabuñal Patiño en recoñecemento os máis de 30 anos que este ornitólogo adicou á observación e ao estudo das aves . Ten unhas preciosas vistas sobre a desembocadura do rio Anllóns e a praia

CASTELO DE VIMIANZO Está situado na entrada da vila . Atópase en moi bo estado de conservación .Conserva partes do século XIII ,aínda que a maioría pertencen aos séculos XIV e XV . Na actualidade acolle unha mostra permanente de artesanía popular .


O LARETEIRO DO XALLAS O NOSO COLEXIO VISITA A MARCELLE NATUREZA 3º PRIMARIA O día 30 de abril fomos a Outeiro de Rei na provincia de Lugo para visitar o parque Marcelle Natureza. Despois dunha longa viaxe en autobús, (1hora e 45 min) chegamos ao parque.

Despois de separarnos en 3 grupos (os mapaches, os lobos e os canguros ) comezamos a visita. Había moitos animais e os monitores fóronnos falando de cada un deles. Vimos cebras, linces, unha boa constrictor, lobos, burros, llamas, o wallaby, mapaches, suricatas, armadillos, bisontes americanos, monos capuchinos e moitos outros menos coñecidos que procedían de distintas partes do mundo. O parque é enorme e os animais teñen moito espazo, dentro de cada un dos cercados teñen sitio para correr, árbores, vexetación, auga... Hai unha parte do parque que é unha reserva e non se pode visitar sós sempre ten que acompañarvos un monitor. Na reserva os animais están ceibos siii!! E pasan correndo ao teu carón, a verdade é que daba un pouco de medo, había unha manda de axis que pasaba a toda velocidade. Na reserva tamén hai lobos! Pero estes si que están nun cercado. Uff ! menos mal!


O LARETEIRO DO XALLAS O NOSO COLEXIO A verdade e que aprendemos moitísimas cousas sobre os animais. Imos falar dalgúns deles para que os coñezades mellor. Os emús: Viven por América do Sur e América Central. O emú é a segunda ave máis grande do mundo. Sabías que se corres diante deles ou os miras fixamente perseguirante ata que pares? Ademais, pódente picar e correr arredor túa ata que te mareen. A femia só pon o ovo e o macho é o encargado de incubalo, protexelo e coidalo ata que naza a cría. O coatí: vive en América do sur e en América central. Pertence a familia dos mapaches E un mamífero moi sociable. Emprega o seu longo nariz móbil para excavar buscando caracois, insectos,arañas, lagartos..etc aínda que tamén come froita. Non nos fixo moito caso porque estaba moi ocupado facendo un buraco O wapití: é da familia dos cervos e vive en América do norte e en Asia. O seu nome significa “cu branco” na lingua dunha tribu india e chamáronlle así porque teñen a pelaxe branca nas nádegas. É un dos 10 animais mais veloces do mundo xa que é capaz de chegar aos 72 km/h. O wapití posúe unhas grandes cornas e dependendo do seu tamaño poderemos averiguar a súa idade, Despois de comer fomos practicar tiro con arco. En cada grupo había catro nenos. Tiñamos que tirar a frecha na diana e non creades que era fácil.. Os monitores explicáronnos cal era a posición correcta para tirar, e ensináronnos cancións e xogos . Foi moi divertido. Ao rematar pasamos pola tenda do parque e mercamos uns agasallos para lembrar a nosa visita.

Pasámolo xenial!

Antes de marchar faláronnos dos campamentos de verán, contáronnos que se dorme en tendas de campaña preto dos animais, que se fan moitas actividades como andar en canoa, sendeirismo, talleres...etc.


O LARETEIRO DO XALLAS O NOSO COLEXIO


O LARETEIRO DO XALLAS O NOSO COLEXIO SABEDES QUE ESTAMOS A FACER NA FOTO???? Pois varias veces ao día, nós conectámonos a Internet, mais non estamos nin chateando nin xogando, porque a rede ofrece moitas posibilidades para traballar os contidos escolares.

E por iso, queremos compartir con todo o colexio os enlaces que máis visitamos: http://miauladept.blogspot.com/ http://clic.xtec.cat/es/jclic/ http://www.edu.xunta.es/contidos/portal/index.htm http://bergante.wikispaces.com/ http://www.catedu.es/arasaac/ http://plataforma.cep-marbellacoin.org/moodle/mod/resource/view.php? id=1892 http://carmenlodeiro.blogspot.com/2009/06/despedida-das-tribus-desexto.html http://nosostraballos.blogspot.com Se queredes máis, pasade pola nosa aula. Agardámosvos. Sandra, Bibi e Jenny


O LARETEIRO DO XALLAS O NOSO COLEXIO EDUCACIÓN FISICA. (REVISTA ESCOLAR) En canto ao deporte, destacar que desde o centro educativo, neste novo curso 2009/2010 participamos no Programa XOGADE (xogos galegos deportivos en idade escolar) onde se desenvolven actividades que se realizan con obxectivos formativos-recreativos-saudables, dirixidos a toda a poboación escolar.

A finalidade é incorporar á vida dos nenos galegos a práctica de actividade física de xeito que a perciban como imprescindible no seu día a día.

O deporte é, ante todo, xogo. A través do xogo educamos e achegamos a actividade físico-deportiva

a

un

maior

número de escolares, sendo moi valioso para proporcionar recursos útiles para empregar de forma activa e autónoma o seu tempo libre.

Ademais de participar no programa xogade (onde destacamos as actividades de fútbol, baloncesto e balonmán), tamén cabe facer referencia a actividade de piscina, que realizamos todos os anos no mes de abril e maio a través do concello.


O LARETEIRO DO XALLAS O NOSO COLEXIO


O LARETEIRO DO XALLAS O NOSO COLEXIO


O LARETEIRO DO XALLAS O NOSO COLEXIO


O LARETEIRO DO XALLAS O NOSO COLEXIO

Din que a música é o alimento dos soños, das esperanzas e da ilusión. Os nenos e nenas de 5º, na clase de música, quixemos con esta canción cantarlle a Haití e dar, á nosa maneira, un pequeno paso para a reconstrución das súas casas e tamén dos seus sorrisos. Aquí tendes a letra da canción para Hai alguén por aí alguén que me poda oír queda algo por dicir un milagre que nos convirta en ti. (…) Aí tes o que queda aí tes a terra para volver arar, limpiar, plantar, construír aí está vacía sen nada. (…) Ai amor, hai en ti, hai na miña voz, hai, hai Haití. Ai amor, hai en ti, hai na miña voz, hai, hai, Haití. (…) Hai terras que non teñen soños hai terras que tremen de medo hai terras que teñen paz Haití só quere ser un máis. Aínda hai tempo para renacer de cabalgar sobre a fame e o ferro aínda hai tempo de dar amor borrar o medo e a destrución. Ai amor, hai en ti, hai na miña voz, hai, hai Haití. Ai amor, hai en ti, hai na miña voz, hai, hai, Haití. (…)


O LARETEIRO DO XALLAS O NOSO COLEXIO


O LARETEIRO DO XALLAS O NOSO COLEXIO


O LARETEIRO DO XALLAS O NOSO COLEXIO


O LARETEIRO DO XALLAS O NOSO COLEXIO


O LARETEIRO DO XALLAS O NOSO COLEXIO

COLABORARON PARA A PUBLICACIÓN :

AUTOS CARBALLO CARNICERÍA REDONDO CARNICERÍA CAPELO COFRAMA ASESORES CONGELADOS MANOLO DISJAFER FARMACIA GARRIDO DEL RIO C.B. FROITAS CARRIL GESTORÍA GEYNE INGENIERÍA AGRÍCOLA RODRIGUEZ ITES LER LIBRERÍAS PANADERÍA JUANITO PESCADERÍA LOLA RAMOS ALIMENTACIÓN SUPER SAN CRISTOBAL


Estamos chegando ao final do curso, e supoño que estaredes xa moi cansos despois de tanto traballo durante todo o ano. Eu si que me sinto cansado, e ademais levo xa varios anos sen saír da vosa Bibloteca, e despois de pensalo moito ( dabame algo de medo) decidín que me vou ir de viaxe este verán… Pero antes de marchar quero decirvos algo importante: HAI UN GRUPO DE ALUMNOS QUE APRENDEU A TRABALLAR NA BIBLIOTECA E COLABOROU CO PROFESORADO, A TODOS ELES: MOITÍSSSIMAS GRAZAS, E ATA O ANO QUE VEN

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CENTRO CEIP BARIIÉ DE LA MAZA.

Secretaria Xeral de Política Lingüística


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.