A PRINCESA QUE PERDEU O SEU NOME

Page 1


NARRADOR: Isto era unha princesa moi descoidada Que o perdía todo: Os broche de perlas e as zapatillas de cristal, o mp4, as calculadoras xaponesas e as pequenas coroas adornadas con rubís. O día das eleccións, ao saír do pazo, deuse conta que perdera o seu nome. Volveu correndo ao seu apousento, e mirou enriba da cama, na súa mesa de traballo e na do tocadiscos. O seu nome non estaba alí. Revolveu no interior do armario, e rebuscou nos petos dos abrigos vellos, e entre as dobras dos vestidos de festa coa esperanza de que o seu nome caese ao chan como un billete usado de autobús. Caeu o billete usado, Pero o seu nome, non.



A princesa preguntoulle á doncela: PRINCESA: - Viches o meu nome por algún sitio? DONCELA: - Hoxe non, pero onte vino no xardín das petunias, xunto ao estanque.



NARRADOR: A princesa buscou o seu nome entre as petunias somnolenta e mirou no estanque, por se o vento o tivese arrastrado รก auga como unha abella atordada. A abella estaba na auga, pero o seu nome, non.



A princesa pregúntolle ao xardineiro: PRINCESA: - Viches o meu nome Por algún sitio? XARDINEIRO: -Hoxe non, pero onte vino no ceo. Unha pomba peregrina levábao no pico.



NARRADOR: A princesa sentouse abatida entre as petunias. PRINCESA: -E agora que farei? Sen nome non podo votar.



XARDINEIRO-Tampouco podes casarte nin podes asinar autógrafos; nin te darán o a carné de conducir. PRINCESA: -E os meus amigos como me chamarán? XARDINEIRO: - Chamarémoste facendo "chist, chist”.



NARRADOR: Pero cando ía pola rúa e a chamaban "chist, chist," todos os transeúntes volvían a cabeza, levantaban as cellas, sinalábanse co dedo índice e preguntaban: - É a min? E a circulación interrompíase.



A policía detivo á princesa por alterar a orde publica. POLICÍA: -Déame o seu nome, faga o favor, PRINCESA: -Non teño. Perdéuseme. POLICÍA: - Iso dirao vostede na comisaría.


A COMISARÍA!


NARRADOR: A princesa pasou toda a noite na comisarĂ­a, tremendo de frĂ­o, entre mulleres vestidas como princesas e terroristas que esqueceran os sinais do seu corazĂłn.



O xardineiro levoulle bocadillos de xamón e un xersei que lle estaba moi grande e lle chegaba ata os xeonllos. XARDINEIRO: -Dixo o teu pai que agora ven a rescatarte. NARRADOR: Por primeira vez a princesa decatouse de que a mirada do xardineiro era acolledora como un niño. Meteuse nela sen vacilar e viu o xardineiro por dentro. Viu que tiña a tenrura dunha muller embarazada, a misericordia dun ancián e a graza dun neno. E xa non quixo marchar de alí.



POLICÍA: - Faga o favor de saír que está aquí a súa maxestade o Rei, que ven a rescatala.



NARRADOR: Cami単o do pazo, a princesa tropezou catorce veces cos seus propios zapatos, seis ou sete co bordo do xersei e outras tantas co mesmo pensamento. E era que se namorara.



PRINCESA: -Quéresme? XARDINEIRO: -Podería se tiveses un nome para chamarte en sonos.



PRINCESA: - Que busquen o meu nome por todo o reino NARRADOR: E o reino enteiro pĂşxose a buscar o seu nome.



Dende as terras ardentes do sur, dende as rexións neboentas do norte e os desertos de xeo chegaron noticias dunha pomba peregrina, que percorría o mundo chamando a paz en nome da princesa. Ao seu paso, os exércitos depoñían as armas e as reixas das prisións desfacíanse coma se fosen de escuma. Co seu pico, a pomba daba de beber aos sedentos e alimentaba, gran a gran, os fillos da fame.



Os campesiños das bisbarras máis pobres vírona sobrevoar os seus campos coa súa mensaxe de boa vontade. As mulleres máis sabias do país e os homes máis honrados afirmaron que a pomba acudira a escoitar as súas palabras e a considerar os seus consellos.



NENO: - Non era unha pomba. Era a princesa. Chameina polo seu nome e veu a comer da mi単a man.



NARRADOR: Entre tanto, a princesa permanecĂ­a encerrada no seu apousento dĂ­a e noite, sen pasear en moto coas sĂşas amigas, sen utilizar o seu coche de segunda man, nin falar polo whatsapp.



O xardineiro chamábaa dende o xardín das petunias. XARDINEIRO: -"Chist, chist! "



Todos os ventanais do pazo abríanse ao mesmo tempo e seiscentas cabezas preguntaban: TODOS: - É a min?



NARRADOR: A princesa estaba tan triste que se botou a chorar. Estivo a chorar toda a tarde, con gran desconsolo. Ă hora da cea, a princesa parou un anaco, para tomar un par de ovos con patacas fritas. E logo seguiu chorando ata que quedou durmida.



No profundo da noite espertouna con suavidade o eco do seu nome na ventá. Era a voz do xardineiro que estaba a chamala en sonos. Entón chegou a pomba. E o que traían no pico relucía moito máis que as calculadoras xaponesas e os bolígrafos de ouro e as pequenas coroas adornadas con rubís. PRINCESA: -É o meu nome!



Devolvíallo embelecido e dignificado polo amor. Resplandecente. Sonoro como unha composición musical. PRINCESA: - Grazas ,conservareino sempre así. Prométocho.



NARRADOR: E púxose o nome chea de emoción, e… sabedes? sentáballe moito mellor que antes. Dende entón, tratouno con esmero. Nunca o descoidou nin volveu perdelo. E aínda leva o seu nome co mesmo resplandor do primeiro día. A princesa quixo agradecerlle á pomba o favor de devolverlle o nome. Fundou un grupo “pop” onde se adica a cantar a paz e intenta que todo o mundo coñeza os seus dons. Apétecevos cantar con ela?



https://vimeo.com/85012022 Eu soñei tantas veces e cantei así contigo E é que quero namorarte da vida e do universo ti celebras eu celebro celebramos a paz xuntos Camiñemos da man conquistaremos o mundo Oh, oho, Ti e eu, o mundo, o mundo para todos. Dime como o facemos...

Axúdame a medrar, vivindo nun ambiente en paz. Todos os nenos de aquí, renunciamos a maltratar, ah, ah. Perdoando sinceramente, respetando outra opinión, colaborando mogollón, se solidario. Se mentín, síntome culpable Arrepíntome de corazón Eu perdoo, ti perdoas. Iso é a paz.

Perdoando sinceramente, respectando outra opinión, colaborando todos xuntos, se solidario Se mentín, síntome culpable. Arrepíntome de corazón Eu perdoo, ti perdoas. Iso é a paz... Oh, oh, mólame a paz (x2)

Oh, oh, oh, oh, oh, oh. Mólame a paz (x2) Eu celebrarei, a casa levareina, e contigo compartireina, unirei, sumarei. Conquistemos a paz xuntos. Non, non, non, non, non. Non te canses. Ven, colega, aaa..

Se non hai paz ven a buscala, se non hai paz, seméntaa, mólame a paz.

Mólame a paz.

Se non hai paz ven a buscala, oh, oh. Oh, oh, oh, mólame a paz.

Oh, oh, oh, oh, oh, oh . Mólame a paz (x4)

Mólame a paz.

Mólame a paz.

Oh, oh, oh, oh, oh, oh. Mólame a paz (x2)


Adaptación ao galego do libro “La princesa que perdió su nombre” de Pilar Mateos, Editorial Edelvives (Ala Delta) Canción “Mólame a Paz” adaptación libre da BSO de Tadeo Jones “Te voy a esperar” BIBLIOTECA ESCOLAR DO CEIP BARRIÉ DE LA MAZA SANTA COMBA CONTADORA DE SOÑOS-BIBLIORRATO XALLEIRO ILUSTRACIÓNS ALUMNOS DE 6ºB


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.