Memoria biblioteca curso 2013 2014

Page 1


1. Preparaci贸n da biblioteca para dar a benvida o primeiro d铆a de escola. Adornos e organizaci贸n.


2. Recibimos aos distintos grupos en varias sesións ao longo da mañán e visionado do vídeo que presenta o proxecto http://vimeo.com/74035710 (video de elaboración propia empregando a base e a canción “El vals de los recuerdos de ESMUKI)) Cóntoche o meu segredo? Shhhhh Aquí na biblioteca teño un escondedoiro para os meus tesouros, recordos e pensamentos que quero rescatar Escóndoos baixo a auga. Cando sinto nostalxia, achégome ao lago de "a Encantada" e espero en silencio. Na superficie da auga empezan a aparecer as primeiras burbullas. Ao elevarse as pompas bailan e estalan salpicando a miña cara de recordos, expoñendo os meus tesouros e segredos.

Escoito o canto das sereas... a emoción e a música invítanme a bailar. É unha sorte poder esconder recordos, pódelos revivir unha e outra vez. Ti tes un lugar secreto para esconder recordos e tesouros?

Vés á biblioteca para encontrar os meus? Xogamos a compartir tesouros?


Nesta sesión e despois de aceptar xogar a compartir tesouros co Bibliorrato pasamos ao seguinte punto: APRENDER A CANCIÓN DOS CAZATESOUROS: “Cos libros” http://vimeo.com/74207667



3. Creación do organismo ADISCO (Axencia de Información Sobre Coñecementos Ocultos), por parte do equipo da biblioteca para xogar cos nenos a descubrir enigmas, que aprendan a investigar, a superarse a sí mesmos e aceptar retos para convertelos nuns auténticos CAZATESOUROS.

Estas son as diferentes probas de ADISCO do curso:

• ENIGMA DE SETEMBRO 1º ENIGMA QUE SIGNIFICAN AS SIGLAS ADISCO? (No que poden participar tamén os pais). (obxectivo: fomentar o tesouro da creatividade)

Unha vez acabado o prazo do xogo danse a coñecer os gañadores. Sabemos que era moi dificil acertar pero premiamos aos máis orixinais.



Para elaborar os premios, das probas de Adisco do curso, contactamos con “LAS TELITAS DE TERESA” de Negreira (especialistas en artigos artesanais). (www.lastelitasdeteresa.blogspot.com) Neste primeiro enigma regalamos lápices coa cara do Bibliorrato que, na hora de ler, os axudantes do bibliorrato foron repartindo.


O XURAMENTO DOS CAZATESOUROS. O seguinte paso para converterse nun cazatesouros é facer o xuramento. Así que, na hora de ler, mandamos unha carta aos nenos na que deberán facer o xuramento dos cazatesouros para continuar coas probas de ADISCO e comprometerse a súa resolución.

ADISCO (AXENCIA DE INFORMACIÓN SOBRE COÑECEMENTOS OCULTOS) Ola de novo! Que ben o pasamos intentando averiguar o que significaba ADISCO! Parabéns a todos polas vosas definicións e sobre todo a aqueles que levaron un premio por empregar estupendamente a súa creatividade! Agora

se queredes pertencer a ADISCO debedes demostrar que non hai investigación que

se vos resista. Non podedes arrepentirvos. O voso ingreso na organización é irreversible (é decir, que non admitimos desertores…) Só vos queda repetir en voz alta todos os membros do comité investigador: "Nós

o comité investigador aceptamos ser membros de A.D.I.S.C.O e, como tales, responder todas as preguntas, aínda que sexan parvas cumprindo as misións que nos encomende o Superdirector Xeral da Presidencia para asuntos gordos e importantes (ou sexa o Bibliorrato)." Todos os meses ADISCO terá un enigma, unha misión… conto con vós para a súa resolución! Ata moi, moi pronto Supercazatesouros!


• ENIGMA ADISCO DO MES DE OUTUBRO (O CASO DO ENSUCIADOR MISTERIOSO) 2º ENIGMA Baseado e adaptado dos materiais de Mans Unidas (Superpepo e o caso do ensuciador misterioso) Temas a traballar: coidado do medio ambiente, reciclaxe, ecoloxía, o tesouro da natureza.



RELACIÓN DE ACERTANTES E PREMIADOS

ENTREGA DE PREMIOS NA HORA DE LER DO ENIGMA DE OUTUBRO (Colabora de novo “Las Telitas de Teresa”, con Bibliorrato e agasallos artesanais)


ENIGMA ADISCO DO MES DE NOVEMBRO (ADISCO E DONA CASTAÑA PILONGA) 3º ENIGMA (Temas a traballar: OTESOURO DA CREATIVIDADE, o Magosto, escritura creativa) Tamén poden participar os pais.


Cos traballos dos rapaces (cos premiados e cunha selección dos máis orixinais), elaboramos dous libriños para a biblioteca para que os nenos poideran ler e levar en préstamo e tamén os expusemos na entrada da biblioteca.

En ISUU http://issuu.com/carmenlodeiro/docs/as_aventuras_de_dona_casta__a_pilon


Para os premios contamos de novo con “Las Telitas de Teresa” (lápices coa imaxe do Bibliorrato e marcapáxinas co slogan “LER É O TEU TESOURO) e, nesta ocasión, con Vanessa, “repostería artesana”, que elaborou unhas estupendas magdalenas coa imaxe da castaña Pilonga.



ENIGMA ADISCO DO MES DE DECEMBRO (ADISCO E O CASO DO XORNALISTA DESAPARECIDO) 4º ENIGMA (Temas a traballar: OTESOURO DA CREATIVIDADE, O Nadal, escritura creativa, o xornal, investigación) Nesta ocasión as probas son específicas para cada ciclo. EDUCACIÓN INFANTIL.


PRIMEIRO CICLO


SEGUNDO CICLO



TERCEIRO CICLO


Cos traballos elexidos desta proba elaboramos o primeiro xornal da biblioteca: O BIBLIORRATO NEWS.

Sacamos primeiro unha tirada para que os nenos xogaran a ser correctores a atoparan os erros do xornal e logo outra tirada co correcto. En ISUU http://issuu.com/carmenlodeiro/docs/xornaldecembroben2_202688de6310a3


Entrega de premios cos agasallos de “Las Telitas de Teresa” (nesta ocasión artesanía con motivos navideños) e o xornal da biblioteca.

REPORTEIROS: Educación Infantil (5anos B) Álvaro (2ºa), Sara (2ºB), Aroa, Sebas e Fabián (3ºA), Flavián, Miguel, Lucia, Desi, Nuria e Patricia (6ºB). CORRECTORES: Ariadna (2ºA), Raquel e Paula (6ºB)


ENIGMA ADISCO DO MES DE XANEIRO (ADISCO E O SÚPER HEROE DA PAZ)


5º ENIGMA Baseado e adaptado dos materiais de Mans Unidas “As aventuras de Superpepo” (Temas a traballar: a paz, valores, responsabilidade)


Estes son os gaĂąadores e as sĂşas calidades:


E, nesta ocasión regalamos a súa foto de SÚPER HEROE e un S de súper heroe, DE CHOCOLATE.

E, para os gañadores do terceiro ciclo un cómic de BIBLOS, SÚPER HEROE DE BIBLIOTECA


ENIGMA ADISCO DO MES DE FEBREIRO (SOMOS ATRAPANOMES!)

6º ENIGMA (A raíz do conto que traballamos na biblioteca polo día da paz: “A princesa que perdeu o seu nome”; xurde esta actividade cuio obxectivo é traballar a importancia da identidade, un dereito fundamental das persoas, e a orixe dos nomes e significado. Logo, poden empregar o aprendido do seu nome para elaborar un Ex-libris (Temas a traballar: os nomes, historia, significado, investigación, exlibris)


Nesta ocasión os alumnos de sexto colaboraron coa biblioteca cunha exposición de nomes, onde os nenos podían atopar un diccionario para buscar o significado do seu se non o vían alí.


TamĂŠn elaboramos un libriĂąo coas mellores historias dos nenos co orixe do seu nome e os mellores ex-libris.


En ISUU http://issuu.com/carmenlodeiro/docs/atrapanomes


โ ข

ENIGMA ADISCO DO MES DE MARZO-ABRIL-MAIO (ADISCO E OS MUSEOS) 7ยบ ENIGMA TEMAS A TRABALLAR: os museos, pintores, arte, cultura, investigaciรณn.


GALERÍA DE ARTE DA BIBLIOTECA

Da Biblioteca parte traballar ao pintor LEANDRO LAMAS. Elaboramos un cartel explicativo sobre este pintor.

E organizamos unha exposición onde os alumnos dende primeiro a sexto dan a súa visión dos distintos cadros do autor. 1º A: Caracol, caracol... a quen levas na tua cuncha de amor 1º B: Que garda no seu peto maxico esta meniña? 2º A: E a ti... onde che gustaria ler? 2º B: E a aviadora de Leandro polo mundo vai voando


3º A e B: Quen vive nesta casa? 4º A: Esta gran actriz ten facetas mil! 4º B: Contos e maxia levan a ciclista a un mundo de fantasia! Terceiro ciclo: E así pintan os artistas do terceiro ciclo... Fenomenal!

EN PICASSA https://picasaweb.google.com/112692006955080824445/PINTANDOCOMOLEANDROLAMAS



E puxémonos en contacto a través do facebok de CARMEN LODEIRO co autor. Que ilusión nos fixo! Intentamos que viñera a visitarnos pero…


MUSEO DE EDUCACIÓN INFANTIL. PINTOR PAUL KLEE 5 ANOS B (PAISAXE DE INVERNO)


5 ANOS A (PAISAXE DE PRIMAVERA)

4 ANOS A (PINTURA LIBRE SOBRE PAISAXE) (PAIXASE DE PRIMAVERA)


MUSEO DO PRIMEIRO CICLO. PINTOR WILLIAN TURNER “AMENCER”


PINTOR PAUL KLEE “AMENCER”


MUSEO DO SEGUNDO CICLO. PINTORES ร LVARO CARUNCHO (4ยบA)

MANUEL COLMEIRO (4ยบ B (PAIXASES))


LUIS SEOANE (3ยบ B)

JORGE PETEIRO (3ยบA)


MUSEO DO TERCEIRO CICLO

BAILARINAS (PINTURA LIBRE)




4. ARTE CON CHAPAS NA ENTRADA DA BIBLIOTECA. Nesta ocasión adornamos a entrada con RANGOLIS.

Rangoli significa tradición, protección e benestar. É unha expresión creativa que combina o uso da cor e formas da natureza para a elaboración de motivos artísticos.

A súa orixe é hindú e soen realizarse na entrada do fogar a xeito de saúdo para os hóspedes. O obxectivo, ao facer un rangoli, é embelecer o ámbito e difundir a alegría e a felicidade. As visitas senten ese estado de ánimo, mesmo, antes de entrar na vivenda.

Por iso adornamos a entrada da nosa biblioteca deste xeito, para saudar aos visitantes con alegría e felicidade e transmitirlle así todo o que van a atopar no mundo dos libros.

Foi un proceso laborioso no que houbo varias fases...


Este é o resultado dun gran traballo en equipo, uns traendo chapas, outros pintandoas… e os artistas de 6º de Primaria realizando os seus rangolis. Cada un ten o seu significado:

mundo, aventuras, plenitude

canto, harmonía, ilusión

placer, relaxación, felicidade

beleza, transformacion, liberdade

amor, sentimentos, segredos

imaxinación, creatividade, intelixencia

alegría, optimismo, vitalidade . vida, protección, sabedoría


E puxemos este cartel invitando a entrar a todos



5. ESPECIAL CONTACONTOS (LER É O TEU TESOURO) Este curso ademais de ser nós os responsables dos contacontos tamén quixemos que os alumnos compartiran con nós os tesouros que teñen na súa casa (familiares) e que viñeran ao colexio a contar contos

CONTACONTOS A CARGO DE NAIS, ALUMNOS E PROFESORES OUTUBRO

1. Inauguramos a biblioteca con MARIA JOSÉ GERPE e MANUELA BARCIA. O conto elexido foi “O MONSTRUO DO PANTANO” (OQO). Unha adaptación nosa ao galego, este conto fala da intolerancia, dos medos… O monstro de “O QUEDIRÁN” é o malvado ao que hai que derrotar.e aprendemos a canción “NADIE ROBA MI FELICIDAD” http://www.youtube.com/watch?v=oycPui8X8ME


Ao rematar repartĂ­ronse palabras fermosas (como as que serven para derrotar ao malbado no conto) en cartulina rosa, elaboradas polos alumnos de segundo e terceiro ciclo). E elaboramos unha rede con elas, igoal que no conto.

REDE DE PALABRAS CHEAS DE TENRURA



ACTIVIDADES POST CONTO A raíz deste conto xurdiron unha serie de actividades para traballar “O SAMAÍN”. http://issuu.com/carmenlodeiro/docs/an__lise_do_conto_o_xigante_do_pant

Os rapaces debían de deseñar un monstro bo (COMO O PROTAGONISTA DO CONTO) desta forma xurdiu un magnífico MONSTRUARIO cheo de monstros con grandes valores.

Cabe destacar O HOME DO SACO que colecciona no seu saco momentos inesquecibles das persoas. Esto foi co que contribuíron os diversos grupos.

O HOME DO SACO Os alumn@s de 3º xogaron a imaxinar un mundo moi bonito cheo de paz e agarimo, sen contaminación e sen guerras. Vaia tesouro máis lindo!

Os alumn@s de 2º levaron tesouros da súa vida: fotos coa e da familia, de cando eran pequenos, de festas...E vai aumentando a colección no saco!

Os alumn@s de 4º e 5º aportaron o seu mapa do tesouro: desexos para o seu futuro. Moita enerxía positiva para a súa vida!

Os alumn@s de 6º aportan moitos segredos, tesouros de vida repletos de amor e ledicia.




2.- A profesora Carmen Lodeiro, encargada da biblioteca, invitou aos alumnos de 3 anos a que

coñeceran a biblioteca e alí contou “A PRINCESA QUE QUERÍA UNHA ESTRELA”

OUTUBRO: NAI DE NICOLÁS (5 ANOS A) E DE ALEXIA (5ANOS B) E LUCÍA (3 ANOS B) CONTO: XAIME E AS LANDRAS


http://www.youtube.com/watch?v=1sRev8B6ogI http://www.youtube.com/watch?v=va0h9Ie37_s

OUTUBRO: NAI DE NOA (4 ANOS A) E NAI DE CLAUDIA (4 ANOS A) Conto de Caillou e a boneca de Rosie (Everest) e O coelliño branco" (Kalandraka).

http://www.youtube.com/watch?v=LddsXodzBhU

NOVEMBRO

1.- A nai de Fran (5 anos A) e a nai de Lorena (5 anos B) viñeron este mes de novembro á biblioteca, na hora de ler, a contarnos uns contos estupendos: "A que sabe a lúa" (Editorial Kalandraka) e "Juan Caracol" (Cuentos de niños caprichosos-Editorial San Pablo).


2.- As nais de Noa e de Claudia quixeron repetir de contacontos con dous contos moi especiais: "Os sete cabritos" (Editorial Kalandraka) e Garbancito (Editorial Edelvives).

http://www.youtube.com/watch?v=s5SQ307pojg


3.- Grazas aos alumnos de 5º B,na hora de ler e arredor de Samaín, uns monstros especiais visitaron aos

alumn@s de primeiro ciclo: o monstro da mentira, da crueldade, da envexa e do egoísmo, da colección "O que non cabe no meu mundo" . Unha colección para ensinar valores aos nen@s.

4.- CONTACONTOS COS DEREITOS DOS NENOS “A EXTRAORDINARIA VIAXE DE LUCIUS DUMB”

Presentamos o libro “A extraordinaria viaxe de Lucius Dumb” nas voces dos alumnos de 6ºB. Eleximos o conto “Os nenos primeiro”, de Juan Kruz Igerabide, onde se resalta o dereito “O neno debe, en todas as circunstancias, figurar entre os primeiros que reciban protección e socorro”.


E presentamos o video da película que se estreaba nestas datas nos cines de España, coa canción dos dereitos. http://vimeo.com/80135181

DECEMBRO

Para rematar o mes de decembro presentamos a dúas estupendas mamás que viñeron contarnos contos á biblioteca. "Os tres porquiños" e "Tarta de Fresa.


XANEIRO

Co motivo do DÍA DA PAZ os alumnos de 6º B e a nai de Beatriz de 5º relataron o conto “A PRINCESA QUE PERDEU O SEU NOME” http://issuu.com/carmenlodeiro/docs/a_princesa_que_perdeu_o_seu_nome2 "(Adaptación ao galego do libro de Pilar Mateos, editorial Edelvives-Ala Delta) en dúas sesións pola mañán para os alumnos de primaria. E tivemos un concerto a favor da paz onde aprendemos a canción MÓLAME A PAZ (Unha adaptación libre e, en galego, coa temática da paz da banda sonora

da película “Tadeo Jones-Te voy a esperar”http://vimeo.com/85012022


MÓLAME A PAZ Eu soñei tantas veces e cantei así contigo E é que quero namorarte da vida e do universo Ti celebras eu celebro celebramos a paz xuntos Camiñemos da man conquistaremos o mundo Oh, oh ,oh, Ti e eu, o mundo, o mundo para todos. Dime como o facemos... Perdoando sinceramente, respectando outra opinión, colaborando todos xuntos, se solidario Se mentín, síntome culpable. Arrepíntome de corazón Eu perdoo, ti perdoas. Iso é a paz... Oh, oh, mólame a paz (x2) Se non hai paz ven a buscala, se non hai paz, seméntaa, mólame a paz. Se non hai paz ven a buscala, oh, oh. Oh, oh, oh, mólame a paz. Mólame a paz. Oh, oh, oh, oh, oh, oh. Mólame a paz (x2) Axúdame a medrar, vivindo nun ambiente en paz. Todos os nenos de aquí, renunciamos a maltratar, ah, ah. Perdoando sinceramente, respetando outra opinión, colaborando mogollón, se solidario. Se mentín, síntome culpable Arrepíntome de corazón Eu perdoo, ti perdoas. Iso é a paz. Oh, oh, oh, oh, oh, oh. Mólame a paz (x2) Eu celebrarei, a casa levareina, e contigo compartireina, unirei, sumarei. Conquistemos a paz xuntos. Non, non, non, non, non. Non te canses. Ven, colega, aaa..


E pola tarde, para os alumnos de Educación Infantil o conto “A PRINCESA DA PAZ”, http://es.slideshare.net/RATIBRON/a-princesa-da-paz onde aprenderon a canción ”LA PALOMA DE LA PAZ”. http://www.youtube.com/watch?

v=HdeqTYlI27A

FEBREIRO

A nai de María e a nai de Noa contaron o conto “Os tres porquiños aviadores” da Editorial Elfos.



O TESOURO DO NADAL Este ano o noso Belén é reivindicativo e adaptase aos nosos tempos: nun Belén moderno María e Xosé son desahuciados polo banco e acaban pasando a noite no parque. Alí, no mirador, o neno Xesús é protexido polos paxaros que lle fan un niño para que non pase frío. Os pastores, modernizados como rapeiros, procedentes de Emaús ocupan o pobo para axudar ao neno. Os reis magos, simbolizando a solidariedade, veñen raudos nos seus coches coa axuda necesaria.


Protagonizan o Belén os alumnos de 6º de Primaria coa colaboración especial de Oscar, de 5 anos A (Anxo) e de Fabio, de 2º A (o neno Xesús).

E, por suposto, realizamos un video coa técnica do CROMA coa panxoliña “Os rapeiros de Emaus” e protagonizada por uns patores moi especiais. http://www.youtube.com/watch?v=jexC8O406A4

Por suposto, non pode faltar neste “Belén” unha biblioteca…


O TESOURO DO ENTROIDO EN

Este é o noso mapa do tesouro coas pistas para averiguar os disfraces do noso Entroido especial “Tesouros”: http://photopeach.com/album/18g5e2t

INFANTIL: PIRATAS 1º CICLO: CIENTÍFICOS TOLOS 2º CICLO: O TESOURO DA RISA (PAIASOS) 3º CICLO: Exipto e Alí Babá e os 40 ladróns.


O TESOURO DA AMIZADE (14 DE FEBREIRO) DA

Co motivo do día do amor e da amizade puxemos, nas datas do 10 ao 20 de febreiro, un buzón na entrada da biblioteca. O BUZÓN DA AMIZADE porque… “quen ten un amigo ten un tesouro!

E ao longo dos días foise enchendo, enchendo... de cartiñas cheas de palabras fermosas e mensaxes coloridos. O día 21 de febreiro, na hora de ler, adicaronse a repartilas polas aulas.


Tamén as cociñeiras, a bedel Verónica, profesores e ata ao Bibliorrato, chegaron as cartas!


No Nadal, os alumnos de 6º A, axúdaronnos a comprender a mensaxe destas datas coa súa obra de teatro “Imos nenos a Belén”. http://www.youtube.com/watch?v=P_36NC3eFdE

Primeiro fixemos un gran cartel para avisar a todo o mundo…


ACTUAMOS…

Rematamos a actuación coa versión propia da canción “NO DUDARÍA” de Antonio Flores, coa temática do Nadal que foi un éxito. http://www.youtube.com/watch?v=maQP7Q6313A


NO DUDARÍA (VILLANCICO) Si pudiera cantar una alegre canción Si pudiera saber qué hay en el corazón No dudaría, no dudaría lo que es el amor. Si un amigo te enseña a jugar y a soñar Si la mano te ofrece con sinceridad No dudaría que es Navidad y yo quiero soñar. Soñar con nubes de alegría y con estrellas de colores y con soles que iluminen los corazones (bis) Si de niño yo quiero estar junto a ti Si tu mano me apunta a saber dónde ir No dudaría, no dudaría que sé sonreír. Si pudiera volar hacia la libertad Si pudiera reír sin miedo a llorar No dudaría que es Navidad y yo quiero soñar. Soñar con nubes de alegría y con estrellas de colores y con soles que iluminen los corazones (bis) Ya llegó Navidad y no quiero dejar de soñar (bis) Ya llegó Navidad y no quiero dejar de soñar (bis)


Para conmemorar o DÍA DO LIBRO tivemos a actuación dos alumnos de 6ºB no ximnasio coa obra “O SEGREDO DO DRAGÓN”. Unha adaptación libre e, ao galego, da obra "El tesoro del dragón" de Rafael Ordóñez. Fixemos un tríptico para que levaran todos os asistentes. (Invitamos tamén aos pais dos actores de 6º) http://issuu.com/carmenlodeiro/docs/folletoteatrocolor?e=0/7633350#search


E adornamos a entrada da nosa biblioteca para que todo o mundo se enterara.

Este é o noso escenario elaborado coa axuda de varios grupos: 6ºA, 5ºA, 3º B


Podedes vernos en youtube https://www.youtube.com/watch?v=m861_BgTeNk&feature=youtu.be



EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Con Normalización Lingüística colaboramos de múltiples xeitos…

1.- Polo “DÍA DA MULLER TRABALLADORA”, charlas na biblioteca de mulleres xalleiras:

“Unha mestra, enfermeira, arquitecta, gandeira, florista, policía municipal, farmacéutica e óptica visitaron o noso cole dentro do I CERTAME DE MULLERES XALLEIRAS. A verdade é que aprendemos moito destas mulleres e dos seus traballos”


2.- Do 22 ao 28 de abril desenvolveuse no centro a “VI SEMANA DA POESÍA” (dentro das actividades propostas para conmemorar O DÍA DO LIBRO). Na hora de ler viñeron en distintas días e, por grupos, a escoitar o recitado dos compañeiros. Este ano participaba tamén Educación Infantil.

3.- O día 25 viñeron tamén dous reigueifeiros SUSO DE XORMES E JOSIÑO DA TEIXEIRA explicarnos o que é unha regueifa, regueifeiros de sona que encheron a biblioteca coas súas rimas e verbas…


4.- Vaia ilustrador que nos visitou, ABRAHAM CARREIRO (arredor das Letras Galegas), fixo as delicias entre os nenos!



PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO

1.- Puxemos a disposición do PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO a biblioteca cun recanto de lecturas e actividades saúdables.

2.- E no mes do deporte (maio) e dentro do ciclo CINE SOBRE DEPORTE, aportamos a pelicula FUTBOLÍN para que a traballaran e visionaran todos os ciclos e cunha mini-exposición de libros coa temática deportiva.


EDITORIAIS

En colaboración coa Editorial Anaya, veu visitarnos o escritor ANTONIO MANUEL FRAGA, autor do “CASTAÑEIRO DE ABRIL” xa que os alumnos do terceiro ciclo están a traballar este libro.


ANÉCDOTAS PROFESORES

Para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS facilitóuselle á profesora de música a canción “ESA LUZ” do IES ISAAC DÍAZ CASTRO e que compartiron a través dos foros do PLAMBE.

A profesora de Relixión traballou o tesouro da creatividade (imaxinación) invitando, cunha carta do Bibliorrato, a todos os alumnos a poñela en práctica a través dun xogo.



O profesor de PROA, traballou enigmas cos seus alumnos e propuxeron ao resto do colexio que os resolveran.


UN TESOURO DE RECANTO

Este ano o lema das Bibliotecas Escolares é LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, entón dispuxemos na entrada da biblioteca un recanto, para que os nenos poideran disfrutar desta experiencia, cos libros de”ÉRASE UNAVEZ LOS INVENTORES”, revistas de ciencia para nenos e unha relación de inventos que salvan vidas.


Neste recanto tam茅n aproveitamos para recomendar lecturas e facer unha exposici贸n das nosas actividades.


E, como todos os anos, os axudantes da biblioteca tiveron unhas charlas para poñelos ao día no desenvolvemento da mesma e as mochilas viaxeiras pasearon polas casas dos rapaces e rapazas.

Na revista escolar “O lareteiro do Xallas” aportamos a nosa experiencia deste curso.


TamĂŠn intervimos nos foros do PLAMBE, compartimos material e interactuamos cos compaĂąeiros das distintas bibliotecas. Por suposto, nos encontros do PLAMBE deste ano, presentamos o noso material.


Todo este traballo p贸dese ver no blog BIBLIORRATO XALLEIRO da nosa biblioteca. http://bibliorratoxalleiro.blogspot.com.es/


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.